Skip to main content

6 GRADOS - NÚMERO 2 (GALEGO) - 12/10/2020

Page 1

6GRADOS-NÚMERO 2

4

12/10/2020

CONEXIÓN / CARLOS MARTÍN

6GRADOS-NÚMERO 2

MANUEL SENÉN RUÍZ

No meu traballo o corpo aparece como nexo de unión entre diferentes disciplinas como a vídeo-instalación e a performance. Achegándome cara ao centro no que todo converxe, producindo así pontes entre tempos cronolóxicos, relixións e identidades. @manussmile www.manuelsenenruiz.com

Esquerda Señales Amarillas Instalación e danza (vídeo) Medidas variables - 2019

Esquerda, arriba Desiderar Instalación Ferro, espello e cerámica de Fajalauza 121 x 15 x 36 cm - 2020

Para esta exposición que realicei na Sala Ático do Palacio dos Condes de Gabia, en Granada, a meirande parte da produción fora realizada durante a miña estadía no 2018 na residencia para estudantes de arte alRaso, no Valle de Lecrín. Case todo este traballo estaba influenciado polo libro Fragmentos de unha enseñanza desconocida (2000) de P. D. Ouspenske. Como o seu propio nome indica, recolle aquelas teorías —antes ocultas, provintes doutras civilizacións—, nas que o seu mestre George Gurdjieff (Alexandropol, 1866 - París, 1949), se baseou para crear as bases dun coñecemento insólito. Desta forma, apropieime, igual ca el, de certos símbolos para poder expresar aquelas relacións que existían entre a xeometría, o mundo, e eu, mostrando aquilo máis próximo á miña cultura e á miña propia experiencia.

En repetidas ocasións atopamos no teu traballo obras que nacen e/ou converxen na colectividade, poderiamos afirmar que é inevitable nas túas pezas? Claramente. Creo que dende que nacemos estamos condicionados en certa maneira por aquilo que nos rodea, sobre todo por aquelas persoas máis cercanas. Aínda así, creo que é importante recoñecer certa individualidade dentro de cada unx. Para encontrarnos a nós mesmxs ás veces fan falla as etiquetas. Creo que ocorre o mesmo coa miña obra. Malia que en certa forma esta xurda dos meus propios intereses e inquedanzas, —adquirindo unha xeitura e un nome específicos—, esta carecería de sentido se non existise ese outro que a activara. Igualmente, interésame traballar tamén dende a creación en colectivo, dotando así a este crecemento persoal ou profesional dun carácter procesual onde poder contemplar esa importancia da colaboración.

12/10/2020

Esquerda, abaixo Volverán banderas victoriosas Video-instalación Medidas variables - 2019 Dereita Banderas de victoria Instalación Serie de fotografías, madeira, corda e tela tinguida e impresa con linóleo Medidas variables - 2019

6GRADOS-NÚMERO 2

6GRADOS-NÚMERO 2

4

Dereita Principio y final Instalación Barra de ballet, díptico de debuxos realizados con pintura ao pastel, fíos de algodón, caixa de CD de música e tixeiras Medidas variables - 2019

Cando lin o fragmento extraído da túa publicación escrito por Victor Borrego para Señales Amarillas (2019), sentinme identificado, xa que só podo achegarme á túa obra como ti o fas co teu traballo: cunha filosofía, creo, sincretista.

4

12/10/2020

“Creo que estamos esquecendo a importancia do físico, e neste sentido, a instalación e o movemento resignifican o espazo e o tempo dun xeito no que nós como espectadores podemos valorar realmente a nosa presenza...”

12/10/2020

4


Non obstante, presinto que avogan por unha experiencia relixiosa persoal máis pragmática e alonxada do fundamentalismo. Cando inclúes persoas nas túas pezas, a miúdo resultan ritualísticas pero pódese ver que conservan a súa individualidade. En certa maneira, creo que estes grupos relixiosos poden axudar a algunhas persoas a sentirse parte dunha comunidade. E isto pódese extrapolar a outros lugares e situacións. Con isto non quero dicir que debamos perder a nosa identidade, é máis, creo que é importante rescatar certas prácticas que apuntan ao coñecemento interior. Este é o caso do sema ou meditación sufí. Nela, o corpo inclínase nunha posición específica e comeza a xirar, axudando a conectar cos nosos problemas. Deste xeito, introducín algúns destes exercicios dentro da performance que compoñía Señales amarillas, pero levados á danza contemporánea. Na súa incorporación dentro do espazo expositivo e baixo a estrutura dunha pista de baloncesto, podíase evidenciar como o museo presenta características próximas ás dun templo e como a maneira na que algo ritual da nosa cotidianeidade tamén ten cabida na espiritualidade. Supuxo Señales Amarillas un punto de inflexión? En que dirección avanzou a túa obra dende entón? Dende logo que sí. Supuxo un gran cambio na maneira na que concibo a arte e a miña carreira artística. Traballar con profesionais da danza, a música e o vídeo enriquece o teu traballo e faino máis sinxelo. Dende este momento tiven claro que a miña obra tiña que realizarse dun modo transdisciplinar. Ademais apareceu un novo axente que a partires de agora debía ter moi en conta: o público. Comprendín que mediante o corpo dx performer sería moito máis fácil achegarse ao significado do meu traballo. Creo que estamos esquecendo a importancia do físico, e neste sentido, a instalación e o movemento resignifican o espazo e o tempo dun xeito no que nós como espectadores podemos valorar realmente a nosa presenza.

Mobiliario urbano como a reixa, o azulexo ou o toldo aparecen numerosas veces na túa obra. En La pista de Baile, o centro da cancha de baloncesto convírtese nunha carta astral ¿Propós un estrañamento ou re-significación da realidade? Ámbalas dúas. Ao final esa re-significación que lle dou a determinados símbolos da miña cotidianeidade, dalgunha maneira teñen que ser mediados. Deste modo, utilizo ese estrañamento na forma na que modifico eses elementos e os descontextualizo. No deseño de La pista de baile, as liñas de cor amarela que forman parte do imaxinario colectivo dalgúns deportes coma o baloncesto, perden importancia como elemento delimitador. Convírtense nun oráculo, recordándonos que durante o noso camiñar, podemos acceder a outras vías do coñecemento que non están impostas, atendendo ás nosas propias sinais. Como di Olafur Eliasson «a cidade está mediada a través de medidas de seguridade que eliminan as sorpresas e crean entornos predicibles» (2001: 20). Este anhelo da beleza que mencionas é... sensibilidade? En Anatomía de la Melancolía, laméntase a perda desta conforme medramos. Non de todo. É a visión dun mundo en anacos, dunha xeración perdida, que busca incansablemente a felicidade e non a dá atopado. É achar no mundo un sentido vital case arqueolóxico das cousas, de tal xeito en que se certos elementos se ordenan, poidamos ceibar luz sobre tanta escuridade. Porque o Paraíso segue aquí malia térmolo destruído. E neste sentido por máis que medremos, non debemos deixar de crer. Pois inda que descubramos a realidade detrás do telón somos capaces de construír a nosa enriba do escenario. Necesitamos da espiritualidade e da creatividade, sendo as dúas formas tanxenciais de pensamento, como fuxida do predominante razoamento lóxico? Baixo o meu punto de vista, van da man. Ata o máis importante achado científico está dirixido pola intuición, e aínda que despois se proceda de maneira racional, non deixa de ser algo significativo. Polo tanto, creo que deberiamos dotar a estas ferramentas do valor que merecen, acadando aquilo que só mediante a arte somos capaces de expresar e que se escapa do noso entendemento. Buscando chegar a todos os públicos e facéndolles ver que elxs mesmxs son quen de descifrar unha obra de arte.


6GRADOS-NÚMERO 2

8

12/10/2020

6GRADOS-NÚMERO 2

8

12/10/2020 6GRADOS-NÚMERO 2

12/10/2020

8 6GRADOS-NÚMERO 2

12/10/2020

8


6GRADOS-NÚMERO 2

10

12/10/2020

CONEXIÓN / MARTA IRANZO

6GRADOS-NÚMERO 2

EVA ANTELO

@ebaconube http://evaantelo.gal/

Dereita e próxima páxina esquerda Pola tanxente (serie) Grafito sobre papel de gran fino 120g 21 x 29,7 cm - 2020

10

Dereita, próxima páxina Palimpsesto Carbón e agresión sobre parede enxesada 3,5 x 3,2 m - 2020

Quizais non chegue a ser imposición, pero dende logo aféctalle. A paisaxe depende do clima e este, á súa vez, determina as necesidades de construción da vivenda. Como exemplo, o grao de inclinación dos tellados segundo a cantidade e tipo de precipitación: con clima seco, tellado plano; con grandes nevadas, ángulos agudos. Coa linguaxe pasa un pouco o mesmo: as particularidades do entorno precisan vocabulario específico; é xeografía falada. Tamén creo que a entoación da fala garda relación coa topografía do lugar; pero esta idea está aínda moi verde e quédame moito por investigar. Cando se observa a túa obra Palimpsesto parece escritura automática, é incontible e pasional... mentres que pola tanxente, aseméllase a un plano eléctrico: está calculado e medido. É o primeiro “habitar” e o segundo “edificar”? Pois si. Palimpsesto naceu como reapropiación do espazo, un intento de convertir o estudio baleiro nalgo máis habitable, máis fogar. Intervir a parede con escritura automática era a forma máis inmediata de dar palabras ao caos informe da miña cabeza; e anular o silencio opresivo das paredes brancas con todo o que non fora quen de dicir. Habitar implica entropía.

6GRADOS-NÚMERO 2

12/10/2020

Pola tanxente é, como ben dis, unha edificación, ou máis ben un plano para construíla: dende a forma de cada letra ou grafema sendo as paredes que conteñen ao fonema, ata o muro verbal tralo que nos escondemos cando tememos ter mostrado demasiada vulnerabilidade. 10

Habitar (linguaxe e arquitectura) veñen impostos pola paisaxe? En que medida? Podemos habitar o territorio eludindo esta suxestión?

En dysmorphia, trataches o espazo máis inmediato que habitamos, o corpo. Tamén na túa peza de vídeoarte built from scratch. Atopo nos dous un obsesionamento, un movemento circular. Son casa e corpo territorios de conflito? Absolutamente. Os nosos corpos sofren violencia constante: pola súa forma, apariencia, xénero; mala calidade de vida, neglixencias, incluso dano físico en si. É un inacabable campo de batalla que acaba afectando tamén ao fogar, onde deixamos saír toda a tensión acumulada, desgastando a convivencia. A casa é tamén territorio de conflito por outros motivos: lazos familiares con persoas incompatibles, xerarquías de poder intrafamiliares abusivas... Pero a casa é tamén clave na formación da identidade. Como di Bachelard «sen ela, o ser humano sería un ser disperso». Esta atracción-repulsión fai que a relación coa nosa identidade sexa tortuosa, visceral.

12/10/2020

Espazo, linguaxe e habitar. Conceptos análogos a nivel estrutural e fortemente ligados: idioma e territorio, casa e escrita, fogar e voz. Dende un sentir poético, e traballando de maneira interdisciplinar, o habitar e as súas distintas formas convértense no eixo central dende o que se articula o proxecto.

6GRADOS-NÚMERO 2

12/10/2020

“Intervir a parede con escritura automática era a forma máis inmediata de dar palabras ao caos informe da miña cabeza; e anular o silencio opresivo das paredes brancas...”

10


Que particularidades cres que posúe a lingua galega? É dicir, como cres que se evidencian na forma de habitar? Continuando co antes dito, idioma e territorio son (case) dúas caras dunha mesma moeda. Que un determinado fenómeno ou accidente xeográfico teña un vocabulario específico faino distinguible, identificable; modifica a percepción do entorno. En finés hai 40 palabras para a neve, en galego hai máis de 100 sobre a chuvia. E a escolla dunha palabra ou outra dependendo de como caia auga do ceo require unha atención extra que non prestas se só “neva” ou “chove”. Porén, gustaríame apuntar que ás veces, incidir nas particularidades pode ser daniño. En linguas minorizadas, isto obxectualízaas: o idioma convírtese nunha curiosidade, coma unha iguana nun terrario coas súas rochas e demais para que se sinta en casa, e oh que exótica e que ben protexida está aí, encerrada. Redúcese o seu emprego, folclorízase e ritualízase: para “las cosas de la tierriña” si se usan expresións galegas, pero para o resto non, que non estamos na aldea, eh.


Prรณxima pรกxina 7 cuartos para un non-poema (serie) Impresiรณn sobre papel 100g. 42 x 29,7 cm - 2020


6GRADOS-NÚMERO 2

14

12/10/2020

6GRADOS-NÚMERO 2

14

12/10/2020 6GRADOS-NÚMERO 2

12/10/2020

14 6GRADOS-NÚMERO 2

12/10/2020

14


6GRADOS-NÚMERO 2

CONEXIÓN / ANA PÉREZ

16

12/10/2020

6GRADOS-NÚMERO 2

ANA MARJALIZO

amarjalizo15@gmail.com @parecennazis anamarjalizo

Dereita La mujer del tiempo Videoclip 4’10” - 2020

16

Esquerda, próxima páxina Bebe que bebe el faisán Videoclip 1’47” - 2019 Dereita, próxima páxina Documentación do proceso de traballo

O método de composición lírica que mencionabas, en que fase de desenvolvemento se encontra? Plantéxaste facelo dende outros idiomas que non descendan do anglosaxón?

Este ano empecei buscando ese obxectivo precisamente, dinme conta de que ía ir en favor miña deixar de separar as distintas disciplinas que traballo. Tamén a nivel de temática prefiro enfocarme á busca de conexións entre elementos que aparentemente non teñen relación.

En realidade lévoo desenvolvendo de xeito involuntario dende que compoño música (fai uns cinco anos), pero dende xuño comecei a teorizalo e a desenvolvelo de maneira deliberada. Polo de agora está en fase experimental.

O erro tanto informático como humano é un denominador común na túa obra. En La Mujer del Tiempo, hai tanto persoas - rotas por dentro - coma imaxes incompletas. Si, interésame o erro tecnolóxico como mostra de que a tecnoloxía non ten por que ser fría e carente de espontaneidade. Quizais como unha maneira de mitigar a sensación desbordante que me produce. Quizais como unha maneira de mostrar a súa conexión coa irracionalidade humana. Na túa obra, agrupados os elementos como o píxel, a sobre-saturación ou os erros de chroma, a web-cam ou o autotune, conforman un “todo” que dan a sensación de formar un folclore contemporáneo e universal. A miña cultura audiovisual e musical é en grande medida estranxeira, polo que supoño que é inevitable que naquilo que produzo haxa ecos da cultura global. Interésanme especialmente temas coma o apropiacionismo e o discurso acerca da rede, reflexionados paralelamente dende o seu cuestionamento e a súa apreciación.

6GRADOS-NÚMERO 2

12/10/2020

16

O teu traballo consegue cohesionar a música coas artes plásticas, facéndonos ser incapaces de recoñecer a fronteira. Normalmente, encontramos nxs artistas estas dúas facetas escindidas.

A base da que parte o método é precisamente daqueles fonemas que xorden da improvisación, que teñen sempre fonética pseudoanglosaxona -inventada por momentos-. Quero partir dese primeiro estadio porque creo no carácter intuitivo das melodías, pois considéroas a compoñente máis importante das miñas composicións musicais. Os fonemas que xorden nestas melodías son limitados ou non? Posuímos, no latino, un inventario fonético común e acoutado? Ou pode ser persoal e infinito? Creo que pode ser infinito. A pronunciación pode ser maleable; pódese sacrificar a intelixibilidade do significado; pódense empregar anglicismos, extranxeirismos ou dialectos; pódese tararear, repetir fonemas sen sentido, etc. Ás veces nin sequera ten por que entenderse o que digo. Usar a voz como outra compoñente abstracta é outra maneira de facer música instrumental.

16

12/10/2020

Estiven enfocando a miña obra cara a produción audiovisual, partindo de composicións musicais compostas por Ofiuca nunca Pinta, grupo de música alternativa que formo xunto con Antonio Pinta. Nel encárgome de composicións estruturais, de guitarra, arranxos con guitarra e da voz e as letras.

6GRADOS-NÚMERO 2

12/10/2020

“Últimamente estoume centrando en desenvolver un método de composición lírica baseado na transcrición ao español dos fonemas que xorden nas melodías improvisadas á hora de compoñer...”


Esquerda, próxima páxina Frozen Videoclip/vídeo-ensaio 4’47” - 2020 Dereita, próxima páxina Crecida de aguas vs Día Mundial de la Caída Instalación de dous vídeo-arte 3’01” cada vídeo - 2020


6GRADOS-NÚMERO 2

CONEXIÓN / LUZ YUS

22

12/10/2020

6GRADOS-NÚMERO 2

NATALIA ORTEGA OROZCO

nana.ortegaorozco@gmail.com

@_nana_ortegaorozco @_nanatillas

Dereita e próxima páxina, arriba Corpografías Video-performance 8’19” (tempo da acción: 1h) - 2020

É certo que actualmente experimento máis coa performance, aínda que non descarto outras linguaxes, disfruto moito traballando coa fotografía, por exemplo. A performance permíteme traballar dende o corpo, e creo que isto é fundamental para o tema que tratamos ao longo de todo o proxecto que vos presento. Esta linguaxe proporcionábanos reflexión dende o corpo, permitíndonos reclamar un espazo visible, abandonar as marxes, experimentar co corpo e a cotidianeidade, explorar a nosa problemática persoal sen filtros e dende o automatismo. Corpografías non podería entenderse se non fose colaborativo e grupal, verdade? A pesares de que ao principio cada persoa habite o seu espazo, finalmente unides corpos e difuminades os contornos debuxados. Unha simbiose finalizada en fusión. En efecto, non podería entenderse xa que mostra tanto os espazos que ocupan os nosos corpos, os que nos pertencen a cada unha de nós, como os que invadimos ou compartimos.

Nun principio as accións que realizabamos eran hostís, intrusivas e ata violentas; marcabamos as nosas propias marxes, infranqueables en ámbalas dúas direccións, pero estes actos foron tornando pouco a pouco en xestos de inclusión, reflexión, aceptación. Os corpos comezaron a entrelazarse, a crear un novo mapa obviando os límites previamente autoimpostos. Nace unha corpografía improvisada. A violencia desaparece. Do tacto agroma a escoita e o entendemento mutuo. Unha nova linguaxe. Un espazo seguro. Por que motivo en Rincón grabaches a performance coa interfaz da videochamada e o navegador? É claramente premeditado. Rincón nace dende o desconcerto do confinamento. Neste momento, as novas tecnoloxías pasan de ser un luxo a un requisito para seguir traballando, producindo ou algo tan básico como recibir educación. As videochamadas comezaran a ser a forma máis recorrente de comunicación interpersoal, e foi por iso que decidimos trasladar esta forma de conexión a nivel artístico, representando cos nosos actos como a tecnoloxía facilita e impide comunicarnos a partes iguais nunha nosa realidade, dominada polo dixital, que distorsiona as relacións de opresión tradicionais e enchoupa o panorama artístico.

6GRADOS-NÚMERO 2

22

Dereita, próxima páxina Rincón Vídeo-performance Realizada a través de videochamada 8’56” (tempo da acción: 45mins) - 2020

Malia ter probado múltiples técnicas e materiais, finalmente atopaches fluidez na performance. Que che ofrece que non poidan aportarche outras expresións?

22

Co que fago tento aprender, observar, entender. Teño un profundo interese pola arte dende o propio corpo, e a súa relación con outros corpos e espazos, así como a unión mediante a arte e a creación de vínculos emocionais con outrxs artistas a través da obra.

12/10/2020

12/10/2020

“Traballar dende o corpo porque é cercano, coñecido, para entender o tabú, o alleo, dándolle importancia á espontaneidade... para ver o que está aprendido, deconstruír e reconstruír...”

6GRADOS-NÚMERO 2

12/10/2020

22


6GRADOS-NÚMERO 2

24

12/10/2020

6GRADOS-NÚMERO 2

24

12/10/2020

Cara onde queres levar a túa performance neste momento? Cales son os próximos pasos? Creo que o seguinte paso será volver á orixe. Tras esta conexión tan profunda con outros corpos, agora tócame trasladar esa emoción e esa linguaxe á miña propia identidade, crear un vínculo comigo mesma, fomentar o coñecemento e os coidados do meu propio corpo. Todo isto sen descartar novas colaboracións, novas linguaxes, e sobre todo deixándose levar polas circunstancias. Coidarme, coidar, crear e aprender, son os pasos iniciais de cualquera proxecto artístico ou vital que me propoña.

6GRADOS-NÚMERO 2

24

Os corpos disidentes son considerados como tal por existir fóra dunha norma, nas marxes do considerado socialmente aceptable. É contra esta norma contra a que loitamos, unha norma tan estreita que non deixa cabida a outras identidades, deixando claro que se trata da norma e non das identidades que conforman a norma. O problema non é ser normativx, senón que haxa certas identidades aceptadas e certas que non o estén. As identidades disidentes son, polo tanto, comunidades e colectivos de persoas discriminadas e marxinadas por unha serie de motivos, dende os físicos aos identitarios pasando por cuestións culturais, sociais e económicas. Pero estas identidades, ao estaren formadas por tantas variables, pódense situar na posición de opresor ou oprimido dependendo da situación de poder na que se atopen respecto a outra persoa ou grupo de persoas.

Haberá momentos nos que nos atoparemos na posición de opresor, nos que gozar dun privilexio nos outorga unha seguridade, inmunidade e atención que as persoas oprimidas non posúen, e é por iso que o que debemos facer é escoitar o que as identidades discriminadas teñen que dicir, apoiar a súa loita sen encabezala, aprender do seu activismo e evitar o paternalismo.

12/10/2020

O corpo é un escenario de resistencia e loita… contra quen e/ou que? Nunca se evidencia un inimigx na túa performance, senón que parece ser unha agresión do individuo contra si mesmx.

6GRADOS-NÚMERO 2

12/10/2020

24


6GRADOS-NÚMERO 2

26

12/10/2020

CONEXIÓN / HODEI HERREROS

Interésame a identidade e a súa construción, que se empeza a dar dende a infancia. Investigo sobre como a violencia e a tenrura conviven dende o período infantil sen negarse a unha á outra, axudando a configurarnos a cada unx de nós, e a formar o noso propio “eu”.

cristinamunozdelaguila@gmail.com

@ cristinamunozdelaguila

Dereita Recubrimiento 3 Pedra e tela de peluche 9x8x3cm - 2020 Dereita, próxima páxina Recubrimiento 7 Mármore e tela de peluche 37x3x2cm - 2020

O emprego deste tipo de material ten que ver co meu primeiro recordo infantil, cando con dous anos me regalaron unhas zapatillas de casa na forma de dous gatiños brancos de peluche absolutamente preciosos, o caso é que caín polas escaleiras con elas postas. Lembro tocar ese peluche agradable e lembro o sangue no meu queixo; leveime de regalo sete puntos e os meus pais, como era de esperar, tiraron as zapatillas. Á marxe do recordo no que inspiro a miña obra, inevitablemente encontro analoxías claras entre a corporalidade e a orografía. En Mapas de Cicatrices utilicei mapas inventados por min (posto que a nivel formal tamén me interesan) para expoñer feridas físicas, marcas, cicatrices do meu propio corpo. Accidentes no “terreo”, de novo, con cores coma o rosa, o branco e o branco crema. A carne branda e o terreo duro. Detecto que aludes á carne... pero quirúrxicamente. Amablemente, diseccionas estes materiais como se tivesen pertencido a un individuo.

As miñas pezas son para min partes deste; non existen brazos nin pernas, non me refiro a iso. Isto que afirmo ten máis que ver coa acumulación de fragmentos que, considero, me configuran, e o seu posterior estudo. Nesta análise que realizo é onde me encontro a min mesma, coma se permanecera nunha procura infinita do que son. A túa obra Mapas de Cicatrices, teño a impresión de que é o antecedente debuxístico da túa obra escultórica. Non teño unha certeza de que o sexa, máis ben unha intuición. Sempre me intrigaron moito eses debuxos que realicei en base á topografía duns lugares inventados, cunhas formas rosadas superpostas que parecían algo cárnico. Supoño que, certamente, as miñas últimas pezas escultóricas tamén teñen moito diso a pesares de estaren feitas con materiais como pedra e madeira. A corporalidade está presente en toda a miña produción de maneira consciente ou inconsciente. Tamén o feito de que todas as miñas pezas son autorretratos.

Durante os últimos tres anos aproximadamente, tiven a sensación de que co meu proceso o que estaba facendo realmente era xerar un corpo identitario.

6GRADOS-NÚMERO 2

26

Abaixo, próxima páxina Recubrimiento 6 Mármore e tela de peluche 30x29x2cm - 2020

A carne e a pedra... atopas analoxías entre a orografía e nós?

26

12/10/2020

“A identidade é un motor na miña produción e, evidentemente, esta comeza a construírse dende que nacemos, na que a infancia ten un papel totalmente decisivo na súa configuración...”

12/10/2020

6GRADOS-NÚMERO 2

CRISTINA MUÑOZ DEL ÁGUILA

6GRADOS-NÚMERO 2

12/10/2020

26


28

12/10/2020

O rosa que utilizas recórdame ao que empregamos nas aulas de infantil e primaria para colorear a carne. É unha cor que está presente na maioría das miñas pezas bidimensionais, e que nos lembra, en certo sentido, ao mundo infantil. “Rosa nena, azul neno”: isto é o que nos impuxeron (entre outras moitas cousas), pero eu úsoo dunha maneira perversa. A nena medra e non hai princesas nin fadas, hai carne, ferida e pel. A conexión dos meus traballos coa infancia é absoluta e foino aínda máis nos últimos meses. Estiven investigando sobre a dimensión de coñecemento que supón o sentido do táctil que tan importante é nxs nenxs e tamén nos seus procesos de aprendizaxe. Como comentei anteriormente, a identidade é un motor na miña produción e, evidentemente, esta comeza a construírse dende que nacemos, tendo a infancia un papel totalmente decisivo na súa configuración, así que decidín adentrarme nos meus primeiros anos de vida para rastrexar a construción da miña propia.

28

12/10/2020

Nin de nós mesmxs nin de nada nin nadie, non creo nesa obxectividade; se pasa por un filtro humano, queda presente a subxectividade. Metarretratos é para min un claro exemplo disto, cada vez que lle pedía a alguén que me fixera un retrato coa Polaroid acababan elxs retratadxs. Ao tratar de representarme, saía á luz a nosa relación, a maneira máis violenta ou máis tenra de tratarme á hora de pedirme unha cousa ou otra para o posado, ou en relación á escolla do obxecto ou situación que me definía segundo esa persoa. Non había obxectividade ningunha nas instantáneas obtidas. Tamén creo que o meu presente interese pola tenrura e a violencia vén deste traballo tras analizar as instantáneas. Non é o mesmo que te traten con amabilidade a que non o fagan en absoluto, non obstante, ambas opcións están contempladas nas “reglas” deste “xogo”.

6GRADOS-NÚMERO 2

6GRADOS-NÚMERO 2

É posible lograr unha mirada obxectiva de nós mesmxs? Na túa serie de fotos Polaroids, Metarretratos, as persoas que te fotografían só poden retratarse acertadamente a elxs mesmxs na medida na que o fan contigo.

6GRADOS-NÚMERO 2

12/10/2020

28 6GRADOS-NÚMERO 2

12/10/2020

28


6GRADOS-NÚMERO 2

CONEXIÓN / DYM

30

12/10/2020

6GRADOS-NÚMERO 2

BAN PESK

www.peskpesk.com facebook.com/pesk.arte @ban_pesk

Dereita Los islandeses le llaman “the creature” ...yo le llamo “Ballenajo” Pintura acrílica sobre muro 27x4m - Hellisandur (Islandia) 2018

Centro, próxima páxina Todo tiende a la Contradicción Pintura plástica e spray sobre muro 27x8m - Valencia (España) 2018

A pintura non debe asumir papeis. De feito creo que morta e todo segue a ser efectiva como método de aprendizaxe, oportunidade de crecemento, sanación, intercambios, etc. Cando digo que está morta, o que pretendo dicir é que como arma contra a inxustiza e ferramenta revolucionaria encóntrase desactivada, corta de potencia, neste mar de estímulos que nos anestesia e confunde. Pero pode salvarnos, por algúns segundos, se evita que nos devoren as présas. Os símbolos foron monopolizados e banalizados de tal xeito e o fluxo da información está tan controlado que a pintura perde relevancia nun mar de imaxes cinéticas, interactivas, tridimensionais que se crean de xeito instantáneo, cada vez máis fácil moitas veces, sen pensar nos procesos que conleva a súa manufactura… sen que a súa manufactura sexa unha oportunidade de reflexión.

A arte no espazo público… ¿é sempre lexítima? A que te refires ti con lexítima? Conforme ás leis? Creo que a arte no espazo público debe ser “respectuosa” pero atrevida ao mesmo tiempo e estar máis alá das leis. Non debe pretender ser lexítima e non vai gustar a todo o mundo… non pasa nada. No espazo que sexa, para min, será “lexítimo” como sinónimo de verdadeiro, dende o momento no que se faga para un mesmo e pola experiencia creativa en si.

Ao teu mural Ballenajo / The Creature, consideraríalo un punto de inflexión? Totalmente… país descoñecido, clima estraño, muro grande, deseño simple, acabados “realistas”… todo novo para min. Sempre penso nesa obra. Non estaba de todo seguro de se sería quen de facelo coma no boceto ou melloralo. E non me sentía de todo seguro de se lle gustaría ás persoas do pobo.

Abaixo, próxima páxina What´s your problem Pintura plástica e spray sobre muro 16x4m - Hellisandur (Islandia) 2018

6GRADOS-NÚMERO 2

6GRADOS-NÚMERO 2

30

Arriba, próxima páxina Somos Contenedores Pintura plástica e spray sobre muro 3x7m - Sevilla (España) 2019

Fai tempo, faláchesme de que a pintura estaba morta. Que papel debería asumir, cres, neste século XXI?

30

O meu alias, os meus repentinos pero constantes cambios, os materiais que utilizo… as miñas decisións inconscientes... todo é un statement. Cousa, para o meu ver, moi sobrevalorada estes días. Somos un statement… máis de un, por cada paso que damos.

12/10/2020

12/10/2020

“Pintar é coma facer nenos… o máis divertido sempre é empezar un novo...”

12/10/2020

30


6GRADOS-NÚMERO 2

32

12/10/2020

6GRADOS-NÚMERO 2 12/10/2020

Esquerda, próxima páxina Caballo Acrílico, spray e óleo pastel sobre papel 60x40cm - 2016

Atopo na túa arte un amor polo bodegón, a chatarra, o obxecto encontrado... unhas veces intervíndoo e outras tantas retratándoo.

Dereita, próxima páxina ¿Que salida? Acrílico, spray e óleo pastel sobre lona vinílica 2.1x2m - 2016

Creo que hai un gran potencial desaproveitado no lixo. Que ridículo que o gran problema do plástico sexa a súa durabilidade, ¿non? Considérome un coleccionista. Colecciono a través do debuxo, a pintura, a fotografía ou calquera técnica. Rexistro aquilo que non podo levarme. Colecciono obxectos encontrados e atribúolle un grande valor á historia do seu achado, como chegan a min, en que circunstancias; estas historias adoitan ser un disparador para o seu uso.

Gústame deixarme levar, tento non magoar... Pero entendo que ás veces a destrución é necesaria para a creación ou que pode ser unha creación en si mesma.

32

Achégaste dende unha particular ética á hora de intervir?

As túas obras compóñense no xesto, aínda que sexa sutilmente, de patróns e fractais (o triángulo, a cuadrícula…). Malia partires dun bosquexo, o atractivo disto é que che aporta algo de escritura automática e impredicibilidade, non? Ou é algo máis ben conceptual? Todas as respostas son correctas. Os triángulos, os cadrados ou as espirais van saíndo espontáneamente como unha forma de abarcar o espazo e crear unha mancha “transparente” que permita traballar en capas e avanzar, segundo se requira máis ou menos rápido, variando a densidade das cores para xerar efectos semellantes ao puntillismo ou outros métodos de imprenta por trama.

6GRADOS-NÚMERO 2

12/10/2020

32 6GRADOS-NÚMERO 2

12/10/2020

32

Fotografía tomada por Martín Sánchez


6GRADOS-NÚMERO 2

34

12/10/2020

6GRADOS-NÚMERO 2

34

12/10/2020 6GRADOS-NÚMERO 2

12/10/2020

34 6GRADOS-NÚMERO 2

12/10/2020

34


Portada: Natalia Ortega Orozco (@_nana_ortegaorozco) Contraportada: Ana Marjalizo (@parecennazis) Imaxe P.36-37: Manuel Senén Ruíz (@manussmile) Coordina e edita: DYM (@the_real_dym) Axuda e supervisa: Julia Zairé (@ela_faz_cinema) Editorial Demasiado Amarillo (@demasiado_amarillo) Tradución ao galego: Eva Antelo (@ebaconube)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
6 GRADOS - NÚMERO 2 (GALEGO) - 12/10/2020 by 6 GRADOS - Issuu