O Grupo Municipal do Partido dos Socialistas de Galicia – PSOE de Ribadeo, en base ó disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e demais normativa de aplicación, presenta MOCIÓN relativa á APERTURA DE HOTEL NO FARO DA ILLA PANCHA con base na seguinte EXPOSICIÓN DE MOTIVOS No mes de decembro de 2013, o ente público Puertos del Estado do Ministerio de Fomento presentou o Programa Faros de España, cuxo obxectivo era reformar algúns dos faros inutilizados para a súa conversión en instalación hoteleiras sen embargo, a 15 de Marzo de 2017, non se chegou a poñer en marcha ningunha destas instalacións. A causa principal de que estes proxectos non fosen adiante é a rexeita dos concellos e de diversos movementos veciñais, que ven nestes proxectos unha privatización encuberta duns bens públicos e propoñen o seu uso para fins culturais ou sociais de interese comunitario. Concretamente, en catro concellos da Costa da Morte (Camariñas, Fisterra, Muxía e Carnota), existe unha rexeita importante da veciñanza a este tipo de proxectos e son os propios alcaldes os que defenden usos alternativos de carácter social. O proxecto de hotel ou apartamentos turísticos no Faro da Illa Pancha de Ribadeo é, na actualidade, o mais avanzado deste programa e, como é sabido, as obras de remodelación estanse executando dende hai algúns meses. Os trámites iniciais do proxecto son descoñecidos porque non foron publicitados nas primeiras fases do expediente, cousa que non está sucedendo noutras localidades. O BOE do 30 de maio de 2014 publica o anuncio da exposición pública da solicitude C-770 cursada pola empresa Eirobra A Mariña SL. A exposición ten lugar nas dependencias da Autoridade Portuaria en Ferrol durante vinte días hábiles. O proxecto non se expón en Ribadeo nin o Concello require á Autoridade Portuaria a tal fin. A primeira información pública que coñecemos deste proxecto é un artigo publicado polo diario El Pais o día 25 de Abril de 2015. Nese artigo aparecen unas declaracións do Sr. Alcalde onde afirma que o proxecto é un premio pola contención urbanística.
EXCMO. SR. ALCALDE-PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL