Skip to main content

A NOVA PENEIRA - Nº7 - Xullo 2012

Page 1

www.apeneiradixital.com

XORNAL

ANO 1 - Nº 7

GALEGO DE INFORMACIÓN

XERAL

Xullo de 2012 - 2€

O PORRIÑO 51 veciños do Porriño atopan traballo en xuño a través de Porremprego Páx. 11

SALCEDA DE CASELAS Salceda impulsa o viveiro de empresas no CDL do Torrón Páx. 14

TOMIÑO O Concello de Tomiño participa no proxecto de voluntariado europeo

A fidelidade a Santa Marta de Ribarteme atrae centos de persoas

Páx. 8

Páx. 17

A GUARDA A Guarda súmase ao BOOKCROSSING na vindeira Feira do Libro Páx. 22

A Escola Infantil Municipal de Ponteareas celebra nun emotivo acto os seus 20 anos A Escola Infantil Municipal de Ponteareas celebrou un emotivo acto co gallo dos seus primeiros vinte anos, logo da súa posta en marcha no mes de marzo do ano 1992.

No acto, as actuacións compartiron protagonismo cun documental realizado por Canal Tea, no que se facía un percorrido por estes 20 anos do centro. Páx. 7


2

Opinión - Xullo de 2012 EDITORIAL *J. A. Quiroga Quiroga Arquitecto

rocedente de Coslada (Madrid), o concelleiro de Seguridade Cidadá de Tui, xulgaría, que esta vella cidade, repousada, tranquila e pacífica por excelencia, estaba necesitada, pola súa condición fronteiriza, dunha exhaustiva Ordenanza de Convivencia Cidadá a risco de converterse en acubillo dos fóra de lei ao estilo das tristemente soadas Cidade Juárez ou El Paso, do norte de Méjico.

P

De entrada, o borrador da Ordenanza de Convivencia Cidadá de Tui, composta de 51 artigos, orixinou desasosego social e balbordo mediático a nivel nacional. Aínda que procede regular certos aspectos, o concelleiro referido, vítima da tentadora erótica do poder de sentirse por encima dos demais dirixindo e regulando vida e comportamento da cidadanía, pasouse varios pobos e acabou nun xardín. Arroxar pedras ás persoas, durmir de día ou de noite en espazos públicos (p.e., unha sesta nun parque ou coche), lavar a cara nunha fonte, tocar instrumentos na rúa para gañar a vida, conducir de forma te-

Con el chegou a orde meraria un patín ou monopatín (supoño que a máis de 50 km/h en travesía urbana), o canto de animais domésticos (fauna silvestre aparte), un galo ou canario, entre as 10 da noite e as 8 da mañá, etc. son actividades severamente sancionadas que mesmo contemplan a incautación cautelar dos medios empregados e o cobro dos gastos por depósito dos mesmos. Na comparecencia ante os micrófonos da radio municipal, o concelleiro-shériff de Tui cualificou a alarma social de infundada, e atribuíulla á tendencia a terxiversar as cousas, achado lingüístico este, aínda non recollido pola Real Academia Española da Lingua, que expresa o especial acento tráxico-dramático posto nunha terxiversación. Así mesmo, rexeitou, faltando á verdade, a autoría das abafadoras contías económicas das sancións, derivándoa ao título XI, da lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, Tipificación das Infraccións e Sancións polas Entidades Locais en determinadas Materias, pois, aínda que, e-

abemos que aquela pouca democracia que temos está en perigo. Un sector dos que gobernan, os que gañan cando o país está en bancarrota, colléronlle medo á falta de consumo e á verdade, por iso téñennos amarrados á ameaza, aos recortes inhumanos. A nosa voz discrepante podería levantar os desfalcos, evidenciar corruptelas nas que moitos deles están metidos. É por iso que, esta escasa democracia que se viña abrindo camiño, corre perigo por non se fundamentar na transparencia, na liberdade e dignidade duns cantos. Facía falla “xogo limpo” e non houbo. Hai leis amparando trampas e trucando métodos. Xa non era democracia con palabras grandes, era un sucedáneo con falta de limpeza nas institucións e na sociedade mesma, con moitos silencios. Detrás da lei, a trampa! Para amparar ricos e pillos, amos, donos, amigos de, aos que evaden capitais, os que –en definitiva- quedaron excluídos de cumprir a Lei. Por iso tampouco acadamos a necesaria autoestima e nin sequera sabemos reaccionar diante da destrución do primeiro tecido social que tiñamos, para procurar igualdade e limitación das

fectivamente, o artigo 140 do devandito título XI, clasifica ou tipifica, de maneira xenérica, as infraccións en materia de convivencia de interese local e do uso dos seus servizos e espazos públicos, o artigo 141, establece os límites das sancións económicas, en evitación de atropelos, pero non fixa as contías nin obriga a alcanzar o máximo. Pola miña banda, non acepto a tendencia da Administración de converter o público en espazo sacro, nin os tutelaxes de comportamento cívico por concelleiros ao cuarto, cuxo intervencionismo reglamentista opresor non serve máis que para sentar as bases do fomento da intolerancia entre os cidadáns. Suxírolle ao concelleiro que, no seu arrogamiento de xuíz e fiscal de vidas e facendas, en xusta reciprocidade, elabore unha ordenanza de comportamento específica para políticos, pois está farto demostrado que non son referencia nin bo exemplo de nada. En Tui, non embisten os monopatíns, senón algúns políticos coas súas ordenanzas.

S

Quen nos goberna? orreu Franco e déronse présa en redactar unha nova Constitución para sustituír as leis franquistas. Dixeron que tiña que ser porque se non podiamos entrar nunha situación complicada. As nacións do Estado (Galicia, País Vasco e Cataluña) cederon dos seus dereitos históricos para garantir unha paz que se volveu “paciencia”. Pouco a pouco, a mentira, a manipulación informativa, a corrupción xeralizada, fóronse instalando na sociedade. Poucos foron dar cos seus ósos no cárcere; teñen advogados que os salvan. Hoxe, ao parecer, o 70% das leis que se aplican no Estado español proceden de Bruxelas. Son ditadas por organismos que non foron votados nin elixidos máis que por un reducido grupo de organismos económicos e intereses empresariais. Os españois non podemos destituír a Merkel, nin a Barroso, e menos ao presidente do Deutsche Bank, que goberna máis ca Rajoy. Ignacio Ramonet revelou nunha entrevista para o Wall Street Journal, Mario Draghi, actual presidente do BCE, afirmou con rotundidade que o estado do benestar morrera, e que o país que non faga caso das instrucións recibidas dos mandamáis da eurozona lle ían dar non un tiron de orellas senón unha tunda de paus que o ían deixar teso”. Claro que este feito está provocando xa unha forte constestación nas rúas, o que leva, como reacción, a unha forte represión por parte das forzas da orde. Claro que non sabemos como van parar este tsunami de indignados que vén cabalgando polo horizonte. Os gobernos modifican as leis, desfigurando a realidade coa complicidade da xustiza, asustando ao personal, ameazando, intimidando, etc. Como temos que reaccionar? De entrada coas poucas ferramentas que nos quedan, o voto, as protestas na rúa, e veremos como vai reccionando o personal.

M

Erguer a voz

exclusións, contrarias á destrución dos elementos de cohesión social. Pola contra, agora, viñéronnos co vello discurso da inculpación. Somos culpables -os que sufrimos o roubo- e, por riba, atácannos os valores e vínculos humanos que darían dignidade ás persoas. Estabamos, din, por riba das nosas posibilidades! E o que fixeron foi privatizar beneficios e nacionalizar perdas, manda truco! Pois non, non debemos apeitar con resignación nin aceptar a culpa que nos botan. Os culpables son eles! Volven meténdonos medo e o complexo de que non valemos, de que somos uns

ninguén. Medo ás represalias, a pagar o desmedido crédito que nos deron, a perder o traballo, a dicir o que pensamos, a ser quen somos (a ver se desaparece todo sentimento de pertenza), a defender o xusto e a reclamar xustiza, mesmo medo ao medo. Así estamos paralizados, agardando que nos fagan facer o que –eles- queiran. Lévannos ao suicidio, á vergoña, á inmoralidade, ao pánico, ao senvivir. Xa sabedes: os tiranos poden así presentarse como refuxio desta enorme miseria. É hora xá de saber que cómpre erguer a voz, denunciar, facer, opoñerse, reclamar esa liberdade real que nos faga persoas, esa dignidade que se agocha na loita en irmandade. Si, é o mesmo discurso doutrora: loitar por principios básicos, polos dereitos. Non podemos deixarnos caer na apatía, no egoísmo, no irresponsable silencio,... seriamos cómplices co silencio e a aceptación da culpa. Non debemos transixir coa inxustiza, non podemos calar, debemos argumentar e

*Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero: Mestre e músico

razoar, sen quedar resignados mirando como nos levan todo. Non podemos desesperar ou rendernos. Temos que dicir en voz alta o que pensamos, exercer a palabra e os feitos, armarnos de valor. Poñer de manifesto a súa mentira e a nosa liberdade, esa democracia que aínda é un soño! Son, eles, os que aniquilan ás persoas e dividen as vontades, para someter ao seu cego poder, son eles, os que só gañán cando o país está na máis absoluta ruína, tiranos na necesidade máis absoluta. Gañan prometendo o que non cumpren e, logo, metendo medo. Nós, temos que volver a amarnos a nós mesmos e, desde ese amor propio, chamarlle ás cousas polo nome. Isto non é unha crise: é, e foi, un saqueo; e o rapto da incipiente democracia. Temos que denunciar aos culpables e facer que a Lei os persiga ata que paguen, facéndoos pasar ao sumidoiro da historia polos seus delitos e estupro! Tamén nos roubaron a vontade?


3

Xullo de 2012 - Ponteareas

O alcalde de Ponteareas anuncia o remate das obras de Saneamento Integral do Tea e que se traduce no investimento de máis de 5,4 millóns de euros “cos que se acometeron obras de especial importancia como os colectores de Covas, San Roque, A Freixa I e II e mellora da EDAR...”.

alcalde Salvador González Solla, anunciou que “se están a dar os últimos pasos para conseguir un dos obxectivos que nos tiñamos propostos dende a nosa chegada ao Concello no ano 2004, como é o saneamento integral do río Tea e a eliminación de todos os vertidos que se realizaban no seu canle”.

rín, de presentar o proxecto de Restauracion ambiental e mellora de drenaxe do río Canedo, para a súa aprobación, na reunión do Consejo de Aguas a celebrar en Madrid baixo a presidencia do ministro Arias Cañete, é para o alcalde a mostra clara “de que cando existe vontade real de avanzar e acadar solucións, estas conséguense”.

O anuncio feito polo presidente da Deputación, Rafael Louzán e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Ma-

González Solla salientou o “enorme esforzo realizado nestes últimos anos” para acadar o obxectivo do saneamento integral do río Tea

O

Ugacota celebra a súa asemblea xeral en Moreira Unión de cooperativas de traballo asociado-Ugacota celebrou a súa asemblea xeral ordinaria o pasado 23 de xuño, en Moreira. Ponteareas. As persoas asistentes e que representaron a algunha das 112 cooperativas asociadas a Ugacota, tiveron como cooperativa anfitriona a Madeireira San Martín de Moreira, empresa de longa traxectoria na comarca e que xestionou a utilización da rectoral de Moreira como sede da asemblea de 2012.

O proxecto que se presentará para a súa aprobación perante o Consello de Augas en Madrid, supón a recuperación ambiental do Regato da Venda para devolvelo ao seu canle orixinario. Actualmente, o regato comparte canalización co saneamento, o que ocasiona problemas de funcionamento na depuradora provocadas pola sobresaturación de caudal, sobre todo na época de choivas, o que provoca vertidos ao Tea. As obras polo tanto, e segundo explicaba o alcalde, “abranguen a recuperación ambiental do canle e o seu entorno e incluirán colectores para augas residuais para eliminar os vertidos, rexenerando unha zona con espazos de dominio público hidráulico”.

O Concello oferta un curso sobre a Reforma Laboral

A

A Unión de cooperativas de traballo Ugacota é unha asociación sen ánimo de lucro que agrupa a cooperativas de traballo asociado, de ámbito galego e plurisectorial. Ten como misión fomentar o cooperativismo de traballo asociado como unha forma de facer empresas socialmente responsables, onde os principios de democracia, igualdade, autoxestión e solidariedade constitúen a base do seu funcionamento, contribuíndo á creación de emprego de calidade, a cohesión social e o desenvolvemento sostible.

mes de xullo, o Concello de Ponteareas, a través da Concellería de Emprego que dirixe Marisol Valado e a Cámara de Comercio de Vigo, puxo en marcha un curso sobre a Reforma Laboral.

O

Este curso ten como obxecto coñecer as modificacións levadas a cabo nesta norma, no tocante aos contratos laborais, así como, dar a coñecer aos interesados o alcance desta reforma e os condicionantes de dita regulación nas condicións de traballo. Os temas a tratar abranguen aspectos tales como: as modificacións producidas no réxime de extinción de contratos por

causas obxectivas; medidas que favorecen a flexibilidade interna; suspensión de contratos e reducións de xornadas por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción; modificacións ao estatuto de traballadores en materia de contratos ou medidas para favorecer o emprego. O curso terá unha duración de 6 horas, e celebrarase entre os días 17 e 20 de xullo, en horario de 15:00 a 16:30 horas no Centro de Desenvolvemento Local. As prazas son limitadas, polo que será necesaria a inscrición previa. Os interesados e interesadas en inscribirse ou obter máis información, poden chamar ao 986 66 16 80

Visita ao zoo da Madroa de usuarios de Aprodico s usuarios do Obradoiro Ocupacional do Centro Asprodico de Ponteareas, dependente da Concellería de Servizos Sociais-Atención Primaria que dirixe Marisol Valado Pérez, desprazáronse á cidade de Vigo para visitar as instalacións do Zoo da Madroa.

O

O Centro Asprodico, como explicaba a concelleira responsable do servizo, Marisol Valado, realiza habitualmente este tipo de actividades xa que permiten “que os usuarios poidan saír da rutina diaria, o favorece o máximo desenvolvemento e gozar dunha maior sensación de liberdade”.

Escolares ponteareáns coñecen Parque de Bombeiros e Policía Local

lumnos e alumnas do CEIP Fermín Bouza Brey, con idades comprendidas entre os 3 e os 4 anos, realizaron unha actividade extraescolar consistente en visitar as instalacións do Parque de Bombeiros de Ponteareas e as da Policía Local.

A

Durante a súa visita, os pequenos recibiron explicacións, adecuadas a súa curta idade, de como funcionan ambolos dous servizos e gozaron cos camións dos bombeiros e co son das bucinas.


4

Ponteareas - Xullo de 2012

Oscar González, presidente da nova Asociación de Hosteleiros

“Imos dinamizar Ponteareas” ando os tempos no eido empresarial se poñen feos é cando se coñece a capacidade dos homes e mulleres que se enfrontan a esta dura realidade.

C

Isto foi o que pensaron os hosteleiros de Ponteareas que, capitaneados por Óscar González (Vinoteca Eira Vella) veñen de poñer en marcha unha nova asociación de empresarios de hosteleria. -Como nace a idea de poñer en marcha esta asociación? -Víñase falando desta necesidade de unión pero ninguén daba o paso á fronte, logo un día un grupo duns doce, máis ou menos, decidimos tirar para adiante e constituír esta asociación. -Xa existe directiva constituída? -Sí; nela eu figuro como presidente por decisión dos meus colegas. -Vides de presentarvos en sociedade; cantos sodes nestes momentos? -Somos arredor de 42; ainda que hai mais empresarios aos que xa “tocamos” e que están pendentes de tomar a decisión de entrar. -Que condicións debe reunir un empresario da hosteleria para poder pertencer a esta asociación? -Debe reunir un mínimo de calidade dentro do sector e logo actuar dentro dos fins que se buscan para beneficio de todos. -Cando falas de “calidade”, de que estamos a falar? -Nós non imos defender a ninguén que non estea dentro da legalidade empresarial. Falo de empregados sen asegurar, de produtos “de matute”; en fin; aquí trátase de que a asociación protexa os intereses dos seus asociados pero sempre que

estes teñan o nivel de esixencia ética e legal que se require neste campo empresarial. Un dos nosos principais obxectivos é loitar contra a competencia desleal, que nos está facendo moito dano. Non podemos permitir que, mentres nós sufrimos para manter a porta aberta, outros campen ás súas anchas con casas de comidas ilegais, e todo isto sen que a administración faga nada por defender os intereres dun dos principais sectores da comarca. Tamén nos afecta moito o botellón e pelexaremos por erradicalo, porque nos parece incrible que se permita incumprir a lei por partida dobre, é dicir, permítese que os menores beban alcol na rúa. Non nos vale a desculpa de que os mozos non poden pagar os abusivos prezos da noite, xa que Ponteareas é o paraíso dos prezos, en moitos locais pódense tomar as cervexas a 1 euro e dúas copas por 5 euros.

-Se un membro da Asociación está fora desas normas éticas e legais das que falamos pode ser expulsado? -Non, non; nós non imos expulsar a ninguén. Cada un sabe cal é a súa obriga neste eido. Aquí sabemos que existen moitas cousas que son difíciles de erradicar; venda de licores caseiros, de viños sen etique-

agora unha situación deste tipo. En Mondariz hai hosteleiros sancionados por vender produtos non regulados. Pídennos solucións e imos dárllelas pero para o ano que vén; será que traballen dentro das normas e que legalicen os viños de casa polos que foron sancionados. Pódese facer, ainda que lles vai custar caro.

“Un dos nosos principais obxectivos é loitar contra a competencia desleal, que nos está facendo moito dano”

-Falaches na presentación do colectivo de dinamizar Ponteareas; ata onde chega a capacidade dinamizadora desta Asociación? -Queremos que Ponteareas sexa máis atractiva; que o turista que aquí chegue se atope cun río limpo, cunhas rúas limpas e uns parques ben tratados; que os locais se profesionalicen en atención ao público así como en produtos de calidade, etc. Tamén imos realizar actividades lúdico-culturais coma o próximo festival de jazz que está programado para os próximos días 10, 11 e 12 de agosto. Imos encher as rúas de música; van ser dez actua-

tar, etc. Cada quen sabe ao que se expon. O que si debe quedar claro é que se alguén é “pillado coas mans na masa” esta Asociación non o vai defender. De feito temos


5

Xullo de 2012 - Publicidade

cións o venres e dez o sábado rematando o domingo cun magno festival no Parque da Concordia. A música vaise repartir polas rúas de todo o casco urbano de Ponteareas. Esperamos do Concello apoio loxístico.

proveedor importante? Como respondeu ás vosas esixencias? -Si; de feito temos ofertas de pequenos proveedores que están máis de acordo connosco e xa imos comezar a traballar con eles. Os

-Como tedes pensado enfocar as futuras relacións comerciais cos vosos proveedores? -Imos poñer en marcha un sistema informático (páxina web) na que tódalas semanas imos colgar as ofertas que as distintas casas comerciais fan aos asociados. Xa estamos en contacto cos proveedores dándolles a entender que nós imos ser grandes e que se terán que poñer a tono porque imos a por mellores vantaxes á hora de mercar.

Tamén imos realizar actividades lúdicoculturais coma o festival de jazz que está programado para os próximos días 10, 11 e 12 de agosto. I

-Estamos a falar nunha futura central de compras? -Máis ou menos. Haberá cousas que se poderán mercar dese xeito, pero polo de agora imos ir amodo, ainda que eu auguro que remataremos nunha central de compras pura e dura. -Xa tivestes contactos con algún

grandes son máis reticentes; “unha central de compras” parece que lles proe bastante. -Ben, para rematar, cal é a túa mensaxe para os futuros membros da Asociación? -Dicirlles que é a primeira vez que alguén toma esta iniciativa. Nós non imos pregarlle a ninguén que se faga socio. Sen embargo debo

informalos de que seguro se vai falar dun antes e un despois deste momento que vivimos. Solicito a participación de todos porque na Asociación todos somos iguais; as decisións serán tomadas por acordo de todos e, como resulta obvio, aquí só estamos para beneficiarnos mutuamente. -Falando de socios. Xa tedes esta-

blecida algunha cuota? -Si, este ano pensamos en cincuenta euros ata fin de ano. Logo en 2013 teremos que acordar pero debera rondar os doce euros ao mes, trinta e seis euros trimestrais. Deixamos a Óscar pegado ao seu móbil porque algún proveedor está interesado en falarlle das súas ofertas.

INSIRA O SEU ANUNCIO

aquí publicidade@hermeseatenea.com


6

Ponteareas - Xullo de 2012

A Concellería de Emprego presentou na Xunta de Galicia o programa “Ponteareas Emprega” de inserción laboral Amais destes colectivos, continúa a concelleira Marisol Valado, o programa Ponteareas Emprega quere tamén contribuír á integración no mercado do traballo dos homes de mulleres maiores de 45 anos, parados de longa duración, discapacitados, inmigrantes e persoas en risco de exclusión social “que son sectores especialmente sensibles e que precisan de accións específicas dirixidas a eles que lles permita a súa reinserción no mundo laboral”.

Concellería de Emprego e Desenvolvemento Local, que dirixe Marisol Valado Pérez, vén de presentar o programa “Ponteareas Emprega 2012-2013” perante a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, de cara a conseguir o financiamento preciso para a súa posta en marcha.

A

O Plan está dirixido fundamentalmente aos colectivos denominados “de difícil inserción laboral” como son os homes e mulleres menores de 30 anos e maiores de 45 anos e os desempregados de longa duración. Con este programa, a Concellería de Emprego e Desenvolvemento Local busca diminuír a taxa de desemprego no municipio que é significativamente máis elevada

nos colectivos de mulleres e menores de 25 anos. A Concelleira de Emprego explicaba que tívose especialmente en conta, a incorporación da muller ao mer-

cado do traballo, dado que o desemprego neste sector é maior que o dos homes e representan, porcentualmente, un 55,4% do total de desempregados do municipio.

CXG preséntase en sociedade en Ponteareas o vindeiro 18 de xullo CXG está dando a coñecer por todo o país as súas propostas ideolóxicas e programáticas, porque un dos piares básicos da nova organización é a participación cidadá na toma de decisións. Así, o seu candidato ou candidata á Xunta será elixido por primarias abertas á cidadanía, segundo informou Teresa Táboas. vindeiro mércores 18, ás 21h no Auditorio de Ponteareas, Compromiso por Galicia presentarase en sociedade a nivel comarcal. No acto participarán Chuco Abal-

O

de, Sandra Araúxo, Rafa Cuíña, membro da Executiva Nacional, Teresa Táboas e Xoán Bascuas, Secretario Xeral da formación política.

“CxG aspira gobernar este país e a conseguir sacar a Galicia da grave situación económica na que se atopa”, segundo manifestou Sandra Araúxo.

O Conservatorio Municipal Reveriano Soutullo organiza diversas actividades durante o mes de xullo omo é habitual, durante o verán no Conservatorio Municipal de Música Reveriano Soutullo traballase na organización e realización de diferentes actividades relacionadas coa música. Así, en xullo, as actividades comezaban coas xornadas de portas abertas, nas que todos os nenos e nenas da comarca, con inquietudes musicais, puideron coñecer de preto os diferentes instrumentos. Ao mesmo tempo celebrouse o curso de trompeta que impartiu o solista da Orquestra Filharmónica de Galicia Javier Simó Echarte.

C

As actividades seguen durante todo o mes, coa celebración dos cursos de trombón impartidos

Extremadura, Gustavo Castro Barreiro. Este ano realizouse, por primeira vez, o curso de Iniciación á técnica vocal, impartido por unha profesora nativa de Ponteareas, Iria Rodríguez Cuevas.

polo profesor Solista da Banda Municipal de Madrid Aníbal Sousa Fernández e o curso de trompa impartido polo solista da Orquestra Sinfónica de

Seguindo coa realización de actividades novidosas a realizar dende o Conservatorio, realizase un curso de musicoloxía que versará sobre a semiótica da música, impartido polo profesor da ESMUC de Barcelona,Rubén López Cano.

Ponteareas Emprega, “permitirá a inserción laboral de, polo menos, o 35 por cento dos veciños e veciñas, demandantes de emprego, atendidos durante o desenvolvemento do programa” matizou a Concelleira de Emprego.

Delfín Domínguez, novo Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Ponteareas

s militantes socialistas de ponteareas, tras a realización do congreso local para a elección dunha nova executiva, decidiron por maioría outorgar a súa confianza á candidatura encabezada por Delfín Domínguez Cerdeira, actual voceiro do grupo municipal socialista e ademais Vicesecretario Xeral provincial de Pontevedra. A executiva local está ademais integrada por José Manuel Sebastián como Vicesecretario Xeral e Inés Vidal como Secretaria de Organización. Tamén forman parte da executiva socialista de Ponteareas outras 8 persoas: Chus Garrote, Alfonso Porto, Ana Fernández Soto, Tomás González, Gloria Puertas, Vanesa Fernández, Fernando Rodríguez e Luis Parra.

O

O novo Secretario Xeral recoñeceu explicitamente o traballo realizado polos seus antecesores e comprometeuse a seguir na mesma liña para que a Agrupación Socialista de Ponteareas sexa cada vez mais forte e teña mais presenza social.


7

Xullo de 2012 - Ponteareas

A biblioteca continua co seu programa de visitas guiadas

A Escola Infantil Municipal de Ponteareas celebra nun emotivo acto os seus 20 anos

Biblioteca e o Museo Municipal de Ponteareas desenvolven, durante todo o mes de xullo, unha serie de visitas guiadas co obxectivo non so de percorrer lugares de interese histórico-artístico do municipio ponteareán, senón de recibir explicacións detalladas sobre os aspectos máis salientables de cada un dos lugares percorridos.

A

As visitas que comezaban o catro de xullo, coa visita realizada ao Castro de Troña, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) por parte da Xunta de Galicia, continuaban máis tarde cun detallado percorrido polo cemiterio municipal para visitar as numerosa mostras de arte funerario que existen no camposanto ponteareán. As visitas guiadas continúan este vindeiro mércores, 18 de xullo, cun máis que interesante percorrido polo convento franciscano de San Diego de Canedo, lugar de recomendable visita tanto dende o seu punto de vista artístico como histórico. A última destas actividades terá lugar o xoves, 26 de xullo, cunha visita guiada polo centro urbano de Ponteareas, onde a bo seguro, os veciños e veciñas participantes descubrirán aspectos descoñecidos da vila.

Escola Infantil Municipal de Ponteareas celebrou un emotivo acto co gallo dos seus primeiros vinte anos de servizo, logo da súa posta en marcha no mes de marzo de 1992. O acto tivo lugar no Auditorio Reveriano Soutullo e estivo presidido polo alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, acompañado da deputada provincial, Marta Iglesias; a concelleira delegada do servizo, Marisol Valado Pérez, amais de membros da Corporación Municipal ponteareá e nais e pais tanto de alumnos como de ex alumnos.

A

No decurso do acto, as actuacións compartiron protagonismo cun documental realizado por Canal Tea Televisión, no que se facía un percorrido por estes 20 anos dun centro que forma

parte indisoluble da historia recente de Ponteareas. Dende a súa posta en marcha, en 1992, a Escola Infantil Municipal pasou das 38 prazas ás 76 nunha primeira ampliación realizada no ano 1995 e ás actuais 132 prazas logo da remodelación realizada no ano 2005, xa con Salvador González Solla na Alcaldía de Ponteareas. O alcalde González Solla, falaba nas súas palabras, da importancia que tivo este centro “á hora de que os nosos fillos e fillas deran os primeiros pasos tanto no que fai referencia á educación, como á súa relación con compañeiros e compañeiras” nese sentido, destacaba o rexedor ponteareán, a importancia dos profesores que ao longo destes anos pasaron por

este centro, “xa que contribuíron a formar aos nenos e nenas, inculcándolles dende moi novos valores como o compañeirismo e a tolerancia, traballando para formalos como persoas”. Nova gardería en construción A Nova Escola Infantil que se construirá en Ponteareas, tamén tivo o seu protagonismo neste XX Aniversario da Escola Infantil Municipal. Un panel explicativo, situado na entrada do Auditorio Reveriano Soutullo, amosaba a todos cantos asistiron a este acto, o plano da nova infraestrutura educativa de Ponteareas que ocupará preto dos 2.500 metros cadrados da superficie total da parcela, quedando os outros 4.500 destinados a ser o novo parque urbano de Ponteareas.


8

As Neves - Xullo de 2012

penitentes visten unha túnica, e van descalzos ou de xeonllos, todo cunha profunda emoción e sentimentos. Toda unha demostración de fe”.

Fidelidade a Santa Marta de Ribarteme Juan Louzán. stas festas disfrútanse durante 3 días, pero os preparativos para que todo saia perfecto duran todo un ano. Todo o pobo traballa con entusiasmo, devoción e entrega de forma altruista. E nestas datas máis gloriosas dos ollos dos máis devotos saltan lágrimas de emoción e gratitude. Sen a entrega das mulleres da parroquia, do seu párroco, don Alfonso, e o traballo da Comisión, fieis á grandeza destas festas, sería case imposible alcanzar o éxito e grandeza

E

das mesmas. A parroquia de San Xosé de Ribarteme é unha aldea pequena das Neves, pero na comarca ten hoteis, pensións e residencias que dan aloxamento a todos os turistas que chegan de todas partes. O carácter “bonachón” dos seus habitantes serve de gancho para que os forasteiros acudan a estas festas para disfrutar da enorme devoción a esta santa. E tamén polo polbo en prato de madeira, empanada, viño da terra, etc. A espectacular procesión na que participan algúns devotos dentro dun cadaleito a hombros de familiares agradecidos por saír dunha enfermidade incurable ou accidente, é especialmente emocionante. Este ano a antiga imaxe de Santa Marta estará dentro da Igrexa, e a nova imaxe estará na enorme carpa, onde se celebrarán misas ininterrumpidamente o día grande, domingo 29, día de Santa Marta, desde as 7 ata as 13 horas. Logo, pola tarde, ás 19 horas, tamén haberá misa. Inaugurarase unha nova fonte coa imaxen da santa, en Torreiro, lugar que se coñece por “pulpeiros”, onde se celebran comidas colectivas, populares e festivas. O párroco don Alfonso informa de que “estas festas son probablemente as máis populares e carismáticas da rexión. A xente ten unha gran devoción a santa, é unha romaría famosa en todo o mundo, son innumerables as promesas que se fan, e o mesmo tempo moitos

É tal a devoción que todos os cristiáns senten por Santa Marta que nas redes sociais de Internet hai abundante información sobre ela. Biografías, lendas, historias, milagres, etc. que enganchan profundamente. Santa Marta é irmá de María e de Lázaro e vivía en Betania, pequena poboación distante uns catro quilómetros de Xerusalén, nas proximidades do Monte dos Olivos. Xesús Noso Señor vivía en Galilea pero cando visitaba Xerusalén acostumaba hospedarse na casa destes

tres discípulos en Betania, que, tal vez, cambiaran tamén a sua morada de Galilea pola de Xudea. Marta esforzouse en servir a Xesucristo o mellor que puido e máis tarde, coas súas oracións, solicitou a resurrección do seu irmán. San Xoan dinos que "Jesús amaba a Marta y a su hermana María y Lázaro" (Jn 11:5). Por iso se di que Deus sempre está atento ás súas súplicas polo próximo. Marta é coñecida ademais porque sempre

pensou antes nos demais que nela. No evanxelio San Lucas engade: "Yendo ellos de camino, entró en un pueblo, y una mujer, llamada Marta, le recibió en su casa. Tenía ella una hermana llamada María, que, sentada a los pies del Señor, escuchaba su Palabra”. Os máis fieis seguidores rezan esta oración con frecuencia: “Oh Santa Marta milagrosa, me acojo a tu amparo y protección entregándome a ti, para que me ayudes en mi tribulación, y en prueba de mi afecto y agradecimiento, te ofrezco propagar tu devoción. Consuélame en mis penas y aflicciones, te lo suplico por la inmensa dicha que alegró tu corazón al hospedar en tu casa de Betania al Salvador del mundo; intercede por mí y por toda mi fa-

milia para que conservemos siempre en nuestros corazones a nuestro Dios viviendo en su gracia y detestando toda ofensa contra El; para que sean remediadas nuestras necesidades y en especial esta que ahora me aflige (hágase la petición). Te suplico me ayudes a vencer las dificultades con la fortaleza con que venciste, por el poder de la Cruz, al dragón que tienes rendido a tus pies. Así sea. Rezar tres veces el Padrenuestro. Avemaría y Gloria”.


9

Xullo de 2012 - Especial

Unha librería: un lugar de lecer intelixente nha experta en Administración de empresas e Informárica de Xestión, Rocío Bohúa Roríguez, anda dando tumbos pasando por empresas de elevadores, empresas que traballan coa madeira,… ata que un día ocórreselle “desembarcar” no porto que sempre desexara: unha librería.

U

A verdade é que meterse hoxe, coa que está caendo, nunha librería parecera unha certa falta de siso, sen embargo este rapaza (aínda que xa casada e cunha preciosa nena, bótalle iso que hai que botarlle á vida, valentía, decisión e aquí a temos detrás dun mostrador vendendo libros, xornais,… e soñando con facer do seu establemcemento un lugar de ocio intelectual. Así, como quen non quere a cousa. Non me digan que esta rapaza non está un chisco tocada, porque cando todo o mundo busca un posto de traballo cun soldo fixo e días libres, ela bótase ao monte e decide apostar pola cultura, polo entretemento ben entendido e polo lecer cun bo libro nas mans. Só polo seu atrevemento xa debera ter dereito a un soldo estatal. Non cren? -Como se che ocorre facerte cargo dunha librería nestes momentos en que a xente escapa dos libros coma da peste? -Pois porque foi o que sempre me gustou e tiven esta oportunidade e non a quixen deixar pasar ata probar se estaba ou non errada. -Quen che meteu no corpo o bicho dos libros? -Os meus profesores (aquí ri a cachón porque o que lle fai a pregunta foi un deles). -Canto tempo levas aquí? -Dende o 11-M deste ano.

-Pódesnos falar das túas experiencias positivas e negativas? -Todas son positivas, non hai ningunha negativa. -A pesar de que as librerías non pasan por un bo momento, dinos que destacarías da túa nova clientela? -En principio observo poucos ánimos cara á lectura, ainda que como ven moita xente do rural vendo libros de cociña en cantidade; observo ademais que hai máis mulleres lectoras que homes; tamén vendo libros infantís para agasallar aos nenos/as, básicamente. Os adolescentes apenas len. Véndense moitas revistas femininas, sobre todo do corazón, ainda que tamén teño clientas asiduas a un tipo concreto de revista: de ecoloxía, de bordado, calceta, de informática, de viaxes, de decoración, deseño, etc. -Os nenos e nenas dos colexios mercan libros? -Non; só para agasallo, mercados polos seus familiares.

-E os centros educativos para as bibliotecas, mércanche libros? -Non, agás algunha escola unitaria que si me ten mercado libros. Tamén hai que ter en conta que eu levo moi pouco tempo aquí; cheguei cando estaba xa rematando o curso. Espero que o vindeiro curso, en setembro, venda libros para os centros e para o biblioteca do Concello, a quen xa lle vendín algún libro este ano. -Tes a sorte de cobrar e todo, ao mellor? -Pois si, de momento estou cobrando (ri porque entende a ironía da pregunta). -Ben, falemos do vindeiro curso; como se che presdenta a venda dos libros de texto? -De momento xa cubrín as expectativas. Aquí véndese maioritariamente por encarga. Non están os tempos de acumular libros que logo non podes devolver, tendo en conta que teño que adiantarlle os cartos á Xunta.

-Ademais de libros que outro destino tes previsto para este “recuncho intelectualoide”? -Pois quero que esta librería se converta nun centro de ocio intelixente e divertido. Temos en programa varias iniciativas: cursos de debuxo e pintura, de labores para as mulleres que mercan revistas de labores (xa teño moitas moi animadas), un conta-contos para nenos e maiores, sesións de lectura comentada, manualidades, etc. Pouco a pouco converteremos este lugar en algo máis ca unha librería: un centro ao que se veña para pasalo ben e ademais cultivar o espírito: non todo ten que ser o diñeiro, os luxos, os vicios... A mente tamén merece ser cultivada se queremos ser persoas con futuro, membros dunha sociedade con futuro. -Vaia; saíunos filósofa a rapaza? -Tal vez foran os profesores que me meteron o bicho no corpo, non? -Desexámosche toda a sorte do mundo.


10

O Condado - Xullo de 2012

O alcalde entregou 1.800 euros aos gañadores da campaña “Mercar na Cañiza ten premio” venres 29 de xuño dentro da campaña “Mercar na Cañiza ten premio” posta en marcha a finais de abril. É esta unha campaña que pretende dinamizar e incentivar o pequeno e mediano comercio da vila e consiste en sortear entre os clientes dos comercios do municipio, que fagan compras por un importe superior a 10 €, 13 vales de compra para empregar novamente nestes establecementos adheridos á campaña que se desenvolverá ata finais de ano.

Alcalde da Cañiza, Miguel Domínguez, entregou o pasado 6 de xuño no Salón de Plenos do Concello os premios aos portadores dos números agraciados no sorteo celebrado o pasado

O

Contía dos premio A cantidade total a repartir durante a campaña “Merca no comercio da Cañiza 2012” é de 4.500 euros, distribuídos en tres sorteos trimestrais o 29 de xuño, o 28 de agosto e o 28 de decembro. Nesta ocasdión realizouse o primeiro sorteo equivalente a tres vales de compra por valor de 500, 300 e 200 euros e dez vales de compra por valor de 50 euros cada un.

Curso de preparados vexetais e campamento de verán en Arbo oa colaboración da Fun_dación Segundo Gil Davila, o concello de Arbo iniciou este mes un curso de preparados e conservas vexetais. Cunha duración de 30 horas, os participantes adestraranse nas técnicas de conservación de alimentos. Con esta medida o Concello e a Fundación pretenden pór en marcha iniciativas que engadan valor ás produción hortícolas e frutícolas que se obteñen nas hortas locais.

C

Campamento Tamén desde principios de mes vense celebrando en Arbo o Campamento de Verán. Con máis de 30 nenos e

nenas inscritos, de 9 a 14 anos, as familias dispoñen deste servizo, financiado ao 100% polas propias familias e polo Concello. Desenvolven actividades de lecer vinculadas cos deportes, co traballo en equipo, coas manualidades e aprenden a convivir en grupo. Ademais, todos os martes e xoves acceden gratuitamente á piscina municipal.


Xullo de 2012 -

11

O Porriño

51 porriñeses atopan traballo en xuño a través de Porremprego grafía, fontanería, fisioterapia e cerrallería foron os sectores elixidos para iso. No que vai de ano 2012 xa son máis de 40 os proxectos postos en marcha por emprendedores co asesoramento de Porremprego, "unha cifra que de seguir así todo indica que poderá superar á rexistrada o pasado ano 2011, cando foron 52 os proxectos transformados en empresa".

n total de 51 porriñeses, 29 homes e 22 mulleres usuarios da Bolsa de Emprego do Concello, atoparon traballo ao longo de xuño.

U

O concelleiro de Emprego, Alejandro M. Lorenzo, recorda que desde Porremprego trabállase a diario na formación e colocación dos desempregados porriñeses. "Os datos demostran que o noso labor de inserción funciona con éxito, xa non só en conseguir postos de traballo senón tamén convenios de colaboración con empresas para que os usuarios da Bolsa realicen formación e prácticas, que tamén se ofrecen aquí, pois a diario celébranse cursos de diversa índole, facendo fincapé naquelas materias e competencias máis demandas no mercado de traballo, ademais de dar a posibilidade aos mozos recentemente titulados de facer prácticas nos diferentes departamentos do Concello".

307 ofertas tramitadas As 51 insercións deste mes de xuño responden ás 307 ofertas tramitadas, para as cales remitíronse 710 curriculums, e é que desde o Concello aseguran que "ante a oferta dun posto de traballo, nós enviámoslles unha selección daqueles curriculums que mellor responden ás expectativas para poder ser cuberto e logo é a empresa quen decide, se non hai máis remedio, a contratación". Emprendedores Outra das claves a destacar é a figura dos emprendedores, veciños de Porriño que crearon o seu propio negocio co asesoramento de Porremprego, dándose eles de alta como autónomos, e ata contratando a persoas da propia Bolsa xerando emprego no municipio. Este mes de xuño foron nove persoas as que decidiron montar a súa propia empresa; foto-

Os postos máis demandados Do estudo despréndese que os postos máis demandados actualmente son perruqueiros e esteticistas; técnicos de calidade do sector farmacéutico; axudantes de cociña e cama-

No que vai de ano 2012 xa son máis de 40 os proxectos postos en marcha por emprendedores co asesoramento de Porremprego, case tantos como en 2011 reiros; tornero fresador; panadeiros, operarios de conxelados e de conservas e fileteadores de peixe; comerciais; electromecánicos; enxeñeiros industriais; informático de soporte técnico e persoal para a vendima.

O BNG do Porriño solicita que se modifique a lei da Área Metropolitana de Vigo grupo municipal nacionalista presentou no rexistro do Concello unha moción instando ao Pleno da Corporación Municipal a solicitar da Xunta á modificación da lei do ente supramunicipal.

O

O BNG considera preciso recuperar o consenso e buscar o común acordo dos concellos incluídos na área, iniciando un plan de traballo consensuado que a faga máis eficaz para poñela ao servizo dos intereses dos veciños e veciñas. Apostan ademais por definir os servizos mínimos imprescindíbeis nos que se debe comezar a traballar para prestalos de xeito mancomunado, así como instar á Xunta a buscar un acordo territorial, político e interadministrativo baseado no consenso político e institucional e na solidariedade, que axude a simplificar a estrutura da administración pública e non produza duplicidades.

A Escola Municipal de Música celebra o festival fin de curso A Concellaría de Cultura do Porriño informa de que finalizado xa o ano académico e coincidindo con clausúraa do campamento de verán, a Escola Municipal de Música de Porriño celebra o vindeiro venres 20 de xullo o festival fin de curso. Profesores e alumnos das diferentes modalidades de instrumentos subiranse ao escenario para deleitar ao público cun repertorio de temas. A cita será ás 20.30 horas na praza Arquitecto Antonio Palacios.


12

Publicidade - Xullo de 2012


Xullo de 2012 - O

13

Porriño

O Club de Patinaxe Ribex proclámase subcampión do trofeo europeo tempada non podía finalizar de mellor xeito para o Club de Patinaxe Ribex de Porriño, que tras cultivar diversos títulos a nivel rexional e nacional, vén de proclamarse subcampión do Trofeo Europeo disputado o pasado 29 de xuño na localidade italiana de Riccione.

A

Adestrado por Carolina Figueroa e Santiago Alonso, este xa é o segundo ano consecutivo que o Grupo Show, composto por dez mozas e un mozo, participa dun evento europeo, alcanzando o ano pasado en Arna (Francia) o cuarto posto, por encima de países como Francia, Italia ou Alemaña. Os seus adestradores confirman que esta foi "unha competición moi dura xa que os nervios da primeira vez e o alto nivel dos adversarios facían presaxiar unha competición difícil e moi rifada, pero a frialdade na pista e a espectacularidade do seu programa fixéronlle ao Club Ribex subcampión cunhas notas que rozaban os noves".

Moi satisfeitos coa súa actuación, desde o Club Ribex recoñecen que todos estes éxitos non serían posibles sen a axuda incondicional dos pais, a xunta directiva, os socios colaboradores e do Concello, ao cal agradecen unha vez máis o seu apoio "xa que sen a súa axuda nada sería posible". Precisamente, a Administración local asinou co club semanas antes un conveniopara axudar economicamente neste evento deportivo. Traxectoria O Club de Patinaxe Ribex naceu en 2008 e desde entón non deixou de cultivar éxitos tanto en grupo como en categoría individual, logrando premios recoñecidos a diferentes niveis. O club dispón ademais dunha escola de iniciación na que se forman nenos e nenas desde os dous anos. A día de hoxe máis de 60 patinadores compón Ribex, o máis pequeno ten dous anos e os maiores 22.

O Concello de Porriño concilia a vida laboral e familiar cos campamentos de verán anualidades, karaoke, baile, visitas e excursións son as actividades nas que participan os 26 nenos e nenas da primeira quenda do campamento de verán organizado pola Concellaría de Igualdade do Concello de Porriño que dirixe a edil Teresa Veloso.

M

Entre os múltiples obradoiros, nos que desenvolven tarefas lúdicas e formativas, este grupo de porriñeses de entre 6 e 12 anos recibiron a visita do alcalde Nelson Santos e da concelleira Teresa Veloso que estiveron con eles preguntándolles polas súas afeccións, a súa estancia no colexio e, sobre todo, a súa opinión achega do campamento no

que participan, cuestión ante a cal houbo unanimidade ao responder todos que era moi divertido e entretido e no que ademais aprendían moitas cousas novas.

O obxectivo desta iniciativa é ocupar aos máis novos da casa con actividades durante esta época de vacacións,

intentando concilialo co mundo laboral dos seus pais e nais. Esta primeira quenda celebrarase ata o día 20 de xullo, de 09.00 a 14.00 horas, e logo do día 30 de xullo ao 17 de agosto terá lugar a segunda quenda. A rutina diaria, guiada por un grupo de monitores, divídese en dúas partes: durante a primeira metade da mañá os nenos realizan talleres, manualidades e actividades diversas no centro cultural municipal e ao final da mañá saen ao parque, ao paseo do Louro, á piscina, á pista de padel ou ao polideportivo, co obxectivo de realizar unha xornada máis dinámica e completa coa práctica tamén de actividades físicas.

O Concello realiza traballos de acondicionamento e mellora en instalacións deportivas o obxectivo de fomentar o deporte entre todos os veciños do municipio, o Concello de Porriño está acometendo con fondos propios traballos de acondicionamento e mellora nas diferentes instalacións deportivas existentes en todas a parroquias.

C

O edil e o alcalde Nelson Santos visitaron algúns dos lugares nos que se están levando a cabo estes traballos que se centran, fundamentalmente, na preparación do campo coa reparación e o pintado da pista e das porterías, así como a colocación de rede. Por outra banda, desde o Concello anuncian tamén a colocación de tres parques biosaudables en Budiño, Cerquido e Atios. Ademais, en Budiño e Cerquido tamén se instalarán parques infantís.

Veciños de Porriño coñecen de preto a Casa Consistorial nunha visita guiada s concelleiros e a técnico de Educación foron os guías nunha xornada de portas abertas o pasado 29 de xuño na Casa Consistorial de Porriño e na que participaron unha trintena de veciños. A visita comezou coa explicación das orixes da vila e a presentación da figura e obra do arquitecto Antonio Palacios, artista porriñés que deixou pegada en múltiples vilas e cidades cos seus traballos.

O

A continuación o grupo dirixiuse ao interior do Concello para realizar o percorrido guiado. A visita transcorreu polas dependencias da Policía Local, Administración, Intervención e Tesourería, Urbanismo, Obras e servizos, Educación, Servizos Sociais, Persoal, Parques e xardíns e a Alcaldía, onde puideron pasar ao balcón do Concello. Finalmente, celebrouse no salón de plenos un coloquio aberto entre concelleiros e cidadáns na que os veciños fixeron suxestións e preguntas.


14

Salceda - Xullo de 2012

Salceda impulsa o CDL do Torrón Será o primeiro concello destas características cun viveiro de empresas propio concellería de emprego e formación do Concello de Salceda de Caselas, ó fronte da que está a Primeira Tenente Alcalde, Marina Cabaleiro, está a traballar na dinamización do CDL de O Torrón, no que terán cabida tódalas actividades relacionadas co emprego e a formación; e cuxo principal obxectivo é a creación de un viveiro de empresas e a continuación dun Plan de Formación que xa deu comenzo a principios deste ano 2012.

dade da súa idea empresarial, información e tramitación de subvencións e axudas, a cesión de oficinas equipadas e sala de xuntas e reunións, aula de formación en xestión empresarial e novas tecnoloxías, ou o asesoramento na xestión da empresa durante o primeiro ano de actividade. En definitiva trátase de que levar adiante unha idea de empresa sexa o máis doado e económico posible, para fomentar a creación de empresas e de empregos no Concello de Salceda de Caselas.

A

A próxima posta en marcha do viveiro de empresas municipal por parte da Concellería de Emprego obedece á necesidade de dar unha maior facilidade para crear empresas e novos autónomos, facilitándolles un espazo físico onde comezar a súa andaina profesional e empresarial. Marina Cabaleiro, sinala que “non debemos esquecer que as pequenas empresas e os autónomos son o verdadeiro motor da nosa economía, en consecuencia debemos facilitar a creación deste tipo de empresas” O Técnico de emprego local, Claudio González, considera que é todo un mérito para un concello do tamaño de Salceda de Caselas, cos escasos recursos que ten, tanto económicos como de persoal, teña unha infraestructura de este tipo,

un viveiro de empresas que aspira a ser un referente na comarca, sendo moi necesarios para fomentar o autoemprego, como saída necesaria para que moitos desempregados volvan traballar. “Persoalmente tiven esta idea presente hai máis de 10 anos e por fin teño a oportunidade de prestar o meu apoio para levala a cabo”. Marina Cabaleiro tamén quere salientar que con esta iniciativa da Concellería de Emprego do Concello de Salceda de Caselas, este municipio pasa a ser dos poucos de Galicia que teñen un viveiro de empresas propio, e atreveríamos a dicir que o primeiro das suas dimensións (menos de 10.000 habitantes), na provincia de Pontevedra só constan catro viveiros municipais de empresas.

O Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón contará tamén con distintas aulas de formación entre a que se encontra un aula de novas tecnoloxías, espazos necesarios para levar a cabo o Plan de Formación que xa deu comenzo a principios deste ano 2012. O longo deste ano xa tiveron lugar moitas accións de formación, entre as que se atopan cursos de manipulador de alimentos, búsqueda activa de emprego, redes sociais ou ofimática. Dentro destas iniciativas levadas acabo ubícase o curso de Ofimática Nivel Avanzado que acaba de ser clausurado este xoves. Servizos ofertados Os Servizos que se lle ofertarán os beneficiarios do viveiro serán diversos, dende o estudo de viabili-

O resto dos servizos do CDL serán para formación, no que se seguirán realizando actividades formativas para todo tipo de usuarios: empregados, desempregados ou autónomos. Obxectivo prioritario A número dous do equipo de goberno do Concello de Salceda de Caselas, a socialista Marina Cabaleiro, destaca que este foi o obxectivo prioritario que nos marcamos dende o comenzo desta lexislatura, e a pesar dos fortes recortes que tivemos que aplicar noutras áreas, conseguimos que nos orzamentos deste ano 2012, levados a pleno o venres 29 de xuño, teñamos unha partida destinada a adecuación do CDL de O Torrón para poder utilizalo como canal para tódalas políticas de emprego e formación.


15

Xullo de 2012 - Salceda

Unha senda chea de vida polo río caselas novo proxecto de senda verde na marxe do río Caselas será un proxecto posible grazas ao compromiso adquirido polo Alcalde Marcos David Besada Pérez e Francisco Marín Muñiz Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil o 26 de Abril do presente ano, onde ambos comprométense a asinar o Convenio.

O

O Concello de Salceda de Caselas ten previsto aprobar nos orzamentos deste ano unha partida do 20% (29.178 euros) do investimento total que ascende a 145.889,06 no marco dun convenio de colaboración ente ambos organismos, correspondendolle o 80% á Confederación Hidrográfica. O pasado 28 de xuño celebrouse en Madrid a Junta del Consejo de Agua, coa presencia do Ministro de Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, co obxecto de resolver problemas recurrentes na parte baixa do Río Miño e aproveitar as últimas partidas de fondos que a Comunidade pode percibir, para incluír o "Proxecto de Recuperación Ambiental e Senda Peonil no río Caselas Termo Municipal do Municipio de Salceda de Caselas", tal e como se pactou na devandita reunión e asinar o convenio de colaboración. Este novo tramo conectará a senda do Río Caselas xa existente que vai dende o Rubal ata As Pontes cunha extensión de 2.300 metros, coa nova senda que contará cunha extensión de 1.160 metros de lonxitude e que albergará o tramo

comprendido entre As Pontes ata As Regadas. Dende o Goberno xa se puxo a disposición dos terreos que formarán parte da nova senda, sendo un total de 126 as parcelas que integran a marxe da nova senda. Na senda do río recuperada conseguiuse incrementar o seu estado de conservación onde se realizan controis de calidade de auga con bastante periocidade. Obxectivo que se persegue para o novo tramo onde se realizará a eliminación nas marxes de especies invasoras, a plantación de árbores de ribeira, ademáis de eliminar vertedoiros incontrolados de lixo. Para que abunden as especies que conforman

o hábitat ripícola como son o salgueiro, amieiro, etc ademáis da presencia dun sotobosque confor-

A nova senda do Río Caselas contará cunha extensión de 1.160 metros de lonxitude e albergará o tramo comprendido entre As Pontes ata As Regadas mado por fentos femia, fentos reais, etc. Con isto consíguese a recuperación da fauna autóctona

deste tipo de ecosistemas mantendo as poboacións de peixes, anfibios, aves, mamíferos, etc.


16

Salceda - Xullo de 2012

Gran éxito do Roteiro “Coñecendo os Monumentos de Salceda de Caselas”

pio. E aproveitando o inicio do verán cultural de Salceda, os veciños aproveitaron o bo tempo para poder coñecer datos sorprendentes sobre o noso entorno.

ran éxito do I Roteiro “Coñecendo os pazos”. Moitas persoas acudiron á carballeira e Xabarís ubicada na parroquia de Santa María para coñecer parte da historia dos pazos de Avalle, Pegullal e a Casa Grande da Picoña. A visita guiada concentrou a moitos veciños e veciñas de Salceda que acudiron á cita para coñecer os pazos situados no noso Concello e que, aínda sendo propiedades privadas, abriron as súas portas para permitirnos coñecer detalles da historia que os rodean.

Dentro dos diferentes roteiros que se proporán dende a Concellaría de Turismo no paquete “Coñece os monumentos do teu entorno” realizarase unha combinación de camiñada polo entorno e de visita guiada dos puntos de interese que alberga dende os monumentos ata zonas asociadas a lendas e tradicións culturais.

G

A concelleira de Turismo de Salceda, Loli Castiñeira, asegura que “é imprescindible coñecer o noso pasado para poder entender o presente. Con este tipo de actividades non só se fomenta o interese pola historia e os monumentos do concello de Salceda de Caselas, senón que tamén interactúan e se establecen relacións sociais entre os asistentes”.

Dende o Concello de Salceda estase a realizar un novo grupo de roteiros que queren salientar a importancia de diferentes estructuras arquitéctonicas cargadas de historia que se atopan no noso munici-

Salceda homenaxea a Mª Carmen Avendaño, presidenta e coordinadora da Fundación Érguete-Integración

Portas abertas dos muíños no Roteiro “Coñecendo en familia” Concello de Salceda de Caselas, dentro da porgramación do verán cultural, realizou o pasado xoves 12 a partir das 19:00 un percorrido polos muíños que integran a Senda do Río Caselas. A actividade consistiu en realizar diferentes xogos para nenos que teñan os seguintes rangos de idade de 2-4 anos, de 4-7 e para maiores de 7 anos.

O o motivo do Día Internacional contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas o Concello de Salceda de Caselas organizou un acto homenaxe a Mª Carmen Avendaño Otero, muller moi ligada á loita contra o narcotráfico en galicia durante a súa vida.

C

O acto, que tivo lugar no Auditorio Municipal o pasado venres 22 de xuño, constou da visualización do documental “Ni locas ni terroristas”, dirixido por Cecilia Barriga, e que está baseado na vida de Mª Carmen Avendaño e de tódalas madres coraxe que viviron o inferno das drogas durante os anos 80 en Galicia e como esta loita tivo como resultado a creación da Fundación Érguete-Integración de axuda ós drogodependentes.

Carmen Avendaño foi unha pioneira na loita integral contra o narcotráfico, denunciando aos grandes traficantes e organizando plans integrais de rehabilitación e reinserción. Fundou a Federación Provincial e a Federación Galega de Axuda ao Drogodependente. A partir de 1995 foi concelleira do PSOE no Concello de Vigo e deputada provincial do PSOE en Pontevedra. Heroína No ano 2005, protagonizada por Adriana Ozores, rodouse en Galicia a película Heroína, baseada na súa historia. E leva o seu nome o Centro de Inserción Social de Vigo, inaugurado en 2006, que acolle condenados que cumpren o terceiro grao ou que fan traballos comunitarios.

Cada muíño foi ornamentado e serviu de exposición de temáticas variadas: micoloxía, fauna e flora do río Caselas, asociadas a diferentes probas que os nenostiveron que superar coa axuda dos seus familiares. Na actividade pretendíase conseguir que os membros das familias participasen xuntos na actividade, competindo contra outras familias segundo as idades dos pequenos participantes.


17

Xullo de 2012 - Tomiño

O Concello de Tomiño é a primeira entidade da zona que participa no proxecto de voluntariado europeo Concello de Tomiño será a primeira entidade da zona que acollerá e enviará voluntarios europeos grazas a súa inclusión no proxecto de voluntariado europeo dentro do programa de “xuventude en acción”. O proxecto foi presentado no mes de maio e aprobado pola Axencia Nacional que valorou positivamente a dimensión europea que dende o Concello de Tomiño lle outorgamos ás actividades que realiza.

O

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (Omix) leva anos cun grupo de voluntariado que recentemente grazas a este mesmo proxecto viaxou a Checoslovaquia onde entraron en contacto con voluntarios e voluntarias de toda Europa. O vindeiro mes de setembro iniciarán a súa estadía dúas voluntarias procedentes de Centroeuropa. O seu traballo como o do grupo de voluntarios locais enriquecerá a ambas partes, proporcionándolles habilidades útiles para elas como membros dunha sociedade que van dende un desenvolvemento crítico

de pensamento, habilidade argumentativas, traballo en equipo, o coñecemento doutras culturas e a súa configuración como cidadáns activos. Promoción da diversidade O feito de ter diferentes nacionalidades nun mesmo equipo axudará a promover diversidade e establecerá un entendemento mutuo entre diferentes culturas. As dúas volun-

Tomiño promove a Escola de verán de pádel e tenis

Concello de Tomiño organiza dúas escolas de verán, unha de tenis e outra de padel. O periodo da escola é do 2 de xullo ao 31 de agosto nas pistas do Colexio Pedro Caselles e no caso de choiva no pavillón de Goián. As inscricións son ata o 29 de xuño para ambas actividades e o seu prezo é de 15 euros ao mes.

O

A escola de tenis vai dirixida a nenos de nenas a partires dos 6 anos. As clases serán de unha hora de entre as 10h00 e as 13h00 os luns, mércores e venres. No caso da escola de padel o alumnado ten que ter máis de

tarias son Marin Vomm e Adrianna Bykowska que estarán de setembro do 2012 a xullo do 2013. Marin Vomm procede de Estonia e encargarase de organizar obradoiros de idiomas e de gastronomía. Adrianna Bykowska é polaca e potencionará o turismo e patrimonio sociocultural de Tomiño en función da súa experiencia sobre a materia que desenvolveu no seu país. Este proxecto do que Tomiño é pioneiro na

zona está subvencionado ao 100% por fondos europeos. A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, calificaba de “innovador e creativo este proxecto do que nos enriqueceremos coa experiencia doutras profesionais europeas. O traballo en equipo entre as dúas voluntarias europeas e o noso voluntariado, estou segura que dará moi bos froitos”.

ADETO organizou a II Feira de Oportunidades e Exposicións

12 anos e organizaranse dous grupos. Un grupo practicará os luns e mércores e outro os martes e xoves. Tamén serán clases de unha hora de entre as 09h00 e as 13h00. En ambas actividades poden participar tamén adultos sen límite de idade. Esta é unha actividade que organiza a Concellería de Deportes, da cal a súa responsable, Cristina Martínez, adiantou que “este verán o noso obxectivo é ofrecer aos veciños e veciñas de Tomiño actividades que habitualmente non son as máis recurrentes como tenis e padel, volei praia, fútbol praia ou tenis praia, cursos de piragüismo...”.

pasada fin de semana as persoas que se achegaron até o centro de Tomiño puideron gozar dunha excepcional oportunidade para realizar as compras na Feira de Oportunidades e Exposicións de Adeto.

A

Os visitantes atopáronse unha variedade de artigos dos diferentes comercios da zona que participaron nesta feira. Unha mostra do tecido comercial desta cidade que lle planta cara á crise ofrecendo produtos de calidade a un prezo competitivo, sendo dinámica e competitiva nos tempos que corren.

Mentres os mais pequenos o pasaban en grande nos hinchables durante as dúas xornadas os moitos compradores que se achegaron a esta feira de Adeto mesturábanse cos turistas. Todos puideron degustar as filloas realizadas pola comparsa “Estrelas dá Noite” nunha fin de semana cargado de actividades no Baixo Miño. Adeto traballa e seguirá a facelo para a incentivación do comercio en Tomiño e en breve estarán preparadas novas campañas para este verán, das que seguirán informando puntualmente.


18

Tomiño - Xullo de 2012

O “punto fortaleza” inicia a súa actividade na praia de Goián Concello de Tomiño abriu o pasado martes 3 de xullo o “punto fortaleza”. Esta oficina ten como finalidade dinamizar a praia de Goián e o espazo recén inaugurado no seu entorno.

O

Esta oficina depende do Concello de Tomiño e oferta tanto actividades como materiais de lecer. Así faise préstamo gratuíto de libros, xornais e xogos. Para poder dispor deste material só é preciso facerse socio mediante o “carnet fortaleza”, que tan só custa 1 euro para toda a temporada.

Libros e xornais Os libros dos que poderán dispor os usuarios abarcan máis de 80 títulos en galego e castelán e haberá variedade para nenos e nenas, mozos e mozas e adultos. Ademais, poderase consultar o xornal xa que tódolos días estarán as principais cabeceiras informativas do país.

Con respecto aos xogos, poderase dispor tanto de xogos de taboleiro como palas e pelotas para xogar a fútbol, volei , etc. Este punto fortaleza tamén informará turísticamente a todo aquel que se achegue por Goián proporcionando material sobre o noso Concello e, promocionará o entorno con rotas a pé, en bicicleta e en canoa. E para todo aquel que queira facer por libre algunha rota tamén se alugan bicicletas e canoas. O “punto fortaleza” estará aberto de 16 a 21 horas ata o 31 de agosto cando remata oficialmente a temporada. A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, indicou que “esta iniciativa dinamizará este espazo recén aberto á cidadanía e favorecerá o uso e disfrute da praia e do seu entorno. Este “punto fortaleza” está pensado para todos aqueles que queiran coñecer o noso patrimonio e para as familias que acuden a praia como lugar de lecer e que dende agora poderán facer uso de xogos e de libros”.

A mocidade tomiñesa disfrutará este verán do servizo de Tomibús ller o coche nas saídas nocturnas da fin de semana. O servizo é un dos mellor valorados polos seus usuarios xa que ademáis de reducir o número de accidentes na estrada crea seguridade as familias xa que evita moitos coches na estrada.

Concello de Tomiño ofrece o servizo de tomibús este verán. Vistas as altas taxas de perigosidade na estrada, o Concello de Tomiño decidiu voltar a ofertar este servizo de transporte nocturno co obxectivo de que os mozos e mozas de Tomiño eviten co-

O

Os maiores do municipio de Tomiño viaxan á súa infancia

O servizo estará en funcionamento todos os sábados de xullo e agosto. O seu custo, económico, tan só será de 5 euros ida e volta incluída. Ademais nas Festas do Monte da Guarda darase servizo o xoves, venres e sábado. A rota conectará todo o Concello coa Guarda. Sairá ás 23.45 horas de Santa María de Tebra pasando por vilameán e Hospital para logo desviarse a Taborda e Piñeiro. Dende Sobrada baixará a Torrón e seguirá a estrada nacional que conecta Tui- A Guarda finalizando a recollida de pasaxeiros en Goián para xa por último dirixirse A Guarda. A volta será ás 06h00 e regresará facendo o percorrido a inversa.

programa de maiores da Concellería de Servizos Sociais e os maiores do Centro de Día visitaron o 12 de xullo o Museo Pedagóxico Galego. Esta saída didáctica conxunta a Santiago puxo o peche ás actividades realizadas ao longo deste curso.

O

A visita ao Museo Pedagóxico Galego significou unha volta a súa infancia. Alí puideron recrearse nas aulas nas que moitos deles estudaron. Sentaron nos seus pupitres cos seus tinteiros e os pizarríns e agromaron ás súas mentes os imborrables recordos de infancia. A saída didáctica forma parte das actividades que organizan dende o programa de maioresda concellería de Servizos Sociais co obxectivo de promover espazos de

convivencia para un envellecemento activo e digno. Ademais, dende a Concellería de Servizos Sociais estanse a programar unha serie de actividades que propicien unha visión positiva do envellecemento como un inesgotable caudal de coñecemento e experiencia. O vindeiro curso comezará en setembro. O concelleiro de Servizos Sociais, Jesús Montero, resaltou “o enorme labor dos técnicos tanto da concellería de servizos sociais como do centro de día, sempre dispostos a colaborar nas actividades que realizamos como o encontro interxeracional entre os maiores do programa de servizos sociais e centro de día e os nenos da unitaria do Seixo. Son actividades de baixo custo e gran satisfacción para o usuario”.

O Concello de Tomiño pon en marcha o circuíto cultural Concello de Tomiño pon en marcha o “circuito cultural” polo cal as comisións e organizadores de festas poderán acceder a un desconto no custo a hora de contratar grupos tomiñeses.

O

As comisións de festas poderán contratar de xeito subvencionado grupos musicais tomiñeses que inclúen banda de música, as corais, as bandas de gaitas con máis de 30 compoñentes os grupos de gaitas, as treboadas e as pandereteiras e as murgas. Os grupos tomiñeses incluídos asinaron previamente co Concello un convenio no cal aceptaban ditas condicións, e amosaron a súa satisfacción por esta iniciativa. Para que as comisións de festas poidan acceder a dita axuda deben en primeiro lugar contratar o grupo e fixar a súa actuación e

comunicarllo por escrito á Concellería de Cultura cunha antelación de 30 días. A aportación do Concello materializarase unha vez que a comisión de festas presente o recibo de pago a dito grupo. Só se poderá presentar unha solicitude por evento. Dentro da política de axustes o Concello retira as subvencións directas ás festas e axudará establecendo unha nova política de axudas aos grupos musicais tomiñeses.


19

Xullo de 2012 - Tomiño

O vello torreiro do Árbol recupera o seu antigo nome de “Feira do 23”

Concello de Tomiño e a Comunidade de Montes de Tomiño inauguraron o pasado 9 de xullo o torreiro do Árbol , recuperando o vello nome de “feira do 23” que garda un simbolismo especial para os veciños e veciñas de Vilachán.

O

dirixiron unhas palabras aos veciños congregados no torreiro. Enrique Gándara, como presidente e representante dos comuneros de Tomiño, recordou “a historia e a especial importancia que ten este espazo para os veciños e veciñas de Vilachán. Esta era a feira do 23, aquí era onde os nosos veciños portugueses, que eran moitos, facían unha feira unha vez ao ano. Da súa importancia e impronta na súa terra de acollida queda hoxe constancia”.

A obra está cofinanciada polo Concello de Tomiño e a Comunidade de Montes de Tomiño cun orzamento total de 45.000 euros. O Concello aportou 30.000 euros que xa foran orzamentados no exercicio deste ano 2012, e a A obra foi financiada Comunidade de Montes fíxose cargo do restante, a medias polo Concello 15.000 euros.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, resaltou “ a xenerosidade dos comuneiros e comuneiras de Tomiño xa que con todos os gobernos cederon terreos para o centro de saúde, para dependencias municipais de servicios sociais, centro de día, centro de discapacitados... Porque a colaboración entre comunidades de montes é precisa para facer máis con menos e rentabilizar os recursos”.

ea Comunidade de Montes de Tomiño, cun orzamento total de 45.000 euros

No acto inaugural participaron máis de 150 veciños e veciñas neste espacio recén acondionado. O torreiro ademáis de acondicionarse, dotouse cun parque infantil para uso e disfrute dos nenos e nenas do barrio que tras o Seixo, é un dos máis poboados.

No acto o presidente da Comunidade de Montes de Tomiño e a Alcaldesa de Tomiño

O Concello de Tomiño organiza un campamento urbano gratuíto

Concello de Tomiño organiza un campamento urbano no Campo da Feira de balde. Está dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos de Tomiño. Os horarios do campamento son de luns a venres de 10h00 a 14h00.

O

Os máis cativos se divirtirán con xogos e obradoiros lúdicos educativos que correrán a cargo de voluntarios e personal da Omix, de membros da Cruz Vermella e do alumnado do curso de monitor de tempo libre que aproveita a ocasión para desenvolver a parte práctica do mesmo. O límite de inscrición é ata agotar o número de prazas. Para inscribirse, hai que dirixirse a Omix (Oficina de Municipal de Información Xuvenil) no teléfono 986 623 304 ou no mail omix@concellotomino.com O obxectivo do campamento é ofrecer actividades de ocio e lecer aos nenos e nenas e facer máis compatible para as familias a conciliación da vida familiar e o traballo.


20

A Guarda - Xullo de 2012

Especial Festas do Monte da Guarda

Os forasteiros xa están aquí Juan Louzán s galegos residentes en Madrid, en Barcelona, Caracas, México, Argentina, Brasil, Francia, Alemaña, Suíza, etc., desde hai moitas décadas, que teñen fillos e netos nacidos neses países, xa están na Guarda. Chegan sempre con cara de Aspirina, brancos como mortos maqueados no tanatorio. Pero en canto levan unha semana pateando as rúas guarde-

O

sas, o Monte Trega, o Torroso, as fermosas praias, a senda marítima que vai desde o porto guardés hasta Camposancos, o mercadiño da Alameda, e toman uns viños en Area Grande, Chupa Ovos, Mar y Cielo, Couto, Barbela, Pasaxe, Xeito, tabernas e restaurantes do porto guardés, acompañado dunha ración de polbiño, cambian de cor radicalmente ata converterse en indios torrados polo sol. E a cor da boa saúde.

Entre estes turistas atópanse Óscar Noya e a súa dona. Chegaron de Caracas o día 1 de xullo, máis brancos cá cera, pero xa teñen pel de saúde, grazas aos paseos diarios que dan acompañados dos amigos Chito e Lucía polo paseo do colesterol no porto. Logo xúntanse cos seus amigos Juan e Ana, os “madrileños” de todos os anos, e todos rin cada vez que Chito conta que é a Lúa a que se mete detrás do Trega e non ao revés.

Este ano celébrase o 99º aniversario da romería no Monte Santa Trega. Estivo a piques de non celebrarse porque a anterior comisión xa estaba cansa despois de tantos anos de traballar sen un merecido e xusto relevo. Pola actual e dura crise o orzamento foi reducido ao máximo. Confiamos en que todo saiga ben e sobre todo que os guardeses e forasteiros non decaian no seu amor a estas festas enxebres e que todos disfruten a tope.


21

Xullo de 2012 - A Guarda

Especial Festas do Monte da Guarda


22

A Guarda - Xullo de 2012

A Guarda súmase ao BOOKCROSSING enteiro nunha gran biblioteca, multiplicando as posibilidades de títulos ós que acceder e ampliar a experiencia de lectura. Esta experiencia lectora pode completarse a través da web, onde existen varios portais dende os que seguir o rastro do libro, comentalo, debater en foros, etc...)

intercambio de libros, tamén chamado bookcrossing, é unha iniciativa extendida e consolidada por toda Europa que consiste en desfacerse daqueles libros xa lidos deixándoos na rúa para coller outros.

O

O bookcrossing pode realizarse en calquera sitio: un tren, unha parada de auto-

bús, calquera lugar é un bo sitio para liberar un libro. Cando ti atopas cun libro “liberado” podes recollelo para lelo, é gratis, pero a cambio tes que deixar outro. Lectura de acceso libre A idea é poder acceder libremente á lectura, descentralizándoa dos lugares habituais, convertendo así o mundo

Feira do Libro Na Guarda queren unirse a esa iniciatriva e por iso o domingo 27 de xullo, no recinto da Feira do Libro, dedicarase un stand onde se liberarán libros de todo tipo: ensaios, poemarios, libros de cómic, novelas, relatos... Só poñen unha condición: non intercambiar por tomos de enciclopedia e que os libros estean en bo estado, en definitiva, libros que sirvan para compartir.

Érguete-Baixo Miño impulsa de novo a campaña “Cambio de sentido” n ano máis, co comezo do verán, a Asociación Érguete Baixo Miño pon en marcha a campaña de información ás autoescolas sobre o Programa de prevención do consumo de alcohol e outras drogas na condución de vehículos, co fin de lograr a súa implicación e poder impartir o programa nas súas aulas.

U

Trátase dunha actuación preventiva denominada “Cambio de Sentido” que pretende mellorar a información dos alumnos das autoescolas, principalmente mozas e mozos de entre 18 a 25 anos, en relación cos riscos asociados á condución de vehículos baixo os efectos do consumo de alcohol e outras drogas, promovendo actitudes e condutas máis seguras e responsables no respecto das taxas de alcoholemia, e outras condutas de risco.

O pintor Marino Lamas expon a súa obra no Centro Cultural da Guarda pintor Marino Lamas expon a súa obra no Centro Cultural de A Guarda ata o 25 de xullo.

O

80, formándose no taller do maestro Mingos Teixeira, chega ata á Guarda avalado

Dende o pasado venres 13 de xullo poden visitarse no Centro Cultural de A Guarda os diversos óleos e acuarelas que o artista Marino Lamas preparou para a súa estadía na Guarda. Este artista que inicia a súa carreira pictórica nos anos

polas diversas exposicións que ven presentando nos úl-

timos anos, entre as que podemos destacar: as realizadas coa Asociación Calliope de Madrid (2007), no Auditorio Municipal de Cangas (2009); na Casa das Artes de Vigo (no 2010 e no 2011) e máis recentemente no Ateneo de Marín. A mostra pódese visitar todos os días: de luns a venres de 9 a 15 horas; de 10 a 13 horas os sábados e de 10.30 a 14 horas os domingos e festivos.

XVII Travesía a nado Porto da Guarda Concello da Guarda asumiu unha ano máis a organización da XVII Travesía a Nado Porto da Guarda que terá lugar o sábado 28 de xullo de 2012 ás 12 horas. A travesía non foi incluída no Circuíto de Augas Abertas.

O

A inscrición xa comezou e remata o 24 de xullo. Consulta o regulamento e categorías en www.aguarda.es Para máis información ou para formalizar da inscrición no tel. 986 614 546 ou ben no correo deporte@aguarda.es.


23

Xullo de 2012 - A Guarda

Visita nocturna Lendas do Trega na Guarda n 2012 celebrase o centenario da Creación da Sociedad ProMonte e o Padroado do Monte Santa Trega conmemora este centenario con eventos para todos os públicos.

E

Unha das accións realizadas pola Sociedad Pro-Monte foi a creación da ampla rede de sendeiros que recorrían todos os recunchos do Monte Santa Trega. Este verán volverán a ser percorridos ca actividade CAMIÑOS DO TREGA VERÁN 2012 con dúas visitas guiadas e gratuítas. A primeira cita foi o venres 13 de xullo ca VISITA NOCTURNA “LENDAS DO TREGA” que deu a coñecer o Monte Santa Trega dun xeito diferente ás anteriores visitas. O punto de encontro foi o Centro Cultural e ás 22.00 horas comezouse a ascender o monte a pé seguindo as instrucións do guía para que a visita fose un éxito. Era imprescindible levar lanterna.

Este verán o Conservatorio da Guarda convoca cursos gratuítos A Agrupación Musical da Guarda organiza, neste verán, Cursos de música gratuítos para todas as idades. Estes cursos desenvolveranse no Conservatorio de Música da Guarda, impartíndose as especialidades de linguaxe musical, frauta traveseira, clarinete, saxofón, trompa, trompeta, trombón de varas, tuba e percusión, dispondo de instrumentos que se poderán utilizar de forma gratuíta. Para máis información as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 610 707 514.


Xornal Galego de Información Xeral Director: Carlos Rey Bárcenas. Edita, maqueta e imprime: Publicaciones Tameiga, S.L. Enderezo: Avenida do Aeroporto, 83, Tameiga,

Mos. Pontevedra. Enderezo electrónico: redaccion@hermeseatenea.com publicidade@hermeseatenea.com director@hermeseatenea.com Teléfonos: 986487480/658585049 Coordinador: Guillermo Rodríguez Colaboradores: Alicia Rocha, Vicente Alló, X. A. Pérez Lema, Pablo Glez Mariñas, Anxo Fernández

Saborido, Antonino García, Emilio Ínsua, Anxo S. Porto Ucha, Xoan Xosé Pérez Labaca, Raúl Daniel Sotelo, Manuel Rosende, Inma Otero, Miguel Andión, Juan Louzán (Madrid), Coki (Nova Iorque), Carlos Barros Fotografía: Arquivo, Hernández Publicidade:Guillermo Rodríguez e departamento propio Depósito Legal: VG175-2012

Este xornal imprímese en papel reciclado

O autor foi presentado polo xornalista, escritor e tradutor Jesús Pardo de Santayana

Lectura poética da obra “Lúa loura” de Antonio Domínguez Rei É tamén membro da prestixiosa Académie Universelle de Montmartre en Europe (París), e preside dende 1997 a Asociación Internacional AULIGA, cuxo obxectivo é crear en Galicia un centro euro americano que funde a Universidade Libre Iberoamericana. Con tal obxectivo, dirixe o seminario Internacional de Tradución e Poética que se celebra anualmente na vila galega de Rianxo.

Casa de Galicia de Madrid acolleu a tarde do pasado 10 de xullo unha Lectura poética a cargo de Antonio Domínguez Rey, con motivo da reedición do seu libro Lúa Loura. Domínguez Rey é escritor, poeta e catedrático excedente de Lingua e Literatura Españolas de Instituto e Catedrático de Lingüística na UNED.

A

Na presentación do acto interviñeron o coordinador de actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez Pérez; o xornalista, escritor e tradutor, Jesús Pardo de Santayana e o propio autor, Antonio Domínguez Rey. Jiménez Pérez destacou parte da traxectoria do autor, "crítico e ensaísta, publicou numerosos libros, como o titulado Antonio Machado, de 1979, ou Lingüística e Fenome-

noloxía (Fundamento poético da linguaxe), de 2009, por citar só os correspondentes ás datas entre as que se encontran as demais publicacións. En 1982 creou en París a Aula de Literatura Antonio Machado". Como poeta, escribiu en castelán e en galego, comprendéndose a súa produción entre o primeiro título en castelán de 1974, Garlopa mariña, e a edición de 2012, revisa-

da e aumentada, en galego, de Lúa Loura, que é o detonante da súa lectura poética nesta Casa. Colaborou así mesmo, como crítico literario, en diversos xornais españois, como El País, e en revistas como La Estafeta Literaria, Cadernos Hispanoamericanos ou Ínsula. Actualmente faino nas páxinas de Opinión, en Los Lunes de El Imparcial e en Crítica Semanal de Libros.

La Casa de Galicia realizou unha revisión das relacións históricas dos viquingos con Galicia xornalista Mercedes de Luis Andrés lembrou na Casa de Galicia en Madrid as relacións históricas dos antigos viquingos con Galicia e o seu pouso social nas terras galaicas e danesas ata o presente na conferencia "O mar, ponte entre culturas", na que presentou o mar como un elo entre as culturas e revisou o estereotipo de que eses visitantes "chegaron e fóronse rapidamente, causando danos." "Así funciona a maquinaria da historia, cando un personaxe é irritante é rotulado negativamente porén, noutro punto da Terra, o mesmo personaxe é visto como un benfeitor", reflexionou para situar os feitos.

ve e selo de Galicia". Máis tarde uniuse a un valor relixioso para a construción dunha basílica en honra de Santiago.

A xornalista, interesada na historia danesa e no ciclo das viaxes dos viquingos no norte de España e en Galicia en particular, foi acompañada polo Coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, que salientou que "é unha namorada das viaxes e das relacións entre os pobos".

Dous séculos despois das batallas na Ría de Arousa, explicou, os normandos voltan de novo a Galicia, pero como peregrinos xa que, no que é hoxe a Dinamarca, hoube unha transformación ao cristianismo e nas súas crónicas ficaba a memoria dun lugar chamado Santiago, cos tesouros da cristiandade, viñeron tanto por terra e como por mar. De Luis dixo que o que hoxe chamamos de Camiño Inglés toma a ruta dos peregrinos normandos e que eran orixinalmente rotas comerciais às que se foron sumando. Finalmente, a conferenciante ofreceu unha visión xeral de Dinamarca desde a súa época guerreira até a era actual de "abandeirada do deseño" e referiuse à "pegada da herdanza española" no país en igrexas e rúas dedicadas a Santiago, que viven con outras rúas na honra dos deuses de viquingos Thor e Odín.

A

Da man de Mercedes de Luis, o auditorio da Casa de Galicia revisou o episodio da historia galega que tivo lugar no século IX no territorio de Catoira, onde os enfrontamentos tiveron lugar entre invasores normandos e veciños de Catoira. Lembrou as chamadas Torres do Oeste, fortificación da que so quedan pequenos restos en Catoira, pero durante séculos e ata os Reis Católicos era un símbolo de resistencia ao invasor que viña polo mar, o que fixo a Catoira pasar á historia como "cha-

Ademais, participou en diversos proxectos de investigación, entre eles o realizado sobre o Teatro do Século de Ouro; e pertence ao comité directivo da revista SIGNA, da UNED, e ao científico de HISPANOGALIA, revista hispano francesa de pensamento, literatura e arte. Viviu en Burdeos e en París e ten textos seus traducidos ao francés, romanés, inglés e xaponés.

Carmen Touza comeza en Madrid a viaxe do seu traballo por cidades dos Emiratos Árabes Unidos e China ende o pasado 3 de xullo e ata o día 29, a Casa de Galicia ofrece a exposición "Esencia de cores" de Carmen Touza, artista pontevedresa formada en Alemaña e discípula do pintor chinés nacionalizado estadounidense Wallace Ting falecido hai un par de anos. "Foi como un pai para min", di a autora do poeta e colorista, do cal se poden identificar moitas referencias nas súas pinturas.

D

Nos próximos meses, a obra da artista internacional vai viaxar a diferentes cidades tan dispares como as dos Emiratos Árabes Unidos: Dubai, Abu Dhabi, e Dohan ou cidades chinesas: Pequín, Xangai, Taipei e Hong Kong como dixo na presentación tamén un artista, natural de Verín (Ourense), profundo coñecedor das creacións de Touza e amigo persoal, Carlos Modesto Contreras. Nas presentacións de apertura estiveron o Coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, o artista e delegado de varios museos norteamericanos en Europa, Carlos Modesto Contreras (Barón de Verín) e a propia artista, Carmen Touza. "Son creacións moi plásticas, cheas de vida e cor coma ela", dixo Contreras, "inspiradas e dedicadas a mulleres de pensamento e de espírito libre, contemporánea e de sempre, misteriosa e sensual, e a todas as mulleres como símbolo de traballo ". A exposición terá lugar ata 29 de xullo, de 10 a14 horas e de 16 a 20 horas. Festivos: 10 a 14 horas.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook