Skip to main content

Revista Cerna 93

Page 4

desenvolvemento sustentábel

Recursos Ramsés Pérez

LIBRO

PUBLICACIÓN DIXITAL

Pragas e doenzas. Unha guía práctica Rosendo Luís Estévez Parada Edita: Catro Ventos Galego (84 páxs.) 2024 ISBN: 978-84-127425-1-0

Nomes galegos das aves de Galicia e de España Manuel González González, Silverio Cerradelo Gómez, Xosé M. Penas Patiño e Cosme D. Romay Cousido Edita: Real Academia Galega Galego (159 páxs.) 2024 ISBN: 13 (15) 978-84-17807-41-2

Cunha linguaxe sinxela e clara, apoiada con fotos e vídeos reais que se poden ver mediante QR, Rosendo Estévez, experto en agricultura ecolóxica, explícanos cales son as principais pragas e enfermidades coas que nos atopamos en Galiza e que poden afectar tanto a nosa horta, árbores froiteiras ou plantas ornamentais e forestais. En Pragas e doenzas aprenderás remedios ecolóxicos para eliminalas ou combatelas e manter as túas plantas protexidas.

A Real Academia Galega (RAG) promove un catálogo online dos nomes unificados en galego de máis de seiscentas especies de aves presentes en Galiza e España. Esta ferramenta web permite realizar procuras por nome galego, nome científico ou familia á que pertence cada ave, cuxa ficha vén acompañada en moitos casos de fotografías que reforzan o carácter divulgativo do proxecto. Acceso ao catálogo online ◀

LIBRO

LIBRO

Ecoralia: a lambona ecolóxica Ilustracións e textos: Laura Romero Música: Paco Cerdeira (Pakolas) Edita: CRAEGA Galego (32 páxs.) 2024 DL: 1427-2024

O corazón dos paxaros Xerardo Quintiá ◀ Ilustracións: Nuria Díaz Edita: Galaxia Galego (40 páxs.) 2023 ISBN: 978-84-1110-382-4

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) vén de editar a iniciativa Ecoralia, a lambona ecolóxica xunto con Paco Cerdeira (Pakolas) e Laura Romero. O obxectivo é que a cativada coñeza o sistema de produción ecolóxica dun xeito ameno e divertido, co fin de concienciar as futuras xeracións da importancia da alimentación saudable e ecolóxica, e de que aprendan a coidar o medio ambiente, tanto na terra coma no mar, combater o cambio climático e garantir o benestar animal. Acceso ao material ◀

O corazón dos paxaros é unha alegación contra a caza. Unha historia que abala entre o divertimento e o compromiso e na que, a través do humor, a poesía e a musicalidade dos xogos de palabras, se busca poñer de manifesto a importancia dos animais e a necesidade dun cambio profundo na nosa relación con eles.

LIBRO La recivilización. Desafíos, zancadillas y motivaciones para arreglar el mundo Fernando Valladares Edita: Destino Español (416 páxs.) 2023 ISBN: 978-84-233-6385-8 Vivimos en guerra. Uns contra outros. Contra nós mesmos. Contra a natureza. Vivimos bébedos de tecnoloxía e soberbia, na convicción de que temos asegurada a supervivencia. Porén, nunca estivo tan ameazada coma agora. Cambio climático, perda de especies, guerras pola auga e violacións crecentes dos dereitos humanos. Se a ciencia ten ben afinado o diagnóstico e as solucións, por que non avanzamos na súa resolución? En La recivilización, o prestixioso ecólogo Fernando Valladares revélanos con honestidade e valentía os desafíos e os obstáculos aos que temos que enfrontarnos para dirixirnos cara a un novo modelo ecosocial apoiado na confianza, na empatía e na colaboración máis que na competencia e a sobrexplotación. Atopámonos nun momento histórico apaixonante no que debemos repensar para seguir existindo. E cuestionar o modelo de civilización, aínda que pareza esaxerado, é ineludible.

Se queres que divulguemos nesta publicación algún libro, CD, revista, película, documental, etc., envía a referencia a nº 87 · 2022 ·4 ramses@adega.gal ou cerna@adega.gal, indicando “Recursos CERNA”.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Revista Cerna 93 by Revista Cerna - Issuu