Ferrán Pestaña
www.adega.gal/revistacerna
BIODIVERSIDADE E CONSERVACIÓN
A DIVERSIDADE DE AVES AO LONGO DE 37 ANOS NO COUREL María Losada, Luis Salaverri, José Guitián e Mar Sobral*
As aves son excelentes indicadores de biodiversidade porque as tendencias das súas poboacións son moi sensibles aos cambios ambientais1. Exploramos como a diversidade de aves cambiou entre 1977 e 2014, en 5 sitios das montañas do Courel. Atopamos que o número de especies de aves non cambiou despois de 37 anos, aínda que oito especies variaron na súa abundancia. Este estudo amosa que as aves poden manterse en áreas naturais ben conservadas. Ferreiriño azul ( C yan i ste s cae r ule us) .
As tendencias espec ficas destas especies poden depender das s as características2. B uscamos, pero non atopamos, unha relación entre as características das especies e os seus cambios de abundancia despois de 37 anos. Outra posible explicación dos cambios na abundancia de especies podería ser a preferencia do hábitat2. Por exemplo, as especies típicas de bosques (como o ferreiriño azul, o gaio e o ferreiriño real) aumentaron de forma xeral, o que é coherente co aumento da área ocupada polos bosques nesta rexión durante as últimas décadas2.
Figura 1. Cambios da abundancia das 15 especies máis comúns nos diferentes sitios estudados do Courel. O bosque de montaña (barras verdes claro), o aciñeiral (barras amarelas), a matogueira (barras verdes escuro), o souto de Moreda (barras laranxas) e o souto de Parada (barras marróns).
O TRABALLO Investigamos se a riqueza e a abundancia de aves cambiaron no Courel tras un período de 37 anos. Medimos a diversidade de aves en dous soutos, un bosque de montaña, un aciñeiral e unha matogueira, nos mesmos lugares e coa mesma metodoloxía en xullo de 1977 e xullo de 2014. O RESULTADO: SEN CAMBIOS NA DIVERSIDADE DE AVES Os resultados móstranse na Figura 1. En total, rexistramos 31 especies de aves. O número de especies de aves e individuos non variou de 1977 a 2014. A abundancia do ferreiriño azul (C yanis tes caeru leu s ), do gaio (Garru lu s g landariu s ), do ferreiriño real (P aru s maj or), da azulenta (P ru nella modu laris ) e da papuxa das amoras (S ylv ia atricapilla) aumentou entre 1977-2014, e pola contra, o paporrubio (Erith acu s ru b ecu la), o picafollas ibérico (P h ylllos copu s ib ericu s ) e a carriza (T rog lodytes trog lodytes ) diminuíron.
CONCLUSIÓNS O noso estudo non mostra cambios no número de especies de aves nin na abundancia xeral despois de 37 anos en sitios ben conservados do Courel, aínda que atopamos variacións nas abundancias dalgunhas especies. Ao mesmo tempo, tamén sabemos que os sitios abandonados están perdendo diversidade3. Máis investigacións a longo prazo en espazos ben preservados ligados á presenza humana serán relevantes para comprender o cambio na biodiversidade a escalas locais nun mundo globalizado. AGRADECEMENTOS Agradecemos a Eduardo J . Castro polas ilustracións das aves. REFERENCIAS 1. R usso, D. (2006). Effects of land ab andonment on animal s pecies in Eu rope: onservation and mana ement imp ications u embour ffice for fficia ub lications of th e Eu ropean C ommu nities . 2. Suárez-Seoane, S., Osborne, P. E., & B audry , J . (2002). R es pons es of b irds of different b iog eog raph ic orig ins and h ab itat req u irements to ag ricu ltu ral land ab andonment in north ern S pain. B iolog ical C ons erv ation, 105(3): 333– 344. 3. Salaverri, L., Guitián, J . M., Munilla, I., & Sobral, M. (2019) B ird rich nes s decreas es w ith th e ab andonment of ag ricu ltu re in a ru ral reg ion of S W Eu rope. R eg ional Env ironmental C h ang e, 19(1): 245– 250. *Departamento de Bioloxía Funcional, Área de Ecoloxía, Universidade de Santiago de Compostela, A Coruña.
nº 86 · 2021 · 35