Vaca Pinta 27. Edición en galego

Page 36

A PÉ DE PISTA

XXIX CONCURSO REXIONAL DA RAZA FRISONA DE GALICIA. LALÍN (PONTEVEDRA)

En Vaca.tv

Rey 814 Beemer Yuti, vaca gran campiona de Galicia

Vaca gran campiona

No certame, celebrado en Lalín, participaron máis de 140 animais de 26 ganderías, que foron xulgados pola xuíza belga Martine Lambot e a palmada da vitoria levouna este exemplar da gandería Rey de Miñotelo.

O

multiusos Lalín Arena acolleu a XXIX edición do Concurso Rexional da Raza Frisona de Galicia os días 10, 11 e 12 de setembro, que foi xulgado pola belga Martine Lambot. O evento levouse a cabo no marco da XXXVI edición de Feiradeza. Entre os primeiros animais que saíron á pista, as xatas e xovencas, a xuíza decantouse por Rey 977 Chief Genesis, da gandería Rey de Miñotelo (A Pastoriza), que obtivo o título de

gran campiona, tras conseguir o de xata campiona. O premio de xovenca campiona foi para Casa-Nova Vanana Ceo 1327, de Ganadería Carro SL (Mesía). Pola súa banda, Baroncelle Snob Sabrina, de Rato (Rodeiro), conseguiu ser reserva do rexional e gran campiona de Feiradeza. Nos campionatos de vacas, Baroncelle Sidekick Patty ET, de Rato (Rodeiro), alzouse co título de vaca nova campiona; Rey 735 Dinosa Bradnick, de Rey de

Miñotelo, levou o de vaca adulta campiona, e Rey 814 Beemer Yuri, tamén de Rey de Miñotelo, proclamouse vaca intermedia campiona e gran campiona da cita. A reserva logrou ser a vaca nova campiona, que obtivo, ademais, o título de vaca gran campiona de Feiradeza. Durante o concurso disputáronse os premios de mellor descendencia e mellor criador, ambos recaeron na gandería Rey de Miñotelo.

CONCURSOS DE PREPARADORES E MANEXADORES O certame abriuse co Concurso de Novos Preparadores de Gando, no que se proclamou gañadora Lorena Rodríguez, de Pol. O segundo premio recaeu en Lorena Iglesia, da Pastoriza, e a mención de honra foi para Xabi Montes, de Rodeiro. Os xuíces encargados de valorar esta competición foron Bonet Cid e Martine Lambot.

34 | Vaca Pinta n.º 27 | 10.2021

vp27_piedepista_Regional_Galicia_2021_galego_SABE.indd 34

28/10/21 16:03


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Vaca Pinta 27. Edición en galego by Transmedia Comunicación - Issuu