Skip to main content

A quintadoslibros recomenda

Page 1

A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2017

PARA

AGASALLAR

NESTE

NADAL DESDE A QUINTA DOS LIBROS RECOMENDAMOS...


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2017

PARA IR ABRINDO BOCA... +4

Un libro delicioso cheo de receitas e de cancións para que os pequenos e as pequenas da casa nos deleiten cos mellores sabores.

Cal é a orixe do Apalpador? Por que un carboeiro do Courel decidiu dedicar a súa vida a sorprender cada fin de ano con pequenos agasallos? Descúbreo nesta intrigante historia dramatizada e magnificamente ilustrada a toda cor. +6


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2017

Había unha vez, no medio e medio do bosque, unha rapaza chamada Brancaneves que fuxía dunha bruxa malvada. Nunha casiña, habitada por 77 ananos, atopou acubillo.Os simpáticos ananiños acordaron que podía quedar con eles o tempo que quixese.—Poderías axudarnos un pouco coas tarefas da casa? — dixéronlle. Esta reinterpretación do conto clásico de Brancaneves supón un canto á liberdade. Unha historia divertida e chea de humor que cuestiona os estereotipos aceptados que moi a miúdo

+5

impiden a educación na igualdade de dereitos e oportunidades de nenos e nenas.

Había unha vez unha nena que vivía coa súa terrible madrasta e con dúas medias irmás

aínda

ocupándose

peores. das

Pasaba

tarefas

os

do

días

fogar

e

soñando cun aposto príncipe. Ata que un día se anunciou o famoso concurso de baile...Esta

reinterpretación

do

conto

clásico de "Cincenta" supón un canto á liberdade. Unha historia divertida e chea de humor

que

cuestiona

os

estereotipos

aceptados que moi a miúdo impiden a educación

na

igualdade

de

dereitos

oportunidades de nenos e nenas.

+5

e


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2017

Un libro para mentes curiosas no que Ledicia Costas e o ilustrador Víctor Rivas interactúan co público. Receitas

+8

terroríficas, un espectáculo de circo e diversos contidos extra reunidos nun volume pensado para ler, xogar e afondar no universo de Escarlatina, a cociñeira defunta.

Xinfu e Wini levan unha vida tranquila na casa do seu dono, mais todo cambia cando Wini atopa un óso enterrado no seu xardín. O anaco de óso en cuestión semella ter algo moi especial que levará os protagonistas a viaxar a enrolarse nunha aventura máxica e chea de acción.

+5 +10

A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2017

Para Ben, os venres son o peor día da semana. Mentres os seus pais ven Bailando coas estrelas, el ten que pasar a noite coa súa vellísima avoa. Non pode faltar a sopa de repolo e a partida de Scrabble. Pero un día Ben descobre que a súa avoa agocha un auténtico tesouro… Será a ladroa de xoias máis buscada do mundo?

+11

Eduarda Coedo Alba, á que lle chaman Edua porque lle gusta máis, vive na aldea do Cebreiro, que está no curuto dun monte moi alto, cerca de Pedrafita, na terra de Ancares. Polo seu aniversario, o seu avó regálalle un caderno que cambiará a súa forma de ver as cousas.

+11


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2017

Chimamanda Ngozi Adichie demostra neste elocuente e perspicaz texto que ser feminista non é cousa só de mulleres. Neste libriño, a autora nixeriana ofrece unha definición singular do que significa ser feminista no século XXI, cun estilo claro e directo, sen deixar de lado o humor, ao tempo que dá pistas de como facer deste mundo un lugar

+ 13

máis xusto. Adichie recorre á súa experiencia persoal, como muller residente en Lagos, e a numerosas expresións da desigualdade de xénero que se poden ver aínda a día de hoxe en todo o mundo.

Por culpa de Caraempanada, que me suspendeu Historia, vou ter

+13

que pasar o verán no campamento da Illa do Tempo. Alí convivimos rapazas de diferentes décadas do século XX. Dáme que este verán imos viaxar no espazo… e no tempo. Acompáñasnos?


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2017

O protagonista principal de Anagnórise é Nicolau Arís, un rapaz con problemas que un día decide deixar os estudos no Instituto e marcha a Madrid en autostop co propósito de encontrar a uns amigos que se dedican a negocios relacionados co tráfico da droga. Na estrada recólleo unha muller intelixente, de nome celosamente oculto, coa que conversa nas horas da viaxe. Os diálogos, áxiles e ocorrentes, revelan a rica personalidade de ambos. Despois de que Nicolau entre en contacto cos compañeiros que o agardan en Madrid buscará a súa amiga ocasional e só entón saberá o seu nome. Nova edición dun dos libros máis coñecidos entre a mocidade galega.

Despois de demostrar que é inocente e ser absolto do asasinato do que fora acusado con 14 anos, Éric sae do Correccional. Con todo, a reinserción vaille resultar dura. Xenia axúdalle a superar as barreiras infranqueables pero, será o amor unha forza suficiente para superar as dificultades?

+13


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2017

Desta volta achégase a unha das aventuras máis importantes da historia da humanidade, protagonizada por uns nenos que non tiñan idea de facerse heroes. Aínda que o foron. Nos seus pequenos corpos, brazo a brazo, levaron a vacina da varíola a América. Sacados dos hospicios da Coruña, Santiago e Madrid, cruzarán o Atlántico formando parte da Expedición do doutor Balmis e na que unha muller fascinante, Isabel Zendal, xogará un papel determinante. A historia comeza en 1803. Na miseria dos orfanatos. Nun barco que pode ser tamén unha tumba. Nun mar hostil e desapiadado. No medio dese universo cruel, a esperanza e un posible futuro. O heroísmo anónimo de 22 nenos que, grazas a este libro, xa non o serán máis nunca.

Un grupo de dezaoito persoas comandado pola profesora Sandra Olivares viaxa na procura do mítico Eldorado logo do achado dunha estatuíña humana de ouro macizo e fasquía precolombiana. A convivencia desencadea liortas, intrigas e traizóns, pero tamén relacións de amizade e amoríos. Novela de aventuras cargada de intriga, cunha máis que notable evolución psicolóxica dos personaxes nun ambiente vizosamente descrito da selva amazónica.

+13


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2017

Estamos no ano 2044 e, como o resto da humanidade, Wade Watts prefire mil veces o videoxogo OASIS ao cada vez máis sombrío mundo real. Asegúrase de esconder as pezas diabólicas dun enigma cuxa resolución conduce a unha fortuna incalculable. As claves do enigma están baseadas na cultura de finais do século XX e, desde hai anos, millóns de humanos intentaron atopalos sen éxito. De súpeto, Wade consegue resolver o primeiro crebacabezas do premio e, desde ese momento, debe competir contra miles de xogadores para obter o trofeo. O único xeito de sobrevivir é gañar; pero para iso terá que abandonar a súa existencia virtual e enfrontar a vida e amor no mundo real, desde o que sempre intentou escapar.

Veronica é unha moza de 17 anos que sufriu moito o divorcio dos seus pais. Despois da separación, o seu pai mudouse de Nova York a Wilmington, Carolina do Norte. Logo de tres anos, aínda estaba molesta, especialmente co seu pai, pero acaba pasando as vacacións con el.

+13


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2017

Charlie é un neno diferente do resto. Vivir á marxe da realidade. Non lle gusta saír con amigos ou mozas. A súa incapacidade de relacionarse cos demais por mor da súa inxenuidade e sinceridade tornouse aínda peor despois de que o único amigo falecese. Entón, atoparse con dous dos nenos máis excéntricos do instituto xerará un cambio radical na súa vida que verá a realidade desde dentro.

+14

Publicado orixinalmente en 1951, este libro mostra a través da súa protagonista, Holden Caulfield, a rebelión adolescente. É un libro moi lido nos Estados Unidos e tamén moi controvertido.


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2017

DE SEGUNDO PRATO, UNHAS RECOMENDACIÓNS DE BANDA DESEÑADA... Unha gata crúzase por diante dun

coello

e

o

universo

metafísico alíñase para que todas as iconas do rock & roll conflúan no delirio do amor máis duro e rebelde do barrio. Cando

estas

dúas

almas

converxen nunha tatuaxe, de estrañas

calidades,

tan

só

resta

bailar

endiañadamente

como

unha

bóla

de

billar

perdida na xungla de asfalto, pois

xa

non

hai

fera

no

suburbio que free este instinto básico.

De

social/fantástico.

Os personaxes creados por Albert Uderzo e René Goscinny volveron! Logo de «Astérix e os pictos» e «O papiro do César», Astérix e Obélix regresan con «Astérix en Italia», o novo álbum asinado polos talentosos Jean-Yves Ferri e Didier Conrad. En «Astérix en Italia», Astérix e Obélix embárcanse

nunha

gran

aventura

que fará que coñezan a fondo a sorprendente Italia antiga

xénero


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2017

O licor café é o leit motiv para o desenvolvemento de trece historias curtas de estilo moi diverso, que como pequenos grolos ofrecen unha rápida degustación do que están a facer os novos creadores. O cómic galego ten zume novo tal e como demostra esta selección de autores. Estes trece groliños compoñen ademais o primeiro título da nova colección BDG13, na que se publicarán outras escolmas da nova xeración da banda deseñada galega.

As mellores viñetas publicadas de Santi Gutiérrez. Temas de actualidade destacados desde unha ollada crítica

Tonecho é un personaxe mítico creado

polo

non

menos

mítico

debuxante Xaquín Marín. Dende as páxinas

da

inesquecible

revista

Golfiño (2000-2004 —que educou visualmente galegas

e

traballaban humor

varias

xeracións

galegos, os

gráfico

máis de

e

onde

grandes nós

de do

Tonecho

aparecía como unha voz cargada de

retranca,

profunda

inxenua,

sabedoría,

mais e

de

moita

crítica. Nesta edición, a Editorial Galaxia

recupera

a

completa de Tonechos.

colección


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2017

.. E DE SOBREMESA, UN POUCO DE

MÚSICA PARA MOVER O ESQUELETE


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2017

O novo traballo de Paco Cerdeira contén cancións de rock e outros estilos para o público infantil e para as familias. Son cancións divertidas que teñen tamén unha mensaxe para pensar e aprender gozando da boa música.

Camiños é unha metáfora da vida onde conflúen música, teatro, poesía e contos, para estimular e enriquecer a imaxinación e a creatividade dos nenos. 13 cancións orixinais (das que destaca a xa publicada «Marcho que teño que marchar»). Contos e poemas de Carlos Meixide, Víctor F.Freixanes, Ledicia Costas, Francisco Castro, Paula Carballeira, Anxos Sumai, Marta Somoza, María Lado, Antonio García Teijeiro e Eva Mejuto. As ilustracións son de Leandro Lamas.


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2017

Traballo con doce cancións nun libro disco no que volven participar o ilustrador David Pintor e José Miguel Sagüillo dirixindo os videoclips que forman unha curtametraxe. Os temas están dispostos ao xeito da grella de programación dunha peculiar emisora. As composicións destacan polos ritmos modernos, pegadizos e bailables cos que Paco Nogueiras invita á participación. Inclúe textos de xornalistas e comunicadores sobre o valor da radio como ferramenta informativa e a súa utilidade no eido escola.

Con

cada

pódese

letra

crear

do

tantas

abecedario aventuras

como se queiran! Fadas, bruxas, xigantes,

indios,

piratas,

unha

elefanta rapeira ou unha mamá marciana

acompañarannos

nesta

viaxe de Fantasía coas palabras. Unha proposta para aprender o abecedario dunha maneira orixinal e divertida. Con ilustracións de Xosé Tomás.


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2017

A vida está chea de cores e sabores diferentes, mais tamén de estilos musicais moi diversos. Pitusa Semifusa hai días que quere rock and roll, e outros necesita flow para que todo sexa tranquiliño. En dez pezas, Olga Brañas condúcenos polos distintos estilos cun libro-CD didáctico e divertido. Ilustrado por Leandro Lamas


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2017

MOI BO NADAL A TODOS E A TODAS!!!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
A quintadoslibros recomenda by Ana Chamosa - Issuu