Título: O Cambio climático en Ribadeo Autoría: Alba Cid Cid, Silvia Loureiro García e Mónica Rodríguez Pérez Grupo: 3º ESO B Data entrega: 20120515
1.Introdución e Hipóteses. A idea deste traballo surxiu porque parecianos raro que no inverno fixera moita calor e que non chovera case nada. Tamén se nos ocorreu preguntarlle a algunhas persoas e deronnos varias ideas e eleximos esta porque nos parecía máis apropiada. Este traballo consiste en investigar sobre as variacións no clima de Ribadeo nestes últimos trece anos. Nun primeiro momento, tíñamos pensado buscar as medidas na propia escola de Pedro Murias, pero como nos era moi difícil manexar tantos datos, acabamos por sacalos da páxina web.
2.Pequeno resume. Neste traballo estudamos o cambio climático en Ribadeo dos últimos trece anos. Grazas á información que nos deixou a escola de Pedro Murias. En este trabajo estudiamos el cambio climático en Ribadeo de los últimos trece años. Gracias a la información que nos dejó la escuela de Pedro Murias. In this project, we have studied the climate change in Ribadeo about the last thirteen years. With the information where borrow us the Pedro Murias´ school. Dans ce travail, nous étudions le changement climate en Ribadeo au cours des treize dernières années. Avec le renseignement il nous a laissé l´ école Pedro Murias.
3.Obxectivos. Ó principio pretendíamos facer este estudo só de 1999 ata 2005, pero cando llo ensinamos ó noso profesor, aconsellounos que o fixeramos de máis anos. E polo tanto fixemoslle caso e aumentamos o número de anos ata 2011. Ó final collemos os datos de chuvia, temperaturas máximas e mínimas e a velocidade do vento dos últimos trece anos.
4.Base teórica. Con este traballo intentamos ensinarlle á xente as variacións que se produciron e concienciala das consecuencias que ten a contaminación en Ribadeo. Utilizamos a páxina web de Pedro Murias 1 para poder descargar os datos meteorolóxicos e facer as gráficas e textos. 1 http://www2.meteogalicia.es/galego/observacion/estacions/estacionsHistorico.asp? Nest=10047&prov=Lugo&red=102&tiporede=automaticas&idprov=1