Page 1

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN Despois dun longo curso é moi necesario tomar un merecido descanso. Logo, é moi positivo aproveitar para realizar algunhas actividades lúdicas, especialmente xuntas/os, para poder reforzar as aprendizaxes deste ano. Como veredes neste documento considérase fundamental que sexan funcionais e estean integradas dentro da súa vida para que cheguen a ser significativas. Eu sempre considero que os xornais ou os telexornais son unha fonte de recursos moi boa e a este grupo lle resulta bastante atractivo xa que lles é familiar. Podedes planificar un pequeno horario dentro da vosa xornada para facer algunhas destas propostas pero tamén é interesante que as integredes de forma natural noutros momentos. Algúns exemplos de dinámicas que podedes facer con eles son son seguintes. CONTOS: Encántanlles, así que procurade ler moito con eles e tamén que as e os que xa saben, practiquen un pouco a diario. Lembrade que os de último curso de infantil xa len minúsculas. Tamén poden inventar contos, cambiarlles o final, inventar títulos e debuxos ou facer contos sobre as cousas que lles pasan. Poñédevos cada día un anaquiño! As e os maiores deben reservar un momento do día no que submerxirse na lectura, tentando ir buscando aquilo que máis lle atrae. Hai que probar moitas cousas distintas antes de chegar a engancharse e lembrade que para iso a BIBLIOTECA é un bo recurso. LETRAS: As e os máis pequenos poden buscalas en revistas, cómics, xogos de ordenador, listas da compra, catálogos... Preguntádelle como soan ou que busquen algún son que vos lle fagades. Tamén poden copiar palabras, intentar adiviñar o que dí nalgún sitio, escribir (cada un ó seu modo) listas de cousas, notas sinxelas. E que non se lles esqueza poñer o seu nome nas súas produccións (escritos, debuxos) e poñer a data. NÚMEROS: Podedes xogar a contar obxectos (coches, sillas, mesas, pedras), observar os números que hai a noso redor (nos zapatos, etiquetas, números de teléfono, portas, martrículas, prezos, etc e tamén escribilos). Pedídelle axuda para calquera recado para que practiquen de xeito máis funcional. OPERACIÓNS CON NÚMEROS: Calquera situación é oportuna. Dependendo do nivel de cada un se fará con elementos máis ou menos sinxelos (até o 10 os de 3 e 4 anos e sempre con obxectos que poidan tocar , como pedras, canicas, culleres, servilletas). Igual que coas actividades anteriores, sumar obxectos, números de teléfono por exemplo para as e os máis maiores. Os que rematan primaria saben sumar con 1 e 2 cifras e tamén levando e coñecen até mínimo o 100.


As e o de 1º, suman en restan levando con varias cifras e coñecen números, como mínimo até as centenas. Podedes plantexarlle problemas que se dan a diario nas súas xornadas en situacións como: – Si mercamos algo que valeu 12€ e pagamos con 20, canto nos devolveron? – Si hai 20 cereixas con rabo e 15 sin rabo, cantas hai? – Si temos 4 iogures de fresa e de limón temos os mesmos máis/ menos 2 , cantos iogures de limón hai? – Si teño 12 cartas de invícimals e ti tes 20, cantas xuntamos – Son moi interesantes os tickets da compra para sumar, restar, copiar, ver con canto pagamos e canto nos devolveron. Tamén é interesante traballar o cálculo mental, para que mecanicen o proceso e o fagan máis rápido ou repasar as horas ó longo do día. PLÁSTICA: Calquera momento é interesante. É importante estimular a creatividade e non so pintar. Poden facer collages con revistas, xornais, envoltorios ou outros materiais da natureza (follas, flores, pedras, area, terra) tamé se poden facer coloracións naturais con diferentes vexetais. Nestas actividades tamén é moi interesante meter estas actividades de escritura e lóxicamatemática que vos contei anteriormente. XOGOS DE MESA: Os xogos como os dominós, cartas, oca, parchís, puzzles son fundamentais para o desenvolvementos de capacidades básicas e tamén para contribuír ás relacións familiares e amistosas. LINGUAXE, ATENCIÓN E MEMORIA: É importante e divertido desenvolver a capacidade comunicativa das nenas e nenos. Como facelo? Obrigandoos a empregar a linguaxe e exercitar o aparello articulatorio con poesías, adiviñas, trabalinguas, cancións ou xogos como o vexo vexo. Tamén se poden inventar pequenas rimas. GRAFOMOTRICIDADE: Esta función se desenvolve con actividades de tipo artístico cono pintar, escribir, debuxar, xogar con plastilina, barro ou area, pero tamén con moitas tarefas da vida cotiá (abrindo envoltorios de galletas, apretando pinzas da roupa, collendo obxectos pequenos, recollendo. * E por sí alguén quixera mercar algún material. Pode mirar estes cadernos ou algo semellante. Tamén hai os cadenos de vacacións. PARA OS QUE PASAN A 2º: Problemas. Cuaderno 1. Edebé. Primaria PARA OS QUE PASAN A 1º: Cálculo. Cuaderno 1. Edebé. Primaria.

FELIZ VERÁN 2012! Noa Caamaño.


Recomendacións verán 2012  

Recomendacións verán 2012

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you