Skip to main content

COOPERACIÓN GALEGA -nº 129- Caderno Técnico

Page 1

Caderno técnico A transición dos sistemas intensivos confinados ao pastoreo nas explotacións de leite

Colabora Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. Consellería do Medio Rural


20 caderno técnico

Explotacións de leite. A transición dos sistemas intensivos confinados ao pastoreo Cero pastoreo A utilización da herba fresca como alimento principal das vacas de leite en Galicia diminuiu de forma dramática nos últimos quince anos, especialmente nas explotacións máis grandes e intensivas. Hoxe tense consolidado como alternativa produtiva fronte ao confinamento total na corte das vacas leiteiras co ensilado de toda a produción forraxeira (xa sexa millo ou herba), e completando a ración con xenerosas cantidades de alimento concentrado baseado en forraxes conservadas, permitindo un importante incremento da produción de leite, pero levando aparellados os inconvenientes do elevado custo de alimentación a excesiva dependencia do exterior da propia explotación, a redución do número de partos por vaca etc. Os asesores destas granxas raramente aconsellan sistemas de alimentación diferentes ao que xa se pode considerar como convencional. Aínda así, a práctica do pastoreo segue a ser importante nas explotacións de leite galegas. Moitos gandeiros afirman ser conscientes de que os sistemas de pastoreo son máis eficientes dende o punto de vista económico, pero consideran que a deficiente estrutura parcelaria das granxas galegas fai inviable este sistema, por mor das dificultades que o minifundio provoca para os desprazamentos do gando.

Moitos gandeiros son conscientes de que o pastoreo é máis eficiente dende o punto de vista económico pero é unha verdade a medias Isto é unha verdade a medias, as nosas granxas cada vez dispoñen de máis superficie forraxeira. Ademais, existen explotacións con estrutura parcelaria bastante axeitada que non aproveitan esta circunstancia mantendo o cero pastoreo como norma de manexo.

Chicoria para pastoreo en Bretaña

As nosas explotacións dispoñen dunha superficie cada vez máis compacta. Tamén se detecta un número crecente de gandeiros, xeralmente con explotacións de tamaño medio, que logo de traballar durante anos con sistemas de non pastoreo, non logran os ingresos esperados e comproban que outros veciños, acadan mellores resultados económicos cando manteñen ou reintroducen o pastoreo nas explotacións. Isto fai que comecen cuestionarse a idoneidade do seu sistema e a mostrar interese en mudalo; de feito, algúns xa o están a facer. Por outra banda, o éxito na produción de leite a baixo custo con sistemas de pastoreo en países como Nova Zelandia, Irlanda, Holanda e rexións como Bretaña e Normandía, con algunhas similitudes con Galicia, fai que o interese na recuperación do pastoreo estea a medrar notablemente.


21 caderno técnico O interese na recuperación do pastoreo está a medrar notablemente Cando un gandeiro cuestiona se a herba é alimento abondo para alimentar vacas de leite, a resposta debe ser que a herba é alimento abondo cando se dispón de abonda herba. Isto é un principio fundamental que guiará este artigo.

Cando e como iniciar a transición?

Gandeiría Outeiro (Chantada) que volveu ao pastoreo en 2015

Partindo dunha explotación que este ano sementou a maior parte da súa superficie a millo e despois prevé implantar un cultivo de inverno —un cereal, raigrás westerwold ou unha mestura de raigrás híbrido + trevos anuais—, se quere mudar o sistema debe iniciar a transición no outono.

Unha vez recollido o millo é cando se deben sementar as praderías permanentes de longa duración Unha vez recollido o millo é cando se deben sementar as praderías permanentes de longa duración a base de raigrás inglés + trevo branco para as zonas atlánticas e, para as zonas do interior —sur de Lugo e case toda a provincia de Ourense—, con mesturas de raigrás inglés + raigrás híbrido + diferentes tipos de trevos perennes e outras especies anuais con tolerancia á seca, grazas á creación de bancos de sementes no solo. A finalidade é ter herba apropiada para iniciar o pastoreo ao final do seguinte inverno e establecelo plenamente na primavera, consolidándoo para os anos vindeiros.

Redeseñar a estrutura da explotación Practicar o pastoreo intensivo non é simplemente “botar as vacas fóra”, senón adquirir sólidos coñecementos sobre a dinámica do crecemento da herba e aplicalos; do seu adecuado manexo en medios diversos e da súa interacción coas elevadas necesidades nutricionais de animais altamente especializados como son as vacas de leite.

Pradería de leguminosas anuais en Pazo de Cartelos (Carballedo, Lugo. Primavera de 2016)

O pastoreo intensivo non é “botar as vacas fóra”, require sólidos coñecementos sobre a dinámica do crecemento da herba A corte xa non é o centro esencial da granxa porque os animais van permanecer moito máis tempo nos prados e terán que desprazarse varias veces ao longo do día entre as instalacións e os pastos. Isto implica cercar as parcelas accesibles ao gando, instalar bebedoiros fixos ou móbiles e establecer as rutas de acceso ás diferentes parcelas que se van incorporar ao esquema de pastoreo.

Crear unha infraestrutura correcta -Cercados Ningún sistema de pastoreo intensivo é posible sen cercados. Os cercados fixos son seguros, pero custosos. Son axeitados para o exterior

Nº129 - AGOSTO 2016


22 caderno técnico das fincas grandes pero, no caso dos aproveitamentos a dente con vacas de leite, a superficie das parcelas ten que variar con certa frecuencia pois é conveniente aproveitar a herba no seu estado vexetativo ideal. O ideal atópase no estadio de tres follas para as gramíneas e unha altura media do pasto de entre 12 e 15 cm —cando se estima que na parcela hai arredor de 1200 kg de materia seca/ha— e deixándoo logo do paso de pastoreo a unha altura de herba entre cinco e seis cm ou menos. Estas son medidas ideais, pero na práctica son admisibles certas variacións. Os cercados móbiles electrificados son a mellor opción e a máis económica, pois na actualidade hainos de materiais sinxelos, lixeiros e baratos: variñas de fibra, illadores de plástico, fíos condutores doados de enrolar, estruturas desprazables etc.

-Entradas ás subparcelas É recomendable ter varios puntos de acceso dende os camiños e, sempre que sexa posible, poñer entradas na parte traseira da parcela para facilitar o acceso do gando a parcelas adxacentes. As entradas deben ser amplas para a fácil entrada do rabaño e permitir o acceso con maquinaria. -Bebedeiros O caudal mínimo será de 0,15 litros/minuto/ vaca. Os consumos de auga por vaca fíxanse arredor de 10 litros en días fríos e húmidos e máis de 90 litros nos días cálidos e soleados, podendo beber máis de 14 litros por minuto; deles, o 30-50 % nunha hora arredor do muxido. A localización dos bebedeiros debe de ser central para minimizar a distancia dos desprazamentos e facilitar o pastoreo en bandas (rotacional). Non se deben colocar preto das entradas das parcelas.

Todo elo permite axusBebedeiro grande e ben posicionado tar a cantidade de O bebedeiro ten que ter a herba de alta calidacapacidade de almacenar de dispoñible que un 7 l/vaca. Deben ser amplos rabaño en produción necesita nun momento para permitir un maior espazo e comodidade determinado. para beber ao mesmo tempo o 5 % do rabaño. -Forma das subparcelas As subparcelas cadradas funcionan mellor para o pastoreo e requiren menos entradas. O ideal é un tamaño de 2:1 e nunca máis de 4: 1. Con estas dimensións conséguese un menor desprazamento dos animais aos puntos de auga. Ademais, as formas longas e estreitas sofren maiores danos en períodos chuviosos, sobre todo preto da cancela de entrada. -Distancia do camiño ao punto máis afastado da parcela En terreos pesados a distancia máxima será de 100 m, mentres que en solos con boa drenaxe é posible unha distancia de ata 200 m.

Naquelas parcelas onde non sexa posible establecer puntos de auga permanentes, pódense empregar bebedeiros móbiles como alternativa. -Camiños Convén que os camiños dentro das parcelas propias de maior tamaño estean afirmados, coma os máis transitados nas proximidades da corte e da sala de muxido. Deberían ser de formigón e coas dimensións necesarias para que o rabaño poida transitar con facilidade. Na maioría das explotacións será preciso ter en conta o acceso aos camiños públicos e mesmo o desprazamento por tramos de pistas asfaltadas, para chegar ás parcelas accesi-


23 caderno técnico

Vacas Holstein saíndo para o pasto

Os puntos de entrada e saída deberán ser anchos para evitar bloqueos dos animais. Deberanse colocar tubos ou taxeas para evitar os cursos de auga que poidan estragar os camiños.

O muxido en sistemas de pastoreo bles, pero afastadas do núcleo da explotación. Considérase que a distancia máxima á que se poden desprazar diariamente as vacas en lactación está arredor de 1,5 km. Nos períodos cando se pasta día e noite unha boa opción pode ser a de darlle prioridade, para o pastoreo nocturno, ás parcelas situadas preto das instalacións.

A distancia máxima á que se poden desprazar ao día as vacas en lactación é arredor de 1,5 km. As vacas poden camiñar 2-3 km/hora en camiños con boa estrutura No deseño e localización dos novos camiños terase en conta o tamaño futuro do rabaño e a situación das parcelas de pastoreo, recomendándose, sempre que sexa posible, unha localización central. Unha axeitada rede de camiños dentro da granxa ocupará un 1-2 % da superficie total. -Anchura dos camiños Rabaños de < 80 vacas: 4-5 m de ancho. Rabaños de < 250 vacas: 6 m de ancho. A anchura debe ser maior preto da entrada á corte e á sala de muxido. Os camiños demasiado estreitos aumentan o risco de laminite. -Desprazamento das vacas As vacas poden camiñar 2-3 km/hora cando a estrutura dos camiños é boa. Os camiños estreitos, con curvas ou mal piso retardarán os movementos. En camiños mal deseñados, reducen a velocidade a <1,5 km /hora.

-Sala de muxido convencional É, na actualidade, o sistema máis común na maioría dos países onde o pastoreo é dominante. A súa situación é un aspecto moi importante no manexo do pasto. Na maioría das granxas galegas, a sala xa existe e cómpre utilizar a que hai, por tanto, débese programar o pastoreo en función da posición da mesma. -Sala de muxido móbil A sala de muxir móbil é unha alternativa para aquelas granxas que, carecendo de instalacións axeitadas ou sendo estas obsoletas, precisan dunha nova instalación que reúna varias características, como son baixo custo ou posibilidade de desprazala entre diferentes parcelas. Poden resolver o problema da excesiva dispersión das leiras. Consiste nunha estrutura metálica con rodas que se poden colocar en situación de transporte ou recoller cando se asenta nunha nova parcela. Ten como complemento un remolque no que se instala un tanque de refrixeración, no que unha vez rematado o muxido, se trasladará o leite á explotación. Ten unha estrutura de tándem e resulta bastante apropiada para pequenas e medianas explotacións. En Galicia existe unha, funcionando satisfactoriamente, en Ferreira de Pantón (sur de Lugo). O seu custo total é de arredor de 18.000 euros e podería abaratarse construíndo a súa sinxela estrutura metálica en talleres locais do propio entorno. -Robot de muxido e pastoreo Cada vez son máis as explotacións que optan polo robot para muxir as súas vacas. Polas características destas complexas máquinas, podería pensarse que son incompatibles co

Nº129 - AGOSTO 2016


24 caderno técnico pastoreo debido a que as vacas en lactación teñen que ter un acceso permanente ao mesmo. Dende hai anos, en varios países estanse a desenvolver experimentos que permitirán facer compatible o robot co pleno pastoreo, especialmente en Holanda e Francia. Existen explotacións nas que o robot fixo está instalado na corte. Durante o día, as vacas teñen acceso mediante camiños cercados ás diferentes parcelas e desprázanse libremente entre as instalacións e as praderías; durante a noite, os animais permanecen na corte e supleméntanse con ración unifeed ou con herba verde no comedeiro, silo de millo e un complemento concentrado: nos sistemas de muxido robotizados, as vacas reciben concentrados cada vez que van ao muxido. O sistema limita bastante o pastoreo, por iso se desenvolveron e están a mellorar os sistemas móbiles. -O robot móbil Unha vez lograda unha elevada eficacia na tecnoloxía do muxido robotizado fixo, os diversos fabricantes lanzáronse a desenvolver sistemas que permitisen compaxinar o pastoreo intensivo coas aplicacións da robótica. O robot móbil ten unha dobre utilidade que consiste en que durante o período no que o as

vacas non van ao pasto —xeralmente no inverno, cando os prados están demasiado húmidos ou na seca do verán— instálase na corte e emprégase como se fose fixo; cando se inicia o pastoreo, desprázase á zona de pastos. Segundo a experiencia do Institut de l´Élevage (Francia), a operación de traslado dunha localización a outra ocuparía un tempo de entre dúas e tres horas. É preciso instalar a máquina e os seus accesorios nunha superficie chá que convén que estea cuberta de formigón, mesmo con zampeados, pois a constante trasfega dos animais abranda o terreo e provoca un trollo no contorno da instalación.

O robot móbil e os accesorios deben situarse nunha superficie chá, mellor se é cuberta de formigón Actualmente estase a investigar con robots autopropulsados que se desprazarían de forma autónoma nas propias parcelas. Probablemente só será posible utilizalos en superficies chairas, algo pouco común en Galicia. Parece bastante claro que, no caso galego e polo de agora, por mor das posibilidades económicas e orográficas, a opción de muxido máis acaída para as explotacións de pastoreo vai seguir sendo a sala de muxir. -Un muxido diario É posible recorrer a un único muxido diario. Aínda que poida parecer estraño, a nivel europeo xa existe un número significativo de explotacións que moxen só unha vez ao día. Adoita estar vinculado a granxas que non empregan concentrados ou o fan de xeito moi limitado. É unha práctica vinculada a producións arredor dos 4.000 litros/vaca e ano.

Vacas esperando ser muxidas. Gandeira Patalarga (A Pastoriza)

É bastante común en produción ecolóxica e, aínda que poida parecer raro, existen explotacións de centos de vacas (Irlanda), que o practican por razóns económicas. Tamén é bastante común en granxas convencionais que o domingo pola tarde non se muxa sen que ao parecer os animais sufran alteracións salientables.


25 caderno técnico Serven as vacas Holstein de alto mérito xenético para os sistemas de pastoreo? É unha suposición bastante común que as vacas Holstein poden morrer se non se alimentan con cantidades elevadas de concentrado. Aínda que as vacas Holstein actuais foron deseñadas e seleccionadas co fin de ser capaces de inxerir grandes cantidades de materia seca (MS), para acadar elevadas producións diarias de leite, a súa aptitude para pacer é menor comparada coa doutras razas. Dentro da raza frisona existen variantes bastante diferenciadas, como ocorre entre a Holstein Americana e as de Nova Zelandia, con características produtivas dispares no relativo á aptitude para o pastoreo, á fertilidade e á composición do leite. Con todo, a eficiencia dos animais dependerá do sistema de produción no que se insiran. En calquera explotación que pretenda mudar a pastoreo, as vacas das que se dispón serán na maioría dos casos do tipo Holstein Americano.

As vacas tipo Holstein Americano precisan arredor de dous días para adaptarse ao pastoreo Significa iso que é preciso substituílas? A resposta é non, o que precisan é un período de transición para adaptalas ao pastoreo, pois non teñen o hábito e, por tanto, precisan dunha certa aprendizaxe; os gandeiros que deron este paso afirman que non precisan máis de dous días para ser pacedoras eficientes. Outras razas leiteiras como Jersey, Mombeliarde, Roxa Sueca, Normanda, Frisian etc están empregándose en pureza ou para cruzar coas Holstein presentes nas explotacións, coa intención de mellorar, ademais da fertilidade, os contidos de graxa e proteína do leite, pois as empresas transformadoras progresivamente esixen máis calidade nestes compoñentes, nos que a Holstein Americana parece incapaz de acadar os niveis requiridos.

A agrupación de partos Nos sistemas de pastoreo é importante, por non dicir esencial, que a época de maiores necesidades das vacas leiteiras coincida cos períodos de máxima produción de leite, mesmo podendo chegar á situación de suspender as entregas á industria en determinadas épocas do ano, fundamentalmente na primeira metade do inverno, como ocorre en países como Irlanda e Nova Zelandia.

Sala de muxido móbil en Ferreira de Pantón

No noso contexto, isto é difícil porque a industria non para en ningunha época do ano. Por tanto, o máis recomendable é concentrar os partos nun ou dous períodos que poden ser ao final do verán, para aproveitar a produción do outono, tendo o resto da parideira no final do inverno para aproveitar o pasto de primavera. Concentrando os partos ao final do verán e do inverno aprovéitanse os pastos de outono e de primavera, respectivamente. Será conveniente que, durante os primeiros meses da lactación, as vacas sexan suplementadas con concentrados para que cando se alcance o pico de produción, aproximadamente ás seis semanas despois do parto, as

Robot de muxido móbil en Trèverez, Francia Nº129 - AGOSTO 2016


26 caderno técnico Subministro de herba verde na corte: pastoreo día e noite Dar herba verde na corte como complemento do pastoreo é unha práctica tradicional que nos últimos anos case ten desaparecido porque se tendeu a ensilar toda a produción. Isto probablemente é un erro, porque a herba que se consume fresca ten o valor nutritivo máis elevado. Vacas Jersey e Holstein en Gandería Outeiro (Chantada, xuño 2016)

Logo de calquera proceso de conservación, a calidade final do produto que sae é sempre inferior á inicial. Complementar a dieta de herba pacida con herba cortada e traída á corte permite reducir a factura dos custos de ensilado e controlar mellor o estado vexetativo da herba, manténdoa en folla durante máis tempo e regulando unha altura máis uniforme. É altamente significativo que nas explotacións francesas e nalgunha galega se estea a recuperar o uso do remolque autocargador rotativo e voltando dar herba verde na corte.

Vacas raza Montbeliarde suplementadas con herba verde (xullo 2016)

vacas continúen en pastoreo cunha produción elevada. Así, a produción manterase relativamente estable o resto da lactación, aproveitando o alto valor nutritivo da herba neste período, que tamén coincidirá co de máxima produción. A medida que a calor aumenta e as choivas diminúen, as gramíneas inevitablemente comezan o espigado e a conseguinte perda de dixestibilidade, circunstancia pola que, salvo que as praderías dunha explotación teñan unha elevada proporción de trevo e outras leguminosas na súa composición florística, o pasto perderá calidade e as vacas necesitarán ser suplementadas con forraxes correctamente conservadas (ensilados). Pode ser aconsellable incrementar o uso do concentrados para manter o nivel de produción nos casos en que os prezos compensen, ou simplemente para manter a condición corporal das vacas.

O pastoreo día e noite durante a época de máximo crecemento da herba sería a situación ideal, pero na maioría das explotacións galegas é difícil pola dispersión da propiedade. Unha alternativa posible sería a de pacer polo día nas parcelas accesibles máis afastadas da sala de muxir e pola noite nas máis próximas ou pastar polo día e suplementar pola noite con herba verde procedente das parcelas distantes.

O uso estratéxico do concentrado O uso de concentrados na alimentación das vacas leiteiras considérase esencial para que poidan producir elevadas cantidades de leite, pero a resposta das vacas en lactación ao concentrado non é lineal. Isto quere dicir que cando se dispón de forraxe de alta calidade, verde ou ensilado, a resposta en produción ao alimento concentrado é elevada nos primeiros tres ou catro kg. A partir


27 caderno técnico dese nivel, cada quilo de penso adicional terá como resposta un incremento de produción inferior a 1 kg de leite e, na medida en que se vaia incrementando a cantidade subministrada, o rendemento adicional será menor, podendo ser inferior a 0,5 litros de leite por quilo de concentrado. Nos períodos nos que os prezos do leite son baixos, como acontece na actualidade, dar cantidades superiores a 5 ou 6 kg/vaca/día é economicamente ineficiente. A situación podería ser mesmo insostible cando coinciden prezos baixos do leite con prezos elevados dos cereais e outras materias primas empregadas na fabricación dos concentrados.

Uso estratéxico do concentrado Cando se dispón de forraxe de alta calidade, verde ou ensilado, a resposta en produción ao alimento concentrado é elevada nos primeiros tres ou catro kg. A partir dese nivel, cada quilo de penso adicional terá como resposta un incremento de produción inferior a 1 kg de leite e, na medida en que se vaia incrementando a cantidade subministrada, o rendemento adicional será menor, podendo ser inferior a , litros de leite por quilo concentrado.

Os sistemas de pastoreo ben xestionados ofrecen alternativas eficientes fronte a este problema. Calquera vaca de leite, aínda que no momento do parto teña unha condición corporal axeitada, perderá apetito e utilizará as súas reservas corporais para producir unha cantidade de leite elevada. Se só dispón de pasto ou forraxe conservada, non será capaz de inxerir a cantidade de enerxía que necesita e, por tanto, perderá peso e diminuirá axiña a produción.

Con baixos prezos do leite, dar máis de 5-6 kg de concentrado/vaca/día é economicamente ineficiente

Uso estratéxico do concentrado As vacas recentemente paridas tenden a aumentar a súa produción de leite ata as seis semanas despois do parto, acadando o que se denomina o “pico de lactación”. Despois, en condicións normais, xa non haberá máis subidas, por tanto é conveniente que ese pico sexa o máis elevado posible para que a posterior baixada da produción mostre unha certa estabilidade. Este fenómeno aparentemente contraditorio é o que fai recomendable alimentar as vacas recentemente paridas con ata cinco ou seis kg/día de concentrado de boa calidade, para que cando inicien o pastoreo na primavera o fagan cun nivel alto de produción; iso permitiría a supresión parcial ou total do penso nesta estación

Malia iso, as vacas recentemente paridas teñen tendencia a aumentar a súa produción de leite ata as seis semanas despois do parto, acadando o que se denomina o “pico de lactación”. Despois, en condicións normais, xa non haberá máis subidas, por tanto é conveniente que ese pico sexa o máis elevado posible para que a posterior baixada da produción mostre unha certa estabilidade. Este fenómeno aparentemente contraditorio é o que fai recomendable alimentar as vacas recentemente paridas con ata cinco ou seis kg/día de concentrado de boa calidade, para que cando inicien o pastoreo na primavera o fagan cun nivel alto de produción; iso permitiría a supresión parcial ou total do penso nesta estación. Na primavera, se os animais dispoñen de pasto de calidade poden acadar, só con herba, consumos de arredor de 18- 20 kg MS/vaca/día, o que permitiría producións de ata 25 l/día, que

Nº129 - AGOSTO 2016


28 caderno técnico poderían elevarse ata 27 ou 30 litros no caso de seguir mantendo un suplemento de tres ou cinco kg de penso. Ese concentrado é o que realmente se utiliza con alta eficacia.

O concentrado consumido ao longo da lactación non debería ser superior a 200 g/litro de leite producido, sendo ideal estar por baixo dos 150 g. Debe quedar claro que nos sistemas de produción de leite baseados no pastoreo, o penso debe empregarse sobre todo, no inicio da lactación. Tamén é sensato considerar que, noutros períodos e situacións, o uso dos concentrados pode cubrir as carencias alimentarias en anos nos que a produción de herba é escasa ou cando os animais inician o período de secado cunha condición corporal baixa.

Millo en sistemas de pastoreo Nas granxas de pastoreo o cultivo do millo ten un papel secundario na nutrición, pero non desprezable, porque achega enerxía a unha alimentación altamente proteica e con posibles deficiencias enerxéticas. No programa de renovación de praderías permanentes ou de longa duración, incluílo como cultivo intermedio favorece a redución de malas herbas e a predominancia das especies sementadas. A pesar de que a área cultivada de millo aumentou dramaticamente en Galicia na última década, a proporción de superficie nunha explotación en proceso de transición ao pastoreo debería reducirse para non exceder o 20 % do total, considerando renovacións de praderías cada cinco anos ou máis.

é bastante común que a herba tamén medre considerablemente durante o outono, o que para moitas explotacións de cero pastoreo é un problema que tratan de resolver ensilando nos meses de outubro ou novembro. Ensilar nesta época é unha práctica pouco recomendable, pois a herba ten poucos azucres e os ensilados adoitan ser de mala calidade e mesmo poden ser tóxicos.

Os ensilados de outubro e novembro son baixos en azucre e poden ser tóxicos Como solución poderíanse empregar aditivos, coma o ácido fórmico ou derivados, e tamén engadir melaza sobre as ringleiras de herba xa acordoada, pero non están dispoñibles os medios mecánicos para facelo. Outra alternativa sería pacer a herba de outono con vacas secas e xovencas, pero en moitas explotacións por razón de manexo recorren a rozar, o que representa un custo a maiores. A herba extra do outono, de non aproveitala no seu momento pode reservarse para consumirse no inverno como alimento de sostemento. O uso do pasto reservado do outono, moi común en Nova Zelandia e algo en Irlanda, podería ser moi interesante en Galicia por dúas razóns: a primeira é que a herba medra practicamente todo o outono e mesmo en inverno e a segunda é que a nosa orografía ondulada permite que unha boa parte da superficie da explotación non se encharque excesivamente para o pastoreo sobre a mesma, incluso nos días con chuvia.

Xa é significativo o número de explotacións que abandonaron o cultivo sen que a súa economía se vise afectada, especialmente en zonas con problemas de seca onde a produción é baixa. Todo elo implica que na ración diaria a súa presenza sería reducida e, por tanto, a utilización máis eficiente.

Pasto reservado de outono Nos últimos anos, por mor do aumento da temperatura provocada pola mudanza climática,

En 2013 a SAT Margá reiniciou o pastoreo no rabaño de 140 vacas


29 caderno técnico A seca do verán Convén alongar o período de pastoreo o máximo posible, pero en importantes zonas leiteiras de Galicia a seca do verán pode ser aínda máis problemática que o propio inverno. A duración desta seca é variable segundo as zonas, entre un mes e ata tres meses, polo que habitualmente será imprescindible suplementar con forraxes conservadas durante ese período. Existen forraxes aptas para pastoreo, altamente nutritivas e de raíz profunda que ofrecen certa resistencia á seca, como son a alfalfa, a chicoria e a colza forraxeira, que permitirían algún tempo adicional de pastoreo. Cómpre subliñar que a chicoria é unha planta que se atopa espontánea nas cunetas e baldíos do sur da provincia de Lugo.

O control dos parasitos Un dos problemas asociados á práctica do pastoreo é que leva aparellada unha maior incidencia das parasitoses, tanto pulmonares como gastrointestinais e hepáticas. Aínda que existen antiparasitarios eficaces, a prevención e o manexo axeitado son importantes para minimizar a incidencia destes patóxenos. En primeiro lugar, cómpre dicir que os animais máis sensibles son os máis novos, porque non están inmunizados, por iso cando as xovencas se inician no pastoreo deben de ir a pastos limpos, a ser posible praderías que foran renovadas mediante labra e posterior sementeira ou, cando menos, que foran previamente segadas e, de ser posible, sen presenza de gando adulto nos últimos 12 meses.

As xovencas deberían pacer en praderías renovadas por labra e sementeira onde non houbese adultas nos últimos 12 meses Unha leve parasitación é conveniente para que os animais xeren as propias defensas; pola contra, unha parasitación intensa provocaríalles posibles diarreas, deshidratación, toses, pneumonías etc. e, como consecuencia, adelgazamento, retraso no crecemento e, se non se actúa e trata axeitadamente, posiblemente a morte. Cando o gando pace en terreos que se atopen encharcados é moi común que os animais se infesten coa Fasciola hepática e non son capaces de adquirir inmunidade, polo que, neste caso é esencial evitar o pastoreo de vacas e xovencas nestas zonas, tendo presente que de facelo é preciso tratalas co antiparasitario axeitado. Cando sexa imprescindible tratar vacas adultas, é importante facelo ao principio do período de secado e baixo supervisión veterinaria, logo de comprobar cales son as especies de parasitos presentes e determinar o período de supresión tanto para a entrega de leite como de carne no caso de que o animal se destine a matadoiro. Os principios activos empregados poden ter períodos de supresión longos e cómpre telos sempre en conta É moi común nas nosas explotacións que a recría permaneza reiteradamente na mesma parcela. Estas están habitualmente sobrecargadas de parasitos e moitas veces en condicións lamentables de hixiene e benestar animal, incumprindo as esixencias da condicionalidade, feito que mesmo podería dar lugar, cando se detectan, a penalizacións nos pagos da PAC.

Cardos, labazas e cortes de limpeza Outro dos problemas do pastoreo é que o control da herba non é totalmente uniforme, debido a que o prado pódese infestar de especies herbáceas, xeralmente de folla ancha,

Nº129 - AGOSTO 2016


30 caderno técnico bovinos. Teñen unha resistencia tenaz, pois multiplícanse por semente e por raíz. O control químico é eficaz cando na primavera están no estado de roseta (moitas follas entorno ao talo central). En produción ecolóxica, debido a que non se poden utilizar herbicidas, esta solución é inviable e só o arrinque das raíces resulta efectivo. Os cortes de limpeza, aínda que atenúan o seu espallamento, son pouco eficaces pero, se se deixa que proliferen e ademais boten semente, a infestación da parcela será total en pouco tempo.

Alimentando vacas de leite con herba verde e millo ensilado. Muxido con robot fixo en Bretaña (xullo 2016)

que non son comestibles polos animais, como poden ser os cardos e as labazas ou carvés (Rumex sp). -Cardos Multiplícanse facilmente, porque as súas sementes (vilanos) poden ser arrastradas polo vento a grandes distancias. Unha vez que xerminan e medran, chegan a alcanzar ata dous metros de altura.

Ao principio do verán, as gramíneas tenden a embastecérense se unha parcela determinada non foi ben pacida. Á parte dos adventicios indesexables, manifestarase unha elevada presenza de gramíneas de baixa calidade de tipos Agrostis e Poae, bromos, etc.- cunha gran capacidade para producir sementes e competir co raigrás e coas leguminosas presentes, reducindo a súa proporción no prado e mesmo desprazándoas totalmente. Evitar que isto ocorra é esencial á hora de manter o pasto produtivo en cantidade e calidade. O pastoreo intensivo ben conducido, favorece as especies pratenses máis produtivas e de mellor calidade e debilita as indesexables.

Por causa dos pinchos do borde das follas son totalmente rexeitados, o que favorece a súa multiplicación, podendo invadir completamente unha parcela e as veciñas sen que teñan competencia posible. Son plantas bianuais e non soportan o corte, polo que non se multiplican nas parcelas que se segan polo menos unha vez ao ano. -Labazas Son parcialmente comestibles, aínda que pouco apetecibles para os

Vacas en pastoreo con muxido en robot móbil


31 caderno técnico Conclusión A produción de leite en sistemas de pastoreo segue sendo absolutamente maioritaria nos países da Europa atlántica, por economía e polo prestixio da calidade dos produtos que leva aparellada. As explotacións galegas, a pesar das súas peculiaridades, teñen un elevado potencial para o aproveitamento eficiente das súas forraxes mediante o pastoreo. As granxas que opten por mudar de sistema cara ao pastoreo, verán reducida a súa produción de leite pero gañarán en competitividade, reducindo custos de produción tales como a compra de materias primas, a conservación das forraxes ou o gasóleo, ademais dun aforro na reposición de vacas con animais máis sans e lonxevos. A maiores, coa alimentación con herba fresca, poderán producir leite cunhas características de calidade diferenciadas, o que posibilitaría atopar novos mercados como acontece xa con outros produtos galegos.

Todo isto pasa, en primeiro lugar, por un bo asesoramento, seguido da creación dunha correcta infraestrutura de pastoreo para conseguir un bo manexo e aproveitamento do pasto, adaptando o número de vacas ao número de hectáreas dispoñibles. Cómpre tamén aproveitar ou modificar os sistemas de muxido, procurar agrupar os partos e buscar o tipo de vaca que se adapte mellor ás circunstancias de cada explotación. A adaptación ou a volta ao sistema de pastoreo de moitas explotacións leiteiras de Galicia pode servir para facer fronte á crise pola que pasa o sector lácteo. Só hai que convencerse de que a herba é alimento abondo para as nosas vacas e recordar que isto será así só cando teñamos un bo manexo da mesma.

Eloi Villada Legaspi Enxeñeiro técnico agrícola (SGPF) Marcos Veiga López Enxeñeiro agrónomo (SGPF)

Inicio da transición ao pastoreo na explotacón de J.M. Taramedo (Castroverde, abril de 2016) Nº129 - AGOSTO 2016


32 caderno técnico

Crear/conseguir a infraestrutura correcta Forma das parcelas/subparcelas • As subparcelas cadradas funcionan mellor, ideal 2:1, non máis de 4: 1. • Requiren menos entradas. • Menor desprazamento aos puntos de auga. • As parcelas longas e estreitas sofren maiores danos en períodos chuviosos, especialmente preto da cancela de entrada.

Camiños • Consideracións a ter en conta no deseño e localización dos novos camiños. - Tamaño futuro do rabaño. - Situación das parcelas de pastoreo. Localización central. - Rede de camiños dentro da granxa: idealmente un 1-2 % da superficie total. • Anchura dos camiños. - Maior anchura preto da entrada á corte e á sala de muxido. - Rabaños de < 80 vacas – 4-5m de ancho. - Rabaños de < 250 vacas – 6m de ancho. - Camiños estreitos: + risco de laminite.


33 caderno técnico

Entradas ás parcelas/subparcelas • Ter varios/múltiples puntos de acceso dende os camiños. • Sendo posible, poñer entradas na parte traseira da parcela. • Deben ser amplas para facilitar a entrada do rabaño e o acceso con maquinaria.

Bebedeiros • Caudal mínimo: 0,15 litros/minuto/vaca. • Consumo de auga/vaca: - Arredor de 10 l en días fríos e húmidos. - Máis de 90 l nos días cálidos e soleados. - Poden beber máis de 14 l/ minuto. Deles, o 30-50 % nunha hora arredor do muxido. • A localización debe de ser central para minimizar a distancia dos desprazamentos e facilitar o pastoreo en bandas (rotacional). Non colocar preto das entradas das parcelas. • Tamaño do bebedeiro. - Debe ter capacidade para 7 litros/vaca. - Os bebedeiros amplos supoñen maior espazo e comodidade para beber. - Cálculo aproximado: asegurar que o 5 % do rabaño pode beber ao mesmo tempo.

Nº129 - AGOSTO 2016


Colabora Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. Consellería do Medio Rural


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook