www.apeneiradixital.com
XORNAL
ANO 1 - Nº 5
GALEGO DE INFORMACIÓN
XERAL
Maio de 2012 - 2€
O PORRIÑO O Festival de Cans celebra a súa a edición máis galega Páx. 13
SALCEDA DE CASELAS A AGASP impartiu o curso de Protección Civil Básico en Salceda Páx. 15
TOMIÑO A Mostra de cultivos de Tomiño chegou á súa 9ª edición
iro
re
r Ca
pe
o
ux
b De
Pe
Páx. 18
A GUARDA O concello da Guarda acomete novas obras en Salcidos e Camposancos Páx.19
As Letras Galegas 2012 homenaxean ao escritor Valentín Paz Andrade
2
Opinión - Maio de 2012
Valentín Paz Andrade e José Queizán: dous bos avogados defensores Carlos Méixome outra ocasión falamos dende as páxinas d’A Peneira da causa militar 297/1936 instruída contra o Garda Forestal de Baiona Jaime Martínez Estévez e vista no Consello de Guerra celebrado, o 17 de decembro de 1936, en Vigo, no que resultou condenado a 15 anos de prisión polo delito de “auxilio á rebelión”. Comentabamos daquela que o Forestal procurara un bo defensor, nada máis e nada menos que a Valentín Paz Andrade. O avogado galeguista elaborou unha hábil estratexia defensora argumentando a actuación forzada do seu patrocinado e, nomeadamente, que no momento dos feitos non se declarara o Estado de Guerra en Baiona, onde residía o seu defendido quen ignoraba que si se fixera en Canido (Vigo), lugar dos feitos que os sublevados querían xulgar.
N
xército. Cando se celebrou en Vigo a primeira vista, no Pazo de Xustiza, os acusados eran persoas que eu coñecía, e algunha era amigo. Antes de escomenzar a sesión, conversei con o fiscal militar e algúns auditores, aos que tamben coñecía profesionalmente. Pol-as poucas palabras que crucei con eles. Decateime que respondían a instruccións tan drásticas, que o diálogo era inútil.” Ante estas circunstancias o Forestal baionés, e seguro que non foi casualidade, escolleu para a súa defensa ao Alférez de Complemento e avogado, José Queizán Hermida que vai seguir a liña argumental presentada por Paz Andrade. A intervención do pai de María Xosé Queizán fará que o Consello de Guerra, pre-
petua” solicitada pola acusación militar. Que Queizán seguise a estratexia defensora de Paz Andrade, e mesmo que fose solicitado a súa intervención noutros casos, non ten moito de estraño xa que era pasante no despacho de don Valentín que o recorda no libro de conversas con Tucho Calvo citado: “Impuxéronlle a estrela de Alférez Provisional. Estuvera no frente de Madrid, cando a capital resistira a primeira ofensiva. Viñera a Vigo con licencia cando eu voltara dos primeiros desterros. Na
batalla do Ebro resultou morto por explosión dunha granada de man. Púdose recuperar o cadáver e recibiu sepultura en Vigo”.
Josefina escollera como defensor ao pasante de Paz Andrade, non por casualidade senón como resultado do cruzamento de diversas informacións, entre as que fora definitiva a opinión de Urania Mella. Sabía ben que era un dos poucos que reunía as condicións de militar e avogado e dos aínda menos que podían colaborar na argucia que tiña imaxinado para salvar a vida. Queizán agarrouse a insinuación da Segret de que sospeitaba que estaba embarazada como a un cravo ardendo. Empregou este feito non ante o tribunal senón ante algún xefe militar e dese xeito logrou o indulto para a súa defendida, condenada a morte. Mesmo insinuou, ante un coronel, a posterior solución: “vostede tranquila, non vaia abortar”.
As posibilidades de actuación de Paz Andrade como avogado defensor quedaban truncadas non só polo desterro iniciado o 13 de setembro senón pola decisión dos sublevados a que fixemos referencia.
Logo a imprescindible colaboración dos doutores tudenses: Abraldes e Darío Álvarez Blázquez lograron o obxectivo. Josefa Segret andou por penais e cárceres ata marzo de 1944 e que foi posta en liberdade.
No expediente da causa figura unha providencia, asinada polo instrutor Otero Barge o seis de outubro de 1936, na que se lle comunica ao detido que nomee un novo defensor pois o avogado Paz Andrade estará “ausente por tiempo indefinido de esta ciudad”. Efectivamente don Valentín levaba case un mes fora de Vigo cumprindo a orde do seu primeiro desterro na vila de Verín que remataría en Requeixo da Serra, no corazón da Serra de Queixa, polo Nadal de 1937. O Forestal propuxo a súa defensa a outro civil, Rafael Quintana Aubert, mais este non a aceptou aducindo o moito traballo acumulado no seu despacho. A desculpa pode ser certa pero tamén o é que naquela altura as autoridades militares rebeldes xa decidiran que non lles gustaba a intervención de civís como defensores. Este extremo déixao ben claro o mesmo Paz Andrade: “Os consellos de guerra escomenzaron axiña. Moitos familiares dos encartados viñeron a me encargar as defensas, o mesmo que farían a outros letrados. Antes de que puderamos actuar, a autoridade militar dispuxo que somente poderían ser exercidas por oficiaes do E-
sidido polo Tenente Coronel de Infantería retirado Félix León López, considere o hipotético delito cometido por Jaime Martínez como de “auxilio á rebelión” e non de “rebelión” tal e como solicitaba o Fiscal militar, José María Puga Ramón. A diferenza estaba entre os quince anos de condena que lle caeron e a “reclusión per-
A situación de Xosé Queizán Hermida era ben diferente, xuntaba a súa condición de avogado coa de Álferez de Complemento e a súa intervención sería solicitada en diversas ocasións. Entre outras por Josefina Garcia Segret que lle dedica gabanciosas palabras no seu libro Abajo las dictaduras!! A viúva de Hipolito Gallego Camarero, o mestre de Forcadela (Tomiño), asasinado e brutalmente mutilado o cinco de outubro de 1936 nas proximidades do concello de Mondariz xunto a outros baixomiñotos (o comerciante de Amorín, Manuel Piñeiro Zúñiga; Francisco Rodríguez Otero, o célebre “Paquiño de Figueiró”; o cerralleiro de Caldelas de Tui, Domingo Paramos Núñez e os veciños de Guillarei, Manuel Pérez Besada e Fernando Rubio Estévez), contou coa inestimable axuda do mozo Queizán.
3
Maio de 2012 - Ponteareas
Preséntase en Ponteareas o libro Diabolus in Musica: Conversas con Rogelio Groba gelio Groba, así como a súa particular visión do mundo da música e da cultura, adentrándonos na personalidade do compositor máis relevante da historia musical galega.
pasado venres 4 de maio, dentro dos actos ao abeiro do programa “Mes de Maio, mes das Letras”, organizados polo Concello, o Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas acolleu a presentación do libro Diabolus in música. Conversas con Rogelio Groba, recentemente editado por Galaxia, e escrito polo xornalista e xerente da Fundación Rogelio Groba, Manrique Fernández.
O
O acto contou coa presencia do autor e do protagonista do relato, así como do director xeral da editorial Galaxia, Víctor Freixanes, e do alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla. Tamén contou coa actuación musical do trío Cassadó, que interpretou obras de Rogelio Groba, así como doutros autores galegos.
“Diabolus in música” repasa a vida do compositor Rogelio Groba
FOTO: HERNÁNDEZ
“Diabolus in música” é un libro de conversas que repasa a vida de Ro-
Ao longo de once capítulos, Groba vai debullando as súas inquedanzas e pensamentos sobre cuestións nas que goza de gran experiencia, dende a dirección orquestral ou a pedagoxía musical, ata a composición. Pero tamén nos vai amosando a súa visión da sociedade que lle
tocou vivir, a súa relación coa Terra, as súas esperanzas e as súas inquedanzas. Unha longa conversa entre o compositor e un dos seus máis próximos colaboradores que supón unha viaxe sonora ás intimidades máis profundas do pensamento de quen deixou unha profunda pegada na historia da nosa música. O libro vai acompañado dun CD que recolle unha escolma de fragmentos dalgunhas das composicións máis salientables de Rogelio Groba. O acto contou coa participación do trío Cassadó (violín, cello e piano), que estreou a obra “Trío”, do compositor Eligio Vila, alumno e amigo de Rogelio Groba, e que pechou o acto coa interpretación do “Trium”, do propio Rogelio Groba.
Xoán Xosé Pérez Labaca presenta en Ponteareas o seu novo libro
Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas, dependente da concellería de Cultura, que dirixe Andrés Sampedro, vén de organizar unha serie de actividades encamiñadas a celebrar o Día Internacional do Libro. Dentro das iniciativas a desenvolver, o pasado 20 de abril tivo lugar a presentación do libro de Xoán Xosé Pérez Labaca titulado “Aqueles oficios de preto da raia” acto que se desenvolveu no Salón de Plenos da Casa do Concello.
A
Novos cursos na Aula CeMIT de Ponteareas A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta, Rede CeMIT, do Concello de Ponteareas, celebra 2 cursos formativos, no que se formarán a veciños e veciñas da zona en distintos eidos das TIC. O luns 30 de abril botou a andar un novo curso de “Alfabetización dixital: Iniciación á Informática e Internet”, orientado a que os veciños e
veciñas do Concello de Ponteareas manexen con certa soltura un equipo informático e coñezan os trámites e xestións que se poden facer na Rede. O mércores 13 de xuño, comezará o curso de Correo electrónico, actividade coa que se pretende que os veciños do concello de Ponteareas sexan capaces de xestionar unha conta de correo electrónico.
Manuel Ferreiro Losada é nomeado Fillo Adoptivo de Ponteareas pasado sábado 12 de maio, o Auditorio Reveriano Soutullo acolleu o acto protocolario de nomeamento de Manuel Ferreiro Losada, como Fillo Adoptivo de Ponteareas.
O
Manuel Ferreiro Losada naceu en Celanova, pero dende sempre estivo estreitamente vinculado a Ponteareas, onde viviu durante a súa infancia e cursou os seus estudos no colexio Santiago Apóstol. No ano 1968 ingresaba na Academia Militar General de Zaragoza, retirándose no ano 2011 como Xeneral de División.
FOTO: HERNÁNDEZ
FOTO: HERNÁNDEZ
O cariño que sempre amosou a Ponteareas e a súa estreita vinculación co municipio, da que fixo gala ao longo da súa vida, fixeron que o Concello ponteareán decidira outorgarlle esta egrexia distinción, ademais de elixilo como pregoeiro das Festas do Corpus Christi deste ano, 2012. Confraternización Unha vez rematado o acto protocolario de nomeamento de Fillo Adoptivo de Ponteareas, tivo lugar un xantar de confraternidade no restaurante El Otro Mundo del Tea.
4
Ponteareas - Maio de 2012
Ponteareas, coas Letras Galegas
Maio de 2012 - Publicidade
5
6
Ponteareas - Maio de 2012
alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, acompañado polo concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, presentou o pasado 11 de maio no Salón de Plenos da Casa do Concello o cartel anunciador das Festas do Corpus Christi 2012.
O
dez, dixo que o cartel “era unha clara simbiose entre a tradición e a modernidade, combinando as alfombras de flores e o seu máis característico símbolo, como é a Sagrada Custodia, coa abstracción dunha vila en crecemento sen perder os seus costumes ancestrais”.
Salvador González Solla salientou na presentación ante os medios de comunicación que as festas deste Corpus Christi 2012 “estarán claramente marcadas pola austeridade” e quixo agradecerlle aos alfombristas “o traballo incansable que todos os anos realizan e que permite que a festa do Corpus Christi ponteareana siga a ser un claro referente para todas as cidades alfombristas do mundo”. O alcalde rematou subliñando que “é precisamente o pobo, e os alfombristas como parte del, os que se encargan de conservar, a través dos séculos, a esencia do Corpus Christi”.
Sampedro explicou que no programa deste ano, que será presentado en breve, se lle outorga un especial protagonismo ao Luns de Corpus, festivo local en Ponteareas, e xornada reservada á celebración dos actos protocolarios das festas.
Pola súa banda, o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernán-
Ponteareas presenta o cartel do Corpus 2012
O Colexio Santiago Apóstol acolle unha actividade da OMIC concelleira da área de Consumo, Marisol Valado achegouse ao Colexio Santiago Apóstol para felicitar aos 44 rapazas e rapaces que participaron na iniciativa convocada nos centros escolares co gallo da celebración do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor. Segundo explicou a concelleira, “o obxectivo da actividade era concienciar aos mais novos para seren consumidores responsables e invitalos a estar ben informados para que poidan facer valor os seus dereitos”.
A
Os 44 alumnos do Colexio Santiago Apóstol que participaron na iniciativa da OMIC dirixida aos escolares, traballaron por grupos cara a confeccionar un periódico no que reflectir os seus puntos de vista como Consumidores responsables.
Así, segundo o responsable municipal de Cultura, ademais da ofrenda floral aos alfombristas no monumento a eles dedicado na glorieta da rúa Real, e da entrega das Medallas do Corpus aos alfombristas designados por cada unha das rúas, engádese un novo acto, como é render homenaxe a un destacado alfombrista, “de xeito que se lle recoñeza, públicamente, o traballo realizado ao longo da súa vida”.
A Deputación concede axudas para obras en tres centros culturais alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, e a deputada provincial, Marta Iglesias, visitaron as parroquias de Angoares, Prado e Moreira, para facerlle entrega a asociacións culturais e veciñais deses núcleos parroquiais as subvencións que a Deputación concede a este tipo de colectivos.
O
As axudas entregadas ascenderon a preto dos 15.000 euros e, segundo Marta Valcárcel, “permiten
que os colectivos beneficiarios poidan seguir desenvolvendo as súas actividades en beneficio dos seus
conveciños ao ir contando con mellores instalacións para desenvolver o seu traballo”.
7
Maio de 2012 - A Cañiza
A Cañiza acolleu unha actividade para mozos e mozas de 13 a 17 anos que xuntaba títeres e hip-hop obxectivo de dinamizar o uso da lingua galega nos adolescentes de 13 a 17 anos. A actividade céntrase no uso da lingua galega en accións variadas que poidan resultar atractivas para os mozos e as mozas, como é neste caso o hip-hop. En primeiro lugar impartiuse un obradoiro de hip-hop no que se repasou a historia xeral da cultura hip-hop e se trataron a creación de rimas e a elaboración de letras. O segundo obradoiro, “construción dun monicreque que cante”, foi impartido por Viravolta.
Concello da Cañiza acolleu o pasado venres 11 de maio a actividade Títerehop, un obradoiro dirixido a mozos e mozas
O
dende os 13 ata os 17 anos, onde se mesturaban dúas cousas tan dispares coma os monicreques e a música hip-hop.
Era esta unha actividade que se desenvolve en concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia co
Para rematar, os participantes fixeron unha posta en escena co monicreque do traballado no obradoiro de hip-hop. Nun espazo escénico creado para a representación, os asistentes interpretaron por grupos as composicións saídas do obradoiro de hip hop, utilizando os monicreques.
Concursos literarios “Letras Galegas 2012” no concello da Cañiza za o anuncio dos gañadores do Concurso literario das Letras Galegas, nas modalidades de poesía e contos ou relatos breves. A continuación, entregaranselles os premios aos gañadores.
O
vindeiro xoves 17 de maio, Día das Letras Galegas, terá lugar no Auditorio da casa da Cultura da Cañi-
O certame, cuxo prazo de presentación rematou o pasado 12 de maio, estaba aberto á participación, por unha banda, de nenos e nenas de ata 12 anos e, por outra, de mozos e mozas dende os 13 ata os dezasete anos.
Os traballos debían ser presentados en lingua galega, acompañados dun sobre pechado cos datos do autor ou autora, e en cuxo exterior se debía indicar a modalidade na que se concursaba. No caso do concurso de tema, lendas, contos ou relatos tradicionais, a extensión tiña que ser como mínimo dun folio e como máximo de 5. En canto ás poesías, de tema
libre, os máis pequenos debían escribir un mínimo de 15 versos, e os maiores, 25. O neno ou nena merecedor do primeiro premio de cada un dos concursos recibirá un lote de libros. Na segunda modalidade, de 13 a 17 anos, o mozo ou moza gañadora recibirá 120 euros. O xurado pode declarar deserto calquera dos premios no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados.
8
Publicidade - Maio de 2012
Socios da Agência de Desenvolv imento Local de Melgaço
9
Maio de 2012 - Melgaço
ADM, a Axencia de Desenvolvemento Local de Melgaço, aposta forte polo impulso da industria do turismo ADM , Axencia de Desenvolvemento Local de Melgaço, é unha asociación sen fins lucrativos que ten como principal obxectivo a promoción e o desenvolvemento socioeconómico do concello de Melgaço. Dende a Cámara municipal cren que é a través da creación de sinerxias entre os distintos axentes económicos que se consegue obter un produto de calidade e o suficientemente forte para competir con outros mercados. Planean e crean eventos locais incentivando a poboación para a participación e establecen contactos entre o cliente e o fornecedor para garantir e satisfacer as necesidades de ambos e consecuentemente crear unha imaxe de marca do Cámara de Melgaço.
A
A Axencia de Desenvolvemento Local de Melgaço (sen fins lucrativos), xorde en Febreiro de 2006 no ámbito do proxecto "Estudo da Imaxe Integrada-Melgaço" como entidade responsábel pola promo-
ción da Imaxe Melgaço Sabores do Saber. Na actualidade, a ADM ten como obxecto social a promoción e o desenvolvemento socio-económico do concello de Melgaço apostando fortemente na industria do Turismo.
dade de participación nos proxectos elaborados e aprobados para a ADM, quere ao nivel da Formación Profesional, quere a outros niveis
(económico, marketing, entre outros); e poden disfrutar dunha taxa de desconto atractiva nos servizos facilitados polos socios da ADM.
A ADM está constituída por un conxunto de empresas asociadas. Neste momento conta con 27 asociados e están a traballar para conseguir alcanzar todos os axentes económicos do concello, facelos crecer a través da promoción, e non deixar caer en desuso aquilo tan bo do que son posuidores. Entre outras vantaxes, ser asociado deste ente contribúe á promoción, a través dunha estratexia promocional colectiva, onde todos os asociados participan (o “conxunto” ten máis impacto do que o “individual”); os asociados participan nas actividades da ADM, nomeadamente feiras, eventos promocionais, conferencias; contan coa posibili-
LISTA DE ASOCIADOS * Concello de Melgaço www.cm-melgaco.pt
* Casa dos Cabreiros www.adm-melgaco.com/
* Delicias do Planalto www.adm-melgaco.com
* Melgaço Radical www.melgacoradical.com
* Casa das Cortes www.casadascortes.com
* Quinta de Descanso www.quintadefolga.com
* Emocións & Adrenalina (www.kart-cross-portugal.com
* Moinhos do Pozo Verde moinhoverde@live.com.pt
* Quinta da Pigarra (Mb Agricultores) www.casaldevinho.pt
* Centro de Estágios www.melgacosportscenter.com
* Monte Prado Hotel & SPA www.hotelmonteprado.pt hotelmonteprado@casais.pt
* Quintas de Melgaço www.quintasdemelgaco.pt
* Hotel Castrum Villae www.hotelcastrumvillae.pt
* Quinta do Louridal www.alvarinhopoema.com
* Hotel Quinta do Reguengo www.reguengodemelgaco.pt
* Quinta do Regueiro www.quintadoregueiro.com
* Montes de Laboreiro www.montesdelaboreiro.pt
* Restaurante O Adérito http://oaderito.con
* Terras de Real http://facebook.com/terrasdere al.alvarinho * Casa da Bica Fonte do Carvalhinho www.adm-melgaco.com * Casa do Maninho Aloxamento das xanelas Azuis www.adm-melgaco.com
* Restaurante Adega do Sabino www.adegasabino.com * Restaurante Miradoiro do Castelo www.miradourodocastelo.com * Restaurante Chafarix www.chafarix.com * Restaurante Mini-Zip www.adm-melgaco.com * Restaurante Tasquinha da Portela www.adm-melgaco.com * Transportes Stª Barbara Visit Melgaço www.transportesantabarbara.pt
10
Melgaço - Maio de 2012
O Centro de Estágios de Melgaço oferta servizos deportivos de calidade Centro de Estágios de Melgaço é un espazo idealizado e construído para ofrecer un servizo de elevada calidade, con equipamentos adxacentes que impulsan a actividade deportiva, tanto na vertente lúdica como na vertente competitiva ao máis alto nivel.
O
Este Complexo constitúese como un polo dinamizador do desenvolvemento do deporte, do lecer e do turismo na rexión e posiciónase como un dos máis modernos, mellor equipados e máis completos complexos deportivos. Divídese en dúas grandes áreas. A primeira é unha área de lecer, con diversos equipamentos que permiten a práctica de deporte de mantemento e equipamentos destinados a actividades lúdicas e culturais. A segunda grande área é destinada ao deporte de alta competición. Está servida por infraestruturas
capaces de acoller diversas modalidades, tanto para competición como para adestramento. É nesta área onde se sitúa o Centro de Estágios, dotado dun conxunto de equipamentos propios, facilitados en exclusiva aos clubs que adestran. Está composto por un estadio de fútbol, pista de atletismo, campo de adestramentos, balnearios, club de saúde, ximnasio de mantemento, salas de tratamento e masaxes, entre outros. Estes equipamentos están ocultos ao exterior, mais unidos entre si, para ofrecer as condicións necesarias a un mellor adestramento, con seguridade, tranquilidade e privacidade. Obxectivos A realización deste Complexo Deportivo e de Lecer-Centro de Estágios de Melgaço pretende atinxir, fundamentalmente, dous obxectivos: responder ás carencias que a rexión presenta en canto a estruturas deportivas, particular-
mente no tocante a estruturas integradas, con capacidade e condicións para recibir atletas de todas as modalidades e de todos os niveis de competición; e construír un polo de atracción e dinamización do Alto Miño, tendo en conta os bos accesos, tanto para o lado portugués como para a veciña Galiza. Este Centro de Estágios é, desde logo, un paso importante en termos de cualificación da oferta, contribuíndo á creación dun novo “produto turístico” na rexión: o turismo deportivo, non só na súa compoñente lúdica, senón tamén profesional. Accesos O Centro de Estágios de Melgaço encóntrase implantado nun lugar delimitado por encostas sobranceiras ao Río Miño, de densa arboreda. Localizado a preto de 1 quilómetro do centro da Vila de Melgaço, a 500 metros da EN Valença-S. Gregório e a preto de 40
km da A3 (Valença-Porto), este equipamento encóntrase nunha posición privilexiada con respecto á veciña Galiza, a través da Ponte Internacional Peso-Arbo, a preto de 60 km das cidades de Ourense e Vigo, pola autoestrada das Rías Baixas. Zona Deportiva: Estadio de Fútbol Constituído por un campo de fútbol de céspede, coas dimensións de 107,5 x 70,5 metros. Rodeado por unha pista de atletismo en tartan, dispón dunha bancada cuberta con capacidade para 1700 persoas sentadas, 252 en camarotes, instalacións para prensa, tendo os espectadores, á súa disposición, os competentes bares e instalacións sanitarias. Baixo esta bancada sitúanse 5 balnearios, con capacidade para 20 atletas cada un, e máis 4 balnearios para árbitros e monitores e sala de musculación. Estes balnearios están localizados ao nivel da
Maio de 2012 -
11
Melgaço
pista de atletismo e do campo de fútbol e conectados con estes. O número e configuración destes balnearios foron pensados para unha utilización intensiva deste equipamento. Campo de fútbol de adestramentos Constituído por un campo con piso sintético, ten conexión subterránea cos balnearios do campo principal e súas estruturas de apoio e dispón dunha bancada descuberta con 650 asentos. A súa grande innovación é o piso sintético, que permite unha utilización intensiva evitando o desgaste característico dos campos con céspede natural. Pista de Atletismo Pista en tartan, con 400m e oito corredores, complementada con vala de auga para obstáculos, e con estruturas e pistas destinadas á práctica do salto en lonxitude, triplo salto, salto con vara, salto de altura, lanzamentos do disco, martelo, peso e dardo.
Trilho pedestre
total 694 m2 de plano de auga, o que lle permite unha capacidade máxima de 694 usuarios. Anfiteatro ao Aire Libre O anfiteatro, ao aire libre, permite a realización de diversas actividades culturais.
É unha estrutura preparada para recibir sesións de adestramento e probas de alta competición e obedece ás máis esixentes especificacións técnicas esixidas para a práctica das distintas modalidades.
Parque de Merendas No parque de merendas será construído un edificio de apoio con bloques sanitarios e área de lavabos de louza, ademais de toda unha gama de equipamento urbano, como mesas con bancos, entre outros.
Club de Saúde Situado no cumio nacente da bancada do estadio, o Club de Saúde dispón de posto médico, despacho de nutricionismo, salas de tratamento, estética e masaxes, ximnasio de mantemento e musculación, balnearios e todos os equipamentos propios deste tipo de estrutura, tales como hidromasaxe, ducha escocesa, saunas e baños turcos, complementados coas necesarias recadacións, áreas técnicas e administrativas. Este Club de Saúde foi pensado para poder ter un funcionamento autónomo, posibilitándose a conexión cos balnearios do estadio. Queda así garantida a súa cómoda utilización pola poboación en xeral e polos atletas. Pavillón Ximnodeportivo Adxacente ao campo de adestramentos, o ximnodeportivo conta con bancadas con capacidade para cerca de 650 asentos. Dispón de sete balnearios propios e sala de quecemento. Está homologado polos diversos organismos das distintas modalidades indoor para competicións de carácter profesional. Ten un campo con 20 x 40 metros, permitindo a
Hotel de catro estrelas concluído É un hotel de catro estrelas con 43 cuartos dobres, 5 suits, 2 cuartos preparados para minusválidos, restaurante, bar, sala de estar e demais equipamentos respectivos desta instalación. Hotel Monte Prado
práctica de baloncesto, voleibol, fútbol e sala ou badminton, entre outras modalidades. 2 Campos de Ténis e Ring Polideportivo Constitúen unha estrutura polivalente, contando con servizo de recepción e balnearios e sanitarios. Campo de Mini-golf Con 18 buracos. Circuíto de Mantemento O circuíto de mantemento está composto por 18 estacións, localizadas ao longo do espazo arborado. Outros Equipamentos: Piscina e Lago Artificial Este espazo de recreo acuático está composto por dúas piscinas e
un lago artificial. O lago desenvólvese coa profundidade de 1 metro e coa bordadura en granito. está rodeado de herba, mesturada con vexetación autóctona e algunhas árbores que dan sombra, por onde serpentean os camiños de acceso peonal. A relación co espazo de recreo acuático estabelécese por un laxeado que fai a conexión entre o lago, os accesos á zona de baños, o bar e a súa esplanada. Dende aquí pode verse todo o recinto. A zona de baños, considerada “de recreo e diversión”, divídese en dúas piscinas: unha para adultos, con 644 m2, e outra máis pequena destinada ós nenos, con 50 m2, en
Pousada da Xuventude Está aprobada a construción dunha Pousada da Xuventude, con capacidade para 62 camas, entre cuartos múltiples e dobres, unha sala de estar comunitaria e un bar. Sala de Prensa O complexo dispón dunha sala de prensa, un espazo preparado con cabina de son, postos de gravación áudio e pode recibir máis de tres decenas de profesionais da comunicación social. Sublíñese, para concluír, que o Centro de Estágios está equipado, como non podería deixar de ser, por parques de estacionamento localizados estratexicamente nas zonas de maior tráfico con capacidade para acoller cerca de 300 vehículos.
12
Melgaço - Maio de 2012
A cámara de Melgaço contará en breve cunha Escola Superior de Deporte e Lecer con instalacións propias Escola Superior de Desporto e Lazer (ESDL) de Melgaço contará, no vindeiro ano lectivo, con instalacións propias, pasando a funcionar nun novo edificio, actualemente en construcción nas inmediacións do Centro de Estágios.
A
No edificio, que ten a estrutura xa completamente erguida, están a ser executados traballos de alvernaria, de execución das redes de saneamento, abastecemento de auga e de drenaxe de augas pluviais, de instalación de caleacción e infraestrutura eléctrica, ademais de pavimentos terrestres. A súa construción, que vén completar a oferta eduativa do Concello, está orzamentada en preto de catro millóns e medio de euros e está financiada polo FEDER no ámbito do ON.2Programa Operacional Regional do Norte.
Maio de 2012 - O
13
Porriño
IX Festival de Cans: a edición máis galega e con maiores conexións entre música e audiovisual IX Festival de Cans chega cunha morea de novidades na edición máis atractiva, máis galega e con maiores conexións entre música e audiovisual. Será do 23 ao 26 de maio en Cans (O Porriño): catro días de programación con curtas, longametraxes, imaxes inéditas, xéneros novos e máis de 20 actuacións musicais. O festival presentouse o pasado 9 de maio no Bar Fortes, coa presenza de Nelson Santos, alcalde do Porriño; Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia; Ana Vázquez, deputada de Cultura da Deputación de Pontevedra; Santiago Miguélez, director de marketing de Estrella Galicia; Alfonso Pato, director do Festival de Cans; Keka Losada, presidenta da A.C. Arela, entidade organizadora; e Iolanda Muíños, actriz e representante do xurado.
cal deste ano, que calificou de “extraordinario”. Corinne Pérez, da Asociación Cultural Arela, organizadora do evento, agradeceu a implicación de veciños, voluntarios da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra e do IES Audiovisual de Vigo e destacou que “é un festival que se fai con moito cariño e que cada ano trata de estar á altura das expectativas”. A actriz Iolanda Muíños, en representación do xurado, destacou que “cando un actor ou unha actriz participa nunha curta é para apoiar o traballo dos novos creadores, e sen festivais como este, iso non tería sentido”. O alcalde do concello do Porriño, Nelson Santos, afirmou que “mentres Arela e Alfonso Pato sigan traballando á fronte deste proxecto, o festival ten longa vida”.
O
O secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, sinalou que “se a Xunta está apoiando este festival é porque ten unha serie de virtudes que, neste momento no que hai que priorizar por mor dos escasos recursos dispoñibles, fan que debamos manter a
nosa colaboración”. Resumiunas en tres: “a fortísima vinculación local, nun tempo no que os festivais franquía non teñen sentido; unha ventá para mostrar o audiovisual galego e a conexión coa cultura galega”. A deputada provincial de Cultura, Ana Vázquez, subliñou que “o Festi-
O Porriño celebrou o seu festival das Letras Galegas
val de Cans consegue implicar a toda a sociedade: asociacións, entidades privadas. isto é o innovador: non está feito por especialistas para especialistas senón para o público xeral”. Santi Miguélez, director de márketing de Estrella Galicia felicitou ao festival polo cartel musi-
Alfonso Pato, director do festival, apuntou que “o Festival de Cans é unha festa e unha reivindicación da creatividade galega. Cando programamos buscamos que tamén lle guste aos veciños: intentamos facer unha programación de calidade e para todos os públicos”.
Estudantes porriñeses conmemoran o Día das Letras Galegas cun gran mural omo xa vén sendo habitual nos últimos anos, a falta duns días para a celebración do Día das Letras Galegas, os estudantes do IES Ribeira do Louro de Porriño crearon un gran mural para conmemorar esta festividade na nosa Comunidade.
C
Os alumnos de terceiro e cuarto curso de ESO e de primeiro de Bacharelato, acompañados da profesora de Educación Plástica María José Igrexas, escultura e pintora profesional, reuníronse esta mañá na praza do Cristo para compor un gran mural que xa está exposto na fachada do Centro Cultural. on motivo da celebración do Días das Letras Galegas a Concellaría de Cultura do Concello de Porriño, que dirixe Teresa Veloso, organizou e colabora na posta en marcha dunha serie de actividades lúdicas e formativas dirixidas a todos os públicos.
C
O martes 15 de maio continuaban os actos conmemorativos do 17 de maio, no que este ano se rende homenaxe a Valentín Paz Andrade, coa celebración dun festival musical. Os profesores e todo o alumnado da Escola Municipal de Música foron os encargados de subirse ao escenario para interpretar diferentes pezas, no Círculo Recreativo Cultural.
O alcalde Nelson Santos e a concelleira de Cultura, Teresa Veloso, achegáronse ata o lugar de traballo para felicitalos e agradecerlles a súa predisposición e colaboración neste tipo de actividades a prol do noso patrimonio cultural. Ante a mirada atenta dos transeúntes que se paraban a observar o traballo dos máis novos, decenas de alumnos debuxaron con pinturas unha caricatura de Valentín Paz Andrade, autor a quen se lle rende homenaxe este 17 de maio, nunha superficie de tea na cal deixaron ademais as pegadas das súas mans, do
mesmo xeito que o alcalde quen tamén quixo deixar plasmada a pegada da súa man no mural. Profesora e alumnos agradeceron ao Concello de Porriño a súa implicación unha vez máis nesta actividade lúdica e formativa a través da súa achega económica para adquirir todos os materiais necesarios.
14
O Porriño - Maio de 2012
Únete á Volta chegou ó Porriño n agosto transcorrerá a Volta Ciclista a España á vila do Louro pero xa antes, o pasado sábado 12 de maio pola mañá, celebrouse Únete á Volta, unha proba ciclista con participación aberta a todos os veciños que así o desexasen.
E
Únete á Volta é o nome da campaña promovida pola Deputación de Pontevedra en colaboración con diferentes municipios da provincia, neste caso coa implicación da Concellaría de Deportes que dirixe M. Alejandro Lorenzo, co obxectivo de promover a Volta a España 2012, xerando un clima de mobilización e implicación, e tamén de fomentar o deporte da bicicleta entre nenos, novos e maiores, entre amigos e en familia, unha modalidade estrela e moi arraigada en Porriño
onde existen moitos afeccionados e profesionais do ciclismo. O punto de saída da proba foi a praza Arquitecto Antonio Palacios, diante da Casa Consistorial, lugar ao que acudiron, a partir das 10.00 horas da mañá, todos os participantes, armados con bicicleta e casco. Ás 11.00 horas dá-
base a saída dun percorrido de 8,4 quilómetros que transcorría por diferentes lugares de Porriño e Mos e que remataba no mesmo lugar de saída, a praza Arquitecto Antonio Palacios. Ao finalizar a proba celebrouse un sorteo de múltiples agasallos para todos os participantes.
Nelson Santos acompaña ao conselleiro Javier Guerra nunha visita á empresa Gestamp
O
Concello do Porriño congratúlase do apoio da Xunta de Galicia a esta empresa situada no polígono das Gándaras así como a outras entidades porriñesas, máis aínda nes-
tes momentos de crise económica, contribuíndo non só ao I+D+i senón sobre todo favorecendo o mantemento e, nalgúns casos a creación, de emprego.
Á visita tamén acudiron os concelleiros Marcelino Coto, José Manuel Jacobo, M. Alejandro Lorenzo e Teresa Veloso.
Usuarios de Aceesca decoran as paredes do Centro de Día cun gran mural
s usuarios do centro de día de Aceesca finalizaron o pasado 9 de maio un dos traballos máis laboriosos e importantes de todos os realizados ata entón na clase de pintura: un gran mural que cobre varias paredes interiores do edificio. Con tal motivo, a concelleira de Benestar Social do Concello de Porriño, Teresa Veloso, desprazouse a Torneiros para compartir este momento inaugural, felicitándoos polo traballo feito e animándoos a continuar coa clase de pintura, unha actividade lúdica e formativa que ocupa un par de horas semanais no seu horario habitual e na que os usuarios senten cómodos e dan renda solta á súa imaxinación.
O
Durante os últimos dous anos foron múltiples os cadros e debuxos elaborados por eles mesmos baixo a supervisión dos seus profesores Nito Pereira e Nuria Vilanova, dous pintores porriñeses moi recoñecidos polo seu labor de docencia e tamén pola súa faceta artística. Nesta ocasión, e observando que as paredes necesitaban unha man de pintura a Nito e a Nuria ocorréuselles a idea de que fosen os propios usuarios, alumnos do curso, os que as pintasen debuxando diversas escenas, todas elas de contornas familiares e moi coloridas.
15
Maio de 2012 - Salceda
Tenente Alcalde e Concelleira de Voluntariado de Salceda, Marina Cabaleiro, vén de firmar os novos convenios cos colaboradores da Entidade de Acción Voluntaria do Concello de Salceda. Á sinatura acudiron voluntarios que xa formaban parte da Entidade e tamén novas incorporacións.
A
Os voluntarios organízanse por áreas de interese: voluntariado social, deportivo, medioambiental, de formación, eventos e festexos, protección civil... Preténdese acadar a participación de tódolos ámbitos de idade especialmente unha participación social activa e dinámica de tódolos sectores da xuventude que permita a creación de sinerxías que redunden nunha mellora das súas oportunidades e na súa calidade de vida. Cabaleiro destacou a importancia neste tempo de crise do papel do voluntario e declarou que dende a concellería queren darlle esa relevancia á Entidade de Acción Voluntaria do Concello. “Cada voluntario conta, e máis
concello de Salceda de Caselas vén de aprobar en pleno unha nova ordenanza que lle permitirá cobrar a partir do próximo ano unha taxa a bancos e caixas de aforros polo funcionamento de caixeiros automáticos situados nas fachadas das entidades financieiras ou en vías públicas.
O
A ordenanza regula a utilización privativa ou o aproveitamento especial dos terreos de dominio público local, aínda cando se leve a
A AGASP impartiu o curso de Protección Civil Básico en Salceda
Acisa sorteou varios cheques regalo na campaña do Día da Nai Asociación de Comerciantes, Industriais de Salceda de Caselas sorteou 4 cheques regalo por un importe de 50 euros cada un, e un cheque regalo de 100 euros polas compras realizas durante a campaña do día da nai.
A
nestes momentos”, afirmou. “Por esta razón tamen debemos contar co voluntariado para buscarlle a formación que precisan, certificarlle o tempo que destina a estas tarefas altruístas, etc. Todos gañamos”. No que se refire a formación, a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), en colaboración co Concello, impartiu no Centro
de Desenvolvemento Local de O Torrón un curso “Básico de Protección Civil”, de 21 horas de duración. No curso participaron 12 dos voluntarios deste Concello entre outros de distintas agrupacións. Este curso é moi demandado entre os veciños e veciñas que forman parte do grupo de voluntariado do Concello, e tivo moi boa acollida entre os participantes.
A Concelleira de Comercio, Loli Castiñeira, destaca a importancia de dinamizar e incentivar o comercio local con campañas como esta, e outras que se veñen realizando o longo de todo o ano.
Salceda aproba unha ordenanza que grava a bancos e caixas por instalar caixeiros automáticos na fachada das entidades efecto sen a preceptiva licencia ou concesión, posto que están facendo un uso de terreo municipal, como poden ser as beirarrúas. O concelleiro de Economía e Facenda, José Luis González declarou que “é xusto, que se se pagan outras actividades cando fan uso do dominio público, pague tamén a banca cando se serve
da beirrarúa para desenvolver un negocio lucrativo no seu propio interese. A banca aportará novos ingresos ás arcas municipais sen que repercuta no cidadán, nun momento no que a entrada de cartos se reduce e se pretende seguir mantendo todos os servizos públicos municipais cos que conta Salceda de Caselas a día de hoxe.
A ordenanza dá cumprimento a unha das medidas recollida no plan de axuste para acollerse ó pago a proveedores e que o Concello elaborou recentemente, coa aprobación do Ministerio de Hacienda e que permitirá facer fronte ó pago de facturas ós proveedores.
16
Salceda - Maio de 2012
Comezan as obras do Gaseoducto de Salceda de Caselas a Salvaterra que dará servizo á vila núcleo de Salceda”. Este proxecto de rede de distribución polas rúas da vila medirá 6.481 metros e contará un orzamento de máis de 300.000 euros.
a están en execución os proxectos por parte de Gas Galicia e Gas Natural Distribución que van permitir a chegada do gas natural á Esfarrapada, capital do Concello de Salceda de Caselas. As obras consisten na execución por parte das empresas de dous proxectos que suman un orzamento total de 1.703.428 €. A empresa encargada de levar a cabo a execución de ambos os proxectos é ELECNOR S.A.
X
O proxecto denominado “Punto de entrega de Gas Natural Distribución a Gas Galicia”, consiste na canalización cunha lonxitude de 510 m, dende o Gaseoducto Porriño-Tui ata o punto de entrega situado nunha parcela municipal na Rega da Lama (Budiño). O investimento deste proxecto ascende a un total de 130.371 euros. O proxecto de colector denominado “Ramal MOP=16 bar Salceda de Caselas-Salvaterra de Miño” abrangue un Gaseoducto de 7.914,08 m que atravesa ao Concello nos luga-
Coordinación e rapidez Fortunato Álvarez, Concelleiro de Vías e Obras agradece “ a coordinación entre os equipos técnicos municipais, e os de Elecnor e Gas Natural, que están a garantir a rapidez nas obras de canalización do gaseoducto que vai permitir distribuir esta fonte de enerxía no centro da vila e facilitar a conexión coa vila de Salvaterra e o Porto Seco”.
res de Rega da Lama, Becerreira, Barral e Eido Vello (San Estevo de Budiño), Revolta e Pedrabuxiña (Parderrubias), Pedracarballa e Torrón (Entenza), ata o límite municipal con Salvaterra onde terá continuidade pola parroquia de Cabreira. O investimento deste proxecto ascende a 1.573.058 €.
O Concello creou unha ruta turística que visita a leira da familia Estévez
Por outra banda o Gaseoducto continuará a conexión pola parroquia de Cabreira, para suministrar ao Concello de Salvaterra e ao Porto Seco. Nos próximos días aprobarase a autorización mediante licencia do “Proxecto de autorización de rede de distribución de gas natural no
Máis de 4.000 usuarios Marcos Besada, Alcalde de Salceda asegura que “ a obra de canalización de gas natural polas rúas da Esfarrapada vai permitir o subministro con gas natural a máis de 4.000 habitantes para usos domésticos e comerciais, e que inclúe a utilización do gas en institucións e equipamentos como Colexios ou o novo Centro de Saúde.
O PP rexeita a petición do BNG no Congreso dunha maior inversión na humanización da Praza da Devesa laia Fernandez Davila, Deputada no Congreso, achegouse ao Concello de Salceda de Caselas para esixir que o Goberno do Estado amplíe a partida orzamentaria do proxecto de “Urbanización do antigo campo da Devesa no Municipio de Salceda de Caselas”, co importe total que aparecía recollido nos Presupostos Xerais do Estado do ano 2011 que ascendía a unha contía de 500.000 euros grazas á negociación realizada polo BNG en Madrid. Olaia Fernandez Davila presentou unha enmenda aos Presupostos Xerais do Estado para o 2012, onde se solicita que se incrementen en 200.000 os 300.000 euros inicialmente consignados nos presupostos deste ano.
O
ollywood realiza rutas turísticas percorrendo en autobús as casas das «celebrities». O Concello de Salceda de Caselas non quixo ser menos e para impulsar o turismo nun municipio pouco frecuentado polos foráneos creou unha ruta pola parroquia de Parderrubias. Ademais de coñecer paisaxes naturais moi fermosos os sendeiristas visitaron a antiga igrexa ou a casa familiar de Martin Sheen. Trátase da casa desde a que o pai do actor emigrou a Estados Unidos e que o famoso artista visitou o pasado verán para a rodaxe dun documental sobre as súas orixes para a NBC. O evento tivo lugar o pasado sábado 5 de maio.
H
O Concello de Salceda, o ano pasado, redactou a instancias do Ministerio de Fomento o proxecto de “Urbanización do antigo campo da Devesa” co obxectivo de pór en valor o centro neurálxico e histórico da vila creando unha praza que permita unha maior mobilidade dos peóns e a ordenación do tráfico na área. O proxecto consiste na reordenación dun novo espazo de 4000 m2 que vai a incorporar un espazo para realizar a parada do transporte público, un espazo propio para o Centro de Servizos Sociais, unha área de xogos infantís, así como a renovación das redes de sanea-
mento, drenaxe de augas pluviais, de telefonía e eléctricas (soterradas), así como o novo alumeado público, bancos, etc. O Concello de Salceda de Caselas aprobou no Pleno do 26 de agosto do 2011 o Convenio para o desenvolvemento do Proxecto de Humanización do Campo da Feira da Devesa facultando ademáis ao Alcalde para a súa sinatura. Con todo tramitado e faltando só a asinatura o Ministerio de Fomento, de forma unilateral decidiu aplazar a inversión.
17
Maio de 2012 - Tomiño
Tomiño celebra o Día das Letras con actos para nenos e maiores
O Concello de Tomiño organiza o I Torneo de Baloncesto 3x3 baixo o lema “Encesta nas Letras” O Concello de Tomiño organiza o I Torneo de Baloncesto 3X3 no pavillón de Goián. A cita será o vindeiro sábado 19 de maio á partires das 16h00. Para poder participar pódese inscribir ata o 16 de maio, inclusive, no departamento de deportes do Concello de Tomiño. Así mesmo os interesados poden solicitar a inscrición e o regulamento chamando ao 986 622 001 ou ben a través do correo electrónico cultu.deporte@gmail.com.
Concello de Tomiño vai celebrar o “día das letras” o vindeiro xoves 17 de maio cunha programación repleta de actividades. Os actos terán lugar na praza do Seixo e haberá programación todo o día, de 10h30 a 20h00.
Os máis pequenos terán obradoiros de lapiceiros, de marcapáxinas e de debuxos ao longo do día. E todos os que participen nos talleres ou merquen un libro na feira poderán disfrutar dos inchables que se colocarán na rúa da Guarda.
Feira do libro Ó longo da xornada celebrarase a tradicional feira do libro con stands de 5 librerías que venderán os seus libros co 10% de desconto. Ademais, a asociación O Árbol disporá dun stand para promocionar a súa biblioteca.
Pola mañá de 10h30 a 14h30 a Omix organiza diferentes talleres de xogos coa lingua galega e ás 12h00 concerto da Banda de Música de Goián.
O
Pola tarde, ás 16h30 haberá unha sesión de lectura dos
nenos e nenas de Tomiño, que durante 15 minutos leran un libro en silencio. Lectura pública A continuación, diferentes asociacións de Tomiño, así como voluntarios, farán unha lectura en público sobre textos relacionados co homenaxeado deste ano, Valentín Paz Andrade. Noticias do xornal Galicia diario de Vigo dirixido polo homenaxeado na década de 1920 e textos da súa obra literarias serán lidos o xoves na praza do Seixo.
Os equipos que se inscriban estarán formados por un mínimo de tres compoñentes e un máximo de catro e poderán ter carácter mixto. Para este torneo contamos coa colaboración de Jose Luis Pérez y Pérez, director executivo e director técnico do DVB, Federación Galega de Baloncesto de Vigo.
O Concello de Tomiño lanza unha rede Wimax de acceso a Internet de baixo custo en todo o concello acceso á internet independentemente do lugar onde vivan. Para darlle cobertura a parroquias que non podían acceder a internet, no ano 2007 o Concello sumouse a un plan piloto de expansión da banda ancha. Agora retómase o proxecto
O Concello quere que todos os veciños e veciñas poidan ter acceso á internet Concello de Tomiño acaba de adxudicar a explotación da rede Wimax municipal a empresa Mira Novas Tecnoloxías S.L. A empresa concesionaria farase cargo do mantemento e ampliación
O
da wimax ao 100% do municipio a prezos altamente competitivos. Nun ambicioso plan o Concello quere que a totalidade de veciños e veciñas de municipio poidan ter
e destinarase a todo o municipio. O pack que ofrece a empresa concesionaria é un servizo de acceso internet por 19 euros e ademáis oferta liña telefónica con chamadas gratis a móbiles e fixos por 9 euros. Para lugares aos que as difi-
cultades técnicas imposibiliten o acceso a través da wimax, poderán facelo a través de satélite e tería un custo de 29,90 euros ao mes. Prezos máis competitivos Con esta iniciativa, os veciños de Tomiño poderán optar entre diferentes solucións de acceso a novas tecnoloxías a prezos máis competitivos. A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, resalta “a importancia desta concesión para o Concello xa que durante estes anos estivemos probando e traballando nas parroquias de Pinzás e Cristelos onde puidemos comprabar que o sistema funcionaba. Este é ademáis un bo momento para ampliar a rede ao resto do municipio e facelo a prezos competitivos, e sobre todo nun momento no que as familias teñen que reducir gastos”.
18
Tomiño - Maio de 2012
Mostra de Cultivos do Baixo Miño chegou á súa novena edición adaptada aos duros tempos que corren. Nesta edición houbo novidades como unha exposición de pintura de dúas artistas goianesas como son Libia Domínguez e Anesia Magallanes.
A
A Mostra de cultivos de Tomiño chegou á súa 9ª edición
A Mostra A Mostra celebrou a súa inauguración o pasado sábado 21 de abril no pavillón dando así comezo a unha fin de semana adicada por enteiro ao viveirismo. A feira desenvolveuse nos recintos do pavillón e do auditorio de Goián. No pavillón houbo a tradicional exposición do sector viveirista coa sección de planta ornamental, flor cortada, horta, xardinería e auxiliares. De forma complementaria a esta actividade e no auditorio mostráronse os traballos con bonsais de varios especialistas entre os que se atopa Javier González. Ademáis, houbo exposición de pintura de Libia Domínguez e Anesia Magallanes e os traballos cos centros educativos que a semana anterior visitaran os viveiros. Esta actividade escolar consistíu en visitar un viveiro e a raíz desta visi-
ta elaborar un traballo para expoñer no corredor do auditorio. Os colexios participantes foron CEP Pedro Caselles, CEIP Pintor Antonio Fernández, CEIP Barrantes e CEIP Tebra. Os viveiros que participaron foron Hortícula Bacelo, Viveiros Baixo Miño, Viveiros Brotes e Viveiros Nilo.
Curso de monitor de actividades de tempo libre do Concello Concello de Tomiño organiza un curso de “monitor/a de actividades de tempo libre” na Escola Obradoiro de Goián que comezou o pasado sábado 21 de abril. O curso impártese os sábados de 10 a 14h30 e de 16h00 a 20h30 e os domingos en horario de mañá.
O
O curso organízase en colaboración coa Escola de Tempo Libre Campus Narón e ten como obxectivo formar a persoas capaces de realizar actividades socio-culturais e recreativas tanto en tempo libre urbano como na natureza.
É de destacar a titulación que este curso de “monitor/a de lecer e tempo libre” será expedida pola Xunta e posibilitará aos titulados traballar como tales tanto en entidades públicas como privadas. A concelleira de Mocidade de Tomiño, Eva Martínez, destacou que “dende a Omix promovemos cursos que permiten ampliar e formar aos mozos e mozas de Tomiño buscando sempre a posibilidades de inserción laboral. Ademáis, no mes de maio comezaremos con outro curso, nete caso será de “coaching”.
Apoios Esta 9ª edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño estivo organizada conxuntamente polo Concello de Tomiño e polos Productores do Baixo Miño. Ademais foi apoiada económicamente por La Caixa e por Banco Mediolanum.
Concello de Tomiño, a través do Programa de Educación Familiar, organizou un encontro interxeracional no que participaron o Grupo de Maiores do Concello, Centro de Día e alumnado de 5 anos do CRA.
O
A actividade conxunta consistiu en elaborar un panel floral co gallo da chegada da primavera. Ademais aproveitouse para expoñer os traballos realizados polo Grupo de Maiores do Concello e do Centro de Día. Experiencia e espontaneidade O taller serviu sobre todo para conxugar a experiencia dos maiores coa espontaneidade dos pequenos, potenciando deste xeito as relacións interxeracionais fóra do ámbito doméstico.
Nenos e maiores participan xuntos en Tomiño nun taller interxeracional organizado polo Concello A Escola de Nais e Pais ten programada unha charla para o vindeiro 25 de maio ás 20h00 na Casa da Cultura, que versará sobre o tema sobre “Relacións Interxeracionais: Cariño e Respecto”. Os encargados de impartir a conferencia serán membros do persoal técnico do Centro de Día de Tomiño, que nos achegarán un pouco máis ao mundo da Terceira Idade.
19
Maio de 2012 - A Guarda
O concello da Guarda acomete novas Abre o prazo de solicitude de reserva de praza na obras en Salcidos e Camposancos Estas actuacións enmárcanse dentro das xa levadas a cabo en anos anteriores como son: Camiño do Outeiro, primeira fase de saneamento en Pintán, ancheado do camiño de Laxes en Buxán e primeira fase do camiño da Galapa na parroquia de Camposancos.
concello da Guarda acometerá en breve as obras de pavimentación do camiño da Portela en Salcidos e a segunda fase do camiño da Galapa en Camposancos.
O
Con cargo ó Plan Estratéxico de Infraestructuras do Medio Rural correspondente ó pa-
sado ano 2010, o Concello de A Guarda levará a cabo estas dúas obras no rural que suporán un investimento total de 46.367,55 euros subvencionados na súa totalidade polo antigo Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino e pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
Camiño da Portela No que respecta ó camiño da Portela as obras con cargo ó PEIM-RURAL consistirán na pavimentación do tramo alto da rúa que se atopa completamente deteriorado. Asimesmo o Concello procederá previamente á reposición do abastecemento de auga cunha nova tubería que sustituirá a existente de fibrocemento.
Gardería municipal
Escola Infantil Municipal abriu o día 1 de maio o prazo de presentación de solicitudes para reserva de prazas para o curso 2012-2013. Os pais/nais ou titores dos nenos/as interesados deberán presentar as solicitudes nos seguintes prazos:
A
- nenos/as matriculados e con praza no curso 20011/2012 na primeira quincena de maio - nenos/as de novo ingreso, presentarán a solicitude na segunda quincena de maio. Para maior información dirixirse o Departamento de servizos sociais do concello da Guarda en horario de 9.00 a 13.00 h os luns, mércores e xoves.
A Escola de canteiros restaura o cruceiro das Loucenzas
Segunda fase A segunda fase do camiño da Galapa contempla o retranqueo dos muros existentes e o acondicionamento do firme.
Petición á Xefatura Territorial de Pontevedra para consolidar un muro en Santa Trega
O
Concello da Guarda vén de solicitar ante a Xefatura Territorial de Pontevedra que proceda a consolidar o muro da construción do Poboado do Monte Trega que se desmoronou recentemente por causa das chuvias caídas na semana pasada. A construción afectada está nas inmediacións da vivenda Sur que recibe a visita continuada dos turistas que soben ó Monte co conseguinte perigo que o seu estado representa.
ersoal da Escola de Canteiros restaurou o Cruceiro das Loucenzas e procedeu na mañá do xoves día 3 de maio a colocalo na rocha da área de descanso das Loucenzas. O Cruceiro quedara roto en varios pedazos por causa dun accidente de tráfico polo que unha vez recollidos e fotografiados por persoal do Concello da Guarda emviáronse á Escola de Canteiros de Poio quen procedeu a súa completa restauración. Os custes da mesma correron a cargo da compañía aseguradora do automóbil sinistrado.
P
20
A Guarda - Maio de 2012
O 16 de maio no Centro Cultural proxectarase un documental para coñecer a figura de Paz Andrade sta semana celébrase en Galicia a festividade das Letras Galegas, que este ano cumpre a súa 50ª edición e se dedica á figura de Valentín Paz Andrade (Pontevedra 1898Vigo1987).
lación coa realidade pesqueira e da inmigración americana.
E
Avogado, xornalista, poeta, viaxeiro, home de empresa e vinculado á política, a biografía de Paz Andrade destaca sobretodo polo seu traballo en prol de Galicia. Fundador do xornal “Galicia”, participa no anteproxecto do estatuto de autonomía do ano 1936 e representa a Galicia na Comisión negociadora da Transición española. Como empresario ten unha importante vincu-
Obra variada Toda esta traxectoria vese plasmada nunha laxa e variada obra composta de ensaios (Galicia como tarea, La marginación de Galicia, Galiza lavra a súa imagen, Sistema económico de la pesca en Galicia..); completada cunha biografía de Castelao (Castelao na luz e na sombra) e varios libros de poemas (Pranto matricial, Sementeira do vento, Cen chaves de sombra.)
Valentín Paz Andrade, preso na cadea en 1957 por unha nota que publicara na revista ‘Industrias Pesqueras’ que dirixía.
Para entender mellor esta multifacética personalidade o próximo día 16, ás
21h. proxectarase no Centro Cultural o documental “Valentín Paz Andrade: Compromiso con Galicia”. Ademáis, todo aquel que desexe ampliar a información sobre este autor pode consultar a páxina: www.valentinpazandrade.e s, onde se recolle toda a información sobre a súa vida e obra. No seguinte enderezo de internet: www.xunta.es/linguagaleg a/valentin_paz_andrade#, poden verse os diferentes traballos e guías didácticas que se foron elaborando desde os centros de ensino de toda Galicia.
O alcalde entrega o diploma ó gañador do concurso logo do centenario da creación da sociedade pro monte 2012 Concerto de Primavera da Agrupación Musical da Guarda Agrupación Musical o concello da Guarda celebrará, o próximo 19 de maio, o Concerto de Primavera, ás 20.30 horas nas instalacións cubertas do colexio dos Padres Somascos. Este encontro musical comezará coa actuación da Banda
A
Infantil da Agrupación Musical da Guarda. A seguir subirá ao escenario a Agrupación Musical da Guarda. O concerto conta coa colaboración do colexio Padres Somascos.
pasado xoves 19 de abril o alcalde da Guarda, X. M. Freitas, como presidente do Padroado Monte Santa Trega xunto co Concelleiro de Patrimonio recibiu na casa do Concello a José Castro Martínez, gañador do “Concurso para o deseño dun logotipo conmemorativo do Centenario da
ga do Diploma que o acredita como gañador do Concurso co seu deseño TORQUES1 e cun premio de 400 euros.
O
Creación da Sociedade Pro Monte en 2012”. Na recepción felicitouse ó gañador e fíxose entre-
Este logo conmemorativo será a imaxe que se empregará nas diferentes iniciativas e eventos que se organicen con motivo do Centenario da Sociedade Pro-Monte 1912-2012.
Maio de 2012 - Especial
21
Letras Galegas
Valentín Paz Andrade, canzón de ronda eterna Lembranza no Día das Letras Galegas 17 de maio de 2012 Raquel Vázquez Ramil
V
ra mestra Dolores Cimadevila, casada co seu tío Xoan Bautista Andrade, home que deixou fonda pegada en Valentín, que o orientou cara á literatura e que marcou definitivamente a súa traxectoria presentándolle a Castelao en 1916.
Foron os pais de Valentín Francisco Paz Cochón, concelleiro de Pontevedra, e Matilde Andrade Tojeiro. O matrimonio tivo tres fillas máis: Matilde, Carmen e Castora, que morreu moi nova. Valentín sufriu a primeira e fondamente dolorosa perda da súa vida coa morte da súa nai, Matilde, en 1906. Paz Andrade criarase nun ambiente de clase media acomodada, entre o mundo rural de Lérez e o aire urbano de Pontevedra. Foi a súa primei-
Tras estudar na academia Balmes e no instituto de segunda enseñanza de Pontevedra, Paz Andrade trasládase a Santiago para cursar a carreira de Dereito. Cando chega á cidade do apóstolo, en 1917, está agromando o movemento nacionalista animado polas Irmandades da Fala. Valentín, da man de Castelao, participa na II Asamblea Nacionalista Galega e é nomeado presidente do Grupo Autonomista Galego de Estudantes. Nesta época establece estreitas relacións con Antón Vilar Ponte, Losada Diéguez, Rafael Dieste, Camilo Díaz Baliño, Xoan Vicente Viqueira… as figuras máis senlleiras do galeguismo do primeiro terzo do século XX. Valentín está lonxe dos estudantes «calavera» descritos con tanto éxito por Pérez Lugín na súa novela La casa de la Troya e vólcase nos estudos e no periodis-
alentín Paz Andrade naceu o 23 de abril de 1898 no barrio do Socorro da parroquia de Lérez (Pontevedra). Cando o pequeno Valentín abriu os ollos por primeira vez, España afrontaba a guerra contra os Estados Unidos e a perda das últimas colonias, Cuba e Filipinas. O 98 foi o ano do «Desastre», o ano da humillación de España, o ano da pena. Por tanto, Valentín naceu nun momento axitado, revolto, aínda que Lérez era daquela un lugar tranquilo, á sombra do fastoso mosteiro de San Bieito, onde noutro tempo encontraron acougo Benito Feijoo e o padre Sarmiento.
Caricatura de Paz Andrade feita por Castelao (1934)
22
Especial Letras Galegas - Maio de 2012
mo, colaborando nos periódicos de Pontevedra La Correspondencia Gallega e Alma Galaica, e a partir de 1920 en A Nosa Terra, órgano de expresión das Irmandades da Fala dirixido por Vilar Ponte. En 1921 Paz Andrade remata a carreira de Dereito e comeza a exercer a avogacía en Pontevedra, pero case de inmediato é chamado a filas e embarca en Vigo como soldado de cota con destino á fronte de África, desde onde envía crónicas de guerra ó xornal coruñés El Noroeste. En febreiro de 1922 é repatriado á península por enfermidade; a experiencia no exército deixará fonda pegada nel e será o tema dunha novela aínda inédita, Soldado da morte. Trala experiencia africana, coida que non basta coas páxinas de A Nosa Terra nin co pulo de Nós e emprégase a fondo para crear un novo medio de expresión, o xornal Galicia, financiado polo cónsul honorario de Chile Rivardo Cádiz Vargas; o primeiro número saíu á rúa o 25 de xullo de 1922. O xornal deu cabida a numerosos artigos en galego e contou, de forma esporádica ou permanente, cun importante elenco de colaboradores; e así, a publicación viu nacer varias series gráficas e literarias de Castelao como Cousas da Vida, Os Homes, Os Cegos, Retrincos, as Lerias de Vicente Risco, crónicas de Otero Pedrayo, Rafael Dieste, Antón e Ramón Vilar Ponte ou Luis Ksado. A censura de prensa imposta pola Ditadura de Primo de Rivera a partir de 1923 mediatizou a vida do xornal, causándolle non poucos desgustos a Paz Andrade, que soportou multas e arrestos. Aínda así, ata o seu peche definitivo o 17 de setembro de 1926, o xornal destacou como órgano de expresión do nacionalismo galego e canle de liberdades. Trala aventura periodística Paz Andrade volcouse na súa profesión de avogado, facéndose cargo do asesoramento da Sociedade de Armadores de Bouzas La Marítima, tarefa que compaxinou a partir de 1927 coa coordinación da revista quincenal Industrias Pesqueras, patrocinada polo industrial vigués José Barreras Massó. Nesta época Paz Andrade vencéllase cada vez máis ao mundo da pesca, que consideraba eixo de progreso de Galiza, como manifesta no seu libro Los puertos nacionales de pesca en España. Aportación de
Vigo al estudio del problema, publicado en 1928. En agosto de 1930 constitúese en Vigo o Grupo Autonomista Galego, presidido por Paz Andrade. Trala proclamación da Segunda República en abril de 1931, o Grupo intégrase no Partido Galeguista de Pontevedra. Nas eleccións de xuño de 1931 preséntase a deputado nas listas galeguistas, xunto a Castelao e Ramón Cabanillas, pero só o primeiro acadou a acta. En febreiro de 1936 Paz Andrade presentouse ás eleccións na Candidatura Republicana de Centro, acompañando a Portela Valladares, mentres Castelao o facía polo Partido Galeguista. Paz Andrade non acadou a acta de deputado por Pontevedra, pero o seu xesto significou a baixa efectiva no Partido Galeguista. Pouco despois, o 18 de xullo de 1936 prodúcese o alzamento. Valentín pasa os días no seu bufete de Vigo ata que a principios do mes de setembro é desterrado a Verín, onde sufre un frustrado atentado de matóns falanxistas; ao pouco tempo a autoridade gobernativa trasládao a Requeixo de Queixa, onde sofre un fondo illamento plasmado no seu libro de
poemas Cen chaves de sombra (1937); máis levadeiros serán os desterros subseguintes en Castro Caldelas e en Trives, onde coñece a Pilar Rodríguez Prada, con quen casará en Ourense en decembro de 1939, tras voltar do máis duro des-
terro, o sufrido en Villanueva de la Serena (Badaxoz). Proba do seu sufrimento no páramo extremeño son versos como os de «Exilio de fogo».
quera (1954), El sistema económico de la pesca en Galicia (1958) e, sobre todo, Galicia como tarea (1959). Paz Andrade decidiu poñer en práctica os seus profundos coñecementos sobre a industria pesqueira no ano 1960; e así, co patrocinio de Xosé Fernández López, empresario lucense e vello amigo, impulsa Pescanova S.A., unha empresa armadora novidosa, con buques de gran porte, capaces de conxelar a bordo todo o peixe capturado e de buscar novos caladoiros. Pescanova afianzouse co tempo, a pesar das iniciais reticencias ó consumo de peixe conxelado, e segue a ser unha empresa señeira no sector dos conxelados, con sede en Chapela (Redondela) e máis de tres mil empregados. A faceta empresarial de Paz Andrade culminou en 1969 coa vicepresidencia de Ibercisa, fábrica de maquinaria naval con sede en Vigo.
O 4 de outubro de 1940 naceu en Vigo o único fillo do matrimonio Paz Andrade, Alfonso Valentín. Paz Andrade adícase á avogacía e a partir de 1942 asume a dirección da revista Industrias Pesqueras, que non abandonará ata a súa morte, se ben nalgunha ocasión verase obrigado a firmar os seus artigos con seudónimos: M., Xan Quinto ou Mareiro. O 7 de xaneiro de 1950 morre Castelao en Buenos Aires, sen voltar á súa terra; días despois Paz Andrade publica no xornal La noche de Santiago un sentido artigo en memoria do seu amigo, «Castelao, el hombre y el artista». En xullo fúndase a editorial Galaxia en Santiago, sendo Paz Andrade un dos primeiros accionistas. Trala etapa viguesa dos anos corenta, os cincuenta marcan a aventura americana de Valentín, que viaxa en repetidas ocasións a Uruguai, Arxentina e Santiago de Chile para impartir cursos e pronunciar conferencias nos centros galegos. En 1951 o pontevedrés exiliado Bibiano Fernández Osorio-Tafall desígnao para dar cursos de economía pesqueira patrocinados pola FAO en numerosos países, sobre todo de América. Nestes anos de experiencias internacionais, Paz Andrade afonda nos seus estudos sobre a pesca e publica títulos senlleiros como Principios de economía pes-
Son anos fecundos para Paz Andrade, nos que compaxina a tarefa de xestión coa literatura, publicando títulos como La anunciación de ValleInclán (1967), Sementeira do vento (1968) ou El capital como factor de desarrollo de Galicia (1970). Pero tanta actividade pasa factura, e Paz Andrade sofre unha embolia cerebral en 1970 da que se recuperou ben, pero que lle serviu de advertencia para adicarlle máis tempo ó descanso na súa casa Pousa Nova do Mar, en Samil. Coa morte de Franco, Paz Andrade representou a Galicia na Junta Democrática e na Comisión Negociadora da Oposición co goberno de Adolfo Suárez. En 1977 foi elixido senador por Pontevedra na Candidatura Democrática Galega. En 1979 presentouse de novo a senador, pero non acadou o escano. Adicouse entón a publicar obras de fonda trascendencia como Cen chaves de sombra e, sobre todo, Castelao na luz e na sombra, publicada por Edicións do Castro en 1982 e que se pode considerar a súa obra magna, con gran peso autobiográfico. Paz Andrade morreu en Vigo dunha doenza cardiovascular o 19 de maio de 1987. Foi enterrado no panteón familiar do cemiterio de Lérez, envolto na bandeira de Galicia, por expreso desexo seu.
Maio de 2012 - Especial
23
Letras Galegas
MANIFESTO: As razóns de Vitaminas para o galego A iniciativa VITAMINAS PARA O GALEGO diríxese a todas as persoas que falan en lingua galega e a todas aquelas que a aman. Quero contribuir a que o idioma propio de Galicia adquira un rango social de normalidade. Preocúpame a situación da nosa lingua e diante do descenso no seu uso, manifesto que a día de hoxe o uso no futuro do noso idioma non está asegurado. No século XX a lingua galega era falada con espontaneidade e regularidade, mais nas últimas décadas os estudos científicos e mesmo unha sinxela observación, constatan o descenso no seu uso. Apelo a toda a cidadanía de Galicia, á que vive aquí e á que reside fóra, porque a presenza do galego, a súa extensión, a súa normalización, dependen da vontade do corpo social e das actitudes positivas e activas ao seu favor.
Afirmo que o desfrute cultural é unha necesidade basica, só despois da alimentación, a vivenda, a sanidade e a educación. Asumo a aseveración do filósofo Eduardo Lourenço segundo a cal a cultura non é un fin en si mesmo e por iso defendemos unha cultura vocacionada para a felicidade. Pero a cultura non existe en abstracto, está vencellada ao territorio, á comunidade humana que habitou e que habita na zona determinada do planeta onde se desenvolve. Porque a universalidade parte do local, do próximo, do cercano. O galego non é un obstáculo para comunicar cun público consciente e amplo. Por iso queremos reforzar os medios de comunicación en galego, coa criación efectiva dun espazo galego de comunicación, como plataforma de defensa da identidade común. Un espazo que promova novas fórmulas de pre-
Celebrarnos todos os días, todos os anos, toda a vida! ara nós a cuestión é ben sinxela: a nosa Lingua é o noso símbolo, o de orgullo e de fachenda! Busquen, pois, nos nosos beizos toda a verba desta nación que é matria e patria a un tempo, pois non habemos calar e nunca mais conter o alento, e moito menos deixar de sentir e ver como medra a herba e como estremecen os ceos co noso acento.
P
A mellor bandeira dos pobos, de calquera pobo, é a súa lingua. Ningún símbolo, ningún pano, ningunha cor conxugada ao vento, ten o achego da palabra única, amiga e íntima, da palabra próxima e lembradoira na que zoan aqueles ecos máxicos e fantásticos, indescritibles e de melodías emocionais, nostálxicas e mesmo morriñentas, aprendidas no colo do pasado, das memorias persoais e intransferibles, irrepetibles e que nos conforman, ao final, no que realmente somos: un atado de emocións, sentimentos e recordos. (...) Por iso temos que parar os ataques ao galego, celebran-
do a Lingua que nos une. Sabendo que quen se confronte á Nosa Lingua é porque nos rexeita a nós e se rexeita a el, non nos acepta nin se acepta. Xa sabemos que menten o que sexa necesario, todo canto faga falla para que a mentira prevaleza demoníaca, coma se mandase o absurdo siloxismo do repetitivo, que oculta o certo, sendo –a pesar de todo- mentira. E, neses que menten, poderemos ver o empacho dos que van de sobrados, como cando cospen as serpes o seu veleno, veleno do que eles mesmos apartan por se, eles mesmos, se inoculan a pezoña miserable que salpican. Eu sei, todos nós sabemos, que máis tarde ou máis cedo, morrerán co seu propio veleno. E hoxe, agora, atentan contra nós e nesta tanta dor quedará designado cada instante, cada momento no que o só rumor das súas ofensas é xa un longo lamento. E será evocado, si. E marcará as páxinas da historia que xuntos escribamos, para que os delate a luz, lonxe do esquecemento. (...) Deixaremos dito quen foron
senza da lingua e cultura galegas en Europa e no mundo e antes de nada en Galicia. O galego necesita vitaminas. A campaña recaba con urxencia a colaboración de toda a xente. Quere facer patente a necesidade de axudas, medios, apoio e soporte para o idioma galego. Pretende implicar a moitas entidades e sensibilizar ás persoas, ao pobo; para revitalizar o idioma e garantir a súa transmisión interxeracional. O galego precisa moitas vitaminas. O país necesita como auga de maio contar con medios de comunicación que empreguen o idioma noso, tamén nos contextos urbanos, alí onde presenta máis febleza. Vitaminas para o galego pretende visibilizar aos medios en galego, boa parte deles de carácter comarcal. Procuramos ademais vías de financiamento que garantan a súa sostenibilidade e o traballo
os das afrontas, os das malas maneiras, con falta de verdade, de rigor e de educación. Os que queren que teñamos que pedir permiso para falar a nosa Lingua -na nosa propia casa! Que pidamos permiso para sermos nós, e pedir permiso para pedir permiso, para lembrar, para pensar e recuperar a historia e con ela a nosa dignidade tantas veces negada. Mesmo para saber onde deixamos perdida a nosa vontade de ser. Detrás de que silencios, de que desprezos e mentiras, dos tantos traidores, das malévolas prácticas aínda secundadas hoxe pola ignorancia e a ruindade. Recuperaremos esa vontade de ser porque é a consciencia de Patria, e con ela poñeremos no seu sitio a todos os agresores que levan tanto tempo agredíndonos. Por iso temos que celebrar a Patria e a nosa voz. A reivindicación de nós, do amor a nós e ao noso para sermos e para, tamén, facérmonos respectar e contestarlles un día e outro día, todos os días do ano, como todos os días da vida, ata que sexamos nós e, sendo nós, donos do noso!
Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero
digno dos seu conxunto de profesionais. Galicia quere información de proximidade en galego, "mass media" que no século XXI difundan e prestixien o idioma, altofalantes que ensinen a nosa visión do mundo, peten nas conciencias e fagan visible a sensibilidade e a creatividade existente na sociedade galega. Medios de comunicación que impulsan Vitaminas para o galego: Galicia Confidencial, Tempos Novos, Radiofusión, Praza Pública, Novas da Galiza, Val Minor.info, Que pasa na costa, Xornal Certo, O Sil.info, Crónica 3, Radio Nordés, Terra Chá.Xa, Crónicas da Comarca, Surf GZ, Cadernos de Comunicación e Análise, Lalín e Comarca, Hermes e Atenea, Disquecool, De Luns a Venres, Cabozo.com, Vencello, Cartafol, A nova Peneira, Programa radio Plástico Elástico, Cerne, terra de Melide, Gaceta de Fene
IV CERTAME LITERARIO Día das Letras Galegas
CASA CULTURAL DE LIRA 17 de maio de 2012 ás 18:00 horas
CONFERENCIA A cargo da Doutora en Historia Dona Raquel Vázquez Ramil ACTUACIÓN Presentación da coral Fogar de Breogán” da Asociación Fogar de Breogán, de Lira, e actuación da coral invitada “Nautilus” de San Andrés de Comesaña
ENTREGA DE PREMIOS do IV Concurso de Relatos breves e Poesía FIN DE FESTA Actuará o grupo musical “O Son da Triga”, de Ponteareas
Xornal Galego de Información Xeral Director: Carlos Rey Bárcenas. Edita, maqueta e imprime: Publicaciones Tameiga, S.L. Enderezo: Avenida do Aeroporto, 83, Tameiga,
Mos. Pontevedra. Enderezo electrónico: redaccion@hermeseatenea.com publicidade@hermeseatenea.com director@hermeseatenea.com Teléfonos: 986487480/658585049 Coordinador: Guillermo Rodríguez Colaboradores: Alicia Rocha, Vicente Alló, X. A. Pérez Lema, Pablo Glez Mariñas, Anxo Fernández
Saborido, Antonino García, Emilio Ínsua, Anxo S. Porto Ucha, Xoan Xosé Pérez Labaca, Raúl Daniel Sotelo, Manuel Rosende, Inma Otero, Miguel Andión, Juan Louzán (Madrid), Coki (Nova Iorque), Carlos Barros Fotografía: Arquivo, Hernández Publicidade:Guillermo Rodríguez e departamento propio Depósito Legal: VG175-2012
Este xornal imprímese en papel reciclado
A Casa de Galicia en Madrid acolle a exposición "Camiños en feminino, arte 2011-2012" na que interveñen unha vintena de artistas mulleres delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, presidiu a inauguración da mostra colectiva de pintura "Camiños en feminino, Arte 2011-2012", un proxecto cultural da Fundación Camiño de Santiago e a Asociación de Amigas e Amigos do Camiño Portugués a Santiago. O acto contou tamén coas intervencións do coordinador de actividades da Casa, Ramón Jiménez; o presidente da Fundación e comisario da mostra, Constantino Lores; a artista Puri del Palacio, e a critíca de arte Mª Jesús Abeledo. A exposición está formada por obras de: Amelia Palacios, Anxos Igrexas, Basilisa Fiestras, Beatriz Suárez Sáa, Carmen Cabaneiro, Carmen Hermo, Carolina M. Araújo, Chuneta, Coco Pimentel, Glau Fonseca, Helga Mader, Kuqui Pazos, Lidia Costa, Mª Ángeles Guillán, Montse Frieiro, Paula Cabaleiro, Paula Mariño, Paz Vicente, Puri del Palacio e Silvia Capelo.
O
Tino Lores agradeceu a grande acollida. Esta mostra colectiva completa neste ano o proxecto cultural denominado "Camiños" iniciado o pasado 2011, "Ano Santo Compostelán", grazas á Fundación Camiño de Santiago e á Asociación de Amigas e Amigos do Camiño Portugués a Santiago. Na anterior edición eran 15 os artistas participantes na mostra colectiva e itinerante que finalizou nesta Casa. Esta segunda edición intégrana só mulleres, que tomaron a testemuña, un total de vinteunha, coa bailari-
na Glau Fonseca. En palabras de Abeledo, "máis que unha exposición de arte, "Camiños en feminino" é unha filosofía. Unha filosofía orientada a que se vexa un colectivo de mulleres creadoras. Se ben aparentemente o mundo da arte é un dos sectores nos que a muller conseguiu un bo equilibrio coa presenza masculina, as obras de artistas mulleres apenas están presentes nas coleccións de arte máis importantes e as súas cotizacións nas poxas son inferiores. E tamén falta un maior número delas no listado oficial dos grandes nomes na arte contemporánea".
Para del Palacio "aínda que a exposición está composta por obras de mulleres que empregamos diferentes técnicas e pertencemos a diferentes xeracións, únenos tamén o orgullo de estar aquí, unha gran ilusión e o amor á arte". Valores Pola súa banda, Jiménez destacou o feito de coincidir con "a apreciación do Camiño como viaxe a Ítaca, e é fermoso que sucedan enriquecedoras aventuras nese camiñar. Por iso, nos Camiños de Santiago, destacan sempre a amizade e a solidariedade, a xenerosidade, o
respecto e a tolerancia; así como as experiencias en común, de relación en pé de igualdade co compañeiro ou compañeira que carga cunha mochila similar". O acto finalizou cunha danza que interpretou Glau, por toda a sala,diante das obras, coa que, en palabras de Ónega "se fundiron arte e danza en pura poesía". A exposición poderá visitarse ata o 1 de xuño. Laborables de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.