Skip to main content

A NOVA PENEIRA - Nº4 - Abril 2012

Page 1

www.apeneiradixital.com

XORNAL

ANO 1 - Nº 4

O PORRIÑO

GALEGO DE INFORMACIÓN

XERAL

abril de 2012 - 2€

Entrega dos Premios Concello de Ponteareas

A biblioteca municipal de Porriño celebra durante abril o mes do libro Páx. 14

SALCEDA DE CASELAS Rosa Mosqueira comprométese a licitar o novo Centro de Saúde de Salceda en 2013 Páx. 18

TOMIÑO Máis de 150 nenos e nenas dos colexios de Tomiño visitan os viveiros da comarca Páx. 19

A GUARDA O Masat e o Castro de Santa Tegra formarán parte do Museo Virtual da Cultura Castrexa Páx.22

Páx. 4

FOTO HERNÁNDEZ

Constitúese en Mondariz o Grupo Municipal de Máis Galiza–Alternativa x Mondariz Xoán Carlos Montes Bugarín (Calis), Mónica Peralba Portela, Félix Blanco Sendín e Silvia Montero Küpper son os novos concelleiros e concelleiras de +G-Alternativa x Mondariz. Os e as

edís veñen de constituírse no principal referente da oposición na Corporación Municipal de Mondariz, coas catro actas que teñen no seu poder. Páx. 3


2

Opinión - Abril de 2012

O REI DE CAZA emblemáticos personaxes non se esmeran en ter e gozar dun comportamento correcto. Non todo é ourego. Non hai dous sen tres e aínda que o rei Juan Carlos é inocente do comportamento ilegal dos seus dous xenros, si é culpable da súa actitude bochornosa ao ir de cazaría privada nun safari a cazar elefantes a África. Non é unha especie protexida?. Crise de cabalo, presupostos de guerra, situación extrema, reformas e recortes extremos para unha situación sen precedentes? Son cualificativos que o Goberno de Rajoy resalta en todos os medios para xustificar medidas únicas e exemplares de austeridade que castiga ás clases de máis precariedade.

Juan Louzán As augas na Casa Real baixan turbias. É evidente que a castigada sociedade española non pode pasar por alto certos comportamentos dunha familia que debe ser un bo exemplo para os cidadáns aos que se lles esixe “apertar o cinto”. Unha familia que se carga de herdeiros porque aos seus pais non lles custa mantelos e educalos como a calquera españolito mileurista. A bochornosa ambición do xenro Urdangarín fixo que saltasen

as alarmas sobre o modus vivendi da realeza española. Está pendente de xuízo e xa é evidente que o trato ao imputado do caso Noos é exageradamente privilexiado. O escándalo deixará profundas feridas na familia real. Así mesmo o caso do neto do rei, de 13 anos, a quen o seu pai, Jaime de Marichalar, lle permitiu manexar unha escopeta coa que accidentalmente se disparou nun pé. A un menor de idade permítenlle o uso ilegal de armas de fogo. É fácil adiviñar que os máis famosos, carismáticos e

Que o rei Juan Carlos, xefe do Estado español, saltou a máis elemental norma de ética e de respecto á situación crítica da economía nacional e mundial que está a afectar gravemente ás clases máis desfavorecidas, fai posible que gran parte dos cidadáns critiquen con suma dureza o comportamento deplorable do rei. Non é un caso novo. O rei adoita organizar periodicamente estas “fugas privadas” de cazaría ao estranxeiro. Hai un par de anos xa saltaron as alarmas sobre o comportamento penoso do rei. A información de que nunha

A FESTA DE SAN TELMO DE TUI José Antonio Quiroga Quiroga diferenza de toda cidade, e igual que calquera parroquia, a festa patronal de San Telmo de Tui non é asunto municipal. O maior acontecemento festivo, cultural e relixioso, por duración, participación, tradición, exaltación local, sentimento de identidade e trascendencia xeográfica, non é competencia do Concello. Tampouco responsabilidade nin obriga de ninguén.

Durán, o Concello tivese que asumir dito cometido por falta de iniciativa civil. Últimamente, por razóns de legalidade fiscal, a tradicional comisión desembocou en asociación sen ánimo de lucro denominada Comisión de Festas San Telmo de Tui, que, coa preceptiva autorización administrativa, se encarga deste servizo. A participación do Concello limítase á gratificante representación institucional en determinados actos e á cómoda concesión dunha subvención.

Ata hai moi pouco a realización dos festexos dependía da ocasional constitución dunha comisión cidadá ó efecto que traballaba á marxe da legalidade fiscal. Esta eventualidade tradicional, por deixación municipal, deu lugar a que, durante o mandato do malogrado rexedor Álvarez

Como nada impide que xurdan máis asociacións con tal fin, con sorte, poderiamos asistir ó concurso de ideas sobre a súa configuración, o cal redundaría na desexada mellora, pois, aínda que aplaudo a labor altruista de todas as comisións habidas, o formato habitual, caduco e de

A

perfil plano está estancado e sumido na irrelevancia máis ordinaria. Entendo, con todo, que é deber ineludible do Concello a asunción do custe e responsabilidade da festa patronal; e da Concellería de Cultura o deseño e elaboración do programa. Si pode delegarse, en cambio, o labor de campo na voluntariedade dunha comisión cidadá. O goberno municipal renovou as caras, pero, fiel á ideoloxía na que se encadra, conserva a mesma rancia inercia de actitude e de pensamento de quen o precederon.

O alarde e derroche en ambientación lumínica, prácticamente imposible de ver, en canto a profusión, en outras localidades, non só contrasta coa pobreza do programa de festexos, senón que

viaxe a un bosque en Polonia emborracharan previamente a un oso para que o monarca non tivese problemas á hora de disparar sobre devandito animal (multado alí por iso), e investigado en Romanía e Rusia por cazar lobos e osos pardos protexidos, causaron irritación no noso país por tan reprochable privilexio ante o elevadísimo número de parados. Até agora só o socialista Tomás Gómez (PSM) criticou con dureza ao rei. Os demais políticos non quixeron mollarse. Preferiron a diplomacia e as evasivas ante un caso intolerable dunha clase privilexiada que non sabe estar á altura da crise que causa un orzamento de guerra. O privado debe ser tamén ético. O rei de caza pode converterse na caza do rei polos excesos dunha monarquía cada día máis en dúbida por obsoleta e ineficaz. Sen o devandito accidente os españolitos non nos decatamos do safari. Cada escapada do rei para darse o capricho de lograr un trofeo máis de caza salvaxe cústanos aos españois uns 60.000 euros (10 millóns de pesetas). Avión privado, pilotos, escoltas, séquito, hotel, servidume, etc. Cantidade que será amortizada recortando de Sanidade, Educación, Investigación, Dependencia, Servizos Sociais, Pensións, etc.

resulta un tanto obsceno nestos tempos de recortes de salarios e en servizos públicos tan fundamentais como sanidade e educación. A festa de San Telmo sobresae en dúas cousas: a procesión, declarada de interese turístico; e a iluminación, considerada de interese crematístico. Afortunadamente, iso parece, nunha cousa mellorouse, o abandono do feo e irrespetuoso costume mendicante de abordar públicamente á xente en demanda de contribución económica. Ninguén é merecedor de acoso xa que colabora cos seus impostos. Nin sequera cabe demandar diñeiro á hostalería co pretexto de que con tal motivo obterá maiores ventas. A festa non se fai para beneficio de ninguén senón para alegría xeral: económica para os establecementos que traballan, e de ánimo para quen a gozan.


3

Abril de 2012 - Mondariz

Constitúese en Mondariz o Grupo Municipal de Máis Galiza–Alternativa x Mondariz oán Carlos Montes Bugarín (Calis), Mónica Peralba Portela, Félix Blanco Sendín e Silvia Montero Küpper son os novos concelleiros e concelleiras de +GAlternativa x Mondariz. Os e as edís veñen de constituírse no principal referente da oposición na Corporación Municipal de Mondariz, coas catro actas que teñen no seu poder.

“Na Galiza, a defensa da xustiza social, da democracia e a loita contra a desigualdade foi sempre de man dada da defensa do país, por iso somos galeguistas e nacionalistas que traballamos a prol dunha esquerda democrática e transformadora, aberta á sociedade e europeísta, con vocación de ser un referente para a maioría social, lonxe de exclusivismos e dogmatismos” asegurou Calis.

X

Os obxectivos desta nova forza política serán facer un traballo de oposición serio e rigoroso ao grupo de goberno do PP, mantendo a disposición para o diálogo sempre que sexa necesario para contribuír a solucionar os problemas de Mondariz. Xoán Carlos Montes, Calis, sitúa como prioridades da súa formación política para Mondariz traballar para que o concello conte cun parque empresarial, dotar de ser-

vizos a todas as parroquias do concello, a recuperación e modernización do edificio da biblioteca e a mancomunización de servizos

entre Mondariz e Mondariz Balneario como a gardería, a policía local, a recollida de lixo ou o Centro de Día.

Relación co BNG No que respecta á relación do grupo co único edil do BNG, Xoán Carlos Montes, afirmou que os edís de Máis Galiza-Alternativa por Mondariz “somos compañeiros e íntimos amigos, e só nos separa a visión que temos da política galega, non da municipal, polo que en relación cos problemas de Mondariz nos imos entender sempre”.

Máis de 250 nenos e nenas celebran o día da árbore ao pé do Carballo da Armada de Queimadelos

n total de 270 nenos e nenas de infantil e primaria do CPI de Mondariz veñen de participar na celebración do Día da Arbore convidados pola ELM de Queimadelos. A actividade realizouse esta semana nas proximidades do Carballo da Armada en parcelas de monte de titu-

U

laridade parroquial e consistiu na plantación de 150 árbores en zonas deforestadas e cun alto valor paisaxístico que a Entidade pretende poñer en valor con especies autóctonas como o castiñeiro. Os nenos chegaron ao contorno do Carballo da Arma-

da a pé (primaria) e en autobús (infantil) desde o colexio acompañados polo profesorado do centro e foron recibidos pola Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Queimadelos e por unha brigada do Distrito Forestal XVII quen, xunto cos titores, transmitiron aos nenos a importe

función que desempeñan as árbores no contexto do Planeta como factor de equilibrio ambiental básico. Os nenos puideron gozar dun día inesquecible visitando ademais o histórico carballo da Armada e as mámoas prehistóricas que se localizan no contorno desta árbore monumen-

tal. Os escolares foron agasallados cun recordo conmemorativo do día por parte do Presidente da Entidade Local, Manuel Portas, quen aproveitou para agradecer a visita a cativos, ensinantes e a ANPA, así como a colaboración do Distrito Forestal.


4

Ponteareas - Abril de 2012

FOTO: HERNÁNDEZ

Entrega dos Premios Concello de Ponteareas pasado sábado 14 de abril o Auditorio Municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas acolleu o acto de entrega dos galardóns da II edición dos Premios Concello de Ponteareas, galardóns instituídos o pasado ano co fin de recoñecer, publicamente, o traballo que a prol do municipio ponteareán desenvolven colectivos e particulares en distintos eidos de actuación como son o empresa-

O

rial, comercial, cultural, deportivo e social. Para determinar as candidaturas, as distintas asociacións e colectivos de Ponteareas presentaron as súas propostas para, posteriormente, facerse entre elas unha primeira selección de cara a obter unha lista final na que o xurado elixiu aos gañadores definitivos en cada unha das categorías.

O xurado desta segunda edición dos Premios Concello de Ponteareas, composto por membros dos distintos centros culturais, asociación de comerciantes e asociación de empresarios, resolveu conceder os seguintes galardóns: Labor empresarial: Central Eléctrica Sestelo y Cia, S.A.

Actividade Comercial: Daniel Novoa Vázquez. Actividade Deportiva: José Teixeira Alonso. Labor Cultural: Ángel Viro Caamaño. Labor Social: Cáritas Diocesana de Ponteareas.

ACP denuncia o estado de abandono da Moscadeira portavoz de Alternativa Ciudadana, Juan Carlos González Carrera, quere denunciar unha nova neglixencia do Alcalde Salvador González Solla. Nesta ocasión trátase do penoso estado de abandono no que se atopa a praia da Moscadeira, un lugar de lecer e recreo, do que non se pode gozar na actualidade.

Os veciños da zona, indicábannos que xa bastante teñen con sufrir os cheiros da depuradora, que ademais teñen que aguantar isto.

O

“Unha Xestión desastrosa no área de medio ambiente, por parte do noso alcalde, fai que unha zona de lecer e recreo, integrada no casco urbano, pulmón ambiental, co río tea e unha preciosa arboleda, situada a 50 metros das vivendas, este totalmente abandonada, sucia, onde están proliferando ratas e cans abandonados que rebuscan entre a gran cantidade de lixo que alí se atopa depositada.”

Medidas necesarias “O noso grupo solicita ao Alcalde que tome as medidas necesarias para solucionar este problema, pois moito alardear de que vai aumentar as zonas verdes a través do carreiro do río Tea, e pola contra atopámonos co abandono e falta de mantemento das zonas existentes na actualidade.”

Esta zona, pola súa ubicación, é un lugar privilexiado para practicar deporte, para relaxarse e ata para que os nenos xoguen e gocen

da natureza. É inconcibible que se atope en tan lamentable estado, como demostran as fotografías tomadas esta mañá.

O noso grupo agradece aos veciños, que nos informen destas situacións, para dentro da nosa función, esixir solucións e ata responsabilidades ante o deterioro de zonas verdes, de tanta importancia para o medio ambiente.


Abril de 2012 - Publicidade

TODO PARA O AGRO E O XARDÍN

5


6

Ponteareas - Abril de 2012

O CDL de Ponteareas entra nas redes sociais Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas (CDL), vén de poñer en marcha unha páxina no Facebook. Existen diversas razóns polas que o CDL, dependente da Concellería de Emprego que dirixe Marisol Valado, decidiu crear esta conta.

O

Marisol Valado sinalaba ser consciente de que “as redes sociais, como é o caso de Facebook, son actualmente unha das mellores ferramentas para acadar obxectivos de visibilidade, e aproximación ao cidadán, xa que permiten un contacto directo con el”. A través desta conta do CDL (CDL Ponteareas) realizaranse labores de difusión e promoción, co fin de manter informado aos cidadáns de todos os servizos que se prestan, (asesoramento, cursos, xornadas, orientación laboral, emprendemento, etc.) para que deste modo, poidan utilizar os recursos que se poñen a súa disposición da maneira máis eficaz posible, e coñecer en tempo real, en sen saír da casa todas as oportunidades

que este servizo ofrece facilitando, deste modo, ao máximo o acceso aos servizos que se ofrecen. Esta páxina, pretende ser polo tanto, unha ventá de información, dando a coñecer ademais da actividade que se desenvolven no CDL, outros contidos de interese para os ámbitos nos que se desenvolve o seu labor (emprego, comercio e industria), deste modo, e acompañando os labores de difusión do propio centro, de forma periódica realizaráse unha labor de busca, análise e selección de información de interese para os usuarios. Marisol Valado explicaba que a presenza en Facebook, ten a importancia de ser unha canle bidireccional xa que, explicaba, “non é so útil para dar a coñecer as actividades que dende o CDL se desenvolven, senón que permite abrir unha canle de comunicación cos usuarios actuais e potenciais deste servizo, podendo atender e incluso dar resposta ás necesidades daquelas persoas que queiran

coñecer mellor as actividades ofertadas por unha parte, pero tamén como fonte de información para o propio CDL”. Abrir un canle de diálogo cos usuarios, é para a responsable de Emprego do Concello de Ponteareas, “permitirá coñecer de primeira man as demandas, necesidades e opinións, o que facilitará unha mellor

Concurso de Escaparates de Primavera Comercio. Para a Concelleira iniciativas coma esta ofrecen aos veciños e veciñas “unha boa imaxe do que é o comercio do noso municipio, un comercio dinámico e innovador capaz de ofrecer, aos veciños e veciñas, calidade e variedade”.

Concellería de Comercio en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Ponteareas, vén de convocar o Concurso de Escaparates de Primavera, a celebrar do 14 ao 28 de abril, no que poden participar todos os comercios que así o desexen.

A

Segundo Marisol Valado, concelleira de Comercio do Concello de Ponteareas, “os escaparates dos establecementos poden considerarse como a tarxeta de visita dos mesmos e, dende ese punto de vista, un escaparate orixinal di moito sobre o que o cliente potencial pode atopar no interior”. A medida busca dinamizar o comercio local “xa que é precisamente, nos tempos de crise, cando hai que agudizar a imaxinación e utilizar medios innovadores para fidelizar aos clientes” explica a responsable de

Nese sentido, afirmou Marisol Valado, é de destacar o labor desenvolvido pola Asociación de Comerciantes de Ponteareas, presidida por Maite Isla, a prol de difundir entre a veciñanza “o feito de que o comercio local ponteareá está perfectamente preparado para dar resposta ás necesidades dos seus clientes e, polo tanto, pódese mercar calquera produto sen necesidade de saír do municipio”. Este Concurso de Escaparates de Primavera “aberto absolutamente a todos os establecementos comerciais de Ponteareas que queiran participar” recalca Marisol Valado, pechará o seu prazo de inscrición este vindeiro xoves, 12 de abril, e os interesados en participar poden formalizar dita inscrición no teléfono do Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas, 986 66 10 50. Os veciños e veciñas, segundo Marisol Valado, “serán o mellor xurado co que se podería contar para un concurso destas características” e polo tanto, continúa explicando, “serán eles os que voten aos escaparates que máis lle gusten, un voto que lles permitirá participar nun sorteo de agasallos cos que agradecerlles a súa participación nesta iniciativa”.

adaptación da oferta dos servizos prestados ás necesidades reais da poboación do municipio”. En definitiva, segundo a Concelleira de Emprego, “consideramos que dende as redes sociais poderemos axudar a achegar ao CDL e os servizo que presta, aos cidadáns de Ponteareas”.

Premio da Consellería de Cultura para o Servizo de Normalización Lingüística Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de subvencionar o Concello de Ponteareas polo seu labor e impulso nas actuacións en materia de dinamización lingüística no ámbito local.

A

O Concello de Ponteareas é unha das entidades locais que forma parte da Rede de Dinamización Lingüística, aposta da Xunta para avanzar na coordinación e no impulso das actuacións en materia de dinamización desde o ámbito municipal, e da cal o Concello de Ponteareas forma parte desde os seus comezos, colaborando en todas as campañas.


7

Abril de 2012 - Ponteareas

O Concello fai entrega das subvencións aos clubs deportivos do municipio Ponteareas, Asociación Deportiva Wudang, no deporte de Wushu; Club Natación Ponteareas, Escola Municipal de Xadrez e, finalmente, Escudería Roi Sport en automobilismo. O concelleiro de Deportes, Alberto Novoa, subliñaba o feito de que os clubs beneficiarios da liña de axudas suman “preto das 1.250 licencias deportivas, o que da conta do alcance que ten esta subvención para poder seguir mantendo a súa actividade tanto competitiva como formativa”.

alcalde Salvador González Solla e mailo concelleiro de Deportes, Alberto Novoa, mantiveron en pasadas datas unha reunión con todos os clubs deportivos do municipio para darlles conta do pagamento das axudas que, para estas entidades, habilitara o concello ponteareán en decembro do pasado ano e que acadan un importe global de 40.000 euros.

O

Tal e como explicaba González Solla, o Goberno Local adoptou esta medida, “tdebido a que a situación de crise económica que se estaba a padecer afecta, de

xeito especial, aos patrocinios cos que contaban os clubs para a realización das súas actividades”. O Alcalde de Ponteareas matizaba que a actividade destes clubs, non queda cinguida á competición, senón que a meirande parte deles “contan con escolas deportivas que fan un magnífico traballo entre a mocidade, no so en materia deportiva, senón inculcándolles, indirectamente, valores como o traballo en equipo, o compañeirismo e a solidariedade”. Os 18 clubes deportivos para os que a Xunta de Goberno Local

aprobaba no seu momento esta liña de axudas, abranguen as máis diversas disciplinas deportivas e son, en fútbol, o Alpinista de Padróns, Sociedade Deportiva Oliveira, Xinzo Fútbol Club, Agrupación Deportiva San Esteban, Sporting Club San Mateo, Sociedade Deportiva Ponteareas, Sociedad Deportiva Juvenil, Ponteareas Fútbol Club, O Condado Fútbol Club e Club Cultural Areas. En ciclismo os beneficiarios destas axudas son o Club Ciclista Ponteareas, Peña Cicloturista Tea e Asociación Cultural e Deportiva Picaraña. Nos outros deportes as axudas aprobadas foron para o Club de Tenis de

Esta é a primeira vez que o Concello de Ponteareas concede estas axudas a entidades deportivas e, para a súa concesión, seguiuse un rigoroso baremo no que se tiña en conta o número de equipos con que contaba cada club, o número de licencias, a categoría na que competían e a organización de eventos deportivos. En todo caso, asegurou Salvador González Solla, “trátase de contribuír a aliviar a situación na que se atopan moitos clubs que ven reducidos os seus patrocinios”. No decurso da reunión, amais de darselle conta do pagamento das anteditas axudas que acadan os 40.000 euros, o Alcalde de Ponteareas informou aos clubs presentes na reunión que, en breve, serán publicadas as bases para a concesión de axudas para este ano 2012.


8

Ponteareas - Abril de 2012

O Concello de Ponteareas recibe as obras da ETAP Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP), cumprimentou estes días un dos últimos trámites administrativos de cara á súa inminente entrada en servizo ao entregar a empresa construtora a obra a un tempo á Xunta de Galicia e ao Concello de Ponteareas.

A

O concello ponteareán será o que agora inicie os trámites precisos para a adxudicación da concesión e a posta en marcha definitiva desta infraestrutura.

O alcalde, Salvador González Solla, amosaba a súa satisfacción ao ver que, “unha obra pola que o Concello viña loitando dende hai moito tempo” percorre os últimos pasos antes de comezar a prestar un servizo “de extraordinaria importancia para a cidadanía”. O Orzamento A Estación Potabilizadora contou para a súa construción cun orzamento de 1.381.142,45 euros, dos que o Concello de Ponteareas achegou preto dos 300.000 euros,

ULTRA MARINOS de confianza

e no momento da súa posta en marcha tratará un caudal de 60 l/s para, nunha segunda fase, poder chegar aos 120 l/s. Este caudal de auga tratada permitiría dar servizo a unha poboación de 35.000 habitantes e garantir un subministro de auga potable de calidade. Interese polas infraestruturas Salvador González Solla, logo de agradecer ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, “o

interese que sempre amosou polas necesidades infraestruturais de Ponteareas”, quixo lembrar que a ETAP contou tamén con obras complementarias que garantan o seu correcto funcionamento, como foron os importantes traballos de mellora da captación de auga realizados na Estación de Bombeo da Freixa, coa construción dunha nova impulsión de diámetro de 300 mm, con novos filtros, que conecta os depósitos da Xesta e A Freixa


9

Abril de 2012 - Ponteareas

O Concello presenta o III Curso de Dirección e Interpretación de Bandas de Música alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, acompañado polo concelleiro de Educación, Andrés Sampedro Fernández e o director do Conservatorio Municipal de Música Reveriano Soutullo, José Feliciano Alonso Fernández, presentou o pasado 17 de abril as actividades do III Curso de Dirección e Instrumentación de Bandas de Música, que se desenvolverá no conservatorio ponteareán entre o 19 e o 21 de abril.

contorna”. Por esta importancia que teñen as bandas, afirmou o Director do Conservatorio, “é polo que é preciso realizar iniciativas como esta para adecualas aos tempos actuais, traballando cos seus directores tanto no aspecto musical como psicolóxico, pedagóxico e didáctico”. O curso realizarase dende o xoves 19 ata o sábado 21 de abril e tratará temas como a figura do director de orquestra na actualidade, a especialidade da orquestra de vento, ou programación dunha banda de música.

O

O alcalde salientaba a importancia deste curso nun concello “en que a música forma parte da súa propia identidade e é berce de músicos de recoñecido prestixio nacional e internacional”. No mesmo sentido expresábase Andrés Sampedro, ao asegurar que a convocatoria deste III Curso de Dirección e Instrumentación de

Bandas de Música, amosaba a forte aposta que, “a pesar dos tempos de crise”, continúa a realizar o Concello a prol do ensino e, neste caso, do ensino musical”. O curso, explicaba o director do Conservatorio Reveriano Soutullo,

José Feliciano Alonso Fernández, “vense organizando dende os últimos tres anos, debido a importancia que teñen estas agrupacións no noso país e, sobre todo na nosa Vila, xa que proporcionan unha educación musical e fomentan actividades lúdico culturais na nosa

O curso porá o seu peche, como todos os anos, cun concerto gratuíto, que terá lugar o sábado 21 de abril ás 18:30 horas, e que correrá a cargo da banda do Conservatorio de Música dirixida polos participantes neste curso de Dirección e Interpretación.


10

Salvaterra - Abril de 2012

Homenaxe a Zeca Afonso Sociedade Cultural e Desportiva do Condado informa, que somando ás atividades de "AJUDA AO FESTIVAL DA POESIA", este mes contan com umha Jornada muito especial, dedicada ao Zeca Afonso.

A

Grande amigo da Galiza, sobre todo da nossa Comarca, o Zeca nom só foi um icone para seu Pais senom tambem para o nosso, como apoio e trovador da nossa cultura e lingua. Éis assim, que em este 2012 coincidindo com o 25 aniversário da sua morte, achamos que a melhor maneira de

Salvaterra celebra o mes do libro

"choralo" seria recordando o seu passo polas nossas Vilas, o seu trabalho vital, politico, pessoal e como nom musical. Um programa variado, fará do sábado 28 de abril, umha Jornada de convívio, de festa, lembraças e luita para todas as pessoas que queiram e poidam achegar-se as Muralhas de Salvaterra de Minho. PROGRAMA: 17h Jogos populares para crianças. 18:30h Mesa redonda:

O xoves día 19 os nenos e nenas poderán desfrutar da animación dun conto con plastilina, de 16.30 ás 19.30, na Biblioteca Infantil, dirixido aos nenos de 6 a 9 anos. O día 26 haberá unha actividade de animación á lectura de maxia, enfocado para nenos/as de 3 anos en diante, onde os pais poderán acompañar aos seus fillo/as, a partires das 18.00h no Salón da Casa de Cultura.

Concello de Salvaterra celebrará durante o mes de abril o mes do libro, con motivo da celebración anual do 23 de abril como Día do Libro, coa idea de fomentar a lectura entre os mais cativos.

Ademais os días 13 e 20, de 17.00h a 18.15h, haberá dous talleres que terán como tema principal o Libro, na Biblioteca Infantil.

Co lema «ABRIL MES DOS LIBROS», na Biblioteca de Salvaterra vanse levar a cabo diversas e divertidas actividades centradas nos máis pequenos co fin de sentar as bases e crear un hábito de lectura.

Recordamos que se queredes participar nangunhas destas actividades tedes que anotárvos na Biblioteca, xa que tanto os talleres como a actividade do día 19 teñen prazas limitadas.

O

*XICO DE CARINHO (Membro da AJA e amigo de José Afonso) *SUSO IGLESIAS (ex director da CRTVG e amigo de José Afonso) *ALÍPIO NUNES (concelheiro do PCP em Valença) 20h Foliada e vinhos 21:30h Ceia (12 euros com direito a concerto) 23h Concerto (5 euros): *O LEIO *DE OUTRA MARGEM


Abril de 2012 -

11

Alén Minho

Homenagem aos portugueses mortos pelo franquismo na Galiza durante a Guerra Civil espanhola Município de Monção presta homenagem aos portugueses mortos pelo franquismo na Galiza durante a guerra civil espanhola com o descerramento de uma placa na Ponte Internacional Monção e Salvaterra (15h00) e uma conferência na Casa Museu de Monção/Universidade do Minho (16h00).

temática será abordada por Lourenzo Fernandez Prieto (Universidade de Santiago de Compostela), Dionísio Pereira (Universidade de Santiago de Compostela), Paula Godinho (Faculdade de Ciências Sociais e Humanas/Universidade Nova de Lisboa) e Norberto Cunha (Universidade do Minho). No final, realiza-se um breve momento musical com o Grupo “Os Sinos da Sé”

O

Na cerimónia do descerramento da placa, contendo os nomes dos 56 republicanos portugueses mortos pelo regime franquista naquela província do país vizinho, estão previstas intervenções de José Emílio Moreira (Presidente da Câmara Municipal de Monção), Mário Soares (Presidente da Fundação Mário Soares), António M. Cunha (Reitor da Universidade do Minho) e Fernando Rosas (Instituto de História Contemporânea/Universidade Nova de Lisboa).

O levantamento dos portugueses que pereceram em solo galego naquele período conturbado da história de Espanha foi desenvolvido por um grupo de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela com a colaboração da Universidade Nova de Lisboa e Universidade do Minho.

Na conferência posterior, a

Compasso Pascal Transfronteiriço no Rio Minho

a beijar aos paroquianos da outra margem. Durante esse período são lançadas, pelos pescadores as redes benzidas ao rio. Todo o peixe que sair no lance é para o pároco. Entretanto com o pároco português regressa, no barco, o pároco de Sobrado – Torron, concelho de Tomiño (Galiza), dando a cruz a beijar aos peregrinos que aguardam junto ao rio, na margem portuguesa. Várias embarcações portuguesas e galegas acompanham este compasso pascal nas águas do Minho. Até à noite os sons das gaitas de foles misturam-se com os das concertinas, das castanholas, o rufar dos bombos e tambores numa autêntica romaria galaico-minhota.

Lanço da Cruz é uma das mais emblemáticas tradições valencianas e galaico minhotas que os pescadores de Valença e Tomiño tem preservado e que, hoje, faz parte do cartaz religioso, cultural e turístico da euro-região”.

O

A freguesia valenciana de Cristelo Côvo celebra os tradicionais feste-

jos em honra de Nª Sr.ª da Cabeça, com destaque para o Lanço da Cruz, no dia 9 de Abril, Segunda-Feira de Páscoa, no Parque Natural da Senhora da Cabeça, junto ao rio Minho. O Lanço da Cruz, o ponto alto dos festejos, está programado para as 17h, do dia 9 Abril, Segunda-Feira de Páscoa. Esta tradicional roma-

ria galaico-minhota decorre sempre na segunda-feira imediata ao fim de semana da Páscoa. Ao entardecer, depois da visita pascal, à freguesia de CristeloCôvo (Valença), o pároco, devidamente paramentado e com uma cruz ornamentada, entra num barco de pesca e dirige-se até à margem espanhola onde dá a cruz

Na terça-feira, 10 Abril, merece especial referência a missa para os peregrinos da Galiza, celebrada em galego, por um padre galego. Neste dia também, por tradição, os peregrinos desfrutam dos seus merendeiros nas sombras do parque comendo, sobretudo, o que sobrou do carneiro ou cabrito da Páscoa. A tradição do Lanço da Cruz é uma manifestação religiosa e popular muito acarinhada pelas populações da raia minhota que ano após ano atrai um maior número de populares e turistas.


12

Arbo - Abril de 2012


Abril de 2012 - Arbo

13


14

O Porriño - Abril de 2012

O Concello do Porriño realizou un estudo sobre os traballos con máis saída análise do mercado de traballo actual é un dos obxectivos prioritarios para o equipo de profesionais que integra o servizo municipal de Porremprego. Desde a Concellaría de Emprego e Formación do Concello do Porriño, que dirixe M. Alejandro Lorenzo, consideran transcendental esta cuestión para a posterior posta en marcha de accións formativas que dean resposta ás necesidades reais das empresas xerando emprego no municipio, por iso é polo que realicen un estudo a través do cal extráense os postos de traballo máis demandados nos diferentes sectores.

A

«Analizamos cal é a demanda real existente no tecido industrial que nos rodea para organizar cursos que respondan á mesma e que acheguen ás persoas desempregadas de Porriño os coñecementos, as destrezas e a profesionalidade necesarios para cubrir eses postos con maiores competencias», explica Lorenzo. Un estudo que é elaborado polos propios técnicos de Porremprego, resultado das múltiples relacións e contactos directos coas empresas, e que revela que no sector da automoción precísanse enxeñeiros industriais e técnicos, mecánicos de camión e delineantes con solidworks e Autocad; no químico técnicos de calidade; na hostalería camareiros, axudantes de cociña, cociñeiros e camareiros de piso; no sector da construción o máis demandado son colocadores de pladur e encitadores de xeso; no sector do metal torneiro fresador; na industria alimentaria pescaderos, charcuteros e panadeiros; en comercio e mercadotecnia comerciais; en artes gráficas deseñadores gráficos; no sector da administración administrativos con idiomas -preferentemente inglés e francés-, administrativos con Sap e técnico de comercio internacional, e en educación docentes.

A formación é un dos alicerces básicos do Plan Municipal de Emprego, por iso é polo que se vaian a destinar 2,5 millóns de euros neste ano 2012 a diversas accións formativas que abarcan desde cursos a obradoiros de emprego e escolas-taller, así como tamén convenios de colaboración e bolsas formativas, «todo iso dirixido a preparar ás persoas desempregadas, ensinándolles novos conceptos ou reciclándose noutros xa coñecidos, para que afronten con éxito a súa futura inserción laboral», subliña Lorenzo. O concelleiro explica que «unha vez analizada a demanda existente entre o tecido empresarial corroborámola coa nosa oferta, vendo o que nós lle podemos ofrecer, cotejando todos os curriculums dos usuarios da Bolsa de Emprego, posuidores do Cartón Porremprego, que poidan cubrir eses postos. A maiores, deseñamos todas as nosas accións formativas en

dirección a esa demanda, formando ás persoas desempregadas en materias para as que realmente existen ofertas de traballo e unha posible inserción laboral». Próximo inicio de cursos Neste sentido, desde o Concello anuncian o comezo, a próxima semana dun curso de camareiro, para o cal disponse do aula acondicionada e material necesario no Multicentro de Torneiros. Así mesmo, estase organizando tamén outro de solidworks, o máis completo portafolio de ferramentas 3D de desenvolvemento de produto e de atención ao cliente, do cal xa iniciar dous nos últimos días, do mesmo xeito que outros de informática avanzada e facturaplus. Cursos aos que se suman os de preparación para os exames de obtención do título da ESO e do Celga.

ersoal técnico do Instituto Galego do Consumo da Consellería de Economía e Industria expuxo onte pola tarde no Multicentro de Torneiros (Porriño) toda a información existente respecto das participacións preferentes, as súas características, os seus riscos e, sobre todo, as posibles vías de reclamación que poden adoptar as persoas afectadas que buscan unha solución á recuperación íntegra do investimento realizado.

P

Concello e Xunta asesoran a clientes afectados polas participacións preferentes

Á reunión, á que asistiu tamén o alcalde Nelson Santos, acudiron unhas 60 persoas, non só veciños de Porriño senón chegados tamén dos municipios de Mos, Salceda e Tui. Co obxectivo de colaborar na protección e defensa dos intereses e dereitos dos cidadáns, tanto desde

o Concello do Porriño como desde a Xunta de Galicia ofreceráselles a todos os afectados un asesoramento personalizado na canalización das súas reclamacións aos organismos competentes. Deste xeito, durante a reunión comunicóuselles aos asistentes que acudan á Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), situada na primeira planta da Casa Consistorial, desde onde se estudará cada caso particular e guiaráselles persoalmente nos diferentes pasos a seguir. Desde o Concello valoran moi a celebración desta reunión a través da cal facilitóuselles a todas as persoas afectadas o acceso á información técnica necesaria, aclarando, na medida do posible, todas as dúbidas e inquietudes xurdidas e ofrecéndolles un asesoramento personalizado.


Abril de 2012 - O

15

Porriño

A biblioteca municipal de Porriño celebra durante abril o mes do libro biblioteca municipal de Porriño pon en marcha este mes unha nova iniciativa de animación á lectura. Dependente da Concellaría de Cultural, que dirixe Teresa Veloso, desde a biblioteca organizáronse diversas actividades con motivo da celebración do Día do Libro Infantil, o pasado luns 2 de abril, ás que se engadirán os actos do Día Internacional do Libro, o próximo 23.

A

unha estantería e, finalmente, o 26 de abril actuará Rivel Animación coa obra Bibli-móbil infantil. Serán todas no centro cultural municipal ás 12.00 horas. Concurso de haikus Por outra banda, desde a biblioteca recordan que continúa aberto o prazo para presentar haikus. Trátase dun concurso que comezaba o día 24 de febreiro con motivo do Día de Rosalía

Representacións teatrais e xogos para os máis pequenos Dirixidas ao público escolar, desenvolveranse tres actuacións de monicreques, enmarcadas no programa Letras Vivas da Xunta de Galicia, co obxectivo de animar á lectura aos máis pequenos da casa a través da utilización de monicreques, maxia, malabares, contacontos e diversos xogos lúdicos e formativos. Así, a primeira delas celebrarase o xoves día 12 de abril, na que actuarán os Monicreques Cascanueces coa obra A rúa dás pantasmas; a seguinte será o día 19 e actuará Mundo Piruleta coa representación deÉrase unha vez...

de Castro, prolongándose ata o 23 de abril, Día do Libro, polo que todos os porriñeses aínda están a tempo de pór en prác-

tica a súa creatividade literaria escribindo estes poemas xaponeses dedicados á natureza e participar con eles podendo optar ao premio dun e-book reader por categoría (infantil e adulto). A temática dos haikus a presentar deberá versar sobre calquera aspecto relacionado coa natureza, mantendo a métrica clásica de 17 sílabas divididas en tres versos. A tradición do haiku indica que estes poemas, de aparencia sinxela, narran o que está sucedendo nun momento ou nun lugar determinado, representando un flash que ilumina un instante ou idea fugaz. Cada persoa poderá participar co número de haikus que estime oportuno establecéndose dúas categorías, os nados a partir de 1996 e os nados antes de 1996. Os haikus presentaranse por escrito, presencialmente ou por correo postal, nas oficinas da biblioteca municipal (c/Domingo Bueno, 9 36400Porriño) acompañados dos datos do autor (nome, apelidos, dirección postal, teléfono, DNI e categoría na que participa).

Continúan as andainas saudables en Porriño

Concellaría de Deportes do Porriño, que dirixe M. Alejandro Lorenzo, adscrita ao Plan Galicia Saudable da Secretaria Xeral para ou Deporte da Xunta, organizou unha serie de marchas co obxectivo de potenciar unha vida sa a través da práctica da actividade física entre nenos, novos e maiores, pero sobre todo, entre este último sector da poboación evitando nel unha vida sedentaria.

A

A intención da Concellaría de Deportes é a de confeccionar un programa de marchas non só e o centro urbano senón tamén nas diferentes parroquias aproveitando as paraxes naturais que todas elas ofrecen. Deste xeito, desde o Concello faise un chamamento a todos os veciños, pero sobre todo ás persoas de maior idade, para que participen deste plan que lles proporcionará unha vida activa e saudable, evitando o sedentarismo e os malos hábitos. Das próximas marchas -día, hora e lugar- irase informando periodicamente a medida que se vaia desenvolvendo o programa, intentando tamén amplialo aos fins de semana, en horario de mañá e tarde, e celebrar outras actividades lúdicas co mesmo obxectivo.


16

Publicidade - Abril de 2012


17

Abril de 2012 - Salceda

O Concello de Salceda esixe responsabilidades aos executivos e directivos das entidades financieiras

pasado 27 de Marzo do 2012 aprobouse no Pleno Extraordinario, celebrado no Concello de Salceda de Caselas, o Plan de Axuste elaborado en cumprimento do artigo 7 do Real.

O

Os acordos do día foron o de instar á Xunta e ao Goberno do Estado por unha banda para que exerzan as súas potestades sobre as Entidades cómplices da venda de preferentes, garantindo a recu-

peración íntegra do investimento realizado, e por outro lado instar a estes organismos a que demanden ao Banco de España e a Comisión do Mercado de Valores a realizar unha inspección sobre a comercialización por parte das entidades financieira das participacións preferentes. Esixindo responsabilidades aos executivos e directivos das entidades financieiras que cometeron fraude masivo aos pequenos aforradores.

Tanto a Plataforma de afectados do Condado-Louriña como a de afectados do Rosal, mantiveron unha reunión co Alcalde de Salceda, Marcos Besada, onde se acordou elaborar dende a OMIC de Salceda unha lista de afectados polas preferentes así coma a realizar reunións no municipio cos veciños e veciñas afectados para mantelos informados acerca dos pasos que teñen que seguir para denunciar, os acordos que se vaian mantendo e tamén as mobilizacións que se están a realizar a nivel galego. O mércores 27 ás 10:00 da mañá tivo lugar unha concentración de afectados diante da sucursal de Novagalicia Banco convocada pola Plataforma de afectados de O Rosal, onde os afectados entraron na sucursal para que se lles facilite unha solución ante un producto que se lles foi vendido como prazo fixo e con total dispoñibilidade líquida dos seus fondos, cando

realmente era un producto de alto risco que non cumpría coas condicións iniciais. Dolores Castiñeira, Concelleira de Consumo, anima a que a xente acuda a OMIC de Salceda, onde diariamente se está a incrementar o número de afectados. “É inadmisible que as entidades bancarias cometan este tipo de estafas e se lles debe esixir que sen mais dilación devolvan aos veciños e veciñas o seu diñeiro”, asegura a concelleira. Marcos Besada di que “é inaceptable que as entidades bancarias sexan partícipes deste tipo de enganos e que non exista ningún tipo de penalización para este tipo de actitudes, sendo as persoas que tiñan os seus aforros nestas entidades as perxudicadas e que ao día de hoxe todavía están agardando a recuperar a súa inversión inicial”.

Exposición de artesanía na Casa da Cultura de Salceda de Caselas

Casa da cultura do Concello, Alfonso Daniel Rodriguez Castelao, conta cunha nova exposición na súa sala destinada para os eventos.

A

A casa da cultura sita na praza do Concello, conta no seu interior cunha sala de exposicións, onde cada vez podemos contar cun maior número de exposicións de pin-

tura, escultura, fotografía, artesanía, etc. Nesta ocasión poderemos disfrutar da exposición que a artista Mª Carmen Covelo mostra dende o día 1 ao 15 de abril, pódese visitar gratuítamente dentro do horario de apertura da casa da Cultura de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00.


18

Salceda - Abril de 2012

veciñas que residen actualmente en Salceda, especialmente da poboación infantil, máis de mil cincocentos nenos e nenas de 0 a 14 anos. En total, os facultativos do actual Centro de Saúde asisten a case oito mil persoas e todos os médicos de Salceda teñen asignadas máis de mil cincocentas cartillas. O caso máis urxente corresponde á única pediatra do centro, que atende a 1.270 nenos e nenas, cando o máximo aconsellado é de mil. Dada esta saturación do servizo de pediatría, propúxoselle á Conselleira a busca de solucións, como a incorporación dunha segunda pediatra, cuestión que a Conselleira prometeu estudar.

Rosa Mosqueira comprométese a licitar o novo centro de saúde de Salceda en 2013 Alcalde de Salceda, Marcos Besada, e o Concelleiro de Vías e Obras, Fortunato Álvarez, mantiveron unha reunión coa Conselleira de Sanidade da Xunta, Rosa Mosqueira, co fin de definir o “libro de ruta” para a construción do novo Centro de Saúde de Salceda de Caselas.

O

O Concello de Salceda cedeu gratuítamente ao Servizo Galego de Sáude, en sesión plenaria celebrada en maio de 2011, a propiedade dunha parcela dunha superficie de algo máis tres mil metros cadrados, destinada polo planeamento á construción do novo Centro de Saúde de Salceda. Solicitábaselle, así mesmo, que lle comunicara ao

Concello a aceptación de dita cesión afectada como dominio público á construción do novo centro de saúde. Estes terreos, sitos na Devesa, foron obtidos en propiedade o 22 de decembro de 2010 mediante a ocupación directa dos terreos. O 5 de maio de 2010 o SERGAS déralle o visto e prace á parcela ofrecida polo Concello obtida por ocupación directa e solicitou a posta a disposición para a normal execución das obras. O xerente de atención primaria, da área de Vigo, do SERGAS, Javier Caramés, manifestoulle ó alcalde, concelleiros e á Plataforma en defensa dos servizos sanitarios de Salceda que

o Centro de Saúde de Salceda era, e segue sendo, prioridade número un para este organismo. O Concello comprometeuse a asumir os gastos derivados da urbanización e facer chegar as infraestruturas necesarias ó Centro de Saúde que serán simultáneas á súa construción, como en calquera licencia. Os sistemas de abastecemento de auga e saneamento, subministro eléctrico, alumeado e telefonía xa están a pé de parcela, na Rúa Martires de Sobredo. Na reunión quedou clara a urxencia da construción dun novo centro de Saúde que satisfaga as necesidades dos 8.919 veciños e

Rocío Mosquera comprometeuse en primeiro lugar á recepción da parcela, polo Consello da Xunta, antes do verán, e, de cara a fin de ano de 2012, orzamentar, dentro do segundo grupo de Centros de Saúde que a Consellaría ten previsto licitar polo sistema públicoprivado no ano 2013, a construción simultánea de cinco ou seis centros de saúde pendentes, entre os que se atopan, xunto co de Salceda de Caselas, os de Hío (Cangas) e Pobra do Caramiñal. Marcos Besada, Alcalde de Salceda de Caselas, agradeceu os compromisos adquiridos, mais deixou clara a necesidade de que se cumpran. “Máis de mil cen veciños e veciñas, deles douscentos cincuanta e sete nenos e nenas, nestes momentos acoden aos Centros de Saúde de concellos veciños ante a saturación do actual centro construído no ano 1985. O Concello xa cumpriu coa cesión da parcela, agora o SERGAS debe cumprir cos veciños e veciñas de Salceda, coa máxima urxencia posible”.


19

Abril de 2012 - Tomiño

Máis de 150 nenos e nenas dos colexios de Tomiño visitan os viveiros da comarca

atro colexios de Tomiño visitaron entee os días 9 e 13 de abril varios viveiros do municipio. Os centros participantes foron CEIP Tebra, CEIP Barrantes, CEIP Pintor Antonio Fernández e CEP Pedro Caselles que visitaron os viveiros Nilo, Brotes, VBM e Bacelo.

C

Esta actividade responde a programación da 9ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño que con esta iniciativa prepara a súa novena edición. As visitas teñen como finalidade que os nenos e nenas de Tomiño tomen contacto con este importante sector que é un dos máis

puxantes da comarca. A súa representatividade no Concello de Tomiño facilita esta actividade na que os escolares coñeceron de primeira man como funciona un viveiro. A Mostra de Cultivos olla así para os máis cativos e os coloca noutra realidade do seu Concello que ata o momento non tiveran contacto. As visitas arrancaron o mércores 11 de abril coa visita dos colexios de Tebra e de Goián aos viveiros Brotes e Nilo, respectivamente. O xoves, tocoulle o turno a CEIP Barrantes que visitou a empresa

Bacelo e hoxe venres foron os escolares do Cep Pedro Caselles que se achegaron a Viveiros Baixo Miño. Os nenos e nenas de destes catro colexios teñen idades moi dispares, van dende cativos de Infantil ata escolares de 2º ciclo de Primaria. Trala visita os nenos e nenas elaborarán un traballo que se exporá no auditorio de Goián durante a feira, así teremos maquetas, collage, murais, etc Esta novena edición da Mostra de Cultivos celebrarase os vindeiros días 21 e 22 de abril no Pavillón

Polideportivo de Goián. Esta ano, ademáis da tradicional exposición do sector, contaremos cunha carpa infantil con actividades para nenos e nenas como plantar plantas. A inauguración oficial será o día 21 de abril ás 12h00 no pavillón. O horario de apertura da feira será de 10h00 a 21h00 en horario ininterrumpido os dous días. O número de expositores superá a veintena abrindose o abanico do sector no que estarán representados viveiros de planta ornamental, flor cortada, horta e auxiliares.


20

Publicidade - Abril de 2012


21

Abril de 2012 - Tomiño

O Concello organiza unha recepción aos alumnos de intercambio do IES Tomiño Concello de Tomiño organizou o pasado 26 de marzo unha recepción ao alumnado do IES Tomiño e a un grupo de escolares dun centro de Pouzages (Francia) que este ano fan o xa habitual intercambio.

O

O grupo francés procedente do Val do Loira chegou o pasado sábado

24 de marzo e regresou o 31 de marzo. O grupo tomiñés, pola súa parte, viaxa a Francia trala Semana Santa. Ademais da recepción na casa consistorial, os estudantes do intercambio visitarán diferentes lugares turísticos dos arredores como Baiona, A Guarda, Vigo, O Grove e Santiago de Compostela.

En Francia, os mozos e mozas tomiñeses tamén visitarán varias populares cidades francesas como Nantes e Poitiers. O intercambio está organizado polo departamento de francés do IES Tomiño e polo Lycée de Pouzauges dentro da súa programación habitual.

A Directora Xeral de Comercio visita xunto coa Alcaldesa a praza de abastos

O Concelleiro de Educación, Xose Maria Regueiro, agradeceu na xa mencionada recepción “o esforzo e traballo do profesorado para organizar este intercambio, que ben sabemos que require de moita constancia”. Tamén animou aos mozos e mozas a aprender destes labores de intercambio.

Remataron as obras de demolición do “Palomar”

Concello de Tomiño cumpre coa sentencia xudicial dictada polo Xulgado do Contencioso Administrativo Número 3 de Pontevedra que dictaba a demolición do “palomar” ata o 30 marzo.

O pasado 2 de abril o Concello de Tomiño recibiu a visita da Directora Xeral de Comercio, Nava Castro, que acompañada da Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e a concelleira de Promoción Económica, Eva Martínez, achegáronse a praza de abastos municipal do Seixo.

O

A visita tiña como fin coñecer de primeira man as necesidades dos comerciantes da praza. A Directora Xeral e a Alcaldesa, reuníronse nas instalacións da praza onde puideron coñecer as ideas dos comerciantes respecto á dinamización do pequeno comercio. Na súa visita a Directora Xeral recordou que “o apoio aos mercados e ás prazas

de abastos é un dos obxectivos estratéxicos recollidos no Plan Ágora, Agora Re-comercia de reactivación e modernización do pequeno comercio posto en marcha pola Consellería de Economía e Industria, que traballa co obxectivo de consolidar os mercados como líderes na venda de produto fresco e de calidade, para o que traballamos man a man coas asociacións e cos concellos”. A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, manifestou “a necesidade de traballar de xeito coordinado entre a Dirección Xeral de Comercio, o Concello e os comerciantes para así actuar de xeito efectivo sobre o mercado local e tentar acometer as melloras necesarias na praza”.

As obras de demolición iniciáronse o pasado 12 de marzo e remataron dentro do prazo dictado do 30 do mesmo mes. As obras costáronlle ao Concello de Tomiño 13.119,96 euros que foran orzamentados nos presupostos deste ano 2012 aprobados no pasado mes de decembro. A demolición do inmobre demoraron 15 días xa que se tiveron que facer paulatinamente debido ao lugar no que estaba situado, centro da vila, e porque o edificio compartía unha parede medianeira coa casa lindeira. Segundo o Concelleiro de Urbanismo, Uxío Benítez, “á fin borramos un caso de feísmo do noso Concello e do noso casco urbano. A demolición do “palomar” supón levar a práctica dunha nova forma de urbanismo no Concello e borrar as ilegalidades do Partido Popular”.


22

A Guarda - Abril de 2012

O Masat e o Castro de Santa Tegra formarán parte do Museo Virtual da Cultura Castrexa n proxecto baseado nas últimas técnicas de dixitalización 3D está desenrolando un Museo Virtual sobre a Cultura Castrexa, que materializado nun portal web, permitirá acceder á información máis relevante sobre esta época do Noroeste peninsular. O castro de Santa Tegra e o seu museo, xunto con outros referentes desta cultura formasen parte desta plataforma.

U

do Ministerio de Cultura para o fomento de proxectos culturais a desenvolver en museos. Representantes destas empresas comezaron, durante o mes de marzo, o traballo de campo en Santa Tegra, consistente na recolleita de información, especialmente gráfica de pezas e do xacemento sobre as que se aplicarán as técnicas fotogramétricas oportunas que nos darán o resultado final.

Este Museo Virtual permitiranos realizar visitas virtuais aos xacementos máis relevantes, entre os que se atopa Santa Tegra, que simulando a visita física mediante vistas panorámicas 360º e recreacións tridimensionais das pezas máis destacadas, achegarannos á información sobre os nosos antepasados dun modo sinxelo e práctico. Xunto a Santa Tegra poderemos atopar lugares tan destacados desta cultura como son o Castro de Viladonga (Lugo) ou o Chao de San Martín (Asturias) ofrecendo

O Museo Virtual da Cultura Castrexa, constitúe unha ferramenta de primeira orde na dinamización e divulgación patrimonial, pois facilitará o acceso ao coñecemento do noso patrimonio, tanto para os habitantes de cada territorio, como a visitantes externos, que se converten así en visitantes potenciais destes territorios. Poñendo ao patrimonio castrexo á altura das máis avanzadas técnicas de divulgación (Museo de Altamira, Arqua, Museo Virtual de Iraq.. )

unha completa visión de conxunto sobre este ámbito cultural, tan segmentado normalmente tanto na divulgación como pola investigación. O proxecto realizado polas empresas STUDO 3D e ALICERCE, con traxectoria acreditada en visitas virtuais web e xestión do patrimonio cultural, execútase con cargo ás subvencións

Proxéctase na Guarda o documental Vikingland próximo 20 de abril proxectarase no Centro Cultural da Guarda o úlitmo traballo do guardés Xurxo Chirro.

O

Esta historia nos trasalada ó Atlántico Norte, onde un grupo de mariñeiros galegos traballa no transbordador que conecta a cidade danesa de Romo coa illa de Sylt. Un destes mariñeiros, Luís, videocámara en man, decide rexistrar a vida cotiá no barco durante unha chea de travesías. O filme, que foi presentado en diversos festivais internacionais obtendo un amplo respaldo da crítica -FID Marseille, FICUNAM, Festival Internacional de Cine de Xixón, Festival Internacional de Documental de Jihlava, Festival Internacional de Cine de Mar del Plata, Cineuropa-, acada o Premio na Sección Oficial do Play Doc (Tui, Marzo 2012). Durante a presentación o seu Xurxo González nos contará as peculiaridades desta obra así como o periplo da mesma ata o día de hoxe.

A asociación PEDRA FURADA saúda á nova comisión das Festas do Monte iguel A. Español Otero, presidente da Asociación Pedra Furada encargada da organización das Festas do Monte nos últimos 12 anos, en nome de todos os socios que a compoñen, dálle a benvida a nova Asociación Veciñal Cultural e Deportiva O CANCELÓN que se vai a facer cargo da organización das Festas do Monte 2012.

M

Esta Asociación recentemente constituída estará

composta por Damián Alonso Alonso, David González Pacheco, Manuel Alonso Lea e Manuel Pereira Barros entre outros. Dende a Asociación Pedra Furada xa lles foi trasladado ós novos organizadores a disposición desta asociación a prestarlle todo o apoio e asesoramento que precisen, e nese mesmo sentido, fan un chamamento a cidadanía guardesa para que colaboren con esta nova Comisión

de Festas de igual maneira que o viñeron facendo nestes últimos anos con Pedra Furada. Esta nova Comisión de Festas xa empezou a traballar tendo contratadas as orquestras, a iluminación, a impresión do libro e a tirada de fogos. En breves datas manterá unha reunión co comercio guardés para tratar de acadar o seu apoio neste importante reto.


23

Abril de 2012 - A Guarda

Carlos Callón presentou no Art Café “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” arlos Callón estivo o pasado 16 de abril na Guarda para presentar o libro “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos”, publicado por Xerais, nun acto arroupado polo cantautor guardés Tino Baz, que ademais é o portavoz da Plataforma Queremos Galego no Baixo Miño, organización que convocaba este acto que tivo lugar no Art Café.

prexuízos que os determinan. Tamén describe diversas e frecuentes situacións de discriminación que padecemos polo feito de utilizarmos o galego. Para solucionar estes problemas proporciónanos información detallada sobre os dereitos lingüísticos que temos e a maneira de exercelos.

C

Desde hai nove anos Carlos Callón preside A Mesa pola Normalización Lingüística, a maior asociación cultural galega, á que se afiliou cando só tiña 16 anos. Desde esta organización des-

envolve un excelente e necesario labor de activismo en defensa da nosa lingua. No libro “Como defenderes os teus dereitos lingüísti-

cos”, publicado por Xerais, Carlos Callón fai unha análise dos estraños comportamentos en relación co uso da lingua galega, condicionados por múltiples

Carlos Callón Torres estudou filoloxía galega e portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Colabora en diferentes medios de comunicación e publica numerosos artigos e ensaios de investigación literaria e sociolingüística,

aínda que moitos dos seus traballos permanecen inéditos. Podemos destacar pola súa importancia e alcance os seguintes libros: “Unha historia que nos pertence: A obra poética en galego de Lorenzo Varela” (2005), “En castellano no hay problema” (2010), “Amigos e sodomitas” (premio Vicente Risco de Ciencias Sociais e premio Fervenzas Literarias ao mellor volume de ensaio e investigación do ano 2011), “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” (2011, premio Redelibros á mellor obra non literaria en galego dese ano).


Xornal Galego de Información Xeral Director: Carlos Rey Bárcenas. Edita, maqueta e imprime: Publicaciones Tameiga, S.L. Enderezo: Avenida do Aeroporto, 83, Tameiga,

Mos. Pontevedra. Enderezo electrónico: redaccion@hermeseatenea.com publicidade@hermeseatenea.com director@hermeseatenea.com Teléfonos: 986487480/658585049 Coordinador: Guillermo Rodríguez Colaboradores: Alicia Rocha, Vicente Alló, X. A. Pérez Lema, Pablo Glez Mariñas, Anxo Fernández

Saborido, Antonino García, Emilio Ínsua, Anxo S. Porto Ucha, Xoan Xosé Pérez Labaca, Raúl Daniel Sotelo, Manuel Rosende, Inma Otero, Miguel Andión, Juan Louzán (Madrid), Coki (Nova Iorque), Carlos Barros Fotografía: Arquivo, Hernández Publicidade:Sandra Araujo, Guillermo Rodríguez, Suso Vieito e departamento propio Depósito Legal: VG175-2012

Este xornal imprímese en papel reciclado


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
A NOVA PENEIRA - Nº4 - Abril 2012 by A Peneira Dixital - Issuu