EDITORIAL Remata outro curso escolar, sen dúbida son unhas vacacións sempre merecidas, pero este ano máis se cabe. Botamos de menos o festival, a merenda por todo o alto, a excursión de fin de curso semellante á doutros anos, así como, as relacións académicas e lúdicas entre todo o alumnado mesturado e todo un conxunto de actividades que non puidemos facer por mor da pandemia. Poderiamos dicir que é un curso máis que se vai, e sen embargo pesa como ningún. Pola contra, e para darlle un matiz positivo queriamos agradecervos a vosa implicación e bo comportamento. Vós, os nosos cativos, asumistes dende o primeiro día de curso as novas normas e situacións excepcionais como algo ordinario e de seguido se viron os bos resultados. Grazas ao voso esforzo e ás medidas adoptadas pola Fundación, por todo o persoal do centro, así como, a aportación da ANPA o resultado non podería ser outro. Así que, este logro é voso. Todo o vivido este curso é unha lección de sabedoría non só no ámbito educativo e docente senón de supervivencia. Por iso querido alumnado queremos dicirvos que non vos despoxedes desta experiencia e que en todos os vosos actos da vida teñades presentes que o noso reto educativo é intentar educarvos en valores, en igualdade de oportunidades e no desexo de facer a cada un de vós persoas de ben, responsables dos seus actos e coñecedores do que é unha boa educación, formación e constancia no traballo diario e no saber estar. Unha das cousas que puidemos facer é compilar bos recordos do curso que quedarán impresos na revista dixital. Esperando que vos guste queremos despedirnos dicindo que a nosa porta non se pecha, que ao mesmo tempo que tivemos as fiestras abertas, que poñer máscaras, xeles, distanciamentos.... permanecerá aberta sexan as inclemencias ou circunstancias que sexan para todos; para os que se van e para os que veñan e o día que esta inesperada pandemia remate, volveremos a abrazarnos e a recordar e revivir momentos de xeito máis distendido. Así que coma sempre é un pracer contar con vós e as vosas familias e vervos medrar curso a curso. Como último deber, tendes que desfrutar das vacacións ben merecidas e despedimos ata setembro aos alumnos que continuarán no centro e ata sempre aos que comezan unha nova etapa; que a meta non está aquí, senón que este é o comezo dun camiño que agora emprendedes sos, ou máis ben, acompañados doutras mans iguais de útiles e servizais se cabe, pero por riba de todo queremos que recordedes que aquí neste centro e en cada un de nós, tendes o espazo e unhas persoas coas que podedes contar.
Despois da primavera chega outra estación, onde o sol brilla no ceo, motivo de celebración! Botarémonos de menos, Felices vacacións!
Día Internacional contra a Violencia de Xénero, 25 de novembro
Día Escolar da Non Violencia e da Paz, 30 de xaneiro
Pablo Castro Bueno, gañador na categoría C (5º e 6º de EP) Cibrán Rey Castromil, segunda posición na categoría C (3º e 4º de EP)
O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía!
Día do libro, 23 de abril
Primavera Que as flores choren e se fagan maiores. Que as herbas medren e retumben as cores. Que as froitas maduren e teñan mil sabores.
Fotopoemas. 4º Educación Primaria
Fotopoemas. 4º Educación Primaria
Amarelo, verde e azul. Hai tres cadeiras moi bonitiñas, pero a xente xa non lle fai caso porque as pobres están moi velliñas! Sonche ben graciosas e fermosas, pero a xente xa non as quere por ser misteriosas e curiosas! Amarelo, verde e azul... difiren, pero a xente xa non as usa porque orgullosas así o prefiren!
Fotopoemas. 4º Educación Primaria
Entroido 2021… Adiviñades o tema?
Entroido 2021… E tamén deixamos voar a imaxinación!
Semana da prensa: Xornalistas por uns días!
Educación Vial…
Este curso tampouco podía faltar!
21º Concurso de pintura infantil da camelia, promovido polo Concello de Vedra
Letras Galegas 2021
Contacontos con Sabela Gago
Mago Víctor Noir
Can you guess the solution for these riddles?
Solutions 1. Because it isn’t raining. 2. 10 3. Envelope (sobre) 4. One. (As a man was…) 5. The match. 6. A, W. What Are The… 7. All the months have 28 days.