Skip to main content

A NOVA PENEIRA - Nº10 - Outubro 2012

Page 1

www.apeneiradixital.com

XORNAL

ANO 1 - Nº 10

PONTEAREAS O Concello leva a cabo traballos na fonte da Fama, obra do mestre Cerviño

GALEGO DE INFORMACIÓN

XERAL

Outubro de 2012 - 2€

Cabreira repartiu 800 quilos de mexillóns na VIII edición da súa festa gastronómica

Páx. 4

O PORRIÑO

Nelson Santos mostra ao conselleiro Agustín Hernández os proxectos ambientais postos en marcha en Porriño Páx. 11

TOMIÑO O Concello acorda cos sindicatos o réxime das baixas dos traballadores municipais Páx. 9 Páx. 17

A GUARDA Máis de 50 persoas percorreron a ruta da desembocadura do Miño Páx. 19

César Puentes, Enxeñeiro Aeronáutico: “Aos controladores aéreos interésalles seren poucos para así tocaren a máis” Por Guillermo Rodríguez -Procedente da Galicia interior, como ves actualmente o ambiente

que respiramos por estes lares? -Eu penso que cambiou sobre todo o modo de vida rural. Está desaparecendo a agricultura básica dando lu-

gar a outro estilo de vida; a xente busca outras ocupacións, sobre todo na sector sevizos, na administración e na industria. Páx. 7


2

Opinión - Outubro de 2012 EDITORIAL ó faltan tres días para que acudamos á cita coas urnas. Nesta ocasión os Galegos e galegas temos que acudir máis decididamente porque se trata de elixir un novo Parlamento para o vindeiro goberno galego.

S

Novo Parlamento á vista

Estamos, ademais, nuns momentos moi convulsos. A nivel de Estado non sabemos, ou si sabemos?, se imos ser rescatados das gadoupas de Rajoy e de Guindos ou se temos que camiñar un tempo máis cara a ese gólgota que ainda nos espera. España está á altura de Grecia; xa somos bonos basura. Aquela potencia mundial, a 9ª dicían, que eramos tempos atrás volveuse un país sen credibilidade e sen capacidade para deter un paro asfixiante para millóns de familias; un país incapaz de dar acougo e solucións ao futuro de miles de xovens ben preparados (algúns din que os mellor preparados de toda a democracia). Zapatero era o culpable. Soamente facía falla cambiar de goberno para que Europa nos sacara a bailar. Zapatero foise pero a dama europea segue dicindo que nós non levamos o compás, o ritmo alemán e francés, e holandés, e belga,… nunha palabra non somos unha parella codiciable. Rajoy obsesionouse con botar a Zapatero, unha maioría de españois déronlle a razón e agora dinos que as medidas que está tomando faino cun forte dor de corazón; el quere ser bo pero a Sra. Merkel non lle deixa e Rajoy, todo un cabaleiro de sociedade vip non pode facerlle un feo. Así estamos e así chegamos ás eleccións galegas. Que pinta Galicia neste panorama? Pouco, por non dicir nada. A nós xa nos desmantelaron tempos atrás; cando Felipe González nos meteu na Europa dos xudeus (léase comerciantes); cando puxo enriba da mesa dos truháns que preparaban o terreo para os seus respectivos paises todo o que tiñamos: os asteleiros (os mellores do mundo), a nosa gandeiría (cando eu estudaba bacharelato os libros dicían que podiamos ser a despensa de Europa en carne e leite); pois ben, Felipe acordou que iso era negociable a cambio de que non se dixera que Europa remataba nos Pirineos E así foi. Hoxe os gandeiros están desmantelando as súas instalacións; o leite cada vez é máis barato para as grandes empresas do sector; o gandeiros están sacrificando as vacas porque non poden sostelas co prezo do leite, etc. etc. Esa é a Europa que nos venderon. Mellor, vendéronnos a Europa. Pero voltemos a Galicia e ás eleccións do vindeiro día 21, dentro de tres días. Veño de recibir no buzón da miña casa unha morea de sobres con papeletas e recomendacións de todo tipo. Son así como máis de dúas ducias entre todos os partidos, agás Compromiso X Galicia que non debeu atopar cartos para este despilfarro e non mandou sobre á casa, alomenos á miña. Hai algunas cousas curiosas, por exemplo que Alternativa Galega de Esquerdas non presenta o seu candidato por Pontevedra. No sobre aparecen Beiras e Yolanda Diez. Pero nós, en Pontevedra non podemos votar a Beiras nin a Yolanda. O mesmo fai o BNG: o nº 1, Carlos

Aymerich, non aparece nos papeis; si aparece Jorquera a quen tampouco podemos votar. É que estes partidos non confían nos seus candidatos? E queren que confiemos nós? Pola contra o PP presenta a Feijóo só ante o perigo, coma Burt Lancaster. El é todo; Galicia e Feijóo son unha mesma cousa. Non será demasiado pretencioso? Di que non vai pechar hospitais e os doutores e doutoras saen á rúa manifestándose contra a política sanitaria; di que o mesmo pasa coas escolas e os escolantes saen á rúa contra as restriccións de profesores e de axudas para os comedores escolares, entre outras eivas. UPD e Rosa Diez queren darlle volta a todo isto que vivimos. Esta señora, que visitou Ponteareas facendo unha defensa a ultranza da política socialista, botouse ao monte e agora é unha defensora acérrima de voltarlle ao Goberno Central as competencias das Autonomías. Son, di ela, unha das causas da situación en que nos atopamos. Eu podo estar de acordo con ela se está a falar das autonomías de Murcia, da Rioxa, de Cantabria, e outras máis que temos por aí. Aquel café para todos tróuxonos estas cousas. Ela quere rematar con todo. Menuda socialista era cando viu a Ponteareas! Pachi Vázquez para os amigos, fíxonos chegar o seu discurso nun senso nacionalista descoñecido. Cecais é para que os posibles socios nun posible goberno de coalición non se sentiran aludidos, pero chegou Alfonso Guerra e mandou parar. Dixo que os nacionalistas eran unha especie de cancro social que había que exterminar mediante unha quimioterapia que non explicou

ben. En que quedamos, Sr. Pachi Vázquez, acepta vde. aos nacionalismos como algo consustancial ao sistema democrático ou non? Deixamos para o final a D. Mario Conde (o de don é porque o seu apelido lévanos a pensar na nobleza galega). Mario conde é un extraplanetario que aterrou en Galicia para demostrar que estaba fóra do armario (léase cárcere) porque ainda había xente que pensaba seguía entre reixas. Como é Conde bota man a chequeira (ainda lle deixaron chequeira por máis que pretenderon despoxalo de todo) e saca da chisteira un novo partido: Sociedade Civil e Democracia. O Nome non é unha coña. Ponse á cabeza dos que din que os políticos son unha peste e ofrece unha rexeneración do sistema. Vaia por Deus! Quixo democratizar a banca e metérono en chirona. Claro que os demais banqueiros non son hermanitas da caridade, senón buitres carroñeros que non permiten que ninguén se arrime á súa presa; presa que somos todos nós, curiosamente. Ben, D. Mario, vde. o que ten que facer é sacarlle uns miles de votos a D. Alberto para que perda a maioría e logo ainda estamos dispostos a convidalo á celebración. Iso é o que ten que facer. De exoneración social e política xa nos encargaremos nós. O seu son os números e teña coidado coa Facenda que anda moi desesperada actualmente. Amigos e amigas, que vostedes o voten ben, a ver se así podemos botar a alguén que non está dando a talla.


3

Outubro de 2012 - Opinión

Eleccións en Venezuela, por que gañou Chávez? eño que iniciar a reflexión indicando, que pola contorna europea de noticias e opinión publicada co que me almorzo todas as mañás e déitome todas as noites, eu estaba convencido que os electores venezolanos ían rexeitar de forma contundente unha situación de case ditadura, violencia cidadá inaguantable e espolio das riquezas do país coas maiores reservas mundiais contrastadas de petróleo. Ademais en termos persoais a figura do Sr. Chavez non me cae demasiado ben, eu son partidario da tolerancia coas opinións dos demais en todos os terreos, especialmente no da política, con excepción das que defenden do uso da violencia individual e colectiva e teño moita prevención respecto ao uso da institucional, e o Sr. Chavez preséntaseme, case sempre, en posicións de intolerancia e autoritarismo institucional do “Estado Bolivariano”, cara aos seus cidadáns e cara a algunhas empresas multinacionais, entre as que se atopan polo menos dúas ou tres que cotizan na bolsa española.

T

Por todo o anterior a ampla vantaxe democraticamente gañada, fronte a unha oposición unida e

*Isidoro Gracia Plaza *Diplomado en Relacións Laborais e Empresariais.

metade, os indixentes que viven nas rúas son un terzo dos que existían antes, as diferenzas de ingresos entre ricos e pobres e o desemprego urbano tamén se dividiron por dous. Respecto doutro dos factores básicos de supervivencia a alimentación, a malnutrición infantil situouse por baixo de case todos os países da súa contorna xeográfica.

con, polo menos aparentemente, un bo candidato, produciume unha certa sorpresa. Isto motivoume a buscar información do porqué do resultado en fontes o máis próximas posibles ao terreo e alleas aos contendentes. Atopeinas nos comunicados e publicacións

da Organización de Estados Americanos (OEA) e o Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD). Segundo esas fontes, en Venezuela a pobreza reduciuse, durante a presidencia do Sr. Chavez, á

Como queira que cando os partidos socialdemócratas europeos redistribuían a riqueza xerada e mantiñan o control público en sectores estratéxicos, como a enerxía, as comunicacións e ata a alimentación, tamén gañaban as eleccións, a pesar da mala prensa de que sufrían, prensa en mans das grandes corporacións privadas, como agora, que mantiña que o público era menos eficiente, é posible que o Sr. Chavez gañeou estas eleccións polas mesmas causas que as gañaban os socialdemócratas en Europa. A pesar diso o Sr. Chavez segue sen caerme ben, no persoal.

CADERNOS DA VIAXE

Paralos e facerlles fronte erdadeiramente o conxunto dos recurtes principiados por Feijóo en abril do 2009 e seguidos no nível estatal por ZP, dende maio do 2010 e por Rajoy, dende decembro do 2011, xerou unha terríbel espiral de menos actividade, máis desemprego, menos recadación fiscal, máis recurtes e menor cantidade e calidade dos servizos públicos. Unha espiral suicida como a xerada pola política de austeridade do presidente Hoover nos USA dende fins do 1929 até fins do 1933 e que só salvou Roosevelt coa súa acción decididamente socialdemócrata do “New Deal”.

V

Diante desta suicida política da dereita conservadora o PSOE, campión canda Feijóo na xeración de desemprego, fai parte do mesmo problema e carece de credibilidade para liderar ningunha política alternativa, porque non foi quen a desenvolvela cando podía. Porque, en realidade, ZP asumiu as mesmas

receitas ca o PP ao reformar os dous xuntos a Constitución hai un ano, coa finalidade de priorizar o equilibrio orzamentario sobre a creación de emprego, o crecemento económico e o benestar. PP e PSOE demostraron preferir o balan-

*XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA *Avogado

ceo do “budget” á creación de “jobs”, en afortunada comparanza de Obama. É dicir as contas sobre a creación de emprego e riqueza. A reacción do BNG e da coalición de IU e Beiras fronte esta enxurrada

de empobrecemento e recesión inducida é “facerlles frente” e “paralos”. Resistencialismo xustificado na gravidade do momento histórico, mais que non achega, en ningún dos dous casos, propostas en positivo cara á construción dunha Galicia do futuro. Porque semella que a alternativa ás receitas da dereita non serán vellos modelos fracasados no Leste de Europa, Cuba ou Corea do Norte nin ocorrencias antisistema. A alternativa pasará por defender propostas eclécticas e mixtas, que faciliten o financiamento aos pequenos e medianos empresarios e o propio emprendemento empresarial, canda a blindaxe dunha sanidade, educación e servizos sociais universais e de calidade. É dicir, reformar e mellorar o sistema de economía mixta que xerou, na nosa Europa, a meirande concentración de riqueza e mellor reparto da mesma da historia do mundo contemporáneo. Velaí que non exista alternativa política a esta espiral de empobrecemento e recurtes sen propostas en positivo e centradas que vaian moito máis aló ca de “paralos” e de “facerlles frente”.


4

Ponteareas - Outubro de 2012

Entrega de premios do concurso A Miña Volta Eloy Táboas Rodríguez, Laura González Fernández e Martín Rodríguez Ledo, foron os gañadores do concurso de fotografía A miña volta convocado como parte das actividades paralelas que se desenvolveron en Ponteareas para celebrar que, por segundo ano consecutivo, a vila do Tea fora punto de saída dunha etapa de La Vuelta.

Positivo balance do servizo de recollida de aceite doméstico

Recuperación da Fonte da Fama Concello de Ponteareas continúa a desenvolver o programa de recuperación daqueles elementos que forman parte do seu patrimonio etnográfico ou que teñen un especial significado para os veciños e veciñas.

O

Os traballos céntranse nestas datas, na recuperación da Fonte da Fama situada a carón da estrada N-120 a altura do barrio da Ponte. A fonte, obra do mestre Cerviño, é un dos ele-

mentos artísticos máis salientables do Concello polo que era preciso “non só a súa rehabilitación, senón tamén unha mellora do entorno no que se atopaba de cara a súa posta en valor”. Así pois a Fonte da Fama será rehabilitada mantendo o seu entorno en pedra que será limpado de cara a mellorar o aspecto global da zona, que será dotada de iluminación e axardinamento, sen restarlle protagonismo á obra do mestre Cerviño.

A Concellería de Servizos Comúns de Ponteareas fixo público o balance do servizo de recollida de aceite doméstico, correspondente ao terceiro trimestre deste ano

2012 na que “os datos amosan un incremento na recollida de aceite doméstico, dun 68,5%, ao pasarse dos 705 quilos no trimestre anterior aos 1.030 quilos actuais”.

Volve a Hora do Conto á Biblioteca Comeza unha nova edición da actividade de contacontos que se desenvolverá na Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas todos os xoves de 6 a 7 da tarde e está aberta á participación de todos os nenos e nenas maiores de 3 anos.

INSIRA O SEU ANUNCIO

aquí publicidade@apeneiradixital.com


5

Outubro de 2012 - Ponteareas

O Concello leva a cabo tarefas de mantemento dos espazos públicos de lecer

alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, asegurou que os parques públicos de Ponteareas son obxecto de traballos periódicos e programados que os manteñen nun bo estado de utilización por parte dos veciños e veciñas. Solla explicou que,

O

Valado organiza un Obradoiro de busca de emprego por internet

dende a súa chegada a alcaldía, en 2004, o número de parques e espazos públicos de lecer para o goce da cidadanía “foron incrementados de xeito notable”, creándose o Parque de San Roque; ampliándose e acondicionándose o Parque da Perillana; creación da zona recreativa da Freixa; remodelación do Parque das Pombas e do parque de Ponteareas Ciudad, ademais da creación de numerosas zonas de ocio parroquiais e nos centros culturais.

concellería de Emprego e Desenvolvemento Local de Ponteareas, que dirixe Marisol Valado, porá en marcha un Obradoiro de busca de emprego en internet, que terá carácter totalmente gratuíto e está fundamentalmente dirixido a todas aquelas persoas que estean interesadas en ampliar as súas opcións de inserción laboral.

Lamentou Solla que as veces “o vandalismo, que é un mal endémico que padece esta sociedade, encárguese de destrozar, poucos días despois, o traballo realizado cun grande sacrificio económico e cun gran esforzo por parte do persoal municipal”.

A actividade, desenvolvida a través do Servizo de Orientación Laboral do Concello de Ponteareas situado no CDL, terá lugar en horario de tarde e unha duración aproximada de dúas horas.

A

Dillo con

flores

Todos os que desexen participar neste Obradoiro de busca de emprego en internet poden inscribirse de xeito totalmente gratuíto nos teléfonos 986 66 10 50 ou 609 45 24 24 de 9 a 14 horas.


6

Ponteareas - Outubro de 2012

Mellora da seguridade viaria na parroquia de Ribadetea e na estrada a Guillade alcalde Salvador González Solla, acompañado polo concelleiro delegado de Tráfico e Seguridade Cidadá, Jesús Antonio Fernández Suarez, visitou as obras de mellora da seguridade viaria que o Concello, en colaboración coa Deputación Provincial, está a desenvolver en dous puntos especialmente sensibles nesa materia.

O

En concreto, na parroquia de Ribadetea, o Alcalde e o Concelleiro supervisaron o estado da construción de dous pasos de peóns alzados en Ribadetea, un á altura da igrexa e outro na Escola Unitaria desta parroquia. Coa construción destes pasos de peóns cúmprese o compromiso que a Alcaldía de Ponteareas tiña contraida tanto cos veciños e veciñas da parroquia como coa comunidade educativa que solicitaran medidas para salvagardar a seguridade dos peóns neses dous puntos.

Oferta de emprego de comerciais de telefonía Tamén a petición formulada polas ANPAS do CEIP Ramiro Sabel Mosquera e os Institutos ponteareáns, foi atendida ao dotarse á estrada de Ponteareas-Guillade, nas inmediacións dos centros escolares, de outros dous pasos de peóns alzados que, xunto coas obras de humanización realizadas con anterioridade para dotar a esta zona de iluminación e beirarrúas, garantirá a seguridade dos nenos e nenas que nos días lectivos circulan por esa estrada.

A Concellería de Servizos Sociais oferta un curso de informática para maiores Rosa María Carrera, está a celebrar un curso no que se formará a veciños e veciñas da zona en distintos eidos das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC). Con esta actividade desenvolvida a través da Asociación de Maiores de Ponteareas, preténdese que os/as maiores do Concello de Ponteareas manexen con certa soltura un equipo informático e coñezan os trámites e xestións que se poden facer na Rede.

Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Ponteareas, en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais que dirixe

A

Para inscribirse ou para solicitar máis información os diversos cursos que se realizan, poden dirixirse ao Aula CeMIT de Ponteareas, sito Centro Social, Rúa de Oriente nº 8, chamar ao teléfono 986 64 17 47, ou enviar un correo a cemit.ponteareas@xunta.es dirixido á axente TIC, Ana María Pérez Martínez.

O Servizo de Orientación Laboral, dependente da Concellería de Emprego e Desenvolvemento Local que dirixe Marisol Valado Pérez, vén de dar conta dunha oferta de emprego na que se buscan comerciais de telefonía para traballar con PEMES (non con particulares). O traballo, segundo figura na oferta, desenvolverase en Ponteareas e arredores e a formación correrá a cargo da propia empresa con posibilidade de alta na Seguridade Social e fixo de plantilla. Os candidatos e candidatas, preferiblemente, deberán ter experiencia como comerciais. Os interesados e interesadas deberán enviar un curriculum vitae ao enderezo de correo electrónico orientacion.cdl@ponteareas.es indicando no asunto: Oferta Comercial. Tamén se pode enviar por correo ordinario ao seguinte enderezo: CDL-Concello de Ponteareas. A/A Isabel. Lomba do Cruceiro, 5. 36860 Ribadetea Ponteareas.


7

Outubro de 2012 - Ponteareas

César Puentes, Enxeñeiro Aeronáutico

“Aos controladores aéreos interésalles ser poucos para así tocaren a máis” Por Guillermo Rodríguez Fdez FOTOS:HERNÁNDEZ -Procedente da Galicia interior, como ves actualmente o ambiente que respiramos por estes lares? -Ben, eu penso que cambiou sobre todo o modo de vida rural. Está desaparecendo a agricultura básica dando lugar a outro estilo de vida; a xente busca outras ocupacións, sobre todo na sector sevizos, na administración e na industria. -Entende que este cambio tan radical ten sido positivo? -Os cambios teñen partes positivas pero tamén negativas. En xeral o nivel de vida acadado é positivo; sen embargo hai outras cousas que foron negativas; o mundo é así e resulta difícil cambialo. -Pasemos agora a túa conferencia deste noite. Vas falarnos de “seguridade no transporte aereo”; é que os avións poden pinchar? -Home si, as rodas poden picarse, pero eu vou falar dende o punto de vista da ausencia de accidentes; non vou falar de cando nos aeroportos te pasan polo scaner; vou falar das características dos avións que impiden ou rebaixan substancialmente o número de accidentes comparado con calquera outro medio de transporte. -Nestes momentos sabemos que unha compañía aérea parece ser que non lle bota suficiente queroseno ás súas naves, que problema pode significar ese feito para os viaxeiros deses avións? -Esa compañía tivo un número moi elevado de incidentes nos últimos meses e está sendo investigado o seu cumprimento das condicións operacionais neste momento. O caso está sub judice, non no senso xudicial, pero si non senso da seguridade aérea. A Axencia de Seguridade Aérea está investigando o asunto. -Pero, os pasaxeiros como se poden ver afectados? -Bueno as consecuencias da falla de seguridade pode provocar un incidente ou un accidente, que xa son palabras maiores porque pode implicar a morte de pasaxeiros. -Hai algo que sempre me causou extrañeza. Hai un montón de anos, aló polo anos setenta, cando viaxaba a Barcelona, o billete xa me costaba sobre dez ou doce mil

son abismais. -Estou de acordo; para min como profesional do ramo iso é incomprensible.

Naceu en Ponteareas, o 18 de setembro de 1945 Enxeñeiro Superior Aeronáutico, ten a Especialidade en Aeronaves e Enxeños en 1971. Foi o número 1 da súa promoción e Premio Nacional de Fin de Carreira en 1971. Premio “Francisco Arranz” da Asociación e o Colexio de Enxeñeiros Aeronáuticos de España ao mellor expediente académico de Enxeñaría Aeronáutica. Nos seus 40 anos en activo dedicados á profesión da Enxeñaría Aeronáutica, participou no deseño e desenvolvemento de todos os avións deseñados e fabricados en España desde 1971 até 2011, e na maioría dos proxectos europeos neste mesmo período. Director retirado de Proxectos Futuros e Tecnoloxía da División de Avións de Transporte Militar de EADS-CASA (MTAD/AIRBUS MILITARY). Experto de EADS en Tecnoloxía Aeronáutica.

Profesor Asociado (Cátedras de Mecánica do Voo e de Aeronaves e Vehículos Espaciais) no Departamento de Vehículos Aeroespaciais da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Aeronáuticos (ETSIA) da Universidade Politécnica de Madrid, de forma ininterrompida desde 1972. Profesor na Escola de Organización Industrial (EOI) para o MBA (Master in Business Administration) Aeronáutico, desde 2004. Participou na investigación de numerosos accidentes de aviación.

En primeira fila, terceira e cuarto pola dereita, os pais do conferenciante.

pesetas das de entón (hoxe serían arredor de 60 euros). Nestes momentos estase facendo a mesma viaxe por unha cantidade semellante ou ainda menor. Como é isto posible? -Son un experto no traballo dos talleres pero non en economía do transporte aéreo, no cálculo de custes. Pero hai algo que está claro: toda compañía ten dous tipos de custes, uns que se chaman indirectos de operación: venda de billetes, persoal de terra nos aeroportos, etc.; logo hai outros que se chaman custes directos de operación: tripulación, o combustible, as taxas de aeroporto, os seguros,… O que oco-

rre é que nestes momentos hai algo máis. Entendo que detrás da pregunta están as compañías de baixo custe. Neste mundo non hai nada gratis. As compañias de baixo custe cobran aos pasaxeiros un prezo baixo porque reciben subvencións de institucións locais, autonómicas ou do que sexa, que cubren a diferencia. Logo eses cartos que deberan ser empregados noutras necesidades sociais están destinados a que determinada compañía aterre os seus avións en determinado aeroporto; están comprando as operacións desas compañías. -De calquera xeito as diferencias

-Falemos agora doutro capítulo moi mediático nos últimos tempos. Os soldos dos pilotos e dos controladores, a min parécenme escandalosos. -Os soldos dos pilotos son altos, pero non moito máis altos que os pilotos doutras compañías; é certo que nas de baixo custe os soldos son algo máis baixos. Pero se unha compañía privada pode pagar eses soldos elevados eu non teño nada que opinar. Agora ben, prantexaches o tema dos controladores que cobran soldos moi elevados fundamentalmente porque fan un montón de horas de traballo. E por que fan moitísimas horas? Porque non hai suficientes controladores para que cubran soamente as horas normais de calquera traballador. -Claro, pero non haberá suficientes controladores porque a capacitación dun controlador está nas mans de AENA, composta polos propios controladores; logo non lles interesa que a plantilla aumente, non si? -O problema é o corporativismo do corpo de controladores que queren ser poucos para así repartirse toda a tarta entre poucos. -Pero os soldos son elevadísimos, non? -Si, si, pero se calquera traballador fai un montón de horas extras que, ademais, como neste caso, son pagadas moi ben, a final de mes atópase con soldos deste tipo. Co cal a eles mesmos lles interesa limitar o número de controladores. Igual que outro tipo de profesións existentes nestes momentos. -Pero como se lle permite ter ese control? -Eu entendo que a formación dun controlador debera ser aberta, ben a nivel universitario ou doutro tipo a estudar. O que tiña que facer AENA é preguntarse: cantos controladores se precisan en España? Dez mil, vinte mil, os que sexan, e tratar de dispor deles; non ter soamente tres mil se se precisan dez mil. -Grazas César. Benvido a Ponteareas e a disfrutar da compaña de teus pais.


8

A Cañiza - Outubro de 2012

O Concello organiza un curso de técnicas de estudo e fomento da lectura para escolares de primaria odos os sábados de 10:00 a 11:30 horas na Biblioteca Municipal da Cañiza, terá lugar o curso de técnicas de estudo e fomento da lectura para escolares de primaria organizado polo Concello. O curso ten un prezo de tan só 8 euros ao mes.

T

Para estudar é sempre de vital importancia coñecer e aplicar unhas boas técnicas de estudo. Se a isto ademais lle engadimos motivación, aumentamos o rendemento no estudo. E se, asemade, temos como aliadas a boa lectura, a boa escritura e a boa oralidade, aprendendo a discriminar e seleccionar a información que nos chega, entonces teremos as ferramen-

Abre o prazo de inscrición para as clases de inglés que se impartirán na Cañiza As clases impartiranse todos os xoves por unha profesora nativa en horario de 17a 20 horas. Contan con dous niveis: iniciación e avanzado e ten un custe de 15 euros ao mes. As clases están diseñadas contando con: laboratorio de aprendizaxe, interactivo, clases de conversa, apoio fonético, apoio multimedia e dinámica de aula.

tas que nos acompañarán durante toda a nosa vida. O curso estará impartido por Dona Juana Miranda, Técnica Su-

perior en Animación Sociocultural. Pódese atopar máis información e realizar as pertinentes inscricións na Biblioteca Municipal do Concello da Cañiza.

Para inscribirse e máis información: Oficina deInformación Xuvenil (Casa de Cultura da Cañiza), teléfono 986 652 132.

O Concello da Cañiza organiza cursos de galego para preparar os exames de obtención do Certificado de Lingua Galega CELGA As aulas realizaranse na Casa de Cultura os mércores de 17:00 a 19:00 horas, totalmente GRATUITO Se te queres preparar para as probas e obter o certificado en lingua galega CELGA 1,2,3 e 4, ¡agora é a túa oportunidade! Podes ampliar esta información na Biblioteca Municipal da Cañiza, sita na Rúa Progreso, nº 21 - 2º andar ou contactando no número de teléfono 986 663069. Curso organizado polo Servizo de Normalización lingüística do Concello da Cañiza

O alcalde entrega os premios de “Mercar na Cañiza ten premio O Alcalde da Cañiza, Miguel Domínguez, entregou o pasado 5 de outubro no Salón de Plenos do Concello os premios aos portadores dos números agraciados no sorteo celebrado o pasado venres 29 de xuño dentro da campaña “Mercar na Cañiza ten premio” posta en marcha a finais de abril.


9

Outubro de 2012 - Salvaterra

Cabreira deu cumprida conta de 800 quilogramos de mexillóns na súa oitava edición desta festa gastronómica cociñeiro do programa televisivo Larpeiros da TVG exaltou, a mañá do pasado 12 de outubro o mexillón no pregón da oitava edición desta festa gastronómica en san Miguel de Cabreira (Salvaterra de Miño).

O

Cun día de sol radiante e temperatura otoñal, o chapeleiro Benigno Campos sinalou que o mexillón é un produto “moi agradecido para os cociñeiros”, aludindo á versatilidade que ofrece na súa preparación. Engadiu que “en Galicia somos uns privilexiados na gastronomía xa que, en canto a marisco e peixe, temos os mellores produtos do mundo así como unhas carnes marabillosas, unha horta fantástica”. Ao que engadiu un encomio ao viño do Condado que lembra desde neno.

A organización consumiu preto de 800 quilogramos deste bivalvo para ao redor dun milleiro de persoas que pasaron polo recinto Pola súa banda, o xornalista Roberto Ledo na súa presentación do pregoeiro destacou a traxectoria vital de Benigno Campos que a raíz do programa Larpeiros iniciou a súa carreira de “mestre cociñeiro e actor con dotes para o canto” e cun éxito de superventas nos seus libros de cociña cuxo terceiro libro presentou estes días. Ledo destacou ademais o seu “altruísmo, desinterese e compracencia” para cos

seus amigos e agradeceu a súa presenza en Cabreira. A organización da Festa do Mexillón de Cabreira 2012 consumiu preto de 800 quilogramos deste bivalvo para ao redor dun milleiro de persoas que pasaron polo recinto da festa. Ao natural, en vinagreta e cunha salsa baseada en tomate degustáronse os mexillóns. A empa-

O pregoeiro Benigno Campos sinalou que o mexillón é un produto “moi agradecido para os cociñeiros” nada deste bivalvo esgotouse. Tamén se vendeu todo o polbo de pulpería Tere do Rosal que preparou 125 racións. A comisión de Festas que preside Sergio Burgos mobilizou a 23 persoas para ter todo a punto. Ao final, Burgos destacou “valera a pena o esforzo realizado”. A comisión obsequio ao presentador e ao pregoeiro cunha placa conmemorativa do evento e un detalle en porcelana do Concello de Salvaterra. Asistiron á festa varios concelleiros do Concello de Salvaterra, que colaborou na festa, así como o bar Xerme, encabezados pola primeira tenente de Alcalde e parlamentaria galega, Marta Valcárcel. O grupo de gaitas de Rebordechans, do municipio de Arbo, O Castriño amenizou a festa. O mesmo pregoeiro, Benigno Campos, interpretou unha peza con eles tocando o tamboril con gran entusiasmo do público.


10

O Condado - Outubro de 2012

Melgaço e Arbo asinan o acordo anual para fixar a liña divisoria

Jesús Caldera, ex ministro de Traballo e Asuntos Sociais, visitou o concello de Arbo

esús Caldera, ex-ministro de Traballo e Asuntos Sociais, visitou Arbo, onde xantou cos militantes socialistas do municipio.

J stes días, asinouse o acordo anual entre os dous Concellos. Participaron o Presidente da Câmara de Melgaço Rui Solheiro e o alcalde de Arbo Xavier Simón. Trátase dun protocolo establecido que se repite todos os anos.

E

No encontro, os dous presidentes acordaron continuar o diálogo aberto hai uns meses para definir accións conxuntas que benefi-

cien aos habitantes galegos e portugueses dos dous Concellos. Unidos polo Miño Nos últimos meses os cidadáns arbenses e melgaçenses desenvolveron diversas actividades en común. Os respectivos alcaldes destes dous concellos fonteirizos consideran que o Río Minho xunta e non separa aos dous pobos.

A Garda Civil honra á súa patrona A Garda Civil de Ponteareas celebrou o pasado venres 12 de outubro, Día da Hispanidade, a festa da Virxe do Pilar, a súa patrona desde 1913. FOTO HERNÁNDEZ

Posteriormente realizou unha visita á cooperativa vitivinícola EIDOSELA, na que se lle explicou o proceso de fabricación do viño albariño, unha das señas de identidade da localidade. Caldera quedou gratamente sorprendido do nivel amosado nas instalacións desta pequena bodega e da calidade do viño albariño. Xa avanzada a tarde participou en Ponteareas nunha Charla-coloquio sobre políticas sociais, respondendo ás preguntas dos asistentes e razoando sobre o equivoadas das medidas do PP de continuos recortes que só serven para aumentar o sufrimento dos cidadáns e son ineficaces para a creación de emprego e a reducción do déficit.


Outubro de 2012 - O

11

Porriño

Santos mostra ao conselleiro Agustín Hernández os proxectos ambientais postos en marcha en Porriño O alcalde e os concelleiros do equipo de Goberno local recibiron ao titular da Xunta no Concello, onde mantiveron unha reunión de traballo. A adxudicación dunha nova obra de saneamento por importe de máis de 1,5 millóns de euros, a recuperación da morfología da canle do río Louro e a posta en marcha da restauración e conservación das Gándaras de Budiño foron os temas tratados alcalde do Concello de Porriño Nelson Santos e os concelleiros do equipo de Goberno local recibiron a visita do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta. Nunha reunión, na Casa Consistorial, trataron os diferentes proxectos en materia de medio ambiente e infraestruturas que se están levando a cabo no municipio centrándose nas obras de saneamento e conexión ao sistema xeral do río Louro, a recuperación das Gándaras de Budiño, así como tamén a reparación da morfología da canle do río Louro.

O

Alcalde e conselleiro agradecéronse a visita e a recepción, respectivamente, e destacaron "o importante avance na mellora do medio ambiente que está presentando o municipio, marcado sobre todo pola posta en marcha do acondicionamento do paseo do río Louro". Precisamente, neste contexto, o alcalde anunciou a ordenación das marxes do río, "trátase dun investimento que alcanzará os 200.000 euros, en colaboración coa Confederación Hidrográfica do MiñoSil, e que consistirá na recuperación da morfología da canle, altera-

da co paso do tempo e as fortes choivas que causaron unha importante erosión nas marxes do río Louro". Deste xeito, desde o Concello preténdese construír un dique a modo de barreira de protección para evitar futuros danos. Ademais, co fin de mellorar a integración do dique no medio fluvial, logo da súa construción, a parte superior sería cuberta con vexetación. A restauración, conservación e uso das Gándaras de Budiño é outro dos proxectos vixentes, recentemente iniciado, e que tamén destacaron durante a reunión. Santos sinalou que "coa execución deste proxecto Porriño recuperará unha gran zona verde, de máis de 700 hectáreas, que leva asociada unha elevada diversidade de fauna e flora. Tras anos de degradación progresiva do humidal agora conseguimos pór en marcha esta actuación cuxo elemento básico é a escavación e baleirado parcial do vaso da Lagoa de Budiño, colmatado polo achegue de materiais procedentes sobre todo das canteiras, de forma que se converta nunha zona de observación experimental do proceso de rexeneración da mesma". A obra

supón un investimento de máis de 1,3 millóns, financiada pola Unión Europea e os gobernos Estatal e Autonómico. Os traballos deron comezo o pasado mes de agosto, cun prazo de execución de tres anos, no entanto, desde a dirección da obra apuntan que a meteorología terá un papel fundamental no desenvolvemento dos traballos xa que as tempadas de choiva retardarán todo o proceso ao tratarse dun humidal. Precisamente, outro dos factores que contribuíu, en gran medida, a lograr unha adecuada recuperación ambiental da zona foi a posta en marcha do Sistema de Saneamento do río Louro. Neste sentido, o conselleiro anunciou a adxudicación, nas próximas semanas, das obras de saneamento na zona de Budiño-O Cerquido, que solucionará os problemas de verteduras de vivendas e naves industriais alí situadas, nas inmediacións da estrada N-550, que

quedarán conectadas á rede de colectores da EDAR de Guillarei. Esta actuación, cuxo orzamento ascende a máis de 1,5 millóns de euros, súmase ás que xa se están executando a día de hoxe, cun investimento de 2 millóns de euros, localizadas na PO-510, no polígono

A restauración, conservación e uso das Gándaras de Budiño é outro dos proxectos vixentes, recentemente iniciado, e que tamén destacaron durante a reunión. da Granxa, en Orbenlle, Cans e Torneiros. Todo iso co obxectivo de ir aumentando a poboación conectada ao Sistema de Saneamento do río Louro.


12

O Porriño - Outubro de 2012

Veciños de Porriño contan a súa experiencia positiva no I Foro Porremprego excelente acollida do I Foro Porremprego tanto por parte de persoas desempregadas como de empresarios, fixo que este ano a Concellaría de Emprego e Formación do Concello de Porriño, que dirixe M. Alejandro Lorenzo, volva organizar unha nova edición o próximo mes de outubro.

A

laboral desta moza porriñesa. Precisamente, esta mesma mañá, o alcalde Nelson Santos e o concelleiro de Emprego e Formación, M. Alejandro Lorenzo, visitaban a María no seu lugar de traballo, comprobando o éxito e os bos resultados que deu a organización deste evento.

As decenas de contratacións efectuadas tras o encontro de 2011 pon de manifesto o éxito do evento. Moitas das persoas, veciñas de Porriño, que conseguiron o seu traballo a través desta iniciativa continúan nas empresas contratantes a día de hoxe, ese é o caso de María Rego, de 25 anos, que tras finalizar en xuño de 2011 un ciclo formativo de informática, estivo uns meses enviando o seu currículo a diversas empresas ata que en outubro acudiu ao I Foro Porremprego e, entre outras casetas, deixou o seu currí-

Nunhas semanas volverá repetirse esta oportunidade, tanto para as persoas desempregadas como para os empresarios. Mentres tanto, desde Porremprego traballan xa para que todo desenvólvase segundo o previsto, "estamos contactando con diferentes empresas, a maiores das que xa asistiron o ano pasado, para confirmar a súa asistencia e avaliar posibles ofertas de traballo que poidan traer ao foro e das que se beneficiarán os asistentes ao mesmo", explica Lorenzo.

culo nunha firma de automoción. "Ao pouco tempo chamáronme para unha entrevista e contratáronme, primeiro un mes en prácticas, tras o cal renováronme o contrato para

O Porriño acolle o LI Curso de Saúde Ambiental posta en valor do patrimonio natural do Val da Louriña, a contribución das empresas locais ao desenvolvemento sostible, o compromiso ambiental do sector do granito e a situación actual e perspectivas de futuro do Sistema de Saneamento do río Louro son algúns dos temas que se tratarán dende o 22 ao 25 de outubro no LI Curso de Saúde Ambiental, organizado polo Profesor Dr. Francisco Peña. Enmarcado no Programa Galego de Municipios Saudables e Sostibles 20002012, coordinado pola Concellaría de Medio Ambiente e Sanidade do Concello de Porriño.

ocupar o posto de administrador de sistemas informáticos, no que continúo traballando", explica. No seu caso, o éxito foi maior se cabe, xa que se trata do primeiro contrato

“Tes talento?” clausura as Festas

A

Auspiciado pola Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas da Xunta e a Sociedade Española de Sanidade Ambiental, conta coa colaboración de diferentes entidades públicas e privadas. O Concello de Porriño é a sede anfitrioa da 51ª edición.

s 20 finalistas do concurso musical Tes talento? organizado pola Concellaría de Festexos do Porriño con motivo das Festas do Cristo 2012 subíronse ao escenario co obxectivo de alzarse con algúns dos catro premios. Tras participar e superar as semifinais, 12 solistas, 3 dúos e 5 grupos, todos eles de perfís moi diversos e que interpretaron temas moi dispares, enfrontábanse a un novo reto.

O

A gañadora dos 2.000 euros foi Gema Pereira Pérez que interpretou o tema Ahora tú de Malú; Gema ten 17 anos e é

de Nigrán, estuda 1º de Bacharelato, empezou na música aos 5 anos e agora participa nunha orquestra. O segundo posto, premiado con 1.000 euros, foi para o dúo de Saray Losada Souto e Antía Caride Otero, dúas mozas de 17 anos, veciñas de Porriño; Saray estuda 2º de Bacharelato artístico e ten como afecciones cantar e bailar e Antía cursa tamén 2º de Bacharelato tecnolóxico e asiches a clases de baile de salón e moderno; ambas deleitaron a pasada noite ao público con And I am telling you I'm not going de Jennifer Hudson. O terceiro posto foi para Carlota, por Listen de Beyonce e o grupo Masiva pola interpretación dun tema propio mesturado con Stand by me de Ben E. King, gañadores de 500 euros cada un; Carlota Areal Alonso, de 16 anos, é de Porriño e estuda 1º de Bacharelato e asiches a clases de canto na Escola Municipal de Música; Masiva está composto por Raúl -20 anos e estudante universitario- e Miguel -20 anos e estudante de música.


13

Outubro de 2012 - Especial

Sandra Araúxo, número dous por Pontevedra de Compromiso x Galicia

“O verdadeiro voto útil é o que acredita en Compromiso por Galicia” stamos con Sandra Araúxo, natural da parroquia de Angoares, en Ponteareas, e candidata número dous pola provincia de Pontevedra por COMPROMISO X GALICIA.

E

-Que é Compromiso por Galicia? -É un novo partido que xorde ante a necesidade de outro xeito de facer política. A sociedade está cansa do PP, do BNG e do PSOE, salpicados pola corrupción, polo clientelismo e pola prevaricación. Compromiso por Galicia é un proxecto con carácter propio con tres alicerces principais que forman parte do seu discurso e que están presentes no seu programa electoral. En primeiro lugar, queremos avanzar no autogoberno para conseguir máis capacidade de decisión nos problemas que atinxen a Galicia. Defendemos a ultranza o estado do benestar para garantir non so a natureza pública da sanidade e da educación senón tamén para defender ás persoas que máis o necesitan, máis nestes tempos de crise. E por último, cremos na verdadeira participación cidadá. A democracia non pode ser votar unha vez e non participar nas decisións dos gobernos durante a lexislatura. A democracia ten que ser participativa e continuada no tempo. Cremos que os galegos teñen moito que dicir nas nosas tomas de decisións. A cúpula do partido non é quen decide, senón que son as súas bases, algo que non fan en ningún outro partido. Acabamos de elixir aos nosos candidatos en primarias abertas, e non permitimos máis de dous mandatos ocupando o mesmo cargo de responsabilidade. Por outra banda, a política é o servizo máis nobre que un cidadán pode ofrecer á súa comunidade e neste sentido Compromiso por Galicia avoga por listas brancas: non admitimos xente imputada ocupando cargos organizativos ou institucionais. -CxG é un partido, coalición ou unha fronte? -Somos un partido político que en so catro meses de vida fomos quen de acoller as achegas do galeguismo político, do soberanismo cívico, do progresismo inclusivo, da esquerda renovadora , do ecoloxismo político e da radicalidade democrática. Compromiso por Galicia está a demostrar que ten unha estrutura organizativa o suficientemente sólida para estar en perfecto estado nestas eleccións. -Vostede é unha persoa moi coñecida no Condado, non en van foi du-

rante 4 anos concelleira en Ponteareas co BNG e responsable comarcal durante 3 anos co mesmo partido. Por que abandona o BNG e aposta agora por CxG? -Traballei moito para o BNG porque cría naquel proxecto, pero xa levaba moito tempo non sentíndome cómoda dentro do Bloque, polo xiro ideolóxico e polas formas de pouco respecto entre compañeiros. Coa aprobación das novas teses políticas xa non tiña espazo, dado que non me considero comunista nin marxista. Por suposto, respecto os que teñen esa ideoloxía pero non a comparto. -Entón, como se definiría vostede politicamente? -Eu son galeguista porque nacín, vivo e traballo en Galicia, e quero o mellor para a miña terra. Considero que Galicia é unha nación, polo tanto son tamén nacionalista. Como socialdemócrata creo no estado do benestar, pero dende unha perspectiva de esquerdas, é dicir, cun reparto equitativo e xusto dos recursos e favorecendo sempre ós máis necesitados.

No noso programa comprometémonos a implantar un novo modelo económico baseado en máis coñecemento e menos cemento, facilitaremos o crédito a autónomos e PEMES a través do instituto galego de crédito, impulsaremos a produción local de alimentos de calidade e sustentables, financiaremos con axudas de ata

-Moitas persoas pensan que todos os políticos son iguais, e non van ir votar. Calcúlase un nivel de abstención en torno ao 40%. Que lle diría vostede a tantas persoas desilusionadas, para que o vindeiro domingo se animen a participar no proceso electoral? -Como xa dixen antes, moitas persoas están fartas e desilusionadas polas políticas dos últimos anos. Moitos din non estar de acordo co que hai pero se quedan na casa o domingo estarán sendo cómplices dalgunha maneira e favorecendo ao Partido Popular, aínda que están no seu dereito. COMPROMISO por GALICIA ofrécelles un novo xeito de facer política, cos pés na terra e escoitando a todos e a todas. Cubrimos un espazo que ata o de agora estaba baleiro. Os que non queren votar ao PP nin ao PSOE porque queren a Galicia, pero que tampouco se identifican co discurso do BNG, teñen agora a oportunidade de votar a un partido galeguista, que abrangue dende a esquerda máis plural ata o centro moderado. Compromiso por Galicia non os defraudará. -Qué condicións se teñen que dar para apoiar un novo goberno en Galicia? -Só apoiaremos un goberno que poña os intereses de Galicia e os galegos por riba dos partidistas, que defenda o estado do benestar, ensino e sanidade pública, que fomente as políticas de emprego, a radicalidade democrática, entre outras cuestións

-Qué lle preocupa a CXG? -COMPROMISO POR GALICIA defende o estado do benestar, o ensino e a sanidade pública de calidade, a igualdade, o desenvolvemento económico sostible, o medio ambiente, a radicalidade democrática, entre outras cuestións.

6.000 euros aos emprendedores, desenvolveremos o Plan Activa para o fomento de emprego e autoemprego nas mulleres, fomentaremos a transformación e comercialización dos produtos pesqueiros e marisqueiros e lanzaremos un plan de valorización forestal, entre outras cuestións.

Por iso a CXG preocúpalle a crise e os altos niveis de paro. Galicia non pode seguir perdendo o tempo, polo que é imprescindible poñer fin as políticas do PP na Xunta e loitar contra o paro, con políticas de emprego, apoiando aos pequenos e medianos empresarios, aos autónomos, aos comerciantes, aos emprendedores, que son o verdadeiro motor económico do pais.

Hai sectores sociais aos que debemos prestar especial atención como a mocidade, a máis preparada das últimas décadas e que se ve abocada a emigrar como fixeron os nosos pais e avós; as persoas dependentes ás que nos últimos anos o goberno do PP non fixo máis que recortarlle dereitos e prestacións, as mulleres, que non poden conciliar a vida laboral coa familiar,…

-Outras forzas din que pactarán co PP e darán o goberno a Feijoo. Que hai de certo? -En políticas de pactos decidirá tamén o pobo, porque o someteremos a debate na cidadanía, pero o que lle podo adiantar é que non apoiaremos as políticas de Feijoo, porque sobrepasan todas as liñas vermellas que CXG non ten pensado cruzar -Estes días están saíndo distintas enquisas que lle dan a maioría absoluta ao PP. Que pensa vostede do voto útil? -Nestes intres onde as enquisas dan un índice tan elevado de indecisos, nin os sociólogos máis experimentados poden interpretalas con absoluta certeza. O que si podemos ter claro é que nin o BNG nin o PSOE serán quen de arrebatarlle a maioría absoluta ao PP, e o que está xogando para quitarlle a maioría absoluta é CXG, polo que o verdadeiro voto útil é o que acredita en Compromiso por Galicia.


14

Salceda - Outubro de 2012

O Concello de Salceda executará a primeira fase da Senda do río Caselas dende As Pontes-Regadas Pleno do Concello de Salceda aprobou a modificación de crédito que vai a permitir a realización da primeira fase do “Proxecto de Recuperación Ambiental e Senda Peonil no río Caselas entre As Pontes-Regadas” que é a continuación, augas abaixo, do actual paseo O Rubal-As Pontes.

tras descartar a financiación da obra coa recente reprogramación de fondos europeos, que en cambio, si van a recibir outros concellos veciños, segundo informacións destes días da propia Confederación.

O

O novo proxecto de senda verde na marxe do río Caselas sobre unha lonxitude aproximada de 600 metros, pretende chegar ata o lugar coñecido como “Palomar de Antero”, na estrada Salceda-Paxariña, atravesando os lugares de As Pontes, Curtinales e Ribeiriñas. O 29 de Setembro do ano 2011 a Confederación Hidrográfica MiñoSil aprobou o “Proxecto de Recuperación Ambiental e Senda Peonil no río Caselas entre As Pontes-Regadas” sobre un total de 1300 m e cun orzamento de 145.889,06 €. O Concello de Salceda entregou a cesión dos terreos, de 127 propietarios e tamén de XESTUR por onde vai transcurrir a nova senda. Tralo cambio de Goberno do Estado, o novo Presidente de Confede-

ración tomou a decisión de paralizar a execución do proxecto.

fica asumiría o 80% e o Concello o 20% (29.178 euros).

O Concelleiro de Vías e Obras, Fortunato Álvarez e Marcos Besada, Alcalde de Salceda, mantiveron unha reunión o 26 de abril do presente ano con Francisco Marín Muñiz, novo Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, onde, trala negativa a financiar o 100% da obra aducindo motivos económicos, abriuse a posibilidade de asinar un convenio de colaboración, no que a Confederación Hidrográ-

O Concello de Salceda aprobou nos orzamentos do 2012 unha partida para transferir, trala asinatura do convenio, os 29.178 euros, decisión que se comunicou en xuño a Confederación. O 27 de Xullo o Concello de Salceda recibe resposta de Confederación onde din “que en este momento resulta imposible cometer su financiación mediante fondos propios”,

A Asociación Treze-catorce limpa dous tramos do río Caselas tamo da senda de Agüín, que é o paseo ubicado na parroquia de Entenza, e o outro tramo é o futuro paseo que vai a ampliar o xa existente dende As Pontes ata o “Palomar de Antero”.A recollida de lixo realizouse tanto dentro do río como na zona de riberia do mesmo.

pasado sábado 29 de Setembro realizouse por voluntarios da Asociación Treze Catorze a limpeza anual do río Caselas en Salceda. Enmarcado no Programa de Limpeza de Ríos “Proxecto Ríos” e que de maneira conxunta en toda Galiza coordina a Asociación Ecoloxista ADEGA. Esta limpeza vense no Río Caselas realizando dende fai xa 5 anos.

O

Nesta limpeza se crearon dous grupos de actuación un grupo se centrou en limpar o

Nesta recollida as persoas que participaron, conseguiron retirar preto de 200 kg de lixo en total, dato símbolico, xa que se comparamos a retirada de lixo doutros anos, vese como disminuíu considerablemente, tendo en conta que no primeiro ano se retirou o cuádruple do retirado no presente ano. Candido Álvarez, concelleiro de Medioambiente, incidiu na importancia de manter os ríos limpos xa que son unha gran fonte de biodiversidade a protexer, onde, tanto no seu interior como nas súas marxes hai especies endémicas características deste tipo de ecosistemas, que poden verse seriamente amenazados ante a contaminación.

Fortunato Alvarez, Concelleiro de Vías e Obras, asegura que “Salceda asume o seu compromiso, con fondos propios, para executar parte do proxecto que a Confederación ten paralizado, trala chegada ao Goberno do Partido Popular. Sorprende que mentres se financian, con fondos europeos proxectos similares en concellos veciños, se paralice este proxecto: Espero que non se estea discriminando aos veciños e veciñas de Salceda por motivos políticos.” Marcos Besada, Alcalde de Salceda, ”agradece aos 127 veciños e veciñas que cederon os seus terreos para a execución desta obra. Un paso máis na recuperación e posta en valor do Río Caselas e do seu valioso patrimonio natural e etnográfico. Espero que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil cumpla coa súa obriga de executar no ano 2013 o resto da obra”.

As consultas sobre o obradoiro de vitivinicultura colapsan a concellería de Formación e Emprego espois da nota de prensa que se facía eco do convenio firmado entre a Concellería de Emprego e Formación de Salceda de Caselas e “Bodegas La Val” para formar a 15 desempregados do Concello de Salceda de Caselas nas tarefas propias dunha adega, esta concellería tivo que paralizar a súas tarefas diarias para atender aos desempregados que acudiron de forma masiva para informarse sobre estes plans formativos.

D

Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable desta área, considera que este interese dos veciños e veciñas de Salceda, reflecta a necesidade de levar a cabo este tipo de actuacións. Isto ven a confirmar que “os desempregados demandan maioritariamente este tipo de formación, e no caso desta especialidade de vitivinicultura ademáis de polo seu carácter novedoso miran nesta vía unha clara posibilidade de inserción, xa que esta actividade formativa pasaría a ser a primeira experiencia deste tipo en Galicia”.


15

Outubro de 2012 - Salceda

O desemprego en Salceda diminúe en 36 persoas tendo todos os seus membros desemprgados, “polo que dende as distintas administracións temos que seguir traballando para que esta situación mellore”.

alceda ten 36 desempregados menos respecto do mes anterior, isto supón unha diminución do 3,20%.. Esta reducción é un reflexo dos esforzos que se levan a cabo dende a área de emprego do Concello. A concellería de emprego, dirixida pola Tenente Alcalde Marina Cabaleiro, conta neste intre con un servizo de Orientación Laboral que traballa conxuntamente co Técnico Local de Emprego xa existente, ubicados os dous servizos na casa do Concello.

S

A pesares desta significativa diminución, a cifra segue sendo tremendamente alta, e moitas familias de Salceda seguen

As políticas de emprego que se levan a cabo dende a concellería van focalizadas en dous pilares base: a formación e a orientación para a insercción laboral, no que xoga un importante papel o servizo de orientación laboral e, por outra banda, o asesoramento a emprendedores, xa que o técnico de emprego recibe cada vez máis consultas de desempregados que teñen un proxecto de autoemprego. Algúns dos cales xa fixeron consultas sobre os servizos que ofrecerá a concellería no Viveiro Municipal de Empresas que se vai ubicar no CDL de O Torrón. Aposta polos emprendedores Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e concelleira de Emprego e Formación, explica que dende a concellería queren facer “unha importante aposta polos emprendedores, porque o autoemprego é a saída para moitos dos desempregados, a falta de axudas por parte da Xunta fai que como administración máis cercana traballemos para poñer a súa disposición os recursos necesarios, debemos ser o apoio a todos aqueles veciños e veciñas que teñan un proxecto de futuro”.

Disfrutando do domingo en Salceda de caselas domingo 14 de Outubro tivo lugar en Salceda de Caselas a III Festa gastronómica do Corzo no Torreiro de Santa María, organizado pola Asociación Xuvenil do Entroido da Feira. A festa comezou ás 10:30 contando con Maxi Adega como pregoeiro. Pola tarde a festa continuou coa charanga divertida, actuación de Maxi Adega e con animación infantil e xogos populares. O Club ciclista Aragonta proporcionoulle ao domingo a pinga de deporte, a través da “V Marcha de BTT Raíña Aragonta” que tivo un percorrido de 35km de dificultade mediaalta. Tamén houbo a IV Andaina “Coñece o teu entorno: Camiñando polas inmediacións de Agüín, que transcorre maioritariamente pola parroquia de Entenza e que constou dun percorrido total de 13 km cun grao de dificultade baixa.

O

Marcos Besada, Alcalde de Salceda, agradeceu o labor das Asociacións de Salceda e o seu importante papel á hora de traballar ofertando diferentes actividades para todos os veciños e veciñas de Salceda. Traballando xuntos, sempre poderemos conseguir que Salceda esté chea de actividades e que todo o mundo poda disfrutar.


16

Salceda - Outubro de 2012

Salceda urbán: o concello habilitará espazos públicos controlados para os grafiteiros Concello de Salceda quere controlar as áreas destinadas para a realización de graffitis, para o que vai a habilitar determinadas zonas que se atopan nun elevado grado de deterioro.

O

A fin é regular estos espazos, dentro do programa Salceda Urbán, para que as persoas profesionais no mundo do graffite poidan representar o seu arte nos espazos habilitados para o mesmo. Entre as zonas permitidas, se dará cabida a dúas temáticas diferenciadas, unhas zonas para temáticas condicionadas polo entorno e outras zonas de libre expresión, sempre condicionadas baixo o cumprimento do regulamento. Con esta inciciativa se pretende atender á chamada de antención que fai este colectivo ante a falta de cesión de espazos, por parte das administracións públicas. Só así se poderán controlar o número de pintadas ilegais que ocupan parte das fachadas das cidades e que coas que moitos grafiteros demostran a súa disconformidade. Os graffites poderán realizarse, unha vez tramitado o permiso correspondente na OMIX de Salceda, mediante o modelo de solicitude

correspondente e a presentación dun voceto do deseño que se quere realizar na área permitida. A Concelleira de Mocedade, Loli Castiñeira, asegura que “é moi imporante traballar en conxunto cos diferentes colectivos, e dada a gran calidade artística de graffiteros que temos no noso

entorno, queremos proporcionarlle un espazo onde se poidan desenvolver. Desta maneira se pode controlar o uso de determinadas zonas que quedarían embelecidas, e se evitaría os malos usos dos espazos para as chamadas “firmas vandálicas” que deterioran os espazos e imaxe dos grafiteros”.

O barrio da Feira estrea parque infantil barrio da Feira na parroquia de Santa María, está de noraboa ao estrear un novo parque infantil que está situado no Torreiro da Feira, a carón do Centro Cultural, e supón un complemento ideal ás instalacións polideportivas que xa existen neste lugar. O barrio, que experimentou un forte incremento da natalidade nestes últimos anos, ve cumprida así a dotación de novas infraestructuras adicadas para os máis pequenos, contando con todas as medidas de seguridade necesarias.

O Exposición sobre o cambio climático no auditorio de Salceda Hall do Auditorio do Concello de Salceda, acolle unha nova exposición, que leva por título “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción: O cambio climático”.

O

A Asociación Ecoloxista Treze Catorze é a encargada de organizar e montar a exposición itinerante facilitada polo organismo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), sendo o Concello de Salceda o colaborador da exposición. Poderase visitar por toda persoa interesada dende o 16 de outubro ata o 15 de novembro, no horario de 9:00 a 14:00 con entrada gratuíta polo Auditorio ou pola porta do Concello. Na exposición se poderá contar coa proxección dun video, que será divulgado no lugar da exposición.

Na fin de semana pasada os nenos e nenas da Feira e arredores puideron disfrutar xa do novo parque infantil grazas a súa inclusión no Plan de Investimentos do Concello do ano 2012, cun orzamento da obra de 18.800 euros. A nova área infantil consta dun multixogo, un columpio con asento para nenos pequenos e de dúas unidades de xogo de muelles instalado sobre un solo de caucho homologado cunha superficie de 96 m2. A demanda deste parque infantil por parte dos colectivos

veciñais da Feira ven dende hai moito tempo e o anterior goberno municipal incluíuno nun Plan para dotación de áreas infantís, é concedido pola Deputación ao Concello en Marzo do 2007. Tralo cambio de goberno, o novo Goberno Municipal executou a base de formigón do parque, a instancias da empresa adxudicataria, Contenur SL, e aportou a financiación do 10% do custo da obra, co ingreso nas arcas da Deputación, tal

como establecían as condicións da convocatoria do Plan. Ao non cumprir a Deputación co compromiso acordado, o Concello, despois de 5 anos de espera, aprobou nos orzamentos para 2012 a súa inclusión na partida de inversións, da dotación do parque infantil para o Torreiro da Feira, xa que é a única parroquia ou gran barrio do municipio que carecía ata hoxe desta infraestructura.


17

Outubro de 2012 - Tomiño

O Concello de Tomiño acorda por unanimidade cos sindicatos o réxime das baixas dos traballadores municipais O acordo dos complementos retributivos en situación de incapacidade temporal foron tomados no marco da Mesa Xeral de Negociación do Concello Concello de Tomiño e os sindicatos dos traballadores municipais veñen de tomar un acordo por unanimidade no que aos complementos retributivos debe percibir o persoal do Concello en situación de incapacidade temporal.

cidade temporal sen hospitalización provocada por enfermidades/patoloxías crónicas, dexenerativas, irreversibles ou incurables.

O

Dito acordo tomouse o pasado 4 de outubro por unanimidade no marco da Mesa Xeral de Negociación deste Concello na que están presentes os delegados sindicais e os representantes de COG, UGT,CCOO, CSIF e SPPME. Debido a recente entrada en vigor do Real Decreto-lei 20/2012, de 13 de xullo, de medidas a garantir a estabilidade presupostaria e de fomento da competitividade incorporáronse unha serie de novidades e modificacións en aspectos relacionadas cos dereitos e condicións laborais dos empregados de todo o sector público, incluíndo a administración local. As novidades que se incluían tiñan que ver cunha serie de limitacións dos complementos retributivos en concepto de mellora voluntaria da acción protectora da Seguridade Social que as Administración Públicas aboan ao seu persoal en situación de incapacidade temporal.

Por este motivo, cumpría fixar novos criterios aplicables ao persoal en situación de incapacidade temporal. Estes novos criterios fixan que se aboará un complemento até alcanzar o 100% das retribucións que se viñan percibindo no mes anterior ao causarse a incapacidade nos casos de hospitalización, intervención quirúrxica, maternidade, risco de embarazo, risco durante o aleitamento materno, paternidade ou incapa-

Traballo e Benestar convoca as probas de avaliación en competencias clave para acceder aos cursos para desempregados con certificado de profesionalidade de nivel 2

A Consellería de Traballo e Benestar publicou no DOG do 21 de setembro de 2012 a convocatoria de probas de avaliación en competencias clave para acceder aos cursos para desempregados con certificado de profesionalidade de nivel 2. Os interesados e interesadas en acudir ás devanditas probas deberán solicitalo por escrito, presentando o modelo de solicitude que se pode descargar na páxina: http://traballo.xunta.es/portada-competencias-clave, ata o 10 de outubro de 2012. As probas celebraranse en Silleda o próximo 24 de novembro. Para máis información poden preguntar na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Tomiño, nos teléfonos 986622001/2/3

No resto dos casos, e cando a incapacidade temporal se derive de continxencias comúns calcularase segundo as seguintes regras: -dende o primeiro día até o terceiro, inclusive, aobarse un complemento até acadar o 50% das retribucións que se viñan percibindo no mes anterior ao causarse a incapacidade. -dende o cuarto ata o vixésimo día, aboarse un complemento ata acadar o 75% das retribucións. -e a partires do vixésimo primeiro día, un complemento até acadar o 100% das retribucións. O Concelleiro de Persoal do Concello de Tomiño, Uxío Benítez, califica estes acordos “moi positivos e mostra da boa vontade da Mesa de Negociación. O goberno municipal quixo chegar a un acordo para que non entrase a normativa estatal, moito máis restrictiva e lesiva para os dereitos dos traballadores. Por outra parte, o goberno municipal continúa a estudar as formas legais oportunas para compensar aos empregados municipais ante a decisión do goberno de Rajoy de eliminar as pagas extras”.

O Concello de Tomiño pon en marcha a Escola Municipal de Nais e Pais partires do vindeiro mes comezarán diferentes obradoiros dirixidos ás familias. Haberá un obradoiro de intervención psicoeductiva para familias con menores en idade infantil baixo o lema “se queres, podes facelo” ou outro para familias con fillos adolescentes baixo o nome de “entón que, axudámanos”. Os obradoiros correrán da man dos psicólogos, Carmen Lomba no caso infantil e Manuel Lloves Moratinos no caso dos adolescentes.

A

Para os estudantes de 1º da ESO haberá un taller de hábitos saudables impartido polo persoal técnico do Centro de Saúde co que se abordará hixiene, alimentación e outros hábitos. Ademáis, organízanse obradoiros de cociña saudable para familias para cativos con trastornos alimenticios que se organiza en colaboración co Centro de Saúde. Dentro da programación do 2012-13 tamén se porá en práctica novos medios de terapia. Así dende o departamento de servizos sociais a través da Escola Municipal de Nais e Pais tomarán como punto de apoio a obra de Xosé Neira Vilas para traballar tanto cos maiores como coas familias. Por un lado, o programa de maiores traballará coa obra Memorias dun neno labrego, obra a través da cal recrearán as súas propias vivencias

persoais que poderán intercambiar os que así o queiran nos centros educativos. Por outro lado, iniciarase unha nova forma de traballo coas familias basada nas comunidades de aprendizaxe para o que se empregará a lectura de varias obras de Neira Vilas como Espantallo Amigo, Cabaliño de Buxo e A Marela Taravela. Será a través das tertulias literarias dialogadas nas que os pais traballaran sobre problemas de fracaso escolar ou inclusión social. Para finalizar a programación da Escola Municipal de Nais e Pais organizarase unha festa interxeneracional na que se pretende que participen os maiores, os pais e os nenos, as tres xeracións.


18

Tomiño - Outubro de 2012

O Concello de Tomiño organiza un obradoiro sobre acoso escolar Concello de Tomiño organiza un obradoiro para os estudantes que cursan 2º ESO sobre acoso escolar. O taller impartirase esta semana e máis de 120 mozos e mozas do IES de Tomiño que tomarán contacto con esta problemática escolar.

O

O acoso escolar ou “bullying” afecta a un 2% dos cativos en España. Tendo en conta estas cifras, os voluntarios e voluntarias da Omix de Tomiño desenvolverán ao longo de máis de 15 horas semanais un taller para os mozos e mozas. Durante o obradoiro facilitarán ao alumnado as claves para localizar o acoso escolar e como actuar tanto se somos a vítima como cando coñecemos algún caso. Para ilustrar as situacións proxectarase o filme do director Josecho San Mateo que leva por nome “Bullying”. Este filme do ano 2009, retrata o caso dun neno que sufre maltrato por parte dos seus compa-

Teatro, música e canto para os cativos e cativas de Tomiño este curso n ano máis, co comezo do curso escolar, inícianse novas actividades para os cativos e cativas de Tomiño. Por un lado, o Concello pon en marcha un novo curso da escola municipal de teatro que se impartirá no auditorio de Goián. A actividade vai dirixida para nenos de 4 a 8 anos que terían clase os luns de 16:00 a 17:30 , e para os de 9 a 12 anos, os martes de 16:00 a 17:30.

U

ñeiros de clase e mostrará tanto as dramáticas situacións como as consecuencias dunha experiencia así.

O coro infantil pola súa banda terá clases os mércores de 17 a 18:30 na Casa da Cultura. A actividade vai dirixida a nenos e nenas de 5 a 15 anos. Esta actividade está organizada polo Coro infantil de Tomiño.

A concelleira de mocidade, Cristina Martínez, resalta “a importancia deste obradoiros para os mozos e mozas. O traballo dos voluntarios e voluntarias, moi pretos a realidade da mocidade, facilitará a conexión e a reflexión sobre un problema tan actual como negativo que sofren moitos alumnos dos centro educativos do noso país”.

Por último, a Agrupación Musical de Goián oferta unha nova tempada da escola de música. As clases serán coma sempre no auditorio de Goián. Haberá varios grupos, entre os que temos o xardín musical para nenos de até 6 anos que terán clase os venres de 17 a 18 e para os maiores de 6 anos clase de solfexo e instrumento os mércores e venres.

Tomiño subvenciona con máis de 50.000 euros ás asociacións culturais Concello de Tomiño concede máis de 50.000 euros en subvencións ás asociacións culturais que participaron na convocatoria. As bases foron publicadas o pasado mes de xuño no BOP e unha treintena de asociacións benefíciáronse desta concesión das subvencións.

O

Como xa aconteceu coas subvencións deportivas, as culturais responden á iniciativa do goberno local por facer máis transparente a concesión de axudas ás asociacións

que desenvolven actividades culturais sustituindo o modelo anterior de subvencións nominativas. As asociacións que se benefician con estas axudas desenvolven actividades culturais dentro do municipio. A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, manifesta que “o feito de facer unha convocatoria pública para as subvencións culturais responde o interese de equidade entre as asociacións para que todas teñan as mesmas oportunidades no acceso ás axudas públicas“.

Curso de manipulador de alimentos en Goián O vindeiro 8 de novembro ás 17:00 dará comezo no auditorio de Goián un novo curso de manipulador de alimentos. Para inscribirse pode facelo na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Tomiño até o día 5 de novembro. O prezo son 15 euros.


19

Outubro de 2012 - A Guarda

A sétima andaina de 2012 percorrerá Covelo pola "Ruta do río Xabriña"

Máis de 50 persoas percorreron a ruta da desembocadura do Miño Concellería de Medio Ambiente convocou unha andaina o pasado sábado 22 de setembro para presentar a PRG160 Ruta da Desembocadura do Miño e na que participaron máis de 50 persoas.

A

Ás 9 da mañá deu comezo esta andaina xunto a Igrexa de San Lourenzo de Salcidos e o primeiro quilómetro corresponde ós camiños do Campo do Muño e a continuación escolleuse continuar pola variante 1 para coñecer de preto as marismas da Xunqueira e a súa importancia para este entorno natural. Dende o observatorio de aves continuase pola beira do Miño ata Forno do Duque e dende alí polo Camiño de Liñares e camiño do Pasaxe en dirección o Palomar. Este tramo permite descubrir camiños descoñecidos para moitos e baixo o abrigo de carballeiras. Esta senda chega ata a “Pedra do Porto” na Armona e continuase en dirección A Lamiña escollendo a variante 2 que se interna polo piñeiral ascendendo uns metros e achegándose ós muíños de vento xa no entorno costeiro. Polo camiño do Sollas baixase ata a senda litoral continuando uns metros ata escoller a variante 3 que ó longo dos camiños ofrecen unha

panorámica da costa da Guarda e volve novamente a senda litoral pasando o seixal e rematando no lugar das Pozas (onde remata a senda de madeira).

O

Tras unhas dúas hora a andaina remata a andaina nas Pozas. Algúns dos participantes continuaron pola senda litoral ata o porto e outros volveron a Salcidos empregando a ruta homologada (uns oitos quilómetros) pero nesta ocasión pola senda que percorre a beira do mar e do río.

A ruta segue o curso do río Xabriña, que nace na serra da Canda e rega veigas e prados de Lamosa, Mouriscados, Corzós… antes de verter no Tea. A ruta iníciase no lugar de Paraños, lugar pertencente ó concello de Covelo. O río é o verdadeiro protagonista e transcorre entre carballos, fragas, salgueiros, abeleiras e amieiros. No Pozo Demo forma un fondo e estreito canón. Os máis de trinta muíños e numerosos lagares e eiras de cera de Lamosa e de Paraños son testemuñas de actividades non moi afastadas no tempo. Os camiños, as pontes e pontellas, os antigos cruceiros e petos de ánimas son outros puntos de interese.

Esta nova rota de senderismo permite coñecer os valores naturais e ecolóxicos do Esteiro e desembocadura do Miño ó longo de oito quilómetros. Ademais esta ruta ofrece a posibilidade de coñecer o patrimonio etnográfico e outros camiños e lugares menos coñecidos grazas a unhas variantes aumentando así o percorrido ofertado a uns 11 quilómetros. A ruta conta con paneis informativos ó longo do percorrido. Esta ruta foi homologada pola Federación Galega de Montañismo e financiada pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

vindeiro sábado 20 de outubro levarase a cabo a sétima andaina da actividade “ANDAINAS 2012” organizada pola Concellería de Deporte e na que participarán unhas 100 persoas.

A ruta PR-G 119 duns 18 km está perfectamente sinalizada e como segue a curso do río Xabriña cómpre ter coidado de non esvarar e prestar especial precaución no Pozo do Demo. A hora da saída está prevista ás 9 horas do aparcadoiro da Sangriña e no que se disporán dous autocares para o traslado dos participantes. A hora estimada da chegada A Guarda será ás 17.00 horas, aínda que dependerá, do ritmo que marque o grupo.


20

A Guarda - Outubro de 2012

Centenario da sociedade promonte Promonte" e coa actuación da Coral Polifónica da Guarda. Con este evento abriuse un ciclo de conferencias que se irán realizando por diferentes lugares da vila ata o próximo mes de maio. Da man de recoñecidos expertos e investigadores en arqueoloxía e historia, e a razón dunha ou dúas charlas ó mes, estas charlas versarán sempre en torno a historia do Monte e á recuperación do mesmo, buscando a divulgación dun ben tan significativo para a nosa vila.

sábado 29 de setembro cumpríronse exactamente 100 anos do acto de constitución da Sociedade que xurdía co espíritu de protexer e embelecer o monte do que tomaba o nome.

O

O acto, que se celebrou no Centro Cultural, contou coa ponencia de Joaquín Miguel Villa sobre "Os indianos na Sociedade

Lorena González, natural do concello oiense presenta novas pespectivas e enfoques dun ben tan cercano a nós e tan descoñecido. A exposición, que xa estivo o pasado mes na Oficina de Turismo de Oia, estará aberta ó público de luns a venres en horario de mañá e tarde, e os sábados pola mañá.

Aberto o prazo de acreditación para as vacacións do IMSERSO O Departamento de servizos sociais informa que está aberto o prazo para ACREDITARSE no programa de vacacións para maiores do IMSERSO ata o próximo día 9 de outubro de 2012.

C

Nesta primeira campaña distribuíronse dípticos informativos e 2500 pequenos dispensadores de bolsas que os propietarios poden enganchar nas correas dos cans, de maneira que poden ser empregados en calquera lugar e momento no que se atopen.

Durante todo o mes de outubro teremos a oportunidade de disfrutar, no Centro Cultural da Guarda, dunha exposición de fotografía que nos mostrará os recunchos máis escondidos do Mosteiro de Oia.

Estes actos enmárcanse dentro do variado programa de actividades que se levan desenvolvendo ó longo do ano, que se iniciaron co concurso do logotipo do centenario no mes de febreiro e que continuaron con actividades tan variadas como as Lendas do Trega, os Obradoiros de arqueoloxía, a reedición do libro de Manuel Álvarez Vicente, e outros actos preparados que aínda están por chegar.

Campaña de recollida de excrementos caninos o lema “Non saben. Está nas túas mans” o Concello da Guarda iniciou xa en 2009 unha campaña de concienciación dirixida ós propietarios de mascotas sobre a necesidade de recoller os excrementos caninos para manter limpas as rúas e os espazos públicos como xardíns e parques.

Exposición de fotografías sobre o Mosteiro de Oia

“Eles non saben. Está nas túas mans”. Agora, o Concello pon en marcha unha nova campaña de recollida de excrementos caninos comprende carteis e folletos informativos e haberá un especial reforzo nalgunhas rúas e espazos públicos ca colocación duns paneis informativos. Na campaña advírtese de que serán sancionados os propietarios de animais domésticos que non recollan debidamente os excrementos das rúas e espazos públicos con multa de ata 90,15 euros.

Poderán acceder ao programa as persoas que reúnan calquera destes requisitos: ter como mínimo 65 anos cumpridos, ser pensionistas de xubilación do sistema público de pensións, ser pensionistas de viudedade do Sistema Público de Pensións, cuia idade sexa igual ou superior a 55 anos, ou outros pensionistas do Sistema Público de Pensión e prexubilados, en ámbolos casos con 60 anos de idade. Para máis información diríxanse ó departamento de Servizos Sociais do concello os luns, mércores e xoves de 9 a 13 horas.

Avelaíña celebra o Día Mundial da Saúde Mental cunha Marcha Saudable velaíña celebrou un ano máis o 10 de outubro o Día Mundial da Saúde Mental cunha serie de actos que incluían unha Marcha Saudable, que partiu desde a Alameda de Ramallosa, no municipio de Nigrán, até a Praza do Concello de Baiona, onde se leu un Manifesto e a continuación actuou o Grupo Xerock.

A

Este acto reuniu ao redor de 300 persoas, entre usuarios, familiares e achegados, ademais de autori-

Novas prazas no Conservatorio de música da Guarda

dades locais e responsables da área de Saúde Mental. Tamén participaron alumnos do IES A Sangriña e do CEIP A Sangriña, así como

usuarios da Asociación San Xerome Emiliani, que xunto con Avelaíña participan no Programa europeo Comenius Rexio.

A Dirección do Conservatorio Elemental De Música da Guarda comunica que durante o curso 2012/2013 realizan cursos monográficos para novo alumnado de 15 anos en adiante e nas seguintes especialidades instrumentai para as que ainda quedan prazas: clarinete, saxofón, piano e gaita. Tamén se convocan 8 prazas para os estudantes interesados en recibir clases de Linguaxe Musical (Solfeo). Os interesados dirixirse ó Conservatorio en persoa ou por teléfono n º 986613002 de 15:00-17:00 h. O prazo de admisión de alumnos será do día 8 ata o 30 de outubro ou ata completarse as prazas ofertadas.


Outubro de 2012 - Alén

21

Minho

Os desafios e as novas perspectivas do Alzheimer, tema de seminário en Melgaço s desafios e as novas perspectivas face à doença de Alzheimer são o tema central de um seminário a decorrer o dia 19 de Outubro, na Casa da Cultura de Melgaço.

O

Organizado pelo Município e pela Santa Casa da Misericórdia, o seminário abordará temáticas diversas relacionadas com a doença, tratadas por especialistas de diversas universidades, hospitais e associações, entre os quais a Dra. Ana Taborda, da Delegação Norte da Alzheimer Portugal, os Professores Doutores Jorge Pedrosa e Nuno Sousa, da Universidade do Minho, a Professora Doutora Carolina Garrett, da Faculdade de Medicina da Universidade do Porto, a Professora Doutora Margarida Sotto Mayor, do Hospital Magalhães

Lemos, e o Professor Doutor Pinto da Costa, das Universidades Portucalense e Lusíada. O seminário, que visa sensibilizar para a temática, destina-se essencialmente a profissionais de saúde e de apoio social, mas também a cuidadores ou familiares de doentes de Alzheimer.

Organizado pelo Município e pela Santa Casa da Misericórdia, o seminário abordará temáticas diversas sob a doença


22

Alén Minho - Outubro de 2012

Trilho Pedestre do “Castelo da Furna” em Valença castelo rochoso da Furna, os Garranos e a aldeia serrana de Taião, foram os atrativos da caminhada que a Câmara Municipal de Valença promoveu, no Trilho Pedestre do Castelo da Furna, com a distância de 14 Km's, em 13 de Outubro.

O Valença Promoveu Arte com Materiais Reciclados alença recebeu a 1ª Feira de Arte com Materiais Reciclados, no fim de semana de 13 e 14 de Outubro, na avenida da Estação, numa iniciativa da Câmara Municipal que contou com o apoio de diversas entidades. Durante dois dias Valença apresentou duas dezenas de artistas e criadores locais com inovadores obras de arte, a partir do papel, barro, sabão, dos trapos, da madeira, das garrafas e dos mais diversos frascos, embalagens e outros materiais. Atelier's de pintura em azulejo e tela, de elaboração de papel reciclado e de sabão artesanal a partir de óleo usado, proporcionaram a oportunidade de conhecer algumas técnicas enriquecedoras de recuperação e reutilização de materiais. Performances de rua, tendo por temática o ambiente e a reciclagem, animaram o certame, a cargo dos alunos do curso profissional técnico de animadores sócio cultural, do Agrupamento Muralhas do Minho.

V

"Comédias do Minho" apresenta en Monçao "O Esmagador de Uvas" A peça de teatro "O Esmagador de Uvas", produzida pela companhia residente do Vale do Minho "Comédias do Minho", é apresentada este sábado, 20 de Outubro, pelas 21h30, na Adega Cooperativa Regional de Monção. A entrada é gratuita. Com criação de John Mowat, cenografia de Kevin Plumb, a peça, promovida pela ADRIMINHO no âmbito do Projeto de Cooperação "Histórias Decantadas", é interpretada por Gonçalo Fonseca, Luís Filipe Silva, Tânia Almeida e Rui Mendonça.

Os primeiros pontos de interesse começaram mesmo no início, no Museu Rural onde se guardam objetos ligados à agricultura, à pastorícia e à exploração mineira do volfrâmio. Nas proximidades foi possível observar vários sarcófagos (sepulturas escavadas na rocha). O percurso encaminhou-se pela encosta da serra de São Lourenço, com passagem pelos vários núcleos de gravuras

rupestres, até à Furna, pelos montes onde domina a pastorícia de cavalos garranos, semi selvagens e de cabras. Já na Furna foi possível observar o imponente aglomerado rochoso e as marcas do que foi um castelo medieval natural. A magnitude do espaço, as inúmeras saliências das formações rochosas, as grutas, os

pontos de interesse arqueológico e as múltiplas lendas associadas fazem deste lugar um espaço de singular beleza. Do castelo restam apenas as marcas das traves nas rochas e as memórias históricas do que foi a sede do Julgado de Froião que abarcava Paredes de Coura e a parte norte de Valença, na época Medieval.


23

Outubro de 2012 - Cultura

Sabías que...

diferencian esta da propaganda entendendo que a primeira é para dar a coñecer un produto ou contido e a segunda para asentalo ou para convencer ao consumidor.

M.R.

p

rocedencia teñen as "tesoiras"? As primeiras foron para trasquilar ovellas, por iso derivan da forma latina FORFICES TONSORIAS que quere dicir literalmente "tesoiras de trasquilar". A forma TONSORIAS é a que está detrás das nosas "tesouras" coa variante "tesoiras", alteración tamén presente en "coirocouro".

o

rixe ten a "propaganda electoral"? Pois vén do verbo PROPAGARE ("repartir", "difundir"...) que se usaba no ámbito agrícola falando de sementes. Figuradamente levouse ao campo da comunicación (difundir unha información) posiblemente a partir de que o fixese a Igrexa en 1622 ao crear unha Congregación para a Difusión da Fe. Desde o XVIII e XIX úsase no ámbito da política. Os expertos en publicidade

é

un "programa"? Vén do grego PROGRAMMA, daí pasou ao latín e posteriormente ao francés (programme) e así chegou ao galego. En orixe denotaba "anuncio público" ou "temario". Xa en grego se compuña de PRO + GRAPHEIN ("antes de escribir) Así a día de hoxe entendémolo como "declaración por escrito do que pretende facer". Outra cousa é que se cumpra o que se presentou por escrito...

A

LCABRE é prerromano? A coñecidísima zona de Alcabre, en Vigo, ten un topónimo de procedencia prerromana. E non o sabemos por ningún resto arqueolóxico, os pobos que habitaron o noso territorio antes da chegada dos romanos eran ágrafos. Pero na toponimia encóntrase moita información gardada. Os nomes de lugar acabados en obre, -abre e -ebre son de posible orixe celta. Sábese que este elemento significa poboado pero recontruir a que facía referencia ao resto xa non é tarefa doada. Compárese con Baiobre, Barallobre, Callobre, Cecebre...

Begoña Caamaño (Galaxia, 2012)

Inma Otero Varela entro da nosa tradición literaria, tan dada a darlle periodicamente algunha volta á materia de Bretaña, botábase en falla unha obra coma esta.

D

Nace Ollos de aula, a revista dos Equipos de Normalización Lingüística

Morgana en Esmelle sería o último texto que deu esta sorte de código arturiano no que ciframos a realidade cando precisamos a distancia do mito. E xa ían sendo horas dunha revisión en clave feminista. Begoña Caamaño recorre ao Merlín máis galego, o de Cunqueiro, para enmarcar unha explicación oculta da derrota de Artur e, por extensión, da súa patria. En terra de Miranda Merlín recibe a visita de Morgana, irmá do rei bretón, para axustar contas co pasado e dignificar o seu propio papel e o de Viviana, dúas das mulleres peor tratadas por algunhas versións da historia. A vocación irreverente non remata aquí. A perspectiva feminina,

Manuel Rosende A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística vén de facer pública unha nova publicación dirixida ás familias, baixo o nome de "Ollos de aula". Pódese descargar gratuitamente na web da coordinadora [www.coordinadoraendl.org/ollosdeaula]. Trátase dunha pequena revista dirixida ás familias e que ten como obxectivo dar a coñecer aspectos do mundo académico para os familiares. Así por exem-

plo, no primeiro número abordan a lexislación actual en materia educativa, explicando que é a LOE (Lei Orgánica de Educación) ou dan seis claves para empezar ben o curso. Ademais abordan aspectos relacionados coa lingua, coa súa normalización e mais coa súa aprendizaxe. Ollos de aula estará nos centros de ensino, así como na web da Coordinadora Galega de Equipos ou nas páxinas e blogs dos centros de ensino cunha periodicidade mensual.

Morgana en Esmelle subversiva de por si, permite que se multipliquen as lecturas que cuestionan o relato oficial sobre o “goberno” de Artur, as estratexias que permitiron que chegase ao poder e os motivos do seu fracaso, aspectos que, á súa vez, traducen a actualidade galega de xeito orixinal e nada axiomático. A loita entre os dous modus operandi que se plantexan na obra non fan máis que abrir interrogantes que aínda non fomos quen de pechar: como se deben xestionar as esencias da identidade? Como se prepara o futuro da nación? Onde están os límites da ética para os políticos, os xestores e os intelectuais da patria? É máis eficaz refuxiar o saber nunha sorte de Ávalon que mide os contac-

tos co pobo á espera de tempos mellores, ou renunciar aos propios principios en busca dun achegamento populista aínda que manipulador? É beneficiosa a relación entre poder e relixión? E xa no plano máis íntimo, ata que punto son xustas as fronteiras nas que a sociedade pecha o amor? Ata que punto estamos feitos de remorsos e derrotas? Porén, a solemnidade destas preguntas en ningún momento dificulta a lectura que discorre cómoda grazas a uns personaxes ben construídos, á diversidade de argumentos paralelos e á curiosidade que esperta coñecer a cara “B” dunha historia que nos é tan sabida.


Xornal Galego de Información Xeral Director: Carlos Rey Bárcenas. Edita, maqueta e imprime: Publicaciones Tameiga, S.L. Enderezo: Avenida do Aeroporto, 83, Tameiga,

Mos. Pontevedra. Enderezo electrónico: redaccion@hermeseatenea.com publicidade@hermeseatenea.com director@hermeseatenea.com Teléfonos: 986487480/658585049 Coordinador: Guillermo Rodríguez Colaboradores: Alicia Rocha, Vicente Alló, X. A. Pérez Lema, Pablo Glez Mariñas, Anxo Fernández

Saborido, Antonino García, Emilio Ínsua, Anxo S. Porto Ucha, Xoan Xosé Pérez Labaca, Raúl Daniel Sotelo, Manuel Rosende, Inma Otero, Miguel Andión, Juan Louzán (Madrid), Coki (Nova Iorque), Carlos Barros Fotografía: Arquivo, Hernández Publicidade:Guillermo Rodríguez e departamento propio Depósito Legal: VG175-2012

Este xornal imprímese en papel reciclado

A mostra durará dúas semanas e inclúe talleres en directo

A Casa de Galicia en Madrid ofrece en colaboración co Centro Galego de Móstoles unha mostra de palillos e patchwork ta o pasado domingo 14 de outubro, a Sala B da Casa de Galicia acolleu unha exposición de palillos e patchwork, realizada en colaboración co Centro Galego de Móstoles. A mostra, que exhibiu preto dun cento de pezas elaboradas de forma artesanal, contou tamén con talleres en directo que as socias do Centro ofreceron in situ, de forma gratuíta, a cantas persoas mostraron interese.

A

No acto de inauguración interviñeron a coordinadora de Actividades da Xunta en Madrid, Ana Rodríguez Barrena, quen pronunciou unhas palabras de benvida en nome do delegado, -por encontrarse de viaxe-, e o presidente do Centro Galego de Móstoles, Francisco Rodríguez Santiago. Na súa intervención, Ana Rodríguez explicou que os encaixes de palillos “se coñecen en toda Galicia, e en moitos lugares do mundo como encaixe de Camariñas, por ser as mulleres desta vila as que conseguiron facer perdurar a fama dos finos traballos que veñen realizando dende hai séculos, e que, non obstante, desapareceron noutros puntos do litoral galego". Comentou tamén que "Ás mulleres, e por que non aos homes, que realizan estes traballos, se lles coñece como palilleiras/ros polo manexo dos palillos -que son os bolillos en castelán- e se coñece como palilladas ás reunións, nas casas ou nalgún outro lugar común, para facer o encaixe. Pois ben nesta exposición, non só se recollía a mostra dos traballos creados polos membros do Centro Galego de Móstoles, senón que se trataba dunha mostra viva, na que funcionaron as palilladas que habitualmente se imparten en Móstoles, e que estiveron abertas a todos aqueles que quixeran coñecer ou perfeccionar a técnica no encaixe de palillos". Pola súa banda, Francisco Rodríguez comentou entre outras cuestións o gran desenvolvemento e acollida que historicamente tiñan os encaixes dende o Século XVI inmortalizados por Velázquez no XVII "cos fabulosos colos e puños de moitos dos personaxes retratados". Recordou tamén que se hai un nome en Galicia que evoca o encaixe, é sen dúbida Camariñas, "pobo cuxa acti-

vidade está ligada ao mar, -conta cunha conserveira de máis de 125 anos de historia- pero onde os encaixes teñen nome propio, son reclamo para o turismo e un importante peso na súa economía". A Camariñas acoden cada ano as profesoras de palillos de Móstoles para "estar ao día de técnicas e deseños" e así poder incorporar ás súas ensinanzas as novidades que se produzan nesta arte, comentou Rodríguez Santiago. Entre os obxectos expostos na Casa de Galicia encontrábase unha ampla colección de abanos, chales, panos, fulares, panos de mesa, ligas de noiva, bolsos, manteis... Destacaban especialmente polo seu traballo e complexidade un chal de seda e un calendario de advento, cun valor de máis de dous mil euros cada un. O Centro Galego de Móstoles creouse en 1997 co obxectivo de reunir os galegos da zona sur da comunidade de Madrid. En canto aos palillos, a entidade foi pioneira en promover clases desta materia, que tiveron sempre unha grande aceptación, non en van tamén o

Centro Galego organiza na localidade os Encontros de Palillos que se celebran, a nivel local, autonómico e nacional. Alumnas e profesoras do Centro Galego de Móstoles acoden tamén a outras citas por toda a xeografía española, Cuenca, Guadalajara, Toledo, Zaragoza... onde as palilleiras intercambian e amplían coñecementos, técnicas e formación sobre todos os aspectos desta delicada actividade.

Na exposición na Casa tamén había pezas de Patchwork, ou a palabra española sinónima Almazuela, (que provén do árabe almozala ou almozaia, de almoçala, alfombra), resultado da unión de pequenas pezas. Inicialmente estes traballos facíanse para "reciclar" restos de teas ou recortes de pezas xa usadas pero na actualidade converteuse nunha arte que ten millóns de seguidores en todo o mundo.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
A NOVA PENEIRA - Nº10 - Outubro 2012 by A Peneira Dixital - Issuu