Ópera

Page 1

A ópera Que é a ópera? A ópera é un tipo de teatro no que se combinan o drama, a música, as artes escénicas, plásticas e en ocasións, o baile. Na obras, os actores cantan un “libreto” (a letra da peza) e son acompañados por un grupo musical, que nalgunhas óperas pode ser unha orquestra completa. Os cantores son clasificados de acordo cos seus timbres vocais: ➢ Os cantores masculinos clasifícanse en: baixo, baixo-barítono, barítono, tenor e contratenor. ➢ As cantoras femininas clasifícanse en: contralto, mezzo-soprano e soprano. Existen diferentes tipos e/ou formas específicos como, a Ópera-balada, Ópera Cómica ou Buffa, Ópera de Pequín, e a Opereta: ➔ Ópera-balada (Francesa) é un tipo de ópera que utiliza diálogos falados,

intercalados con músicas inspiradas, xeralmente, en temas populares. ➔ Ópera Cómica ou Ópera-Buffa (Italiana) ten

maior cantidade de diálogos falados e o seu contido é o resumo da posta en escena. Están repletos de humor. ➔ Ching Hsi ou Ópera de Pequín. Mestura as diferentes linguaxes escénicas, como o

baile, a música, o teatro, a acrobacia e os demais artificios escénicos que enfatizan a interpretación e o uso da voz, utilizando a técnica do falsete para cantar e falar. ➔ Opereta. É unha ópera pequena. Contén máis diálogos narrados que músicas e é

vista por moitos como unha obra de menor seriedade, porque adoita tratar temas frívolos e comúns do día a día das persoas. Porén, os seus cantores capacitan a ópera de forma clásica. ÓPERA GALEGA O Arame é un grupo de ópera galega que se estreou o 13 de setembro do 2008, no Teatro Colón da cidade da Coruña. É unha ópera de cámara nun acto con música de Juan Durán sobre un libreto en galego de Manuel Lourenzo, procedente do texto do propio Lourenzo: Camiñar polo arame cunha lata de cervexa. Hai unicamente dous cantantes, unha soprano (Carmen Durán) e un barítono (Javier Franco) e na escenificación aparecen tamén dous mimos.

Uriel González Pedro Villanueva Melisa Dorna 4º ESO B


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.