www.apeneiradixital.com
XORNAL
ANO 2 - Nº 14
PONTEAREAS As concellerías de Medio Ambiente e Cultura recuperan o antigo Camiño Real
GALEGO DE INFORMACIÓN
XERAL
Febreiro de 2013 - 2€
O Entroido vence o mal tempo
Páx. 7
SALCEDA Castro Barreiro e A Feira enfrontan a Sargadelos contra os maias en Salceda Páx. 22
TOMIÑO Resposta masiva do público á Feira de Artesanía de Arco en Tomiño FOTO: HERNÁNDEZ
Páxinas interiores
Páx. 24
A GUARDA A banda Do Outro Lado do Monte, outro símbolo de Camposancos Páx. 27
Um "até sempre" azul, vermelho e lilás despediu a Manolo Soto en Salvaterra uzia o sol já às onze da manhá, parecia que ele também queria estar presente na despedida. Ainda nom chegaram as doze quando, nas muralhas de Salvaterra, com a companhia de umha temperatura a-
L
gradável, começavam a juntar-se centenas de amig@s chegadas de todo o País. Impossível um marco metafórico melhor para representar o que Manolo Soto era para Salvaterra, para a sua Comarca e para a sua Galiza.
Páx. 24
2
Opinión - Febreiro de 2013
Cando faltan algunhas fervuras P
ermítanme hoxe que cambie o editorial por un comentario sobre unha nota de prensa que chegou á redacción deste xornal remitido por Nuevas Generaciones (NNGG) e asinado por Celso Marino Rodríguez, que di ser o presidente.
Non é habitual en min respostar a comunicados que nos chegan, pero neste caso permítaseme facer unha excepción porque o tema ben o merece e ademais tócame na miña febra sensible: o ensino. Non vou reproducir o escrito porque poden lelo nesta mesma páxina, debaixo destas liñas; só quero comentar algunhas afirmacións que contén. O presidente de NNGG di mostrar apoio aos que non se manifestan e se dedican a estudar. Se fixeran o mesmo xeracións anteriores seguro que Celso Marino non podería desfrutar do nivel de ensino e das liberdades das que hoxe desfruta; agás que sexa un “fillo de papá” porque, nese caso, non tería problemas nin antes nin agora. Critica a LOGSE da que di que igualaría pola “baixa”. Ten razón; esta lei de educación foi pensada para tratar aos de “abaixo” igual que aos de “arriba”. A nova lei Wert que Celso Marino defende está pensada para que os de arriba poidan seguir cos seus privilexios mentres os de abaixo se vexan condenados a non chegar nin á universidade nin a ampliar os seus estudos
no estranxeiro. Tamén denuncia as asambleas dos estudantes e as manifestacións na rúa, das que di que deberan facerse en Santiago e non en Ponteareas. Fáltanos saber se o seu partido financiaría autobuses para ese desprazamento. Igualmente convida aos compañeiros a mellorar o expediente académico en vez de protestar na rúa. Felicita aos estudantes que quedaron na casa estudando, tal vez, e non se manifestaron. Non di nada dos pais e nais que acompañaban aos estudantes que se manifestaban diante do Concello; a estes non se atreveu a recomendarlles nada. Evidentemente a este mozo fáltanlle unhas cantas fervuras. Fáltalle capacidade para analizar realmente a nova lei Wert e coñecer como as gastan outros países do entorno europeo no eido educativo e que van por diante tanto de Galicia como do resto do Estado.
Por esta vez vou facilitarlle a Celso Mariño algúns datos sen esgotar a posibilidade de seguir dándolle información se ten a ousadía de seguir dando consellos aos seus compañeiros que, neste terreo, tamén eu me considero un estudante de bacharelato. Este mozo descoñece que, por exemplo, Francia vén de anunciar un forte aumento nos seus orzamentos para educación e a incorporación de 60.000 novos ensinates e funcionarios; Mariano Rajoy vén
EDITORIAL
de recortar 6.300 millóns de euros no ensino, así como ducias de miles de ensinantes. Francia decidiu preservar o sistema educativo da política de austeridade, mentres aquí o noso ínclito presidente fixo todo o contrario. Os franceses saben que a formación dos cidadáns é un elemento clave para o desenvolvemento e o crecemento económico do país. Aquí temos outros “cerebros baleiros” que pensan todo o contrario.
Celso Marino descoñece, tal vez, o que está pasando en Castela- A Mancha onde goberna xente do seu partido. Alí inventaron un plan educativo no que os mestres sen praza traballan de balde durantes meses nos centros de ensino, sustituíndo aos profesores que foron despedidos ou non contratados de novo. Din que lles favorecerá nas oposicións que van convocar, 200 prazas para 1.500 mestres que traballaron gratis. Isto si que é mellorar e dignificar o ensino, verdade amigo Celso? E xa para ir rematando con esta primeira entrega que, de continuar coa túa teima cara aos teus compañeiros, será a primeira de moitas máis, vouche dar uns cantos datos sobre o ensino nun país pequeno como é Finlandia. Este país, por se non estás enterado, aparece entre os mellores do mundo en canto a rendemento global no eido do ensino. É o país con resultados máis homoxéneos e moi débiles correla-
cións entre medio socioeconómico e rendemento escolar. O 93% dos mozos finlandeses terminan o ensino secundario. Os nenos/as reciben unha comida sa ao mediodía e por suposto todos teñen os seus estudos pagados polo Estado ata a universidade. Aquí o ensino privado é unha rara avis. Os nenos/as non sofren avaliacións constantes; os profesores finlandeses opinan que os nenos/as non van á escola para sufrir exames, senón que van para aprender a vida, van para atopar o seu propio camiño. Neste país europeo cos mellores postos nos podios internacionais desconfían moito dos rankings. Máis ou menos como nos ofrece o ministro Wert, non si Celso? Hai máis cousas que che podo contar sobre o ensino neste país e noutros que están a anos luz de nós. Por esta vez imos deixalo aquí, non sen convidarte a que te informes do que está pasando no mundo do ensino en Canadá (en Quebeq, concretamente) onde os estudantes mantiveron unha folga ata hai pouco. Sabes por que? Por defender os dereitos e a gratuidade para estudar na universidade que lle pretende eliminar un goberno liberal; non che soan nada este tipo de medidas? Ben, Celso, espero que non che molesten as miñas recomendacións, pero entende que non podes tirarte á piscina sen asegurarte de que teña auga. Saúdos.
Novas Xeracións, coa mocidade de Ponteareas oas últimas manifestacións da reforma educativa celebradas en Ponteareas, Novas Xeracións mostra o seu gran apoio á mocidade de Ponteareas que mira sempre polo seu futuro educativo e non se para en ver os detalles e as barreiras para o seu futuro profesional. Os outros que se manifestaron e que ven que o esforzo e o traballo é algo secundario, a LOGSE sería ideal, onde todos os estudantes igualaríanse á “baixa”.
Gustaríame ter unha bóla de cristal para saber cantos daqueles que se manifestaron van chegar a facer as probas das que tanto están en contra “reválidas” este tipo de avaliacións igualarían a España ao resto de países europeos onde xa existen eses exames segundo os expertos.
C
Hoxe en día podemos ter unha lei educativa na cal se prima o esforzo e deixar de ser a cola de Europa, para conseguir novos obxectivos e descender o fracaso escolar até o 10% como marca a Unión Europea. Algúns partidos con menor relevancia, os seus novos representantes, dedícanse a impartir charlas onde non cabe a discrepancia, organizan manifestacións asemblearias cun grande éxito de 40 persoas... felicitando aos máis dun milleiro de estudantes que non quixeron
apoiar este tipo de farsa, que o único que conseguiron é entorpecer o normal funcionamento do concello, causando malestar ante aqueles que entre as 12 e 13 horas necesitaron do concello. Lembrar que este tipo de manifestacións deberían celebrarse ante os órganos competentes, “Consellería de Educación en Santiago de Compostela”, onde terán un maior impacto... e lonxe de dar ideas, sería moi aconsellable que toda esa enerxía empregásena nun mellor expediente académico.
Cabe destacar que nos taboleiros de anuncios dos centros educativos se coloquen impresos coa materia e NON pasquíns informativos de partidos políticos como está a ocorrer nos institutos da Vila de Ponteareas. Insistimos no noso gran apoio á mocidade de Ponteareas, que tendo a liberdade de elixir entre a folga e elevar o seu expediente académico han optado pola última, os nosos máis sinceros parabéns. Celso Mariño Rodríguez, Presidente de NNXX de Ponteareas
3
Febreiro de 2013 - Opinión
CADERNOS DA VIAXE
Corrupción e economía de mercado *XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA *Avogado
oñecimos nos últimos días dúas revelacións que degradan máis a lexitimidade do actual Goberno do Estado. Por unha banda, sóubose que a ministra Ana Mato estaba casada en réxime de gananciais con Sepúlveda aínda no 2007. Pola outra, Mariano Rajoy publicou as súas declaracións fiscais. E destas tírase que no 2008, cando a crise xa era unha realidade, o PP- que depende segundo a súa contabilidade oficial nun 86% das subvencións públicas- incrementaba o soldo do seu Presidente nuns 28000 euros até elevalo a máis de 200.000 €/ano. Lembremos que sería no 2008 cando, segundo a versióndesmentida polo PP- do xornal “El Mundo” Dolores de Cospedal suprimiría os sobresoldos da rúa Xénova, que ascenderían no caso de Rajoy a 25.200 €/ano, segundo os apuntamentos publicados no xornal “El País” , tamén desmentidos polo PP.
C
E mentres medra o malestar da cidadanía, o PCE ven de afirmar que a corrupción é consubstancial ao sistema. Velaí que só safaríamos da corrupción a medio dunha transición cara ao socialismo, esquecendo a evidencia da gravísima corrupción que existiu na Europa do socialismo real entre 1946 e 1990 e existe na Cuba castrista. O repto é previrmos a corrupción dentro do sistema. E isto esixe, sobre todo, non
confiar na autoregulación e establecer regras claras para garantirmos a transparencia e a boa gobernanza. Porque a grande ferramenta contra a corrupción é o Dereito. Un Dereito que emane dun pacto social e político que esixa altísimos estandares de calidade, moralidade e transparencia aos nosos políticos. Compre falarmos tamén dos axentes privados facilitadores da corrupción política, residenciados nas grandes construtoras e nalgunhas empresas que cotizan no Ibex 35. Connivencia que non só degrada a política, senón a economía. Porque distorsiona a libre concorrencia, conforme ao modelo do “capitalismo de casino do BOE”: pouca atención á formación e motivación dos recursos humanos e ao I+D+i e construción de oligopolios. Estes axentes privados facilitadores tentan chuchar todos os grandes contratos, en detrimento do conxunto do tecido empresarial galego e degradan a contratación de moitos servizos públicos. A ARRINCADEIRA: A xenreira do PP co galego. A Xunta, esquecendo que segundo o Estatuto os procedementos xudiciais nados na Galicia han rematar perante o TSXG, quere levar o Decreto do galego ao Tribunal Supremo, que só pode estimar o recurso se prantexa e obtén do Tribunal Constitucional a declaración parcial de inconstitucionalidade da Lei de Normalización Lingüística de 1983. Será ésta a intención do Goberno de Feijóo? De calquera xeito, é un aceno que non só atenta contra a nosa lingua, senón que despreza o noso autogoberno, ao someter a normativa galega ás instancias xudiciais de Madrid.
Spain is diferent!! ta non hai moito, chufábase de que “España era un país sobresaínte”, e estamos sendo testemuñas de que si, é “sobre saínte” para as Illas Caimán, “sobre saínte” para Belize, “sobre saínte” para Suiza…
A
Seica (presuntamente, en termos xurídicos) o Sr. Bárcenas, ex tesoureiro do PP, entregaba cartos de dubidosa procedencia en forma de pequenas pagas de domingo (como as que nos daban os nosos país) a certos cargos do partido. A ollos dos populares, EL PAÍS está “sobredimensionando” a noticia para facerlles dano e empezan a perder os nervios. Rajoy está “sobre-pasado” polo escándalo e Mª Dolores de Cospedal “sobreactuando” nas roldas de prensa. Queren parar a bola de neve como sexa e acabar coas calumnias aos políticos “sobrecolledores”.
Resulta indignante que o Goberno insista en apreixarnos cada vez máis, en pedirnos “sobre-esforzos” cando eles non predican precisamente co exemplo. E mentres, temos que seguir baixando a cabeza e comulgar con rodas de muíño, aceptando o seu mantra de “facemos o que temos que facer” (como cando os pais lle din aos fillos “é polo teu ben”). Xa estamos fartos de tanto paternalismo e de tanta hipocresía !! E non quero poñerme no peor escenario de futuro neste tema, nesa hipótese de que o Caso Bárcenas quede “sobreseído”. Daquela xa non sería indignante, sería ALDRAXANTE!! Xosé Manuel Fernández
Deixounos o ourensán José Menor Juan Louzán/Madrid ó tiña 78 anos. Era desas persoas que non esqueces xamais. Falloulle o corazón a noitiña do día 13 de febreiro de 2013. Foi unha morte anunciada porque era un home que quería vivir disfrutando dos seus cocidos galegos, das súas queimadas, empanadas, polbo, zorza, churrascos, viños, etc. É o autor de “Vida y andanzas de José Menor Canal (Terapia para arruinados)”, publicada en 1993, de 236 páxinas. Nesta obra conta que se arruinou tres veces e sempre se recuperou con forza e fe.
S
Emprendedor nato, de mozo marchou a Chile, onde gañou a vida para manter á súa muller e fillos vendendo peixe, pan, carne, viño, etc. Era a época do dictador Pinochet e José Menor, socialista e demócrata liberal, terminou fuxindo a Madrid ao estar ameazado pola secta do dictador chileno. Pepe Menor, fundador do Museo del Pan Gallego, na Plaza de Herradores, de Madrid, onde ten unha clientela fiel desde hai 25 anos, comprando as súas famosas empanadas, chourizas, tortas de Santiago, pan e outros productos típicos galegos, todos elaborados en forno de leña de carballo. Sempre rebelde ante os dictadores, caciques, usureiros e corruptos. Os seus amigos eran selectivos e da mesma ideoloxía e idiosincrasia, como o tamén falecido (hai un ano) Gonzalo Torrente Malvide (fillo do máis famoso), escritor, a quen axudou nos máis duros momentos da súa vida. A José Menor irritábano tanto o abuso de poder e as inxustizas que catro días antes da súa morte, tras ler na prensa a noticia do reparto de sobres con diñeiro negro por parte do ex tesoreiro Bárcenas (PP) á cúpula do seu partido, incluído o presidente Rajoy, comprou unha caixa de sobres blancos e repartíunos, irónicamente, a toda a xente que pasaba pola Puerta del Sol madrileña. As súas cinzas serán esparexidas na súa aldea ourensá, San Cibrao das Viñas.
4
O Condado - Ponteareas - Febreiro de 2013
Entroido 2013 en Ponteareas FOTOS: HERNĂ NDEZ
5
Febreiro de 2013 - Publicidade
CPR PLURILINGÜE SANTIAGO APÓSTOL
Centro Plurilingüe. Traballando 10 horas semanais en materias como Sciences, Arts and Crafts e English
Centro Tecnolóxico ABALAR. Alumnos e alumnas dende
5º de E. Primaria traballan con cadaseu netbook na aula
Certificación en TRINITY&CAMBRIDGE
dende os 6 anos. Neste curso escolar certificaranse 82 alumnos e alumnas
Intercambios escolares con Manchester. Xa levamos 4
anos levando aos nosos alumnos a realizar o intercambio cos alumnos do “Our Lady of Rosary School”
Actividades Culturais Proxectos Escolares.
Proxectos como os hábitos e valores, logros e esforzos, Spelling Bee; Medioambiental, proxecto lector
Partricipación en concursos e Premios Servizo de Comedor
www.santiago-apostol.es Síguenos no Facebook: CPR. Plurilingüe Santiago Apostol
6
O Condado - Ponteareas - Febreiro de 2013
Anova constitúese en Ponteareas como unha organización horizontal, asemblear e de esquerda mediados de marzo Anova celebrará no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas un acto que será o punto de partida do proceso de constitución de Anova a nivel comarcal e no que se contará coa presenza de Xosé Manuel Beiras, portavoz nacional de Anova e deputado de Alternativa Galega de Esquerda.
A
Anova non se define como un partido pólitico no sentido clásico, senón que adoitan dicir máis ben que son un movemento, un instrumento de e para a cidadanía e polo tanto atento aos cambios que se producen no seo da mesma. Todos os membros de Anova participan en pé de igualdade, teñen por obxectivo superar o actual marco de competencias que temos como comunidade autónoma e contribuír e ser partícipes dunha transformación social que lonxe do actual sistema sexa capaz de alcanzar un vida digna para todos.
O Concello non escatima nas escolas unitarias concelleiro de Educación, Andrés Sampedro Fernández, comprobou in situ o desenvolvemento das obras de mellora na escola unitaria de San Mateo de Oliveira, consistentes no troco das ventás da aula de perfil de ferro e cristal simple, por ventás de aluminio con cristal tipo Climalit e persianas incorporadas. Esta obra leva parello, neste centro, o troco dos balastros electromagnéticos das iluminarias, por balastros electrónicos de alta eficiencia enerxética que ao tempo eli-
ro de radiadores para poder acadar unha óptima climatización do centro.
O
minan a enerxía reactiva dos balastros electromagnéticos, ademais aumentouse o núme-
Esta obra entra dentro dun plan de mellora e mantemento das instalacións educativas dependentes do Concello. Entre as medidas levadas a cabo nos centros de ensino, tendentes a acadar unha mellor eficacia e eficiencia enerxética o Concello xa leva invertido, este ano, máis de 25.000 euros.
Ponteareas acometerá a dixitalización cartográfica da rede de saneamento municipal Xunta de Goberno Local decidiu iniciar os traballos de dixitalización cartográfica da rede de saneamento municipal, comezando coa rede de saneamento nas parroquias de Xinzo, Arnoso e Areas, para continuar co saneamento nos barrios de Canedo e As Cachadas entre outros, sinalou o alcalde Salvador González.
A
“Durante o ano 2012 e o que levamos de 2013 no departamento de medio ambiente leváronse a cabo traballos de dixitaliza-
ción dos proxectos iniciais e das obras reaias executadas, incluíndo os bombeos existentes. Ao mesmo tempo se procedeu a realizar o padrón de usuarios, relacionando ditos usuarios coa referencia catastral das vivendas conectadas”, comenta o alcalde Salvador González. Para rematar estes traballos, haberá que xeolocalizar todos os sumidoiros existentes e acometidas coa finalidade de poder actuar con maior rapidez no momento no que xurda unha avaría ou para verificar a existencia de verteduras incontroladas.
A Fundación Rogelio Groba recolle nun CD 20 marchas e pasodobres do compositor A Fundación Rogelio Groba vén de editar un CD no que se recollen un total de 20 marchas e pasodobres do compositor pontevedrés. O disco foi gravado pola Banda Muncipal de A Coruña, baixo a dirección de Xosé Luís Represas, e leva como título xenérico “Festa de marchas e pasodobres”.
O disco recompila boa parte das composicións de Groba encadradas nestes xéneros facendo un percorrido vital pola súa traxectoria, xa que atopamos dende composicións senlleiras dos anos 50 e 60 ata algunhas das máis actuais, mesmo inéditas.
Febreiro de 2013 - O
7
Condado - Ponteareas
As concellerías de Medio Ambiente e Cultura recuperan o antigo Camiño Real s concellerías de Medio Ambiente e Cultura de Ponteareas veñen de rematar a recuperación dun tramo do antigo Camiño Real, primeira vía de comunicación na zona do Condado que unía as zonas de Covelo, Mondariz e Ponteareas e que ten relación directa como vía de comunicación coa ponte dos Remedios, ponte de orixe romano reformado no século XIII. Estes camiños e carreteras entroncan historicamente coas calzadas do Imperio Romano, constituíndo a base de moitos dos trazados e ei-
A
xos de comunicación actuais, e deron lugar na Idade Moderna aos camiños reais. Os traballos consistiron no desbroce e limpeza do entor-
no, mantemento da levada de regadío, o asentamento do terreo e a colocación de muro de contención para salvar a o desnivel. A cuberta é de zahorra prensada. Os traballos rematarán coa limpeza da parcela anexa, de maneira que o entorno poña en valor a importancia que ten para a memoria colectiva dos ponteareáns a recuperación dun dos seus sinais de identidade.
Éxito de público no “Afastado oeste” Asociación de Hostalaría e Turismo do Condado amosou o seu agradecemento a toda a xente que participou no entroido temático do “Afastado Oeste” en Ponteareas, así como ao público que ateigou os establecementos participantes na ruta de pintxos forasteiros.
A
“A partir de agora todos os nosos esforzos e imaxinación ímolos a dedicar á organización da primeira Feira de Abril de Ponteareas, na que por suposto prometemos espectáculo e sobre todo diversión”, indicou Óscar González, presidente do colectivo
Alumnos do CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera crean dúas cooperativas empresariais n total de 37 alumnos do CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas crearon dúas cooperativas escolares, Tijerilandia e Imagina, inscritas no proxecto “Emprender na miña Escola-Cooperanova”, que conta co apoio da Deputación Provincial de Pontevedra.
U
O principal obxectivo desta iniciativa era que os alumnos traballasen durante o curso na constitución e posterior xestión de cooperativas escolares, seguindo principios básicos como traballo en equipo, ou a elaboración e comercialización de produtos no mercado local.
a imaxe
O Concello aforrará máis do 50% no mantemento dos ascensores Goberno local adxudicou o contrato para o mantemento dos doce ascensores do Concello, que inclue o mantemento diario e posta a punto dos equipos. A concelleira de Facenda, Belén Villar, amosou a súa satisfacción porque con este novo contrato se logra un aforro de máis dun 50% do importe que se pagaba ata agora polo mantemento dos ascensores, máis de 15.000 euros ao ano.
O
A Federación de ANPAS de Ponteareas convocou unha concentración o pasado xoves 7 de febreiro diante do Concello de Ponteareas, para protestar en firme “ante a situación que atravesa o sistema de ensino público”.
8
O Condado - Febreiro de 2013
Reanúdanse as obras da rotonda da PO-400 en Arbo alcalde de Arbo, Xavier Simón, manifestou a súa ledicia pola reanudación das obras na rotonda da PO-400, na entrada da vila.
O
Segundo Simón, foron necesarias ducias de chamadas e incluso dúas cartas dirixidas ao Presidente da Xunta, ao Conselleiro de Medio Ambiente e ao Xefe Territorial da Xunta en Pontevedra para que as obras se reiniciasen. A última das misivas
foi asinada pola Dirección e a ANPA do CEIP Antonio Carpintero e polo propio alcalde de Arbo, demandando a inmediata resolución do que se estaba a converter nun problema de seguridade vial debido a que os nenos e nenas do colexio debían pasar polo lugar no que, como consecuencia das obras, desapareceran os semáforos e as beirarrúas que conducían directamente ao CEIP.
a imaxe FOTO: HERNÁNDEZ
Salvaterra pecha o Entroido 2013 co tradicional enterro da lamprea
Febreiro de 2013 - O
9
Condado - Ponteareas
Soto, sempre con nós Um "até sempre" azul, vermelho e lilás despediu a Soto na manhá do 09-02-2013
Por Lara Soto uzia o sol já às onze da manhá, parecia que ele também queria estar presente na despedida. Ainda nom chegaram as doze quando, nas muralhas de Salvaterra, com a companhia de umha temperatura agradável, começavam a juntar-se centenas de amig@s chegadas de todo o País. Impossível um marco metafórico melhor para representar o que Manolo Soto era para Salvaterra, para a sua Comarca e para a sua Galiza. Um cenário rodeado de caravéis vermelhos, umha faixa da SCD do Condado, na qual se podia ler um "até sempre, Comandante" e umha faixa com ele, parecendo olhar que todo saísse bem, como sempre fazia. Assim arrancava um ato tam formoso como emotivo.
L
A voz de "Cabeçom" debuxava o Manolo amigo, desde neno. Era ele quem dava passagem a Uxia que, igual que Tino Baz e Mino e Mero, alçavam as suas vozes com temas que muito habitualmente podias escuitar na sua casa. Nom podia ter sido de outra forma, e ali escuitamos a poesia de Manolo Pipas, dos irmaos bascos Iñigo e Oto, e de Kiko Neves, quem debuxava perfeitamente o Soto do sombreiro e do "ducados". De igual maneira, a voz de Chato, em nome do Comité de Empresa de Censa, nos achegava o sindicalista, o homem que junto a eles luitou durante mais de 40 anos polos direitos d@s trabalhador@s. Irene foi a encarregada de dar voz à SCD do Condado, com voz alta e trémula, desenhava esse presidente que sempre conhecemos. Mas nom podia findar o ato sem o som das gaitas: Antón, Xose, Xabier e a Catalana davam fim com duas peças que conseguiam trazer às cabeças de tod@s nós momentos alegres com ele. Ao som do Hino do Antiguo Reino da Galiza, rodeado da sua familia, amig@s, companheir@s e camaradas, desciam as suas cinzas das muralhas à beira do Minho, olhando o País irmao, que também ele levava sempre consigo. Após um alto e claro Hino da Pátria de punhos em alto, chegava o final que ele sempre anunciava, um final diferente; um brinde com vinho da Terra e uns calhos que, sem nengumha dúvida, foi do seu agrado!
10
O Porriño - Febreiro de 2013
Porriño clausura o Entroido co sábado de piñata n enterro máis festivo e divertido foi o que se celebrou o pasado 16 de febreiro en Porriño. O tradicional enterro da sardina trasladouse do mércores de cinza ao sábado de piñata co obxectivo de alongar a festa do carnaval e facela máis participativa ao ser fin de semana.
U
Unha carruaxe tirada por cabalos portou á sardiña no seu percorrido polas rúas do centro urbano ata a queima na Ponte do Valo. A comitiva estivo acompañada por música en directo a cargo de dous finalistas do concurso Tes talento? que cantaron xunto aos compoñentes das 23 comparsas diversos temas acordes ao momento.
Ás 17.00 horas deu comezo o velorio no Círculo Recreativo Cultural, iniciándose a comitiva fúnebre ás 19.00 horas. Esta estivo encabezada polo Grupo de Cornetas, Gaitas e Tambores Ría de Vigo e pechando a Rondalla de Atios, con todos os asistentes vestidos rigurosamente de loito.
O desfile iniciouse na rúa Domingo Bueno (diante do Círculo Recreativo Cultural) pasando polo barrio de San Sebastián e ata a praza Arquitecto Antonio Palacios. Unha vez diante da Casa Consistorial procedeuse á lectura do Testamento e a continuación desprazáronse á Ponte do Valo para a lectura das últimas vontades e queima da sardiña. O fin de festa, na Praza Arquitecto Antonio Palacios, correu a cargo do grupo musical porriñés Tres.com.
O enxeñeiro que traballou sen contrato para o Concello asinou informes urbanísticos sen estar facultado BNG de Porriño denuncia que o enxeñeiro que traballou sen contrato para o Concello realizou informes vinculantes en materia urbanística, como reflexa un informe dos servizos xurídicos municipais ao que o BNG tivo acceso. No documento, que asina o Secretario Municipal, indícase, que esta persoa non mantén relación de contratación administrativa técnica ou de prestación de servizos co Concello do Porriño que lle atribúa funcións de informar, asesorar ou prestar apoio técnico dalgunha natureza; e advírtese que estes feitos poden ser constitutivos de delito.
O
Santos non aclara a súa imputación nin comparece para explicar a súa política de contratación Tamén denunican dende o BNG a negativa de Nelson Santos a informar sobre a súa suposta imputación xudicial e a súa negativa a comparecer para explicar as supostas irregularidades na contratación de obras e servizos. Foi un concelleiro que nin sequera ten delegadas as competencias en materia de contratación, Carlos Martínez, quen compareceu en lugar do Alcalde.
Inauguración e repaso á historia desta festa ancestral na vila Este ano o entroido do Porriño foi inaugurado por Eduardo Fernández Valverde, quen leu o pregón desde o balcón da Casa Consistorial. Tras realizar un interesante e ocurrente repaso pola historia do carnaval en Porriño, resaltando aquelas épocas difíciles nas que malia as circunstancias un sempre se acababa disfrazando para evadirse da rutina diaria, Fernández Valverde animou a todos os presentes a disfrazarse e gozar do momento. E así o fixeron desprazándose aos diferentes puntos polos que transcorrería o primeiro gran desfile destas festas. 23 comparsas participaron do entroido máis multitudinario en Porriño e que reuniu a miles de veciños e visitantes.
Santos acompaña aos veciños de Torneiros na inauguración da Mostra da Camelia O alcalde do Concello de Porriño Nelson Santos asistiu ao acto inaugural da Mostra da Camelia en Torneiros. A Asociación de Veciños San Salvador de Torneiros organizou por segundo ano consecutivo esta exposición de flores e arreglos e centros florais.
SUPLEMENTO
HISTORIA do DEPORTE (XXIII) Xoán Xosé Pérez Labaca xornalista Salvador Rodríguez, nun interesante traballo sobre a orixe do fútbol en Galicia, asegura que o primeiro club de fútbol do que se ten constancia en España por escrito é o Exiles e, a súa cidade, Vigo. Este é o singular descubrimento que realizou o investigador da historia local José Ramón Cabanelas quen, ao consultar a hemeroteca de Faro de Vigo, se atopou cunha irónica referencia ao "xogo da pelota" datada no 10 de xuño de 1876: "Outra vez volveron visitarnos -ao Casino- os ingleses. Son tan amables! Camiñan como catro, pisan como seis e beben como cincuenta. Pescan, cazan, fuman, pintan e xogan á pelota segundo o seu uso e xeito".
O
Ao pouco de instalarse en Vigo as oficinas de telegrafía submarina do Cable Inglés, en maio de 1873, constituíuse o club social Exiles Club, punto de encontro dos empregados e os seus familiares, onde trataban de organizar equipos para facer deporte. A falta de rivais autóctonos, o Exiles disputaba os seus partidos contra membros das tripulacións dos barcos da escuadra inglesa que habitualmente atracaban no porto de Vigo, equipos formados por mariñeiros e capitáns, pasando por oficiais. Os encontros tiñan lugar nos Cadros do Recheo, tamén chamados Malecón ou sinxelamente Recheo. "Os primeiros partidos de football comezaron a xogarse en Vigo nada máis chegar o Cable Inglés en maio de 1873", sostén Cabanelas, quen ademais ten constancia de que ata
DE DEPORTES E CULTURA
Historia do fútbol (III)
Vigo, berce do fútbol español
seus costumes victorianos, entre eles o do football, ao que en España se deu naqueles anos a denominación do Xogo da Pelota".
En 1923, para fortalecer a categoría do fútbol vigués, o Vigo F.C. e o Fortuna F.C. fusiónanse nacendo o Club Celta de Vigo Na imaxe, os xogadores do equipo VIgo F.C. na tempada 1910-11
chegou a disputarse unha Copa de Primavera entre os distintos equipos destas tripulacións e o Exiles Football Club.
"Os primeiros partidos de football comezaron a xogarse en Vigo nada máis chegar o Cable Inglés en maio de 1873" Cando o Exiles se alzou coa vitoria na Copa de Pontevedra de 1907, xa se tiñan fundado en Vigo os dous equipos de cuxa fusión nacería o Real Club Celta: o Vigo F.C. (1903) e o Fortuna F.C. (1905). Lonxe de rivalizar cos equipos locais, pola contra os británicos colaboraron con eles aportando directivos, xogadores e adestradores.
Non é de estrañar que nas alineacións do Vigo e o Fortuna que disputaban xa as primeiras competicións oficiais organizadas en Galicia e España figurasen futbolistas con nomes como Were, Larguen, Trotter ou Douglas. Nos seus principios, ambos clubs locais compartiron co Exiles o Recheo como campo no que disputaban os seus encontros pero, en 1908, o Vigo trasladaría a súa cancha a Coia e o Fortuna a Bouzas. A nota de sociedade do periódico da época de 1876 poidera ter pasado desapercibida para cualquera lector pero non para quen, como el, levaba más dun ano traballando na elaboración dun libro sobre a historia local: "Os ingleses -refireinstaláronse en Vigo no ano 1873, é dicir, dez anos despois da consitución en Inglaterra da Football Association e, desde o primeiro momento, trouxeron á nosa cidade os
No libro "As orixes do fútbol español" lese: "No caso de España, o primeiro club do que se ten constancia por escrito é o Club Inglés de Riotinto, vinculado á Rio Tinto Company Ltd. creado en 1878. A mesma compañía creará, en 1889, pero na cidade de Huelva, outro club, o Huelva Recreation Club, xurdindo á vez e en torno a esa mesma data o Sevilla Football Club primitivo". O erro nesa publicación resulta evidente: o equipo do Cable Inglés fora fundado en Vigo dous anos antes. O nome víñalle de que no Cable Inglés era costume empregar a palabra exiliado polos traballadores que estaban fóra da casa precisamente “exiliados”. Anos máis tarde, en 1923, para fortalecer a categoría do fútbol vigués, o Vigo F.C. e o Fortuna F.C. fusiónanse nacendo o Club Celta de Vigo.
Dous novos ouros para o atletismo porriñés O alcalde Nelson Santos e o concelleiro de Deportes M. Alejandro Lorenzo recibiron aos atletas Yago López e a Laura Alonso, campións galegos de atletismo Alevín 50 metros e Benxamín 500 metros, respectivamente alcalde do Concello de Porriño Nelson Santos e o concelleiro de Deportes M. Alejandro Lorenzo recibiron na Casa Consistorial a Yago López Sousa e a Laura Alonso González, dous integrantes do Club Atletismo Porriño que veñen de proclamarse campións galegos no campionato celebrado a pista cuberta o pasado día 13 de xaneiro na Coruña.
O
Laura alzouse co ouro nos 500 metros Benxamín conseguindo unha marca de 1 minuto e 45,7 segundos. Pola súa banda, Yago acadou o ouro nos 50 metros Alevín cun tempo de 7,97 segundos. Ademais, ambos os dous conseguiron unha prata, Laura proclamouse subcampeona de 50 metros e Yago subcampión de 1.000 metros.
Alcalde e concelleiro felicitáronos polos éxitos logrados animándoos a continuar a súa carreira deportiva, "compaxinándoa sempre cos estudos", subliñaba Santos á vez que lles aconsellaba "ser constante, esforzarse e traballar a diario". As felicitaciones foron dirixidas tamén para o Club e para todos os pais e nais que apoian aos seus fillos na práctica deportiva.
12
Deporte- Febreiro de 2013
Os mellores clubs de España de balonmán feminino danse cita en Porriño e A Guarda O alcalde Nelson Santos presentou a Copa da Raíña xunto a José Ramón Lete, secretario Xeral para ou Deporte da Xunta; José Luís Pérez, presidente da Federación Galega de Balonmán; José Manuel Domínguez, alcalde da Guarda, Daniel Benavides, delegado provincial de Deportes da Xunta e M. Alejandro Lorenzo, concelleiro de Deportes orriño será a sé, xunto co municipio da Garda, da XXXIV Copa da Raíña de Balonmán; un evento que traerá ao Val da Louriña aos mellores equipos da competición feminina nacional deste deporte. Así o anunciaba o alcalde porriñés Nelson Santos durante a presentación do evento.
galego. "Galicia e, concretamente, a provincia de Pontevedra, contamos con dous clubs moi ben situados, na elite do balonmano feminino", subliñaba o alcalde que destacaba tamén o labor das directivas dos equipos así como o esforzo das diferentes administracións públicas en prol do deporte, "e como
Santos destacou o bo traballo dos dous clubs galegos, o Balonmano Porriño e o Atlético Guardés, que pon de manifesto a súa participación na Copa da Raíña con outros seis equipos chegados desde diferentes puntos da xeografía española e participen desta gran festa do balonmano feminino estatal e
“A provincia de Pontevedra conta con dous clubs moi ben situados, na elite do balonmano feminino",
P
exemplo diso o Concello de Porriño plenamente involucrado na práctica e a dinámica do deporte".
Presentación en sociedade do Club de Bádminton Ponteareas
Neste sentido, os representantes presentes das diferentes entidades destacaron "a sempre boa predisposición de Porriño para acoller e/ou organizar todo tipo de eventos deportivos". Desde o xoves 21 ao domingo 24 O campionato comezará o xoves 21 cos partidos de cuartos de final que enfrontarán ao Bera Bera vs Prosetecnisa-Zuazo e ao Elche vs Balonmano Porriño, ás 18.30 e
20.30 horas, respectivamente, no polideportivo porriñés; por outra banda, na Garda xogarán esa mesma xornada Atlético Guardés vs Alcobendas ás 18.30 horas e o Kukullaga vs Rocasa ás 20.30. O resto da competición celebrarase xa en Porriño, as semifinais serán o sábado ás 16.30 e ás 19.00 horas e a gran final o domingo ás 13.05 horas. As entradas estarán á venda nas taquillas dos pavillóns o día de partido e tamén poden reservarse no correo electrónico expansion@fgbalonman.com. O prezo é de 8 euros por partido, coa posibilidade de adquirir un bono, por 12 euros, para os encontros do día 23 e 24.
Destacada actuación dos palistas tomiñeses na IV Taça Ibérica, celebrada en Vilanova de Cerveira s días dous e tres de febreiro 2013, celebrouse a IV Taça Ibérica de Slálom olímpico, na localidade portuguesa de Covas, municipio de Vilanova de Cerveira.
O
Xa hai dous anos que o club de Bádminton de Ponteareas adestra baixo a dirección de Víctor Lemos Ojea e conta con 25 deportistas. Nestes momentos xa existe lista de espera para incorporar 10 nenos e nenas máis. O bádminton é un deporte que está tendo moi boa aceptación en Ponteareas e xa conta con nenos e nenas con madeira de futuros campións. Os adestramentos realízanse os mércores de 16:30 a 18:00 horas no novo pavillón de deportes do Centro Deportivo Municipal “Álvaro Pino” onde a Concellería de Deportes realizou no pasado verán o pintado de 6 pistas de bádminton, que permitiron realizar una xornada da Liga Nacional de Bádminton coa representación dos mellores clubs e xogadores do panorama nacional.
Organizada entre os Concellos de Cerveira e Tomiño, en colaboración co Darque Kayak Club e Club Deportivo Miño, esta proba ten caracter internacional e puntuable para a liga Galega de Slálom e para Liga Portuguesa. A proba contou coa participación de todos os clubs portugueses e galegos que practican esta modalidade do piragüismo, e perto de 150 atletas de ambos os dous países, converténdose na máis importante competición do slálom do noroeste peninsular. Augas Bravas Club de Amarante foi o gañador por clubes; en segundo lugar o Club Deportivo Miño-Teixugos, moi perto dos gañadores da proba e seguidos polo A.D. Amarante e o Club Tea de Mondariz. En individuais, Antía Loira, do Val Miñor foi a gañadora en K1 sénior feminino, seguida de Ana Cerqueira e Sara Bastos do A.D. Amarante; Andrea González e Sara Fagín, do C.D. Teixugos ouro e prata en K1 jú-
nior feminino, e Marina Ruedas e Claudia Vicente, do C.D. Teixugos, ouro e prata en K1 cadete feminino, sendo o bronce para Fátima Cadilha do Darque KC, Claudia Vicente ouro en C1 cadete feminino. Nas categorías masculinas, Ivan Silva de Augas Bravas C foi o gañador en K1 sénior, seguido de Fábio Queirós e Tiago Mendes e José Carvalho, do A.D. Amarante, gañador en C1 sénior, sendo Marcos Pereira, do Penedo, foi prata, e Marcos Domínguez, do Tea, bronce. Luís Pereira, do Penedo, foi ademais ouro; Iago Canosa, do Dumbría, prata, e Brais Castro, do C.D. Teixugos, bronce en C1. Por último, Iago Canosa, do Dumbría, Federico Albarenga, do Augas Bravas C, e Brais Castro, do C.D. Teixugos, ouro prata e bronce, respectivamente, en K1 cadete.
13
Febreiro de 2013 - Arbo
EN LEMBRANZA DE VALENTÍN PAZ-ANDRADE
Ribeiras de Folías no Miño das Augas Bravas Manuel X. Xiráldez González, miñoto aravense. Real Academia Galega elixiu a figura de Va len tín Paz-An dra de pa ra celebrar o Día das Letras Galegas en 2012, por vez pri meira unha per so na li da de con cer tos pa ren tescos en Arbo. A súa ir má Ma tilde, dona Tucha, de xente ri ca de Lé rez-Pontevedra, casara con don Clau dio, “o boticario”, per so naxe so cial men te moi po pular nos am bien tes do Pazo desa é po ca que vai dos anos da República á pos guerra franquista (en rea lidade, o li cenciado en farmacia era o seu pai, don Juan Bau tis ta Rodríguez Viei tez, con exercicio no con ce llo de Arbo nos pri mei ros a nos do sé cu lo XX). Nun do cu mento fo to grá fico de 1940 rea lizado en Ar bo ob ser va se sobre un pe ne do do río Miño ou quizais unha pes quei ra unha es tam pa familiar na que se atopan de vi sita a de mais de Va len tín Paz-An dra de e a súa dona Pi lar, o pin tor Car los Ma si de e Juan Ma nuel An dra de (Tucho Cal vo. Va len tín Paz-Andrade, a me mo ria do sé cu lo XX. Bi blos, 2011). Un dos pri meiros mí tins da democracia na Vi la da Lam prea protagonizouno PazAndrade en 1977 acompañado do seu sobriño José Luís, fillo de dona Tucha e don Claudio, que es tu dara dereito e traballaba no despa-
Outros vencellos con esta vila foron os de Celso Emilio Ferreiro, Letras Galegas-1989, Álvaro Cunqueiro, Letras Galegas-1991, Xosé María Álvarez Blázquez, Letras Galegas-2008,… pola vía gastronómica miñota, lampreeira e vinícola, sobre todo participando e animando a divulgación da Festa da Lamprea na década dos sesenta e setenta. Da parroquia de Sela, do seu avó Valeriano, ten lembranzas de vez en cando o escritor Víctor F. Freixanes, que algún día será tamén merecidamente homenaxeado no Día da maior festa cultural de Galicia. E Evaristo de Sela polo seu enorme traballo en traducir ao galego aos clásicos gregos, a Odisea, a Ilíada, a poesía neohelénica,… un Khalkénteros, segundo calificación de Juan J. Moralejo, profesor da Universidade de Santiago, miñoto coma el, un alcume que fai referencia a un home de entrañas de bronce, teimudo no seu esforzo e esforzado por riba do esperable.
A
cho do seu tío. Nas pri mei ras e lec cións xerais ás Cor tes Cons ti tuín tes ce le bradas nese ano, Paz An drade é elixido se na dor pola Can didatura De mo crá tica Galega, de carácter galeguista.
Valentín Paz-Andrade (1898, Lérez-Pontevedra1987, Vigo), licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1920, foi xurista, xornalista, político, economista, emprendedor, europeísta, conferenciante, crítico e reformista, poeta… Por riba de todo, un vello galeguista republicano leal ao maxisterio e ideario político de Castelao e Sempre en Galicia, candidato ás Cortes Constituíntes de 1931 e colaborador na redacción do Estatuto de Autonomía, mais cunha personalidade de certa independencia e distancia respecto a outros galeguistas, talvez condicionado pola súa fortuna profesional e a convivencia co mundo dos empresarios. En palabras de Víctor Freixanes, “un construtor de proxectos sociais para o seu país e
14
Arbo - Febreiro de 2013
un soñador de novos horizontes ao igual ca Isaac Díaz Pardo. Un exemplo de galeguismo que parte da idea de considerar as potencialidades dun país coma un activo a desenvolver, un poñer en valor, e ao mesmo tempo unha aposta consciente e activa a prol desas posibilidades, empezando pola autoestima de nós: abertos ao mundo e aos coñecementos de cada época, mais partindo da concepción do propio, incluíndo as posibilidades da lingua galega. Tanto a idea de Pescanova por parte de Paz-Andrade coma a experiencia Sargadelos por parte de Díaz Pardo serían obras concretas dese galeguismo activo.”(Grial. 193). O economista Xoán López Facal defíneo como “un intelectual moderno en tempo adverso, inserido na sociedade industrial e nos organismos internacionais da economía,.. no coñecemento dos mares e da súa riqueza, un actor social que procura unha Galicia desinhibida e desenvolvida, un compromiso co seu país mediante unha visión de futuro”(Grial. 193). Nesta liña salienta dúas publicacións de Valentín Paz-Andrade: Galicia como tarea (Buenos Aires, 1958) e La marginación de Galicia (Madrid, 1970). Na primeira propon fronte a una Galicia indixente e conformista, atrasada e marxinada, chea de emigrantes, unha Galicia contemplada desde ángulos activos e desde un novo pensamento económico contemporáneo na procura do desenvolvemento. O historiador Ramón Villares presenta esta obra como un programa económico global para o futuro de Galicia: a importancia da demografía, o aproveitamento dos recursos naturais, a modernización dos sectores produtivos, a cultura , o idioma galego e a súa dimensión internacional( Portugal, Brasil,…).” Unha mostra de que non abonda con crear riqueza, senón que debe ter un fin social e unha razón ideolóxica que lle dea solidez, por iso Paz-Andrade non só foi emprendedor, tamén ideador de proxectos novidosos “. (Grial. 193). Galicia como tarea foi publicado ás portas da década dos sesenta nuns tempos nos que se proxectan cambios e se abren novas expectativas en España e Galicia non pode ficar inmóbil no seu atraso. “Estamos ante una posibilidad grandiosa de mejorar la suerte del País…” (p.90. Edición facsimilar. Ed. GaliciaXerais. 2012), afirma o autor, fronte ao estancamento nunha agricultura primitiva, unha emigración masiva, un escaso desenvolvemento industrial e terciario e un baixo nivel de vida. A primeira parte da obra, “supuestos estructurales”, describe a situación dunha Galicia
En Arbo, en 1940: Pilar e Valentín con Carlos Maside, Juan Manuel Andrade e outros familiares
baixo o impacto biolóxico e económico que supón a forte emigración, como é a perda de poboación e a perda de forza de traballo, o desarraigo social, a degradación social da muller rural,… reflexada nos versos dolorosos de Rosalía de Castro “Galicia, sen homes quedas/ que te poidan traballar(…) ou “tecín soya a miña tea/ sembrei soya o meu nabal (…)”. O desequilibrio entre superpoboación e dispersión rural ou aglomeración demográfica no campo e concentración urbana, o agro minifundista caracterizado por millóns de leiras con moita superficie non cultivada e maioritariamente adicada á produción madeireira,… serían outras das realidades negativas do país nesa época. A propósito desta situación recorda Paz Andrade reflexións de Peña Novo: “el gallego es habitante pobre de una tierra rica”, porque na terra galega pódese acadar moita produtividade na sementeira, nos pastos,… e en cada unidade de terra obter un lucido rendemento. Na segunda parte, “o horizonte económico”, proponse unha transición do campo á cidade a través dunha industrialización que evite a emigración, o aproveitamento das fontes de enerxia, a cooperación económica ao esforzo no desenvolvemento cultural e do idioma propio… Neste caso, no campo cultural, ao lado das institucións intervirían as iniciativas privadas moi escasas ata o momento: “… con alguna edificante excepción: las colonias de emigrantes fundadores de escuelas, o el rasgo de algún individual benefactor hacia la región, la aldea o la ciudad donde ha vivido…”. No capítulo VII, “Galicia, meridia-
no de la energía”, “la energía del Miño y su cuenca”, Paz-Andrade fixa coma obxectivo o aceleramento no aproveitamento industrial dos ríos como fonte de enerxía, unha nova realidade e unha nova expectativa nos tempos que lle tocan vivir. Lembra daquela os proxectos ideados nesa altura: “(…) El plan de aprovechamiento del Miño comprende catorce saltos, escalonados desde el declínio de la Terra Chá hasta Sela. Se halla construido solamente el de Peares, y en construcción el de Belesar, en la tierra de Chantada. Los restantes concesiones se encuentran en trámite, algunas con proyectos en competencia presentados por varios de los cinco grupos que financian el sistema(…)”. Un dos comprendidos nesa altura é o de Frieira, finalmente construido, e cabe imaxinar que os “accionistas de las compañías hidroeléctricas” tiñan xa a finais dos cincuenta no punto de mira o posteriormente proxectado salto de “Sela”, punto xeográfico mencionado no texto de Paz-Andrade. A foto de ambiente familiar e de amizade na que aparece PazAndrade no Arbo de 1940, á beira do Miño e de Portugal, pouco despois de sufrir as represalias franquistas (desterro en Verín, en Trives, en Badajoz,...), logo de casar con Pilar Rodríguez Prada, o mesmo ano no que nace o seu único fillo Alfonso Paz-Andrade, suxire cavilar como sería a vida nesta vila miñota naqueles famentos, vixiados e medoñentos anos corenta da posguerra fascista. A visita como político en 1977, nos comezos da democracia tras 40 anos de ditadura, seguramente albiscaría en boa parte da poboación arbense espe-
ranza e ledicia na liberdade, na igualdade de oportunidades e nos dereitos dos cidadáns, na apertura de novos camiños cara ao progreso e a un futuro mellor. A lectura da vida e obra de Valentín PazAndrade, sobre todo das ideas expostas en Galicia como tarea, invita a unha reflexión xeral en base á situación actual socioeconómica e cultural que se está a vivir e leva a pensar se as décadas de bonanzas económicas foron aproveitadas racionalmente á hora de establecer estruturas sólidas cara a unha mellor vida futura dos cidadáns. Noutros tempos, noutra conxuntura, no século XXI, nunha pequena vila do medio rural, case 40 anos despois de transcorrer democrático e de forte desenvolvemento socioeconómico e cultural na nova España constitucionalista e europeísta, na nova Galicia autonómica, mais inmersos nunha das peores crises financeiras da historia contemporánea, cabe preguntarse en consecuencia pola situación e o futuro da vila da lamprea , polos seus “supostos estruturais” e polo seu “horizonte económico”, isto é, pensar en “Arbo como tarefa”. Existencia de infraestruturas como piscinas, pavillóns de deportes, auditorios, campos de fútbol de herba artificial, pontes sobre o Miño, parques empresariais,… a mellora nas comunicacións con Portugal e as cidades máis próximas, a mellor dotación e atención en sanidade e educación, o aumento de nivel formativo en estudos medios e superiores nas xeracións máis novas, actividade inmobiliaria,… son símbolo ou referencia estándar dun aparentemente bo nivel de vida e conse-
15
Febreiro de 2013 - Arbo
cuencia de xenerosos fondos estatais, autonómicos e euro- transfronteirizos. Non obstante, este lustro en crise deixa ao descuberto con máis notoriedade o reverso da moeda: carencias, falla de alternativas e desconexión cara a novas vías produtivas no desenvolvemento de actividades económicas fundamentalmente no sector primario, que debería ser o alicerce do sector secundario e terciario. Políticas locais sen proxecto global a longo prazo baseado nas potencialidades naturais da comarca, pouco valentes e comprometidas, máis centradas nos intereses particulares ca no ben común, e ao mesmo tempo a configuración dunha poboación avellentada e anquilosada provocada pola perda acelerada e continua de centos de veciños desde inicios dos noventa, sen apenas natalidade (3 741 habitantes. INE, 2011) foron factores que influíron negativamente nunha situación actual de escasas expectativas. Fronte ás cidades e ás periferias urbanas ou realidades metropolitanas, na Galicia actual “preséntanse os espazos perdedores, todo o rural e interior que non deixa de despoboarse, avellentarse e mostrar marcados síntomas de atonía económica… O sector primario desvalorízase ao tempo que o rural autosuficiente declina. (…) Frear esta tendencia histórica supón introducir criterios de xustiza territorial, de desenvolvemento sustentábel para aproveitar mellor as potencialidades de toda Galiza(…)” (Rubén C. Lois González. “Variacións sobre a crise demográfica de Galiza”. Sermos Galiza, 11-1-2013). O agro semellaba dar un paso adiante no territorio arbense e comarca a partir de finais dos oitenta, unha vez implantada a Denominación de Orixe Rías Baixas, coa renovación e maior extensión na plantación de viñedos por parte de máis de trescentos viticultores declarados, convertendo o tradicional cultivo da vide en actividade industrial a través de meritorias e recoñecidas adegas que comercializan o produto en mercados nacionais e internacionais, e locais, ofrecendo traballo e un medio de vida a un importante número de veciños( Adegas Marqués de Vizhoja, As Laxas, Robaliño, Pazo Pondal, Eidosela, Beira Aral, Begoña Troncoso,…). Sen embargo este punto de partida innovador non levou a superar o minifundismo das mil leiras, non ensinou a diversificar a produción a través de variantes coma a horticultura, a fruticultura, a floricultura…( o Baixo Miño, o Salnés, zonas do norte de Portugal rexistran neste sentido iniciativas interesantes),nin logrou promover o relevo xeracional nin a
mudanza de mentalidades e hábitos no aproveitamento agrícola. Pola súa parte, o monte permanece abandonado e inaccesible, sen concentración parcelaria nin planificación cara ao futuro, difícilmente estimulante á hora de pensar en desenvolver calquera proxecto de recuperación de especies autóctonas, de pastos ou gandaría ceiba (excepcións meritorias son as experiencias caprina e vacúa na parroquia de Cabeiras)… Da mesma maneira, o abandono e a mingua paulatina na pesca do río foi esquecendo o seu valor de avío e complemento importante tanto para a vida doméstica como polo comercio de temporada que orixinaba, consecuencia primeiro da construción do cercano salto de Frieira (proxectado a finais dos 50, rematado en 1969 e posto en funcionamento en xullo de 1970), posteriormente do proxectado salto de Sela, que a finais dos 70 e inicios dos 80 supuxo a venda a Fenosa de ribeiras e pesqueiras sen que no seu momento se dera unha contundente reacción en contra das autoridades locais nin da comunidade veciñal, agás a loita de persoas coma Ignacio Gago ou de colectivos coma a Plataforma de Defensa do Miño, e nas últimas décadas pola captura masiva no Baixo Miño. A situación de hoxe en día debería levar, desde a óptica actual das novas comunicacións e das novas tecnoloxías,das enerxías alternativas, dos polígonos empresariais habilitados, a priorizar o desenvolvemento social, económico e cultural do medio rural a través dunha economía sostible que fundamentalmente permita vivir con dignidade, a pousar a mirada na riqueza natural que nos rodea e pensar desde a modernidade en propostas que fagan medrar as potencialidades tra-
Ignacio Gago, presidente da Cámara Agraria, agricultor e pescador. Símbolo da loita contra o salto de Sela. Foto Magar. Faro de Vigo (26-04-1979)
dicionais. As lembranzas retrotraen a outro tempos de dificultades mais tamén a unha vida que sabía aproveitar con racionalidade os recursos do medio. Daquela un mercadiño local ofrecía na cuarta feira e no sábado os mellores produtos que na terra mimosa da horta, do cortiñal, do enxido, do pibidal, da almuíña, do tallo, do nabal... colleitaban e logo vendían a sra. Flora e a sra. María da Fichua, a sra. María do Allo da Bouza, a sra. María do Parada do Pazo, a sra. Alicia do Cibillero de Fontemaría, a sra. Plácida de Cequeliños,…: pementos, tomates e leitugas, allos e cebolas, nabizas, grelos e repolos, cenoiras, tirabeques, xudías e feixóns, sementes, nabicol e coellas… Das terras de Mourentán, Abelenda, Paravedra, chegaba unha pequena mostra do que pode dar a riqueza froital no territorio arbense: non só o sr. Canaval cos seus sacos cheos de recendentes pexegos, fatóns e ameixas, tamén había quen vendía mazás de Luneda, da vendima ou de San Xoán, peras de Urraca, Santa Cristina ou fariñeira, cereixas ou castañas. No eido, laranxeiras, mandarineiros e limo-
eiros do País contribuían á vida e configuraban unha paisaxe auténtica. Paralelamente o pegureiro de cabras e ovellas de Cabeiras, do Couto, da Vrea Arriba, que do estremadoiro de Refontán podía chegar ata San Felipe Vello e Chan do Marco, mantiña limpo o monte e producía carne e leite. Unha pesca sobrante de lampreas, sabelas, peixe do río, servía de despensa, enchía fumeiros para todo o ano e orixinaba un pequeno comercio que protagonizaban veciños coma a sra. Ramona do Coxo, que, cargada coa súa tina de cinc, vendía lampreas polas portas a unha peseta de prata. Segundo o Dicionario Madoz, na altura de 1845, Arbo contaba “cun terreo de calidade e fértil, regado por un crecido número de mananciais, e participaba de bos montes e prados poboados de árbores e pasto. Producía en abundancia millo, viño, centeo, trigo, cebada, legumes, outros grans e sementes; boas e ricas froitas, algún aceite e liño; criábase gando vacún, lanar e cabrío; había caza de perdices e coellos, e era abundante a pesca de lampreas, sabelas, salmóns e outros peixes. O
O humor intelixente de Hermano Lobo Por Francisco Puñal Suárez e hai unha revista de humor gráfico e literario que demostrou a súa valentía, audacia, intelixencia e talento, nas postrimerías da ditadura de Francisco Franco, foi “Hermano Lobo”, fundada o 11 de maio de 1972 por Chumy Chúmez, e que viu a luz ata o 6 de xuño de 1976. Nese tempo, saíron á rúa 213 números, non sen sufrir a presión da censura do réxime, e ata o secuestro da edición 153 (segundo a querela do fiscal, “por menosprezo á xustiza”), expedientes e multas impostas polos represores da época, que pretendían tapar o sol cun dedo.
S
As portadas e caricaturas de "Hermano Lobo”, malia
ser editadas hai xa trinta e tantos anos, adquiren unha rabiosa actualidade, e podían ser voltas publicar con motivo da corrupción política que afecta escandalosamente ao Partido Popular, e a crise sistémica na que hoxe en día está mergullada a sociedade española. “Hermano Lobo” tiña como precedente a “La Codorniz”, a decana da prensa humorística, publicada en España de 1941 a 1978, e fundada por Miguel Mihura, e que tamén se enfrontou á censura franquista e sufriu multas e suspensións. Percorrer as páxinas de “Hermano Lobo” é gozar da mellor imaxinación e faísca creativa de debuxantes como Chumy Chúmez, Jaume Perich, Dodot,
Gila, Ramón, Ferrero, Forges, Quino, Manuel Summers, OPS (O Roto), entre outros, e escritores da calidade de Francisco Limiar, Manuel Vicent, Emilio de la Cruz, e Manuel Vázquez Montalbán. Por sorte para os investigadores e amantes do humor gráfico e literario, todos os exemplares de “Hermano Lobo” foron dixitalizados e están na Internet, grazas á Universidade de Salamanca, á editorial Pléyades e ao editor José Ángel Ezcurra. O humor e a sátira demostran, deste xeito, a súa ampla mirada crítica e a súa capacidade imperecedeira para penetrar, como un afiado bisturí, nos problemas sociais, políticos e económicos dun país. Debuxo de OPS
Debuxo de Ramón (1975)
Debuxo de Chumy Chúmez (setembro 1975)
Portada de Ramón (nº 153)
Debuxo de Quino (1975)
Debuxo de Gila (1974)
Debuxo de El Perich (1972)
17
Febreiro de 2013 - Humor
J. Bosco
Félix Ronda
Ortifus
Xaquín Marín
Ermengol
Félix Ronda
Ajubel
18
Arbo - Febreiro de 2013
Francisco Paz Cochón cos seus tres fillos, Matilde, Valentín e Carmen
comercio consistía na exportación de viño e froitos para dentro e fóra do reino; a industria reducíase á agrícola e pecuaria. “Entre 1914 e 1920 fúndanse tres sindicatos agrícolas, en Arbo, Mourentán e Sela, cos seus socios correspondentes coa finalidade de mellorar o traballo e os beneficios do campo (o edificio conservado en Turbela do antigo sindicato é unha bos mostra de capacidade de innovación no seu momento). A prensa da época publicitaba na década dos vinte e trinta o traballo vitivinícola de Félix Teres “O Castellano”, director-propietario de “Grandes viveros de vides a un quilómetro de la Estación férrea donde el propietario le dará toda clase de instrucciones”, cultivador ademais de hortalizas, tabaco,.. e da gandaria lanar, unha experiencia de casa-granxa que daba traballo a medio cento de veciños(“Aires del Miño”. nº 62, 1927). Outro exemplo de tarefa emprendedora foi a de “Viveros de Alfonso Alonso”, en Barcela, especializado en xerez e albariño (“El Eco del Condado”, nº155, 1930). Terra feliz por fecunda e fértil que dicían os romanos, pobo agrícola. Iniciativas actuais acollidas ao Con-
sello Regulador de Agricultura e Gandaría Ecolóxica, ao proxecto de explotacións asociadas Granxa Familiar( Universidade de Santiago de Compostela. Asociación para o Desenvolvemento da Agricultura Familiar) de produtos da horta, carnes, lácteos, plantas,..; cooperativas innovadoras na produción de froita e recuperación de variedades autóctonas, como Ullama no concello da Estrada, son algúns dos cada vez máis exemplos que están a recoller a tradición e a desenvolvela desde a modernidade. A nivel local, os pasos dados nos últimos anos á hora de crear unha cooperativa e unha asociación, a adega Eidosela e a Unión de Viticultores de Arbo UVA, co obxectivo de xuntar forzas e procurar un ben común pode abrir perspectivas diferentes e estimular o pensamento en variadas e novidosas alternativas. No ámbito da pesca, o proxecto de marca rexistrada e etiqueta de garantía para a lamprea “RM Río Miño” (promovida por Benito Guerreiro, da Guarda) se se estende do tramo Baixo ao Medio e Superior converteríase co tempo nun punto de partida oportuno á hora de poñer en valor a súa comercialización,ademais de contribuír a establecer un regulamento da pesca fronte ás capturas masivas e a ren-
dabilizar as potencialidades da riqueza ambiental e ecolóxica das augas e ribeiras do río. Igualmente o asociacionismo representado en entidades como a Plataforma en Defensa do Río Miño, a Asociación de Pescadores do Miño, Asociación de Pescadores do Alto Miño “O Trobadoiro”(Arbo e concellos veciños), a Plataforma en defensa da pesca tradicional no Baixo Miño,… é un labor que coordinadamente axudaría á revitalización e ao aproveitamento natural e racional das augas miñotas. Outro dos elementos clave para preservar o valor das lampreas e o peixe da zona será conservar e protexer as pesqueiras, daí a importancia de intentar no 2012 por parte do concello de Arbo que definitivamente sexan declaradas Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia, retomando aquela iniciativa do pescador Ignacio Gago, daquela presidente da Cámara Agraria,que promoveu o inicio dun expediente de declaración de Monumento Histórico-Artístico das pesqueiras, presentado ao Ministerio de Cultura en decembro de 1979. A mesma UE ofrece a posibilidade de outorgar o “Selo do Patrimonio Europeo no Minho/Miño”, posto en marcha para fomentar o recoñecemento dos lugares históricos, naturais, culturais que contribuíron á identidade europea. O
proxecto de “Centro de Interpretación Rede Natura”(concello de Arbo) semella unha idea básica para o coñecemento e concienciación, sobre todo para as xeracións máis novas e futuro da vila, da importancia de vivir nas ribeiras do gran río de Galicia e Norte de Portugal. Porén será a renuncia definitiva ao vello proxecto da presa de Sela (o novo proxecto prevé tres de menor escala) por parte de Fenosa e Electricidade de Portugal, o mellor estímulo para que o antigo pobo dos aravenses volte vivir cara ao río na procura dun complemento e avío ideal aos produtos da terra. Daquela a enerxía desenvolverá outras alternativas de respecto á natureza mediante o aproveitamento eólico, solar, a biomasa,…, evitando proseguir o aniquilamento da vida auténtica dos ríos, fronte aquel entusiasmo que noutra conxuntura e época histórica causaba a finais dos 50 a construción de saltos, milagro do capitalismo na España do “desarrollismo”. O emprendedor e economista Paz Andrade escribía entón afervoado polas posibilidades da enerxía: “(...) Retenían el aprecio sentimental de cuantos nacimos en sus orillas, nos bañamos en su caudal cristalino o entregamos las retinas a la embriaguez estética de sus paisajes. De los otros, incluso de los técnicos y grandes empresarios de nuestra tierra, apenas merecieron algo más que la indiferencia. Eran un elemento coadyuvante a la economía rural. Daban su fuerza a los molinos maquileros, su blancura a los linos valleinclanescos, su riego a los prados o a las sementeras. Pero esta concepción patriarcal o literaria de nuestros ríos está pasando a la historia. Hoy, el modesto Sil tiene en España tanto o más prestigio plutocrático que el Duero. El Miño, el Bibey, el Navea, el Ulla, el Deza, el Arentei-
19
Febreiro de 2013 - Arbo
ro… comienzan a adquirirlo. La hidrografía del macizo galaico es estudiada y valorada, en reñida competencia, hasta sus más recónditas caídas y desniveles, con vistas a incrementar la altura de los saltos y la longitud de las presas. Antes, en Galicia llovía, según las gentes de la ciudad, para los labradores. Recordad la caricatura de Castelao, cuyo pie decía: “Aos señoritos non lle gusta a choiva, pero gústanlle as patacas”. Ahora lloverá también para los accionistas de las compañías hidroeléctricas(…)” (“El milagro de ríos olvidados” en Galicia como tarea, p.90). Máis arriba sinalábase que a lectura da vida e obra de Valentín Paz Andrade invitaba a unha reflexión xeral en base á situación actual socioeconómica, porén tamén nos incita a analizar aspectos sociopolíticos e culturais da vila arbense. Como tarefas pendentes de xustiza histórica urxe a homenaxe reconciliadora, o acto social, a placa,... que simplemente recorde e recoñeza a aqueles veciños que nos anos trinta (II República 1931-1936) por representar os valores da democracia, a liberdade e o progreso sufriron a represión e o silenciamento imposto polo franquismo: os fusilados José Gómez Sampayo (“Dr. Sampayo”, médico na Lomba), Telmo Rodríguez Alonso (“O Telmo de Barcela”), Juan Alonso Pérez, mestre de Barcela; Joaquín Álvarez Álvarez (“O Roque”), mestre de Cabeiras,…; os encarcerados Antonio Méndez Parada do Pazo, José Simón Alonso, mestre nas Regadas; Manuel Gago Sanmartín de Barcela, último alcalde republicano;… e demais vítimas do desatino. Igualmente non ha demorar máis a divulgación e a gratitude ao que Paz Andrade chamaba “iniciativas privadas á cultura” e “edificantes excepcións” que virían a complementar as aportacións institucionais ou estatais: as aportacións dos emigrantes en América ou as aportacións de benfeitores individuais. É o caso das sociedades de protección agrícola, de instrución e beneficiencia “Hijos Unidos del Distrito de Arbo” en Buenos Aires, en Río de Janeiro e en La Habana, “Hijos de Cabeiras” en Río de Janeiro e Buenos Aires ou “ Hijos de Barcela” en La Habana, e é o caso da figura de don Segundo Gil Dávila que dá nome á súa Fundación benéfico-docente. O grande edificio das escolas vellas de Turbela, hoxe en día museo ARABO,simboliza o importante traballo colectivo, sociocultural e educativo, da comunidade arbense nos países alén mar, acción social que debería ser recordada permanentemente no propio espa-
zo construído nos anos trinta. Veciños coma José Méndez Parada, un dos presidentes e máis salientables promotores da institución “ Hijas de Galicia” en La Habana, desenvolveron unha actividade relevante nos propios lugares de acollida. A conversión da casa familiar en Biblioteca Municipal e sede da institución, a convocatoria para residentes en Arbo de axudas para estudos universitarios, a partir de inicios dos noventa, supuxeron un pasos apropiados na integración da
que a mocidade retomase o interese e percibise a importancia do galego ou galego-portugués, canle para o intercambio GaliciaPortugal, espazo cultural común. En Galicia como tarea, publicado por primeira vez en Buenos Aires en 1958, Paz-Andrade propuña superar “el complejo interior de inferioridad” sobre o idioma e defendía a súa utilidade presente, o seu alcance funcional como medio de comunicación, como instrumento de creación cultural e canle pa-
Fundación Segundo Gil Dávila coa vila orixinaria,non obstante cara ao devir esa identificación ha ser máis rica e participativa tanto na procura de maiores beneficios para o ben común coma na resposta agradecida da cidadanía. Por outra parte, as actuacións no ámbito da cultura e da educación, en especial as iniciativas encamiñadas a coñecer e valorar o patrimonio histórico-artístico, medioambiental e lingüístico da área miñota galego-portuguesa compartida, axudarán a abrir perspectivas no aproveitamento das potencialidades cara ao futuro e a vertebrar o desenvolvemento das parroquias a través de proxectos común pensados para o interese de todos/as. No caso particular do galego, lingua materna maioritaria, semella abandonado por unha boa parte das xeracións máis novas quizais pouco estimuladas pola exemplaridade de políticas e políticos acomplexadas/os e anquilosados nun pasado de prexuízos, folclorismo e de falla de estima na capacidade do idioma propio para servir as necesidades da época. Nos novos tempos, a ponte Arbo-Melgaço debería servir tamén de alicerce, como vía de comunicación lingüística, para
será necesario añadir que, un trato generoso hacia el gallego nunca implicaría mengua para la difusión del castellano. Este riesgo no podría producirse hoy. Por el contrario, se trata de incrementar la convivencia en provecho común(…)”. En 1964, no último tramo da época franquista, Valentín Paz-Andrade foi electo numerario da Real Academia Galega, aínda que non tomará posesión ata 1978 xa restablecida a democracia. No 1968, nun momento no que Pescanova ocupaba gran parte do seu tempo, publica un volume de poesía en Galaxia, editorial que significaba neses anos o inicio da recuperación cultural en galego. O título Sementeira do Vento, con ilustracións do pintor Laxeiro, agrupa poemas que fora escribindo ao longo de trinta anos aquí e acolá, algúns no desterró interno, outros nas viaxes americanas, e segundo o poeta “como arte de evasión, pero tamén como poesía social”. (Xan Carballa, Biografía de Valentín Paz-Andrade. Galaxia, 2012). A pesar daquel entusiasmo emprendedor amosado polas posibilidades que vía en construír saltos nas auga galegas na conxuntura dos cincuenta, Paz-Andrade tamén é quen de cantar neste libro citado o correr do río e da vida en “Os ollos do río”: “Denantes que nos xuncos das lagoas mexeu seu berce a ponla dos carballos. Súa primeira luz foi nos olliños que nas follas abriron os orballos. Vai de carreira o río na desfolla do rosario de adoas polo val, deitada criatura de agua insone sobre un sono de Aveiro mineral. Non embirra de andar cara o alén, ollo, ollo, mais ollo correntío, é cobiza de ser doce retina, o que da fonte ao mare move ao río.
ra o intercambio cara ao mundo exterior. Na terceira parte do libro, “Reorientación del esfuerzo cultural”, referíndose aos aspectos sociais e económicos da lingua escribe: “(…)la conservación y cultivo del idioma propio, es un imperativo ligado a la economía y la vida de los habitantes de Galicia, tanto como a su cultura y su historia. Independientemente de su valor espiritual y de su primacía, dentro de la maravillosa eclosión de las lenguas neo-latinas, es la propia existencia de Galicia como pueblo, la que reclama una política inspirada en los principios aquí esbozados. No
A transparencia virxe cada día, o río troca en manancial de imaxes, espello transitivo onde á mañán se miran e remiran as paisaxes. Dos campaneiros desce na tardiña, beizón de son ate o fogar dos peixes, e do carreto a voz crepuscular que os bois devanan no fuso dos eixes. Cando ao río baixan as mozas da viña e os corpos mergullan nos espellos nús, a iauga adiquire un arume ledo de acios madureiros e de liños crus.
20
Arbo - Febreiro de 2013
Nin a noite é noite nos ollos do río, barulliño de ondas de abrente a luar levando no carro bagazo de trebas, abrindo as auroras ó surrir do mar.” (Pousa do Mar, Samil, 1968. Valentín Paz Andrade. Poesía completa. Xerais, 2012.) A lectura da biografía e obra de Valentín Paz-Andrade invitaba a unha reflexión xeral en base á situación actual socioeconómica e cultural galega e en particular a preguntarse polo presente e o futuro da vila da lamprea. Se en Galicia como tarea se propuña nos 50 o inicio dunha etapa cara a un país desenvolvido, activo, dinámico, emprendedor…, cabe igualmente pensar na tarefa por diante do concello arbense no século XXI nunha nova etapa caracterizada pola profunda e duradeira crise financeira e económica que se instalou con forza no vivir cotián no último lustro, tempos de austeridade, de saneamento do malgasto e de carencias polo desaproveitamento de inversión fetas sen criterios de racionalidade e sen visión dun devir produtivo. Cómpre por conseguinte un cambio de mentalidade e de hábitos, unha lectura da vida dife-
rente, menos cobizosa polos grandes e rápidos beneficios e máis racionalmente orientada a un desenvolvemento económico sostible e digno que volva a mirada ao medio natural e as súas potencialidades coa vantaxe das novas comunicación e tecnoloxías. Unha andaina a longo prazo de cambios na procura doutras posibilidades e modelos de actuación rompedores con vellas estruturas e
vellas inercias, de novos horizontes, mediante a proposta de proxectos socioeconómicos innovadores ben orientados e acordes ao interese común do conxunto dos cidadáns. Ponte estratéxica entre as comarcas do Paradanta-Condado e Portugal, próxima ao cinturón industrial da cidade de Vigo e ao futuro Porto Seco de Salvaterra de Miño, o municipio arbense ha de planificarse por signifi-
car a súa ubicación e identidade á hora de ofrecer unha aportación e complementariedade entre os cercanos, proveitosos e mutuamente necesarios, medio rural e medio urbano, como entre o río e o mar que mencionaba Paz Andrade no poema “Os ollos do río” de Sementeira do Vento.
Febreiro de 2013 - Arbo
21
22
Salceda - Febreiro de 2013
Sargadelos vs maias en Salceda illeiros de persoas achegáronse como cada ano ata o concello de Salceda de Caselas para desfrutar dun dos entroidos máis tradicionais do sur de Pontevedra. O mal tempo, que motivou cambios no calendario, non foi quen de apagar os ánimos festeiros.
M
O sábado, os barrios de A Feira, coa súa carroza inspirada en Sargadelos, e Castro Barreiro, que este ano escolleu como tema a civilización maia, deron conta da súa tradicional rivalidade a modo de carroza e comparsas, así como de crítica ao barrio contrario. Xa o domingo, tivo lugar o desfile de carrozas, no que participaron 14 comparsas que percorreron parte das rúas do centro da vila.
23
Febreiro de 2013 - Salceda
A Plataforma de Afectados polas Preferentes reúnese co Alcalde de Salceda pasado xoves 7, 40 persoas pertencentes á Plataforma de Afectados polas Participacións Preferentes e Subordinadas do Condado, Louriña e Paradanta reuníronse co Alcalde Marcos David Besada Pérez co obxeto de solicitar a colaboración ao Concello de Salceda de Caselas, para introducir unha moción na orde do día do pleno que se vai a ter lugar o venres 22 de febreiro ás 20 horas.
O
Na moción prantexada dende a Plataforma solicítase que o Pleno inste á Xunta e ao Goberno do Estado á devolución íntegra dos aforros aos afectados, sen verse perxudicados pola aplicación da “QUITA”, coeficiente
reductor que se aplica ao investimento inicial desembolsado polo aforrador, así coma a anulación do cobro das taxas xudiciais para aquelas persoas que recorran pola vía xudicial. A OMIC de Salceda presentou no Instituto Galego de Consumo 188 queixas de particulares contra a entidade Novagalicia Banco.
O Goberno de Salceda xa levou a Pleno unha moción que foi aprobada o 27 de marzo de 2012, onde se Instaba á Xunta e ao Goberno do Estado a reembolsar aos afectados o capital investido en Participacións Preferentes ou Subordinadas, esixindo unha inspección sobre os responsables executivos que impulsaron o fraude masivo aos pequenos inversores. O Concello tentará axudar aos damnificados na medida das súas posibilidades, e facilitará canles de información para aquelas persoas que a demanden. Ademais, convida a participar aos veciños e veciñas de Salceda na Manifestación que terá lugar o 23 de febreiro en Santiago de Compostela”.
Tres graffiteiros inauguran o Salceda Urbán O pasado 1 de febreiro tres graffiteiros cuxas firmas corresponden a Powone, Gory e SW realizaron o seu primeiro graffite no espazo que lles proporcionou o Concello para o desenvolvemento do Programa de Salceda Urbán. O Programa Salceda Urbán comezou a porse en marcha en outubro do a-
no pasado, cando unha serie de graffiteiros se puxo en contacto co Concello para solicitar a posibilidade de habilitar espazos públicos ou privados para poder representar o seu arte. Tralas conversas pertinentes cos propietarios particulares para solicitar o seu permiso, o Concello puxo ao dispor dos artistas un dos accesos ao parque Raíña Aragonta.
Talleres de memoria para persoas maiores Xa está aberto o prazo de inscrición do 2º Taller de Recuperación de memoria. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 22 de febreiro no Rexistro do Concello. O programa vai dirixido a persoas maiores de 60 anos do Concello. As actividades, encamiñadas a potenciar a memoria como recurso para mellorar a calidade de vida, levaranse a cabo o longo dos meses de marzo, abril e maio no Centro Social de A Devesa.
Obras nas estradas da Paxariña e Lavandeira O Concello de Salceda vén de anunciar que xa están a ser executados os PEIM 2011 nos camiños da Paxariña- A Feria do barrio da Feira e o Camiño da Lavandeira ata a Igrexa da parroquia de Parderrubias .Este Convenio de cooperación establecido entre o Concello de Salceda de Caselas e a Consellaría de Medio Rural e do Mar, ascende a unha partida total de 77.0156,95€. A Consellería de Medio Rural é a encargada de executar a obra solicitada pola Concellería de Vías e Obras do Concello de Salceda en dúas conexións que presentan unha gran necesidade para a mellora do seu firme, sendo a empresa adxudicataria TRAGSA.
24
Tomiño - Febreiro de 2013
As demostracións en vivo e os obradoiros infantís foron dous dos puntos fortes da mostra
Resposta masiva do público á Feira de Artesanía de Arco en Tomiño
feira de artesanía “NamorArte”, organizada a primeira fin de semana de febreiro en Tomiño, obtivo o respaldo decidido do público, que acudiu de forma masiva, especialmente ao longo do domingo.
A
A mostra, instalada no Campo da Feira, resultou un emprazamento ideal, xa que os pequenos puideron disfrutar do parque infantil e campos de xogos anexos. Entre as principais atraccións da actividade, contáronse as diferentes demostracións en vivo realizadas polos artesáns, e entre as que
destacaron especialmente as de torneado de madeira, cristal, pirogravado e cestaría. Igualmente atractivo resultou o tío vivo ecolóxico, que moitos nenos e nenas quixeron experimentar. Romy Ottaviani, presidenta de ARCO, valorou moi positivamente a actividade a última hora do domingo, asegurando que se superaron as expectativas de asistencia, vendas e contactos para posibles operacións comerciais. Tamén as asociacións solidarias presentes na feira (Banco de Tapóns, Mercado Solidario e SOS To-
A OMIX presenta novas actividades para a xuventude Oficina Municipal de Información Xuvenil de Tomiño presenta novas actividades, dirixidas á mocidade, para os meses de febreiro e marzo. Neste mes comezou un Obradoiro de Fimo (pasta para modelar), no que os/as participantes aprenden a traballar coa arxila polimérica, para realizar artigos de bisutería.
A
O vindeiro 1 de marzo, as dúas voluntarias europeas residentes en Tomiño darán unha charla sobre o SVE (Servizo de Voluntariado Europeo) dirixida a persoas de entre 16 e 30 anos interesadas en realizar un proxecto de voluntariado nun país europeo.
miño), tiveron bos resultados e puideron comprobar, unha vez máis, a solidariedade do pobo tomiñés e do resto da comarca. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e a concelleira de Cultura,
Tomiño participa nun proxecto para formar veciñas desempregadas en fotografía dixital Concello de Tomiño participará en 2013 na iniciativa “Miradas de Muller”, un programa que ten coma obxectivo ofrecer formación e solucións de autoemprego a mulleres en paro de zonas rurais ou periféricas que teñan dificultades de desenvolvemento profesional, de cara á súa incorporación no mundo empresarial, utilizando servizos dixitais no campo da fotografía.
O
Cristina Martínez, percorreron a mostra e manifestaron tamén a súa satisfacción pola boa acollida da actividade e o movemento de xente que provocou na vila durante toda a fin de semana.
“O Concello escoita” chega ás parroquias ontinuando coa política de participación cidadá, promovida dende o Concello de Tomiño nos últimos anos, o goberno local vai poñer en marcha a campaña “O Concello Escoita”, que consiste nunha rolda de xuntanzas informativas polas parroquias do municipio.
C
A iniciativa pretende, ademais de informar sobre os orzamentos e os proxectos contemplados para o presente ano, escoitar as necesidades de cada parroquia, da boca dos propios veciños e veciñas, e tomar nota das propostas que queiran facer.
25
Febreiro de 2013 - Tomiño
Milleiros de persoas acoden ver as comparsas do desfile de entroido en Tomiño O “Venres de Foliada” é un dos desfiles máis multitudinarios da comarca illeiros de persoas acudiron o pasado venres 15 de febreiro a ver o Entroido "Venres de Foliada" en Tomiño. O desfile reuniu, na súa XVI edición, a 1500 persoas só nas comparsas e carrozas participantes.
M
Coma noutras edicións, estiveron presentes as comparsas más importantes da vila, entre as que se atopaban Revolución Show, Estrelas da Noite, Luces de Tomiño e Os Terribles de Tebra, así coma outras procedentes doutros puntos da comarca e do sur de Galicia (Salceda, Mos, Vigo, Matamá, Sanxenxo, Soutomaior, Pontevedra, etc.). A saída do desfile, desde a zona próxima ao colexio Pedro Caselles, foi puntual, tal coma estaba previsto. O Venres de Foliada é un dos desfiles máis multitudinarios da comarca. Grazas ao bo tempo, o público acudíu de forma masiva.
A maior particularidade deste Entroido é que segue conservando o seu caracter popular. Moi característica é tamén a Carreira de Carretillas con condutor e acompañante, celebrada o domingo.
Goián tamén celebrou o seu entroido O Entroido da parroquia de Goián, un dos máis tradicionais da zona, comezou o domingo 10 de febreiro, aínda que o desfile principal tivo lugar o martes 12. A comisión orga-
nizadora preparou un ambicioso programa que comezou o domingo, co desfile dos nenos e nenas e xogos na praza do pobo, e rematou o mércores 13, co Enterro da Taíña. Treboadas e orquestras amenizaron as catro xornadas de festa.
O grupo de maiores de Tomiño visitou o Centro de Día para celebrar o Entroido grupo de persoas maiores que participan no programa organizado pola Concellaría de Benestar Social visitou o Centro de Día de Tomiño, para celebrar o Entroido xunto cos usuarios deste entidade.
O
Para ter todo a punto, veciños e veciñas traballaron dende hai máis de tres meses preparando as carrozas e os actos complementarios. A comisión conta coa colaboración de voluntarios para a recolección de fondos e produtos para a sopa de cocido que se sirve ao remate do desfile para todos os asistentes.
A Escola de Nais e Pais celebra a segunda sesión do obradoiro de cociña saudable para familias
Antes de realizar a visita, os maiores tiveron que crear as súas máscaras, elaboradas con pasta de papel e pintadas a man. Unha vez no Centro de Día, Avelino Bouzada interpretou varios temas musicais co seu saxofón, que había vinte anos que non tocaba, e, a seguir, Orita Silva cantou varias cancións. Ambos gañaron o aplauso do público.
Escola Municipal de Nais e Pais celebrou o pasado sábado 17 de febreiro a segunda sesión do obradoiro de Cociña Saudable para familias, previsto na programación de actividades desta tempada.
O concelleiro de Benestar Social, Suso Montero, acompañounos durante a visita e salientou a vitalidade destas persoas maiores, que a pesares da súa idade, amosan o seu desexo de participar nas actividades que se lles propoñen, dando exemplo aos máis novos.
A terceira sesión terá lugar no mes de abril e os participantes fixeron a proposta de organizar un novo obradoiro dirixido especialmente a pais e nais.
A actividade forma parte do Programa de Maiores 2012-
A
Unha vintena de persoas, entre pais, nais, nenos e nenas, elaboraron baixo as directrices de persoal especializado, receitas doces a base de chocolate, orellas de Entroido, froitas de estación, etc.
2013, no que participan unhas 30 persoas, con obradoiros de memoria, estimulación cognitiva, animación, excursións, etcétera.
Tamén teñen cabida neste programa outras actividades puntuais en datas sinaladas, como as debulladas ou a confección de alfombras florais.
Acompañaron ás familias a técnica de Educación Familiar, Isabel Ayán, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quen salientou a importancia dunha boa nutrición infantil e de manter hábitos saudables neste campo.
26
Tomiño - Febreiro de 2013
O filme serbio Honeymoons abriu o novo ciclo do cineclube Poleiro oneymoons, (luas de mel), unha película dirixida polo serbio Goran Paskaljevic e avalada pola espiga de Ouro da Seminci de Valladolid, abriu o novo ciclo do cineclub Poleiro o xoves 7 de febreiro.
H
O 7 de marzo chega un romance dramático. The deep blue sea, do británico Terence Davies cun reparto encabezado por Rachel Weisz. Unha historia ambientada en Londres dos 50. Unha relación pasional ,un amor imposible… Holy Motors, do francés Leo Carax, o 4 de abril. Conta a historia dun ser con múltiples caras, asasino, mendigo, executivo, monstro, pai de familia….O protagonista ten una identidade completamente distinta en cada una destas vidas. Os críticos falan de película extraña, maravillosa, demente, sorprendente… Bonsai, o 2 de maio, a segunda película do chileno Cristian Jimenez. Unha dobre historia de libros e de amor, de amor aos
libros e de amor entre os protagonistas .A literatura e a realidade entrecruzadas. Pecha o ciclo o 6 de xuño, a francesa Dans la maison (Na casa) dirixida por François Ozon. Un xogo entre ficción e realidade. A historia sobre una familia escríbea un alumno a petición do seu profesor. ¿Ata onde é real a historia? O cineclub Poleiro, que conta co apoio da Federación de cineclubs de Galicia e o Concello de Tomiño, mantivo a actividade no cine Avenida da Guarda entre 1998 e 2005 ata que pechou a última sala de cine do Baixo Miño. No 2008 retomou os ciclos no Auditorio de Goián. As sesión son ás 21:30 horas.
O Festival Taíña celebrou a súa décima edición
Os comerciantes de Tomiño organizan unha feira de oportunidades e artesanía ADETO (Asociación de Comerciantes de Tomiño) organiza coa colaboración do Concello de Tomiño a Feira de Oportunidades, Artesanía e Exposición de arte, que terá lugar os días sábado 23 e domingo 24, no pavillón polideportivo de Goián. Co evento, que terá un horario de apertura de 10.30 a 20.30 horas ambos os dous días, colaboran tamén a asociación de artesáns ARCO Baixo Miño, Consellería de Innovación e Industria e Comparsa Estrelas da Noite, de Tomiño.
A Escola Municipal de Nais e Pais de Tomiño pon en marcha un obradoiro para familias con adolescentes A Escola Municipal de Nais e Pais de Tomiño, vén de por en marcha outro obradoiro, dentro do Programa de Educación Familiar.
praza de Goián, en Tomiño, foi o escenario na noite do sábado 2 de febreiro, dos actos correspondentes á décima edición do Festival Taiña, organizado pola asociación xuvenil de mesmo nome, coa colaboración do Concello, a comisión do entroido de Goián e o albergue de peregrinos de Figueiró.
“Entón que, axudámonos” é a denominación deste novo taller, que pretende crear un grupo de traballo de familias con fillos adolescentes, dirixido polo psicólogo clínico Manuel Lloves Moratinos, para dar resposta as problemáticas propias dos adolescentes.
A cita contou coa actuación dos grupos "Sozios á forza" (de Muros), "Dakidarría" (de Nigrán) e "Sherpah", un conxunto que chega desde a localidade catalá de Manresa.
Formouse un grupo pechado de 18 familias, que traballará ao longo de cinco meses, co obxectivo de tentar comprender e interactuar mellor cos fillos e fillas, e ser quen de comprendelos e apoialos no proceso de crecemento persoal.
A
27
Febreiro de 2013 - A Guarda
A banda Do Outro Lado do Monte, outro símbolo de Camposancos porque, verdadeiramente, visto desde A Guarda, os camposinos están no outro lado do monte Trega. En dita reunión a predisposición e solidaridade de todos os pre-
Xa levan 7 anos celebrando con entusiasmo e orgullo a representación de Camposancos.
Juan Louzán ai tamén un colectivo que merece eloxios grandes, como a banda Do Outro Lado do Monte que xa leva 7 anos participando no desfile das Festas do Monte Santa Trega. Representan o azul do ceo, do mar e do pai Miño.
H
A primeira participación no desfile das Festas do Monte Santa Trega foi no verán de 2005, con 60 membros, case todos camposinos. O Monte Trega é outro símbolo da sua bandeira branca e azul. Laura González Otero é a presidenta, ten
informatizado todo o programa deste novo grupo camposino. Nomes, historia, a inspiración da iniciativa correu a cargo de Laura e dun grupo cheo de xuventude e forza. A idea de formar unha banda xurdiu unha noite de festa. En outubro de 2004, estando reunidos, empezaron a falar de fundar unha banda camposina, xa que faltaba representación local nas festas. Aí decidiron preparar uns folletos informativos (repartidos por todas as casas) do que se pretendía facer, programando unha reunión para os que estiveran interesados. Encontraron o nome perfecto para a nova banda: "Do outro lado do Monte"
sentes foi moi grande. Gustou a idea, madurou e así se puxo en marcha. Durante o inverno de 2004 e a primavera de 2005 os preparativos e inspiración foron buscar que roupa e deseño levarían os membros da banda, así como preparar bandeira e pancarta, comprar garrafons, etc. Non era fácil, pero existía a convicción de que a cor azul era representativa e identificativa de
Camposancos. A bandeira e a pancarta foron un traballo dun membro da banda que é un bo debuxante. A solidaridade de todos os camposinos fixo posible xuntar o diñeiro necesario para comprar uniformes,
instrumentos musicais, etc. Faltaba encontrar a sintonía musical adecuada para acompañar os desfiles e troulada da banda, sendo posible tras o traballo, ensaios e inspiración dos que tiñan coñecementos de música. Agora engaden outra sintonía para facer a participación máis entretida. A primeira participación no desfile das Festas do Monte Santa Trega foi no verán de 2005, con 60 membros, case todos camposinos. Desfilaron con emoción no mediodía do sábado polas rúas da Guarda e a continuación festexaron o nacemento da banda comendo xuntos no Terreiro de Camposancos, previo encargo de empanadas e tortillas. Converteuse nunha tradición e xa levan 7 anos celebrando con entusiasmo e orgullo a representación de Camposancos. A entrega de todos os camposinos é de tal magnitude que a banda "Do Outro Lado
Existía a convicción de que a cor azul era representativa e identificativa de Camposancos. do Monte" foi aumentando cada ano e agora xa conta case con 200 membros de diferentes lugares, a maioría do Baixo Miño, pero moitos son fillos, netos e amigos de galegos que residen, traballan e estudan en Santiago, Madrid, Valencia, Barcelona... Camposinos de raza.
28
A Guarda - Febreiro de 2013
Entroido 2013 na Guarda
a mañá do venres 8 de febreiro, centos de nenos invadiron as rúas da Guarda cos seus coloridos disfraces. En torno ás 12 da mañá iniciábase o Desfile infantil polos nenos da Gardería Municipal. Tras de eles continuaban os colexios das HH. Carmelitas, San Xerome, CEIP Manuel Rodríguez Sinde, PP. Somascos e CEIP As Solanas.
N
O percorrido que transcorreu polas rúas Galicia e Porto Rico ata desfacerse na baixada á Area Grande, durou aproximadamente 1 hora, durante a cal os espectadores poideron disfrutar coas diferentes temáticas: pallasos ó ritmo dunha divertida coreografía; exipcios coas súas momias e tumbas características; os mesías de Moisés; un
Con este desfile abríase a programación de Entroido, que continuaría domingo, luns e martes coas habituais orquestras na Alameda e a proxección da película de cinema infantil “Río”, o mércores no Centro Cultural. xardín ó que non lle faltaba de nada: plantas, insectos, árbores… ; O restaurante co seu menú do día; os magos da Gardería e os instrumentos musicais.
A Guarda contará con stand de seu na feira “Xantar” que se celebrará en marzo en Ourense Salón Galego de Gastronomía e Turismo “Xantar” celebrará a súa 14ª edición do 6 ao 10 de marzo no recinto feiral de Ourense. Nos 12.000 metros cadrados do recinto terá cabida unha vintena de restaurantes ademais dos stands de organismos públicos como concellos e deputacións. Nesta edición o país convidado é Perú.
O
Citas para a renovación do DNI na Guarda Concello de A Guarda comezará a dar as citas para a renovación do Documento Nacional de Identidade para os meses de: abril, maio e xuño.
O
O equipo móbil desprazarase ata a nosa localidade para a renovación do DNI os días 19 22 de abril, 16 -20 de maio; 17 e 18 de xuño. Calquera interesado pode chamar, a partir do 25 de febreiro, ó teléfono 986610000 e solicitar a cita, ou tamén persoalmente nas dependencias do Concello.
O concello da Guarda vai estar presente novamente en Xantar 2013 cun stand propio para promocionar turisticamente o municipio entre os visitantes á feira.
Como guinda da programación o Martes de Entroido tivo lugar o desfile-concurso, no que este ano participaron preto de 200 persoas.
A Biblioteca Municipal da Guarda amplía os seus fondos Biblioteca Municipal da Guarda incorporou novos títulos ao seu fondo bibliográfico, novelas de recente publicación que a Concellaría de Cultura que dirixe Antonio Lomba, adquiriu en resposta á demanda dos lectores.
A
Algúns títulos que xa circulan con grande éxito son “La conjura de Cortés”, de Matilde Asensi; “La canción de los maoríes”, de Sarah Lark; “Los
juegos del hambre”, de Suzanne Collins; “El invierno del mundo”, de Ken Follet; “Misión olvido”, de María Dueñas; “Lo que me queda por vivir”, de Elvira Lindo; “Entra en mi vida”, de Clara Sánchez e “Cincuenta sombras de Grey”, de E.L. James, entre outros. Os fondos da biblioteca da Guarda poden consultarse a través da web do concello, na sección Biblioteca, do apartado de Cultura.
O Museo Arqueolóxico do Trega abre de novo as súas portas ende o martes 18 de febreiro, o MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega, poderá ser visitado polos aqueles interesados na Cultura Castrexa e na historia da Guarda.
D
Xa son moitos, un terzo do total rexistrado, aqueles visitantes que acoden ao Monte Santa Trega e non
marchan sen descubrir o Museo Arqueolóxico. Ademais o MASAT é unha parte importante das visitas guiadas ó Monte Santa Trega e no 2012 máis de 3.000 persoas realizaron unha visita guiada. Este ano volvese a ofrecer o servizo de guía para coñecer con maior profundidade o
Castro de Santa Trega e o seu Museo Arqueolóxico, o MASAT.
Febreiro de 2013 - Alén
29
Minho
Lampreia do Rio Minho, Prato de Excelência em Valença
Segunda edición do “Etc... Encontros de Teatro de Cerveira
Lampreia do Rio Minho é um prato de excelência em Valença que vai estar em destaque em 25 restaurantes valencianos durante os meses de fevereiro e março.
o próximo dia 27 de março, comemora-se o Dia Mundial do Teatro. No ano passado, a Câmara Municipal de Cerveira lançou mais um evento de qualidade, a que o público aderiu de imediato, enchendo o Cine-Teatro para assistir às peças. Foi a primeira edição do “Etc… Encontros de Teatro de Cerveira”, que juntou nas várias sessões mais de 600 pessoas.
A
Em Valença será possível saborear as múltiplas formas de confecionar e apresentar o prato rei desta temporada, numa aposta forte de 25 unidades de restauração locais. Esta campanha promove os sabores genuínos da lampreia do rio Minho, considerada a melhor do mundo e é um convite irresistível para desfrutar dos deliciosos sabores deste ciclóstomo.
N
Ponto alto na animação, destes dois meses, será a Mostra Gastronómica “Sabores da Lampreia” que decorrerá entre 15 e 17 de março, na comunidade piscatória valenciana de São Pedro da Torre. A iniciativa é da Câmara Municipal de Valença, da ADRIMINHO e dos demais municipios do Vale do Minho.
A edição 2013 do evento promete repetir o sucesso. São três espetáculos para rir e dispor bem. A primeira co-
média será “Éroporto em Cerveira?! Jamé!”, uma história hilariante que estará a cargo dos Amadores de Balugas, Grupo de Teatro de Balugães. No sábado seguinte, dia 9, representa-se o espetáculo “As duas solteiras”, pela Associação de Teatro Experimental de Feitos. Os Encontros de Teatro terminam dia 16 com a peça “Maria! Não me mates, que sou tua mãe”, uma produção das Comédias do Minho e do Teatro da Palmilha Dentada.
30
Cultura- Febreiro de 2013
Nace a Asociación de Medios en Galego para defender a presenza do idioma nos medios Tempos Novos, Novas da Galiza, Galicia Confidencial, Que Pasa na Costa, Xornal Certo, Radiofusión, de Luns a Venres, Praza Pública, O Compás e Valminor.info son os impulsores desta nova asociación fortalar os medios en galego, consolidar un espazo de comunicación na lingua propia ou contribuir á profesionalización do sector dos medios en galego son parte dos obxectivos da Asociación de Medios en Galego que se acaba de constituír.
A VI edición dos Premios Cumes do Suído recoñece a Francisco Pena
A
Polo momento, dez medios en galego forman parte desta asociación; Tempos Novos, Novas da Galiza, Galicia Confidencial, Que Pasa na Costa, Xornal Certo, Radiofusión, de Luns a Venres, Praza Pública, O Compás e Valminor.info, aínda que outros, como Sermos Galiza, xa amosaron a súa intención de integrarse na mesma. A iniciativa está aberta a todos os medios editados en galego e ten a súa orixe na experiencia Vitaminas para o Galego, unha iniciativa impulsada o pasado ano que desenvolveu varios e-
O
ventos xornalísticos e culturais en defensa do noso idioma. Obxectivos Os principais obxectivos da nova Asociación de Medios en Galego serán defender os intereses dos seus asociados favorecendo así o afortalamento dos medios de comunicación en galego. Tamén contribuir ao proceso de asentamento do sector dos medios de comunicación de información xeral na
lingua propia de Galicia e á consolidación dun espazo de comunicación en galego fomentando a presenza pública, tanto individual como conxunta, dos medios de comunicación neste idioma. Os medios interesados en formar parte desta asociación poden informarse enviando un mail ao enderezo electrónico contacto@mediosengalego.org
“Santiago. A lenda do santo oculto”, primeira novela do xuíz José Antonio Vázquez Taín novelista. Descubriremos nesta obra un escritor que foi capaz de realizar unha excelente arquitectura literaria. Ou prólogo do libro foi realizado por Fernando Ónega.
Recrea o mito do Apóstolo e o descubrimento do seu sepulcro, conectándoo literariamente e no tempo coa realidade máis actual eófilo Comunicación, a través da súa división editorial Teófilo Edicións, editou un novo título, o primeiro deste ano 2013. Trátase dunha novela que sitúa a historia no marco da actualidade. En concreto, o texto recrea o mito do Apóstolo e o descubrimento do seu sepulcro, conectándoo literariamente coa realidade máis actual, a desaparición do Códice Calixtino da Catedral compostelá. Dúas tramas e un salto no tempo, desde o século IX até o XXI, que o autor coordina maxistralmente logrando capturar a atención do lector desde a primeira á última páxina do libro.
xurado dos Premios Cumes do Suido, na súa sexta edición acaba de dar a coñecer o Premio da Investigación Científica e Técnica , que recaeu no profesor e investigador Francisco José Pena Castiñeira, “pola súa destacada contribución na investigación e difusión da estreita relación que existe entre o medio ambiente e a saúde”. O xurado recoñeceu, igualmente “o seu extraordinario labor durante máis de tres décadas na tripla vertente do mundo do ensino, a investigación e a divulgación ambiental”.
T
A publicación que foi presentada o pasado día 31 de xaneiro no Hostal dos Reis Católicos, é un meticuloso traballo dun autor novel no ámbito das letras, José Antonio Vázquez Taín, quen desde a súa inventiva, un minucioso labor de investigación, e a súa exquisitez nos detalles, revélase como un gran
O autor José Antonio Vázquez Taín, ourensán nado en Zarracós, municipio da Merca, é coñecido polos éxitos da súa carreira xudicial que iniciou no ano 1998. Na actualidade é Maxistrado do Xulgado de Instrución número dous na capital galega, Santiago de Compostela. O espírito de superación, o amor pola vida, a humildade e un compromiso inalterable coa Xustiza, definen a personalidade do autor, quedando patente nesta a súa primeira experiencia literaria.
Natural de Ponteareas, (1955) o profesor Francisco Pena ten un extenso curriculum que o acredita como un activo e prolífico investigador, defensor, autor e comunicador do medio ambiente e a saúde, non só de Galicia, senón tamén de España, con recoñecemento internacional, como o avala as múltiples distincións recibidas, incluída a da OMS.
“Chamamento polo galego” faise púbico na capital galega
ersoeiros do mundo académico e da cultura veñen de presentar publicamente un manifesto no que rexeitan o recurso que prevé presentar a Xunta contra as sentenzas xudiciais que invalidan o cerne do decreto do plurilingüismo, e no que solicitan que o Goberno galego "acate o ditame do TSXG". "Feijóo non debe levar o idioma galego ao Tribunal Supremo", reclámanlle ao presidente do Executivo, ao que acusan de "botar máis leña ao lume".
P
As adhesións ao manifesto poderán facerse a partir de agora a través do blog http://chamamento.tumblr.com/. A comezos de marzo recolleranse as adhesións e faránselle chegar á Xunta.
31
Febreiro de 2013 - Cultura
O sentido dun final Julian Barnes
Inma Otero Varela incuestionable o espazo estratéxico que Rinoceronte ocupa no campo editorial. Fornéceo de boas traducións (cousa que non sempre ocorre con outras editoriais) de textos contemporáneos de todas as latitudes que conforman as referencias dun lectorado culto e atento ao que se publica dentro e fóra das súas fronteiras. O feito de poder gozar en galego, pouco despois de terse publicado, desta obra á que se lle concedeu o premio Man Booker, é un logro en si.
É
O tema fundamental, unha vez máis, é o da construción da memoria. Ou máis ben, o cuestionamento da fiabilidade dos recordos. O narrador, Tony, atópase na madurez coa necesidade de afrontar algún episodio da súa mocidade que quedara sepultado, sen que asomase en ningún momento, entre os cascallos de vivencias máis ben triviais. A indagación do pasado comeza case como un xogo. A man que tira do fío aparentemente móvese máis pola casualidade dun feito estrambótico, o legado que lle deixa unha muller á que só viu unha fin de semana moitos anos atrás, que por mor dun plan premeditado. Ese botar a vista atrás lévao a pescudar nas causas do suicidio dun amigo de xuventude, Adrian, que funciona como protagonista ausente pola fascinación e
Sabías que... Manuel Rosende
(Rinoceronte, 2012) influencia que causou na súa curta vida aos que o coñeceron, e que saíu cunha ex-moza do propio narrador. A revisión do pasado non tería demasiadas consecuencias se confiamos só nas lembranzas de Tony, afastadas e subxectivas. O problema é que se conservan documentos, algúns consistentes en cartas asinadas por el mesmo, que datan desa época. A anécdota persoal, case doméstica, serve para propor unha reflexión de moito máis alcance, introducida xa desde as primeiras páxinas. Ata que punto é fiable a construción da historia? Serven as lecturas a posteriori de información parcial e dos testemuños dos sobreviventes para establecer unha narración veraz?
lla”. Hilda foi o nome dunha deusa escandinava protectora dos guerreiros; unha valquiria, filla de Odín.
o
24 de febreiro é o “Día de Rosalía”? E para iso a AEL (Asociación de Escritores en Lingua Galega) organiza distintos actos, como que o venres 22 haxa un macrorrecitado de poemas rosalianos nas escolas de toda Galicia. Ademais este ano conmemórase o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, primeira obra culta moderna no noso idioma.
s
on as “Cachadas”? Ademais desas ocasións do “pillado in fraganti” fan referencia a un topónimo presente na Coruña, Poio, Portas, A Guarda ou Ponteareas. Ten orixe agrícola pois fai referencia ás terras labradas e roturadas, normalmente de monte que se quere dedicar a labradío. Os restos vexetais son queimados e esparexidos polo terreo. Cachadas < (Terras) CAPPELATAS (“cortadas”).
H
ilda é nome guerreiro? Ten orixe xermánica, en principio significaba “combatente”, “guerreiro” evolucionando a “poderosa na bata-
é
o “morbo”? Si, si... oes ben, o morbo; esa obsesión macabra polo prohibido. Na súa orixe latina MORBUS usábase para referirse a unha enfermidade. Hoxe fálase de morbo para definir a atracción polo prohibido ou desagradable dun xeito metafórico que parte desa “enfermidade” etimolóxica pois evolucionou a “doenza contaxiosa ou epidémica”. Ben é sabido que o que ten morbo atrae a moita xente. En italiano consérvase a acepción de feble, brando para “mórbi-
A incerteza dunha resposta afirmativa só engade abatemento. Despois dunha existencia anódina, o balance sobre a morte, o amor e o grao de cumprimento dun certo proxecto vital esbozado cando se abre a vida e ao que, non sen certo cinismo, non se lle adicaron as forzas suficientes, non sempre se salda de xeito positivo. Descubrir o engano no que se viviu, a crueldade inconsciente, a cegueira, e o poder da palabra administrada como maldición, non é o mellor xeito de achar á fin o sentido dun final, sexa este persoal ou sociohistórico.
Director: Guillermo Rodríguez. Edita, maqueta e imprime: Publicaciones Tameiga, S.L. Enderezo: Avenida do Aeroporto, 83, Tameiga, Mos. Pontevedra. Delegación Ponteareas: Avda Sarmiento Rivera, 4, 4º. 36860, Ponteareas. Enderezo electrónico: redaccion@apeneiradixital.com
publicidade@apeneiradixital.com director@apeneiradixital.com Teléfonos: 986487480/658585049
Fotografía: Arquivo, Hernández, Guillermo Coordinador: Carlos Rey Bárcenas. Colaboradores: X. A. Pérez Lema, Pablo Glez Mariñas, Emilio Ínsua, Anxo S. Porto Ucha, Xoan Xosé Pérez Labaca, Manuel Rosende, Inma Otero,
A relixión, o ritual e o simbolismo, trazos culturais da celticidade en Galicia Segundo explicou a profesora Blanca García Fernández-Albalát na súa conferencia "A celticidade de Gallaecia: Discusións e estado da cuestión" celticidade de Galicia, demostrada pola lingua, consiste en trazos culturais que inclúen parámetros máis amplos que a tipoloxía arqueolóxica, como é a profundidade da relixión, o ritual e o simbolismo. Así o sostivo a arqueóloga coruñesa especialista en relixión celta e membro de "Os Amigos da Cultura Celta" Blanca García Fernández-Albalát na conferencia "A celticidade de Gallaecia: Discusións e estado da cuestión", que impartiu na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia.
A
García Fernández-Albalát foi presentada polo coordinador de actividades culturais da Casa, Ramón Jiménez, que o fixo en nome do delegado da Xunta de Galicia, José Ramón Ónega, que non puido asistir, e por José Cerdeira, coordinador da Asociación de Amigos da Cultura Celta, moitos de cuxos membros seguiron as explicacións da conferenciante. Ao longo da súa intervención, a autora expuxo as razóns da confusión entre os investigadores celtistas e anticeltistas sobre o poboa-
mento prerromano de Gallaecia. A disxuntiva, mantivo, partiu en primeiro lugar da crítica ao nacionalismo decimonónico que buscaba nos celtas as raíces de diferenciación de Galicia e, en segundo lugar, do descubrimento das culturas celtas centroeuropeas. Segundo a especialista o erro residiu en que na crítica política ao nacionalismo non se reparou nas investigacións realizadas concienciudamente tendo en conta os autores clásicos que situaban os celtas en varios enclaves da Península Ibérica. "Os arqueólogos tampouco tiveron iso en conta e só consideraron celtas ás culturas centroeuropeas
Juan Louzán (Madrid), Coki (Nova Iorque), Mero, Isidoro Gracia, Nemesio Barxa, etc.
Publicidade: Guillermo Rodríguez e departamento propio Depósito Legal: VG175-2012
Historia Antiga pola Universidade de Santiago de Compostela. Tamén que é especiaista en relixión celta en xeral e na celtogalaica en particular, rama na que se enmarcan tanto a súa tese doutoral coma as súas publicacións, entre as que destaca "Guerra e Relixión na Gallaecia e Lusitania Antigas", así como que ten exercicio a docencia en Historia Antiga na Universidade de Santiago e en Arqueoloxía Clásica na Universidade de Vigo e a súa profesión de arqueóloga na empresa Arqueoloxía do Noroeste. Na actualidade dedícase á investigación sobre os santuarios celtas de Galicia. Pola súa banda, Cerdeira recordou algúns dos fitos da traxectoria da aínda nova Asociación da Amigos da Cultura Celta, como a presenza dalgúns dos seus membros, hai poucos anos, no Desfile da Hispanidade en Nova York, co seu atavío típico, lugar onde considera que sentiron a necesidade de defender "esa parte parte da nosa cultura, que non sei se é un 15 ou un 20 por sinto pero si que está moi arraigada".
de Hallstatt e La Téne", observou. Non obstante, resaltou que a lingüística veu en axuda dos investigadores demostrando a celticidade da lingua de enclaves como Gallaecia, Tartessos ou a cultura de Golaseca na rexión dos lagos lombardos. Na súa presentación, Ramón Jiménez destacou que García Fernández-Albalát é licenciada en Prehistoria e Arqueoloxía e doutora en
Tamén o "bautismo" da Asociación en 2009 no congreso que celebrou en Ávila; a súa visita ao "telúrico" San Andrés de Teixido; "a necesidade de establecer pontes de comunicación entre a Universidade e a rúa, para que a cultura non sexa algo interno entre profesores, nin quede á marxe da sociedade"; anteriores actos celebrados na Casa de Galicia e a recente viaxe dos membros da Asociación a Bretaña, con Blanca García Fernández-Albalát como guía, en busca da cultura celta e "o contacto cos nosos antecesores, entre xente que parece sentir máis interese por nós do que nós manifestamos por eles".
Este xornal imprímese en papel reciclado