Skip to main content

A NOVA PENEIRA - Nº16 - Abril 2013

Page 1

www.apeneiradixital.com

XORNAL

ANO 2 - Nº 16

GALEGO DE INFORMACIÓN

XERAL

Abril de 2013 - 2€ FOTO: HERNÁNDEZ

PONTEAREAS O PSdeG-PSOE atopa albaráns no Concello “que poderían demostrar subornos públicos” Páx. 3

SALCEDA O Concello cede a Casa da Música á Asociación de Amigos da Música de Salceda Páx. 24

A GUARDA Alumnos do colexio Padres Somascos visitan o Concello e Exponatur Páx. 26

TOMIÑO O Espazo Fortaleza compite polos premios ‘Lamp Lighting Solutions’

“En Arbo hai futuro porque somos xente traballadora e innovadora” Páxina 14

Páx. 28


2

Opinión - Abril de 2013

Todo para o pobo A frase orixinaria “tout pour le peuple, rien par le peuple” (todo para o pobo, pero sen o pobo), é descritiva do chamado “despotismo ilustrado” do século XVIII. Baséase no paternalismo político en oposición ás ideas dos enciclopedistas que crían necesaria a intervención e o protagonismo dos cidadáns nos asuntos políticos, asignándolles o papel de “suxeitos da soberanía popular” (Rousseau). Na Revolución francesa os jacobinos dician “tout per le peuple e per le peuple” (todo para o pobo e polo pobo). Abraham Lincoln utilizaría a mesma expresión para definir o sistema democrático “goberno do pobo, polo pobo e para o pobo”. Incluso na Revolución rusa se utilizou como “todo o poder para os soviets”. Este longo preámbulo vén a conto do que está acontecendo en Ponteareas arredor da pretendida moción de censura dos tres partidos da Oposición. Ninguén lles nega o seu dereito legal (o democrático xa sería cousa dun debate máis serio), para chum-

este vertedoiro ilegal que nos abarca, que nos circunda e nos come, peste infinita que nos contamina enchéndonos de lixo na presenza dos máis ruíns e malos, dos máis mediocres seres xamais imaxinados, aqueles que se creron deuses, e patronal e banca, e tamén políticos, ...os mesmos que ousaron botarnos a culpa da crise a nós, que sempre pagamos todas as crises por eles provocadas; pois ben, chegado o momento ao que chegamos, ao borde do precipicio todos e nós no fondo del, só hai unha solución viable: deben empezar a pagar cantas fixeron e devolver canto furtaron. Si, aquilo todo do que nos tentaban convencer, non lembrades?. Era produto de vivir por riba de nós e das nosas posibilidades, dos nosos soños, das nosas ledicias, dos nosos esforzos e traballos. E quedaron tan anchos! Así o dixeron, e dixérono tantas veces que case, case que eles mesmos o cren. Agora, que se lles viu o plumeiro, derivada dunha manobra de destrución intencionada, convén que se poña n rapidamente ao labor de adecentar o vertedoiro no que nos atopamos (por culpa deles), porque por riba de insultarnos na nosa intelixencia e honor, menosprezaron a nosa boa

N

EDITORIAL

Os tres partidos colleitaron nas últimas eleccións municipais uns cantos miles de votos, que foron os que lles permitiron hoxe falar de moción de censura, pero, curiosamente, a eses miles de votantes ninguén lles preguntou a súa opinión sobre a moción. Por que?

local, que non son os concelleiros de “motu propio” senón que o son porque nós, os cidadáns, lles demos ese poder. Logo non parece unha tolemia que se nos pregunte en cuestións tan serias como pode ser unha moción de censura que vai cambiar un goberno; sobre todo cando o tripartito que se nos ofrece non parece, a primeira vista, unha opción suficientemente cohesionada. Partidos que durante toda a súa existencia na vila estiveron enfrontados polos seus prantexamentos políticos e sociais non parece que se podan entender para gobernar xuntos agora polo simple feito de ter o Poder. Agás que fagamos boa a coñecida frase de que “a erótica do poder fai extraños compañeiros de cama”.

Ben, podemos elucubrar varias respostas, pero nós só estamos interesados nunha: a participación directa e o máis ampla posible dos auténticos depositarios da soberanía

Nós propoñemos aos tres partidos que teñan a valentía de colocar urnas en cada parroquia e no centro da Vila cunha papeleta única, explicativa e que solicite a opinión de

bar, que dirían os nosos amigos portugueses, o actual goberno local. Dito isto ocórresenos que as cousas se podían facer doutro xeito se de verdade cren que os veciños e veciñas de Ponteareas están polo cambio de goberno. Os partidos que pretender entrar a gobernar véñennos informando de que consultaron as bases de cada quen para coñecer a súa opinión. Nada que obxectar, obviamente, pero si denunciar a pobreza do sistema utilizado.

Cómenos o lixo fe e credibilidade. Mentiron para captar os votos e fixeron todo o que non dixeron. A razón da enfermidade desta España de tanta pandeireta é que é un modelo de Estado inviable, corrupto desde a base e porque non dá para tanto chourizo nin para tanto lambón. Fronte a todo nepotismo, a toda corrupción imposta xa por unha oligarquía de baballóns e tiralevitas, de partidos en conivencia coas oligarquías financeira, económica, e co –mira ti que cousa!mesmo poder xudicial e organismos periféricos de control, que pululan en toda Europa e aquí en especial ao seu servizo, para converter en lei o castigo aos pobres e en indulto a pena e a responsabilidade dos poderosos e ricos. Fan falla sancións que poñan as cousas no seu sitio. Mesmo sancións internacionais e domésticas. Pois con esta situa ción tan depravada e con este estado de cousas, nesta Europa e España por eles deseñadas, onde se permite que non exista separación de poderes, nin independencia do poder xudicial, nin deputados que representen aos cidadáns ou á maioría

deles, e vendo que se agachan aínda en listas pechadas que derivan en seres ocultos de estraña luva branca, pois non nos representan senón –e en último casoaos partidos que os puxeron na súa lista e aos intereses que eles proxectaron. O que eles chamaron transición foi unha farsa de silencios e componendas, de pautos endiañados e luxados polo escurantismo, a mentira, o engano, a xenreira, o domeamento dos pobos e das persoas, o control das liberdades e das xestións de autosuficiencia, onde non se recoñeceron aínda os pobos e o seu dereito a ser, que de aí veñen estes lodos! Aquela purrela non podía ter un final feliz, porque non se curaron as feridas nin se restituíron as liberdades. Os casos de corrupción resultan t an escandalosos, incluso no propio Goberno, que un só pode chegar a unha conclusión: o diñeiro de toda esta Europa Comercial non pode quen adquira os valores humanos e solidarios, nin pode ser manipulado por intereses bastardos nin por persoas tan incriblemente irresponsables, herdeiras dunhas

todos os que estamos interesados na política local. Ben para confirmar a necesidade dunha moción de censura, ben para informarlles de que os cidadáns non estamos polo labor. O sistema está descuberto; as posibilidades de facelo son todas. Dicir que consultando a unha ducia de cidadáns por partido xa coñecen a opinión ds súas bases, que non son outras que os seus votantes, parécenos unha burla democrática, unha falacia. Chegou o momento de que os cidadáns se sintan protagonistas directos da actividade política porque nela van os seus intereses máis pragmáticos e domésticos. Aquí conflúe o “primum vivere et deinde filosofare”. Ao parecer hai problemas para que a moción de censura saia adiante. Ainda así, nós ofrecémoslle a nosa opinión por se deciden retomar as conversas e voltar ao rego. Aí quedan expostas para que non digan que non sabían de outra maneira de consultar “as bases”.

*Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero: *Mestre e músico

castes político-financeiras incompetentes e corruptas. Cos seus cantos de serea arruínan pobos e comprometen o presente e o futuro de varias xeracións, alá vai o futuro de fillos e dos fillos dos fillos e dos netos dos netos. Ten que chegar a extinción total de todos estes miserables, antes de queimalos na pira funeraria que os extinga, deben pagar o que roubaron e pedir perdón a tantos que sufriron, sofren e sufrirán as súas ocorrencias, feitas de elegantes recortes dos dereitos, de leis de contención do gasto público, de decretos que protexan as camarillas de empresarios da usura, de privacións das necesidades máis básicas, dos paros abrasivos, das emigracións masiva s en busca dunha saída, das fames, insolencias, dores, chulerías, desamparos, prepotencias, fríos, ...e esta enorme tristeza que –xunto coa peste e cheiro que desprendennos invade a todos, os que pagamos a crise que eles provocaron. Deben saber do sabor amargo das sancións que en lei, nunca probaron.


Abril de 2013 - O

3

Condado

Os concelleiros do PSdeG/PSOE de Ponteareas, durante un Pleno. Segundo, pola dereita, Tomás González.

Grupo Municipal Socialista de Ponteareas solicitou urxentemente explicacións ao alcalde de Ponteareas, o popular Salvador González Solla, “ante a posibilidade de graves prácticas irregulares durante o goberno de PP e UCPA”. E é que os socialistas atoparon, durante a revisión dos diferentes expedientes de reclamación de débeda xudicial, documentación que, aseguran, “podería demostrar a práctica de subornos a empregados públicos e/ou a políticos”.

O

A Xunta de Goberno Local de Ponteareas resolveu desafectar, a petición do Concello, as vivendas dos mestres do CEIP Nosa Señora dos Remedios. Estas casas serán rehabilitadas e destinadas a fins sociais, culturais e deportivos.

En especial, o Grupo Municipal Socialista indica que atopou “irregularidades” en dous albaráns de entrega de material mecánico, destinados a repostos para o Parque Móbil. Neles, material subministrado pola empresa Industrias de Fijación Técnica, S.L. Nun dos albaráns de entrega, de novembro de 2010, aparecen, xunto con diverso material mecánico, un xamón serrano, un queixo parmesano e un portátil de 15 pulgadas, así como diferentes anotacións para a súa distribución.

De xeito provisional, dúas das vivendas están sendo empregadas neste momento por Protección Civil e o Banco de Alimentos.

O Grupo Socialista pensa que isto “podería demostrar que no Concello se teñen realizado prácticas ilícitas para que persoas recibisen subornos ou se puidesen costear mercadorías a cargo do Concello”. Asimesmo, cren que no goberno de PP e UCPA habería “fallos” nos mecanismos de control “por incompetencia ou conivencia”. O concelleiro Tomás González pediu explicacións ao alcalde para saber que pasou co xamón e o queixo par-

O pasado 28 de marzo, a presenza duns 70 afectados polas preferentes provocou que o alcalde Salvador González Solla suspendese o pleno extraordinario no que se ía aprobar o Plan Urbanístico de Ponteareas. Esta era a segunda vez que se suspendía o Pleno; a semana anterior as protestas acabaran co alcalde e os concelleiros saíndo do Concello pola ventá.

mesano. "O alcalde de Ponteareas non ofrece ningunha explicación dos feitos denunciados por nós. Cremos que González Solla se esconde para evitar dar a cara ante o que poderían supor graves actuacións irregulares no goberno que el presidía. Parece este un caso claro do que a xente coñece como “o que cala, outorga”, aseguran. Segundo os socialistas, o alcalde debe dar a cara e aclarar os feitos.

O Grupo Municipal Socialista considera “extremadamente graves” estas prácticas e sospeita que isto podería ser a “punta do iceberg”. Pola súa banda, o Goberno Local emitiu un comunicado no que explica que coñeceu a existencia dos albaráns obxecto da polémica cando foron presentados no Xulgado pola empresa que os emitiu, co fin de xustificar a contía económica que, aseguran, lles adebeda o Concello. O Goberno pide cautela “para o bo fin do procedemento xudicial”

Imaxe: HERNÁNDEZ


4

O Condado - Abril de 2013

l i r b A e d Feria

Ponteareas

19 e 20 de abril ando os cidadáns teñen ideas e cando esas ideas se poñen en funcionamento son que de mobilizar esta sociedade un tanto apática, esta atonía que nestes momentos nos invade.

C

A Asociación de Hostelería do Condado, con sede en Ponteareas, non deixa de sorprendernos unha e outra vez. Agora queren que coñezamos a Feira de Abril sevillana, en versión galega. Así, coa colaboración das asociacións cabalares da zona van traer aires sevillanos a Ponteareas. As terrazas dos cafés e restaurantes serán transformadas en ‘casetas sevillanas’ ofrecendo comidas e viños con sabor andaluz; os cabalos debidamente enfeitados farán demostración das súas destrezas. A Asociación convida aos seus socios por medio de circulares a decorar os balcóns e terrazas co aire típico andaluz. Informa tamén de que se dan cos bailaríns axeitados ofrecerán un ‘tablao flamenco’. Todo sexa pola dinamización do comercio da vila que non pasa, precisamente, polos seus mellores momentos.


Abril de 2013 - O

Condado

5


6

O Condado -

Abril de 2013

O Concello xa é titular da marca “Rosquillas de Ponteareas”

Imaxe: HERNÁNDEZ

O pasado 5 de abril a Oficina Española de Patentes y Marcas comunicoulle ao Concello de Ponteareas a concesión da marca de garantía “Rosquillas de Ponteareas”, marca rexistrada como tal e baixo a titularidade do Concello.

Compromiso por Galicia di que a restauración do cruceiro de Fontenla é unha “chapuza” Compromiso por Galicia de Ponteareas cualifica de “chapuza” a restauración do cruceiro de Fontenla a mans do Concello. O cruceiro quedara esnaquizado hai dous anos despois de que un vehículo colisionara contra el e o derrubara. Agora, o Concello devolveuno ao seu lugar de orixe, pero fixo “unha chapuzada”. CxG advirte de que presentará de-

nuncia ante Patrimonio “por tal aberración”, da que fan responsable ao concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro “por colocar o Cruceiro de calquera xeito, sen tratalo como o que é, un monumento”, empregando material non autorizado na restauración deste tipo de pezas e pedra distinta á orixinal.

Ponteareas premia aos seus personaxes destacados

pasado 6 de abril tivo lugar a gala de entrega dos Premios Concello de Ponteareas. No apartado cultural, o galardón foi para a Banda de Música Unión de Guláns e no campo social entregóuselle aos Pais Franciscanos de Canedo. A empresa Ojea recibiu o recoñecemento no eido empresarial, mentres que o premio do apartado comercial recaeu nos "Rosquilleiros de Ponteareas". Finalmente, no campo deportivo, concedéuselle o premio, a título póstumo, aos irmáns Rodríguez Barros, ciclistas ponteareáns profesionais que gañaron a Volta a España e varias das súas etapas nas décadas dos anos 50 e 60 do século pasado.

O

“Este é o derradeiro trámite para acadar o noso primeiro obxectivo: que as rosquillas de Ponteareas estiveran protexidas por unha marca de garantía de calidade”, manifestou o alcalde Salvador González Solla ao coñecer a nova.

Obradoiro sobre drogodependencias nos IES de Ponteareas Servizos Sociais desenvolve en abril talleres de información para o alumnado dos IES Ponteareas e IES Pedra da Auga, co obxecto de “favorecer o coñecemento do que son as drogas, así como abrir un debate entre os mozos sobre as crenzas distorsionadas sobre as distintas drogas, sobre as falsas lendas sobre os factores de risco e protección e as consecuencias e aspectos legais do consumo”.

O franciscano José Rodríguez lerá o pregón do Corpus O ministro xeral da Orde Franciscana desde xuño de 2003, o sucesor 119 de San Francisco de Asís e ourensán de Sarreaus, será o encargado de ler o Pregón do Corpus Christi de Ponteareas 2013, o domingo 26 de maio.


Abril de 2013 - O

7

Condado

Entre, vexa, toque, examine... e se atopa algo que lle gusta, merque Por Guillermo Rodríguez

-O parque pode ser algo coma o que merca un mercedes e logo non ten para botarlle gasoil? -Nin gasoil nin carné de conducir. O parque a min non me axuda en nada, logo algo está fallando da política local.

stamos en tempos de revolucións. Revolucionouse a economía dans mans dos xenerais que non se contentan co ouro e tamén queren o mouro. Revolucionouse a sociedade que di basta de abusos, de mentiras e de atropelos. E neste caldo de cultivo revolucionario xorden as ideas, xorden os proxectos e aparecen persoas que non se conforman, que están dispostas a “probar novas maneiras, de traballar”.

E

Unha desas persoas é Cristina González Alonso; de Salvaterra, quen, despois de “acariñar” as fazulas de homes e mulleres máis ou menos presumidos (Cristina traballaba como maquilladora na TVG); despois de “facer o socialmente correcto” ofrécenos unha “revolución” no mundo das vendas. Cristina ten un comercio en Salvaterra que se chama “Reinventa”. Ela vende roupa de segunda mán, roupa de temporada e artesanía da súa autoría. Polo de “segunda man” parecera que Cristina está á fronte dunha ONG, pero non; Cristina vainos

explicar as características do seu comercio. -Preguntamos, Cristina, por que non abriches a tenda en Ponteareas, Porriño ou Vigo? -Verás; quedei en paro, déronme unha indemnización de m… e aquí en Salvaterra tiña local (ainda que sexa de meu irmán). Ademais do local este era un negocio un tanto estrano. Eu fun pioneira neste tipo de tendas. O meu compañeiro, que é americano, animoume. -Dis ter un comercio de segunda man, pero a que lle chamas ti “de segunda man” -Comecei con roupa exclusivamente de segunda man; roupa que está usada; roupa que a xente xa non usa. Eu merco esa roupa por quilo e véndoa. Noutros paises este sistema é habitual.Tamén quería unha

tenda decorada de maneira artesán. Como eu tamén fago artesanía isto tíñao moi claro, quería que a tenda fora distinta; o trato distinto. Que a xente puidera pasar media hora curioseando o que hai sen necesidade de mercar. Ademais de ropupa de segunda man teño mercancía de tendas que pechan e roupa de tempada, pero moito máis barata. -Esa roupa conséguela por canles diferentes ás habituais, non?

-Si, claro. Toda a roupa de segunda man chega de primeira man da persoa que quere vender. A min chámanme de Vigo, de Ourense, da Cañiza,... Esas persoas veñen aquí, traen a roupa; eu revísoa, elixo a que me interesa, pésoa e mércoa por quilo. -Como está na fronteira terás moita clientela de Portugal, non? -Si, porque fun das primeiras en ofrecer este tipo de mercadoría. -Voltando á realidade, como ves a situción? -Moi mala. A situación está j… O goberno non está facendo nada para axudar aos pequenos comerciantes que somos os que sostemos a economía deste país; non podemos aguantar tanto tempo sen medidas de axuda; non hai cartos, a xente queda no paro e ten que elixir en-

tre comer ou mercar algunha cousa. Só falta xente buscando comida nos contedores do lixo e durmindo na rúa. -A nivel local tamén o ves tan negro? Que programas hai, que axudas tendes do concello local? -Eu, ainda que estou nalgunha asociación de comerciantes, vouche falar da miña tenda. Eu non tiven ningunha axuda do Concello. Paguei os meus impostos, paguei a miña licencia municipal,... Pola miña porta só entraron os políticos, todos, a pedirme o voto. -Pero non puideches darllo a todos, claro? -Non; a todos os botei fora; e podo dicilo coa boca chea. Coido que a política faise doutra maneira; hai que visitar un novo comercio e ofrecerse para o que un necesite, porque os comercios dan vida ao pobo. Podemos quedar sen tren ou sen autobús, que xa non temos, pero se hai bos comercios a xente pode desprazarse; pero ten que haber algo que ofrecerlle. Eu teño clientes de Ponteareas, de Baiona, de Vigo,… Viría máis xente se houbera mellores comercios. Se houbera máis vida, porque Salvaterra non só é un parque. -Queres dicir que o parque non é importante? -Si, o parque é precioso, onde a xente vén dende Vigo ou dende Porriño, ou Ponteareas; pero a min como comerciante o parque non me vale de nada. Eu teño unha tenda non lugar moi bonito como é o casco vello de Salvaterra; aquí pregúntanme pola Oficina de Turismo; piden información sobre o noso patrimonio cultural. Eu dígolles que non temos; vaia vde. por aí e quite as fotos que poida.

-Antes dixeches que pertencías a unha asociación de comerciantes Entendes que están facendo cousas positivas ou non? -Bueno, como somos tantos na vila temos dúas sociacións. Lembro o refrán que di “xúntase a fame coas ganas de comer”. Nunhs vila na que son contados os comercios existentes ter dúas asociacións é como ter tres alcaldes. Para que? -E xa metidos en fariña, dime, como ves o panorama político de Salvaterra? -Como hai trinta anos, Aquí hai un señor… que é quen come o rosco, os demais nin pinchan nin cortan; parecen postos polo Concello. -Antes os socialistas e nacionalistas, estes sobre todo, eran os que facían Oposición; agora os nacionalistas están un tanto esfarelados.Velos xuntos nas vindeiras eleccións municipais? -Vou dicir algo que pode soar raro dito por min. Por que non se unen todos contra o “enemigo común” se non poden derrotalo individualmente e logo xa se verá como gobernar, porque peor é difícil que sexa. A unión sería para erguer o pobo. -Estás pensando na unión de BNG, con PSOE, CXG e ANOVA? -E por que non? Non temos un alcalde que xa foi de non sei cantos partidos? Por que non se ían unir os demais? -Para rematar, Cristina; diríxete aos posibles clientes. Que lles podes ofertar neste momento? -Pois verás; á parte do que teño, moi, moi barato, de ropupa nova de marca para xente nova, para xente maior e para nenos, ainda teño máis ofertas; quen queira pagar cunha VISA, á terceira compra leva outra de agasallo; á parte teño descontos, sempre levan algún agasallo por unha compra. -Algo así coma o Corte Inglés de Salvaterra, non? -Si, coma o Corte Inglés de Angoares, un pouco de todo. -Grazas Cristina e que poidas desfrutar desa Salvaterra que soñas.


8

O Condado - Abril de 2013

Entrevista a Manuel Portas, presidente da Entidade Local Menor de Queimadelos Por Guillermo Rguez. Fdez. anuel Portas é o presidente da Entidade Menor de Queimadelos. Esta Entidade, como as outras, teme que o PP as faga desaparecer, ainda sendo as entidades públicas máis saneadas.

“As entidades menores gozan dunha economía saneada”

-Como interpretas ti a postura dos afectados polas preferentes que interrompen plenos e abuchean aos políticos do PP? -Pois visto o desplante que veñen de facerlles nesa reunión á que non acudiron creo que os das preferentes teñen todo o dereito de esixirlles que tomen medidas para que o problema se resolva.

-Sr. Portas, que cambios podemos destacar dende a última entrevista que concedeu a este xornal? -Pola situación de crise non podemos falar de cambios espectaculares. Si a nivel cultural con representacións teatrais, un grupo de gaitas e a festa dos maios, ou Serán dos maios, que nos lembra outros tempos pasados. Este ano imos repetir a experiencia xa que saiu mellor do que pensabamos. -Cal é a estrutura da Festa dos Maios? -É moi sinxela. Tódolos veciños se implican e aportan aquilo que poden: xamón, chourizos, costela,

-É un 25%; sen embargo dende que eu entrei non foi posible sentar co Alcalde para solucionar esta cuestión. -Como cualificarias ese comportamento do Alcalde? -Pois diría que non é serio nin responsable. El ten a obriga de atender a tódolos veciños e máxime a unha entidade coma nós, cos que non gasta un euro. -Falando de gastos. Tódolos servizos que se prestan á Entidade son custeados por vós? -Practicamente todos. Agás a luz, que paga o Concello.

etc. A parte gastronómica foi elaborada na parroquia. O pasado ano pasaron por aquí máis de 25 grupos que querían actuar. Algúns non puideron facelo porque xa era de madrugada cando rematamos. -Ao parecer logo da entrevista anterior o señor alcalde moveu ficha, non? -Efectivamente, case antes de que a entrevista saíra á rúa xa estaban aquí as brigadas municipais limpando os camiños. Sen embargo o pasado ano viñeron á última hora e logo de insistentes reclamacións diante da Alcaldía. -Recibides do Concello o que por lei vos corresponde?

-Como interpretas ti esta negativa por parte dos alcaldes? -Entendo que se teñen un chisco de dignidade deben unirse e facer a forza que sexa precisa para que a esta xente lle devolvan os cartos. Se se unen poden facelo.

-Tampouco para as actividades culturais que antes citabas? - Diso quen te pode informar é o Presidente da Asociación de Veciños, que son os responsables dese tipo de actos. -Falemos agora da situación destas entidades na lei do actual goberno. Que fixo Queimadelos diante desa situación posible? -Nós, de acordo coas outras nove entidades que hai en Galicia, xa nos personamos en Santiago e en Madrid cunha manifestación de preto 15 mil perso-

as. Tamén solicitamos aos concellos o seu apoio que aquí foi total; a Corporación en pleno respaldou as nosas peticións. Neste caso portáronse ben; todo hai que dicilo.

-Para ti cal sería a solución? -Moi simple. Se todos os alcaldes galegos, da cor política que sexa, se uniran e prantaran cara ao goberno da Xunta, este tiña que facer o mesmo fronte ao goberno central. Ese sería o camiño.

-Ti que pensas vai ocorrer coas entidades menores? -A última nota que me chegou dende Andalucia é que as entidades menores seguirán como ata agora. -Fálame desa xuntaza que se prevé celebrar en Ponteareas para tratar da “preferentes”, que rematou coma o rosario da aurora. Que pasou? -Estaba prevista unha xuntanza cos afectados e os alcaldes do Condado/Paradanta, das entidades Menores e representantes da Oposición política. Ali estivemos os membros da Oposición, agás o alcalde de Salceda que tamén estivo; os restantes non apareceron. Algúns mandaron aos segundos de a bordo, outros nin se molestaron en xustificar a súa ausencia. Unha auténtica vergoña e un desprezo para esta xente que está a loitar para recuperar os cartos que lle queren roubar. O responsable da convocatotria era o alcalde de As Neves.

-Hai moitos afectados en Queimadelos? -Non moitos, pero algúns hai. Algúns cobraron e outros inda non. -Que fixeches ti, personalmente, por esta xente? -Mandeille unha carta ao presidente Feijóo coa sinatura dos membros da Plataforma de afectados de Mondariz. Contestaron por teléfono, non por escrito como debera ser. Cecais non queren comprometerse e fano así. -Grazas, Portas, por atendernos.


Abril de 2013 - O

9

Condado

Casiano Amil Cambra, propietario da nova panadería ‘A Broa’

“Hai que arriscarse e non mirar atrás” Por Guillermo Rodríguez

encargada da limpeza todo o día; dúas rapazas no despacho en Ponteareas; unha máis que fai as sustitucións no día de descanso, a miña muller no despacho cara ao público e máis eu. Logo temos cinco repartidores á parte, dos que dous son empregados e os outros traballan como autónomos.

C

asiano é un de tantos mozos dos que, rematados os estudos primarios, non tiña moi claro o que quería. Así como quen non quere a cousa matriculouse en Automoción en FP, pero, cando estaba a piques de rematar, decatouse de que aquilo non era o seu. Un penalti, como el di, fixo cambiar radicalmente a súa vida. Casou e tivo que poñerse a traballar. Unha panadería do lugar foi o seu destino. Alí traballaría durante algo máis dunha ducia de anos, ata que se convenceu de que había que arriscarse ou condearse a non medrar no mundo empresarial. -Como empezaches a facer pan? -Tiña vinte aniños e foi o que fixen ata agora. -Dende cando estás a traballar pola túa conta? -Levo seis anos e o que vai deste logo de pasar uns trece anos de obreiro. -Como te decidiches a dar o salto para te converter en empresario? -Eu sempre tiven no horizonte traballar pola miña conta; non me vía como empregado toda a vida. A oportunidade apareceu cando os meus patróns quixeron traspasar a panadería e os seus fillos non estaban interesados no asunto; entón decidín quedar con ela.

-Pero, ti como obreiro e cunha familia que soster estabas en condicións de afrontar unha nova empresa? -Houbo que pedir cartos, porque eu cando casei, lóxicamente, non tiña un pataco. Houbo que criar o fillo, facer unha casa,... entón non quedaban moitas arandelas, pero o que algo quer algo lle custa. Había que arriscar, e eu fíxeno. Ultimamente fomos crecendo, había que

-Á parte de pan, que outros produtos facedes aquí? -Facemos roscóns, empanadas, croissants, bica, madalenas e máis nada.

facer novas instalacións pero o local non era meu e non me interesaba gastar nada nel. Xa se sabe o refrán: “quen fai fillos en Muller allea perde o fillo e a feitura”. Entón decidín construir este edificio e montar unha panadería nova. -Deches xuntado para facer fronte a todo este magnífico edificio e ás máquinas que aquí tes? -Bueno, dei xuntado sumándolle o que tiven que pedir aos bancos. -Tal com o está o mercado foches quen de conseguir créditos bancarios? -Pois sí; eu son así de guapo. Bueno, falando en serio, a cousa está complicada pero nós neste negocio, sen que signifique que gañamos moitos cartos, movemos moito diñeiro e os bancos isto veno con certo cariño de banqueiro. -Montaches unha panadería por todo o alto sen lle ter medo á crise; cecais porque a xente come máis pan a falta de xamón. -Tocamos madeira, ainda que eu non son supersticioso; comezamos un día trece do ano trece. Ata hoxe non nos afectou nada a crise. -No mes que levas coa nova panadería xa notas nova clientela?

-Si, houbo un pequeno aumento de venda de pan diario, logo dalgún sitio tivo que sair.

-Que outras cousas poderías facer con estas novas instalacións? -En principio non teño pensado aumentar nada; segundo se vaia rodando iremos vendo o que se pode e interesa facer. Cecais monte unha cafetería arriba, na tenda, pero só en plan pequenos almorzos. Todo o que se faga ten que estar baixo o meu control. Poderiamos facer pastelería pero como eu non son pasteleiro non o podería controlar debidamente. Non me gusta depender doutra persoa; quero que se algo falla eu poida suplilo con garantías. Hoxe depender da xente é complicado ainda que debo dicir que teño unha plantilla de traballadores estupendos.

-Abrir tamén tenda ao público neste sitio sen vivendas arredor cres que vai ser rentable? -Imos ver; quizás non sexa rentable coma ter un despacho en Ponteareas, obviamente. Pero as fins de semana xa estamos traballando ben, logo eu penso que irá a máis cada día. Maloserá que non dea para pagar á empregada.

-Ti que deches este arriscado paso, que lle aconsellas aos mozos e mozas que están no paro e non saben que camiño tomar? -“O que dea consellos, mellor que dea diñeiro”, di o refrán. A situación é moi complicada; a nós non nos afectou nada pero non valemos como exemplo en xeral. O único que podo dicir é que hai que tirar para adiante e non mirar atrás.

-Que é a túa muller, non? -É a miña muller pero cobra.

-Grazas, Casiano, e moita sorte nesta xeira que comezas.

-Cantos empregados tes? -Temos tres empregados aquí traballando de noite e unha rapaza

Imaxes: HERNÁNDEZ


10

O Condado - Ponteareas - Abril de 2013

Concello de Salvaterra de Miño e o Banco de Tapóns do Baixo Miño fan un chamamento á colaboración cidadá na recollida de tapóns para Carlos, un neno da parroquia de Oleiros que sofre Leucomalacia Periventricular e

moi custoso que lle axudará a suxeitar e correxir a súa postura. Para poder financiala, a súa familia comezou unha campaña para a que piden a colaboración de todos con algo tan sinxelo como é a recollida de tapas e tapóns de plástico, depositándoos nos locales colaboradores, nos colexios, no Concello ou entregándollos á familia.

O

cegueira por desprendemento de retina. Carlos precisa un andador especial

A familia ten previsto levar a cabo nos próximos meses outras actividades para recadar os cartos necesarios para o andador especial.

Compromiso denuncia que as beiras do Miño en Salvaterra estiveron desbordadas semanas Compromiso por Galicia (CxG) denuncia que Salvaterra de Miño sufriu durante máis dun mes o desborde do río Miño ao seu paso polo concello, polo efecto dos encoros que obstaculizan o seu percorrido. “Do mesmo xeito que en Ourense non poden gozar das augas termais pola enchente do río producido pola apertura das comportas das presas, en Salvaterra leva semanas asolagado o parque da Canuda”, indicaban. “Todo isto acontece porque un recurso publico está en mans de empresas privadas, que fan e desfán ao seu antollo”, asegura Xoán Antonio Moo de Compromiso por Galicia de Salvaterra.

No ano 2009 o exsenador Xosé Manuel Pérez Bouza, na actualidade membro da Executiva Nacional de CxG, presentara unha iniciativa na que se instaba ao Ministerio de Medio Ambiente a levar a cabo un estudo que permitise analizar o impacto ambiental e social dos aproveitamentos e a suspensión das concesións existentes. “Xa é hora de revisar esas concesión dadas durante as dictaduras franquistas en España e Salazaristas en Portugal, nun contexto social, económico e ambiental totalmente diferente e devolver o río o seu estado natural”, reclama CxG. Segundo CxG, unha sociedade desenvolvida “debe empregar outro tipo de enerxías renovables que non teñan un impacto tan agresivo para o medioambiente”.

Mozos de Salvaterra de Magos visitan Salvaterra de Miño

Un grupo de alumnos e profesores da EBS de Salvaterra de Magos (Portugal) visitaron o instituto de Salvaterra de Miño, dentro da segunda fase do intercambio Comenius denominado ‘Salvat(i)erras’. A primeira fase desenvolveuse en novembro e, igual que daquela, agora os alumnos visitantes foron acollidos polos compañeiros galegos nas súas casas. A intención é que o proxecto, que conta coa colaboración do Concello, que recibiu aos visitantes no Palacio Municipal, continúe no curso 2013-2014.

Novos Cursos en Salvaterra O Concello de Salvaterra prepara para os próximos sábados de abril e maio dous cursos de elaboración artesana de licores. As prazas son limitadas. O primeiro curso celebrarase os sábados 20 e 27 de abril e versará sobre a elaboración de licor café e licor de cilantro. O horario será de 10 a 13 horas. No segundo, os sábados 11 e 18 de maio, ensinaraselles aos asistentes a elaborar coñac caseiro e crema de whisky, tamén de 10 a 13h. Ademais o sábado 4 de maio, ás 12 desenvolveranse unhas charlas sobre protección na aplicación de fitosanitarios e do manexo da viña en verde. Non haberá límite de prazas. Todos os actos serán na Casa Multiusos de Salvaterra.


Abril de 2013 - O

11

Condado

O copiloto de salvaterra Cándido Carrera arrinca a tempada 2013 gañando copiloto de SalvaterraCándido Carrera comezou a tempada 2013 cunha clara vitoria dentro do grupo R2 no Rallye Islas Canarias, proba puntuable para o Campionato de Europa (ERC) e primeira cita do Campionato de España de Rallyes de Asfalto 2013.

O

Cándido, acompañando novamente a José Antonio Suárez e dentro da escuadra ACSM Rallye Team, comeza en abril a súa tempada no Mundial de Rallyes en Portugal.

A Deputación dotará de céspede artificial ao campo de fútbol de Covelo O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, realizou o pasado 18 de marzo unha visita institucional ao Concello de Covelo Imaxe: HERNÁNDEZ na que incluíu unha xuntanza de traballo para escoitar demandas do alcalde, José Costa, e unha visita á Ponte de Casteláns que quedou derrubada o pasado decembro pola forza do temporal.

Imaxe: HERNÁNDEZ

A Cañiza regala 1500 euros en vales de compra cada tres meses O concello da Cañiza pon en marcha por segundo ano a campaña ‘Mercar na Cañiza ten premio’. A campaña consistirá nun sorteo cada tres meses entre os clientes dos comercios do municipio, de 15 vales de compra de 100 euros cada un para empregar nos establecementos adheridos á presente campaña que se desenvolverá entre o 1 de abril deste ano e o 31 de xaneiro de 2014.

Imaxe: HERNÁNDEZ

Centos de persoas asisten á Feira do Requeixo das Neves malia a intensa choiva

En total, durante a campaña repartiranse 4.500 euros a repartir en tres sorteos trimestrais de 15 vales de compra por valor de 100 euros cada un.

Lacón con petelo na Cañiza

A choiva non prexudicou o Venres Santo a asistencia á XXII Feira do Requeixo e Mel das Neves. Durante toda a mañá non cesou de chover pero varios centos de persoas acudiron á localidade para gozar da xornada.

Imaxe: HERNÁNDEZ

O municipio da Cañiza acolleu a Festa gastronómica do lacón con petelo durante a fin de semana do 16 e 17 de marzo. Entre os actos incluíase un taller de elaboración do lacón con petelo e un concurso de traxes de época, ambientados nos anos 20 e 40 do século pasado.

Imaxe: HERNÁNDEZ

Entrega dos Premios Cumes do Suído 2013 sábado 30 de marzo o Castelo do Sobroso de Ponteareas acolleu a gala de entrega dos Premios Cumes do Suído 2013. O profesor e investigador pontea-

O

reán Francisco Pena Castiñeira recolleu o Premio á Investigación Cinetífica e Técnica. O Premio das Artes recaeu este ano no Orfeón Condado Paradanta, pola súa significativa

achega ao mundo da música polifónica. Por último, o Premio de Cooperación e Desenvolvemento Territorial entregóuselle á Cooperativa das Neves.


12

O Condado - Abril de 2013


Abril de 2013 - O

Condado

13


14

O Condado - Abril de 2013

Entrevista a Xavier Simón, alcalde de Arbo

“En Arbo hai futuro porque somos xente traballadora e innovadora” Imaxe: HERNÁNDEZ

Por G. Rodríguez o 3 ao 5 de maio de 2013, Arbo celebra a LIII edición da Festa da Lamprea. Guillermo Rodríguez conversou co alcalde, Xavier Simón, acerca deste evento e doutros asuntos de actualidade. -Alá van dous anos como alcalde de Arbo. Con que situación te atopaches non prevista? -Sabiamos que as cousas non estaban ben, sabiamos dos despilfarros do PP e das súas continuas cacicadas; pero non sabiamos que había

débedas ocultas: como o Canon de saneamento que pagaron os veciños en 2007, 2008 e 2009, diñeiro que entrou nas contas do Concello pero que este en vez de entregarllo na súa totalidade á Xunta gastouno en non se sabe que. Agora temos que devolver eses cartos e unha multa adicional de case 30.000 euros. É unha broma de mal gusto.

-O importante na política local son as persoas, os compromisos persoais máis que as ideoloxías. No goberno de Arbo predomina o sentido común. Así, as nosas diferenzas non existen nas cuestións de fondo, e as diferenzas de matices resolvémolas internamente. Temos un goberno que traballa unido para conseguir mellorar a calidade de vida dos arbenses.

-Gobernas en coalición con persoas que, en principio, non se vían moi preto de ti. Como é o día a día e como son os proxectos con estes compañeiros de goberno?

-Coñecemos a situación económica dos concellos coma Arbo, ainda que cada un ten as súas peculiaridades. Cres que Arbo pode facer fronte aos seus gastos cos ingresos que ten?

“Temos que ser capaces de dar a coñecer a lamprea seca. É exclusiva de Arbo, é tecnoloxía local. Pódese comer todo o ano e está moi boa nas súas diferentes formas de preparala.


Abril de 2013 - O

15

Condado

En que medida está o seu futuro hipotecado? -Nestes momentos a situación económica do Concello de Arbo é moi mala. O Ministerio de Hacienda retennos cada mes 22.000 euros polas débedas a provedores. Estamos a pagar agora a Festa da Lamprea de 2009 e de 2010; o alumeado de Nadal deses anos, facturas de Fenosa deses anos, etc. Temos un problema grave de tesoureiría. Solicitamos un aprazamento desa retención. Temos dereito a ela. Se a conseguimos podemos aguantar e saír adiante. En caso contrario teremos que tomar decisións máis traumáticas. -Como cales? -Xa estamos recortando gastos: no alumeado público, en gastos correntes, os políticos non cobramos un euro... Pero se non conseguimos reducir esa retención teremos que tomar decisións máis duras, recortando máis servizos, reducindo máis gasto corrente. Facemos todo o posible para non tocar a partida de persoal, e agardamos que o Ministerio entenda as nosas razóns para reducir a contía da retención. Esa posibilidade contémplase na Lei dos Orzamentos do Estado. -Ti es un home que ten experiencia (alomenos teórica) en proxectos de desenvolvemento económico que moi ben puideran encaixar en Arbo. Tes previsto algo neste senso? -Xa estamos a facer cousas. A máis importante é que o Concello de Arbo apostou de xeito claro e decidido por fomentar o agrupamento dos pequenos viticultores. A uva e o viño son o principal sector económico de Arbo. E o Concello non pode mirar para outro lado. Puxemos en marcha a Viñoteca Municipal para promocionar os viños de Arbo. Traballamos en dúas parroquias para intentar mellorar o coidado dos montes. -Se neste momento tiveras que deixar o goberno local, de que cousas que puideches facer neste pouco tempo te sentirías satisfeito? -Non penso deixar o goberno local, teño unha responsabilidade e un compromiso con todos os veciños de Arbo e estarei ata o final do mandato traballando para mellorar a nosa economía e o benestar da cidadanía. Síntome orgulloso de ser o alcalde de todos, sen discriminacións de ningún tipo. Conseguín que as persoas vexan o Concello como a casa de todos e non como o couto privado do Alcalde. Isto conséguese sen diñeiro. Hai que ter vontade de facelo. Non hai ningún veciño que

poida dicir “o alcalde non me atendeu ben porque non votei por el”. Podemos tardar en resolver un problema, pero ao final atendémolo se é a nosa obriga. -Cal é a túa opinión sobre o proxecto de Lei de Réxime Local que o Goberno Central está barallando? Cres que en Galicia sobran concellos e falta unha nova estrutura comarcal? Como sería? -A culpa da crise non é dos Concellos, nin da xente de a pé. Os culpábeis son os ban-

cos, os especuladores, e a clase política en xeral tampouco fixo moito para evitala. Na administración local hai moitas cousas que mellorar, sen dúbida, pero non se poden tomar decisións homoxéneas para Concellos moi diferentes, e no caso de Galicia había que demandar que, dunha vez por todas, se consideraran os factores diferenciadores: sobre todo poboación espallada, e tamén envellecida. Seguramente as cousas mellorarían nalgúns servizos se somos capaces de prestalos conxuntamente, como por exemplo o lixo. Pero hai que analizar caso a caso.

gar central o Miño, son elementos suficientes para apostar polo turismo como sector estratéxico. E así o facemos. E temos que ser capaces de dar a coñecer a lamprea seca. Esta é exclusiva de Arbo, é tecnoloxía local, por así dicilo. E pódese comer todo o ano. E está moi boa nas súas diferentes formas de preparala. Ademais, temos que ser capaces de obter produtos con maior valor engadido. Neste sentido, a iniciativa de Casa Mezquita de comercializar lamprea rechea envasada para a súa conservación durante longos períodos é unha moi boa iniciativa, e márcanos o camiño que debemos percorrer. Arbo é terra de innovadores. As mozas de Casa Mezquita amósannolo así. Pero tamén os viños espumosos feitos en Arbo polos adegueiros de As Laxas e Eidosela, todo un éxito na campaña de Nadal. Por non mencionar ao resto das empresas vitivinícolas de Arbo que son capaces de levar os viños aos mercados mundiais. En Arbo hai futuro porque somos xente traballadora e innovadora. Podería mencionar tamén que no Parque Empresarial de Arbo o impacto da crise foi mínimo. Hai importantes empresas locais que manteñen a súa actividade ao nivel previo á crise. -Se alguén che preguntara por que catro razóns debera visitar Arbo e arredores, que consello lle darías? -É o mellor sitio do mundo para comer lamprea, en calquera das súas variedades, pois temos os mellores e máis variados restaurantes. E pódense acompañar cos mellores viños brancos xóvenes da DO Rías Baixas, polo tanto tamén os mellores brancos do mundo. As paisaxes que debuxa o Río Miño ao seu paso por Arbo son únicos. Corre libre, salvaxe e azul. E pódense practicar deportes de aventura no Río todo o ano.

-Festa da Lamprea; río esquilmado polos encoros, contaminación por falla de depuración de augas e resíduos... Como ves o futuro da lamprea como motor económico para Arbo e toda a ribeira do Miño? Entendes que deberían darse pasos noutra dirección buscando novas fontes de ingresos? -Eu creo que a lamprea e a restauración vinculada con ela e o turismo rural local, xunto cos viños de Arbo e a paisaxe, onde ocupa un lu-

A nosa oferta de turismo rural, a tranquilidade que se desfruta, a riqueza patrimonial e a riqueza paisaxística fan de Arbo un lugar único para pasar as vacacións máis inolvidábeis. -Ante a celebración desta festa tan emblemática para Arbo, que che gustaría dicirlles aos teus paisanos para que tiveran un chisco de esperanza no futuro?

-É difícil pedir esperanzas no futuro cando o presente é tan triste pola falta de emprego, pola corrupción, polo “roubo” das preferentes... Pero temos que traballar para que as xeracións futuras reciban un mundo onde, cando menos, teñan a oportunidade de ser felices. Isto podémolo cambiar entre todos. Se remamos na mesma dirección habémolo c o n s e g u i r. Son tempos duros pero debemos ter confianza. Con traballo e con unión seremos quen de sacar isto adiante. -Cales serán as diferenzas desta Festa da lamprea con respecto aquelas fastuosas ás que nos tiñan acostumados? -A principal diferenza é que os protagonistas da Festa da Lamprea son os nosos principais sectores económicos: as adegas da DO Rías Baixas e os restaurantes. O Concello utiliza a Festa para impulsar o turismo todo o ano, para dar a coñecer os nosos viños. Queremos que a xente veña durante a Festa, pero sobre todo queremos que veñan a Arbo a comprar viño, a comer aos restaurantes, a descansar nas casas de turismo e a practicar deportes de aventura durante todo o ano. Outra diferenza importante é que a denominada comida oficial xa é unha comida popular e está aberta a todos e todas. Quen queira comer lamprea ese día ten que pagala, incluso eu. Invitamos ao Presidente da Xunta, ao da Deputación e a outras personalidades pero non utilizamos os cartos públicos para invitar aos amigos. Isto supón un aforro anual duns 12.000 euros, que na actualidade son moitos cartos. -Grazas, Alcalde.


Suplemento de humor abril de 2013

Cita co World Press Cartoon na cidade lusa de Sintra Por Francisco Puñal Suárez

U

nha caricatura sobre a crise que sofre Grecia, realizada polo debuxante dese país Michael Kountouris gañou o Gran Premio da novena edición do World Press Cartoon, celebrada no centro Olga Cadaval, da cidade portuguesa de Sintra, famosa polos seus atractivos turísticos e culturais. O World Press Cartoon, dirixido polo caricaturista portugués Antonio Antunes, premia e promove as mellores obras de humor gráfico publicadas en xornais e revistas, nas categorías de caricatura editorial, caricatura persoal e debuxo de humor, nun encontro anual, que recibe o recoñecemento xeral de debuxantes, editores, e público, pola calidade das obras presentadas.

Debuxo de Radulovic Spiro (Serbia) 2º premio caricatura editorial WPC 2013

Evo Morales - Debuxo de Pablo Lobato (Arxentina) 1º premio caricatura persoal WPC 2013

O debuxo de Michael, titulado irónicamente “Equipo de rescate da UE” destaca a pegada de varias persoas que se suicidaron, mentres unha inoperante Unión Europea, como bombeiro inútil, non impide esa acción dramática. A caricatura de Kountouris é a síntese e espírito deste Salón onde quedan en evidencia o fracaso, a desorientación e a crise que arrasan Europa, cuxa ola de pesimismo e desasosego reflicten moitas das caricaturas presentadas. A vantaxe é que nos fan pensar, rir e seguir adiante. No ano 2010 -expresa Michael Kountouris- a Troika veu a Grecia por Mandela - Debuxo de Jarbas (Brasi) primeira vez a tratar a 2º premio caricatura personal WPC 2013 crise e desde entón ofrecéronnos tres paquetes de rescate. Cada vez que eles estaban tratando de salvarnos, as medidas de austeridad eran máis difíciles, os ingresos reducíronse, aumentou o desemprego, a ira da xente e a desesperación e así moitas persoas suicidáronse. E a crise aínda está aquí, o rescate non se logrou. Esta situación foi a inspiración para a miña caricatura.

Debuxo de Saeed (Irán) 1º premio en debuxo humorístico - WPC 2013

Cun debuxo do presidente boliviano Evo Morais, o ilustrador arxentino Pablo Lobato, gañou o primeiro premio en caricatura persoal. O iraní Saeed fíxoo en debuxo humorístico. Antonio Antúnes, caricaturista portugués, director do World Press Cartoon afirma: “A gran virtude do humor é o seu poder de transformación interior. Observar detidamente as caricaturas que integran esta exposición, dando a cada unha delas o tempo necesario, pode espertar en nós un sorriso, que é unha boa resposta á crise. A caricatura, pola súa honestidade crítica, ten un lugar insubstituíble na prensa e merece a atención e a homenaxe que lle rende anualmente o World Press Cartoon, que tamén loita contra o acoso da crise, grazas ao apoio do Concello de Sintra”. A exposición estará aberta ao público, de forma gratuita, desde o sábado 13 de abril ao 30 de xuño.

Mujer libre- Debuxo de Zuleta (Colombia) 3º premio debuxo humorístico WPC 2013


Abril de 2013 - Suplemento

de humor

Rufus recopila as súas sátiras na Casa de Galicia en Madrid

A

Casa de Galicia en Madrid acolleu durante o mes de marzo unha mostra da obra máis recente do humorista gráfico "Rufus", que dende o ano 1979 publica en diversos medios de comunicación. Os seus creadores, o escritor e xornalista lucense Carlos G. Reigosa e o pintor e infógrafo cántabro Leopoldo Fernández Ortega, fixeron unha ampla selección das sátiras que máis encaixan coa actualidade para expolas nunha das salas da Casa. Prólogo de El Roto Un compañeiro de profesión de Rufus, El Roto, prologa o catálogo da exposición. Afirma o prologuista que esta exposición de Rufus "é un exemplo característico do leste linguaxe da sátira á vez tradicional e novidoso e da delicadeza formal do debuxo levemente acuarelado así como os enxeñosos e intencionados textos que acompañan as viñetas son deliciosos modelos dun tipo de sátira gráfica que dignifican as páxinas dos xornais nas que aparecen publicadas". Os creadores de Rufus sitúan o seu nacemento no Camiño de Santiago no ano 1979 e recordan que foi cristianado en Lugo co nome de Rufus T. Firefly, que era o de Groucho Marx na

Os creadores de Rufus, Carlos G. Reigosa e Leopoldo Fernández Ortega

película "Sopa de ganso". Anos despois, desfíxose dos seus apelidos e compareceu en sociedade tan só como Rufus". Afeccionado á compañía de xornalistas, deles aprendeu a ser escéptico, desconfiado, irónico e, ás veces, satírico, características que reflicte nas súas sátiras. O "experimento" de Rufus deu o seu primeiro froito ao gañar en novembro de 1982 o II Concurso de debuxo humorístico O Merlín. Dende entón emerxeu e desapareceu en numerosas ocasións e en distintas publicacións.


18

Alén Minho - Abril de 2013

Rui Solheiro, Presidente da Câmara Municipal de Melgaço

“Economía, políticas sociais e ensino deben ser os tres eixos da futura política municipal” Guillermo Rodríguez a van aló cáseque trinta anos desque coñecín a Rui Solheiro. Non sabería dicir por que pero teño que recoñecer que entre nós fluiu cunha grande facilidade unha amizade que conservamos ata hoxe. Rui Solheiro é un alcalde (presidente de Câmara en Portugal) que dende os anos mozos se involucrou na vida política do Concello fronteirizo de Melgaço. Aos vinteoito anos gañou as eleccións á Cámara Municipal e ata hoxe. Agora deixará o cargo no vindeiro mes de outubro porque así o di unha nova lei electoral portuguesa, non porque os cidadáns, os veciños da vila melgacense, lle retiraran o seu apoio.

X

Este mes, do 26 ao 28, celébranse as Festas do Alvarino e do Fumeiro; dous produtos tradicionais de Melgaço; dúas fontes de riqueza desta zona das ribeiras do Miño. O vindeiro día 24 terá lugar a apertura das Termas do Peso, así como toda a súa contorna chea de beleza e natureza. A inauguración oficial, con presenza do ministro portugués do ramo, non se fará ata o 15 de maio. Disto e doutras cousas falamos con Rui Solheiro. -Sr. Presidente, a punto de entregar a testemuña oficial da Câ mara, logo de oito lexislaturas dirixindo a vida política e económica de Melgaço, que obras rematadas ou a punto de rematar sinalaría como emblemáticas de Melgaço? -Dúas obras que nós consideramos de moita importancia, unha na área do ensino: a Escola Superior Deportiva, que está prácticamente rematada e vai permitir realizar aquí este tipo de ensinanzas aproveitando o complexo deportivo xa existente, así como completar unha área de ensinanza superior en Melgaço; será aberta e inaugurada o mes de maio próximo. Outra obra de moita importancia que ten que ver co aproveitamento dos nosos recursos naturais é a recuperación de todo un Parque Termal do Peso. Abandonado e en ruínas conseguimos unha parceria con investimento privado conseguimos remodelar, ampliar todo un balneario e espazos exteriores por un valor de seis millóns

de euros. Estará aberto ao público nas Festas do Albariño e do Fumeiro e será inaugurado oficialmente o 15 de maio. As Termas do Peso, noutros tempos tan importantes, voltarán a estar a disposición tanto na area da saúde como na do lecer, polo espazo natural que é este parque emblemático para Melgaço. -Ese Centro Deportivo dependente do Instituto Politécnico de Viana do Castelo vai atender só a un alumnado portugués ou vai a ser internacional? -Está pensado para atender tamén a estranxeiros; xa no vindeiro curso haberá unha oferta de prazas para eles. Esperamos que sexa unha resposta ao mercado galego, xa que Galicia non dispón, na area máis próxima, de oferta educativa deste nivel. -Cal vai ser a oferta balnearia para os termalistas? -O vaso de auga para a populación vai ser gratuito coma sempre, pero tamén vai ofrecer un servicio balneario completo, con médicos, fisioterapeutas e piscina axeitada para as persoas que así o precisen. A auga será gratis, pero os servizos balnearios non, lóxicamente. -Voltemos a vista trinta anos atrás e situémonos no momento no que Rui Solheiro chegou á Câmara Municipal de Melgaço. Que experiencia tiña como político?

-Eu fora vereador (concelleiro) da oposición no mandato anterior. Había un goberno da dereita en Melgaço cando me presentei como candidato á Presidencia da Câmara, con 28 anos. Comezara tres anos antes como vereador, e xa tiña coñecementos da política local e da política xeral porque eu levaba anos na política activa do Concello. -En que se parece e en que se diferencia o Melgaço dos anos oitenta do Melgaço actual? -Nos aspectos culturais, históricos e ambientais procuramos mantelos e reforzalos; agora no que respecta ás infraestruturas e aos equipamentos que teñan que ver coa calidade de vida dos veciños o cambio é total e absoluto; estamos a falar dun traballo de 30 anos. Cando cheguei á presidencia do municipio faltaba de todo; faltaba accesibilidade, servizo de auga, etc.. Tivemos que comezar polas infraestruturas básicas. Hoxe podemos afirmar que toda a poboación do municipio, e estamos a falar de 138 quilómetros cadrados, teñen auga a domicilio, mesmo as freguesías de montaña; en canto á accesibilidade non hai ningún núcleo de poboación do municipio que non teña acceso por carro (automóbil), construimos dotacións para as freguesías, escolas,… Hai máis de dez anos que tódolos nenos de tres anos teñen acceso ao preescolar de balde; pasamos por todo o ensino secundario, creamos

unha escola profesional superior, temos cursos de formación… Digamos que o eido do ensino foi unha das maiores apostas durante estes trinta anos de goberno. Pero sen esquencer os nosos produtos locais: promoción do albariño e do fumeiro organizando exposicións, feiras e festas e participando en feiras internacionais. Ollamos moito para o aproveitamento dos nosos recursos propios. Creamos un gran complexo deportivo e de lecer para, por un lado, dispor de aloxamento cun hotel de catro estrelas privado e a pousada da xuventude, que é pública, e, por outro lado, dispor agora das infraestruturas precisas para a nova escola superior que imos inaugurar. En cultura creamos unha serie de espazos diversificados na oferta ao servizo da poboación pero tamén para usar a cultura como instrumento económico. Hoxe temos unha oferta turística moi diversificada: Parque Nacional, cinco minimuseos, cinema, a porta do Parque de Lamas de Mouro, o Museo da Cultura Castrense en Castro Laboreiro, etc.; todo iso en termos culturais e dunha maneira sustentable. Por primeira vez dende hai 70 anos, na última década temos un saldo positivo en termos migratorios. Conseguimos fixar máis xente da que abandona o municipio; isto ten moita relación con aquilo que vimos dicindo do noso programa político dos últimos trinta anos.


Abril de 2013 - Alén

19

Minho

-De onde proceden os ingresos dos veciños de Melgaço?. Do albariño, do fumeiro, do campo, do turismo…? -Os ingresos maiores proceden do viño albarinho, cunha actividade complementaria como é o fumeiro que xa ten peso na economía local e sobre todo nas freguesías de montaña. Outro elemento importante é o aloxamento , que ofrece máis de mil camas entre O Peso, o Hotel de Prado e Castro Laboreiro; tamén temos que citar as casa de turismo

-Sabemos que entre o norte portugués e Lisboa existe unha loita de tempos atrás. Vde. que preside organismos representativos dos municipios do Alto Minho portugués, como ve o futuro desta “guerra político-económica”? Vai haber vencedores e vencidos? -Esa loita debe continuar e só pode haber un vencedor, que é o país. O país non pode continuar a desenvolverse como ata agora. Ten unha grande cabeza, que é Lisboa e súa

non temos estas políticas descentralizadas será cada vez máis difícil vivir nestas areas apartadas por falla de vida económica e o país vai morrendo. -Podemos pensar que Portugal terá que rematar cunha nova estrutura configurada por comunidades autónomas como temos no Estado español? -Portugal xa ten cinco rexións definidas: Norte, Centro, Lisboa, Alentejo e o Algarve. Estas rexións te-

Imaxe: F.J. Gil

rural espalladas polo municipio, que completan e complementan esta ampla oferta. Todo isto repercute na economía dos veciños e veciñas do municipio. -No mes de outubro haberá eleccións locais. Que tres ou catro cousas importantes lle quedan ao futuro Presidente para resolver? -O maior problema desta rexión pasa pola alteración das políticas rexionais. No noso país os grandes investimentos públicos e privados concéntranse entre Braga e Setúbal co 30% do territorio nacional e o 75% dos portugueses. O resto é un pais base con grandes dificultades en crear riqueza, traballo cualificado, en atender as poboacións. É preciso alterar fortemente a política para que nestas terras en que xa existe cualidade de vida se consiga fixar máis xente. E independentemente das políticas municipais. Entendo que economía, políticas sociais e ensino deben ser os tres eixos da futura política municipal.

area metropolitana, ten niveis de desenvolvemento por enriba da media europea e logo ten zonas como é o norte do país, com máis de tres millóns de habitantes, que está hoxe, despois de catro cadros comunitarios de apoio ao país, máis distante de Lisboa en termos de desenvolvemento. E por baixo da media europea. Este burato entre a capital e a Rexión Norte só se pode resolver con novas políticas rexionais, eu diría mesmo con poder rexional democrático, pero polo menos que existan políticas rexionais fortes con planos estratéxicos de desenvolvemento para a propia rexión feitos polos axentes rexionais. E un cadro comunitario ao servicio deste maior desenvolvemento rexional. Tamén é preciso que os cadros comunitarios sexan gobernados dunha forma descentralizada. As mancomunidades, como a do Alto Minho, que vai dende Melgaço a Viana do Castelo e que eu presido nestes momentos, ten condicións para xerir fundos comunitarios. Se

ñen que pasar a ter representantes políticos elixidos directamente en cada rexión que respondan cada catro anos das suas políticas e con poder democrático. Os partidos políticos tampouco se poñen dacordo para esta división rexional. Na miña opinión Portugal precisa das rexións con poder político, con lexitimidade democrática para que a voz destas rexións sexa ouvida e todos poidan sentar á mesa dos orzamentos do Estado. -Dende esta ribeira do Miño existen boas relacións coas alcaldias galegas. Que froito, pensa vde, poden dar estas relacións? -Froito destas relacións son as novas comunicacións entre Portugal e Galicia. Sobre o Minho temos cinco pontes, cando anos atrás só existía a de Tui-Valença. Hai unha forte relación económica; a xente pasa a fronteira, que xa non é tal, para traballar nun e noutro lado. Polo tanto, hoxe comparado con trinta anos atrás, non ten parecido nin-

gún. O río Minho que, antes era unha barreira, hoxe é un medio de comunicación e un gran recurso natural común para as poboacións dos dous lados da fronteira. Mais temos que ir máis lonxe en termos de cooperación entre os estados centrais e os municipios e rexións, ainda que nós non dipoñemos dos mesmos poderes, ten que haber máis colaboración, ten que haber na miña opinión a posibilidade da utilización das diferentes infraestruturas e equipamentos polas poboacións dos dous lados da fronteira á marxe de onde estea instalado o equipamento ou a infraestrutura. O pasado ano entre os concellos de Arbo, A Cañiza e nós asinamos un protocolo para a utilización do Centro de Estaxios por parte dos veciños/as de Arbo e A Cañiza nas mesmas condicións que os veciños de Melgaço, que consiste en pagar o 50% do valor do servizo. Co servizo dos bombeiros podese facer o mesmo coa participación económica de ambos lados e non estar duplicando equipamentos. -Pero nestes momentos o goberno de Lisboa ergueu unha nova barreira coa peaxe nas autoestradas. Cal é a súa opinión? -Obviamente os gobernos de Lisboa e de Madrid non coñecen as nosas realidades, non coñecen a importancia que ten para os pobos destas dúas marxes a facilidade de comunicación. Se xa era grave poñer os pagamentos ainda máis grave poñer pegas para a xente poder pagar, como está acontecento nestes momentos. Eu estou totalmente en contra desa política e así o teño manifestado públicamente estando a fronte dunha manifestación que fixemos en Viana do Castelo tódolos Presidentes de Camaras do Alto Minho. Sempre foi así que os cidadáns van por diante dos gobernos; asi ocorría antes cando as fronteiras estaban fechadas; aí temos o caso do estraperlo, do contrabando. Agora a pesares destas pegas tódolos días se celebran negocios a un lado e outro da fronteira. E os poderes públicos seguen a estar distantes cando debera ser o contrario. As populacións fronteirizas están máis avanzadas en termos de cooperación que os propios estados español e portugués. -Como valora a presenza de industrias galegas no Norte de Portugal? -Nas zonas de Cerveira e Valença, sobre todo, hai unha forte presencia de industria galega que crea postos de traballo axudando ao desenvolvemento da nosa economía. A nosa presenza en Galicia é máis fraca, tamén a nosa economía é máis débil. No eido do turismo os

SEGUE NA PÁXINA 22


20

Alén Minho - Abril de 2013

A

Câmara Municipal de Melgaço organiza de 26 a 28 de Abril a FESTA DO ALVARINHO E DO FUMEIRO. Esta 19ª edição volta a constituir uma forte aposta na promoção das potencialidades do concelho, da valorização dos produtos locais, da preservação dos usos e tradicións e da dinamização e desenvolvimento local.

Ao longo de três dias os restaurantes participantes promovem ementas diversificadas, centradas na gastronomia local: o cabrito, a lampreia, o presunto e os enchidos, a carne de porco, a vitela, entre muitos outros. Como ñao podia deixar de ser, todos estes pratos ficarão mais apaladados se forem “regados” com um vinho único: o Alvarinho, orgulho

das gentes locais e considerado pelos expertos um dos melhores vinhos do mundo. Ademais, quem visitar a Festa do Alvarinho e do Fumeiro vai surpreenderse com as deliciosas iguarias que terá a oportunidade de provar nas várias tasquinhas existentes no recinto da feira.


Abril de 2013 - AlĂŠn

Minho

21


22

Alén Minho - Abril de 2013

VÉN DA PÁXINA 19 nosos maiores e mellores clientes son galegos; dentro dos turistas estranxeiros que nos visitan a maior porcentaxe é de galegos. É unha grande contradicción saber a influencia que ten isto no comercio, nos aloxamentos e ao propio tempo estar dende o goberno central a crear dificultades para que esta relación flúa de maneira natural como é o caso das portaxes. Penso que falta tamén unha política transfronteriza de ámbolos dous países por falla de sensibilidade dos estados centrais; por exemplo na área da saúde. Nós temos un estudo xa feito pola Comunidade composta polos concellos de ambas ribeiras que é Uniminho onde se contempla a posibilidade de que os cidadáns de ambos lados poidan utilizar os servizos que neste campo teñen os dous países; outro tanto ocorre no campo do transporte. Saben que miles de Galegos e portugueses cruzan o Minho nun e noutro sentido. Non hai transportes organizados. Tamén fixemos un traballo sobre isto e do mesmo xeito que pasa co traballo feito sobre a saúde estamos a ter serias resistencias de ámbolos dous gobernos para facelos realidade. -Podemos pensar, Presidente, que esa Eurorrexión da que tanto se ten falado non está sendo activada, non se está consolidando? -Está case parada; está a andar moi lentamente, digamos así. A vontade política, as condicións económicas para ir máis lonxe; nós precisabamos que os dous estados facilitasen eses contactos e non poñer trabas. Temos que seguir unidos e pelexar por estas conquistas sabendo que imos atopar atrancos e incomprensións, mais temos que seguir coitando para mellorar a vida das xentes de ambos lados do Minho. -Falemos doutro apartado: da actividade política actual. Nestes momentos os cidadáns din estar fartos das políticas actuais; din que os políticos non os representan. Aparecen fortes movementos sociais, coma o 15-M en España, indicativo dete desapego. Nas últimas eleccións galegas Xosé Manuel Beiras, que ti ben coñeces, asumiu esta idea e conseguiu un resultado que non soñaba. Entendes que os partidos tal como están estruturados non responden as inquedanzas dos cidadáns? Entende que deben cambiar? -Efectivamente hai un gran divorcio entre os políticos e a poboación, de forma xeral; pero se vemos o que está ocorrendo temos que aceptar que existen fortes razóns para este afastamento. O desastre económicao de ruptura financieira, de gran-

des problemas sociais que non é só culpa dos políticos senón dun capitalismo sen control. Outra razón forte é que os políticos veñen mentindo aos cidadáns. Durante as campañas electorais os políticos prometen todo e máis e aos quince días de tomar posesión dos cargos xa están a facer o contrario do que prometeron. Isto é o que non pode continuar. É preciso dicir a verdade, é preciso abrir os partidos á sociedade. Ten que haber unha apertura cara á sociedade civil e os par-

para conseguir determinados lucros que as troikas están a impor porque para conseguir eses logros acaban por atentar contra a economía, acaban por mandar empresas para a falencia e aumentar os problemas sociais. Por ese camiño non imos a ningún sitio; é preciso cambiar a política e cambiar os gobernos, facer unha política de seriedade mais de combate aos grandes intereses das multinacionais, do grande capital sen rostro que de facto é o grande problema deste novo século.

da Cámara de Melgaço.

tidos na súa base interna teñen que absorver o contributo da sociedade, o pulsar das populacións que se propoñen representar. Isto non ten acontecido e corrense riscos que poden poñer en causa os propios réximes democráticos e crear o caldo de cultivo para que apareza un salvador calquera con perigo para a democracia. Os partidos teñen que estar atentos para se actualizar. E dalgunha forma reconciliar os políticos co pobo.

-Sr. Solheiro, cal é o seu programa de “goberno” para cando xa non estea no goberno? -Levo preto de trinta anos de vida pública, con pouco tempo para a familia e para os amigos, polo tanto algún descanso tamén me fai falla, pero seguirei manténdome activo na política e axudar ao desenvolvemento desta nosa sociedade e dar o meu modesto contributo alí onde se me pida.

unha moi boa relación. Vimos de asinar o protocolo que antes falamos sobre a utilización do Centro de Estaxios, en conxunto co alcalde de A Cañiza;temos participado en coloquios en Arbo, o alcalde arbense tamén aquí, pasámonos información e apoiámonos mutuamente en cuestións que teñan interese para ambas as dúas poboacións; tivemos reunións conxuntas cos representantes da pesca do lado galego e do lado portugués para ver os problemas da pesca, coas licencias dos pescadores, eles participan nas nosas Feiras e nós participamos na Festa da Lamprea; este ano vou ser o Pregoeiro da Festa da Lampreia. Temos unhas relacións de cooperación moi próximas que posiblemente os políticos rexionais e nacionais non entenden pero eu xulgo que é a única forma de que a cooperación pase das palabras aos actos; teñen que ser os propios líderes políticos quen asuman esta relación de proximidade e puxar para que o desenvolvemento da marxe dereita e da marxe esquerda do Minho sexan comúns e que non haxa rivalidades que prexudiquen ás poboacións que representamos.

-Como ve vde. a política actual portuguesa? Entende que os portugueses merecen o que están a sufrir? -A política actual portuguesa e a de moitos partidos de Europa ten que ser totalmente alterada. Eu non concordo como o noso país e outros de Europa están nesa obediencia cega á Sra. Merkel, que só defende os intereses de Alemaña. Coido que é preciso que unan esforzos tanto os países que están en dificultades coma os que ainda non están para apostar por unha política de crecemento e de creación de emprego ainda que supoña durante algúns anos poñer en causa as metas de déficit e de débida pública. As políticas teñen que servir para resolver os problemas das persoas e non

-Voltaría ser candidato ao Parlamento en Lisboa, pode ser? -Tudo pode ser. Non me apaixona pero o que sexa participación política non o excluo. Nós temos que estar atentos as necesidades que se vaian presentando e alí servir se así o demandan. - Algún político cando lle preguntaban polo seu sucesor respostaba que ainda estaba estudando o bcharelato. No seu caso non é así, xa está aquí, esperando, non? -Eu espero que o futuro Presidente da Cámara de Melgaço sexa o actual Vice-presidente da Cámara, Manoel Baptista, que xa ten experiencia de todo este mandato; é unha persoa con boa formación política. Estou plenamente convencido de que será un gran Presidente

-Claro que a última palabra téñena os votantes de Melgaço, non? -Evidentemente, quen vai elixir democráticamente é o pobo de Melgaço. -Para rematar, como son as relacións persoais e políticas co actual alcalde de Arbo? Mellores ou peores cás que tiña co anterior? -Non vou entrar en comparacións. É certo que co actual alcalde temos

-Moitas grazas Sr. Solheiro pola súa atención.


23

Abril de 2013 - Porriño

Manuel Manquiña recibirá o premio ‘Pedigree’ do Festival de Cans actor vigués Manuel Manquiña recibirá o premio "Pedigree" do Festival de cinema de Cans na súa edición de 2013, que terá lugar do 22 ao 25 de maio. A organización do Festival de Cans recoñece con este galardón o papel de Manquiña na construción da historia recente do cinema galego.

O

rector que xa foi premiado en Cans coas súas curtas. O xoves 23 de maio no Círculo Recreativo do Porriño poderase ver por primeira vez en Galicia Somos xente honrada, de Alejandro Marzoa, con Paco Tous, Miguel de Lira, Unax Ugalde e Manuela Vellés como protagonistas.

Manquiña recibirá o mesmo galardón honorífico que en anteriores edicións da chamada festa do "agroglamour" foron concedidos a Antonio Durán "Morris", María Pujalte, Ernesto Chao, Xavier Villaverde, Chete Lera, Antón Reixa, Luís Tosar, Celso Bugallo e Mabel Rivera.

Torreiro das estrelas Ademais do ‘Can de Pedra’, trofeo deseñado polo canteiro local Paco Candán, Manquiña fará a súa pegada no Torreiro dás Estrelas, o particular paseo da fama do certame, onde se colocan as estrelas de pedra.

No décimo aniversario, o Festival de Cans vivirá unha estrea moi especial: polo elenco de actores e actrices participantes e porque é a primeira longametraxe dun di-

Cartel da décima edición por Rei Zentolo Por outra parte, o Festival de Cans presenta o cartel da súa décima edición, deseñado por primeira vez pola coñecida marca de camisetas e complementos Rei Zentolo.

O Concello de Porriño inviste máis de 70.000 euros en cursos para desempregados Autómatas programables, soldadura, imaxe persoal, hostelería, comercio, riscos laborais, xestión e administración, loxística, novas tecnoloxías ou idiomas son algúns dos cursos organizados polo Concello de Porriño para 2013. O Concello investiu máis de 70.000 euros nestes cursos,

que se desenvolverán no Centro Multiusos de Torneiros. Cunha media de entre 15 e 20 alumnos por curso, serán máis de 1.500 persoas desempregadas, veciñas de Porriño, as que se beneficien destas accións “sempre coa finalidade de que melloren e adquiran novos

coñecementos para afrontar con maior competitividade a súa inserción no mercado de traballo”.

O cómico Tito Spaguetto inicia ‘Camiñando por un soño’ en Porriño O humorista vigués Tito Spaguetto decidiu buscar traballo en Madrid, pero no canto de enviar o seu currículum levarao el mesmo andando e facendo paradas en diferentes vilas e cidades onde ofrecerá unha actuación dirixida a todos os públicos. O Concello de Porriño foi o pasado sábado 13 de abril o punto de partida do actor, que preve chegar o 2 de maio ao seu destino, logo de percorrer 610 quilómetros a pé. O actor compartiu con todos os presentes na porriñesa praza Arquitecto Antonio Palacios o inicio desta ruta peculiar cun espectáculo de animación.

Carreira solidaria no CEIP Antonio Palacios O CEIP Plurilingüe Antonio Palacios participou na campaña de Unicef ‘Gotas por Níger’ organizando unha carreira solidaria co obxectivo de recadar fondos que axuden á construción de pozos de auga potable neste país africano, e conseguir así a escolarización real de miles de nenos que esgotan a súa infancia na procura diaria de auga. Os escolares conseguiron xuntar un total de 1.850, euros que irán destinados a Unicef. A iniciativa contou coa presenza de destacados deportistas da contorna como Óscar Pereiro, Javier Maté, Toni Rodríguez, Jorge Otero e Jonathan Vila.


24

Salceda - Abril de 2013

O Concello retirará os coches abandonados da vía pública punto ou carezan das condicións necesarias para circular.

Salceda organiza unha ´andaina´ nocturna, un ´flashmob´ e un festival solidario Comisión de Festas do Libramento organizou o pasado 22 de marzo unha andaina nocturna, que saíu ás 22 horas desde o torreiro de San Esteban de Budiño. Media hora antes comezou a función teatral ‘Rosiña Solteira’, a cargo de Vámolandando Teatro, da Guarda, dentro do festival solidario contra as enfermidades neuromusculares. Tamén solidario foi o flashmob que se preparou o sábado 23 ás 17 horas, na Praza do Concello, a favor do Banco de Tapóns do Baixo Miño. O vídeo da coreografía está en Youtube: “Flashmob de taponeros” ou na web do Concello.

Salceda acolleu a xornada sur da liga de Base O Pavillón Municipal de Salceda de Caselas acolleu o pasado sábado 13 de abril a xornada sur da liga de Deportes de Base de Loitas olímpicas. A cita, adaptada ás idades, congregou a 150 nenos de entre 6 e 12 anos, de ambos os sexos, representando a sete clubs. A cifra supuxo unha marca de participación. Na xornada, inserida no programa ‘Xogade’ activado pola Secretaría Xeral para o Deporte para promocionar o deporte na base, competiron os clubs vigueses Kuzushi, San Ignacio, O Castro e Cidade de Vigo, ademais de Pontevedra, Sabarís e Salceda, que exerce de anfitrión.

Policía Local de Salceda de Caselas está a realizar un seguimento de vehículos abandonados, coa finalidade de localizar aos titulares dos coches e instalos a que os retiren da vía pública. Os axentes incidirán naqueles casos nos que os automóbiles presenten signos evidentes de levar moito tempo estacionados no mesmo

A

No caso de non poder localizar ao propietario, publicarase unha notificación no BOP e no taboleiro de anuncios do Concello. Pasado o prazo dun mes, se o titular do vehículo segue sen aparecer, o Concello dará a orde de retirada do vehículo. O Concelleiro de Tráfico e Transporte, Jose Luís González, incide na importancia de rematar coa “mala imaxe urbanística” e cos problemas de aparcamento e de “contaminación e falla de hixiene” que acarrexa este tipo de resíduo urbano.

Un colexio de Salceda achega á escola un proxecto sobre artesanía de seda O CEIP ‘Altamira’ de Salceda de Caselas acolleu a primeiros de abril o proxecto da Xunta de Galicia ‘Enredando, artesanía na escola’, que achegou aos alumnos as reviravoltas da elaboración artesanal da seda, desde o coidado dos vermes até o fiado. Este proxecto busca concienciar aos escolares sobre o valor do produto feito a man.


25

Abril de 2013 - Salceda

Finalizan as obras de asfaltado nas estradas da Paxariña e da Lavandeira Xa están finalizadas as obras do PEIM (Programa Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural)2012 nos camiños da Paxariña- A Feria do barrio da Feira e o Camiño da Lavandeira ata a Igrexa da parroquia de Parderrubias, a través do Convenio de cooperación establecido entre o Concello de Salceda de Caselas e a Consellaría de Medio Rural e do Mar, que ascende á máis de 77.000 euros.

O Concello cede a Casa da Música aos Amigos da Música de Salceda Concello de Salceda e a Asociación tais, tres cabinas de estudios individuais de Amigos e Amigas da Música de e un salón grande para os ensaios da banda. O edificio foi rehabiSalceda asinaron o convenio para a cesión O edificio úsase litado no ano 2009 cos fondemanial do edificio da como local de dos do Plan E, Casa de Música a esta asoconverténdose así nunha ensaio da Banda ciación. verdadeira Casa da Música.

O

Cultural de Salceda O edificio, do ano 1955, e como Escola de emprégase como local de Música ensaio da Banda Cultural de Salceda e como Escola de Música. Trátase dun conxunto de máis de 600 metros cadrados divididos en dúas prantas, con oficina, aula infantil, dúas aulas de solfexo, dúas aulas para clases instrumen-

Cesión durante 25 anos Marcos Besada, alcalde de Salceda, e Leonardo Fernández, Presidente da Asociación de Amigos e Amigas da Música de Salceda, asinaron o convenio, que garante o uso do local por parte da asociación por un mínimo de 25 anos.

Recuperando a memoria de Salceda O Concello creará un Arquivo Municipal da Imaxe local Concellaría de Cultura de Salceda puxo en marcha un plan de recuperación da memoria histórica local. Nunha primeira fase trabállase no Arquivo Municipal da Imaxe, na historia do doutor Zunzunegui e nos catálogos do folclore local e da historia da emigración.

A

As salcedenses Cristina Rei, licenciada en Publicidade e a historiadora Irene Rodríguez recompilan documentos fotográficos e audiovisuais vinculados á historia da localidade, mentres o historiador Xosé Ramón Paz Antón investiga ao doutor Zunzune-

Calquera persoa que queira colaborar cedendo temporalmente material poderá facelo os mércores, nunha oficina habilitada no Concello gui, médico vasco que exerceu na vila e ao que se lle dedicou unha rúa e o Centro Rural de Hixiene. Paz Antón encárgase tamén do catálogo do folclore de Salceda, publicación que pretende profundar nos gaiteiros e a-

Ciclo de actividades para fomentar o coñecemento da agricultura ecolóxica A Concellaría de Medio Ambiente de Salceda organiza unha serie de actividades para difundir a agricultura ecolóxica. Así, realizará o venres 19 de abril unha charla sobre os beneficios do consumo de produtos ecolóxicos na saúdes. O día seguinte, sábado 20, terá lugar unha visita guiada ata unha explotación ecolóxica en Alxén, Salvaterra. Estas primeiras xornadas finalizarán coa visita a Finca da Corisca, en Entenza, na cal se percorrerá a explotación vinícola de albariño, para rematar cunha degustación de produtos ecolóxicos e de viño. Para poder participar nesta visita hai que inscribirse no Concello de Salceda.

grupacións folclóricas da localidade, cun apartado especial dedicado aos ranchos de reis.

A concellería de Deportes presenta a primeira edición da carreira ‘10km Concello de Salceda’

Pola súa banda, Raúl Soutelo, doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Vigo, traballa sobre a historia da emigración. Debullará as vivencias dos salcedenses que emigraron a América, sobre todo a Brasil e Arxentina.

Chega por primeira vez a Salceda unha carreira popular puntuable (ruta) para o Circuito Galego de Carreiras Populares. Organizada pola Concellería de Deportes coa colaboración das Escolas Deportivas Municipais, a carreira terá lugar o próximo 5 de maio e contará con probas para distintas categorías.

Todos os mércores abrirá unha oficina no Concello para que calquera persoa que queira poida prestar o seu material.

Os participantes deben inscribirse na páxina web www.championchipnorte.com, e poden obter toda a información necesaria na páxina do Concello (www.salcedadecaselas.es) ou dirixíndose á concellería de Deportes.


26

A Guarda - Abril de 2013

Alumnos do colexio Padres Somascos visitan o Concello e Exponatur que “voan” polo espazo da exposición, distintos hábitats, o modo en que os naturalistas estudan a contorna a partir das pegadas e rastros que deixan os animais; o crecemento das árbores ou a necesidade de coidar o mar.

scolares de 1º e 2º de Primaria do colexio dos Padres Somascos inauguraron as visitas guiadas a Exponatur, a mostra da natureza organizada por Anabam na Casa dos Alonso, que se pode visitar até o 27 de abril. Os escolares coñeceron algunhas das aves

E

Os escolares coñeceron como funciona o Concello e “interrogaron” ao alcalde

Tras este percorrido, os escolares pasaron ao Salón de Plenos do Concello, onde o alcalde explicou aos alumnos quen se reúnen neste espazo, os asuntos que tratan e os debates que se orixinan tras as propostas. Acto seguido foron os nenos os que “interrogaron” ao alcalde, acompañado polo Concelleiro de Educación, Antonio Lomba.

Aberto o prazo para solicitar a axuda de 360€ para menores de tres anos O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa de que ata o 11 de maio está aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2013. Poderanse beneficiar desta axuda as persoas con fillos/as menores de tres anos, nacidos entre o 02 de xaneiro de 2010 e 1 de xaneiro de 2013 (inclusives) e non tivesen obriga de presentar a declaración do IRPF do ano 2011, nin se tivese presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados.

Presentación do PXOM á Corporación Municipal A empresa Consultora Galega, que se encarga da redacción do Plan Urbanístico da Guarda, presentou o pasado 11 de abril ós concelleiros e concelleiras da Corporación Guardesa os documentos que compoñen o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Tui e Vermold asinan o acordo de irmandade alcalde de Tui, Moisés Rodríguez e o seu homónimo xermano de Versmold, Thorsten Klute, asinaron nun acto desenvolvido na Casa do Concello de Tui o acordo de irmandade entre os dous municipios.

actividade laboral. Moitos xa volveron, pero un importante número aínda reside aló.

A iniciativa xorde da ampla colonia de emigrantes tudenses, especialmente das parroquias de Paramos e Baldráns, que desenvolveron na localidade xermana a súa

O acto rematou nos xardíns de Troncoso coa plantación dunha maceira agasallo de “Versmold”, para que as raíces desta irmande crezan igual que as desta árbore.

O

A partir de agora ábrese un período de tempo que o alcalde Freitas estimou en aproximadamente un mes ou mes e medio, para que os grupos municipais poidan estudar os documentos (memorias, normativas, planos, etc) que compoñen o PXOM.


27

Abril de 2013 - Tomiño

‘Tomiño Humor’ foi un éxito de público A actividade, que reuniu a varios dos mellores humoristas galegos, foi pensada especialmente para tempos de crise. ciclo cultural de inverno “Tomiño Humor”, organizado pola concellaría de Cultura, que dirixe Cristina Martínez, chegou á súa fin no Auditorio de Goián. A actividade, que reuniu a varios

O

Befa, con ‘Sempre ao lonxe’, pecharon a actividade cultural o sábado 23 de marzo. A programación de inverno incluíu tamén a exposición de escultura “Formas”, de Carlos Fierro e Carlos Fernández, ambos escultores de Goián, que amosaron parte da súa obra no auditorio, coma resultado do compromiso adquirido polo Concello de fomentar aos artistas locais.

dos mellores humoristas galegos, foi pensada especialmente para tempos de crise. “Nestes tempos difíciles, cremos importante ofrecer actuacións coma estas, caracterizadas polo bo humor”, salientaba a concelleira. O público acudiu en masa A programación, encabezada por Carlos Blanco e o seu espectáculo “So”, monólogo satírico inspirado no Camiño de Santiago, logrou o beneplácito do público, que acudiu de forma masiva ao Auditorio de Goián (cuxo aforo rolda as 350 prazas), quedando xente fóra en máis dunha ocasión.

O ciclo invernal de cultura incluíu tamén as actuacións de Avelino González, con ‘Falando en prata’; Fulano, Mengano e Citano, con ‘Top Manta’, e Isabel Risco, con ‘Naviza Girl’, o pasado 9 de marzo. Mofa e

Os maiores do concello fórmanse en igualdade de xénero departamento municipal de Educación Familiar impulsa unha nova fase do proxecto ‘Os Pinceis de Artemisia’, unha experiencia de formación en temas de igualdade de xénero.

O

Seguindo as pautas do libro do mesmo nome publicado pola ONG InteRed, esta acción está dirixida ao grupo de persoas que participa no programa de maiores desenvolto polo Concello de Tomiño dende hai varios anos.

Esta primeira sesión estivo centrada no tema dos “Coidados”, dende a perspectiva dos maiores. Coordinados ademais por un equipo técnico de colaboradores da ONG InteRed, os participantes tiveron, en primeiro lugar, que lembrar e expresar como eran os coidados (e/ou as carencias neste aspecto) na súa infancia e xuventude. A segunda fase da actividade consistirá en “construír” unha cámara de fotos de modo artesanal para tomar unha instantánea sobre o que para cada un, significa coidar (dos demais, dun mesmo, dos animais, da natureza, etc.).

Cristina Martínez lembra que a que a programación culturaldo concello se planifica por bloques temáticos. Así, se a de outono estivo adicada á música tradicional galega e a de inverno ao humor, a programación cultural de primavera centrarase no teatro. A concelleira explica que a pesar dos recortes, a idea do Concello é ofrecer espectáculos de calidade.

Tomiño acolleu o Festival Primavera de Cine

Tomiño acolleu a primeiros de abril a Mostra do Festival Primavera do Cine, organizada por “reencanto producións” e “Musiquina 33mg”, en colaboración co Concello. As películas, proxectadas no Auditorio de Goián, correspondían á primeira edición do festival de cine do mesmo nome organizado en Vigo por “reencanto producións” no ano 2012. Os obxectivos deste festival, explicaba a concelleira de Cultura, Cristina Martínez, pasaban por achegar o cine galego ao público de Tomiño.


28

Tomiño - Abril de 2013

O Espazo Fortaleza compite polos premios ‘Lamp Lighting Solutions’

O traballo foi seleccionado entre un total de 608 obras presentadas por países de todo o mundo

A obra de acondicionamento do antigo forte e da zona da praia fluvial, asinada polo arquitecto Pablo Gallego picard, compite na categoría de ‘Iluminación Urbana e Paisaxe’ xunto a outros 13 proxectos de distintos países Espazo Fortaleza de Goián resultou seleccionado xunto a outros 13 proxectos de 52 países para os prestixiosos premios ‘Lamp Lighting Solutions 2013’. O proxecto de recuperación, do arquitecto Pablo

O

Gallego Picard e que significou a recuperación e acondicionamento do entorno do antigo forte de San Lourenzo, da praia fluvial de Goián e das zonas anexas, foi seleccionada na categoría de ‘Iluminación Urbana e Paisaxe’.

maña, Francia, Reino Unido, México, Italia, Estados Unidos, China, Chile, Arxentina e Singapur, entre outros.

A obra foi seleccionada entre un total de 608 presentadas por países de todo o mundo, resultando elixido, xunto a outro único proxecto español, para competir na fase final do concurso, na que tamén participarán obras de países coma Ale-

Os Premios Lamp Lighting Solutions valoran a creatividade, a innovación e a sostenibilidade dos proxectos de iluminación. Entre os membros do xurado figuran profesionais da arquitectura, a iluminación e o deseño recoñecidos internacionalmente.

A Banda de Goián ofreceu un concerto para agradecer o apoio dos socios Concellaría de Cultura de Tomiño centra a súa programación de primavera no teatro, apostando por seis grupos teatrais galegos, da comarca e do propio municipio.

O 18 de maio ás 22.00 horas, o grupo de teatro afeccionado Aloia, de Pazos de Reis (Tui), porá en escea a peza titulada ‘A vinganza da Petra’. Para todos os públicos e de balde.

A programación continuará ao longo do mes de xuño, con dúas propostas diferenciadas. En primeiro lugar, o día 1, o dúo Alfonso Vallejo escenificará o espectáculo teatral ‘Gaivotas subterráneas’. Para maiores de 13 anos, custa 3 euros.

A obra infantil ‘O libro máxico’, de Migallas Teatro, abrirá a programación o domingo 28 de abril ás 18.30 horas. Nenos gratis.

A Compañía Acontrabutaca traerá ata o auditorio goianés monólogos e sketchs cómicos en ‘Dous son Parella’, o sábado 25 de maio ás 22.00 horas. Esta obra está indicada para maiores de 16 anos e a entrada custa 3 euros.

Por último, a Escola Municipal de Teatro de Tomiño protagonizará dúas pezas: ‘O pano da avoa’ e ‘O nacemento do dragón’. Esta última proposta, ás sete da tarde, pechará a programación de primavera

Seguiralle o monólogo ‘Memorias dun neno labrego’, da Compañía Abrapalabra, o sábado 11 de maio, ás 22.00 horas. A obra terá unha entrada simbólica de tres euros.

Ata o 21 de abril, o Auditorio de Goián serve de marco para a exposición pictórica de Orlanda Gomes de Faria. A pintora, que naceu nas illas de Madeira, dende as que foi recalar a Tomiño, amosa a colección ‘Olladas de muller’, composta por 16 A mostra pódese óleos de estilo reaver ata o 21 lista. de abril, todos

os días de dez a unha e de cinco a sete trinta

Xuxo Malone expón ‘imperfeccións’ Por outra parte, o escultor Xuxo Malone (nado en A Guarda, reside na actualidade en Tomiño) inaugura o 18 de maio ás 20.00 horas ‘Imperfeccións’, unha mostra escultórica con diferentes técnicas. Poderase ver ata o 2 de xuño no Auditorio de Goián.

O sábado 13 de abril, no Auditorio de Goián, a Agrupación Musical de Goián ofreceu un concerto dedicado aos seus socios, como agradecemento pola súa colaboración, que nestes tempos que corren é tan importante. O concerto deste ano explorou as músicas do mundo nunha viaxe musical a través de diferentes culturas e ritmos.

O Pleno aproba a nova escola infantil de Goián O Pleno da Corporación Municipal de Tomiño aprobou cofinanciar, destinando un importe de 224.000 euros, a construción da escola infantil de Goián. O Concello cédelle ademais á Xunta a antiga casa médica en Goián, que se destinara para tal fin hai varios anos. A nova escola infantil situarase nesta parroquia, aínda que as 61 prazas dispoñibles serán para nenos e nenas de 0 a 3 anos de toda a localidade. As novas prazas súmanse ás 46 xa existentes na Escola Infantil de Tomiño.

Adeto asina un convenio cunha aseguradora A Asociación de Autonómos de Comercio, Hostelería e Industria, ADETO asinou un convenio con AEGON, empresa de seguros. Do convenio asinado beneficiaranse os socios que queiran obter descontos por ser asociados a esta asociación tomiñesa no seu novo seguro con AEGON.


Abril de 2013 - Alén

29

Minho

Primavera de abril em Monçao A iniciativa ‘A Primavera de Abril’, que decorre no Arquivo Municipal de Monção, tem como finalidade transmitir às crianças os valores da democracia e liberdade nascidos a 25 de abril de 1974. Entre os dias 15 e 30 do corrente mês, vão passar por aquele equipamento educativo e cultural, fiel depositário da história e memória dos monçanenses, 270 alunos do 1º e 2º ano do 1º Ciclo do Ensino Básico da EB1 de Mazedo, EB1 de Pias, EBI de Tangil e Centro Escolar Prof. José Pinheiro Gonçalves.

Tasquinhas “Sabores da Aldeia” na Fortaleza de Valença A Câmara Municipal de Valença promove a Feira Gastronómica “Sabores da Aldeia”, de 12 a 14 de abril, na Coroada, Fortaleza. Durante três dias as tasquinhas apresentam os sabores mais genuínos de Valença: dende os enchidos e o presunto ata o caldo verde de Valença, uma das 7 Maravilhas Gastronómicas de Portugal, bem como a doçaria tradicional e os bons vinhos verdes locais. Trata-se de uma iniciativa da Câmara Municipal com a colaboração das juntas de freguesia e associações do concelho.

XXIV Feira do Livro de Vila Nova de Cerveira de 19 a 21 de Abril A XXIV Feira do Livro de Vila Nova de Cerveira vai decorrer entre os dias 19 e 21 de Abril. A organização é da Biblioteca Municipal e o evento acontece num mês inteiramente dedicado aos livros. É a Festa do Livro e da Leitura, que está a acontecer desde o passado dia 2, Dia Internacional do Livro Infantil, com programação diversificada para todos os públicos. A Feira do Livro traz novidades literárias, conversas com escritores, espetáculos e concertos.


30

Cultura -Abril de 2013

Étienne de La Boétie

Jonathan Swift

Laiovento e por coleccións menores, mesmo erráticas, das editorias máis centradas na ficción.

Inma Otero Varela n dos xéneros que máis está medrando en presenza nos últimos tempos é o ensaio, nomeadamente o que se achega á sociedade actual. Poida que sexa propio dos períodos de crise; poida que precisemos, máis ca nunca, enterdernos. O esforzo de editoriais novas como Axóuxere, 2.0 Editora ou Trifolium estende un espazo que antes estaba ocupado, fundamentalmente, por

U

Cando do que se trata é de comprender a actualidade, os textos contemporáneos botan moita luz. Pero máis demoledores son aqueles escritos hai unha chea de anos, xa que demostran que, ou a historia é moi teimuda, ou a humanidade é ben torpe. Étienne de La Boétie, no século XVI defende “utopías” como as que se agochan baixo as palabras liberdade, igualdade, educación, dignidade ou ben común. Todas aparecen citadas na súa obra e todas asentan os seus avais na Antigüidade. El mesmo recorre ao tópico da autoridade clásica como recurso estilístico, pero tamén como recordatorio dunha loita que xa tiña daquela 2000 anos. O contrapeso pono a covardía dun pobo que non reaccio-

na ante o autoritarismo, exercido tanto polos gobernantes impostos como polos escollidos. Os somníferos administrados desde o poder tamén semellan ser os mesmos: clientelismo, pan e circo que alimenta a servidume voluntaria. O texto de Jonathan Swift foi publicado en 1725. Aínda que a tese que defende é totalmente disparatada, vender os nenos irlandeses que teñan arredor dun ano de vida como alimento, o efecto especular para

Sabías que...

un lector galego é brutal. Primeiro pola retranca. E segundo, polas similitudes entre a descrición do pobo irlandés e o coñecemento que temos do noso. Emigración, pobreza, marxinación do rural, colonialismo interior, autoodio... De entre todas as cuestións que toca o autor escollo citar esta na que se resume o desexo de “ter ollo de non vender o país e as conciencias por nada; de ensinar aos nosos terranetentes a ter algo de compaixón cara aos seus arrendatarios” (p. 38). Á curiosidade intelectual engádeselle o deliete. Calquera dos dous textos constitúe un exemplo magnífico de dominio retórico, e da evolución dos textos argumentativos nos dous séculos que median entre un e outro, que deben parte da súa eficacia á boa tradución de Armando Requeixo e Mª Fe González.

En galego estamos no mundo Manuel Rosende

Manuel Rosende

p

ara uns es “tu” mentres que para outros serás “ti”? O mapa dialectal galego ten dúas solucións para o pronome persoal tónico de segunda persoa (ti) A variedade estándar recolle a forma máis empregada e máis evolucionada, pero “tu” tamén é galego, o das zonas marcadas neste mapa elaborado por Fernández Rei e publicada nunha obra máis que recomendable; a Dialectoloxía da lingua galega. E ti... que?

u

n “lustro” son cinco a n o s ? Pois agora vas saber máis; para os romanos LUSTRUM era o sacrificio de limpeza ou purificación (LUSTRARE), polo tanto unha “iluminación” (ILUSTRATO>ilustrado). Así tamén tiñan o costume de facer censos no exército cada cinco anos, polo que “ilustraban” con datos actualizados as estatísticas das súas milicias. Imaxinabas que lustrar, ilustrar e lustro tiñan tanto que ver?

é

o “aranés”? Pois o que falan no Val de Arán, a súa capital é a vila de Vielha (Lleida) Tecnicamente pódese afirmar que é a variante local do occitano, unha das súas características é o emprego do <nh> e <lh> que se espallou no ámbito galego-portugués e a nivel sociolingüístico é o único territorio español recoñecido como trilingüe (castelán-catalán-aranés) Non son máis de 3000 persoas as que o falan mais goza de moita vitalidade.

a

Xunta lle solicitou a “Google” a tradución ao galego do sistema operativo de móbiles “Android”? Pois si, fíxoo desde a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia no marco dunha serie de iniciativas encamiñadas a fomentar o software libre. Con pouco esforzo por parte de Google poderemos ter en calquera dos nosos smart phones este sistema no noso idioma.

As universidades da Coruña (UDC) e Santiago (USC) acaban de facer pública a convocatoria de cursos de verán de lingua galega para estranxeiros. Hanse desenvolver durante o mes de xullo e a inscrición está aberta ata primeiros de maio. Os prezos das matrículas oscilan entre os 60 e 150 euros, pero tamén se ofrecen bolsas de exención do pago da mesma e cantidades que van desde os 150 a 350 euros para apoiar a estadía nestas cidades. E é que cada ano son máis as persoas de todo o mundo que se interesan por aprender o idioma galego. De feito, a facultade de filoloxía da USC vén de celebrar unha charla baixo o título “A facultade de filoloxía acolle” na

que sete estudantes erasmus explicaron en perfecto galego (idioma que descoñecían hai seis meses) todas as vantaxes que lles está a aportar a aprendizaxe da lingua rosaliana. En Galicia tamén é posible estudarmos máis o noso idioma os propios nativos, a Xunta establece uns cursos denominados CELGA e cos que se pode optar a títulos requeridos en oposicións e entrevistas de traballo. O profesorado que imparte estes últimos cursos vén de protestar pola situación de precariedade laboral que viven indicando, por exemplo, que son “profesores colaboradores” que nin sequera cotizan á Seguridade Social.


31

Abril de 2013 - Política

Antón Louro responde a Cores Tourís que o Concello está disposto a colaborar no aproveitamento dos terreos da Xunta O tenente de alcalde lembra a inviabilidade de recualificar o edificio de Benito Corbal por separado e volve suxerir un convenio global recualificación das propiedades da Xunta no centro Pontevedra en desuso ou con escasa funcionalidade só pode facerse globalmente e previa sinatura dun convenio urbanístico que compense as cargas e beneficios dun xeito xusto e solidario e con pleno respecto á legalidade. Así o manifestou o tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, en resposta a unhas declaracións do delegado territorial da Xunta, Xosé Manuel Cores Tourís a diversos medios.

encaixarse, ademais dun hipotético edificio de vivendas, as correspondentes cesións para espazos libres, zonas verdes, equipamentos, beirarrúas e seis prazas de aparcamento en superficie. O resultado da aplicación dos estándares urbanísticos sería a suposta construción dun edificio capaz unicamente para 12 vivendas.

A

Antigo edificio da Xunta en Benito Corbal

Antón Louro subliña que se trata dun asunto vello xa estudado e que só está pendente da vontade da Xunta para botalo a andar. O tenente de alcalde volve recalcar que a recualificación por sepa-

O BNG esixe a Nelson Santos que dimita se está imputado por prevaricación O BNG de pprriño esixe ao alcalde, Nelson Santos, que dimita de estar imputado por prevaricación como consecuencia da contratación irregular dun enxeñeiro ou polas supostas adxudicacións e contratacións irregulares de obras e servizos. O Bloque entende que o Concello do Porriño como institución, e

rado do edificio da rúa de Benito Corbal, 45 é inviable, dende o punto de vista urbanístico e legal e tamén económico. Louro pon a disposición de Cores Tourís o informe técnico que detalla que nese solar, de 788 metros cadrados, deberían

os veciños e veciñas aos que o Alcalde ten que representar, non merecen ver danada deste xeito a imaxe do noso municipio. “De confirmarse que está imputado por prevaricación, a Santos non lle queda outra alternativa que dimitir. Sería a única saída política digna para él despois de ter mentido no Pleno aos veciños e veciñas asegurando que non estaba citado a declarar non xulgados e que non existía ningunha investigación xudicial aberta por supostas contratacións irregulares”, declarou Mónica Bugarín.

CxG xunta a preto de 80 edís nas súas xornadas de política municipal concellos galegos para debater dous temas centrais: a reforma da Administración local e o agrupamento de concellos. O pasado 6 de abril tivo lugar en Santiago de Compostela a xornada de política municipal de Compromiso por Galicia. A organización galeguista reuniu a preto de 80 edís de varios

Para rematar a xornada, realizouse un obradoiro de experiencias municipais coa intervención de Xan Jardón, alcalde de Vilar de Santos e Daniel Oca, tenente de alcalde de

Cee, ademais de Marga García, concelleira en Catoira; María Xosé Afonso, concelleira en Muros; María Méndez, ex concelleira en Vigo e Sandra Araúxo, Secretario de Organización de CxG. Clausurou Xoán Bascuas, Secretario Xeral da organización, agradecendo a asistencia e insistindo na importancia da política e da xestión local, “administración máis próxima nunha época tan difícil coma esta”.

Louro lembra que a ocupación da totalidade da parcela de Benito Corbal para un aproveitamento residencial lucrativo implicaría, necesariamente, a substitución dos espazos libres, zonas verdes e equipamentos públicos esixidos pola lexislación vixente e o Plan Xeral a outras zonas do centro urbano. O concelleiro subliña que estará encantado de sentarse a falar desta cuestión en canto Cores Tourís ou calquera outro responsable da Xunta o estime convinte.

O COTSG denuncia que a reforma da Administración Local permite a privatización dos Servizos de Atención Primaria O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia advirte de que a reforma da Administración Local potencia a privatización da xestión dos servizos sociais de base, o que suporá que milleiros de familias perdan os seus dereitos cidadáns. Ata agora, era privada a prestación de determinados servizos dalgúns programas, en función de cada concello. A reforma potencia a xestión privada integral, co argumento da prioridade de criterios económicos e a sustentabilidade. Non obstante, non determina de que criterios se trata.

O PP de Ponteareas foi desafiuzado da súa sede local En pasados días o xulgado de Ponteareas ditou sentencia contra o PP e desafiuzouno da sede local por non pagar ningunha mensualidade do alugueiro dende fai dous anos. Segundo a responsable de organización de Compromiso por Galicia, Sandra Araúxo, “o alcalde, Salvador González, non só leva á quebra ao concello e Ponteareas senón que leva por diante ao PP local”. Araúxo demanda que González Solla explique “a que dedica os cartos que ingresa o PP de Ponteareas en concepto de representación no concello, con 9 concelleiros da corporación”.


Director: Guillermo Rodríguez. Edita, maqueta e imprime: Publicaciones Tameiga, S.L. Enderezo: Avenida do Aeroporto, 83, Tameiga, Mos. Pontevedra. Delegación Ponteareas: Avda Sarmiento Rivera, 4, 4º. 36860, Ponteareas. Enderezo electrónico: redaccion@apeneiradixital.com

publicidade@apeneiradixital.com director@apeneiradixital.com Teléfonos: 986487480/658585049

Fotografía: Arquivo, Hernández, Guillermo Coordinador: Carlos Rey Bárcenas. Colaboradores: X. A. Pérez Lema, Pablo Glez Mariñas, Emilio Ínsua, Anxo S. Porto Ucha, Xoan Xosé Pérez Labaca, Manuel Rosende, Inma Otero,

Casa de Galicia en Madrid conmemorou os 150 anos da publicación de ‘Cantares Gallegos’ de Rosalía de Castro coa conferencia "A poesía rosaliana como símbolo da identidade galega" polo profesor de filosofía, Santiago Losada Carregal. No acto, varias persoas recitaron poemas que ilustraron as diferentes explicacións do relator.

Publicidade: Guillermo Rodríguez e departamento propio Depósito Legal: VG175-2012

licia, pola defensa do seu idioma, reclamando os dereitos da muller, e denunciando o abuso secular sobre os galegos emigrantes”. Para falar dos contidos da obra dividiunos en catro apartados ben diferenciados: En primeiro lugar os Poemas de costumes, de humor e sátira, como a Romaxe ao Santuario da Virxe da Barca, que fixo acompañada da irmá de Eduardo Pondal. En segundo lugar os Poemas sociais e patrióticos, que dan ao libro un carácter cívico. O terceiro apartado ocúpao “a emigración a Castela, miserable e fanfurriñeira, onde os galegos padecían maltrato”. E por último, “o misterio existencial da vida, a dimensión filosófica do verso rosaliano, onde ao final triunfa a morte. O elemento dramático vén dado, non só pola soidade da protagonista, senón pola presenza vaga e chea de misterio da paisaxe familiar”.

A presentación do conferenciante realizouna o coordinador de Actos Culturais, Ramón Jiménez, e nas súas palabras recordou que “a publicación de Cantares Galegos, situou a Rosalía “como precursora, xunto a Curros Enríquez e Pondal, do Rexurdimento cultural de Galicia. Un libro con reminiscencias da antiga lírica galego-portuguesa, especialmente da popular, e con notables innovacións métricas”. Santiago Losada Carregal, natural de Marín, é licenciado en Teoloxía pola Universidade de Salamanca e profesor de Historia da Filosofía. Impartiu clases en centros de Cangas, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, así como nos Institutos de Ensino Secundario ‘Pérez Galdós’ e ‘Marqués de Castelar’ de Madrid. Foi ademais presidente da aula cultural ‘Asaute’ e profesor da aula cultural do Centro de Maiores ‘Ponte de Toledo’, ambos os dous en Madrid. “Para falar de Rosalía non é necesario que se conmemore nada, porque a súa entidade o vale”, dixo o relator para iniciar a súa disertación, pero nesta ocasión celebramos o 150 aniversario da publicación de Cantares Galegos da “nosa poeta, sempre viva” e expuxo unha breve biografía, cos datos máis relevantes que marcaron a súa curta

Juan Louzán (Madrid), Coki (Nova Iorque), Mero, Isidoro Gracia, Nemesio Barxa, etc.

existencia, pois faleceu contando con tan só 48 anos.

cousas dos homes que as poboan e ás paixóns que as dominan”.

“Cal foi o propósito de escribir Cantares?”, preguntouse Carregal, “a mesma Rosalía nolo explica: dar vida e acción ás múltiples escenas, paisaxes e mariñas de Galicia; así como a todo o que se refire ás

Tamén recordou o conferenciante que Rosalía non foi moi ben tratada por outros autores como o caso de Valle-Inclán que a reduciu a ‘aldea morriñenta’, cando tamén apostou polos raros e esquecidos, por Ga-

Rosalía quería demostrar que “a nosa terra é digna de louvanza e que o noso idioma- nosa fala, non é a que cren coñecer como un dialecto bárbaro, os ignorantes”. Foi consciente de que escribir dende un país marxinado, e o seu libro ‘Cantares’, a pesar dos compoñentes costumistas e folclóricos que moitas das súas páxinas conteñen, non é outra cousa que “a ilustración dunha ideoloxía que pretendía tanto afirmar os valores específicos da patria galega coma denunciar as inxustizas” das que “eran vítimas as súas xentes”. Cantares está escrito nunha “lengua viva influída polo castelán, non depurada, tomada directamente do pobo con todas as súas vacilacións fonéticas, sintácticas e léxicas, o que sen dúbida lle dá máis autenticidade”.

Este xornal imprímese en papel reciclado


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
A NOVA PENEIRA - Nº16 - Abril 2013 by A Peneira Dixital - Issuu