MEMORIA Anual 2023 - Federación ASPACE-Galicia

Page 1

ANUA L 20 23
MEMORIA

´23 Memoria Anual

Xuntamos esforzos, construímos futuros

aúdo S da presidenta

Presentamos nas seguintes páxinas un resumo das principais accións desenvolvidas pola Federación ASPACE Galicia no ano 2023.

Entre as cuestións a destacar do traballo realizado en 2023 queremos facer mención especial as seguintes:

• Recuperamos por fin a presencialidade en todas as nosas accións e proxectos: Concurso de cociña ASPACE; Encontros autonómicos de profesionais, familias e persoas con parálise cerebral; Formación a familias; Grupos de traballo,... foi un pracer volver a atoparnos e compartir.

• Potenciamos, aínda máis, a participación das persoas con parálise cerebral, familias e profesionais na detección e priorización das necesidades e retos do colectivo en Galicia, tanto a través dos encontros autonómicos como a través de diferentes consultas realizadas no ano 2023 con cuestionarios online.

• Dende o Proxecto RUMBO apostamos polo desenvolvemento de accións que contribúan a favorecer a vida independente das persoas con parálise cerebral: Valoración de vivendas, prestamos de axudas técnicas e produtos de apoio, deseño e implantación de itinerario formativo para asistentes persoais de persoas con parálise cerebral.

4 /

• A reivindicación e a incidencia son outro dos alicientes do traballo realizado por ASPACE Galicia en 2023: Pechamos a negociación das condicións do concerto social para as entidades de parálise cerebral de Galicia; seguimos a traballar na incidencia coa administración autonómica en temas prioritarios para o colectivo: prescrición de cadeiras de rodas eléctricas, mellora do catálogo de prestacións ortoprotésicas, melloras na atención sanitaria do colectivo, a reivindicación do recoñecemento da comunicación alternativa e aumentativa...

E seguimos apostando polos servizos de información, asesoramento legal, emprego e formación para persoas con parálise cerebral e as súas familias.

Un gran traballo co que seguiremos comprometidos no ano 2024.

Concepción Somoza Torres

Presidenta de Federación ASPACE Galicia
/ 5

ntidades membros E

Amencer Aspace

APAMP

Federación ASPACE Galicia está constituída na actualidade por 4 entidades especializadas na atención ás persoas con parálise cerebral e outras patoloxías afíns de Galicia:

Aspace Coruña

Aspace Lugo

A Federación e as súas entidades membros traballan anualmente cos seguintes grupos de interese:

6 /
e socias das entidades
Persoas concerebralparálise 578 328 Profesionais Socios
769

resentación P

MISIÓN

Federación ASPACE Galicia é unha entidade que nace en 1999 coa MISIÓN de lograr a coordinación e cooperación entre asociacións de parálise cerebral e outras entidades, de xeito que a unión e a forza das mesmas logre a igualdade de oportunidades das persoas con parálise cerebral.

XUNTA DIRECTIVA

PRESIDENTA

Concepción Somoza Torres (APAMP)

VICEPRESIDENTA

Mónica Touriño Soto (AMENCER ASPACE)

VOGAL

Ricardo IglesiasSanmartin (ASPACE CORUÑA)

TESOUREIRO

Carlos Godoy Casalderrey (AMENCER ASPACE)

VOGAL

Daniel Varela

Lago (APAMP)

SECRETARIA

María Carmen Barreiro Santos (ASPACE CORUÑA)

VOGAL

Fernanda Arrojo Novoa (ASPACE LUGO)

/ 7

Q ue facemos?

ALCANCE DA ENTIDADE

Federación ASPACE Galicia presta diferentes servizos  (emprego, información e asesoramento legal, formación, sensibilización, apoio ás asociacións e fortalecemento do movemento asociativo...) a máis de 500 persoas con parálise cerebral en Galicia, a través dos seus servizos propios ou dos prestados polas entidades membros.

ORGANIZACIÓN INTERNA

Xerencia

Coordina os proxectos e as actividades programadas, a xestión de subvencións e os recursos dos que dispón a Federación.

Emprego e formación

Facilitan a formación e integración sociolaboral das persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns.

Administración

Execución das tarefas administrativas relacionadas co funcionamento da Federación ASPACE

Galicia.

Información e asesoramento

Información, orientación e asesoramento legal para persoas con parálise cerebral, familias, profesionais e entidades sociais.

Sensibilización

Xestión da comunicación, interna e externa, das campañas e actividades de sensibilización da Federación ASPACE e das súas entidades membros.

Apoio ás asociacións

Servizos especializados para a intervención ou atención ás persoas con parálise cerebral.

8 /

23 Servizos e programas. Resultados

nformación e traballo social I

OBXECTIVO

ASPACE Galicia é a entidade de referencia a nivel autonómico en parálise cerebral, polo que estamos á disposición de todas as persoas, organismos e entidades que precisen información sobre o colectivo.

DIRIXIDO A

Persoas con parálise cerebral, familiares, asociacións e entidades de carácter público ou privado.

PROFESIONAIS DO SERVIZO

O servizo contou no ano 2023 cunha traballadora social.

ACCIÓNS REALIZADAS EN 2023

• Recompilación e difusión de información en materia de dependencia e discapacidade.

• Recompilación e difusión de información sobre convocatorias de axudas e subvencións de entidades públicas e privadas.

• Atención a familias. Recepción e atención de solicitudes de información sobre diferentes aspectos.

• Realización de informes sobre diferentes temáticas de interese.

• Elaboración de documentos, informes e boletíns de información ás asociacións federadas sobre temas de interese para o colectivo.

• Acompañamento ás entidades ASPACE de Galicia no desenvolvemento do Plan de Igualdade; formación de profesionais...

/ 11

Información e traballo social

O ANO 2023 EN DATOS

Información lexislativa enviada: 77 boletíns informativos.

Persoas que reciben os boletíns diariamente: 136 persoas.

Información de ámbito social enviada: 22 envíos.

Demandas de información recibidas e atendidas: 80 demandas.

6968 boletíns oficiais revisados.

12 /

A sesoramento legal

OBXECTIVO

Informar e asesorar sobre temas legais e acompañar na defensa dos dereitos das persoas con parálise cerebral e as súas familias.

DIRIXIDO A

Persoas con parálise cerebral, familiares, profesionais e asociacións e entidades da Federación ASPACE Galicia.

PROFESIONAIS DO SERVIZO

O servizo contou no ano 2023 cunha avogada.

ACCIÓNS REALIZADAS EN 2023

• Atención a demandas de información e asesoramento legal de persoas con parálise cerebral, familias e profesionais das entidades membro.

• Análise de proxectos lexislativos e elaboración de informes sobre propostas do colectivo da parálise cerebral.

• Análise de novos cambios lexislativos aprobados e informes sobre os mesmos.

• Formación: accións formativas, pílulas formativas, infografías... sobre novidades lexislativas e temas de interese para o colectivo da parálise cerebral.

• Xestión do proxecto EXERZO OS MEUS DEREITOS

/ 13

Asesoramento legal

O ANO 2023 EN DATOS

• Demandas de asesoramento de familias, persoas con parálise cererbal e entidades ASPACE (relativas a persoas con parálise cerebral): 66 demandas atendidas (en 2022 foron 36 demandas).

29 demandas pechadas en 2023, 30 continuarán tramitándose en 2024 e 7 foron paralizadas pola persoa demandante.

O 42,42% das demandas tiveron que ver con medidas de apoio á capacidade xurídica; o 13,64% relacionadas con herdanzas; o 18,18% relativas á reclamación de recursos ou prestacións sociais; o 18,18% relativas á vulneración de dereitos e discriminación; o 4,54% relacionadas con patrimonio e patrimonio protexido; o resto vinculadas á vulneración de dereitos, prestacións ou violencia contra a muller.

• Informes legais realizados: 12 informes legais.

• Traballo en accións de incidencia política: 9 accións (Aportacións en desenvolvementos lexislativos...).

14 /

PROXECTO EXERZO OS MEUS DEREITOS

Proxecto posto en marcha en 2022, dentro do servizo de asesoramento legal, para fomentar o asesoramento e o acompañamento das persoas con parálise cerebral no exercicio dos seus dereitos.

Traballouse no acompañamento de 5 iniciativas expostas polas persoas con parálise cerebral: accesibilidade nos espazos públicos, encontro cos candidatos ás eleccións municipais en Pontevedra, instalación de cambiadores inclusivos, accesibilidade no transporte urbano de Vigo...

/ 15

sesoramento igualdade A ⚤

OBXECTIVO

Acompañar ás entidades ASPACE de Galicia e á propia Federación na implantación dunha cultura e política de igualdade.

DIRIXIDO A

Entidades ASPACE de Galicia.

PROFESIONAIS

O servizo contou no ano 2023 cunha traballadora social e unha avogada.

ACCIÓNS REALIZADAS EN 2023

• Acompañamento e asesoramento no deseño dos Plans de Igualdade das entidades ASPACE de Galicia: 2 entidades federadas (APAMP e AMENCER).

• Accións formativas realizadas con profesionais: 5 accións nas que participaron 107 profesionais das entidades ASPACE de Galicia (2 accións en AMENCER ASPACE en xaneiro con 7 asistentes e 5 accións en APAMP en decembro con 100 profesionais).

• Reunións realizadas cos responsables das entidades: 16 reunións (8 reunións con responsables de Amencer e 8 reunións da Comisión Negociadora do Plan de Igualdade de Amencer).

16 /

omunicación e sensibilización C ��

OBXECTIVO

Sensibilizar á sociedade en xeral a través da visibilización do colectivo das persoas con parálise cerebral dando a coñecer a súa realidade, as súas necesidades e as súas demandas.

DIRIXIDO A

Sociedade en xeral.

PROFESIONAIS

A área de comunicación e sensibilización contou no ano 2023 cun equipo de profesionais formado por unha xornalista e un técnico audiovisual, que traballaron de xeito coordinado.

ACCIÓNS REALIZADAS EN 2023

REDES SOCIAIS

No ano 2023 continuamos potenciando a comunicación externa da Federación ASPACE

GALICIA a través da súa páxina web e das redes sociais da entidade.

En 2023 alcanzáronse os 12.118 seguidores e seguidoras (un 9% máis que en 2022).

Evolución do número de seguidores e seguidoras en redes sociais

/ 17

Comunicación e sensibilización

XIV CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DE FEDERACIÓN ASPACE GALICIA

Descrición da actividade

Todos os anos a Federación ASPACE GALICIA convoca un concurso de postais de Nadal dirixido a persoas con parálise cerebral, para elixir a postal coa que felicitar as festas.

O gañador do XIV concurso de Postais de Nadal foi David Río, de ASPACE Lugo coa obra “Manos al árbol”.

18 /

Descrición da actividade

Federación ASPACE Galicia fixo unha aposta no ano 2023 pola creación de materiais audiovisuais cos que informar sobre a parálise cerebral e mostrar a realidade e as historias de superación das persoas deste colectivo.

En concreto, en 2023 creáronse 15 contidos audiovisuais.

/ 19
CREACIÓN DE MATERIAIS AUDIOVISUAIS SOBRE A REALIDADE DAS PERSOAS CON PARÁLISE CEREBRAL
�� 48 visualizacións 182 visualizacións 71 visualizacións 459 visualizacións 2022 EN IMAXES 8M: MULLERES TRANSFORMADORAS ENCONTRO DE PROFESIONAIS QUE É PARA MI A VIDA INDEPENDENTE
20 / Comunicación e sensibilización 591 visualizacións 90 visualizacións 733 visualizacións 54 visualizacións 413 visualizacións CONCURSO DE COCIÑA ENCONTRO DE FAMILIAS APOIO LEGAL SUSO MANIFESTO DÍA MUNDIAL 2023 FORMACIÓN EN SEXUALIDADE DÍA DO LIBRO

Pezas audiovisuais para as entidades ASPACE de Galicia

Durante o ano 2023 o equipo de comunicación de ASPACE Galicia traballou na realización de diferentes pezas audiovisuais para os proxectos das entidades ASPACE de Galicia. Destacamos os seguintes:

• APAMP: Vídeo AQUÍ JUGAMOS TODOS.

• ASPACE LUGO: Vídeo corporativo.

• AMENCER: Atención temperá e tratamentos rehabilitadores.

AQUÍ XOGAMOS TODOS

1,4k visualizacións

ATENCIÓN TEMPERÁ

EQUIPO DE RESPONSABLES DE COMUNICACIÓN DAS ENTIDADES ASPACE

O equipo de responsables de comunicación das entidades ASPACE de Galicia, encargado da coordinación das accións de sensibilización e comunicación, reuniuse en dúas ocasións ao longo do ano 2023.

/ 21
��

Comunicación e sensibilización

DÍA DA PARÁLISE CEREBRAL 2023

Descrición da actividade

Cada ano o movemento ASPACE celebra o 6 de outubro, o Día da parálise cerebral. Un día no que os protagonistas son as persoas con parálise cerebral e que ten como obxectivo visibilizar e sensibilizar sobre o colectivo.

No pasado ano 2023, as entidades ASPACE de toda España promovemos a campaña NACÍ PARA VIVIR LA VIDA, centrada na importancia da atención temperá para os nenos e nenas con parálise cerebral.

Organizamos actos en todas as entidades ASPACE de Galicia, cunha gran repercusión da campaña en medios de comunicación.

22 /

Valoración da actividade

A unidade do colectivo na organización dos actos deste día fixo que a repercusión social dos mesmos fora enorme. O cancelo

#HeNacidoParaVivirLaVida converteuse en tendencia nas redes sociais de toda España na mañá do Día Mundial da Parálise Cerebral.

/ 23
��

Comunicación e sensibilización

CONCURSO DE COCIÑA EN ASPACE COCIÑAMOS XUNTOS

Descrición da actividade

As persoas con parálise cerebral son capaces de realizar todo aquilo que se propoñan. Esta é a clave que enmarca o Concurso de cociña "En ASPACE cociñamos xuntos", que chegou no ano 2023 á súa VI edición.

Nesta edición ano os participantes (equipos formados por persoas con parálise cerebral e un familiar ou profesional), debían conquistar os xurados coa mellor receita con polo como ingrediente principal, en formato tradicional e en formato texturado ou triturado (pensado para aquelas persoas con parálise cerebral con problemas de disfaxia).

Para a celebración do concurso realizáronse 3 semifinais e unha final:

• 25 abril: semifinal de APAMP (Vigo).

• 4 de maio: semifinal de ASPACE Coruña (Sada).

• 9 de maio: semifinal de Amencer-ASPACE (Pontevedra).

• 18 de maio: gran final de ASPACE-Galicia (Lugo).

No concurso participaron 56 persoas (29 persoas con parálise cerebral, 6 familiares e 21 profesionais).

Nesta edición, ademais de elixir o mellor prato tradicional e texturado, incorporouse un premio ao mellor empratado.

24 /

Valoración da actividade

Esta acción sempre é valorada positivamente por todas as persoas participantes. Unha acción que dá moita visibilidade ao colectivo e que pon en valor as capacidades das persoas con parálise cerebral.

/ 25
��

Comunicación e sensibilización

CANLE DE YOUTUBE

No ano 2023 seguimos apostando por potenciar a nosa canle de Youtube como ferramenta para dar a coñecer o traballo e as reivindicacións do colectivo das persoas con parálise cerebral.

A canle de Youtube da Federación ASPACE Galicia alcanzou os 126 seguidores no ano 2023, 25 máis que no 2022.

MEMORIA ANUAL 2022

Como todos os anos a Federación ASPACE Galicia deseña, edita e difunde a memoria anual de actividades. A través desta publicación damos difusión ao traballo realizado pola Federación ASPACE Galicia no ano anterior.

A memoria é difundida entre os financiadores e os principais grupos de interese da entidade (persoas con parálise cerebral, familias e profesionais da entidade, así como á sociedade en xeral).

26 /

BOLETÍN INFORMATIVO ASPACE GALICIA

En 2023 a Federación ASPACE Galicia seguiu potenciando unha liña de comunicación coas persoas con parálise cerebral, familias, profesionais e sociedade en xeral, con toda a actualidade do colectivo.

No ano 2023 enviáronse 11 boletíns informativos cunha taxa de apertura media do 27,3% a 497 subscritores.

PÁXINA WEB DE FEDERACIÓN ASPACE GALICIA

WWW.ASPACEGALICIA.ORG

No ano 2023 fixemos unha aposta decidida pola renovación constante dos contidos da web de Federación ASPACE Galicia, adaptándonos e dando resposta ás necesidades dos nosos grupos de interese.

Traballamos para crear contidos de interese vinculados a cada un dos proxectos da Federación ASPACE GALICIA: información, asesoramento legal, emprego e formación, sensibilización...

/ 27
��

Comunicación e sensibilización

3 DE DECEMBRO. DÍA DA DISCAPACIDADE BAIXO O MESMO PARAUGAS

Dende fai 8 anos, tódolos días 3 de decembro, máis de 80 entidades galegas que traballamos con persoas con discapacidade, reunímonos para reivindicar as necesidades e demandas do colectivo na iniciativa Baixo o mesmo paraugas.

Unha acción que visibiliza ante a sociedade ás persoas con diferentes discapacidades e que, cada ano, ten maior repercusión na nosa sociedade.

28 /

E mprego e formación ��

OBXECTIVO

Facilitamos a formación e a integración sociolaboral das persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns a través de itinerarios personalizados de orientación, prospección e acompañamento no posto de traballo, necesarios para a súa incorporación ao mercado laboral ordinario.

DIRIXIDO A

Persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns.

ACCIÓNS REALIZADAS EN 2023

Acollida

Prospección (formación e emprego)

Recollemos as demandas e necesidades da persoa con parálise cerebral e valoramos as súas posibilidades de inclusión no programa. Fomentamos a formación específica para o emprego de persoas con parálise cerebral a través da organización de accións de formación específicas e adaptadas.

Orientación sociolaboral Emprego con apoio

Identificamos, coa persoa con parálise cerebral, as súas expectativas, intereses e necesidades formativas e laborais para consensuar un itinerario individual de inserción.

Apoiamos a aquelas persoas usuarias do Programa de Emprego e Formación de ASPACE que se integran en empresas ordinarias, cos apoios internos e externos precisos.

/ 29

Emprego e formación

96 PERSOAS BENEFICIARIAS

ACCIÓNS REALIZADAS

• Entrevistas iniciais.

• Valoracións profesionais.

• Titorías individuais.

• Preparación de oposicións.

• Deseño de itinerarios individuais de inserción.

• Accións grupais (información, asesoramento e formación).

• Elaboración de Curriculum Vitae e cartas de presentación.

• Preparación de entrevistas de traballo e formativas.

• Procura de ofertas laborais e formativas.

• Creación de contas de correo electrónico.

• Accións de apoio e acompañamento á formación.

• Información e asesoramento en temas relacionados co emprego e formación (persoas usuarias, familias e centros formativos).

• Acompañamento nas diferentes fases dos procesos de concursooposición.

• Formación e acompañamento nas probas de competencias clave.

• Curso de Auxiliar de Conserxe en Vigo.

• Curso de formación en uso do smartphone.

• Acompañamento e titorización en accións formativas online.

• Prospección de empresas de formación para a busca de accións formativas.

• Prospección de empresas para a busca de ofertas laborais.

30 /

No ano 2023, dende o Programa de Emprego e Formación de Federación

ASPACE Galicia organizáronse 12 acción formativas adaptadas e accesibles para persoas con parálise cerebral, nas que participaron 57 persoas. Destacamos as seguintes:

CURSO

DE EDICIÓN DE VÍDEO

Realizáronse 3 edicións de esta formación; en Vigo, Pontevedra e Sada, nas que participaron 21 persoas.

CURSO DE TRÁMITES ONLINE CO DNI ELECTRÓNICO

En 2023 realizáronse 2 edicións do curso, en Vigo e Pontevedra, nas que participaron 25 persoas con parálise cerebral.

TALLER DE ENTREVISTAS DE TRABALLO

No ano 2023 impartiuse un obradoiro de entrevistas de traballo a 5 persoas con parálise cerebral.

/ 31
��

Emprego e formación

PREPARACIÓN DE OPOSICIÓNS

No ano 2023 organizáronse 2 grupos de formación para a preparación de oposicións para persoas con parálise cerebral en Vigo e Pontevedra no que participaron 7 persoas.

ACOMPAÑAMENTO EN ACCIÓNS FORMATIVAS INDIVIDUAIS

No ano 2023 acompañouse a 6 persoas con parálise cerebral na realización de accións formativas online

32 /

OUTROS DATOS DE INTERESE SOBRE O PROGRAMA DE EMPREGO E FORMACIÓN NO ANO 2022

Área de formación

Formación e emprego

31-45 anos

> 65% de discapacidade

Inserción laboral

O 50% das persoas usuarias do programa participan na área de formación exclusivamente. O 50% nas áreas de formación e emprego.

O perfil de persoa usuaria atendida é unha persoa de entre 31 e 45 anos, cun grao de discapacidade superior ao 65% e con baixa cualificación.

No ano 2023 alcanzamos o 60% de inserción laboral entre as persoas usuarias que participan na área de emprego.

Centros especiais

Empresas ordinarias

Xornada completa

A tempo parcial

O 20% das insercións laborais foron en centros especiais de emprego e o 80% en empresas ordinarias.

2 persoas

Orientacións sociolaborais

O 45% das contratacións realizáronse a xornada completa e o 55% foron a tempo parcial.

En 2023, a preparadora laboral da Federación ASPACE GALICIA acompañou a 4 persoas usuarias do programa na adaptación ao seu posto de traballo.

En 2023, reañizaronse 416 orientacións sociolaborais ás persoas usuarias do programa.

/ 33
��

Proxecto Rumbo

OBXECTIVO

Definir novos modelos para favorecer a vida independente, a autonomía e a toma de decisións das persoas con parálise cerebral.

DIRIXIDO A

Persoas con parálise Cerebral e/ou outras discapacidades afíns.

ACCIÓNS REALIZADAS EN 2023

ESTUDO DE NECESIDADES

Estudo de necesidades e expectativas das persoas con parálise cerebral, das familias e das persoas profesionais sobre as barreiras e os facilitadores da vida independente e da autonomía das persoas con parálise cerebral nas diferentes etapas da vida.

Realizado coa coordinación técnica do INICO (Instituto Universitario de Integración en la Comunidad da Universidade de Salamanca) .

INCIDENCIA POLÍTICA E ALIANZAS

Traballando para establecer alianzas con entidades públicas e privadas de Galicia, para avanzar na posta en marcha de medidas que favorezan a vida independente de persoas con parálise cerebral.

34 /

GRUPOS DE TRABALLO

Traballamos en diferentes grupos para avanzar nas accións do proxecto:

• Asistencia persoal para persoas con parálise cerebral.

• Guía de vida independente en persoas con parálise cerebral.

• Coordinación do desenvolvemento do proxecto en Galicia co resto de entidades que traballan no territorio: COGAMI, AUTISMO GALICIA e FEGADACE.

• Coordinación do desenvolvemento do proxecto entre as entidades que coordinan o proxecto no ámbito nacional: COCEMFE, PREDIF, AUTISMO ESPAÑA. FEDACE e CONFEDERACIÓN ASPACE.

V ENCONTRO AUTONÓMICO DE PROFESIONAIS DAS ENTIDADES ASPACE DE GALICIA

O pasado 27 de xaneiro de 2023 organizamos o Encontro Autonómico de profesionais ASPACE de Galicia, dentro das accións do proxecto RUMBO.

No encontro traballamos sobre as necesidades das persoas con parálise cerebral en relación á vida independente.

No encontro participaron 45 profesionais das entidades ASPACE de Galicia.

/ 35

Proxecto Rumbo

IV ENCONTRO AUTONÓMICO DE FAMILIAS ASPACE DE GALICIA

O pasado 20 de maio de 2023 organizamos o Encontro Autonómico de familias ASPACE de Galicia, dentro das accións do proxecto RUMBO.

No encontro traballamos sobre as necesidades das persoas con parálise cerebral en relación á vida independente.

No encontro participaron 51 familias e profesionais das entidades ASPACE de Galicia.

VI ENCONTRO AUTONÓMICO DA REDE DE CIDADANÍA ACTIVA DE GALICIA

O 12 de decembro celebrouse en Santiago de Compostela o Encontro Autonómico da Rede de cidadanía activa.

No encontro de este ano traballouse sobre o ocio: intereses e demandas das persoas con parálise cerebral, necesidades de adaptación e accesibilidade, dificultades para a participación...

No encontro participaron 43 persoas (25 persoas con parálise cerebral e 18 profesionais e acompañantes) das entidades ASPACE de Galicia.

36 /

VALORACIÓN E ADAPTACIÓN DE VIVENDAS

Dentro das accións do proxecto RUMBO para favorecer a Vida Independente das persoas con parálise cerebral, realizamos unha acción a través da cal valorar a accesibilidade das persoas con parálise cerebral e a cesión de axudas técnicas para favorecer a independencia das mesmas:

• 7 vivendas valoradas en 2023

• 7 persoas beneficiarias dos préstamos de axudas técnicas ou produtos de apoio para favorecer a independencia na vivenda.

Para a realización de estas accións contamos coa colaboración e asesoramento dos profesionais de terapia ocupacional das entidades

ASPACE de Galicia.

CURSO DE FORMACIÓN ONLINE DE ASISTENCIA

PERSOAL CON PERSOAS CON PARÁLISE CEREBRAL

Federación ASPACE Galicia organiza en 2023 a I Edición do Curso de Asistencia persoal con persoas con parálise cerebral. Unha formación que, por primeira vez, traballa a abordaxe da asistencia persoal de xeito específico en persoas con parálise cerebral.

Os contidos e dinámicas da formación foron deseñados dentro do proxecto RUMBO por un equipo de profesionais das entidades ASPACE de toda España.

Nesta primeira edición do curso participaron 38 alumnos e alumnas, dos que remataron satisfactoriamente 28, recibindo así un diploma acreditativo.

/ 37

A poio ás asociacións

OBXECTIVO

Fortalecer o movemento asociativo de atención a persoas con parálise cerebral, a través de servizos, profesionais ou apoios de diferente índole, e complementarios aos existentes nas asociacións.

• Apoiar as asociacións membros na procura de recursos para a prestación de servizos e programas complementarios.

• Favorecer a posta en marcha de novos servizos como experiencias piloto.

• Apoiar a existencia de servizos básicos naquelas entidades con menores recursos e grao de desenvolvemento.

• Favorecer a formación dos e das profesionais das diferentes entidades.

• Fomentar o estudo e a investigación sobre diferentes aspectos relativos á parálise cerebral.

• Potenciar a profesionalización e a mellora continua das entidades membros.

DIRIXIDO A

Entidades membros de Federación ASPACE Galicia, ao seu persoal directivo e aos profesionais.

PROFESIONAIS DO SERVIZO

No ano 2023 prestaron os seus servizos, dentro deste proxecto da Federación ASPACE Galicia, os seguintes profesionais:

• 1 Técnica de proxectos

• 1 Avogada

• 1 Traballadora social

• 1 Xornalista

• 1 Técnico audiovisual

• 1 Técnica de formación

38 /

COORDINACIÓN ACCIÓNS REALIZADAS EN 2023

REUNIÓNS DE XUNTA DIRECTIVA FEDERACIÓN ASPACE GALICIA NO ANO 2023

A Xunta Directiva da Federación ASPACE Galicia reúnese periodicamente para coordinar os traballos da entidade. No ano 2023 reuniuse:

• 20 de xaneiro. Xunta Directiva

• 23 de febreiro. Xunta Directiva

• 23 de febreiro. Asemblea Xeral Extraordinaria

• 5 de maio. Xunta Directiva

• 5 de maio. Asemblea Xeral Extraordinaria

• 20 de xullo. Xunta Directiva

• 9 de novembro. Xunta Directiva

/ 39
��

Apoio ás asociacións

REUNIÓNS DO CERMI GALICIA

A Federación ASPACE Galicia é unha das entidades membro do CERMI

GALICIA (Comité de Entidades representantes de persoas con discapacidade intelectual) No ano 2023 reuniuse nas seguintes ocasións:

• 15 de febreiro. Entidades CERMI coa Consellería de Política Social.

• 22 de marzo. Comité Executivo.

• 22 de xuño. Comité Executivo.

• 22 de xuño. Asemblea Xeral Ordinaria

• 17 de outubro. Entidades CERMI coa Consellería de Política Social.

• 22 de novembro. Comité Executivo.

• 22 de novembro. Asemblea Xeral Ordinaria.

• 1 de decembro. Acto Institucional coa Conselleira de Política Social polo

Día da Discapacidade.

40 /

FORMACIÓN E FORTALECEMENTO INSTITUCIONAL OBXECTIVO

• Fomentar a formación específica dos profesionais e dos directivos e directivas das diferentes entidades ASPACE.

• Crear canles de comunicación para compartir experiencias e boas prácticas na intervención das persoas con parálise cerebral.

• Revisar o traballo realizado e definir liñas de traballo comúns e consensuadas.

DIRIXIDO A

Equipos directivos e profesionais das entidades.

ACCIÓNS REALIZADAS EN 2023

GRUPO DE TRABALLO REDE EMPREGO ASPACE

Grupo de traballo creado por Confederación ASPACE, do que formamos parte, e que ten como obxectivo a elaboración dunha guía para empresas para fomentar a información e a formación sobre a inserción laboral de persoas con discapacidade.

/ 41
��

Apoio ás asociacións

PROGRAMA TALENTO ASPACE. Compartindo boas prácticas

O programa TALENTO ASPACE pretende favorecer, entre profesionais que traballan con persoas con parálise cerebral, o compartir boas prácticas, coñecementos e experiencias, a través da organización de xornadas de traballo, visita a entidades, deseño de protocolos...

• Sexualidade e afectividade na parálise cerebral.

• Envellecemento na parálise cerebral.

• Atención Temperá.

42 /

ESTUDO SOBRE ENVELLECEMENTO E PARÁLISE CEREBRAL

Durante o ano 2023 fomos unha das entidades promotoras dun estudo a nivel nacional sobre o envellecemento na parálise cerebral. Un estudo pioneiro na nosa contorna que pretende servir de base para adaptar os servizos das entidades ASPACE ás necesidades das persoas con parálise cerebral en proceso de envellecemento.

Este proxecto está coordinado por Confederación ASPACE.

/ 43
��

Apoio ás asociacións

XORNADA DE FORMACIÓN PARA FAMILIAS:

ISTO É EDUCACIÓN SEXUAL. A sexualidade das persoas con parálise cerebral tamén importa.

OBXECTIVO

Formación destinada a dar resposta ás seguintes preguntas:

• Como contribuir a educar e atender a sexualidade das persoas con parálise cerebral?

• Por que é necesario educar e atender a sexualidade das persoas con parálise cerebral?

DIRIXIDO A

Familias das persoas con parálise cerebral.

VALORACIÓN

DA ACCIÓN

Participaron na formación 44 persoas, a maioría delas familiares das persoas con parálise cerebral.

As avaliacións recibidas son moi elevadas, obtendo a acción formativa unha puntuación media de 9 sobre 10.

44 /

CONSULTAS ABERTAS ÁS PERSOAS CON PARÁLISE CEREBRAL, FAMILIAS E PROFESIONAIS DAS ENTIDADES ASPACE

OBXECTIVO

Coñecer, de primeira man, as necesidades, expectativas e prioridades das persoas con parálise cerebral, familias e profesionais sobre aqueles aspectos que lles afectan. O obxectivo é orientar o traballo da Federación

ASPACE Galicia ás necesidades reais dos grupos de interese da entidade.

DIRIXIDO A

Persoas con parálise cerebral, familias das persoas con parálise cerebral e profesionais das entidades ASPACE de Galicia.

ACCIÓNS REALIZADAS EN 2023

Durante o ano 2023 abríronse tres consultas aos grupos de interese da Federación:

• Detección de necesidades e priorización das mesmas para a planificación do traballo da Federación ASPACE en 2023.

67 respostas (14 persoas con parálise cerebral, 24 familias, 29 profesionais)

• Consultas sobre cuestións relativas ao catálogo de prestacións ortoprotésicas.

33 respostas (3 persoas con parálise cerebral, 23 familias, 7 profesionais)

• Consulta sobre os aspectos a mellorar na atención sanitaria ás persoas con parálise cerebral.

67 respostas (13 persoas con parálise cerebral, 39 familias, 15 profesionais)

/ 45
��

Apoio ás asociacións

BANCO DE PRÉSTAMOS DE AXUDAS TÉCNICAS E PRODUTOS DE APOIO

DESCRICIÓN

As persoas con parálise cerebral precisan de diferentes apoios para favorecer o seu grao de autonomía. Eses apoios poden ser das persoas (familias ou profesionais que os acompañan no día a día) ou pode ser a través de axudas técnicas e produtos de apoio.

No ano 2023, a Federación ASPACE Galicia crea co financiamento da Fundación LA CAIXA, un banco de préstamos de axudas técnicas e produtos de apoio, co fin de poder facer préstamos ás persoas que os precisen para favorecer a súa autonomía.

DIRIXIDO A

Persoas con parálise cerebral e familias das persoas con parálise cerebral.

VALORACIÓN

No ano 2023, adquirimos unha primeira remesa de axudas técnicas e produtos de apoio, que deron resposta a 19 persoas con parálise cerebral e ás súas familias.

46 /

PROXECTO MULLERES. Coñezo os meus dereitos, exerzo os meus dereitos

OBXECTIVO

O obxectivo xeral do proxecto é previr, detectar e reverter a discriminación e a violencia á que se enfrontan as mulleres con parálise cerebral a través de accións de información, formación, asesoramento e acompañamento para o exercicio dos seus dereitos.

DIRIXIDO A

Mulleres con parálise cerebral e/ou discapacidades afíns usuarias dos centros de Federación ASPACE de Galicia.

VALORACIÓN

Organizáronse 4 grupos de traballo dinamizados por A MORADA Cooperativa no que participaron 31 mulleres:

• AMENCER-ASPACE: 7 mulleres

• APAMP-Navia: 7 mulleres

• APAMP- MH: 6 mulleres

• ASPACE CORUÑA: 11 mulleres

O 12 de decembro organizamos un encontro final do proxecto en Santiago de Compostela.

A valoración das participantes é moi positiva. Valoran fundamentalmente poder dispor dun espazo seguro e confiable no que poder falar de temas e inquedanzas

/ 47
��
48 /
FINANCIADORES T ransparencia

COLABORADORES

/ 49
T. 986 879 967 | Praza 8 de marzo, 1, 1º. 36003 | Pontevedra
www.aspacegalicia.org
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.