Page 1

Ceip As Covas - Meaño

5º CURSO 2011-2012

1


APRENDEMOS TAMÉN QUE...

2


Índice Receitas de cociña

Cociñeir@s

Páx.

Introdución

Todas e todos

4

“Pan de Samaín de cabaza”

Roser Villar Moreno

6

“Vasiño de iogur con galleta María”

Rodrigo García Carro

8

“Torta caseira”

Mateo Meixús Souto

10

“Crepes recheos”

Eulogio Eiravella Mujica

12

“Salchichón de chocolate”

Santiago Reinal Giménez

14

“Pasteliños de coco cubertos de chocolate”

Leila Fernández Martínez

16

“Flan de café”

Óscar Meis Torres

18

“Magdalenas”

David Chan Radío

20

“Buñuelos de mazá”

Raquel Vallejo Besada

22

“Pizza caseira”

José R. Alfonso García

24

“Trufas de chocolate”

Lidia Dadín Gondar

26

“Bolos de leite”

Mauro Tacón Martínez

28

3


Introdución Durante este curso fixemos unhas receitas cada venres a primeira hora. Primeiro fixemos a receita do Pan Samaín de Cabaza feito pola profesora Roser alá polo mes de outubro e a última foron os bolos de leite feitos por Mauro no mes de maio. Aprendemos o que é a masa (peso) e a capacidade entre outras cousas. Tamén aprendemos a cociñar e os nomes de moitos útiles de cociña, aínda que tivemos un par de desastres!!! Agora mostrámosvos todas as receitas que fixemos ao longo de todo este curso.

Esperamos que vos gusten!!!

Os alumn@s de 5º

4


FACEMOS UN LIBRO DE RECEITAS DE COCIÑA

Cada alumn@ pasa a súa receita a formato Word.

Tamén elaboran as portadas, índice e introdución. Todas as receitas foron feitas na escola como queda constancia no libro. Os alumn@s aportaron os ingredientes para poder facelas e, na casa, con axuda da familia, buscaron a receita máis axeitada para facela na escola.

Dámoslles grazas a todas as familias pola súa colaboración. Esperamos que o pasedes moi ben facéndoas!!

A profe

5


(receita da profe Roser)

28-10-2011

É unha receita de outono moi rápida e fácil de facer

INGREDIENTES • • • • • • • • • • • •

3 ovos 2 cuncas de azucre 235 gr. de cabaza cocida 1 vasiño de aceite vexetal 2 culleradas de vainilla 3 cuncas de fariña 1 culleradiña de sal 1 culleradiña de bicarbonato 1 culleradiña de lévedo en po 2 culleradas de canela ½ cullerada de noz moscada ¼ dunha culleradiña de cravo

ELABORACIÓN 1. 2. 3. 4. 5.

Bater os ovos nunha cunca e engadirlle o azucre, a cabaza, o aceite e a vainilla, as especias e os ingredientes secos. Mesturar todo moi ben co batedor. Verter en dúas fontes para pan de molde e engraxa o fondo. Mete no forno a 165º entre 60 e 80 minutos. Desmolda e deixa arrefriar.

6


Pan de SAMAĂ?N Celebramos o SamaĂ­n cunha comilona!!!!!

Gustounos moito e repetiremos a experiencia.

7


Vasiño de iogur con galleta María Ingredientes • 1l. de leite semidesnatada. • 16 galletas María. • 100g de azucre moreno. • Un sobre de cuallada.

Elaboración 1. Introducir as galletas no vaso dunha picadora e trituralas ben. Quentar un vaso de leite xunto co azucre sen deixar que chegue a ferver. 2. Mesturar o resto do leite co po das bolachas trituradas e engadirlles o sobre da cuallada. Engadir este preparado ao leite co azucre coidando de remover moi ben cunha culler de madeira, ata que chegue a espesar lixeiramente. 3. Retirar do lume e encher os vasiños. Deixar arrefriar, e logo gardalos unhas 8 horas ata que espese. Acompañar, se queres, cunhas galletas. Rodrigo

8


VASIÑO DE IOGUR CON GALLETA MARÍA (Rodrigo 18-11-2011) Hai que escribir a receita para o noso libro

Eu son un gran mestre cociñeiro, nótase ben, non?

Con este mestre apréndese a cociñar moi ben, como supervisa todo!!!

QUE RICO QUEDOU TODO!!!

9


Torta caseira Ingredientes • 400g de fariña. • 100g de azucre. • 2 cuncas de leite. • 2 culleradas sopeiras de mel. • 2 culleradiñas de bicarbonato. • Manteiga para untar o molde.

Elaboración

1. Colocar os ingredientes nunha cunca grande e traballalos ata formar unha masa homoxénea.

2. Por último, para terminar coa preparación desta torta, teremos que untar un molde con manteiga e botar nela a masa procurando que non quede cheo (2-3 cm do borde) e cocelo no forno moderado sobre 25 minutos.

Trucos: Pinchar cun escarvadentes, e se sae limpo, xa está a torta.

Mateo Meixús Souto

10


TORTA CASEIRA Escribide ben e Con BOA letra!

Mateo 5º

A torta leva,.. Que ben o fago!

Que torta máis rica!

Un bo cociñeiro tamén sabe lavar a louza.

A torta quedou moi Ben feita.

11


CREPES INGREDIENTES • 400 gr. de fariña • ¾ l. de leite • 200 gr. de azucre • 4 ovos • Un anaco de bicarbonato • Un tarro de marmelada de amorodo sen pebidas. • 250 gr. de queixo relado.

ELABORACIÓN 1. Poñemos a fariña, o leite, o azucre, os ovos e o bicarbonato nunha cunca e batemos todo co batedor. 2. Acendemos o lume e poñemos unha tixola pequena cunha cullerada de aceite a quentar a baixa temperatura. 3. Botamos unha cullerada sopeira de masa na tixola e dámoslle a volta para que se faga polos dous lados. 4. Cando a sacamos do lume botámoslle marmelada e queixo relado e facemos un roliño. 5. Deixamos arrefriar un pouquiño nunha bandexa e comemos. Eulogio Eiravellella Mujica 3-12-2011 12


Temos un profe moi bo que explica de marabilla!!!

Que ben coci単a e guapo sae na foto!!!!

Como nos imos po単er!!!!

Que aproveite!!!

13


Salchichón de chocolate Ingredientes • 1 ovo. • 1 cunca de cacao en po. • ½ cunca de azucre. • 100 gr. de manteiga • 1 paquete de bolachas María Elaboración 1. Nunha pota no lume medio, derrete a manteiga, engade azucre, chocolate e finalmente o ovo. 2. Mestura ata obter unha pasta lisa, sen grans e retírala do lume. 3. Corta as bolachas en anacos pequenos e engade á masa. 4. Mestura todo. 5. Para darlle forma: estende un rectángulo de papel de plástico de enlear, bota a mestura e dálle forma cilíndrica. 6. Enrole ben co papel de plástico de enlear e pon no conxelador polo menos 2 horas.

Truco: Para que as bolachas queden ben desfeitas podemos usar un rolo de amasar. Santi 16-12-11

14


O COCIÑEIRO PROFESOR ESCRIBE NO ENCERADO E DITA AOS ALUMNOS

VOU MAREAR O SALCHICHÓN!!

A COMER!!!!!

15


PASTEL DE COCO 10-02-2012

Ingredientes 3 ovos. Un chisco de sal. 200 gramos de azucre. 3 limóns. 1 laranxa. Coco raiado. 100 gramos de chocolate para fundir.

Elaboración 1. 2. 3. 4. 5. 6.

Póñense a bater 3 ovos cun chisco de sal. Engadir: azucre, reladura de 3 limóns e 1 laranxa. Bater todos e engadir o coco pouco a pouco. Mesturar todo ben sen batedor ao final. Cocer trinta minutos a 200 grados. Cando saen do forno, botarlle o chocolate por riba. Leila Fernández Martínez 16


PASTEL DE COCO LEILA

Copiade ben os ingredientes

Metidiños no forno!!!! Que boa pinta teñen !!!

Mirade como metemos os dedos na boca!! É unha marabilla !!!!

17


Flan de café Ingredientes: • 1l de nata líquida • 300ml de café • 1 sobre de nescafé • 120gr de azucre • Flan royal de 8 racións 1 sobre

Elaboración: 1. Disolver o sobre de royal en 1/2 l de nata. 2. Noutro 1/2 l de nata mesturar o nescafé e o azucre. 3. Mesturalo todo e poñelo a ferver. 4. Verter o caramelo no molde. 5. Unha vez fervido bótase nun molde previamente caramelizado. 6. Deixar arrefriar e despois metelo na neveira.

Óscar 2/3/2012

18


FLAN DE CAFÉ

Así, con boa letra!

Lemos as medidas

Que ben o pasamos!

Remexemos os ingredientes.....

Como aínda está quente comerémolo na casa, seguro que ha de saber riquísimo!!!!

19


Magdalenas Ingredientes  1/4 de litro de aceite de oliva.  ¼ de kilo de azucre.  6 ovos.  350 g de fariña  1 sobre de lévedo en po

Elaboración 1. Bater os ovos co azucre e co aceite. 2. Mesturar a fariña co lévedo e engadir pouco a pouco a masa anterior. 3. Colocar os moldes de papel na bandexa do forno. 4. Ir botando a masa nos moldes de papel ata a metade. 5. Meter no forno a 175 grados durante 15 ou 20 minutos. David

20


A copiar sen faltas!

MAGDALENAS

Vistes como se cascan? Ferrán Adriá non o fai mellor ca min!!!

Dálle, dálle que vas ben!!!

Isto si que é cociñar!!! Comemos xaaaaa???

Como vedes están deliciosas e co cheiriño....comemos cunhas ganas !!!!

21


Buñuelos de mazá

INGREDIENTES:  2 culleradas de lévedo en po.  150 gr. de fariña  1 ovo  60 gr. de azucre  1 vaso de leite  2 mazás  ½ de aceite

ELABORACIÓN: 1. Mestura o lévedo coa fariña e o azucre. 2. Incorpora o ovo e bate ata obter unha masa suave. 3. Engade o leite e remove ben. 4. Mentres repousa a masa estona as mazás e córtaas. (Corta en rodelas de 1 cm. máis ou menos) 5. Incorpora as rodelas a masa e mestúrao todo. 6. Cunha culler recollemos as rodelas cunha porca de masa para introducilas en aceite quente. 7. Cando están ben douradas poñemos en papel absorbente.

Raquel Vallejo Besada 5º curso

22


BUÑUELOS DE MAZÁ

Atentos que vou ditar. David, escribe e non mires á cámara!

Escribide ben e que se entenda!!

Fritimos e fritimos,…

Non sei se me dedicarei á cociña ou á pintura. Coido que José R. quere dicirme algo importante! Elena Arzak ou Elena Yanchak??

Estamos desexando cravarlle o dente! Bo proveito!!!

23


PIZZA CASEIRA

Ingredientes: ¼ kg fariña 50 g de lévedo 1 ou 2 ovos 1 chorro de aceite 1 chisco de sal

Ingredientes de recheo: Tomate frito 150 g de xamón 150 g de queixo Queixo raiado

Elaboración: 1. Bátese o ovo. 2. Mestúrase a fariña, o lévedo de pan, o ovo batido, aceite e o sal nun bol. 3. Amásase, faise unha bola e deixase repousar ata que a masa medre. 4. Estírase a masa ao groso desexado. 5. Úntase a masa co tomate frito e cóbrese co queixo. 6. Poñemos o xamón york en anacos por enriba e logo o queixo raiado por riba a gusto de cada un.

24


Pizza vén do italiano, escribide con boa letra, eh!

Pizza caseira

Agora escoitade como falo “tuto bene” o idioma!!

Questa é a forma de lavorare a masa da auténtica pizza caseira!

Mama mía! Questo é pecato di cardinale! 25


Trufas de chocolate Ingredientes

• 12 sobaos • 1 tarrina de queixo Philadelphia. • Colacao • Virutas de chocolate

Elaboración 1. Esmagamos os sobaos coas mans e botamos nun bol. 2. Botamos o queixo Philadelphia e remexemos todo. 3. Botamos bastante Colacao ata que quede unha masa escura e consistente. 4. Facemos boliñas coas mans. 5. Espolvorexamos as virutas de chocolate por todo. 6. Metemos na neveira uns 15 minutos aproximadamente.

Lidia Dadín Gondar

26


TRUFAS DE CHOCOLATE

Que boíños son todos!!!

Nunca mellor dito, temos as mans na masa!!! Boliñas De chocolate

Quedou guai!!

A comeerrr !!

27


BOLOS DE LEITE Ingredientes:  ½ kg de fariña  100g de manteiga morna  ¼ de l de leite  3 ovos: 1 para bater e 1 para pintar  1 sobre de royal  1 pizca de sal

Preparación: 1. Botar a fariña nunha superficie plana, formando unha montaña, espolvorexar co levedo royal e a sal. Facer un buraco no centro e engadir o leite pouco a pouco, os dous ovos e a manteiga abrandada.

2. Para evitar que a masa se pegue espolvorexar coa fariña continuamente.

3. Coa masa resultante facer porcións en forma de boliños, pintar co ovo batido.

4. Preparar o forno previamente 20 min a 200º de temperatura.

5. Cocer os bolos durante 20 min a 175º. Mauro 11/05/20

28


Facede a letra igual de ben que a miña!!!

BOLOS DE LEITE Mauro

Leite da miña vaca “Luna”!! Xa veredes que boa!!!

Lidia non poñas esa cara, vai a estar boísimo!!!

Dámoslle á máquina e… a facer bolos coas mans limpiñas

Así quedaron.

Deste xeito os comemos. Que aproveite!! 29


FRASES QUE QUEDARON NO CORAZÓN!!

Podemos chupar as mans??? EU TROUXEN LEITE DA MIÑA VACA “LUNA”!

A MIN QUEDÁRONME MELLOR AS MAGDALENAS QUE A MIÑA NAI!!

ISTO DA COCIÑA NON É O MEU!!

PODEMOS REPETIR???

Mira que xeito ten co rolo!

Profe,cando imos á cociña??? 30

Libro receitas galegas  

Receitas de Galicia

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you