Skip to main content

Cerna 74

Page 4

cerna revista galega de ecoloxía e medio ambiente

SEGUIMENTO DE HÉRPETOS

TIBURÓNS / MACROALGAS / ACIDIFICACIÓN OCEÁNICA CAMBIO CLIMÁTICO / DECRETO ENERXÍA / MAZARICO

DEZ ANOS DE PROXECTO RÍOS

Outono 2015 - número 74


RECURSOS

4

Ramsés Pérez

ECOLOXISMO

UMA VIAGEM Á ÍNDIA

5

Adela Figueroa e Montserrat Lombardía ENTREVISTA

JOSÉ PAZ, fundador da Casa da Galiza de Santiniketan

6

OS TIBURÓNS DE GALICIA

8

MACROALGAS NAS COSTAS GALEGAS

14

BIODIVERSIDADE.EU

18

MONITORIZACIÓN DE HÉRPETOS

22

BIODIVERSIDADE Toño Maño

M. G. Tasende, B. Martínez e C. Peteiro R. Carballal, M. Serrano e S. Ortiz César Ayres

CAMBIO CLIMÁTICO

A ACIDIFICACIÓN OCEÁNICA

25

RESCLIMA: O FACTOR SOCIAL DO CAMBIO CLIMÁTICO

28

Maribel I. García-Ibáñez

Pablo Ángel Meira Cartea ENERXÍA

CRÍTICA DO DECRETO DE AUTOCONSUMO DO PP Fins Eirexas

CONSERVACIÓN

OS ESPAZOS PROTEXIDOS DE GALIZA V. Paül, X.M. Santos, M. Pazos MONTES SOSTÍBEIS

UN ANO DE “COUSA DE RAÍCES” Cerna/Redacción

EDUCACIÓN AMBIENTAL

DEZ ANOS DE PROXECTO RÍOS

V. Rodríguez, P. Bañobre e R. Pérez ESPECIES EN PERIGO

31 33

FAUNA E FLORA DE GALIZA

46

cerna Dpto. Redacción e Publicidade 982 240 299 Ronda Fontiñas, 180 Entrechan 27002 Lugo

Administración 981 50 099 Travesa dos Basquiños, 9 Baixo 15704 Santiago de Compostela cerna@adega.gal www.adega.gal/revistacerna

Coincidindo no tempo co Cumio mundial do Clima de París, quixemos coñecer a percepción que a sociedade ten do Cambio climático, da man do proxecto “Resclima” (USC), e tamén amosar os resultados dunha das últimas investigacións relativas ao quecemento global que se teñen abordado en Galiza, a acidificación oceánica. CERNA 74 conta ademais cunha breve análise crítica da historia dos espazos naturais protexidos no territorio galego, da situación que está a atravesar o mazarico real, especie en perigo, e do Decreto de produción e autoconsumo de enerxía do goberno de Rajoy.

O presente número inclúe unha avaliación dos dez anos do proxecto de voluntariado ambiental máis exitoso de ADEGA, Proxecto Ríos, e avanza os logros da campaña de divulgación e concienciación o bosque galego, “Cousa de Raíces”, que está de aniversario. Completamos esta edición co apartado de Fauna e Flora de Galiza e coa crónica de Adela Figueroa e Montserrat Lombardía de ADEGA sobre a súa viaxe á India e a entrevista ao seguidor de Rabindranath Tagore e fundador da Casa de Galiza hindú, José Paz.

40 43

X. Salvadores e M. Miguens

As persoas temos un papel principal na configuración da nosa paisaxe ambiental. Participamos de forma activa na observación do seu estado e na promoción de alternativas de xestión que superan, en moitos casos, as propostas pola acción pública. CERNA 74 amosa algunhas das ferramentas de participación social que se están a utilizar en Galiza e no resto da Península para avaliar a situación da nosa biodiversidade. Algúns exemplos son o portal web “biodiversidade.eu”, que atende a flora e fauna de Galiza a do Norte de Portugal, ou o programa SARE, de Seguimento de Anfibios e Réptiles de España, específico para a monitorización de hérpetos. Recollemos tamén artigos sobre especie animais e vexetais como os tiburóns e as macroalgas das nosas costas.

37

MAZARICO REAL

Jesús Domínguez e María Vidal

AS PERSOAS CONSTRÚEN O AMBIENTE

EDITORIAL

Toño Maño

ÍNDICE

Melgacho ou ghaxapo (Scyliorhinus canicula), o tiburón máis abundante nas costas galegas.

COMITÉ DE REDACCIÓN: Belén Rodríguez, Xesús Pereiras, Ramsés Pérez, Pepe Salvadores, Alberte Sánchez e Manuel Soto. EDITA: ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) Outono 2015 - Cerna 74

Nos artigos asinados, respéitase a normativa lingüística do texto orixinal. CERNA non se fai copartícipe, necesariamente, das ideas, opinións e afirmacións dos autores. Todo o material da revista pode ser reproducido sempre que se cite a fonte, exceptuando as fotografías, para as que sería necesario contar co permiso dos autores. DIRECCIÓN Manuel Soto

REDACCIÓN Belén Rodríguez

DESEÑO E MAQUETACIÓN distrito xermar FOTOGRAFÍA DA CAPA distrito xermar

FOTOGRAFÍA distrito xermar - Ramsés Pérez ADMINISTRACIÓN Silvia Amor

D.L.: C-913/1986 ISSN: 1136-2677


LITORAL RECURSOS

www.adega.gal/revistacerna

Ramsés Pérez

LIBROS ASISTENCIA E ESTUDO DOS RÉPTILES E MAMÍFEROS MARIÑOS EN GALICIA

ASISTENCIA E ESTUDO DOS RÉPTILES E MAMÍFEROS MARIÑOS EN GALICIA. CADERNO DE CAMPO

EL LOBO EN LOS MEDIOS. CONSEJOS DE ESTILO

ASCEL (Asociación para la Conservación del Lobo Ibérico)

Alfredo López, Pablo Covelo e José A. Martínez (CEMMA)

Español (17 páx.)

D.X. de Conservación da Natureza, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Xunta e Galicia

Descarga: http://loboiberico.com/wp-content/uploads/2015/06/info_lobo_medios_b. pdf

Galego (43 páx.), 2015 DL: VG470-2015

Guía de identificación de especies e manual para a asistencia dos réptiles e mamíferos mariños varados en Galiza. Inclúe fichas de biometría, directrices de actuación no caso de localizar un animal varado (vivo ou morto), código de conduta no caso de avistamentos desde a embarcación e teléfonos de contacto para as alertas de varamento. CADERNO DE CAMPO

O RAPAZ QUE GOSTAVA DE AVES (E DE MUITAS OUTRAS COISAS)

Breve guía de coñecementos básicos sobre a especie, destinada a axudar aos profesionais da información á hora de tratar novas sobre lobos. Pretende achegar datos contrastábeis que afronten informacións pouco fundamentadas e baseadas en lendas ou esaxeracións, contribuíndo así, a través dos medios de comunicación, a aliviar a conflitividade social asociada á presenza do lobo.

EL DILEMA DE SPALLANZANI Y OTRAS CURIOSAS HISTORIAS DE MURCIÉLAGOS Roberto X. Hermida

Isabel Minhós Martins, Bernardo Carvalho Planeta Tangerina

Tundra

ISBN: 978-98-98145-46-8

ISBN: 978-84-94404-88-7

Español (188 páx.), 2015

Portugués (48 páx.), 2012

O Ricardo nasceu num planeta ameaçado: são as florestas que estão a desaparecer, os oceanos poluídos, os problemas com a água e a energia, as centenas de espécies em vias de extinção. O Ricardo preocupa-se a sério e é mesmo um exemplo a seguir... até ao dia em que se apercebe de que muitas pessoas à sua volta parecem viver num outro planeta. E então, um belo dia, desiste: «Mandou a reciclagem às urtigas. Passou a tomar banhos de imersão. Esquecia-se de desligar os interruptores. Fazia fitas para andar a pé e de bicicleta. Queria lá saber das florestas ameaçadas ou das espécies em vias de extinção...!». Mas tudo irá mudar, durante um passeio pelo campo, quando os olhos do Ricardo se cruzam com um guarda-rios em pleno voo... Um livro que mostra bem como neste planeta estamos todos ligados: pessoas, aves, lagartixas, florestas, rios, a chuva ou o sol. VÍDEO

LIGAZÓN

QUEIMAR O MONTE

COUSA DE RAÍCES cousaderaices.wordpress.com

Emilio Fonseca Martín (dir.); Uxía Buciños (prod.); Xiana / The Adaptation Dance (mus.) CRTVG / Galego (55 min.)

Descarga: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/queimar-o-monte

O documental “Queimar o Monte” de Walkie Talkie Films estreouse en outubro de 2013 na Televisión de Galicia. Rodouse en Galiza durante a primavera e verán de 2012 para analizar as causas dun dos principais problemas ambientais do noso territorio, os incendios forestais, que cada ano acadan a cifra media de 10.000. Por mor deste problema, nos últimos trinta anos ardeu unha superficie equivalente á terceira parte de Galiza.

COLABORA CON “RECURSOS” CERNA cerna nº 74 · 2015 · 4

Ao fío dos clásicos experimentos con que Lazzaro Spallanzani intentou desvelar o misterioso sentido que permite aos morcegos voar na escuridade, o autor vai entretecendo historias, lendas, descubrimentos e as súas propias andainas e as doutros compañeiros no estudo e conservación dos morcegos para descubrirnos o apaixonante mundo dos únicos mamíferos que conseguiron conquistar o voo activo. Unha obra que se le de vez, como se fose a un tempo unha novela de aventuras, por momentos histórica, e de misterio.

Este blogue foi creado en 2014 para divulgar todas as accións, actividades e novas que se produzan no marco da Campaña “Cousa de Raíces” a prol do bosque galego, promovida por ADEGA, e na que participan máis de 50 entidades e colectivos. Tamén serve de canle de comunicación entre os membros que integran a campaña e como punto de referencia sobre o que está a acontecer cos nosos bosques autóctonos. As persoas interesadas en participar na campaña tamén poden solicitar o seu ingreso a través desta plataforma web.

se queres que divulguemos nesta publicación algún libro, CD, revista, película, documental, etc., envía a referencia a ramses@adega.gal ou cerna@adega.gal, indicando “Recursos CERNA”.


LITORAL www.adega.gal/revistacerna

UMA VIAGEM Á ÍNDIA

A Casa de Galiza foi fundada por José Paz Rodriguez, um dos maiores expertos em Rabindranah Tagore e nela faz um lavor de grande interesse trabalhando com meninhos Santais. Os Santais são o grupo humano mais antigo da Índia. Têm costumes e cultura bem arraigadas em que os valores familiares ocupam o primeiro plano.

Percorrer as aldeias destes miúdos foi uma experiência inolvidável e maravilhosa. De passeio por Fuldanga, Aldeia das Flores (esse é seu nome) pudemos partilhar o riso das crianças, suas brincadeiras caminhando de mãos dadas com elas. Vimos brincar a bilharda a um grupo de rapazes diante da escola da aldeia. Ninguém fechou a sua casa para nós e tudo nos mostraram. Uma pequena capela à deusa Kali, protetora das mulheres, foi-nos aberta. Lá dentro pudemos contemplar a imagem poderosa da deusa que finca seu calcanhar no peito dalgum mal homem em quanto porta varias cabeças baixo os seus braços1. As casas estão adornadas com relevos representando cenas de caça, pesca, agrícolas. As portas adornadas com pinturas de cores.

Adela Figueroa

Por toda a parte o doutor Paz era saudado polo seu nome bengali (Santidá) mostrando-lhe o seu aprecio. Consideramos interessante ir conhecer as crianças em seu meio antes de colaborarmos nas atividades de Casa de Galiza com elas. Santidá (quer dizer, irmão maior) é um experto pedagogo, nomeadamente em pedagogia infantil. Seguindo os passos de Tagore na sua Terra. E nós, participamos com ele nas atividades dum domingo em casa Galiza. Crianças despertas, desinibidas, educadas, alegres e participativas, fizeram-nos o mais lindo presente que se lhe pode dar a quem ama a educação e crê na cultura como fator de igualdade e mudança social. Aprendemos e colaboramos com elas cantando e fazendo todas as atividades que Santidá já tinha programado e preparado. Até pudemos lembrar ao nosso querido Manuel Maria cantando com elas o Cuco. Elas, por sua vez, ensinaram-nos canções das que destaco “Fule Fule” de Rabindranath Tagore.

Foi em definitivo uma experiência formosa, enriquecedora que deixa bem alto o pavilhão da Galiza nestas longínquas terras de Bengala. O coração da Índia. E que aproxima o mundo da Cultura em laços de Paz. A arte é a nossa criação mais sublime e cá, nas terras de Tagore, a Música, a Poesia, ou a Pintura estendem-se a toda a Humanidade. Toda a Terra é uma. Cuidemos dela praticando modos de vida sustentáveis. Com alegria e solidariedade. Montse Lombardía

Fomos á Índia Montserrat Lombardia (presidenta de ADEGA-Lugo) e Adela Figueroa (presidenta da Fundación Eira) representando a ADEGA, em cumprimento duma parceria entre a Casa de Galiza de Santiniketan e a Eira da Xoana (a casa que ADEGA tem na Ulhoa).

Adela Figueroa e Montserrat Lombardía

Atividade didática na Casa de Galiza.

O Cuco uniu os nossos cantos:

Phule phule , dhole dhole bohe kiba mridu bay Totini hillol tule kallole choliya jay Pik kiba kunje kunje kuhu kuhu kuhu gaay Ki jaani jiseri laagi praan korey haay haay. "A brisa dança lene sua vereda sobre as flores, gorgulha e chouta o rego com pressa por se ir. Chilreia o cuco seu canto doce em arvoredas, quem sabe por que meu coração ainda exclama, ai2!" NOTAS: 1. Dado o problema da violência machista que nos abruma, reflito eu: Quantas Kalis não fariam falha cá! 2. Tradução do inglés por Carlos Durão. Obrigadas, Carlos.

Montse Lombardía

A Índia é um país apaixonante. Com certeza, tudo é diferente do que aqui. Nomeadamente se visto com olhos de superficialidade. Mas os seres humanos, somos uns. E as nossas paixões e os nossos anseios sempre são os mesmos. Comida, saúde para enfrentar a vida e amor para partilhá-la. Nisso a Índia não é diferente. Só há que olhar em profundidade e não ficar, apenas, na tona.

ECOLOXISMO

Montserrat Lombardia (esquerda) e Adela Figeroa (dereita) com meninhos da aldeia de Fuldanga.

cerna nº 74 · 2015 · 5


LITORAL ENTREVISTA

www.adega.gal/revistacerna

JOSÉ PAZ, FUNDADOR DA CASA DA GALIZA DE SANTINIKETAN

“NA GALIZA TEMOS UMA RIQUEZA AMBIENTAL IMPRESSIONANTE MAS, INFELIZMENTE, NÃO SE UTILIZA PARA O ENSINO”

José Paz foi professor de Pedagogia no Campus de Ourense da Universidade de Vigo, é um grande conhecedor e investigador do poeta e filósofo hindu Rabindranath Tagore e vem de fundar a Casa da Galiza de Santiniketan, na Índia. Adela Figueroa e Montserrat Lombardía, de ADEGA, foram acolhidas pelo Dr. Paz na sua casa onde lhe realizaram a seguinte entrevista. M.L.: Que faz um galego em Santiniketan?

Deve ser o destino. Conheci a existência de Rabindranath Tagore no ano 1957, lendo o Manuscrito Terceiro e gostei tanto (mais ainda quando descobri que era de um grande educador porque é a minha especialidade), que decidi que tinha que vir para conhecer o sítio onde Tagore criou a primeira Escola Nova1 de Oriente, a mais completa de todas. Vim pela primeira vez no centenário desta Escola e fiquei tão prendado que pensei em vir todos os anos, por isso estou aqui. Também fiz a tese de doutoramento sobre Tagore como educador e agora que estou reformado venho cada ano, entre outubro e abril que é quando menos calor faz. A.F.: Como crês que Tagore intepretaría a Educação Ambiental?

O elemento fundamental para Tagore é a árvore. Tanto, que as salas de aulas têm que ser debaixo das árvores. Dizia-lhe aos mestres e mestras: Não podeis levar a árvore à classe porque a tendes que levar já morrida e cortada, tendes que levar a classe debaixo das árvores. Por isso no Campus de Santiniketan há árvores de todo o tipo. Tagore, quando viajava, trazia diferentes plantas, de maneira que os jardins têm muita variedade de árvores e plantas, sobretudo tropicais. Ademais, na Escola Rural do mesmo Campus, todas as crianças têm o seu horto ou couto escolar, seguindo o modelo das Escolas Novas. Também, os mestres, nas suas práticas, têm que cultivar um jardim e plantar (pimentos, tomates, etc.). Tagore criou uma granja escola no seu dia, não só para

educar ecologicamente às crianças, também para ajudar as aldeias a cultivar com os métodos adequados.

M.L.: Como se introduziria a Educação Ambiental de Tagore na Educação formal da Galiza?

Um problema que temos na Galiza e no resto do Estado é que o currículo é inadequado. Incidimos em campos desnecessários e abandonamos os necessários. A Ecologia e a Educação ambiental tinham que estar integradas em todas as matérias, mas, enquanto não se faça uma reforma do currículo, vejo muito difícil que as nossas escolas mudem. O Ensino está-se deteriorando bastante por interesses acochados das grandes empresas e, sobretudo, pela influência negativa dos ianques. Cada vez se está a privatizar mais. Na Galiza temos uma riqueza ambiental impressionante mas, infelizmente, não se utiliza para o Ensino.

A.F.: Que semelhanças encontras entre o Ensino que se faz em Santiniketan e o da Galiza?

Enquanto viveram Tagore e o seu filho (faleceram nos anos 1941 e 1951, respetivamente), a Escola de Santiniketan era uma maravilha porque funcionava com o modelo exato das Escolas Novas europeias unido ao modelo das Escolas na floresta. Hoje, ao depender do governo central, muitos mestres desconhecem o modelo de Tagore e a Escola perdeu muitas das suas técnicas didáticas; ainda que mantém as festas tradicionais do ano ou as classes ao ar livre. Na Galiza houve alguns

José Paz com Adela Figueroa e Montserrat Lombardia diante da Cada de Galiza de Santiniketan.

cerna nº 74 73 · 2015 · 6


ENTREVISTA

www.adega.gal/revistacerna

exemplos que seguiram o princípio das Escolas Novas, como o Colégio de Fingoi2 de Lugo, ao princípio. Acho que o governo galego tem muita responsabilidade nisto, mas não tem interesse em que a Educação seja de qualidade. Há muito que fazer, começando por um modelo bom de formação de professorado. A.F.: Que valores da Índia poder-mos-ia transferir a Galiza?

Os valores fundamentais da Índia são a tranquilidade, a bondade, a felicidade da gente, ainda que tenha pouco. Aqui vê-se que o ter não dá a felicidade, senão o ser. O hinduísmo normal é pacífico, é o país da paz, da alegria, das flores, da música. As crianças são alegres e seguem tendo contacto com a mãe. Infelizmente, intuo que a televisão mudará em 20 anos este país, que vai perder a sua cultura ancestral. No lado negativo, a Índia valora pouco a mulher, que a situa em terceiro ou quarto lugar. Não há violência física como há lá (na Galiza), mas é uma violência psicológica. M.L.: Por que uma Casa da Galiza na Índia?

Como levo catorze anos vivendo aqui, encontrei esta casa tão bonita e aluguei-a, pintei com a bandeira da Galiza (curiosamente, as cores nacionais são case as mesmas que em Benagala) e aqui faço atividades com crianças, santais, sem casta, e também a ofereço para quem venha de lá, prioritariamente galegos/as, que podem ficar aqui com comida e dormida grátis. Os dois grandes objetivos da Casa são acolher sobretudo a estudantes sem recursos, e ajudar a gente sem casta, que é a que sofre mais na Índia. São pessoas marginadas, às vezes inconscientemente pelas de casta, são os intocáveis ou “harijans”, como os chamava Gandhi, que significa filhos de Deus, no sentido do Deus indiano: a Natureza.

Lendo o Manuscrito Terceiro, gostei tanto que decidi que tinha que vir para conhecer o sítio onde Tagore criou a primeira Escola Nova de Oriente

A.F. : Estamos muito agradecidas por termos ficado cá em Santiniketam e em Casa Galiza e enormemente enriquecidas por tudo o que temos vivido. Não sei como expressar o que estamos a viver porque fundamentalmente é sentimento, admiração e pasmo. Conheces a ADEGA e que sabes dela?

Sinto que não puderam ver em funcionamento as salas de aulas ao ar livre de Tagore, porque a vossa estância coincidiu com a festa mais importante do Hinduísmo em Bengala, a Durga (a dos dez braços), e está todo fechado. Mas ainda vimos alguma aldeia, feira de artesanato...

As três coisas que destacou Castelao da Galiza (a árvore, o peixe e a vaca) são fundamentais em Bengala

ADEGA é a associação ecologista mais importante da Galiza. É uma pena que em Ourense tivesse menos incidência, não sei porquê. Alá houve pequenos coletivos ecologistas, como O Viso, quando as minicentrais hidroelétricas, ou a SGHN, que em alguma época foi muito importante. Gostaria que ADEGA tivesse mais presença em Ourense.

A.F.: Professor Paz, muito obrigado por acolher-nos na sua casa com toda generosidade. O obrigado são eu. NOTAS:

1. A Escola Nova refere-se a um modelo de Escola que coloca a liberdade do alunado por cima de qualquer valor, estimulando a sua responsabilidade para resolver os problemas. Puseram em andamento nos inícios do seculo XX pedagogos como Montesori, Waldorf, ou Cecilia Meireles no Brasil. Em Espanha entronca com a “Institución libre de Enseñanza” de Giner de los Rios ou do filosofo galego, Joam Vicente Viqueira, com muito relacionamento com a Residencia de Estudiantes (Guerra da Cal, Garcia Lorca, Dali). 2. Concepción Fernández, aluna da Residencia de Estudantes, e tia da atual diretora, foi quem a trouxe para o Colegio Fingoi.

Montse Lombardía

As três coisas que destacou Castelao da Galiza (a árvore, o peixe e a vaca) são fundamentais em Bengala. Aqui estão vivos e defendem os

princípios que defendeu Castelao e até têm a retranca galega. Esta Casa da Galiza é a primeira na história da Índia.

Um objetivo da Casa de Galiza é acolher e ajudar a gente sem casta.

cerna nº 74 · 2015 · 7


Toño Maño

LITORAL BIODIVERSIDADE

www.adega.gal/revistacerna

OS TIBURÓNS DE GALICIA Toño Maño*

O tiburón anguía (Chlamydoselachus anguineus) é a especie máis primitiva de todos os tiburóns: unha cabeza de saurio encaixada nun corpo alongado, como os dos congros. A boca, en posición terminal, posúe uns característicos dentes tricuspidados, afiados como poteras e inclinados cara ao interior da boca.

DIVERSIDADE DE ESPECIES

En Galicia temos rexistradas 48 especies de tiburóns, o que vén sendo algo máis do 9% das 510 descritas ata agora en todo o mundo. A cifra, baixa só en aparencia, esconde sen embargo unha extraordinaria diversidade. Agrupados en 7 ordes e 22 familias, temos tiburóns de todas as formas, cores e tamaños. Hainos con corpo fusiforme máis ou menos estilizado ou aplanado, como os das raias; algúns teñen un morro chato e outros incriblemente alongado; uns posúen dúas aletas dorsais, con ou sen espiñas, outros só unha, e un bo feixe deles non teñen aleta anal caudal. Poden presentar unha librea de cor negra, gris, acastañada, estampada, ou sen cor, e algunhas especies ata brillan na escuridade, como os vagalumes. Algúns teñen dentes diminutos e outros incriblemente grandes e afiados. En canto ás tallas, temos o momo (Cetorhinus maximus) que, podendo superar os 11 m, é o peixe máis grande de Europa e o segundo do mundo, só detrás do tiburón balea; e no outro lado, a gata (Etmopterus spinax), que non chega aos 60 cm.

Estas grandes diferenzas son apenas variantes morfolóxicas sobre un deseño básico, pero dun extraordinario éxito evolutivo. Os tiburóns non só levan máis de 400 millóns de anos na Terra, senón que foron capaces de sobrevivir a severas extincións masivas. Pódese dicir, polo tanto, que, máis que seres primitivos, os tiburóns son en realidade das criaturas máis avanzadas que existen.

Os trazos anatómicos máis importantes deste deseño básico, que comparten todas as familias de tiburóns, son os seguintes: esqueleto cartilaxinoso, entre 5 e 7 pares de aberturas branquiais laterais non cubertas por un opérculo, pel cuberta de dentículos dérmicos

cerna nº 74 73 · 2015 · 8

—estruturas similares aos dentes— e non de escamas; os machos presentan nas aletas pélvicas un par de órganos copuladores (pterigópodos), pois ao igual que as persoas, os tiburóns reprodúcense por fecundación interna; e, por último, ausencia de vexiga natatoria. Aínda que moita xente non o cre ou non o entende, tan tiburón é o melgacho que meten na caldeirada como o tiburón branco das películas e dos documentais.

BAIXO O MAR DE GALICIA

Tal diversidade responde a unha tipoloxía igualmente ampla de hábitats, cada un coas súas particulares características ambientais (luminosidade, temperatura, presión, contido en osíxeno, en sal, en nutrientes, etc.). Por iso cómpre tamén describir, sequera esquematicamente, o lugar onde viven. Agás para os mariñeiros (e non todos) e para os científicos, para a maioría de nós resulta difícil imaxinar as dimensións, natureza e estrutura da inmensa paisaxe que se oculta baixo a superficie, a Galicia mergullada (figura 1). Se puidésemos levantar a cuberta líquida e contemplala no seu conxunto a voo de paxaro, atopariámonos cun universo de chairas interminables varridas polas correntes e punteadas aquí e alá por grandes petóns e formacións rochosas, canóns inmensos abertos como fendas de machada na ladeira do continente, vales profundos dominados por outeiros e montañas colosais, bosques fantasmais de corais brancos xurdidos da negrura do fondo. O mundo dos tiburóns.

a) A plataforma continental. A plataforma continental galega é relativamente estreita, ten unha anchura máxima de 35 km. Trátase da zona máis rica e produtiva do océano. A luz do sol ilumínaa de arriba abaixo permitindo o crecemento dos organismos fotosintetizadores que constitúen a base da rede trófica. A isto súmanse os nutrientes


BIODIVERSIDADE

Atlas Dixital GEBCO

www.adega.gal/revistacerna

P.C.

B.G.

T.C.

Antonio Parada

Figura 1. Zonas da Galicia mergullada nas que habitan os tiburóns. *P.C.: Plataforma continental galega; T.C.: Talude continental; B.G.: Banco de Galicia.

Marraxo azul (Isurus oxyrinchus).

transportados polo aire, as correntes e as ondas, que serven de alimento ao zooplancton e a milleiros de pequenos organismos que contribúen ao mantemento de todo este tramado de vida.

A abundancia de presas implica naturalmente a presenza de depredadores. Ata aquí achéganse as grandes especies peláxicas como as quenllas (Prionace glauca) e os marraxos, o marraxo azul (Isurus oxyrinchus) e o marraxo sardiñeiro (Lamna nasus), en busca de sardiñas, xardas, xurelos, pescadas, cefalópodos, sen desprezar aos tiburóns máis pequenos e, mesmo, as aves mariñas. O marraxo azul, unha das criaturas máis veloces do mar, vai tamén detrás dos bonitos, dos atúns

e peixes espada, e tamén dos mamíferos mariños. O raposo mariño (Alopias vulpinus) é un especialista en peixes gregarios, que caza utilizando a súa longa aleta caudal —tan longa como o resto do corpo— a modo de látego, golpeando violentamente nos cardumes para matar ou atordoar os peixes.

Sen dúbida un dos nosos tiburóns máis extraordinarios é o momo (Cetorhinus maximus), que periodicamente, sobre todo na primaveraverán, visita as nosas costas seguindo os afloramentos de plancton. Pode achegarse bastante ás praias e, incluso, entrar nas dársenas, como ocorreu hai poucos anos en Pedras Negras. Adoita verse nadando lentamente cerca da superficie, ás veces co extremo do morro asomando por riba da auga, coa inmensa boca aberta para filtrar grandes cantidades dela.

Nas proximidades da franxa litoral encontramos especies como o cazón (Galeorhinus galeus), un cazador oportunista e voraz de todo tipo de peixes, polbos e incluso crustáceos, que nos meses de verán pode entrar nas rías. Á mesma familia (Triakidae) pertence o cazón branco (Mustelus asterias), dotado de dentes molariformes especialmente preparados para triturar as conchas dos crustáceos e moluscos. E máis ligados aos fondos temos o melgacho (Scyliorhinus canicula), o tiburón máis abundante de Galicia, e, no outro extremo da escala, ao borde da desaparición das nosas augas —se é que non se ten ido xa para sempre—, o peixe anxo (Squatina squatina), que vive deitado ou enterrado no fondo ao axexe de posibles presas.

b) O talude continental. No seu borde, situado a uns 150 m de profundidade, a plataforma inclínase repentinamente para descender,

cerna nº 74 · 2015 · 9


BIODIVERSIDADE Antonio Parada

www.adega.gal/revistacerna

Esta femia de bocadoce gris (Hexanchus griseus) foi capturada no Chan de Touriñán, a poucas millas de Camariñas, por un arrastreiro de Ribeira. Mediu 450 cm e levaba preto de 40 crías a término.

polo norte, ata os 5000 m da grande chaira abisal de Biscaia, e, polo oeste, á cunca interior de Galicia, unha especie de canle duns 100 km de anchura que discorre de norte a sur ao longo de 350 km, entre os 3000 e os 4000 m de profundidade. O talude continental galego aparece cortado por unha serie de abruptos canóns (Ferrol, Coruña, Laxe, Muxía, Muros, Arousa, Pontevedra, Vigo...) que descenden canalizando unha importante cantidade de sedimentos. Aínda que a luz do sol é apenas un tenue resplandor e a partires dos 1000 m a escuridade é absoluta, o talude é tamén unha zona de grande produtividade, pois ata el chegan nutrientes procedentes da costa, da plataforma e tamén dos fondos mariños, o que favorece a proliferación dun amplo número tanto de especies peláxicas, como demersais e bentónicas. Na lomba superior viven as gatas (xéneros Etmopterus, Scymnodon ou Dalatias), as sapatas, as lixas (xéneros Deania, Galeus, Centrophorus, entre outros), e os extravagantes porcos mariños (familia Oxynotidae), especializados en pequenos crustáceos e na depredación das cápsulas-ovo de raias e tiburóns.

c) O banco de Galicia. O límite occidental da cunca interior está marcado por varias montañas submarinas. A máis importante é, sen dúbida, o banco de Galicia, unha inmensa mole de 90 km de longo, no seu eixe N-S, por 50 km de ancho que se ergue maxestosamente desde os máis de 5000 m da chaira abisal de Iberia, ata os 650 m de profundidade no seu punto máis elevado. Trátase da montaña máis alta de Galicia, dobrando os 2127 m de Pena Trevinca, e unha das zonas máis produtivas do noso mar. O relevo dos montes submariños

cerna nº 74 · 2015 · 10

fai que as augas profundas cargadas de nutrientes ascendan ao longo das súas ladeiras propiciando unha abraiante explosión de vida. Nos seus cumios e cantís xorden extensas colonias de esponxas, gorgonias e corais de augas frías que albergan unha extraordinaria diversidade de criaturas, e na columna superior atopamos peixes e cetáceos de toda clase, tartarugas e decenas de aves mariñas. É a nosa particular selva tropical, poboada de tiburóns peláxicos e demersais. Na irrepetible campaña LIFE+INDEMARES realizada no 2010 e 2011 recolléronse, entre case os 1500 e os 1800 m, 5 especies nunca antes rexistradas aquí: tres zapatas do xénero Apristurus¹, ata entón descoñecido en Galicia —A. aphyodes, A. melanoasper, A. profundorum—; unha variedade de pico pato, a Deania profundorum (anteriormente, Rafael Bañón xa incluía outra Deania, procedente da mesma zona, na súa checklist de peixes de Galicia do 2010², a Deania hystricosa); e a zapata islándica (Galeus murinus), o que constitúe o rexistro máis meridional da especie.

TIBURÓNS DE AUGAS PROFUNDAS

Á vista do anterior xa non nos debe estrañar que o 62% dos tiburóns de Galicia sexan habitantes das augas profundas. De feito, contamos coa presenza das dúas especies cos maiores rexistros mundiais de profundidade: unha gata para a que tampouco temos nome en galego, a Etmopterus princeps (“tollo raspa” en castelán), que chega ata os 4500 m no Atlántico Norte, e a foca (Centroscymnus coelolepis), ata os 3675 m.


BIODIVERSIDADE

www.adega.gal/revistacerna

Pola súa singularidade e por seren tamén as grandes descoñecidas dentro do mundo dos tiburóns, estas especies merecen un capítulo aparte. En xeral, son tiburóns pequenos a medianos, de 100-150 cm de talla media. Algúns poden achegarse aos 2 m, como a gata torpedo ou carocho (Dalatias licha), ou ben superar os 5 m de lonxitude, como os grandes depredadores das profundidades, o bocadoce gris (Hexanchus griseus), de ata 5,5 m, e o tiburón de Groenlandia (Somniosus microcephalus), que pode alcanzar os 7 m. Son cazadores altamente oportunistas, sobre todo o segundo, que percorren lentamente as profundidades papando todo o que atopan no camiño: mamíferos mariños enfermos ou despistados, peixes, outros tiburóns e, por suposto, prea.

No mar profundo atópanse dúas das nosas maiores xoias ictiolóxicas, cualificadas como fósiles viventes: o tiburón anguía (Chlamydoselachus anguineus), a especie máis primitiva, e o tiburón trasgo ou quenlla fuciñuda (Mitsukurina owstoni), co seu longuísimo e característico morro espatulado e a mandíbula incriblemente protráctil dotada de dentes afiados como agullas.

Con luz propia -nunca mellor dito- brillan os únicos tres membros da extensa familia Etmopteridae presentes en Galicia. Estes pequenos tiburóns, coñecidos xustamente en inglés como “lantern sharks” ou tiburóns lanterna, caracterízanse por ter a pel cuberta de fotóforos, particularmente na superficie ventral e en diferentes áreas dos costados e das aletas, ás veces formando manchas ben visibles. Recentemente, demostrouse que a bioluminiscencia non só serve para camuflarse (o brillo azul do ventre dilúe a silueta do tiburón contra o tenue brillo da luz procedente da superficie subtraéndoa á vista dos seus depredadores e das súas presas), senón que constitúe un particular sistema de comunicación intraespecífico, mediante o cal unha gata podería identificar aos individuos da súa mesma especie e tamén coñecer o seu sexo3. TIBURÓNS PERIGOSOS OU TIBURÓNS EN PERIGO?

Só con nomealo, o tiburón consegue espertar sentimentos de terror e, case, de histeria colectiva. Incluso, en Galicia, onde non hai especies perigosas preto das praias. Por ignorancia activa ou pasiva, parece que nos resistimos a aceptar contra toda evidencia científica e estatística que a realidade non só desminte as nosas fantasías de natureza mitolóxica, senón que resulta insoportablemente máis cutre e deprimente. Este ano levamos máis mortos en todo o mundo por culpa dos selfies que polos tiburóns, e en Galicia está máis que demostrado que as couces do gando son infinitamente máis letais.

Segundo o ISAF (siglas en inglés para o Arquivo Internacional de Ataques de Tiburón), en 2014 producíronse no mundo 72 ataques non provocados, dos cales só 3 resultaron fatais (malia que a media anual de vítimas mortais durante a última década é de 12)4. Se poñemos estes números en relación aos millóns de persoas que en todo o planeta pasan millóns de horas metidos na auga ao longo de millóns de quilómetros de costa, a porcentaxe de accidentes é, como pouco, absurda.

Realmente son estes animais os que deben ternos medo a nós. Os tiburóns e as raias están entre as especies máis ameazadas do océano. Calcúlase que uns 100 millóns de tiburóns morren cada ano en todo o mundo5 e existen evidencias dun descenso xeral das súas poboacións, especialmente alarmante en certas especies e áreas xeográficas. Os motores principais deste desastre son a demanda desmesurada de aleta por parte do mercado asiático (China) e, nas especies de profundidade, do aceite dos seus enormes fígados, utilizado na industria cosmética e na alimentaria para a elaboración de complementos nutricionais. Segundo a UICN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza), o 25% dos condrictios do mundo (grupo que inclúe as raias e as quimeras) atópase en serio perigo de extinción, un 12,7 % está “Case

ameazado”, e só un 23,2 % se considera “Preocupación menor”; ao que hai que engadir un preocupante 46,8% sen avaliar por falta de datos. En Europa, o 40,4% dos elasmobranquios (raias e tiburóns) están en perigo, dentro dunha tendencia xeral poboacional á baixa: o 11,5% está “En perigo crítico”; o 13%, “En perigo”; o 7,6% considérase “Vulnerable”; e un 10,7%, “Case ameazado”. Non dispoñemos de datos para avaliar correctamente o 20,6 % de especies6.

As causas desta tráxica situación son a sobre-explotación pesqueira, como especies obxectivo e como capturas accidentais, que en artes como o arrastre de fondo son moi grandes; a degradación do seu hábitat e a contaminación. E, por suposto, a súa propia bioloxía, xa que os tiburóns, como os grandes depredadores, teñen unha taxa reprodutiva bastante baixa, particularmente os de augas profundas. En xeral, son especies de crecemento lento e madurez sexual tardía, e producen poucas crías tras un tempo de xestación moi longo, como os 24 meses da melga (Squalus acanthias) ou os 3 anos do tiburón anguía, se as estimacións de Tanaka7 son correctas, o que a converte na xestación máis longa de todos os vertebrados da Terra.

Os tiburóns nadaron no mar de Tetis e no océano total de Panthalassa, viviron a formación e a desintegración de Pangea e o nacemento dos continentes e océanos actuais. Viron a chegada e a partida dos dinosauros, e asistiron con indiferenza á aparición dos mamíferos sobre a Terra. O tempo dos tiburóns queda fóra da escala humana. É un tempo xeolóxico, por iso nos resultan tan misteriosos e fascinantes. No seu ADN levan escrita a historia do mundo tal e como o coñecemos, e tamén a de nós mesmos.

Dá mágoa pensar que todo este patrimonio se pode perder para sempre.

*Toño Maño é profesor, afeccionado ao mundo dos escualos e autor do blogue “Tiburones en Galicia”.

NOTAS

1. C. Rodríguez-Cabello, M. Pérez & R. Bañón (2014): Occurrence of Apristurus species in the Galicia Bank Seamount (NE Atlantic). Journal of Applied Ichthyology, 1-10, doi:10.1111/jai.12480. Véxase tamén C. Rodríguez-Cabello, A. Serrano, R. Bañón, F. Sánchez e M. Pérez (2012): Deep-water chondrichtyan species caught in the Galicia Bank (NE Atlantic). Póster presentado no XVII congreso do SIEBM.

2. R. Bañón, D. Villegas-Ríos, A. Serrano, G. Mucientes, J.C. Arronte (2010): “Marine fishes from Galicia (NW Spain): An updated checklist”. Zootaxa, 2667, pp. 1-27.

3. J. M. Claes et al. (2014). “Iso-luminance counterillumination drove bioluminescent shark radiation”. Scientific Reports, 4: 4328, doi: 10.1038/srep04328.

4. https://www.flmnh.ufl.edu/fish/sharks/isaf/2014Summary.html, consultado o 19/09/2015.

5. B. Worm et al. (2013). “Global catches, exploitation rates, and rebuilding options for sharks”. Marine Policy, no. 40, pp. 194-204. Accesible na Rede: http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0308597X13000055

6. N. K. Dulvy et al. (2014). “Extintion risk and conservation of the world’s sharks and rays”. eLife, 2014;3:e00590, http://elifesciences.org/content/3/e00590e e A. Nieto et al. (2015). European Red List of marine fishes. Luxembourg, Publications Office of the European Union. http://ec.europa.eu/environment/nature/conservation/species/redlist/downloads/ European_marine_fishes.pdf

7. Sho Tanaka et al. “The Reproductive Biology of the Frilled Shark, Chlamydoselachus anguineus, from Suruga Bay, Japan”. Japanese Journal of Ichthyology. Vol. 37, no. 3, 1990, pp 273-291.

cerna nº 74 · 2015 · 11


CEMMA

3·

Toño Maño

1·

www.adega.gal/revistacerna

Toño Maño

Rafael Bañón

Antonio Punzón, IEO Santander

BIODIVERSIDADE 2·

4·

5·

3·

José Torre Busto

1·

Gonzalo Mucientes

CEMMA

Toño Maño

1- Etmopterus princeps. 2- Lixa de lei (Centrophorus granulosus), un dos tiburóns “En perigo crítico”. 3- Foca (Centroscymnus coelolepis). 4- Apristurus profundorum. 5- A gata (Etmopterus spinax) é relativamente frecuente no cantil. As franxas escuras sobre as aletas pélvicas e na marxe superior da segunda dorsal, así como as manchas na caudal, denotan a presenza de fotóforos. 2·

4·

1- Detalle da cabeza dun melgacho ou ghaxapo (Scyliorhinus canicula). 2- O peixe anxo (Squatina squatina), considerado “En perigo crítico” pola UICN, está practicamente desaparecido da plataforma europea; só queda unha poboación estable nas Illas Canarias. 3- Peixe porco veleiro (Oxynotus paradoxus). 4- Aínda que o seu aspecto convida a pensar o contrario, os cazóns (Galeorhinus galeus) son grandes viaxeiros capaces de recorrer 56 km nun só día. O exemplar da imaxe foi marcado en Irlanda e capturado na Guarda.

cerna nº 74 · 2015 · 12


BIODIVERSIDADE

3·

Toño Maño

1·

Toño Maño

Toño Maño

Xaime Beiro

www.adega.gal/revistacerna 2·

4·

Toño Maño

1·

Antonio Parada

Toño Maño

1- Este xuvenil de momo (Cetorhinus maximus) deixouse ver por Muros no mes de xullo. 2- O marraxo sardiñeiro (Lamna nasus) atópase ao borde da extinción no Atlántico NE, figura na Lista Vermella da UICN co estatus de “En perigo crítico”. Desde 2010 a súa captura e comercialización está terminantemente prohibida, aínda así, séguese a ver nalgunhas lonxas e véndese como marraxo azul. O exemplar da foto, un macho de 196 cm, foi unha captura legal anterior á prohibición. 3- O raposo (Alopias vulpinus) está incluído na Lista Vermella co estatus de “En perigo”. O da imaxe é unha femia de 457 cm capturada por unha parella que traía lirio e pescada. 4- En situacións estresantes ou traumáticas, as quenllas (Prionace glauca) everten o estómago, é dicir, danlle volta coma se fose unha bolsa de plástico e sácano pola boca, como se observa na imaxe.

3·

2·

1- A sapata ou pico pato (Deania calcea) ten un longo morro espatulado parecido ao da quenlla fuciñuda, repleto de sensores eléctricos para detectar as presas na escuridade do fondo. 2- O tiburón duende ou quenlla fuciñuda (Mitsukurina owstoni) presenta en fresco unha cor rosada que non é debida a ningún tipo de pigmento, senón á rede de capilares baixo a pel translúcida. Chega aos 6 m, aínda que os exemplares capturados en Galicia son normalmente xuvenís. 3- Este exemplar de tiburón de Groenlandia (Somniosus microcephalus) de 330 cm, capturado en xuño do 2006 preto das Illas Sisargas, é un dos dous rexistros da especie no mar de Galicia.

cerna nº 74 · 2015 · 13


LITORAL BIODIVERSIDADE MONTES

MACROALGAS NAS COSTAS GALEGAS

www.adega.gal/revistacerna

ACTUAIS E POTENCIAIS AMEAZAS DAS SÚAS POBOACIÓNS

Manuel G. Tasende, Brezo Martínez e César Peteiro*

INTRODUCIÓN

Macroalga é un termo colectivo que fai referencia a un grupo diverso de organismos vexetais pluricelulares e macroscópicos que viven fixados ao fondo mariño, polo menos durante algunha fase do seu ciclo de vida, na zona fótica dos sistemas costeiros. O seu corpo vexetativo, denominado talo, carece das estruturas diferenciadas das plantas vasculares (raíz, talo e follas). Por este motivo, estes organismos absorben os nutrientes e realizan a fotosíntese en toda a superficie do talo. As distintas especies de macroalgas presentan grandes diferenzas na súa morfoloxía, ciclo biolóxico, reprodución, hábitat e ecoloxía, entre outros aspectos da súa bioloxía. Esta grande diversidade é o que permite a estes organismos colonizar unha ampla variedade de hábitats no medio costeiro. Tradicionalmente, clasifícanse en tres grandes grupos: algas pardas (Phaeophyceae), algas vermellas (Rhodophyceae) e algas verdes (Chlorophyceae).

Cesar Peteiro

As macroalgas teñen grande relevancia ecolóxica, ao ser as principais produtoras dos ecosistemas costeiros mariños e constituír máis do 50% da produción primaria do planeta. Así mesmo, favorecen a reciclaxe de nutrientes no medio e a conversión de dióxido de carbono en osíxeno,

Bosque de macroalgas con especies de Cystoseira.

cerna nº 74 73 · 2015 · 14

Cesar Peteiro

Neste artigo abórdanse algunhas das ameazas actuais e potencias que poden afectar as comunidades de macroalgas en Galiza, dando exemplo das especies ou comunidades afectadas. As macroalgas como organismos bentónicos sésiles teñen unha capacidade moi limitada para responder a estes cambios, adaptándose ou migrando cara a outras áreas; polo que, dada a súa importancia ambiental e económica, resulta necesario manter un seguimento das súas comunidades co fin de detectar a tempo posíbeis impactos que ditas ameazas provocan nelas.

Bosque de macroalgas con especies de Laminaria.


BIODIVERSIDADE

www.adega.gal/revistacerna

actuando como sumidoiros de CO2, o que axuda a mitigar o quecemento global e a acidificación dos océanos. Ademais, son vitais na formación e funcionamento destes sistemas, pois aquelas que forman dosel actúan como “bioenxeñeiras” ao modificar ou construír hábitats, que proporcionan refuxio e alimento a unha grande diversidade de organismos. Os sistemas costeiros albergan algúns dos ecosistemas máis importantes do planeta, tanto desde un punto de vista ecolóxico, como tamén económico. Calculouse que os hábitats mariños intermareais xeran da orde de 10 billóns de euros por ano en bens e servizos ecosistémicos, como a reciclaxe de nutrientes e a conversión de dióxido de carbono en osíxeno.

Por outra parte, son numerosos os usos e aplicacións das macroalgas. En Galiza recóllense actualmente máis de 500 toneladas de algas para unha ampla variedade de aplicacións que van desde os usos tradicionais con fins agropecuarios a usos con fins industriais para a produción de coloides ou outros principios activos e, máis recentemente, pola industria alimentaria e o sector da restauración.

produtividade das súas costas. Todas estas características motivan que nas costas de Galiza exista unha grande diversidade e abundancia de especies de macroalgas mariñas, en comparación con rexións próximas. Aproximadamente o 85% das especies descritas nas augas temperadas do NE Atlántico foron citadas en Galiza, onde se atopan máis de 600 especies de macroalgas.

As nosas costas constitúen o límite sur de moitas especies de fucáceas e laminarias, algas pardas con frondes de varios metros de lonxitude que son comúns nas costas europeas do Atlántico Norte. É o caso de Ascophyllum nodosum, Desmarestia aculeata, Halidrys siliquosa, Himanthalia elongata, Saccharina latissima, Fucus serratus e Pelvetia canaliculata que teñen o seu límite meridional de distribución nas costas galegas e ao norte de Portugal. Con respecto ás algas vermellas de augas frías pódense destacar: Chondrus crispus, Delesseria sanguinea, Dilsea carnosa, Mastocarpus stellatus e Palmaria palmata, como compoñentes significativos das comunidades intermareais e infralitorais. A maioría destas especies son obxecto de explotación en Galiza.

Cesar Peteiro

Na actualidade, os ecosistemas mariños atópanse fortemente ameazados por unha serie de Doutro lado, existe unha boa recambios ou alteracións de presentación de especies caorixe natural e/ou antrópica. racterísticas de augas Estes cambios poden produtemperadas meridionais, cirse a unha escala global ou sobre todo nas rías. As rodórexional, como é o caso do fitas constitúen o grupo Cambio Climático, ou a homaioritario, representadas moxeneización biótica por principalmente por Ctenosiintrodución de especies phonia hypnoides, Griffithsia alóctonas invasoras, que opuntioides, Leptosiphonia son, ademais, as que teñen schousboei, Polysiphonia maior impacto a escala global scopulorum, Neosiphonia cosobre os ecosistemas mariños e llabens e Tiffaniella capitata. A a súa biodiversidade e, por tanto, maioría destas algas vermellas sobre as comunidades de macroalson de pequeno tamaño, moi difícigas. O quecemento global agrupa feles de diferenciar morfoloxicamente, e Algas calcarias que forman os fondos de maërl nómenos como o incremento da que forman pequenas poboacións freen Galiza. Estas especies están incluídas no temperatura e a acidificación dos océanos. cuentemente non detectadas. Catálogo Galego de Especies Ameazadas. A homoxeneización biótica dos ecosistemas está Tamén destacan nas nosas costas especies endémicausada polo transporte e pola introdución de orgacas da rexión Lusitánica como Bifurcaria bifurcata, Cystoseira nismos vivos fóra do seu rango natural de distribución. Estas baccata e Laminaria ochroleuca, así como outros endemismos pouco remudanzas globais teñen ademais incidencia a nivel rexional ou local napresentados nas outras costas da Península Ibérica, como Ahnfeltiopsis quelas zonas onde se producen invasións biolóxicas ou eventos climátipusilla, Erythroglossum lusitanicum, Polyneura bonnemaisonii e Desmacos extremos. restia dudresnayi. Por outra banda, á escala local, a destrución dos hábitats, a sobre-exFinalmente, podemos destacar a presenza dun ecosistema coñecido plotación dos recursos naturais, a contaminación, e o incremento da secomo fondos de maërl, constituídos por unha comunidade bentónica dodimentación son as alteracións ou ameazas con maior impacto sobre os minada por algas calcarias, fundamentalmente Lithothamnion corallioiecosistemas costeiros. En Galiza máis do 60% da poboación vive en mudes. Estes ecosistemas aparecen asociados principalmente a áreas de nicipios litorais e a menos de 20 km da costa. O incremento da poboación ría, con hidrodinamismo de moderado a forte, en fondos de cascallo e nas áreas costeiras implica un aumento da actividade antropoxénica (tráde area, lodo e seixo. As especies formadoras dos fondos de maërl prefico marítimo, aumento de infraestruturas, turismo, explotación dos resentan un crecemento moi lento (0,1-0,5 mm/ano) e propáganse, esencursos naturais, etc.) que provoca impactos de diferentes graos nestes cialmente, por fragmentación. ecosistemas e, por tanto, nas poboacións de macroalgas. DIVERSIDADE DE ESPECIES DE MACROALGAS DE GALIZA

O litoral galego, con máis de 2.200 km de lonxitude, amosa unha grande diversidade de formacións ou ambientes costeiros, desde cantís moi expostos á acción do mar a zonas semi-expostas e/ou protexidas, como as rías, que constitúen unha característica diferencial das nosas costas. Desde o punto de vista bioxeográfico, Galiza caracterízase por estar localizada na zona temperado-húmida do Atlántico Norte ou provincia Lusitánica, e constitúe ademais unha rexión de transición bioxeográfica entre augas temperadas ao Sur e frías ao Norte. Por outra parte, os afloramentos costeiros de auga subsuperficial son de grande importancia na

AMEAZAS E RISCOS ACTUAIS E POTENCIAIS Cambio climático

En Galiza, o Cambio Climático está provocando unha serie de alteracións no medio mariño que foron postas de manifesto por diversos investigadores dentro do Proxecto CLIGAL da Xunta de Galicia. Ese estudo constatou que a temperatura do mar incrementouse desde os anos 80, e particularmente nas últimas décadas, o que afecta as poboacións de algas de augas temperado-frías que son agora menos abundantes e aparecen en menos localidades. Doutra banda, a maioría dos estudos rea-

cerna nº 74 · 2015 · 15


LITORAL BIODIVERSIDADE Cesar Peteiro

Cesar Peteiro

Cesar Peteiro

Cesar Peteiro

www.adega.gal/revistacerna

A construción de infraestruturas nas costas de Galiza pode provocar a modificación ou destrución dos hábitats de comunidades macroalgais.

Poboación de Sargassum muticum nas costas de Galiza.

lizados suxiren que a intensidade e a duración do afloramento costeiro de auga fría subsuperficial diminuíu, o que afecta negativamente a produtividade das nosas costas.

natifida, Asparagopsis armata e Codium fragile sub sp. fragile as máis expandidas e conspicuas. O número de macroalgas alóctonas en Galiza é relativamente elevado en comparación con outras rexións do Atlántico europeo. Así, a costa galega pode ser considerada como un centro de alto risco (hot spot) para a introdución de especies foráneas de macroalgas, debido á importante actividade acuícola e o elevado tránsito marítimo que soporta. Pese a todo, non se realizaron polo de agora estudos sobre o impacto destas especies nos ecosistemas mariños galegos, agás no caso de S. muticum. Esta especie forma densas poboacións na zona intermareal e no infralitoral constituíndo auténticos mantos que limitan o desenvolvemento das poboacións de macroalgas que viven baixo deles.

Desde hai pouco máis dunha década, na costa atlántica da Península Ibérica vense constatando unha distribución máis restrinxida de varias especies de macroalgas, fundadoras dos sistemas intermareais e sublitorais, e das cales se teñen rexistros científicos históricos. Especies como A. nodosum, F. serratus, F. vesiculosus, H. elongata, Laminaria hyperborea, L. ochroleuca, Saccorhiza polyschides e S. latissima son agora menos abundantes, chegando mesmo a desaparecer total ou parcialmente da cornixa cantábrica e da costa de Portugal. Este declive inclúe a desaparición dos densos bosques submariños formados polas laminariais que habitaban as costas rochosas de Asturias e oeste de Cantabria, e do sur de Portugal. Algunhas destas especies de afinidade fría permanecen presentes en localidades galegas, que ata a data actuaron como o último refuxio ibérico para estas macroalgas. Porén, é preocupante o declive detectado recentemente tamén en Galiza de algas como L. hyperborea, que experimentou un desprazamento cara a zonas máis profundas, ou das poboacións intermareais de S. latissima (non así das sublitorais), e a diminución da densidade das poboacións submareais de L. ochroleuca e P. palmata. Estas primeiras evidencias incrementan a incerteza sobre o potencial papel da costa galega como refuxio para as macroalgas de augas temperado-frías. Especies exóticas invasoras

A introdución de especies exóticas é outro dos factores que poden ter un grande impacto nas comunidades biolóxicas receptoras ao producir cambios na estrutura e abundancia relativa das especies nativas, e polo tanto nos ecosistemas nos que habitan. En Galiza, rexistráronse polo menos 25 especies exóticas, sendo Sargassum muticum, Undaria pin-

cerna nº 74 · 2015 · 16

Urbanismo

A construción de novas infraestruturas para o transporte marítimo ou terrestre, ou de protección dos núcleos urbano-costeiros (pontes, portos, diques) supón unha perda de substratos naturais para as algas que son substituídos por estruturas artificiais. Diferentes estudos mostraron unha composición diferente de comunidades de macroalgas que habitan áreas moi alteradas, e o aumento de especies exóticas como U. pinnatifida. Os estudos de avaliación ambiental destas infraestruturas deberían considerar as algas como indicadoras do bo estado dos ecosistemas mariños e establecer medidas protectoras das comunidades de macroalgas, como pode ser a repoboación con especies nativas. Está demostrado que as comunidades de macroalgas actúan como un dique natural que protexe ou mitiga os efectos negativos dos temporais sobre as costas.

Explotación comercial

A explotación das macroalgas é outro dos factores que pode ter unha incidencia significativa sobre as súas explotacións a nivel local. En Galiza,


BIODIVERSIDADE

Cesar Peteiro

www.adega.gal/revistacerna

Poboación de Mastocarpus stellatus, especie explotada comercialmente en Galiza.

polo de agora, os niveles de explotación das macroalgas son, en cifras xerais, moi inferiores á biomasa total existente. No entanto, nalgunhas localidades galegas observouse que o emprego de malas prácticas de recolleita e a falta dun plan de explotación adecuado para cada especie ou grupo de especies en cada localidade provocou a redución das poboacións locais de C. crispus e L. hyperborea. É probábel que esta explotación deficiente do recurso se sume a unhas condicións ambientais desfavorábeis. Requírense estudos científicos sobre as principais especies explotadas en Galiza: C. crispus, M. stellatus, H. elongata, U. pinnatifida, L. ochroleuca, L. hyperborea, S. latissima e P. palmata, entre outras, que sirvan de base para a elaboración de plans que garantan unha explotación sostíbel. Pesca e marisqueo

A pesca e o marisqueo son actividades que tamén poden afectar a determinadas poboacións ou comunidades de macroalgas. Así, o uso de artes de arrastre sobre os fondos de maërl, ricos en especies de interese marisqueiro como a volandeira e a vieira, poden provocar danos na estrutura e cobertura desta comunidades. Dado que a Administración galega xa realizou estudos sobre a presenza destas comunidades nas nosas rías, debería prohibir o uso de artes de arrastre (bous ou rastros remolcados) naqueles fondos de maior interese. Ao mesmo tempo, debería avaliar o impacto que pode supoñer o calado de artes de enmalle sobre fondos onde se desenvolven os bosques de laminarias.

CONCLUSIÓN

Existe unha relación directa entre a diversidade, presenza e abundancia das algas e o estado de conservación do medio mariño, algo que levou a Unión Europea a establecer, na Directiva Marco da Auga, as algas como un dos elementos ou indicadores de calidade biolóxica para avaliar

o bo estado ecolóxico das augas europeas, polo que se debería prestar máis atención a estas comunidades de grande importancia ecolóxica e económica. É preciso realizar unha avaliación do estado das poboacións de macroalgas e determinar cales son as principais ameazas que padecen. Estes estudos permitirán á súa vez establecer as medidas de protección e conservación das poboacións de macroalgas necesarias para garantir o bo estado ecolóxico dos nosos ecosistemas costeiros.

BIBLIOGRAFÍA

Bárbara, I.; Cremades, J.; Calvo, S.; López-Rodríguez, MC.; Dosil, J. (2005): Checklist of the benthic marine and brackish Galician algae (NW Spain). Anales del Jardín Botánico de Madrid 62 (1): 69–100.

García Tasende, M.; Peteiro, C. (2015): “Explotación de las macroalgas marinas: Galicia como caso de estudio hacia una gestión sostenible de los recursos”. Ambienta, 111 (junio 2015): 116-132.

Martínez, B.; Afonso-Carrillo, J.; Anadón, R.; Araújo, R.; Arenas, F.; Arrontes, J.; Bárbara, I.; Borja, A.; Díez, I.; Duarte, L.; Fernández, C.; García Tasende, M.; Gorostiaga, JM.; Juanes, JA.; Peteiro, C.; Puente, A.; Rico, JM.; Sangil C.; Sansón M.; Tuya, F.; Viejo, RM. (2015): “Regresión de las algas marinas en la costa atlántica de la Península Ibérica y en las Islas Canarias por efecto del cambio climático”. ALGAS, Boletín Informativo de la Sociedad Española de Ficología, nº 49 (junio 2015): 5-12.

Mineur, F.; Arenas, F.; Assis, J.; Davies, AJ.; Engelend, AH.; Fernandes, F.; Malta, E-J.; Thibaut, T.; Nguyen, TV.; Vaz-Pinto, F.; Vranken, S.; Serrão, EA.; De Clerck, O. (2015): European seaweeds under pressure: Consequences for communities and ecosystem functioning. Journal of Sea Research 98: 91-108. *Manuel G. Tasende é biólogo da Xunta de Galicia; Brezo Martínez é profesora na Universidad Rey Juan Carlos (Madrid) e César Peteiro é investigador no Centro Oceanográfico de Santander do Instituto Español de Oceanografía.

cerna nº 74 · 2015 · 17


LITORAL BIODIVERSIDADE MONTES

www.adega.gal/revistacerna

WWW.BIODIVERSIDADE.EU CONSTRUÍNDO COMUNIDADE PARA A CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE

Roi Carballal, Miguel Serrano e Santiago Ortiz*

www.biodiversidade.eu é unha plataforma colaborativa que, tras dous anos de vida, xa recolle valiosa información sobre os valores naturais de Galiza, Portugal e territorios limítrofes. Preséntanse neste artigo a xénese do proxecto, algún dos resultados máis relevantes, os contidos e funcionalidades que os usuarios poden atopar nos distintos apartados, e os pasos que se van dando e que se darán no futuro, cara á construción dunha comunidade que colabore activamente na conservación do noso patrimonio natural. A plataforma www.biodiversidade.eu é un dos resultados do proxecto Biodiversidade Vexetal Ameazada de Galiza e Norte de Portugal (BIODIV_GNP), financiado con fondos FEDER a través do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP). Os socios deste proxecto (Universidade de Santiago, Universidade de Porto, Fundación CEER, Fundação Fernão Magalhães e Dirección Xeral de Conservación da Natureza), coordinados pola equipa da USC dirixida por Santiago Ortiz Núñez, reunímonos co obxectivo de mellorar o estado de conservación da flora ameazada do Noroeste ibérico, con tres liñas de actuación: ampliar o coñecemento, coordinar a xestión e implicar a sociedade. No proxecto, aínda en fase de execución, www.biodiversidade.eu xorde como plataforma para a difusión dos valores naturais galegos e portugueses, pero principalmente como aposta por tecer unha rede autónoma de participación e colaboración que conecte a todas as entidades e persoas con interese na conservación da natureza neste territorio. A finalidade é axilizar o intercambio de información e, a partir da colectivización do coñecemento, derivar nunha sociedade habilitada para dar mellores respostas aos problemas de degradación ambiental que sofre a nosa contorna. Para acadar esta meta, partimos dunha base de datos na que en orixe confluíu información da localización no territorio da flora ameazada e/ou endémica, principalmente procedente do traballo dos equipos de investigación dos departamentos de botánica das universidades de Santiago de Compostela e do Porto (socios do BIODIV_GNP), mais tamén con colaboracións das universidades da Coruña, de Trás os Montes, de León e do Xardín Botánico de Xixón; xunto con datos pouco accesíbeis recollidos de inventarios previos, da bibliografía ou incluídos

A localización do lirio ameazado, Xiphion boissieri, en varios puntos do Monte Pindo, tras o incendio que o asolou no ano 2013, é un dos exemplos dos datos relevantes achegados por usuarios na plataforma.

Este portal pode converterse nunha referencia á hora de planificar e/ou autorizar actuacións no territorio e contrastar os estudos de impacto ambiental en informes realizados para a Administración. E faise partícipe a sociedade, non só como receptora deste coñecemento, senón como axente activo que achega información. Unha tipoloxía de datos que, como observamos no grande fluxo de información xerada por naturalistas en blogues persoais e/ou en grupos das redes sociais, se mostra como unha fonte de datos de elevado interese que resulta imprescindíbel recompilar para que sexa integrada na xestión da nosa biodiversidade.

Nos dous anos que se cumpren desde a publicación da plataforma (incluíndo un amplo período de probas), a base de datos mostra un continuo crecemento, tanto en número de observacións como no referido á actualización do catálogo de especies presentes no territorio, recompilando no momento actual preto de 5000 observacións, que corresponden a

cerna nº 74 73 · 2015 · 18

A xeorreferenciación dispoñíbel na web foi empregada para sinalizar niños da especie ameazada Píllara papuda (Charadrius alexandrinus) na zona de Barbanza e comunicar a súa posición aos axentes medioambientais que procederon á súa protección no marco do plano de conservación.


www.adega.gal/revistacerna

BIODIVERSIDADE dos anfibios e réptiles de Portugal (Loureiro et al, 2008), reunindo por primeira vez esta información para consulta nunha única base de datos.

A páxina web oferta varias posibilidades como ferramenta de consulta sen necesidade de rexistro previo (necesario para engadir información nas distintas seccións). A dispoñibilidade de datos xeorreferenciados de especies catalogadas como ameazadas é unha cuestión que pode xerar debate no ámbito conservacionista pola súa sensibilidade. O compoñente espacial é fundamental na xestión da biodiversidade, non se trata só de coñecer cales son as especies, senón de saber como estas se distribúen no territorio. Este debate produciuse mesmo entre os membros da equipa do proxecto, porén finalmente considerouse que o coñecemento da distribución destas especies por unha comunidade ampla e activa convértese na mellor garantía para a súa conservación, posibilitando unha rápida resposta ante calquera tipo de ameaza. De todos xeitos, o nivel de detalle dos datos achegados pode ser decidido por cada un dos usuarios, sendo posíbel deixar rexistros de presenza en cuadrículas de 10x10 km, de 1x1 km ou puntos precisos.

Captura de pantalla da ferramenta de consulta por áreas. Toda a información pode ser exportada en formato .csv, o que permite unha integración simple en informes e en plataformas SIX.

algo máis de 900 taxons (especies, subespecies e variedades). Destas, un dos bloques de datos de maior interese xa recollidos é o referido á flora ameazada e/ou endémica (eixo do proxecto de orixe), o que permite consultar xa a distribución actualizada destes taxons. Estes datos serven como base para a elaboración dos mapas de distribución das máis de 100 especies que se incluirán no Libro vermello de flora ameazada de Galiza e Norte de Portugal. Este traballo realizado no marco do BIODIV_GNP e froito da colaboración de máis de 30 especialistas en flora de ambos os dous lados da fronteira viuse complementado polas achegas dos usuarios da páxina que compartiron a localización de novas poboacións ou núcleos de presenza de especies ameazadas como Genista ancistrocarpa (Cansimurgo azul), Rumex rupestris (Labaza de ribeira), Linaria arenaria (Paxariños do Atlántico) e Succisa pinnatifida.

Outro grupo de datos a salientar é o incorporado polo colaborador Martiño Cabana, que incluíu na plataforma a distribución no territorio das especies de anfibios e réptiles recollidas nos distintos inventarios xa publicados: Inventario español de especies terrestres, Atlas de anfibios e réptiles de Galiza (Sociedade Galega de Historia Natural, 2011) e Atlas

É a xeorreferenciación dos datos e a súa visualización no mapa un dos aspectos máis novidosos presentados en biodiversidade.eu. A posibilidade de realizar consultas directamente no mapa, podendo comparar a distribución de varios taxons, é unha función non dispoñíbel noutras páxinas que recollen inventarios de especies, como poden ser “Biodiversidad Virtual” (http://www.biodiversidadvirtual.org) ou “Flora On” (http://flora-on.pt/). Tamén para aqueles que desexen consultar a biodiversidade rexistrada para unha área determinada, se implementou unha

Un equipo de especialistas do equipo promotor ou mesmo usuarios encárganse da validación dos rexistros ferramenta que a través dunha delimitación da área de interese no mapa permite obter o listado de especies presentes e os seus avistamentos. No estado de desenvolvemento actual, cos datos de relevancia xa incluídos que mencionamos máis arriba (flora ameazada, anfibios e réptiles), unha consulta deste tipo permitiría constatar rapidamente a presenza de especies catalogadas destes grupos en áreas nas que existan proxectos ou actuacións que impliquen unha transformación do medio natural. Polo que desde xa, pode converterse nunha referencia á hora de planificar

Unha das ameazas denunciadas na web foi a recente plantación de eucaliptos no espazo da Rede Natura Serra do Careón, afectando ao hábitat das especies de flora ameazadas Santolina melidensis e Armeria merinoi.

cerna nº 74 · 2015 · 19


LITORAL BIODIVERSIDADE

www.adega.gal/revistacerna

Un dos proxectos máis activos dos aloxados na web é o Grupo de observadores de libeliñas de Galiza. Na imaxe, unha femia de Calopterix virgo, no rego San Xusto (Lousame).

e/ou autorizar actuacións no territorio e de contrastar os estudos de impacto ambiental presentados para o seu desenvolvemento.

A calidade dos datos é unha cuestión tamén a ser coidada neste tipo de inventarios colectivos, polo que desde o inicio se considerou a necesidade de realizar un proceso de validación. Neste senso, a equipa promotora do proxecto só ofrece revisores para flora vascular, mentres que os restantes grupos taxonómicos están a ser validados por especialistas que se teñen sumado á plataforma como usuarios/as. (http://www.biodiversidade.eu/editores/). A validación realízase sempre que as imaxes ou as referencias indicadas garantan unha correcta identificación. Porén, os rexistros para os que non é posíbel a validación tamén se manterán na base de datos, xa que son datos de interese, pero deben ser contrastados ou considerados con maior prudencia. Nas consultas realizadas é posíbel filtrar os datos entre validados e non, para aquelas persoas interesadas exclusivamente nos rexistros que ofrecen garantías dunha correcta identificación. Esta equipa de revisores tamén se ocupa da identificación daquelas especies que os usuarios rexistran como “Non identificadas”, porque teñen dúbidas na clasificación ou na procura dunha identificación por parte da comunidade. CONSTRUÍNDO COMUNIDADE

Cun impulso importante desde a primavera de 2015, o número de usuarios/as rexistrados xa supera os 200 e medra día a día. Nestes últimos meses, a media de novas observacións diarias varía entre 10 e 20. Se analizamos este último período, observamos como teñen cobrado protagonismo os invertebrados, coa participación de varios usuarios interesados na observación de insectos e arácnidos, e sendo destacábel a actualización do catálogo de especies realizada grazas a estas achegas. É esta participación activa dos usuarios a que marcará o camiño do desenvolvemento de biodiversidade.eu e o que garantirá o mantemento dunha comunidade viva que pode xogar un importante papel na

cerna nº 74 · 2015 · 20

difusión e coñecemento dos valores naturais, colaborando activamente na súa protección.

A achega de información artéllase en todos os casos desde formularios predefinidos e intuitivos, e vai desde partillar observacións, roteiros, novas ou difundir eventos relacionados coa natureza, todos eles con posibilidade de feedback desde os restantes usuarios a través dun campo de comentarios. Na sección de conservación, localízase un apartado para a denuncia de

A través deste portal xa foron denunciadas diversas ameazas, desde actuacións en sistemas dunares, plantación ou presenza de especies exóticas e alteracións en espazos naturais ameazas que permite a xeolocalización das mesmas, a súa clasificación e a notificación directa ás autoridades competentes en cada un dos territorios. Até o de agora, son 16 as ameazas denunciadas a través deste portal, desde actuacións en sistemas dunares, plantación ou presenza de especies exóticas e alteracións en espazos naturais.

A organización arredor de proxectos de estudo e/ou conservación é un paso máis na construción desta comunidade. Proxectos xa en desenvolvemento poden atopar un apoio na plataforma e explotar as posibilidades de presentación dos seus resultados, intercambiar documentación e acadar difusión para implicar a novos participantes. Calquera usuario pode promover un novo proxecto e buscar colaboradores para acadar os obxectivos desexados. Os proxectos que xa están en marcha, van desde estudos da biodiversidade de áreas concretas (no Barbanza, nas Insuas do Miño, en Santiago, etc.), a outros centrados en grupos taxonómicos


BIODIVERSIDADE

www.adega.gal/revistacerna

A sección de didáctica recolle propostas de actividades para realizar co alumnado e concienciar sobre a importancia dos valores naturais e a súa conservación.

(Grupo de Observadores de libélulas de Galiza, de Anfibios e Réptiles, Chasing Brassicaceae, etc.), ou relacionados con ameazas (especies alóctonas da Terra Chá, vertidos incontrolados de residuos, rexistros de fauna atropelada, etc.).

Un último apartado da páxina web é o destinado á comunidade educativa. A sección está pensada para compartir actividades, en forma de unidades didácticas, dirixidas a concienciar ao alumnado da importancia da conservación do medio natural e coa finalidade de que coñezan o importante papel que a natureza xoga nas súas vidas. Para compartir as uni-

A páxina web conta cun apartado dirixido á comunidade educativa, pensado para compartir actividades, con unidades didácticas dirixidas a concienciar sobre a importancia da conservación do medio natural dades didácticas, estas deben adaptarse a un formulario estruturado en varios apartados, que detallan os obxectivos, metodoloxía e materiais necesarios. As propostas de actividades dispoñíbeis até agora foron desenvolvidas no proxecto BIODIV_GNP (coa colaboración de Celestino Quintela) para poñer en valor a importancia das plantas, desde a súa presenza na nosa alimentación, até a súa distribución no medio ou como lles afecta a contaminación e a mudanza climática. Non temos estatísticas da utilización destes recursos, aínda que detectamos que a participación de usuarios neste apartado é baixa. É polo tanto un apartado que tentaremos potenciar no futuro para influír entre todos na formación do alumnado de primaria e secundaria e na súa capacitación para dar resposta, ben individual ou colectivamente, ás agresións no medio natural. SOBRE O FUTURO

A idea desde un inicio é que esta plataforma teña un funcionamento independente e que sexa a comunidade de usuarios a que decida o camiño

a seguir. É preciso pois, establecer un mecanismo que permita coordinar a estes usuarios e que a partir desa coordinadora se realicen as xestións necesarias. O proxecto de orixe rematou en outubro de 2015 e os gastos fixos da páxina así como futuros desenvolvementos requiren de financiamento adicional. Algunha das melloras que xa temos contempladas e que trasladaremos a esta coordinadora céntranse en optimizar o funcionamento en aspectos relativos ás consultas como: organización das observacións nos proxectos e perfil do usuario, as posibilidades de exportar estes datos a formatos compatíbeis con sistemas de información xeográfica e a mellora nos filtros de consulta aplicábeis nos distintos apartados. Outros dos aspectos que consideramos de interese desenvolver son aqueles relacionados coa interacción entre usuarios, mellorando as funcionalidades de rede social no relativo á busca de usuarios, notificacións de actividades e seguimento e comentarios.

Actualmente, traballamos na consecución de novas fontes de financiamento para deixar nunha mellor posición a futura coordinadora e, entre todos, pular por que esta plataforma se converta nun dos referentes para a conservación en Galiza e Norte de Portugal.

Convidámosvos a rexistrarvos epara a participar deixando as vosas achegas e a seguir os avances e novidades nas contas asociadas en Facebook e Twitter (Biodiversidade GZ-PT e @biodiv_gnp). AGRADECEMENTOS

Agradecer ao equipo de A Navalla Suíza, SL. polo desenvolvemento técnico e a súa infinita paciencia connosco; a Floradata, pola axuda na coordinación para a incorporación dos datos referidos á flora ameazada e a todos os usuarios/as que xa se sumaron ao proxecto e que están a crear esta comunidade día a día.

*Roi Carballal, Miguel Serrano e Santiago Ortiz son membros do Grupo de Investigación “Biodiversidade e Conservación de Plantas Vasculares” do Departamento de Botánica da Universidade de Santiago e responsábeis da coordinación do proxecto BIODIV_GNP. E-mail: info@biodiversidade.eu.

cerna nº 74 · 2015 · 21


LITORAL BIODIVERSIDADE MONTES

www.adega.gal/revistacerna

A “CITIZEN SCIENCE” COMO FERRAMENTA DE TRABALLO NA MONITORIZACION DE HÉRPETOS

César Ayres*

Os datos históricos, e os actuais, reflicten a realidade de Galicia. Na fachada atlántica, agrúpase a meirande parte da poboación, dos recursos e dos centros de investigación, mentres que no interior, temos menor densidade de poboación e de grupos con presenza constante. Xeralmente, a Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago e, posteriormente, as de Vigo e A Coruña albergaron os grupos de investigación e os estudantes vinculados e con interese na mostraxe de hérpetos. De feito, o grupo de investigación asociado ao Dr. Pedro Galán ten sido un dos máis prolíficos a nivel de traballo e persoal, con seguimento a medio e longo prazo de moitas especies no Noroeste da Comunidade. Outro seguimento feito a longo prazo é o da poboación de sapoconchos da Zona de Especial Conservación (ZEC) de Gándaras de Budiño, que acadou 20 anos de mostraxe continuada.

Aínda así, o certo é que moitas especies de hérpetos e moitas áreas do noso país non están adecuadamente prospectadas, nin monitorizadas. Os sucesivos Atlas que se publicaron, e as súas actualizacións, ampliaron a información sobre a presenza das diferentes especies de anfibios e réptiles, pero non nos achegaron información sobre o estado de conservación das mesmas máis aló da presenza-ausencia da especie no período de mostraxe.

cerna nº 74 73 · 2015 · 22

César Ayres

No tocante aos hérpetos (anfibios e réptiles) galegos carecemos de series longas de seguimento, agás casos puntuais, que permitan analizar os datos obtidos dun xeito correcto. Esta carencia non é específica dos hérpetos, no caso doutras especies ocorre o mesmo. Poderiamos dicir que un dos problemas para avaliar os efectos dun desastre ecolóxico como o do Prestige (non os inmediatos –por exemplo, a morte dos exemplares polo chapapote-, senón os de curto e medio prazo) sería non ter series longas de datos poboacionais da meirande parte das especies, especialmente das ameazadas.

As cobras de colar acuáticas (Natrix natrix), xunto cos sapoconchos, precisarían de programas de seguimento específicos.

O sapo corriqueiro (Bufo calamita) é unha das especies que presenta unha tendencia estable. César Ayres

Probablemente nalgún momento podemos facernos a pregunta: en que proxectos ambientais podería colaborar? Na actualidade, a posibilidade de participación é case que infinita. Por poñer un exemplo, durante 2015 poderíase ter participado na sondaxe do teixugo, da lontra, de plantas invasoras, de cetáceos mariños, da ave do ano, de SARE e un longo etc. Quizás, despois da primeira pregunta pode xurdir outra: por que participar nestes proxectos ambientais? A resposta é evidente. A ciencia cidadá compensa en certo modo as carencias da Administración na xestión da biodiversidade e permítenos colaborar en diversos proxectos de conservación. A ciencia cidadá involucra ao público xeral en actividades científicas e fomenta a súa contribución activa á investigación a través do seu esforzo, do seu coñecemento, ou dos seus recursos. Talvez, unha das actividades máis vinculadas historicamente a ese uso de persoas afeccionadas ao seguimento de fauna sexa a ornitoloxía. Os rexistros de aves invernantes, a fenoloxía de chegada das andoriñas ou dos cucos, ou das aves nidificantes, son exemplos de actividades de seguimento desenvolvidas maiormente por persoal voluntario.

César Ayres

O uso do voluntariado, ou da chamada “citizen science”, converteuse nunha ferramenta imprescindible para a monitorización a medio e longo prazo do medio ambiente, especialmente nun escenario de crise e recortes económicos. No caso de Galicia, desde as sucesivas versións do Atlas de vertebrados da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) ata o programa SARE (Programa de Seguimento de Anfibios e Réptiles da Península Ibérica), pasouse por diferentes esquemas de monitorización voluntaria. A falla de datos de base e series longas de seguimento limita as posibilidades de análise dos datos, pero semella claro que algunhas especies sofren un severo declive. Pola contra, acadouse un maior grao de coñecemento do estado doutras especies, especialmente nas de distribución mediterránea.

O sapo de esporóns (Pelobates cultripes) é a especie de anfibio máis ameazada de Galicia.


BIODIVERSIDADE

Para corrixir estas carencias desenvolvéronse programas de seguimento de hábitats a nivel europeo, como o programa Ebone1, ou Lter2. Pero, lamentablemente, pese á inclusión na proposta desta rede europea de varios lugares dentro da Rede de observación ambiental de Galicia (ROAGA), o proxecto foi abandonado. Este é un problema común, no que as Administracións comezan proxectos, que posteriormente non se desenvolven ou se abandonan por falla de orzamento e/ou persoal.

Para evitar este problema creáronse redes de traballo voluntarias, nas que se aproveita o esforzo de moito máis persoal do que disporía calquera Administración. Existen moitas redes, ademais das xa citadas. A Rede de Seguimento de Bolboretas BMS (Butterfly Monitoring Scheme)3 é un exemplo; e no tocante aos hérpetos, existe o Sistema Nacional de Recollida de Anfibios e Réptiles do Reino Unido4 ou o Sistema de Monitorización de Anfibios en Alberta (Canadá)5 . SEGUIMENTO DE HÉRPETOS NA PENÍNSULA IBÉRICA

Na Península Ibérica estamos moi lonxe de acadar o nivel doutros países no eido da “citizen science” de anfibios e réptiles, especialmente do Reino Unido. Nese país hai unha gran tradición de monitorización por parte da poboación. Existen rexistros de fenoloxía das primeiras postas de anfibios, patrullas cidadás para axudar ao paso dos anfibios durante a súa migración reprodutiva, ou de vixilancia de episodios de mortaldade.

Posiblemente, o maior problema para detectar o declive de especies e poboacións de anfibios e réptiles, xa manifestado anteriormente a nivel mundial, é non dispoñer de series históricas de datos nas que se poidan interpretar os cambios na súa distribución e/o abundancia. Mentres que en diversos países europeos e en Norteamérica existen rexistros históricos (Houlahan et al., 2000) que nalgúns casos acadan máis dun século, en España non contamos máis que con observacións relativamente recentes e de carácter puntual.

Ante a falla deste tipo de datos e como continuación ao traballo de inventario, distribución e análise da herpetofauna española realizada coa edición do Atlas e Libro Vermello dos Anfibios e Réptiles de España (Pleguezuelos et al., 2002), xurdiu a necesidade de deseñar varios protocolos e un programa de traballo a longo prazo para dispoñer de series temporais que mostren as tendencias da nosa herpetofauna.

A lagarta da serra (Iberolacerta monticola) ten sufrido extincións puntuais na bacía do río Lambre.

que son a base para a creación do programa SARE (Seguimento dos Anfibios e Réptiles Españois)6, que nace no ano 2008 coa vocación de contar con series temporais de datos que permitan detectar as tendencias a longo prazo das poboacións de hérpetos. Para conseguir este obxectivo, téntase obter unha representación dos hábitats presentes no territorio. A unidade de traballo é a cuadrícula UTM de 10x10 km. O PROGRAMA SARE EN GALICIA

No caso de Galicia, como xa comentamos, as cuadrículas agrúpanse na franxa costeira do Suroeste. No interior, só existen cuadrículas illadas en Lugo e Ourense. Sería desexable unha maior presenza de hábitats diferentes a nivel galego, mais no contexto ibérico a representatividade dos hábitats é proporcionada ao tamaño de mostra.

Dentro das cuadrículas galegas escollidas polo voluntariado temos varias que albergan especies incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (CGEA). Entre elas, son especialmente interesantes as que acollen o sapoconcho (Emys orbicularis), catalogado como "En Perigo de Extinción" (EN), ou o sapo de esporóns (Pelobates cultripes), catalogado coma “Vulnerable” (VU), aínda que pola súa situación actual na Comunidade galega debería catalogarse como EN.

A inclusión dunha cuadrícula no programa SARE permite acadar información a medio e longo prazo sobre a situación das poboacións de

César Ayres

En 2006 executouse o proxecto “Deseño e aplicación do sistema de seguimento da biodiversidade española”. Neste marco, a Asociación Herpetolóxica Española (AHE) deseñou os protocolos de seguimento

César Ayres

www.adega.gal/revistacerna

A píntega (Salamandra salamandra) e a ra verde (Pelophylax perezi) presentan unha tendencia negativa nas poboacións estudadas.

cerna nº 74 · 2015 · 23


LITORAL BIODIVERSIDADE

www.adega.gal/revistacerna

hérpetos. De feito, a monitorización da reprodución invernal de anfibios no LIC Gándaras de Budiño permitiu detectar unha actividade anómala da poboación de sapoconchos e a mortaldade causada por un parasito transmitido polos sapoconchos invasores. Outra información adicional que se gañou a través deste programa foi a detección da mortaldade causada pola presenza dun ranavirus no encoro de Pontillón de Castro (Pontevedra)7. OS PRIMEIROS DATOS DO SARE

Recentemente, publicouse un boletín especial da AHE no que se analizan os primeiros anos de traballo do programa SARE. A análise estatística das tendencias poboacionais das 22 especies máis observadas só detectaron tendencias para seis delas. Loxicamente, as tendencias só puideron ser estimadas para as especies con maior número de observacións, destacando a Salamandra salamandra, para a que se obtivo unha tendencia significativa con só 61 mostraxes. Das especies para as que foi posible estimar tendencias, dúas de elas (o sapo corriqueiro e o sapo común (B. calamita, B. spinosus) non presentaron un aumento ou descenso significativo (tendencia estable), e outras dúas presentaron tendencias claramente negativas: a ra verde (P. perezi) e a píntega (S. salamandra), en declive moderado.

Resulta sorprendente o caso de P. perezi, que mostra unha tendencia claramente negativa cando non se considera unha especie ameazada na inmensa maioría das situacións. Quizás o declive detectado nesta análise preliminar correspóndese coa situación xeral de deterioro do medio, o que resultaría máis patente para esta especie simplemente pola abundancia de datos dispoñibles. Moi diferente é o caso de S. salamandra, cuxos datos obtidos poderían realmente reflectir a súa desfavorable situación na actualidade. Desgraciadamente, aínda que existe unha percepción xeral do lamentable estado de conservación da especie, só existen reportes de declives poboacionais a nivel local.

No caso dos réptiles, as especies mellor distribuídas en España (segundo o número de cuadrículas que ocupan) tenden a estar mellor representadas en termos de presenza nas cuadrículas con transectos ou percorridos SARE. Este feito indica unha aceptable uniformidade na distribución de cuadrículas ata o de agora incluídas no proxecto SARE. Pero os valores residuais da regresión de ambas variables demostran que as especies acuáticas teñen sido detectadas nun número de

TENDENCIAS SARE

+

SARE

cuadrículas inferior á súa presenza en España (p.e. Mauremys leprosa, Emys orbicularis e as dúas cobras do xénero Natrix).

No caso galego, os datos suxiren un declive nalgunhas poboacións do sapo común (B. spinosus), que afectan tanto a poboacións urbanas como as de espazos protexidos. Un caso de declive da poboación do sapo común por causas descoñecidas podería ser o da contorna do Campus Universitario de Vigo. Durante varios anos, fíxose un programa de rescate para evitar o atropelo de exemplares, con picos de ata 800 adultos e máis de 20.000 metamórficos (larvas que xa fixeron a metamorfose á fase terrestre) recollidos nas trampas (http://oma.webs.uvigo.es/sapos.php). E, repentinamente, o número caeu en picado, sen causa aparente. Outros declives poboacionais de hérpetos son os recollidos no traballo do Dr. Galán publicado no BAHE8 dedicado ao programa SARE . Neste traballo expóñense as causas da modificación da composición e da abundancia da comunidade de anfibios en Galicia, como por exemplo os declives do sapo parteiro (Alytes obstetricans) ou do sapo corriqueiro (Bufo calamita), ou a posible extinción da lagarta da serra (Iberolacerta monticola) na bacía do río Lambre.

Probablemente nun futuro próximo as poboacións de sapoconcho afectadas pola Spirorchidiasis ou as de anfibios afectadas polo ranavirus mostrarán un declive acusado, pero aínda é cedo para que os seus efectos aparezan nestas análises previas.

*César Ayres, coordinador do programa SARE en Galicia.

NOTAS

1. https://www.wageningenur.nl/upload_mm/d/4/c/97c093ab-27f2-4e22-a6496921227ea672_ES.pdf

2. http://lter-spain.net/sites/default/files/Mapa_nodos.jpg

3. http://www.bc-europe.eu/index.php?id=339

4. http://www.narrs.org.uk/

5. http://www.abconservation.com/go/default/index.cfm/programs/wildlife/wildlifeprojects/avamp/overview/ 6. http://siare.herpetologica.es/sare

7. Ver páx. 27-29, Cerna nº 73.

8 http://www.herpetologica.org/BAHE/BAHE25(2)_[240]_05_Otros04.pdf

(Seguimiento de Anfibios y Reptiles de España)

http://siare.herpetologica.es/sare 1,2

P. per

B. cal

B. spi

S. sal

1

0,8 0,6 0,4 0,2 TRIM v3 (Modelos loglineales de Poisson)

0

2008 2009 2010 2011 2012 2013

*P. per: Pelophylax perezi; *B. cal: Bufo calamita; *B. spi: Bufo spinosus; *S. sal: Salamandra salamandra. A gráfica mostra as tendencias destas catro especies: os sapos presentan unha tendencia estable; a ra verde, negativa; e, no caso da píntega, a tendencia negativa é especialmente acusada. Fonte: http://siare.herpetologica.es/sare

cerna nº 74 · 2015 ·

24


LITORAL www.adega.gal/revistacerna MONTES

A ACIDIFICACIÓN OCEÁNICA: O OUTRO PROBLEMA DO CO2

CAMBIO CLIMÁTICO

Maribel I. García-Ibáñez*

A atmosfera terrestre contén gases que absorben a radiación infravermella, os cales son coñecidos como gases de efecto invernadoiro. Entre eles destaca o dióxido de carbono (CO2) xa que as actividades humanas teñen vido a aumentar gradualmente a súa concentración na atmosfera desde a Revolución Industrial (1750). Porén, non todo o CO2 antropoxénico (de orixe humana) permaneceu na atmosfera, parte del foi absorbido polo océano e pola biosfera terrestre, minorando deste xeito o aumento do CO2 atmosférico e, polo tanto, o quecemento debido a este gas. Pero esta absorción polo océano levou a unha serie de cambios químicos coñecidos colectivamente como “acidificación oceánica”, entre os que se inclúen a diminución do pH e o aumento da disolución do carbonato cálcico, compoñente fundamental das cunchas dos organismos mariños. Estes cambios poden modificar os principais ciclos bioxeoquímicos mariños, polo que a acidificación oceánica ten o potencial de afectar dramaticamente a organismos e a ecosistemas mariños. O CO2 E O PH DAS AUGAS

Cando o CO2 se disolve en auga de mar reacciona con ela e forma ácido carbónico (H2CO3), que rapidamente se disocia en ións bicarbonato (HCO3-), que, á súa vez, poden disociarse en ións carbonato (CO32-) (Fig. 1). Ambas reaccións de disociación producen ións hidróxeno e polo tanto reducen o pH da auga de mar, que representa o logaritmo da concentración de ións hidróxeno (pH = -log10[H+]). No rango de pH do océano superficial (8.2 ± 0.1) existe unha concentración de ións carbonato relativamente elevada (Fig. 1). Porén, se o pH diminúe como resposta do incremento da concentración de CO2, a concentración de ións carbonato decrece xa que estes actúan como “antiácido” natural da auga de mar. Estes ións son necesarios para o proceso de calcificación, mediante o cal se crean as cunchas e esqueletos calcarios de organismos como moluscos, corais e algunhas microalgas. O descenso da concentración de ións carbonato podería afectar a especies calcificadoras, ao verse obstaculizado progresivamente o proceso de calcificación a medida que a auga se acidifica.

A absorción por parte do océano de ao redor do 30% do CO2 emitido polo ser humano provocou un descenso medio do pH do océano superficial dunhas 0.13 unidades desde a Revolución Industrial (Caldeira e Wickett, 2003; Key et al., 2004), o que representa un aumento do 30% na concentración dos ións hidróxeno. Esta taxa de cambio de pH, que supera calquera coñecida durante os últimos centos de miles de anos, é a principal preocupación da comunidade científica. Estas mudanzas son tan rápidas que poden reducir de xeito significativo a capacidade tampón dos procesos naturais que amorteceron os cambios na química dos océanos na maior parte do tempo xeolóxico. Esta alta taxa de cambio tamén pode levar a que certas especies non poidan adaptarse o suficientemente rápido como para sobrevivir, alterando así as redes tróficas mariñas, o que, á súa vez, afectaría as pesqueiras. ABSORCIÓN DE CO2 E CIRCULACIÓN TERMOHALINA

Aínda que a acidificación oceánica ocorre nos océanos de todo o mundo, existen marcadas diferenzas rexionais debido aos diferentes procesos Rui Ornelas

Ademais, a acumulación de CO2 nos organismos mariños tamén pode alterar outros procesos distintos da calcificación, podendo provocar cambios xerais na morfoloxía, no estado metabólico, na actividade física e

na reprodución dos organismos. O descenso do pH provoca tamén cambios na velocidade de propagación do son, o que podería afectar a organismos que utilizan a ecolocalización, como as baleas.

Figura 1. Na parte superior, reaccións do sistema do CO2 na auga de mar. Na parte inferior, concentración das proporcións relativas de CO2, ión bicarbonato (HCO3-) e ión carbonato (CO32-) para o total de carbono inorgánico disolvido na auga do mar en diferentes salinidades (S), temperaturas (T) e presións (P) (curvas grosas para S = 35, T = 25ºC, P = 0 dbar; curvas finas para S = 35, T = 0ºC, P = 0 dbar; curvas descontinuas para S = 35, T = 0ºC, P = 3000 dbar). A rexión sombreada en azul destaca os valores para a superficie do océano actual (media anual), e a rexión sombreada en gris destaca os valores para o ano 2100 tomada das proxeccións globais do modelo xeoquímico oceánico de Turley et al. (2010). Modificada por Barker e Ridgwell (2012).

Bateas de mexillón na costa galega.

cerna nº 74 ·cerna 2015 · 25nº 73 ·


CAMBIO CLIMÁTICO que afectan ao sistema do CO2 oceánico. Por exemplo, os efectos da acidificación oceánica tenden a ser máis severos nos océanos de latitudes altas debido ás súas baixas temperaturas superficiais (que propician unha maior disolución do CO2 atmosférico), en combinación coa súa baixa capacidade tampón (que leva a maiores cambios de pH para unha perturbación de CO2 atmosférico dada). Por outra banda, mentres que a concentración de CO2 nas capas superficiais do océano aumenta con-

A acidificación oceánica é un problema detectado recentemente, aínda que as súas implicacións poderían chegar a ser tan importantes como as asociadas ao quecemento global

forme o fai a da atmosfera, a súa penetración no océano profundo depende da lenta mestura vertical da columna de auga. Aproximadamente, a metade do CO2 antropoxénico atópase nos primeiros 400 m da columna de auga, mentres que a outra metade penetra cara as capas máis profundas. Con todo, nas rexións onde os movementos verticais son relativamente rápidos, como é o caso do Atlántico Norte, a escala temporal necesaria para a penetración profunda do CO2 antropoxénico é da orde de décadas en lugar de séculos, polo que a exposición aos efectos da acidificación oceánica é máis rápida.

O Atlántico Norte (Fig. 2) leva sendo un sumidoiro de CO2 desde antes da Revolución Industrial debido á acción da circulación termohalina. A circulación termohalina é o resultado dos cambios de densidade que sofren as augas oceánicas. No Océano Atlántico as augas superficiais do Hemisferio Sur flúen ata as latitudes polares do Hemisferio Norte na rama superior da circulación termohalina do Atlántico. Debido aos longos tempos de residencia nas rexións subtropicais e ecuatoriais, as augas frías procedentes do Hemisferio Sur quéntanse e salinízanse, e chegan practicamente a estar en equilibrio coas concentracións de CO2 atmosféricas. Ao norte do arredor dos 15–20°N, estas augas comezan a arrefriarse ao ser transportadas pola corrente do Golfo, tendendo a captar máis CO2

www.adega.gal/revistacerna BIODIVERSIDADE

atmosférico. Gran parte destas augas chegan ao Xiro Subpolar do Atlántico Norte, ao Mar de Labrador, ao Océano Ártico e aos mares nórdicos, onde se densifican o suficiente como para afundirse e comezar unha viaxe sub-superficial cara ao sur en correntes de fondo que conforman a rama inferior da circulación termohalina do Atlántico, proceso coñecido como “circulación de retorno”. O efecto neto da circulación de retorno e da ventilación termohalina é a captación de CO2 atmosférico e a liberación de calor cara á atmosfera. Polo tanto, a circulación termohalina xoga un papel fundamental na regulación do clima terrestre. A ACIDIFICACIÓN DO ATLÁNTICO NORTE

Todo o anteriormente exposto motivou o estudo da acidificación e a circulación do Atlántico Norte levado a cabo na tese titulada “Acidificación e transporte de masas de auga e CO2 no Atlántico Norte” que realicei no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo baixo a supervisión do Dr. Fiz Fernández Pérez. Un dos obxectivos desta tese foi estudar os cambios no equilibrio do sistema do CO2 oceánico provocados pola

A medida que a auga se acidifica reduce o seu grao de saturación en carbonato, o que podería afectar gravemente a especies e organismos con estruturas calcarias

acidificación oceánica do Atlántico Norte no período 1981–2014. Para iso, empregáronse datos de medidas de pH e outros parámetros do sistema do CO2 no océano tomados durante campañas oceanográficas levadas a cabo no Atlántico Norte (Fig. 2). O devandito estudo revelou que as augas das bacías do Irminger e Islandia gañaron CO2 antropoxénico, o que provocou que toda a columna de auga de ambas as dúas bacías presentasen taxas significativas de descenso do pH. As maiores taxas de descenso do pH atopáronse nas capas superiores con niveis de -0.011 ± 0.002 unidades de pH por década. As augas profundas da bacía do Irminger presentaron unhas taxas de descenso do pH moi si-

Figura 2. Esquema simplificado da circulación do Atlántico Norte. As frechas vermellas representan a rama superficial da circulación termohalina, e as azuis a rama inferior. Os puntos negros representan os puntos de mostraxe das campañas oceanográficas utilizadas no estudo.

cerna nº 74 · 2015 · 26


LITORAL www.adega.gal/revistacerna milares ás das capas superficiais, resultado do seu recente contacto coa atmosfera. A avaliación dos compoñentes antropoxénico e natural dos cambios de pH revelou que os descensos de pH observados nas capas superiores de ambas as dúas bacías foron ao redor dun 25% menores aos esperados polo efecto antropoxénico. Isto explícase polo efecto da

Prevese que en 2065 toda a columna de auga das bacías do Irminger e Islandia estea subsaturada en aragonito, é dicir, que sexa corrosiva para as estruturas calcarias. En 2035, xa o será en profundidades intermedias do Atlántico Norte

chegada de augas subtropicais, o que constitúe un compoñente natural. En cambio, nas profundidades intermedias da bacía do Irminger, o envellecemento das augas reforzou a acidificación derivada da captación do CO2 antropoxénico, o que deu lugar a que a taxa de acidificación destas augas sexa un 34% maior que a esperada pola acción do compoñente antropoxénico.

Os descensos de pH observados dan lugar a que o grao de saturación de carbonatos, estudado como o grao de saturación de aragonito (unha das formas cristalinas do carbonato de calcio), mostre tendencias de descenso significativas en toda a columna de auga de ambas as dúas bacías. O grao de saturación mide o exceso de ións carbonato que hai na auga de mar. Cando o seu valor é maior que 100% (sobresaturación) é favorable á formación de estruturas calcarias, pois hai dispoñibilidade de ións carbonato, mentres que cando é menor que 100% (subsaturación) a auga é corrosiva para as estruturas calcarias, favorecendo a súa disolución. No océano existe unha estratificación ou gradiente vertical de concentración de ións carbonato, que decrece coa profundidade. A profundidade na cal o grao de saturación é do 100% coñécese como horizonte de saturación e separa as augas supersaturadas (arriba) das subsaturadas (abaixo). Os descensos do grao de saturación de aragonito no Atlántico Norte deron lugar a un ascenso do horizonte de saturación de ~10 m·ano–1, o que provoca a exposición de organismos calcarios a augas corrosivas.

censos de pH similares aos das capas superficiais. Estes descensos de pH alcanzados cando a concentración de CO2 atmosférico sexa de 800 ppm darán lugar a que toda a columna de auga das bacías do Irminger e Islandia estea subsaturada en aragonito. Con todo, as profundidades intermedias alcanzarán o estado de subsaturación moito antes, concretamente cando a concentración de CO2 atmosférico acade os 500 ppm (prevista para o ano 2035). A elevación do horizonte de saturación no Atlántico Norte podería ter consecuencias nefastas para as poboacións de corais de augas frías que as habitan e dos ecosistemas asociados que os sustenta. CONCLUSIÓN

O continuo aumento da concentración de CO2 na atmosfera debido as actividades humanas foi suavizado pola absorción oceánica. Pero, canto tempo vai seguir actuando o océano como sumidoiro deste gas de efecto invernadoiro? E, que consecuencias se esperan desta absorción de CO2? A acidificación oceánica é un problema detectado recentemente, aínda que as súas implicacións poderían chegar a ser tan importantes como as asociadas co quecemento global. Os efectos socioeconómicos da acidificación oceánica poderían ser substanciais. A elevación do horizonte de saturación de carbonatos provocará que os corais de augas frías estean expostos a augas corrosivas, o que se prevé que diminúa os índices de calcificación provocando que a súa erosión supere a súa taxa de crecemento. A deterioración dos ecosistemas de arrecifes de coral así como das pesqueiras e das industrias recreativas que deles dependen podería provocar grandes perdas económicas. A longo prazo, os cambios na estabilidade dos arrecifes de coral poderían reducir a protección das costas que rodean. Por tanto, a acidificación oceánica é outra importante razón para reducir as emisións de CO2 e evitar así o risco de que ocorran danos irreversibles nos océanos. *Maribel I. García-Ibáñez é a autora da Tese “Acidificación e transporte de masas de auga e CO2 no Atlántico Norte”, realizada no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo.

REFERENCIAS

Barker, S.e Ridgwell, A. (2012). Ocean Acidification. Nature Education Knowledge 3, 21.

Caldeira, K. e Wickett, M.E. (2003). Oceanography: Anthropogenic carbon and ocean pH. Nature 425, 365–365.

Key, R.M.; Kozyr, A.; Sabine, C.L.; Lee, K.; Wanninkhof, R.; Bullister, J.L.; Feely, R.A.; Millero, F.J.; Mordy, C. e Peng, T.H. (2004). A global ocean carbon climatology: Results from Global Data Analysis Project (GLODAP). Global Biogeochemical Cycles 18, GB4031.

Turley, C.; Eby, M.; Ridgwell, A.J.; Schmidt, D.N.; Findlay, H.S.; Brownlee, C.; Riebesell, U.; Fabry, V.J.; Feely, R.A. e Gattuso, J.P. (2010). The societal challenge of ocean acidification. Marine Pollution Bulletin 60, 787–792.

® distrito xermar

En base aos cambios de pH e do grao de saturación de aragonito observados durante o período 1981–2014, inferíronse os cambios esperados para final de século. Cando a concentración de CO2 atmosférico alcance os 800 ppm (o dobre da concentración actual e prevista para 2065) espérase que o pH das capas superiores descenda ~0,31 unidades respecto aos valores da era preindustrial, o que supón un descenso tres veces meirande da amplitude do ciclo anual de pH superficial no que as especies viven. As capas profundas da bacía do Irminger sufrirán des-

CAMBIO CLIMÁTICO

A acidificación oceánica podería supoñer grandes perdas económicas para o sector do mar.

cerna nº 74 · 2015 · 27


LITORAL CAMBIO CLIMÁTICO MONTES

www.adega.gal/revistacerna

RESCLIMA, A RELEVANCIA DO FACTOR SOCIAL PARA ENFRONTAR O CAMBIO CLIMÁTICO

Pablo Ángel Meira Cartea*

O Quinto Informe do IPCC (2013-2014) pecha calquera marxe de incerteza científica sobre dúas cuestións fundamentais: que o cambio climático é unha realidade obxectiva incuestionable e que a liberación masiva de gases de efecto invernadoiro á atmosfera asociada á actividade humana é, nitidamente, o principal vector causal. Dito doutra forma: hai unha relación directa entre a alteración do clima terrestre e o modelo enerxético baseado no consumo intensivo de combustibles fósiles que vén alimentando o salto, cualitativo e cuantitativo, que a nosa especie comezou a dar nos inicios da Revolución Industrial. O consenso científico ao respecto destas dúas constatacións é, nunca mellor dito, abafador.

Nos seus catro primeiros informes, o IPCC centrouse na diagnose científica do cambio climático, tratando de obxectivar as súas causas e consecuencias a nivel biofísico. Focalizarse nesta tarefa era fundamental para establecer co maior nivel de certeza posible como pode evolucionar o clima terrestre en base a distintos escenarios posibles. O prioritario era dar conta da realidade biofísica do fenómeno e establecer a súa relación coas interferencias humanas na atmosfera. A lectura do cambio climático desde unha perspectiva científico-social xogou un papel secundario. Só a aproximación económica, centrada en calcular os custes do cambio climático e das políticas de resposta, levou a traspasar o estrito ámbito das Ciencias Naturais e do cálculo económico para explorar, superficialmente e cun nesgo positivista, as dimensións máis complexas das motivacións humanas, a percepción do risco climático e a organización social. O último informe do IPCC, o quinto, marca un punto de inflexión. Se ben a lectura económica e economicista segue a ser prioritaria na aproximación á dimensión social, cultural e política do cambio climático, recoñece a necesidade dunha visión máis integral e complexa do fenómeno, que incorpore a outras Ciencias Sociais na exploración dos aspectos de natureza psicolóxica, social e cultural, claves para entender como as sociedades humanas están a comprender e interiorizar esta ameaza e, sobre todo, para construír os consensos necesarios para impulsar políticas de mitigación e adaptación que resulten efectivas para reducir a probabilidade de que os peores escenarios posibles sexan realidade. OLLAR PARA A DIMENSIÓN SOCIAL E CULTURAL DO CAMBIO CLIMÁTICO

O proxecto Resclima (Respostas Educativas e Sociais ao Cambio Climático) naceu en 2012 para consolidar e proxectar internacionalmente unha liña de investigación e acción socio-educativa desenvolvida desde hai 15 anos polo Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA) da Universidade de Santiago de Compostela. Resclima agrupa a institucións universitarias e organismos preocupadas pola educación e a comunicación do cambio climático de catro países (Brasil, España, México e Portugal), coordinadas dende o grupo SEPA.

Os obxectivos de Resclima sitúanse a dous niveis. O primeiro céntrase na análise das representacións sociais do cambio climático en diferentes grupos de poboación e en diferentes sociedades, principalmente para

cerna nº 74 73 · 2015 · 28

Proxecto Resclima

O século XXI será recordado como o século do cambio climático. Será celebrado porque a humanidade terá sido quen de facer o cambio de rumbo civilizatorio necesario para mitigar os impactos que sufre e sufrirá a biosfera por un metabolismo humano, enerxético e socio-económico que ignora os seus límites. Ou será conmemorado porque non teñamos feito a tempo esa viraxe e as xeracións por vir haberán de sufrir unha biosfera inclemente e abrasadora. Todo depende de como as sociedades humanas estean a interiorizar esta ameaza, da efectividade dos mecanismos de representación social do cambio climático e das respostas que estes impulsen. O Proxecto Resclima analiza estas cuestións.

Logo do Proxecto Resclima

comprender como se está a modelar este problema no seo da cultura común. O segundo nivel pretende xerar recomendacións e recursos educativos e comunicativos que contribúan a mellorar a representación social do cambio climático, dirixidas tanto ao ámbito do sistema escolar como a outros escenarios (redes sociais, medios de comunicación, axendas políticas, etc.) onde se está a producir o contacto da poboación coa problemática do cambio climático.

O CAMBIO CLIMÁTICO NA CULTURA COMÚN

Os obxectivos do primeiro nivel sitúanse na perspectiva das ciencias sociais básicas. Un dos tópicos máis interesantes desde este punto de vista é a forma en que a ciencia do cambio climático –as representacións científicas de como a actividade humana está a mudar o clima terrestre e sobre cales son ou poden ser as consecuencias desta alteración- entra a formar parte dos recursos e dos filtros culturais (conceptos, palabras, imaxes, iconos, crenzas, teorías implícitas ou profanas, valoracións, etc.) que a poboación, en xeral, utiliza para interpretar esta problemática, para valorar a súa relevancia a nivel persoal e colectivo, e para guiar as súas actitudes e os seus comportamentos cotiáns con relación a ela.

Na definición deste tópico de investigación hai unha presunción de fondo que convén explicar. Boa parte dos programas e das accións emprendidas para traspoñer a ciencia do cambio climático a formatos educativos e de divulgación científica parten dun enfoque inxenuo de como se procesan socialmente este tipo de “obxectos” cando se trasladan da esfera científica, na que son creados, á esfera da cultura común: o enfoque do déficit de información. Desde este enfoque sobreenténdese que é suficiente con transferir a mellor ciencia dispoñible á sociedade, ben a través de canles institucionalizadas, como o currículo escolar, ou ben a través de mediadores informais, como os media ou as redes sociais, para que a poboación destinataria adquira unha representación (cientificamente) axustada do “obxecto” en cuestión –neste caso, o cambio climático; unha representación que motive a actuar responsablemente a nivel individual e colectivo. Dito doutra forma, se alguén posúe os coñecementos científicos precisos para


CAMBIO BIODIVERSIDADE CLIMÁTICO

www.adega.gal/revistacerna

comprender as causas e as consecuencias do cambio climático –tomando como referencia, por exemplo, a diagnose validada polo IPCC-, tenderá a orientar racionalmente os seus comportamentos na esfera persoal–por exemplo, modificando a súa dieta- e na esfera colectiva –por exemplo, mobilizándose para apoiar políticas climáticas máis contundentes. Esta lectura presupón que existe unha conexión directa entre o acceso ao coñecemento científico e o comportamento racional das persoas e dos grupos sociais. Moitas prácticas de alfabetización científica, alfabetización ambiental ou mesmo de alfabetización climática, asumen de xeito máis ou menos explícito, este enfoque.

Sabemos aínda moi pouco sobre a epistemoloxía da cultura común, pero si o suficiente para afirmar que o coñecemento dos procesos de apropiación e socialización que orixinan as representacións sociais de obxectos socialmente relevantes e controvertidos, como o cambio climático, é esencial para entender como as sociedades e os grupos sociais os interpretan, os valoran e deciden actuar ou permanecer indiferentes fronte a eles. Contribuír a comprender como o cambio climático -e a ciencia do cambio climático- está sendo apropiado e reconstruído en forma de representacións sociais por distintos grupos sociais e en países con distintos marcos culturais é un dos obxectivos principais de Resclima. Este enfoque está en sintonía cos retos de investigación social establecidos polo Grupo de Traballo III do IPCC no seu último informe, que destaca a necesidade de “examinar as diferenzas transculturais na percepción e na reacción humana diante do cambio climático e as diferentes opcións de resposta” (Kunreuther et al., 2014: 189) ou de estudar a “efectividade das normas sociais na promoción das políticas de mitigación e adaptación” (Kunreuther et al., 2014: 189), como zonas grises que será preciso explorar para xestionar de xeito máis adecuado a aprendizaxe colectiva sobre os riscos e as incertezas derivadas do cambio climático.

Evolución na sociedade española da percepción do cambio climático como problema relevante a escala global, estatal, autonómica e local (2008-2012).

Percepción na poboación española do grao de acordo na comunidade científica sobre as causas do CC (2010-2012) (2008-2012). Proxecto Resclima, Fundación Mapfre

Os avances realizados nas dúas últimas décadas na psicoloxía social e ambiental, a socioloxía do coñecemento, a antropoloxía cultural e as ciencias da educación e da comunicación teñen demostrado que os procesos de aprendizaxe e apropiación social relacionados con obxectos creados inicialmente no campo da ciencia son moito máis complexos, tanto a nivel individual como colectivo. O principal erro da teoría do déficit de información radica en pensar que o coñecemento científico transferido á sociedade é interpretado e aprehendido polas persoas e os grupos sociais seguindo os mesmos parámetros epistemolóxicos que operan no campo da ciencia. Esta crenza ignora que o campo da cultura común ten a súa propia epistemoloxía, unha forma particular de construír e socializar o coñecemento sobre calquera obxecto, real ou irreal, de orixe científica ou non, que se incorpora ao seu acervo.

Non imos aquí a avanzar resultados concretos dos distintos enfoques metodolóxicos que adopta esta liña de investigación en Resclima (cuestionarios e grupos de discusión con estudantes universitarios de ciencias naturais e ciencias sociais dos catro países, enquisa a unha mostra representativa da poboación do Estado español). Si queremos destacar dous feitos relevantes que fan cada vez máis necesario o coñecemento sobre a dimensión social do cambio climático.

O primeiro ilústrase na gráfica 1. Nela preséntanse os problemas máis graves identificados pola poboación española en tres demoscopias realizadas polo grupo de investigación SEPA nos anos 2008 (Meira et al., 2009), 2010 (Meira et al., 2011) e 2012 (Meira et al., 2013). A pregunta aberta pedíalle ás persoas entrevistadas que citaran os dous problemas, de calquera tipo, que máis lles preocupaban a escala global, estatal, autonómica e local. A gráfica recolle as porcentaxes de quen sinala o cambio climático (ou referencias directas ao mesmo). Os datos son contundentes en dous sentidos. O primeiro é que o cambio climático só aparece con certa importancia entre as cuestións que inquietan a nivel global, para pasar a un plano moi secundario cando a referencia é a escala estatal, a autonómica ou a local, nas que practicamente desaparece.

O segundo sentido é máis importante. No último lustro, o cambio climático foi perdendo relevancia ata quedar relegado a unha porcentaxe mí-

Capa da versión portuguesa da guía “Conhece e valoriza as alterações climáticas”

cerna nº 74 · 2015 · 29


LITORAL CAMBIO CLIMÁTICO nima a escala global e desaparecer do horizonte de preocupacións a escalas territoriais máis achegadas ás persoas. Na desvalorización pública do cambio climático ten moito que ver a conxuntura de crise, pero tamén a súa paulatina relegación a un terceiro ou cuarto plano das axendas públicas (da mediática, da política, da educativa, etc.). Un paradoxo cando as ciencias do clima teñen formulado unha diagnose clara e precisa do que está a suceder co clima e dos riscos que comporta para o presente e o futuro da humanidade.

O segundo feito relevante ten que ver coa calidade do acceso da poboación á ciencia do cambio climático. Ilústrase na gráfica 2, extraída tamén das demoscopias xa citadas, en concreto as dos anos 2010 e 2012. Nela pode observarse como unha maioría da poboación española, 4 de cada 10 persoas, percibe que persisten importantes discrepancias no seo da ciencia do clima, mentres que 2 de cada 10 non o saben ou non contestan. Esta percepción deturpada imponse socialmente a pesar de que entre os científicos do clima tense alcanzado un amplo consenso sobre as causas antrópicas do cambio climático. En 2012, a proporción de quen percibe moito ou bastante acordo crece significativamente, 8 puntos porcentuais, pero tamén o fan quen percibe pouco ou ningún acordo, 3 puntos porcentuais. Semella que existe unha fenda importante entre a representación científica do cambio climático e a representación social, cando menos nun aspecto crucial para o problema, que sexa socialmente valorado e situado entre as prioridades da axenda social. MELLORAR A COMUNICACIÓN E A EDUCACIÓN SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO

O segundo nivel dos obxectivos de Resclima céntrase na aplicación do coñecemento sobre as representacións sociais do cambio climático ao deseño e mellora de programas e recursos de educación e comunicación máis eficaces. Nesta perspectiva estase a traballar nas seguintes liñas:

Proxecto Resclima

- A análise do tratamento do cambio climático nos libros de texto. A finalidade deste análise é comprobar como se traspón o cambio climático, a representación científica pero tamén as representacións sociais, a este recurso curricular e o peso que ten nos contidos seleccionados para o niveis equivalentes a Educación Secundaria nos catro países implicados

www.adega.gal/revistacerna

no proxecto. Na primeira fase estase a elaborar unha ferramenta que permita sistematizar esta análise, abarcando tanto os elementos narrativos (textos, esquemas, cadros) como os icónicos (fotografías, infografías, ilustracións).

- O deseño e adaptación a cada país de recursos educativos específicos que teñan en conta a cultura común do cambio climático. O primeiro produto nesta liña é “Conhece e valoriza as alterações climáticas. Propostas para trabalharem grupo” (Meira et al., 2012), unha proposta de actividades educativas para traballar con grupos de adolescentes e persoas adultas que xa se pode descargar en formato PDF na súa adaptación para a realidade portuguesa2 e a española3. Actualmente trabállase na adaptación á sociedade mexicana. As principais características deste recurso son a súa flexibilidade, que está enfocado a iluminar as zonas socialmente invisibles que conectan a vida cotiá co cambio climático e que se propoñen alternativas a nivel persoal e comunitario para descarbonizar os nosos estilos de vida.

- A realización de actividades formativas cunha dupla finalidade: axudar a educadores, comunicadores e divulgadores ambientais e científicos a entender como se está a construír a cultura común do cambio climático e para mellorar o axuste social dos recursos educativos e comunicativos que se están a mobilizar.

Para obter máis información sobre as institucións participantes no proxecto e sobre outros aspectos do mesmo pode consultarse a súa páxina web (www.resclima.com). Nesta páxina tamén se pode acceder a información actualizada sobre o desenvolvemento do proxecto e ás publicacións e recursos producidas no marco do mesmo. Desde estas páxinas convidamos a todas as persoas interesadas na mellora da comunicación e da educación sobre os riscos climáticos a achegar as súas experiencias e reflexións. Buscamos, en último caso, xerar sinerxías a distintos niveis, sociais e educativos, diante do reto máis importante que teñen formulado as nosas sociedades.

*Pablo Ángel Meira Cartea é membro do Grupo de Investigación en Pedagoxía Ambiental e Educación Ambiental Universidade de Santiago de Compostela.

NOTAS

O Proxecto Resclima conta con financiamento do Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España dentro do VI Programa Nacional de I+D+i 2008–2011, convocatoria de 2012, REF. EDU2012-33456.

1

2 3

www.aspea.org/GuiaAlterClimat2012.htm

www.resclima.info/lista-de-publicaciones?page=1

BIBLIOGRAFÍA

Kunreuther, H. et al. (2014): “Integrated Risk and Uncertainty Assessment of Climate Change Response Policies”, en Edenhofer, O.; R. Pichs-Madruga et al. (eds.): Climate Change 2014: Mitigation of Climate Change. Contribution of Working Group III to the Fifth Assessment Report of the Intergovernmental Panel on Climate Change. Cambridge: Cambridge University Press.

Meira, P. Á. (Dir.); Arto, M.; Heras, F.; Iglesias, L.; Lorenzo, J.J. e Montero, P. (2013): La sociedad ante el cambio climático. Conocimientos, valoraciones y comportamientos en la población española. 2013. Madrid: Fundación MAPFRE.

Meira, P. Á. (Coord.) (2012). Conhece e valoriza as alterações climáticas - Propostas para trabalharem grupo. Lisboa: Fundación Mapfre, Agéncia Portuguesa do Ambiente, ASPEA.

Meira, P. Á. (Dir.); Arto, M.; Heras, F. e Montero, P. (2011): La sociedad ante el cambio climático. Conocimientos, valoraciones y comportamientos en la población española. 2011. Madrid: Fundación MAPFRE.

Cartaz do I Seminario Internacional Resclima.

cerna nº 74 · 2015 · 30

Meira, P. Á. (Dir.); Arto, M. e Montero, P. (2009): La sociedad ante el cambio climático: conocimientos, valoraciones y comportamientos en la población española. 2009. Madrid: Fundación MAPFRE.


LITORAL www.adega.gal/revistacerna MONTES

ENERXÍA

DECRETO DE AUTOCONSUMO DO PP: POBREZA ENERXÉTICA E MÁIS BENEFICIOS PARA O OLIGOPOLIO ELÉCTRICO

Fins Eirexas*

O Estado vén de aprobar o decreto do autoconsumo co polémico "imposto ao sol". Cárgalles unha peaxe a usuarios/as e Pemes que desincentiva o autoconsumo e atranca a extensión das renovábeis, perpetuando a dependencia das grandes eléctricas. Consumidores/as e administracións podemos e debemos reaxir.

Edificio en Helsinki (Finlandia) con placas solares nos balcóns, a través das cales se xera enerxía fotovoltaica.

ENTREGUISMO ABSOLUTO DO PP ÁS ELECTRICAS

O "Real Decreto 900/2015, de 9 de octubre, por el que se regulan las condiciones administrativas, técnicas y económicas de las modalidades de suministro de energía eléctrica con autoconsumo y de producción con autoconsumo" supón, coa escusa de regulamentar unha práctica imparábel -o autoconsumo eléctrico con pequenas instalacións renovábeis-, un patético intento de frear a democratización da enerxía e perpetuar o oligopolio das eléctricas, habitual retiro de políticos xa amortizados.

Este será, probabelmente, o destino do actual ministro de Industria, o Sr. Soria, e doutros membros do goberno de España que, en vésperas dun proceso electoral, non tiveron reparos en aprobar unha medida que prexudica claramente a cidadanía en favor da grande industria enerxética. Tal é o medo que o oligopolio eléctrico ten a que a extensión masiva do autoconsumo eléctrico en fogares e pequenas empresas, favorecido polas melloras tecnolóxicas e espoldrexado pola continua suba dos prezos da enerxía, prexudique o seu lucrativo negocio.

ESQUECER O BALANZO NETO E VETO AO AUTOCONSUMO COMPARTIDO

O decreto establece unha peaxe obrigatoria, o coñecido "imposto ao sol", para todas aquelas instalacións de autoconsumo que estean conectadas á rede eléctrica. Só as instalacións totalmente illadas están exentas.

Esta peaxe consta dun treito fixo por kW de potencia instalada e un treito variábel en función da hora e cantidade de enerxía vertida como exce-

dente á rede. As instalacións de autoconsumo de menos de 10kW e aquelas situadas nas illas están exentas da parte variábel, mais non da fixa. E todo o exceso que produzan até un máximo de 100kW de potencia instalada poderán vertelo á rede, mais non cobralo: será enerxía cedida de balde ao oligopolio (e que logo este venderá como propia).

Deste xeito, o PP esquece o balanzo neto, o método máis estendido no mundo de relación entre os auto-consumidores e o sistema eléctrico. O balanzo neto, que verdadeiramente incentiva a extensión das enerxías limpas e a eficiencia, consiste en ceder a electricidade sobrante dunha instalación de autoconsumo e recuperala na mesma proporción cando a vivenda ou negocio a precisa. O goberno decidiu considerar que unha instalación de autoconsumo, polo feito de estar conectada á rede eléctrica, debe facer fronte aos "custos do sistema" e ser tratada como calquera outra compañía eléctrica cuxo único fin é o lucro.

A norma impide tamén que a enerxía xerada polas instalacións de autoconsumo poida ser partillada por varios usuarios/as, caso das comunidades de veciños/as e polígonos industriais, por exemplo.

FREO ÁS RENOVÁBEIS E CONSOLIDACIÓN DA POBREZA ENERXÉTICA

Con esta regresiva norma, o PP impón vía decreto un freo á extensión das enerxías renovábeis a pequena escala e coloca atrancos case insalvábeis á socialización e democratización da enerxía. Tamén contribúe a mermar os esforzos en aforro e eficiencia e a perpetuar situacións de pobreza enerxética entre a cidadanía, que terá máis difícil zafarse das

cerna nº 74 ·cerna 2015 · 31nº 73 ·


ENERXÍA gadoupas das compañías e exercer a súa soberanía enerxética. É como se por consumir os produtos da horta da nosa casa tivésemos que pagar ao supermercado!! A intención deste decreto non é outra que favorecer o actual oligopolio eléctrico. Malia ao compromiso de case todas as forzas políticas estatais de derrogar a norma se o PP perde o poder, estes últimos anos de incertezas e ameazas de Industria aos auto-consumidores/as, xunto coa aprobación deste decreto, déronlle tempo ás grandes eléctricas para reaccionar e ir preparando os seus "paquetes de autoconsumo e renovábeis" que en breve veremos publicitados, e deste xeito copar tamén un sector emerxente que fuxía do seu control.

INICIATIVAS FRONTE AO EXPOLIO ELÉCTRICO

Para facer fronte a este novo roubo amparado no BOE, a cidadanía, entanto que consumidora de enerxía eléctrica, ten distintas posibilidades de axir. En primeiro lugar, reducir o noso consumo eléctrico optimizando o uso dos aparellos da nosa casa, traballo, etc. Porén, unha parte cada vez máis importante da factura eléctrica corresponde ao “treito fixo” ou facturación por potencia contratada. Esta estratexia das eléctricas que incrementou espectacularmente o recibo da luz, alén de desincentivar o aforro, está detrás da crecente pobreza enerxética que afecta a moitas familias, amarradas ás condicións que fixa o oligopolio. Como consumidores/as tamén podemos reaccionar solicitando da nosa compañía unha rebaixa na potencia contratada: só é preciso mudar algúns hábitos e evitar grandes picos de consumo para pagar menos no recibo.

Mais as iniciativas para facer fronte ao actual statu quo eléctrico non deberían limitarse ao eido doméstico ou persoal. A administración galega ten capacidade normativa para tentar subverter o perverso marco lexislativo do sector eléctrico estatal, e achegalo máis á realidade galega. Non abonda só con reclamar unha tarifa eléctrica propia dado que no noso país localízanse importantes centros de produción eléctrica, grande parte deles en renovábel –hidráulica, eólica- e de grande rendemento, polo que os custos de produción e, sobre todo, de transporte son máis reducidos que no resto do Estado, circunstancia que debería reflectirse na factura. A Xunta debe aproveitar a vía impositiva e gravar dun xeito máis xusto para a cidadanía a produción e distribución de enerxía eléctrica no noso territorio, un auténtico El dorado para o oligopolio eléctrico, que privatiza os enormes beneficios de explotar o noso vento e ríos, socializando os custos e os impactos (ambientais, sociais, económicos, etc.). Algo máis que un simple canon sobre o número de muíños ou os m3 que ocupan os grandes encoros: unha verdadeira fiscalidade verde enerxética que grave a produción e a potencia instalada, dirixida a compensar as perdas ecosistémicas polo aproveitamento privativo dos nosos recursos naturais, e que debería reverter na mellora do ambiente e da calidade de vida da cidadanía.

Tamén, a Administración galega podería deseñar un marco regulamentario propio para alén das simples subvencións e fomentar precisamente o sector que o Estado e as eléctricas queren coartar: as pequenas instalacións de autoconsumo, as cooperativas de produtores/as en renovábel ou a participación dos concellos e pemes no aproveitamento das fontes locais de enerxía limpa.

E finalmente, a Xunta podería se quixer transformar o INEGA, aliás dun portelo para o reparto de subvencións, nunha verdadeira axencia enerxética galega que opere no eido da produción e distribución da enerxía, entendida esta como un dereito cidadán e un servizo público, ao mesmo nivel que a educación e a sanidade.

IMujer Hogar

Unha outra alternativa, complementar das anteriores, é cambiar de compañía eléctrica facéndonos socios/as dunha cooperativa de consumidores/as que ademais comercialice enerxía renovábel, liberándonos por sempre das gadoupas do oligopolio. En Galiza existen varias opcións, como a de Nosa Enerxía, a cooperativa galega que garante un subministro 100% renovábel e local, e coa que ADEGA vai subscribir un convenio de colaboración. O cambio é moi sinxelo, e prezos e servizos son similares ás das compañías tradicionais, coa vantaxe de consumirmos electricidade verde e local, retirándolle negocio ao oligopolio.

www.adega.gal/revistacerna BIODIVERSIDADE

Como consumidores/as tamén podemos incidir no aforro enerxético e no impulso das enerxías renovábeis.

cerna nº 74 · 2015 · 32

*Fins Eirexas é o secretario executivo de ADEGA


LITORAL www.adega.gal/revistacerna MONTES

CONSERVACIÓN

OS ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS NA GALIZA:

BREVE ENSAIO DE XEOGRAFÍA CRÍTICA

Valerià Paül, Xosé M. Santos, Miguel Pazos*

Nos últimos anos estáselles prestando especial atención as áreas naturais protexidas. Acéptase, por exemplo, que deben ser un suxeito activo dos plans de ordenación posteriores e que o seu recoñecemento incrementará a frecuencia turística. En efecto, é habitual que se inclúan mapas dos espazos naturais protexidos en guías e folletos, así como en plans de distinta natureza (territoriais, urbanísticos, etc.), como se fosen o marco territorial idóneo para a toma de decisións. Porén, neste breve artigo1 queremos pór de manifesto que a declaración destes espazos é fundamentalmente unha construción política e que dista, polo tanto, de ser un acto neutro, até o punto de que os espazos protexidos non sempre teñen correspondencia coas áreas máis vulnerábeis e de maior valor natural e ambiental. A Galiza careceu de áreas protexidas durante boa parte do século XX e só pequenos espazos, como o Monte Aloia desde a década de 1930, gozaban dunha mínima «protección». As razóns desta ausencia son diversas, pero convén subliñar que existe un amplo acordo nas investigacións internacionais sobre a materia no sentido de que os primeiros espazos protexidos non responderon, como se adoita afirmar, a motivacións conservacionistas no sentido actual, senón a un clima ideolóxico conformado polo ascenso do romanticismo e dos nacionalismos. E, para o romanticismo e o nacionalismo españois, a Galiza non contiña paisaxes interesantes no seu imaxinario (si Covadonga, que foi o primeiro parque

nacional, e nótese a escolla do adxectivo «nacional», polo que non recibiu atención en termos de protección. Só os «sitios naturais de interese nacional», sen protección real, declarados na II República constituíron unha cativísima excepción que se explica en grande medida por unha visión da Galiza como espazo costeiro atractivo para as prácticas turísticas incipientes (Paül e Labraña, 2013; Santos, 2005). Alén disto, cómpre tamén subliñar que o nacionalismo galego, e o Rexurdimento como movemento cultural seminal da galeguidade, non deron en xerar as típicas imaxes de paisaxe nacional que fundamentaron noutros territorios (por exemplo, en Cataluña ou no País Vasco) unha cultura de base preocupada pola pro-

Os espazos naturais protexidos propostos polo Plan Director Territorial de Coordinación da Galiza (borrador de 1979). Fonte: p. 119 do PDTCG.

cerna nº 74 ·cerna 2015 · 33nº 73 ·


CONSERVACIÓN

Na Galiza non se produciu a explosión de declaracións de áreas protexidas das décadas de 1970 e 1980, tal como aconteceu noutros contextos, a pesar da aparición do movemento ecoloxista (ADEGA fúndase nunha data tan temperá como 1976). Só houbo un intento de implantar unha rede de espazos protexidos co borrador do Plan Director Territorial de Coordinación (PDTCG) de 1979, por certo, o único documento que contiña unha proposta coherente de parques, reservas, paraxes, etc. na Galiza —coa cal non concordamos totalmente, pero que desde logo era un ensaio de conxunto e equilibrado—, precedente que permanece ad aeternum nun caixón. Talvez, o único resultado práctico do ascenso da consciencia ambiental a partir da década de 1970 fose a designación dos dous primeiros parques naturais por parte do goberno español en 1979 (Monte Aloia) e 1980 (Illas Cíes).

O impasse prolongouse durante as décadas de 1980 e 1990, cando xa moitas comunidades autónomas desenvolveran unha rede de espazos protexidos (Cataluña aprobou o seu Pla d’espais d’interès natural en 1992) e puxéranos activamente en valor (Andalucía creou a súa marca Parque Natural, profusamente empregada para a promoción turística e para amparar os produtos agrarios elaborados nos ámbitos protexidos). Cara a finais da década de 1990, e a pesar de existir seis parques naturais (todos cativos, agás un e respondendo a circunstancias diversas)2, así como outras figuras de protección con estándares baixos, apenas estaba protexido o 2% do territorio galego.

Tería que ser a normativa europea a través da Rede Natura 2000 quen dese un importante pulo. Aínda que os niveis de protección seguiron a ser débiles en termos cuantitativos e cualitativos, avanzouse até o 12% do territorio co cambio de século. A imperiosa necesidade de levar adiante os mandados ambientalistas da Unión Europea (UE) obrigou a Xunta a actuar, pero empregando as figuras máis laxas presentes na flamante lexislación de espazos protexidos (Galiza aprobou a súa Lei de Conservación de Natureza en 2001). As comunidades locais e os concellos non participaron no proceso de conformación da Rede Natura 2000, cuxos mapas foron aparecendo aos poucos en páxinas web e DOGs sucesivos, até o punto que moitas veces os políticos locais mesmo chegaban a ignorar a existencia desas áreas nos seus concellos. Pola súa parte, determinadas presións económicas contribuíron a modificar algunhas propostas, como foi o caso do Courel, cuxa superficie protexida foi redebuxada entre a listaxe inicial de 1999 e a decisión final de 2004. Así pois, na Galiza houbo só unha declaración significativa de áreas protexidas cando a UE obrigou a facelo, a través da Rede Natura 2000.

galega para lexislar nesta materia) non estabeleceu un plan específico para o deseño, desenvolvemento e implantación coherente dunha rede de áreas naturais protexidas como tal. Como resultado final, a listaxe de Lugares de Interese Comunitario (LICs) da Rede Natura 2000 aprobada por Bruxelas a mediados da década de 2000, sen responder a un plan de conxunto, converteuse de facto na rede de espazos protexidos galegos. Alén disto, esta Rede Natura 2000, que non está con propiedade incorporada na lexislación galega (fíxoo Madrid en 2007 coa Lei do Patrimonio Natural e da Biodiversidade), fica en xeral baixo uns niveis de protección ben fracos.

No ano 2002 creouse un novo parque natural, Enciña da Lastra, o último até a data, que como os anteriores ten unha superficie reducida. Porén, o máis relevante de 2002 foi a aprobación do primeiro parque nacional, o nivel de protección máis elevado existente na lexislación. O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas, a pesar dos seus innegábeis valores ambientais, naceu moi vinculado ao crecemento turístico das Rías Baixas, como evidenciaron os debates no Parlamento e no Congreso para a súa designación. A práctica inexistencia de poboación residente, a ausencia de recursos económicos incompatíbeis co ambiente, o fácil control nos accesos e a proximidade de núcleos de veraneo converten estes arquipélagos nun exemplo paradigmático das relacións entre turismo e protección.

Tampouco as expectativas creadas polo goberno bipartito (2005-2009) foron satisfeitas. As declaracións políticas verbalizaron a vontade de acrecentar as áreas protexidas até o 20% do territorio a través dun Plan Director da Rede Natura 2000 (que non se aprobou daquela) e de crear catro novos parques naturais: Os Ancares, O Courel, Queixa-San Mamede3 e Trevinca (ningún chegou a ver a luz). Houbo algúns avances como o desenvolvemento dos programas de educación ambiental en áreas protexidas ou a adopción de iniciativas de desenvolvemento rural para as comunidades directamente afectadas pola implantación de áreas protexidas. Alén disto, produciuse tamén unha sinalización dos lugares integrados na Rede Natura 2000, que aínda hoxe se pode observar. Por último, cómpre destacar a Lei da Paisaxe de 2008, relacionada parcialmente coa Lei de Conservación de 2001, a cal xa creara a figura das paisaxes protexidas. Valerià Paül

tección de espazos singulares, en concreto, paisaxes da montaña. O seu imaxinario territorial, tal e como sinalaron López Sández (2008) ou García Álvarez (2002), tivo máis que ver coa ruralidade e co agro.

www.adega.gal/revistacerna BIODIVERSIDADE

A Lei de Conservación da Natureza de 2001 (cabe observar que non se aprobou até 20 anos despois de ter as competencias a Administración

O LIC do Courel na primeira designación de 1999 e na súa forma definitiva en 2004: aparece un enclave desprotexido no sur. Fonte: DOG 9/11/1999 (p. 13127) e 19/05/2004 (p. 7073).

cerna nº 74 · 2015 · 34

Escolma de carteis da Rede Natura pola Galiza adiante. Fotografías tomadas nas seguintes datas: 22/02/2009, 28/03/2010, 2/06/2013 e 23/08/2013.


LITORAL www.adega.gal/revistacerna

CONSERVACIÓN

Os espazos naturais protexidos nas DOT de 2011 e no PDRN2000 de 2014: mapas reiterativos. Fonte: p. 261 das DOT e www.cmati.xunta.es (Acceso 08-2014).

En todo caso, nos anos a seguir maniféstase unha continua desidia relativamente ás áreas protexidas. Un exemplo evidente disto foi a presión exercida pola Comisión para designar, no ano 2009, case que 7.000 ha da Limia como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA). O DOG do 15 de outubro daquel ano explicou mediante unha intrincada fórmula que «estes espazos [refírese ás ZEPAs que non están amparadas por unha figura das leis española ou galega, é dicir, o caso limiao] adoptarán a denominación de espazos protexidos Rede Natura 2000 e non terán a consideración de espazos naturais protexidos» (p. 16231). Deste xeito, a Xunta recoñecía implicitamente a imposición que lle viña dada desde a UE, que non traducía nunha disposición de rango lexislativo que protexese ese espazo. O rexeitamento á protección eficaz da biodiversidade maniféstase de xeito reiterado na negativa a crear o arelado Parque Natural do Monte Pindo, lugar emblemático para o patrimonio natural, pero tamén desde o punto de vista cultural. A débil protección á que está sometido evidénciase na proliferación de lumes ou nas agresións provocadas por variados intereses económicos que contribúen a descaracterizar este singular sector do litoral noroeste.

É certo que nos anos máis recentes aconteceron algunhas novidades na planificación territorial logo de longos tempos de espera. Entre elas, a aprobación das Directrices de Ordenación do Territorio (DOT) e do Plan de Ordenación do Litoral (POL), ambas en 2011, aínda que ningunha delas contribuíu a ampliar os territorios xa protexidos, pois simplemente cartografaron e reiteraron os perímetros da Rede Natura 2000 definidos unha década antes. Tamén, baixo a Lei da Paisaxe de 2008, apareceu en 2011 o Catálogo das Paisaxes do Deza que é simplemente iso: un catálogo que non introduce novidades efectivas ao respecto da protección dos mesmos, embora sexa un documento interesante en termos de coñecemento. Outras guías de boas prácticas ou de integración paisaxística elaboradas polo goberno galego non deixan de ser traballos serios e ben intencionados, mais con escaso valor á hora de aplicar políticas activas de protección, xestión e dinamización de áreas protexidas.

O Plan Director da Rede Natura 2000, aprobado finalmente en 2014, asumiu unha vez máis o mapa preexistente, sen facultar a ampliación debatida desde hai unha década. Basicamente, valeu para fundamentar un cambio da categoría dos Lugares de Interese Comunitario (LIC), que agora son Zonas de Especial de Conservación (ZEC). En todo caso, o Plan Director chegou con retraso, pois a «Directiva Hábitats» de 1992

dicía que os plans de xestión para os LICs se tiñan que aprobar «como máximo nun prazo de seis anos» (art. 4.4).

Esta rápida revisión proba a hipótese de que as áreas protexidas son principalmente un produto político. Non se trata só das correlacións atopadas entre sucesivas ideoloxías dominantes e momentos políticos, dunha banda, e espazos naturais protexidos, da outra, senón dun constante xogo de escalas político-administrativas. Así, a irrupción da UE coas súas dúas Directivas (popularmente coñecidas como «Aves» de 1979 e «Hábitats» de 1992) supuxo un revulsivo para os espazos naturais galegos, até o punto de que a exigua superficie protexida na actualidade se debe no fundamental aos marcos legais ditados desde Bruxelas; e decisións como a da ZEPA limiá só se explican pola presión da Comisión. Cal ía ser a «sorte» da conservación da natureza na Galiza sen a pertenza á UE? Neste sentido, cómpre urxentemente revisar a asunción automática dos espazos protexidos como decisións neutras e «mapas obxectivos» aos efectos do turismo ou da ordenación do territorio. Como ben afirmou Lois (2009: 32), non podemos estudar o territorio «de forma acrítica, sen preguntar[nos] apenas pola razón das delimitacións históricas ou político-administrativas que [nos] veñen dadas».

Realizada esta breve xenealoxía, desexamos concluír cuns comentarios xeográficos a maiores. Na actualidade, a protección do 12% do territorio correspóndese esencialmente con zonas rurais deprimidas, onde non existen excesivas expectativas sobre actividades económicas ás cales a protección poida afectar. Trátase de áreas montañosas, escasamente poboadas, que sufriron dinámicas acumuladas de abandono e, polo tanto, espazos normalmente máis fáciles de protexer. Das máis de 350.000 ha protexidas, 210.000 pertencen aos «catro grandes» espazos (Os Ancares-O Courel, Pena Trevinca, Queixa-San Mamede e Baixa Limia-Xurés), só un deles está declarado parque natural (o resto fica cunha protección xenérica a pesar de que o PDTCG de 1979 propuña que os catro o fosen), e todos eles se corresponden plenamente con este patrón de medio rural deprimido e practicamente baleiro. Nestas áreas, agárdase que o turismo poida contribuír ao desenvolvemento e, neste sentido, atopamos unha correlación entre promoción do turismo (folletos, guías, carteis, etc.) e áreas protexidas. De feito, nos últimos anos produciuse unha designación en serie de Reservas da Biosfera en Galiza4, que non teñen unha protección real (están burocraticamente amparadas pola Lei Española de Patrimonio Natural, sen consecuencias prácticas), aínda que para o turismo son utilizados como se a tivesen.

cerna nº 74 · 2015 · 35


CONSERVACIÓN

www.adega.gal/revistacerna

Área protexida por comunidades autónomas. Fonte: Anuario de EUROPARC-España de 2009.

A Galiza caracterízase territorialmente por un desenvolvemento urbano xeneralizado, cun crecemento edificatorio espallado por todo o territorio, perto ou lonxe das zonas urbanas existentes, seguindo ou non os plans xerais de ordenación municipal aprobados. Neste contexto (que a crise económica conxela, pero non substitúe de cara ao futuro), os parques naturais e as outras áreas protexidas poderían ser o «santuario» a salvo desa dinámica expansiva. Con todo, este «efecto santuario» é escaso por cando menos tres razóns:

a) A laxa protección do 12% do territorio —a maior parte do cal está baixo a figura máis frouxa da Lei de Conservación da Natureza— impide falar dunha protección de feito, como debese ser, senón máis ben dunha mera designación de dereito, con limitadas consecuencias prácticas, na disxuntiva formulada por Mallarach e Comas (2008) para Cataluña.

b) Nas áreas protexidas prodúcense múltiples agresións, e mesmo a Lei 2/2010 (enésima modificación da de urbanismo) permite varias actividades nos espazos protexidos. Isto responde á «urbanización sen fronteiras» ou ao «acoso urbanístico aos espazos naturais protexidos», fenómenos explicados por Delgado (2008).

c) En xeral, as áreas protexidas representan unha proporción pequena do territorio galego. Isto non permite comprobar o seu impacto real en termos de ordenación. De feito, Galiza é actualmente a comunidade autónoma coa menor porcentaxe de espazos protexidos en España. *Valerià Paül, Xosé M. Santos, Miguel Pazos son profesores de Xeografía e Ordenación do Territorio na Universidade de Santiago de Compostela.

NOTAS

1 Esta contribución constitúe unha síntese intencionada de Paül, Santos e Pazos (2015), artigo publicado en inglés.

Alén dos dous xa mencionados, Baixa Limia-Serra do Xurés (declarado en 1992, o único parque natural que se pode considerar congruente co modelo francés de parcs naturels régionaux polas súas dimensións e pola presenza de poboación na área protexida), Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán (1992), O Invernadeiro (1997) e Fragas do Eume (1997). 2

3 A pesar de que nos últimos anos se prodigou o nome «Macizo Central» (denominación tecnocrática do LIC, agora ZEC), seméllanos máis pertinente a denominación das serras (Queixa e San Mamede), dada a imprecisión de referirse á provincia de Ourense e, doutra banda, a súa actual formulación exclúe o LIC/ZEC do Bidueiral de Montederramo.

Na Galiza, hai hoxe seis Reservas da Biosfera, máis que en Suecia (cinco) ou o Reino Unido (cinco), ou case a metade das designadas en Francia (13). Está claro que existe un interese para a multiplicación destas figuras. 4

BIBLIOGRAFÍA

Delgado, C. (2008): «Urbanización sin fronteras. El acoso urbanístico a los espacios naturales protegidos», Boletín de la AGE, 47:271-310.

García Álvarez, J. (2002): Territorio y nacionalismo. La construcción geográfica de la identidad gallega (1860-1936). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.

Lois, R.C. (2009): «La geografía y el análisis territorial en España: argumentos para la reflexión», Boletín de la AGE, 50:7-42.

López Sández, M. (2008): Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio. Vigo: Galaxia.

Mallarach, J.M. (coord.) e Comas, E. (ed.) (2008): Protegits, de fet o de dret? Primera avaluació del sistema d’espais naturals protegits de Catalunya. Barcelona: Institució Catalana d’Història Natural.

Paül, V. e Labraña, S. (2013): «As paisaxes do mar galego. Unha liña interpretativa crítica», Sémata, 25:29-62.

Paül, V.; Santos, X.M. e Pazos, M. (2015): «The Ambiguous Geographies of Protected Areas in Galicia», Ambiente y Desarrollo, 19(36):61-77.

Santos, X.M. (coord.) (2005): Galicia en cartel. A imaxe de Galicia na cartelaría turística. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.

cerna nº 74 · 2015 · 36


LITORAL www.adega.gal/revistacerna MONTES

MONTES SOSTÍBEIS

UN ANO DE “COUSAS DE RAÍCES” Cerna/Redacción

Tras un ano desde o impulso da campaña “Cousa de Raíces” na defensa do bosque galego, o número de asociacións, colectivos, plataformas, centros de investigación, comunidades de montes, empresas e particulares que se uniron a esta iniciativa, posta en marcha por ADEGA, non deixou de medrar. Actualmente participan dela máis de 50 entidades. O alcance da campaña, como así estaba previsto, vén marcado pola proposta de accións e colaboracións establecidas entre os seus membros, que procuran defender o bosque autóctono galego desde varios eidos con carácter reivindicativo, divulgativo ou educativo e de intercambio de coñecementos. Neste artigo, presentamos un breve resumo dos avances que se teñen dado durante este ano no marco da campaña “Cousa de Raíces”. En xuño de 2014 presentábase na Eira da Xoana a campaña “Cousa de Raíces”, co ánimo de sumar todas as vontades, esforzos e iniciativas existentes no país destinadas a defender o bosque galego, ben sexa como recurso económico, ambiental, paisaxístico, cultural ou, mesmo, identitario. O daquela vogal de Medio Rural de ADEGA, Xabier Bruña, presentaba así esta iniciativa: “As raíces soterradas ocultas baixo a terra representan o piar fundamental do que é a nosa sociedade e do que será. É cousa de raíces que entre todas e todos camiñemos cara a un mesmo obxectivo: a preservación do noso bosque”.

Por tanto, o obxectivo fundamental de “Cousa de Raíces” é reclamar un cambio de políticas no eido ambiental, de ordenación do territorio e forestal que, non só eviten este decrecemento continuado do bosque galego, senón que poñan freo ao avance irracional e desmedido do cultivo de especies foráneas que desprazan as propias e que mudan por completo a funcionalidade dos ecosistemas, favorecendo os incendios forestais e asentando a dinámica do éxodo rural. A ACCIÓN REIVINDICATIVA E DE DENUNCIA

Defender o bosque galego é “cousa” de toda a sociedade, porque todos os axentes sociais somos xestores do territorio, incluído o forestal. No entanto, as Administracións públicas teñen unha obriga moral e legal de velar polo interese de toda a sociedade, especialmente a autonómica e a local, por seren as que teñen competencias na xestión da ordenación territorial e forestal de Galiza e dos municipios galegos. “Cousa de Raí-

Belén Rodríguez

Non é esta a primeira campaña social que se desenvolve en Galiza co gallo de defender o bosque autóctono; de feito, nos últimos 25 anos, diversos colectivos trataron de camiñar cara esta dirección e, mesmo, se presentou unha Iniciativa lexislativa popular no Parlamento galego que buscaba un cambio de rumbo na política forestal do país, pero non obtivo os apoios suficientes no Parlamento. O certo é que, pese a todas estas loábeis iniciativas, os datos do Inventario Forestal Nacional (o último, publicado en 2009) seguen a indicarnos que as masas arbóreas de bosque atlántico seguen en regresión en Galiza e que a día de hoxe xa ocupan por baixo do 30% de toda a superficie forestal arborada. O resto estaría ocupado por plantacións en monocultivo ou masas mixtas de especies pirófitas e foráneas, principalmente de eucalipto e piñeiro, nas súas di-

versas variedades (unhas 400.000 ha –o 30% da superficie arborada de Galiza- contan coa presenza do eucalipto). Tamén os datos oficiais, solicitados á Consellaría de Medio Rural, nos indican que nos anos máis recentes aumentaron as denuncias por cambios de uso de parcelas ou repoboacións forestais prohibidas pola normativa vixente.

Representantes de varios colectivos integrantes da campaña “Cousa de Raíces” no día do seu lanzamento na Eira da Xoana.

cerna nº 74 ·cerna 2015 · 37nº 73 ·


"Cousa de Raíces" tamén se ten manifestado en contra de feitos concretos que se teñen artellado pola Administración pública durante este último ano e que prexudican a biodiversidade propia. Un destes exemplos foi a reforma do Decreto galego de árbores senlleiras que no novo texto elimina o réxime de protección preventiva das árbores e formacións senlleiras en tramitación e rebaixa os criterios de protección, agora á discreción das xefaturas provinciais do territorio. Outro feito que alentou unha oposición clara por parte de “Cousa de Raíces” foi a autorización por parte da Xunta dunha fumigación masiva de eucaliptos contra a praga do gorgullo, con produtos químicos tóxicos e contaminantes en eucaliptais da Coruña, Pontevedra, O Ribeiro e A Mariña.

Ao mesmo tempo, esta campaña fíxose eco doutros movementos sociais, ecoloxistas ou veciñais que defenden con ímpeto a protección de bosques inminentemente ameazados por actividades industriais ou gobernamentais. O bosque ameazado de Fragas Vellas (Catasós, Lalín) por mor do paso dunha liña de alta tensión de Fenosa; o ameneiral de Sarria, afectado polo proxecto de encanamento do río que atravesa a vila ou a Fraga de Menáncaro de Ferrol, rescatada recentemente dun proxecto urbanístico especulativo, recibiron o apoio de “Cousa de Raíces”.

Plantación ilegal de eucaliptos sobre un antigo bosque atlántico na Zona de Especial Conservación e Lugar de Interese Comunitario Xubia-Castro, espazo de Rede Natura 2000. ADEGA

Neste senso, a campaña “Cousa de Raíces” xa ten tramitado desde o seu lanzamento máis de 50 denuncias por plantacións ilegais, nomeadamente do xénero Eucaliptus, perante a Consellaría de Medio Rural, que incumpren o disposto pola Lei de Montes de 2012. Desde ese ano, segundo datos oficiais recadados na campaña, as denuncias por plantacións ilegais e cambios de uso aumentaron nun 274%! Este feixe de plantacións ilegais espalladas por todo o país afectan, na súa maioría a cambios de uso ou actividades do solo, repoboacións con eucalipto onde antes había especies frondosas, plantacións de pirófitas en terreos agrarios ou incumprimentos nas distancias das plantacións. Incluso foron denunciados casos de plantacións ilegais que afectaron a espazos protexidos de Rede Natura, como o da ZEC Canón do Sil ou o do LIC Xubia-Castro.

“Cousa de Raíces” promove accións de educación ambiental para cativos e maiores. Na foto, plantación de árbores autóctonas na Eira da Xoana. X. Salvadores

ces” pretende, por tanto, exercer a presión política e pública necesaria para instar ás distintas administración a cumprir a normativa vixente en materia de protección ambiental, prevención contra os lumes ou plantacións forestais, entre outras.

www.adega.gal/revistacerna BIODIVERSIDADE ADEGA

MONTES SOSTÍBEIS

A ACCIÓN DIVULGATIVA

Outra das intencións da campaña “Cousa de Raíces” é a de funcionar como canle divulgativa das accións, experiencias ou movementos que se desenvolvan no país cara á conservación do bosque galego. A este respecto, creouse a plataforma web “cousaderaices.wordpress.com” para, dunha banda, recoller nunha soa canle todas estas iniciativas promovidas por entidades, colectivos, empresas, centros de investigación e/ou universidades que estean a traballar a prol do bosque galego, e, por outra, para facilitar o contacto entre todos os membros deste movemento e favorecer a partilla e intercambio de coñecementos, ideas e accións.

O web tan só é un medio informativo dos feitos e accións que se desenvolven dentro, e tamén fóra, da campaña e que constitúen un valor engadido para a causa; mais, son os feitos e as accións as que realmente reclaman a reacción e participación social na reivindicación dos nosos bosques. Accións de voluntariado como a plantación de árbores autóctonas, eliminación de especies invasoras; realización de roteiros divulgativos que axudan a coñecer os diferentes tipos de bosques; exposicións ou mostras sobre exemplares arbóreos ou formacións senlleiras; xornadas de formación, debate ou divulgación arredor dos impactos do eucalipto, da alternativas sostíbeis do monte, dos produtos do bosque, etc.; ou publicacións de libros ou cadernos de interese sobre o noso patrimonio forestal son algunhas das iniciativas propostas e/ou apoiadas pola campaña “Cousa de Raíces” co gallo de satisfacer a necesidade urxente de poñer en valor o bosque galego e facer á cidadanía partícipe da súa dignificación a todos os niveis: ambiental, económico, social, cultural, paisaxístico, etc.

cerna nº 74 · 2015 · 38

A campaña tamén promove a realización de xornadas e charlas divulgativas e formativas sobre os valores e produtos dos nosos bosques.

Con este mesmo propósito, involucrar a sociedade galega na protección das nosas masas arbóreas e facer visíbel a súa participación na causa, “Cousa de Raíces” tamén impulsou a edición de certos materiais. Baixo a coordinación de ADEGA, elaborouse un “kit de denuncia” no que se recollen as principais referencias normativas da Lei de Montes de Galiza que se adoitan incumprir na actualidade, así como un modelo de denuncia para que poida ser presentado ante as autoridades competentes por particulares ou colectivos que sexan coñecedores dunha infracción, ilegalidade ou atentado que se teña cometido contra o bosque galego e a súa biodiversidade. Esta ferramenta de apoio é moi útil, sobre todo, para aquelas persoas que non están afeitas a moverse no ámbito da acción administrativa e que queren apelar ao cumprimento da lexislación en materia do ordenamento territorial ou forestal.

Doutra banda, e con motivo do Día da Biodiversidade 2015, “Cousa de Raíces” elaborou a publicación “Experiencias sostíbeis no monte galego”


LITORAL www.adega.gal/revistacerna

A ACCIÓN CONXUNTA

Os obxectivos de “Cousa de Raíces” serían máis difíciles de acadar se non se dispuxese da acción conxunta de todos os membros da campaña. O feito de contar coa participación duns 50 colectivos e entidades de diferentes ámbitos ligados á conservación, produción ou investigación do bosque galego favorece: o establecemento de lazos de cooperación antes inexplorados; a introdución ao debate e á reflexión de diferentes perspectivas sobre todos os aspectos relativos á floresta galega e ás súas ameazas; o coñecemento simultáneo das novidades científicas, lexislativas, xurídicas ou empresariais que se estean a producir neste terreo; e mesmo, o alcance da difusión pública da propia campaña e dos seus obxectivos.

reivindicación e posta en valor do bosque galego e a denuncia das súas ameazas.

“Cousa de Raíces” apela á unión de esforzos e ao artellamento de novas vías de colaboración entre os diferentes axentes sociais do territorio galego que fagan forza contra as posicións indiferentes, contrarias ou discriminatorias cos nosos bosques e, por conseguinte, coa fertilidade do noso solo, coa nosa biodiversidade, cos produtos do noso monte, coa nosa paisaxe ou coa nosa identidade. Web de “Cousa de Raíces”: cousaderaices.wordpress.com Contacto: cousaderaices@adega.gal

ADEGA

na que se recollen un total de 23 iniciativas produtivas ou proteccionistas que se están a desenvolver con éxito en Galiza e que foxen das plantacións de monocultivo ou tratan de frear o éxodo rural. Son proxectos baseados na aposta polas especies forestais propias, na diversificación de producións, na recuperación de terras de cultivo ou razas galegas, no aproveitamento dos froitos do bosque, etc. Os seus promotores son familias, comunidades de montes, particulares, empresas, sociedades ou entidades sen ánimo de lucro que se constitúen en exemplos a seguir na busca dun rural e dun monte sustentábel.

MONTES SOSTÍBEIS

Este carácter integrador e integral da campaña “Cousa de Raíces” non ten previsto pechar a porta a novas incorporacións que pretendan ligar a súa acción divulgativa, reivindicativa, formativa, produtiva, de custodia, etc., do bosque galego á unha acción máis sinérxica e colectiva. “Cousa de Raíces” defínese como unha campaña aberta e proactiva tamén na súa folla de ruta, determinada pola vontade de cada un dos seus membros e sen máis guión preestablecido que a INTEGRANTES DE COUSA DE RAÍCES

Capa da publicación “Experiencias sostíbeis no monte galego”, editado para o Día da Biodiversidade 2015.

Daniel Piñeiro

ADEGA, ADENCO, AGA, A ZARROTA, ALIBÓS, ARTEU, AFG, ASOPORCEL, AGCT, ASOC. PATRIMONIO CASTROVERDE, BANDULLO ECOLÓXICO, BÉTULA, CARBALLO VIVO, CASTIÑEIRO E NOGUEIRA, CDR ANCARES, CENTRO INVESTIGACIÓN LOURIZÁN, CHAO DE CASTRO-ALTAIR, COLECTIVO TERRA, COVA DA TERRA, CULTURA DO PAÍS, CVMC DE LOUSAME, CVMC SOBREIRAS DO FARO, CYCLOWOOD, EIRA DA XOANA, ENARBORAR O BOSQUE, A ESTRUGA, FACTORÍA DE IDEAS, FEG, FORO DO CAMIÑO, FRAGAS DO MANDEO, FROUMA FORESTAL, FRUGA, GRUPO HÁBITAT, HIFAS DA TERRA, QUERCUS SONORA, MARIÑAPATRIMONIO, MILHULLOA, NATURVIVA, ORGACCMM, OVICA, PETÓN DO LOBO, PLATAFORMA SARRIANA POLO RÍO, ESC. POLITÉCNICA DE LUGO, POSADA MARRÓN GLAÇE, PROXECTO MONTENOSO, PROXECTO NEO, RIDIMOAS, RÍOS CON VIDA, SGO, SOBREIRAS DO ULLA, TESOUROS DE GALICIA, VERDEGAIA.

O 25 de xaneiro de 2015 tivo lugar un roteiro multitudinario ás Fragas Vellas-Catasós de Lalín, na defensa deste espazo fronte o paso dunha liña eléctrica de alta tensión.

cerna nº 74 · 2015 · 39


LITORAL EDUCACIÓN AMBIENTAL MONTES

PROXECTO RÍOS, DEZ ANOS UNINDO RÍOS E PERSOAS

www.adega.gal/revistacerna

Virxinia Rodríguez, Paco Bañobre e Ramsés Pérez*

Ramsés Pérez

En 2004 o Proxecto Ríos, coordinado en Galiza por ADEGA, comeza a súa andaina coa firme intención de divulgar a situación ambiental dos cursos fluviais, contribuír a incrementar a concienciación ambiental a través da participación cidadá e achegar solucións aos problemas asociados á auga e aos ríos, así como converterse nun referente nos programas de educación e voluntariado ambiental. Logo de dez anos fluíndo, o proceso de implantación e de consolidación do Proxecto Ríos en Galiza non puido ser máis positivo. Durante este período, o interese dos grupos de voluntariado ambiental, base do Proxecto Ríos, por participar e formar parte desta rede ten sido progresivo e constante.

A Limpeza simúltanea de ríos ten levado a milleiros de persoas e colectivos de toda Galiza a retirar toneladas de lixo dos nosos cursos fluviais.

AS FONTES DO PROXECTO RÍOS

No ano 2000, ao abeiro da normativa eléctrica, proliferaron en Galiza as intencións de poñer os nosos ríos ao servizo da produción de electricidade. Constituíu o maior atentado para os ecosistemas fluviais e representou a definitiva sentenza para a vida dos nosos ríos. ADEGA fixo un importante esforzo para dar a coñecer á poboación en xeral este atentado contra o noso medio natural e impulsou, xunto con outros colectivos sociais, a Iniciativa Lexislativa Popular en Defensa dos Ríos, que supuxo a recollida de 40.000 sinaturas validadas diante do Parlamento, conquerindo a aprobación dunha lei de protección fluvial.

O Proxecto Ríos xorde en Catalunya no ano 1997 da man da Associació Hàbitats, e foi en 2004 cando ADEGA comezou a promover esta iniciativa de educación e voluntariado ambiental en Galiza, mediante a colaboración da Fundació Territori i Paisatge. Na actualidade o proxecto conta co financiamento de Augas de Galicia e con colaboracións da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Ao longo destes anos, o Proxecto Ríos ten aumentado o seu caudal a través de programas específicos entre os que destacan os Campos de voluntariado ambiental do río Tea, centrados na eliminación de especies exóticas invasoras, a creación da Rede de cus-

cerna nº 74 73 · 2015 · 40

todia fluvial Ulla Umia Lérez ou as Limpezas simultáneas de ríos, onde a custodia fluvial é a ferramenta central.

PERO QUE É O PROXECTO RÍOS?

O Proxecto Ríos é un programa de educación e voluntariado ambiental que basea o seu labor en tres piares fundamentais: a importancia da educación ambiental para dar a coñecer os ecosistemas acuáticos e promover comportamentos que redunden na súa conservación; a constancia do traballo co voluntariado ambiental que se fai responsábel dun treito de río; e o fomento da participación cidadá como ferramenta fundamental que permita camiñar cara a unha sociedade máis sensibilizada e capacitada para emprender accións de protección e mellora destes ecosistemas.

A participación no Proxecto Ríos, tanto a nivel particular como de diferentes entidades, concrétase na realización de dúas inspeccións anuais de río, unha na primavera e outra no outono. As inspeccións consisten na análise das características biolóxicas, físico-químicas, hidromorfolóxicas e patrimoniais dos ecosistemas fluviais, empregando os materiais proporcionados de forma gratuíta polo Proxecto Ríos. Cos datos


EDUCACIÓN BIODIVERSIDADE AMBIENTAL

obtidos elabórase anualmente o Informe do estado de saúde dos ríos galegos.

O voluntariado ambiental do Proxecto Ríos é a peza fundamental desta iniciativa. Sen o seu labor, o proxecto non tería acadado a actual repercusión e, grazas á súa participación, teñen aumentado e diversificado as propostas e accións desenvolvidas nos ecosistemas fluviais.

Ramsés Pérez

www.adega.gal/revistacerna

O voluntariado participante conta cun material específico para o desenvolvemento das actividades de inspección de río. O material gratuíto para os grupos consta de fichas de identificación de flora e fauna, manual de inspección básica de río e reactivos químicos para a análise da calidade da auga.

DEZ ANOS DE INFORMES ANUAIS

Un dos compromisos que adquire o voluntariado á hora de participar no Proxecto Ríos é o de enviar os resultados das súas inspeccións á coordinación do proxecto. Con estes datos, desde o Proxecto Ríos, realízase un tratamento estatístico para concluír cal é o estado xeral dos ríos estudados polo voluntariado participante. Este traballo ten, por unha banda, o obxectivo de poñer en valor as actividades de inspección que realiza o voluntariado e, por outra, informar a sociedade do estado de saúde ou da calidade dos nosos ecosistemas fluviais.

Formar, atender e coidar as persoas que queren custodiar os ríos é unha das misións do Proxecto Ríos.

Ramsés Pérez

Ademais, editáronse tres cartaces sobre diferentes aspectos dos ecosistemas fluviais: Biodiversidade, Macroinvertebrados e Zonificación legal dos ríos.

Como resumo dos informes realizados até o de agora, podemos dicir en xeral que os ríos inspeccionados están ben no seu nacemento e van empeorando a medida que pasan por entidades de poboación. Aínda así, e despois de dez anos de informes, concluímos que os ríos teñen mellorado en canto á súa calidade da auga e teñen empeorado en canto á situación do bosque de ribeira. FORMACIÓN

A formación do voluntariado ambiental que participa no Proxecto Ríos é unha prioridade xa que as persoas que van saír ao río deben estar capacitadas para desenvolver a súa tarefa. Por este motivo, o voluntariado participante recibe unha formación xeral sobre o Proxecto Ríos, así como unha formación específica sobre outras cuestións que atinxen directamente ao seu traballo no río. Tentamos que todas as persoas que se suman á iniciativa asistan a algunha das propostas formativas, ben sexa participando nos cursos de formación ou mediante as saídas formativas.

Anualmente realízanse dous cursos de formación coincidindo cada un deles co inicio da campaña de primavera e de outono. Desenvólvense ao longo dun día, dedicando parte da sesión da mañá a cuestións xerais do proxecto (presentación de novos materiais, actividades en marcha, etc.), así como a traballar temáticas máis específicas demandadas polos participantes. A sesión da tarde céntrase no recoñecemento de macroinvertebrados, especies bioindicadoras fundamentais para o desenvolvemento do Proxecto Ríos.

A formación é unha peza clave dentro do Proxecto Ríos. Ramsés Pérez

Os cursos de formación son os espazos nos que se pretende capacitar aos participantes do Proxecto Ríos na metodoloxía do proxecto para levar adiante o seu traballo dun xeito sinxelo. Por outra banda, cumpren a función de intercambio de experiencias e de coñecemento entre o persoal técnico do Proxecto Ríos e os participantes, así como do voluntariado ambiental entre si.

SAÍDAS FORMATIVAS

As saídas formativas son sesións de traballo teórico-práctico que se desenvolven a pé de río con aqueles grupos que non puideron asistir aos

A eliminación de flora exótica invasora con voluntariado ambiental ten como finalidade a restauración fluvial.

cerna nº 74 · 2015 · 41


Ramsés Pérez

LITORAL EDUCACIÓN AMBIENTAL

www.adega.gal/revistacerna

fluvial nas bacías Ulla Umia Lérez” e en 2014 do Manual de custodia fluvial. A primeira trata da creación dunha rede de custodia fluvial, proceso e resultados, e amosa tamén as actuacións realizadas polas distintas entidades locais participantes da iniciativa. A segunda é unha guía práctica para todas aquelas entidades que desexen poñer en marcha unha iniciativa neste ámbito. Neste manual, repásanse algunhas das cuestións ligadas á participación cidadá nos ecosistemas fluviais e propóñense diversas estratexias de estudo, conservación ou restauración. A súa elaboración foi unha demanda do voluntariado ambiental do Proxecto Ríos, na que participaron os grupos máis activos.

LIMPEZA DE RÍOS

Ramsés Pérez

Máis de dez anos realizando o Roteirríos, “unindo ríos e persoas”.

A crecente sensibilización da cidadanía fronte á degradación ambiental ten levado a moitas persoas e entidades a organizar limpezas de río. Malia que xa case ninguén contempla o río como un vertedoiro, aínda queda moito lixo neles. En ocasións, os refugallos presentes no río non representan un perigo para o ecosistema, pero si supoñen un impacto visual negativo (papeis, plásticos, madeiras, etc). Noutras ocasións, os materiais depositados poden supoñer unha fonte de contaminación debido ás substancias que as compoñen (pilas, aceites de coche, baterías, produtos fitosanitarios, etc.), ou ben porque poden provocar alteracións en certos organismos. Proxecto Ríos vén organizando desde o ano 2007 unha limpeza simultánea de ríos anual, coa pretensión, non tanto de retirar moitas toneladas de lixo (que tamén), como de divulgar a necesidade de realizar unha limpeza ecolóxica. Nesta actividade participan activamente distintas entidades sociais locais como asociacións e concellos, sendo o Proxecto Ríos o nexo común da iniciativa. CONCLUSIÓN

Máis de 300 grupos participan na actualidade en Proxecto Ríos.

cursos de formación ou que, aínda que o fixeron, demandan unha formación máis personalizada. As saídas formativas adóitanse facer cun ou varios grupos dunha mesma bacía. Nelas realízase unha inspección guiada por unha educadora ambiental do Proxecto Ríos, seguindo o manual e resolvendo aquelas dúbidas que poidan aparecer sobre a metodoloxía de inspección e o seu desenvolvemento. A CUSTODIA FLUVIAL

A custodia do territorio, e nomeadamente a custodia fluvial, é unha estratexia de conservación que comeza a implantarse en Galiza. É un instrumento que implica a participación de moitos actores da sociedade civil organizada (propietarios de terreos, cidadanía en xeral e tamén empresas privadas). Proxecto Ríos impulsou e colaborou nos últimos anos en diversas iniciativas de custodia fluvial. Os Campos de voluntariado ambiental do Tea, a creación da Rede de custodia fluvial Ulla Umia Lérez ou as Limpezas simultáneas de río son un bo exemplo de iniciativas de custodia fluvial.

Ligados a estes proxectos e outras iniciativas editáronse diferentes materiais entre os que destacan a publicación en 2013 do caderno “Custodia

cerna nº 74 · 2015 · 42

Proxecto Ríos consolídase como unha das experiencias de voluntariado ambiental de ámbito galego con máis implantación na sociedade. A traxectoria destes dez anos confirma a vontade das galegas e galegos de participar en iniciativas de carácter ambiental cando se lles ofrece a oportunidade. A resposta non puido ser máis positiva en canto ao número das persoas participantes e á calidade do seu traballo. A participación no Proxecto Ríos ten aumentado constantemente ao longo destes dez anos, chegando até os 317 grupos, o que supón máis de 3.000 persoas comprometidas co estudo e conservación dos nosos ríos. Ademais, a participación nas diferentes actividades propostas desde a coordinación do proxecto, como os roteirríos, campos de voluntariado, encontros de voluntariado, conversarríos, etc. ten sido moi intensa por parte da cidadanía, cubríndose en todos os casos as prazas ofertadas.

Proxecto Ríos ten sido un referente nestes anos en todo aquilo vinculado á participación cidadá e aos ecosistemas fluviais, tanto dentro como fóra de Galiza, polo que cumpriu o seu obxectivo de achegar a milleiros de cidadás aos nosos ríos e amosarlles os seus valores e problemáticas.

Unha vez cuberta esta primeira premisa, entendemos que, alén de seguir con esta tarefa ante novos actores, toca nos vindeiros anos compaxinar este labor co de poñer en marcha proxectos de divulgación e conservación, ben desde o Proxecto Ríos, ben en colaboración con outras entidades.

*Virxinia Rodríguez é presidenta de ADEGA e coordinadora do Proxecto Ríos desde o seu comezo. Paco Bañobre e Ramsés Pérez son educadores ambientais de ADEGA e de Proxecto Ríos. Web: www.proxectorios.org


LITORAL www.adega.gal/revistacerna MONTES

ESPECIES EN PERIGO

O MAZARICO REAL, ESPECIE AMEAZADA DA FAUNA GALEGA

Jesús Domínguez e María Vidal*

Jesús Domínguez

As limícolas son un grupo de aves, tradicionalmente incluídas na suborde Charadrii (Orde Charadriiformes), maioritariamente caracterizadas pola súa dependencia de humedais, tanto litorais como continentais, e por unha dieta baseada no consumo de invertebrados. A Península Ibérica presenta para este grupo zoolóxico un notable interese bioxeográfico, xa que son varias as especies con poboacións peninsulares de tamaño reducido situadas no límite meridional das súas áreas de reprodución. É o caso, por exemplo, da gabita (Haematopus ostralegus), da becacina (Gallinago gallinago) e do mazarico real (Numenius arquata).

Exemplar adulto de mazarico real.

cerna nº 74 · 2015 · 43


ESPECIES EN PERIGO Jesús Domínguez

www.adega.gal/revistacerna

Hábitat de cría do mazarico real.

O mazarico real é unha das limícolas máis grandes do Paleártico occidental, cunha lonxitude de 50-60 cm e unha envergadura de 80-100 cm. É unha especie de doada identificación, pola presenza dun pico curvado característico, sendo o da femia sensiblemente maior co do macho. Os efectivos reprodutores localízanse maioritariamente en países do centro e norte de Europa, principalmente en Gran Bretaña e Finlandia, diminuíndo as cifras cara a latitudes meridionais europeas. Estes efectivos extraibéricos son os que nutren en outono e inverno os humedais da costa atlántica ibérica, cunha poboación media de 4.148 invernantes no litoral español1 e 2.280 no portugués2.

A poboación nidificante ibérica é antiga, con presenza referida a Galicia e Asturias. No caso galego hai mencións desde principios do século XX, mentres que en Asturias foi nidificante regular até finais da década de 1970. En Galicia coñécense dous núcleos de nidificación principais, un situado na comarca da Limia (Ourense), ao carón da antiga lagoa de Antela, desecada a principios da década de 1960, e outro na Terra Chá (Lugo). Hai ademais publicado un episodio de cría, aparentemente ocasional, que aconteceu na illa de Arousa (Pontevedra) en 1988.

No caso do núcleo limiao hai información de cría continuada durante o período 1930-19603, cunha derradeira mención de reprodución no ano 19834. Aínda que a información dispoñible é limitada3, probablemente este núcleo xa existiu en décadas anteriores e foi cuantitativamente importante. Na comarca de Terra Chá parece probable que o mazarico fose un reprodutor habitual ao longo do século XX, aínda que as mencións de posibles intentos de reprodución abranguen entre 1960 e 1980. Desde o comezo da década de 1990 publícanse observacións de cría nos concellos de Cospeito e Castro de Rei, pero desde 2007 a poboación nidificante está localizada nunha pequena área de Castro de Rei.

A diminución de efectivos, a contracción da área de distribución e o tamaño actual da poboación levou á inclusión da poboación nidificante

cerna nº 74 · 2015 · 44

española na categoría de “En Perigo de Extinción” no Catálogo Español de Especies Ameazadas (Real Decreto 139/2011, do 4 de febreiro) e na mesma categoría no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (Decreto 88/2007, do 19 de abril).

SITUACIÓN ACTUAL DO MAZARICO

A poboación española e ibérica de mazarico real está restrinxida na actualidade a unha pequena zona de reprodución localizada no concello de Castro de Rei, como xa sinalamos.

Os territorios das parellas nidificantes sitúanse nunha parcela ocupada maioritariamente por breixos e uceiras de pouca altura, rodeada por prados, campos de cultivo e pequenos bosquetes5. Este terreo, de propiedade estatal, abarca unha extensión dunhas 300 ha, e nel predomina o mato de baixo porte (< 30 cm) de Erica sp. e Calluna sp., que alterna con zonas de Ulex de 1-1,5 m de altura. Na tipoloxía CORINE, esta zona defínese como de landas e matos temperadooceánicos. Atópanse tamén algunhas depresións ocupadas por turbeiras, que son empregadas por adultos e polos a medida que progresa a primavera. As características de altura e cobertura do mato son cambiantes, debido fundamentalmente a esporádicos incendios e roces. En anos pasados esta parcela de landa e mato caracterizouse por presentar un uso humano moi escaso no período de presenza de niños e polos.

A poboación de mazarico compórtase en Terra Chá como estacional, chegando os exemplares reprodutores habitualmente ao longo de marzo e permanecendo aquí até finais de xuño ou xullo. Esta especie é ademais altamente filopátrica, o que implica que os exemplares volven criar ano tras ano á mesma zona. Tras a reprodución, os adultos e xuvenís abandonan a Terra Chá, desprazándose probablemente ao litoral galego ou portugués, aínda que non se coñecen até o momento as localidades costeiras empregadas durante os meses de outono e inverno.


ESPECIES EN PERIGO

María Vidal

www.adega.gal/revistacerna

Jesús Domínguez

Á esquerda, prados de sega habitualmente empregados para a procura de alimento por adultos e polos. Á dereita, cultivo de millo en susbtitución de prados: as familias de mazaricos perden a súa fonte de alimento e vense afectadas polos herbicidas.

Á esquerda, niño de mazarico real con polos recentemente nacidos. Á dereita, antiga zona de reprodución no concello de Cospeito degradada pola plantación de piñeiros.

Nos derradeiros anos a poboación reprodutora oscilou entre 3 e 5 parellas, podendo considerarse estable. As familias nacidas na zona de landa e mato frecuentemente desprázanse a prados adxacentes, onde buscan alimento e onde os polos poden completar o seu crecemento antes de voar. A produtividade media anual foi de 0,25 ± 0,16 polos voados por parella, similar a doutras poboacións europeas, sendo frecuentes os episodios de depredación de niños e polos. PRINCIPAIS AMEAZAS

A principal ameaza sobre esta poboación probablemente se relacione coa destrución e alteración de hábitat de nidificación e procura de alimento. Nas últimas décadas produciuse na Terra Chá unha diminución das áreas de mato, en beneficio de repoboacións forestais6 feitas con piñeiro ou, máis recentemente, con eucalipto. Estas repoboacións supuxeron a perda no concello de Cospeito de zonas tradicionais de cría desta limícola. Xunto a isto, a transformación de prados de sega en cultivos, fundamentalmente de millo, supón tamén unha ameaza para as posibilidades de desprazamento das familias con polos en fase de crecemento.

A supervivencia da poboación nidificante de mazarico depende criticamente do mantemento da parcela de landa e mato onde se asentan as parellas reprodutoras. Até o de agora, esta parcela viuse beneficiada por ser de propiedade estatal, estar libre de repoboacións forestais e presentar un uso humano moi reducido durante o período reprodutivo. É imprescindible que estas características se manteñan para que a capacidade de acollida do hábitat non diminúa.

Outros factores de ameaza potenciais relaciónanse con posibles incendios na zona de mato durante a primavera, a contaminación ligada ao emprego de herbicidas nos prados e ao pequeno tamaño desta poboación, que implica a existencia de factores de risco asociados como

aleatoriedade demográfica, cambios no sex-ratio ou dificultade para formar parella.

A precariedade desta poboación urxe a promulgación do decreto que aprobe o Plan de recuperación do mazarico real en Galicia, no que se recolla o conxunto de medidas de xestión da especie e do hábitat imprescindible para asegurar a súa conservación. Posiblemente non quede moito tempo. En xogo están os últimos nidificantes da Península Ibérica.

Bibliografía

1. González, R. & Pérez-Aranda, D. 2011. Las aves acuáticas en España, 19802009. SEO/BirdLife. Madrid. 2. Catry, P., Costa, H., Elias, G. & Matías, R. 2010. Aves de Portugal. Ornitología do território continental. Assirio & Alvim. Lisboa.

3. Villarino, A., González, S. & Bárcena, F. 2002. Vertebrados da Limia. I. Aves: Gaviiformes a Piciformes. Limaia. Sandiás. 4. Domínguez, J., Bárcena, F., Souza, J. A. & Villarino, A. 1987. Breeding waders in Galicia, north-west Spain. WSG Bulletin, 50: 28-29.

5. Domínguez, J. & Vidal, M. 2009. Zarapito real. En D. Palomino & B. Molina (Eds.): Aves acuáticas reproductoras. Población en 2007 y método de censo, pp. 130-141. SEO/BirdLife. Madrid.

6. Corbelle, E. & Crecente, R. 2008. Estudo da evolución da superficie agrícola na comarca da Terra Chá a partir de fotografía aérea histórica e mapas de usos, 1956-2004. Recursos Rurais,1 (4): 57-65.

* Jesús Domínguez e María Vidal son membros do Departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física, da Facultade de Bioloxía, da Universidade de Santiago de Compostela.

cerna nº 74 · 2015 · 45


LITORAL FAUNA MONTES

OS CORVOS, AS AVES MÁIS ESPELIDAS Moitas aves téñennos asombrado polas súas habilidades: unhas tecen niños primorosos, outras constrúen en lugares imposibles, hainas que simulan estar feridas para despistar aos depredadores..., pero entre todas destacan as que pertencen á familia dos córvidos, que teñen a sona de ser as máis intelixentes e con capacidade para resolver problemas cotiáns. Esta familia de oportunistas come de todo, desde os animais mortos en accidentes (e aínda quentes), a preas e, especialmente, moitas lamberetadas: lesmas, coscos, insectos e larvas, polo que podería ter moitos simpatizantes. Pero é que tamén come ovos, ras, froitos, e, sobre todo, graos. E aí está a súa perdición, xa que para as xentes que teñen a súa economía baseada nos cultivos, os córvidos perden toda simpatía e poden chegar a ser considerados como praga.

Xosé Salvadores

En canto á súa intelixencia e á resolución de novas situacións en función dos elementos dos que dispoñen, hai documentais sorprendentes que recollen como uns córvidos, nalgún afastado país, carretan no peteiro un froito parecido a unha noz, póusanse nun semáforo e, cando os autos paran, eles botan os froitos ao pé das rodas agardando a que ao volver circular os esmaguen; logo, en canto volven parar os vehículos, apañan o contido da casca.

En todos os lugares, os corvos son moi larpeiros das noces. Eu coñecín de moi novo os corvos e as súas artes en coller sen permiso as cousas alleas. Naturalmente, eles non poden saber, ou non o queren saber, que os froitos dalgunhas árbores son propiedade privada e, sendo moi cativo, chamábame a atención, indo de Lugo, que a miña avoa Bríxida en Arteixo dese palmas desde a galería para espantar os corvos que viñan pousar na nogueira que estaba na cima da horta e que lindaba co monte. Foi para min a primeira observación sobre a interacción entre a fauna salvaxe e os humanos.

En Viveiro, o ano pasado comentáronme que os corvos ían despois do recreo tirar noces ao cemento do patio do colexio desde o alto para que escachasen e así acceder de forma máis doada ao interior da casca. Lembrei os documentais e aínda así puxen en corentena o conto; pero este ano, no patio do instituto máis céntrico de Santiago, vin exactamente o mesmo comportamento nunha panda do corvo viaraz (Corvus corone). Está claro que as dúas tribos de corvos, sen teren contacto, chegaron á mesma conclusión de que o chan cementado dos patios de recreo dos centros de ensino é un casca-noces perfecto para non desaproveitar nada, á diferenza de tiralo sobre unha pena no medio do monte. Por certo, tal é a ansia de comer o froito que neses momentos reven as distancias que normalmente manteñen cos usuarios do recinto. Vendo esta manobra, imaxino que é perfectamente posible o que conta algunha xente dos corvos de que son quen de guindarlle pedras ás persoas que tentan achegarse aos seus niños. Co tempo seguiremos redescubrindo as capacidades destes lercháns que de seguro, moitas delas, os antergos coñecían.

Escena na que un corvo consegue escachar unha noz no patio de recreo do IES Rosalía de Castro de Compostela.

cerna nº 74 73 · 2015 · 46

contos do TÍO-VIVO

xes, cando non se escoita máis que o silencio e, de súpeto, chega o son familiar dos corvos: sabes que non estás só no mundo e iso reconforta.

X. Salvadores

Agás na pega marza, nos córvidos predomina a elegante cor negra. Parece que lle veu dun castigo de Apolo. O certo é que esta cor está relacionada, hoxe e aquí, co mal agoiro e a morte. Non foi sempre así. Pola súa condición, eran considerados mediadores entre a vida e o alén, foron símbolo espiritual e mesmo chegaron a deuses. Estiveron presentes na mitoloxía dos pobos do Norte, en Alaska, en Groenlandia: Odín, sempre acompañado dos seus inseparables corvos que lle ían con todos os contos; estaban moi ligados a Morrigan, a deusa celta das batallas; ou Bran, o corvo de Lug,… Xa máis recentemente, estes animais aparecen na obra e vida de Poe, do noso bardo Pondal, que quere ser coma os feros corvos do Xallas, ou de Castroviejo, que convivía cunha parella en liberdade á que coñecía á perfección e que respondía ás súas instrucións. Lembro que o poeta nacional Manuel María, e non quero mentir, dicía que gustaba dos corvos porque co seu croar humanizaban a paisaxe. Pola miña parte, téñome sentido acompañado, nas soidades das paisa-

www.adega.gal/revistacerna


FLORA

institut-klorane

CALÉNDULA

(Calendula officinalis) Marga Miguens

Existe a variedade cultivada e a salvaxe. Esta última está totalmente estendida polo territorio galego, xa que a caléndula produce moita cantidade de sementes, polo que ela mesma fai o seu labor de dispersión. Aló polo mes de maio comeza a medrar sen necesidade de ser sementada. Antano era coñecida tamén como “azafrán dos pobres” porque se utilizaba na cociña como colorante, debido a que as flores que ten, igualiñas que as da margarida, de cor amarelo ou laranxa, tinguen as comidas. Estas tamén son comestíbeis e, normalmente, utilízanse crúas en ensalada, dándolle ademais unha bonita cor.

A súa acción sobre o sistema reprodutor feminino tamén é de grande incidencia: provoca o menstruo retrasado, regulariza o ciclo, reduce as regras demasiado abundantes e os efectos colaterais da menstruación como dores abdominais, ansiedade, depresión, insomnio, etc. Unha cura de caléndula, iniciada unha semana antes da regra, axudará a superar o período sen dificultade.

Na horta agroecolóxica, a caléndula é unha planta protectora. Estimula o crecemento das coles e dos tomates e atrae insectos polinizadores moi beneficiosos pola grande cantidade de pole que teñen as súas flores.

Quizais, o único negativo que podemos atribuír á caléndula é que tamén segrega substancias que inhiben o crecemento doutras plantas, por iso ás veces se coñece co nome de “flor de morto”; pero a meirande parte das súas propiedades son “marabillas”. Manuel Lorenzo

Do latín calendulae, que quere dicir “ao longo dos meses”, provén o nome desta fermosa planta, a caléndula, dado o seu longo período de floración, que pode durar case todo o ano. É orixinaria de Exipto, pero chegou a Europa na época das cruzadas e comezou a cultivarse nos hortos e xardíns de conventos e mosteiros, até o punto de que nalgunhas rexións se lle chama “peido de frade”.

Trátase dunha planta anual, de 70 cm de altura, con follas alternas e simples, dunha cor verde clara. É moi resistente, soporta tanto as secas coma as xeadas, e temperaturas de até – 15 ºC. Como é moi resistente medra en todo tipo de solos, aínda que en veráns moi calorosos, terá necesidade de ser regada con frecuencia.

Na Idade Media, grandes figuras da Medicina, como Santa Hildegarda ou Alberto Magno, prescribían esta planta para enfermidades do intestino e do fígado e tamén para curar picadas de insectos e serpes. No século XI, Mattioli recomendábaa para a cura de doenzas oculares.

Hoxe en día, é recoñecido o seu efecto positivo sobre o fígado e a vesícula biliar e está demostrado cientificamente que a caléndula soluciona algunhas deficiencias hepáticas.

Manuel Lorenzo

Case sempre é tratada como unha planta ornamental polas súas vistosas flores, pero posúe outras múltiples propiedades polas substancias que a compoñen. A máis destacábel é a calendulina, un aceite esencial que lle confire tantas propiedades medicinais que a planta se bautizou co nome de “marabilla”. A parte que contén máis calendulina son as flores, as que hai que recoller cando están ben abertas e sen humidade para poder utilizalas con fins terapéuticos.

É unha das plantas que máis destaca como cicatrizante. En uso externo, podemos empregala sobre feridas, chagas, eccemas, contusións, calos, verrugas, úlceras, inflamacións cutáneas e, a modo de colirio, en caso de conxuntivite. En uso interno, cicatriza as úlceras de estómago e de duodeno, e resulta efectiva en casos de gastrite e gastroenterite. O seu efecto terapéutico parece máis evidente cando se lle asocia coa estruga.

Recentemente, atribuíronselle efectos “anticancro”, aplicada en pomada sobre os tumores da pel, pero neste campo aínda queda moito por estudar. O que si está comprobado é que se trata dun bo remedio para tratar as peles atópicas e as moi sensíbeis, como a dos bebés. Polo que se considera unha fantástica aliada do cute.

cerna nº 74 · 2015 · 47


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Cerna 74 by Revista Cerna - Issuu