Skip to main content

A NOVA PENEIRA - Nº20 - 1ªQ. Xullo 2013

Page 1

www.apeneiradixital.com

XORNAL

ANO 2 - nº 20

PONTEAREAS Ponteareas dedícalle a súa ‘Clásica 2013’ ao ciclista Ezequiel Mosquera

GALEGO DE INFORMACIÓN

XERAL

Xullo de 2013 - 2€

VIII Festa do tinto Rías Baixas nas Neves

Páxina 11 en diante

Páx. 8

CONDADO As augas políticas en Arbo baixan convulsas Páx. 9

TUI Alimentación Alonso recibe unha homenaxe polos seus máis de 120 anos de existencia Páx. 18

PORRIÑO O Concello de Porriño estuda elevar ata 3.000 euros a subvención a emprendedores FOTO: HERNÁNDEZ

Páx. 20

A GUARDA A Festa da Langosta e da cociña mariñeira foi presentada en Braga Páx. 16

Escolares da India intercambian cartas, debuxos e vídeos con nenos e nenas tomiñeses Dentro do proxecto intercultural e de cooperación impulsado polo Concello de Tomiño a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), coa ONG “WeCan Kindersley” (www.wecanworld.org)

de Jaipur (India), vén de completarse o intercambio de cartas, debuxos, fotografías e vídeos entre nenos e nenas do país asiático e outros de Tomiño. Páx. 19


2

OPINIÓN - Xullo de 2013

Por G. Rguez. Fdez.

a somos Europa! A frase,

X

acuñada estes días en Bruselas, está chamada a se-la panacea que nos vai sacar desta fochanca na que estamos metidos todos. Ó parecer aquilo de que África comezaba nos Pirineos era algo máis ca unha frase irónica. Os mercaderes europeos acordaron estende-lo mercado e nós caémoslles dentro dos seus territorios. Ese Club de Mercaderes onde (segundo as verbas de Morán "allí las formas son poco corteses; aquello es el reino de los egoísmos nacionales"), imos entrar decidiu, con reservas (non vaia ser que os contaminemos), que tamén os españois somos europeos. Todo un detalle que temos que agradecer. Os galegos sentímonos na obriga de lembrarlles ós señores dirixentes dese supermercado de intereses nacionais que Galicia non só é europea hai moito tempo, senón que foi xunto con Roma e os Santos Lugares soporte dos valores relixiosos e culturais da Europa daquel tempo contra os mal chamados infieis. Cando Galicia era europea aínda non naceran moitos dos países que hoxe queren concedernos pasaporte. Tampouco podemos botar en saco roto a vergoñenta maneira de presentar na TVE o avance da entrada no Mercado Común cando falou de Galicia. Dicir que imos vernos favorecidos nunha maior facilidade de movemento dos nosos homes e mulleres por Europa é algo que se volta ofensivo. Isto, este privilexio, poderán desfrutalo despois de sete anos de espera. Todo un logro para Galicia. Nestes anos de espera os nosos homes e mulleres deben adicarse a estudar idiomas. Que vai pasar co resto dos nosos recursos? Todos sairán prexudicados, segundo palabras dos nosos negociadores. Quédannos moitos milleiros de hectáreas de monte comunal que ben poden converterse en zonas

Xa somos Europa! Este editorial que vostedes poden ler hoxe foi escrito no ano 1985. Xa van aló virados preto de trinta anos. Como poden comprobar tratábase de analizar e facer algunha previsións da nosa entrada en Europa, como se dicía daquela. Entón dabamos o noso toque de atención sobre o que pasaría cos nosos recursos. Ben, hoxe tomámonos a liberdade de ofrecerllo de novo aos lectores deste humilde xornal para refrendar, moi ao noso pesar, que as nosas inquedanzas tiñan poderosas razóns para temer o peor, porque o peor é o que nos está pasando nestes momentos cando xa pertencemos a “ese Club de comerciantes venecianos” onde nos meteron como se fora a panacea que ía resolver tódolos nosos males. Non hai máis que constatar que pasou coa nosa produción de carne, de leite, de viño, coa compe-

reservadas de goce cinexético para os nosos “amigos europeos”. Ó mellor, na tempada de caza, piden produtos do país e chegamos a facernos internacionais deste xeito. Como se ve temos que estarlles eternamente agradecidos.

tencia dos nosos asteleiros (nestes momentos coa auga ao pescozo, axudados por un español, curiosamente; xa dicía meu pai que non

EDITORIAL

tencia e xa niguén lle tuse. A Galicia este Mercado Común (porque non pasou de aí) só lle trouxo disgustos e reparto de cartos sen control que agora nos pasan factura. Os nosos gobernantes, cal ovelliñas amaestradas, seguen ao pastor (pastora, mellor) sen desviarse do camiño que lle mostran. Queren ser bos alumnos ainda sendo fatais gobernantes para os seus cidadáns.

En fin, xa somos Europa. Xa viaxamos sen pasaporte cando temos que emigrar. Antes faciamolo levando unha maleta de carton; hoxe levamos un mobil para informar das Felipe González asina o Tratado miserias que pasamos trade Adhesión á CEE, en 1986 ballando para alemáns, suizos, franceses. Temos hai peor cuña cá da mesma ma- mellorado moito, obviamente. Xa deira). non cavamos le trinas en A lemaña, agora os nosos xoves son Hoxe sufrimos recortes por todos man de obra barata ainda que os lados. Alemaña está gañando a sexan profesionais com o a copa guerra sen disparar un tiro. A Mer- dun piñeiro. kel dispara globos sonda para ir preparando ao persoal, logo sen- En fin, xa somos Europa!!

a imaxe

Pouco a pouco iremos comprobando canto nos queren os señores do Club de Roma. De momento chéganos con darlles a benvida. Seguro que algúns deles non nos devolven o saúdo de boa gana. Esperemos.

Entrega dos XIX premios Peña Novo en Soutomaior


3

Xullo de 2013 - OPINIÓN

ste día pasado, o 29 de xuño, Ordes reviviu a proclamación da República Galega. Non sabemos se celebraba a primeira, segunda, ou o desexo da terceira. Si, si, foi exactamente na antiga estación da Pontraga, en Ordes, A Coruña. Cómpre saber, saber de nós, pois como diría o Manuel María “a nosa Historia ocupa pouco, ten brevidade case de salouco. Cómpre sacar do esquecemento pertinaz aquelas páxinas que dan lugar a este acto que se repite e que procura unha celebración de encontro nos que cremos nunha Galiza máis nosa, liberada e na lembranza agradecida daqueles aconteceres que nos reconfortan. Un festexo que agranda o corazón de moitas xentes que alí nos demos cita evocando aquel outro 27 de xuño do 1931, un día antes das eleccións ás Cortes Constituíntes da República Española, cando Campos Couceiro, Eduardo Ponte, Alonso Ríos e moitas outras e outros declararon que a solución para os nosos problemas non era a República Española senón unha Repúb lica Galega. Así o fixeron e afirmaron nun pleno municipal do día anterior no Concello Compostelán cunha proposta de creación inmediata do Estado Galego e que contaba co apoio dos obreiros de Compostela, entre eles os doce mil traballadores “carriláns” que por decisión do Consello de Ministros quedaban sen traballo

E

República galega

*Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero) *Mestre e músico

ao suspender a construción da liña entre Zamora e A Coruña. Indalecio Prieto responsable de Facenda non o considera rendible. Folga histórica, ao rematar un mitin estes obreiros asaltan o Axuntamento e fan dimitir ás autoridades. Antón Alonso Ríos proclama o Estado Galego e exerce como presidente provisional da Xunta Revolucionaria da República Galega de Galiza, … que en poucas horas cesa. A euforia breve que dura ata que se desbloquea o problema dos do ferrocarril e acaba por falla de seguimento noutras comarcas. Durou pouco, certamente, a brevidade dun salouco, mais esas horas que durou a República Galega deixaron entre a brétema semente e, hoxe, agroma 82 anos despois como un soño e, ao mesmo tempo, coma un desexo. Outros din que habería

que celebrala o 25 de xullo, ou o 26 de abril, aquel “Abril de lume e ferro” que fai referencia aos fusilados de Carral, cando o coronel Miguel Solís e doce dos seus oficiais foron fusilados no ano de

1846 por opoñerse ao goberno autoritario do xeneral Narváez, no reinado de Isabel II. Unha das súas reivindicacións era a recuperación administrativa de Galiza que desaparecera na reforma de 1833. Defendían unha política autónoma con sistema tributario propio. O certo é que alí lembramos xuntos,

felices e contentos, confortados e agradecidos, e vimos fotos e imaxes, textos e documentos, gravacións e recendos daquelas pasaxes do tempo entre as ruínas da vella estación do tren, explicando en aberto a conmemoración dos feitos tan bonitos. Xunto coa lembranza ondeaba a suxestiva bandeira de “Denantes mortos que escravos” que nos quer representar, e tivemos x antares compartidos, produtos do país, grupos de gaitas, sesión vermú, bailes, feira de libros e música, xogos –a Liga Nacional de billarda, un xantar a escote dos aqueles que non trouxeron nada, arengas, evocacións, revistas e publicacións de documentos sobre os traballadores do camiño de ferro e da análise dos acontecementos que se festexaban nesa data case esquecida que cómpre ter en conta, para rematar –xa á tardiña- con música e cancións, concertos levados pola afirmación baixo unha carpa azul e branca, nunha tarde de Lúa devalada, encarnada aínda, misteriosa que nos encheu de esperanza todo o peito. Saúde e Terra, ...saúde e cante o merlo!

CADERNOS DA VIAXE *XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA *Avogado eventual declaración de incompatibilidade co Dereito da UE do chamado “tax lease”, canda a prohibición para construir barcos a Navantia-Fene, que Aznar pactou coa UE para salvar Navantia das perdas xeradas pola ineficiencia andaluza e cartaxenera, reflicten que España nunca entendeu a importancia da construción naval galega. Tampouco entendeu nunca a importancia da nosa industria conserveira, da pesca e, en xeral, do carácter fulcral e estratéxico do noso sistema produtivo mar-industria.

A

Do mesmo xeito, a axenda española cara a negociación da Política Agraria Común (PAC) centrouse só nas producións mediterráneas (olivas, laranxas) e nos intereses das rexións latifundistas, arrumbando os intereses das nosas producións cárnicas e lácteas. Outro tanto compre dicir dos nosos intereses do sistema monte-madeira-industria. Mentres, tentouse impoñer dende Madrid un sistema aeroportuario dependente dese xigante que é Madrid-T4, retendo as competencias sobre uns portos que remanecen des-

España non representa os intereses galegos conexos e pequenos. Cando éstes, xestionados a xeito, haberían ser o grande “hub” europeo cara a América no horizonte da nova canle panameña, no 2015. Certo é que a nosa produción por habitante chega só a pouco máis do 90% da nosa renda dispoñíbel. Mais, de existirmos con voz propia na Europa, ao xeito de Estados da nosa fasquía poboacional (Irlanda, Eslovenia, os países bálticos) semella que o noso PIB tería medrado substancialmente, pois que case todos os nosos sectores empresariais nos que presentamos vantaxes comparativas foron e son sometidos a acoso e soidade. E non precisaríamos daquela ningunha caste de subsidio. O mapa complétase co desprezo da esquerda e dereita española polas nosas Institucións de autogoberno. Velaí o rexeitamento de Fdz Ordóñez e da montorista Cristina F. Currás a compareceren diante do Parlamento deste País. Quizais tamén para non ter que recoñecer que,

canda a mala xestión dos seus dirixentes galegos, a inviabilidade da fusión das Caixas tivo algo a ver coa proa do PP e PSOE estatais a respecto da pervivencia de toda entidade financeira galega. O peor de todo é que, cun 5% do PIB e cun 6% da poboación estatal, isto non vai mellorar. Velaí que sexan o autogoberno e o dereito á diferenza as mellores armas para sermos económicamente viábeis. A ARRINCADEIRA: YES SCOTLAND Escocia camiña cara ao seu referendo de autodeterminación de 2014. Moitos escoceses levan gravado a lume que o Goberno de Westminster informara de que Escocia era un país pobre e subsidiado, contabilizando os ingresos do petróleo do Mar do Norte como xerados por un novo territorio chamado “plataforma continental”e distinto de Escocia. Até a lei de transparencia os escoceses non puideron saber do engano do Goberno británico.


4

PUBLICIDADE - Xullo de 2013

A TÚA SAÚDE DENTAL É IMPORTANTE


Xullo de 2013 - PUBLICIDADE

5


6

CONDADO -

Xullo de 2013

Acto de clausura dos cursos de Asprodico 2012-2013 Todos os asistentes recibiron un diploma, así como unhas palabras de ánimo do alcalde e da concelleira pasado venres 21 de xuño tivo lugar a clausura do curso 2012-2013, do centro municipal Asprodico de Ponteareas, centro dependente da concelleira de Servizos Sociais e Atención Primaria, Marisol Valado.

O

Ao acto asistiron o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla e a concelleira responsable, acompañados polos docentes do centro e o director, Aurelio Otero, así como responsables de Cogami e Adapta. Ao longo deste ano, o obradoiro ocupacional contou con 14 alumnos, con

diferentes discapacidades físicas e psíquicas, que dende outubro a xuño puideron asistir a diferentes talleres que tiñan como principal obxectivo o desenvolvemento da autonomía persoal dos mozos e mozas. Dende COGAMI levouse a cabo a formación profesional de persoas con discapacidade física, cun curso

de ofimática básica, na que 11 alumnos puideron mellorar as súas habilidades coas novas tecnoloxías. Diplomas e ánimos Todos os asistentes recibiron un diploma, así como unhas palabras do alcalde e maila concelleira, que os animaban a continuar coa formación e aprendizaxe de novos conti-

dos, aproveitando as posibilidades que dende este centro municipal se ofertan e que continuará, de cara ao vindeiro ano, destinando os recursos necesarios que garantan unha formación de calidade, xunto con todos os novos talleres sociais e de autonomía persoal que se viñeron pondo en marcha nos últimos meses.

As alfombras florais de Ponteareas impresionaron na Feira Internacional Semana Verde en Silleda O concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro, acompañado dunha delegación de 35 alfombristas da vila, pertencentes ao tramo alfombrista “Os Ferreiros-San Roque”, estivo presente na Feira Semana Verde de Galicia, en Silleda. Alí, o grupo confeccionou unha vistosa alfombra floral que impresionou aos milleiros de visitantes que ata alí se achegaron. Traballo desinteresado e altruista A confección dunha alfombra floral de 160 metros cadradros, no corredor principal do recinto du-

en Silleda supuxo para os alfombristas de Ponteareas un recoñecemento ao seu traballo desinteresado e altruista para un maior engrandecemento da festa do Corpus Christi de Ponteareas.

rante a celebración da Feira Internacional Semana Verde de Galicia

Agradecemento Así mesmo, o concelleiro de Cultura agradeceulle á organización da Semana Verde de Silleda a súa invitación a participar en tan importante evento, así como a atención prestada para que os ponteareáns puidesen desenvolver a súa actividade sen contratempos.

Festa de fin de curso na escola infantil municipal de Ponteareas Na Escola Infantil de Ponteareas, tivo lugar a celebración da festa de fin de curso 2012-2013 na que se despiden aos cativos do primeiro nivel de educación infantil. Ao acto asistiron o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla e a concelleira de Servizos

Sociais-Atención Primaria Marisol Valado, que lle deron a benvida aos pais e nais nun ambiente moi lúdico e festivo. Proxectouse un dvd con imaxes de todos os nenos e nenas, nalgúns momentos das actividades que fixeron o longo da súa estadía no centro, antes de proceder á entrega dos

100 prazas nos obradoiros de informática para nenos A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Ponteareas celebrará obradoiros nos meses de xullo e agosto adicados aos nenos e nenas. Repartidos en varias quendas, a aula de informática do Concello de Ponteareas, quere achegar ós mais cativos as novas tecnoloxías.

diplomas aos 64 nenos e nenas na súa “primeira graduación”. Os nenos tamen lles entregaron aos seus pais unhas prantas cultivadas

por eles mesmos, na escola, ao longo do ano. O acto rematou cunha merenda na que participaron pais, nais, nenos, nenas e traballadores.

O prazo para inscribirse está aberto e a admisión é por orde de entrada. O curso é gratuito. Prazas limitadas a 100. Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Ponteareas sita no Centro Social da rúa de Oriente, n º 8, en horario de 12:00 a 13:30 horas.


7

Xullo de 2013 - CONDADO

s díaS 5 e 6 de xullo celébrase a I edición do festival ‘Rock in Río Tea’, autoideado, autoproducido e autodirixido polos músicos e amantes do rock ponteareán reunidos na nova asociación Falcón.

O

O venres 5 no JJ copas concerto dunha nova formación de músicos coñecidos por participar noutras bandas da vila: SOMACHIGUN.

MET, os novos valores locais ofrecennos versións dos clásicos e menos clásicos.

I Rock in Río Tea que da Concordia - Feira Vella, haberá un cartel inédito e histórico: CARROBOIS, o mítico grupo de Fornelos e Xan, logo de 25 anos, retoman os amplificadores con toda a súa esencia, nesta ocasión con Chiqui e Llillo.

PERJUDICADOS, veteranos activistas do rock and roll con versións de temas populares do pop e rock español. 99 Cl, a banda punk ponteareán reaparece cos seus grandes temas, e Su promete sorprendernos con algún tema novo.

O CAIMÁN DO RÍO TEA reaparece nos directos cando se celebra o seu vinte aniversario e para na casa (a poñer unha lavadora e animarnos a bailar), no medio dunha celebrada xira coa que está a arrasar este verán en festivais de todo o país.

Concurso interplanetario Tralo concerto terá lugar no escenario da discoteca do JJ o primeiro concurso interplanetario de AIR GUITAR. Neste enlace poderas consultar as bases do concurso.

ADENCO pregunta ao alcalde se as obras na Ponte de San Roque teñen autorización de Patrimonio

A Ponte está protexida polas NNSSMP, e xa que logo, incluída no Catálogo das normas subsidiarias municipais do Concello de Ponteareas aprobado pola Xunta de

A festa continuará con VINVINILO-DJ nunha sesión do mellor rock and roll. No recinto haberá comida e bebida dabondo, e ofrecerase a todos os asistentes unha gran queimada. Camisetas á venda Xa se pode mercar a camiseta do Rock in Río Tea no JJ copas, Distrito Apache ou Eira Vella, por 10 euros.

O sábado 6 de xullo, día grande do festival, no Par-

A Ponte de San Roque (Ponteareas) vén de ser obxecto dunha lamentable intervención arquitectónica que atenta gravemente contra a súa morfoloxía muraria orixinal. En concreto, foi colocada unha peza de cantaría a modo de peitoril.

Paseo da fama O Parque da Concordia será testigo da inaguración do “Paseo da Fama” do rock and roll, onde se dará a merecida homenaxe a unha referencia vital para entender o rock feito en Galicia.

Galicia o 11 de maio do ano 1995. En consecuencia ten a consideración de Ben Inventariado (art. 22 da Lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia), polo que o seu propietario, o Concello de Ponteareas, está obrigado a “a conservalo, coidalo e protexelo debidamente para aseguraren a súa integridade e evitaren a súa perda, destrución ou deterioración”. O art. 37 do mesmo texto legal establece que “calquera intervención que se pretenda realizar nun inmoble declarado ben de interese cultural deberá ser autorizada pola Consellería de Cultura, previamente á concesión da licencia municipal”, polo que a realización de calquera tipo de obra na ponte debe contar coa autorización da Consellería de Cultura.

Resposta municipal Ante a pregunta formulada polo grupo Adenco, dende o Concello defenden que se trata dunha “actuación provisional e urxente”. A instalación provisoria dun dos elementos do balaustre de dita ponte, co fin de salvagardar a seguridade dos peóns, foi realizada tralo atentado levado a cabo por persoas non identificadas, que con mala saña, empregando medios mecánicos, tiraron unha das pedras que conformaban o balaustre. O Concello substituirá as pedras provisorias pola orixinal, no momento en que o nivel do río o permita e se poida retirar a pedra orixinal.

Intercambio gratuito de libros de texto en Ponteareas Protección civil é un servizo de emerxencias pero dada a situación socioeconómica pola que están atravesando algunhas familias, decidiron crear unha sección de servizo social coa finalidade de paliar na medida do posible as carencias de algúns dos veciños de Pon tea reas en relación á adquisición dos libros de texto tanto de primaria, como de secundaria e bacharelato. A iniciativa ponse en marcha en colaboración coa Concellería de

Servizos Sociais-Atención Primaria e ten como finalidade que todas aquelas pesoas que xa non necesiten algún libro de texto dos niveis citados acudan á base de protección civil a cambialo por outro que lles interese. “Trae os libros que non precises e leva os que precises”, é o lema da campaña. Tamén se aceptan doacións de libros. Os interesados poden deixalos e recollelos na base de Protección Civil, calle Maestros nº 13 os martes e xoves de 10 a 13 horas.

Curso de escaparatismo A empresa Avantfor, en colaboración coa Concellería de Comercio e Desenvolvemento Local, organiza un curso de “Escaparatismo Profesional e Merchandising” que se celebrará do 8 ao 11 de xullo. O curso ten como obxectivo o perfeccionar as técnicas de posicionamento dos escaparates así como o merchandising dos establecementos comerciais para mellorar a visibilidade e o rendimento económico do comercio local. Está dirixido a traballadores en activo do réxime xeral da seguri-

dade social así como a empresarios autónomos, e impartirase nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Local. “Dende o concello, estamos a traballar con todas aquelas organizacións e entidades que nos aporten un plus de mellora no tecido empresarial e comercial” subliña a concelleira, e con este curso continuamos a nosa líña de apoio a todos os empresarios autónomos e comerciantes de Ponteareas.


8

CONDADO - Xullo de 2013

Ponteareas dedícalle a súa ‘Clásica 2013’ ao ciclista Ezequiel Mosquera ciclismo nunha marcha que é un referente a nivel nacional, así como en Portugal".

O corredor do Xacobeo Galicia logrou clasificarse catro tempadas na xeral da Vuelta a España

Pola súa banda, Álvaro Pino considerou que será "moi especial" que ambos os dous compartan estrada e esforzo, nesta ocasión, na "Clásica" ponteareana.

O

A saída e a chegada volverán ser na rúa Vidales Tomé e repetirase o trazado do ano pasado, con dobre percorrido; un máis curto de 101 quilómetros e, outro, longo, de 132 quilómetros.

Na saída estará, ás 9.00 horas, Mosquera, ao que os afeccionados recordan especialmente por ser corredor do Xacobeo Galicia (antes Karpin Galicia) e ter logrado clasificarse catro tempadas na xeral da Volta a España como 5º, 4º, 5º e 2º, respectivamente.

Reconstituínte sen custe adicional Unha vez finalizada a marcha, tanto os participantes coma os seus acompañantes poderán repoñer forzas, sen custo adicional, na comida prevista no Complexo Deportivo Álvaro Pino, na que haberá friame, empanada, tortilla e bebida, entre outros aperitivos.

ciclista galego Ezequiel Mosquera será o homenaxeado da décimo sexta marcha cicloturista "Clásica Álvaro Pino", na que participarán, o 7 de xullo, un máximo de 650 corredores.

Xunto a el tamén estará o que foi o seu director deportivo, o ponteareano Álvaro Pino. "Será unha honra" dixo Mosquera, onte na presentación da proba, tendo en conta que lle dá nome o propio Álvaro Pino, a quen dixo ter unha grande amizade

e respecto "a pesar dos moitos berros que me deu en carreira". Referente do ciclismo na península Mosquera aproveitou a súa intervención para animar a todos os amantes deste deporte "a gozar do

O Concello de Ponteareas convoca a XLVI edición do Concurso de Gaitas

ción da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Pontevedra.

O Concurso de Gaitas de Ponteareas acada este ano a súa 46 edición, o que o consolida como o certame de música tradicional galega de máis ampla traxectoria.

Premios Concederase un primeiro premio de 1.800 euros, un segundo premio de 1.200 euros, un terceiro premio de 900 euros e un cuarto premio de 600 euros.

Poden participar no consurso os grupos de gaitas estarán integrados por dúas gaitas (tradicionais sen modificación de ningún tipo), un bombo e un tamboril. Ademais, o cuarteto deberá vestir o

traxe tradicional galego completo. O prazo para inscribirse remata o vindeiro 13 de

setembro. A organización corre a cargo do Concello de Ponteareas coa colabora-

O Concello de Ponteareas tamén aboará a todos os grupos participantes que non obteñan premio a cantidade de 200 euros para axuda de gastos de desprazamento.

Os alumnos da Escola de Música e do Conservatorio de Ponteareas organizaron sendos festivais solidarios

O Colexio La Inmaculada expón a obra de Vidales Tomé

Esta exposición, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística, dependente da Concellería de Cultura, que dirixe Andrés Sampedro Fernández, quere ser unha homenaxe merecida ao labor artístico do ponteareán Ignacio Vidales Tomé mediante unha escolma de historietas gráficas que ofrecen a visión da Galicia dunha época. D. Ignacio Vidales Tomé a través dos seus debuxos humorísticos reflicte moitos dos graves problemas da Galicia da época que lle tocou vivir.

O pasado 20 e 21 de xuño celebráronse no auditorio Reveriano Soutullo sendos festivais solidarios, a cargo dos alumnos da Escola Municipal de Música e do Conservatorio Municipal. Ámbolos dous concertos contaron cun gran número de asistentes que, cos seus donativos, contribuíron a fornecer de alimentos básicos o centro de recollida de alimentos da concellería de Servizos Sociais do Concello de Ponteareas.

Esta exposición continuará a súa viaxe itinerante por outros centros, despois das vacacións de verán, para intentar conseguir un maior coñecemento deste ponteareán no 50 aniversario do seu pasamento.


9

Xullo de 2013 - CONDADO

As augas políticas en Arbo baixan convulsas “O pacto está funcionando coma un reloxio”, Xabier Simón, alcalde de Arbo -Como entendes a postura dos teus colegas de goberno? -Cústame entendela. Para min o pacto está vivo. E o BNG estaba disposto a trasladar a alcaldía no momento fixado, setembro de 2013, coa única condición de que seguira sendo un goberno das dúas forzas, compartido. -Cal era a súa achega á situación actual en canto ao goberno de Arbo? -O goberno municipal era único; un goberno compartido por dúas forzas políticas. -Cres que existe disputa entre os membros de AIAR polo cumprimento do pacto? -AIAR cambiou de persoas, iso é o único que sei. Falar de discrepancias correspondelle a eles non a mín. Ata agora non houbo grandes diferenzas entre BNG e AIAR e o pacto funcionou como un reloxo. -Estarías disposto a deixar o goberno de Arbo? En que condicións e cando? -Os alcaldes non somos donos do noso posto. Eu ocúpoo polo apoio que recibín e o pacto di que en setembro cambiaba. Nin eu nin o BNG poñeriamos problemas ao cambio; só unha condición: que siga sendo un só goberno de dúas forzas

José Simón Ferro, concelleiro de AIAR: “Xabier Simón quere alongar a súa alcaldía dous anos máis” Concelleiro electo na presente corporación. Desde finais de 2012 é portavoz de AIAR no Pleno do Concello de Arbo.

políticas. Só cambiaría o temonel. -Cres posible unha moción de censura co PP popular como beneficiado da situación? -Non o creo. Non vexo aos votantes de AIAR aceptar un acordo co PP: os compañeiros de AIAR poden ter a alcaldía sen pactar co PP. -Estarías disposto a seguir gobernando, coa colaboración , como ata agora, da Tenente de alcalde de AIAR? -Eu estou facendo esforzos para que o pacto se reconduza e todos os compañeiros de AIAR sigan no goberno. Non contemplo outra opción. En calquera caso, quero dicir que seguirei cumprindo coas miñas funcións para garantir que a maquinaria municipal, os servizos públicos, sigan funcionando.

-En que consisten as discrepancias xurdidas ultimamente sobre a quenda na Alcaldía? Finalizado o prazo (para traspasar a alcaldía a AIAR), e tras reiteradas peticións para establecer unhas reunións que facilitasen un traspaso ordenado e lóxico de funcións (a última delas o comunicado trasladado o 15 de xuño pasado), o silencio e a negativa aos devanditos encontros foi a resposta dada por parte do actual alcalde. Desde AIAR non entendemos nin compartimos a idea pola que pretende alargar o seu mandato máis dos dous anos establecidos. Como é lóxico, estes acontecementos xeran en AIAR unha falta de confianza total, que provocan a retirada do seu apoio. A decisión de AIAR foi tomada por unanimidade da executiva, aínda que, Fabiola Pedrosa non asistiu á reunión, nin a ningunha outra, desde que foi auto-postulada e nomeada primeira tenente-alcalde sen a aprobación de AIAR. -De non haber acordo, que pode acontecer? -Darase unha circunstancia que reflectirá o expresado pola cidadanía de Arbo nas urnas, nas que ningunha das forzas alcanzou a maioría suficiente para gobernar por si soa. Por iso, o actual alcalde gobernará en minoría e deberá contar co apoio das restantes forzas políticas para levar adiante os seus proxectos. -Estarían dispostos a devolverlle o goberno ao grupo popular? -Non se contemplou esa posibilidade.

Fabiola Durán, 1ª tenente de alcalde: “AIAR e BNG poden gobernar xuntos mellorando a calidade de vida dos arbenses” -Como está funcionando o pacto de goberno actual? -O pacto de AIAR e BNG nestes dous anos supuxo un cambio radical respecto ás políticas do PP durante 20 anos; démoslles unha alternativa aos verciños afogados pola manipulación do PP. AIAR acordou co BNG compartir catro anos as tarefas de goberno de Arbo alternando a Alcaldía. Dous primeiros anos alcalde do BNG e a tenencia de alcaldía sería de AIAR, e a partir de setembro de 2013 o alcalde sería de AIAR e a tenencia de alcaldía para o BNG. Así, AIAR asumiu a concellería de Cultura, a tenencia

de alcaldía e a concellería de Obras Públicas. Cando a concelleira de Cultura, Paula Lima, dimitiu por motivos persoais, eu pasei a Cultura; hai aproximadamente un ano, Luis Martinez dimitiu por cuestións laborais e persoais, debería ser sustituido por Jose Simón pero este dixo non querer asumir tarefas de goberno eu ocupei o seu lugar. Este acordo funciona como un equipo de traballo que pon en primeiro lugar os intereses de Arbo; que creou en dous anos unha forma de gobernar aberta, transparente e participativa. -Cres que despois do aban-

dono dos membros de AIAR que acordaron o pacto se dan as circunstancias políticas para o seu cumprimento naqueles termos? Durante estes dous anos amosamos que AIAR e BNG podemos gobernar xuntos mellorando a calidade de vida no noso concello, onde recibimos unhas arcas municipais baleiras e un Concello hipotecado cunha enorme débeda, situación que conseguimos mellorar sustancialmente e incluso revertir. Agora é o momento de que AIAR asuma a alcaldía e que se siga na mesma liña de ruptura coas políticas do PP. É o momento de abandonar

personalismos e apelar a xenerosidade e a responsabilidade política de todas as partes seguindo cun mesmo proxecto para o futuro de Arbo. -No caso dunha ruptura definitiva, cal sería a túa postura? Cres que pode darse unha moción de censura nestas circunstancias? Como a valorarías? -Os resultados electorais foron 3 concelleiros para AIAR, 3 para o BNG e 5 para o PP, Isto significa isto que a maioría de Arbo votou o cambio. AIAR formouse como partido para presentarse ás eleccións municipais en Arbo e

acadar a expulsión do PP do goberno municipal, e por iso o noso acordo de goberno co BNG, deixando clara en todo momento a nosa postura de cambio. As matemáticas fan imposible unha moción de censura se non é contando co PP, cousa que para min sería traizoar aos votantes de AIAR.


10

CONDADO - Xullo de 2013

A procesión de Santa Marta de Ribarteme é pura maxia divina de Galicia Por Juan Louzán Imaxes: HERNÁNDEZ 29 de xullo non e só un luns de verán de 2013 na carismática e popular As Neves. É Santa Marta, avogada dos que están en perigo de morte, é a patrona das milagres en persoas que pola súa intercesión ante Deus recuperaron a saúde, a vida e a paz interior. Falar desta santa é citar a procesión de cadaleitos, mortallas, choros e amargos recordos dun ser querido que escapou doutro mundo de forma milagreira. As familias afectadas recordarano sempre en forma de promesas, agradecementos e donacións. O fervor é tan conmovedor como profundo. Na igresia de San Xosé de Ribarteme conxúganse as tradicións galegas máis enxebres. Votos e promesas representan a calidade humana de todos os que durante cinco séculos, de diversas formas e posibilidades, ofrecen o mellor de si na romaría de cada ano. As festas duran tres días, é dicir, os días 28, 29 e 30, pero o día grande, o de maior fervor, é o 29.

gran ración de polbo quentiño, con pementón e un chorro de aceite de oliva, unhas patacas cultivadas na terra, máis un bo vaso de viño, sen química, non só fortalece a saúde senón que é un imán para que todo turista que entra a navegar en Internet saiba das virtudes e marabillas da gastronomía galega, das súas populares feiras e festas, e do turismo máis natural e humano do mundo. Aínda que nos visitan e desfrutan das nosas grandes virtudes xentes de moitas partes do mundo, é un deber informativo facer chegar a todos os continentes a noticia de que todo o que asiste á romaría de Santa Marta de Ribarteme repite. Non é demagoxia, é unha divina realidade. Só hai que comprobalo. Entrade nas páxinas sociais.

O

Os salvados da traxedia por Santa Marta (irmá de Lázaro), despois de participar na santa misa, desfilan en procesión dentro duns cadaleitos, algúns andando, vestidos coas suas túnicas, bastón e vela acendida, con tanta devoción que só miralos pon a carne de galiña. Mentras repican insistentemente as campás, e dan varias voltas á igrexa e aos lugares habituales, a rúa que vai da igrexa ao cemiterio atéigase con milleiros de romeiros que lle cantan á santa “virxe Santa Marta, estrela do norte, traémosche ós que viron a morte”. Conmove ata o calafrío. E

un escenario tan fermoso, tan divino, e tan máxico, que engancha ata facer repetir a experiencia a todo visitante ou turista. E unha romaría única e inolvidable. O carácter aberto, próximo, ameno e afectuoso de todos os miñotos fai posible que os forasteros, os “de fóra”, se sintan como na súa casa. Cada prato, menú, tapa ou aperitivo que saborean representan o carisma e a idiosincrasia dunha terra e dunhas xentes marabillosas. Vivir a romaría de Santa Marta de Ribarteme é desfrutar da paisaxe, gastronomía, relixiosidade, mundo e personalidade, cun magnífico abano de festas e a cautivadora música das gaitas e máis

40 años al servicio de nuestros clientes y amigos degustando la mejor cocina gallega

de dúas bandas de música que amenizan os actos relixiosos e as verbenas desta romaría. A suave temperatura do Baixo Miño fai aínda máis agradable desfrutar da misa solemne ofrecida polo párroco don Alfonso, da procesión de ida e volta ao cemiterio, do repique das campás e a degustación dunha

Despois de ver a web do Concello de AS NEVES é imposible rexeitar o convite: “Santa Marta de Ribarteme. El municipio de As Neves celebra numerosas fiestas y romerías, algunas de gran originalidad como la de San Mamede en Monte San Nemedio con presentación de las cruces de diferentes parroquias. Pero sin duda la más popular y multitudinaria es la de Santa Marta de Ribarteme. Esta romería se celebra el 29 de julio en torno a la iglesia de San Xosé de Ribaterme, templo en el que venera a Santa Marta, con una de las procesiones de mortajas más importantes de Galicia. Durante la procesión, que da varias vueltas al templo, los ofrecidos que estuvieron al borde de la muerte van en el interior de los ataúdes mientras los demás peregrinos entonan canciones relativas a la virgen y a su poderes de curación”.


Xullo de 2013 - CONDADO

11


12

CONDADO - Xullo de 2013

Antonio Méndez, Xerente de Adegas Cotorredondo (Rubiós-As Neves)

“Existe unha certa “rioxite” que estamos vencendo” Traballador da hostalería en Madrid, no seu día, Antonio decide voltar á Terra e poñerse á fronte dun proxecto que, anos antes, xa tiveran no maxín algúns viticultores artesáns. Daquela non fora posible, logo anos máis tarde, cando Antonio “desembarca” en Rubiós decidido a retomar aquela vella idea, si é posible. Nestes momentos a Adega Cotorredondo de Rubiós é unha das emblemáticas de toda a Denominación

de Orixe “Rias Baixas”. Nos últimos anos ten recollido un montón de premios tanto a nivel galego coma estatal e ainda internacional. Os seus viños tintos (respectando a xa tradicional fama do “viño tinto de Rubiós”) segue marcando unha pauta importante entre todos os

tintos que se elaboran nesta Denominación de Orixe “Rias Baixas”. Os brancos rompen todos os esquemas en canto a distincións e premios conquistados. Neste mes de xullo, os días 26 e 27, celébrase en As Neves a Festa do Viño Tinto “Rías Baixas”.

Por Guillermo Rguez. Fdez. Falamos con Antonio Méndez para que non asulague neste mar de tinto e branco que hai nas adegas que el preside. -Antonio, dende o teu traballo na capital do Estado ves a Rubiós e poste á fronte dunha ADEGA cooperativa. Por que? -Era unha nostalxia de toda a miña vida colaborar con algo disto. Esa é a razón principal. -Non resultaba complicado poñer en marcha unha adega cooperativa por aquelas datas? -Era complicado daquela, hoxe sería inviable. O ideal tiña sido hai trinta anos cando o intentamos dunha maneira moi forte. A propia ADEGA ten outra sociedade que é unha empresa de servizos agrícolas. Para facer os traballos de campo da Adega que se denomina “Servicios Agricolas San Juan de Rubiós, SLU”. Seu capital, ao 100%, é da Adega. -Todo este entramado de empresas é fácilmente xestionable? -Pois afortunadamente ata este momento non tivemos grandes problemas, a non ser os propios de calquera empresa composta por 102 socios. Nestes momentos non o sei (esta entrevista fíxose no dia anterior á Asemblea de socios da Cooperativa) porque o momento económico é complicado; hai viticultores que non teñen a uva ao corriente nos pagos; cecais teñen que esperar un pouco máis de tempo por iso entendo que o ambiente estea un pouco máis enrarecido. -Estás a falar de que os socios que aportaron a súa uva á Cooperativa non a cobran en tempo

prudencial, non si? -Nestes momentos non sei se existirá algunha ADEGA que teña estas cousas ao día, pero non é un problema exclusivo desta Adega, é de toda as Rías Baixas e do resto do Estado. No caso Rías Baixas o problema xorde cando en 2011 se permitiu vender máis uva da que realmente podemos xestionar. Tíñase que deixar de vendimiar alomenos o 50% da uva. Aquel acordo de vendimiar toda a produción fíxolle moito dano aos viticultores, ás adegas e á D.O. en xeral. -Queres dicir que o aumento desmesurado de produción non foi acompañado pola venda en exportación, por exemplo?

-Tamén, pero sobre todo porque para axudar aos viticultores compróuselle o dobre da capacidade de venda de cada quen. O resultado xa é de sobra coñecido: as adegas disponen dun stok de viño que se está a vender por debaixo do seu custe só para xerar liquidez. Isto pasoulle a todo o sector do viño, non foi só en Rías Baixas. -Esta situación que describes fíxose individualmente ou foi o órgano de goberno da ADEGA? -Ben; como o seu nome indica, o Consello Regulador regula; pódese chegar aos 12.500 kg. /hectárea, en albariño; aquel ano fíxose un aumento de produción extra que non foi acertado


13

Xullo de 2013 - CONDADO

; agora pretendese facer unhas producións moi axustadas ao que se vende e non superar máis dun cinco ou dez por cento. Debemos ir a unha produción axeitada ás vendas e aumentar a calidade; hoxe existe unha competencia e unha calidade de viños impresionante. -Din que os viños de anos son mellores que os da última añada, é iso certo? -Os viños brancos Rías Baixas poden estar en botella catro ou cinco anos e nalgúns casos mellor que cando son da añada última. O que pasa é que o mercado esixe que os brancos sexan do ano anterior como moito. Isto fai que non sexas quen de vender as colleitas atrasadas a non ser que o fagas pola metade do prezo ou regalado. É unha cultura do viño que non podemos cambiar dun ano para outro. O viño é un produto perecedeiro; en botella aguanta pero en depósito ten menor vida, logo é moi difícil atopar unha empresa que poida soportar unha stockaxe forte; sen ir moi lonxe, na Rioxa están a perder uns dez eurospor botella en grandes reservas para darlle saída. Ou o regalan, ou tiran grandes reservas; non é fácil xestionar ese problema. -Podes estar tranquilo de que os

cooperativistas non che van “mostrar os dentes” na próxima asamblea? -Eu non lle teño a culpa do que está pasando; digamos que donos somos todos os cooperativistas, se ten uva para cobrar el tamén forma parte da bodega. Preocúpame máis mellorar a calidade e seguir sendo unha ADEGA de referencia como somos nestes momentos na D. O. Rías Baixas. No Condado Branco e Albariño temos os premios máis importantes que se poden conseguir a nivel galego, estatal e ainda internacional. Ademais temos a fortuna de que na D.O. “Rías Baixas” temos sete tintos: un monovarietal sousón, un monovarietal mencía, o condado tinto de toda a vida, un condado tinto maceración, un pedral e agora temos un espumoso tinto máis recoñecido en todas as Rías Baixas; outro espumoso para ir a concursos exteriores dunha liña moi alta, etc. O que temos que conseguir, ademais de que a empresa sexa rentable, é que poidamos cobrar a uva a tempo é que todos sigamos a mesma liña de calidade. Traballando todos unidos finalmente colleitaremos os froitos. -Vés de anunciar unha serie de premios conseguidos en pouco tempo de existencia. Cal é o se-

gredo para chegar a ese nivel fronte a outras adegas máis veteranas? -O segredo é un equipo formidable de persoas traballando na sociedade; aquí o que menos conta son eu, teño que dicilo. Temos un enólogo exterior moi bo; temos un adegueiro do mellor de todas as Rías Baixas que é socio da Adega (Paco, Francisco Arenas); unha rapaza en exportación, Natalia, que é punta do que pode ter unha adega na D.O. Rias Baixas, que viaxa ao extranxeiro, que asiste a feiras; logo a persoa que leva a contabilidade tamén é socia da Adega, unha persoa da máxima fiabilidade que non escatima esforzos; logo no campo temos trasballadores que son socios da adega,… Xa che digo, temos un equipo de traballo do mellor; se por enriba estiveran dirixidos por un bo Xerente xa sería o máximo. -Canta xente traballa nesta adega? -Nestes momentos entre 12 e 14 persoas. Penso que deberiamos estar contentos porque unha empresa de nova creación xerara 14 postos de traballo da mesma parroquia de Rubiós, porque os traballadores son todos de aquí. Logo estamos na mellor sub-zona da D.O. Rías Baixas. Traballando con rigor, facendo as cousas ben en campo, elaborando ben enoloxicamente como está preparada esta adega teriamos que ser moi malos para facer as cousas mal. -Vos tedes un sistema de aluguer de viñas de persoas alleas á Cooperativa, non si? -Para ter uva propia e para facer unhas determinadas producións e non ter que depender do viticultor ese sistema faise necesario. Por exemplo, a mencía é toda produ-

Antonio, o xerente, mostrando os viños de Manuel de Amaro, viticutor de Rubiós; aos 76 anos segue en activo. Exposición dos seus viños: Pedral, Sousón e albariño.

ción da propia adega, o que fai que nos axustemos á produción desta uva por hectárea en 4.500 kg./ha. Polo que conseguimos grao e medio de azucre máis que calquera viticultor da zona. Esa produción tena controlada a adega; non me importa que nos chamen tolos por tirar tantos cachos ao chan agora ao remate da floración, porque temos claro o que queremos. Pouca cantidade e moita calidade. Logo nas fincas que están sub-arrendadas e que xa estaban en produción o que se lles está dando ao viticultor é un 20% da produción, ben en uva ou en cartos a prezo de mercado, o 20% do que produzan esas fincas. A Adega ten 25 hectáreas en aluguer a máis de 25 anos, que son, prácticamente, prantacións novas de menos de seis anos, o que nos leva a que esta Adega dentro de cinco ou seis anos debera ter unha produción de máis de 300.000 kg. de uva propia. Nestes momentos andamos nos 150.000 kg. -Cal é, logo, a adega de maior produción dentro da D.O. Rías Baixas? -As tres adegas de maior produción en litros de viño deben ser Martín Códax, Conde de Albarey e Paco e Lola. Nós producimos con “Señorío de Rubiós” o 90% do viño tinto da D.O. Rías Baixas. -Estamos ás portas de celebrar a “Festa do Viño Tinto Rías Baixas” antes coñecida como “Festa do Viño Tinto de Rubiós”; como permitiches que che cambiaran o nome da Feira? -Digamos que a anterior Festa do Tinto de Rubiós corría a cargo do Concello prácticamente. Eu convencín ao Alcalde e a algúns membros do Concello para que o nome


14

CONDADO - Xullo de 2013

fora Festa do Viño Tinto Rías Baixas; así cortamos a opción dalgún outro Concello forte que pretendía saír con ese nome de Tinto Rías Baixas. Deste xeito agora xa non se pode inventar unha Festa do Viño Tinto Rías Baixas en ningún Concello desta demarcación. Claro que a moitos socios desta Adega non lles gustou a idea porque padecemos en exceso localismo, pero creo que saímos gañando a nivel Concello con localizar aquí esta Festa do Viño Tinto Rías Baixas.

moi importante no sector. -Como chegastes a esa inversión desafortunada? -Non foi desafortunado. A xente pensa que exportar é moi fácil; exportar para unha empresa significa invertir diñeiro cun retorno moi tarde, se ten retorno. Tanto en Londres como en Xapón levamos invertido bastante diñeiro e dun retorno moi lento. Podes invertir 15 ou 20 mil euros nunha nación e chegarche o primeiro pedido os catro ou cinco anos. Sementar para máis tarde recoller; o problema é a mentalidade

-Sabes que nestes momentos falabae de poñerlle un imposto ao viño, considerándoo coma un alcool máis; que opinión che merece isto? -Se nestes momentos ao sector do viño lle meten un imposto como alcohol sería o fracaso total e absoluto deste sector. Con ese imposto o prezo subiría cecais un 50% e seria só para os previlexiados. Haberia que cortar millóns de plantes de uvas en todo o mundo; suporia a

-Cal é a producción de viño tinto D.O. Rías Baixas? -Producimos arredor dos 150.000 litros, que vén sendo, como xa dixen, o 90% do total. No ano 2011 producimos 225.000 litros.

-Explícame isto: eu pido nesta zona tinto Rubiós e dinme que non o traballan. Que pasa? -Nós atopámonos cunhas barreiras moi grandes. Houbo nesta zona unha inspección de Sanidade e botaronlle a culpa á adega de Rubiós. Iso é totalmente falso. Na zona estanse vendendo viños caseiros que nalgúns casos nin sequera son desta zona e a uns prezos tirados. A xente non está acostumada a pagar os prezos de viños con denominación de orixe, ainda que nós fagamos tódolos esforzos para achegar prezos.

-Todos eses litros están na Adega ao andan polo mundo adiante? -Están sobre todo en Galicia; agora abrimos para tintos en México e algo por España adiante, ainda que os tintos da D.O. onde máis se venden é en Galicia. -Por onde vendedes os vosos viños? -Os tintos, en Galicia; logo brancos a nivel de Estado en Asturias, Madrid, Bilbao e Levante eCataluña bastante ben. A nivel exportación estamos en 14 países pero onde máis estamos vendendo en número de botellas é, por esta orde, en EE UU, Suiza, Finlandia e Canadá. -Que pasa con China, Rusia ou Xapón? -Nós levamos invertidos máis de 18.000 euros en China e, de momento, estamos esperando un pedido e que nolo paguen, para mandalo. De momento o que se fixo foi invertir. Rusia non é o que a xente pensa; alí entran moitos viños de importación pero moi baratos. Invertir na promoción dos viños no exterior non é cousa fácil. Significa invertir diñeiro esperando un retorno que non sempre se dá. Por exemplo, logo de invertir 18.000 euros en China durante cinco anos recibimos un pedido agora, que non sabemos se vai sair porque se non está pagado non sae da Adega. O mesmo pasa con Londres ou Xapón.

porciona uva a esta adega teño que dicir que só podemos estarlle agradecidos infinitamente, polo apoio que nos prestou dende os comenzos do proxecto, cando eramos Feira do Viño Tinto de Rubiós e agora coa nova denominación. Hai outra faceta do Sr. Alcalde que consiste en que alí onde vai non só defende esta adega e os seus viños, senón toda esta subzona do Condado. Primeiro bebe o viño de Rubiós; se non o hai bebe un viño desta subzona do Condado e se non pide un viño da Rías Baixas. Para el o Condado está por enriba de todo. É un defensor nato dos viños con D. orixe e nós sempre contamos co respaldo total do Concello das Neves.

que temos no medio rural que estas cousas non se entenden moi ben, pénsase que é un diñeiro mal gastado. Pero hai máis. Podes ter invertido en varios países, visitalos unha e outra vez, gastar moitos cartos en feiras e visitas e non lograr nada. Tes que mandar mostras continuamente; para que te fagas unha idea direiche que mandar a EEUU tres botellas de viño como mostra pode valer 200 euros. Nós ao final de cada ano posiblemente gastemos máis de oito ou dez mil euros en mostras que mandamos a diferentes países. Nestes momentos que atravesamos se nós non estiveramos xa implantados nas grandes areas comerciais esta adega posiblemente non tería saída. O viño en restauración está moi mal. As distribuidoras teñen dificultades para cobrar e moitas dificultades para pagar nestes momentos hai un desplome de prezos

desaparición de millóns de postos de traballo en toda Europa e no reto do mundo. -Que comentario che pide esas consideracións das autoridades europeas? -Eu interpreto as decisións que poida tomar a Comunidade Europea como se o fai algún ministro español de turno é resultado da súa ignorancia sobre o sector. Están encerrados nun despacho e só coñecen o viño cando llo sirven na mesa que, na maioría dos casos nen sequera o pagan. Hai millóns de viticultores que se verian afectados; seria un caos total e absoluto. -Como podemos cualificar a resposta do Concello das Neves esta Feira do Viño Tinto Rías Baixas? -Eu, un pouco como pioneiro desta Festa e, podemos dicir, en representación dos viticultores que pro-

-Pero cando pido un mencía ofrécenmo da Ribeira Sacra ou de Valdeorras pero din que daquí non teñen mencía, por que? -Digamos que nesta zona existía unha certa “rioxite”. Afortunadamente nós estamos incrementando un 20% anual axxs nosas ventas de viño tinto na zona; hai bares e restaurantes que o teñen obrigados polos propios clientes e tamén hai xente que lle ten moito medo á acidez do viño; o noso viño Señorío de Rubiós ten unha acidez semellante á de calquera viño da Rioxa. O que pasa é que nestes momenos están comprando viño da rioxa a metade de prezo, logo poñen as súas razóns para non dispor do noso viño. -Grazas, Antonio. Deséxovos que a Festa do viño tinto Rías Baixas das Neves 2013 sexa un éxito total.


15

Xullo de 2013 - CONDADO

Google achégase ao galego

Sabías que... Manuel Rosende

t

eñen en común os SONS? Referímonos aos topónimos que teñen este elemento na súa forma. O máis coñecido é o que dá nome á vila e municipio coruñés de Porto do Son. Os lugares chamados “Son” fan referencia ao barullo da auga do mar nunha cova ou ao ruído do vento no mon-

M.R.

“google drive” é un servizo de google para o almacenamento de documentos on line e acaba de saltar á palestra informativa por incorporar 18 novas linguas ás súas versións, entre as que está a galega. Existe unha forte demanda por parte dos usuarios para que esta empresa ofreza os seus servizos en galego e mesmo se iniciaron campañas para que o Blogger, Google Chrome, Gmail, etc se presenten tamén na lingua de Rosalía. De momento, Google tivo a ben engadir a versión galaica nesta aplicación de almacenamento de documentos.

O

Google Drive está agora dispoñible en 65 linguas e non só traduciu os “menús” senón que ao editar calquera documento de ofimática temos a opción de aplicarlle un corrector ortográfico ou facer traducións automáticas entre linguas. Esta aplicación está a medrar en número de usuarios porque ademais de almacenaxe ofrece a posibilidade de compartir entre usuarios os mesmos documentos, facer edicións conxuntas e incorporar outras aplicacións desta casa, como as do correo electrónico ou da edición e difusión de fotografías. Para comezar a traballar con esta aplicación en galego non temos máis que acceder a el no noso computador, clicar primeiro sobre a icona de “configuración” e logo sobre a da nosa lingua. Alí tamén poderemos ver outras opcións idiomáticas, entre as que agora tamén se atopa o euskera, o islandés ou o español de lationamérica.

Manuel Rosende RAG (Real Academia Galega) decidiu dedicarle o día das Letras Galegas do vindeiro ano ao autor de Nimbos, Xosé María Díaz Castro. Nado en Guitiriz en 1914 foi deixando textos da súa autoría en distintos xornais e revistas, non sería ata

A

te. Así Porto do Son parte dun topónimo anterior (Son) relacionado coa cova do Fonforrón. En Navia de Suarna temos unha parroquia montañesa con este nome e en Cee un monte da beiramar chamado así. Agora cando esteas nestes lugares haste de acordar de oír o vento ou o mar.

o

“wordpress” xa está dispoñible en galego? Trátase dun soporte de software libre para a creación de blogues. A súa xestión é moi doada, pouco máis que a dun correo electrónico. Agora tamén posúe a opción de manter o seu aspecto exterior en lingua galega. Dos contidos xa se encarga cada usuario. Outros soportes como o de Google (blogspot) aínda teñen camiño que andar para estar á altura e ser capaces de ofrecer este servizo en lingua galega.

1961 cando Galaxia publique a súa única obra, Nimbos, que o erexiu coma un dos autores cumio da lírica moderna. Díaz Castro foi un deses alumnos do Seminario de Mondoñedo que engancharon nas letras galegas para expresar todas as inquedanzas do ser humano nunha época na que había que ver, oír e… calar. Así foi como o seu poema “Penélope” callou con tanta forza na literatura galega. Díaz Castro dominaba máis de doce linguas polo que foi un prolífico tradutor e persoa cultísima que

a

s datas das feiras tamén pasaron aos topónimos? Así temos O Trece na Baña ou o Vinte en Oza dos Ríos (agora Cesuras-Oza) Partirían dun sintagma como “Feria do…” que se perdería quedando o número como identificativo do lugar en que se celebra a feira. Algunhas mantéñense como a do Trece de Sedes (Narón) pero outras perdéronse aínda que quedan no recordo que transmite o topónimo. Outros números tamén se colaron nos nomes de lugar como o que sinalaba a ubicación nunha rúa dunha taberna, así o Corenta e Dous (Santiago) ou O Vinteoito (Carballo) Botaras algunha vez estas contas?

a

facenda é cousa de todos? De todos os que “facemos” algo pero tamén fai referencia a un establecemento rural ou conxunto de bens que posúe unha persoa. Da que máis se ten falado nos últimos meses é na do “Estado” que é a que administra o diñeiro público. Deriva de facer (FACERE) e desde moi pronto explotouse nos seus derivados para determinar aquelo relacionado co traballo ou coas posesións.

deixou pegada en autores posteriores. Así é que se multiplican as accións de recoñecemento. A día de hoxe o centro de ensino secundaria de Guitiriz leva o seu nome, en 1973 xa fora nomeado correspondente na RAG e o ano que vén, cadrando co centenario do seu nacemento, será o protagonista do Día das Letras Galegas. Nos próximos meses, de seguro, teremos máis novas sobre aquel paso adiante e outro atrás que para sempre figura no acervo cultural galego grazas ao virtuosismo lírico de Díaz Castro.


16

CULTURA - Xullo de 2013

BUEU VIGO


Xullo de 2013 - CONDADO

A vila do Tea “vístese” de música durante o mes de xullo

17


18

BAIXO MIÑO - Xullo de 2013

A Xunta homenaxea a Alimentación Alonso, de Tui, en recoñecemento aos seus máis de 120 anos de existencia delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presidiu na mañá do pasado sábado 22 de xuño o acto de entrega do diploma conmemorativo ao establecemento “Alimentación Alonso” de Tui, distintivo co que se premia aos comercios máis lonxevos de cada centro comercial aberto de Galicia. O responsable autonómico destacou os 622.000 euros destinados dende a Consellería de Economía e Industria ao comercio local deste municipio dende 2009.

O

Cores Tourís estivo acompañado nesta homenaxe polo alcalde da localidade, Moisés Rodríguez, e o xefe territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra, Ignacio Rial. Esta actividade enmárcase dentro da campaña “A semana do teu comercio: unha semana, un comercio, unha historia”, posta en marcha pola Consellería de Economía e Industria para realzar o papel das asociacións comerciais. O delegado territorial aproveitou esta ocasión para resaltar a labor desenvolvida polos centros comerciais abertos (CCA), e en concreto, o traballo do ACITUI Centro Comercial Aberto, como “elemento fun-

A iniciativa enmárcase na campaña “A semana do teu comercio”, da Consellería de Economía e Industria para realzar o papel das asociacións comerciais

Comezou como tenda de ultramarinos e venda de viño, ampliándose logo como estanco de tabaco. “De feito”, explicou o rexedor, “na súa adega había unha tasca chamada Casino Obrero, onde se requiría estar inscrito para poder entrar. Para acompañar ao viño poñíase unha tapa de bacallau groso. Coa Guerra Civil, a tasca viuse obrigada a pechar”.

damental” para dinamizar o comercio nos distintos barrios das vilas e cidades da provincia e, en consecuencia, contribuír á reactivación económica das diferentes localidades pontevedresas “como está a ocorrer no caso da localidade que hoxe visitamos”.

120 anos adaptándose aos tempos Esta iniciativa presta especial atención ao negocio comercial máis lonxevo e con máis tradición de cada centro, como é o caso do establecemento Alimentación Alonso, fundado en 1890. “A actividade deste comercio comezou hai máis de 120

A Fábrica de Tui FS Cadete adestrará a próxima tempada no novo pavillón de deportes Adestrar no novo pavillón de Tui é un premio polos bos resultados acadados salón de sesións da Casa do Concello de Tui foi o escenario onde se celebrou a recepción aos xogadores e adestrador do equipo A Fábrica de Tui FS Cadete, que na súa primeira temporada galou a Copa e foi subcampión da Liga Cadete. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, xunto ao concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo e o edil de Formación e Emprego, José Ángel Villaverde, foron os responsables de recibir aos deportistas nun acto no que estiveron tamén as súas familias.

Na actualidade rexenta a tenda un dos fillos da señora María, Esteban Alonso, axudado polos seus sobriños Lucía e Ricardo, que son xa a cuarta xeración. “Na actualidade segue a manter o prestixio acadado ao longo da súa existencia, tanto pola calidade dos seus produtos, especialmente o bacallau, como pola boa atención aos seus clientes”, rematou Rodríguez.

A nutricionista Ana Fariña fala sobre alimentación e actividade física saudable O programa “Eurocidade Tui-Valença Xuño Activo” contou o pasado 25 de xuño coa nutricionista e dietista Ana Fariña, quen expuxo a necesidade de combinar actividade física e alimentación no día a día, na conferencia “Alimentación e actividade física saudable”.

O

O concelleiro de Deporte, Nicolás Lorenzo, felicitou ao adestrador, Javier Reboreda, e aos pais polo éxito conseguido, e agradeceu o apoio de La Fábrica de Tui a este e-

anos e ao longo destes anos foi adaptándose aos tempos”, explicou o alcalde da localidade. Foi fundada por Emilia García Domínguez, e atópase situada na praza Calvo Sotelo, coñecida antes como Praza da Verdura, a carón da porta da Pía, entrada principal á zona monumental de Tui. “Esa foi a razón pola que sempre foi coñecida como a tenda de Emilia da Praza”, engadiu Moisés Rodriguez.

quipo. O edil amosou amais a súa satisfacción polo feito de ter conseguido crear unha canteira de fútbol sala en Tui. Avanzou que o equipo a próxima semana poderá realizar os seus adestramentos e partidos no novo pavillón de deportes de Tui, xa que ata o de agora empregaban o pavillón do IES San Paio. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, sinalou que poder adestrar no novo

pavillón de Tui é un premio polos bos resultados acadados. Tomou tamén a palabra adestrador Javier Reboreda, que agradeceu ao Concello o recibimento e a colaboración que lles están brindando. Tamén destacaba que “non se pode pedir máis” logo de terse proclamado campións da Copa e subcampións da Liga. Expuxo tamén o seu agradecemento a pais e nais pola súa colaboración.

A nutricionista Ana Fariña describiu como debe ser unha alimentación saudable nas diferentes etapas da vida. Tamén abordou os tratamentos dietéticos nas diferentes patoloxías. Ademais, destacou a importancia de combinar dieta e actividade física e comentou o problema da obesidade infantil.


Xullo de 2013 - BAIXO

19

MIÑO

Escolares da India responden ao intercambio de cartas, debuxos e vídeos de nenos e nenas tomiñeses

O proxecto tenta dar a coñecer a cultura galega en Asia e viceversa, así como crear lazos de amizade entre os nenos e nenas dun país e outro entro do proxecto intercultural e de cooperación impulsado polo Concello de Tomiño a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), coa ONG “WeCan Kindersley” (www.wecanworld.org) de Jaipur (India), vén de completarse o intercambio de cartas, debuxos, fotografías e vídeos entre nenos e nenas do país asiático e outros de Tomiño.

D

Voluntarias europeas A iniciativa é coordinada polas dúas voluntarias europeas que están colaborando coa OMIX no marco do programa do Servizo de Voluntariado Europeo, Iwona Domaszczynska e Marín Vomm, que montaron unha exposición cos traballos recibidos de India e que poden verse a partir de hoxe (25 de xuño) nos locais da OMIX (Campo da Feira, s/n).

As ideas plasmadas nos traballos dos escolares intentan dar a coñecer as tradicións, costumes, idioma, etc. da rexión. Destacan algúns traballos pola súa orixinalidade, vivo colorido e alegría nas caras dos nenos e nenas nas fotos enviadas a través da ONG “WeCan Kindersley” que traballa en Jaipur (Rajasthan, India) con poboación infantil en programas de educación. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, salientou a importancia

Inauguran nun emotivo acto a antiga escola indiana “Unión del Porvenir” Concello de Tomiño inaugurou o pasado venres 28 de xuño as obras de reforma e ampliación do edificio da antiga Escola Unión del Porvenir, situada entre as parroquias de Piñeiro e Taborda. Despois de trinta e cinco anos

O

de abandono, a reinauguración fíxose coincidir co 82 aniversario da primeira inauguración do edificio, o 28 de xuño de 1931. O obxectivo do Concello foi recuperar este emblemático edificio, construído con

fondos procedentes da emigración, para uso e disfrute dos veciños e veciñas, colectivos e asociacións de carácter veciñal e cultural das parroquias de Piñeiro e Taborda. “Vocación socorrista” O acto honrou a memoria daquel grupo de emigrantes de principio do século pasado que, dende Nova York ou Bos Aires, quixo que os seus compatriotas tiveran un futuro mellor, e para iso, aforraron cartos durante trece anos e fundaron a “Unión del Porvenir”, unha sociedade con “vocación socorrista” (segundo rezaban os estatutos), que foi es-

desta inciativa, capaz de “dar a coñecer a nosa cultura, descubrir as doutros países, e ao mesmo tempo crear lazos entre os nosos nenos e nenas e os doutros continentes, nun mundo no que a globalización é cada vez maior”.

cola para moitos nenos e nenas daquela época; centro social e,incluso, cuartel das milicias franquistas. Pero dende hai máis de 30 anos o edificio caeu no abandono baixo a mirada indiferente dos veciños. Imaxes para a lembranza Centos de veciños acudiron ao acto organizado polo Concello. Entre eles, moitos antigos alumnos e usuarios que coñeceran o edificio nos seus momentos de esplendor. Un emotivo audiovisual recolleu as lembranzas dos tempos nos que ir á escola era toda unha aventura.

Agradecementos A alcaldesa, Sandra González Álvarez, agradeceu o traballo de todas as persoas e empresas que colaboraron na recuperación do edificio, con especial mención ao Obradoiro de Emprego que fixo a meirande parte das obras, arquitectos, obreiros, membros das asociacións veciñais das dúas parroquias, etc.


20

LOURIÑA - Xullo de 2013

O Concello de Porriño estuda elevar ata 3.000 euros a subvención a emprendedores Esta nova bonificación municipal foi solicitada na súa primeira convocatoria por 42 persoas que puxeron en marcha o seu proxecto empresarial en Porriño n total de 42 solicitudes foron as presentadas para optar ás subvencións ofertadas polo Concello de Porriño destinadas a emprendedores que puxeron en marcha o seu negocio en 2012 e que ascenden a 1.500 euros por proxecto.

U

A intención do Concello agora é aumentar a cuantía desta subven-

ción a emprendedores chegando ata a dobrala (3.000 euros) co obxectivo de xerar emprego e do crecemento económico do municipio, fomentando a constitución de entidades como unha saída á situación de desemprego. Ademais, para unha maior axuda e cooperación con aquelas persoas que queiran poñer en marcha o seu proxecto empresarial, desde Porremprego, a maiores do asesoramiento individualizado, realizaranse accións formativas centradas na creación e xestión de empresas, a través das cales abordaranse diferentes aspectos desde a xeración da idea empresarial, ao control de xestión, pasando polas habilidades do emprendedor, recursos humanos, comercio internacional, contabilidad, finanzas, marketing, comercial, xestión administrati-

va, prevención e igualdade; os participantes terán a oportunidade de desenvolver o seu propio plan de empresa, analizando a súa viabilidad técnica, comercial, económica e financeira. “Emprender é vencer” M. Alejandro Lorenzo, concelleiro de Emprego e Formación, anuncia o

Manuel Sánchez Díaz, reelixido como responsábel local do BNG de Porriño

A asemblea local do BNG no Porriño reelixiu por unanimidadea o actual responsábel da fronte na localidade, Manuel Sánchez Díaz, para continuar no cargo. A dirección do BNG no Porriño pasa a estruturarse en tres grandes áreas: organización e finanzas, política municipal e comunica-

inicio en breve do curso "Emprender é vencer" e tamén dunha nova edición do premio Antonio Palacios á Innovación cuxo obxectivo é impulsar a creación de empresas que incorporen ideas innovadoras en procesos, produtos, sistemas ou servizos capaces de contribuír á xeración de riqueza e emprego de calidade no municipio, outorgándose tres premios de 3.000, 1.500 e 1.000 euros e un junior de ata 1.000 euros. 39 proxectos empresariais en 2013, 9 este mes de xuño Asesoramiento integral, apoio na elaboración do proxecto empresarial, información das liñas de financiamiento aplicables ao proxecto e axuda na tramitación e constitución da empresa son algunhas das funcións do Servizo de Asesoramento a Emprendedores do Concello de Porriño levado a cabo por Porremprego de xeito gratuita.

O BNG solicita que a bandeira gai ondee no Concello do Porriño

ción e alternativas políticas e formación. A intención da nova dirección é fomentar a participación de militantes e simpatizantes na vida diaria da organización, polo que os consellos locais serán abertos. “Buscamos unha nova forma de organizar o traballo político, máis horizontal, e que axude a achegar novas persoas ao noso proxecto nacionalista e de esquerdas”, afirmou o responsábel local do Bloque.

O BNG presentou no rexistro do Concello do Porriño un escrito dirixido ao Alcalde Nelson Santos, no que se solicitaba que a bandeira multicolor empregada como símbolo do colectivo LGTB (lesbianas, gais, transexuais e bisexuais) ondease na casa consistorial durante a celebración, o 28 de xuño, do día do orgullo gai, como mostra de apoio á loita social que reivindica a dignidade e a igualdade das persoas.

Manuel Sánchez fixo tamén mención ás imputacións xudiciais de Nelson Santos e Jose Manuel Jacobo. “Mentiron á cidadanía ao afirmar que non estaban imputados e seguen sen asumir responsabilidades políticas ante este suposto caso de corrupción. Santos e Jacobo só pretenden salvar a súa cabeza e non lles importa sacrificar o interese xeral”, concluíu o responsábel local do Bloque.

O Bloque presentou tamén unha moción no rexistro solicitando o acordo do Pleno da Corporación para comprometer ao Concello do Porriño a contribuír na integración e na normalización da comunidade LGBT, e garantir o dereito de todas as persoas a seren tratadas con respecto independentemente da súa orientación ou identidade sexual.


21

Xullo de 2013 - LOURIÑA

O Club Ximnasia Porriño consegue subir varias veces ao podio no seu V Torneo O club porriñés alzouse con varios premios a nivel individual e de grupo nunha competición que reuniu a máis de 450 participantes de 21 equipos de toda Galicia s integrantes do Club Ximnasia Porriño subiron varias veces ao podio o pasado sábado 22 de xuño na celebración do V Torneo Club Ximnasia Porriño. Os porriñeses alzáronse con diferentes premios, a nivel individual e de grupo, nunha competición que reuniu a máis de 450 participantes de 21 equipos de toda Galicia e que encheu de asistentes o polideportivo municipal.

O

Triunfos en varias modalidades Os triunfos do Club Ximnasia Porriño foron en diversas modalidades. Así, en promoción individual, María Sánchez alzouse coa prata en categoría cadete e en senior Miriam Fernández e Rebeca Román conseguiron o segundo e terceiro posto, respectivamente; e na modalidade escolar individual, en categoría chupetín, Galicia Rodríguez quedou terceira clasificada.

Xa na modalidade de conxuntos, en promoción, o Club Ximnasia Porriño A conseguiu o ouro na categoría senior; e en escolar os porriñeses volveron conquistar o primeiro posto en chupetín e benxamín; en alevín o ouro foi para o grupo A e o bronce para o equipo B, en infantil o Club Ximnasia Porriño A conseguiu ser primeiro e en senior tamén o club porriñés alzouse co ouro.

Estudantes porriñeses reciben información sobre seguridade vial e consumo de drogas

O alumnado de terceiro e cuarto curso da ISO do IES Pino Manso recibiu unha sesión informativa sobre seguridade vial e prevención de hábitos nocivos impartida polos axentes da Policía Local Daniel Rodríguez e Javier Rodríguez e a directora do Centro de Drogodependencias de Porriño, Flora Quintas. Tantos os 120 estudantes, de entre 14 e 17 anos, que asistiron á sesión como o profesorado aplaudiron a iniciativa organizada polo Concello.


22

LOURIÑA - Xullo de 2013

SOS Porriño recada 1.000 litros de leite coa súa campaña ‘Pintemos sorrisos brancos’ aixo o lema "Pintemos sorrisos brancos", SOS Porriño puxo en marcha unha campaña para recadar leite nos diferentes colexios do municipio. "Tratouse de que un día puntual, o pasado venres 14 de xuño os escolares dos diferentes centros educativos trouxesen un litro de leite para colaborar con SOS Porriño", explica o alcalde Nelson Santos. O rexedor local, a concelleira de Benestar Social, Teresa Veloso, e todo o grupo de voluntarios de SOS Porriño agradecen enormemente a colaboración dos colexios e o xesto dos máis novos e das súas familias que deixaron patente a súa solidariedade e apoio ás persoas máis necesitadas da súa contorna, "pois a campaña resultou un gran éxito ao alcanzar os

B

O alcalde, Nelson Santos, e a concelleira de Benestar Social, Teresa Veloso, agradecen enormemente esta colaboración dos colexios e o xesto solidario de todos os escolares e as súas familias 1.000 bricks de leite, e tendo en conta que cun litro se garanten catro almorzos esta iniciativa supoñerá asegurar a primeira comida do día de moita xente, sobre todo nenos", subliña Veloso. 300 familias beneficiarias Estes alimentos igual que o resto dos recepcionados por SOS Porriño son destinados a unhas 300 familias porriñesas que acoden periódicamente a recoller o seu lote lote de víveres.

Nos últimos meses estanse levando a cabo diferentes iniciativas co obxectivo de recolectar alimentos, así en diferentes eventos lúdicos e deportivos estase instalando un posto para a recepción de alimentos, asociando tamén a participación nos mesmos coa donación dun quilo de produto, e ademais colocáronse carros da compra nos diferentes supermercados da zona que son recolleitos periódicamente polos voluntarios de

SOS Porriño. Así mesmo, empresas ou particulares que desexen realizar calquera donación poden dirixirse direc tamente ás instalacións de SOS Porriño situadas no número 98 da rúa Domingo Bueno, no barrio

da Pontenova, os mércores e venres en horario de 18.00 a 20.00 horas.


Xullo de 2013 - PUBLICIDADE

23


24

BAIXO MIÑO - Xullo de 2013

A Festa da Langosta e da cociña mariñeira foi presentada en Braga

pasado xoves 28 de xuño, o alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, e a aoncelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, presentaron en Braga a Festa da langosta e da cociña mariñeira, que celebra este ano a súa vixésimo terceira edición os días 5, 6 e 7 de xullo. Trátase dunha festa gastronómica de recoñecido prestixio.

O

Este ano escolleuse a cidade de Braga para a presentación oficial da festa gastronómica

pola vinculación histórica e pola importancia dos visitantes portugueses para o concello mariñeiro.

ponsables de Turismo de Braga, directora de Turismo de Braga e a xefa da Oficina de Turismo.

A presentación tivo lugar na sala do Posto de Turismo de Braga ante os medios de comunicación asistentes e para coñecemento dos veciños portugueses foron presentadas as novidades na programación e dos pratos para esta edición. O acto estivo apoiado por unha representación dos establecementos colaboradores e mailas res-

A festa ten como protagonista a langosta, pero acompañándoa hai unha variedade de produtos dun alto nivel culinario que veñen facendo as delicias dos paladares máis esixentes. Os presentes puideron degustar ao remate do acto a langosta e os máis de 25 pratos mariñeiros que se servirán na presente edición da Festa.


Xullo de 2013 - BAIXO

25

MIÑO

Obradoiro gastronómico na Praza de Abastos da Guarda

O Grupo de Acción Costeira 7, Ría de Vigo - A Guarda, puxo en marcha a campaña "Come o mar" para este mes de xuño para promocionar a gastronomía e o mar. Unha das actividades da campaña é o OBRADOIRO GASTRONÓMICO "A BEIRA DO MAR" que tivo lugar na Praza de Abastos ó longo da mañá do venres 28 de xuño. Este obradoiro estivo aberto ó público en xeral e un cociñeiro profesional realizou

nunha cociña portátil elaboracións sinxelas con produtos do mar. Invitouse ó público presente a participar, mostrándolles como tratar os produtos na cociña, desde a limpeza dos peixes o mariscos, a elaboración e presentación dos pratos. O obradoiro tiña un dobre obxectivo, por un lado a divulgación gastronómica e por outro ser un punto de información e promoción de todas as actividades da campaña.


26

LOURIÑA- Xullo de 2013

MÉRCORES 3 DE XULLO 19:00 Relaxándose en familia. C. S. A Devesa. (Con inscrición previa) 22:30 As Sircópatas, Circo na Rúa: “Polos pelos”

XOVES 4 DE XULLO 22:30 Espectáculo do Centro Cultural O Rubal (Picoña). Praza do Concello. 19:00 Contos de sobremesa. Casa da Cultura A. D. R. Castelao.

VENRES 5 DE XULLO 21:30 Teatro Inestable (A compañía teatral da Escola de Xerpo). “Ubú Rei”. Auditorio Municipal.

LUNS 8 DE XULLO 18:00 Deporte na rúa. Baloncesto (Club Baloncesto Caselas). Praza do Concello.

MARTES 9 DE XULLO 18:00 Festa da espuma. Praza do Concello. 22:30 Odaiko Percussion Group: “Galician on board”. Praza do Concello.

22:30 Espectáculo do Centro Cultural San Xorxe. Praza do Concello.

VENRES 12 DE XULLO 18:00 Deporte na rúa. Balonmán (Club Balonmán Caselas). Praza do Concello. 21:30 Escola de teatro Xerpo: “Os mortos factúranse”. Auditorio Municipal. 23:00 Festival “Vaia Cristo”: Roky SZ, A.P.I.S.A. e Arado Metállico. Recinto do Pavillón de Deportes Municipal.

SÁBADO 13 DE XULLO 12:00 Escola de teatro Xerpo: “Mocosos mortos de risa”. Auditorio Municipal.

Borralliño (Soutelo). Praza do Concello.

Agrupación Cultural Xunco (Parderrubias). Praza do Concello.

VENRES 19 DE XULLO

12:30 Misa de campaña cantada pola Coral de Santa María de Salceda.

20:00 Master Class de tai chi. Parque Raíña Aragonta.

13:30 e 21:00 Concertos da Banda Xuvenil de Xinzo.

MARTES 16 DE XULLO 19:00 Cantacontos. Casa da Cultura A. D. R. Castelao. 21:30 Teatro Osiris. Grupo adultos: “Old Saybrook”. Auditorio Municipal 22:30 Espectáculo do Centro Cultural O Coto (Budiño). Praza do Concello.

21:30 Escola de teatro Xerpo: “Morte”. Auditorio Municipal. 22:30 Concerto: “Musical Moxenas”. Praza do Concello.

MÉRCORES 17 DE XULLO

SÁBADO 20 DE XULLO

17:00 Tarde de hinchables. Praza do Concello.

09:58 e 12:38 Parque de reagrupamento do Rally Surco. Praza do Concello.

21:45 Exhibición de taekwondo. Club YIDAM. Parque Raíña Aragonta.

11:00-22:00 Dragon Market (Feira de artesanía).

Banda Municipal de Ribadumia // Agrupación Musical de Belesar // Banda Cultural de Salceda

Verán Cultural Salceda 2013

DOMINGO 14 DE XULLO

22:30 Espectáculo de maxia: Mago Marco. Praza do Concello.

XOVES 11 DE XULLO 18:00 Roteiro “coñecendo en familia”. Saída da Igrexa de Santa María. Temática: Senda dos humidais.

22:00 Carlos Blanco ao vivo... (de momento). Auditorio Municipal. Venta de entradas anticipada na Casa da Cultura A. D. R. Castelao. 6 €.

LUNS 15 DE XULLO 18:00 Deporte na rúa. Loita olímpica (Escolas Deportivas Municipais). Parque Raíña Aragonta. 22:30 Espectáculo do Centro Cultural do

22:00 Verbena con “Nebraska” e “Compostela”. 17:00 Ludoteca itinerante. Xogos tradicionais en familia. Parque da Gándara. 20:00 Inauguración “Expoanimalia”. Auditorio Municipal. 22:00 Verbena con “Trébol” e “América SL”

*Exposición "O patrimonio marítimo de Galicia". Do 8 ao 21 de xullo. Auditorio Municipal

MÉRCORES 10 DE XULLO 19:00 As dúbidas dos animais. Casa da Cultura A. D. R. Castelao.

LUNS 22 DE XULLO

E ADEMAIS...

20:00 Teatro Osiris. Grupo infantil: “Tufo”. Auditorio Municipal 21:30 XXII Certame de bandas de música. Praza do Concello.

a salcedenses distinguidos.

22:00 Festival folclórico. Parque Raíña Aragonta. Grupo folclórico Castro Barreiro /Grupo folclórico Xunco /Grupo folclórico O Serán /Grupo folclórico Entenza

XOVES 18 DE XULLO

Parque Raíña Aragonta 20:30 Desfile polas rúas da vila da Agrupación gaiteira de Salceda. 22:00 IV Estourazo de inicio das festas. Convidado: Caselas F. C. Casa da Cultura A. D. R. Castelao. DOMINGO 21 DE XULLO

18:00 Deporte na rúa. Multideporte (EDM). Praza do Concello

23:59 Verbena con “Novo Estilo”. Praza do Concello.

22:30 Espectáculo da

11:45 Acto civil homenaxe

*Exposición "Coidando o noso mar". Do 8 ao 29 de xullo. Casa da Cultura *"Expoanimalia". Do 22 ao 28 de xullo. Auditorio Municipal. *Torneo fútbol 3. (Inscripcións en Concellaría de Deportes ou EDM) Do 2 ao 4 de xullo. 18:00. Campo do Parque da Gándara. *Torneo de fútbol sala Do 25 ao 28 de xullo. Pavillón de Deportes.


27

Xullo de 2013 - POLÍTICA

“A política debe ser ante todo credibilidade e coherencia e tamén escoita activa coa cidadanía” Por Tino Lago -En moitas ocasións temos escoitado a dirixentes de Compromiso por Galicia (CxG), incluído vostede, falar da vocación da formación de ser o que denominan “partido nacional de Galicia”. Quere dicir isto que CxG aspira a xogar en Galicia o rol que en Escocia, Euskadi ou Catalunya xogan o SNOP, PNV ou CIU? -Exactamente, aínda que poida soar pretencioso, temos ese obxectivo. Fíxese que fala de forzas políticas que no eixo esquerda-dereita ocupan posicións diferentes, pero que desempeñan ese papel nos seus respectivos países. Entendemos que, sen renunciar ao galeguismo, progresismo e socialdemocracia que nos definen, cómpre unha forza política coa ambición de exercer ese rol. Só cunha organización que actúe dese xeito se poderá chegar á maioría da cidadanía galega necesaria para alcanzar maiores cotas de autogoberno. –A Xunta pretende levar a cabo unha reforma electoral para aforrar reducindo o número de deputados no parlamento galego. CxG presentou unha proposta alternativa a esta do PP. En que consiste? -O PP pretende converter 90 centímetros nun metro. Coa coartada dos recortes, vai perpetrar unha reforma que incremente a bonificación da forza política nas eleccións autonómicas. Así, por exemplo, nos pasados comicios galegos, o PP apañou o 54,6% dos escanos cando non alcanza o 46% dos votos. Coa proposta que quere levar a cabo, podería darse o caso de que co 42% poidera alcanzar o 56% dos votos. Compromiso por Galicia enuncia unha proposta construtiva, que evidencia que o aforro non consiste en reducir deputados que van cobrar o mesmo, senón que haxa o mesmo número, pero cobrando menos. A nosa proposta implica un aforro de 14 millóns de euros en catro anos mediante a limitación a 3.000 euros do soldo dos deputados, a redución dun 25% das asignacións aos grupos parlamentarios e a minoración nun 30% do gasto corrente. –Hai entre a cidadanía unha gran desafección coa clase política en xeral. A corrupción ten chegado a niveis realmente escandalosos. Que ten que dicir Compromiso sobre isto? Hai xeito de evitalo? -Creo que é innegábel que esa desafección é xa un feito contundente. Dáse o paradoxo de que esa distan-

XOAN CARLOS BASCUAS >> Secretario Xeral de Compromiso por Galicia Xoán Bascuas naceu o 20 de setembro de 1970. Licenciado en Socioloxía e Ciencias Políticas, é profesor na Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago. Foi membro do goberno galego entre 2005 e 2009, e a día de hoxe é o Coordinador Xeral de CxG.

cia entre partidos, institucións e cidadáns se produce nun momento no que máis se fala e se participa en política. A xente, pola desafección mencionada, pode ser máis apartidaria, pero non apolítica. E certamente, a falla de comportamentos e condutas éticas teñen alimentado todo iso e tamén mermado a calidade democrática. Precisamente, Compromiso presentou en febreiro unha proposta de Iniciativa Lexislativa Popular de Medidas de Prevención da Corrupción Política, que a Mesa do Parlamento non permitiu que fora adiante. O obxectivo non era tanto denunciar o que pasa, senón deseñar unha serie de medidas preventivas. –Compromiso por Galicia naceu hai un ano fundamentalmente nutrida dunha escisión do BNG. Pero é evidente que para conseguir ser algo na política galega é necesario que CxG atraia a moita xente que non foi do BNG ou incluso que foi do PSOE ou do PP. Que ten que lles dicir vostede a estes potenciais votantes que agora votan a outras forzas ou non votan? -Na política galega hai que sacudirse certos prexuízos. En Compromiso por Galicia entendemos que non hai que preguntarlle á xente de onde ven, senón a onde quere ir. No tocante ás procedencias políticas da nosa filiación, hai de todo: xente que xa participara noutros proxectos e xente que non. Mesmo diría que a maioría dos compañeiros e das compañeiras non proceden do BNG.

Hai proxectos políticos que se autocalifican de galeguistas, pero fano en fraude de lei. Non pode haber galeguismo se non se fai desde forzas políticas que estean chantadas no país, sen dependencias alleas. Esa credibilidade tena Compromiso. Facemos o que dicimos. Defendemos as listas abertas, sen trampas, cartóns ou planillas e así foi como se escolleu o noso Consello Político Nacional no Congreso constituínte de febreiro; defendemos o modelo de primarias para a elección de candidatos e así o fixemos. Defendemos o empoderamento da toma de decisións no ámbito local e así o practicamos na nosa estrutura organizativa. E tamén defendemos que as principais decisións deben ser colectivizadas e velaí que teñamos preparado o mecanismo do referendo militante ou as convencións para as políticas de alianzas. A política debe ser ante todo credibilidade e coherencia e tamén escoita activa coa cidadanía, e estas premisas cúmpreas Compromiso. -Desde a irrupción de Beiras no Parlamento o BNG radicalizou o seu discurso. Neste escenario, unha opción galeguista diferente das propostas de BNG e AGE pode ter espazo para desenvolverse. Como o ve vostede? -No tocante ao espazo ideolóxico, no medo de perder o tren que tomaron Euskadi e Cataluña, hai quen pensa que o oportuno é correr máis. É unha opción. Pero ese camiño non coñece atallos e nós temos que ir avanzando co pobo, co seu ritmo, pero sen perder o tempo, sa-

bendo que é necesario un labor pedagóxico e que o contexto galego non é o mesmo que o dos países que acabo de mencionar. A situación en Euskadi e Cataluña é a que é porque gobernou durante 30 anos o nacionalismo. Pois iso, nós ao noso; ese tamén é o xeito de practicar o galeguismo, sen mimetismos con outras nacións. -Esta lexislatura, no Parlamento Galego a indiscutible raíña é a crispación política, cando non a aberta hostilidade. Poderíase facer doutro xeito? -Dicía Simón Bolívar que da paz podemos agardalo todo e da guerra só o desastre. Trasladado ao ámbito político e parlamentar semella que o desastre está garantido. Tirarse ao monte non val de moito, aínda que cómpre recoñecer que as cousas están como para armala. Pero a xente non só precisa un estado de ánimo. Ademais, esa práctica favorece ao PP, pois unha parte do electorado que tiña decidido deixar de apoialo retorna a darlle o seu soporte ante o que ven como unha agresión ao que eles entenden que é o correcto. Non basta só con paralos ou facerlles fronte. Tamén hai que saber propoñer, en positivo. O PP tamén radicalizou o seu discurso no ano 2009 e así estamos; sen horizontes e sen solucións. Os problemas seguen aí. Pois ben, despois da guerra, ten que vir a paz. Ademais, para facer o mesmo que os demais, xa chegan eles.


28

LOURIÑA - Xullo de 2013

212 mosenses recollen o seu diploma tras realizar os cursos promovidos pola Deputación de Pontevedra Trátase de accións formativas pertencentes ós programas provinciais Actívate, Pensa en Tí e Ti tamén contas pasado 20 de xuño celebrouse o acto de entrega de diplomas dos cursos da Deputación de Pontevedra en Mos correspondentes ós programas Actívate, Pensa en Tí e Tí tamén contas. O evento tivo lugar no auditorio do centro Multiusos das Pozas, parroquia de Petelos, contando tamén coa actuación musical da Orquestra de Saxos do Conservatorio de Redondela.

O

Programas O programa Actívate conta con alumnos de entre 16 e 35 anos que mediante a súa participación no mesmo reciben orientación de cara á busca de emprego ou á mellora do seu desenvolvemento persoal. O programa Pensa en Tí pretende mellorar a calidade de vida e incrementar a activación social de homes e mulleres adultos. E o programa Tí tamén contas busca fomentar o asociacionismo das persoas maiores ó tempo que lles oferta actividades coas que encher o seu tempo de lecer. O programa Actívate leva desenvolvéndose dende o ano 2009 coa fina-

lidade de proporcionarlles formación ós máis xoves, orientalos na busca de emprego, e procurar a mellora do seu desenrolo persoal, artístico ou creativo a través da ocupación no seu tempo de inactividade laboral. Durante 2012 o programa Actívate instruiu a 1.028 mozos e mozas da provincia, dos cales 12 foron mosenses. En Mos foron 12 os alumnos e alumnas que participaron no programa Actívate mediante a realización do curso de

15 nenos participan no Campus Celta-Concello de Mos

Aplicacións Técnicas de Seguridade e Primeiros Auxilios

dos cales 131 foron veciños e veciñas de Mos.

O programa Pensa en Tí ten como finalidade concienciar ás mulleres e homes adultos do seu papel na sociedade actual, fomentar o seu desenvolvemento persoal e de grupo, mellorar a súa calidade de vida e contribuir á súa integración social evitando o aillamento. No 2012 participaron neste programa un total de 7.100 pontevedreses,

131 mosenses participaron no Programa Pensa en Tí en 2012 Os 131 mosenses que participaron no 2012 en Pensa en Tí fixérono repartidos nun total de 10 asociacións do municipio nas que se impartiron cursos de cociña, fotografía, memoria, encaixe de palillos, agricultura ecolóxica, conservas, ioga, vaíñas e bordados, e informática.

A Unión Deportiva Mos organiza o I Campus de Verán As Baloutas A Unión Deportiva Mos organiza por primeira vez o I Campus de Verán As Baloutas. Este campamento deportivo centrado na práctica e mellora da técnica futbolísticas ten como obxectivo que os nenos e nenas de mos aproveiten ó máximo as súas vacacións estivais facendo o que máis lles gusta, deporte e combinalo tamén cunha alternativa de ocio saudable.

A iniciativa deportiva foi presentada no Campo de Fútbol das Baloutas polo concelleiro Isidoro Táboas e o director da Fundación Celta de Vigo, Serafín Alonso. Participan 15 nenos con idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos. O Campus comenzou a desenvolverse o luns 24 de xuño, e prolongarase ata o día 29 deste mesmo mes no Campo de Fútbol das Baloutas. O horario de desenrolo deste campus de fútbol infantil é de 10.00 horas a 14.00 horas da mañá, cun descanso de 11.45 horas a 12.30 horas para merendar un bocadillo, froita e hidratarse con auga.

O que se pretende con este Campus, é que os cativos mosenses o pasen ben a través da práctica de fútbol e outros deportes, co único obxectivo de gozar da actividade física nun ambiente de convivencia e experiencias positivas. Trátase dunha proposta dirixida ás futuras promesas da U.D. Mos, pero tamén a nenos que non pertenzan ao club. Os nenos recibirán unha formación técnica especializada nun ambiente de xogo e entretemento imprescindible para a súa aprendizaxe.

Mos presenta as súas Mañás de Verán e Xornadas Multiaventura A concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, deu conta recentemente en Comisión Informativa da organización, un ano máis, do campamento matinal estival para nenos e nenas mosenses, Mañás de Verán, e das Xornadas Multiaventura dirixidas á mocidade mosense. O campamento matinal Mañás de Verán desenvolverase nas instalacións do CEIP Mestre Valverde Maio, en Sanguiñeda de 9 a 14 horas de luns a venres. Esta iniciativa vai dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos e ten un custe por neno e quenda de 40 euros, mentres que si asisten dous irmáns xuntos o prezo polo segundo irmán redúcese a 30 euros. Os pais que así o desexen poderán contratar o servizo de Aula Madruga pagando a maiores un importe de 20 euros, e tamén dispoñerán, se o precisan, de servizo de comedor cun custo de 50 euros.


29

Xullo de 2013 - LOURIÑA

Entrega de premios e clausura da Liga Metropolitana no Pazo de Mos

O 3 de xullo entra en funcionamento o punto limpo instalado no Parque Empresarial Mos-Veigadaña, que será xestionado conxuntamente entre Coregal, empresa de reciclaxe pertencente a Cogami, e Aceesca Emprego.

Máis dun cento de premios e preto de 200 asistentes protagonizaron o acto pasado 21 de xuño celebrouse a cerimonia de entrega de premios e clausura das liga de fútbol sala e fútbol 7 da Liga Metropolitana, no Pazo de Mos. Durante o acto entregáronse máis de 100 premios e contouse coa asistencia de preto de 200 personas entre público e xogadores. Tamén estiveron presentes as seguintes autoridades: Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Camilo Augusto, segundo tenente alcalde do Concello de Mos, Isidoro Taboas, concelleiro de Deportes de Mos, Marta Iglesias, deputada provincial, Nelson Santos, alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, concelleiro de Deportes do Porriño, Jesús Crespo, concelleiro de Deportes de Redondela e María Jesús Martíns, concelleira de Deportes de Baiona.

O punto limpo de Veigadaña comeza a funcionar

O

Dende 2009 A Liga Metropolitana comezou a celebrarse no ano 2009 con 14 equipos e 150 xogadores de fútbol sala no Concello de Mos. Os primeiros equipos eran de Mos, Porriño, Vigo e Redondela. Os pavillóns onde se xogaba a competición e-

ran, Óscar Pereiro, Sanguiñeda e Pena de Francia. Utilizáronse outros pavillóns como Marcote e Universidade de Vigo. O primeiro colectivo arbitral estaba composto por 5 colexiados. 200 equipos A día de hoxe a Liga Metropolitana ten preto de 200 equipos e máis de 2.000 xogadores de fútbol sala e fútbol 7. Os equipos de fútbol sala son de Arbo, Ponteareas; Salvaterra; Mondariz, Redondela; Porriño; Fornelos de Montes, Baiona, Vigo, pero a gran maioría de Mos. Os pavillóns que se utilizan son do Concello de Mos, os antes mencionados e o novo de Castro-Mos, tamén se utilizan os seguintes: Arbo, Salvaterra; Os Salgueiros, Cabeiro,

Coruxo, e Baiona. En fútbol 7, onde o crecemento é superior ao fútbol sala en número de equipos, as instalacións son: Parderrubias en Caselas, Atios, Pontellas e Lourambal en Porriño, Cotogrande, Beade, Candeán, Matamá, e Sárdoma de Vigo, ademais de Cuvi e Mercantil en Mos. Liga feminina Nestes momentos tamén hai unha liga de fútbol 7 feminina, única en Galicia con 16 equipos das seguintes zonas: Oia, Roseira; Caselas; Porriño; Budiño, Atios, Picoña, Mos, Mondariz, Arcade, Soutomaior, Pazos de Borben, Candeán e Vigo. Esta competición esta patrocinada dende o inicio da mesma por Coca-Cola, e este ano o patrocinio foi compartido con La Caixa.

Representantes das tres entidades: Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Ramón Sestayo en representación de Coregal e Mª Luz Fernández Grandal en representación de Aceesca, reuníronse no Concello para asinar o convenio de colaboración polo cal estas dúas asociacións xestionarán o punto limpo mosense favorecendo así, deste xeito, a inserción laboral dos discapacitados, así coma a súa integración social e a súa realización persoal. No punto limpo do polígono da Veigadaña, Coregal encargarase da xestión e reciclaxe de residuos mentres que serán traballadores de Aceesca Emprego os que se encarguen dos labores internos das propias instalacións.


30

LOURIÑA - Xullo de 2013

Os panadeiros de Mos doan a Asodifisi os 1.300 euros recaudados o Día da Rosa A presidenta da Asociación, María Carrera, recolleu o cheque no Concello, de mans dos propios panadeiros e en presencia da alcaldesa, Nidia Arévalo, e da edil de Cultura e Benestar Social, Sara Cebreiro colectivo homenaxeado este ano con motivo das Festas da Rosa é un gremio de profesio-

O

nais non só moi traballadores, senón tamén solidarios. Así o demostraron coa iniciativa de doar a Aso-

ciación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos, Asodifisi, o recaudado nas vendas realizadas o pasado

O propio Mos preséntase como o mellor agasallo corporativo para actos municipais de carácter oficial Un libro de dez capítulos, un por cada parroquia mosense, recopila as mellores imaxes do Concello O pasado 26 de xuño presentouse no Concello de Mos o libro de fotografías, ‘Mos o Mellor Agasallo’. No acto estiveron presentes Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Marta Iglesias, deputada provincial -en representación da Deputación de Pontevedra que financiou a impresión e edición do libro-, Sara Cebreiro, concelleira de Cultura, Óscar Soto, concelleiro de Formación e Emprego, as alumnas de deseño gráfico do Obradoiro de Em-

75 persoas participan en varias accións formativas en Mos O concelleiro de Formación e Emprego mosense, Óscar Soto, deu conta da subvención concedida pola Xunta ó Concello de Mos, que ascende a un total de 150.500 euros, para impartir no municipio 5 Cursos AFD durante 2013:

prego Alfacuca III, encargadas da maquetación e deseño do volume editado, acompañadas polas súas profesora e directora, Lidia Nokonoko e Paloma Lambas. As alumnas da especialidade de promoción turística local e deseño gráfico do Obradoiro de Emprego Alfacuca III do Concello de Mos traballaron neste produto turístico consistente nun libro de fotografías no que aparecen plasmados en imaxes os lugares,

13 de xuño, Día da Rosa, nos postos expositivos que cada un deles instalou na Praza do Concello. Precisamente o pasado 28 de xuño reuníronse no Concello de Mos a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, Sara Cebreiro, edil de Cultura e Benestar Social, xunto con representantes do sector da panadería e a pastelería do termo municipal, e membros da directiva de Asodifisi, para facerlle entrega a estes últimos da cantidade de 1.300 euros recaudada polos panadeiros o Día da Rosa. O cheque recibiuno María Carrera, presidenta de Asodifisi, de mans do panadeiro mosense en activo de maior idade, Constantino González Gómez.

monumentos e edificios máis fermosos e emblemáticos da localidade. A publicación está dividida en dez capítulos, un por cada unha das dez parroquias mosenses: Mos, Torroso, Petelos,

Tameiga, Guizán, Dornelas, Cela, Louredo, Sanguiñeda e Pereiras. Este libro será empregado en diante como obsequio corporativo municipal de Mos.

As accións formativas serán Atención sociosanitaria de persoas no domicilio, Inglés (Atención ao público), Portugués (Atención ao público), Iniciación á rede de Internet e Xestión do emprego. Cada unha destas especialidades contará con 15 alumnos, co cal os Cursos AFD 2013 formarán en Mos a un total de 75 persoas.


31

Xullo de 2013 - PUBLICIDADE

As Pandereteiras A Buxaina de Coruxo foron as gañadoras de InteRitmos Os Treboeiros da Muimenta de Tomiño foron os segundos clasificados pasado sábado 29 celebrouse no Multiusos das Pozas de Mos o Certame de Música Tradicional InteRitmos, organizado polo Grupo de Desenvolvemento Rural MAIV-Baixo Miño e coa colaboración do Concello de Mos e da Deputación de Pontevedra.

O

Os dez grupos participantes reuniron a máis de 180 músicos e cantantes que interpretaron temas baseados na tradición musical popular galega nas súas máis diversas facetas: bandas de gaitas, grupos folk, corais, treboeiros, cantareiras, etc. Gravación dun CD repertorio Os dous primeiros clasificados, Pandereteiras A

Os dez grupos participantes reuniron a máis de 180 músicos e cantantes

Buxaina e Treboeiros da Muimenta participarán na gravación dun CD repertorio cos gañadores dos outros certames InteRitmos que se están a celebrar noutros territorios da xeografía española. Tamén obtiveron accésit como seguintes clasificados o Grupo Gandariño de O Porriño, a Banda de Gaitas Atlántida de Matamá e os Treboeiros Airiños Novos de Pinzás, que serán obsequiados pola Deputación de Pontevedra coa edición, maquetación e impresión dun folleto promocional das súas actividades.

O Certame, que se enmarca dentro do proxecto de cooperación interterritorial InteRitmos, financiado polo ministerio de Agricultura, foi un éxito tamén de público quen, a pesares do caloroso día, encheu o Multiusos das Pozas. Recuperando o patrimonio musical InteRitmos é un proxecto plurianual, financiado polo Ministerio de Agricultura e levado a cabo por 12 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia, Cantabria, Salamanca, Extremadura e Andalucía, que busca a recuperación, a valorización e a difusión do patrimonio musical tradicional do rural, intentando que esta posta en valor repercuta económicamente nos territorios a través da promoción turística dos mesmos.


Director: Guillermo Rodríguez. Edita, maqueta e imprime: Edicións Puxeiros C.B. Enderezo: Avenida Peinador, 54, Puxeiros, Mos. Pontevedra. Delegación Ponteareas: Avda Sarmiento Rivera, 4, 4º. 36860, Ponteareas. Enderezo electrónico: redaccion@apeneiradixital.com

Bodegas Iglesias Por Tino Lago oxe falamos con Arturo Iglesias, un emprendedor novo e ilusionado coa súa empresa, BODEGAS IGLESIAS, na parroquia porriñesa de Budiño. Arturo vainos enumerar as características máis salientables do seu negocio.

H

-Cóntanos a historia da empresa. -A nosa adega ten máis de 30 anos de historia. Nós adquirímola en propiedade en xaneiro do 2007, e desde entón fomos orientando os nosos produtos en función das necesidades dos clientes. A adega naceu na parroquia de Budiño, e en toda a súa historia desenvolveu a súa actividade na mesma ubicación física. A nosa intención é continuar aquí, porque BODEGAS IGLESIAS está moi identificada coa vila de Porriño, coa parroquia de Budiño e con toda a súa contorna física e humana. -Cales son as vosas especialidades e produtos principais? -Vendemos fundamentalmente tres tipos de viño tinto e catro tipos de viño branco. Recibímolo a granel, agás o CONDADO e o ALBARIÑO que xa veñen embotellados; os restantes viños envasámolos e embotellámolos nós na empresa: PAÍS branco e tinto (de Ourense), GODELLO, MENCÍA e BARRANTES. Ademais vendemos todo tipo de licores de primeira calidade, tanto a particula-

res que desexen adquirilos directamente na nosa empresa como a negocios de hostalería. En xeral atopamos moi boa resposta do consumidor a todos os nosos produtos, pero fundamentalmente quixera salientar o enorme éxito que teñen o MENCÍA e o PAÍS. Ao meu xuízo, isto débese ao seu frescor, ao aroma e á súa moi escasa acidez. Como sabedes os viños desta zona son moi acedos, e a nosa empresa ten a fortuna de poder ofrecer un produto diferente de acidez neutra, o que chama a atención do consumidor, que xeralmente repite.

publicidade@apeneiradixital.com director@apeneiradixital.com Teléfonos: 986487480/658585049

Louzán (Madrid), Coki (Nova Iorque), Mero, Isidoro Gracia, Nemesio Barxa, etc. Fotografía: Arquivo, Hernández, Guillermo

Coordinador: Carlos Rey Bárcenas. Colaboradores: Alicia Rocha, X. A. Pérez Lema, Emilio Ínsua, Anxo S. Porto Ucha, Xoan Xosé Pérez Labaca, Manuel Rosende, Inma Otero, Juan

Publicidade: Guillermo Rodríguez e departamento propio Depósito Legal: VG175-2012

30 anos de historia, en Budiño

“En xeral atopamos moi boa resposta do consumidor a todos os nosos produtos, pero fundamentalmente quixera salientar o enorme éxito que teñen o MENCÍA e o PAÍS. Ao meu xuízo, isto débese ao seu frescor, ao aroma e á súa moi escasa acidez”

-A que tipoloxía de clientes vos dirixides fundamentalmente? -O espectro de clientes que nos visita é moi amplo e diverso. Permíteme insistir no tema da acidez, porque esta característica propicia que todo tipo de xente, tanto en idade como en gustos ou en espectro social, poida ter a oportunidade de desfrutar dos nosos produtos.

-Que tipo de medidas cres que deberían tomar as administración públicas para axudar ás PEMES? -Eu, como empresario, son o primeiro interesado en dar traballo, estable e de calidade. Significaría que o meu negocio ten éxito, e isto sería o mellor para todos, pero para que iso se produza débense reducir as cargas impositivas, que nos asfixian e dificultan o crecemento económico e persoal das empresas complicando ostensiblemente a saída da crise. -Para rematar Arturo, que mensaxe lanzarías aos vosos clientes e ás persoas que aínda nos vos coñecen? -Aos nosos clientes, moitos deles xa amigos, só cabe dicirlles grazas, moitas grazas polo seu compromiso e fidelidade. Nós seguiremos a dar o mellor que temos para seguir mantendo a relación persoal, de confianza e afecto. Ás persoas que aíndan non nos coñecen, convidá-

molas a visitarnos e degustar os nosos produtos como xa fixo tanta xente que mantén a relación con cordialidade.

BODEGAS IGLESIAS SAN BLAS 84, BUDIÑO O PORRIÑO www. bodegasiglesiasgalicia.com

Este xornal imprímese en papel reciclado


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
A NOVA PENEIRA - Nº20 - 1ªQ. Xullo 2013 by A Peneira Dixital - Issuu