Skip to main content

A NOVA PENEIRA - Nº 2 - Febreiro 2012

Page 1

www.apeneiradixital.com

XORNAL

ANO 1 - Nº 2

PONTEAREAS A Biblioteca de Ponteareas recibiu en 2011 unha media de 150 usuarios ao día

GALEGO DE INFORMACIÓN

XERAL

Febreiro de 2012 - 2€

Tomiño e Goián ultiman os seus desfiles de carrozas

Páx. 6

O PORRIÑO Chegan a Porriño dúas mostras do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Páx. 11

SALCEDA DE CASELAS O Concello de Salceda participa por segundo ano consecutivo na Feira Xantar de Expourense

Páx. 11

Páx. 14

A GUARDA II Xornada camiño portugués da costa: fundamentos históricos no Concello da Guarda Páx. 19

Tui e Valença asinan o protocolo de creación da Eurocidade O 10 de febreiro foi asinado oficialmente o protocolo de creación da Eurocidade Tui– Valença/Valença-Tui nun acto institucional que tivo lugar antiga Alfándega de Valença e ao que asistiron o presidente da Cámara Municipal de Valença, o alcalde do Concello de Tui, un representante da Comissão de Coor-

denação e Desenvolvimento Regional do Norte e un representante da Xunta de Galicia en representación tamén da Comunidade de Traballo Galicia–Norte de Portugal, cuxa presidencia ostenta actualmente a nosa Comunidade Autónoma. Páx. 22


2

Opinión - Febreiro de 2012

EDITORIAL

O nacionalismo que vén

en, polo menos iso é o que din, logo virá ou non. De calquera xeito as cousas están tan embarulladas que ninguén dá un peso pola saída máis ou menos aceptable logo do enfrontamento, máis de organización que de ideoloxía, que sufriu o BNG na súa última asemblea xeral.

B

O nacionalismo galego leva dado xa uns cantos tombos. Lembramos os tempos de Unidade Galega, ano 79, que se presentou ás eleccións municipais obtendo u magnífico resultado. Gobernar en Vigo, Pontevedra, A Coruña, etc. Foi algo inesperado, moi ben acollido polos galegos. Mágoa que logo pola ineficacia duns e o egoísmo doutros aquela experiencia fora ao tacho. Despois daquilo asistimos á posta de largo do nacionalismo, en 1982, en Riazor. Alí puxéronse os alicerces do que pretendeu ser, e dalgúns xeito foi, o BNG nos últimos 30 anos: unha opción política nacionalista de esquerdas cunha forte participación das bases na toma de decisións. Durou ata o mes pasado. Dúas candidaturas se enfrontaron para resolver o que se ven en chamar “o control férreo do BNG pola UPG”. Non sei se férreo ou menos férreo o caso é que parte dese colectivo, previamente organizado, presentou unha candidatura que saiu derrotada por moi poucos votos. O malo é que logo disto as declaracións duns e doutros foron asañando cada vez máis as posicións e nestes momentos sospeitamos que xa non teña posible volta atrás.

Isidoro Gracia Plaza

omportarse cívicamente é, hoxe máis que nunca, fundamental para a convivencia en sociedade dada a multiplicidade de situacións conflitivas que ou desenvolvemento conleva. Pero o civismo non incumbe só á cidadanía senón tamén, e en primeira instancia, aos rexedores.

C

Corresponde a estes, como responsables da orde, o deber de establecer estruturas organizativas adecuadas: trama urbana, servizos e ordenanzas razoables adaptadas ás realidades física e económica nas que a vida se desenvolve, de modo que posibiliten e faciliten a harmonía social, e de evitar someternos a innumerables servidumes de difícil cumprimento, como adoita suceder na tensa Sociedade do Benestar. Toda pena ou sanción soporta, inevitablemente, unha mensaxe de disuasión, pero o fin disuasorio non debe erixirse en categoría e prevalecer impoñéndose ao concepto de estrita xustiza de expiación de culpas e resarcimento de danos en termos de

or ser o primeiro debate parlamentario do novo presidente do goberno, e polos importantes asuntos a tratar, case vitais, non só para a maltreita economía española, senón tamén para o futuro da Unión Europea, seguín con interese o que da sesión parlamentaría ían dando radios e televisións varias. Como crin que recolleran mal a información que me deron, repasei os medios escritos en busca da corrección, pero non, entendera ben, o flamante e recentemente estreado Presidente declarábase impotente para achar remedio aos males que “a herdanza” lle deixou. E ademais recoñece que en Europa mandan outros e el, o meu presidente electo (por outros, iso si) está para facer o que lle manden.

P O nacionalismo galego de esquerdas camiña cara a unha fractura que vai deixar moitas victimas polo camiño. O resultado pode ser unha nova opción política máis pragmática e menos ideoloxizada que poida conectar con amplos sectores galeguistas e nacionalistas que ata agora non aceptaban a chamada do BNG, ou ben pode esfarelarse unha serie de opcións que leven a un reducionismo tal que converta ao nacionalismo nun forza política testemuñal. O tempo nos dirá que vai pasar

Multas en tempos de crise José Antonio Quiroga Quiroga

O barco España non ten capitán

equidade e proporcionalidade. O incuestionable dereito a castigar que asiste ao poder expresouse historicamente a través do “furor e horror puniendi”, en forma de tráxicos escarmentos, primeiro, e correctivos exemplarizantes máis tarde; e agora, contemporaneamente, transmutado en delirium recadatorio no ámbito dos servizos da Administración. Cando un cidadán/á acumula un importe por sancións de 17.000 euros por infrinxir reiteradamente, algo tan convencional e inocuo como o estacionamento na zona ORA, por moi reincidente que sexa, cabe preguntarse en que clase de ogro opresor se converteu a Administración Local. Considero abusivo sancionar con 31 euros (Vigo), 24 euros noutros concellos da contorna, o exceder o límite horario do ticket comprobante, e avasalador multar con 310 euros (Vigo), 92 euros (outros) se non se identificou ao condutor ao exceder o límite horario indicado no ticket en máis de dúas horas. Non é manca tampouco, repartindo paus, a Dirección Xeral de Tráfico no que a estacionamento se refire en lugares que

non comportan risco algún ou maior obstáculo. Xulguen vostedes: 200 euros por invadir beirarrúa ou paseo, non importa en que medida; 80 euros en zona prohibida por sinal. En Alemaña, onde os salarios son moi superiores aos de España, as infracións, que non comportan risco ou grave molestia, oscilan entre 10 e 20 euros. A vocación opresora–recadadora é patente, p.e., nas sancións por non recoller os excrementos dos cans, que nalgunhas localidades poden alcanzar 1.500 euros. A soberanía política como poder, que antes dispoñía arbitrariamente das vidas dos seus súbditos, agora expresa a súa maxestade dispoñendo dos soldos, as pensións ou os servizos sociais da cidadanía. Afeita a enseñorarse dos nosos petos, non repara en amputarlle unha pata, dunha trabadela sancionadora, aos recortados salarios ou críticas prestacións por desemprego, poñendo aos infelices infractores inducidos na situación de chegar a fin de mes coxeando ou arrastrándose. Tui, febreiro de 2012

Para verificar o anterior basta ver as portadas da prensa escrita en xeral e da máis conservadora en particular, todos os xornais relegan, no mellor dos casos, a un recuncho da súa portada o contido do debate, a maioría mandan ao interior algúns fragmentos. Isto debe ser así por aquilo do período de graza dos 100 primeiros días (que non concederon ao anterior Presidente). Pero para os intereses xerais de España, e a famosa “curmá de risco”, é moito mellor esa ausencia de noticias que recoller o canto á súa incapacidade de superar “o peor punto de partida dunha lexislatura” e ao seu convencemento de que faga o que faga o goberno de Rajoy, o seu goberno, a final do ano estaremos peor que como nos deixo o goberno de Zapatero. Hai un antecedente, o dun rei español (por un breve período de dous anos) Amadeo I de Saboya, o da Constitución progresista de 1869, que véndose superado polas circunstancias no seu último discurso ante as Cortes dixo: “…entre tantas e tan opostas manifestacións da opinión pública, é imposible afirmar cal é a verdadeira, e máis imposible aínda achar remedio para tamaños males”, e... claro, dimitiu e marchouse a outras lareiras. É necesario aplicar a experiencia, se o actual Presidente recoñece que non sabe que facer, retírese e deixe o paso a outro. En democracia existen formulas varias para facer o que se debe.


3

Febreiro de 2012 - Ponteareas

Xiana Covelo e Estela Martínez, gañadoras do concurso “Unha mensaxe para a Paz” iana Covelo Lago e Estela Martínez Pérez, foron as gañadoras, nas súas respectivas categorías, do concurso “Unha mensaxe para a Paz” convocado pola Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas e que tiña como obxectivo conmemorar o Día Mundial pola Paz.

X

Xiana Covelo Lago, que participaba na categoría de 5 a 9 anos, era ao entender do xurado a merecedora do premio pola súa frase “Se houbera canóns que dispararan amor, eu compraba un para combater contra as guerras e inxustizas”. Pola súa banda, Estela Martinez Pérez proclamábase gañadora na categoría de 9 a 12 anos cunha mensaxe chea de esperanza e que comezaba “Gustaríame vivir nun mundo no que non houbese guerras...”. O concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, facía entrega ás dúas gañadoras de sendos lotes de libros, mentres que todos os participantes recibían tamén un agasallo como agradecemento á súa participación”.

Andrés Sampedro, logo de felicitar ás premiadas “tanto pola creatividade das súas mensaxes como polos desexos expresados nos mesmos”, amosaba a súa satisfacción pola participación acadada neste Certame de Mensaxes para a Paz, “tendo en conta que se trataba da primeira edición”. Sampedro asegurou que o Concurso cum-

priu doa dobre finalidade que buscaba coa súa convocatoria. Por unha banda, “concienciar aos participantes sobre a Paz e a súa importancia para a convivencia entre os pobos e as xentes e, por outra banda, axudar a mellorar a súa capacidade creativa e a súa relación social cos demais nenos e nenas”.

A Aula CeMIT de Ponteareas colaborará coa Asociación de Maiores no Taller de Memoria

A Antena Cameral de Ponteareas rexistrou máis de 500 consultas durante 2011 Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Ponteareas, colaborará no taller de memoria que está a levar a cabo a Asociación de Maiores da vila.

desafíos propostos, divididos en 5 categorías: pensar, memorizar, analizar, calcular e identificar, quérese conseguir que os maiores axilicen e melloren o pensamento, o mesmo tempo que aprenden a empregar o ordenador.

O 6 de febreiro, un grupo de maiores puña a proba a súa memoria, pero desta volta co xogo “Big Brain Academy”. Tratábase de cumprimentar as actividades que xa está a realizar a Asociación neste eido.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

A

Os participantes, ata o momento, desenvolvían de xeito manual actividades como cálculo, ortografía, pensamento lóxico, pasatempos ou crucigramas. Con estes xogos de habilidade mental, que consisten en resolver os

Antena Cameral de Ponteareas, situada no Centro de Desenvolvemento Local, CDL, impartiu en 2011 un total de 13 accións formativas nas que participaron máis de 300 persoas que puideron mellorar a súa capacitación profesional en diversas materias.

A

Ademais das accións formativas realizadas, o balance de actuación realizado pola Antena Cameral destaca as máis de 500 consultas e servizos atendidos ao longo do ano e os cáseque 300 novos usuarios que rexistrou este servizo, o que amosa, segundo a concelleira de Emprego e responsable do CDL, “o bo traballo realizado por parte da Antena Cameral de Ponteareas, tanto en materia formativa como informativa”. A Concelleira de Emprego salientou o feito de que “a colaboración entre Concello de Ponteareas e Cámara de Comercio é máis que necesaria para ofrecer aos nosos empresarios e autónomos o marco idóneo para o desenvolvemento das súas actividades e propiciar o mantemento da actividade empresarial nestes tempos tan complicados”. Finalmente, Marisol Valado quixo agradecer a colaboración que o Concello sempre atopou na Cámara de Comercio de Vigo “de cara a fortalecer e potenciar o tecido empresarial de Ponteareas e toda a súa área de influencia”.


4

Publicidade - Febreiro de 2012

DISFRUTA DO MELLOR SABOR


Febreiro de 2012 - Publicidade

DA LAMPREA NO CONDADO

CONSTRUTORAS E INMOBILIARIAS

5


6

Ponteareas - Febreiro de 2012

A Concellería de Comercio pon en marcha “O obxecto intruso”

A Biblioteca de Ponteareas recibiu en 2011 unha media de 150 usuarios ao día

Concellería de Comercio, que dirixe Marisol Valado, puxo en marcha do 11 ao 18 de febreiro unha nova actividade de dinamización do comercio local que se desenvolve baixo o título xenérico de “O Obxecto Intruso”.

A

Nesta actividade, dirixida aos máis pequenos, os nenos e nenas deberán atopar nos escaparates dos comercios adheridos un obxecto que non debería estar nese escaparate por non corresponder cos artigos que vende dito establecemento, como podería ser, por exemplo, atopar unha laranxa no escaparate dunha tenda de roupa. Os participantes deberán atopar o obxecto intruso como mínimo en catro establecementos diferentes e, neses establecementos selar a cartilla da que irán provistos. Unha vez rematada a actividade realizarase un sorteo entre aqueles que teñan correctamente seladas as súas cartillas. O primeiro premio será un patinete, o segundo un puzzle 3D e o terceiro un lote de libros. Marisol Valado, explicaba que con esta iniciativa, “conséguese que os nenos e os seus pais se deteñan nos escaparates e, ao mesmo tempo que buscan o obxecto intruso, poidan ver os diferentes artigos neles expostos”.

pasado 29 de xaneiro celebrouse en Ponteareas a IX Ruta das Rosquillas; posiblemente a ruta de bicleta de montaña máis importante do calendario galego.

O

Sobre as 9.30h da mañá o case milleiro de inscritos tiñan os dorsais colgados nos seus guiadores e dispúñanse a escoitar as bombas de palenque que deron inicio a esta xa clásica ruta BTT. Os encargados de organizala, a Asociación Cultural e Deportiva A Picaraña de Ponteareas, non se cansou de recibir eloxios pola bo labor desenvolto. A ruta arrancou do Pavillón de Deportes da capital do Tea para percorrer un total de 34,7 Km pola comarca do Condado. A altitude mínima e máxima do perfil foi de 19 e 571 metros sobre o nivel do

Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas acadou, durante 2011, os 38.040 usuarios, o que supón unha media de 150 usuarios ao día, segundo reflicte a memoria de actividade do pasado ano realizada polo centro bibliotecario.

A

No mesmo documento, dáse conta de que o número de socios e socias deste servizo municipal rexistrou un constante incremento ata acadar, a finais do pasado ano, os 7.200 asociados. Dende o comezo do ano en curso, producíronse un total de 35 novas altas, o que amosa a efectividade das actividades desenvolvidas pola Biblioteca, encamiñadas a dar a coñecer as instalacións e o seu funcionamento a veciños e veciñas de todas as idades. O concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro, de quen depende o centro bibliotecario, logo de felicitar ao persoal da Biblioteca Municipal “polo traballo constante que realizan a prol de mellorar a prestación do servizo máis aló do que sería esixible” destacou a receptividade dos veciños e veciñas “con todas as actividades que se desenvolven dende a Biblioteca”.

Sampedro Fernández subliñou a importancia das iniciativas realizadas tendentes a dar a coñecer entre veciños e veciñas de todas as idades, especialmente entre os máis novos, como é e como funciona a biblioteca municipal. Dese xeito, explica o responsable municipal de Cultura, “os participantes nesas actividades descobren un novo xeito de ocupar o seu tempo de ocio, de apoio aos seus estudos ou de acadar todo tipo de información”. Especial importancia teñen, para Sampedro, actividades como os Contacontos que todos os xoves se desenvolven para os máis cativos, ou o Club de Lectura que se reúne todos os meses. No primeiro caso, asegura Sampedro, “espértase nos máis novos o interese pola lectura, descubrindo que cada libro constitúe unha auténtica aventura”. No referente ao Club de Lectura, os participantes ábrense a novas experiencias, como é compartir a lectura dun libro con outras persoas “acadando novas perspectivas sobre o mesmo e descubrindo novos matices dos protagonistas, o estilo e o argumento que, doutro xeito, posiblemente pasasen desapercibidos”.

1.900 rodas na IX MARCHA DAS ROSQUILLAS mar. Estes datos catalogaron a ruta como de dificultade “alta”. Logo dun paseo pola vila nunha mañá especialmente fría por mor da xeada e das baixas temperaturas a marcha percorreu as ribeiras do Río Tea pola Freixa e Ribadetea para ascender baixo un precioso día solleiro polo Monte Galleiro. A organización tiña o punto de avituallamento no alto do Santo Aparecido. A partir deste lugar destacaron as trialeiras que fixeron as delicias dos case mil corredores de bicicleta inscritos. No remate, e trala ducha de ciclistas e lavado de bicicletas, o Pavillón Álvaro Pino acolleu a pre-

to de 750 comensais para degustar a deliciosa carne ao caldeiro e, como non, as rosquillas do Tea. Sobre duascentas persoas acompañaron a pé esta cita cun roteiro montado pola organización para os acompañantes. O punto solidario estivo na aportación de 1kg de alimentos non perecedeiros que foron deixando os inscritos para donar

ao Comedor A Esperanza de Vigo. Manuel


7

Febreiro de 2012 - Ponteareas

Entroido 2012 en Ponteareas Luns 20, Praza Maior A partir das 17:30 horas Concurso Infantil de Disfraces, con inscricións na mesma Praza Maior dende as 16:30 horas ata as 18:30 horas. O concurso terá como tope 100 participantes. Martes 21 As 17:00 horas proxección no Auditorio Reveriano Soutullo da película “Zooloco”. Sábado 18, Praza Maior Concurso de Disfraces de adultos. As inscricións realizaránse na propia Praza Maior durante o tempo que dure o concurso. Ás 21:00 horas, Baile de Entroido coa orquestra Fin de Siglo. Domingo 19, Rúas da Vila Concurso de Comparsas con saída diante da Casa do Concello e remate na Praza Maior, onde se interpretarán as súas coplas.

As 20:00 horas, desfile das comparsas participantes no Concurso. Ao remate, fin de festa cunha chocolatada na Praza Maior. Mércores 22 As 17:00 horas, proxección no Auditorio Reveriano Soutullo da película “Los pingüinos del sr. Poper”. Enterro da Sardiña co seguinte programa mortuorio: 19:30 horas velorio no Centro Artístico Sportivo. As 20:30 horas, traslado polas rúas da vila ata a Praza Maior seguido da súa incineración.

Ponteareas deu a coñecer as súas posibilidades turísticas no salón Xantar 2012 concelleiro de Turismo, Andrés Sampedro Fernández, valorou moi positivamente a presenza, un ano máis, do stand Ponteareas-Vila do Corpus, no Salón da Gastronomía e o Turismo, Xantar 2012, clausurado o domingo 12 de febreiro en Ourense.

O

Para Andrés Sampedro a presenza deste stand permitiu aos numerosos visitantes de Xantar 2012 “non só degustar unha exquisita e coidada gastronomía, senón tamén coñecer moi de preto as múltiples posibilidades que Ponteareas ten en materia de turismo”. O titular de Turismo salientaba o magnífico escaparate que “para Ponteareas e para o Corpus Christi é este Salón da Gastronomía e o Turismo en xeral e este stand de Catering Galicia en particular”. Ao igual que en anos anteriores, o stand instalado por Catering Galicia en Xantar contou con numerosos elementos relativos á festa do Corpus Christi e a súa internacionalidade. Ademais, segundo explicaba Andrés Sampedro, “os visitantes tiñan a oportunidade de acceder á información turística de Ponteareas, tanto no relativo á festividade do Corpus Christi como a outros aspectos de interese do municipio”.


8

Publicidade - Febreiro de 2012

ASESORÍAS, XESTORÍAS E SEGUROS sempre ao seu servizo


9

Febreiro de 2012 - Publicidade

Ponteareas lamenta a morte de Feliciano Barrera Corporación Municipal de Ponteareas amosou o seu fondo pesar pola perda dun dos personaxes máis ilustres e emblemáticos nados na vila de Ponteareas: don Feliciano Barrera, natural da parroquia de Guláns, que faleceu o pasado 12 de febreiro á idade de 93 anos.

A

Barrera destacou en todos os ámbitos profesionais dos que formou parte. Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade Complutense de Madrid, empresario en

diferentes esferas, foi o fundador e primeiro presidente do Banco Industrial del Tajo. Xunto ao seu labor profesional, cómpre destacar a faceta de Feliciano Barrera Fernández como filántropo que leva, en 1992, á Consellería de Educación da Xunta a denominar o colexio de Guláns co seu nome, construído co seu patrimonio persoal. Feliciano Barrera sempre mantivo unha estreita relación con Ponteareas, tanto a nivel empresarial

TALLERES MECÁNICOS

como de mecenazgo, sufragando escolas públicas como a de Guláns, construídas co seu propio patrimonio, ou Parada. Amosouse sempre disposto a colaborar con todo o que tivese relación coa súa vida nata, vinculación que tivo repetidos e multitudinarios recoñecementos dos veciños do municipio e do Concello. Así pois, o Concello quixo distinguir o seu labor con varias distincións como o seu nomeamento como Fillo Predilecto de Ponteareas, Pregoeiro do Corpus ou o Premio Concello de

Ponteareas ao labor empresarial de toda unha vida. O Concello de Ponteareas xunto con Guláns, a súa parroquia natal,


10

O Porriño - Febreiro de 2012

Porriño convértese na capital do atletismo Concello de Porriño alcanza o seu máximo nivel de prestixio considerándose posiblemente o 10km máis rápido de Galicia. As inscricións xa están abertas e completadas máis da cuarta parte da participación, xa que este ano a proba está limitada a 2000 atletas. As persoas interesadas en inscribirse aínda están a tempo ata o día 21 de febreiro, que será cando finalice o prazo ou no momento en que se chegue ao limite de participantes. Para inscribirse deben acudir de ás tendas Intersport Piñeiro ou a través da web www.championchipnorte.com.

Interrunning Piñeiro 2012 by PoweradeNike convértese no centro do atletismo en Galicia o día 26 de febreiro de 2012. A proba organizada por Intersport Piñeiro e o

A

Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello do Porriño, dependente da Concellaría de Mocidade que dirixe Iria Lorenzo, informa aos máis novos do municipio da convocatoria da segunda edición do programa Emprega talento que achegará a este sector da poboación ao mundo directivo. Ofrecer á mocidade unha alternativa para detectar oportunidades laborais e promover novos proxectos empresariais, así como o espírito emprendedor é o obxectivo principal deste programa.

A

Emprega talento, organizado desde a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, celebrarase o próximo 28 de febreiro no Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas (Ourense), pretendendo con iso establecer un punto de encontro entre as empresas e os mozos para que o talento quede na comunidade autónoma. O prazo de inscrición para participar desta iniciativa

A sexta edición da Interrunning Piñeiro celébrase integramente no centro urbano de Porriño, a proba está aberta a todos os atletas que se consideren fisicamente aptos para percorrer as distancias marcadas pola organizacion e segundo a

finalizará o vindeiro venres, 24 de febreiro, e poden facerse a través da web www.xuventude.net, no apartado de Novas e Actividades. Emprega talento será un espazo de encontro, coñecemento, información e de formación en habilidades e en relacións; un espazo aberto cara á empleabilidad dos mozos, así como para a creación de oportunidades mediante o intercambio e a posta en común de ideas. O encontro servirá para a posta en contacto da xente nova coa realidade empresarial actual. A xornada, que se iniciará ás 16.45 horas, desenvolverase en catro bloques: Os valores do deporte á hora de emprender; Do aula á empresa, aprender a emprender; Os mozos de hoxe, directivos de mañá e En novos tempos, novas habilidades directivas. Así pois, durante toda a tarde os mozos serán partícipes de conferencias sobre liderado, talento, valores, traballo en equipo, ex-

categoría . A proba absoluta consta de 10 quilómetros nun circuíto urbano moi rápido ao que teñen que dar tres voltas. Este ano as inscricións das categorías de nenos teñen un custo de 1kg de comida non perecedoira que terán que entregar no momento da recollida de dorsal, esta campaña Corre para axudar é promovida pola organización conxuntamente con SOS Porriño, a donde irá destinado todo o alimento recadado. A colaboracion non acaba aquí , xa que o 26 de febreiro ás 18.30 da tarde celébrase a Festa do Atleta no disco pub Tubulart de Porriño coa intención de seguir recadando fondos para SOS Porriño. Pepo Suevos (monologuista e actor da TVG ), o Mago Fran e o Dj Marcos XQuatro amenizarán a festa en Porriño.

A OMIX de Porriño promove o espírito emprendedor entre os máis novos

periencia, éxitos e fracasos, motivación e innovación, á vez que poderán ser parte activa en coloquios con deportistas e directivos de recursos humanos de distintas empresas.

Para finalizar a xornada haberá un espazo de asesoría (Espazo Ágora) onde se ensinará a presentar un currículo ou a afrontar unha entrevista laboral.


Febreiro de 2012 - O

11

Porriño

Chegan a Porriño dúas mostras itinerantes do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade s exposicións A paz cuestión de fondo e Os obxectivos do milenio (2000-2015) foron inauguradas o 2 de febreiro no centro cultural de Porriño coa presenza do alcalde Nelson Santos; a concelleira de Cultura e Igualdade, Teresa Veloso; a presidenta do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Teresa París e a avogada do Centro de Información á Muller (CIM), Rocío Carrera, nun acto aberto ao público en xeral e ao que acudiron tamén edís dos municipios de Tui, Mos, Ponteareas e Redondela, ademais de representantes de diversas asociacións e organizacións e os concelleiros do equipo de Goberno local.

A

Estas mostras itinerantes, que chegan á vila do Louro procedentes de Abegondo e Pontecesures, están centradas na erradicación da violencia e das condicións de vida de extrema desigualdade que se dan no mundo, concienciando á sociedade de loitar contra todo tipo de discriminación.

A paz, cuestión de fondo e Os obxectivos do milenio (2000-2015) pertencen ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade á que está adherida o Concello do Porriño a través do CIM, dependente da Concellaría de Igualdade, e tras meses de percorrido por diversos municipios de toda Galicia chegan agora á vila do Louro.

16 láminas expón 28 debuxos de autores procedentes de 16 países diferentes. En clave visual, e nalgún caso verbal, as caricaturas que compón A paz cuestión de fondo móstrannos os prexuízos que operan achega do concepto de paz, do racismo, das diferenzas sociais ou da guerra. Verdades en miniatura que retratan a sociedade contem-

A Asociación Cultural Arela de Cans recibe un galardón á Innovación e Vangarda Vangarda, dotado de 6.000 euros, que foi recibido por Keka Losada, presidenta da asociación e Afonso Pato, director do festival.

parroquia porriñesa de Cans está de noraboa e é que o festival cinematográfico que nela se celebra cada ano non deixa de cultivar éxitos. foi onte mesmo cando o alcalde do Concello do Porriño e deputado provincial, Nelson Santos, xunto ao presidente da Deputación de

A

Pontevedra, Rafael Louzán, acompañados dos edís do equipo de Goberno local, fixeron entrega á Asociación Cultural Arela, pola posta en marcha do Festival de Cans desde o ano 2003, dun dos premios á cultura emitidos polo ente provincial. Trátase neste caso do galardón á Innovación e

Desde o Concello do Porriño dan "os parabéns a todos os organizadores do evento e especialmente a todos os veciños de Cans que son os auténticos protagonistas deste festival que cada ano, no mes de maio, atrae a miles de persoas a esta parroquia porriñesa coñecida xa por iso no mundo enteiro". Así mesmo, o rexedor local brindoulles "todo o apoio e colaboración da Administración local para volver organizar unha nova edición deste festival audiovisual". Pola súa banda, Louzán destacou, respecto do galardón outorgado, que "o xurado valorou especialmente a participación activa e efectiva de todos o veciños da parroquia no festival e tamén que se trata dunha plataforma de lanzamento de novos creadores galegos á vez que unha festa de carácter aberto e popular". A novena edición do Festival de Cans celebrarase este ano do 23 ao 26 de maio.

poránea é a proposta desta exposición colectiva internacional. Pola súa banda, na mostra Os obxectivos do milenio (2000-2015) exponse nove láminas con fotografías e textos explicativos sobre o obxectivo da loita contra a pobreza; nos traballos descríbense os oito obxectivos da Declaración do Milenio aprobada polas Nacións Unidas que son a erradicación da pobreza e o fame, o alcanzar a educación primaria universal, promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller, reducir a mortalidade infantil, mellorar a saúde materna, combater a SIDA e outras enfermidades, garantir a sustentabilidade do medio ambiente e fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento. As exposicións permanecerán abertas ata o día 21 de febreiro nas dependencias do centro cultural, trasladándose tamén aos institutos Pino Manso e Ribeira do Louro onde os alumnos participarán de diversas unidades didácticas.

A situación económica actual, a debate no centro cultural de Porriño auditorio do centro cultural municipal de Porriño foi o escenario de debate e análise o pasado luns 13 de febreiro. A situación financeira e económica actual, tendo en conta as últimas reformas estruturais e desde un punto de vista positivo e proactivo, foi o eixo sobre o que virou o seminario 2012 ¡Tes razón! Razóns para o optimismo.

O

O coloquio organizado polo Banco Mediolanum, en colaboración co Concello do Porriño e a Asociación de Comerciantes e Industriais de Porriño (ACIPOR), contou coa intervención do profesor Antón Costas, catedrático de Política Económica da Universidade de Barcelona, que achegou a súa visión experta. Entre os temas a abordar expuxéronse as estratexias para aproveitar as oportunidades de crecemento que ofrece o mercado a través do investimento e incluiuse a oportunidade profesional de traballo existente en Banco Mediolanum como asesor financeiro e consultor de banca persoal.


12

O Porriño - Febreiro de 2012

1500 persoas desfilarán no entroido do concello do Porriño erá ás 12.00 horas do sábado 18 de febreiro cando se inicien as festas do Entroido en Porriño coa lectura do pregón, na praza Arquitecto Antonio Palacios, a cargo José Rodríguez, "Tami".

S

Xa a partir das 14.00 horas celebrarase a comida de Entroido na mesma praza e haberá xa animación de rúa con diversas actuacións e espectáculos que se repetirán de novo pola tarde, cando tamén terá lugar, ás 16.00 horas, o tradicional Xogo da Ola que este ano chega á súa 69 edición, contando, como sempre, coa colaboración das asociacións de veciños de San Benito e San Sebastián. A partir das 18.00 horas celebrarase o primeiro gran desfile de comparsas que sairá do polideportivo municipal e percorrerá todas as rúas da vila do Louro (Antonio Palacios, Domingo Bueno, Praza de San Sebastián e Praza Central) ata chegar á praza Arquitecto Antonio Palacios, onde terá lugar unha gran

chocolatada e procederase á lectura das coplas infantís. Domingo de bailes O programa para a xornada dominical dará comezo a partir das 17.00 horas. Por unha banda celebrarase unha festa infantil no Círculo Recreativo Cultural, con entrada libre e gratuíta, e, por outra banda, para os máis adultos, haberá baile de disfraces no Centro Sociocomunitario coa actuación do Dúo Alameda. Da mesma xeito, terá lugar outro baile o luns 20, tamén ás 17.00 horas, nesta ocasión amenizado polo Dúo Amistad. Martes de Entroido A tarde do martes de entroido iniciarase con actividades e espectáculos de animación de rúa. Será a partir das 18.30 cando se celebre o segundo gran desfile de comparsas que sairá da praza de San Sebastián finalizando en Arquitecto Antonio Palacios, momento no que se lerán as coplas de adultos.

Mércores, enterro da sardiña Como broche final ás festas de Entroido celebrarase o popular enterro da sardiña. Será o mércores, 22 de febreiro, cando ás 20.00 horas de comezo o velorio no Círculo Recreativo Cultural, iniciándose a comitiva fúnebre ás 20.30 horas na rúa Domingo Bueno pasando por

Fernández Areal, praza de San Sebastián e ata Arquitecto Antonio Palacios. Unha vez diante da Casa Consistorial procederase á lectura do Testamento e, finalmente, leranse as derradeiras vontades e queimarase a sardiña na Ponte do Valo.

O Concello do Porriño continúa coa formación a parados a través dos cursos do Programa Aula Concello anipulador de alimentos, Prevención de Riscos Laborais e Solid Works son algúns dos títulos das accións formativas impartidas polo Concello do Porriño, dirixidas especialmente a persoas desempregadas e que se enmarcan no Programa Aula Concello posto en marcha pola Concellaría de Emprego e Formación que dirixe M. Alejandro Lorenzo. Un programa financiado integramente pola Administración local para o cal destinarase este ano unha partida de 263.000 euros, coa que se porán en marcha uns 80 cursos que formarán a 1.155 persoas. "Trátase dun apartado a destacar dentro do Plan Municipal de Emprego 2012 enmarcado na parte de formación á cal consignamos un total 2.485.000 euros repartidos entre diversas accións como son os obradoiros de emprego e as escolas-taller, os convenios de colaboración, a bolsas formativas e os cursos AFD, Actívache, Celga, ESO para maiores de 18 e os pertencentes á rede Cemit", explica Lorenzo. É esta a maior das partidas dentro do Plan Muncipal de Emprego que, xunto á destinada a Emprego -1.867.630 euros- e a Autoemprego -256.165 euros-, supón un investimento total de máis de 4,7 millóns de euros. "E todo iso co obxectivo de que os desempregados de Porriño adquiran a mellor das formacións e a máis adecuada á demanda existente no mercado laboral para a consecución final dun posto de traballo, ao que deste xeito poidan optar con maior competitividade e maiores coñecementos", subliña o concelleiro.

obtención do carné de Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos. Foron un total de 25 usuarios da Bolsa Porremprego os que participaron do mesmo e que a partir de agora xa poderán acceder a todo tipo de ocupacións laborais nas que se manipulen alimentos en calquera posto da cadea alimentaria.

Neste sentido, incluído no Programa Aula Concello, a pasada semana o Multicentro de Torneiros acolleu un curso que dá dereito á

Accións formativas como estas, pertencentes ao Programa Aula Concello, están a disposición de todos os usuarios da Bolsa Municipal de

M

Por outra banda, a semana próxima dará comezo outra acción formativa centrada na Prevención de riscos laborais dirixida a traballadores ou demandantes de emprego relacionados co sector da construción. A realización deste curso permitirá aos usuarios optar ao Cartón Profesional da Construción (TPC) de cumprir cos requirimentos necesarios. A modalidade combina formación presencial e a distancia cunha duración total de 60 horas. De face ao mes de marzo, desde a Concellaría de Emprego e Formación estase planificando a realización dun curso para o manexo da ferramenta Solid Works, o máis completo portafolio de ferramentas 3D de desenvolvemento de produto. Para poder realizar esta acción formativa requírese unha formación ou experiencia específica. Todas as persoas interesadas en participar nalgúns destes cursos deben dirixirse ás oficinas de Porremprego, sitas na planta baixa do Multicentro de Torneiros, onde se lles facilitará unha maior información respecto diso.

Emprego. Desde a Concellaría recordan que para asistir a algunha delas é requisito imprescindible figurar nesta bolsa, polo que recomendan a todos os veciños desempregados de Porriño anotarse nela e aos que xa forman parte e levan algún tempo sen acudir a Porremprego achéguense a devanditas oficinas para actualizar os seus datos e así poder optar á participación en múltiples accións dirixidas á formación e inserción no mercado laboral.


13

Febreiro de 2012 - A Cañiza

Concurso de comparsas “Entroido 2012” do Concello da Cañiza

O

vindeiro domingo día 19 de febreiro terá lugar no concello da Cañiza o Concurso de comparsas, de acordo coas seguintes BASES: 1) A participación implica a aceptación destas bases e está aberta a todas as asociacións de veciñas e veciños, culturais, xuvenís, grupos, colexios, etc.. As cuestións de dúbida, interpretación ou imprevisto que xurdan no desenvolvemento do Entroido serán resoltas pola Concellería de Cultura. 2) O desfile terá lugar o domingo 19 de febreiro. 3) As comparsas deberán ter un mínimo de cinco compoñentes. 4) O lugar de concentración de todas as comparsas será o CPI da Cañiza da Cañiza, sito na Rúa Carballo do Marco. 5) A hora fixada para a devandita concentración das comparsas é ás 16:30 h., de tal xeito que ás 17 h. todas as presentes sairán en desfile cara ao Pavillón Municipal. 6) A inscrición das comparsas farase na O.M.I.X. da Cañiza (sita na Casa de Cultura) en horario de 16 a 20:30 h. ou ben na B.P.M. da Cañiza (sita na rúa Progreso nº 21) en horario de 10:00 a 13:00 h. e de 16:30 a 20h. 7) O prazo improrrogable de inscricións de comparsas remata o 17 de febreiro ás 14 h. 8) Para este concurso establécense os seguintes premios por categorías: Comparsas de adultos 1º Premio : 350 €

2º Premio : 250 € 3º Premio : 200 € Comparsas infantís 1º Premio : 350 € 2º Premio : 250 € 3º Premio : 200 € 9) O Concello da Cañiza ofrece unha axuda/subvención de 6 € para todos os participantes que completen o desfile. 10)O concurso de comparsas terá un xurado constituído por un mínimo de tres e un máximo de cinco compoñentes, que terá en conta para tomar a súa decisión: o desfile , a calidade dos disfraces (se son comprados ou feitos a man), a actuación, e a graza e o bo humor co que se leva o disfraz. Así mesmo, este xurado poderá descualificar a aqueles participantes que non reúnan a calidade necesaria, quedando estes sen dereito a premio e a subvención. 11) A actuación das comparsas participantes terá lugar no Pavillón Municipal da Cañiza e realizarase por orde de inscrición. 12) As axudas (seis € / participante) e os premios serán entregados polas autoridades asistentes, unha vez rematen todas as actuacións. 13) A participación neste concurso leva implícita: -A aceptación destas bases. -A recollida da subvención e do premio, se é o caso, por parte de, polo menos, un integrante de cada comparsa, no palco montado para a ocasión, no mesmo lugar da actuación. -Non está permitido o acceso á pista de ningún tipo de vehículo ou animal.


14

Salceda - Febreiro de 2012

O Concello de Salceda participa por segundo ano consecutivo na Feira Xantar de Expourense feira celebrouse do 1 ao 5 de febreiro no recinto feiral de Expourense e estivo adicada á potenciación da gastronomía e o turismo, especialmente en todo o referido ao entroido. O Concello de Salceda participou cun stand no que estivo presente a Festa dos Callos, o tradicional Entroido salcedense ou a Mostra da Camelia entre outros. O Concello contou de novo coa colaboración de Frigolouro, que ofreceu unha degustación gratuita de callos a todos os que quixeran chegarse. Foi ese día cando un autobús fletado polo Concello levou a 55 salcedenses ata a mostra, para desfrutar da degustación e da feira en xeral.

A

Loli Castiñeira, Concelleira de Turismo, destacou a importancia de participar neste tipo de

OMIX do Concello de Salceda xa ten a disposición de toda a mocidade interesada os cadernos informativos ABRACAXOVE.

A

E ¿qué é isto?....pois trátase duns libriños nos que se recollen dunha maneira moi sinxela e condensada todas as medidas da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e as demais administracións públicas (Goberno, Deputacións, Concellos, FEGAMP, etc...), e incluso entidades privadas, e que están pondo en marcha a prol dos rapaces e rapazas de 12 a 35 anos en materias coma o emprego, a educación, a vivenda, o ocio, a mobilidade etc.. Máis Info: http://xuventude.xunta.es/201111 235536/abracaxove-cadernosinformativos-para-a-mocidadegalega.html

mostras que dan a coñecer o municipio e que atraen a xente de toda a xeografía galega e de fóra dela a coñecer o pobo salcedense. Tere Pérez, Concelleira de Cultura, valorou moi positivamente a experiencia do pasado ano 2010, xa que a mostra resulta un lugar único para dar a coñecer as máis importantes festas salcedenses, como poden ser o Entroido ou a Festa dos Callos. As Concelleiras aproveitaron a ocasión para agradecer unha vez máis a Frigolouro, empresa encargada cada ano da elaboración dos callos na festa gastronómica, a súa colaboración no evento.

Máis dun cento de persoas participou no 1º Roteiro de coñece o teu entorno novas saídas aos que convidamos a todos aqueles que queiran a participar neste tipo actos tan saudables. En marzo realizarase outra saída de menor dureza, para que a xente o poida disfrutar en familia.

Concello de Salceda de Caselas acolleu a máis dun cento de persoas que subiron ata o Faro de Budiño. A pesar da dura subida, tódolos sendeiristas, dun amplo intervalo de idades, foron quen de chegar ao final do sendeiro.

O

Entre a xente que acudiu á cita non só se contou coa presenza dos veciños e veciñas do concello, senón que ademais os acompañaron persoas que chegaron de diversos puntos de Galicia, que coñeceron a contorna natural, que é de elevada importancia para o concello. Contouse na metade do percorrido cun punto de avituallamen-

to, onde a xente aproveitou para facer unha parada e disfrutar da paisaxe que forma parte da contorna. Nos vindeiros meses realizaranse

O Concelleiro de Medio Ambiente, Cándido Lorenzo móstrase satifeito co roteiro “moita xente nos acompañou na saída onde puideron disfrutar do noso entorno nun día tan soleado, onde, a pesar da dificultade do camiño, todo o mundo foi quen de


15

Febreiro de 2012 - Salceda

O Concello subvenciona aos centros escolares Concello de Salceda asinou sendos convenios co IES Pedras Rubias e o CEP Altamira por valor de 6.300€. Esta subvención está destinada a financiar os gastos de actividades complementarias á formación organizadas por ámbolos dous centros: viaxes culturais, obras de teatro… A Concellaría de Ensino, dirixida por Teresa Pérez, fai así un enorme esforzo financieiro por manter as axudas aos centros de ensino: “non podemos esquecer que estamos a falar dunha competencia au tonómica, non municipal, na que o Concello fai unha importante achega económica para que os nosos fillos e fillas poidan disfrutar da mellor calidade no ensino”, afirmou a concelleira.

O

Estas axudas materializáronse na sinatura dos convenios entre Marcos Besada, Alcalde de Salceda, e Mª Victoria Monterde e Mª Jose Espiñeira, directoras do CEP Altamira e o IES Pedras Rubias respectivamente. Marcos Besada destacou a importancia de seguir a apoiar os centros públicos de ensino “agora máis que nunca, nun momento en que ditos centros ven recurtados día tras día os seus servizos máis básicos”. En declaracións do alcalde “estamos a falar da formación dos nosos fillos e fillas, polo que todo esforzo será pouco en todo o reativo ao apoio aos centros escolares de Salceda”.

Máis de 4000 persoas poderán disfrutar de Gas Natural en Salceda Concello de Salceda vén de autorizar ás empresas Gas Natural e Gas Galicia SDG o proxecto de gaseoduto denominado “Ramal MOP=16 bar Salceda de Caselas-Salvaterra de Miño”, que consiste na canalización cunha lonxitude de 8.430 m, dende o punto de entrega e medida de gas natural conectado ao colector Porriño-Tui situada nunha parcela municipal na Rega da Lama (Budiño), cunha su perficie de 90m2 que foi arrendada, segundo acordo plenario, por parte do Concello a Gas Natural. O investimento total do proxecto ascende a 1.443.583 €.

O

O ramal que se vai executar ten comezo no colector Porriño-Tui sito no Alto do Cerquido e atravesará os lugares de Rega da Lama, Becerreira, Barral e Eido Vello (San Estevo de Budiño), Revolta e Pedrabuxiña (Parderrubias),

Dende a Concellaría de Cultura lémbrase ademáis que o Concello encárgase de todo o mantemento dos centros de infantil e primaria: pintado, climatización, reparacións… chegando incluso en moitas ocasións a realizar obras que lle corresponderían á Consellería de Educación da Xunta de Galicia pero que as acaba asumin-

Pedracarballa e Torrón (Entenza), ata o límite municipal con Salvaterra onde terá continuidade pola parroquia de Cabreira. A construción deste ramal vai posibilitar, a través dun punto de entrega previsto en Pedracarballa, o Proxecto de distribución e suministro de gas natural á vila da Esfarrapada, froito da resolución do 25 de Marzo do 2008 da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas que otorgou a Gas Galicia a autorización da rede de distribución de gas natural no termo municipal. Gas Galicia SDG xa presentou o proxecto de distribución que será aprobado nas próximas semanas para a súa execución nos vindeiros meses, co obxectivo de que no ano 2013 o centro da vila conte con servizo de gas natural. A rede de distribución polas rúas da vila suman 6.481 m cun orzamento de execución de 266.033€. O Concello obterá, a través de taxas e licencias, 33.341€ de ingresos. Por outra banda as Comunidades de Montes de Entenza e Parderrubias negociaron compensacións económicas polos tramos de monte comunal que atravesarán as canalizacións.

do o Concello para facilitar a formación dos máis pequenos. Tamén o CRA Raíña Aragonta recibe axuda do Concello, que se traduce na financiación de diversos autobuses para as saídas que se realizan ao longo do curso escolar.


16

Tomiño - Febreiro de 2012

Venres de Foliada en Tomiño e Martes de Entroido en Goián son as citas obrigadas o entroido tomiñés A cita do Venres de Foliada será o día 17 de febreiro ás 21h30. O percorrido será o habitual partindo dende o CEP Pedro Caselles desfilarase polas principais rúas da vila para rematar na Avenida República Arxentina.

Tomiño e Goián ultiman os seus desfiles de carrozas s integrantes das comparsas de Tomiño e de Goián restan os días para os seus desfiles de Venres de Foliada e Martes de Entroido.

O

En Tomiño se espera que participen máis de 1.100 persoas distribuidas nas 25 comparsas que integrarán este ano o Venres de Foliada. Nenos, nenas e adultos teñirán de luz e cor este ano Tomiño. Son do

Concello e de concellos próximos, ás tradicionais comparsas tomiñesas se unirán outras de O Rosal, Gondomar, O Porriño, etc. Moitas son asociacións culturais que se adican a preparar a conciencia o entroido. Este ano serán 25 as comparsas que desfilarán por Tomiño a maioría superan os 60 integrantes.

Dende os corpos de policía local e protección civil, encargados da coordinación e seguridade viaria rogan, tendo en conta o numeroso público que asistirá, que respecten as normas de seguridade. O Entroido de Goián, pola súa parte, conta cunha programación máis extensa que ten comezo o domingo 19 e que se extende ata o martes 21de febreiro día do seu desfile de carrozas. Goián comezará o día o domingo cun desfile infantil que percorrerá as principais rúas da vila. Pola tarde, actividades infantís na praza a partires das 16h00 e logo o tradicional concurso de carretillas.

“Acordos en familia”, o primeiro obradoiro da programación da Escola de nais e pais 2012 Concello de Tomiño organiza un obradoiro para familias no marco da Escola Municipal de Nais e Pais. Trátase dun programa de educación familiar organizado en tres sesións de hora e media. O programa leva por nome “acordos en familia con adolescentes” e iniciouse o pasado venres día 3 de febreiro.

Esta Escola está integrada dentro do Programa de Educación Familliar e pretende ser un recurso de apoio ás familias para que poidan desenvolver axeitadamente as funcións educativas e socializadoras así como superar as situacións de necesidade e risco social. O traballo é interdisciplinar porque se entrena en habilidades e estratexias para

O luns, terá lugar o habitual percorrido da parroquia para pedir. Disfrazados acompañan aos gaiteiros percorrendo casa por casa nunha algarabía sen paragón na parroquia. O martes, que é o día grande, desfilarán as carrozas que se presenten, maioritariamente da parroquia que durante os últimos meses traballaron arreo para lucir as súas obras no pobo. Os organizadores calculan que unha veintena participará na tarde do martes. E logo do desfile: sopa. Os organizadores, Asociación Entroido de Goián, convidan aos asistentes a un sopa de balde na praza da vila. O concelleiro de cultura, Xose María Regueiro, destacaba “a continuidade de ambos entroidos, sobre todo o de Goián que ven de comenzos do século XX. É importante que se manteñan as festas tanto en Tomiño como en Goián. Destacar, que dentro do Entroido de Tomiño, que este ano a Asociación Revolution Show cumpre o seu décimo aniversario”.

A alcaldesa de Tomiño recibe o premio á excelencia deportiva da federación Galega de Triatlón e Pentatlón

O

A programación deste ano xorde co fin de dar resposta ás demandas detectadas no eido familiar e como parte dun traballo interdisciplinar que xa leva funcionando dende hai varios anos en colaboración co IES de Tomiño. Así que, os restantes obradoiros que este ano se impartirán na Escola de Nais e Pais xirarán en torno aos “acordos en familia”.

Haberá galardón para o conductor e acompañante mellor disfrazado e pola carretillas mellor tuneadas. Pola noite, vervena e concurso dos mellores disfraces.

Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, recibiu o sábado 4 de febreiro o premio á excelencia deportiva. A entrega tivo lugar no marco da Gala do Deporte Galego que se celebrou no auditorio municipal de Narón.

A

mellorar o clima familiar coas nais e pais dende os obradoiros e, paralelamente, trabállase dende o IES nun obradoiro con adolescentes para procurar unha maior efectivadade na intervención. Deste xeito créase unha rede de recursos que permite superar os desaxustes propios da adolescencia e favorecer a comunicación. O traballo destos obradoiros dirixidos ás familias corre a cargo do psicólogo clínico Manuel Lloves Moratinos. O seu traballo que comezou o pasado venres estivo dirixido a 25 familias do municipio. A concelleira de Benestar, Cristina Martínez, fixo a presentación do primeiro obradoiro onde reseñou a “importancia da adolescencia na configuración dos cidadáns sen que esta esté asociada a connotacións negativas. A adolescencia é un período evolutivo complexo que debemos promover por que sexa harmónico e positivo”.

O presidente da Federación Galega de Triatlon e Pentatlon fixo entrega da figuriña que premiaba ao Concello de Tomiño polo súa promoción dos valores do deporte e da cultura. Os membros do xurado da Federación Galega de Triatlon e Pentatlon quixeron distinguir ao Concello de Tomiño polo seu apoio ao deporte e en concreto ao triatlon, nestes cinco anos organizando o Triatlon da Amizade. Os outorgantes do distintivo resaltaban a posta en valor do deporte e da cultura por parte do Concello de Tomiño, nun evento transfronteirizo que leva por emblema a Ponte da Amizade. A Alcaldesa quixo compartir no nome do Concello de Tomiño este premio coa Câmara de Vila Nova de Cerveira, coorganizadora do evento, e adicarlle o premio ás ducias de persoas voluntarias e aos organizadores que participan conxuntamente cada ano nesta proba.


17

Febreiro de 2012 - Tomiño

Invertiranse máis de 250.000 euros en saneamento en Tomiño cales, 102.222,05 irán para a rede de saneamento no núcleo do Hospital na parroquia de Santa María de Tomiño e 149.843,26 para a ampliación da rede de saneamento en Vilardematos-Forcadela. O proxecto de reforma da casa da cultura, por tanto quedará cun orzamento de 156.191,73 euros.

sta semana saiu publicado no BOP a aprobación de dous proxectos de saneamento e unha reforma da casa da cultura de Tomiño resultado da modificación do anterior proxecto de “ampliación do edificio da Casa da Cultura”, que o goberno muncipal decidira sustituir por fondos en saneamento.

E

O pasado mes de setembro a xunta local de goberno en consenso con tódolos grupos municipais solicitara a Deputación

Provincial un troco na subvención concedida para a ampliación e reforma da casa da cultura con cargo ao plan de investimentos da deputación do ano 2009-2010. Este troco supuñan dous proxectos de saneamento e unha reducción na inversión da casa da cultura que elimina as pretensións de ampliación do edificio e limita os traballos a unha reforma e mellora das instalacións. A inversión total en saneamento supón 252.065,31 euros dos

O goberno local de Tomiño entendeu que en momentos de crise como a actual e ante a reducción de ingresos nas administracións locais, era preciso racionalizar este investimento o cal lle trasmitiron ao presidente da Deputación, D. Rafael Louzán, durante a a súa visita a Tomiño do 20 de setembro. A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, falou que “por responsabilidade o Concello non podía permitirse, nos tempos que corren, executar unha obra de ampliación da casa da cultura habendo outras necesidades como poden ser o saneamento”.

O Concello de Tomiño oferta novos cursos para esta primavera Concello de Tomiño ofrece para esta primavera diversos cursos de formación onde o emprego de novas tecnoloxías ten unha importante presencia. Ofértanse seis cursos, algúns xa veñen sendo habituais na Oficina Municipal de Información Xuvenil (Omix) como curso básico de francés impartido por unha profesora nativa ou o curso de fotografía dixital.

O

Este ano apóstase por cursos innovadores que empreguen as novas tecnolóxías e que sexan útiles de cara a búsqueda de emprego. Así ofértase un curso de elaboración dun vídeo curriculum vitae que xorde como alternativa a curriculum tradicional de formato papel. Apostando por formar a persoas nas novas tecnoloxías e darlle utilidade a esta como pode ser na búsqueda de emprego. Dende a Omix tamén apostan pola formación con título oficial expedido pola Xunta de Galicia como é o curso de monitor de lecer e tempo libre. A súa duración será de 350 horas e comezará en abril.

Tomiño recibe unha delegación da ONG nicaraguana INPRHUSOMOTO nha delegación do goberno do Concello de Tomiño recibiu o pasado 26 e xaneiro unha delegación da ONG INPRHU-Somoto que está a dar a coñecer os proxectos que se realizan en Nicaragua co apoio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

U

A delegación estaba formada polo coordinador e director do Centro de novas tecnoloxías aplicadas ao trópico seco do INPRHU-Somoto e pola traballadora social Marta Beatriz Álvarez Cáceres, coordinadora do Centro de Educación

Alternativa Rural Telpochcalli. A delegación está a facer visitas a diferentes concellos entre os que se atopa Tomiño para difuncir os traballos que está a realizar cos fondos nos que participan unha boa parte dos concellos galegos. Esta é unha das Visitas ao Norte que se organizan dende o Fongo Galego para visibilizar as iniciativas cofinanciadas no sur, pero tamén para sensibilizar á cidadanía sobre os desequilibrios da sociedade internacional. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 94 concellos e polas catro deputacións galegas. Dende a súa fundación no 1997, o Fondo ten desenvolvido máis de 142 proxectos en diferentes países nos que se inclúe Nicaragua. Nestes momentos o Fondo Galego está a apoiar neste país centroamericano a construción de vivendas para familias indíxenas que leva aparellada a mellora da salubridade e a captación en agroecoloxía e autoconstrución.

O Curso de coaching é outro dos cursos innovadores que este ano se ofertan dende a Oficina de Información Municipal. O coaching é un método que consiste en dirixir, instruir e entrenar a unha persoa ou grupo co obxectivo de acadar algunha meta ou de desenvolver habilidades específicas para que acade unha maior e mellor formación para resolver as situacións ás que se enfrenta. Este curso terá unha duración de 30 horas e se desenvolverá durante os venres e sábados de maio. Outro dos cursos que vai experimentar coas novas tecnolóxías é o obradoiro de creación audiovisual e elaboración de “lip dub”. Este obradoiro xirará en torno a realizar un vídeo musical entre os participantes cuxo inicio está previsto para o 3 de marzo, con este video vaise promocionar o voluntaiado internacional, outra das grandes apostas da Oficina que posibilitará o intercambio entre mozos e mozas europeos como voluntarios internacionais. Estes cursos vai dirixido a mozos e mozas de 12 a 35 anos. Para máis información dirixírse a Oficina de Municipal de Información Xuvenil (Omix) no teléfono 986 623 304.


18

Tomiño - Febreiro de 2012

O concello de Tomiño experimenta un importante crecemento demográfico ou baixa por cambio de residencia.

Concello de Tomiño a día de hoxe presume de ser un municipio cunha elevada tasa de poboación cun total de 13.911 veciños e veciñas. O maior volumen de poboación concéntrase entre os 30 e os 44 anos. Así temos que en 2011 dunha poboación total de 13.730, 3.661 comprendían a esa marxe de idade, é dicir, un 26% da poboación total.

O

Este crecemento poboacional se visibiliza nunha duplicación dos habitantes do núcleo do Seixo dende o 2004. Trátase dun 94,7% de tasa de crecemento nun casco urbán que na actualidade alberga 1.141 veciños e veciñas provintes doutras parroquias do municipio pero sobretodo doutros concellos. Pero tamén temos constancia do crecemento noutras parroquias das que debemos destacar en primeiro lugar a propia parroquia de Santa María de Tomiño que experimentou un 29%, Goián que creceu un 21% e logo lugares como Sobrada, Currás e Amorín que superaron sempre o 20%.

Está claro que Tomiño é un concello xoven, o demostran as cifras abrumantes que falan de que máis da metade da poboación son menores de 44 anos. Os cativos de entre 0 a 14 anos lles corresponde unha porcentaxe do 13%, aos mozos de 15 a 29 anos un 16% e como xa dixemos aos comprendidos entre 30 e 44 anos un 26%. Do cómputo destes datos nos dá que máis do 56% da poboación tomiñesa é inferior áos 44 anos en contraposición aos 43% dos superior a 45 anos. Estas cifras, sen dúbida, chama a atencións obre a existencia dunha poboación xoven que está en continuo crecemento. O 2011 significou un crecemento constante de poboación grazas a altas de nacemento e altas de cambio de residencia. Así temos que o crece-

mento ao longo do 2011 se cifra no 1,3% baseado nun 18% de nacementos e nun 82% por cambio de residencia. Sendo superior sempre a cifra de crecemento que as de baixas por defunción

Unión Fenosa realiza melloras no sistema eléctrico en Tomiño ecentemente, Unión Fenosa ten levado a cabo melloras no suministro no Concello de Tomiño. Estas melloras están dirixidas a dotar ao casco urbán de Tomiño dun sistema de “anel” que permite que as averías poidan solucionarse en menor tempo.

R

Nas últimas averías a media de tempo de arranxo era moi elevada porque a liña eléctrica era unidireccional. Con este sistema de anel, unha vez localizada a averías, os outros puntos po-

den seguir tendo electricidade mentres se arranxa o que ten problema. A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, apuntaba que dende o Concello agardan “que estas melloras repercutan positivamente no servizo de electricidade. É algo que levamos solicitando da empresa suministradora dende hai tempo. Agardamos que esta demanda dos veciños e veciñas ao fin se solucione e se reduzan considerablemente as molestias aos usuarios ”.

Para concluir, decir que dende o ano 2004 Tomiño experimentou un aumento de 1.900 habitantes no municipio. As cifras brutas son no 2004 ,12.013 e no 2012, 13.911. Tomiño é pois un Concello en constante aumento, aumento que ademáis proporciona continxente de poboación nova, de entre os 30 e 45 anos, e que aposta por este municipio para establecerse permanentemente ou ben no propio Seixo ou ben nas súas parroquias.


19

Febreiro de 2012 - A Guarda

II Xornada camiño portugués da costa: Fundamentos históricos no Concello da Guarda Guarda xunto cos concellos galegos e portugueses apostan pola fundamentación histórica do Camiño Portugués da Costa e pola súa difusión. Deste xeito foi promovido nos últimos meses a II Xornada Camiño Portugués da Costa. Fundamentos Históricos que tivo lugar o pasado sábado 4 de febreiro no concello da Guarda.

pasado recorreron a costa portuguesa dende Oporto.

A

Durante a xornada foron programadas dúas visitas guiadas ligadas ó Camiño Portugués da Costa: Monte Santa Trega e Mosteiro de Oia na que poderán participar os inscritos á II Xornada. A tarde foi reservada para a Mesa Redonda ca temática CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA: PRESENTE E FUTURO actuando como moderador de Alberto Viso Outeiriño (Xefe do Departamento de Portugués do IES A Sangriña). Os convidados galegos foron a Secretaria para o Turismo, Carmen Pardo e Manuel Alonso da Asociación Amigos dos Pazos. Da marxe portuguesa participan Carlos Alberto Brochado de Almeida, profesor da Facultade de Letras da Universidade do Porto; Manuel Miranda, presidente da Associaçâo Via Veteris; e Marco Sousa, delegado do Turismo Relixioso da Entidade de Turismo Porto-Norte Portugal.

Durante a mañá as presentacións de estudosos galegos e portugueses afondaron nas cuestións históricas e culturais ligadas ó pasado do Camiño Portugués da Costa. Pioneira no estudo e promoción do Camiño Portugués da Costa foi a Asociación Amigos dos Pazos que identificaron, sinalizaron e publicaron o libro “El Camino Portugués de la Costa”, fundamental na oficialidade do Camiño. Pola importancia e coñecemento do Camiño a primeira conferencia estivo a cargo de D. Grato Amor Moreno, experto no “Porqué do Camiño”, título da ponencia que recolle a finalidade desta xornada. A conferencia “O Fenómeno das Peregrinacións” do guardés e especialista en historia medieval Ermelindo Portela amosou o que supuxo no medievo as peregrinacións a Santiago e cómo mudaron e xurdiron os camiños a Santiago, sendo os únicos protagonistas os peregrinos ó camiñar.

A xornada contou con dúas conferencias de especialistas portugueses: “Peregrinos e viaxeiros no territorio portugués do Camiño da Costa” e “ Travesías fluviais”. Ambos estudos expoñen as experiencias dos peregrinos que no

Durante a II Xornada puido visitarse a Exposición fotográfica do I Concurso Internacional de Fotografía “Camiño Portugués da Costa”. Ó remate da Xornada deu comezo o acto de entrega dos premios das fases locais e da fase final. A clausura da II Xornada “Camiño Portugués da Costa” correu a cargo da Secretaria para o Turismo, Carmen Pardo.

Prantación infantil no Monte Santa Trega xoves 9 de febreiro tivo lugar no Monte Trega unha nova edición da prantación infantil. Os alumnos da Guardería Infantil Municipal e das Escolas Infantís de Sete Camiños e A Gándara, plantaron un total de 50 árbores (carballos e castiñeiros) na zona de Chans Vello durante a mañán do xoves día 9.

menta á súa medida e distribuídos por parellas, prantaron entre 1 e 2 árbores. Pouco máis tarde chegaron os rapaces das escolas unitarias (3-5 anos), que emocinados co traballo prantaron ata 4 árbores por parella ou grupo.

Axudados por persoal de Grumir, profesores e pais os máis pequenos comezaron o traballo sobre as once da mañá, armados de ferra-

As árbores que se prantaron no terreo da Comunidade de Montes foron facilitados polo Servizo de Montes da Consellería de Medio

O


20

A Guarda - Febreiro de 2012

Continúa a inscrición para as andainas de 2012 na Guarda Debido á excelente acollida desta actividade continuarase co procedemento da inscrición ata o próximo luns 6 de febreiro para intentar sumar as prazas para un segundo autocar. Entre aquelas persoas que completen a totalidade das rutas sortearase uns bonos para o Talaso de Oia. Os interesados teñen que inscribirse na oficina de Turismo do Concello da Guarda. Máis información, no teléfono 986 61 45 46 ou a través dun email en deporte@aguarda.es. Concellería de Deportes organiza a actividade “ANDAINAS 2012” que oferta oito andainas ó longo deste ano e que precisa de inscrición previa. O mércores 25 de xaneiro deu comezo esta inscrición e nunhas horas foron completadas as prazas previstas.

A

Felicitacións para o Club Ciclista O Rosal e o Campión Galego de Ciclo Cross polas súas vitorias

erardo Álvarez Martínez e Manuel González Lomba, presidente e corredor na categoría junior do Club Ciclista O Rosal, foron recibidos no Concello da Guarda polo Alcalde, o Teniente de Alcalde e o Concelleiro de Deportes, para recibir as felicitacións polos triunfos acadados na pasada tempada 2011, entre os que caben destacar o triunfo absoluto no Campeonato Galego de Ciclo-Cross no que Manuel acadou o 1º posto e o seu compañeiro Toni quedou como subcampeón; mentres, no Campeonato de España, celebrado a pasada semana en Gandía Manuel alcanzou o 4º posto en categoría individual e o bronce na categoría por equipos, dentro da Seleción Galega.

G

O próximo 17 de febreiro terá lugar no Centro Cultural da Guarda a GALA DO DEPORTE 2012 e foi programado a Presentación das ANDAINAS 2012.

CALENDARIO DAS ANDAINAS 2012 25 de febreiro: Litoral da Guarda e Monte Torroso

30 de xuño: Ruta do Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil

24 de marzo: Ruta máxica de Oia

15 de setembro: Ruta das Amiñas e Foxo do Lobo

21 de abril: Trilho dos Canos de Auga (Viana de Castelo) 26 de maio: Do Galiñeiro ó Aloia

20 de outubro: Ruta do río Xabriña (Covelo) 17 de novembro: Trilho de Mosteiró (Valença)


21

Febreiro de 2012 - A Guarda

O Concello da Guarda promocionase no stand de Turespaña en FITUR 2012 Excelencia EDEN, D. Antonio Pezzano, quen amosou as experiencias europeas de cooperación entre Destinos EDEN. Tralas intervencións da primeira parte do acto foron presentadas parte das iniciativas da campaña de promoción de 2012 de Turespaña para dar recoñecemento e visibilidade os destinos EDEN españois: vídeo promocional e folleto dixitais dos Destinos Nacionais EDEN. A segunda parte os protagonistas foron os catro Destinos EDEN españois: Sierra de las Nieves, Parque Natural Delta del Ebro, A Guarda y Ecoparque de Trasmiera (Arnuero, Cantabria).

n ano máis o Concello da Guarda estivo presente na Feira Internacional de Turismo de Madrid. En anos anteriores A Guarda empregou o escenario que ofrecía Turismo Rías Baixas para presentar os destinos e festas da provincia de Pontevedra. En 2010 A Guarda deu a coñecer o CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA acompañada doutros concellos galegos pertencentes ó recente recoñecido camiño. En 2011 A Guarda presentou o PREMIO EDEN que lle foi concedido o ano pasado, sendo o cuarto destino español galardoado e o único galego.

U

Este ano o concello contou co stand de Instituto

de Turismo de España (Turespaña) para dar a coñecer A Guarda, Destino Europeo de Excelencia no marco do I Encuentro Nacional de Excelencia y Compromiso Turístico: Red de Destinos Europeos de Excelencia EDEN que tivo lugar o 19 de xaneiro. O acto deu comezo ás 11 horas cos discursos de apertura a cargo do Director General del Instituto de Turismo de España (Turespaña), D. Manuel Butler Halter e o Director General de Empresas e Industria de la Comisión Europea, D. Pedro Ortún Silván. A continuación, interveu o Coordinador de la Red de Destinos Europeos de

A presentación da Guarda foi a cargo do alcalde, D. José Manuel Domínguez Freitas que apoiado nas imaxes da Guarda amosou o por qué somos Destino EDEN rescatamos parte das súas palabras “… a nosa gran potencialidade é o paisaxe e o cúmulo de alicientes que, en tan pouco espazo xeográfico, danse na Guarda. Pero a hora de competir polo premio EDEN a nosa principal fortaleza era o Esteiro do Miño e as posibilidades que ofrecía”. Durante o seu discurso tamén distinguiu o que significa que foramos galardoados “… A obtención do premio EDEN non foi unha meta senón un estímulo. E ademais supón unha obriga para fomentar un turismo sostible y respectuoso cos recursos naturais e patrimoniais nos que estabamos comprometidos e agora o estamos máis”. Finalmente pechou a súa intervención convidando ó publico especializado a coñecer A Guarda “… Como ven, somos unha suma de fortalezas que xa temos e doutras que queremos desenvolver. Remato a miña exposición invitándolles a que coñezan “in situ” como é A Guarda”. Para clausurar este I Encuentro Nacional de Excelencia y Compromiso Turístico: Red de Destinos Europeos de Excelencia EDEN foi programado un breve debate para obter as conclusións do encontro.


22

Tui - Febreiro de 2012

A aula da UNED de Tui impartirá un obradoiro de escritura creativa Aula de UNED de Tui continúa ampliando a súa oferta de actividade de extensión universitaria e de formación en diversas áreas de interese xeral. Trátase dun curso de escritura creativa de 15 horas de duración a impartir entre o 7 de marzo e o 11 de abril, en horario de 18,30 a 21,30 horas. Este obradoiro ten recoñecido un crédito de libre configuración e 0,50 créditos ECTS.

A

O obxectivo principal é que o alumnado afonde no marabilloso e interesante viaxe que supón a escritura, aínda sen esquecer outros obxectivos secundarios como: Saber orientar as ideas para discernir por onde comezar y cómo plasmalas, xa que non existe unha idea mala, todas son boas Coñecer e aplicar as principais técnicas de escritura Potenciar a imaxinación Fomentar a lectura, pois ler completa a formación do autor que escribe O prezo da matrícula é de 20,00 Euros e os interesados poden realizala on-line a través da páxina www.extensionuned.es. Igualmente continúa aberta a matricula para os cursos de extensión universitaria a impartir nos vindeiros meses:

“Inglés para fines específicos: inglés turístico”: que se impartirá o 17 e o 28 de febreiro por José María Prieto Orallo. Trátrase dun curso teórico-

práctico, e os alumnos poderán practicar e interactuar co profesor-tutor. O segundo día afianzarán os coñecementos adquiridos, resolverán dúbidas e realizarán unha serie de exercicios para colgalos na plataforma AVIP, o que servirá como medio de comunicación entre os alumnos e o profesor-tutor. “Coñecer e dominar a memoria: como lembralo todo”. Será o mércores 7 e o venres 9 de marzo

Tui e Valença asinan o protocolo de creación da Eurocidade dade Autónoma. A sinatura deste protocolo culmina o proceso iniciado coa aprobación por parte do Pleno da Assembleia Municipal valenciana e da Corporación Municipal tudense deste acordo de cooperación entre ambos municipios que buscan así promover as sinerxias mutuas e potenciar a colaboración en múltiples materias en beneficio dos cidadáns dos municipios.

pasado 10 de febreiro foi asinado oficialmente o protocolo de creación da Eurocidade Tui–Valença/ Valença-Tui nun acto institucional que tivo lugar antiga Alfándega de Valença e ao que asistiron o presidente da Cámara Municipal de Valença, o alcalde do Concello de Tui, un representante da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte e un representante da Xunta de Galicia en representación tamén da Comunidade de Traballo Galicia–Norte de Portugal, cuxa presidencia ostenta actualmente a nosa Comuni-

O

Xa ao longo dos últimos meses Tui e Valença teñen colaborado en numerosas iniciativas de carácter conxunto. Dende a recente participación na Feira Internacional de Turismo (Fitur) en Madrid ou anteriormente na Expogalaecia, á diversas competicións deportivas, actividades culturais como a Cabalgata de Reis, actuacións de caracter medioambiental como a plantación do bosque da Eurocidade, etc.. son algunhas das actividades xa desenvolvidas ao abeiro desta colaboración. Como símbolo desta Eurocidade os responsables de ambos municipios teñen elixido provisionalmente o anagrama gañador no pasado ano das conmemoracións do 125 aniversario da inauguración da Ponte Internacional. Este logotipo moderno pero representativo desta ponte metálica que simboliza a unión de ambas cidades e as súas xentes foi adaptado polo seu autor Miguel Amenedo para esta nova función de representar á

a cargo de Ángeles Amor García. O primeiro día abordarase a “Memoria sensorial, a corto e a longo prazo. Memoria implícita e explícita. Problemas de memoria”, e o segundo “Estratexias de memoria: sistemas e regras mnemotécnicas”. O prezo de cada un destes cursos é de 35€, 25€ para alumnos da UNED. Tamén a Uned Senior promove as seguintes actividades dirixidas ás persoas de máis de 50 anos de idade que, independentemente da súa formación académica, estean interesadas en enriquecer os seus coñecementos. En concreto, está aberta a matrícula, por importe de 50 Euros, para os seguintes cursos de 30 horas de duración: “Inglés II”, impartido pola profesora Blanca Hermida Velasco. “Como mejorar su comunicación oral y escrita” a cargo da profesora Beatriz Rodríguez Quintela. Pódese ampliar esta información en www.extensionuned.es/pontevedra onde tamén cómpre realizar a matriculación on-line.

Tui ocupa o primeiro lugar de inicio da peregrinación fóra do Camiño Francés s datos oficiais ofrecidos pola Arquidiócese de Santiago de Compostela confirman que en 2011 o Camiño portugués acolleu un total de 22.062 peregrinos dos que 7.720 comezaron a súa peregrinación na cidade de Tui. Un ano máis Tui é o primeiro lugar fóra do Camiño Francés escollido polos peregrinos para iniciar o seu camiñar cara a Compostela.

O

Os datos do Albergue de peregrinos da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo na cidade son significativos: en 2011 foron acollidos nestas instalacións 5.434 peregrinos, case 1500 máis ca no ano anterior en que se celebraba o Ano Santo, cando o número de peregrinos que pernoctaron neste albergue tudense fora de 3.991. Esta posición central da cidade nos camiños portugueses de peregrinación vén confirmada pola súa historia e pola tradición secular de acollida aos peregrinosd a cidade que chegou a contar, nos últimos séculos da Idade Media, ata con tres hospitais para a acollida dos peregrinos no seu percorrido ao sartego apostólico. Tamén no pasado ano 2011 esta condición xacobea de Tui posibilitou un auténtico crisol de nacionalidades que se achegaron a Tui; destacaron especialmente os peregrinos de Irlanda que medraron substancialmente respecto doutros anos xunto aos alemáns, franceses, portugueses, italianos, holandeses, eslovenos, lituanos, ingleses, etc. Resalta tamén a significativa presenza de peregrinos de Sudáfrica, Corea ou Xapón, en número crecente. Entre as Comunidades Autónomas destacan os peregrinos procedentes das Ilas Baleares, Canarias, Murcia, Andalucía, Estremadura, Valencia, Cataluña e tamén de Galicia.


Febreiro de 2012 - Alén

23

Minho

Valença Fortaleza dos Namorados: em Fevereiro o Amor Anda no Ar

Os cupidos, os romeus e julietas vão espalhar o amor pela cidade surpreendendo quem percorrer as praças e ruas de Valença com as suas performances, detalhes, magia e cor. O comércio tradicional de Valença apresenta-se com amor. São mais de 200 estabelecimentos comerciais, hotelaria e restauração a proporcionarem uma oferta diversificada, de qualidade e a preços competitivos, marcados pelo detalhe da época. O detalhe e a atenção marcam, com Valença a surpreender quem faz compras nos estabelecimentos aderentes a poder concorrer ao sorteio de uma viagem à Madeira, com hotel, para duas pessoas, a duas noites românticas em Lisboa, para duas pessoas e a um jantar romântico em Valença.

orge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara Municipal “Valença marca e surpreende, este Fevereiro, com o comércio e a cidade a celebrarem o mês dos namorados”.

J

Os Cupidos, os Romeus e Julietas, a Decoração de Montras, o Sorteio de Viagens, as Estadias e Jantares Românticos, o Roteiro dos Namorados,

as Exposições e Workshop's … Apaixone-se por e em Valença Em Fevereiro, em Valença, o amor anda no ar com a iniciativa “Valença Fortaleza dos Namorados”. Entre 6 e 16, a cidade vai surpreender os visitantes à Fortaleza, ao comércio tradicional, à hotelaria e restauração.

O Roteiro dos Namorados, por marcação (251 806 020), faz visitas guiadas aos recantos mais românticos da Fortaleza. No Núcleo Museológico e na Loja de Turismo a exposição “Lenços dos Namorados” apresenta a secular arte de bordar e representar o amor em Valença. No âmbito desta exposição o workshop “Lenços dos Namorados” transmite a arte secular de bordar os lenços dos namorados às novas gerações. Valença é um destino apetecível este mês de Fevereiro para passear, comprar, almoçar ou jantar e uma estadia romântica. Surpreenda o sua cara metade e apaixone-se por e em Valença!!!

Lampreia do Rio Minho, um prato de excelência

s fins-de-semana de Fevereiro e Março são dedicados à degustação da Lampreia do Rio Minho, uma iguaria regional confeccionada de acordo com as receitas tradiconais, para saborear nos muitos restaurantes aderentes.

O

Aproveite esta oportunidade singular para saborear um dos pratos mais genuínos da gastronomia tradicional melgacense, bem como para (re)descobrir os encantos do concelho, numa época repleta de animação cultural e recreativa show cooking, exposições, enoturismo, Eco-rafting, trilhos e percursos pedestres, passeios de BTT, pacotes turísticos e visitas a museus, são algumas das propostas.

Promovida pela ADRIMINHO em associação com os seis municípios do Vale do Minho - Caminha, Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Valença e Vila Nova de Cerveira, a iniciativa “Lampreia do Rio Minho – Um Prato de Excelência” realiza-se desde 2010, com o intuito de valorizar e afirmar um dos pratos mais emblemáticos da gastronomia tradicional da Região. Em defesa da unicidade da Lampreia do Rio Minho os promotores desta iniciativa pretendem ainda obter a certificação deste produto gastronómico e proceder à criação de uma confraria própria.


Xornal Galego de Información Xeral Director: Carlos Rey Bárcenas. Edita, maqueta e imprime: Publicaciones Tameiga, S.L. Enderezo: Avenida do Aeroporto, 83, Tameiga,

Mos. Pontevedra. Enderezo electrónico: redaccion@hermeseatenea.com publicidade@hermeseatenea.com director@hermeseatenea.com Teléfonos: 986487480/658585049 Coordinador: Guillermo Rodríguez Colaboradores: Alicia Rocha, Vicente Alló, X. A. Pérez Lema, Pablo Glez Mariñas, Anxo Fernández

Ponteareas homenaxea ao ex xeneral da Garda Civil Manuel Ferreiro Losada

Saborido, Antonino García, Emilio Ínsua, Anxo S. Porto Ucha, Xoan Xosé Pérez Labaca, Raúl Daniel Sotelo, Manuel Rosende, Inma Otero, Miguel Andión, Juan Louzán (Madrid), Coki (Nova Iorque), Carlos Barros Fotografía: Arquivo, Hernández Publicidade:Sandra Araujo, Guillermo Rodríguez, Suso Vieito e departamento propio Depósito Legal: VG195-2011

Este xornal imprímese en papel reciclado

para solicitar ao ex xeneral que sexa o pregoeiro da Festa de Corpus deste ano. Proxectouse ademais un video de curta duración da solemne despedida da Bandeira do xeneral aos sons do Pasadoble Ponteareas, onde o homenaxeado rompeu o protocolo para saír a darlle un bico a seu ancián pai, garda civil xubilado, presente na tribuna de convidados. Ferreiro Losada, visiblemente emocionado, recordou a súa infancia en Ponteareas, así como todas as súas vacacións na vila onde residían seus pais así como a súa única irmá co seu marido e seus fillos. Fixo un breve pero emotivo recordo da vida na localidade onde resaltou os seus estudos de bacharelato superior no Colexio Santiago Apóstol. Sinalou que elixiu Ponteareas como lugar de residencia no seu retiro forzoso e que está orgulloso disto. Tamén afirmou que recibir o premio da Orde San Miguel, da localidade, e formar parte da mesma significa un punto de partida no seu quefacer diario na vila.

pasado 28 de xaneiro tivo lugar no Asador Paxarín de Celeiros (Ponteareas) unha homenaxe ao ex xeneral da Garda Civil Manuel Ferreira Losada. Abriu o acto Xoán Xosé Pérez Labaca, coordinador do evento, quen fixo finca-

O

pé en que era un acto de presenza amistosa para compartir mesa e mantel, onde recordou a súa infancia en Ponteareas, onde era coñecido como Manolito, o do Cuartel, e onde aínda hai anciáns que lle seguen chamando así.

Despois, o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, destacou a importancia que supón para Ponteareas ter contado entre as súas xentes cunha persoa como Manuel Ferreiro, á que considera un ponteareán de pro e aproveitou o acto

Manuel Ferreiro foi agasallado cun libro sobre os Viños de Galicia da Editorial Ir Indo, asinado por tódolos asistentes. Fixo entrega deste agasallo o director da editorial, Bieito Ledo. Ademais, recibiu una placa de prata coa lenda “Miña terra, miña terra, terra onde me criei…”, extracto dunha poesía de Rosalía de Castro e “De teus amigos de Ponteareas, Vila do Corpus a 28 de xaneiro de 2012”. Tamén foi obsequiado cunha artística figura dun garda civil, que lle encantou, pois non figuraba entre os moitos


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
A NOVA PENEIRA - Nº 2 - Febreiro 2012 by A Peneira Dixital - Issuu