A: Dna. Milagros María Otero Parga, Valedora do Pobo de Galicia O pasado 24 de Setembro remitimoslle un escrito con novas información sobre o Proxecto de Hotel de duas suites no Faro da Illa Pancha de Ribadeo. Agora imoslle transmitir as nosas alegacións aos escritos do Concello de Ribadeo e da Consellería de Medio Ambiente. Sin embargo temos algunas dúbidas que lle comunicamos por se considerasen oportuno telas en conta. En primeiro lugar dado que non recibimos o texto íntegro das respostas das devanditas institucións, senón un extracto das mesmas, podería darse o caso de que as nosas alegacions tivesen erros sustanciais por un coñecemento insuficiente dos prantexamentos de ditos organismos. En segundo lugar non sabemos se vostedes lles remitiron o texto íntegro da nosa denuncia ou somentes un resumen da mesma. No primeiro caso estaríamos diante dun tratamento desigoal das partes e no segundo podería darse o caso de que as respostas das devanditas institucións non atendesen ás nosas denuncias por falla de información. En consecuencia solicitamos de novo, como xa fixemos por vía telefónica, que nos remitan os textos íntegros das respostas dos organismos aludidos, incluidas as datas de entrada e saída e as sinaturas das persoas responsabeis. Ainda ben, por se non considerasen que temos dereito a ter esta información imos respostar aos escritos devanditos. Alegacións á resposta do Concello de Ribadeo: 1º.- En primeiro lugar o Concello de Ribadeo non resposta a nengunha das catro preguntas da nosa denuncia incluidas no primeiro párrafo: data de publicación da convocatoria da concesión, data de presentación da solicitude da empresa adxudicataria, onde se realizou a exposición pública e certificacións deste trámite. O concello de Ribadeo pode alegar que algún destes trámites non son da sua competencia pero enténdese que debe ter información sobre a cumplimetación correcta do expediente polas implicacións na licencia e que a información debe facilitarla aos vecinos o mesmo que xestiona os intereses particulares do solicitante, son funcions propias do concello, non favores personais como parece pensar o alcalde. En calquer caso a data de entrada da solicitude no concello e se houbo exposición pública en Ribadeo son datos sinxelos que non poden vulnerar nengún dereito de terceiros e non hai xustificación alguna para que o Sr. Alcalde se negue a facilitalos non so ao noso grupo senón a unha institución democrática como é a o Valedor do Pobo Galego. Obviamente a falla de resposta amosa claramente o favoritismo do concello de Ribadeo ao denegar a mais mínima información. Maiormente tendo en conta que o alcalde de Ribadeo declaraba ao diario El Pais (25/4/2015) que o proxecto era “una buena noticia y un premio” para Ribadeo. Ou sexa, antes de ter nengún documento ou informe técnico ou económico en relación co medio ambiente, ou viabilidade e mesmo sen considerar a posibilidad de exixir unha convocatoria pública que dese opción a outras alternativas menos agresivas e mais sustentabeis o alcalde xa tiña tomada a decisión política de apoiar este proxecto concreto. Resulta obvio que a credibilidade do concello de Ribadeo queda moi debilitada no resto da sua argumentación. 2º Respecto da información facilitada polo Concello debemos suliñar os seguintes párrafos: “… Dende os primeiros momentos en que foi de dominio público tales solicitudes ….” “…Esta alcaldía atendeu todas e cada unha das peticións formuladas polos mesmos… facilitándose información e documentación… e tanto por parte da Alcaldía nalgunha reunión que mantivo cos representantes da Plataforma…” “acheganse….copia dalguns dos escritos…” Resulta obvio que se non se nos facilitan esas “copias dalguns dos escritos” difícilmente poderemos respostar. Polo demais a propia redacción do concello cando di “foi de dominio público” está recoñecendo que non facilitou a información axeitada xa que a sociedade ribadense so tivo coñecemento pola prensa grazas ao artigo de “El Pais” xa mencionado e polo acordo do Consello de Ministros do dia 22/5/2015, pero en ningún intre dende a entrada do expediente no Concello de Ribadeo, en data que descoñecemos porque nos foi denegada, houbo a mais mínima iniciativa por parte do Concello para informar aos vecinos, ben fose en forma de declaracións verbais, nota informativa aos medios ou na páxina web municipal. Cando os veciños solicitamos información foi