Teatro do absurdo

Page 1

TEATRO DO ABSURDO O Teatro do absurdo abarca un conxunto de obras escritas por algúns dramaturgos estadounidenses e europeos durante as décadas de 1940,1950 e 1960 e, en xeral, xurdiu a partir da súa obra. Caracterízase polas tramas que parecen carecer de significado, diálogos repetitivos e falta de secuencia dramática que a miúdo crean unha atmosfera onírica. O teatro do absurdo ten fortes trazos existencialistas e cuestiona a sociedade e o home. A través do humor e da mitificación escondían unha actitude moi esixente cara á súa arte. A incoherencia, o disparate e o ilóxico son tamén trazos moi representativos destas obras comúns.

Orixe O termo foi acuñado por Martin Esslin cando escribiu “O teatro do absurdo” en 1961. O libro considerouse o texto máis influínte no teatro da década dos 60. Na primeira edición do seu libro, Esslin presentou os catro escritores que definiron o movemento: Samuel Beckett, Arthur Adamov, Eugène Ionesco e Jean Genet. Nas seguintes edicións, engadiu a Harold Pinter. Esslin baseouse nos ensaios filosóficos de Albert Camus para describir as características do teatro absurdo. A literatura do absurdo dá mostra da filosofía do dramaturgo da cal Beckett é un dos máximos representantes.

Principais Características O teatro do absurdo busca romper coas categorías aristotélicas, polo que un dos cambios máis importantes se representa na acción a través de catro elementos diferentes: a transformación repentina do personaxe, a intensificación progresiva da situación inicial, a inversión do principio de causalidade (as causas producen efectos contrarios aos que cabería esperar) e a énfase rítmica ou emocional para crear unha impresión de desenlace.

Roberto Vidal Bolaño Roberto Vidal Bolaño foi un dos mellores dramaturgos galegos en canto ao teatro do absurdo. A súa primeira obra escribiuna con 15 anos. Titulouna O Xogadeiro e seguiu toda a súa vida facendo este tipo de teatro, polo que tivo que estudar o bacharelato nocturno, xa que empregaba moito tempo no teatro.

Kevin Amorín 4ºB Damián Martínez 4ºB Marcos Rodríguez 4ºB


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.