A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2018
AGORA QUE CHEGA O VERÁN E A ÉPOCA DE LECER, APROVEITAMOS PARA CONVIDARVOS A BOAS LECTURAS E BOA MÚSICA. POR ISO... DESDE A QUINTA DOS LIBROS RECOMENDAMOS...
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2018
...Para os máis pequeneir@s temos aquí:
Para seguir recitando e cantando, agora co libro de gran formato . A lúa e o sol, tan próximos e afastados, tecen versos e retrousos dende o ceo ata estas páxinas de cartón.
De 0 a 3
Un neno, que se considera maior de máis, négase xa a poñer cueiros cando vai durmir. Polas mañás ten que soportar as queixas do pai e as burlas do irmán pequeno ao erguer da cama coas sabas molladas. Quen me fai isto a min?,
pregúntase.
E
aí
está
o
imaxinario popular para explicalo. Con ilustracións de Xosé Tomás.
+4
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2018
Comezaron as clases e Brais ten un problema que se chama «Profe Lola». El pensa que ela é un monstro ata que un día os dous se atopan nun encontro casual e descobre a unha persoa mellor do que imaxinaba. Divertida aposta gráfica na que a mestra mesmo vai cambiando de aspecto na medida en que Brais modifica a súa idea da mestra.
+4
Texto que convida a cociñar en familia, descubrir gustos gastronómicos e receitas herdadas. Martiño vive coa súa nai e gústalles cociñar doces de todas as cores e sabores. Pero hoxe a cociña está avariada e el vai practicar algo que lle gustaría ser de maior: electricista. Os autores son dous artistas vigueses que debutan con este libro na literatura infantil
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2018
Este maxistral relato é un dos Contos por teléfono de Gianni Rodari. Fiel á promesa de contarlle cada noite un conto á súa filla malia a distancia que os separa. Adaptado por Xosé Ballesteros, leva ilustracións de Alessandro Sanna.
+5
Un estoxo moi pequeno que recolle sete contos para soños moi grandes: A árbore da escola, Paco, O fío, O patiño feo, Amelia quere un can, Once damas atrevidas e Os tres porquiños.
Obra que pon en valor o respecto á multiculturalidade. A casa grande é a metáfora dun mundo no que todos teñen cabida sempre e cando se saiban respectar as diferenzas. As ilustracións de Ricardo Rodrigues recrean momentos clave do texto e destacan aspectos que o compoñente verbal non inclúe.
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2018
...E
agora, para os que xa non precisades axuda
e ledes sozinh@s:
Ring, ring...! Quen rima? Corenta e seis poemas para observar a realidade dende novos enfoques. Pola terra e pola serra, pola rúa e pola lúa, pola herba e pola néboa, con sombreiro e chuvasqueiro, con miñocas e con focas, con estrelas e con velas.
+6
Uxío o Mago encárgase de que os nenos e nenas da cidade de Soñoval teñan soños marabillosos. Pero preto de alí vive un ladrón que por algunha razón ata o de agora descoñecida desexa roubarlles todas as fantasías.
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2018
A vida de Sara vai mudar cando atope un estraño tareco que ten algo de particular. Con ilustracións de María lires.
Noventa relatos que destacan polo humor intelixente e a sutil sabedoría que desprenden.
Aventura trepidante protagonizada por RaMona, unha ra afouta artista da camuflaxe que non quería nin casar nin levar ovos á lagoa, e por outros animais. Inzada de música e de humor, afonda nos valores da amizade, a solidariedade e o respecto
Unha librería aparentemente esquecida. Un cativo desesperado pola fame. Unha época escura na que homes sen escrúpulos abusan do seu poder. E a maxia. Dos libros. Das lecturas. Dos que aman as historias que viven dentro das letras.
+8
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2018
Para quen nos sorprendeu a curiosidade, a intelixencia natural e a tenrura de Calpurnia Tate chega agora esta segunda parte, na que poderemos seguir os pasos dunha nena con capacidade infinita para o asombro.
+11
Precuela de A filla do ladrón de bicicletas . Raymond, un apaixonado da bicicleta e membro dunha familia de saltimbanquis, vai amigar con Elías Brimarán, quen traballa no estaleiro familiar e adora todos os deportes ao aire libre. Os dous amigos quedarán abraiados coa premura coa que Valentina aprendeu a andar moi rápido e facer acrobacias sobre a súa bicicleta.
Desenvolve as andanzas de Alicia pola Casa do espello e contén algunhas das pasaxes máis populares da creación de Lewis Carroll: o encontro con Ovo Redondo, o xardín das flores que falou ou o poema absurdo Galimatán
Libro de poemas inconformistas, críticos, gamberros e combativos. Seguindo a estela da arte na rúa, mesmo poderían ser rapeados con pintura nas paredes. O mesmo aire «grafiteiro» impregna todas e cadansúa páxinas do libro, con deseño do propio autor.
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2018
E agora xa para lectores/as un pouquiño máis expert@s...
Xoán Carlos Domínguez Alberte ofrécenos agora unha nova achega poética pensada para a xuventude. . O autor sorpréndenos, ademais, cun libro de sonetos nos que cada poema se centra nunha letra distinta da nosa lingua. Un exercicio lírico que demostra a relación feliz do autor coa lingua galega e que ás e ós mozos proporcionará momentos de gozo lector.
+15
"Galicia en bus" é un libro de poemas que traza un percorrido íntimo e, ao tempo, social e colectivo, desde unha perspectiva feminista, articulando un mapa cartográfico que funde o territorial coas lembranzas persoais e o propio corpo.
O cidadán perfecto podería ser calquera habitante de Biotrés, unha cidade abondo grande para que todo o mundo se poida sentir cómodo e crea que é libre.
Quizais nunca o pensases. Quizais nunca considerases que algo así podería chegar a acontecer. Así que intenta imaxinar por un momento o que habías sentir se un día descobres que vas ser o causante da morte de sete mil millóns de persoas.
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2018
“Todo isto” é a descivilización do retroceso, do aumento das desigualdades, da sustracción de liberdades, do pensamento groseiro, do rearme bélico, do abaratamento humano e da guerra contra a natureza... a corrupción como sistema e a desmemoria. Neste manifesto o autor non invita a fuxir, senón a loitar para arrincar a esperanza dos brazos do conformismo.
+17
Amor por catro está formado por historias de amores primeiros, eses que deixan a máis grande pegada no corazón. Os que non se esquecen. Amores que nos acompañarán na memoria para o resto das nosas vidas. Nestes relatos atoparemos historias e vidas de xente nova que experimenta o amor, ás veces dende o conflito, mais sempre dende un forte desexo.
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2018
Ás veces precísase dar todo por perdido para que algo inesperado te sorprenda. Pero sempre hai unha posibilidade para a esperanza. Por iso cómpre esgotar as pistas establecidas se queres que apareza o BONUS TRACK. Xusto nese xiro imprevisto, cando xa parece que non queda nada, nacen os relatos deste libro de Rosalía Fernández Rial: vinte e dous contos tecidos con letras de cancións e derradeiras esperanzas. É importante agardar. As mellores historias comezan onde remata a melodía. Resiste. E cando a música repouse, entrará a literatura a bailar.
Ensaio próximo ao xornalismo narrativo. Parte dun relato en primeira persoa con doses de crueza e humor que aborda a crianza no contexto da cidade neoliberal. Aborda os atrancos, a falta de políticas sociais, de axudas para a familia, a imposibilidade de conciliar, a precariedade, a expansión do modelo de explotación laboral coa ficción do emprendemento, a negación do gozo e a paixón, e a negación ante a evidencia de novas realidades familiares.
De 18 en diante
A Quinta dos libros recomenda.... Verรกn 2018
Rematamos cun pouco de musica para mover o esquelete...
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2018
O golfiño, a abella, a serpe sapeira,a píntega, o tritón, o reiseñor, a bubela, todos os peixes do mar e moitos outros animais que te rodean están neste novo libro-cd de PIRILAMPO. Xunto coa Serpe de cristal queren que aprendas moito e non deixes de cantar!!!
Para os máis cativ@s
Nova publicación de Sonárbore que che fará bailar longo e tendido. Soñas? Unha fiestra para asomarse a un mundo realmente máxico.
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2018
Mercedes Peón vai sorprender. Sen rachar coas raíces da tradición, expande agora o seu universo ao mesturar artesanía musical e vangarda creativa. Este quinto disco de estudo incorpora sons reais de máquinas pesadas con gravacións feitas en estaleiros (no tema «Plataforma»), o poder estético e evocador do formato poético do spoken Word («Linguas elementais») e unha suma de contrastes co piano atmosférico («Olores perdidos»). Folk de vangarda para o que Mercedes contou coa participación de Ana Fernández e Mónica de Nut.
Segunda entrega de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre. É unha ollada ás músicas setentrionais, unha declaración de amor ao norte que chega despois da exitosa xira do multipremiado The tambourine man.
A Quinta dos libros recomenda.... Verรกn 2018
Moi bo verรกn para todos e todas @s lectores da Quinta dos LIbros