Page 17

www.adega.gal/revistacerna

RESIDUOS

A IMPLANTACIÓN DO SISTEMA PORTA A PORTA EN SAN SADURNIÑO Amparo Calvo e Ignacio Fernández*

Concello de San Sadurniño

O Concello de San Sadurniño implantou, a finais de 2014, un proxecto piloto de recollida Porta a Porta (PaP) na parroquia de Ferreira, que é unha das que ten a poboación máis dispersa. O obxectivo era mellorar a xestión, achegala á cidadanía, e reducir a cantidade de lixo que se estaba enviando a SOGAMA. Os resultados acadados foron positivos, e ampliouse o sistema a outras dúas parroquias. En xeral, o sistema PaP está cumprindo os seus obxectivos, pero existen limitacións que dificultan a súa extensión ao resto do termo municipal.

Vista xeral da parroquia de Ferreira e a súa dispersión poboacional.

O Concello de San Sadurniño sitúase na comarca de Ferrol, entre os municipios de Narón e As Pontes. É un concello cunha superficie de 99,7 km2, de claras características rurais. Posúe unha poboación de 3.000 habitantes, repartidos en sete parroquias, e 228 entidades de poboación. En termos xerais trátase dunha poboación avellentada, da que a idade media supera os 50 anos.

cambio xeral de sistema, tanto a nivel político, como administrativo, económico e social, que nos permita achegarnos á sustentabilidade. Neste senso, coidamos que os concellos, como Administracións máis achegadas á cidadanía, deben procurar solucións para os problemas principais das persoas. E un dos aspectos que máis preocupa, pois afecta a todo o mundo, é a calidade ambiental e a xestión dos residuos sólidos urbanos.

Estas características socio-territoriais ilustran as dificultades que ten un Concello como o noso para prestar todos os servizos que debe asumir. Nomeadamente, a recollida do lixo é o servizo municipal en que os gastos derivados da dispersión son maiores en comparación con outras zonas de poboamento máis concentrado.

A XESTIÓN LOCAL DO LIXO

Se a isto engadimos a reducida capacidade orzamentaria dos concellos galegos, en comparanza cos do resto do Estado, entenderemos que a prestación dos servizos municipais na nosa Terra ten moitas dificultades para acadar unhas cotas de eficiencia que poidan equipararse con outros territorios de Europa. Ora ben, esta situación non pode paralizarnos, senón que cómpre procurar solucións e medidas innovadoras que posibiliten avanzar cara a un

Ata o ano 2007 a xestión do lixo en San Sadurniño era un asunto secundario, pouco planificado, e con servizos escasos e caros. A partir dese ano a xestión do lixo foi mudando, pouco a pouco, consonte ás capacidades existentes, e dotouse de máis medios técnicos, ampliouse o número de colectores, construíronse illas ecolóxicas con colectores para diferentes tipos de residuos, implantouse a recollida de voluminosos, de plásticos agrícolas ou de aceites usados, aumentaron as cantidades de residuos recollidos en fraccións reciclables (papel, envases, vidro), etc. Porén, o gran problema da xestión do lixo persistía: a obriga de ter que facer parte do sistema SOGAMA e enviar a Cerceda unha parte importante dos residuos recollidos, para a súa incineración e/ou vertido. Consideramos que o sistema SOGAMA está esgotado, por ser caro, cerna nº 78 · 2017 · 17

Profile for CERNA

Cerna 78  

Revista galega de ecoloxía e medio ambiente

Cerna 78  

Revista galega de ecoloxía e medio ambiente

Advertisement