Skip to main content

A NOVA PENEIRA - Nº17 - Maio 2013

Page 1

www.apeneiradixital.com

XORNAL

ANO 2 - Nº 17

GALEGO DE INFORMACIÓN

XERAL

Maio de 2013 - 2€

O CONDADO A Cañiza celebra a Romaría das Pascuillas da Franqueira Páx. 11

O PORRIÑO Festival de Cans: 10 anos de agroglamour

Páx. 15

SALCEDA

Letras Galegas 2013

Marcos Besada, alcalde de Salceda:

“Eu débome aos veciños e veciñas” Páx. 19

A GUARDA Daniel Alonso amosa as súas esculturas aos alumnos dos colexios da Guarda

Nenos dun colexio de Tomiño crean un banco de imaxes da parroquia

Páx. 26

O colexio Pedro Caselles Beltrán de Tomiño leva a cabo neste curso o proxecto ‘12 meses, 12 paisaxes’, co que pretende que o alumnado mellore os seus coñecementos da paisaxe e da parroquia

tomiñesa de Santa María en xeral. No proxecto está implicada toda a comunidade educativa do centro; alumnos, profesores e familias. Páx. 23


2

Opinión - Maio de 2013

Mil primaveras máis para a lingua ei que a frase que utilizamos de titular é de abondo coñecida, pero non por iso deixa de ter actualidade sobre todo agora que asistimos a unha campaña feroz contra todo o que cheire a galego.

S

de home, escritor e pensador quen alumeou o Día das Letras Galegas: D. Paco del Riego. Don Paco como era chamado por todos, solicitou o apoio da Real Academia Galega para que unha vez ao ano durante

Algunhas persoas preguntáronme de que ía iso dos cen anos de Rosalía mesturado coa persoa homenaxeada este ano, Roberto Vidal Bolaño. Estiven a punto de respostar que esa pregunta feita por un galego só se pode entender en dúas claves; unha por ignorancia e outra por mala uva. Non sei cal das dúas será máis desprezable. Un galego que non está informado do significado das Letras Galegas e de cal é o papel que xoga Rosalía en todo isto resulta ser moi pouco galego. Porque para ser galego non é suficiente que o poña o carnet de identidade, que tampouco o pon, senón que ten que levarse dentro, con orgullo, preocupándose das nosas cousas, dos nosos escritores/as que son moitos, variados e dun alto nivel literario. A obra de Rosalía é estudada nas universidades de Europa e da América; considerada coma unha das mellores poetas líricas do século XX. Todos sabemos que foi outro gran-

para renderlle unha homenaxe de recoñecemento pola súa obra. E así foi. Aquel ano de 1963 as Letras Galegas dedícanselle a Rosalia Castro. Hoxe, cando se cumpren outros cincuenta anos rendemos homenaxe de admiración e respecto a un galego de pro: o escritor, autor e director teatral Roberto Vidal Bolaño. Claro que ten sentido que estean xuntos Bolaño e Rosalía, claro. Xa se ten dito ata encher que o pobo que perde a súa lingua vaise esvaendo e difuminando ata perder

un día, alomenos, se honrara aos libros galegos e aos seus autores. Que era preciso abrir canles para que que a lectura do galego e o estudo da nosa lingua puideran esparexerse ao ancho e longo do mundo, porque para Don Paco o galego era unha lingua universal. En 1963 cumpríanse os 50 anos da publicación de ‘Cantares Gallegos’ de Rosalía. Que mellor momento

toda a súa historia. A lingua é o sal, e o sangue dos pobos que teñen a riqueza de posuila. Por desgraza para a nosa cultura existen persoas que din importarlle un bledo que o galego desapareza. Argumentan que se non serve para comunicarse entre os habitantes dos distintos

gunhas forzas, que mesmo chegan a gobernar nas súas respectivas nacións.

O bosque e as árbores ai un dito, froito da sabedoría popular, respecto de entender o importante e necesario que é que as árbores non impidan ver o bosque.

H

No proxecto Comunidade Europea, que deveu en Unión Europea, as árbores: Unión Bancaria, consolidación fiscal, regulamentos varios sobre composición das pezas de vestir, etcétera, impiden ver que o conxunto bosque se creou

para evitar que alemáns e franceses se matasen por millóns periódica e repetidamente, coa colaboración entusiasta ou involuntaria dos veciños: austríacos, ingleses, checos, etc. Olvidado cal foi o obxectivo principal é moi posible que a evolución histórica se dirixa a crear as condicións previas que fixeron necesario o proxecto. Síntomas preocupantes, e máis que síntomas evidencias, son xa visibles nas posicións políticas dal-

O bosque España que a Constitución de 1978 deseñou, permitiu o maior nivel de autogoberno do que gozaron as distintas nacionalidades, territorios ou Comunidades Autónomas..., (chámeas cada cal como mellor se adapte ao seu discurso electoral ou simpatías políticas). A insistencia en fixarse en exclusiva na árbore máis próxima, está cada vez máis preto de lograr un desastre similar ao que noutras ocasións, algunha moi próxima, levou á perda de foros, privilexios e capacidade de autogobernarse e administrar os intereses dos veciños máis próximos no territorio común. Os cataláns teñen exemplos varios na historia, exemplos desencadeados case sempre pola súa propia actitude fronte a dirixentes e intereses, nada alleos, do resto de España.

EDITORIAL países non ten sentido defendela. Estes días aprobouse no Parlamento Galego unha proposta no senso de que o idioma portugués (ou sexa o fillo avantaxado do galego) sexa estudado nos centros de ensino deste País coma unha lingua opcional. Estamos a falar de ir aceptando o mundo da lusofonía que nos levaría a compartir lingua con Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Goa,... Estamos a falar dun extenso mundo no que as súas linguas teñen unha mesma raigame: o galaico-portugués. Vailles resultar difí-

cil atopar argumentos aos que opinan que o galego só serve para entendérmonos en Galicia. Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas; logo celebraremos o Día Mundial da Lusofonía. Iso xa son palabras maiores, pero todo chegará.

*Isidoro Gracia Plaza *Diplomado en Relacións Laborais e Empresariais.

No turbillón da crise, pérdense perspectivas, dando por certa boa parte do aserto, moito máis que discutible, dos voceiros do goberno actual de que o goberno anterior o fixo rematadamente mal en todo o bosque das decisións económicas (Cal é a árbore que mellorou durante o tempo transcorrido dende decembro de 2011, data da súa toma de posesión?). Segundo as súas propias cifras non mellorará ningún en todo o seu mandato, a final de 2015. Digo eu que algunha responsabilidade terán... Ben, terán mellor culpa, porque non parecen dispostos a aceptar responsabilidades, nin sequera para explicarse.


3

Maio de 2013 - Opinión

CADERNOS DA VIAXE

A caída do bipartidismo dinástico

*Avogado

do seu contrato electoral, senón pola actitude asocial, anticidadá e mesmo “freaky” de ministr@s como Gallardón, Wert, Ana Mato, Margallo, Montoro ou F. Diez. Este Gabinete é a proba definitiva de que os marcianos existen e habitan entre nós.

s últimos inquéritos reflicten o estado de ánimo electoral que tamen se percebe na rúa. Nunca na historia demoscópica coñecida existiu un Goberno do Estado que xerara máis desconfianza cara o seu Presidente e máis rexeitamento cara a xestión de todos e cada un dos seus Departamentos. O que non é chocante, non só polo absoluto fracaso gubernamental na xeración de emprego e crecemento e polo seu grave incumprimento

Rechamante tamen é o destrago das expectativas electorais do PSOE, moi comprensíbel se atendemos ao xiro a prol das politicas de recurte social e económico de ZP en maio do 2010 e ao pacto de Rajoy e Rubalcaba en setembro do 2011 para unha reforma constitucional “express”, case clandestina, que priorizou en diante o pagamento dos xuros e amortizacions da debeda sobre calquera outro gasto publico. Tamén sobre o sanitario,social ou educativo.

*XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA

O

a están aquí, xa chegaron os educados na máis fina “cuna”, berce de silencios sometidos, maneiras mansas que rin das iras e arrebatos, …miran de lonxe apostados no burladeiro da vida, eles si poden mesmo omitir o que deberan denunciar, cando, sen exposición nin risco, tan só xogan ás palabras, para quedarse no lado dos educados, aprendidos, disciplinados, correctos, corteses. Gustan de quedar ben, en reverentes modos de compracencia, …cos que mandan, cos que sempre mandaron. Iso é fácil e non compromete. Obriga a gardar distancias cos bárbaros e vulgares. Son, claro está, clientes fidelizados na supervivencia sometida. Saltaron todos a un tempo, os educados, coa orde e a lei na man, …onde andarán as dúas? Pero están aquí os refinados modos de seguir no mesmo, educadamente, nesa deixadez que é o costume do silencio, no medio de todo o balbordo que fan os xa afogados. Buscan a absolución pola vía do pacto, da servidume feudal.

X

Levamos cinco anos así, e cinco séculos máis da nosa historia, os lobos aguzan aínda máis as unllas e os dentes. O seu modelo está acabado: mirade ao redor, con iso basta! Pero seguen empeñados en destruír, en destruírnos, axudados pola banca, patronal, decretos da mentira, desafiuzamentos, paro, pobreza, represión policial, emigración, falta de liberdades, falta de xustiza -desigual, lenta, inexistente, sen medios-, anos de satanización daqueloutros xeitos de democracia non por eles contemplados, moito máis participativos. Chámanlle austeridade ao delito que cometen, indemnización dife-

PP e PSOE procederon hai mais de trinta anos á ocupación e partidización de Institucións como o CXPX, o Tribunal Constitucional ou o Tribunal de Contas, ao tempo que tentaban converter a democracia española nunha alternancia bipartidista afastada dos parámetros de transparencia, participación e renovación que esixe o propio sistema democrático. Velai a fondura da actual crise institucional, que abrangue tamen ao propio Xefe de Estado. Quén sempre ollou cara outro lado diante da praxe cotián deste bipartidismo dinástico. Porque só dende eses valores de participación e transparencia, xunto cos de inclusión e cohesión tamén esquecidos, é posíbel rexenerar a convivencia democrática dende dentro e evitar a sua traumática liquidación.

Ao final a corda rompe rida aos apaños cos seus -que se reviran, simulación de despido aos que teñen cartas na man que os comprometen, mobilidade exterior aos que emigramos, nazismo aos que nos manifestamos esixindo, …non se atreven a darlle o nome que ten cada cousa. Con tanta educación e verborrea ninguén pode dicir, facer ou enfadarse, nin amosar rabia, nin ser portavoz fiable do cabreo xeneralizado, da fame, da enfermidade, da morte, da miseria, da vergoña, do desespero en forma de suicidios, esa inmolación que todos sentimos como propia cando vemos o que pasa diante dos ollos, …e ca lamos! Calamos, sabendo que de nada vale razoar cando hai fame e miseria, cando se está xa no precipicio. E entón, cando fartos, amosamos o noso cabreo e os políticos se esconden e mandan ás forzas da orde, esas que non razoan, e xa se arma, porque uns obedecen cegamente –por veces con actitudes insolentes, a mesma que a de moitos políticos arroupados pola lei e que desde o seu escano insultan e faltan a portavoces doutras forzas para provocalos e burlarse desde a ostentosa visión da súa maioría protexida por profesionais ben armados e parapetados-, …son os que gañan “tanto” e por iso rin de nós e actualizan os seus soldos

mentres a nós nolos baixan e axustan. Hai que sacar dalgún sitio! A xustiza defende as súas actitudes. Mentres, por outra banda, estamos os outros, os ninguén, que defendemos o dereito á vida, á dignidade. E facémolo desde a noso nudismo, …espidos! Sen a graza nin as forzas que nos amparen, pero coa humildade por bandeira. Deus nos libre da xustiza! Veñen detencións, supostas culpabilidades, multas, pelotas de goma, paus na cabeza, abusos de autoridade, cegueiras mutuas, …e quedan para sempre pousos de rebeldía que non esqueceremos nunca, os daqueles que queriamos manifestarnos antes de perder todo. Nunca as forzas chamadas da orde serán tal, se son sicarios dos que, desde esta equivocación manifesta, esa provocación chamada corrupción, mandan que así se faga a inmolación colectiva e social que vemos, …e non dan a cara! Deberamos recuperar a cordura, debemos pensar con sosego e actuar sen violentarnos. Cabería preguntarse, no medio deste esperpento social, se non deberiamos ser non uns poucos, senón moitos ou a maioría, os que neste estado

*Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero: *Mestre e músico

social que nos ocupa, de coñecemento da verdade, de responsabilidade cos tantos afectados, …deberiamos dicir basta! E amosalo, que se note! Chamando ás cousas polo nome, superando as normas limitadoras de tanta parsimoniosa educación. Porque a educación está moi ben pero faise arrogante cando non hai pan, cando a fame roe e come por dentro, cando sangra, cando non hai sosego, nin porvir, nin cura nin consolo, e pola contra hai sufrimento, medo e ausencia. A eses tantos educados de barriga farta, temos que dicirlles que non aos seus “gastos de representación” porque non nos representan. Nós non temos a presunción de inocencia que eles teñen cando son encausados, ademais de eternizar en recursos, para nós vírase en presunta culpabilidade, e temos dereito a dicir-que-non, que non estamos de acordo, que son eles os que están á marxe da legalidade que pregoan. Advertindo que esta violencia xorda, xerada polos que nos estiveron roubando o equilibrio social, a sanidade e o ensino público, creando guetos privados de suficiencia e desfalco, son resposta aos mesmos que nos roubaron a liberdade de ser, de soñar pasado, presente e, agora, tamén o futuro. Eses que nos levaron a utopía, sempre precursora dun novo mundo mellor e máis xusto, máis de todos. A que nos fai andar e ir xuntos na consecución e deseño das necesarias oportunidades de ser e estar, sen reducionismos sometidos a unha educación mal entendida!.


4

O Condado - Maio de 2013

Foto: HERNÁNDEZ

Foto: HERNÁNDEZ


Maio de 2013 - O

Condado

5


6

O Condado -

Dúas cooperativas de escolares do CEIP Ramiro Sabell montan posto na feira local

O grupo Tea-treiras pon en escea ‘8 mulleres’ O vindeiro domingo 19 de maio ás 8 da tarde no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas o grupo Tea-treiras representará a obra musical ‘Oito mulleres’ de Robert Thomas. A entrada é de balde.

mercado ambulante de Ponteareas conta con dous novos postos de venda ambulante xestionados por “emprendedores moi novos”, alumnos do CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera, que veñen de crear dúas cooperativas, ‘Tijeralandia’ e ‘Imagina’, dentro do proxecto da Deputación Provincial de Pontevedra coacolaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta “aprender na miña escola-EME Cooperanova 2012-2013.

O

Ata a feira de Ponteareas acudiron o pasado martes 14 de maio a deputada provincial, Marta Iglesias, e o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, acompañados da concelleira de

Maio de 2013

A obra é dirixida por X.M. Esperante e Teté García, e representada por Hortensia Bautista, Tere Cuerpo, Teté García, Alba Amoedo, Chefa Davila, Ana Puente, Patricia Torres e Tere Toucedo. comercio, Marisol Valado, o concelleiro de educación, Andrés Sampedro e un técnico da Deputación, Miguel Panette, para lles faceren entrega, a estes novos emprendedores, das corres-

pondentes licenzas de venda ambulante. Os nenos e nenas estiveron acompañados polos titores responsables deste proxecto e o director do CEIP.

rematando co reparto dun caramelo a todos os participantes. Para o obradoiro de panadería contouse coa colaboración desinteresada de Fátima, a mamá dun dos nenos da escola, que é profesora especialista en repostería e panadería. Puideron aprender e manipular os ingredientes necesarios para a elaboración de pan, así como amasalos ata conseguir un boliño, que levaron para os seus fogares e o cociñaron no forno.

Panadeiros con chupete lumnos da Escola Infantil Municipal de Ponteareas, con idades comprendidas entre os 2 e os 3 anos, veñen de realizar dous obradoiros, un de psicomotricidade e xogos e outro de elaboración de pan .

A

No obradoiro de psicomotricidade realizáronse exercicios como o de facer un tren, carreiras dun adulto cun neno facendo quendas, carreira de triciclos ou correpasiños, táboa de psicomotridade con cancións, baile,… de entre outros,

O grao de satisfación manifestado polos pais e nais dos nenos participantes fai propor por parte da concelleira e do persoal responsable de escola que se repita a experiencia e se poñan en marcha novos obradoiros que acheguen as familias ao ámbito da escola, axudando e colaborando no desenvolvemento, tanto físico como psíquico, dos seus fillos.

Esta obra de Robert Thomas foi estreada en Paris no ano 1961 e nela basease a coñecida película francesa ‘8 mulleres’ cunha interpretación coral dun grupo de actrices, entre as que estaba Catherine Deneuve, que gañou un Oso de Prata de Berlín ao conxunto de actrices.

Inauguración da Exposición sobre Vidales Tomé Desde o 20 de maio ao 30 deste mes, o Colexio La Inmaculada de Ponteareas acolle unha exposición sobre o ponteareán Vidales Tomé. A mostra, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello, é unha homenaxe ao seu labor artístico mediante unha escolma de debuxos humorísticos que ofrecen a súa visión da Galicia da época. A exposición chegará a outros centros de ensino, para conmemorar a este ilustre ponteareán no 50 aniversario do seu pasamento.


Maio de 2013 - O

7

Condado

‘Presume de praceiro’ reparte tres premios máis

Abre o prazo para anotarse no Plan Cultural

‘Organización de viaxes’, na aula CEMIT

A praza de abastos de Ponteareas acolleu o pasado 6 de maio o segundo sorteo da campaña ‘Presume de Praceiro’ impulsada pola Consellería de Economía e Industria. Nesta edición xa houbo un primeiro sorteo que se celebrou o 12 de abril.

A aula CEMIT de Ponteareas impartiu os días 14 e 16 de maio o curso ‘Organización de viaxes’, no que os participantes aprenderon a planificar as súas vacacións a través de internet.

A seguinte fase da campaña será a elección do mellor praceiro ou praceira.

O venres 10 de maio saíu publicado no BOP o anuncio do ‘Plan Cultural Municipal’ do Concello de Ponteareas. De acordo coas bases, ábrese un prazo de vinte días para que aquelas agrupacións do municipio interesadas en participar na rede de actuacións realicen a súa inscripción.

O Concello non poderá recibir axudas da Xunta

Charlas sobre aforro e eficiencia enerxética

Ponteareas prepara un plan integral de emprego

Compromiso por Galicia de Ponteareas denuncia que o concello de perdeu a subvención para o mantemento do servicio de normalización lingüística por non ter presentado as contas xerais do último exercicio ao Consello de Contas. “O PP coa súa incompetencia vai lograr pechar todos os servizos suxeitos a subvencións, pois o concello sen as axudas doutras administracións non ten capacidade de telos funcionando” indican.

O luns 29 de abril celebráronse no Auditorio sendas charlas sobre aforro e eficiencia enerxética, ás que asistiron alumnos de distintos niveis da ESO. A iniciativa tivo lugar grazas a colaboración da Deputación, o Concello e os equipos educativos dos centros IES Ponteareas, IES Val do Tea e IES Pedra da Auga.

Ademais nos diferentes talleres de informática que está a realizar a Asociación de Maiores de Ponteareas deseñaron uns marcapáxinas conmemorativos co Día de Internet e o Día das Letras Galegas.

O Concello de Ponteareas está a traballar na presentación dun plan integral de emprego, así como un Plan de cooperación. A concellería de Emprego tramita 12 cursos para desempregados que se impartirán durante 2013, entre as que destacan as familias profesionais de administración e empresa, rama sanitaria ou hostalería.


8

O Condado - Maio de 2013

Isabel Blanco Franco, presidenta da Asociación de comerciantes do Tea Por Guillermo Rodríguez sabel Blanco Franco é a nova presidenta da Asociación de Comerciantes de Ponteareas, que saíu á rúa aló polos anos 90, se a memoria non nos engana.

I

Isabel é unha muller deste tempo: avogada, con bufete en Vigo e Ponteareas e que nos últimos tempos tamén quixo coñecer de primeira man a experiencia no eido comercial. O seu comercio, Tequeletéquele, é un tanto atípico, dedicase a promover todo tipo de instrumentos e complementos que teñan que ver coa música, sobre todo galega. -Imos ver, Isabel; fixécheste cargo da vella Asociación de Comerciantes de Ponteareas cando o comercio anda como anda. A que debemos esta “tolemia”? -Non foi ningunha tolemia. Fun proposta por varios asociados e decidin aceptar porque penso que non hai que fuxir das cousas, senon implicarse e darlle boas saidas que as hai. -Cales eran as túas tablas no mundo do comercio? -Nada, non tiña tablas. Levo ano e medio con este comercio que foi a miña primeira incursión no eido comercial. Eu son avogada de profesión, dende hai uns vintetantos anos. -O comercio non está pasando polo seu mellor momento. Eres consciente de que isto precisa un pulo? -O comercio de Ponteareas está pasando por un momento difícil, pero por moitas cousas: politicas, económicas, sociais,… Nós dende esta nova xunta directiva queremos traballar dende a unión, dende a integración, dende a colaboración coas demais forzas sociais e coas demais asociacións. -Saír ou non saír á rúa na pasada Feira de Agosto foi o detonante para que nacera unha nova asociación. Cal é o teu posicionamante neste tema?

-Se existen rencillas, personalismos ou calquera outra diferenza entre comerciantes é algo que a min non me vai afectar. Eu non entro nin saio. Cando asisto a reunións de comerciantes son a representante de todos. Non levo posturas persoais e só represento aos meus asociados. -Xa tiveches relacións oficiais coa concelleira de comercio ou co Concello? -Por suposto. Estiven nesa primeira mesa de Comercio á que asistín coa concelleira de comercio e outras persoas representativas do comercio local. Temos moitas xuntanzas que facer sempre en beneficio do comercio de Ponteareas. -Ti sabías que hai rumores de que entre a anterior directiva da Asociación que agora presides e o Concello non habia moito feeling? -Eu diso non sei nada. O que si sei é que a directiva anterior fixo un traballo ímprobo polo comercio de Ponteareas . Aquí existe o Centro Comercial Aberto que non o teñen moitas vilas. Se o ten é polo traballo de Maite Isla e a súa xunta directiva, polo que eu non teño máis que agradecerllelo. Do resto, dos rumores, dos dimes e diretes non vou falar. -Cal é ese programa que tedes a curto e medio prazo? -O noso programa é aos catro anos vista que dura o mandato. A primeira tarefa é fortalecer a Asociación ; fortalecela e dinamizala; queremos modificar o entorno para ese Centro Comercial Aberto. -Concreta un chisco iso de “modificar o entorno”. -Nós pensamos que non está ben que os ambulantes tapen os escaparates dos fixos, por exemplo. Isto non é bo, logo hai que reubicar postos; entendemos que existe demasiada focalización desa venta ambulante nun praza ou en dúas; hai máis pobo, máis comercio, haim outros lugares,… todo isto son ideas, por suposto. Logo imos proporlle ao

“Hai que dinamizar o comercio, non competir entre comerciantes” Concello a limpeza das rúas, o tema do tráfico, da zona azul que non está funcionando ben, etc.

que facer: dinamizar o mercado de Ponteareas. Nós estamos por iso, por dinamizar.

-Ao parecer as discrepancias naquela Feira de Agosto da que falamos viñan precedidas pola oposición dos ambulantes que presionaban sobre o Sr. Alcalde porque din que os comercios estables non deben saír á rúa. Ti que opinas? -Penso que nós non debemos sair á rúa por sair. É dicir, eu non sairía á rúa co meu produto se non é para rebaixalo; ten que haber un motivo moi especial porque senón depréciase o producto. Se eu saio cos meus productos teño que rebaixalos, devalualos. Agora ben, pode que nalgún momento puntual iso sexa correcto. Na Mesa do Comercio eu dixen non estar de acordo con esa filosofia comercial, porque unha cousa é que sexa legal e outra que estea ben feito.

-O problema é que agora non hai cartos en ningún sitio. Como ides para eses programas que ti están pensando? -Efectivamente necesítanse cartos , pero non tantos como ás veces se escoita por aí. Agora temos que traballar dentro do momento de austeridade que vivimos pero podemos facer cousas, sobre todo culturais, con poucos cartos. Hai moita xente que toca, que canta, que fai moitas cousas por poucos cartos.

-Ao parecer a nova Asociación tivo que sacar permiso de ambulante para saír á rúa. Cres iso positivo? -En absoluto. Eu dígoche, ademais, que os oitenta e tantos asociados da nosa Asociación están totalmente en contra diso. Lina, a presidenta da nova Asociación, dicíame que en Vigo tamén saen á rúa pero non é certo. Na zona centro o comercio estable non sae á rúa, o que fan é dinamizar a zona con ambulantes que se colocan nos arredores dos comercios e atraen a unha serie de clientes que de paso tamén mercan no comercio estable. Iso é o que hai

-Pensas que nun “future proche”, que dirían os franceses, poderían fusionarse as dúas asociacións? -Por min non habería ningún problema. Eu creo que ese será o seu destino no tempo. Agora mesmo é o tempo de colaborar entre elas. No futuro xa se verá. -Pódese xogar un partido xuntos pero adestrar en campos diferentes, non? -Efectivamente; sempre temos que xogar xuntos, o máis que podamos, pero tampouco obsesionarse porque aquí hai outras asociacións como a dos hosteleiros, asociacións de profesionais coas que tamén queremos contar. -Grazas, Presidenta, e que os deuses do Olimpo che boten unha man porque boa falla che vai facer.


Maio de 2013 - O

9

Condado

Nace a nova Asociación de Comerciantes do Tea Lina Limeres, presidenta:

“Nós nacemos para traballar e colaborar, non para competir” Por Guillermo Rodríguez iferentes formas de entender a actividade comercial na Vila do Tea deron lugar a que recentemente nacera un novo colectivo de comerciantes, a “Asociación de Comerciantes do Tea”. Dentro da vella Asociación de Comerciantes uns eran partidarios de saír á rúa e outros non. Un grupo de comerciantes decidiu constituir unha nova asociación. Así naceu a nova “Asociación de Comerciantes do Tea”. A súa fronte púxose Lina Limeres Antonio, do comercio “A Lúa”.

D

-Lina, vides de dar vida a unha nova asociación pero ao parecer o que pasaba na outra era a pouca asistencia dos asociados obrigando á Xunta directiva a tomar decisións cáseque en solitario. Ti asistías con frecuencia? -Bueno, pode ser que nun principio eu asistira pouco ás reunións pero xa nos últimos anos si asistía. Tamén é verdade que os comerciantes habitualmente non asisten ás reunións; efectivamente é difícil poñer a todos de acordo, pero iso non obsta para que teñas iniciativas, as expoñas e as leves a cabo. -Por que non expuxestes as vosas inquedanzas dentro da propia Asociación? Había algún tipo de atranco para facelo? -Realmente eles tomaban iniciativas ás veces acertadas, outras xa non tanto e pedían que os socios propuxeran cousas ainda que as veces esas propostas non as aceptaban. De feito a Feira de Agosto, que é a razón pola que nace esta asociación, a Asociación de Comerciantes non estaba de acordo en que se

fixera.Decidimos sair é foi todo un éxito. -Logo podemos confirmar que o nacemento desta nova asociación parte do desacordo coa Feira de Agosto do pasado ano, non? -Bueno, si e non, porque nesa feira os comerciantes impulsaron que se fixeran máis cousas. -Ainda que existan socios que poden beneficiarse das actividades das dúas asociacións non cres que unha suma de esforzos, de propostas sempre sería máis beneficiosa para os asociados; é posible este tipo de colaboración? -Pola nosa parte é perfectamente posible; se a nós se nos pide calquera tipo de axuda ou colaboración conxunta estaremos de acordo unha vez estudada e sempre que coincida coa nosa idea sobre a dinamización do comercio local. Non poñemos pegas a que os socios que estean ou non esteran connosco; nunca vetamos a ningún socio. Se existira un consenso para realizar calquera tipo de feira pola nosa parte non habería problema ningún. -Din por aí que sodes a asociación oficial do concello, é verdade? -Para nada. Se fora así non teriamos os problemas que tivemos para realizar a Feira de Abril. -Cales foron, logo, os atrancos que che puxeron no Concello? -Atopámonos que logo de tela aprobada por maioría absoluta na Mesa do Comercio non se podía realizar porque o Alcalde dicía que non. -Pero, logo, que argumentaba o Sr. Alcalde para dicir que non?

-Os ambulantes non estaban de acordo en que o comercio de Ponteareas saíra á rúa. -Sabes se vós, os comerciantes estables, podedes sair á rúa cos vosos productos? -Para non ser intrusos solicitamos licencia de ambulantes e pagamos o imposto correspondente. -Ben; dime que proxectos tedes in mente a curto e medio prazo para “revolucionar” o comercio local? -Estamos pensando algo para o mes e programando a próxima Feira de Agosto, así coma dar premios por mercar en Ponteareas. -Por que estades localizando as vosas tendas nun espazo reducido e moi concentrado, sobre todo nas dúas prazas, tapando os comercios estables como se lle denunciaba aos ambulantes, non? -Si, é importante. A nós gústanos situarnos nunha zona concreta e non estar salpicados polo medio dos ambulantes. Pensamos que esas prazas e rúas son o suficientemente anchas como para non molestar ao comercioa estable. Pero tampouco nos obcecamos nesas dúas rúas; na Feira de Abril estivemos na Praza de Bugallal tranquilamente e na Avda. da Constitución. Nós non queremos que os ambulantes teñen que desprazarse dos seus sitios marcados polo Concello polos que pagan todo ano. Se imos facer unha

feira como a de Abril buscaremos ocos non ocupados polos ambulantes. Estudamos o Regulamento e pensamos que si existen eses ocos. -A outra asociación ten unha nova directiva; cando se celebrará unha reunión ao máis alto nivel para dinamizar o comercio de Ponteareas? -Nós non temos ningún tipo de problemas para chegar con eles a un consenso para realizar calquera tipo de evento. -Que ten que dar o primeiro paso? Se queredes eu podo facer de “embaixador” entre as dúas asociacións. -Sinceramente, non o sei.


10

O Condado - Maio de 2013

Arcos estrea unha grande área de lecer e deporte xunto ao Centro Cultural Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Arcos deu por finalizadas as obras dunha grande área de lecer e deporte xunto ao Centro Cultural parroquial. Os comuneiros foron capaces de custear as obras, que ascenden a 135.000 euros, grazas ao rendemento das labores de entresaca que realizaron nos últimos meses no monte veciñal de Arcos, especialmente na Picaraña (ainda así, as 125 hectáreas de monte veciñal están arboradas e aínda non se realizou ningunha tala final). A Xunta, a través do Agader, achegou 17.000 euros.

A

Nunha superficie de 3.000 m2, a área comprende unha gran praza pública de 700 m2, zonas verdes e de paseo con aparellos de ximnasia, unha pista polideportiva de fútbol sala, baloncesto e tenis, unha pista de petanca e outra de chave, un parque infantil, un merendeiro con capacidade para corenta persoas e dous aparcadoiros con capacidade para 25 vehículos. As instalacións inauguraran-

se o día 17 de maio, co descubrimento dunha placa conmemorativa ás 13.30 horas. A seguir, os veciños celebrarán un xantar de confraternidade nunha carpa instalada na mesma praza. O grupo O son da Triga amenizará a comida.

Alumnado do Colexio Santiago Apóstol participa no concurso ‘Euroescola’ pasado mércores 9 de maio, o Centro Escolar Plurilingüe Santiago Apóstol de Ponteareas celebrou o Día de Europa. Alumnos de todas as etapas educativas, xunto aos seus profesores, realizaron diversas actividades en inglés e en castelán ao longo de toda a semana ao redor do lema ‘Ser europeos, un gran privilexio’.

O

O Colexio Santiago Apóstol, foi ambientado con bandeiras e carteis, exhibiuse a película ‘Bienvenido Mr. Marshall’ e os alumnos de secundaria participaron nun debate

para analizar as vantaxes e inconvenientes de formar parte da Unión Europea. Por outra banda, alumnado de secundaria participou no concurso on-line ‘Euroescola’, convocado pola Oficina de Infor ma ción do Par la mento Europeo en España e cen trado na convocatoria do ‘Ano Europeo da Cidadanía 2013’, co obxectivo de a chegar Eu ro pa aos máis novos. Os equipos gañadores participarán nunha xornada ‘Euroescola’ na Sede do Parla men to Eu ropeo en Estrasburgo.

A consellería de Medio Rural asfaltou a estrada de Castro a Mouro en Padróns O Alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, acompañado do concelleiro de Vías e Obras, Alberto Novoa, visitou as obras de asfaltado da estrada de Castro a Mouro, na parroquia de Padróns, que fora incluída polo goberno local no convenio do Proxecto Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM). Ao abeiro do asinado neste convenio, a Xunta acometeu a obra de Mellora da capa de rodaxe da estrada de Castro a Mouro, na parroquia de Padróns, que conta cun investimento de 106,551,51 euros.

Obradoiro de etnobotánica e micoloxía de primavera en Covelo A asociación para o desenvolvemento Alto Tea Covelo Natural desenvolverá varias actividades en maio e xuño para achegar o coñecemento do medio natural a persoas e colectivos interesados. O sábado 18 de maio impartirase unha charla ás 17h no Auditorio de Covelo, con Ana Castro, e farase un roteiro guiado para buscar e identificar as especies vexetais máis características desta estación e determinar as súas propiedades e usos tradicionais. Os sábados 25 de maio e 1 de xuño sairase de novo na busca de variedades micolóxicas e botánicas propias da estación. Saídas ás 17h da Praza Mestre Cerviño.


Maio de 2013 - O

11

Condado

A Cañiza celebra a Romaría das Pascuillas da Franqueira a cada procesión que entra no recinto do santuario cruzando tres veces nunha reverencia a cruz, o pendón e o estandarte cos respectivos de cada parroquia. O mesmo fan os portadores da Virxe do Rosario, que saen ao encontro dos carrexadores das imaxes visitantes para facer ante eles tres xenuflexións e fundirse nunha emocionada aperta. día 20 de maio, o concello da Cañiza celebra a Romaría das Pascuillas na honra da Nosa Señora Santa María da Franqueira, festivo local na Vila.

O

O luns, ben cedo, os romeus recollen nas súas igrexas pendóns, estandartes, a cruz

parroquial e a imaxe da Virxe ou do patrón e comezan o camiño de peregrinación cara á Franqueira. Alí, os mozos da parroquia reciben aos romeus. Sosteñen o pendón, o estandarte, a cruz da parroquia e a Virxe do Rosario e danlle a benvida

Ao terminar a procesión, os romeus degustan os manxares que trouxeron da casa. Logo cantan e bailan ao son de gaitas e pandereitas. Avanzada a tarde, despídense e emprenden o camiño de volta.

Venres 17 de maio

'A vendedora de palabras'

Domingo 19 de maio

22 horas

E ás 22 horas

13 horas:

Grupo: Ata Sempre (Alxén) Obra: 'Pensión completa ou media pensión'

Grupo de Barreiro (Salceda) Obras: 'O Conde Burra regresa das cruzadas' 'O chourizo enmascarado' 'O Niceto e a Leoncia'

Sesión vermú coa actuación da Banda de Música Infantil de Salvaterra

18 horas Grupo de teatro do colexio Carlos Casares (Alxén) Obra:

Organiza: Asociación Teatral de Alxén

O sábado 11 de maio celébrase o IV Maratón Popular en Salvaterra de Miño, organizado pola comisión de festas Fátima 2013 do Casal. A proba terá lugar no Casal ás sete da tarde e disputarase en categorías infantil, cadete, xuvenil, senior e veterán. A inscripción, 1 kg de alimentos non perecedeiros, será doado ao departamento de Servizos Sociais do Concello. Os corredores deben presentarse antes das seis e media no recinto. Haberá vestiarios habilitados. As distancias a percorrer serán de 7,5 km para xuvenil, senior e veteráns, mentres que os cadetes correrán 0,8 kms e os infantís, 0,4 kms.

IV Festa da Carne ao Caldeiro en Fornelos

XIV Xornadas de Teatro de Alxén

Sábado 18 de maio

IV Maratón Popular en Salvaterra

17 horas: Teatro infantil Grupo: Animar-T Obra: 'A historia de Martín'

O domingo 26 de maio celébrase a IV Festa Gastronómica da Carne ao Caldeiro en Fornelos da Ribeira, Salvaterra de Miño. Organizada pola asociación veciñal e cultural San Xoan de Fornelos e Lourido, terá lugar no recinto das Fraguiñas a partir das 11 da mañá. O pregón da festa, ás 13 horas, correrá a cargo do actor Ruben Riós, protagonista da película Pradolongo e que participa en series como Libro de Familia ou Matalobos. O evento estará amenizado polo grupo de gaitas Charrúa de Fornelos.


12

O Condado - Maio de 2013

O Conselleiro de Cultura visita na Cañiza a Casa Museo Diego Giráldez

Óscar Pereiro prevén a escolares da Paradanta sobre o consumo de drogas

pintor Diego de Giráldez amososulle a súa obra pictórica e escultórica ao Conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez Abad, quen visitou o pasado 29 de abril a Casa Museo do Pintor na Cañiza, acompañado polo alcalde da Vila, con motivo da próxima apertura ao público do estudo do artista por sétimo ano consecutivo.

O

Neste percorrido polo Museo puideron apreciar e admirar unha colección que supera as 250 obras, distribuídas ao longo de 1.500 metros lineais de exposición. Unha vez finalizada a visita o Conselleiro de Cultura manifestou a súa admiración por esta impresionante obra recollida no Museo da

Cañiza e quixo animar a todos os amantes do mundo da arte, turistas, veciños, asociacións e centros escolares a coñecer de preto esta magnífica colección de realismo NAS. Diego de Giráldez está considerado polos expertos como un inimitable retratista da natureza.

Horarios de apertura O museo permanecerá aberto durante o mes de xullo e poderá visitarse todos os domingos en horario de cinco da tarde a oito da tarde. Estes horarios poden verse modificados nalgunhas datas, por iso recoméndase a aquelas persoas interesadas en visitar o estudio informarse con antelación.

Xornada solidaria no parque da Canuda para recadar fondos para o andador de Carlitos sita este pequeno veciño de Oleiros que sofre Leucomalacia Periventricular e cegueira por desprendemento de retina. A actividade, prevista para o domingo 19 de maio, foi aprazado unha semana por mor da chuvia.

eciños de Salvaterra en colaboración co Concello organizan ‘Un día no parque A Canuda con Carlitos’, unha xornada solidaria na que se recadarán fondos para comprar o andador especial que nece-

V

Ás 10 horas, haberá chocolate para todos no auditorio; a partir das 11 horas, xogos populares. Durante todo o día ofreceranse masaxes gratuítas e manicura a cambio de tapóns de plástico; tamén haberá actividades infantís para nenos de 4 a 10 anos, actuacións musicais e de baile no auditorio, así como venda de camisetas, globos, gorras e rifas.

Escolares de 10 a 12 anos da Paradanta asistiron no Centro Multiusos de Arbo o pasado 29 de abril a unha xornada adicada á prevención do consumo de drogas. O Concello desenvolveu esta acción socioeducativa en colaboración co equipo de orientación do CEIP Antonio Carpintero de Arbo. Ademais desta escola, participaron o CEIP Manuel Sieiro de Crecente e o CEIP de Valeixe. A actividade contou coa presenza do cilcista Óscar Pereiro, da educadora da Asociación Alborada de Vigo, da psicóloga e terapeuta familiar municipal e do cabo da Garda Civil de Arbo. Os rapaces falaron das súas dúbidas e inquedanzas sobre o tema.

Andaina polo Miño en Arbo O Concello de Arbo proxectou para o vindeiro 26 de maio un novo roteiro polas parroquias. Nesta ocasión os camiñantes percorrerán as beiras do Miño. A saída terá lugar dende a Praza do Concello de Arbo, ás 10 da mañá. O percorrido, que dura unhas tres horas, ten dificultade mediabaixa. Recoméndase levar calzado apropiado e auga. En caso de chuvia trasladarase a outra data.


Maio de 2013 - O

Condado

HISTORIA do DEPORTE (XXV)

Historia do fútbol (V)

O nacemento do fútbol en Ourense

sando na Federación Galega coa clásica camisa branquiazul e pantalón branco. Militan nesta sociedade xogadores procedentes da desaparecida Real. D. Ourensá como Pepino, Sánchez e Orbán, debutando en Terceira Categoría durante a

Xoán Xosé Pérez Labaca omezou o fútbol a practicarse na capital ourensá un pouco máis tarde que nas localidades costeiras das provincias galegas limítrofes. Malia que nos anos dez xa se corría polas eiras locais, non foi ata 1917 cando xurdiron as primeiras sociedades regulamentadas, Orense Foot-ball Club e Iberia Foot-ball Club, ambas no mes de xullo e case ao mesmo tempo. Ese mesmo ano e arrastradas polo éxito destes pioneros equipos xorden dous máis, Vitoria Foot-ball Club e Gimnástica Deportiva de Orense. Os catro equipos participaban xunto aos dous clubs existentes en Monforte de Lemos, Galaico F.C. e Athletic Club, no denominado Campionato de foot-ball OrenseMonforte.

C

Chegados a 1919 e comprobándose que o camiño iniciado por cada un deles por separado non lles leva a lado ningún e que o seu potencial é menor respecto de grandes clubs doutras localidades, os catro clubs ourensáns deciden axuntar esforzos e crear entre todos unha sociedade firme coa cal enfrontarse en especial aos clubs costeiros. Así, nace na primavera a Real Unión Deportiva Ourensá, conxunto que estrea o Campo de Loña e viste con camisa branquinegra e pantalón negro. O 9 de setembro é inscrita na Federación Galega ao ter campo pechado e realiza uns amistosos en vistas ao inminente estreo ligueiro, un debut que paradóxicamente nunca chegará a materializarse, dado que a entidade branquinegra conta nas súas filas con dous xogadores arousanos que foran fichados en estrañas circunstancias. Eles denuncian o caso e a Federación Galega toma

En 1927 xorde o Burgas Foot-ball Club, entidade que ten a súa orixe no anterior Numancia F.C., que se uniforma con camisa branca e pantalón azul Campo do Couto en 1958. Fotografia cedida ao Arquivo Visual Ourensán por Luis Glez Iglesias

Malia que nos anos dez xa se corría polas eiras locais, non foi ata 1917 cando xurdiron as primeiras sociedades regulamentadas, Orense Foot-ball Club e Iberia Foot-ball Club cartas no asunto, decidindo en xaneiro de 1920 inhabilitar a ámbolos xogadores. O club ourensán móstrase disconforme coa resolución federativa e días despois decide abandonar a Federación disputando desde este momento só encontros amistosos. En 1927 xorde o Burgas Foot-ball Club, entidade que ten a súa orixe no anterior Numancia F.C., que se uniforma con camisa branca e pantalón azul e desenvolve os seus encontros no Stadium do Couto, un emprazamento situado na estrada de Castrelo do Miño que foi inaugurado o 1 de abril de 1928 fronte ao Club Vianense. O Burgas F.C. ten

unha carreira meteórica e na tempada 29/30 comparte grupo co seu veciño Orense F.C. terminando o campionato brillantemente ao conseguir o ascenso a Primeira Categoría tras ser primeiro, mentres que o Orense F.C. é segundo. Estes últimos suben a Primeira Categoría a seguinte tempada espoleados polo triunfo dos burguenses, de modo que na tempada 31/32 ambos militan na máxima categoría do fútbol galego. Na tempada 32/33 o Orense F.C. resulta sexto polo que debe Promocionar xunto ao penúltimo do seu grupo e os dous primeiros clasificados da Promoción de Segunda Categoría, finalizando segundo e conservando o seu posto. Mentres tanto o Burgas F.C. é Campión do seu grupo de Segunda Categoría pero na Promoción é terceiro, polo que non pode entrar na Fase de Ascenso a Primeira Categoría. Despois de tres anos sen fútbol a nivel competitivo e logo de tanto esforzo baldío, o antigo Orense F.C. reorganízase en maio de 1923 habilitando o Campo de Loña e ingre-

campaña 23/24 e conseguindo ascender de inmediato a Segunda Categoría. onde se manterán sen novidade durante varias tempadas. Terminada a tempada, o Orense F.C. atópase sen campo e ocupa uns terreos no centro da cidade para poder adestrar, co agravio que esta solución supón para os xogadores. Desde ese instante e ante tan apurada situación inicia negociacións co seu veciño Burgas F.C., consciente de que o fútbol local é débil actuando por separado e que precisa un arranxo urxente. Tras varias reunións a fusión lévase a cabo resultando unha nova entidade, o Galicia Sport Club, sociedade que actúa no Stadium de O Couto e ten como uniformidade camisa branca con franxa horizontal azul e pantalón branco. Este recén nado club ocupa a praza vacante que deixa o extinto Orense F.C. e a nivel nacional disputa o Campionato de Terceira División xunto a Unión Sporting Club e Club Ciosvín, terminando segundo. Precisamente ese mesmo verán de 1933 xorde outra entidade, o Galaico F.C., sociedade que participa na Liga de Modestos galega.


14

Deporte - Maio de 2013

A Eurocidade reunirá a 4.500 deportistas Celebraranse un total de 16 deportivas conxuntas, o dobre que en 2012 áis de 4.500 persoas son os que se agardan que participen este ano nas actividades deportivas organizadas pola Eurocidade Tui-Valença do Minho. O programa completo destes evento deportivos foi presentado o pasado 14 de maio polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, o vereador de Desporto de Valença, José Monte, e o presidente do Tyde F. C., Jesús López.

M

Nicolás Lorenzo, concelleiro de Deportes de Tui, destacou que o calendario que se presenta é moi ambicioso, engadindo que este é o ano de consolidación destas actividades deportivas xa que se van incrementar o número de probas, de 8 evento realizados en 2012 a 16 que se celebrarán este ano, co que se agarda incrementar o número de participantes dos 2.500 do ano pasado aos 4.500 que se esperan neste ano. O edil apuntou amais a repercusión positiva que esta afluen-

cia de xente terá sobre o comercio e a hostalaría local, xa que os deportista veñen tamén acompañados de familiares e amigos. Destacou Nicolás Lorenzo, o éxito que están a ter as Andainas Saudables da Eurocidade que en 2013 ofrecen 17 percorridos. Ao tempo lembrou que por esta iniciativa o ano pasado a Xunta entregoulles o premio “Galicia Saudable”. Tamén avanzou a próxima posta en marcha

da Unidade de Promoción do Exercicio Físico, grazas a fondos europeos. O vareador de Desporto de Valença, José Monte, salientou coma o proxecto de Eurocidade se vai construíndo paso a paso, apuntando que “neste proxecto cada vez máis queremos fomentar factores de unión”. O presidente do Tyde F.C. Jesús López, foi o encargado de dar os detalles do III Torneo Fúbtol 7 que esta

fin de semana, sábado e domingo, se vai celebrar no Complexo Deportivo Álvarez Durán. Participarán vinte equipos, tanto galegos coma portugueses, nas categorías benxamín e alevín, sumando un total de 300 nenos. A competición comezará o sábado de 10.30h a 13.30h para os benxamíns, pola tarde de 16 a 1´9.30h será para os alevíns. Xa o domingo a partir das 10.30h disputaranse as finais e ás 13.20h terán lugar as finais.

O equipo proclamouse campión tras resultar invicto nos 26 encontros dos que consta a competición. Foi o o único da Federación Galega que acadou tal fito

O Concello mosense homenaxea á U.D. Mos-B polo seu título de Liga Como non podía ser doutro xeito, no acto estiveron presentes xogadores, equipo técnico e presidente da U.D. Mos-B, a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo e o concelleiro de Deportes, Isidoro Táboas; acompañados de varios membros máis da Corporación Municipal.

pasado 6 de maio celebrouse no Concello de Mos unha recepción que dende a administración local se lle organizou ó equipo de fútbol Unión Deportiva Mos-B en recoñecemento por ter gañado o título de Liga 3ª Rexional 2013.

O

A Unión Deportiva Mos-B proclamouse campiona de Liga o día 21 de abril, data na que rematou a competición e na que disputaron o derradeiro partido da mesma contra o Covelo Club de Fútbol no campo rival, onde obtiveron a victoria cun resultado de 1-5. O campionato de Liga 3ª Rexional consta dun total de 26 xornadas. Das 39 ligas das que consta a Federación Galega de Fútbol dende 3ª División a 3ª Rexional (nas que compiten xogadores de 18 anos en diante), cada unha delas cunha media de 16 e-

quipos por liga, a U.D. Mos-B foi o único equipo que non perdeu ningún dos partidos da competición. Cómpre destacar a xuventude de tódolos xogadores da Unión Deportiva Mos-B, con idades comprendidas entre os 18 e os 24 anos. Este equipo está integrado por 25 membros, todos eles mosenses, 22 xogadores e tres técnicos. Rexedora local e edil de Deportes felicitaron a estes 25 mozos polas hazañas de ter gañado a Liga e sobre todo de facelo resultando invictos ó longo dos 26 partidos disputados. “Sodes un orgullo para este Concello e con este título demostrades que Mos segue a ser berce de grandes deportistas”, trasladoulles Arévalo ós campións, mentres que o concelleiro Isidoro Táboas expresou que “estes xoves e o logro que teñen conseguido gracias ó seu esforzo deben servir de exemplo de superación para toda a mocidade mosense”. Así pois os representantes municipais animaron a xogadores e equipo técnico a continuar traballando de igual modo de cara á vindeira tempada para repetir tan óptimos resultados e que Mos siga a dar exemplo deportivo, como xa leva facendo dende fai anos.


Maio de 2013 - O

15

Porriño

Festival de Cans: 10 anos de agroglamour Festival de Cans cumpre 10 anos por todo o alto cunha edición especial que conta coa presenza de vellos amigos para conmemorar xuntos grandes momentos da historia do evento. Wyoming, Jorge Ilegal, Víctor Coyote, Juanma Bajo Ulloa, Manuel Manquiña, Tony Lomba e Elio dos Santos ou Silvia Superstar son algúns dos nomes que compoñen o cartel desta décima edición que se celebrará do 22 ao 25 de maio en Cans (O Porriño). Serán catro días de programación con máis dun cento de proxeccións diversas, imaxes inéditas, estreas, xéneros novos e máis de 20 actuacións musicais, coa novidade de que este ano hai sesión matinal.

O

Maior protagonismo dos veciños Nesta edición, os veciños cobran

unha nova dimensión presentando as súas propias actividades, organizando exposicións e desenvolvendo os seus propios proxectos. Así, Divina inaugurará no exterior da súa casa ‘ExpoDivina’, que recolle unha recopilación dos cadros que realizou nos últimos anos e tamén se abrirá a mostra ‘Costa Azul’ na que se pro-

Sorteo da campaña Presume de praceiro A campaña Presume de praceiro/a celebrou o segundo e último dos seus sorteos na praza de abastos de Porriño repartíndose tres premios de vales de 75, 50 e 25 euros para gastar en calquera dos postos do mercado. Os usuarios da praza de abastos da vila do Louro elixiron ao mellor praceiro ou praceira, unha tarefa pola que son recompensados con 6 cheques de compra por valor de 300 euros (dous de 75 euros, dous de 50 e outros dous de 25 euros). O resultado darase a coñecer nas próximas semanas.

pón un repaso aos dez anos do festival a través de fotografías, opinións e noticias publicadas nos medios. Ademais, refórzase a Brigada de guías de camiños, 15 nenos e nenas de entre 8 e 12 anos, que guiarán e informarán ao público. Principais novidades

Xerentes dunha empresa alemá buscan traballadores en Porremprego O servizo municipal Porremprego traballa a prol do emprego tamén no estranxeiro. Vicente Millán e Oliver Nordt, xerentes da empresa xermana TTA Personaldienstleister, , visitaron as instalacións do Multicentro de Torneiros para falar das condicións laborais coas 15 persoas, formadas en materia de enfermería, que están realizando un curso de lingua alemá co obxectivo de inserirse como enfermeiras no país xermano.

O director do festival presentou a inmensa programación prevista para os catro días destacando “a volta de amigos que xa pasaron por Cans e que marcaron a historia do festival”. Serán 21 curtametraxes as que vaian a concurso, 14 de ficción e 7 de animación. Estréase a sección ‘A que andas?’, na que novos realizadores contarán os seus guións antes de ser levados a película. Inaugúrase ‘Cans Visibles’ cunha selección de curtos LGTB made in Galicia. Estréase tamén ‘Somos xente honrada’, de Alejandro Marzoa e celebraranse os 20 anos da estrea de ‘A matanza caníbal dúas garrulos lisérxicos’. Recupérase ‘Canastro Experience’ cun espectáculo de Víctor Coyote no Hórreo da Casa de Bugarín. Estas e outras moitas actividades e sorpresas compoñen o cartel do X Festival de Cans.

Demostración culinaria na praza de abastos Numerosas persoas achegáronse o pasado 24 de abril á praza de abastos de Porriño para presenciar en directo os dotes dun dos cocineros do Grupo Nove. Alberto González, do Restaurante Silabario de Tui, explicou e elaborou in situ mollejas de tenreira lechal á grella con pencas de grelos e sabayón. Este showcooking enmárcase no programa Rías Baixas, territorio gastronómico, Cociña de mercado organizado pola Deputación e a Xunta en colaboración coa Concellería de Prazas e Mercados de Porriño.


Suplemento de humor Maio de 2013

XV Portocartoon Por Francisco Puñal Suárez nha vez máis a cidade portuguesa de Porto convértese na sé internacional do humor gráfico, coa celebración do XV PortoCartoon, un festival que organiza o Museu Nacional dá Imprensa, que dirixe Luís Humberto Marcos e que este ano tivo como tema central “Liberdade, Igualdade e Fraternidade”.

U

Cun debuxo titulado “Naufragio”, cunha carga moi irónica, onde se mostran varias persoas que intentan salvarse nun mar embravecido e caracterizado polo símbolo do diñeiro, o artista Miro Stefanovic, de Serbia, obtivo o Gran Premio do certame. A miña caricatura -expresa Stefanovic- reflexa o estado da sociedade actual. O diñeiro é a nova deidade que goberna o mundo. Todo se afundiu pola avaricia e o diñeiro. O

humor e a sátira non poden mudar a sociedade, pero axudan a que a xente pense nas cousas que deben ser mudadas. Calquera persoa sen ter una especial formación, está capacitada para entender a mensaxe que transmite unha caricatura. Ás veces a sátira pode influír nos lectores, e iso xa é algo. O segundo premio, intitulado “Atrapados”, foi para Ángel Boligán, de México, e o terceiro, para Wilem Rasing, de Holanda, por “Libertea”. A edición deste ano contemplou dous premios especiais en homenaxe ao cineasta Manoel de Oliveira (que no 2013 cumprirá 105 anos) e ao Premio Nobel de literatura José Saramago. Os vencedores foron Mauricio Parra, de Colombia, e Iván Prado, autor español residente en Alemania, respectivamente. Máis de 500 artistas de todos os continentes enviaron preto de 1700

obras ao XV Po r t o C a r toon. Os vencedores recibirán os seus trofeos e premios na cerimonia de apertura da exposición que terá lugar na sé do Museu Nacional da Imprensa, de Oporto, o próximo 23 de xuño, nas Festas de San Joao, que se celebran nesa cidade lusa.

Atrapados. Debuxo de Angel Boligan (México)

Naufraxio. Gran Premio. Debuxo de Miro Stefanovic (Serbia) José Saramago. Debuxo de Mauricio Parra (Colombia)

Mención de Honra. Debuxo de Luc Vernimmen (Bélxica)

Mención de Honra. Debuxo de Julian Pena Pai (Rumania)

Manoel de Oliveira. Debuxo de Ivan Prado (Alemaña)


Maio de 2013

16


18

Salceda - Maio de 2013

Marcos Besada, alcalde de Salceda

“Eu débome aos veciños e veciñas de Salceda” Por Guillermo Rguez. Fdez. arcos Besada é un daqueles alcaldes que o pasado ano asinou con outros alcaldes un escrito no que pedían que a UPG permitira máis xogo ás demais familias nacionalistas que vivían dentro do BNG.

agrandou co proceso de Amio e que poñemos en coñecemento da Executiva Nacional nun informe elaborado por 32 persoas entre militantes, simpatizantes e membros da candidatura. E non só non se fixo nada por resolver o problema local senón que se alimentou negativamente e que puña en perigo o proceso de transformación de

Amio, decisións coincidentes cos intereses dos cidadáns e non só dos militantes os simpatizantes do BNG.

Salceda. Eu débome aos veciños e veciñas de Salceda; a opinión desas persoas que non aceptaron os acordos colectivos e se negaron a ir nas listas electorais para min ten pouco valor.

pode chegar a gobernar este País e que é, ademais, o que máis lles interesa aos galegos e galegas.

Os resultados xa son coñecidos por todos. Logo houbo un segundo documento no que nos reafirmamos que o pobo galego pode confiar no nacionalismo e que o nacionalismo

A cousa rematou mal. A UPG maioritaria dunha das partes enfrontadas gañou a partida e os alcaldes “díscolos” quedaron un tanto descalificados. Que farían, logo? Unha vez que as augas se serenaron uns poucos fóronse do BNG; outros quedaron. Un deles foi, precisamente, Marcos Besada, que aguantou ata agora. -Por que marchas neste momento? -Eu tiña unha responsabilidade como alcalde de Salceda, por iso non puxemos un límite para seguir nesa casa que xa non é a casa común do nacionalismo galego. Logo do divorcio de Amio tiñamos que asegurarnos de que non ía correr perigo o cambio de tansformación producido en Salceda na ano 2007 que tanto nos tiña costado. Unha vez que nos decatamos de que xa non tiñamos cabida dentro da familia do BNG decidimos facer pública a nosa saída. -Compañeiros teus fundadores do BNG en Salceda quéixanse de que non contaras con eles ante unha decisión tan importante. Non había boas relacións entre vós, acaso? -É evidente que o proceso ten as súas raigames dentro do comité local de Salceda dende os anos 2007/08. Existe unha diferenza de enfoque entre os membros dese comité local que se foron agrandando co paso do tempo. Xa nas últimas eleccións municipais unha serie de persoas decidiron non ir nas listas do BNG que se tiña decidido colectivamente eu presidira. Unha vez que rematan as eleccións prodúcese o que foi o proceso preasembleario de Amio e a nivel local prodúcese a introdución, por primeira vez na historia de Salceda, de dinámicas propias do BNG inéditas en Salceda que puxo en perigo o que tanto esforzo persoal e colectivo nos costou: botar ao PP do goberno local e iniciar unha nova xeira de cambios. Partimos, por tanto, dun problema local que se

-No seu momento un grupo de alcaldes do BNG fixestes público un manifesto que presentastes diante da dirección do BNG onde parecía mantiñades unha certa unidade de acción. Que pasou co espírito daquel manifesto? Segue vivo ou está esfarelado? -Os alcaldes temos a responsabilidade institucional que nos deron os veciños/as cada un no seu Concello. Isto hai que diferencialo das dinámicas dunha formación política plural e diversa como era o BNG. O que fixemos foi producir un documento no que criamos, unha vez que estamos máis a pé de rúa, que lle miramos directamente aos ollos aos cidadáns, podiamos axudar a que o BNG acertara e se pudieran tomar, nesa asamblea de

-Sen embargo, logo do Congreso de Amio, ese grupo de alcaldes, ainda que as cousas non transcorreron polas canles que pensabades, continuastes dentro do BNG; por que non destes o golpe e saístes cando se conformaron as diversas opcións políticas que naceron aí, en Amio? -Polo que antes che comentaba. Nós debémonos ao Concello. Somos depositarios dunha confianza á que non podemos defraudar. Por outra banda acatamos as decisións ainda que non as compartamos; nós temos os nosos tempos, que son os da responsabilidade e os da cautela. Xa dixemos no seu momento que cada un dos alcaldes ou alcaldesas tiña o seu tempo e as súas circunstancias. Nós pretendiamos continuar co noso programa ata o remate pero foi a propia organización quen non considerou que a nosa

principal obriga era continuar co programa de reformas de Salceda. Aquí en Salceda defendéronse prácticas moi graves e a organización que representamos non estivo á altura do momento histórico que estamos a vivir en Salceda. -Como ides continuar dentro do organigrama municipal de goberno? -Hai que distinguir as obrigas institucionais das políticas ou de partido. Nós seguimos no goberno de Salceda coas mesmas responsabilidades; eu non me vou a ningures. Para nós o prioritario é erguer esa enorme hipoteca que deixaron os anos de desgoberno do Partido Popular sobre o futuro de Salceda. O que debe quedar claro é que hai un goberno responsable capaz de asumir eses erros doutros partidos, rectificalos e tirar para diante. Os veciños non teñen por que preocuparse. É, precisamente, en momentos coma este que vivimos, cando mellor se miden os valores da tripulación. Polo tanto eu, por suposto, teño moi claro onde estou; en Salceda de Caselas, nun momento crítico, convulso e de cambios radicais no día a día. Estou disposto a calquera tipo de iniciativas e de cara ás vindeiras eleccións municipais tomaremos as iniciativas oportunas de maneira colectiva. Pero sobre todo o que máis interese aos veciños/as de Salceda porque para nós ese proxecto político segue firme, en pé. -O que significa que non ides apostar por ningunha desas opcións que se deron no nacionalismo logo do congreso de Amio? -Evidentemente a nosa saída foi un momento triste para todos/as. Non é doado deixar a casa onde un creceu políticamente. En todo caso foi unha honra traballar con moitas persoas no eido nacionalista, sobre todo en Salceda, por acadar concellos de Castelao, de Bóveda ou de Murguía na construción dunha nación. Ao portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, así llo fixen saber, que nos botabamos a un lado pero que contara conmigo e con nós se hai vontade de construir unha nova Casa Común do nacionalismo galego. O que pasa é que cecais nestes momentos temos que pensar noutro tipo de construción; poden ser casas acaroadas, diferentes ao que foi a construción do nacionalismo en Riazor no ano oitenta e dous. O que para nós é máis importante é a


19

Maio de 2013 - Salceda

unidade de acción; iso témolo claro os alcaldes e alcaldesas do nacionalismo galego.

xente de palabra. Non houbo ningún cambio e seguimos traballando cóbado con cóbado, día a día, pasiño a pasiño, para conquerir o que refrendaron os veciños e veciñas en 2011.

-Saltando da política local á política galega, que opinión che merece o que vén de ocorrer no Parlamento entre Beiras e Feijóo? -O que temos que ter en conta tanto en Galicia como no resto do Estado é que o noso “inimigo a bater” é o Partido Popular, que se transformou nuha brigada de demolición de todas as conquistas que levamos acadado nos últimos anos en Salceda e que coa desculpa da crise está a mallar nas persoas máis indefensas de Salceda, do País e do Estado español. Nós temos que ter en conta dende as institucións nas que gobernamos que xa non serven os métodos clásicos dos partidos. Hoxe temos que estar alerta sobre as demandas dos cidadáns tanto ao Partido Popular e tamén ás demais forzas políticas como o BNG. Aí temos a experiencia e o éxito dunha pata desa casa común que foi a que confluíu en AGE (Alternativa Galega de Esquerdas) comandada por Xosé Manuel Beiras… Iso foi o que se reflectiu no Parlamento de Galicia. O sistema está absolutamente viciado, precisa unha rexeneración dende a democracia. Hai que rexenerar todo pero sobre todo recuperar valores, porque ademais dunha crise económica tamén hai crise de valores. Temos que recuperar a ética, a moralidade e a honestidade no mundo da política, o respecto aos que non pensan coma nós e, sobre todo, o traballo colectivo dende a comunidade; o que tan ben define Beiras como “ben común”. Iso sabémolo moi ben dende os concellos. A xente está preocupada pola súa situación persoal, familiar, laboral,… Resulta moi complicado convencer aos cidadáns para que loiten polo ben común. Por outra parte están as actitudes como a de Xosé Manuel Beiras no Parlamento que xa esplicitou noutra ocasión e tamén contra o PP daquela na persoa de Manuel Fraga. É a escenificación, de maneira maxistral, por certo, do que no fondo es-

-Ao parecer non tódolos socialistas locais están de acordo en seguir igual. Que sabes disto? -Eu ata o momento creo que os compañeiros socialistas van cumprir escrupulosamente os acordos que libremente adoptamos en Salceda; se alguén ten a tentación de romper este acordo de goberno terá que explicárllelo aos seus propios votantes e aos demais veciños/as de Salceda.

tán demandando todos os días os distintos colectivos que sofren as consecuencias dos recortes e da malleira que nos está a dar a todas e todos a xente do Partido Popular. -Logo ti entendes que esa casa común da que antes falabas puidera seguir o esquema da AGE, incluídas forzas non nacionalistas? -Esa é unha alternativa que emanou da propia organización e que confluíu con outras forzas que xa estaban no escenario político galego traballando. Eu o que digo é que temos que ter unha unidade de acción porque o nacionalismo ten que dar resposta ao que herdamos dos nosos devanceiros coma Castelao ou Murguía, que asentaron os alicerces do que hoxe disfrutamos como autogoberno, insuficiente pero básico para seguir crecendo e para acadar ese teito ao que todos aspiramos. O

País precisa do nacionalismo para resolver os seus problemas. -Se non entendín mal as casas acaroadas que identifica vostede serían ANOVA, Compromiso X Galiza e BNG; ou hai outras forzas que tamén poden estar? -Todas e cada unha das organizacións que queiran traballar nunha mesma dirección; que crean en Galiza como nación, pero sobre todo para resolver os problemas que os galegos e galegas teñen que son moitos. -Como son as relacións cos vosos socios de goberno, neste intre? -O programa de goberno consensuado cos nosos compañeiros socialistas non sofre ningún cambio. Iso xa llelo trasladamos. Aquí estamos defendendo os mesmos valores que propuxemos en 2007 e nós somos

-Imos rematando, Sr. Alcalde. Falemos agora de como ve vde. a situación do nacionalismo en Salceda de cara ás próximas eleccións municipais de 2015. -Poden ocorrer moitas cousas nos próximos meses. Estamos nun momento de transformación, como antes comentaba. A sociedade demanda novas formas de facer política e polo tanto faise máis precisa esa unidade de acción. O sistema de partidos existente ata agora xa non serve. O bipartidismo que padecemos ten os días contados. Haberá que artellar novas formas e buscar canles polas que transcorran todas as inquedanzas dos veciños/as deste País. Existen moitas persoas capaces de poñerse á fronte e pola miña parte estarei ao dispor desa maioría que traballe nesa dirección. Polo de agora débome aos votantes de Salceda e a un programa de goberno do que somos protagonistas nacionalistas e socialistas. Esa é a miña primeira preocupación, traballar para esa unidade de acción das distintas casas acaroadas. O futuro, por tanto, non está escrito; precisamos liderádegos claros e un proxecto claro e común onde nos sintamos todos representados. POSDATA/ Poucos días despois de conceder esta entrevista o alcalde de Salceda e os seus concelleiros de goberno crearon unha nova forza política: ‘Proxecto de Salceda’.


20

Salceda - Maio de 2013

Marina Cabaleiro, 1ª tenente de alcalde de Salceda

“Non queremos ofrecer un goberno tambaleante” Por Guillermo Rguez. Fdez. nha vez que os membros do BNG que gobernaban en Salceda cos socialistas se apartaron da disciplina do partido quixemos coñecer como podería influír esta nova situación na relacións entre nacionalistas, agora non adcritos, e socialistas. Para iso nada mellor que falar con Marina Cabaleiro, voceira dos socialistas no Concello e 1ª tenente de alcalde. -Os socialistas levades xa uns cantos anos gobernando cos nacionalistas. Nestes momentos xa non son do BNG as persoas que asinaron convosco o documento programático. Cal é a situación nestes momentos? -Bueno, o convenio segue en vigor ainda que tal vez puideran existir algunhas cousas que debamos matizar, algo que non quedara moi claro nese pacto que asinamos os dous partidos. Isto é, cecais, o que pretendemos. -Esa esixencia prantexádela porque Marcos e o seu equipo se foron do BNG ou xa estaba na vosa mente facelo? -Bueno, o pacto non é a catro anos, senon que é revisable anualmente ou cando algunha das partes o solicite. Creo que a comisión correspondente ten que reunirse en xuño pero cos acontecementos actuais as cousas adiantáronse. Na reunión do noso comité vaise estudar esta nova situación. -Pero que tipo de esixencias ides facer? -Como as cousas cambiaron nós queremos que a súa posición política sexa estable, que non volte unha nova situación de cambios ata as próximas eleccións onde xa poden ir cada quen onde mellor lle vaia. -Significa que se neste momento deciden pasarse a un novo partido iso podería provocar conflito co pacto entre vós? -Eu creo que si. Nós non podemos estar pactando un dia cun partido e logo con outro; precisamos unha permanencia cun partido. Se eles se van a un partido máis de dereitas, por exemplo, teriamos que romper o pacto. Eu sempre dixen que me iria á oposición, eu non vou facer un pacto co PP. -Poderían irse ou a ANOVA ou a

Compromiso X Galicia, que non son partidos moi distintos, non? -Bueno, non son o mesmo, senón estarían xuntos, non? Nós o que non queremos ofrecer é un goberno tambaleante. Esas son cousas que eles poden clarificar cara a unhas eleccións. -O pacto que fixestes foi co BNG ou co equipo de goberno? -O pacto fíxose co BNG. Eu sempre recalco que é a Executiva do meu partido quen me respalda e me avala. Eles teñen a última palabra porque é un pacto entre membros dun partido. Que eles seguen cos mesmos prantexamentos e dispostos a cumprir o pacto, pois renóvase e non pasa nada, pero estes movementos así non favorecen a estabilidade dun goberno. -Logo, agora o BNG non pode reunirse convosco. Ainda non tivestes reunión logo da nova situación? -Por parte do BNG non se puxo ninguén en contacto connosco. Nós si nos reuniremos e deixaremos claro que hai que debater un novo pacto, agora cos non adscritos. Dende o BNG ninguén se dirixiu a nós, eles saberán por que. -Refíreste ao BNG ou ao equipo de goberno? -Non, ao BNG; con Marcos falamos tódolos días. -Pero o BNG que pode pactar convosco? Animarvos a que rompades

o pacto, tal vez? -Bueno, iso xa o están facendo a nivel de rúa; eles por un lado e o PP polo outro. O BNG debera falar con nós porque somos partidos de esquerda e teñen que pensar que en 2015 haberá novas eleccións e temos que estar aí todos a unha para que non goberne a dereita.

“Nós estamos aquí cumprindo co noso programa de goberno, para os que votaron ás persoascomo para os que votaron ao partido” -Estás, tal vez, pensando que de novo se van coaligar BNG e nacionalistas en Salceda? -Bueno, temos que pensar nunha unidade de acción para que non volva a dereita. A fórmula xa se decidirá nese momento. -Cres que os veciños de Salceda van notar algún cambio coa nova situación? -Eu creo que os veciños non van notar nada. Nós estamos gobernando; estanse a facer un montón de cousas, botándolle moita imaxinación e traballando arreo, polo que penso que non deben notar nada.

-Que alegan os membros do BNG e os populares sobre a nova situación? -A eles o que lles interesa é a inestabilidade no goberno. Iso está claro; sempre que se produce algo dentro do equipo de goberno se aproveita. -Pero que alegan? -Que este agora non é un goberno votado polo maioría dos cidadáns; que os que votaron ao BNG se senten enganados; os populares din que eles sacaron máis votos. Eu sempre digo que os veciños votaron unha ideoloxía de esquerdas que está gobernando e que teñen para nós o máximo respecto. Pero eses son problemas doutra casa que non é a miña, por iso prefiro non entrar en debate con estas cousas. -Ben, Marina. aproveita para dirixirte aos teus votantes e mándalles algunha mensaxe. -Pois dicirlles que estean seguros de que nós estamos aquí cumprindo co noso programa de goberno, para os que votaron ás persoas como para os que votaron ao partido. Nós seguiremos traballando polo ben dos veciños/as de Salceda dentro dun programa de esquerdas que é o que nestes momentos goberna en Salceda. Aquí estamos e aquí seguiremos fieis ao noso programa socialista. -Grazas, Marina e que as cousas transcorran ben para os salcedenses dun e doutro sino político.


21

Maio de 2013 - Salceda

A demostración da arte de varios grafiteiros, as actuacións de Quempallou e do Caimán do río Tea, que celebraba o seu 20º aniversario, pratos fortes da festa da xuventude de Salceda Asociación Treze Catorze celebrou o pasado sábado 4 de maio a súa festa maior. Cun soleado día comezou a sesión vermú cos gaiteiros Chikilikatorzes e amigos, mentres os asistentes disfrutaban do polbo á feira, a tortilla de patacas ou o exótico potaxe cociñado polos organizadores. Pola tarde, mentres os grupos realizaban as probas de son, os grafiteiros Powone, Gory e SVV comezaban a darlle lume ós botes, ó mesmo tempo no que comezaban os xogos populares: a Pincha, Tira da corda, carreira de sacos e por último, o II Gran Concurso de Saltos 13 14, no que se volveu ver a imaxinación dos participantes para tentar conseguir a máxima puntuación do esixente xurado.

A

Coa noitiña e co cheiro a chourizos, foi o turno da batukada do Bloquinho Aperta, e a iso das 11 empezaba o concerto de Quempallou facendo bailar a todo o público asistente e de diferentes idades que nese momento enchía o torreiro da festa. Pero o prato forte da noite viría xusto despois, co regreso do Caimán do río Tea polo seu vixésimo

aniversario. Cun potente son encandilaron rapidamente ó publico cos temas que sonaban no mítico Xabarín Club da TVG: ‘Vén a bailar’ e a hiperfamosa ‘Estou na lavadora’. E así ata o final do seu espectáculo conseguiron que todo o mundo baila se ó seu son. Memorable.

E aínda quedaba a actuación da Terbutalina, que co seu gastropunk fixeron unha fantástica posta en escea, tocando máis de 30 cancións case sen respirar, o que provocaba un continuo brincar da rapazada. Xa de madrugada, facía a súa aparición o afamado picadiscos local

DJ Croqueta, mesturando ritmos e estilos para que os que ainda tiñan folgos puidesen seguir bailando. A organización está contenta co resultado da festa, e coas mostras de cariño e agradecemento, que son o motor para ir pensando xa na edición do ano que vén.


22

Tomiño - Maio de 2013

Mozos tomiñeses tentan construirse un futuro como monitores de tempo libre

O Concello de Tomiño celebra un novo curso de manipulador de alimentos. A actividade terá lugar o vindeiro día 16 de maio, ás 17 horas, no Auditorio de Goián, e terá un custe de 17 euros.

Concello de Tomiño organiza, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), un curso de Monitor/a de Tempo Libre, homologado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta, co fin de que as persoas interesadas (de entre 18 e 30 anos con certificado de EXB, ESO, FP ou equivalente), podan ter a titulación oficial homologada que lles permita traballar en campamentos, ludotecas, empresas de lecer, residencias, etc.

O

Deportes de equipo, xogos, cancións e danzas populares, saídas á natureza, acampadas, manualidades, malabares, papiroflexia, son so algúns dos temas tratados neste curso, nos que os aspirantes reciben tamén nocións sobre socorrismo e primeiros auxilios, que poñen en práctica entre eles mesmos. As clases son impartidas por Luis Alonso, director da Escola de Tempo Libre Fervenza, dependente da Xunta, e outros monito-

Tomiño imparte un novo curso de manipulador de alimentos

As persoas interesadas poden inscribirse ata o día 13 de maio na Oficina de Desenvolvemento Local sita no Concello de Tomiño. Teléfono 986 62 20 01/03.

Tomiño apoia a folga xeral contra a reforma educativa res que teñen ao seu cargo diferentes partes do curso. Alonso destaca a motivación e interese das 25 persoas (19 mulleres e 6 homes) de idades comprendidas entre os 20 e os 40 anos, procedentes na súa maioría, do municipio tomiñés, e tamén doutras vilas da zona, coma O Rosal ou A Guarda.

Dúas voluntarias europeas difunden o seu labor facendo o Camiño de Santiago As dúas voluntarias europeas Iwona Domaszczynska e Marín Vomm, de Polonia e Estonia, respectivamente, que colaboran co Concello de Tomiño, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), dende hai algúns meses, finalizaron o pasado 11 de maio o Camiño Portugués entre Tui e Santiago, que iniciaran o día 7 de maio co fin de dar a coñecer o Servizo de Vo-

luntariado Europeo (SVE), programa a través do cal elas puideron viaxar e residir en Galicia no presente curso. Durante a ruta, as mozas fixeron paradas en Mos e Caldas de Reis para dar charlas informativas sobre os programas de voluntariado que permiten á mocidade galega viaxar como voluntario a países da Unión Europea.

Membros das Anpas de Tomiño (colexios públicos e IES), docentes e alumnado de varios centros educativos, e público en xeral, concentráronse o pasado 9 de maio diante do Concello de Tomiño, en apoio á folga xeral convocada en contra dos recortes e da reforma educativa propugnada polo Goberno Central. O acto contou co apoio do goberno local. Con este fin, as asociacións de nais e pais de alumnos instalaron un punto de información na Praza do Seixo, para explicar á cidadanía os motivos da decisión adoptada no senso de secundar a folga. Foron numerosas as persoas que tomaron a palabra ao longo da concentración para explicar os recortes e reformas que se queren practicar dende o Goberno, expoñendo asemade os seus argumentos en contra dos mesmos.


23

Maio de 2013 - Tomiño

O colexio Pedro Caselles crea un banco de imaxes da parroquia de Santa María

colexio Pedro Caselles Beltrán de Tomiño leva a cabo neste curso o proxecto ‘12 meses, 12 paisaxes’, co que pretende que o alumnado mellore os seus coñecementos da paisaxe e da parroquia tomiñesa de Santa María en xeral. No proxecto está implicada toda a comunidade educativa do centro. Os escolares poden traballar de forma individual ou por equipos; as familias tamén se implican achegando información, así coma o profesorado, que organiza o traballo dos participantes.

O

Identificar e describir distintas paisaxes, árbores senlleiras, froitos autóctonos; concienciarse do valor de cada individuo á hora de conservar o entorno; recoñecer os cambios que producen o tempo ou a

man humana na paisaxe; valorar o traballo en grupo, e manexar novas tecnoloxías (móbiles, cámaras, tablets, portátiles) para a realización dos traballos e rexistro de datos, son algúns dos obxectivos deste singular proxecto educativo. A primeira fase de traballo estivo dedicada á investigación e recompilación de fotos. Ante a gran cantidade de fotos antigas que se recibíu ata o momento, que na súa maioría retratan a grupos de persoas, a directiva do centro decidiu incluír unha nova sección no proxecto.

vas relativas a algunha paisaxe ou árbore.

que se proxectará na semana das Letras Galegas.

A cada familia fíxoselle chegar unha carta explicativa para que colaborara cos seus fillos e fillas na realización dos traballos, co fin de recuperar lendas ou historias significati-

Os traballos entregados foron organizados e colgados no blog Paisaxes de Tomiño. Tamén se montou un video-documental coas fotos, vídeos, textos e gravacións entregadas,

Na ultima semana de maio ou primeira de xuño terá lugar a actividade de ‘Turonia’, unha saída na que este ano se procurará levar á practica os coñecementos adquiridos.

Máis teatro na programación cultural de primavera do Concello obra infantil ‘O libro máxico’, de Migallas Teatro, abríu o último domingo de abril a programación cultural de primaverade Tomiño, seguida, o 11 de maio, por ‘Memorias dun neno labrego’, monólogo sobre o libro de Xosé Neira Vilas, a cargo da Compañía Abrapalabra.

A

A programación continuará o 18 de maio, ás 22 horas, co grupo de teatro afeccionado ‘Aloia’, de Pazos de Reis (Tui), que porá en escea a peza titulada “A vin-

ganza da Petra”. Para todos os públicos e de balde. A Compañía Acontrabutaca traerá ata o auditorio goianés monólogos e skeetchs cómicos en ‘Dous son Parella’, o sábado 25 de maio ás 22 horas. Esta obra está indicada para maiores de 16 anos e a entrada custará 3 euros. A programación continuará ao longo do mes de xuño, con dúas propostas ben diferenciadas. En primeiro lugar, o día 1, o dúo Alfon-

so Vallejo (Luis Iglesia B. e Xabier Deive) escenificará o espectáculo teatral ‘Gaivotas subterráneas’. Este espectáculo está indicado para maiores de 13 anos e a entrada será de 3 euros. Por último, a Escola Municipal de Teatro de Tomiño protagonizará dúas pezas: ‘O pano da avoa’ e ‘O nacemento do dragón’. Con esta última proposta, prevista para as sete da tarde, darase por pechada a programación de primavera.

Exposicións Despois da exposición de pintura de Orlanda Gomes de Faria ‘Olladas de muller’, Xuxo Malone (artista autodidacta nacido en A Guarda e veciño de Tomiño na actualidade) exporá

‘Imperfeccións’, unha mostra escultórica con diferentes técnicas (do 18 de maio ao 2 de xuño). A inauguración será o día 18 de maio ás 20.00 horas no Auditorio de Goián.


24

AlĂŠn Minho - Maio de 2013


25

Maio de 2013 - A Guarda

Presentación do Libro “Yo también fui contrabandista en el Estuario del Miño”

A CIG-Ensino esixe a readmisión dos traballadores despedidos no San Xerome

CIG-Ensino convocou unha manifestación para reclamar a readmisión das tres persoas despedidas no centro San Xerome Emiliani.

A

Praxíteles González Martínez , veciño do barrio do Cotro, no Rosal, é ben coñecido polo seu labor divulgador dos costumes e as tradicións no Baixo Miño. Téndose adicado na súa vida a “case todo”, Praxíteles decidiu deixar constancia das súas vivencias por escrito, e así ata o día de hoxe son varios os libros que nos relatan aspectos diferentes dos oficios e costumes das xentes do Baixo Miño: “Embajadores de los infiernos. Historia y lenguaje de los cabaqueiros”(1995); “Riberas del Baixo Minho. Sus gentes, usos y costumbres”(1997); “A terra das nosas raíces: topónimos e motes do Rosal e a Guarda”(2000). Este ano preséntanos un novo libro no que se achega a unha das principais actividades económicas do século pasado nunha zona de fronteira como é o Baixo Miño. Unha actividade sobre a que aínda hoxe segue a haber claroscuros, xa que os seus protagonistas aínda son reticentes a expola en público, mais forma parte da nosa historia, da nosa cultura.

Prazo de inscrición aberto no Conservatorio de A Guarda Dende o Concello da Guarda lembran a todas as persoas ás que lles gusta a música e queira aprender a tocar un instrumento musical que o Conservatorio de Música de A Guarda ten aberto o seu prazo de inscripción para nenos de 8 a 14 anos, por un lado, e para todo aquel de máis de 14 que queira aprender a tocar un instrumento. Para más información pódese chamar ao número de teléfono 986613002 ou pasar polo propio centro situado na rúa 2ª Transversal dos Bechos s/n.

A manifestación tivo lugar o mércores 24 de abril ás 11 da mañá e saíu do centro San

Xerome,para percorrer varias rúas da Guarda até o Concello. Na manifestación participaron os delegados da CIG-Ensino polo Convenio de Centros de atención a persoas discapacitadas en que a central nacionalista é maioritaria. Tamén estivo presente o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao. O día anterior á manifestación tivo lugar no Centro Cultural da Guarda, unha asemblea aberta a toda a cidadanía para explicar todo o relacionado con estes despedimentos

CdT e Converxencia Galega denuncian o erro cometido no último dragado do Miño CdT e CG, a través do Foro ‘A Carón do Miño’, din recoller as queixas dos mariñeiros e técnicos, nas que afirman que o último operativo do dragado da canle de navegación do Ferri, “Santa Rita de Cassia”, foi un fracaso, porque non se realizou na zona indicada polos técnicos e responsables do ferri, senón noutra zona, a que vai

dende a metade do río hacia o porto da Pasaxe, que non precisaba ser dragada. Para CdT e CG foi un diñeiro mal gastado, xa que ó non limparse no punto sinalado, o aterramento segue igual e incrementa as dificultades de navegación para o ferri e o seu servizo entre as dúas marxes do Miño.

Segundo conclúen houbo deixadez por parte dos responsables de controlar e estudar as verdadeiras necesidades para o bo funcionamento do servizo, pero, aínda advertidos polos traballadores do ferri, os responsables políticos de ámbalas dúas marxes do canle fixeron oídos xordos.

Créase o Movemento 1º de Maio do Baixo Miño

o mundo sindical, para, entre outras cousas, dar a coñecer as vicencias doutras épocas, algunhas delas non tan lonxanas.

Dende hai tempo, persoas vinculadas ao mundo sindical da comarca do Baixo Miño veñen reivindicando que nos diversos actos que se celebran co gallo do 1º de maio se teñan en conta as actuacións que na época clandestina ou na transición protagonizaron distintas persoas, principalmente nos pobos e aldeas.

Así, reuníronse o 1 de maio no cemiterio da Guarda para homenaxear a Angel Pérez Castro (Gelito), que traballou para poñer en marcha as Comisións Mariñeiras nos anos 70 e continuou entregando moito do seu tempo á búsqueda de alternativas e solucións ós mariñeiros guardeses, sufrindo os sinsabores da incomprensión e dos inmobilistas que o levaron a soportar problemas persoais, familiares e laborais, pero mantendo o seu posicionamento e disposición a loita por un mundo mellor.

Despois de varias xuntanzas, sindicalistas de diversas centrais, en activo ou xubilados, acordaron crear un ente organizativo para poder levar a cabo actos reivindicativos e tamén de debate sobre


26

A Guarda - Maio de 2013

Daniel Alonso amosa as súas esculturas aos alumnos dos centros públicos da Guarda

A feira do libro trasládase este ano á Praza do Reló

escultor guardés Daniel Alonso iniciou a finais de abril un ciclo de coloquios e talleres polos colexios da Guarda, dentro dun programa que leva desenvolvendo desde hai tres anos coa participación de Alicia Alonso e Jorge Barbi. A iniciativa pretende achegar aos escolares a realidade da arte, a través dos centros públicos da localidade: M.R.Sinde, As Solainas e A Sangriña.

Un ano máis celebrarase na Guarda a Feira do Libro, na que participarán as librerías da vila e a comarca poñendo á venda os libros cun desconto do 20%.

O

Daniel Alonso comezou cunha charla sobre as formas e linguaxes artísticas, para ensinarlles aos nenos a

entender un pouco mellor a arte e introducilos nos mecanismos que axudan a comprender a súa obra. Logo participou con eles

nunha clase de iniciación ao modelado, para que os pequenos entrasen en contacto co material, e empezasen a desenvolver a súa propia linguaxe creativa. Tamén puideron ver, tocar e

escoitar algunhas esculturas como o ‘Seixo musical’. As obras que realicen os nenos expóñense dende o día 2 maio no Centro Cultural. Á inauguración acudiron os alumnos dos tres centros e tamén o propio Daniel Alonso. Visita á casa taller Para finalizar o programa, algúns dos escolares visitaron ‘Casa Taller’, a vivenda e taller do escultor no porto da Guarda, aberto ao público todo o ano. Así, percorrerán o camiño dunha obra desde o taller á sala de exposicións.

A cita será o 19 de maio, domingo posterior á celebración das Letras Galegas. Máis este ano a Feira cambiará de emprazamento, trasladándose ó centro da vila, na Praza do Reló. Neste espacio darase cabida tanto ós postos das librerías como ás diferentes actividades complementarias.

Obradoiro de redes no Museo do Mar da Guarda

A Guarda e Caminha organizan o Seminario ‘O Miño que nos une’ O Alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, e o Vicepresidente de Caminha, Flamiano Martins, presentaron o Seminario Internacional o Seminario Internacional “O Minho que nos une” o día 7 de maio nun marco significativo como é o ferry que une as dúas beiras do Miño. Durante este acto presentouse o Seminario Internacional que tería lugar o venres día 10 de maio no Concello da Guarda e que foi organizado polos dous municipios, co obxectivo de abordar te-

mas relacionados co río Miño e permitir a participación das institucións e veciños de Portugal e España. O seminario, cuxo programa comprendía un conxunto de conferencias sobre a evolución e a historia do río Miño, o programa europeo transfronteirizo entre 2014 e 2020 e algúns casos de éxito noutros ríos de Portugal e España, intégrase no proxecto para a promoción do río Miño promovido polos municipios de ámbolos lados da fronteira.

O próximo 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos e no Museo do Mar da Guarda vaise festexar realizando un obradoiro coas redeiras da Guarda. A Asociación de Redeiras do Baixo Minho realizará unha actividade na que ensinará a todos os asistentes en que consiste o seu traballo, como se fan e se reparan as redes. Haberá ocasión de ver unha das novas aplicacións que as redeiras buscaron ó seu labor, que é a elaboración de pezas de artesanía, dende foulards ata broches e figuriñas. A entrada é libre, mais aconséllase a inscrición previa no Departamento de Cultura do Concello da Guarda: cultura@aguarda.es.


27

Maio de 2013 - Política

Bascuas cre que o servizo de atención ao cliente en galego “é irrenunciable”

CxG insta a Negreira a frear a destrución de 105 postos de traballo en Teleperformance Secretario Xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, e o Secretario Local de A Coruña, Xoán Antón Pérez Lema, reuníronse na tarde do pasado 7 de maio co Comité de Empresa Teleperformance A Coruña, compañía subcontratada que presta servizos de Atención ao Cliente a Gas Natural Fenosa para o conxunto do Estado. Segundo o Comité de Empresa, Gas Natural Fenosa decidiu eliminar a atención ao cliente da comercializadora Unión Fenosa Comercial a partir do vindeiro 1 de xuño, facéndoa desaparecer e tras-

O

ladando aos usuarios e ás usuarias da mesma a Gas Natural Servicios. Segundo o líder da organización galeguista, “a eliminación deste servizo suporía a perda de 105 postos de traballo, persoas que se están a preguntar que vai acontecer con elas a partir do 1 de xuño, xa que están a sufrir unha falta de información evidente por parte da empresa Teleperformance”. En palabras de Xoán Bascuas, “o servizo de Atención ao Cliente de Unión Fenosa Comercial préstase dende Galicia, e non así no caso de Gas Natural Servicios, deixándonos sen a po-

sibilidade de ser atendidos en galego, un dereito cidadán irrenunciable”. Pola súa banda, Teleperformance trasladoulle ao persoal afectado que o Grupo Gas Natural Fenosa está altamente satisfeito co servizo que se presta dende A Coruña, “mais a día de hoxe non se ten realizado ningunha medida que poida garantir a continuidade dos postos de traballo ou, cando menos, minimizar o impacto sobre eles”.

Antón Louro pídelle á conselleira de Sanidade que deixe de enganar sobre o novo hospital A día de hoxe, ningún pontevedrés ten xa a menor dúbida de que a Xunta non vai construír o prometido hospital de Monte Carrasco. A crise económica e o fracaso estrepitoso do modelo de financiamento hospitalario privado noutras comunidades autónomas tiraron á papeleira o proxecto estrela que o PP quixo venderlle á cidade de Pontevedra. O tenente de alcalde e portavoz do grupo municipal socialista de Pontevedra, Antón Louro, subliña que a

Hospital de Montecelo

construción deste hospital foi o gran compromiso oficial anunciado por Alberto Núñez Feijoo despois de acceder á presidencia da Xunta en 2009. “A realidade é que o PP, por puro interese electoral e cegado na

súa ambición de acadar a Alcaldía, rachou o consenso existente para ampliar Montecelo e construír o ansiado Hospital Único e embarcouse nunha aventura destinada ao fracaso”, indicou.

“Dar a cara” Xoán Antón Pérez Lema cre que isto é outro exemplo “da necesidade de ter máis autogoberno e un sistema financeiro e empresarial en clave de País que evite estas situacións” e insta á Xunta e directamente ao alcalde da Coruña, Carlos Negreira, “a tomar cartas no asunto e dar dunha vez por todas a cara pola cidade e polos seus veciños e veciñas”.

O BNG do Porriño acusa ao PP de non dar a cara ante a situación xudicial do Concello O BNG de Porriño, a través da súa portavoz, Mónica Bugarín, indicou que o alcalde do Porriño, Nelson Santos, se ampara nas protestas dos afectados polas preferentes que impiden a celebración de plenos na localidade para evitar dar explicacións sobre a súa imputación e a do concelleiro Manuel Jacobo por contratacións irregulares de obras e servizos no Concello. “O rexedor ten outros mecanismos ao seu alcance para dar explicacións públicas ao conxunto dos veciños" indicou Bugarín.

Os socialistas de Salceda reúnense co novo Consello Local do BNG no municipio Os socialistas de Salceda manifestan seguir “tendo diálogo coas formacións políticas que sigan as liñas de traballo e compromiso coa mellora do benestar dos veciños e veciñas de Salceda”. O PSdeG salcedense fai estas declaracións despois de que o alcalde e os concelleiros abandonaran o BNG e se integraran na formación “Movemento Salceda”. A nova formación que conta con “22 dos 23 candidatos do BNG nas últimas eleccións municipais, xunto co 90% dos simpatizantes e militantes” segundo afirman nun comunicado de prensa. Os socialistas din que son conscientes de que “esta especie de movementos antisistema

Case 350 peregrinos saíron no mes de abril de Tui

están en auxe, pero non entenden que persoas que están totalmente integradas no sistema agora fagan un grupo desta índole”. Rodrigo Martínez, secretario xeral do PSdeGPSOE de Salceda: “É necesario saber como se van manter ata o final de lexislatura e se podemos desenvolver con eles o proxecto que ata o de agora compartíamos co BNG”.

No pasado de abril a cidade de Tui foi escollida por un total de 346 peregrinos para iniciar a súa peregrinación cara a Santiago de Compostela. Se a esta cifra sumamos os camiñantes que iniciaron a súa peregrinaxe en Valeça, 316, temos que da Eurocidade saíron cara a Compostela 662 peregrinos. Os datos foron facilitados pola Oficina de Estatística do Arcebispado de Santiago. En total, 2043 peregrinos realizaron o pasado mes o itinerario portugués, que se consolida como segunda ruta de peregrinación, despois do Camiño Francés.


28

Cultura - Maio de 2013

Inma Otero Varela on sobran textos teóricos sobre sociolingüística. Aínda menos os que tratan as actitudes cara a lingua dos propios galegofalantes. Valentina Formoso parte da premisa de que boa parte dos estudos e das estratexias normalizadoras se centran nos espazos urbanos e nos castelanfalantes. É

N

incuestionable a importancia de recuperar a lingua nestes contextos. Pero non se debe desatender a quen xa a fala porque, ás veces, aínda asumen algúns prexuízos que poden conducir a que abandonen o galego ou a que o restrinxan a un ámbito familiar e informal. Para analizar esta realidade dá a coñecer os resultados de tres grupos de discusión nos que participou alumnado de secundaria pertencente ao rural e maioritariamente galegofalante. As conclusións non son novidosas para aqueles que traballan no ensino, ou simplemente que poñen un chisco de atención e orella ao que pasa ao seu redor: a falta de identificación co estándar, o rexeitamento do “acento”, a relación

que aínda se establece entre galego-rural-nivel social baixo, a dificultade de considerar o noso idioma como útil... ao que habería que sumarlle o novo prexuízo de vencellar o estándar, ou simplemente a utilización da lingua galega en situacións comunicativas propias do estándar, como marca de ideoloxía nacionalista. Os méritos deste estudo non se atopan tanto na mención dos prexuízos anteriores que algúns pensaba que xa foran felizmente superados (que tamén), senónna reflexión posterior, no traballo práctico, de campo, baseado nun sólido marco teórico explicitado tamén na obra, e na aplicación de técni-

Sabías que...

cas de análise que ata agora non se empregaran en Galicia. Á par disto, agradécese a visión de conxunto e o balancedo traballo en prol da normalización nestes anos e das mudanzas na política lingüística que se aplicou á educación, así como da apropiación que os partidos políticos fixeron do discurso lingüístico para convertilo en eixo dalgúns programas electorais, aínda que houbese que perverter realidades e vocabulario para gañar votos; que significado teñen xa termos como “imposición”, “liberdade” ou “bilingüismo”? Aínda queda moita marxe para a esperanza. Analizados os resultados das estratexias levadas a cabo ata agora, a autora suxire mudalas para desvincular o noso idioma de intereses partidistas e restituílo como ben común de todos os galegos, resaltando a dimensión atractiva da lingua, ponte de aprendizaxes novas, perspectiva que amplía a nosa visión da realidade e marca de identidade coa que presentarnos nun mundo plural, onde resulta ben útil para abrirnos camiño.

Gústame que che guste a miña lingua

Manuel Rosende

a

<@> xa se usaba hai 500 anos? Agora empregámola para comunicarnos vía correo electrónico, pero xa se documenta que en 1536 os mercaderes de Venecia inventaran este símbolo como abreviatura de “ánfora” e así marcar unha cantidade que equivalía a ¼ doutra .

a

“ b o r ra l l a ” do lumeiro do San Xoán é cousa latina? Si, deriva de BURRA (<borra, coma a do café) e facía referencia a moito tipo de sedimentos. Por extensión tamén se lle chamou así aos restos da combustión e ten dúas palabras irmás sinónimas que son cinza ou cinsa. Borralleira é o lugar onde se garda a borralla e “borrallo” é a brasa que se mantén acesa para que non morra o lume.

a

s LETRAS GALEGAS se espallan grazas á imprenta? Xa a coñeceran os chineses antes de Gutemberg aló nos séculos VIII-IX e usábanas con caracteres de madeira, pero logo do alemán pasouse

ao metal. A palabra “imprenta” chegou a nós dende o catalán “empremta” que tomaron do verbo latino IMPRIMERE. Grazas a ela abandonamos a rica arte medieval da copia manuscrita e puidemos difundir moitas, moitas letras galegas. A que impresiona?

a

“Peneira” veu do pan? En concreto da forma latina PANE(M) que desenvolveu o derivado PANARIA e xa daquela se refería ao utensilio que hoxe coñecemos para separar o gordo do miúdo. …E tanto peneirar saíu “A Nova Peneira” que tes na man!

campaña emprendida pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) “Gústame o galego” continúa collendo cada vez máis forza por Galicia adiante. Esta experiencia nacera no Culturgal e foise estendendo polo ámbito educativo e social con moi boa acollida. Consistía en principio en saír en fotos sobre o fondo de “Gústame o galego” aportando unha frase relativa a algo que che guste en galego: “Gustame que me digan "qrt m8" ;-), “que nos pubs poñan música en galego”, “que non me traduzan o café con leite”, “que che guste a miña lingua” “que @s bonec@s que falan galego”, “que o leite poña que é galego 100%”, “escoitar a Shin Chan ou a Scarlett Johansson, na tele ou no cine, falando en galego”.

A

Agora deu un paso máis adiante e asentouse no Concello de Santiago cun concurso de lemas para que a iniciativa percorra Galicia cun maior número de frases. Había que pensar unha cita que comezase por “Gústame…” e completala con non máis de 90 caracteres que expresen a filosofía da campaña. Podíase participar por facebook ou twiter.


29

Maio de 2013 - Cultura

Roberto Vidal Bolaño oberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950 – 2002) é unha figura imprescindible para comprender a dimensión do Teatro Galego e, xa que logo, do noso sistema literario. Desde aqueles inicios nos anos setenta, coa mítica Xeración Abrente, ata o ano mesmo da súa morte, a produción literaria de Vidal Bolaño é constante e sempre orientada a armar un edificio teatral galego perdurable. Só uns meses antes do seu pasamento, no número 50 da revista A Trabe de Ouro publicouse o texto do seu monólogo Sen ir máis lonxe, que Méndez Ferrín cualificou como o seu testamento dramático. Ese mesmo ano a Real Academia Galega nomeouno Académico Correspondente.

R

É indiscutible a importancia da figura de RVB para o teatro nacional galego. Aínda que morreu novo (52 anos), Vidal Bolaño é, sen dúbida, o dramaturgo máis prolixo da historia da nosa literatura; mais non é só a cantidade da súa obra a razón da súa importancia, senón as múltiples calidades que os seus textos achegan durante toda a súa actividade. A produción de Roberto Vidal Bolaño caracterízase por un irrevogable compromiso coa lingua galega, pois estamos ante un autor radicalmente monolingüe, que contribuíu á definitiva instalación do

teatro ga le go na nosa lingua. Ademais, hai na súa obra un inequívoco compromiso estético. Todos os estudosos coinciden en salientar a súa constante preocupación pola experimentación, por dialogar coa tradición culta e popular, literaria e histórica, social e política. RVB non é só un autor imprescindible para o noso sistema literario, senón que é considerado un dos dramaturgos europeos máis importantes do último cuarto do século XX.

campo audiovisual galego que se expresase na lingua propia e dialogase co resto dos nosos campos culturais. Por enriba de todo, RVB foi un extraordinario escritor. Fixo literatura dramática a consciencia, con vontade de intervir no sistema literario galego, de dialogar con outras obras e autores, de apoiarse nos nosos clá sicos

E con todo e achegar un currículo dramático inmellorable, o dun profesional que viviu sempre apegado ós escenarios, traballando en case todos os ámbitos da produción teatral, desde a dirección á iluminación, Vidal Bolaño non é soamente un home de teatro. Foi tamén un excelente actor e un dos pioneiros da produción audiovisual en Galicia (sempre dicía que en realidade el quixo ser director de cinema). O seu traballo como director e como guionista, aínda que non chega á dimensión do seu labor dramático, tamén merece unha consideración especial polas liñas que deixou trazadas para o desenvolvemento dun

OBRAS

* Saxo tenor Vigo, Edicións Xerais, 1993 * Touporroutou da lúa e do sol A Coruña Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, 1996

* Laudamuco, señor de ningures; * Ledaíñas pola morte do Meco Santiago de Compostela Pico Sagro, 1977

* Doentes A Coruña Deputación Provincial, 1998

* Bailadela da morte ditosa Santiago de Compostela Sotelo Blanco, 1992

* A ópera de a patacón Vigo Edicións Xerais, 1998

* Agasallo de sombras Santiago de Compostela El Correo Gallego, 1992

* Rastros Santiago de Compostela Edicións Positivas, 1998

* Cochos Santiago de Compostela Sotelo Blanco, 1992

* Mar revolto Santiago de Compostela IGAEM, 2001

* Días sen groria A Coruña Deputación Provincial, 1992

* Animaliños Santiago de Compostela Follas Novas, 2003

(como Rosalía, Otero Pedrayo ou Cunqueiro, por exemplo) e na obra dos seus contemporáneos. Súa foi a translación aos escenarios do Percival de Méndez Ferrín, por exemplo, ou do Xelmírez de Cortezón ou da Rosalía de Otero Pedrayo. Era un escritor consciente da pertenza da súa obra a un sistema literario rico e dinámico, en constante desenvolvemento. A súa obra merece ser revisitada nos escenarios e nos textos, porque coma os grandes autores de todos os tempos, Roberto Vidal Bolaño foi quen de describir o seu tempo, e, sobre todo, de transformar a súa época. O teatro galego sábeo ben, e con el, o noso sistema literario.

Texto publicado pola Real Academia Galega

* Integral Ferrol Edicións Embora, 2003 * A burla do galo Santiago de Compostela: IGAEM, 2004. [Vídeo-DVD] * As actas escuras Santiago de Compostela Concello de Santiago, 2005 * Obras Completas. Vol I Santiago de Compostela Edicións Positivas. 2013 * Obras Completas. Vol II Santiago de Compostela Edicións Positivas. 2013 * Ruada das papas e o unto Santiago de Compostela Consello da Cultura galega. 2013


30

Cultura -Maio de 2013

Concerto da orquestra e do coro do CSM de Vigo en Redondela

Bolaño, da man dos músicos e cantores que realizan estudos superiores de música nese centro, e que son os futuro máis inmediato da nosa música e un referente para a divulgación da música galega e universal.

A Concellaría de Cultura de Redondela, dirixida por Julio Alonso Monteagudo, organiza a vindeira actividade da programación das Letras Galegas 2013. A entrada é libre.

No repertorio deste concerto, escóllense dúas composicións de autores galegos de renome, Rogelio Groba e Toni Cantal, interpretadas pola orquestra acompañada de dous pianos. A continuación, o coro participará tamén, xunto coa orquestra, na interpretación de obras de Fauré, Mozart e Shumann.

A orquestra e o coro do Conservatorio Superior de Música de Vigo celebrarán un concerto no Convento de Vilavella o vindeiro xoves, 16 de maio, ás 21.00 h. Con este evento preténdese facer unha homenaxe ás nosas letras, no ano no que se homenaxea ao autor teatral Roberto Vidal

Letras Galegas 2013 en Lira (Salvaterra) A Asociación Cultural Fogar de Breogán, de Lira (Salvaterra), baixo a presidencia de Guillermo Rodríguez Fdez., organiza, como xa é habitual, o Día das Letras Galegas. Os actos comezarán cunha conferencia sobre Roberto Vidal Bolaño, escritor e autor teatral homenaxeado. A continuación os nenos/as dos centros de primaria, secundaria e bacharelato da comarca premiados no Concurso de Redacción que organiza a asociación nos últimos anos lerán en público os mellores traballos clasificados e recollerán lotes de libros de agasallo. Os actos rematarán coa actuación da Coral Fogar de Breogán.

Estudantes porriñeses conmemoran o Día das Letras cun gran mural

Na tea, colgada xa da fachada do centro cultural municipal, represéntase unha caricatura de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado este ano. O alcalde Nelson Santos, a concelleira de Cultura Teresa Veloso, e o deputado provincial Pablo Baquero, estiveron con este grupo de mozos para felicitalos e agradecerlles a súa predisposición e colaboración neste tipo de actividades a prol do patrimonio cultural.

Salvaterra adícalles aos nenos a festa das Letras O Concello de Salvaterra organizou, co gallo do día das Letras Galegas, sendos eventos. Así, o xoves 16 de maio, as 17 horas, no Salón da Casa da Cultura de Salvaterra, proxectarase a película de animación 'O Apóstolo' O venres 10 de maio, dende as 10 horas, no Auditorio do Parque da Canuda, o Concello celebrou a festa das Letras cos escolares do município. Fíxose entrega de prémios aos gañadores dos concursos, houbo exposicións de traballos, actuacións dos escolares e animación.


31

Maio de 2013 - Cultura

Tomiño apraza os actosdas Letras pola chuvia Debido ás condicións meteorolóxicas adversas anunciadas para o día 17 de maio o Concello de Tomiño decidiu trasladar os actos conmemorativos previstos na Praza do Seixo (concerto Banda de Música de Goián, contacontos, feira do libro, inchables e obradoiros infantís), ao vindeiro domingo 26 de maio. Por outra banda, tamén con motivo das Letras Galegas, a Asociación de Veciños O Árbol, de Vilachán, realiza a través da súa biblioteca, unha campaña de fomento da lectura titulada ‘Contádenos contos, por favor’, coa que percorrerá as 15 parroquias de Tomiño. Para conseguilo, os veciños e veciñas da asociación montaron unha exposición con fotografías, grandes cartaces, centos de marca páxinas e folletos, distribuídos polos comercios, asociacións e colexios.

Acto aberto de lectura da obra de Rosalía e Vidal Bolaño en Compostela A responsábel local do BNG de Santiago de Compostela, Lucía Vázquez, presentou en rolda de prensa un acto sobre as Letras Galegas consistente na lectura de poemas de Rosalía de Castro (con motivo dos 150 anos da publicación e Cantares Gallegos) e de pezas teatrais de Roberto Vidal Bolaño. O evento, aberto ao público, será o xoves 16 de maio ás 18:30 na praza de Praterías. O acto consistirá nunha lectura libre e aberta, por iso o BNG de Santiago anima a cidadanía a sumarse á iniciativa co obxectivo de defender o uso do idioma galego, na véspera da concentración da manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego que sairá o venres 17 de maio ás 12 horas da alameda compostelá.

O Concello de Ponteareas homenaxea a Vidal Bolaño O Día das Letras Galegas a Praza Maior de Ponteareas será o escenario dunha serie de actividades de dinamización da lingua galega a través de actividades de animación para todos os públicos, Así ás 17.30 horas, os nenos e adultos gozarán da representación de “Xan das Ondas”, un espectáculo dirixido principalmente ao público infantil e familiar, para a partir das 19 horas, asistir a un pasacalles e actuación do Grupo folclórico Algazara, de Celeiros.

poemas pola rúa Rosalía de Castro e polos comercios de Ponteareas. O pasado venres 10 de maio a Casa do Concello acolleu unha escenificación dun dos cadros de ‘Bailadela da morte ditosa’, a cargo da actriz Laura Ponte. A continuación, Roi Vidal, fillo do homenaxeado, e Laura Ponte achegaron ao público á figura de Vidal Bolaño dun xeito vivencial e profesional.

O día 20 de maio, en homenaxe ao 150 aniversario da publicación de ‘Cantares Gallegos’ farase un reparto de

Asemade, o domingo 12 de maio representouse no Auditorio municipal o espectáculo de balde ‘Bailadelas, mulleres bolañesas’.


Director: Guillermo Rodríguez. Edita, maqueta e imprime: Edicións Puxeiros C.B. Enderezo: Avenida Peinador, 54, Puxeiros, Mos. Pontevedra. Delegación Ponteareas: Avda Sarmiento Rivera, 4, 4º. 36860, Ponteareas. Enderezo electrónico: redaccion@apeneiradixital.com

publicidade@apeneiradixital.com director@apeneiradixital.com Teléfonos: 986487480/658585049

Louzán (Madrid), Coki (Nova Iorque), Mero, Isidoro Gracia, Nemesio Barxa, etc. Fotografía: Arquivo, Hernández, Guillermo

Coordinador: Carlos Rey Bárcenas. Colaboradores: Alicia Rocha, X. A. Pérez Lema, Emilio Ínsua, Anxo S. Porto Ucha, Xoan Xosé Pérez Labaca, Manuel Rosende, Inma Otero, Juan

Publicidade: Guillermo Rodríguez e departamento propio Depósito Legal: VG175-2012

Este xornal imprímese en papel reciclado


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook