www.apeneiradixital.com
XORNAL
ANO 1 - Nº 1
PONTEAREAS A aula CeMIT de Ponteareas impartiu preto de 500 horas lectivas durante 2011
GALEGO DE INFORMACIÓN
XERAL
Xaneiro de 2012 - 2€
I Gala do Deporte de Ponteareas
Páx. 6
COVELO Celébrase o concerto de Nadal da Coral Xuntanza de Covelo Páx. 12
SALVATERRA DE MIÑO A parroquia de Leirado quenta motores ante a inminencia do entroido Páx. 11
Páx. 13
TOMIÑO O Concello de Tomiño abre a fortaleza de Goián ao río Miño talando os eucaliptos Páx. 17
Salceda presenta a historia das súas Bandas A Banda de Música de Salceda vén de presentar o seu libro “Salceda en Festa: Historia das bandas de música en Salceda” que reflicte a historia das bandas existentes no Concello dende o ano 1892 ata a actualidade.
Xose Ramón Paz Antón, autor do libro, adica a súa obra a falar das bandas de música que fixeron historia en Salceda, entre a que destaca tres bandas en dous momentos: o periodo entre 1910 e 1920 e a época da República 1931 e1936. Páx. 15
2
Opinión - Xaneiro de 2012 *BALDOMERO IGLESIAS DOBARRIO, MERO Mestre e músico
S
Indignados non, iso xa é pouco
omos moitos os críticos e inconformistas que estamos en contra da imbecilidade e manipulación! Temos o que temos quizais porque o merecemos. Queremos que nos goberne quen nos mentiu, non unha, senón moitas veces? Pois que goberne! Queremos que nos gobernen os que nos recortan dereitos sociais e humanos? Pois que nos gobernen! Queremos que nos gobernen os “aqueles” que evadiron impostos, que ocultaron patrimonio, cartos e beneficios en paraísos fiscais, e todo aquilo que levaron impunemente de diante dos narices? Pois que nos gobernen! Queremos que nos sigan chupando os que nos chuparon a nós –da nosa suor- aquilo que eles non declararon, e foron trampeando diante de xestores, xuíces e leis? Pois que sigan chupando! Queremos que nos representen os que aínda levan directamente dos erarios públicos millonadas, amparados en empresas que ninguén recoñece e non se sabe onde están nin para que son, e que teñen moi difícil situación e máis difícil explicación, porque son un engano de formidable presenza, desde un organismo –de envoltorio oficial- inventado para fomentar as boas maneiras e as caridades supostas e implícitas en non sei qué historia estraña, ...pois que nos representen! Que nos contan a milonga de que son porcentaxes para “obras sociais” (así lles chamaban) e nós sabe-
mos que iso é unha infamia e, ao mesmo tempo, unha ínfima parte do pactado e que se facía case sempre para tapar favores e mercadorías negras e sucias? Pois que sigan contando milongas! Que nos relaten fazañas vitoriosas en medios de sometida opinión e de silencios oportunísimos, pagados en subvencións e axudas? Pois que sigan contando contos! Que nos desvían a atención, pois mentres especularon en ladrillo, en débedas estrañas e confusas con certos outros sectores do poder, e mesmo se concederon créditos propios e, por se acaso, blindaron as súas xubilacións e os seus propios despidos, ...pois que nos gobernen e desvíen a atención! Queremos un estado laico pero con certas preferencias confesionais –das nosas, claro- e con presupostos moi convenientes para unha desigualdade proporcional aos nosos favores nunca sabidos pola vulgaridade que habitamos, mentres eles son mesmo converxentes en ideoloxías e pen-
samentos que nada teñen que ver nin coa ética nin coa moral? Pois que nos gobernen na seu falso respecto ás crenzas dos demais! Que inventan “eres”, pactos, proxectos, segregacións, correccións por decreto de leis de superior rango, manipulacións do espírito da lei, da protección, da igualdade de oportunidades, de...? Pois que as sigan inventando! Que mangonean os postos de traballo, os despidos, as horas de traballo, os rendementos e beneficios, as horas extra, a sanidade, a educación, a difusión e información, as leis, os xuízos, as execucións, a dignidade,et? Pois que gobernen! Foi o que se elixiu maioritariamente, así foi decidido! Ou iso din os recontos, que xa tampouco creo, ...agora todos din que eles non os votaron! Todo está podrecido, mesmo nós estamos abafados. Desde logo, no medio desta inmundicia, se de algo estou certo é de que a min, precisamente a min, todos eles, non me representan!
CADERNOS DA VIAXE
*XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA
Xuízos televisivos
Avogado
D
e certo que habería fendas na instrución do caso de Marta del Castillo, na presentación de probas por parte da acusación e mesmo na súa avaliación polo Tribunal. De certo que hai que ir a unha investigación penal dirixida pola Fiscalía na que o Xuiz de Instrución limite o seu labor a garantir os dereitos (nomeadamente o de defensa) dos imputados e a igualdade entre as partes, sen se contaminar coa actividade
instrutora. De certo, tamén, que hai que mellorar a loita contra esta caste de delictos cometidos por persoas aparentemente integradas na sociedade, que semellan dispór de toda caste de información, axuda e mesmo coñecemento para cometer os seus crimes. Mais non podemos perder de vista que vivimos nun réxime de liberdade e democracia. E este réxime obriga a sermos máis coidadosos na prevención da condena do ino-
cente mesmo ca no castigo ao culpábel. E nos dimos, democrática e históricamente, varias regras do xogo. En virtude da presunción de inocencia, todos somos inocentes até sermos condenados por sentenza definitiva. Ésta só pode basearse, alén de dúbidas razoábeis, en probas directas ou indicios relacionados entre si a medio dun razoamento directo e racional. E, de fallar a proba ou non ser abonda, compre aplicar o principio “na dúbida a favor do reo” e absolvelo. Aínda que non se demostrara a súa inocencia ou haxa indicios non concluintes de culpabilidade. E a Lei, tamén, recoñece o dereito de todo reo a non declarar ou non se confesar culpábel, o que proscribe o uso do polígrafo, da tortura psicolóxica ou da droga da verdade. O que ocorreu neste caso é que vivimos, como tantas outras
veces, un xuizo paralelo nas TV (nomeadamente en A3 e T5) que competían en audiencia presentando o caso do xeito máis sensacionalista do que foron quén. E esta tolemia en espiral xera esa falsa sensación de que o sistema protexe aos delincuentes, cando o sistema español é, dos europeos, de penas máis duras e adoito cumpridas íntegramente “a pulso”. A arrincadeira A UPG e os seus aliados internos confirmaron a Guillerme Vazquez e Paco Jorquera na súa cualidade de candidatos á Portavocia Nacional do BNG e á Presidencia da Xunta. Semella que na vindeira cita congresual dos nacionalistas non existirá solución de consenso e si confrontación democrática. O problema vai ser a convivencia dos dous proxectos que cohabitan no BNG despois do 29.
Xaneiro de 2012 - Publicidade
3
4
Ponteareas - Xaneiro de 2012
Máis preto o saneamento de Padróns, Pías e Prado
Ο
alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, reuniuse cos colectivos veciñais e comunidades de montes das parroquias de Padróns, Pías e Prado, para darlles a coñecer o proxecto de saneamento e o paseo fluvial que unirá Ponteareas e Mondariz Balneario e que descorre polas anteditas parroquias. O alcalde, que estaba acompañado polo concelleiro de Servizos Comúns, Jesús Cao Vila; a primeira tenente de alcalde, Belén Villar González e o concelleiro de Vías e Obras, Alberto Novoa Iglesias, informoulle aos colectivos veciñais da importancia da obra que se ía acometer e que contará cun investimento de preto dos 2,3 millóns de euros. Salvador González Solla, puxo en coñecemento dos representantes veciñais que, unha vez realizado o levantamento topográfico e a correspondente redacción do proxecto, o Concello xa puxera a disposición da Xunta de Galicia, a través da Empresa Pública de Obras e Servizos
Hidráulicos (EPOSH) os terreos propiedade do Concello. Durante a reunión, explicóuselles aos veciños que os terreos particulares precisos para a realización das obras de saneamento, serán de ocupación temporal mentres duren as obras, mentres que no caso do paseo fluvial serán de ocupación definitiva. Neste último caso, explicóuselles aos representantes parroquiais que tan so afectaría a unha franxa de 5 metros dende as beiras do río Tea. Nesta reunión contouse coa participación de representantes da Asociación de Veciños de Xinzo, quen aportou interesantes datos sobre a importancia da colaboración as Asociacións de Veciños e Comunidades de Montes en este tipo de obras, tal e como acontece do Saneamento de Xinzo, Arnoso e Areas que grazas á colaboración dos colectivos das tres parroquias, acomete agora a súa quinta e última fase, por importe superior a 1,4 millóns de euros. Os veciños, explicouse na reunión, son os que
mellor coñecen o terreo e, polo tanto, os que poden facer as mellores suxestións sobre este tipo de actuacións de saneamento, para que poidan ser realizadas do xeito máis rápido e eficaz. Segundo Salvador González Solla, “unha vez que a EPOSH dispoña dos terreos solicitados, o proxecto será enviado ao concello para telo, durante un prazo dun mes, no período de exposición pública, previo ao inicio da súa licitación e posterior execución”.
5
Xaneiro de 2012 - Ponteareas
Sampedro asegura que o Concello seguirá a traballar na mellora das infraestruturas educativas
Centos de nenos participaron na Cabalgata de Reis
trario ao que nos trasladou a directiva da Federación de ANPAS, prodúcese logo de que no Pleno da Corporación Municipal o grupo de Goberno Local dera conta dese apoio da FANPO. Asegura Andrés Sampedro, que non cree “que ese comunicado emitido ao día seguinte da sesión plenaria teña que ver co feito de que a presidenta da FANPO figurara como número 8 na lista do BNG ás pasadas eleccións municipais” porque, de ser así engade Sampedro, “estaríamos ante un caso claro de manipulación política dificilmente xustificable”. concelleiro de Educación de Ponteareas, Andrés Sampedro Fernández, asegurou o pasado 12 de xaneiro que o Concello é perfectamente consciente de que algunhas instalacións educativas de Ponteareas seguen a necesitar melloras puntuais a pesar de que “se fixo un extraordinario esforzo en mellorar este tipo de infraestruturas, como ben coñecen nais e pais, ademais da propia Federación de Anpas de Ponteareas”.
O
Precisamente por eses traballos realizados sorpréndelle
ao Concelleiro de Educación que a FANPO emitira nestes pasados días un duro comunicado de prensa criticando a situación dos centros escolares ponteareáns cando, explica Andrés Sampedro Fernández, “poucos días antes do comunicado, a directiva da FANPO fixéranos chegar o seu apoio polo traballo que se estaba a realizar no mantemento dos centros escolares do municipio”. Curiosamente, continúa explicando o concelleiro de Ensino do Concello de Ponteareas, o comunicado, de sentido totalmente con-
O concelleiro de Educación lembra que o concello realizou obras en case todos os colexios, “algunhas delas de grande envergadura e, polo tanto, cun gran investimento”. Andrés Sampedro lembra que moitas das obras, eran competencia da Consellería de Educación pero, para dar unha resposta rápida e efectiva ás demandas das nais e pais, “o concello as acometeu con fondos propios porque, o que nos interesa a todos, é a educación dos nosos fillos e con iso, ninguén debe xogar ni ninguén o debe utilizar como arma política”.
entos de nenos e nenas asistiron á Cabalgata de Reis que organizaba o Concello de Ponteareas. Os reis magos chegaban á vila do Tea nun helicóptero que aterraba no campo de deportes do colexio Nosa Señora dos Remedios, ante a expectación dos máis pequenos.
C
Melchor, Gaspar e Baltasar, que eran recibidos a pe de helicóptero polo alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla a quen acompañaban a tenente de alcalde, Belén Villar González e a concelleira Marisol Valado Pérez, subían deseguido ás carrozas que xa os esperaban no colexio nosa señora dos remedios. Dende aí, sairían para percorrer todas as rúas do pobo nunha magnífica cabalgata. A comitiva real remataba o seu percorrido no auditorio Reveriano Soutullo onde as súas maxestades de Oriente eran testemuñas dun sorteo nos que se repartiron 151 agasallos que foron entregados polos propios reis magos. Durante a Cabalgata, na que se repartiron máis de mil quilos de caramelos, os nenos e maiores tamén gozar dunha chocolatada na Praza Maior de Ponteareas.
6
Ponteareas - Xaneiro de 2012
A aula da Rede CeMIT de Ponteareas impartiu preto de 500 horas lectivas durante 2011 ra libre e gratuíta ás instalacións CeMIT e utilice o seu equipamento. Neste senso, hai preto de 300 persoas rexistradas e uns 1.950 usos ao longo desta tempada. O Concelleiro delegado de Novas Tecnoloxías, Alberto Novoa, salientaba a importancia que ten a actividade da aula CeMIT de Ponteareas porque, asegurou, “coincide plenamente co noso proxecto de alfabetización dixital e de poñer, nas mans dos nosos veciños e veciñas, todas as ferramentas precisas para que poidan utilizar a rede, como ferramenta de traballo, de información e de lecer”.
aula que a Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT) ten en Ponteareas impartiu, no pasado 2011, preto das 500 horas de formación e alfabetización dixital, segundo se desprende da Memoria de Actividade dada a coñecer pola concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Ponteareas.
A
Nesa mesma Memoria sinálase que ademais dos cursos de formación e alfabetización dixital a aula CeMIT desenvolveu un total de 43 obradoiros nos que participaron preto de 400 persoas. Nas actividades do recén rematado
omo noutras datas chegando a época das rebaixas dende a OMIC de Ponteareas queren informar aos consumidores dunha serie de aspectos que deben ter en conta á hora de realizar as súas compras para salvagardar os seus dereitos. Dende a concellería que dirixe Marisol Valado quere lembrarse que en tempos de Rebaixas o único que non se pode rebaixar son os dereitos dos consumidores. Entre outras moitas recomendacións, a OMIC de Ponteareas sinala que debe ter en conta á hora de mercar en rebaixas:
C
* Os produtos á venda en rebaixas deben estar con anterioridade como mínimo un mes no establecemento, cun prezo normal e sen oferta. * Non pode venderse en rebaixas un produto deteriorado ou defectuoso, agás que se indique expresamente que se trata dun saldo. * A Lei obriga, así mesmo, a que nos produtos rebaixados figure con
ano 2011, a teleformación tamén tivo o seu espazo e, dentro desta actividade, ofrecíanse dous cursos, creación de webs para dispositivos móbiles e Streaming de audio e vídeo, impartidos por videoconferencia. Á parte do capítulo fundamentalmente formativo, a Aula da Rede CeMIT tivo en 2011 un aspecto lúdico educativo coas dúas videoconferencias con Papá Noel, que acolleron a uns 70 cativos do Colexio Santiago de Oliveira. Ademais da formación, as aulas CeMIT ofrecen o servizo de Aula Aberta, isto é, a posibilidade de que a cidadanía en xeral acceda de manei-
claridade o prezo anterior ademais do prezo rebaixado, ou en substitución o porcentaxe da rebaixa que se lle aplica.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT, que se configura como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a sociedade da información en Galicia e tamén das políticas de goberno en áreas como o emprego, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. Deste xeito, CeMIT coordina as actuacións das distintas aulas públicas de acceso a internet dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia dirixidas a conseguir a alfabetización dixital da sociedade galega e o desenvolvemento da sociedade da información. As persoas interesadas en participar nos cursos e actividades que organiza a Aula CeMIT poden solicitar máis información ou inscribirse na Aula Multimedia, no primeiro andar do Centro Social da rúa Oriente.
mos que o resto do ano. Se existen distintivos no establecemento que indican a admisión de tarxetas, o consumidor pode pagar con elas sen recargo ningún.
* Os medios de pago son os mes-
* O consumidor ten dereito ao cambio dos artigos defectuosos e reparacións nas mesmas condicións que noutras épocas do ano, é imprescindible para reclamar que garde o ticket de compra e lle selen a garantía se fose o caso. * Infórmese ben das condicións de devolución dos produtos, para non levar sorpresas, pois a Lei obriga ao comerciante a cambiar o xa vendido, só se o produto é defectuoso ou o publicita. * Debe terse en conta que as ofertas que se fan a través da publicidade obrigan ao cumprimento.
Consellos da OMIC para sobrevivir ás rebaixas
* Asegúrese de que o produto que vai adquirir é o que necesita. Non merque por mercar, evitando a compra irracional. De tódolos xeitos se xorde un conflito sempre pode e debe reclamar na Oficina Municipal de Información ao Consumidor, situada no segundo andar da Casa do Concello de Ponteareas, ante o Servizo de Consumo da Comunidade Autónoma ou a través dunha Asociación
Xaneiro de 2012 - Publicidade
7
8
Ponteareas - Xaneiro de 2012
O Concello de Ponteareas oferta cursos de lingua galega Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Cultura, que dirixe Andrés Sampedro Fernández, lémbralles a todos os veciños e veciñas que xa está aberto o prazo para solicitar a participación nos cursos de galego preparatorios para a obtención dos diferentes niveis de Certificados de lingua galega(Celgas).
O
Estes cursos están organizados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e impartiranse de xeito gratuíto no Concello de Ponteareas. O prazo para presentar as solicitudes remata o 27 de xaneiro de 2012. Todas aquelas persoas interesadas nestas actividades formativas, e en participar nas probas para a obtención dos devanditos certificados, poden pasar polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, situado no segundo andar da Biblioteca Pública Municipal onde recibirán a información e o asesoramento necesarios.
Telefonía, electricidade e servizos bancarios coparon as reclamacións dos usuarios da OMIC durante 2011 Oficina Municipal de Información ao consumidor de Ponteareas (OMIC) atendeu durante o período de novembro do 2010 a novembro do 2011 un total de 2.149 consultas, das que un 85% se realizou de xeito presencial nas propias dependencias da OMIC, un 11% a través do teléfono e o restante 4% a través do correo electrónico.
A
En canto ás reclamacións dos usuarios, segundo o informe de actividade presentado pola OMIC, tramitáronse un total de 215 das que se resolveron 177, o que supón algo máis dun 82%, estando en trámite e pendentes de resolución un total de 38 reclamacións. As reclamacións relativas a servizos de telefonía (115) son as que acapararon a meirande parte das tramitacións realizadas dende a OMIC, seguidas moi de lonxe polas reclamacións relativas a servizos eléctricos (19) e bancarios (15). A concelleira delegada de Consumo, Marisol Valado Pérez, aseguraba estar “plenamente satisfeita da labor que realiza a OMIC na defensa dos intereses dos veciños e veciñas de Ponteareas” e nesa mesma liña agradeceu o traballo realizado pola responsable da Oficina, a avogada Antonia Yanes Sobral, “que cunha máis
que contrastada profesionalidade responde a todas as dúbidas que os consumidores lle formulan e aconséllaos sobre os pasos que deben seguir na defensa dos seus intereses”.
de Consumo capítulo aparte merece a campaña formativa e informativa que, sobre os dereitos dos consumidores, se desenvolveu no pasado 2011 nas parroquias ponteareáns e nos centros escolares.
Marisol Valado explicou que, ademais, a OMIC elaborou un calendario informativo de 2011 e carpetas Consumo Ponteareas 2011 e que se instalou un posto de información sobre os dereitos do consumidor na rúa Oriente o día 15 de marzo, coincidindo co Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
As charlas nas parroquias, que xa se desenvolveron en Arcos, San Mateo, Prado, Moreira e Pías, “continuarán durante 2012 ata abranguer a totalidade das parroquiais de Ponteareas para que, veciñas e veciños, saiban como funciona a OMIC, como lles pode axudar e como pode defender os seus dereitos como consumidores”.
Dereitos dos consumidores Para a titular da Concellería
Calendario Galego de Ponteareas 2012 s veciños e veciñas poden dispoñer xa do seu exemplar do Calendario Galego de Ponteareas co que o concello ponteareá quere felicitarlles as festas do Nadal. Esta é o cuarto ano consecutivo en que se edita este calendario que reflicte, en imaxes, o que é o municipio.
O
Este calendario 2012 reflicte unha vila dinámica, moderna, festiva e atractiva que fai que sexa escollida como un atractivo lugar de residencia e que conta con todo tipo de instalacións para que toda a veciñanza poida gozar de variadas actividades lúdicas, culturais e deportivas nunha vila que posúe lugares de grande beleza paisaxística. En anos ante-
riores o Calendario Galego de Ponteareas reflectira na súa primeira edición aqueles lugares máis emblemáticos de todo o concello, facendo ao mesmo tempo unha homenaxe a personaxes que destacaron no eido da cultura e o deporte para, nos dous anos seguintes, recoller o Corpus Christi en épocas pasadas e amosar un dos eventos máis importantes que acolleu a vila e no que se reuniron en Ponteareas co gallo do III Congreso Internacional de Arte Efémera, delegacións de cidades alfombristas de todo o mundo. Este Calendario Galego de Ponteareas 2012 estará a disposición dos veciños de xeito totalmente gratuíto na Casa do Concello.
Venda de produtos elaborados polo alumnado do Obradoiro Ocupacional de Asprodico lumnas e alumnos do Obradoiro Ocupacional de Asprodico, puxeron a venda durante o Nadal diversos produtos elaborados por eles mesmos, nun posto situado na rúa Oriente, ás portas do Centro Social de Ponteareas.
A
A iniciativa buscaba que os veciños e veciñas coñezan e valoren o seu traballo incrementando, dese xeito, o seu grao de autoestima persoal. Como fins secundarios, este posto de venda servía tamén para que a veciñanza coñeza un pouco máis sobre o propio centro Asprodico e, finalmente, para sufragar un xantar de Nadal, feito que tamén incrementa o seu nivel de autoestima ao poder pagar, co seu traballo, dita actividade.
9
Xaneiro de 2012 - Ponteareas
Preto dos cincuenta nenos e nenas participan na cuarta edición da Escola de Alfombristas de Ponteareas pasado sábado 14 de xaneiro deu comezo no Centro Social da rúa Oriente o curso 2012 da Escola de Alfombristas de Ponteareas, actividade organizada pola Concellería de Cultura e que dende o seu inicio, hai xa catro anos, busca o obxectivo de que o sector máis novo da poboación involúcrese no coñecemento global da confección das alfombras do Corpus Christi.
O
A Escola de Alfombristas está dirixida aos nenos e nenas maiores de 6 anos e desenvolve as súas actividades todos os sábados no Centro Social ponteareán. Ao longo das clases, tal e como explicaba na presentación a responsable da Escola, a deseñadora Ángeles Fernández Lago, os participantes coñecerán polo miúdo todos e cada un dos pasos que se seguen para converter as flores en auténticos tapices merecedores de atraer a denominación de Interese Turístico Internacional. Dende o comezo desta Escola de Alfombristas, “foron máis de 40 os nenos e nenas que participaron nas súas actividades, para adquirir os coñecementos teórico-prácticos que lles permitan continuar esta tradición secular de Ponteareas”. Este ano, segundo explicaba Ángeles Fernández, “aqueles nenos que levan
con nós xa catro anos encargaranse de achegar os coñecementos básicos aos nenos e nenas que participan por primeira vez nesta iniciativa”, un xeito, asegura, de consolidar os seus coñecementos explicándollelos a outros. Pola súa banda, o concelleiro responsable de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, incidía na importancia do sistema de aprendizaxe, xa que “as clases teóricas teñen o seu complemento nas clases prácticas e, para iso, nada
mellor que realizar todos os anos, unha alfombra floral durante a noite de Corpus, utilizando para iso todos os coñecementos adquiridos ao longo do curso”. A participación de nenos e nenas nesta Escola de Alfombristas, que agora conta con preto xa dos 50 alumnos, “garante que unha festa secular siga a manterse no tempo como así o vén facendo dende hai máis de século e medio”.
O Concello ratifica a súa aposta polas enerxías renovables Concello de Ponteareas vén de amosar a súa firme aposta polas enerxías renovables coa súa participación, xunto co Concello de Tomiño e a Asociación Forestal de Galicia por parte de España e a Autoridade Florestal nacional e a Universidade de Trasos-Montes e Alto Douro por parte de Portugal, no programa transfronteirizo Silvaplus, que busca promover un espazo no que a biomasa forestal que producen os bosques desta zona, teña un aproveitamento sostible e no que os utilizadores desta enerxía renovable, poidan plantexarse sen problemas de subministro, proxectos e iniciativas enerxéticas.
O
O aproveitamento da biomasa forestal que promove o proxecto
Silvaplus, amais de permitir a obtención dunha enerxía respectuosa co medio ambiente permitirá, segundo os participantes na iniciativa, transformar o principal factor de risco dos lumes forestais, como é o rápido crecemento da biomasa, nunha fonte de creación de enerxía e de novos empregos no medio rural.
Doutra banda, a substitución de combustibles fósiles por biomasa forestal do entorno, de carácter renovable, reducirá de xeito importante as emisións de gases de efecto invernadoiro, contribuirá ao aforro de enerxía e ao uso de fontes de enerxía máis respectuosas.
O proxecto Silvaplus, segundo o rexedor municipal, permitirá implantar modelos silvícolas e infraestruturas nos montes que garantan a sostibilidade do recurso e, ao mesmo tempo, permitirá a formación de cadros profesionais nas distintas facetas do seu desenvolvemento, como son a silvicultura e xestión forestal, instaladores e persoal de mantemento das plantas e caldeiras de biomasa forestal. Dende ese punto de vista, explicaba González Solla, esta iniciativa transfronteiriza busca tanto a “utilización de enerxías renovables e respectuosas co medio ambiente, como a creación de novos postos de traballo relacionados coas novas enerxías”.
10
Publicidade - Xaneiro de 2012
Maquinaria e pinturas de calidade
11
Xaneiro de 2012 - Ponteareas
Primeira Gala do Deporte de Ponteareas
FOTOS: Hernández
Auditorio Reveriano Soutullo ateigouse de público que quería presenciar, en directo, a celebración “I Gala do Deporte de Ponteareas”, que tiña lugar o pasado día 7, organizado polo Concello, a través da Concellería de Deportes. No acto estiveron presentes o presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán; a directora xeral de Comercio da Xunta, Nava Castro; a deputada provincial Marta Iglesias amais de concelleiras e concelleiros da Corporación Municipal.
O
A Gala do Deporte repartiu un total de 60 recoñecementos, 22 deles entregados a clubs das diferentes modalidades deportivas, 33 a título individual, recoñecendo os éxitos acadados polos deportistas ponteareáns, e 5 destinados a empresas privadas, pola súa decidida e destacada aposta polo deporte da localidade, xa sea como colaboradores ou patrocinadores. Completou a terna de premios os agasallados entregados á Deputación Provincial, en recoñecemento ao seu apoio ás Esco-
las Deportivas así como polos investimentos realizados na mellora e creación de novas infraestruturas deportivas en Ponteareas. O alcalde, Salvador González Solla, amosou o seu agradecemento a tódolos que na tarde do sábado se achegaron ao Auditorio Reveriano Soutullo, facendo posible que “todos os galardoados sentiranse arroupados”, nun acto que non ten outra intención máis que “recoñecer o traballo desinteresado e o esforzo de moitas persoas e institucións”. Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Alberto Novoa, salientou que esta gala, “nace cunha clara vocación de continuidade, tratando de fomentar, a través do recoñecemento público, a práctica do deporte”.
tos de España de Ciclocross. Aínda que non estiveron presentes, si recibiron os calorosos aplausos dos asistentes cando a presentadora da Gala, Aurora Domínguez, anunciaba a consecución do título de Campioa de España por parte da cadete Desiree, e o Subcampionato da súa nai, Isabel Castro, na categoría Elite, completando a súa boa actuación co bronce acadado coma integrante da Selección de Galicia na proba de relevos.
Aplausos na distancia Entre as homenaxeadas na Gala figuraban as ciclistas ponteareás Isabel Castro e a súa filla Desiree Duarte, que non puideron asistir ao evento por atoparse disputando os Campiona-
Artes gráficas, imprentas e copisterías
12
Covelo - Xaneiro de 2012
Concerto de Nadal da Coral Xuntanza de Covelo FOTO: Hernández
A CORAL XUNTANZA fúndase en 1996 en Covelo, onde vén desenvolvendo dende aquela a súa actividade participando en diferentes ciclos e concertos por Galicia, incluíndo unha aparición na TVG, viaxando no ano 2010 a Portugal para ofrecer dous concertos na cidade de Santarém. Actualmente a coral está inmersa nunha nova etapa que acometen con grande ilusión da man do director e compositor ponteareán, Julio Domínguez.
idea dunha escola de música partiu hai 2-3 anos de maneira experimental no seo da coral Xuntanza de Covelo coa colaboración do Concello e a APA do colexio público. A proposta de Julio Domínguez, o director da Coral, comezouse cun incipiente coro infantil como semente. Nestes momentos aínda é un proxecto e actualmente cóntase coa asistencia de 19 nenos entre 4 e 12 anos que ademais de cantar en coro reciben clases de lectura musical e iniciación instrumental. Tamén hai sesións para
A
adultos (principalmente na coral) que xa levan funcionando este tempo de maneira máis continuada con clases de lectura, piano, armonía e informática musical. Hai que destacar que dende o principio cóntase co apoio incondicional de todos os membros da coral (algúns axudan nas tarefas de organización e coordinación), o Concello (cedendo aulas e instalacións) e, por suposto, os pais que tamén axudan en diferentes tarefas. Xa é tradicional que os nenos e os adultos da coral actúan conxuntamente ofrecendo sendas actuacións en Covelo polo Nadal e, como final de curso, a montaxe e representación dunha obra de teatro musical. A todos os membros lles gustaría que esta Escola de Música da coral Xuntanza fora pronto unha realidade estable desenvolvendo un programa de estudios en diferentes niveis de acordo coa normativa das escolas de música oficiais, pero todo pasa por aumentar o número de alumnos e contar con máis medios (instrumentos e instalacións específicas) para poder desenvolver as actividades da man de profesores especializados, pero de momento están moi satisfeitos da labor e
JULIO DOMÍNGUEZ (Ponteareas, 1965) inicia a súa formación musical en Ponteareas con Ángel Viro e posteriormente nos conservatorios de Santiago de Compostela e Vigo asistindo a numerosos cursos e seminarios de piano, composición, Jazz, electroacústica e informática musical en España e Portugal continuando de maneira autodidacta e especializándose en Dirección Coral cos mestres Manel Cabero (Barcelona) e Javier Busto (Donostia-San Sebastián) viaxando e traballando logo cos directores máis prestixiosos a nivel internacional, especialmente o sueco Eric Ericson. Funda en Ponteareas os coros "Camerata ad Libitum" (1990-2008), "Camerata Peque" (1992) e "Camerata Vivace" (1998-2010) desenvolvendo durante vinte anos unha intensa actividade recibindo o Gran Premio Nacional de Canto Coral 2002. Dirixe habitualmente como convidado agrupacións nacionais e internacionais ademais de impartir cursos e obradoiros para universidades e conservatorios en España, Italia, Bélxica, Venezuela e EE.UU.. Como compositor, ten escrito obras premiadas para coros de adultos e nenos incluíndo partituras obrigadas en concursos internacionais e encargos para o máis prestixiosos festivais de todo o mundo.
Xaneiro de 2012 - Salvaterra
de Miño
Leirado quenta motores para o entroido parroquia de Leirado no concello de Salvaterra de Miño estáse preparando para o entroido deste ano, que se presenta especial, pois xa é a terceira vez que se volve a facer dende que se reanudou a sua celebración. Esta festa, con fondo arraigo na parroquia, deixou de organizarse durante uns anos ata que a asociación Cultural Leitarello, constituída esencialmente para este fin, tomou as rendas deste fextexo.
A
Dita asociación formada por mozos e non tan mozos da parroquia traballa arreo durante todo o ano organizando multitude de actos (San Xoán, magosto, excursións varias…) para recadar fondos para o entroido, que este ano, por mor da crise, presenta dificultades engadidas. Ademais dos fondos obtidos por estes actos o entroido tamén se financia con donativos dos veciños e axudas do Concello, polos cales a asociación quere dar as gracias. A programación para este ano inclúe una charanga, una comparsa e, como novidade, unha batukada, que seguro será do agrado de tódolos asistentes, sen esquecer as carrozas elaboradas durante todo o ano polos veciños e que conformarán o desfile do próximo domingo de entroido día 19 de febreiro polas rúas do centro da parroquia. Ó remate de dito desfile haberá chocolate gratis para todo o mundo e una actuación dun trio musical.
13
14
Publicidade - Xaneiro de 2012
Grandes rebaixas no comercio de Salceda Merca na tĂşa vila
Xaneiro de 2012 - Salceda
15
de Caselas
25 ANOS
Salceda presenta a historia das súas Bandas de Música
A
Banda de Música de Salceda vén de presentar o seu libro “Salceda en Festa: Historia das bandas de música en Salceda” que reflicte a historia das bandas existentes no Concello dende 1892 ata a actualidade.
Xose Ramón Paz Antón, autor do libro, adica a súa obra a falar das bandas de música que fixeron historia en Salceda. Dúas ideas importantes definen o resultado final da Historia das Bandas de Salceda, a diferencia doutros Concellos do País: a “existencia de tres bandas en dous momentos históricos o periodo entre 1910 e 1920 e a época da República 1931 e1936; dúas bandas en Santa María e a de Soutelo”, que amosa a histórica riqueza musicaldo Concello, é algo moi importante que “Salceda está a disfrutar na actualidade do seu mellor momento musical de todos os tempos”. O autor fai unha división do libro en dúas partes: na primeira parte fala da representación de bandas existentes en Salceda, que segundo datos existentes, comprende o período entreos anos 1892, primeira referencia da existencia dunha Banda en Salceda e 1962, data da desaparición das Bandas en Salceda, en dous focos diferentes, por unha banda a parroquia Soutelo e por outra banda a de Santa María de Salceda. Na segunda parte resalta a situa-
ción percorrida pola Banda a través dos 25 anos que agora se celebran, dende a nova etapa que comeza no ano 1986 ata hoxe. Estas dúas partes están claramente diferenciadas principalmente pola procedencia dasfontes documentais e na abundacia ou escasez das mesmas, así coma na diferentemetodoloxía de investigación levada a cabo. As fontes consultadas para a primeira parte foron básicamente a través da prensa en hemerotecas, co cal o seu coñecemento exhaustivo vese limitado pola pouca información que se puido obter a través da prensa e entrevistas coas persoas destacadas dentro do mundo das bandas de música da vila. Esta última modalidade foi
mais requerida durante a época da Guerra Civil e a postguerra, xa que non existen referencias escritas na prensa que fixese referencia ás Bandas de Música de Salceda. Sen embargo as fontes dispoñibles para o coñecemento destes últimos 25 anos son moito mais variadas xa que se recurriu a fotografías, programas de man, videos, notas de prensa, e sobre todo, ás testemuñas directas dos protagonistas que afortunadamente aínda viven. De aí que Paz Antón resalte a importancia de traballar no obxectivo de obter un arquivo fotográfico para facer máis sinxela labores de investigación no futuro.
dando a nota Leonardo Fernández Sestelo, Presidente de Asociación Amigos e Amigas da Música afirmou que: “Coa publicación da historia das Bandas de Música existentes en Salceda podemos afirmar que estamos a acadar a nosa maioría de idade. Quero agradecer o compromiso de Xose Ramón Paz Antón de realizar en tempo record esta obra, así como ao Concello de Salceda e a Deputación polo financiamento, e por suposto a todos os amigos e amigas da música, que protagonizan a nosa historia musical” Marcos Besada Alcalde de Salceda resalta que “é un soño para min ver culminar este proxecto. Para entender e por en valor a riqueza musical é importante saber de onde vimos e quen somos, e o porqué Salceda está neste momento de esplendor musical tendo unha das mellores Bandas do País: só o coñecemento da nosa historia nos da as claves, e a obra que presentamos é unha peza que completa o puzzle da nosa historia ” O libro sairá á venda con 1000 exemplares, dos cales xa 300 están comprometidos, cun prezo de venta que ascende a 10 € , 8€ para os socios e socias. Os puntos de venda concentraranse na Casa da Música e nas librerías da vila. A presentación oficial do libro terá lugar o Domingo 20 ás 19:00 no Auditorio Municipal de Salceda, contando coa presencia de Xose Ramón Paz Antón, Leonardo Fernández Sestelo e Marcos Besada Pérez.
16
Salceda de Caselas - Xaneiro de 2012
Concello de Salceda de Caselas, coa organización da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Deportes, puso en marcha a primeira carreira San Silvestre. A carreira discurriu por todo o centro urbán da Vila e nesta primeira edicción os participantes correron 2700 metros.
O
O ambiente foi moi festivo, con moitos dos corredores disfrazados, e o abano de idade estivo entre 1 e 70 anos, idade esta última que superaron varios dos participantes. Entre os concurrentes na proba tamén se atopaban corredores profesionais de Salceda e dos concellos limítrofes.
Salceda pecha o 2011 con deporte e ambiente festivo
No remate da carreira todos tiveron bocadillo, auga e chocolate. Fíxose mención especial o senior feminino e masculino e tamén o máis cativo feminino e masculino.
Marina Cabaleiro, resalta que “pretende ser un evento a consolidar en futuras edicións, xa que a participación desta superou as 500 persoas, entre os 430 inscritos e os que se animaron a última hora”.
DestacOU a participación na proba de moitos membros da corporación municipal, o Alcalde, a Tenente Alcalde e varios concelleiros. Unha maneira festiva e deportiva para dar remate a este ano 2011.
Os veciños comparten na primeira Feira sen cartos primeira feira do Troco de Salceda, organizada por Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e Concelleira de Benestar Social, estrenouse o pasado domingo, tendo unha moi boa acollida dos veciños, asegurando a súa continuidade que pretende ser bimensual.
A
Os comerciantes de Salceda volven á peseta CISA (Asociación de Comerciantes e Industriais de Salceda) repartiU entre os seus clientes este Nadal 4000 € en premios, distribuídos en catro vales de compra de 1500, 1000 (2) e 500 €, a consumir nos establecementos de ACISA participantes na campaña. A Asociación pretendía así poñer un aliciente máis nun mes fundamental para o pequeno comercio, e que este ano está a resultar máis difícil que en outras ocasións pola difícil situación que están a atravesar moitas familias.
A
Tamén aproveitando as datas de Nadal os establecementos de Salceda sumáronse á campaña de cobro con pesetas. Foron moitos os comercios que
amosaban o distintivo que indica que os seus clientes poden facer os seus pagos en pesetas. Buscaban tamén así a forma de axudar á xente que aínda que non está a pasar un bo momento económico ten aínda algunhas pesetas gardadas que non sabe como trocar en euros. Apoio do Concello Loli Castiñeira, Concelleira de Comercio de Salceda de Caselas, púxose dende o primeiro momento a disposición de ACISA para colaborar en todo o preciso. “Agora máis que nunca temos que apoiar ao comercio local e poñer todo o que estea da nosa man para que as campañas organizadas acaden o mellor resultado posible.
Esta iniciativa que se suma á de recollida de xoguetes realizada na campaña de nadal, nace co obxectivo de darlle unha segunda oportunidade a todos eses obxectos que temos na casa, que xa non usamos e que sempre hai alguén que os pode necesitar. Unha feira sen cartos, que neste tempo de crisis é
moi valorada polos veciños. O troco é unha opción sostible, neste momento en que todos debemos apretar o cinturón, agudizar o inxenio e buscar solucións. Marina Cabaleiro explicou que “é a forma de intercambio máis antiga do mundo e é habitual que recobre importancia en época de crisis; ainda que pareza algo esquecido, actualmente está resurxindo con forza. Neste contexto, e como proba diso, nace Troca Salceda, como alternativa o sistema de compra-venta. Unha maneira de promover o consumo responsable, a reutilización e a reciclaxe”, rematou a concelleira.
17
Xaneiro de 2012 - Tomiño
Concello de Tomiño procedeu á corta dos eucaliptos que impedían visibilizar a Fortaleza de San Lourenzo de Goián na súa totalidade dende a outra marxe do río ou mesmo desde a ponte da Amizade. Esta actuación estase a realizar nas propiedades privadas colindantes á fortaleza e a obra de “Recuperación ambientaldo en torno da Fortaleza de San Lourenzo e da Praia de Goián”. A tala destes eucaliptos era unha indicación realizada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia e que figura no seu Plan Director de Fortalezas Transfronteirizas (FORTRANS). Ademáis era unha deman-
da de moitos veciños e veciñas e mesmo foi plantexada na última reunión do Foro Fortaleza do 26 de setembro por varias membros entre eles as autoridades da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira. A apreciación da obra que se ten levado a cabo sobre este Ben de Interese Cultural (BIC) ten sido xestionado dende o Concello de Tomiño ante os veciños propietarios das fincas, os cales en todo momento se mostraron moi receptivos ante a iniciativa. O concelleiro de Urbanismo, Uxío Benítez, e o presidente da Comunidade de Montes de Goián, Martín González, foron os encargados da tramitación oportuna. Así conseguiron a respectiva autorización de Consellería do
Medio Rural por estar no en torno de Rede Natura e elaboraron un concurso de ofertas entre varios madereiros para efectuar a tala dos eucaliptos. A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, declaraba que“ dende o Concello de Tomiño queremos expresar o noso agradecemento e comprensión que tiveron os propietarios das fincas colindantes. Grazas a Clementina Ozores e aos irmáns Javier e Antonio Crespo, donos das fincas, pola súa implicación así como a do presidente da Comunidade de Montes, Martín González. Esta colaboración é fundamental porque vai permitir abrir a fortaleza ao río e así faremos visible o noso patrimonio e melloramos a nosa paisaxe”.
18
Tomiño - Xaneiro de 2012
Éxito do Nadal Solidario e Integrador de Tomiño Concello de Tomiño finalizou o pasado mércores 21 de nadal a recollida de xoguetes para agasallar aos cativos e cativas de Tomiño neste Nadal que se pretende que sexa solidario e integrador. Para tan bonita iniciativa colaboraron 21 asociacións de tódolas parroquias do municipio. As asociacións participantes foron: AAVV de Amorín, AAVV cultural deportiva de Barrantes, AAVV de Carregal, AAVV Os Medos de Currás, Asociación de mulleres do Maraghozo de Estás, Asoc. Fonte dos Carreiros de Figueiró, AAVV de Forcadela, AAVV de Goián, AAVV de Pinzás, AAVV cultural recreativa e deportiva de San Salvador de Sobrada, AAVV San Miguel de Taborda, AAVV e propietarios de Sta María de Tebra, comunidade de montes de S. Salvador de Tebra, AAVV O Árbol de Vilachán, Asoc. Cultural Perpetuo Socorro de Vilameán, Asoc. Cultural e deportiva Raíces de Piñeiro, Asoc. Mulleres Paso a paso, Asoc. Gaitas Virxe do Alivio, SOS Tomiño, Asoc. Mulleres Rurais e adeto.
O
O Nadal solidario e integrador de Tomiño baséase na recollida por un lado de xoguetes e libros de lectura non bélicos e en boas condicións de ser reutilizados e de alimentos non perecedeiros. Os alimentos foron entregados a
SOS Tomiño que os distribuirá entre os seus usuarios. Os xoguetes e os libros foron recollidos aos longo de 15 días en tódalas parroquias do municipio participando un alto índice de veciños e veciñas. Os xoguetes foron empaquetados laboriosamente polas asociacións de mulleres rurais e paso a paso de Tomiño. O resultado desta iniciativa é que máis de 50 nenos e nenas de Tomiño de entre 1 e 14 anos van poder disfrutar este Nadal dun xoguete. Peluches, cocheciños, bonecas, xogos interactivos, xogos de mesa, libros,.... un gran abanico de xoguetes doaron os veciños e veciñas de Tomiño nun acto de solidaridade que a inciativa do Concello de Tomiño en colaboración coas asociacións que van a levar ledicia a
máis de 40 familias. O Concelleiro de cultura, Xose María Regueiro, apuntaba esta mañán que “nos sentimos verdadeiramente satisfeitos da repercusión que tivo esta iniciativa. Moitos xoguetes foron recollidos polas 15 parroquias do concello nas que os seus veciños e veciñas quixeron aportar e participar dunha acción tan solidaria como esta. Quero agradecerlles a todos a súa colaboración e tamén o meu agradecemento para as asociacións de mulleres, moi especialmente a mulleres rurais e paso a paso polo seu traballo de empaquetar e axeitar os xoguetes para que os nenos e nenas descubran un Nadal de agasallos”.
O Concello clausura os cursos de empregado de oficina e de carpinteiro-ebanista artesán Concello de Tomiño clausurou os cursos de empregado de oficina e de carpinteiroebanista artesán facendo entrega a Alcaldesa dos certificados de asistencia. Ambos cursos estaban destinados a veciños e veciñas desempregadas de Tomiño. O Concello de Tomiño a través da subvención da Consellería de Traballo e Benestar e do Fondo Social Europeo impartiu os dous cursos nunha iniciativa de formar aos desempregados e desempregadas e facilitar a súa inserción laboral.
O
Dous foron os cursos que se clausuraron este mes. Foron os cursos de empregado de oficina e carpinteiro-ebanista artesán que finalizaron o pasado 14 e 9 de decem-
bro, respectivamente, e serviron para formar a máis de 30 persoas. O curso de empregado de oficina podemos constou de 818 horas tendo comezado o pasado 27 de xuño ata o 14 de decembro. As clases impartíronse na nave de formación ocupacional San Benito de Tomiño e ademáis de aprender ferramentas informáticas para a xestión de calquer pequeno negocio, tamén recibiron formación teórica que se
complementou coas prácticas en empresas. O curso de empregado de oficina se ven realizando dende o ano 2006 polo que este é o sexto ano que se realiza en Tomiño. O curso de carpinteiroebanista artesán foi un curso de 828 horas na que 13 alumnos se formaron dende o 27 de xuño ao 9 de decembro na elaboración de mobres. Este é un curso que é o primeiro ano que se realiza e xa hai tres alumnos con
emprego. Ademáis os aprobados poden solicitar unha carta de artesán nesta especialidade. O centro de formación ocupacional o Regatiño de Goián foi o lugar escollido para a impartición deste curso cunha aceptable porcentaxe de empregabilidade. A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, reseñou a importancia da “ formación para os desempregados e desempregadas tomiñesas que se aposta por axudar á xente na búsqueda de ferramentas que faciliten o emprego nestes difíciles momentos. Estes programas xunto co Programa Clara, aínda en vigor, constitúen unha aposta importante do Concello neste eido”.
19
Xaneiro de 2012 - Tomiño
O material a empregar trátase de virutas de madeira relada
O Concello de Tomiño remodela os patios dos colexios cun material novidoso Concello de Tomiño ven de remodelar os patios de varios colexios do municipio aplicando un material novidoso no sector: Trátase de sustituir o material que existía nos patios, normalmente area, e facelo por virutas de madeira relada máis hixiénico e de eficacia contrastada noutros países europeos.
O
A concellería de educación do Concello de Tomiño experimentou este novo sistema no Colexio de Barrantes con gran satisfacción por parte da comunidade escolar. Este novo material ten varias ventaxas, por un lado, evita a putrefacción, a lama e as alerxias que produce a area que é o material ata entón máis empregado e ade-
máis amortigua os golpes incluso mellor que a planchas de caucho. Nestes momentos estase tamén a acondiconar o patio da infantil de O Seixo que tiña dado problemas a varios neno se nenas alérxicos polo polvo que desprendía. As virutas de madeira relada é un material do que o Concello se pode aprovisionar localmente, xa que é un recurso existente en Tomiño, tanto o materia prima como as empresas que o transforman. Deste xeito é un sistema máis rentable económicamente o que permitirá abaratar custes tamén á hora de reposición. Dende a Concellería de Educación teñen previsto continuar co arranxo dos colexios con esta técnica.
O concelleiro de educación, Xose María Regueiro, explicaba “as ventaxas que ten o aproveitamento desta materia prima na que Tomiño é verdadeiramente rica. É por en valor os recursos locais
Risoterapia para mulleres en Tomiño
para aplicalos ás necesidades do día a día. Dende a Concellería de Educación temos o propósito de avanzar na sustitución da area que hai nos patios por estas virutas de madeira relada”.
Xa se poden ver na web do Concello as bases para o “Venres da foliada” Concello de Tomiño acaba de publicar na súa páxina web as bases para participar no desfile de comparsas “Venres de Foliada” deste ano 2012. O desfile celebrase este ano o 17 de febreiro ás 21h30. No caso de choiva será o 24 de febreiro á mesma hora. As bases foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local na súa sesión do 9 de xaneiro do 2012. O prazo de inscrición abriuse o pasado 12 de xaneiro e pecharase o 13 de febreiro. A convocatoria está aberta a todas as asociacións veciñais, culturais, xuvenís, grupos, colexios, etc.
O
Concello de Tomiño celebra estos días un obradoiro de risoterapia organizado dende a Oficina de Igualdade. O obradoiro consta de 3 sesións de 2 horas cada unha nas que 31 mulleres de entre 30 e 65 anos coñecerán ferramentas que lles faciliten entender e afrontar a vida dun xeito máis positivo.
O
A risoterapia é un tipo de terapia de facilita entre outras cousas dispor de coñecementos e destrezas para eliminar bloqueos emocionais, físicos e mentais e axuda, tamén, a fortalecer o sistema inmunolóxico así como reducir o
estrés, aliviar síntomas de ansiedade e depresión, aumentar o pensamento creativo e resolución de problemas e reducir a ansiedade interpersoal e favorecer a comunicación positiva.
O obradoiro constará de 3 sesións e está coordinado dende a Oficina de Igualdade O obradoiro ten tido moito éxito entre as mulleres que xa teñen demandado
un novo obradoiro destas características. De feito estas 31 mulleres foron admitidas de entre un número maior de demandantes, que por razóns de límite de prazas non puido admitir a todas. Dende a Oficina de Igualdade están moi satisfeitos con esta actividade que sendo tan sinxela proporciona tantas melloras entre as alumnas. A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, calificaba de “fructíferas este tipo de iniciativas que a pesar de parecer irrelevante, proporciona alegría, seguridade e mellora a calidade de vida dos usuarios.”.
Para poder inscribirse debese cubrir o impreso que facilitará o Concello ou descargando na páxina web que se presentará na oficina de Rexistro de Municipal.
Xornal Galego de Información Xeral Director: Carlos Rey Bárcenas. Edita, maqueta e imprime: Publicaciones Tameiga, S.L. Enderezo: Avenida do Aeroporto, 83, Tameiga,
Mos. Pontevedra. Enderezo electrónico: redaccion@hermeseatenea.com publicidade@hermeseatenea.com director@hermeseatenea.com Teléfonos: 986487480/658585049 Coordinador: Guillermo Rodríguez Colaboradores: Alicia Rocha, Vicente Alló, X. A. Pérez Lema, Pablo Glez Mariñas, Anxo Fernández
da súa vida. Disfrutaba intensamente da vida: espectáculos, xoldras nocturnas, cannabis, alcohol, tabaco, chistes e anécdotas “desternillantes”. Con el estaba garantizada toda celebración. Era un grandísimo seductor e conquistador. O seu fácil verbo e encanto personal eran determinantes. As súas cinzas serán esparexidas na costa ferrolá. “Voy a salir a navegar de Ferrol y cuando el capitán diga”, dice Verónica. O fillo do gran Torrente Ballester non podía defraudar no complexo mundo da literatura e das letras. De tal pau, tal acha. A súa axitada vida alternouna coas súas grandes
O
Juan Louzán/Madrid. luns 26 de decembro faleceu en Madrid Gonzalo Torrente Malvido, fillo do tamén escritor galego Gonzalo Torrente Ballester. Gonzalo fillo deixou unha impronta de home aventureiro, intelixente, descarado e a veces xenial. Na década dos setenta tivo problemas coa xustiza. Foi un grande orador, conversador, diplomático e trouleiro. Inconformista por natureza. Creouse unha leyenda esaxerada e a veces falsa en torno aos seus excesos. Un cáncer de colon levouno cos seus favoritos; ValleInclán, Bergamín, Husley...
Gonzalo Torrente Malvido viviu os seus últimos anos sen publicar nada. Non era aforrador. O que gañaba queimáballe as mans. Gozaba dos praceres da vida coa intensidade do que vai morrer pronto. Morreu con 76 anos, e gozou ao máximo do que este mundo puxo ao seu alcance. Quedáronlle poucos amigos de verdade, motivado pola sua informalidade. Pero recuperaba as suas amizades grazas á súa gran capacidade de simpatía e encanto persoal. O único amigo que xamáis o abandoou é o ourensán José Menor Canal, que o tivo na súa casa de Madrid durante os últimos 40 días
Falece en Madrid o escritor Gonzalo Torrente Malvido obras. Este ferrolán tuvo un arranque notable como escritor. En 1960 quedou finalista do Premio Nadal coa súa primeira novela, Hombres varados. En 1963 gañou o Premio Café Gijón con La raya, en 1969 resultou vencedor do Premio Sésamo
Saborido, Antonino García, Emilio Ínsua, Anxo S. Porto Ucha, Xoan Xosé Pérez Labaca, Raúl Daniel Sotelo, Manuel Rosende, Inma Otero, Miguel Andión, Juan Louzán (Madrid), Coki (Nova Iorque), Carlos Barros Fotografía: Arquivo, Hernández Publicidade:Sandra Araujo, Guillermo Rodríguez, Suso Vieito e departamento propio Depósito Legal: VG195-2011
Este xornal imprímese en papel reciclado
con Tiempo provisional. A década dos sesenta foi a mellor para Gonzalo, e así o acreditan obras como La balada de Juan Campos, e o volume de contos La muerte dormida. Na década dos setenta é prolífero en colaboracións con prensa e revistas culturais. Fui a súa peor e máis conflitiva etapa. Gonzalo utilizou a súa elegancia, intelixencia e sangue frío para apropiarse do alleo e falsificar algunhas firmas que o sacaron de serios apuros económicos nos anos setenta. Viaxou por toda Europa. Nas súas carencias económicas sobrevivía con enorme facilidade e ousadía. Era unha persoa xenial á hora de captar proximidades persoais. E con grandes e puntuais dotes humanas. Nos anos oitenta publicou a súa mellor obra: La Gaya Ciencia. As súas estancias en prisión inspiráronlle Cuentos de la mala vida. E son notables El crimen de la herradura, Balada en muerte menor, Teorema del mal e Cuentos recuperados de la papelera. Na década dos noventa escribíu Doce cuentos ejemplares e Torrente Ballester, mi padre. Fixo a adaptación cinematográfica da obra de seu pai Crónica del rey pasmado. A súa última obra data de 2005, Puro cuento. Gonzalo deixóunos con bolsas cheas de centos de cadernos escritos, e a esperanza de que os seus fillos, Verónica (Beba) e Luís, acorden cunha editorial a súa publicación.