Skip to main content

A NOVA PENEIRA - Nº19 - 2ªQ. Xuño 2013

Page 1

www.apeneiradixital.com

XORNAL

ANO 2 - nº 19

ARBO Xesús Alonso Montero departe en Arbo sobre Rosalía de Castro

GALEGO DE INFORMACIÓN

XERAL

Xuño (2) de 2013 - 2€

Festas da Rosa de Mos Páxina 10 en diante

Páx. 6

PONTEAREAS Preséntase a 1ª Carreira Nocturna do Tea, que terá lugar en Ponteareas o 6 de xullo Páx. 5

SALCEDA Finalizan as obras de rehabilitación dos cruceiros de Fonte da Pedra e Maceira FOTO: HERNÁNDEZ

Páx. 15

TUI

MORRAZO

REDONDELA

VIGO

GONDOMAR

500 veciños de Tui acompañan ao Alcalde na ofrenda do Antigo Reino de Galicia en Lugo

O Intercéltico do Morrazo organiza un concurso para grupos noveis

O Conservatorio de música de Redondela programa un mes de xuño moi musical Páx. 26

O alcalde incide en que os datos de maio de Peinador “avalan” a defensa do aeroporto Páx. 27

Quince alumnas da Escola de Adultas de Baredo visitan a depuradora de Baiona Páx. 33

Páx. 16

Páx. 31


2

Opinión - Xuño de 2013

Con estes amigos non preciso inimigos ogo de que a moción de censura en Ponteareas fora suspendida podemos adentrarnos nas entretelas da mesma; coñecer o que se coceu na súa contorna, os intereses que entraron en xogo na comarca.

L

Pero voltemos ao día , xa histórico, no que o Sr. Fraga e o seu escudeiro Cuíña (pai), ámbolos dous xa falecidos, chamaron Lucifer a Pepe Castro porque non quería afastarse sen deixar a un fillo como sustituto. Santiago dixo que nones e Castro respostou formando un novo partido co que competiu fronte ao PP.

que deixar a alcaldía, cando sería sustituído pola súa filla Nava Castro, e queda como concelleiro na Corporación Local.

contenda electoral; só fan falla homes e mulleres que, como á guitarra de Bécquer, lle digan “érguete e anda”.

Nas eleccións do 2003 os resultados serían: a UCPA, con Nava Castro á fronte saca 5 concelleiros; o Partido Popular outros 5, o BNG sube a 5 tamén e o PSOE segue con dous.

Nas eleccións de 2007, xa con 21 concelleiros porque Ponteareas supera os 20.000 habitantes, o BNG e o PP empatan a seis concelleiros, aínda que os nacionalistas conseguiran máis votos; os socialistas conseguen 4 concelleiros e aquí aparece unha nova formación política composta, na súa direción, sobre todo, por xente do “clan Castro” que non acababa de aceptar a súa situación dentro do PP. Trátase da ACIP (Alternativa Independente

Chegado o momento de elixir alcalde os concelleiros do PP local son conminados a apoiar a Nava Castro para alcaldesa pero desoen ao Partido. Son ameazados coa expulsión; Salvador votaría en branco e

Tratábase, logo, de atopar alguén que tivera a ousadía de enfrontarse a Pepe Castro no seu propio feudo, Ponteareas. Ningunha das persoas “tocadas” para enfrontarse a Castro aceptou inmolarse fronte ao “caudillo do Condado”. A tarefa non era sinxela. As negativas foron moitas e a situación complicábase para o PP galaico que se empeñara en defenestrar a Pepe Castro. Sería o propio Fraga quen “convidaría” a Salvador González Solla, actual alcalde, daquela empregado nun dos chiringuitos que o PP tiña na Cañiza, a poñerse fronte a Castro. Non lle deron alternativa; ou si ou si. O seu posto de traballo corría perigo ante dunha negativa. Diante desta situación, un home que ata esas datas fora colaborador de Pepe Castro sae á rúa disputándolle a Alcaldía. Obviamente, dende ese mesmo instante a familia Castro fixo piña co veterano petrucio, Nava Castro abandoa o Parlamento en solidariedade co seu pai e Salvador pasa a ser un “traidor” políticamante falando. Castro, igual que os vellos xenerais, morre matando e pon en marcha un novo partido, Alternativa Condado Paradanta (UCPA) que tamén se presentaría noutros concellos da zona; non para sacar alcalde, si para facerlle dano aos populares que mandaban, e seguen a mandar, nos concellos do CondadoParadanta. Logo dunha bronca campaña electoral do ano 1999 os resultados serían: PP, 5 concelleiros; Castro 7 concelleiros; o BNG consegue 3 e o PSOE 2 concelleiros. Castro é elixido alcalde por representar á lista máis votada e non haber acordo entre os outros tres partidos. En 2002, por problemas xudiciais, ten

César, traizoado polos seus

os outros catro concelleiros votarían a favor de Pancho Candeira, candidato socialista, quen xunto aos cinco concelleiros nacionalistas formaría un goberno bipartito que durou ata maio de 2004. Como di o refrán “pouco dura a fartura na casa dun pobre”. A dereita cando se trata do PODER é quen de tapar o nariz para recuperar o que entende era seu e deciden que “non máis experimentos en Ponteareas”. A UCPA de Nava Castro tiña os mesmos concelleiros que o PP de Salvador Solla. Sen embargo, para conseguir o pacto e presentar unha moción de censura cedeulle a Alcaldía a Salvador Glez. Solla. Nava estaría unha longa tempada como concelleira de facenda ata que foi chamada dende Santiago e marchou para o Goberno de Feijóo. Durante esta lexislatura os compoñentes do partido de Castro (UCPA) integrados no goberno non acaban de facelo completamente. A pesares do acordo de disolución esta non se produciría nunca. Hai quen afirma que nestes momentos ese partido está apto para entrar en

Condado Paradanta), que consegue 5 concelleiros. Para que non gobernara o BNG, por ser a lista máis votada, os Independentes de Carrera apoian a Salvador. En 2011 o PP consegue 9 concelleiros, o BNG saca 5 concelleiros; os Independentes conseguen 4 actas e o PSOE saca 3 concelleiros. A falla de acordo entre os independentes, os nacionalistas e os socialistas deixa a Salvador (PP) coa alcaldía de Ponteareas en minoría, tal como goberna nestes momentos. Curiosamante os socialistas retiran o seu candidato da disputa pola alcaldía; algo que realmente non ten moita explicación. As malas linguas din que tiñan medo a ser votados e preferiron que gobernaran os populares antes que deberlle a alcaldía a opcións políticas moi alonxadas ideoloxicamente. Tamén hai quen opina que puideran existir extraños pactos “subterráneos” que aconsellaban aos socialistas non quitarlles o goberno aos populares. Nós, coma o personaxe histórico de Bertrand Du Guesclin, “non quitamos nin poñemos rei, só informamos daquilo que oímos”.

EDITORIAL Nos últimos meses correuse a bóla de que ía haber unha moción de censura para retirar a Solla e poñer un alcalde do BNG. Finalmente todo quedou en nada, sen embargo si se produciron no eido popular reaccións propias dunha loita fratricida entre irmáns,( tal como xa ocorrera entre Pedro I O Cruel e seu irmán Enrique de Trastámara) que non respectan o sangue político con tal de salvar o pelexo. Vexamos. As nosas fontes, debidamente contrastadas, dinnos que Louzán chegou a propoñer a conveniencia de que gobernara o BNG con tal de sacar a Salvador do panorama político e de esquencerse de Ponteareas. Dixo estar ata o “cogote” de Ponteareas e dos problemas que o Alcalde lle formulaba. Pero isto, con ser grave, non é todo. Os alcaldes do Condado/Paradanta reunidos “ad hoc” asaetearon a Salvador facéndoo responsable de que se o BNG se fixera coa Alcaldía puidera un efecto dominó facer que no condado/Paradanta moitos concellos populares deixaran de selo. Tiña que irse, pois a súa marcha sería suficiente para que a moción de censura fora abortada. As nosas fontes dinnos que Salvador tiña que abandoar pero acompañado pola súa concelleira de facenda. Realmente espeluznante. Que os teus propios compañeiros de partido, non só non te apoien cando estás en dificultades, senón que son os que che poñen a corda ao pescozo para que te aforques con tal de salvar o seu pelexo!! A que xoga, logo, o PP en Ponteareas? Que recambio ten para Salvador? Un home ao que fixeron deixar o seu emprego cómodo para sacarlle as castañas do lume, cando decidiron defenestrar a Pepe Castro, sérvelles agora de chivo expiatorio para que os nacionalistas non pasen a gobernar en Ponteareas. As cábalas de por onde vai o PP son moitas. As certezas poucas. Sen embargo si queda un pouso indecente do comportamento tanto dos alcaldes do Condado/Paradanta, agás o de Arbo, que non é da familia, coma do propio Xefe Provincial que non poderá ser obviado por calquera candidato que, igual que Salvador, se “atreva” a representar ao PP en Ponteareas. Aquí vén como anel ao dedo a frase de César, “tu quoque filii mei!!


3

Xuño de 2013 - Opinión

CADERNOS DA VIAXE

Unha educación para ricos

*XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA *Avogado

var a bolsa, estruturada como unha excepción para “rapaces pobres con aproveitamento”.

educación universal e de calidade é condición necesaria para garantirmos unha relativa igualdade de oportunidades que faga inclusiva e aturábel a convivencia social. Dende a Lei de Educación de 1970 e, nomeadamente, dende a xeralización do sistema de bolsas, medrou substancialmente a achega de alumnos das clases medias e traballadoras ao ensino superior e, canda ela, a mobilidade social.

Non existe un dereito absoluto a desfrutar indefinidamente de bolsas sen aproveitamento nin a accedermos ao ensino superior. Do que se trata é de garantirmos que os menos privilexiados vexan removidas as chatas habitacionais, culturais e mesmo alimentares para o seu acceso aos níveis educativos, sen que esas chatas sexan unha barreira infranqueábel. E de propiciarmos esa mobilidade social inseparábel da democracia.

A

O proxecto Wert tenta revertir este proceso de mobilidade e inclusión, voltando a un ensino superior reservado ás clases privilexiadas, con certas concesións ao estudo de persoas moi brilantes a medio de bolsas. Velaí que no futuro sistema do PP poidamos aprobar cun 5, mais teñamos que acadar un 6,5 para obter ou ano-

O proxecto Wert limita moi substancialmente as bolsas e tenta desincentivar o acceso dos estudantes menos privilexiados ao ensino superior, agás dos máis dotados intelectualmente. Na Galicia haberá reválidas nas que empresas contratadas polo Ministerio van corrixir... os

resultados educativos da Xunta de Galicia! Unha caste de señores de negro que cumprirán o proxecto de converter o ensino máis nun instrumento de adoutrinamento ca de cohesión social e preparación intelectual. A arrincadeira: Galicia Bilingue na Academia de Belas Artes Galicia Bilingüe vén de presentar a súa revista na sede da Academia Galega de Belas Artes, nun acto partillado polas presidentas de cadansúas entidades. Esquecen a Presidenta Goicoa e demáis colaboradores de quenda que, no eido lingüístico, a autoridade é a Real Academia Galega. Unha Corporación de Dereito Público, que lle debe a súa sede e financiamento ás Administracións Públicas, non pode secundar teses de parte e menos as dun grupo que disinte de xeito radical dos valores de consenso lingüístico do Estatuto de Galicia.

O Parlamento de Galicia non é unha cuestión de número de escanos odos son uns tramposos, unha caste política, de empresarios e banqueiros, que temos e que non merecemos, de malos que son. Nos tempos que corren, resultan ser os sabidiños de turno,... os avanzados compadres da estupidez, os que –pola mañá cando erguen- van mirarse no espello e alí se recrean cando os devolve como seres guapos, ben peiteados, elegantes, dominadores, altivos e omnipoderosos, mestres do engano e carentes da máis mínima porción de afecto, intelixencia emocional, coñecemento social, humildade ou capacidade humana para saír do mesmo perfume que os satura, da mesma luz poderosa que os cega. Son os que xa sabemos capaces das meirandes traizóns, das ameazas e o medo, da mentira e a usurpación, da utilización do dereito para inculpar a outros, para prorrogar no tempo e que prescriban as súas culpas, para esborranchar a pureza orixinal da beleza, da tenrura, da inocente emoción que a vida nos concede a todos, para acceder a unha educación, a unha liberdade e xustiza igual para todos, a unha sanidade, a unha oportunidade de traballo, de vivenda, de sermos e sentírmonos como somos. Conto con que a historia os poña onde merecen, no lugar aquel onde se evoque –dentro xa de pouco tempo- que houbo uns gobernos de repugnante domeamento aborregado, de abuso

T

sobre dos máis débiles, de preferentes irreverentes, onde políticos-empresarios-banqueiros, abusando das prerrogativas que a lei – por eles feita e deseñada, á súa conveniencia- fixeron sufrir a toda a xente, sobre todo a aquela con maiores problemas pola idade, paro, marxinalidade, desafiuzamento. Aí serán citados un por un, a carón da animadversión xeral, nun tempo para non esquecer, para que sirva de exemplo e non se repita, neste tempo de confusión, equivocado e de dirixentes e xestores que na súa egolatría e comodidade fixeron o imposible por nos facer sufrir a todos para favorecer uns poucos –banqueiros e patronal, tamén a igrexa, do vic io sen fondo, ese que mente para xustificar o seu propio egoísmo- entre os que se contaban eles, elementos perversos da ostentación e do dano. Escapan da xustiza que se empeza a preguntar, ...que sabe xa –como todos nós sabemos- que se as súas eran cacicadas, que se financiaron irregularmente, que roubaron, que cobraron por detrás da ramalleira, que colocaron aos seus amigos de filiación, que facilitaron recalificacións, que coquetearon co delito constantemente, que executaron e sentenciaron, que mercaron vontades, que deturparon a inci-

piente democracia. Fixérono a base de leis, de silencios pactados, a base de monarcas obsoletos e vividores, de privacións e manipulacións informativas, de memorias ocultadas, de ausencia de

reparación dos xenocidios amparados da ditadura das ideas que aínda hoxe é homenaxeada. Se sumamos todo iso, e o moito que non digo, veremos que romperon calquera alento de loita pola dignidade, calquera promesa de cambiar, de ser e ter algo de persoas. Romperon os elementos esenciais da cohesión social de calquera pobo, que nos perseguiron, que nos avergoñaron diante o mundo,

*Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero) *Mestre e músico

que nos empobreceron, que nos fixeron sentir desexosos de non ter nada que ver con eles, que nos fixeron sentir o desexo de arredarnos de todo o que cheire a eles, lonxe da súa podremia. E aquí estamos, agardando que a xustiza se poña no seu sitio e os coloque onde debe, que historia os enumere un por un, pagando os seus atentados, as súas omisións, os seus crimes, as súas ofensas, as súas transgresións e vulneracións da decencia, da lei, da vida. Que a historia proclame dunha vez os seus pecados e que paguen por eles, devolvendo o que levaron e facendo unha lectura exacta e detallada. A ver se así aprendemos e non caemos nunca máis nesta miseria, a do capitalismo feroz que enfronta ao home contra do home, na explotación ruín que se evidencia, na frustración e fracaso excluínte, o da prostración. Tamén para contar dunha vez, ao dereito e sen manipulacións, a verdadeira historia, aquela da que fomos protagonistas sendo vítimas e na que sinalemos claramente que, eles, foron lacra, carga e estorbo, fracaso e lastre de anceios e esperanzas, dos nosos ansiados horizontes aínda nin sequera soñados, de xustiza e liberdade, de porvir e de ledicia, que nos negan pero que agardan por nós nun futuro desexado.


4

CONDADO - Xuño de 2013

Lembranza a Luciano Doval na tradicional Entrega de Medallas de Prata do Corpus >> ALFOMBRISTAS PREMIADOS Alfombra Orotava: Don Carmelo Sosa López Praza de Bugallal: Dona Palmira Freitas Pereira Rúa de Oriente: Dona María del Carmen Cuña Pereira Praza Maior 1º Tramo Dona Rosa Peña Vázquez Praza Maior: D. Alejandro Doval Domínguez FOTO: HERNÁNDEZ Os alfombristas homenaxeados (sentados) posan tras recibir os galardóns de prata, acompañados polos concelleiros membros da Coporación municipal

Concello de Ponteareas realizou o pasado luns 3 de xuño a tradicional entrega das Medallas de Prata do Corpus Christi. Nesta edición o Concello tamén lle rendeu homenaxe, a título póstumo, a D. Luciano Doval Mera, deseñador e alfombrista artífice das distintas alfombras realizadas durante máis de trinta anos na praza Maior de Ponteareas.

O

A xornada estivo adicada a agradecer o traballo e esforzo realizado

ao longo do mes de maio por todos e cada un dos portais alfombristas de Ponteareas. Deste xeito, celebrouse unha misa na igrexa parroquial por todos os alfombristas finados, e a continuación, tivo lugar a ofrenda floral no monumento adicado aos alfombristas. Para rematar esta xornada adicada a enaltecer o traballo anónimo de cada unha das persoas que colaboran na realización das alfombras no Corpus Cristi, ás nove da noite

Cruceiro de San Gregorio: D. José Vicente Lamora Andrade Rúa dos Ferreiros: D. Saturnino Míguez Novoa Rúa dos Ferreiros–San Roque: D. Antonio Souto Parente

Rua Doutor Fernández de la Vega-“Fonte Do Baratillo”: D. Gabino Martínez Represas Rúa Doutor Fernández de la Vega-“Cantón de Boavista”: D. Rafael Álvarez Rivero Reveriano Soutullo: Dona Mª Carmen Presa Garrido Reveriano Soutullo-“A Castiñeira”: Dona Alicia Lorenzo Cuevas Reveriano Soutullo-AAVV ‘A Pena do Equilibrio’ de Arcos: Dona Isidra Rodríguez Araújo Reveriano Soutullo-“As Monxas”: D. Vicente Carballo Solla Avda. da Constitución “Elduayen–La Giralda”: Dona Abilia Rodríguez García

Rúa Doutor Fdez. de la Vega: Dona Nieves Castelo Lorenzo

tivo lugar no Auditorio Reveriano Soutullo o acto institucional da entrega das Medallas de Prata do Corpus Christi ás persoas que os

Ofrenda floral no monumento adicado aos alfombreiros

representantes de cada un dos tramos alfombrados propuxeron ao Concello por consideralos merecedores desta distinción.

alcade de Ponteareas, Salvador González Solla acompañado da Corporación Municipal, rendeu homenaxe o día 3 de xuño aos alfombreiros finados realizando unha ofrenda floral no monumento na súa memoria que se atopa na rotonda da N-120 coa estrada de Mondariz.

O

O Concello de Ponteareas ergueu este monumento en agradecemento a todos os alfombreiros que de xeito anónimo traballaron arreo, ao longo da historia, para converter Ponteareas nun referente nacional, e agora internacional, na confección de alfombras florais. Nesta ocasión a ofrenda foi realizada polo alcalde

de Ponteareas, acompañado de dona María Manuela Domínguez Rodríguez, viúva de don Luciano Doval Mera, a quen este ano se lle rendeu homenaxe, a título póstumo, como recoñecemento público ao sacrificio realizado ao longo de toda a súa vida como deseñador e alfombreiro, e en agradecemento ao seu legado como mestre na confección e deseño de alfombras florais. O acto foi musicalizado polas gaitas da Banda Tremiñado de Ponteareas. Estes actos, xunto coa entrega das Medallas de Prata dos Corpus Christi, supón o recoñecemento anual de todo un pobo aos verdadeiros artífices da festa máis emblemática de Ponteareas.


5

Xuño de 2013 - CONDADO

Preséntase a 1ª Carreira Nocturna do Tea, que terá lugar en Ponteareas o vindeiro 6 de xullo O atletismo afeccionado está en alza e na comarca faltaba unha proba da distancia clásica

mais do Presidente da Asociación de Hostalería e Turismo do Condado, colaboradores da proba. O club Taninos, fundado en Ponteareas en 2010, decidíu cubrir a carencia da comarca dunha proba de atletismo clásica. A proba terá carácter competitivo e será preciso apuntase a través da páxina www.cronotec.es. O prezo para cada participante é de tres euros. Nestes momentos xa hai cen atletas apuntados e o límite son trescentos. A proba transcorrerá polo centro de Ponteareas, con saída e chegada no Parque da Feira Vella, onde haberá música despois da proba.

Casa do Concello de Ponteareas acolleu a presentación da 1ª Nocturna do Tea, unha proba de 10km que terá lugar na Vila do Tea o próximo 6 de xullo a partir das 21:30h.

A

No acto estiveron presentes representantes do club organizador, os Taninos Runners de Ponteareas, o Alcalde de Ponteareas e representantes dos colectivos Cáritas de Ponteareas e Ponte Solidario, ade-

A organización chama a que, de xeito voluntario, cada participante achegue algún alimento non perecedoiro, así como produtos de hixiene persoal e do fogar, que recollerán os colectivos Ponte Solidario e Cáritas de Ponteareas.

50 prazas para prácticas non laborais Estas prácticas desenvólvense dentro do proxecto Aquelando 3 do que forma parte o Concello, froito da firma coa Deputación do “Pacto Provincial para a Calidade e Produtividade Social no Emprego”, que se enmarca no programa operativo europeo “Adaptabilidade e Emprego” do Fondo Social Europeo. Cunha duración de 200 horas, poderanse facer nas seguintes áreas: limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais, dinamización de actividades de tempo libre infantil e xuvenil, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e tamén atención sociosanitaria a persoas no domicilio. A participación é gratuíta e os participantes poderán ter dereito a percibir unha bolsa de formación.

O Centro Cultural de Moreira estrea ampliación Goberno local segue a pesar da difícil situación económica apostando polo remate e conclusión da Rede de Centros Culturais parroquiais coa recente ampliación e reforma do centro cultural de Moreira. Neste caso o rexedor, Salvador González Solla, anunciaba a posta en funcionamento da nova ampliación do centro cultural de Moreira, cun investimento de mais de 72.000 euros, que se unen os 246.000 euros xa investidos nas duas anteriores fases neste centro.

O

Ademais destas obras de ampliación, o Concello dotou de mobiliario e de entrega de un ordenador e un proxector para o desenvolvemento de diferentes actividades que poidan levar acabo como proxeccións, cine, …

CxG alerta do “descontrol” de contratos con empresas alleas Compromiso por Galicia (CxG) de Ponteareas denuncia que os parques e xardíns municipais están a ser coidados por unha empresa privada, cando ata agora o Concello se facía cargo do mantemento destes espazos públicos con persoal municipal. Estes servizos, sinalan, foron privatizados á empresa FCC no ano 2007 cun contrato “excesivo” e “insultante”. Plan formativo O concelleiro de Cultura, Andres Sampedro, anunciou a posta en marcha un ano máis do plan for-

mativo municipal. Neste caso impartiranse máis de 60 cursos nos que poderán participar os socios dos centros culturais do concello.

CxG destaca a “incompetencia” do Goberno municipal, por “triplicar gastos nun concello en bancarrota”.


6

CONDADO -

Xesús Alonso Montero departe en Arbo sobre Rosalía de Castro

Xuño de 2013

>>>> BIOGRAFÍA <<<< Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928) é un ensaísta membro da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega, Catedrático de Literatura galega, sociolingüista, poeta e conferenciante. Pasou a súa infancia e adolescencia en Ventosela, Ribadavia, a terra dos seus pais. Pola súa idade, podemos dicir que pertence á xeración de escritores que comezaron o seu labor cultural despois da Guerra civil española. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Madrid e en 1966 doutorouse na Universidade de Salamanca cunha tese sobre Curros Enríquez. Foi catedrático de Lingua e Literatura Españolas das Escolas de Maxisterio, exercendo en Palencia, Lugo e Madrid. Destacou no campo da sociolingüística con libros como Ou porvir dá lingua galega (O porvir da lingua galega) (1969) ou o polémico e contestado Informe dramático- sobre a lingua galega (1973).

Concello de Arbo, en colaboración coa Asociación Cultural Evaristo de Sela e a Asociación Cultural Barca de Loimil, organizou unha conferencia que impartiu Xesús Alonso Montero, Presidente da Real Academia Galega, baixo o título de ‘Vida e Grandeza de Rosalía de Castro’.

O

A charla tivo lugar o pasado día 10 de xuño no auditorio do Museo do Viño. Realizou a presentación da conferencia a catedrática de Románicas Stella Maris Gonzalez Balbuena. Coñedida é a querencia de Alonso Montero por Rosalía, sobre todo pola Rosalía va-

PROGRAMA DE ACTIVIDADES 2013

lente e atrevida, non pola chorimiqueira que nos presentan habitualmente. Fixo unha exposición emotiva do poema rosaliano ‘A xustiza pola man’ onde Rosalía prantexa a desesperanza dunha muller a quen abandoan tantos os xuíces terrenais coma os celestiais.

Realizou e publicou estudos sobre escritores galegos como Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Manuel Leiras Pulpeiro ou Xosé Neira Vilas, entre outros. Recibiu varios premios e galardóns entre os que destacan: premio Galicia de Xornalismo (anos 1986 e 1990), premio Nacional de Xornalismo Xullo Camba (1988), premio Otero Pedrayo (1989) e o Premio Trasalba en (2000). Desde abril de 2013 preside a Real Academia Galega.

ASOCIACIÓN CULTURAL EVARISTO DE SELA (ARBO)

A Asociación Cultural Evaristo de Sela recibe o seu nome do poeta e helenista Evaristo González Fernández (Sela 1917Vigo 1994), que firmou toda a súa obra co seudónimo de Sela. Este home foi o primeiro tradutor da Iliada e da Odisea ao galego, directamente dende o grego clásico. Evaristo quería que os personaxes de Homero falasen coma o facían os seus veciños. Ademais deste libro traduciu poetas contemporáneos gregos no libro ‘Poesía neohelénica’, e publicou dous libros de poesía: ‘Amar’ en 1944 e a obra póstuma ‘Versos de preso e outras rimas’, en 2003. DOMINGO 23 DE XUÑO Ás 22 horas, celebración da noite de San Xoán no torreiro da Festa da Augardente

DOMINGO 28 DE XULLO Ás 19 horas, presentacion do Nº 12 do Seliña, boletin informativo da Asociación Cultural Evaristo de Sela, nas Escolas públicas

DO DOMINGO 4 Ó DOMINGO 18 DE AGOSTO Exposición de fotos antigas nos locais das Escolas públicas Aberta sábados de 18 a 21 horas e domingos de 12 a 14 horas e de 18 a 21 horas

SABADO 24 DE AGOSTO Ás 21 horas, celebración do día do socio con cea popular

DOMINGO 27 DE OUTUBRO Ás 19 horas, presentacion do nº 13 do Seliña, boletín da Asociación, nas Escolas públicas.

SABADO 9 DE NOVEMBRO Ás 17 horas, II Serán popular. Noite de pote e esfollatada. Encontro tradicional de labregos do Miño na praza de Sela

DOMINGO 10 DE NOVEMBRO Ás 15 horas, concentración de cabalos na praza en colaboración coa Asociación de Cabaleiros de San Fins (aínda en estudo)

DOMINGO 17 DE NOVEMBRO ÁS 10 horas, recuperación da Feira de Sela (aínda en estudo)

*A Asociación Cultural Evaristo de Sela advirte de que algunhas datas poden sufrir modificacións


Xu単o de 2013 - CONDADO

7


8

CONDADO - Xuño de 2013

Salvaterra e Monçao asinan un protocolo de irmanamento Alcalde de Salvaterra vén de reunirse con Director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial/Agrupamento Europeu de Cooperaçao Territorial Galicia – Norte de Portugal (GNPAECT) co fin de avanzar nun protocolo de irmanamento entre Salvaterra e o municipio de Mónçao.

O

Entre estes dous Concellos existe un gran vínculo de amizade e solidariedade, cunha larga tradición de cooperación transfronteiriza. Por este motivo decidiron formalizar un protocolo de irmanamento, co fin de colaborar para fortalecer as relacións inspiradas na igualdade, a paz e a prosperidade, tanto culturais como sociais, deportivas, turísticas e económicas, apoiando a organización de encontros sociais. A situación de proximidade dos municipios facilitou e facilitará a coope-

ración entre ambos municipios. Compartir o uso das infraestructuras e equipamentos que existen implicará para a poboación destes dous municipios ofertar mais servicios aos cidadáns e maximizar o uso das infraestruturas, facéndoas máis eficientes. Ámbolos dous concellos comprométense a posibilitar o intercambio de experiencias, iniciativas e solucións a problemas comúns, e a prestar o máximo apoio a aquelas iniciativas de alianza estratéxica entre empresas de ambas partes, contribuíndo a intensificación das relacións económicas e empresariais entre os municipios. Ademais proporanse o desenvolvemento de fórmulas participativas que permitan xuntar esforzos na execución de proxectos comúns en

O Concello de Salvaterra convoca axudas para material escolar O Concello de Salvaterra aprobou en Xunta de Goberno as bases da convocatoria de axudas económicas para a adquisición de libros e material escolar para o vindeiro curso. O obxecto destas axudas é promover a igualdade na educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos matriculados en Educación Infantil nos centros do municipio. O prazo de presentación de solicitudes fíxase do 12 ao 30 de agosto de 2013, ambos inclusive. Os interesados deberán presentar as solicitudes acompañadas da documentación en Servicios Sociais, martes e xoves de 08.00h a 14.30h

diversos ámbitos (culturais, sociais, educativos, empresariais, comerciais e turísticos). As principias Áreas de Cooperación serán a potenciación da enoloxía e da gastronomía local de forma conxunta; promoción e desenrolo do turismo; realización de colabora-

O muro exterior do Instituto de Salvaterra cambia de cara

cións e convenios para fomentar o uso compartido das instalacións deportivas, empresariais e culturais, buscando non so os recursos a nivel local, senón tamén na busca de vías de financiación externa vinculadas a programas de cooperación transfronteiriza, con proxectos presentados en colaboración con outros países.

Assembleia de Mulheres do Condado convoca o X Certame Literario Feminista do Condado Por décimo ano consecutivo, a Assembleia de Mulheres do Condado convoca o certame literario feminista do Condado. O premio está dotado con 300 euros e o prazo de presentación é ata o 30 de setembro.

O IES de Salvaterra realizou un concurso no que se seleccionou aos encargados de darlle unha nova cara ao muro exterior do centro. Os gañadores foron o grupo de graffiteiros "SOKRAM", de "DIOS KE TE CREW".

No concurso poden participar mulleres que presenten textos inéditos en galego, de temática libre, sempre que estea relacionada directa ou indirectamente coa situación de opresión da muller, e cunha extensión mínima de 20.000 caracteres para novela, obra teatral ou ensaio e seis poemas para quen presente poesía.


9

Xuño de 2013 - CONDADO

Galiza Nova reclama ampliar o horario da biblioteca de Ponteareas en época de exames aliza Nova, organización xuvenil do BNG, insta ao goberno local do Partido Popular a ampliar o horario de apertura da Biblioteca Municipal para apoiar o estudantado nestas datas de exames. Desde Galiza Nova indican que o horario de apertura da biblioteca durante a fin de semana -sábados de 11 a 14 horas- resulta claramente insuficiente e hai demanda social para ampliar o horario para a súa utilización como sala de estudo.

Presentado o Open de Planeadores da Cañiza

G

O Responsábel Local de Galiza Nova, Miguel Bouzó, indicou que “instamos ao goberno do PP no concello de Ponteareas, a Solla e Sampedro, a ampliar o horario da biblioteca para utilizala como sala de estudo”. “O estudantado xa ten transmitido esta demanda en

O pasado 14 de xuño presentouse na Casa do Concello da Cañiza o OPEN WORLD CUP COMPETITION F3B 2013, que se celebrará durante os días 22 e 23 de xuño no campo de voo de Fontefría (Pasteiro). anos anteriores e manifestado o seu malestar polo nulo interese do goberno para resolver esta necesidade, como ten advertido Galiza Nova”, lembrou Bouzó. Galiza Nova xa solicitou unha reunión co concelleiro responsa-

ble do departamento de Cultura, Andrés Sampedro, para trasladarlle a proposta dun horario máis amplo na Biblioteca Municipal e da posibilidade de crear unha nova sala de estudo para estas datas especialmente sensíbeis para o estudantado.

Leirado ficará sen consultorio médico Por Sheila Fernandes A veciñanza de Leirado e as 7 parroquias conlindantes, afectadas polo feche do consultorio médico, avaliamos a reunión celebrada o día 11 de xuño como unha estratexia do alcalde de Salvaterra de Miño, Arturo Grandal (PP), para tentar lavar a súa imaxen de cara a galeria. Chegamos a esta conclusión das súas propias palabras, "eu non podo facer mais, esta é una decisión do Sergas". Grandal ostenta den-

tro das suas competencias as de responsabel sanitario do municipio, responsabilidade da que era Director o médico que xubilou, polo que coñecían os dous, desde fai anos as intencións centralizadoras que aplica o Partido Popular, do que él fai parte, que pretende pouco a pouco rematar con a forma de vida do rural, fechando escolas rurais e consultorios médicos por poñer dous dos exemplos. O Regedor organizou unha xuntanza as 13h de un dia laboral, horario de dificil a-

sistencia para a maioria de persoas, con unha delegación do Sergas, formada por duas persoas e mais a directora do Centro Médico de Salvaterra, na mesma, os argumentos que foron expostos viraron entorno aos seguintes eixos, por un lado están dotando de maiores prestacións ao Centro Médico de Salvaterra, que isto permite unha mellor atención as persoas doentes, e que con a telereceta muitas das consultas xa non son necesárias, e que ademais o consultorio de Leirado carece do equi-

ORGANIZADO polo Club Voo a Vela de Fontefría en colaboración coa Fédération Aéronautique Internationale FAI, Real Federación Aeronáutica Española RFAE, Concello da Cañiza, Federación Aeronáutica Galega FAG e e Deporte Galego.

pamento tecnolóxico para desempeñar a mediciña no século XXI. Ante estos argumentos a nosa postura é clara e rotunda. O consultorio deixouse morrer por parte da administración tanto municipal como o Sergas e isto fixose enganandonos. Foi unha conquista da luita veciñal de Leirado, do que sempre nos preocupamos de modernizar, facendo xa en 2009 unha recollida de sinaturas pedindo mais servizos. A razón de ser da ubicación de ese consultorio médico aténde a dispersión territorial do municipio de Salvaterra, desde Uma até o centro urbano onde se ubica o o Centro médico hai

mais de 30 kilometros. A Leirado habia persoas que se desplazaban en chinpín ou tratoctor., imposibel para chegar a Salvaterra. Solicitamos que o consultorio dotese do equipamento necesário para que a atención levese nas mellores condicións posibeis tanto para a persoa profesional como para a doente. Dende a Plataforma entendemos que hai outras formas de facer planificación sanitaria sen discriminar o mundo rural, e apostando por recursos sanitarios mobiles. *Membro da Direçom Nacional de NÓS-Unidade Popular e veciña de Leirado


10

FESTAS DA ROSA DE MOS - Xuño de 2013

Festa da Rosa de Mos

FOTO: HERNÁNDEZ

Otilia Rodríguez foi a gañadora do concurso da Festa da Rosa de Mos, cun fermoso ramo de exemplares vermellos. "Desde logo é o ramo que me encantaría que me regalasen", asegurou a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro. Sara López recibiu o segundo premio e profesores e alumnos do colexio das Escravas Dolorosas mereceron o terceiro, pola orixinalidade dun ramo con forma de palmeira.

400 palilleiros e palilleiras congregáronse en Costoias na tradicional xuntanza da Festa da Rosa Este ano tamén estivo presente a Mostra do Encaixe de Camariñas n dos eventos culturais máis tradicionais e emblemáticos das Festas da Rosa, a Xuntanza de Palilleiras, celebrou o pasado sábado 8 de xuño, en Costoias, Tameiga, a súa sexta edición. Este acto organizouse conxuntamente entre a concellería de Cultura e as Palilleiras de Mos.

O monologuista Rober Bodegas actuou en Mos con motivo das Festas da Rosa. Esta era a segunda vez que o humorista actuaba na localidade mosense; nesta ocasión presentou o seu espectáculo ‘O Umbral da Estupidez’. A concorrida representación tivo lugar no auditorio do centro Multiusos das Pozas, situado na parroquia de Petelos.

U

Este ano destacou a grande asistencia, xa que acudiron ó redor de 400 palilleiros e palilleiras de todas as idades e procedentes de toda Galicia. Máis de 50 eran de Mos.

Rober Bodegas trae o sorriso ás festas de Mos

A xuntanza deste ano contou de novo coa participación da Mostra do Encaixe de Camariñas, que trouxo a palillar a Mos, ademais dos palilleiros adultos, a 30 nenas da Escola Municipal de Encaixe de Bolillos de Camariñas.

Como cada ano, o evento achegou ao público os traballos realizados polos alumnos e alumnas dos cursos de encaixe de bolillos impartidos nas asociacións mosenses, así como prendas elaboradas polos membros da Mostra do Encaixe de Camariñas.


Xuño de 2013 - FESTAS

11

DA ROSA DE MOS

Unha compra; unha rosa, en AKÍ Mos

400 corredores participaron na BTT Clube Ciclista Corredoira con motivo das Festas da Rosa A proba, de dificultade media-alta consistiu nun percorrido de 32 quilómetros polo municipio de Mos

A empresa AKÍ Mos agasallou coa flor mosense por excelencia ós veciños do Concello que fixeran calquera adquisición na tenda de Amieirolongo durante os días de celebración da Festa da Rosa. Ó acto de presentación da campaña acudiu Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, así como Kely Monzón, concelleira de Participación Cidadá, os tamén edís mosenses Alberto Méndez e Luis Alonso, e varios representantes de AKÍ Mos.

concelleiro de Deportes de Mos, Isidoro Táboas, informou da participación duns 400 corredoress na marcha BTT Clube Ciclista Corredoira, incluída dentro da programación das Festas da Rosa 2013. O evento deportivo, organizado conxuntamente polo Concello de Mos e o Clube Ciclista Corredoira, tivo lugar onte, dando saída ás 09.45 horas dende o Pavillón Óscar Pereiro. Os pri-

O

meiros ciclistas en realizar a proba, cun percorrido de 32 kilómetros, chegaron á meta ás 12.30 horas, mentres que os últimos fixérono unha hora despois, sobre as 13.30 horas.

A ruta transcorreu polo termo municipal de Mos, con regreso ó punto de partida, o Pavillón Óscar Pereiro, onde os participantes dispuxeron de duchas e servizo de limpeza de bicicletas.

A dificultade da BTT Clube Ciclista Corredoira está catalogada como media-alta, polo que puideron participar nela as persoas maiores de idade ou menores con autorización dos seus pais.


12

FESTAS DA ROSA DE MOS - Xuño de 2013

O Castro International School inaugurou oficialmente o novo centro educativo en Cela Alcaldesa e corporativos municipais estiveron presentes apoiando este proxecto que reporta importantes beneficios ó Concello de Mos e ós seus habitantes

pasado 8 de xuño foron inauguradas as instalacións do colexio O Castro International School en Cela (Mos), o primeiro colexio británico de Galicia.

O

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, descubriu a placa conmemorativa nun acto no que tamén estiveron presentes os demais membros, concelleiros e concelleiras, do equipo de goberno local, o xefe territorial de Educación e Pontevedra, César Pérez Ares, a Presidenta do Conse-

llo Económico e Social de Galicia, Corina Porro, a deputada provincial, Marta Iglesias, xunto con veciños e veciñas da parroquia de Cela. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacou que “este novo centro de estudios supuxo a creación de novos postos de traballo, que foron na súa maioría ocupados por veciños e veciñas de Mos, nuns momentos nos que o desemprego afecta a numerosas familias de Mos. Ademais O Castro International School é o úni-

co colexio internacional de Galicia e un dos poucos existentes en España, contando coa convalidación de estudos americana, co prestixio e o acento diferenciador que este dato lle confire á localidade mosense por contar no seu territorio con tan excepcional centro educativo. Con este, Mos suma xa a decena de centros educativos entre públicos e privados, e un total de preto de 3.000 alumnos escolarizados no termo municipal mosense”, declarou a rexedora local. O Castro International School supón un enriquecemento da oferta educativa en Galicia ao ser o primeiro colexio internacional da comunidade autónoma. Segue o currículo bri-

O Castro International School é o primeiro colexio internacional de Galicia tánico dende os 3 anos (nursery) ata os 17 (Year 13, equivalente a segundo curso de Bacharelato). Os alumnos son admitidos dende os primeiros anos, debendo superar unha proba de inglés no caso de nenos maiores non estranxeiros.


Xuño de 2013 - FESTAS

13

DA ROSA DE MOS

Preto de 90 vehículos clásicos percorren as estradas de Mos

O Concello de Mos homenaxea ó CD Alerta tralo seu ascenso a 2ª Rexional

O pasado domingo 9 de xuño celebrouse a III Concentración de Vehículos Clásicos de Mos, con motivo das Festas da Rosa. Neste evento reúníronse tanto coches como motos ou calquera outro automóvil a motor que tivera a antigüidade necesaria como para ser considerado clásico.


14

FESTAS DA ROSA DE MOS - Xuño de 2013

O Bar Pérez celebra o seu primeiro aniversario con Elena Carpintero á fronte BAR PÉREZ de MOS cumpriu un ano o pasado día 8 deste mes. Con tal motivo, celebraron unha festa á que estivemos convidad@s tod@s os seus clientes e amig@s. Conversamos con Elena Carpintero, a nova xerente. Elena ten 22 anos de experiencia no mundo da hostalería. Desenvolveu a súa actividade profesional en restaurantes de gran prestixio como o restaurante PACO FEIXOO de Vigo, ou o restaurante ALFREDO de Tameiga.

xeiros. En 1997 cesou a súa actividade e 15 anos despois, xustamente hai un ano o 8 de xuño de 2012, reanudou a súa actividade da miña man.

-Cóntanos a historia do bar e a vosa historia persoal. -O Bar Pérez é o segundo bar máis antigo de PUXEIROS; foi fundado no ano 1910. En 1974 trasladou a súa ubicación ás instalacións actuais, da man da familia Pérez Montes, de Pu-

-Celebrastes dalgún xeito especial o voso primeiro aniversario? -Efectivamente, o 8 de xuño celebramos o noso primeiro aniversario e quixemos que foxe un día moi especial para os nosos clientes e amigos; contamos cun grupo de

O

-Cales son as vosas especialidades? -O Bar Perez é especialista en comida caseira. Ademais temos o café PREMIUM, de máxima calidade, 15 marcas diferentes de cervexa, as torradas de Elena para o almorzo, as tostas de pan tumaca, etc.

gaiteiros, houbo fogos artificiais, sorteamos distintos lotes de produtos cedidos polos nosos provedores e tamén estivo TONIO, o polbeiro do Carballiño que nos acompaña todos os sábados dende as once da mañá ata as tres da tarde. -Que tipo de clientela vos visita con máis asiduidade? -Temos todo tipo de clientes, pero maioritariamente son persoas de entre 30 e 90 anos. As portas do noso bar están abertas todos os días do ano agás o 25 de decembro e o 1 e o 6 de xaneiro. -Que medidas pensades vós que deberán tomar as administracións para axudar ás PEMES? -Nós pensamos que se deberan baixar as cotas da Seguridade Social do pri-

meiro empregado para promocionar a incorporación de persoal e todo isto, aínda que a contía que se baixe na cota da Seguridade Social se adique á promoción do empregado. -Xa para rematar, que lle diríades aos vosos clientes e amigos? -Queremos agradecerlles a súa fidelidade e a súa crítica, positiva ou negativa, porque ámbalas dúas contribúen a que nós poidamos entender as súas necesidades e requerimentos. Que-

remos agradecerlles tamén a súa compaña, indispensable para os bos momentos que pasamos no local e que estamos seguros seguiremos pasando. Lembramos ademais que dispomos de Canal+ e pantalla xigante para podermos desfrutar xuntos dos partidos de fútbol, da Fórmula 1, motociclismo e demais retransmisións. AGARDAMOS A VOSA VISITA BAR PÉREZ Estrada de Puxeiros, s/n MOS


15

Xuño de 2013 - LOURIÑA

Finalizan as obras de rehabilitación dos cruceiros de Fonte da Pedra e Maceira s obras de Rehabilitación e acondicionamento dos cruceiros de Fonte da Pedra situado na parroquia de Santa María e o cruceiro de Maceira da parroquia de Parderrubias xa están concluídas. O orzamento asignado para a rehabilitación ascendeu a un total de 25.914,40€ subvencionado nun 82,76% polos fondos AGADER 2012, facéndose cargo do 17,4% restantes o Concello de Salceda de Caselas.

A

O entorno do cruceiro da Fonte da Pedra está composto por varios elementos: un cruceiro e un peto das ánimas que foi mandado construír posteriormente, no ano 1904. A importancia do cruceiro se remonta a cando Juan Antonio García Sestelo, mandou facelo peto en agradecemento ás Ánimas do Purgatorio por ter recuperado a súa saúde, a través das augas que alí habían que dicían eran milagreiras. Para súa rehabilitación realizouse a limpeza do cruceiro e peto de ánimas e o acondicona-

Xornadas sobre os residuos mento da área a través da reconstrucción dun muro, axardinaxe, adoquinado, focos de luz indirecta e cartel interpretativo, onde aperecen os datos máis importantes que levaron á construcción do cruceiro. Por outra banda o cruceiro de Maceira é o cruceiro máis alto de Salceda de Caselas, composto por varios Santos entre os que destaca o de San Tomé, patrón da parroquia

Risoterapia no peche dos Talleres de Memoria da Concellería de Benestar

de Parderrubias e Santo Antón por detrás. O ano de construcción é do 1799, polo que podería tratarse dun cruceiro xubilar(o ano 1800 era ano santo). O cruceiro foi mandado facer por María Antonia Alo, segundo aparece na súa inscripción. Na súa rehabilitación procedeuse a súa limpeza, e acondicionamento da área a través de adoquinado combinado con cemento impreso, iluminación indirecta e panel interpretativo.

Unha xornada de Risoterapia serviu para dar o peche a tres meses de Talleres de Recuperación de Memoria, organizados pola Concellería de Benestar de Salceda. A concelleira, a tenente de alcalde, Marina Cabaleiro, entregou aos 31 participantes un diploma de asistencia e un pequeno agasallo.

O 21 e 22 de Xuño o Concello de Salceda organiza as Xornadas ‘Os Nosos Resíduos’, nas que se explicará como separar correctamente o lixo e como facer compost na casa. O día 22 realizarase unha visita guiada á depuradora de Guillarei. O Concello, que forma parte do Programa de SOGAMA de Compostaxe na Casa, sorteará entre os participantes 30 composteiros.

Primeira mostra de artesanía de Salceda

O Proxecto Dragonfly organizou po pasado mes de maio en colaboración co Concello a terceira edición da DragonMarket, que este ano se celebrou por primeira vez en Salceda.


16

BAIXO MIÑO - Xuño de 2013

Preto de 500 veciños de Tui acompañaron ao Alcalde na ofrenda do Antigo Reino de Galicia en Lugo Nove autobuses con máis de 450 tudenses acompañaron á Corporación Municipal alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, presentou o pasado 10 de xuño, como delegado rexio, a Ofrenda que anualmente realizan os representes das sete capitais do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento na Catedral de Lugo. Cerca de cincocentos veciños de Tui, así como a súa banda de música, un grupo ataviados co traxe tradicional tudense e axentes do seu Policía Local, con uniforme de gala, conformaron a embaixada tudense en Lugo. Este amplo grupo desprazouse ata Lugo en nove autobuses facilitados polo Concello de Tui.

O

Moisés Rodríguez, na ofrenda, lembrou como este acto que se realiza ininterrompidamente dende 1669 é exemplo sobranceiro da nosa condición que os galegos soubemos conservar, e que hoxe nos honramos en continuar, pois expresa a nosa continuidade histórica como pobo. Conservar esta tradición é tamén reivindicar a nosa propia identidade que non é posible entender sen as raíces da fe cristiá (...)Cómpre non esquecer esta dimensión da nosa historia, pois unicamente dende estes valores auténticos, herdados dos nosos antepasados, podemos construír o noso presente e cimentar solidamente o futuro. Tamén fixo referencia aos graves problemas persoais e sociais que provoca a crise económica. Avogou

por unha nova orde social e por unha cultura da solidariedade. Danos folgos, Señor, para neste tempo de recesión atender aos que padecen as súas consecuencias. Suplicamos que nos ilumines especialmente para promover un novo orde, a nivel global e local, a nivel colectivo e persoal, para pasar dunha cultura deshumanizada a unha cultura da solidariedade. Porque esta crise que hoxe vivimos non é só de carácter económico e financeiro, senón que fai agromar outra crise mais profunda. Anualmente, o domingo seguinte ao do Corpus Christi ten lugar en Lugo este acto institucional e relixioso centenario no que participan os mandatarios das antigas capitais do Reino de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Mondoñedo, Betanzos e Tui. Trátase da ofrenda ao Santísimo e a súa posterior procesión pola cidade, coa que aquelas autoridades cumpren co voto solemne que fixeron en 1669, ante as dificultades económicas da Catedral de Lugo, de dotala dunha renda anual coa que iluminar o Altar Maior onde está exposto permanentemente o Santísimo Sacramento. Ata os nosos días celébrase ininterrompidamente este rito da Ofrenda do mesmo xeito nunha misa solemne: por quendas rotatorias anuais, os mandatarios municipais das sete cidades do Antigo Reino de Galicia (o alcalde

de cada cidade ou un delegado ou representante seu) presenta a Ofrenda. É a tradición institucional mais antiga que se conserva en Galicia como símbolo da nosa identidade e condición colectiva do noso país. Correspondíalle á cidade de Tui exercer a súa quenda no pasado

ano 2012 pero cedeuna tras unha petición formulada polo rexedor de Lugo para poder inaugurar as obras de restauración da Capela Maior do templo catedralicio lucense.


Suplemento de humor Xuño de 2013

Debuxo de Elena Ospina

Debuxo de Marçal Abella

XIII Xornada de Humor Social Por Francisco Puñal Suárez

A

tinuar pagándoa. O tribunal de Xustiza da Unión Europea considera ilegal esa lei. Segundo o tribunal, as medidas que regulan en España os procesos de desaloxos polo impago dunha hipoteca son incompatibles coas normas europeas de proteción aos consumidores.

Na actual Xornada participan 52 caricaturistas, entre eles, David Vela, Joan Subirana, Xaquín Marín, Elena Ospina, Alfredo Martirena, Jesús Zulet, Ermengol, Felix Ronda, Jaume Kapdevila, Marlene Pohle, Puig Rosado, Rafael Clemente, Marçal Abello, Enrique Pérez, Juli Sanchis, e outros, que doaron as súas obras a este evento.

A Plataforma de Afectados pola Hipoteca esixe a paralización inmediata dos desaloxos nos casos de vivenda habitual, e que se dean cinco anos aos ocupantes para continuar na casa cun aluguer social que non exceda o 30 por cento dos seus ingresos mensuais. Resulta desalentador - escribe Manuel Palomar Sanz, rector da Universidade de Alacante, no catálogo da mostracomprobar como nun país con máis de cinco millóns de vivendas baleiras, temos que asistir, día tras día, á exclusión social, á inxustiza moral que supoñen os desaloxos. A sociedade debe reaccionar con urxencia ante esta realidade.

Os desaloxos á forza de vivendas ou locais, están á orde do día en España. O desemprego neste país ronda os 6 millóns de persoas. Varias suicidáronse ao saber que ían ser sacadas das súas casas. Actualmente centos de miles de familias quédanse sen teito, sen fogar e sen posibilidade de proteción para os seus fillos. Mentres tanto o actual goberno español négase a cambiar unha lei inxusta e abusiva que obriga a quen perde a súa casa a con-

Os debuxantes -prosegue- presentes nesta mostra son bos exemplos desa reación desexable e necesaria na cal debemos implicarnos todos, e á que a nosa comunidade universitaria non pode ser allea. O humor ás veces debe escocer moito para penetrar ben fondo. E estas obras escocen como reflexións lúcidas que son, como a ironía que leva implícita a denuncia sobre esta situación tan amarga e tan carente de sentido que nos trae a crise.

Universidade de Alacante, co apoio da Fundación Manuel Peláez Castelo, e a Federación de Caricaturistas de España, acaba de inaugurar na Sala de Exposicións ALFOS, sobre o tema dos Desaloxos, a XIII Xornada de Humor Social, que é un referente nacional do humor gráfico, polo compromiso dos caricaturistas que cunha visión crítica, sensibilizan ao espectador nos máis variados aspectos sociais.

Debuxo de Joan Subirana

Debuxo de Elena Ospina

Debuxo de Kap


18

BAIXO MIÑO - Xuño de 2013

O alcalde de Tui foi recibido polo presidente da Xunta

En maio, 749 peregrinos iniciaron o Camiño en Tui en maio

dúbida no benestar dos veciños do municipio de Tui. Os dous mandatarios aproveitaron tamén para analizar a situación da tramitación da adxudicación das obras do novo Centro de Saúde de Tui, informando o presidente da Xunta da súa vontade de licitar, posiblemente este mesmo mes, esta obra e o seu firme compromiso neste tema.

Moisés Rodríguez, alcalde de Tui, foi recibido o pasado 11 de xuño polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no seu despacho. No decurso da entrevista repasaron diversos temas de interese común entre ambas administracións. Os dous puxeron de manifesto o su “amplo grao de colaboración”.

A inmediata apertura da escola infantil, a creación do Consorcio das Augas do Río Louro, a próxima clausura do Obradoiro de Emprego, o funcionamento da Eurocidade... son algunhas das realidades que xorden desta cooperación entre as administracións local e autonómica e que repercuten sen

Tamén estudaron asuntos como a necesidade de mellorar as condicións da zona da fronteira tudense, as comunicación ferroviarias ou o proceso de aprobación do Plan Especial do Conxunto Histórico tudense. Segundo o alcalde tudense a reunión desenvolveuse nun clima “de gran cordialidade”.

Iván Alonso, dobre campión de Europa e Manuel Garrido, subcampión de Europa

A

Difícil proba O padeeiro Iván Alonso, que viña como favorito tras acadar o Campionato do Mundo en Roma en K1, tivo unha competición moi disputada, na que o portugués Ramalho e o húngaro Petrovics lle puxeron as cousas difíciles, pero tras o último porteo, Iván demostrou que nestes momentos é o número un, acadando o Campionato de Europa.

Neste mesmo mes de maio foron 3.441 os peregrinos que realizaron o itinerario do camiño portugués que se consolida cada día como o segundo camiño de peregrinación, como alternativa ao Camiño Francés, segundo os datos fornecidos pola Oficina de Atención ao Peregrino de Santiago.

A Eurocidade acolle unha “Summer Training School”

pasada fin de semana Vila Verde (Braga) acolleu o Campionato de Europa de Maratón de Piragüismo onde os padeeiros do Club Kaiak Tudense acadaron 3 medallas de ouro e unha de prata. O primeiro en competir foi Manu Garrido, que na súa categoría C1 conquistou o Subcampionato de Europa, tras o Campión do Mundo Tono Campos. Manu fixo unha regata espectacular, aínda que tras o cuarto porteo, non puido seguir o ritmo do campión, mantendo a segunda posición na liña de meta.

Ata 749 foron os peregrinos que iniciaron na cidade de Tui o seu camiño de peregrinación a Santiago, que sumándolle os que iniciaron a súa peregrinaxe en Valeça, 446, temos que da Eurocidade saíron cara a Compostela 1197 peregrinos.

Iván acadou a segunda medalla de ouro na xornada do domingo, na categoría K2, xunto ao seu compañeiro Emilio Merchán, demostrando que nestes momentos non teñen rivais. E na categoría C2, os actuais Campións do Mundo, Óscar Graña e Ramón Ferro, padeeiros do Club Kayak Tudense, acadaron tamén o Campionato de Europa. En definitiva, espectaculares resultados dos pa-

deeiros do Club Kayak Tudense, que trouxeron para Tui catro medallas neste campionato, demostrando unha vez máis que son o mellor club do Mundo. Felicitacións O Concello de Tui felicita a Iván, Manu, Óscar e Ramón, e aos adestradores do Club Kayak Tudense polos éxitos acadados nestes Campionatos de Europa. Tamén agradece a tódolos amigos, familiares e seguidores que acompañaron aos padeei-

ros en Vila Verde, que lles animaron nas súas competicións. Por último, o Concello de Tui tamén desexa felicitar aos deportistas do Club Remo Tui que participaron no Campionato de Europa de Remo, que se disputou na Illa da Cartuxa, en Sevilla, onde Jesús González, Sergio Pérez, Nuria Domínguez e Esmeralda Santos tiveron unha destacada actuación, aínda que non puideron acadar unha medalla.

A Eurocidade Tui – Valença acolleu una “Summer Training School” do proxecto de investigación interuniversitario denominado “Acción COST TU1002: Recollida de instrumentos de accesibilidade e mellora da súa capacidade de uso das prácticas de planificación”, financiada pola Unión Europea. Tratase dunha estadía de arredor de vinte investigadores mozos, xunto con outros investigadores seniors, que estarán ao longo da vindeira semana estudando a planificación territorial do ámbito xeográfico da Eurocidade Tui – Valença. O acto de apertura terá lugar o luns 10 de xuño ás 09,00 horas no Edificio Área Panorámica de Tui, onde estará a sede deste encontro.


19

Xuño de 2013 - LOURIÑA

Nace a primeira asociación de afectados pola silicose de Galicia

500 persoas degustan porco alimentado con castañas

blico, na Casa Consistorial porriñesa, a propia asociación que nace en Porriño como única en Galicia e terceira en España.

Hai uns días o alcalde do Concello de Porriño, Nelson Santos, e o concelleiro de Canteiras, Carlos Martínez, recibían ao presidente da Asociación de Afectados pola Enfermidade da Silicose "Osílice", Serafín Ramilo, e ao vicepresidente, Juan Carlos Giráldez, para mate-

rializar a firma do convenio de colaboración entre ambas entidades e hoxe todos eles, acompañados da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, do alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, e do alcalde de Salvaterra de Miño, Arturo Grandal, presentaban nun acto pú-

Santos aplaudiu esta iniciativa e asegurou como alcalde "a necesidade de que o Concello se involucre ao máximo neste proxecto que toca de cerca a moitas persoas, pois son moitos os afectados por silicose en Porriño e en toda a comarca". Ramilo e Giráldez fixeron un chamamento a todas as persoas ás que afecte esta doenza, producida pola inhalación de sílice, a que se poñan en contacto coa asociación “polo ben común”.

A praza de abastos de Porriño acolleu unha degustación de porco alimentado con castañas. A afluencia foi masiva, coincidindo ademais con día de feira e principios de mes, así, desde a empresa organizadora estiman que se probasen o produto unhas 500 persoas. Entre elas, e como concelleira de Prazas e Mercados, María José Martínez tamén participou da degustación.

Máis de 600 nenos participan na I Olimpiada Escolar Concello de Porriño 620 estudantes dos diferentes centros do municipio participaron o pasado 7 de xuño na I Olimpiada Escolar Concello de Porriño. A iniciativa promovida pola Concellería de Deportes, congregou a centos de nenos, acompañados dos seus profesores, no polideportivo municipal para xogar ao fútbol sala, baloncesto e balonmano, ademais de practicar ciclismo e atletismo. O alumnado participante procedía dos colexios Cruz de Budiño, Atios, Xosé Fernández López, Antonio Palacios, Hermanos Quiroga, Santo Tomás e Ribeira, dos cursos terceiro, cuarto, quinto e sexto de Educación Primaria.

Continúa aberta a inscrición para o campamento de verán Veciñeando con Lumego

Ao finalizar fíxoselles entrega de medallas a todos os participantes a modo de recordo conmemorativo do acto.

A inscrición para participar en xullo no campamento de verán "Veciñeando con Lumego" do Concello de Porriño continúa aberta. Os nenos de entre 6 e 12 que estean interesados en participar aínda están a tempo de inscribirse ata o vindeiro venres 21 de xuño no Centro de Información á Muller (CIM), sito na terceira planta da Casa Consistorial, onde poderán obter tamén unha maior información respecto diso do mesmo xeito que chamando ao teléfono 986 337 429.


20

LOURIÑA - Xuño de 2013


Xuño de 2013 - LOURIÑA

21


22

BAIXO MIÑO - Xuño de 2013

O Concello de Tomiño mellora os accesos ás pistas de tenis de Mosteiro As obras, que inclúen o saneamento e mellora dos accesos, estarán rematadas a final deste mes e suporán un investimento duns 30.000 euros

O Concello inaugurará a antiga escola indiana ‘Unión del Porvenir’ Concello de Tomiño inaugurará o vindeiro venres 28 de xuño, as obras de rehabilitación e ampliación do edificio da antiga Escola Unión del Porvenir, situada entre as parroquias de Piñeiro e Taborda. Despois de trinta e cinco anos de abandono, esta

O

Concello de Tomiño leva a cabo nestes días o arranxo das pistas de tenis e padel de Mosteiro. Trátase dunhas instalacións municipais que foron arranxadas hai uns anos e que na actualidade requiren melloras nos seus accesos, para maior comodidade dos numerosos usuarios e usuarias que utilizan as pistas ao longo do ano.

O

As obras consistirán concretamente, na mellora e saneamento dos accesos ás pistas, en estado de precariedade. O custe, incluído nos orzamentos de este ano, ascende a uns 30.000 euros de fondos propios.

Segundo explicou a concelleira de Deportes, Cristina Martínez, o goberno local leva a cabo esta obra “tendo en conta a gran demanda por parte de usuarios e usuarias que, de xeito habitual utilizan, de xeito totalmente gratuíto, estas instalacións”. Ademais, os integrantes da Escola Municipal de Tenis, poderán estrear as pistas no mes de xullo, cando se organiza o xa tradicional torneo. Outro colectivo que tamén se verá beneficiado é o alumnado do CEP Padre Caselles Beltrán, situado xusto a carón das pistas deportivas.

As obras de recuperación e ampliación supuxeron o investimento de 650.000 euros achegados pola Xunta e o propio Concello. O acto de inauguración será o día 28 de xuño. inauguración faise coincidir co oitenta e dous aniversario da primeira inauguración do edificio, celebrada o día 28 de xuño de 1931.

Deste xeito, o Concello organiza unha exposición conmemorativa sobre arquitectura indiana, historia da emigración e do propio inmoble. Asemade, estase a preparar un audiovisual que se presentará o mesmo día da inauguración. A superficie ampliada, pola súa banda, ten dous locais abaixo e outros dous arriba para uso de asociacións veciñais e culturais de ambas parroquias; dous baños abaixo e outros dous arriba, escaleiras, etc. O investimento realizado ascendeu a 500.000 euros procedentes da Consellería de Traballo (a través do Obradoiro de Emprego) e outros 150.000 que achegou o Concello de Tomiño. Licitación cafetaría O prazo para optar á licitación da cafetería que se instalará dentro da antiga escola indiana, permanece aberto ata o día 17 de maio, podendo consultarse as condicións e requisitos no propio Concello.


Xuテアo de 2013 - BAIXO

MIテ前

23


24

BAIXO MIテ前 - Xuテアo de 2013


Xuño de 2013 - BAIXO

25

MIÑO

O Concello da Guarda, primeiro concello de Galicia en implantar a figura dos Tesouros Vivos da UNESCO Concello da Guarda traballa dende o pasado mes de decembro de 2012 no desenvolvemento dun proxecto de recuperación e salvagarda do patrimonio inmaterial referido á cultura marítima no concello.

O

Oficios aínda vixentes como os de apaño de argazo, mariñeiros, patróns de baixura e altura, marisqueo e redeiras quedarán inventariados neste traballo divulgativo. O proxecto tamén recuperará os saberes dos oficios desaparecidos como os de veleiros e cordoeiros, así como outros oficios a piques de desaparecer na Guarda como é o de carpintaría de ribeira. O proxecto culminará coa realización dun vídeo documental, a edición dun libro coas recollas e conclusións, diversas exposicións e actos de divulgación nos centros escolares da Guarda, e a elaboración dunha páxina web que será o punto de partida inicial para a difusión de todo o patrimonio do concello guardés. O desenvolvemento do plan, encargado á Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte nas ondas!, segue as recomendacións que establece a Unesco na Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial contando coa participación das comunidades,os grupos e os individuos que crean, manteñen e transmiten este patrimonio vivo. O proxecto contempla a posta en valor dos denominados Tesouros Humanos Vivos, cualificación coa que Unesco recoñece a aquelas persoas

que son portadores dun saber ou unhas habilidades excepcionais para a comunidade na que conviven e que se transmiten ou transmitiron por relevo xeracional de forma oral. Este proxecto foi presentado polo Concello de A Guarda ante o GAC 7Grupo de Acción Costeira da Ría de Vigo - A Guarda para a súa selección dentro das liñas de financiamento conxunta para proxectos non produtivos orientados á conservación do patrimonio marítimo. O plan conta coa colaboración e o apoio doutros colectivos relacionados directamente coa actividade económica do mar como son a Confraría de Pescadores e Mariscadores da Guarda, a Asociación de mulleres redeiras Atalaia e a Organización de Palangreiros Guardeses

(Orpagu), que participaron activamente na identificación dos “tesouros vivos” e na mediación para facilitar o labor técnico das recollidas. Entre as medidas que se inclúen neste proxecto contémplanse a identificación, a documentación, e o rexistro audiovisual deste patrimonio nos seus distintos aspectos que quedarán recollidos nunha publicación, nunha páxina web e formará parte da exposición permanente do Museo do Mar da Guarda. A Asociación Pedagóxica Ponte nas ondas!, que leva anos traballando na recolla do patrimonio inmaterial galego-portugués e na difusión e importancia da figura dos “Tesouros vivos”, propuxo ao Concello a elaboración dun sistema regulamentado sobre os Tesouros Humanos Vivos onde se contemplen todas as áreas do patrimonio inmaterial e aplicado

a todas as parroquias do Concello. Así, ademais da área do patrimonio marítimo, tamén se poderán abordar as festas e as celebracións anuais, os saberes tradicionais, as tradicións orais e a cultura agraria. "Modelo de referencia en Europa" O Tesouros Vivos do Patrimonio Marítimo de A Guarda pasan a ser una referencia europea documentada e preservada. O pasado 22 de marzo de 2013, Ponte nas Ondas amosou en Estonia, os avances do proxecto guardés durante as xornadas de traballo do grupo europeo Grundtvig Grand Treasures, do que forma parte dende hai dous anos. O grupo europeo está formado por entidades de Polonia, Grecia, Letonia, Estonia, España e Portugal que se centran en traballar co patrimonio cultural inmaterial nos seus países.


26

BAIXO MIテ前- Xuテアo de 2013


Xuño de 2013 - TERRA DE

27

REDONDELA

O Conservatorio de música de Redondela programa un mes de xuño moi musical Coa finalidade de dar a coñecer o traballo desenvolvido durante o curso e facer partícipe á poboación redondelá dos progresos e re-

sultados do alumnado do Conservatorio e da Escola de Música de Redondela, este centro divulga un programa de actividades que se

realizarán durante o mes de xuño, e anima a toda a cidadanía a participar delas e a alentar ás persoas que teñan inquietudes musicais

10 de xuño

O alumnado do Conservatorio dará un concerto no que participarán solistas, agrupacións, a Banda infantil, a orquestra de corda, a Banda do Conservatorio e outras sorpresas.

Concertos didácticos no Auditorio da Xunqueira. De 9.00 a 14.00 h. Participarán destes didácticos concertos preto de 900 rapaces e rapazas dos centros de ensino de primaria, en distintas sesións segundo as idades. Inclúense os concertos “Un soño musical”, “Un pobo sen música” (orientado a alumnado de infantil e 1º de primaria), e “Música de cine” (proxección de películas de animación con acompañamento musical e narradores).

28 de xuño Representación de “Un mundo sen música”, para os participantes no campamento da SAR. Auditorio da Xunqueira, ás 11 h.

Programa MÚSICA NAS PRAZAS

O obxectivo desta actividade é sensibilizar a poboación infantil en relación coa música e facer sentir a súa importancia en todos os ámbito e facetas da vida, mesmo a súa presenza no cinema e a transmisión de sentimentos e emocións.

17 de xuño Proxeccións de cinema musical ás 19.30 h. Aula 2 do Conservatorio. Entrada libre.

18 de xuño Proxeccións de cinema musical ás 16.30 h.

a iniciarse no seu estudo, especialmente aos máis pequenos, para os que pode ser unha das aprendizaxes máis significativas.

Esta é unha programación que pretende achegar a música a diferentes espazos da vila, coa finalidade de divulgar o traballo desenvolvido durante o curso e crear sensibilidade musical en toda a poboación. As rúas e prazas encheranse de música nas seguintes datas:

libre até completar aforamento.

14 de xuño, ás 20.30 h: Praza da Constitución

19 de xuño

18 de xuño, ás 20.30 h: Rúa Casto Sampedro

Concerto de fin de curso da Escola de Música. Patio exterior da Escola ás 17.30 h. Participará alumnado de todas as idades e niveis.

Orientadas a alumnado de música e movemento, preparatorio e grao elemental.

25 e 26 de xuño

Aula 2 do Conservatorio. Entrada

De 16.30 a 20.30 h poderanse visi-

tar as instalacións, comprobar o equipamento e facer consultas ao profesorado.

27 de xuño Xornadas de portas abertas. Festival de fin de curso do Conservatorio. Na Praza da Torre ás 20 h.

25 de xuño, ás 20.30 h: Praza de Santiago Apóstolo


28

VIGO - Xuño de 2013

O alcalde incide en que os datos de maio de Peinador “avalan” a defensa do aeroporto bel Caballero mantivo este martes reunións coa A.VV. Casco Vello, a Asociación de Taxistas e representantes de axencias de viaxes, dentro da rolda de contactos que está a manter previa á concentración en defensa de Peinador do día 19. A caída de viaxeiros "avalan que temos que actuar de forma inmediata", apuntou.

A

Os datos de pasaxeiros de maio en Peinador rexistran unha caída do 11% con respecto ao mesmo mes do pasado ano, cifras que "avalan que temos que actuar de forma inmediata", asegurou o alcalde, para subsanar a "discriminación" que padece o aeroporto de Vigo -o

único galego que non recibe subvencións- sobre os de Santiago e A Coruña. Caballero proseguíu este martes coas reunións previas á concentración convocada en defensa do aeroporto -o 19 de xuño, ás 20:30 horas na Porta do Sol-, entrevistándose hoxe con representantes da A.VV. Casco Vello, da Asociación do Taxi de Vigo e da provincia e de distintas axencias de viaxes. Os colectivos amosaron o seu "apoio" a "dinamizar" o aeroporto de Vigo para lograr que estea "en igualdade de condicións" co resto das terminais galegas, segundo informou o alcalde en rolda de prensa.

O goberno local adxudica 1,3 millóns a 57 entidades para apoiar a contratación de 300 persoas

O rexedor incidiu en que apoiar Peinador é respaldar o "aparato produtivo vigués", a súa economía, avanzou que "imos seguir adiante" e

avogou por subvencionar liñas tamén en Vigo mentres se manteñan as achegas públicas en Santiago e A Coruña.

O Dia da música aposta polo Reggae en vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a adxudicación por concurso público de 1.325.000 euros do Plan de Emprego do Concello deste ano, que permitirá que 57 entidades beneficiarias poidan contratar entre 250 e 300 persoas. O total de postos de traballo creados co Plan de Emprego municipal podería rondar os 600.

Máis sorpresas Woyza, Zamaramandi, Mr Mou [Natural Green], serán algúns dos invitados e as sorpresas das que poderemos gozar a noite do venres, grazas ao colectivo Minho Reggae, que continúa difundindo por Galicia e o Norte de Portugal, o reggae e as músicas e culturas que nos chegan da outra marxe do Atlántico.

Abel Caballero informou da resolución do concurso público para adxudicar 1.325.000 euros a entidades da cidade para axudar á creación de emprego.

A banda galego-portuguesa; Meninos Carentes faranos viaxar de Brasil a Xamaica, con temas cantados en galego portugués que beben dalgún dos grupos máis importantes da música brasileira e xamaicana.

O procedemento de concesión das subvencións, tal e como informou o primeiro edil, estaba dividido en cinco bloques, dependendo do tipo de entidades: veciñais e culturais, sociais e asistenciais, empresarias, sindicais e comunidades de montes. En total, 57 colectivos vanse beneficiar das achegas municipais para a

contratación de entre 250 e 300 persoas. A concurrencia competitiva é unha parte do Plan de Emprego do Concello de Vigo para este ano. Caballero explicou que, sumando os postos de traballo a crear no programa Vigo Emprega e cos convenios de colaboración, a cifra de contratación podería acadar as 600 persoas.

A Asociación Minho Reggae organiza xunto coa sala Iguana de Vigo, un concerto no seu afán por celebrar o día da música e promover os ritmos xamaicanos e culturas adxacentes en Galicia. O Venres 21 de Xuño, serán os Meninos Carentes, os encargados de pórlle son á noite do Venres, a partir das 23.00 horas.

Cun directo cheo de forza e enerxía, Meninos Carentes, chegan por cuarta vez a sala La Iguana de Vigo, logo de levar a súa música por boa parte de Galicia, e o Norte de Portugal. A Sala La Iguana de Vigo, será a súa próxima parada, o Venres 21 de xuño, a partir das 23.00 horas. O custe da entrada é de tres euros.


29

Xuño de 2013 - VIGO

O Concello valida o anteproxecto da “gran área deportiva e de auga” de Navia O Concello cooperará un ano máis coa posta en marcha do Open Internacional O Marisquiño, que este ano celebra a súa XIII edición

bel Caballero deu conta da aprobación definitiva do anteproxecto de explotación para a xestión dos servizos públicos do novo centro deportivo de Navia. O goberno local convocará un concurso público e a empresa que obteña a concesión será a que constrúa as instalacións, cun investimento de 7,3 millóns de euros. As obras comezarán a finais deste ano e se prevé a súa posta en marcha a principos de 2015.

A

Estas novas dotacións deportivas, tal e como aprobou a Xunta de Goberno Local, construiránse na parcela contigua ao actual pavillón e preto do campo de fútbol. A edificación incluirá unha praza que unificará os accesos tamén ao pavillón existente na actualidade. As intala-

Estas novas dotacións deportivas, tal e como aprobou a Xunta de Goberno Local, construiránse na parcela contigua ao actual pavillón e preto do campo de fútbol cións prevén 1.000 metros cadrados de agua, cunha piscina de 25 por 12,5, e 6 rúas de natación e zona wellness; outra piscina de aprendizaxe de 12,5 por 6 m, e unha terceira piscina activa con chorros de

tratamento, camas de auga e jacuzzi. Tamén haberá zona wellness con sauna seca, baño de vapor. Tamén haberá 5 salas de actividades, 8 pistas de pádel, un campo de fútbol 7 de 58 por 35, ademais dunha pista polideportiva 40 por 20. O Marisquiño O Concello cooperará un ano máis coa posta en marcha do Open Internacional O Marisquiño, que este ano celebra a súa décimo terceira edición. Segundo aprobóuse hoxe venres na Xunta de Goberno, e cunha aportación de 40.000 euros, o goberno local colaborará para que os días 9, 10 e 11 de agosto todo Vigo poida disfrutar desta importante cita deportiva, que está incluída dentro da programación de festas do verán.

Biblioteca Neira Vilas A Xunta de Goberno tamén deu luz verde á contratación por procedemento aberto dos Servizos Bibliotecarios para o centro Municipal Neira Vilas, financiada no seu momento con fondos do Plan E e que funciona "con moito éxito". En verbas do rexedor, o prezo de licitación é de 818.310 euros por un contrato de tres anos, que comezará en marzo de 2014, cando remate o vixente. A Biblioteca Neira Vilas ten 173.544 usuarios xerais e 34.906 no servizo de informática. O número de socios ascende a 6.895 e o de préstamos a 66.491. A cifra de persoas que participan nas 235 actividades que se organizan no centro é de 13.045 e, por último, os fondos da colección sitúanse en 11.647.

VIGO


30

MORRAZO - Xuño de 2013

Entrevista a Mariano Abalo Costa

“Como diría Moncho: a loita continúa” Por Tino Lago

-De que maneira che gustaría que se lembrasen de ti as persoas que nalgún momento da túa vida compartiron camiño contigo? -Ten moito sona nas Canarias un dito popular: “el mejor de los negocios siempre ha sido el ser decente”. Pois ben, coido que desde que tiven conciencia coincido cos canarios; hai que ser honestos e decente e nunca coller o camiño da corrupción, a explotación ou o latro-

NOVA PENEIRA amplía as súas páxinas e estrea sección entrevistando a Mariano Abalo Costa, histórico líder político da comarca do Morrazo. Nesta entrevista procuraremos coñecer un pouco máis a súa cara humana.

A

-Mariano, cóntanos de onde es, algunha lembranza salientábel da túa nenez e cando e como agroman en ti as inquedanzas políticas. -Ainda que por razóns familiares nacín no Barbanza, en Porto do Son, xa que a miña avoa era dalí, o certo é que toda a miña vida está absolutamente vencellada a Cangas pois xa os meus pais vivían nesta vila e xa que logo os meus primeiros pasos e sensacións sucederonse a carón do mar. Non entendo a vida sen o mar. Coido que é o factor predominante na miña forma de sentir e percibir. Naturalmente, unido a unha relación de enorme irmandade coas persoas e familias coas que convivía, que por desgraza hoxe non perdura, pois en moitas ocasións o individualismo supera á necesaria solidariedade colectiva. Pódoche asegurar que se calquera vila marca moito no caso de Cangas é moito máis. Pode parecer localismo pero creo que teño dereito a dicir que somos algo especial e distinto. Foi precisamente nesta vila onde iniciamos moitos mozos e mozas a nosa actividade e toma de conciencia social e política. Influíu moito o traballo dos cregos e persoas do Morrazo organizadas arredor da Xuventude Obreira Católica. Non cito nomes porque non quero ser desconsiderado con ningúen, pois tod@s eran e/ou son persoas espléndidas. Unicamente citarei a Xosé Ramón, de Vilariño, unha persoa enorme que por desgraza emigrou a Barcelona e non volvín saber del.

“Se non loitamos arreo, e AGE naceu con esa intención, non imos a ningures, por iso considero que a participacion da mocidade é vital” Despois xa víu a miña entrada e militancia no Partido Comunista da man de Serafín Soaxe e logo de Abelardo Collazo. Non tardei moito en incorporarme a Unión do Pobo Galego, algo que marcou decisivamente todo o que me pasou despois. Aprendemos moito da man de Lois Ríos, Xabier, Luis de Nacidas, Iago Santos, Moncho Reboiras ou Pepiño, e lóxicamente de moitos outros. E até aquí. Como diría Moncho: a loita continúa. -Mariano, independentetemente da túa actividade profesional e política, cales son as afeccións ás que adicas o teu tempo de lecer? -Eu persoalmente trato de aproveitar o tempo de lecer para desconectar. Desde logo a mellor maneira de facelo é compartíndoo cos amig@s e compañeir@s cos que poder pasalo ben e para iso vale todo:

a praia, ler todo o que podes, un documental, unha película, un partido de futbol, un café e, se cadra e pode ser, unha festa rachada cos Airiños do Piñeiro, pois tanto o Ghaiteiriño como Pepe e todos os que os acompañan son persoas insustituíbles. -Que che gustaría facer na túa vida que aínda non fixeches? -É unha mágoa pero unha das desgrazas do noso tempo é non poder dispoñer de moito tempo libre para afondar en cousas tan enormes como desfrutar do xadrez ou penetrar e participar dende dentro do mundo do cine, pero tocáronnos tempos durísimos nos que a barbarie capitalista non nos dá tregua e temos que centrar todos os nosos esforzos en impedir que o FMI, o BCE e toda esa inmundicia, representada por Merkel ou De Guindos, non nos leve de novo ao escravismo.

cinio. Por iso dende a esquerda debemos, cando menos, intentar ser auténticos e legais co noso pobo. Aínda que quero engadir que tamén hai que desfrutar da vida e iso tamén se consigue se transmitimos ledicia e bo humor. -Como imaxinas a Galicia do futuro e o mundo que lles deixaremos aos nosos fillos e fillas? Que tipo de País e de mundo che gustaría deixarlles? -Non me gusta confundir os desexos coa realidade, por iso son consciente de que se non loitamos arreo, e AGE naceu con esa intención, non imos a ningures, por iso considero que a participacion da mocidade é vital. Son optimista neste sentido, de igual maneira que se superaron o escravismo e o feudalismo tamén superaremos o capitalismo cara á consecución duns pobos e uns homes e mulleres libres.


31

Xuño de 2013 - MORRAZO

O Festival Intercéltico do Morrazo organiza un concurso para grupos noveis López Freire quere darlle difusión a novos creadores para que demostren o seu talento XXIX edición do Festival Intercéltico do Morrazo, que se desenvolverá os vindeiros 26 e 27 de xullo na localidade de Moaña, vén de abrir un concurso para grupos noveis galegos, que, segundo a organización, “pretende dar a oportunidade a grupos novos de compartir cartel con bandas xa consagradas da música galega.” Segundo a responsable da área de cultura do Concello de Moaña, Mª Colomba López Freire, os obxectivos que se perseguen son o de establecer o festival “como unha plataforma dende a que dar difusión aos novos creadores e ás novas creadoras de música galega, que nun contexto económico coma este, teñen poucas oportunidades de demostrar o seu talento” e, por outra banda, “abrir o Festival e máis o concello a bandas mozas para que aporten aire fresco”.

A

Segundo fontes da dirección, para poder participar no concurso as formacións deberán estar formadas por non máis de seis integrantes, cun repertorio baseado na música tradicional galega e deberán contar, de igual modo, con repertorio orixinal. Dous serán os gañadores, que actuarán durante 30 minutos, venres ou sábado, antes da actuación do grupo principal, aboándose-

lles unha cantidade en concepto de gastos de desprazamento e manutención. O envío das maquetas do grupo, acompañado dun pequeno texto detallando o tipo de música e os e as integrantes do grupo farase ao correo comunicacion.interceltico@gmail.com, ou poñéndose en contacto coa delegación de cultura do Concello de Moaña, sendo a data límite de entrega de maquetas o dia 2 de xullo.

BUEU

En palabras da concelleira López Freire, esta edición do Festival esta marcada polos “evidentes recortes orzamentais ”, sen implicar en absoluto rebaixa na calidade, continuando a ser “unha das citas obrigadas do verán galego e da música folk en toda Europa”. Con todo, dende o Concello asúmese como prioritario a organización do Festival Intercéltico do Morrazo, porque “ademais de todo o dito, é unha inversión con re-

torno inmediato coa asistencia de xente de toda Galicia; a previsión de visitantes é similar a de anos anteriores”. En datas próximas darase a coñecer o cartel do Festival, que anuncian “potente”, de igual xeito que a imaxe gráfica e unha web con forte presenza en redes sociais, para “promocionar unha cita ineludible” e achegar o Festival á xuventude.


32

VAL MIテ前R - Xuテアo de 2013


Xuño de 2013 - VAL

33

MIÑOR

Quince alumnas da Escola de Adultas de Baredo visitan a depuradora de Baiona

cións do responsable de Espiña &Delfin que mostrou o proceso de abastecemento que ofrece o servizo de augas de Baiona. Mostráronse as fases para o ciclo de subministración: os sistemas de captación de auga; como o encoro, a chegada ás estacións de tratamento de augas potables (ETAP) e o almacenamento para a súa posterior distribución aos veciños de Baiona. Posteriormente as alumnas desprazáronse co Alcalde e a Concelleira de educación á depuradora situada en Silleiro, onde o xefe de planta explicoulles a etapa de saneamento

para que tras o seu uso esta poida ser devolta á natureza. Nesta etapa do ciclo da auga explicouse como a rede de recollida encárgase de trasladar á depuradora a auga para darlle os diferentes tratamentos e así posteriormente devolvela outra vez ao seu medio orixinal en bo estado e sen afectar os bancos marisqueiros. As alumnas mostraron a súa satisfacción por esta actividade yel Alcalde tamén lles transmitiu a súa gratitude xa que as ganas de aprender destas mulleres que teñen ás súas costas a experiencia da vida é inesgotable.

mércores 5 de xuño un grupo aproximado de quince alumnas da Escola de Adultas de Baredo visitaron o encoro de Baiña, a potabilizadora e a depuradora. Esta actividade realizada polo Concello de Baiona a través da Concellaría de Educación está enmarcada dentro do programa Baiona Ensina. Transmitir a importancia de sensibilización na educación

O

ambiental na comunidade educativa é un dos seus obxectivos.

O pasado mércores 12 de xuño a asociación Espazo Lectura pechou a tempada das sesións de dinamización lectora que teñen lugar os mércores na Casa da Lectura. Para isto, festexaron a Rosalía de Castro co libro Alborada da editora Bailarete, coincidindo co centenario da publicación da súa obra Cantares Gallegos.

Unha romaría poética pecha a tempada na Casa da Lectura de Gondomar

A actividade consistiu nunha ROMERÍA POÉTICA na que se recitaron, contaron e cantaron os poemas de Cantares gallegos. Participou a ilustradora do libro, Irene Silva, xunto con nenos e nenas do Centro Cultural de Chaín, Xaime Estevez, Rita Bugallo, as “Wiki Rosalías” e outras estrelas. Foi un día de festa con polbeiras, rosquilleiras e cantareiras, TODO poético para unha Rosalía TOTAL. "Trazo de xiz" para o último Lecturas Debuxadas da tempada O martes 18 de xuño, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar, o club de lectura de cómics Lecturas Debuxadas celebrará a última xuntanza da tempada, ata

Estas alumnas tras recibir un gran labor de aprendizaxe en clase sobre o Ciclo da auga puideron comprobar con esta saída, os procesos de potabilización e depuración, así como a necesidade dun uso e xestión adecuada deste recurso escaso. A visita comezou coas explica-

despois do verán, para falar dun título imprescindible da BD galega: Trazo de xiz de Miguelanxo Prado (El Patito Editorial). O

broche final das actividades porao a Fo gueira dos Versos na noite de San Xoán

A noite do 23 de xuño Espazo Lectura celebrará un san Xoán diferente coa Fogueira dos Versos: unha festa na que se combina a celebración tradicional desta data (con comida, lumieiras e música tradicional), co recitado de poemas a carón do lume e cun espectáculo cultural que este ano correrá a cargo de Iolanda Zú-

ñiga e Lucía Vázquez: as Murmel Bruxas. Un espectáculo interdisciplinar, para todos os públicos, que mestura música, teatro e poesía. A Fogueira dos Versos celébrase na Casa da Lectura a partir das 21:00 horas. As persoas que se animen a participar poden contribuír á festa traendo das súas casas algo de comida. Coa Fogueira dos Versos Espazo Lectura cerra unha nova tempada de actividades centradas no fomento do libro e a lectura en Gondomar. Unha tempada que, malia as dificultades do momento e grazas ao traballo voluntario das persoas que conforman a asociación, non só conseguiu manter o número de actividades, senón iniciar dúas liñas novas destinadas aos treitos de idade que faltaban por cubrir: Contos en Cuei-

ros, para bebés de 0 a 3 anos, e Comando Le, para mozos e mozas de 12 a 15 anos. Todas as actividades de Espazo Lectura retomaranse tras o verán.


34

ALÉN MINHO - Xuño de 2013

Valença tem novo espaço de atendimento ao peregrino m novo espaço de acolhimento e ajuda aos peregrinos para Santiago foi criado, na avenida Miguel Dantas, no percurso do Caminho Português, na cidade de Valença, pela Câmara Municipal.

Os Caminhos de Santiago são uma referência de Valença, a capital do Caminho Português para Santiago de Compostela. Ao longo de 2012 passaram por Valença 25628 peregrinos, um volume significativo com as mais diversas proveniências, nomeadamente portugueses, espanhóis, franceses, italianos e brasileiros.

U

O espaço disponibiliza um serviço de informação turística aos peregrinos sobre os Caminhos de Santiago, bem como a oferta que Valença apresenta em termos patrimoniais, culturais, recreativos, desportivos, unidades hoteleiras e restauração. O Posto de Atendimento ao Peregrino pretende ser um espaço de acolhimento, apoio e informação complementar à Loja de Turismo, na Fortaleza e ao Albergue dos Peregrinos de São Teotónio. A par do Posto de Atendimento ao Peregrino a autarquia valenciana

Valença é o ponto de confluência, a Caminho de Santiago, dos percursos do Caminho Central e do Caminho da Costa, percursos que integram o Caminho Português para Santiago de Compostela.

criou um circuito alternativo que proporciona a visita à Fortaleza, bem como reforçou a sinalética e a informação turística ao longo dos percursos que atravessam o concel-

Caminha e Vila Praia de Âncora recebem Festas de São João

ho. Medidas complementadas com o alargamento dos horários de funcionamento do Albergue de São Teotónio.

Para Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara de Valença “Este espaço vai projetar a oferta turística de Valença, uma cidade onde se sente o espírito dos Caminhos de Santiago”.

Cerveira acolleu a IV edición de Curtas Gastronomía Esta IV edición tivo unha ampla participación de público, malia as circunstancias metereolóxicas, centos de persoas achegáronse ó terreiro de Cerveira para participar nos Workshops, asistir á Exposición fotográfica na Biblioteca Municipal, e presenciar as proxeccións gañadoras no Festival de Cans de Porriño.

Vila Praia de Âncora vai festejar o São João no dia 23, no Parque e na Avenida Dr. Ramos Pereira. Em Caminha os festejos vão ser no dia 24, junto à capela de São João. Em Vila Praia de Âncora, a festa começa às 14 horas com as tasquinhas e a venda de artesanato e dura até à noite, altura em que saem à rua as Marchas. A animação está garantida e os mais aventureiros vão, inclusive, poder saltar a fogueira para cumprir a tradição. Em Caminha, a comemoração é organizada pela Paróquia de Caminha e tem o apoio do Município. A festa começa com Missa Cantada, seguida de Procissão. Depois haverá sardinhada e convívio junto à Capela de São João.

A pasada fin des emana tivo lugar no terreiro de Vilanova de Cerveira o evento "Curtas Gastronomía 2013 - Receitas com Argumentos" unha mistura de cinema, productos agroali-

mentarios locais e cociña en estado puro, que contou cun mercado de productos agrícolas PROVE, stands de produtos artesanais e workshops de cociña e exposicións fotográficas.

O Curtas Gastronomía establécese coma un evento de importancia no panorama gastronómico, apostando pola diversidade de actividades, contando co apoio da Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira, a ETAP e O&G Associados.


35

Xuño de 2013 - CULTURA

metalingüística; da indagación sobre a función que os signos materializados nas linguas desempeñan na construción do ser humano e no establecemento da súa personalidade. Se cambiamos os posesivos, é fácil chegar, como é habitual na autora, a repensar a función da nosa lingua no asentamento da nosa identidade.

Inma Otero Varela hus Pato retoma neste libro algúns dos motivos característicos da súa poética. As referencias mitolóxicas, sean estas pagás ou relixiosas, póñense de novo ao servizo da reflexión

C

Para constituír corpo precísanse vísceras. Tamén voz, ollos, tacto cos que apañar realidades. Pero é dentro da fronteira da pel onde a percepción devén significado. Coñecer os mecanismos do pensamento abstracto e o papel que a linguaxe ten como catalizador de saber e, polo tanto, de “ser”, ten aínda a

forza do mistérico e do mito, como explorar as dobras da natureza, as faíscas do que queda oculto, os recunchos do labirinto e o espello que non se deixan escribir. As fronteiras corporais reprodúcense tamén na linguaxe. Existe un dentro e fóra nas palabras. A carne é materia apetecible e as letras, o arabesco, amosan o feitizo da estética e a constatación de que o símbolo é posible. Son o espello da metáfora. A alma das palabras, dos nomes sobre todo, teñen o poder da invención. Nomear é crear e ler é traducir. Por iso cada achega lingüística, e o poema tamén, é un pequeno fracaso, unha aproximación sempre frustrada á cerna. In-

Sabías que...

Quen come a quen? M.R.

P

eoane e San Xoán sonche o mesmo? O primeiro xa se coñecía no medievo coma “Sant Johanes” e asentouse como topónimo daqueles lugares xurdidos ao redor dunha igrexa con esta advocación. Así non é raro que encontremos por Galicia adiante moitos “San Xoán de Seoane” aínda que pareza repetitivo.

S

“El Carxe”? Unha pistiña, alí fálase catalán...Si, é un deses territorios que confirman que as fronteiras das linguas non cadran coas políticas. A lingua catalá fálase en todo o territorio das comunidades autónomas de Baleares e Cataluña, é a propia da maior parte da

É

on cabe dúbida de que lingua é a ferramenta básica de calquera acción comunicativa, por iso, e vendo o empobrecemento da calidade lingüística de distintas campañas publicitarias, a CTNL (Coordinadora de Traballadores pola Normalización da Lingua) vén de facer público un comunicado co fin de chamar a atención sobre este feito.

N

Manuel Rosende oderes ten o lume? O máis importante é o da velocidade; vou a lume de carozo, fai lume de palla, arde coma o lume, marchou facer lume, nin que levara lume nas pernas... pero tamén é efectivo para o amor; acaroouse ao amor do lume, para a paz apagou (nun conflito) o lume ou a guerra bótallas coma o lume (insúltao), bota lume polos ollos ou dá lume cos dentes (anda rabeando). É frecuente o valor da insensatez xa se sabe o que lle pasa ao que xoga co lume...

cluso as escrituras sagradas; cada texto é interpretación sesgada, de aí a importancia das figuras das tradutoras e as vedoiras, en feminino porque as xéneses parten das mulleres, que teñen que conformarse con encher os recipientes dos termos, a vacuidade dos deícticos. Nesta concepción orgánica da lingua, a Carne de leviatán aséntase en substancia volátil ante o que só queda recoñecer que non somos máis ca reflexos.

valenciá e da franxa oriental de Aragón (Franja du Ponent) así coma desta comarca de El Carxe en Murcia. Tamén se fala catalán en Andorra e no Rosellón francés así como na cidade sarda de L´Alguer (Alghero) “facer a zaina”? Xa o usa Castelao nos Dous de Sempre cando os protagonistas andan por París “facendo a zaina” Vén sendo algo así como vivir despreocupadamente. Normativamente rexístrase zaino e sabemos que pola comarca de Pontevedra usan zoina para falar dalguén a quen se califica como hipócrita. E ti que, andas a facer a zaina...ou?

É

Neste texto focalízase a atención naquelas campañas publicitarias nas que a lingua é a gran esquecida, especialmente cando se denota ignorancia ou falta de asesoramento o que se traduce en textos híbridos, gramaticalmente correctos pero cunha fonética castelanizada, faltas de ortografía, etc. A CTNL destaca aquelas campañas promovidas ou subvencionadas pola administración pública, quen ten a responsabilidade de promover o uso estándar da lingua galega, e que ademais actúa como modelo de lingua para a cidadanía. Algunhas das campañas que se referencian nesta denuncia son “pesca de rías” ou “leite galeg(a) 100%, pero a que motivou este escrito foi a promoción “Cómete o mar” na que se pretendía fomentar o consumo de produtos do mar, mais que no canto de “come o mar”, se fixo sobre o castelán “cómete el mar”. Debido a que o verbo comer en galego non é pronominal, a mensaxe resultante é contraria (quen te come é o mar a ti) Os responsables desta campaña víronse na obriga de pagar o custe de emendar este erro tan grave tralas críticas recibidas.


36

GALICIA - Xuño de 2013

O COTSG participou na capital galega na xuntanza de traballo do Proxecto Symbios O Colexio fai un estudo preliminar con propostas para a fixación de poboación no rural nha delegación do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia vén de participar no Hotel NH Obradoiro de Santiago de Compostela nunha xuntanza de traballo do Proxecto Symbios, convocada pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. O proxecto consiste na posta en relación das políticas públicas de servizos sociais e de inclusión social co emprendemento dinamizador e inclusivo, e coa loita contra a pobreza e a exclusión social nos territorios en situación de declive demográfico, entre os que teñen especial peso os de carácter rural, como o caso galego. Entre os obxec-

U

tivos fundamentais está o da mellora de coñecemento para deseñar un III Plan Galego de Inclusión Social, no marco do Programa Operativo Rexional para o período 20142020, tendo como marcos de referencia a Estratexia Europa 2020 e as consecuencias sociais da crise demográfica. Entre os participantes na Rede Symbios figura a Xunta de Galicia e o Consello Rexional de Karelia do Norte (Finlandia); a Universidade de Tràs-os-Montes e alto Douro, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Zuyd (Países Baixos); a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Instituto Galego de Estatística (IGE); a Confederación dos Centros de Desenvolvemento Rural e mais o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia. Fontes do COTSG afirman que a asociación é “imprescindible para o desenvolvemento do proxecto”, xa que a Colexio ten un amplo coñecemento sobre o territorio grazas aos e ás profesionais que traballan nos servizos sociais comunitarios de Galicia. De igual modo, constitúe un observatorio especializado na detección de necesidades que afectan á poboación rural, “podendo

Reclaman de Lendoiro a inclusión do fútbol feminino no Teresa Herrera O Grupo Local de COMPROMISO POR GALICIA (CXG) da Coruña dirixiuse ao Deportivo, a medio dunha carta remesada hoxe polo Secretario Local, Xoán Antón PérezLema ao seu Presidente, Augusto César Lendoiro, na que se lle empraza á Institución coruñesa para introducir o fútbol feminino na axenda dos vindeiros Trofeos Teresa Herrera, que organiza o Deportivo por encomenda de xestión municipal. CXG recolle así a proposta xa prantexada por MUDEGA e pola Asociación Española de Mulleres Futbolistas, que consideran fulcral a visibilización do fútbol feminino como instrumento para mellorar a igualdade na práctica do deporte, tendo en conta o aprezábel incremento de licenzas futbolísticas nos últimos anos.

ver de primeira man como o declive demográfico e o envellecemento conducen a unha situación de exclusión social dos residentes”. Así, o colectivo de profesionais de traballo social poden comprobar como a ausencia de alternativas “afecta negativamente á permanencia da poboación nas zonas rurais, provocando o éxodo ás cidades e a despoboación”.

O COTSG ofrécese “como facilitador na introdución e aplicación de alternativas innovadoras na prestación social, con novas fórmulas e ideas para a fixación de poboación do rural mellorando a súa calidade de vida”, como é o caso “dun innovador modelo de atención mediante as TIC, enfocado a este segmento da poboación e que xa está incorporado á documentación do proxecto”.

MNG pídelle á Xunta que recupere a renda básica de emancipación

Secretaria Xeral da Mocidade Nacionalista Galega, Balbina Gándara, vén de denunciar a política da Xunta en materia de vivenda, “mantendo e mesmo incrementando” as axudas para propietarios dentro do programa ALUGA, publicadas a principios destes mes, “mentres xa non existen axudas directas ou indirectas para a emancipación de mozos e mozas”. A líder do referente xuvenil de Compromiso por Galicia cre que as axudas, como é o caso, para

A

rehabilitacións e reformas, son “necesarias”, pero lembra o “amplo fraude e o pouco control por parte da Administración para este tipo de subvencións, indo os cartos parar a obras que nada teñen que ver co obxecto das mesmas”. Gándara insiste en que agora o prioritario, “é que a xente que non ten acceso a vivenda si o teña, entre eles unha mocidade que precisa deste marco para poder ser produtiva”. A situación é que “a mocidade se ve fortemente castigada, non só por estar no momento vital de emancipación para ser demandantes de vivenda e a dificultade de acceso a este derei-

to fundamental, senón tamén porque as condicións socio-laborais son un obstáculo para exercelo e porque as administracións públicas non se sitúan como garante dese dereito”. Dende a MNG insístese en que con salarios baixos, precariedade, inestabilidade e temporalidade, fan que a diferenza entre salarios e prezos de vivenda, “sexan imposibles de alcanzar”. Dende a MNG insístese na necesidade de facilitar o réxime en alugueiro a través dun parque de vivendas a prezos asequibles en función da renda destinado a menores de 30 anos, así como unha partida económica para recuperar a renda básica de emancipación. Isto, cre a máxima representante do referente xuvenil da organización galeguista, “pódese financiar cun imposto autonómico aos pisos baleiros, a maioría en propiedade dos bancos”.


37

Xuño de 2013 - DEPORTE

Entrevista a Domingos Freitas (Mingos), Presidente do CF Areas

D

omingo Freitas (MINGOS) é o Presidente do CF Areas, de Ponteareas, dende “tempos inmemoriais”. Lévao no ADN; goza e sofre co fútbol, pero sobre todo co fútbol do seu equipo “del alma”, o Areas. Como Presidente conseguiu que o Club inscribira o seu nome entre os grandes grazas ao

ascenso a 3ª División. Tamén tivo que pasar pola amargura de ver como descendía de novo á Preferente. Pero Mingos non é home que se enrugue por un descenso máis ou menos; o del é o longo percorrido: toda unha vida entregada ao Areas, sacrificando a compaña das súas fillas e da súa dona, quen só lle esixe que a leve á praia no verán.

O Areas volveu pola porta grande á 3ª División. Como é natural quixemos falar con Mingos para pulsar o seu estado de ánimo, que xa sabiamos era de total satisfacción por un trunfo que quere compartir con todos os que o acompañan na loita diaria tempada a tempada para que o Areas sexa coñecido en toda Galicia e se “codee” coas elites.

“O trunfo é de todos os directivos, dos moitos colaboradores, do corpo técnico e da parroquia en xeral” Por Guillermo Rodríguez Fdez. -O Areas volta á 3ª División. Mingos presidente, Mingos fai tudo, Mingos “xefe da tribo deportista de Areas”, como te sentes nestes momentos? -Conseguir de novo o ascenso, logo de ter descendido e inmediatamente voltar á 3ª na tempada seguinte é como para botar de satisfacción. De xefe de tribo nada. O trunfo é de todos os directivos, dos múltiples colaboradores, do corpo técnico e da parroquia en xeral. -Cando o pasado ano falabamos de como se ía reforzar o Areas para voltar á categoría perdida, comentabas que non podiades facer grandes fichaxes por falta de recursos. Agora que ascendestes, como explicas que outros equipos que se reforzaron máis ca vós non conseguiran subir? -A razón é que en Areas somos unha gran familia. Non fixemos grandes fichaxes pero foron moi estudadas.


38

DEPORTE - Xuño de 2013

Buscamos xogadores que foran quen de integrarse na familia do Areas. Acertamos e aí radica o grande éxito.

lle sorte; ten ganas de empezar a traballar de contado, esperemos ter adestrador para uns cantos anos.

-Falas dunha familia pero supoño que coma noutros equipos de maior categoría sempre destacará algún Casillas, algún Messi, non? -Tivemos 23 chavales e non houbo a mínima crítica nin desavenencia co adestrador nin entre os xogadores. Claro que temos xogadores que destacan sobre o resto, pero non houbo ningún roce por iso. Todos aceptaron o bo e o malo que puidera haber no Areas FC. Todos, e eu sobre todo, estamos gratamente sorprendidos con esta actitude dos xogadores.

-Fixestes algunha fichaxe? -Temos algúns compromisos, pero nada de fichaxes concretas. -Os presidentes de clubs importantes (Madrid, Barcelona, Valencia,…) fichan do seu peto cada ano a novos xogadores; canta pasta ten disposta Mingos para as fichaxes do Areas? -Nada, nada. Non estou de acordo contigo. O Madrid e o Barcelona adiantan cartos; nós o que podemos

10000 rifas a dous euros; os directivos podemos estar orgullosos porque foi un récord. Os gastos son uns 3000 euros, pero para nós é unha cantidade importante. -De canto é o voso orzamento? -Coma o pasado ano; andamos polos 120 a 130000 euros. -De onde saen eses cartos? -De partidos, rifas, socios, karaokes, etc. Hai que facer “bolillos” para conseguir eses cartos, porque a Deputación xa nos reducíu, contabamos cobrar a subvención de Terceira e deponnos a de Preferente;

-O Celta conseguíu no último partido manterse na mesma categoría. Inmediatamente, o seu presidente despréndese dos mellores xogadores para facer caixa. Vai facer o Areas o mesmo? -Teremos que facer algúns cambios, obviamente; hai que subir o nivel porque a competición é moi dura. Será o novo adestrador o que diga cales e cantos temos que cambiar. A min resúltame moi difícil dicirlle a un xogador que o deu todo polo ascenso que xa non contamos con el, pero as cousas son como son. -Estás falando dun novo adestrador, logo que pasou co que tiñades e que tanto che agradaba? -Felín viu para intentar salvar o equipo; non o conseguiu por un tris e continuou unha tempada máis. Nestes momentos, por cuestións persoais, non pode entregarse ao Areas como quixera. Comunicoume con tempo abondo que este ano non podía seguir, tanto se atopabamos substituto coma se non. Niso foi honesto, polo que lle estamos agradecidos. -Quen é o novo adestrador? -Julio Alvarez, ‘Julito’, que vén do Valadares. Eu levaba tempo seguíndolle a traxectoria deportiva e o antigo adestrador recomendouno como o home que podía adaptarse ao perfil do Areas. Incluso Serapio, que se non deramos conseguido adestrador estaba disposto a facerse cargo (aínda que agora nos di que xa se lle pasou o arroz), tamén me dicía que Julito podía encaixar no Areas sen problemas. Agora só queda desexar-

adiantar son palabras, compromisos. Nós dicimos “Mira, o que podemos pagar é tanto, se estás de acordo, perfecto; se non, amigos coma sempre, pero non hai máis”. “Eu non ficho xogadores; sigo as indicacións”, di o adestrador, que é quen vai traballar con eles. -Pero haberá algunha negociación en canto á fichaxe e demais, non? -Aquí o trato é dunha mensualidade determinada e das primas por partido gañado a todos. Os soldos son baixos, de entre 250 e 300 euros, pero de primas gastamos unha pasta importante para os ingresos do Areas. -Cales son os ingresos do Areas, ademais do coche que sorteades? -O coche pode deixarnos entre 16500 e 17000 euros. Vendemos

da Xunta non sabemos nada, pero supoñemos a rebaixa; por desgraza o Concello non pode darnos un duro aínda que nos axuda con outras cousas e hai que agradecelo, lóxicamente. Nun concello coma Porriño, que lle dá ao Porriño FC uns 100 mil euros, ao Pontellas 70.000 e así seguido, poderiamos facer un montón de cousas máis e non vivir tan atusigados. Alégrome por estes clubs e tamén digo que se o Concello de Ponteareas me dera esas cantidades tentaría subir a 2ª B. -Logo, Mingos, como explicas que eses clubs con tantos cartos non dean chegado á 3ª división? -Para min é unha falla de xestión e de traballo. O que non podemos facer é que se un Concello nos dá eses cartos dedicarnos a sentarnos nun bar e tomar café; temos que

tratar de acadar as cotas máis altas posibles. Eu dígolles aos meus directivos que nós imos pagando pouco pero pagando; eses clubs fan moitas promesas e ao final rematan non pagándolles aos xogadores. Eu prefiro pagar menos pero pagar relixiosamente. -Cal é o prognóstico de Mingos para a próxima temporada? -Manterse na 3ª División. É unha categoría bonita, honrada. Para min estes tres anos foron impresionantes. Por Galicia adiante atopamos un trato exquisito deportivamente. Temos que saír a manternos, con humildade, como fixemos ata agora, e non hai outra cousa. -O Xuvenil non sae das categorías máis baixas. Que teñen que facer para poñerse á altura do Areas, coma noutros tempos? -Eu non son quen para darlles consellos. Cando alguén mos pediu, díxenlle que aí hai que facer un cambio de directiva total. Parece que estaban niso; non sei se o conseguiron ou non. Teñen que nomear un Presidente que indique o camiño a seguir, e todos detrás, aínda cando poida estar equivocado, que o estará, como nos pasa a todos. Hai xente que leva comigo 16 anos; outros duraron poucos meses, pero se non mantemos o ritmo non hai nada que facer. Logo hai que traballar, traballar e traballar. Se alguén se fixo cargo (do Xuvenil), deséxolle moita sorte e se a miña experiencia lle pode valer non teño inconveniente en compartir as ideas que levei e sigo levando adiante no Areas. -A túa muller quérelle tanto ao Areas coma ti? -Iso é outra historia. Tanto o fútbol como a política mantémolos á marxe; ela respecta o meu e eu respecto o seu. Ademais conténtase con pouco. O dela é ir á praia no verán; eu teño que facer o esforzo de levala aínda que a min non me atrae demasiado. Algo que boto de menos é tempo para adicar non só á muller senón tamén ás fillas, que van crecendo e podo estar pouco con elas. O fútbol e o tabaco son os meus vicios. -Grazas Mingos.


39

Xuño de 2013 - DEPORTE

Historia do fútbol (V)

HISTORIA do DEPORTE (XXVI)

Inicios do fútbol en Pontevedra Xoán Xosé Pérez Labaca O fútbol en Pontevedra fixo acto de presenza o moi pronto, pois a principios do século. XX, quizais pola súa proximidade con Vigo, xa se xogaba a este deporte xunto ás beiras do río Lerez. Así, en 1905 fúndase o Pontevedra Sporting Club, que durante anos sería o club máis representativo, emprazado no Campo da Xunqueira.

“Durante a década dos anos dez xorde un abano de clubs na cidade, tales como o Lérez F.C., o Artístico F.C., o Quiroga F.C., Progreso F.C., Colón F.C., Deportivo F.C. ou o Atlántico” Este club pioneiro na localidade, que vestía camisa branca e pantalón negro, disputaba encontros de carácter amistoso e torneos locais principalmente fronte a clubs da cidade de Vigo, como o Fortuna FC, Vigo FC, Exiles FC ou Español

FC, tamén de Vilagarcía de Arousa e Marín, ou ata de Santiago de Compostela. Deste equipo sairían xogadores de renome como o defensor Edmundo No voa, que sería fichado polo Madrid F.C. e Luís Otero, este último internacional coa selección española nas Olimpiadas de Amberes de 1920. Anos despois, xa no ano 1907 xorde na cidade outro club, o Vitoria FC, que se une ao panorama futbolístico pontevedrés, existindo outras entidades como a Sociedade Liceo Gimnasio en 1909, organizadora da Copa de Pontevedra e que dispoñía dun equipo. Durante a década dos anos dez xorde un abano de clubs na cidade, tales como o Lérez F.C., o Artístico F.C., o Quiroga F.C., Progreso F.C., Colón F.C., Deportivo F.C. ou o Atlántico. Con todo, non será ata xullo de 1914 cando xurda un rival de clase para o Sporting Club, nacendo así o Club Deportivo Pontevedra, fogar do famoso xogador internacional Luís Casas Pasarín. Este conxunto xogaba en Campolongo, terreo que compartíu co veterano Pontevedra Sporting Club. No ano 1915 nace o Alfonso XIII Foot-ball Club, que viste camiseta de cor vermella e branca a listas con pantalón negro, e en 1922 o Eiriña Foot-ball Club, que ten como uniforme camiseta amarela e negra a listas con pantalón negro, uníndose ao Pontevedra Athletic Club como os tres clubs máis importantes. Os tres compiten no Campionato Rexional de Galicia, onde o Pontevedra Athletic Club é subcampión na edición de 1921/22; pero no ano 1925, vestindo por entón xersei de listas azul e branco, entra en declive grazas en gran

parte á chegada do profesionalismo, as súas figuras escapan e o club entra nunha gran crise, desaparecendo en 1926. O 2 de setembro de 1927 fúndase a Sociedade Gimnástica de Pontevedra, club multideportivo que contaba cunha sección de fútbol e que xogaba os seus encontros no Campo do Progreso.

Os outros dous clubs máis representativos logran sobrevivir pola súa conta e con organización propia: o Eiriña FC desde o Campo de Pasarón e o Alfonso XIII FC desde o Campo do Burgo. En abril de 1931 instáurase a II República e o club alfonsista vese obrigado a cambiar de nome, pasando a ser coñecido como Pontevedra Sport Club, seguindo competindo ata a chegada da Guerra Civil. Mentres, o Eiriña FC pasa a ser o principal club da cidade, proclamándose Campión da Serie B en 1922 e xogando en primeira Categoría desde entón, sendo Campión Amateur nas tempadas 32/33 e 33/34, proclamándose

Campión de Galicia Afeccionados en 1934 e Campión da Copa Galicia en 1935. Coa chegada da Guerra Civil, aos poucos vai diminuíndo a actividade futbolística. Na tempada 37/38 participa no Campionato Galego, denominado Copa Corpo de Exército de Galicia, onde acaba cuarto e último clasificado. Co recrudecemento da guerra paralízanse todas as competicións rexionais. Acabada esta, en 1939 Pontevedra non tarda en reorganizarse e os seus dous clubs máis importantes permanecen en activo, sendo o Eiriña FC na tempada 39/40 terceiro en Primeira Categoría e xogando o agora Alfonso FC en Segunda Categoría. Os directivos deciden reunirse e estudar unha saída a tal situación, resultando destas conversas a fusión de ambos nunha soa entidade capaz de representar co apoio debido á cidade; nace de forma oficial o 16 de outubro de 1941 o Pontevedra Club de Fútbol e o seu primeiro presidente é Fernando Ponche. As cores elixidas son camiseta granate e pantalón branco. O club pontevedrés inscríbese na Federación Galega e participa no Campionato de Primeira Rexional, alzándose finalmente co título. O seu paso é firme e na tempada 43/44 debuta en Terceira División, colleitando o cuarto posto. Na tempada 46/47 obtén o seu primeiro campionato na categoría, título que lle permite pasar á Fase Intermedia que dá dereito a loitar polo ascenso a Segunda División.


Director: Guillermo Rodríguez. Edita, maqueta e imprime: Edicións Puxeiros C.B. Enderezo: Avenida Peinador, 54, Puxeiros, Mos. Pontevedra. Delegación Ponteareas: Avda Sarmiento Rivera, 4, 4º. 36860, Ponteareas. Enderezo electrónico: redaccion@apeneiradixital.com

publicidade@apeneiradixital.com director@apeneiradixital.com Teléfonos: 986487480/658585049

Louzán (Madrid), Coki (Nova Iorque), Mero, Isidoro Gracia, Nemesio Barxa, etc. Fotografía: Arquivo, Hernández, Guillermo

Coordinador: Carlos Rey Bárcenas. Colaboradores: Alicia Rocha, X. A. Pérez Lema, Emilio Ínsua, Anxo S. Porto Ucha, Xoan Xosé Pérez Labaca, Manuel Rosende, Inma Otero, Juan

Publicidade: Guillermo Rodríguez e departamento propio Depósito Legal: VG175-2012

O Moreno do Lérez, perdices, troitas e un grolo de Ribeiro Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid, acolleu un novo evento. Neste caso, a presentación do libro ‘El Moreno del Lérez. Perdices, truchas y un trago de Ribeiro’ de José Curt, editado por Clan Editorial. Curt, que se define como “namorado de Galicia desde Madrid”, é, ademais de escritor, licenciado en Ciencias Biolóxicas, Enxeñeiro Técnico Agrícola, Técnico Bromatólogo e Coronel de Intendencia da Armada retirado.

A

O acto estivo presidido pola Coordinadora de Actividades da Casa, Ana Rodríguez Barrena, e interviron, ademais do autor, Ignacio Fernández Rocafort e José María Parreño Velasco. Máis aló da escopeta e da cana Nas páxinas de ‘El Moreno del Lérez’ aprezamos unha serie de valores que van máis aló da escopeta e da cana: a descrición de escenarios naturais, unha peculiar filosofía de vida e unha linguaxe especial. Este libro transcorre nunha Galicia secreta, salvaxe e remota, na que a vida foi sempre dunha dureza especial e onde a supervivencia estivo ás veces por enriba da lei. O Moreno, pescador e cazador con aptitudes excepcionais, con gran coñecemento do medio e un inusual talento natural, bordea a marxinalidade porque a sociedade do seu tempo non lle ofreceu mellor lugar. Esta condición extrema reflíctese na súa linguaxe, por veces tremendista e procaz, pero cheo de graza e de puntaría verbal. A súa é unha fala sen domesticar, propia de alguén que tivo que arrincarlle coas mans espidas as súas presas á natureza, dando lugar a lances de caza e de pesca que a miúdo raian no incrible.

José Curt (segundo pola esquerda) posa afable cun admirador da súa obra

Este xornal imprímese en papel reciclado


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook