i
A Lingua de Rosalia
O documento que tes nas túas mans, é unha das máis prezadas obras. Pode que non seña tan coñecida como Follas Novas ou Cantares Gallegos, mais foi moi fermoso de escribir. Cando entrei na Unidade 21 dos Avións de Papel, despois de loitar nos Séculos Escuros, o mestra Da Vinci, pediume que escribise un libro que servise de inspiración e referencia para as futuras xeracións de rapaces e rapazas das distintas Bases do mundo. Quería que todos coñecesen o galego. Por iso pedín a colaboración de xente moi prezada para mín e que nun traballo en equipo, axudáronme a dar corpo a Lingua de Rosalía. Agardo que vos sexa de axuda. Sempre vosa.
j
Ortografia Cando a mismísima Rosalía de Castro chamoume para que escribise un capítulo do seu libro non o podía crer. Fai non moito tempo ela ensinoume todo o que sei sobre esta fermosa lingua. Agora tócame a mín contárvolo a vós.
Son Ana e encárgome dos máis novos nas Terras dos Ríos. Di a lenda que os rapaces e rapazas destas terras son os mellores na Caza de Trolls, porque saben moi ben as normas de ortografía. Eu estou de acordo.
Coñecemos tan ben as palabras que cando un troll intenta enganarnos, acabamos con el. Agardo que as vosas pistolas de auga estean ben cargadas.
ORTOGRAFÍA ⌦As palabras e as sílabas. A partición de palabras.
⌦Segundo o número de sílabas, as palabras clasifícanse en:
Monosílabas, se teñen unha soa sílaba: chan.
Bisílabas, se teñen dúas sílabas: balón.
Trisílabas, se teñen tres sílabas: moeda.
Polisílabas, se teñen máis de tres sílabas: compañeiros.
⌦As palabras pártense ao final de liña seguindo certas normas:
1. Non se poden separar as letras dunha mesma sílaba: pro-fesor, au-la.
2. Non se poden separar as vogais que van seguidas: ai-re, hora-rio (ditongo); fae-na, muí-ño (hiatos).
3. Non se poden separar o ch, o ll, o rr, o qu e o nh: mo-chila, bo-rrador, ningu-nha...
Pero si se pode separar o grupo cc, porque cada c pertence a unha sílaba: direc-ción.
4. Nunca pode quedar unha vogal soa no final ou no comezo de liña: Ovie-do, ba-lea.
⌦A sílaba tónica e o acento.
A sílaba que pronunciamos con máis forza nunha palabra chámase sílaba tónica. As demais son sílabas átonas.
Segundo a posición da sílaba tónica, as palabras poden ser:
• Agudas. A sílaba tónica é a última: ventá, debuxar.
• Graves. A sílaba tónica é a penúltima: estrelas, fillo.
• Esdrúxulas. A sílaba tónica é a antepenúltima: lámpada, máquina.
Algunhas palabras deben levar acento gráfico para marcar a sílaba tónica. Levan acento gráfico:
• As palabras agudas se rematan en vogal, -n, -s ou -ns: ventá, colchón, sofás, irmáns.
• As palabras graves se rematan en consoante distinta de –n ou -s: álbum, réptil, cómic.
• As palabras esdrúxulas, sempre: lámpada, cóbado, máquina.
As palabras agudas non levan acento se rematan nun ditongo acabado en i ou en u (seguido ou non de -s): ademais, convoi, durmiu.
⌦O acento diacrítico.
O acento diacrítico serve para diferenciar palabras que se escriben igual, pero teñen distinto significado e, ás veces, distinta pronuncia.
Segundo as regras xerais de acentuación, estas palabras non deberían acentuarse.
⌦O ditongo. O hiato.
O DITONGO
As vogais que se pronuncian xuntas nunha mesma sílaba forman un ditongo. Forman ditongo:
• vogal aberta (a, e, o) + pechada (i, u): ba-teu;
• vogal pechada (i, u) + aberta (a, e, o): me-dio;
• dúas vogais pechadas (iu, ui): sen-tiu-se.
O HIATO
Dúas vogais seguidas que se pronuncian en sílabas distintas forman un hiato. Forman hiato:
• dúas vogais abertas: o-a-sis, xe-o;
• vogal aberta + pechada (tónica): fa-ís-ca; vogal pechada (tónica) + aberta: rí-o;
• dúas vogais pechadas, se a segunda é tónica: Su-í-za, mi-ú-do.
As vogais i e u tónicas levan acento gráfico cando van ao lado doutra vogal para indicar que non se pronuncian xuntas.
⌦Signos de puntuación.
O PUNTO
O punto úsase:
1. Para separar oracións (punto e seguido) e parágrafos (punto
e á parte) ou para indicar o remate dun escrito (punto final).
2. Despois das abreviaturas: páx. (páxina), Sra. (señora).
3. Para separar as horas dos minutos e segundos: As 9.30.
AS MAIÚSCULAS
Escríbese a primeira letra maiúscula:
1. Ao comezo dun escrito: O druída preparou unha apócema.
2. Despois de punto: Chove. Vai frío.
3. Nos nomes propios de persoas e animais: Xoán Pérez, Milú.
4. Nos nomes propios de lugar (ríos, vilas, montes...): Sil, Teide.
5. Tras o encabezamento das cartas: Querida avoa: Escribo para...
6. Nos títulos de libros, xornais, películas, programas de televisión: Verbas de sal, Galicia Hoxe, Telexornal serán.
A COMA
Utilizamos a coma:
1. Para separar elementos dunha enumeración: peles, ósos, caveiras, espiñas de peixe e adornos realizados en bronce.
2. Para intercalar aclaracións: Na lareira, situada no centro da vivenda, había un enorme pote.
3. Despois do nome da persoa á que nos diriximos: Xoán, ven.
4. Nos enderezos: rúa Castelao, n.º 4, 6.º C.
5. Antes de mais, pero, porque, pois...: Petei na porta, pero non contestou ninguén
A INTERROGACIÓN E A ADMIRACIÓN
• Os enunciados que se usan para preguntar rematan cun signo de interrogación: ?
• Os enunciados exclamativos rematan cun signo de admiración: !
Lembra
Despois de ? e de !
non se escribe punto.
OS DOUS PUNTOS
Os dous puntos utilízanse:
1. Antes dunha enumeración: Á festa do meu aniversario viñeron: Antía, Iago, Manu, Lucía, Ana e Paulo.
2. Despois do encabezamento dunha carta: Estimado señor López: Comunícolle que foi nomeado presidente da comunidade.
3. Antes dunha cita exacta do que dixo ou escribiu alguén: Castelao dicía: «Coñece o teu pobo e coñecerás o mundo»
AS COMIÑAS
As comiñas úsanse:
1. Nas citas textuais: A nena berrou: «Coidado! Que veñen!».
2. Nos títulos de poemas, capítulos de libros, artigos dun periódico, etc.: O poema titúlase «A serea Violeta».
3. Para destacar unha palabra ou expresión: Busca no dicionario a palabra «serea».
⌦ O guión. As palabras con NH.
O guión - é un pequeno trazo horizontal que se usa:
1. Na división silábica: mei-ga-llo
2. Para partir palabras a final de liña.
3. Para unir algunhas palabras compostas: galego-castelán.
4. Para separar dúas cifras: O noso equipo gañou 2-0.
5. Para separar datas que marcan o comezo e a fin de algo: Ese poema é de Rosalía (1837-1885).
As palabras unha, algunha, ningunha e todas as da súa familia se escriben con nh.
⌦As palabras con C, CT e CC.
• Consérvanse os grupos ct e cc se a vogal anterior é aberta (a, e, o): director, calefacción.
• Elimínase o c nos grupos ct e cc se a vogal anterior é pechada (i, u): ditado, construción.
⌦As palabras con X.
O x ten dous sons en galego: pode pronunciarse «ks» (como en extensións) ou «sh» (como en paisaxe).
⌦As palabras con H e sen H.
Non levan h:
aí
ala!
oco
óso
alelí
baía
ola!
ovo
úmero
irmán/-á
ombro
arpa
ata
inchar
orfo
Algunhas palabras que en galego non levan h, en castelán si o levan. E viceversa. Non as confundas.
As palabras da mesma familia adoitan conservar as mesmas grafías:
herdar ➜ herdeiro.
irmán ➜ irmandade.
⌦As palabras con LL e con I.
Os castelanismos son frecuentes neste grupo de palabras, polo que haberá que prestar especial atención a aquelas que difiren na súa grafía da castelá e, sobre todo, a aqueloutras nas que as interferencias do castelán levan a unha substitución automática do j castelán polo habitual x galego (*parexa, por parella; *baraxa, por baralla; *conexo, por coello, etc.).
Penso que xa estades preparados para saír a cazar trolls!
j
Gramatica
É unha ledicia para mín escribir estas verbas. Fai moitos anos que coñezo a Rosalía de Castro, e que tivese a xentileza de pedirme que fale de gramática no seu libro é moi emocionante.
O meu nome é Padre Buján, aínda que todos me coñecen como O Director. Son o protector da Base de Lugo, dende que no ano 1983 unha horda de trolls intentase saquear a nosa cidade amurallada.
Foi unha dura batalla, e mesmo a Mosquera veuse abaixo, mais conseguimos que a nosa cidade vise a luz dun novo día, e dende aquel momento convertinme no Director da Escola dos Avións de Papel en Lugo, para asegurarnos que os libros das bibliotecas nos fosen saqueados polos trolls para estropear a súa gramática.
Comprobemos se sodes dignos herdeiros dos rapaces e rapazas que defenderon a cidade e que agora son lendas.
GRAMÁTICA ⌦A lingua galega.
⌦O galego procede do latín que falaban os romanos cando chegaron á Península no século II antes de Cristo.
O latín falado na antiga Gallaecia foi cambiando co tempo, xa arredor do século x convertérase en galego.
Na Idade Media (séculos xi-xiv), o galego foi unha lingua moi utilizada, e nela escribíase a mellor literatura da época: romances e cantigas.
O esplendor da lingua galega desapareceu nos Séculos Escuros: a partir do século xv deixouse de escribir en galego, e o castelán ocupou o seu lugar nas capas altas da sociedade.
Co Rexurdimento, no século xix, o galego volveu ser lingua escrita grazas a tres grandes mestres da poesía: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.
Con todo, o noso idioma seguiu nun segundo plano ata que, xa no ano 1981 foi declarado lingua oficial de Galicia, xunto co castelán.
⌦A oración. Suxeito e predicado.
Unha oración é un conxunto de palabras ordenadas de maneira que teña sentido completo: A lúa brilla no ceo.
Case todas as oracións teñen dous compoñentes principais:
• O suxeito, que nos di quen realiza a acción (A lúa). O núcleo do suxeito é un nome (lúa) ou un pronome (ela).
• O predicado, que nos di que fai (brilla no ceo) ou como está o suxeito. O núcleo do predicado é un verbo (brilla).
O núcleo do predicado pode ir acompañado de complementos: A lúa brilla no ceo.
⌦O substantivo. Xénero e número.
Algúns nomes e adxectivos poden estar en masculino ou feminino. Para pasar de masculino a feminino, ten en conta:
• Se rematan en -o ou -e, cambian esa vogal por -a: fillo – filla.
• Se rematan en consoante, engaden -a: rapaz – rapaza.
• Algúns teñen unha forma diferente para o feminino: cabalo – egua, padriño – madriña.
Para pasar de singular a plural hai que seguir certas normas:
• Os nomes que rematan en vogal ou en n, engaden -s: nena – nenas, capón – capóns.
• Se rematan en -l engaden -es: gol – goles, túnel – túneles.
Pero se é aguda, perde o -l e engade -is: papel – papeis.
• Os que rematan nunha consoante distinta de -n ou -l, engaden -es: luz – luces, señor – señores.
Os monosílabos que rematan en -l, así como as palabras compostas con estes monosílabos forman o plural engadindo -es: sol – soles, xirasol – xirasoles.
⌦O adxectivo.
Os adxectivos son palabras que expresan unha calidade do nome ao que acompañan.
Os adxectivos poden aparecer en distintos graos:
• Grao positivo. O adxectivo expresa simplemente unha calidade do nome: un boneco bo.
• Grao comparativo. Compárase unha calidade coa que ten outro nome: Un boneco tan bo coma un anxo.
• Grao superlativo. O adxectivo expresa unha calidade do nome no seu grao máis alto: Un boneco moi bo/boísimo. Para pasar un adxectivo a superlativo, debes poñer diante moi ou engadir -ísimo.
⌦Determinantes.
OS ARTIGOS
Os determinantes máis frecuentes son os artigos:
• Determinados: o, a, os, as.
• Indeterminados: un, unha, uns, unhas.
OS POSESIVOS
Os posesivos expresan a quen pertence o nome indicado. Polo xeral, diante do posesivo vai o artigo determinado: o meu avó.
OS DEMOSTRATIVOS
Os demostrativos presentan o substantivo e indican a distancia con respecto a quen fala.
OS NUMERAIS
Os numerais acompañan o substantivo para indicar un número. Poden ser:
• Cardinais. Expresan unha cantidade: mil anos.
• Ordinais. Expresan o lugar que ocupa o substantivo dentro dunha serie ordenada: primeiro salto.
OS INDEFINIDOS
Os indefinidos indican unha cantidade imprecisa, non exacta: algúns, moitos, poucas, demasiados...
⌦O pronome persoal.
AS FORMAS TÓNICAS
Os pronomes persoais substitúen a nomes. Poden ser tónicos ou átonos.
As formas tónicas funcionan como suxeito da oración ou van detrás de preposición (a, para, con...).
AS FORMAS ÁTONAS
As formas átonas do pronome persoal substitúen un nome, pero nunca poden funcionar como suxeito.
Persoa 1º 2º 3º
Singular me te, che o, a, lle (a el, a ela)
Plural nos vos os, as, lles (a eles, a elas).
1. Polo xeral, o pronome átono vai despois do verbo e unido a el: Gustouche a nube de fume?
2. Vai antes do verbo:
• Nas oracións negativas: Nunca o elixiron bruxo do ano.
• Nas oracións introducidas: por que, quen, cando, canto, como, onde, porque: Canto che debo?
• Despois dalgúns adverbios: Ti tamén me viches na tele?
⌦O verbo.
Lembra: Os ver
bos enúncianse
– en -ar (1.ª – en -er (2.ª – en -ir (3.ª
en infinitivo:
conxugación),
conxugación),
conxugación).
As formas verbais conteñen un lexema e mais desinencias.
• O lexema é a parte que queda do verbo ao quitarlle a terminación do infinitivo: sentar➜sent-.
• As desinencias son morfemas que indican:
– a persoa: 1.ª (eu, nós), 2.ª (ti, vós) ou 3.ª (el/ela, eles/elas);
– o número: singular ou plural;
– o tempo: presente, pasado ou futuro.
Por exemplo: sent-aba ➜ 3ª persoa, singular, pasado.
O modo verbal indica a actitude do falante.
• Modo indicativo. Expresa unha acción real: Teño sede.
• Modo subxuntivo. Expresa dúbida, posibilidade ou desexo: Oxalá atopemos unha fonte!
• Modo imperativo. Expresa unha orde ou petición: Bebe de aquí. Por favor, dáme auga.
⌦Os adverbios.
Os adverbios son unha clase de palabras que indican as circunstancias en que ocorre a acción do verbo. Os máis frecuentes son:
• De tempo: hoxe, sempre, enseguida...
• De lugar: aquí, fóra, lonxe...
• De modo: ben, así, rapidamente...
• De cantidade: máis, moito, abondo...
• De afirmación: si, certamente, abofé...
• De negación: non, tampouco...
• De dúbida: quizais, talvez, seica, se cadra...
⌦As preposicións e as conxuncións.
As preposicións serven para poñer en relación unhas palabras con outras dentro dunha oración. Estas son as principais: a
cara a
en
sen
ante
con
entre
sobre
ata
contra
onda
tras
baixo
de
para
canda
desde
por
As conxuncións son unha clase de palabras que serven para enlazar dúas palabras ou dúas oracións entre si.
As máis frecuentes son: e, ou, mais, nin, pero, que, porque, se…
Ola a todo aquel ou aquela curioso ou curiosa que decidise abrir as tapas deste fermoso volume. Cheo de vocabulario.
Gustaríame pedir desculpas se o meu galego non é o mellor, mais en Vinci, unha pequena vila italiana.
Comecei a falar galego cando coñecín a unha rapaza con moitas ideas na cabeza para cambialas cousas. Era Rosalía de Castro. Eran tempos diferentes, ós que a Historia deu en chamar os Séculos Escuros. Pera ela atopou o camiño e os avión de papel axudárona naquela época. Así comezou o Rexurdimento da Lingua Galega e ela converteuse en mestra da Base de Santiago.
Intentarei usar tódalas palabras que ela me ensinou con vós. Oh, por certo! Case o esquezo. O meu nome é Leonardo Da Vinci e son o Director dos Avións de Papel.
Vocabulario
VOCABULARIO ⌦O dicionario.
No dicionario aparecen todas as palabras dunha lingua ordenadas alfabeticamente. Cada palabra ofrece a seguinte información:
- Entrada. Palabra que se define.
- Acepcións. Cada significado numerado desa palabra.
- Sinónimos e antónimos, cando é posible.
Entrada.
Palabra que se define.
Acepcións. Cada significado numerado desa palabra.
Colexio s.m. 1. Centro de ensino infantil, primario ou secundario: Un compañeiro de colexio. sin. escola . 2. Asociación de persoas dunha mesma profesión: Colexio de arquitectos.
Clase de palabra. Indica se é un substantivo, un verbo...
Sinónimos e antónimos, cando é posible.
Exemplos, normalmente, destacados noutro tipo de letra.
⌦Sinónimos e antónimos.
Os sinónimos son palabras de significado igual ou moi semellante.
Os antónimos son palabras de significado contrario.
⌦Palabras polisémicas.
As palabras polisémicas teñen máis dun significado.
man s. f. 1. Parte do corpo humano situada no extremo de cada brazo. 2. Aptitude para facer algo ben. 3. Cada capa de pintura que se aplica dunha vez. 4. Lado dereito ou esquerdo dun sitio. 5. Gran cantidade de algo.
⌦Palabras homónimas.
As palabras homónimas escríbense ou soan igual pero teñen significados distintos.
⌦As palabras compostas.
As palabras compostas son as que están formadas por dúas ou máis palabras simples: rañaceos (raña + ceos), viraventos (vira + ventos).
⌦Os lexemas e os morfemas.
Nunha palabra, o lexema é a parte fundamental que informa sobre o seu significado.
Os morfemas son unidades que se unen ao lexema:
• para indicar o seu xénero ou número: nen-a-s;
• nos verbos, para indicar a persoa, o tempo e número: sent-e;
• para formar palabras novas; estes son os prefixos e os sufixos: in-sán, catarr-eira.
⌦Os prefixos e os sufixos.
PREFIXOS
Os prefixos son morfemas que se colocan diante dalgunhas palabras para formar outras novas.
SUFIXOS
Os sufixos son morfemas que se engaden ao final dun lexema para formar palabras novas. Por exemplo: Xardineira e varredor fórmanse engadindo os sufixos -eira e -dor a xardín e varrer.
⌦A familia léxica.
Todas as palabras formadas a partir dun mesmo lexema constitúen unha familia léxica. Fíxate: palabra simple (cartos), palabras derivadas (carteira, carteirista), palabra composta (comecartos).
⌦Os xentilicios.
Os xentilicios indican de onde é unha persoa, e fórmanse engadindo un sufixo a un nome de lugar.
⌦Os tecnicismos.
Un tecnicismo é unha palabra técnica que só se emprega dentro da linguaxe dunha profesión, oficio, ciencia ou arte. Por exemplo: escenografía, dramaturxia, etc.
⌦As palabras parónimas.
As palabras parónimas son palabras semellantes, pero que se escriben de forma diferente e teñen significados distintos.
Penso que xa estades prepa rados para coñecer o segredo do d ic io n a r io Pasapalabriñas …
Tal vez podade
s preguntarlle
a Azu,
se queda algú n exemplar na Biblitoeca da Base Secreta.
j
EXPRESIoN ORAL Y ESCRITA Certo é que unha bibliotecaria coñece moitos libros e supoño que mais aínda cando tamén ensina linguas a tódalas Unidades dunha Base Secreta, pero poucas veces tes a oportunidade de escribir un libro.
Coñezo a Rosalía de Castro dende fai uns cantos anos e pediume que a axudara na parte de Expresión Escrita, porque pensaba que ó estar tódolos días con rapaces e rapazas tería unha visión moi próxima para que lea estas liñas.
Un libro é un tesouro e como tal intentei que fosen as miñas palabras aquí escritas. O meu nome é Azu, a protectora da Biblioteca do Partenón na Base Secreta, e se necesitades unha copia deste exemplar non dubidedes que aí o atoparedes.
EXPRESIÓN ORAL Y ESCRITA ⌦A carta
Data e lugar
Dende onde e cando se escribe.
A Coruña, 16 de marzo
Destinatario
A quen escribe.
Que tal, Xurxo?
Estou que rebento de contenta! O mestre de Lingua elixiu un relato meu para participar nun concurso de redacción. Animoume a presentalo nun certame literario convocado entre escolas de toda Galicia. Que che parece?
O mestre di que haberá premios, moi- tos premios. A ver se teño sorte e acado un! Soñar non custa nada, non si?
Biquiños, Marta
Remitente
Quen escribe a carta.
P. D. Esquecíame. Mándoche o relato. Non sexas moi severo na crítica. Posdata (P.D.)
O que esqueceu contarlle
⌦De verso a prosa.
A prosa é o modo natural que adopta o falante para comunicarse: é a nosa forma habitual de expresión. O verso, en cambio, é unha forma especial de expresarse. Os textos en verso presentan unhas características especiais que crean un ritmo e unha musicalidade específicos.
E aínda que ambas formas de expresión manifestan unha tendencia á especialización (o verso para a lírica; a prosa para a narrativa, o teatro, os textos argumentativos, expositivos, descritivos, etc.), non faltan exemplos tanto de verso non lírico como de prosa lírica.
⌦O diario.
Libro ou caderno no que unha persona escribe día por día as súas vivencias o pensamentos.
⌦A comunicación.
Para que exista comunicación debe haber sempre un emisor, un receptor e unha mensaxe.
• A comunicación verbal utiliza palabras (orais ou escritas).
• Na comunicación non verbal non se utilizan palabras, senón outro tipo de sinais.
⌦Os parágrafos.
Nun texto, cada idea se desenvolve nun parágrafo, que se marca cun punto e á parte.
⌦Notas e avisos.
⌦A entrevista.
Para facer unha boa entrevista, é fundamental preparar antes un guión coas preguntas. Estas deben ser curtas e claras.
⌦O deseño dun cómic.
O cómic consiste na narración deunha historia a través dunha sucesión de ilustracións que se completan cun texto escrito. Tamén hai historietas mudas, sen texto. O autor dun cómic organiza a historia que quere contar distribuíndoa nubha serie de espazos ou recadros chaamados viñetas.
⌦O resumo de información.
Resumir consiste en dicir algo con menos palabras, elixindo as ideas máis importantes.
⌦A lingua e as súas variedades.
ChĂĄmanse variedades da lingua as distintas maneiras de falar, segundo a zona xeogrĂĄfica, o lugar onde falemos, o trato que se teĂąa coa outra persoa, etc.
e d a r o h a u o Cheg cazar trolls!!!
Alégrome de que por fin cheguedes a este capítulo. A literatura é a parte máis fermosa de calquera lingua, porque é a máxima expresión da unión de tódalas partes que forman unha lingua.
Moitos autores de grande importancia ó longo dos séculos escribiron grandes obras e para algúns de eles, as miñas obras tamén merecen un posto nese lugar. Pero penso que iso é moito dicir. Conténtome con que neste capítulo coñezades un pouco máis da literatura galega, tan fermosa e rica, chea de lendas e cun imaxinario infinito.
LITERATURA
LITERATURA
⌦A literatura. Verso e prosa.
A literatura utiliza a lingua dunha maneira especial, porque intenta
crear beleza. Os textos literarios poden estar en verso ou en prosa.
• Os versos son liñas curtas, con ritmo e musicalidade.
• A prosa é a forma de expresión máis frecuente. Os textos escritos en prosa chegan ata o final da liña.
⌦Versos e estrofas.
Os poemas escríbense en liñas curtas chamadas versos.
Ás veces, os versos agrúpanse e van separados dos demais por un espazo en branco. Cada grupo de versos chámase estrofa.
⌦Comparación e metáfora.
Lembra: A comparación consiste en dicir que unha cousa é coma outra, á que se parece en algo.
Lembra: A metáfora consiste en nomear ou identificar unha cousa (termo real) co nome doutra semellante (termo imaxinario).
⌦A rima.
A repetición dos mesmos sons a partir da última vogal tónica de cada verso chámase rima.
• Se riman só as vogais, a rima é asonante.
• Se se repiten todos os sons, a rima é consonante.
⌦Os poemas dialogados.
Os poemas dialogados están formados por preguntas e respostas entre os personaxes. Conservan o ritmo e a rima propios dos poemas.
⌦O conto.
Un conto é unha narración breve dos feitos que lles suceden a uns personaxes.
Nel diferenciamos tres partes:
• Introdución: presentación dos personaxes e explicación de cando e onde sucede a acción.
• Nó: narración do que lles vai sucedendo aos personaxes.
• Desenlace: conclusión do relato, onde se resolve o problema dos protagonistas.
⌦Os personaxes dos textos narrativos.
Nunha narración, os personaxes dan vida á historia coa súa acción.
• Nos contos hai un personaxe principal e outros secundarios.
• Nas fábulas, os personaxes son animais que senten e razoan
como as persoas.
•
Nas lendas, aparece case sempre algún personaxe sobrenatural ou con poderes
extraordinarios.
⌦O diálogo.
O diálogo recolle a conversa entre os personaxes. Pode ser:
• Directo, se reproduce as palabras dos personaxes: —Estou farta de ser princesa!!!
• Indirecto, se o narrador conta o que falaron os personaxes: Sabela berrou que estaba farta de ser princesa.
⌦A descrición.
Para describir un lugar ou un elemento cómpre explicar como é, onde se atopa e que características o diferencian dos demais.
Ademais, pódese engadir a nosa opinión sobre se nos gusta ou non e por que.
⌦As anotacións teatrais.
As anotacións teatrais son indicacións sobre o decorado, os xestos dos personaxes, as entradas e saídas, etc.
⌦As escenas teatrais.
A escena é cada unha das partes en que se divide unha obra teatral. As distintas escenas veñen determinadas pola entrada e saída dun personaxe e desenvólvense en decorados diferentes.
xa , a r o g ue a q o d máis o Agar g l a cedes e ñ o c trua a que r e t i a l e r sob edes a m i n a vos , a g e sas gal o v r as i b i r c es as. r b o s a propi
Este libro foi realizado en Setembro do 2018 por David Méndez Ferreiro e Ginés V á z q u e z S e i j a s p a r a o P ro x e c t o Educativo Avións de Papel.