Page 1


Editorial…………………………………………………………………………………….…….. 1 O significado dos nosos nomes e apelidos……………………………………. 2 Día das Letras Galegas 2011 adicado a Lois Pereiro………………………. 8 Al otro lado del Atlántico……………………………………………………………….. 9 .atemáticas e papiroflexia……………………………………………………………….12 Clube de poesía: Loita, Guerra……………………………………………………… 17 Mitoloxía grega- crucigrama (Cultura Clásica sección bilingüe)….. 19 Celtic languages (Cultura clásica sección bilingüe) ………………………..22 O meu instituto……………………………………………………………………………… 23 A miña chegada ao instituto…………………………………………………………. 24 Tribos urbanas……………………………………………………………………………….. 25 As excavacións do Facho (Donón)……………………………………………..….. 26 800 aniversario da catedral de Santiago de Compostela……….…….. 28 Día da Muller Traballadora……………………………………………………………. 29 Uf, menudo ano este en Cangas ……………………………………………….…. 32 Odisea 2011…………………………………………………………………………………… 34 A nosa Biblioteca…………………………………………………………………………… 35 Clube de Poesía María Soliño(escolma)…………………………………….….. 37 Poemas do noso clube……………………………………………………………..…… 38 Comentario musical………………………………………………………………………. 40 Haikus……………………………………………………………………………………………. 42 O galego en Cangas soa a mar de ben…………………………………………. 44 Por que se di que o amor é cego? Unha historia de loucura………. ..46 Informática bilingüe………………………………………………………………….……..47 Torta de calacú………………………………………………………………………………. 48 Torta de queixo al forno………………………………………………………….…….. 49 Cocteis sen alcohol: cincenta……………………………………………………………50 San Francisco…………………………………………………………………………….…… 51 Ying Yang: papiroflexia para amateurs.………………………………….……… 52 Acordes………………………………………………………………………………………….. 53 Pasatempos……………………………………………………………………………………. 54


EDITORIAL Velaquí estamos. Arando Cedo loita por resistir e agroma un ano máis grazas a vós. A Redacción compilou unha escolma dos vosos traballos e actividades ao longo do curso como ven sendo habitual. Tod@ s xunt@s intentamos darle un pequeno pulo á nosa lingua, que está a pasar momentos decisivos, unha fase na que o seu futuro está nas vosas mans. Permitídeme recordar que as linguas, se non se falan, desaparecen e ninguén de nós quere que o galego sexa unha curiosidade histórica semiesquecida. Para conservar a nosa identidade imos ter que facer un esforzo. Podemos falar cos amigos, facer a compra, twittear, ligar, cotillear ou o que queiramos en galego…ou en “morracense” (galego falado nesta peculiar península, que soa de marabilla, sobre todo cando o fala a xente nova) sen deixar de ser “cool”, modern@s, vaia. Precisamente neste número recollemos un artigo que mistura o influxo da linguaxe do mar no galego da zona coa gráfica “moderna” da estética dos manga. Tamén incluimos nesta edición un artigo en castelán redactado por Valentina, a nosa axudante de conversa estadounidense que, por certo, xa tiñamos bastante “galeguizada” ao longo deste curso e tamén figuran algúns traballos en inglés para comprobar se (tanto alumnado como profesorado) lle tendes sacado proveito ás sesións de clase da lingua de Shakespeare. Igualmente, aportamos o noso granciño de area a favor de Xapón (Nihongo) polo mal que o teñen pasado este ano en particular cos desastres naturais, achegándonos á súa cultura. Pero a nosa intención é que, ademais de ler, ides ter que discurrir, escoitar (na edición dixital, claro), encartar papel, colorear, adiviñar, recortar, cantar ou rapear en galego. Daquela, esta Redacción pretende que participedes activamente desfiando cada páxina, cada actividade, aínda que sexa en verán (sempre podedes levar a revista á praia) Bueno, malo será que non rematedes antes. Resumindo, con tarefas cotiás e sinxelas como as que propoñemos e outras moitas podemos asumir a responsabilidade de tod@s de manter a nosa cultura, tradicións, patrimonio lingüístico,… todo o que representa a nosa identidade galega, algo que non pode pasar de moda porque non é ningunha moda.


O SIGNIFICADO DOS NOSOS NOMES E APELIDOS Decidimos facer un traballo en grupo, buscar de onde procedían os nosos nomes e apelidos . Algúns e algunhas de nós quedamos abraiados/as da procedencia, unhas veces porque era demasiado bonita, outras veces podemos dicir que “aceptamos barco como animal acuático”. Foi un tempo ben aproveitado e este é o resultado, ben este é un resumo. A disciplina lingüística que se ocupa do estudio dos nomes propios denomínase Onomástica, e divídese en Toponimia e Antroponimia, que estudian os nomes de lugar e os nomes de persoa respectivamente. 1. A ORIXE DOS NOMES En latín a denominación persoal estaba formada por tres palabras: praenomen (o nome individual), nomen (que aludía á estirpe ou gens do individuo) e cognomen (baseado na familia ou rama da gens): Caius Iulius Caesar, Decimus Iunius Brutus, etc.. Ese sistema vaise impoñendo na Gallaecia xuntamente coa implantación da lingua latina, de xeito que a fins do século III xa substituíra totalmente o sistema antroponímico prerromano. A extensión do cristianismo levou á introdución de nomes de procedencia bíblica, apostólica, de mártires, ou outros de significación relixiosa (Manuel, Martiño, Xoán, Pedro, Isabel, etc.). Cando desaparece o Imperio Romano e se establece a monarquía sueva (séc. V) comeza a substituírse ese sistema polo xermánico, caracterizado por un nome individual, composto habitualmente por dous elementos (por exemplo Rodrigo < hroth “gloria, sona, fama” + ric “señor, dominador, poderoso”; Rosendo < hroth “gloria” + sinths “dirección”). Como regra xeral os nomes propios de persoa proceden de substantivos comúns ou de adxectivos: Pedro do lat. Petrus („pedra‟); Alba do lat. alba („branca‟), etc. En canto á lingua de procedencia, distinguimos catro orixes principais: latina, hebrea, xermánica e grega. 2. O SIGNIFICADO DOS NOSOS NOMES Adrián: procedente do latín,co significado de “nacido na Hadria”,Venecia. Carmen: orixe hebrea, é o topónimo dun monte situado entre a fronteira de Galilea e Samaria Cristina: é unha derivación do nome de Cristo Guadalupe: vén do árabe ,co significado de “río de croios negros”. Laura: vén do latín , co significado de “flor, triunfo, coroa de loureiro”.


María: procedente do hebreo, co significado de “señora”. Miriam: vén do hebreo, co significado de “ señora”. Noel: a través do francés, Noel procede do latín Natale “día de nadal” ou “día do nacemento”. Noemí: procedente do hebreo, co significado de “a miña ledicia “. Xesús: procedente do hebreo, co significado de “salvación”. 3. A ORIXE DOS APELIDOS Acostuma facerse a clasificación dos apelidos en tres grandes grupos: os patronímicos (procedentes do nome do pai), os toponímicos (procedentes de nomes de lugar) e os procedentes do léxico común (nomes de oficios ou características físicas da persoa). Os patronímicos xorden da onomástica xermánica porque, se facía necesario distinguir persoas que levaban o mesmo nome. Xa desde o século IX se recorreu aos patronímicos (derivados do nome do pai) formados mediante o sufixo -ez/-es/-is, co valor de “fillo de”. Este costume dábase maioritariamente entre a nobreza e continuou usándose durante toda a Idade Media: sérvenos como exemplo deste uso o caso de Afonso Reimúndez (1105-1157), fillo de Reimundo de Borgoña e de dona Urraca, (despois sería rei de Galiza, de León e de Castela) . Pouco máis tarde comezou a usarse tamén o nome de pía acompañado dun sobrenome que podía proceder do lugar de orixe, do oficio ou dunha característica física da persoa, sistema habitual entre as xentes que non pertencían á nobreza (Xoán de Cangas, Pero Ferreiro, Diego Gago –que pronuncia mal ou tatexa-). No século XIX establécese o sistema que estivo vixente ata o ano 2000 e que impón dous apelidos para cada persoa: o primeiro do pai seguido do primeiro da nai. Na lexislación actual os pais poden escoller a orde dos apelidos para as súas fillas e fillos. Os rexistros oficiais e os particulares que levaba a cabo a Igrexa castelanizaron en moitas ocasións os nomes e os apelidos galegos, da mesma maneira que se fixo cos topónimos (así os Outeiro convertéronse ás veces en Otero; os Soutelo en Sotelo, os Teixeiro en Teijeiro, etc.). O franquismo (19361975) prohibiu explicitamente o uso de antropónimos non casteláns, o que explica que ata datas moi recentes o número de persoas con nomes galegos era moi escaso. 4.

O SIGNIFICADO DOS NOSOS APELIDOS

Adán: pertence ao tipo de apelidos impostos pola igrexa católica. Álvarez: pertence aos apelidos do nome do pai. Bacelar: pertence aos apelidos procedentes de topónimos. Procede de bacillare, abundancial co sufixo -ar de bacelo, refírese a un terreo plantado de vides.


Bermúdez: patronímico, fillo/a de Bermudo, Vermudo. Cordeiro: pertence aos apelidos que proceden da profesión desempeñada polo pai, relacionado con corda. Costas: pertence aos apelidos procedentes de topónimos, referido a un lugar cerca do mar. Crego: procedente do latín tardío clericus, do grego klercos “herdade, lote”. Entenza: procede posiblemente do topónimo Entenza e A Tenza procedentes do latín tenentia co significado de posesión, propiedade, en alusión a un territorio posuído e administrado do que se cobraba en rendas. Fernández: patronímico, fillo/a de Fernán. Ferradás: toponímico. Pode ter relación con ferrada (recipiente) ou con ferrado (medida de superficie ou capacidade). Fontán: pertence aos procedentes da toponimia, do latín fonte. Hermelo: seguramente sería Ermelo e Ermo, procedente do latín eremus, co significado “deserto” Juncal: apelido castelanizado na pronuncia actual (debe corresponderse coa palatal fricativa que se grafía x), pertence aos apelidos procedentes de topónimos, é, a súa vez, un abundancial de xunco. Malvido: apelido moi frecuente no Morrazo, seguramente do latín malvas co sufixo -itu, co significado “lugar de malvas”. Martínez: pertence os apelidos procedentes do nome do pai, fillo de Martín. Moreira: seguramente de orixe indoeuropea, relacionado coa raíz mor-, co significado de monte, roca. Nerga: pertence aos apelidos procedentes de topónimos, seguramente de orixe prerromana. Nogueira: pertence aos apelidos derivados dun fitotopónimo, seguramente desde un nome de lugar. Ortega: seguramente procede, a través do latín da voz grega ortyx, co significado de “galinácea semellante á avetarda, de tamaño algo maior que unha perdiz”. Otero: apelido castelanizado, sería Outeiro, procede do latín altarium, co significado de “elevación do terreo illada e de pequenas dimensións”.


Padín : procede do nome propio latino Palatinus, moi común na Idade Media, co significado de “guerreiro cristián loitador contra os mouros”. Tamén é un topónimo. Piñeiro: toponímico, relativo á árbore do mesmo nome. Portela: toponímico, de orixe latina, porta, co significado de “paso entre montañas”. Refojos: apelido castelanizado procedente de foxo ,topónimo de orixe medieval que ten a sua orixe na expresión medieval foguium lupale (excavación para cazar lobos),moi frecuente na toponimia rural.Neste caso engádese o prefixo re que indica reiteración. Rial: topónimo de orixe latina, de regale, co significado de real. Hai outras interpretacións que apuntan a Rigale, co significado “ o que rega”. Rodal: posiblemente apelido derivado de roda, o mesmo que Rodeira, co significado de “pegada que deixan no camiño as rodas”. Rodríguez: patronímico, filla/o de Rodrigo. Schmidt: apelido de orixe xermánica, co significado de “ferreiro”. Soliño: apelido de orixe latina, pode ter a mesma orixe que o substantivo do léxico común “soliño”, que significa temón que une a grade co xugo, ou tamén, corda ou pau que serve para enganchar unha xugada de reforzo ou para tirar do anciño. Vidal: procede do latín vitalis, relacionado con vita que significa “vida”. Villar: Vilar é a forma correcta na actualidade, toponímico, do latín villar, co significado de “aldea pequena”. 6. MAPAS DE DISTRIBUCIÓN DOS APELIDOS Para facer este traballo buscamos información en libros ( Lingua Galega e Literatura. 1º Bacharelato, Toponimia de Galicia, Consultorio dos nomes e apelidos galegos, etc.), tamén foron moi interesantes páxinas web, destas destacariamos http://sevgis.cesga.es/website/apelidos/ onde está a información dos mapas da distribución e frecuencia dos apelidos dos que reproducimos só algúns. Noemí, Cristina, Adrián, Lupe, Laura, Noel, Adrián, Miriam, Carmen, Chus.


DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011 ADICADO A LOIS PEREIRO Nace en Monforte no ano 1958 e morre na Coruña no 1996. A súa poesía, caracterizada pola intensidade vital e as formas contemporáneas, representa moi ben a contracultura e a eclosión creativa dos 80. Os seus poemas son descarnados, intensos, directos, expresionistas. “Quen toca este libro, toca un home”: esta frase, doutro poeta, poderíaselle aplicar perfectamente a Lois Pereiro. Tocado pola desgraza persoal en forma da enfermidade fatal que lle pon data de caducidade, encontra unha vía de escape na poesía: “Penso que a poesía é unha forma de fuxir da barbarie”, confesaba nunha entrevista. Poeta, tradutor, redactor de guións para a televisión ou letrista para Radio Océano, colabora en varias revistas culturais como Luzes de Galicia, e participa en libros colectivos de poesía cos poetas máis coñecidos da cidade da Coruña nos anos 80. En vida é autor de 2 libros: Poemas 1981/1991 (1992.) Poesía última de amor e enfermidade (1995) Poemas para unha loia (1977). Recopilación de poemas soltos, publicado postumamente. A Real Academia Galega decidiu adicarlle o Día das Letras Galegas do 2011; isto permitiu redescubrir a figura e a obra do escritor máis actual dos escollidos ata o momento para conmemorar esta efeméride. Para rematar, gustaríame facelo cunha cita que o propio Lois Pereiro inclúe a modo de prólogo do seu último libro publicado en vida: (Pouco antes de morrer, Raymond Carver escribiu o inicio dun poema: “¿E conseguiches o que querías desta vida? Conseguino, si. ¿E que querías? Considerarme amado, sentirme amado na terra”. Eu tamén podería dicir o mesmo...)

M. A.


Al otro lado del Atlántico… por Valentina Postolache

El estado que ha sido mi hogar durante gran parte de mi vida está en la región conocida como New England. Para los que no hayan oído mis locuras en clase, se llama así porque era una de las primeras colonias británicas en el Nuevo Mundo. Los estados que forman parte de esta zona son: Connecticut, Rhode Island, Massachussetts, Vermont, New La región en rojo es New England Hampshire y el mío, Maine. A diferencia de las zonas urbanas como Boston o New York, en Maine los árboles son más altos que la mayoría de los edificios y en algunos condados hay más ciervos que gente. Muchas ciudades en Maine, como Portland, la mía, están al lado del mar y tienen un paisaje muy parecido al de Galicia. Al estar tan cerca del mar, se come bastante marisco y pescado. Las langostas de Maine tienen fama en el resto del país y si aparece una langosta dibujada por alguna parte, lo más probable es que tenga que ver con Maine. Es nuestra mascota. Vengo de un estado muy tranquilo y agradable que se parece bastante a Galicia, aunque hay ciertas diferencias que llaman la atención. Idioma Parece demasiado obvio poner el idioma como la primera diferencia, pero hay algunas curiosidades sobre el papel del idioma en Maine. En mi estado lo más común es que alguien hable solo un idioma. Eso puede sorprender bastante porque aquí ser bilingüe es lo típico, pero allí es una idea exótica y poco esperada. Eso no quiere decir que no haya mucha gente que hable otro idioma. Después del inglés, la mayoría de los inmigrantes hablan francés porque son de la parte francófona de Canadá. Por desgracia se habla poco español en Maine porque hay muy pocos inmigrantes hispanos. Mapa de los seis estados de New England

Horario Allí se 'come' en el instituto pero, claro, eso puede engañar. La comida más grande del día es la cena que se tiene alrededor de las 6 de la tarde. Entonces en el horario escolar teníamos unos cuarenta y cinco minutos para comer algo más o menos el tamaño de una cena pequeña aquí. No existe la hora de la siesta y (casi) todo está abierto de las 9:00h a las 17:00h. Restaurantes, obviamente, están abiertos más tarde, pero en muchos casos, por lo menos en ciudades pequeñas como la mía, a partir de


las 22:00h todo está cerrado. Parece una diferencia bastante drástica, pero cuando lo vives, no la notas. Además, al estar más al norte, no tenemos tantas horas de día como hay aquí. En el invierno ya es de noche a las 16:30 o 17:00h. Con respecto al horario, lo único a lo que todavía no me he acostumbrado al 100% es la cerradura general el domingo. Entiendo las muchísimas razones culturales, tradicionales, etc. para tenerlo como un día de descanso, ¡pero para mi sigue siendo muy raro! Es cierto que allí algunos locales y tiendas están cerrados los domingos pero hay muchos que no y dos de los más importantes: los supermercados y las farmacias. Siempre olvido comprar algo necesario durante la semana, no me doy cuenta hasta el sábado por la noche y tengo que esperar hasta el lunes. Bah! Lo entiendo, pero para alguien no tenga familia ni muchos amigos aquí, los domingos suelen ser bastante aburridos. Especialmente sin comida. High School estereotípico Sí, hay los jugadores de fútbol americano que suelen salir con las animadoras. A mi no me gustan mucho los estereotipos entonces no voy a decir que casi todas las animadoras son tan tontas como parecen en las películas (pero voy a seguir pensándolo). Al final del instituto siempre hay un baile de despedida que se llama Prom y es una ocasión muy celebrada. Las chicas van a la peluquería, se compran el vestido semanas (o meses) antes y, lo más importante: se hacen la manicura y pedicura. Los chicos llevan traje y compran un corsage (pulsera de flores) para la chica que van a acompañar al baile. Se cena allí y después se baila hasta las tantas. Bueno, “hasta las tantas” en el horario norte americano es hasta la 1 o quizás 2:30 si es una fiesta privada. Pero volviendo al tema, Prom es una tradición importante ¡Sacar fotos antes de ir a Prom! como ir de toga y birrete para la graduación del instituto; una despedida a tus últimos años de adolescencia. Invierno ¡Nieve! Algo que echo de menos cuando no la tengo, pero después de una semana ya estoy harta. Maine, como el resto de New England, tiene la suerte o la maldición de tener bastante nieve cada año. Empezando tan temprano, desde finales de octubre hasta marzo o abril, vivimos en un verdadero Winter Wonderland. Debido a la enorme cantidad de nieve que tenemos en el invierno, ciertas actividades son muy populares en Maine: snowboarding, esquí, snowmobiling, patinaje sobre hielo al aire libre e ir en trineo para los que no son tan aventureros. A veces nieva tanto que no se puede ir a la escuela y Disfrutando de la nieve


esto se anuncia por televisión. Tengo muchos recuerdos agradables de despertarme a las 7, encender la tele y esperar las noticias. Lewiston public schools cancelled. Van en orden alfabético y si cerraras los ojos por un instante, podrías perderlo y tener que esperar hasta que lo emitan de nuevo. Old Town public shcools cancelled. El ansia crece. Ya estaría pensando en lo horrible que será andar con más de medio metro de nieve y como tendría que ponerme otro par de pantalones para no morirme de frío. Si no dicen el nombre de mi ciudad ahora... Portland public schools cancelled. Pura alegría. No hay clase y mi cama me espera. Siempre teníamos que recuperar los días en junio, pero merecía la pena. Es parecido a cuando te despiertas todo nervioso pensando que vas a llegar tarde al instituto y después te das cuenta que no hay prisa ninguna porque es sábado. The little things in life. La verdad es que después de darte tiempo para acostumbrarte, te das cuenta que en el fondo, no tenemos tantas diferencias. Da igual el sitio donde estés; si es el pueblo donde has nacido y has pasado toda tu vida o un sitio que no sabías que existía, lo más importante es tomarlo con calma y afrontarlo con una mente abierta. Ya verás que pronto no vas a querer irte. Las fotos en orden: http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/6/64/800pxMap_of_USA_highlighting_OCA_New_England_Diocese.png http://wikitravel.org/upload/shared/c/c3/Map-USA-New_England01.png http://farm4.static.flickr.com/3232/2674246309_e820106380.jpg http://i.pbase.com/u32/pstewart/upload/21009521.prom1.jpg http://farm5.static.flickr.com/4071/4244631642_ab47bedca9.jpg

Valentina no Clube de Conversa en inglés con profesores/as aplicad@s.


Matemáticas e papiroflexia Qué é a papiroflexia A papiroflexia é a arte de facer figuras recoñecibles empregando papel plegado. Segundo a corrente máis ortodoxa soamente está permitido dobrar, nada de pegar nin cortar. Aínda que as normas nos parezan restritivas, as posibilidades que nos ofrece a papiroflexia son case infinitas. Os deseños máis populares son, sen dúbida, a paxariña de papel, o gorro e o barquiño, así como algún que outro avión. Estes deseños son moi simples, pero nas últimas décadas, papiroflectas de todo o mundo desenvolveron técnicas complexas para facer modelos con todo luxo de detalles. Un pouco de historia A papiroflexia xurde en Xapón. A palabra xaponesa para papiroflexia é origami. A súa escritura está composta por ori que significa dobrar e kami que significa papel. A historia da papiroflexia comeza xunto coa do papel, en China, alá polo século I ou II, e chega a Xapón no século VI. Nun principio, era un divertimento das clases altas, pois eran as únicas que podían conseguir papel, que era un artigo de luxo. Os guerreiros Samurai intercambiaban regalos adornados con noshi, anacos de papel dobrados en abanicos de varias formas, suxeitos con cintas de carne seca. Hoxe en día mantense a expresión origami tsuki, que quere dicir “certificado”, ou “garantido”, e que deriva do pregado especial co que se preparaban os diplomas que recibían os mestres das cerimonias de té. Dito pregado garantía que non se puidera volver a dobrar na súa forma orixinal sen facer novas cicatrices ó papel. No período Muromachi (1338-1573), o papel era un produto máis accesible, e xurdiron certos adornos de papiroflexia con significados distintos que revelaban, por exemplo, a clase social de cada persoa, de maneira que, segundo o distintivo de papiroflexia que levase un individuo, podíase saber se


era un granxeiro, un guerreiro samurai ou un seguidor de tal ou tal mestre filósofo. A “democratización” da papiroflexia deuse no período Tokugawa (1603-1867). Dous libros recollen as primeiras instrucións de dobrado: Sembazuru Orikata (Cómo Dobrar Mil Grullas) en 1797, e Kan No Mado (Xanela aberta á estación de inverno), de 1845. Non soamente se dobrou en Xapón. Os musulmáns tamén practicaron a papiroflexia, e se non fora polos Reis Católicos e o Cardeal Cisneros, seguramente a tradición de dobrar papel tería moita máis repercusión nos nosos días. A paxariña de papel (ou paxara pinta, chamada así porque cando é dobrada con papel de colores distintos por ambas caras aparece a cabeza dunha cor distinta ó corpo) forma parte da cultura popular española dende, polo menos, o século XVII). O gran impulsor da papiroflexia foi o universal bilbaíno Miguel de Unamuno. Tras visitar a Exposición Universal de París de 1889, xunto á inauguración da Torre Eiffel, Unamuno descobre unha exposición de origami de Xapón. Cando volve, segue a dobrar paxariñas como tiña paor costume, segundo el cocotoloxía, creando a unha escola propia de plegadores. O patriarca da papiroflexia moderna é o xaponés Akira Yoshizawa, unha lenda viva dos mestres orientais de Origami. É a Yoshizawa a quen debemos a simboloxía actual das instrucións de pregado Pajaritas de rima, de modelos (Sistema Yoshizawa-Randlett, cantares de papel; 1956). Isto foi sen dúbida a aportación máis escarceos de esgrima, importante á papiroflexia dende a invención que apenas roza piel. do papel. Ya de niño me hacía mis juguetes, Señor; gozaba cada día jugar al creador. Pajarita de escuela -y qué duro era el banco!su recuerdo me vuela triangulado y blanco. Aleteo de nido, patrón de sencillez; no te dará al olvido el Dios de mi niñez. Poema nº 1694 - “Cancionero”


Unha rama importante da papiroflexia moderna é a papiroflexia modular, ou “unit origami”, na que se dobran varias pezas sinxelas para encaixalas (sen pegalas) co fin de formar un motivo case sempre xeométrico.

Relación da papiroflexia coas matemáticas A mellor maneira de darse conta da relación das matemáticas e a papiroflexia é desdobrar un modelo e observar o papel. Aparece ante os nosos ollos un complexo de cicatrices que non son outra cousa que un grafo matemático que cumpre unhas certas regras. E de feito é posible, dada unha figura que queremos representar, construír un grafo que nos proporcione a mesma, con case tanta exactitude como queiramos. Isto forma parte dunha teoría (Axiomas de constructibilidade) paralela á clásica de “Construción con regra e compás”.


Noutros casos, coma a papiroflexia modular para construír poliedros e figuras xeométricas as matemáticas afloran de xeito moito máis sinxelo.

“As matemáticas non soamente posúen a verdade, tamén a suprema beleza, unha beleza fría e austera, coma a da escultura, sen atractivo para a parte máis feble da nosa natureza”. Bertrand Russell Trini Pérez


CLUBE DE POESÍA LOITA Sangue, derramado polos mentireiros e os arrogantes. Sangue, que corre en ríos polas rúas. Sangue, negro, dos que escurecen a nosa vida. Sangue, vello por tantos anos de traballo. Sangue fervendo dos que se defenden con furia. Sangue, que brota dun costado da nosa nai. Sangue, Fresco, das feridas da nosa terra. Sangue, dos que seguen en pé loitando polas súas ideas. Sangue, do soldado que nunca esqueceu a súa familia. Sangue, iso é o que mancha as vosas mans, asasinos, soamente, sangue. Aitor Outeiral Currás 2º Bach D


Guerra un día gris unha noite negra aquí non chega a luz aquí o meu medo medra. nesta terra erma so a traizón prolifera, asasinos e covardes, predadores e presas. uns ollos que non ven máis que a sombra negra, a morte en persoa ante nós se presenta. un lóstrego escuro unha pinga de sangue seco unha besta famenta xorde das entrañas da terra. o seu nome, cólera, o seu apelido, envexa, dous sentimentos que só no corazón dos homes, latexan. campos de mortos nos que chove cinza negra, regueiros de sangue derramados con violencia. o cadáver dun amigo tirado na trincheira, canta morte sen sentido, o medo no aire se cheira. matar ou morrer que idea máis perversa pero inda que non o queiramos facer soamente somos peóns sobre a mesa. Aitor Outeiral Currás 2º Bach D


MITOLOXÍA GREGA (CULTURA CLÁSICA/ SECCIÓNS BILINGÜES)

1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. 13. 14. 15. 16. 17. 18. 19. 20. 21. 22. 23. 24. 25. 26. 27. 28. 29. 30. 31. 32. 33. 34. 35. 36. 37. 38. 39. 40. 41. 42.

Goddess of cooking, architecture and the home. Goddess of easy giving birth. God of the grape harvest. Queen of the underworld. Founder of Mycenae, killed the gorgon Medusa. Founder of Athens, killed a Minotaur. Goddess of love and sexuality. God of war. Mistress of animals. Legendary reptile, king of serpents, petrifies. Home of the Spartans. Sea monster with four eyes, six necks, twelve legs. Daughters of Zeus. God of technology, blacksmiths etc. Goddess of the harvest. Messenger of the Gods. Eagle who devoured the intestines of the Titan Prometheus before Zeus could punish him. Protector of Athens. Sea nymphs, daughters of Poseidon. Bird women, lured sailors. Pipe- playing poets. God of death. Water serpent with many heads. God of the sun. One of the three gorgon sisters, the most beautiful of the three. She is mortal. Primordial Titan who supported the heavens. Half man, half bull. Primordial Titan father of Zeus, Poseidon, Hades etc. Multiheaded dog, pet of Hades. King of Argos city along with 16 others. Children of Gaia. Lion’s body, snake’s head tail and two heads, one of a lion and the other of a goat. One of the gorgon sisters, the best of the three. She is immortal. Half man, half horse. Giant with one eye on his forehead. Son of Zeus, demigod. Titan who stole the primordial fire from Zeus. Descendants of Gea and Uranus. God of sexual love and beauty. Horrible monster with swords for arms. Goddess of marriage and women, wife of Zeus. King of Corinth city who killed the chimera.


43. 44. 45. 46. 47. 48. 49. 50. 51. 52.

Monster who turned people to stone with one look. Three monsters who have hundred of arms, they are descendants of Gea and Uranus. God of the north wind. Hercules’s winged horse. Cyclops who are the son of Poseidon. The first women created by the Gods. Creature with a lion’s body and a human head. Horrible marine monster which lived near Scylla. Creature with body of a lion and the head and wings of an eagle. Land dragon of Delphi.

Intenta solucionar este encrucillado. Se non estás moi post@ en mitoloxía grega, aí vai unha axudiña. Velaquí tés as respostas. Escolle ben, sen présa. Boa sorte!

Pandora

Satire

Teseo

Minotaur

Griffin

Nereids

Ares

Hercules

Esfinge

Erthon

Basilisc

Titan

Polifemo

Demeter

Scylla

Spectre

Thifon

Muses

Hefesto

Belerofonte

Gorgon

Sparta

Hermes

Hecatoncheires

Hera

Artemis

Athena

Pegasus

Eros

Aphrodite

Sirens

Pandora

Prometeo

Perseo

Tanathus

Caribdis

Centaur

Dionysus

Helius

Pithon

Euriale

Hestia

Atlas

Cerberus

Giants

Rea

Argos

Medusa

Chronos

Phersephone

Chimera

Hydra

Miguel Rodríguez Martínez e Anthony Smith 3º ESO A


O MEU INSTITUTO Imaxineino distinto, nalgúns casos é mellor, noutros peor. O noso titor do ano pasado deunos un discurso que me pareceu brillante. -“Algúns faredes a carreira máis rápido, outros estancaranse nos cursos, o importante é o final, non deixedes de intentalo xamais”. Acostumada a ser dos maiores, a ter todos os dereitos e liberdades, tiven que mentalizarme. Souben dende o principio que todo sería distinto. Que pasaría de todo a nada nun momento. Ese curso (6º) foi o mellor, excursións cada dous meses,…e agora xa non teño nada diso. Tiven a mala sorte de encontrarme na peor clase do instituto. Os profesores soen dicir a tódalas clases que son a peor, pero no noso caso é certo. Desmotiva. O malo é que nunha mesma clase non temos os mesmos dereitos, é inxusto. Pero no fondo este Centro gústame, é como unha pequena cidade e gústame formar parte desta comunidade. Síntome ben. Son unha máis e sinto que aquí hai un lugar para min.

Paloma López Vidal

1º ESO B


A MIÑA CHEGADA AO INSTITUTO Cando cheguei a este instituto, tiña moito medo ao que me tiña que enfrontar. UNHA VIDA NOVA. Deixei moita xente á que quería atrás, e foime moi difícil adaptarme, xa que eran moitos os cambios. Sabía que este non era o meu sitio. Todas as persoas que estaban comigo na clase, e que ao principio eran compañeiros, ao longo do ano foron convertíndose nos meus amigos. Durante o curso tropezei varias veces no camiño, pero iso non me impediu seguir adiante e deixar de facer o que creía que quería. O curso foi moi difícil, pero pouco a pouco ía mellorando, e comezaba a adaptarme… Agora, xa case nove meses despois, decateime de que realmente, é éste o meu sitio, de que quero moito á xente que está aquí e de que o traballo que estou facendo aquí é un bo comezo para o meu futuro.

Inés García Bastón

1ºESO B


AS EXCAVACIÓNS DO FACHO (DONÓN) A palabra “facho” significa en galego antorcha, e o término “donón” era unha palabra celta que significaba recinto de pedra. O Monte do Facho está situado na parroquia de Hío na chamada Costa da Vela ou Soabela a escasa distancia do punto máis Occidental da península do Morrazo, o Cabo Home. Seu magnífico emprazamento xeográfico e estratéxico fixo que desde remotos tempos estivese habitado por varias civilizacións. Seus escasos 160 metros sobre o nivel do mar, non son problema para que desde o alto se puidera divisar o Cabo Silleiro en Baiona, pasando por toda a ría de Vigo, as Illas Cíes que parecen desde aquí a tiro de pedra, a ría de Pontevedra, toda a Costa da Vela, Finisterre e sobre todo o inmenso Océano Atlántico. Non é raro, polo tanto, o emprazamento de antigos poboados e tamén polo seu encanto natural, de templos relixiosos. Unha vez chegados aos pés do promontorio vemos unha calzada de pedra polo que se ascende ao alto. Nela apréciase a rodaxe das carruaxes sobre as súas pedras.

Arriba veremos as escavacións do poboado castrexo chamado Beróbriga. Pódense apreciar case 50 castros circulares, dos cales uns cantos adquiren medidas inusuais entre 5 e 7 m. de diámetro pero sobre todo un senfín de pedras derramadas por toda a ladeira proveniente das vivendas e murallas que rodeaban o recinto. Dise que incluso antes do poboado castrexo se situaba un moito máis antigo quizá do século X ao VII a.C. habitado polos pobos das comarcas chamados Helleni, cuxa extensión era xigante. Posteriormente foi habitado polos pobos castrexos do século IV al/a.C. aproximadamente. O abandono do castro produciuse sobre o século I a.C. debido a marcha dos seus habitantes a outros emprazamentos máis “cómodos” para a caza e a pesca. Xa no século II virían os conquistadores romanos que non serían capaces, de que a poboación lugareña deixara de adorar ao seu deus, chamado Bero Breus, despois de máis de catro séculos.


Asociado a súa divinidade xurdiu aquí, sobre o século III, o que foi un dos templos de peregrinación relixiosos máis antigos da península, semellante só a outros distribuídos por zonas atlánticas e con influencias celtas. Así o xustifican as 170 aras topadas adicadas ao deus Bbero Brreus, que ata o momento na escavación era descoñecido. A existencia do templo é grazas ao descubrimento dunhas columnas pero sabemos da súa existencia por ese “bosque de aras” descuberto. A maioría destas aras poden verse na actualidade no Museo Arqueolóxico de Vigo situado no Pazo de Quiñones de León, en Castrelos. A influencia do templo chegaba a case todo o NO peninsular. Este centro espiritual foi descuberto polos arqueólogos José Suárez e Thomas Schattner. No máis alto do cumio existe unha garita de vixilancia circular de muros e bóveda de pedras. Aínda que o seu aspecto actual é do século XVIII, as súas bases forman parte dun antigo faro romano ou quizá prerromano, que formaba parte do sistema de aviso defensivo costeiro. Nel se facía unha fogueira de palla mollada (facho) para que soltara unha gran nube de fume e puidera ser divisado por moitos puntos da costa galaica. Encontrámonos pois, ante un impresionante conxunto histórico datado con certa seguridade, desde o século X a.C. e que perdurou ata o IV d.C. Nin máis nin menos que 1400 anos de asentamentos civís e relixiosos. A área do Monte do Facho e Cabo Home encóntrase catalogada como espazo protexido dentro do espazo Red Natural 2000 e ultimamente se está falando da súa posible inclusión dentro do Parque Natural das Illas Atlánticas.

Este ano @s estudiantes de intercambio de Nantes, Francia visitaron o Facho. Foron andando ata Donón.


800 ANIVERSARIO DA CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Neste ano 2011 commemórase o octavo centenario da consagración da catedral románica de Santiago de Compostela, feito recoñecido como de excepcional interés público polo goberno de España. Neste sentido, a Ley 49/2002 sobre incentivos fiscales ao mecenazgo permite que un órgano interadministrativo, como é o consorcio de Santiago, lidere o programa de apoio ao evento. Este programa de apoio concrétase nunha serie de incentivos e bonificacións fiscais, que se aplicarán ás empresas e identidades privadas que participen como patrocinadores no desenvolvemento da conmemoración. Así, o programa de beneficios fiscais fomenta a participación do sector privado para unha mellor organización do 800 aniversario da catedral de Santiago, conformando un marco xurídico e fiscal que impulsa as actividades de mecenazgo na celebración da efeméride. O consorcio de Santiago xestionaría un orzamento específico destinado a financiar obras de restauración contempladas no Plan Director da Catedral e unha programación cultural específica.

Esther Blanco Martínez Paula López Casás Aitana Rueda Costas Patricia Soliño Bernández 2º ESO B


DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Este ano para celebrar o Día da Muller Traballadora fixemos varios manifestos en grupos, en diferentes linguas, dos que recollemos aquí algunhas reivindicacións. OPÓÑOME-REIVINDICO

Opoñémonos a que as mulleres que realizan o mesmo traballo ca os homes cobren menos cartos, porque tanto homes coma mulleres temos os mesmos dereitos

Despois de ser nais tódalas mulleres deberían recuperar o seu traballo nas mesmas condicións nas que o deixaron.

Mesmas obrigas, mesmos dereitos

Opoñémonos a que a muller teña que cargar con todas as responsabilidades do fogar, incluindo o cuidado dos fill@s, cando teñen un horario laboral similar ao dos homes.

Queremos que o traballo se ofreza ás persoas polas súas cualidades para levalo a cabo, independientemente do seu aspecto físico.

Queremos respecto no traballo e rexeitamos calquera tipo de acoso laboral

3º ESO B/C


Today we would like to remember everybody that women have been fighting for the same rights for a long time but there is still a lot to do. That is why women claim: -Same working opportunities, same salary and promotion. -Sharing responsibilities at home. -Respect and support. So, let‟s keep on making an effort together to get our aim. WE CAN!

Tuer une femme, c‟est supprimer une génération tout entière", Femmes blondes du Nord dans des neiges si blanches Femmes qui portent tous les enfants sur les hanches Femmes brunes du Sud qui dansent. Femmes qui chantent Et Femmes de l'Est sous des voiles en attente. "Tuer une femme, c‟est supprimer une génération tout entière", Femmes levez-vous donc et avancez sans peur Femmes, derrière vous elles sont mille qui meurent Comme Mireille, hélas, sous les coups. d'un mari. Elles ont perdu la vie, faute d'un abri "Tuer une femme, c‟est supprimer une génération tout entière",


Grupo de Dramatización dirixido polo profesor Pedro Pablo Riobó escenificando a pouca visibilidade pública da muller. O lema escollido: “ Xa é hora de cambiar”.


Uf, menudo ano este en Cangas, un ano vivindo e pensando en inglés. Cando cheguei ao centro propuxéronme que había que impartir as seccións bilingües de tecno e informática. Nunca tal pensara. Houbo que tomar grandes decisións rápidamente. A primeira; que modelo de profe bilingüe ía ser. Rápidamente acudiu a miña mente Muzzy, e el explicaba todo en inglés, como ten que ser. Hello I´m Muzzy.

Cando un se plantexa aprender unha lingua extranxeira é porque ten unha necesidade. A mellor delas, a que fai máis doado este aprendizaxe, é a parella. Pero nesto a Xunta non é omnipotente, non se lles pode conceder parella extranxeira a todo o alumnado. Poderemos plantexalo para o vindeiro curso, pero neste contexto de crise sospeito que será algo difícil. Así que a necesidade foi creada, decidín que intentaría explicar basicamente o mesmo que

no

resto

dos grupos,

pero

directamente

en inglés.

Ao

principio

protestaron..., vouvos confesar que me pitaron os oídos con frecuencia na primeira avaliación e eso que acababa falando como Punset, facendo a miña propia dobraxe. Amazing!! E logo chegou a fase dous, nesta dubidábase de todo o que dicía, non do contido tecnolóxico propiamente, senón da linguaxe, e xurdiu aí o meu amigho invisible, o TRADUTOR DE GOOGLE, coa súa melodiosa voz. Vou confesar outra cousa, nunca o puxen cunha palabra que non escoitara antes, non fora ser.


Ademáis de que tiven todo o ano o equipazo de colaboración formado por Gloria e Valentina, que se cansaron de repetirme a correcta forma de pronunciar un feixe de palabras. Un bico moi grande!! Agora que isto está a piques de rematar direivos que non son capaz de pasar a proba con: WOOD, COOPER, SCHEDULE, WOMEN e moitas máis. Pero todo estranxeiro ten certo acento que non se pode pulir e forma parte do encanto. Por algo se liga máis de ERASMUS!! (Tomade nota disto e non vos arrepentiredes!) Pero vaiamos aos resultados, na primeira avaliación estudamos os materiais e algo de debuxo técnico. Construíron un calibre de madeira cun nivel de apreciación de 0,1 mm (ou iso me dicían eles a min ;) A segunda foi sobre mecánica e electricidade. Fixeron dous motores, un de combustión interna, que non se chegou a acabar, e outro eléctrico; que a min me parece sorprendente. Ademáis de facer unha bombilla como a de Edison, cobreamos unha chave e fixemos acender uns leds a partir de uns afilalapis e un limón. Nesta última a cousa vai de ordenadores. Así que como podedes comprobar as clases foron basicamente igual que con calquera outro grupo. Pero aprenderon algo de inglés?? Teño a proba de que si. Foi o día que se lles contou a 3ºb que iamos facer unha excursión a Londres, xunto con eles estaban uns cantos do outro grupo, que non me coñecían. Empeceilles a contar o tema e estaban atentísimos, emocionados!!. Non houbo que traducir nada, ninguén protestou, nen sequera

Antón, (un crack) pero os outros, os que non cursaron a

asignatura en inglés, nin papas!! Informática foi máis doado, o alumnado é algo maior e sabían un pouco máis de inglés. Ademáis o vocabulario específico é máis cercano a nós, así que se lles pediu un paso máis que aos pequerrechos, os traballos presentados foron tamén en Inglés, falaron eles o que provocou máis dunha queixa, pero nin caso, están na idade!!. Presentacións, informes, programas de radio e curtametraxes. Sen ter en conta todas esas horas en paralelo, pasadas diante do Tuenti. Que forman parte do temario, a alguén da Xunta pareceulle necesario explicalo nunha clase!! de novo Amazing!! Antonio Díaz


ODISEA 2011 Como en anos anteriores celebrouse o concurso Odisea, organizado pola sociedade española de estudos clásicos (S.E.E.C.). Este ano participaron máis de setecentos equipos formados por alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato en toda España. Neste concurso trátase de resolver as preguntas que saen diariamente na páxina web da SEEC o mais rápido posible. O equipo chamado “Cosecha del 94” formado por: Roberto Santos, Sergio Martínez e Denís Rodal, tres alumnos de 1º B de Bacharelato liderados por Susana, a profesora de grego, participamos neste concurso na fase galega. Durante os tres primeiros días de concurso, na fase de eliminación, as preguntas non eran demasiado complicadas de resolver. Despois de pasar a fase de eliminación chegou o preguntón, que son catorce preguntas normais e unha especial que se resolve coa primeira letra das outras. Esta custou un pouco máis xa que son moitas preguntas e máis complicadas que as da fase de eliminación. Esta fase tamén a pasamos xunto con outros equipos de toda Galicia. Ó rematar esta parte do concurso quedamos no terceiro posto da clasificación galega. Como había moitos equipos empatados disputándose os tres primeiros postos, celebrouse un desempate e tivemos que ir hasta o colexio Santa Irene de Vigo onde estuda outro dos equipos que competía contra nós, o equipo Nicéfilas. O desempate era igual que o preguntón, unha serie de preguntas normais e unha especial, estivemos toda a tarde resolvendo o desempate pero ó final cando entregamos as respostas, por un erro da rede ,as respostas chegaron mal e a SEEC decidiu impugnar o desempate e pasar a todos os equipos de Galicia empatados á ultima fase onde concursan os equipos gañadores de todas as comunidades autónomas de España. A última parte do concurso, como poderedes imaxinar, foi a máis difícil. Nesta ocasión tamén tiñamos que ir hasta o Santa Irene pero por culpa dun temporal de vento non puidemos, así que, co consentimento da SEEC, fixemos a última parte no instituto. Como na fase de desempate era crucial resolver as preguntas o antes posible pois o tempo tamén conta. Ó principio non foi tan mal, atopamos algunhas das respostas bastante facilmente pero outras eran complicadas de atopar, por desgraza a unha hora de rematar o tempo foise a luz e non puidemos rematar todas as preguntas. A pesar de todo o sucedido chegamos ata o segundo posto de Galicia e tamén ó cuarto posto de España. Pasados uns días dende o fin do concurso fomos a Lugo para a entrega de premios e para ver a representación da obra de teatro titulada Edipo rei, e con isto rematou o concurso Odisea 2011 por este ano.

Roberto Santos - 1º B BACH


A biblioteca do IES María Soliño recorda que como en anos anteriores está dispoñible o servizo de préstamo de libros para o verán: - Tres libros por persoa. - A devolver a primeira semana do curso 2011-2012. - A partir do 15 de xuño.

Novidades

Chico y Rita Javier Mariscal & Fernando Trueba Na Cuba de finais dos cuarenta, Chico e Rita inician una apaixoada historia de amor. Chico é un xoven pianista namorado do jazz e Rita soña con ser unha gran cantante.

Reckless. Carne de piedra Cornelia Funke Primeiro título dunha triloxía que se adentra nun mundo fantástico e tenebroso e que está inspirado nos irmáns Grimm. Jacob Recklees descobre un espello oculto no despacho do seu pai, un espello que o levará a un mundo máxico e perigoso.


Sen mirar atrás Dani Montero Unha ruptura leva a Jaime a romper coas súas ataduras e comezar dende cero, iniciando unha viaxe sen retorno cara a unha vida diferente, acompañado polo seu can e nada máis que unha mochila con mudas. A experiencia que o espera vai máis aló do imaxinado.

El sueño del celta Mario Vargas Llosa A aventura que narra esta novela empeza no Congo en 1903 e remata nunha cárcere de Londres, unha mañán de 1916. Cóntase a peripecia vital dun irlandés: Roger Casement que foi un dos primeiros europeos en denunciar os horrores do colonialismo.

Todo é silencio, Manuel Rivas Esta novela ambientada nunha vila ficticia, situada na costa galega, retrata o mundo do contrabando nas rías galegas durante o franquismo e a democracia, nun principio co tabaco e máis tarde coa cocaína.


CLUBE DE POESÍA MARÍA SOLIÑO (ESCOLMA) Encerrado nesta maldita escuridade Intentando topar un raio de luz Que me saque desta tenebra A cal me merma sen compaixón. E pensar que toda esta escuridade Provén de aquela luz, Que me acompañaba polo meu camiño. Que me levaba con paso firme ata o infinito. Agora en esta penumbra doume conta. Que aquela adorada luz só me levou a unha ilusión, A un soño que se rompeu e deixou de palpitar. Unha luz que me guiou ata a máis negra noite. Como poder fiarse da luz cando te leva á escuridade? Como poder soportar nela esta estancia? Só o fin me librará de este mundo de tenebras Un fin que non quero que tarde moito en chegar. Borja Pérez Otero 2º BACH B         Con só mirar os seus ollos Todo o meu mundo se desvanece Como unha bomba que o arrasa todo E só o seu recordo reaparece. Na miña mente. Só con probar os seus beizos Todo o tempo se paraliza. Pouco tempo dura o bico Pero queda un recordo para toda a vida Na miña mente. Un tempo e un espazo. Só dúas meras dimensións. Pero o que sinto agora mesmo Está gardado na máis segura prisión. No meu corazón. Borja Pérez Otero 2º BACH B


POEMAS DO NOSO CLUBE

Un paraugas Dous paraugas Tres paraugas Un verde Outro rosa Outro negro Un asento Dous asentos Tres asentos Xiros columnéticos Hipnoses vaivenadas Lapis Wasserlack de mina 2H Calidoscopios de palabras Taboleiros medio vacuos e paredes medio cheas de papeis Extintores aburridos tapándose con trapos Trapos abandonados tapando extintores Surrealismos surreais Cabaliños de mar cabaleirosos Aneis anelados Escribáns escritos Tesoiras tixeretadas Temores temerosos Fulgurantes fulgores Flamante flamas Suplicantes suplicas Alarmantes alarmas

Leyre Area Balado 1º BACH C


I

Óense cabalos de escuma e peixes subidos en pedestais. Mirando cunha risa de pomba e ríndose cuns ollos de aceiro que se te cravan nas entrañas. Ulindo mestura de sal e chumbo. Saboreando todas as albas nacidas en cidades estrañas. Chorar con dous luceiros da noite e ver con lágrimas de nácara que van deslizándose polas estradas. Pódense oír os labios vermellos. Rózanse bicos tatuados con dedos que teñan complexo de fadas. Sóñanse tumultos de xente e edificios de fíos verticais. II Tratos co demo envoltos en bolsas de lixo e firmados con sangue dos alleos. Porcos con guantes de dólar que enfundan unhas gadoupas de aceiro. Gargantas de terciopelo que desprenden un alento abafante.

Leyre Area Balado 1º BACH C COMENTARIO MUSICAL


SYSTEM OF A DOWN É un grupo creado no ano 1998, de ascendencia armenia e os seus membros chámanse Serj Tankias (voz, teclado, guitarra, theremin,…), Daron Malakian (guitarra, 1ª e 2ª voz), Shavo Odadjian (Baixo) e John Dolmayan (baterista). Dos seus cinco discos, os mellores para min son Toxicity e Mezmerize, nos que cantan en contra do sistema americano, do xenocidio armenio e doutros temas polos que foron criticados. O seu estilo musical é o Alternative Metal, no que destacan outros grupos como Linking Park ou Korn.

MY CHEMICAL ROMANCE Se che gusta o punk e as súas variantes, este é o teu grupo, creado no ano 2001, unhas semanas despois do 11-S. Os seus integrantes levan unhas pintas extravagantes e divertidas: Gerad Way, o coantanete, ten o pelo de cor vermella coma o lume. Ray Toro, o guitarrista, ten o pelo longo e rizo; chégalle ata os ombreiros. Mickey Way, o baixo, nunca sorríe, disque cando o fai nace un unicornio. Rob Cavallo, baterista substituto, é o máis “normal” da banda. O seu último disco chamado Danger Days!The true lives of the Killyois está a favor de coidar o mundo e contén temas ecolóxicos.


SLIPKNOT Deste grupo pódese dicir que dan medo. Son nove en total, todos con máscaras horripilantes e aínda por riba non contan cunha voz normal senón que poñen gritos guturais. O seu guitarrista foi nomeado o mellor guitarrista do ano. Nos concertos soen facerse dano, por exemplo, nun concerto un percusionista tiroulle un barril de aceiro á cabeza do cantante. As súas cancións falan de temas variados, nunha delas din que eles non son satánicos como din os que viron as súas fotos. O seu xénero varía desde o Alternative metal ata o Black metal.

EL PUTO COKE O vigués Jorge Céspedes, el Puto Coke, é un gran referente do hip hop a nivel nacional. No seu último traballo, titulado GgAaL-EGO, reivindica firmemente a lingua galega e o vídeo clip está moi ben. Durante a presentación de GgAaL_EGO interpretou o himno galego a ritmo de rap, a primeira vez que se fai tal cousa.

Darío Rodas García 3º ESO A HAIKU


Son poemas breves de tres versos de 5, 7 e 5 sílabas respectivamente. Son típicos da poesía tradicional xaponesa e teñen como temática a natureza. Sempre hai unha palabra clave e están influenciados pola filosofía e a estética zen. @s que escriben haikus chámaselles haijin. No noso instituto hai uns cuant@s.

Aquí estoy bajo un misterioso árbol aquí me encuentro. Catarina González-Puelles

Callada y dormida una piedra acunada descansa sin más. Alicia Dacruz Domínguez

Hojas que vuelan, los pájaros cantan, todos felices. Rodrigo Bermúdez Molares


Aviones secos vuelan sin ningún rumbo hacia su final. Adán Cordeiro Del Río

Hojas secas que tiemblan con el viento yo también tiemblo. Cintia Bacelar Otero

Dulces canciones no paran de sonar duró muy poco. Alba Nerga Del Río

Las hojas caen contemplando el tiempo se cae todo. Saray Martínez Pousada

Siento el frío también siento el calor y veo nubes. Pablo Bastón Pazó

2º ESO A O GALEGO EN CANGAS SOA A MAR DE BEN


Iamos explicar o significado destas expresi贸ns locais que utilizan vocabulario ou ideas relacionadas co mar pero ocorreusenos a idea de facelo graficamente. A ver se vos gusta.

-Ola, onde vas? -Vou facer gasolina.

-Os domingos 茅 o que hai: andar aboiados sen ter onde ir.


-Non cho puiden facer. Non me deu a virada.

-Que hai, meu? Imos botar un curricรกn?

Fernando Guimerรกns Ferradรกs - 3ยบ ESO A


POR QUE SE DI QUE O AMOR É CEGO ? UNHA HISTORIA DE LOUCURA Nunha época moi pasada, na que só existían os sentimentos, non é que houbera moito para facer. E para non aburrirse os sentimentos ocorréuselles xogar ás agachadas. Pero claro a ningún lle gustaba apandar e os sentimentos, sempre facían trampas para que lle tocara apandar á loucura. A pobre loucura era un desastre e nunca topaba a ninguén. Pouco a pouco a loucura foise fartando de esta situación, e de que sempre lle tocara apandar a ela. Ata que un día a loucura, farta de esa situación, colleu un pau e guindouno con todas as súas forzas cara un arbusto que tiña preto dela. Cando o pau impactou no pequeno arbusto un grito de dor saíu do seu interior. A loucura achegouse para ver quen fora o que emitira tal expresión de dor. Cando se achegou o suficiente e mirou entre os arbustos encontrou o amor alí tendido cos miolos abertos e inconsciente. Co paso do tempo o amor foise recuperando pouco a pouco pero unha pegada quedou no seu ser. Por causa do forte golpe o amor quedara cego. A loucura por toda esa culpa que tiña no seu interior colleu o amor da man e guiouno servíndolle de ollos para o resto da súa vida. Por esta razón sempre se di que o amor é cego e vai da man da loucura.

Borja Pérez Otero 2º BAC B INFORMÁTICA BILINGÜE


Este ano, por primeira vez no noso instituto, tivemos informática bilingüe. A maioría dos que estamos nesta sección, estivemos o ano pasado na sección bilingüe de tecnoloxía. Todos pensábamos que ía ser igual ca o ano pasado, pero para a nosa sorpresa non foi así. Ó principio do curso cando coñecemos a Antón el contounos que ía estar falando inglés todo o tempo nas clases. As queixas ao comezo foron moitas, pero co paso das clases, fomos acostumándonos á súa forma de falar inglés. Como a maioría non entendían o que Antón dicía, primeiro falaba en inglés e logo en galego. O primeiro trimestre foi o que máis teoría tivo e incluso tivemos que facer un exame. No segundo trimestre estivemos traballando co Gimp, cousa que a maioría non lle fixo moita graza, xa que non nos gusta moito ese programa. Tivemos que facer un programa de radio sobre un grupo de música, obviamente, en inglés. Pese a que nos custou moito, todos conseguimos terminalo. O segundo trimestre levámolo moito mellor, xa estabamos acostumados ao inglés de Antón e ademais, enterámonos de que iamos ir a Londres de excursión. Nese momento foi cando máis nos alegramos de ter escollido a sección bilingüe. Para saber o que iamos ver en Londres, mandounos facer por parellas unha presentación sobre museos e sitios que iamos visitar. Por non variar, en inglés tamén. O terceiro trimestre foi o mellor de todos. Estivemos en Londres dende o día 6 ata o 12 de maio. Para todos foi a mellor excursión que fixemos no instituto. Agora que estamos de volta, temos que facer unha páxina web en inglés. O terminar este traballo chegará o mellor de todo, teremos que facer unha curta! Co curso a piques de rematar agora xa entendemos moito mellor a Antón e xa non fai falla tanta tradución. Ó final creo que botaremos de menos esas horas diante do ordenador facendo traballos mentres revisabamos o noso Tuenti ou Facebook ;) Pero non creades que os alumnos eramos os únicos que entrabamos nas redes sociais.....

Úrsula Fernández Rodríguez 4ºA

RECEITAS: TORTA DE CALACÚ


Ingredientes: -1.5 kg. de calacú cru -1 culleriña de sal -2 vaíñas de canela (eu usei canela en pó) -1 lata pequena de leite condensado (370 gr.) -1 lata de leite normal (a medida da lata do leite condensado) -1 lata de azucre ( a medida da lata do leite condensado) -1 lata de fariña normal (a medida da lata do leite condensado) -menos de ½ lata de aceite de xirasol - 1 sobre de lévedo (16 gr.) -4 ovos -1 limón - unha cullerada de manteiga e outra de fariña para o molde -Azucre glass para decorar (moído) Preparación tradicional: Paso 1.- Cociñar a cabaza no forno (ou no microondas) partida en anacos grandes sen pel. Cando estea, botarlle ½ cullerada de canela, remexer e deixar arrefriar. Logo de fría, escurrir ben para quitarle a auga. Relar o limón e reservar. Nunha cunca (que sexa grande dabondo) misturar o leite condensado, o leite normal, o aceite, o azucre e a fariña xunto co lévedo. Ir botando os ovos de un en un sen parar de bater. A continuación, incorporar a mistura da reladura de limón e a cabaza esmagada ata que todo estea ben ligado. Paso 2.- Untar un molde coa manteiga e esparexir un chisco da fariña, se é de metal; se é de silicona só a manteiga. Botar a devandita mistura no molde e metelo no forno, prequentado, a 160º durante 1 hora. Cando estea frío cubrir finamente co azucre glass.


TORTA DE QUEIXO AO FORNO Ingredientes: -550 gr. de queixo Philadelphia -1/2 l. de nata líquida -1/2 l. de leite -7 ovos -250 gr. de azucre -30 gr. de maicena -reladura de limón

Elaboración: Misturar todos os ingredientes nunha cunca e bater co batedor. Preparar un molde desmontábel a poder ser. Botar nel a crema e meter no forno a 200º uns 10 minutos ata que colla cor e logo baixar a 140º durante uns 50 minutos. Desmoldar en frío e servir cun coulis de amorodo ou similar. Bo proveito!!

COCTEIS SEN ALCOL


Estivemos vendo que hai unha chea de combinados sen alcol. Este verán podemos sorprender aos nos@s invitad@s con cocteis superorixinais, refrescantes, glamurosos e moi creativos. Son totalmente “inofensivos” pero nada aburridos. Tomade nota, que seguro que vos van gustar.

CINDERELLA/CINCENTA

INGREDIENTES

8 1 2 2 8 8

pedras de xeo cl.de sirope de granadina cl. de sirope de coco cl. de nata cl. de zume de laranxa cl. de zume de ananá

PREPARACIÓN

Nunha cocteleira con xeo botar os siropes, a nata mailos zumes . Axitar ben durante uns 15 segundos.

SERVIZO

Escarchar o borde do vaso humedecéndoo cun chisco de sirope vermello e logo mollar no azucre.

PRESENTACIÓN

Sírvese nun vaso de combinación (long drink) con xeo, adornado cun pincho a base de plátano, guindas e dúas folla de piña (non comestibles)


SAN FRANCISCO

INGREDIENTES

½ zume de laranxa ¼ zume de limón ¼ zume de ananá 1 cullerada de azucre Un chisco de granadina Soda

PREPARACIÓN

Nunha cocteleira con xeo botar os zumes de axitar ben durante uns 15 segundos.

SERVIZO

Escarchar o borde do vaso humedecéndoo na granadina e logo no azucre.

PRESENTACIÓN

Sírvese nun vaso de combinación ou nun de cóctel adornado cun anaco de limón e unha guinda vermella. M.L.S.


YING-YANG SINXELO TRABALLO DE PAPIROFLEXIA PARA AMATEURS

Escolleuse este exemplo pola súa sencillez. Moit@s de nós xa o faciamos de pequen@s para xogar a amolar aos amigos escribindo debaixo das solapiñas o que nos parecía máis pavero. Convidámosvos a que probedes esta técnica milenaria do encartado de papel.


ACORDES


PASATEMPOS A Calzada dos Xigantes está no Ulster, preto de Belfast. É unha formación basáltica cunha lenda moi interesante. Descúbrea e logo mergúllate no Eire a ver canto sabes.

Write the letters in order and find the name of a lucky Irish plant. 1____ 2____ 3____ 4____ 5____ 6____ 7____ 8____


O ANEL DE CLADDAGH

A mitoloxía irlandesa (e a celta en xeral) está chea de símbolos. Moita xente de diferentes partes do mundo aínda hoxe levan este anel que é típico dunha aldea de pescadores irlandesa chamada Claddagh. Atopa o anel coloreando o debuxo: 1-amarelo

2-vermello

3-azul

Logo fai os anagramas e le o que pon con respecto ao anel. O roczano……………………… representa o amor. As nsam …………………..….. representa a amistade. A ocrao ………………………..…representa a fidelidade.


MARCAPÁXINAS

Deseña agora ti outro incluindo seguintes versos de Lois Pereiro.

os

No amor, como na guerra, nunca oímos o tiro que nos alcanza. A morte, como o amor, nunca advirte por onde se nos achega… ---------------------------E aqueles dentes que perdín Precisaríaos agora para defender As conviccións nas que me reafirmo

-----------------------------------------------

E os elementos das novas tecnoloxías Van elaborando os nosos afectos…

2º ESO B

SUDOKU:

Enche

as

casiñas

en


branco cos números que faltan do 1 ao 9 sen repetilos para completar as filas, columnas e celas.

SOLUCIÓN AO CRUCIGRAMA DA PÁXINA 19

1

4

7

8 a r e s 10

14 16

h h

15 d e m e t e r

33

p

b

12 f r

e m

e

h

a 13 m u s a s 17 e r t h o n

9 a r t e m i s

o

i

c

i

t

o

h

p o s e i d o n

l

l

2 r e a

h

i

i

l

s

e

19 t

11 s p a r t a

t

r

a n e h t a 18 c

s

3 d i o n y s u s e

28

31

g

i

u

r

i

32 c h i m a e r a

30

a

n

t

l

e

e

r

p

e

h

i

6

t

o

n

d

21

h

27 m i n o t a u r

g

o

26 29 c e r b e r u s

a

23

h

t

l

y 25 m e d u s a

24

h

o

n

o

s

5 p e r s e o

20 s i r e n s

a

d

r

l

i

s

s

e

o

37

35

22 t a n a t h u s

i

34 c e n t a u r

i

p

c

36 h e r c u l e s

o

p

41

h

o

p

o

l

o

e

42

b

e

m

l

e 40 s p e c t r e

38 t i t a n

e

r

a

r

o

39 e r o s

f

s

50

c

a

s

52

p

i

t

h

o

48

p

51 g r i f f i n

h a d e s

i

b

46

n

d

d 47 p o l i f e m o

43 g o r g o n

49 e s f i n g e

r

n

t

45

t

s

g

a

a

44 h e c a t o n c h e i r e s

i

f

u

s

o

n


Arando Cedo Nº 5  

Revista do IES María Soliño

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you