Vaca Pinta 26. Edición galego

Page 116

E S P E C I A L : E N S I L A D O D O M I L LO

Control e interpretación dos VOC e a formación de ésteres en ensilados de millo No silo de millo atopáronse máis de douscentos compostos orgánicos volátiles (VOC) e, malia que poden aparecer noutras forraxes ensiladas, é neste cultivo onde se localizan en maior diversidade e cantidade. Dentro destes, os etil ésteres son quizais os máis problemáticos e aos que lles hai que prestar maior atención, xa que prexudican de forma directa o consumo e a produción das vacas. A eles dedicamos o seguinte estudo. Alexandre Udina Director técnico de Adial e-mail: alexudina@adial.es

O

s VOC (Volatile Organic Compounds) inclúen unha gran variedade de compostos químicos en forma de gas que se evaporan con facilidade e que, ademais, poden ter efectos adversos para a saúde humana, é dicir, a súa presenza no aire pode provocar alerxias, problemas respiratorios, náuseas, irritacións na pel e ollos, inmunodepresión etc. Outro exemplo negativo é a reacción entre óxidos de nitróxeno e compostos volátiles orgánicos que producirá ozono.

Nos ensilados prodúcense distintos tipos de compostos volátiles orgánicos (VOC) como os alcois (etanol, propanol, butanol), cetonas, aldehídos, monoterpenos, isoprenos, sesquiterpenos, ácidos carboxílicos e outros compostos con carbonilo, e os comentados etilos ou ésteres. Non todos teñen o mesmo efecto prexudicial na contaminación do aire ou en efectos adversos para a saúde e, aínda que se debe tentar reducir o seu nivel global en calquera tipo de ensilado, o foco de todos os estudos é tentar reducir os niveis de alcois (sobre todo etanol) e evitar a formación de ésteres.

FORMACIÓN DE ÉSTERES NOS ENSILADOS Os ésteres prodúcense por dúas vías distintas (vía química e vía microbiolóxica): Vía química: cunha reacción onde un alcol (etanol, propanol) se combina cun ácido carboxílico (acético, láctico), dando lugar a un éster: • Etanol + ácido acético = etil acetato • Etanol + ácido láctico = etil lactato • Propanol + ácido acético = propil acetato • Propanol + ácido láctico = propil lactato

116 | Vaca Pinta n.º 26 | 08.2021

vp026_especialEnsiladoMillo_udina_galego.indd 116

31/8/21 12:24


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.