QUE É? EN QUE CONSISTE? O Stand-up Comedy, tamén coñecido como “comedia en vivo”, é un espectáculo de humor onde unha persoa se presenta de pé ante o público (de aí vén o termo “stand up”) e aborda temas de actualidade con carácter humorístico. É un tipo de arte que se adica sobre todo a conseguir o riso inmediato do público.
HISTORIA A comedia en vivo ten as súas raíces hai máis de medio século. Daquela, ser un comediante era só o principio no mundo do espectáculo. Os pais deste tipo de comedia foron os presentadores de radio de Estados Unidos. Entre 1950 e 1960 aparece unha nova xeración de comediantes que falaban sobre temas políticos, raciais e de humor sexual. Porén, os comediantes máis coñecidos son das décadas dos 80 e comezos dos 90. Entre eles atópanse Jerry Seinfled, Jim Carrey, Robin Williams, Eddie Murphy...
A comedia en vivo chegou a España en 1999, coa aparición da canle Paramount Comedy, na cal déronse a coñecer Ángel Martín, José Juan Vaquero ou Joaquín Reyes. Nese mesmo ano, xorde o programa televisivo “El club de la comedia”, actualmente emitido en Antena 3 e La Sexta, no cal aparecen actores como Imanol Arias, Dani Rovira ou Santiago Segura.
Dende a nosa comunidade autónoma xurdiron grandes cómicos, entre eles: Quico Cadaval, con traballos como “Noite de reis” ou “O que queirades” co que gañou o premio María Casares pola mellor dirección. É o autor tamén de “A ópera dos tres reás”.
Bea Campos fai sesións de contacontos aos nenos. Algúns deles son “Os de arriba e os de abaixo”, “O libro dos porcos” ou “Aínda nada?”. Leonor Ana Sara Sienes 4ºA