[Páx. 2]
Entrevista á concelleira de Turismo, Termalismo e Contratación, Isabel Castelo BARRIOS
Páx.5
Aprobado o proxecto para o traslado dos praceiros á Alameda
[Páx. 3]
BARRIOS
Páx.8
Entrevista á asociación Vía Vella de Ponte Canedo
Agardando polo proxecto da estación
SOCIEDADE Páx.17
OCIO
Chamada de atención de Cáritas ás administracións
Cultura avanza os concertos das Festas de Ourense
Páx. 20
DEPORTES Páx. 22 Os mellores no Ourense Termal Athletics Meeting
[Páx. 4]
Reabre a pasarela do Barbaña
Xunta e Concello de Ourense aprobaron o convenio para desenvolver a estación intermodal, pero o proxecto de Fomento aínda se descoñece. // Cumprindo o prazo acordado, reábrase á circulación de peóns a pasarela do Barbaña, logo da súa restauración./P.LODEIRO.
Número: 17- Ano: XV - Maio 2016 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
OURENSE POR Barrios Maio de 2016
ENTREVISTA
A concelleira Isabel Castelo, xunto a unha das pantallas táctiles da oficina de Turismo./P.LODEIRO.
ENTREVISTA Á CONCELLEIRA DE TURISMO E TERMALISMO
“O desenvolvemento do potencial termal pasa polo investimento privado, o Concello non ten recursos” 4 Isabel Castelo recoñece que hai traballo por facer para dar a coñecer fóra os recursos turísticos de Ourense. Paula Lodeiro Unha das caras máis descoñecidas do Goberno municipal ourensán é Isabel Castelo, a concelleira de Turismo, Termalismo, Compras, Subministros e Contratación e Formación Ocupacional, e, ademais, secretaria da Xunta de Goberno local. Que balance fai destes 11 meses como concelleira? Isabel Castelo: “O balance é positivo. Foi un ano de moitísimo traballo, intensísimo. Cando asumín as responsabilidades de goberno en todas estas áreas tiña clarísimo que había que conservar o bo, que o hai, mellorar o mellorable, resolver problemas e expor o futuro, e nesa liña comezamos a traballar. Co equipo que teño en cada área, o esforzo e a dedicación foi espléndido”. Fala de conservar o bo. I.C.: “En turismo os bos resultados ás veces si que son en momentos puntuais froito de actuacións concretas, como se fixeron nestes 11 meses, e outras veces son froito de anos de traballo. Neste sentido hai eventos consolidados, e hai que recoñecer que
é froito dun traballo anterior. O meu traballo é conservalo, potencialo e melloralo; por exemplo, Sabores de Ourense, é froito dun bo facer. O meu reto, implicar cada día a máis axentes, e proxectalo máis ao exterior. Este ano fixemos coincidir o concurso de pinchos de primavera coa festividade dos Maios, fixemos unha campaña importantísima para o turismo de proximidade, e contratamos con Renfe unha bonificación nos billetes, e a verdade é que os datos foron estupendísimos a fin de semana dos Maios”. Coñecen fóra a oferta turística que temos en Ourense? I.C.: “Efectivamente non hai turistas se non vendes o produto turístico. Nós temos uns recursos fantásticos: termais, gastronómicos, un moi bo comercio, recursos naturais, con estes vimbios o paquete, o cesto, ten que ser bo. Pero hai que promocionalo e hai que proxectalo. É coñecido Ourense? Eu creo que si pero ten que coñecerse máis e niso estamos. Agora coa chegada da AVE, todos os grupos políticos puxémonos de acordo, a iniciativa
do Partido Socialista, en definir un plan de accións para cando a AVE chegue estar preparados e recibir aos turistas”. Como se ve o noso termalismo desde fóra? I.C.: “Con sorpresa e agrado. Tivemos hai uns días a visita dunha vila termal lusa, Tirso, ensinámoslles as nosas instalacións termais e informámoslles sobre os nosos proxectos de futuro, e quedaron sorprendidos. Veu a presentadora Paula Vázquez, que ten 200.000 seguidores, simplemente os comentarios que fixo de Ourense como cidade termal foron fantásticos, iso vale máis que mil anuncios nos xornais locais”. Cal sería unha previsión realista para desenvolver os nosos recursos termais? I.C.: “Entendo que hai dúas liñas de actuación: por unha banda, manter as instalacións que temos, que son diferenciais respecto doutras cidades, e iso require dun esforzo de mantemento extraordinario. Se a iso lle engades o privilexio de localización das instalacións termais na beira do río, nunha paraxe natural, ten esa peaxe: o custo de mantemen-
to debido ás inundacións que se producen todos os anos. Pero eu non me imaxino que a praia de Riazor se peche polo feito de que se estrague polos temporais no inverno. Unha zona na que hai que esperar a que baixe máis o nivel do río para acometer obras de reparación é a zona do Muíño. Aí pediría unha colaboración cidadá porque todas as fins de semana balizamos como fóra de servizo esas termas e sempre quitan as balizas e a xente entra, e claro, pensan que están mal conservadas pero non; está prohibido o seu uso por mantemento. Ademais, o desenvolvemento do potencial termal pasa polo investimento privado, o Concello non ten recursos para investir en instalacións termais. O papel da Administración local é dar seguridade xurídica aos potenciais investidores, ninguén vai arriscar o seu diñeiro nun investimento onde non haxa seguridade e estabilidade. O noso papel tamén pasa porque esa iniciativa privada sexa respectuosa cos nosos recursos naturais, e nese sentido estaremos vixiantes”. Algún investidor chamou á súa porta para interesarse? I.C.: “De momento con Turismo e Termalismo non se puxeron en contacto; non sei se a nivel da Concellería de Urbanismo que é a que ten o expediente enriba da mesa, o concelleiro de momento a min non me contou nada”. Leva tamén Contratación. I.C.: “Cando cheguei ao goberno preocupeime de darlle un impulso aos procesos de contratación. Actualmente entre as rematadas e as que están en curso realizamos 103 licitacións públicas. En contratación o importante é apostar pola concorrencia e a non discriminación e isto lógrase a través da publicidade e a transparencia. Temos tantas licitacións porque optamos por acudir ao concurso público aberto en contratos que antes non se realizaban a través deste sistema de concorrencia. E ás veces non exento de crítica, dos propios implicados, temos o exemplo da banda de música”. Fan vostedes os pregos? I.C.: “Todas as áreas de goberno xestoras redactan os pregos técnicos e o noso servizo fai os
pregos administrativos. Contratación é coma un embude: todas as licitacións que se pretenden realizar acaban aquí. Nós impulsamos o procedemento de contratación e finalmente adxudícase, pero o contrato hai que executalo. E o responsable da vixilancia e control da execución dos contratos é cada área xestora. E son os concelleiros delegados os que teñen que dar as ordes oportunas para ese seguimento. Eu me propoño dar unhas instrucións comúns para a vixilancia e control da execución das contratas, pero, claro, cada contrato ten a súa especificidade, será o concelleiro responsable quen vele por el”. Está satisfeita co persoal de que dispoñen as súas áreas? I.C.: “Calquera xestor público sempre che dirá que está escaso de persoal, de orzamento, de medios materiais, pero iso non é desculpa para non facer o traballo. Teño a sorte de que aínda que teño pouco persoal, é moi profesional. E o meu reto, a miña obriga, é ser eficaz e eficiente cos recursos dos que dispoño, e para iso non me queda outra que organizar o traballo, planificalo, establecer prioridades e ir conseguindo metas”. Sabe xa con que partidas vai contar nos novos orzamentos? I.C.: “Chorei moito á concelleira de Facenda pero as partidas en Turismo e Termalismo son fundamentalmentente de conservación e mantemento. O que si é verdade é que a promoción e a información turística pasa por colaboración con outras institucións. Este ano fixemos un convenio coa Xunta xa concluído por un importe de 150.000 euros para actividades de promoción turística e agora en abril asinamos outro que temos que desenvolver por uns 70.000 euros. En colaboración coa Xunta estamos a potenciar a Vía da Prata, a Xunta vai facer o albergue de peregrinos e nós fixemos un gran esforzo en sinalización do Camiño ao seu paso por Ourense, editamos novos folletos, fixemos realidade o proxecto de sinalización de vías termais, estamos a dar un impulso enorme ás redes sociais e á utilización das novas tecnoloxías na promoción turística, estamos a deseñar unha nova web; instalamos paneis turísticos interactivos... Con escasos medios estes meses foron de moito traballo”.
“Propóñome dar unhas instrucións comúns para a vixilancia e control da execución das contratas” “Ter as termas á beria do río ten unha peaxe: o custo de mantemento debido ás inundacións”
TEMA DO MES
OURENSE POR Barrios Maio de 2016
Xunta e Concello aproban o convenio para desenvolver a estación intermodal 4 O Ministerio de Fomento aínda non presentou o proxecto para a estación de Ourense. Redacción A Xunta de Goberno local de Ourense aprobou o 26 de maio, fóra da orde do día e polo trámite de urxencia, o convenio marco de colaboración entre a Xunta de Galicia, o Concello de Ourense, o Ministerio de Fomento e a entidade pública empresarial Adif-Alta Velocidade, para o desenvolvemento da futura estación intermodal da cidade e o seu contorno urbano. O Goberno galego xa fixera o propio a semana anterior, no seu Consello da Xunta. Esta aprobación prodúcese cando aínda non se coñece o proxecto definitivo que o Ministerio de Fomento prevé para a estación de Ourense. A ministra en funcións, Ana Pastor, comprometérase co alcalde en presentar o deseño antes de rematar o mes de abril, pero xa pasou un mes e nada se sabe. Quen si aventurou unha data para a presentación da estación intermodal foi o presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo afirmou que o Goberno galego tiña a vontade de presentar a estación intermodal de Ourense no mes de xullo. “Esta é a nosa proposta e esperamos e desexamos que o resto das administracións públicas cumpran o seu calendario”, sinalou, co fin de que a estación intermodal estea lista no ano 2018. Anuncio “electoralista”, para o PSOE Desde a oposición, o grupo socialista criticou a aprobación “pola porta de atrás” deste convenio, malia a relevancia que supón para a cidade a integración ferroviaria do AVE e a construción da nova estación intermodal. “Un convenio do que os grupos políticos da oposición e a cidadanía en xeral carecen de información
e que se aproba e se vai proceder a súa sinatura sen haber sequera un proxecto redactado por parte do Ministerio de Fomento, que xa anunciara que sería para maio e que agora aprazan ao mes de xullo”, sinalan os socialistas nun comunicado. O grupo municipal socialista reitera “o seu rexeitamento absoluto ante un proxecto que non cumpre as esixencias marcadas e que responde máis a fins electoralistas que ao interese do Goberno autonómico de traballar en prol da nosa cidade”. O voceiro socialista, José Ángel Vázquez Barquero, insiste en que “o Goberno municipal segue sen convocar a comisión municipal de seguimento sobre a integración do AVE, acordada en pleno, na cal debería tratarse un tema tan transcendental, ademais de informar sobre os plans que o propio Ministerio de Fomento ten para a nova estación que prometía ser o pasado mes de abril e agora xa se demora a xullo; que vai pasar co proxecto gañador do concurso para a construción da nova estación intermodal, e tamén da situación actual do proxecto dentro do marco do novo PXOM”.
A Xunta quere presentar a estación intermodal no mes de xullo e agarda que o resto de administracións “cumpran o calendario” O PSOE reclama a convocatoria da comisión de seguimento sobre a integración ferroviaria
Actual estación de ferrocarril de Ourense./P.LODEIRO.
Fomento redactará o estudo informativo e ADIF financiará as obras Os obxectivos que se recollen neste convenio a catro bandas son tres: promover o uso do transporte público e a mobilidade sostible coa execución dunha estación intermodal que permita combinar diferentes modos de transporte público de forma rápida e eficiente; mellorar a permeabilidade transversal da cidade e dotar á estación ferroviaria das instalacións necesarias para a chegada da alta velocidade no ano 2018. Segundo o convenio, o Ministerio de Fomento deberá realizar e tramitar o estudo informativo da estación intermodal de Ourense, e ADIF-Alta Velocidade deberá redactar os proxectos, executar e financiar as obras de adaptación da estación ferroviaria aos servizos de alta velocidade e as actuacións de mellora da permeabilidade transversal peonil nesta zona. Ademais, ADIF asume o compromiso de transmitir á Xunta, pre-
ferentemente, mediante expropiación, os terreos e edificacións da súa titularidade necesarios para a execución da nova estación de autobuses, poñer a disposición do Goberno galego os terreos necesarios para a execución do aparcamento soterrado, financiar nun 33% a execución das obras deste aparcadoiro e estudar conxuntamente co Concello unha proposta de integración do ferrocarril na estación de Ourense que inclúa unha conexión viaria de comunicación e a cubrición das vías na proximidade do viaduto da N-525. Pola súa banda, a Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, asume o compromiso de redactar os proxectos, executar e financiar as obras da estación de autobuses integrada na estación intermodal e de redactar o proxecto; executar as obras e, cofinanciar nun 67% a reposición, en subterráneo, do aparcamento para turismos da estación. Ademais, de obter os solos
necesarios para a nova estación de autobuses e indemnizar aos arrendatarios dos contratos que teña en vigor ADIF-Alta Velocidade no ámbito da estación de autobuses. En canto ao Concello de Ourense, terá que promover e tramitar, ata a súa aprobación definitiva, conxuntamente coa Xunta de Galicia e no ámbito das súas competencias, as modificacións necesarias no planeamento urbanístico; ceder á Xunta, de maneira gratuíta e libre de cargas e gravames, os terreos e aproveitamentos da súa titularidade necesarios para a execución da estación de autobuses; realizar as actuacións relativas á semaforización que sexan necesarias na rúa Euloxio Gómez Franqueira e facer a reorganización do transporte urbano que garanta a conectividade da estación intermodal coa cidade. O Concello de Ourense non terá que achegar fondos para estas actuacións.
4 Traballos topográficos para a terminal de autobuses Onde xa se están dando pasos é na estación de autobuses que construirá a Xunta integrada na estación de ferrocarril. A empresa PROYFE, S.L., adxudicataria do contrato de redacción do proxecto construtivo da nova estación, comezou xa os traballos topográficos sobre o terreo para avanzar no seu cometido. A redacción do proxecto construtivo supón un investimento de máis de 103.500 euros e conta cun prazo de execución de seis meses. O encargo inclúe os traballos de levantamento topográfico; xeotecnia; e as redaccións dos proxectos básico e de execución. Segundo os estudos previos realizados pola Xunta de Galicia, a terminal de autobuses deberá contar con 19 dársenas, e un edificio terminal duns 430 metros cadrados; ambos construiríanse ao nivel da rúa.
4 Propoñen un parque no lugar da estación de buses do Pino O grupo municipal socialista presentará unha moción no vindeiro pleno de xuño, na que se propón a construción dun novo parque público, para uso dos veciños do barrio do Pino, no recinto que ocupa actualmente a estación de autobuses, e unha vez que esta sexa trasladada. Os socialistas recollen así as preocupacións da asociación veciñal As Termas, que reclamara información sobre o futuro uso dos terreos da actual terminal de autobuses, terreos que son de titularidade municipal. Sinalan desde o PSOE que no novo PXOU, a zona ocupada pola estación de autobuses, recóllese como zona verde - espazo libre, polo cal se podería executar un parque sen ter que realizar ningún tipo de modificación urbanística ou de uso.
OURENSE POR Barrios Maio de 2016
BARRIOS
A pasarela do Barbaña estrea pavimento e mellorada estrutura 4 As obras foron executadas a través da colaboración entre o Concello e a Deputación. Redacción A pasarela peonil do río Barbaña está de novo en servizo co novo pavimen-
to instalado polo Concello a través dun convenio coa Deputación. As obras realizadas, cun investimento de 73.966,09 euros, rema-
taron axustándose ao prazo de execución anunciado: o día 24 de maio (3 meses en total). A reforma actuou sobre
Imaxe renovada da pasarela peonil do río Barbaña./P.LODEIRO.
a totalidade da estrutura da pasarela, que xa conta con máis de 20 anos. Elimináronse a chapa e o pavimento de madeira, que estaban moi deteriorados e reparouse a estrutura secundaria ata nun 60%. Igualmente, fíxose un decapado da estrutura anti-caída, eliminando o óxido e aplicando unha capa que a súa vez serve de imprimación. O mesmo tratamento aplicouse sobre a estrutura principal da pasarela, que estaba danada nun 6% da súa totalidade. A estrutura metálica foi pintada novamente e substituíuse o pavimento. Cooperación As obras foron executadas a través do acordo de cooperación asinado polo Concello e a Deputación para executar un paquete de sete obras do Plan de Investimentos Municipal, que supoñen un investimento total de 974.785,47 euros.
Un dos pasos de peóns que precisa repintado, entre a rúa San Pedro Mezonzo e Euloxio Gómez Franqueira.
Veciños da Ponte solicitan o repintado de varios pasos de peóns Dende a Asociación Veciñal As Termas veñen de facer público o malestar de numerosos veciños da Ponte sobre o estado de varios pasos de peóns, unha queixa que xa foi presentada no Concello co fin de que se proceda ao seu repintado. Os pasos afectados sitúanse en cruces das rúas Euloxio Gómez Franqueira, San Rosendo ou Beato Sebastián, entre outras. Así mesmo, demandan a reparación de distintos tramos das rúas Euloxio Gómez Franqueira e San Rosendo por baldosas rotas que teñen provocado caídas.
OURENSE POR Barrios Maio de 2016
BARRIOS
EN BREVE
O parque infantil da rúa D loce de novo
4 Axudas para garderías na Valenzá
4 Tralas melloras realizadas a solicitade dos veciños. Redacción A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense vén de reabrir ao público o parque infantil situado na rúa D, xunto a Urbanización de Vivendas Sociais da Estación de Autobuses, que estivo pechado temporalmente por traballos de mellora. Os traballos consistiron na instalación de un illante eléctrico baixo o céspede artificial que volverá a ser reposto e na plantación de dúas novas árbores en substitución das que están secas, o que permitirá crear zonas de sombra tan
demandadas polas usuarias do parque. O presidente da Asociación Veciñal As Termas, Ángel Gómez, destaca que “os veciños agradecemos que por parte do Concello se atendera rápido a nosa reclamación e que nun prazo tan curto o parque infantil xa estea aberto e listo para ser gozado plenamente”.
Instalouse illante baixo o céspede e plantáronse novas árbores
Aspecto do parque infantil rematadas as melloras.
Deseño do pavillón que ocuparán os praceiros na Alameda de maneira temporal.
Aprobado o proxecto do traslado provisional da Praza de Abastos 4 Os praceiros ubicaranse no paseo central da Alameda, durante a reforma do mercado. Redacción A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense, en sesión extraordinaria e urxente, aprobou este 23 de maio o proxecto básico e de execución para o traslado provisional da Praza de Abastos nº1. Os praceiros emprazaranse no paseo central da Alameda, cun proxecto redactado polos arquitectos Alfredo Freixedo Alemparte e Pedro Diéguez Iglesias, cun orzamento de execución material de 504.200,97 euros. Este proxecto conta con todos os informes técnicos, xurídicos e de
PLENO DE OURENSE
Sen acordo sobre o futuro do mercado da Ponte 4 Aprobáronse melloras para o parque do Peco. P.L. Os grupos políticos da corporación ourensá non se puxeron de acordo no pleno ordinario de maio sobre o futuro da Praza de Abastos da Ponte. Democracia Ourensana propuña que o mercado fora de xestión pública e o Concello sacara a concurso os oito
postos de maneira individual, pero tan só logrou o apoio de Ourense en Común (malia non aceptar a súa emenda para que os comerciantes opinaran sobre o modelo de xestión). PSOE e PP votaron en contra. A concelleira de Comercio Ana Fernández Morenza asumiu a responsabilidade polo fracaso
das bases do concurso para a explotación do mercado, nas que se pedía un canon anual de 55.000 euros, e afirmou que se manterá o uso como praza de abastos do recinto, pois así estaba acordado co Goberno central. Días despois do pleno, o gupo de goberno aceptou convocar unha mesa de
seguridade pertinentes. Trátase dun edificio provisional, facilmente desmontable e reversible, para o traslado provisional dos postos de venda da Praza de Abastos número 1 durante a execución das obras de reforma do mercado municipal, que durará 22 meses. Será un pavillón de estrutura lixeira metálica, formado por pórticos de piares metálicos e dintel de celosía con perfís metálicos. A cuberta é curva con augas cara ambos lados da nave, con cubrición de paneis de chapa lacada. Haberá postos de venda nos laterais e no centro, con dous corredores de servizo
para que o público acceda. Na entrada desde a rúa Progreso, nun espazo interior cuberto emprazaranse os postos de flores e na parte oeste os locais de servizos, vestiarios e aseos, entre outras dependencias necesarias para o funcionamento diario. Serán en total 1.402,28 metros cadrados de superficie construída e 1.221,92 de superficie útil. O prazo para a súa montaxe e instalación será de 6 meses (4 meses con mellora).
Ocuparán este espazo durante 22 meses
4 Reforma do anexo dos Remedios A Xunta de Goberno Local aprobou o convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Ourense para a reforma da pista anexa do Pavillón dos Remedios. A remodelación, orzamentada en 300.000 euros, suporá a substitución do pavimento da pista e da bancada telescópica e a instalación dun sistema xeral de acondicionamento térmico. A urxencia da aprobación do convenio responde á intención de acometer as obras no verán para evitar suspender adestramentos e partidos.
4 Máis obras na ponte Vella
traballo sobre o futuro da Praza da Ponte, a petición de PSOE e OUeC. Benposta Socialistas e “marea” non conseguiron ningún voto máis para aprobar a súa moción que pedía incluir os terreos de Benposta no Inventario Xeral do Patrimonio de Galicia. Mocións aprobadas En cambio, quedaron aprobadas por unanimidade a moción de DO para reducir o consumo enerxético no pavillón dos Remedios cambiando a canalización que leva á instalación auga quente
O Concello de Barbadás aprobou unha ordenanza de axudas para os nenos que non obteñen praza na escola pública municipal, 25 para o vindeiro curso. Son axudas para colaborar no desembolso económico que suporá ás familias a escolarización dos cativos nas escolas infantís. Oscilan entre 30 e 100 euros ao mes, dependendo das rendas familiares e dos servizos que soliciten nos centros privados do municipio.
Isabel Rebanales renunciou como edil de DO. das Burgas. Tamén a proposta socialista para executar de maneira urxente actuacións para mellorar o estado do parque do Peco na Ponte.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria formalizou o contrato coa empresa Rehabita para realizar obras de posta en valor da ponte Vella. A actuación, que foi adxudicada por 196.020 euros, ten un prazo de execución de tres meses e está previsto que comece nos próximos días. Estes traballos contemplan a reparación de encintados e retacados, así como dalgún oco que existe na fábrica, a causa de roturas de pezas construtivas ou falta de cantarías. Tamén se retirará a tubaría de abastecemento engrapada á ponte.
OURENSE POR Barrios Maio de 2016
especial EMPRESAS DE OURENSE
Este verán, ocio intelixente con Nenoos O centro Nenoos de Ourense sorpréndenos con dúas ofertas de ocio intelixente para este verán 2016: talleres matutinos para nenos de entre 3 e 12 anos nas súas instalacións e outro para nenos de 7 a 13 anos na localidade de Riós. Os talleres para nenos de entre 3 e 12 anos, xirarán ao redor da temática do Universo e a ciencia, con talleres de manualidades, experimentos orixinais, actividades para mellorar o aprendizaxe, ximnasia, coreografías e xogos de construcción con Super Lupo e Lupo Plot, que potencian a conciencia espacial e a lóxica dos nenos. A actividade comeza o 27 de xuño e remata o 2 de setembro, podendo contratalo por unha, dúas ou máis semanas. En canto ao campamento en Riós, será no albergue desa vila ao longo de cinco días, e vai dirixido a rapaces de 7 a 13 anos. Cada día terá unha temática: co-
NURIA CASTRO, DE LAS DELICIAS DE AIRUN
“Os clientes din que as tartas están moi boas” Nuria Castro abriu o pasado decembro unha tenda de repostaría por encargo na rúa Prego de Oliver do barrio do Couto.
ñece a contorna, artística, científica, intercultural e culinaria-festiva. Todo elo mesturado con talleres, coreografías, xogos, manualidades, veladas nocturnas en plena natureza. Uns nutricionistas encargaranse dos menús diarios atendendo a posibles alerxias. As datas son do 6 ao 10 de xullo.
+ info: no 988 782 178 e 687 285 913 ou na r/Pura e Dora Vázquez, 23, baixo, Ourense
Como te lanzas a esta aventura? Nuria Castro: “Encántame a cociña en xeral, dediquei moitos anos a aprender pola miña conta, e estaba no paro, así que decidín abrir ‘Las delicias de Airun’. Paso aquí 15 horas diarias pero encántame o meu traballo”. Que é o que define ‘Las delicias de Airun’? N.C.: “Sempre fago algo que estea rico e bo, e logo póñoo bonito; primeiro é o sabor e logo a vista. Fago unhas tartas moi ricas, son tartas que non se ven en Ourense, superpersonalizadas, igual que os cupcakes , os pops (como chupachups pero de biscoito) e os minicupcakes, que
Nuria Castro, xerente de Las Delicias de Airun. teñen moita saída. Encárganos moito para eventos. Quero que a xente vexa aquilo que espera cando recibe a tarta, e claro, que non quede nada no prato!” Hai algunha tarta das que levas feito que consideres especial? N.C.: “Para min todas as tartas teñen o seu punto, fágoas todas coa mesma dedicación, son todas especiais”. Traballas por encargo. N.C.: “Si, traballo por encargo xa que estou eu soa; pódenme chamar un
par de horas antes para os cupcakes, con dous días de antelación para encargar unha tarta normal e para tartas con extras e decoración en fondant necesito que me avisen con dúas semanas. Aos que queren encargar unha tarta pídolles que pasen por aquí e proben antes para que saiban o que van pedir. Ofrezo unha boa atención ao cliente; moitos repiten”.
Fai o teu encargo en 988 616 524 ou 659 099 286
Campamento de verán en Cogumeliños O verán xa está aquí! E en Cogumeliños queren facilitar a vida laboral dos pais co ocio e o tempo libre dos máis pequenos. Por iso ofertan para nenos e nenas de 4 a 8 anos actividades ao aire libre, como xogos con auga e tradicionais, busca do tesouro, xinkanas..., así como obradoiros con materiais de refugallo. Esta ano tamén hai posibilidade de sumar a actividade de piscina (nas instalacións do campus). Cogumeliños pretende que os cativos de Ourense pasen un verán inesquecible e divertido, e que ao mesmo tempo que se divirten aprendan dunha forma ou outra novos coñecementos, que desenvolvan as súas capacidades motoras no exterior e cognitivas a través de manualidades. Non o dubidedes, atrevédevos a coñecer o campamento Cogumeliños!
Contacta no 988 25 59 55 ou en r/Carlos Velo, 1, baixo, Ourense
EMPRESAS DE OURENSE especial
Academia Proxecto abre este verán novos grupos preparatorios de oposicións Chega xuño e, aínda que o curso parece chegar ao seu fin, non é así en Academia Proxecto. “Poderiamos dicir que si, pero só porque oposicións como Maxisterio, en todas as súas especialidades, ou Xustiza, en Xestión Procesual e Tramitación Procesual administrativa realizan os seus exames. No resto de especialidades, continuamos coa preparación ou abrimos grupos novos, no campo da preparación de oposicións non hai descanso”. Acabouse a crise no sector público? “Aínda que cremos que non volverán publicarse ofertas de emprego público cun número de prazas
tan grande como hai anos, si é certo que, o incremento da oferta estatal nun 62,14% e a de Galicia, sobre todo en canto ao Sergas, provocou que, a día de hoxe, teñamos gran demanda de prazas para os grupos novos que estamos a abrir, para oposicións como Axudante de Institucións Penais, Ministerio de Xustiza (Xestión Procesual e Administrativa/Tramitación Procesual e Administrativa/Auxilio Xudicial), Sergas (Auxiliar Administrativo, P.S.X. e Celador), Auxiliar Administrativo do Estado e, como non, unha dos nosos sinais de identidade Maxisterio, que xa temos aberto o prazo de preinscrición para os grupos que
se iniciarán en setembro, en todas as especialidades: Infantil, Primaria, Audición e Linguaxe, Pedagoxía Terapéutica, Inglés e Francés”. Merece a pena preparar oposicións? “Sempre é unha boa opción, os nosos alumnos teñen claro que a súa meta é conseguir un posto de traballo fixo na Administración Pública, por seguridade e estabilidade, aínda que para iso, viran que se incrementou lixeiramente a dificultade para aprobar. Academia Proxecto, tenta palialo cun grupo de preparadores con ampla experiencia profesional e docente, cos nosos temarios propios, coa preparación de todas e cada unha
das probas da oposición, cun trato e asesoramento persoal”. Pero non todo son oposicións en Academia Proxecto? “Evidentemente, continuamos cos nosos grupos reducidos de clases de apoio e recuperacións, onde o feito de traballar con entre 4 e 6 nenos/as da mesma materia e o mesmo curso, repórtanos grandes resultados e, preparando xa, os grupos para o verán, para aqueles que, por desgraza, teñan que sacrificar o tempo de descanso en tentar recuperar aquelas materias que lles quedaron pendentes. Tamén iniciamos proximamente, financiado nun 100% pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, un curso AFD para desempregados e ocupados, concretamente, “Creación e xestión de microempresas”. É unha acción formativa correspondente a un Certificado
OURENSE POR Barrios Maio de 2016
4 Calendario - Xuño 2016: inicio grupos de Axudante de Institucións Penais, Ministerio de Xustiza (Xestión Procesual e Administrativa/Tramitación Procesual e Administrativa/Auxilio Xudicial), Sergas (Auxiliar Administrativo, P.S.X. e Celador), Auxiliar Administrativo do Estado. - Xullo 2016: inicio clases de apoio e recuperacións de verán. - Setembro 2016: inicio grupos de preparación de oposicións de Maxisterio, en todas as especialidades. de Profesionalidade de nivel 3, onde as axudas, os contidos teóricos e prácticos, as prácticas laborais non profesionais en empresas e a posibilidade de inserción laboral, fan que todos os anos teñamos unha gran demanda de prazas”.
Actividades para profesionais e emprendedores en La Molinera Redacción O Centro de Coñecemento municipal La Molinera segue ampliando a súa oferta de divulgación das novas tecnologías coa actividade “Pon un negocio en Internet”. Será un itinerario de accións formativas eminentemente prácticas onde as persoas participantes descubrirán os elementos chaves para levar productos e servizos á rede. As próximas sesións, son o 9 de xuño (“Queres crear unha web? Comeza con Wordpress”), o 14 de xuño (“Marketing dixital para captar e fidelizar os nosos clientes”) e o 21 de xuño (“Quen visita a túa web? A resposta con Google Analytics”). Para participar non son necesarios coñecementos técnicos previos.
OURENSE POR Barrios Maio de 2016
BARRIOS
ENTREVISTA Á DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN VÍA VELLA DE PONTE CANEDO
“A asociación busca a difusión do patrimonio histórico, cultural e empresarial da Ponte” 4 Achegámonos á Asociación Vía Vella de Ponte Canedo, que conta cun amplo calendario de actividades para todos os gustos. Silvia Nieto Pouco máis dun ano leva a Asociación Vía Vella de Ponte Canedo en funcionamento, pero dende o minuto un non parou de preparar iniciativas coas que unir aos veciños do barrio, e faino da mellor forma, a partir das propostas e inquedanzas que os propios pontinos lle achegan aos membros da súa directiva. Aberto, postivo e integrador, así é este colectivo, que se enorgullece do barrio no que naceu e que busca que o futuro se escriba sen deixar de mirar ao pasado. Coñecemos máis da man do seu presidente, Xosé Rodríguez, e o seu tesoreiro, Freixo. Como nace a Asociación Vía Vella de Ponte Canedo? Xosé Rodríguez: “Nós tiñamos experiencia previa na Asociación de Nais e Pais do colexio da Ponte, e áa relación persoal pensamos en darlle un carácter máis formal, porque tiñamos inquedanzas comúns sobre a idiosincracia do barrio. Porque este
“Á volta do verán organizaremos unha charla sobre mitos e realidades do cancro de mama”, adiantáronnos
barrio é singular, cunha personalidade moi forte, foi concello ata mediados do século pasado e tiñamos a necesidade de apuntalar a oferta que xa había”. Con que obxectivo comeza? X.R.: “A nosa finalide é contribuir á difusión do patrimonio histórico, cultural e empresarial da Ponte, recuperar a memoria e mantela para que a xente que vimos de fóra nos ‘pontinicemos’ e que ese carácter pontino non se diluia. E iso facémolo con actividades, para que A Ponte teña unha axenda propia, porque iso é facer a memoria do mañá, e tamén queremos a medio prazo facer algo de carácter social, histórico e etnográfico, pero iso aínda está en proxecto. A nosa idea é, sen competir, só colaborando, que a xente de Ourense veña á Ponte igual que nós imos a Ourense, que coñezan os nosos negocios, as nosas activiades, etc. Nós somos da Ponte para o mundo, non temos ningunha limitación, reivindicamos a nosa condición de pontinos, pero non temos fronteiras”. En que momento iniciou oficialmente a actividade? X.R.: “Comezamos publicamente a principios de 2015”. Quen integra esta asocia-
Este 21 de maio, a asociación organizou unha actividade na que se mesturaba o coñecemento do contorno, a etnografía e a práctica do Shinrin Yoku ou baño de bosque./VÍA VELLA.
Freixo, tesoureiro, e Xosé Rodríguez, presidente, da Asociación Vía Vella de Ponte Canedo./S.N.
“Precísanse ideas e mans, e encantaranos colaborar con persoas, asociacións e institucións polo ben común da Ponte”, explica Xosé Rodríguez ción? Freixo: “Temos unha directiva composta por catro persoas, tamén temos socios de honra, Lalo e Óscar, e temos socios de número, dos cales os cativos non pagan nada e os adultos pagan algo simbólico. Hoxe temos aproximadamente uns 150 socios, que para o primeiro ano está moi ben. Pero o mellor é que a maioría son socios activos, que propoñen cousas, e moita xente vén con ideas e actividades xa moi ben estruturadas e case preparadas. De feito, neste momento temos numerosas actividades pendentes de facer”. X.R.: “Esa é a nosa base, a horizontalidade, que unha persoa está na casa pensando en que lle gustaría que no barrio se faga unha actividade, pero en solitario non é capaz de levala adiante, por iso vén a asociación e nós proporcionámoslle o apoio loxístico, xurídico e a axuda que precise. E estas propostas contribúen a que as actividades sexan moi diversas, para todo tipo de gustos, de xente de todas as condicións económicas, de idades… Ese é o noso principal fin, que haxa unha mestura dos veciños, todos aprendemos de todos”.
Podedes contarnos algunhas das actividades realizadas? F.: “A primeira que fixemos foi un paseo para beira do ferrocarril, o que se chama vía vella, foi simbólico e moi especial. Xuntamos 60 ou 70 persoas de todas as idades”. X.R.: “Pódese diciri que temos unhas actividades que son cíclicas e outras que van xurdindo. Unha das máis queridas por nós é unha viaxe ás illas, que se realiza en xuño, e que xa organizabamos antes de ser asociación, e ese é o peche do ciclo, porque imos co calendario escolar, de setembro a xuño, xa que no verán os veciños teñen os seus plans. Tamén fixemos unha actividade no outono sobre micoloxía, o ano pasado foi en Celanova, no Plan C da man de Alejandro Minguez, e agardamos repetir. Organizamos este ano o primeiro Pontesía, que foi un éxito e repetiremos en 2017. Tivemos unha charla sobre biodiversidade; outra do fotodocumentalista Gabriel Tizón sobre o tema dos refuxiados; e a presentación de dous libros, un de Xavier Paz e o de Érica Esmo-
rís, gañadora do premio Xerais 2015. Tamén temos previstas unha serie de camiñatas para coñecer o barrio, fixemos un roteiro interpretativo cos amigos de Ríos Limpos e fomos ata Santa Comba de Naves, e haberá outras. A última ata agora foi unha iniciativa chamada “Baño de bosque”, unha camiñata relaxante que busca que vexamos o bosque doutra maneira, percibindo cores e olores, logo fomos a Trandeiras, visitamos o que queda do mosteiro e ao museo etnográfico de Vilar de Santos, rematando cun xantar, porque somos socios e amigos e así confraternizamos. E á volta do verán faremos unha actividade de lectura, que consiste en ler un libro de Hemingway e relacionalo cos cadros de Hopper, así como unha charla sobre mitos e realidades do cancro de mama”. A asociación non conta con local propio. X.R.: “Non, cobramos unha cota mínima, cinco euros ao ano, e non nos permitiría manter un local. Queremos que a xente poida traer as súas ideas, e a partir de aí as actividades se autofinancien, para que cada un pague algo polas actividades que lle gustan, non polas demais. De todos os xeitos, procuramos facer cousas que sexan populares, que todo o mundo poida participar. Usamos o Centro Cívico da Ponte, a biblioteca pública, e o local do Andén I. Estamos contando para arrancar coa xenerosidade de todas as persoas que nos axudan, que nos ceden os espazos, que colaboran para realizar as actividades, e queremos agradecerllo”. Enviádelle unha mensaxe aos veciños da Ponte e a todos os ourensáns. X.R.: “Nós temos catro canles de comunicación: Twitter, Facebook, viavelladepontecanedo@ gmail.com e nós mesmos para que nos paren pola rúa. Esta é a asociación de todos, dos que viven na Ponte e de toda aquela persoa que queira que o sexa, acá todo o mundo é ben recibido. Precísanse ideas e mans, e encantaranos colaborar con persoas, asociacións e institucións para o ben común da Ponte, para que teñamos un barrio saudable, próspero, onde a xente viva feliz e orgullosa, onde a xente coñeza o seu pasado para encarar o seu futuro. E convidamos a todos os ourensáns a que organicen calquera actividade no barrio serán ben recibidos e axudarémoslles no que sexa, o noso labor é positivo, aberto e só buscamos sumar”.
OURENSE POR Barrios Maio de 2016
CIDADE
Os proxectos do Campus da Auga, nunha exposición 4 A construción do edificio está en fase de adxudicación. Redacción
O vicerreitor do campus explica a mostra “Arquitecturas da auga” a subdelegado do Goberno, alcalde, conselleiro de Educación e reitor da Universidade de Vigo./M.REJO.
Mentres remata de tramitarse a adxudicación da obra de construción do edificio do Campus da Auga, pode verse no Edificio de Ferro a exposición “Ar-
quitecturas da auga” que recolle o proxecto gañador (do ourensán Oikos Estudio) e os seis finalistas. A previsión é que nos vindeiros meses comece a construírse o edificio do Campus da Auga, e que estea finalizado en 2017. Con el, o proxecto de especialización do campus de Ourense dará un salto cualitativo no seu desenvolvemento, agrupando e visibilizando nun espazo concreto o obxectivo de converterse nun campus líder en temáticas da auga,
aproveitando o potencial natural do territorio no que se incardina e a experiencia neste ámbito do persoal investigador. Ademais de usos de investigación, o inmoble, cunha superficie construída de 3.254 metros cadrados en tres alturas máis baixo, albergará a sede institucional do Campus da Auga. O proxecto do Campus da Auga, que ascende a 4,5 millóns de euros, é financiado pola Xunta de Galicia con Fondos Feder.
Jácome informa ao fiscal dun presunto caso de nepotismo en Ecourense 4 Refírese á contratación por parte da empresa de limpeza do sobriño do edil Pepe Araújo. P.L. O portavoz de Democracia Ourensá, Gonzalo Pérez Jácome, presentou este venres un escrito nos Xulgados de Ourense pondo en coñecemento da Fiscalía un presunto caso de nepotismo en Ecourense. Refírese á contratación por parte da concesionaria de limpeza da cidade do sobriño político de Pepe Araújo, concelleiro de Medio Ambiente, departamento do que depende directamente a concesión. 17 días despois de tomar posesión como edil, comezou a traballar cun contrato temporal de verán na empresa de limpeza o seu sobriño político, contrato que o pasado 1 de marzo convertíase en indefinido. Segundo DO, a empre-
Jácome, ás portas dos Xulgados./P.L. sa podería cometer suborno, e tamén ven enriquecemento, xa que “dubidamos que se estea cumprindo o prego, sabemos que houbo cantidade de baixas laborais e moitas non se cubriron, se non se cubriron houbo un delito”, apuntaba Pérez Jácome. No caso de que o seu escrito se arquive. “iremos nós para adiante cunha denuncia xudicial”, adiantou.
10
OURENSE POR Barrios Maio de 2016
ECONOMÍA, EMPREGO E EMPRESAS
GALICIA CALIDADE SUMA NA ACTUALIDADE 79 EMPRESAS E 300 PRODUTOS CERTIFICADOS
Nor-Ibérica de Bebidas conta xa co certificado de Galicia Calidade para os seus augardentes e licores tradicionais A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e o xerente de Galicia Calidade entregaron o recoñecemento a esta empresa ourensá A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, acompañada do xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, entregaron en Maside o certificado de uso da marca de garantía Galicia Calidade, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, á empresa Nor-Ibérica de Bebidas, especializada na elaboración de augardentes e licores de gran calidade de forma artesanal. A compañía pode incluír na súa etiquetaxe o selo de garantía Galicia Calidade para os augardentes brancos, de herbas, licor café e licor de herbas, comercializadas coas marcas Felipe Saavedra e Marqués de Marialva. O selo Galicia Calidade, con validez para os próximos tres anos, permitirá a Nor-Ibérica de Bebidas incluír o distintivo nas etiquetaxes dos produtos certificados, así como nas diferentes accións para a súa promoción. Sol Vázquez eloxiou a aposta pola calidade desta empresa, que elabora licores tradicionais galegos, de forma artesanal, con bagazos controlados polo Consello Regulador das Indicacións
Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. Segundo relatou, esta defensa da calidade é “o mellor exemplo do compromiso das empresas galegas coa innovación e a aposta polo recoñecemento nos mercados internacionais”. A directora xeral de Comercio explicou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria ten en marcha a Estratexia de Reforzo de Galicia Calidade, unha marca recoñecida e valorada polos consumidores que na actualidade suma xa máis de 300 produtos certificados e 79 empresas diferentes, cunha forte presenza do sector alimentario e da hostalería. Neste senso, Sol Vázquez apuntou que os establecementos turísticos (hoteis e restaurantes) que conseguen o selo Galicia Calidade teñen a obriga de ofrecer viños e licores tradicionais certificados polas denominacións de orixe galegas ou indicacións xeográficas correspondentes. “Trátase de ofrecer aos usuarios dos establecementos turísticos produtos de calidade certificada”, engadiu.
Persoal de Nor-Ibérica de Bebidas, xunto á directora xeral de Comercio e ao xerente de Galicia Calidade, co certificado de uso da marca de garantía Galicia Calidade./M.REJO. Elaboración tradicional Nor-Ibérica de Bebidas naceu no ano 2004 en Maside (Ourense), despois de contar con máis de 20 anos no sector vitivinícola, co obxectivo de elaborar augar-
dentes e licores de gran calidade de forma totalmente artesanal. Cun coidadoso proceso de selección das materias primas, os augardentes están elaborados partindo de bagazos controlados polo Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, o que permite comercializar un produto de máxima calidade e de recoñecemento internacional. Outras empresas ourensás Pero Nor-Ibérica non é a única empresa ourensá que recibiu a certficación de Galicia Calidade recentemente. No pasado mes de marzo, Quesos Feijoo, de Celanova, obtivo o selo de garantía Galicia Calidade para os seus produtos amparados pola DOP Queixo de Tetilla.
Alfonso Cabaleiro e Sol Vázquez visitaron a fábrica de augardentes e licores que Nor-Ibérica de Bebidas ten na localidade ourensá de Maside./M.REJO.
A compañía pode incluír na súa etiquetaxe o selo de garantía Galicia Calidade para os augardentes brancos, de herbas, licor café e licor de herbas
20 anos de certificacións de calidade A marca Galicia Calidade distingue desde 1995 os produtos ou servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima ou polo seu proceso de produción sexan merecentes desta distinción, despois de contrastar a súa calidade mediante as auditorías de control. Deste xeito, contribuíu a impulsar a competitividade das empresas galegas nos mercados máis esixentes ao transmitirlles confianza e seguridade aos consumidores. O 90% dos consumidores que participaron nalgunhas das degustacións realizadas nas cidades galegas coñecen os produtos de Galicia Calidade. Ademais, un 82% afirmou que merca de xeito habitual os produtos amparados por este selo de calidade. Tamén resulta significativo que o 92,5% dos consumidores que responderon á enquisa “recomendaría” os produtos de Galicia Calidade e que lle merecen “confianza”.
ECONOMÍA, EMPREGO E EMPRESAS
4NOTICIA DE EMPRESA
Galprofor, consultora empresarial e de formación Despois de cinco anos como consultora empresarial e de formación, que valoración realizan sobre a formación e as empresas en Ourense? “Cada vez máis, as nosas empresas, cos seus traballadores, pero tamén cos seus directivos á fronte, apostan pola formación, non só naquela que é obrigatoria, se non tamén en toda aquela formación que permita ás compañías alcanzar maiores niveis de rendemento. Os altos cargos das empresas entenderon que, estes procesos de aprendizaxe non son un atraso ou un obstáculo no traballo diario da mesma, senón un investimento altamente rendible. E como non, a formación para a obtención do carné de manipulador de produtos fitosanitarios, unha forma-
ción que estivo ultimamente rodeada de polémica debido a que, algúns centros intentáronse aproveitar da urxencia de moitas persoas por obter este carné, e, entre outras irregularidades, acurtaban as 25 horas de formación no carné básico. Nós continuamos impartindo este tipo de accións formativas sen problema en toda a provincia e recomendamos aos alumnos que se aseguren de realizar a citada formación nun centro debidamente acreditado”. A súa formación é exclusiva para empresas? Evidentemente non. Gran parte dos nosos alumnos son traballadores en activo que, beneficiándose do sistema de formación continúa bonificado pola Fundación Tripartita ou dos Permisos
Individuais de Formación, poden obter formación de calidade a custo case cero, pero as nosas accións formativas poden ser realizadas tamén por particulares”. A súa carteira de produtos creceron tamén cara a outros sectores. “Si, é certo. A confianza que moitas empresas depositaban en nós fixo que, aos poucos, nos demandaran outros servizos que fomos engadindo á nosa carteira, como a implantación da Lei orgánica de protección de datos, estudos de viabilidade e de mercado ou a implantación de normas de calidade ISO-UNE”.
r/Noriega Varela, 16 - T. 988 60 15 42
OURENSE POR Barrios Maio de 2016
11
15 empresas de EEUU buscarán oportunidades de negocio en Ourense 4 Participan nunha misión comercial os días 16 e 17 de xuño. P. Lodeiro Desvélanse os detalles da primeira misión comercial, promovida pola Deputación de Ourense, que traerá empresas norteamericanas á provincia en busca de oportunidades de negocio e investimento, os próximos 16 e 17 de xuño. Está confirmada a presenza en Ourense de 15 empresas de Estados Unidos, de sectores como a tecnoloxía, a agroindustria, o turismo termal, a innovación e a investigación e desenvolvemento. Juan Verde, presidente da Fundación Advanced Leadership, encargada de preparar a misión comercial, recoñeceu as dificultades para convencer ás compañías norteamericanas de vir aquí “porque non o coñecen”, sinalou que para algunhas empresas de Estados Unidos “si hai oportunidades nun lugar como Ourense”. Aquí buscarán “nichos de mercado, sinerxias e oportunidades”, recalcou. Participan como socios
O presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, o presidente da Fundación Advanced Leadership, Juan Verde e o vicepresidente da Cámara de Comercio, Antonio Villaverde./P.LODEIRO. a Cámara de Comercio de Atlanta, a Cámara de Comercio España-EEUU e o Consello Americano de Desenvolvemento Sustentable. Unha congresista norteamericana, a californiana Loretta Sanchez, encabezará a misión. Plan de traballo As empresas estadounidenses terán sesións informativas sobre oportunidades e vantaxes do mercado ourensán, e reunións individuais con empresas
Barbadás rebaixará o IBI un 8% en 2017 4 A rebaixa supón adatar os valores catastrais ao 50% do valor de mercado. Redacción O grupo de goberno do Concello de Barbadás decidíu rebaixar un 8% os valores catastrais dos bens inmobles urbanos para o ano próximo. Esta rebaixa débese ao coeficiente de actualización dos valores catastrais que a Dirección Xeral do
Catastro propón incorporar para adaptar a valoración catastral actual aos valores de mercado; no caso de Barbadás, un 0,92. Para Xosé Manoel Fírvida, concelleiro de Facenda de Barbadás, a rebaixa supón adaptar os valores catastrais ao 50% do valor de mercado, e permitirá un aforro para as familias.
locais e visita ás súas instalacións. O presidente da Deputación, Manuel Baltar, ve nesta misión comercial a posibilidade de “xerar oportunidades e riqueza e situar a marca Ourense” e presaxiou que será “un éxito” dado o traballo que hai detrás.
De sectores como a tecnoloxía, a agroindustria ou o turismo termal A actualización dos valores catastrais, que é voluntaria, foi solicitada polo Concello a Catastro para ser aplicada no próximo ano 2017. Quérese así compensar o esforzo tributario que realizaron os veciños de Barbadás ao longo da última década, trala actualización de 2007, que supuxo un incremento considerable nos valores catastrais. O concelleiro de Facenda explica que a rebaixa é posible porque o Concello conseguíu axustar o gasto público ás prestacións de servizos e ao sosteñemento das dotacións públicas municipais e agarda un reparto máis xusto da participación nos ingresos do Estado.
12
OURENSE POR Barrios Maio de 2016
especial AUTOMOCIÓN
Seat presenta o seu primeiro modelo SUV, o novo Ateca Seat presenta o seu primeiro modelo SUV.: o novo Ateca. Calidade sobresaliente, produción precisa e atractiva relación calidade-prezo son as palabras que o describen. Cando o Seat Ateca inicie a súa comercialización estará dispoñible nunha ampla gama de variantes, que permitirán elixir entre potentes propulsores turbo de gasolina ou diésel, cunha potencia de entre 115 e 190 CV (cun consumo entre 4,3 e 5,0 litros cada 100 km nos diesel, e entte 5,3 e 6,2 litros en gasolina), con tracción dianteira ou total, ademais de caixas de cambios manuais ou DSG de dobre embrague. A ampla gama de opcións esténdese desde os faros Full LED até unha gran variedade de sistemas de asistencia, como o innovador asistente para atascos ou outro para emerxencias, pasando por un paquete de sistemas de última xeración con pantallas táctiles de 8 polgadas e conectividade Full Link. Aos acabados habituais de Seat, engádese agora o Xcellence, que ocupará o tope da gama. Todos eles ofrecerán unha variedade de cores e materiais de
máxima calidade. Deseño O frontal do Ateca é 100 % Seat e, á vez, 100 % SUV. A rotunda grella elevada de gran tamaño contrasta cos faros afiados e as prominentes entradas de aire, non deixando lugar a dúbidas sobre o seu carácter dinámico d. Ao mesmo tempo, este SUV presenta un porte atlético, cargado de solidez e fiabilidade. O deseño do interior combina a elegancia e seguridade que tanto aprecian os condutores de vehículos SUV. Os aspectos chave son a posición elevada dos asentos, a perfecta visibilidade do frontal do vehículo e as robustas molduras das portas. Cunha lonxitude exterior de 4,36 metros, o novo Ateca aproveita o espazo dispoñible mellor que ningún outro vehículo do seu segmento, contando cun
maleteiro de 510 litros na súa configuración estándar ou de 485 nas versións con tracción total. Tecnoloxía Un exemplo da tecnoloxía do novo Ateca é o “Traffic Jam Assist”, unha función de asistencia que ofrece un maior confort en situacións de tráfico con paradas intermitentes frecuentes. En retencións de tráfico, o Seat Ateca manobra, acelera e frea automaticamente dentro dos límites do sistema. Ademais, conta cunha nova función de seguridade é o “Emergency Assist”, coa que, se o condutor permanece inactivo durante certo período de tempo, o vehículo envía unha advertencia, visual e acústica, seguida finalmente por unha pulsación breve dos freos. Se aínda non hai reacción, o vehículo detense sen saírse do carril.
Proba o novo Seat Ateca en Copersa, rúa Seixalbo.
Novos lavados manuais a presión en Estación de Servicio Reza A Estación de Servicio de Reza dispón dos mellores servizos para todos os vehículos e sempre aposta pola actualización continua para manter un excelente nivel de calidade en toda a súa oferta. Ademais, para agradecer a confianza depositada por parte de todos os clientes, realiza continuos sorteos nos que as papeletas se conseguen co mero feito de repostar. Os servizos cos que conta a Gasolineira de Reza son surtidor de GLP (AutoGas), o carburante alternativo á gasolina ou diesel máis utilizado do mundo; surtidor de AdBlue Subterráneo; e surtidores de dobre caudal, para axilizar a reposición dos vehículos industriais. Ademais, dispón dunha área para a limpeza de vehículos totalmente renovada: con cinco postos de lavado manual a presión de auga quente, dos que tres deles contan coa máquina máis moderna do mercado: dúas lanzas separadas, unha para a auga a presión e outra para espuma en seco, función especial con líquido limpa lamias e dous tipos de cera: cera quente e coidado final para que o coche brille máis.
Nova máquina de lavado a presión en Reza. Nas súas instalacións tamén é posible realizar a limpeza interior do vehículo con ozono, que desinfecta e elimina os cheiros do ambiente e a tapicería, actuando de maneira instantánea e sen deixar residuos Asemade, a Estación de Servicio Reza é o único punto de referencia na cidade como área de servizo para autocaravanas. Ofrece igualmente tenda, prensa, pan fresco todos os días, butano de
3 kg e 6 kg, todo tipo de produtos de primeira necesidade así como outros seleccionados na súa orixe pola súa gran calidade. Reza é unha estación de servizo cardioprotexida; de feito foi a primeira gasolineira de Galicia en dispor deste servizo, desfibrilador e persoal formado.
Estación de servicio Reza - Estrada OU402, Km 1,7
AUTOMOCIÓN especial
OURENSE POR Barrios Maio de 2016
13
14
OURENSE POR Barrios Maio de 2016
especial AUTOMOCIÓN
CENTRO DE FORMACIÓN CAMPUS-FRANCISCO
Os carnés de conducir de camión e trailer puntúan para oposicións
Unha imaxe do recinto de Expourense durante a celebración do Car Outlet.
As familias ourensás buscaron no Car Outlet a renovación do seu vehículo A primeira edición do Car Outlet Ourense convertiu Expourense do 20 ao 22 de maio no concesionario máis grande de Galicia. Máis de 4.000 persoas achegáronse ata o recinto feiral para coñecer ventaxosas ofertas en vehículos de segunda man, ofrecidos polas 24 marcas presentes. Na última xornada, a do domingo, foi cando se rexistrou a maior afluen-
cia de público, sobre todo familias e parellas en busca dun coche con máis capacidade que se adecuara as súas necesidades. De feito, ao percorrer a feira en horas próximas ao peche, numerosos coches tiñan xa colgado o cartel de vendido. Este certame estivo organizado de forma conxunta entre Expourense e a Asociación de concesionarios de Au-
tomóbiles de Ourense, ACAUTO e contou coa colaboración de Abanca. Un total de 18 concesionarios participaron como expositores para presentar unha amplia oferta de vehículo kilómetro cero, seminovo, de xerencia ou de segunda man. Tamén se presentaron novidades en modelos de moto que se comercializarán de cara ao 2017.
Recomendacións para o momento de mercar coche Cando nos decidimos a mercar novo coche podemos vivir un momento estresante, tanto polo gasto que supón como pola preocupación de tomar a decisión correcta. Por iso, antes de elexir novo vehículo debemos seguir unha serie de recomendacións: - Realizar un presuposto tendo en conta os nosos aforros ou o crédito bancario que nos concedan. - Elexir un coche que se adapte ás nosas necesidades, presentes e futuras. Valorar en primeiro lugar a motorización (diesel ou gasolina), tendo en conta
os consumos ou tipo de viaxes que facemos de xeito máis habitual. - Tamén debemos pensar no valor futuro do coche por se temos necesidade de vendelo. - Visitar varios concesionarios para descubrir de primeira man os modelos que nos encaixan. - Antes de mercar é indispensable probar. Debemos dar unha volta no vehículo e valorar as sensacións que nos produce. - Informarse de se podemos optar a algunha axuda como o plan PIVE. - Ter en conta os gastos complementarios como
seguro, imposto de matriculación ou revisións e avarías futuras. Tamén hai moita xente que se decanta por mercar coche por internet (aforras tempo, desprazamentos e complicacións), pero carece do asesoramento persoalizado que ofrecen os concesionarios, nos que resolven dúbidas; poden rebaixar o prezo inicial por algunha campaña promocional do establecemento ou marca; ou recomendarche algún coche en stock que coincida co que desexas ,permitíndoche ademais un importante aforro.
Ademais de ser autoescola, o centro de formación Campus-Francisco (sito en Camino Caneiro, 16) prepara oposicións a Policía Local, Policía Nacional e Garda Civil. O centro creou un sistema propio de ensinanza para forzas e corpos de seguridade, baseado nun seguimento e formación total do alumno. Así, preparan de forma presencial o 100% das probas, cunha corrección individualizada da programación didáctica por parte do profesor, e con simulacros completos de exame. Os opositores tamén realizan probas de nivel coas que adestrar os temas e casos prácticos específicos, e reciben un seguimento continuado,
Instalacións do centro na rúa Camino Caneiro./M.R. físico e teórico. Campus-Francisco informa ademais de datas, exames e prazas. De xeito paralelo, os opositores poden preparar
os carnés de conducir de camión e trailer, que puntuan para as oposicións. A matrícula é gratis. Infórmate sen compromiso no 988 22 63 29.
Centro de formación Campus-Francisco prepara oposicións a Policía Local, Policía Nacional e Garda Civil
AUTOMOCIÓN especial
Peugeot lanza o renovado 2008 Peugeot é a segunda marca máis vendida de vehículos SUV en España. Despois de tres anos do seu lanzamento, o Peugeot 2008 continúa unha brillante carreira no mercado español. Coa súa renovación, a marca inicia unha ofensiva sen precendentes nos segmentos SUV máis importantes do mercado. A renovación abarca todas as áreas do vehículo. O deseño, os códigos estéticos, os novos acabados e toda a tecnoloxía de conectividad de última xeración permitirán que o 2008 siga sendo a referen-
Peugeot é a marca con menores emisións de CO2 de media en Europa
cia no segmento B SUV. Motores Coa adaptación á normativa anticontaminación euro 6.1 realizada en setembro de 2015, Peugeot dispón da gama de motores máis eficiente do mercado. É a marca con menores emisións de CO2
de media en Europa. A solución técnica adoptada polos enxeñeiros de Peugeot sobre o tratamento dos gases de escape e partículas en vehículos diesel revelouse como a máis eficaz do mercado de maneira real. Ademais, a oferta de caixas de cambios manuais de 5 e 6 velocidades e automática de convertidor de par de 6 velocidades EAT6 permite atopar un 2008 cun motor e caixa de cambios adecuado para cada cliente.
Conta con cambios manuais de 5 e 6 velocidades.
OURENSE POR Barrios Maio de 2016
15
O novo 2008 amplía gama de cores e conta cun deseño máis robusto e deportivo
Presenta faros dianteiros e traseiros renovados. Exterior O novo 2008 amplía a súa gama de cores. O Gris Hurricane convértese na pintura opaca gratuíta, ademais incorpora unha nova cor metalizado Emerald Cristal e un Vermello Ultimate con tres capas de verniz. O Branco Banquise pasa a ser de pago a un prezo reducido. Igualmente evoluciona elementos da súa silueta, incorpora faros traseiros tecnolóxicos 3D a LED de 3 garras e nova más-
cara de faros dianteiros negro/cromo. O novo frontal co capó horizontal e a calandra vertical outórgalle unha personalidade inequivocamente SUV. A robustez que transmite o vehículo agrándase cos protectores dos pasos de rodas. A deportividade únese ás características coñecidas do 2008 co novo nivel de acabado GT-Line. Novidades tecnolóxicas Este renovado 2008 in-
clúe a última tecnoloxía do automóbil, que facilita ao condutor a vida en contornas urbanas, como por exemplo mediante a cámara de visión traseira, ou o eficaz “Active City Brake”, que desde 5 até 30 km/h permite reducir a velocidade de maneira automática en caso de que detecte un vehículo detido diante. Ademais, coa evolución da súa pioneira pantalla táctil de gran formato de 7 polgadas o 2008 sitúase á vangarda da interactuación ao reproducir a pantalla dun smartphone compatible, adoptando comandos vocais, e manexando algunha das APPS máis interesantes do mercado tecnolóxico.
16
OURENSE POR Barrios Maio de 2016
EN BREVE
SOCIEDADE/ ARTIGOS
4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN
4 Cursos de cociña para mozos A Concellería de Xuventude pon en marcha tres obradoiros de cociña saudable dirixidos a mozos e mozas de 15 e 35 anos e un máis dirixido a menores de 7 a 12 anos. As actividades realizaranse durante o mes de xuño e primeiros días de xullo na Aula Municipal de Cociña, nas Lagoas. O prazo de inscrición está aberto, na Concellería de Xuventude ou no correo xuventude@ourense.es.
4 Campaña de verán en Amencer A asociación xuvenil Amencer presentou a súa oferta lúdica para o verán. Inclúe as XI Mañás de Verán, dende o 27 de xuño ao 14 de xullo para rapaces de 3 a 14 anos; as VI Mañás Lúdico-deportivas, dende o 18 ao 22 de xullo para cativos de 5 a 16 anos; e o máis que coñecido XXIX Campamento Urbano Infantil e Xuvenil, dende o luns 1 de agosto, de carácter gratuíto e dirixido a nenos e nenas entre 8 e 16 anos.
4 Campo de traballo na cidade A cidade de Ourense acollerá este verán un dos cinco campos de traballo que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta. Celebrarase do 1 ao 11 de agosto, terá carácter internacional, temática medioambiental e social e disporá de 20 prazas para mozos e mozas de entre 18 e 30 anos.
Un blog do Padre Feijoo, finalista nuns premios estatais
Ruína Vai deixando recados, pistas, avisos. Necrópsicas misivas que nos lembran o efémero da vida. Fráxil, fugaz, quebradiza e vulgar. A idade encárgase de establecer condicións e delimitar os espazos prohibidos. Onde foron os P.M?, Onde os veciños de fogares poboados agora por ausencias? Onde o negocio no que mercabamos o pan que sabía a aldea? Onde a señora que recibía cun sorriso a agardada e vespertina visita dun neno que hoxe é pai?. Mundano, perecedeiro, mortal. Onde? Agardan en perenne agonía na rebaba dun recordo. Alí onde o eco da memoria posterga a ruína dun corpo golpeado polo tempo. Fernando Valcárcel Membro do Arquivo Visual Ourensán
4 Elaborado polos estudantes. Redacción
Rúa Progreso, esquina con rúa Reza. Finais dos 70.
O blog do Proxecto Ciencia Activa do colexio Padre Feijoo Zorelle de Ourense vén de ser seleccionado na X Edición do Concurso Espiral Edublogs, que premia os mejores blogs educativos de toda España. A web dos estudantes ourensáns foi seleccionado como unha das tres gañadoras na modalidade “Blog de alumnos de secundaria”. Parte dos escolares e a súa profesora, Beatriz Temes, acudirán
ao acto de entrega de premios que se celebrará en Madrid o 11 de xuño e no que se dará a coñecer cal dos tres blogs seleccionados ocupa o primeiro posto. Ciencia Activa é unha bitácora na que o alumnado publica entradas sobre noticias do ámbito científico, actividades que se fan na aula e proxectos levados a cabo no centro educativo. Amáis, dispoñen dunha canle de podcast e de televisión en liña onde publican entrevistas e reportaxes.
4RECEITA
Salpicón de marisco Ingredientes: - 250 gr de langostinos - 250 gr de gambas - 250 gr de rape - 8 pezas de vieira - 1 bogavante - 1 boi de mar - Ovos cocidos - Pemento vermello e verde - Cebola - Perexil - Loureiro - Sal, aceite e vinagre Elaboración: - Cocer as gambas,
os lagostinos e as vieiras aproximadamente un minuto, con abundante sal e loureiro. - Deixar arrefriar e pelar. - Cocer o bogavante (5 minutos), o rape e o boi (12 minutos), tamén con abundante sal e loureiro. - Deixar arrefriar. - Picar as verduras e os ovos finamente, engadirlles sal, 300 cl de aceite e 100 cl de vinagre, mesturalo e deixar macerar 1 hora.
- A continuación engadiremos: as gambas, os lagostinos, as vieiras, o rape, o interior da cabeza do bogavante, e o interior do boi. - Para finalizar espolvoreamos con perexil picado e decoramos coas patas do boi e a carne do corpo do bogavante cortado en medallóns. Luis Iglesias, Restaurante Os Caracoles Tel. 988 380 165
Estudantes do Padre Feijoo autores do blog e a súa profesora.
SOCIEDADE
A Xerencia xustifica o peche de camas durante o verán 4 Os sindicatos critican a medida. Reducción A redución de camas en período estival é unha práctica habitual, pola necesidade de adaptar a capacidade de ingreso á diminución da ocupación, sendo sempre unha medida temporal modificable en calquera momento ante un aumento da demanda. Así defenden desde a Xerencia de Xestión Integrada de Ourense a previsión de peche de camas prevista para este verán, antes as críticas das organizacións sindicais. Os sindicatos cifraban en 110 a redución de camas que sufrirá o CHUO na época estival, mentres que a Xerencia fixaba este número en 79 camas de adultos e 16 en lactantes. As organizacións sindicais alertaban de que, ademais do persoal que se verá afectado, “serán multitude os doentes que sufrirán máis retrasos ainda cando teñan que dispor de unha camas”. De feito, opinan que vai suceder como outros anos, “en que os plans de peches impostos pola Xerencia e a Consellería, choquen frontalmente ca realidade asistencial que eles non queren ver, e polo tanto veránse forzados a reabrir camas e reasignar recursos que nunca deberon eliminarse, ou ingresar doentes en unidades que
non son da súa especialidade, creando distorsións na atención ao romper c aorde que debe existir na organización hospitalaria”. Desde a Xerencia non o ven así, e recordan que a programación prevista para este ano “adaptouse rigurosamente á porcentaxe de ocupación histórica estival dos centros”. En concreto, no complexo hospitalario, e á diferenza doutros anos, non se pechará ningunha habitación nos edificios Cristal e Materno, “posibilitando que a redución de camas operativas revirta nunha maior comodidade para os pacientes, ao reconverter habitacións triplas en dobres e parte das dobres en individuais, como no caso de obstetricia”. Asemade, para facer máis operativas as camas funcionantes, no CHUO focalizouse a redución destas no Sta. María Nai, centralizando, na medida do posible, a hospitalización nos edificios Cristal e Materno, axilizando así os ingresos urxentes, ao evitar traslados en ambulancia.
Este verán pecharanse no CHUO 79 camas de adultos e 16 de lactantes
OURENSE POR Barrios Maio de 2016
Chamada de atención de Cáritas ás administracións 4 Presenta a Memoria de 2015. Paula Lodeiro Cáritas Ourense vén de presentar a súa Memoria 2015, ano no que a entidade benéfica atendeu 11.138 persoas, case o 60% delas mulleres, chegando ata as 27.734 as persoas que se beneficiaron das súas axudas. Dos datos da memoria, constátase que Cáritas vén atendendo nos últimos anos un número estable de persoas, pero “aumenta a cronicidade, o número de persoas que levan máis de tres anos vinculados a Cáritas”, explicaba a súa directora, María Tabarés. Hai dous perfís principais de usuarios da entidade; dunha banda, persoas sen fogar ou con vivenda insegura, e doutra, familias monoparentais. As axudas que presta Cáritas chegan en forma de axudas de emerxencia social, formación e emprego, atención social especializada e animación comunitaria e voluntariado. Unha engranaxe na que participan 16 centros propios e 36 puntos de acollida e atención en toda a diocese, 40 traballadores e 518 voluntarios. Financiamento Cáritas Ourense contou o exercicio pasado cun orzamento de 1,7 millóns de euros, dos cales o 58% procederon de achegas públicas e o 42% de
17
EN BREVE 4 Máster no Instituto da Familia O Instituto da Familia de Ourense, en colaboración coa Universidade Francisco de Vitoria, pon en marcha un curso de experto e máster en Coaching Familiar, que comezará no mes de outubro. Os temas, a programación e o profesorado foron elixidos coidando a calidade desta oferta formativa, que busca dotar aos que a cursen de ferramentas e habilidades para axudar a familias e matrimonios.
4 Pincho solidario
María Tabarés, directora de Cáritas desde o pasado verán, xunto ao delegado, Ángel Mirón, detallaron actividades e ingresos da entidade durante 2015./P.LODEIRO. recursos privados. Desta cantidade, a partida máis elevada (613.000 euros) foi destinada ás axudas de emerxencia social, acollida e asistencia e ao comedor social. Precisamente o comedor social, que beneficiou a 2.627 durante 2015, pende dun fío polos atrasos nos pagamentos por parte do Concello de Ourense, que é a administración que achega a maior parte dos seus usuarios. “Queda pendente de pago parte de 2014, o2015 está sen abonar (ao redor de 90.000 euros) e o convenio de 2016 está sen firmar”, precisaba a directora de Cáritas. Dificultades para xustificar os gas-
tos “que non tivéramos nunca” están detrás deste retraso, explicaba María Tabarés, que aínda así se amosaba optimista sobre o cobro deses fondos. Nesa mesma liña, chamada de atención ás administracións: seguen sen ter “unha respo sta áxil” aos máis necesitados; de feito, o 75% das persoas atendidas por Cáritas viñan derivadas dos Servizos Sociais municipais.
Cáritas ten aínda por cobrar a achega do Concello para o comedor social
O xoves 2 de xuño Mans Unidas en Ourense organiza o tradicional Pincho solidario nos Salesianos. O donativo será de cinco euros e o que se recade será destinado á creación de hortos escolares, un viveiro e un plan de formación para pequenos agricultores en Mozambique.
4 Atención a turistas na Catedral Coa finalidade de prestar unha mellor atención a turistas e visitantes, a Catedral de Ourense vén de contratar os servizos da empresa Arti Splendore. Un servizo que, ademais de mellorar a atención aos visitantes, que disporán de audioguías para visitar o templo, axudará ao sostemento da Catedral e do seu patrimonio. Os fieis que visiten o recinto relixioso por motivos de culto non se verán afectados por esta iniciativa.
18
OURENSE POR Barrios Maio de 2016
IMAXES DO MES
Grupos de teatro participantes na 15ª edición da MOTECES./P.LODEIRO
Teatro por e para escolares O pasado 13 de maio clausurábase na Escola Municipal das Artes Escénicas a 15ª edición da Mostra de Teatro de Centros Educativos de Secundaria (MOTECES). Facíao coa representación de “Lisístrata” de Aristófanes a cargo do grupo de teatro da Universidade Laboral e dirixidos por Matilde Vázquez. Ao rematar, eles e os outros oito grupos participantes (dos colexios Santo Ángel e Divina Pastora, os institutos Otero Pedrayo, Blanco Amor e Ferro Couselo e As Lagoas, e CIFP Carballeira recibiron como agasallo unha reproducción pictórica dunha obra da literatura. Tamén foi agasallada a alumna do Santo Ángel Iria Álvarez, autor do póster anunciador desta MOTECES. Ás representacións teatrais acudiron máis de 1000 estudantes de 12 centros de ensino da cidade.
Gañadores do concurso de pinchos Sabores de Ourense edición primavera./P.LODEIRO
Premios aos mellores pinchos O concurso de pinchos Sabores de Ourense edición primavera, organizado pola Concellería de Turismo e Termalismo e a Unión de Hostaleiros Ourensáns (UHO) entregou o venres 13 de maio, nun acto no Liceo, os seus premios. Entre os 39 pinchos presentados a concurso, resultaron finalistas os dos establecementos A Saia da Carolina, Barallete, La Gula, Bar Miguel, O Comellón, Tapa Negra, A Cuqueira de Lourdes, Sybaris 2.0, La Estación de Loman, A Feira. O xurado profesional, composto por Nacho Costoya (premiado maitre e somelier), Eva Fachado e Eduardo Redondo (Escola Hostelería Vilamarín) e José Luis Oliveira (blogueiro gastronómico), decidiu que a mellor creación era a “Máscara” de La Estación de Loman, seguido de “Peta-Z” de Tapa Negra, e “A horta de Carolina” de A Saia da Carolina. Foron 2.309 as papeletas recollidas na votación do público, que escolleu como mellor petisco o que presentaba o Fuentefría, “Un mar de fume”, con 243 votos, seguido de “O rei do monte” de A Casa do Pulpo (161 votos) e “Polbo na cama” de A Casita do Pulpo (159 votos). O premio da prensa recaeu no pincho de A Saia da Carolina, ao igual que o premio Pincho Celíaco, mentres que o premio da aplicación #SaboresdeOurense foi, de novo, para o pincho do Fuentefría. No mesmo acto entregáronse agasallos ás persoas gañadoras do sorteo que premiaba a participación no certame do público.
Segunda Gala solidaria ADO
Espectáculo de danza na 2ª Gala benéfica ADO, no Auditorio./RAMSÉS.
O Auditorio de Ourense encheuse o pasado venres 20 de maio para a 2ª Gala solidaria a favor de ADO (Asociación de persoas con discapacidade de Ourense). Foron máis de 4.600 euros os recadados nun espectáculo no que participaron artistas como Daniel Minimalia, Emilio Rúa, Rubén Riós, o monologuista Xan Veiga, Os Perqtores, os grupos de baile Meigas Tribal, Enka e Sabrosura e a Real Banda de Gaitas da Deputación. A gala estivo presentada por Montse Estévez e Juan Maceiras.
IMAXES DO MES
A conselleira do Medio Rural brindando con escolares con leite galego na Praza./P.L.
A Praza de Abastos promociona o leite galego A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acudiu a Ourense con motivo da celebración do “Día do sector lácteo” dentro da campaña “Quere o teu mercado” que se estivo a desenvolver nas últimas semanas na Praza de Abastos nº 1 da cidade. Neste acto, a conselleira destacou a importancia da promoción e posta en valor do leite galego como fórmula para impulsar o seu consumo e beneficiar a este sector, estratéxico dentro da economía da comunidade. Para tal fin, Vázquez salientou o papel relevante do selo de calidade diferenciada “Galega 100%”, polo que representa de referente de excelencia e de identificación do produto co territorio, A xornada incluíu a lectura dun manifesto de apoio ás explotacións leiteiras galegas, por parte do presidente dos comerciantes, Emilio González.
OURENSE POR Barrios Maio de 2016
19
Entrega de placas conmemorativas ás entidades colaboradoras na clausura de Galisenior.
Galisenior promove unha vellez activa A promoción da vellez como unha etapa da vida positiva e do envellecemento activo e saudable como fórmula para vivir máis e mellor. Isto foi o que demostraron ao redor de 5.000 visitas procedentes das catro provincias galegas que se achegaron os días 25 e 26 de maio ata Galisenior, o 10º Salón internacional das persoas maiores. No recinto feiral de Expourense participaron nas máis de 50 actividades organizadas, sendo as exhibicións de baile e ximnasia por parte dos 11 centros sociocomunitarios da provincia, os obradoiros de relaxación, os traballos manuais e as novas tecnoloxías algunhas das actividades que contaron con maior seguemento. De maneira paralela, 40 relatores de España e Portugal analizaron a situación actual dos maiores na sociedade -en Ourense representan o 31% da poboación- a través das xornadas técnicas profesionais ás que asistiron 250 persoas.
20
OURENSE POR Barrios Maio de 2016
EN BREVE 4 Bonsais en Montealegre Medio cento de bonsais ocupan o viveiro do Botánico de Montealegre até o próximo 5 de xuño. A maior parte dos exemplares que se poden observar en Ourense son especies autóctonas perfectamente adaptadas ao clima local. O departamento de Medio Ambiente convida a escolares a realizar visitas guiadas, dado o carácter divulgativo da mostra.
4 Premio Vicente Risco O Concello de Ourense, en colaboración coa Fundación Vicente Risco, abre a convocatoria da 17ª edición do Premio Risco de Creación Literaria dedicada ao xénero narrativo. Á mesma poderanse presentar novelas, conxuntos de relatos, ou ensaios de carácter inédito, redactados en lingua galega, antes do 23 de setembro. A obra gañadora será premiada con 6.000 euros e a publicación de 150 exemplares do libro.
4 Novo director para o OUFF O asturiano Fran Gayo dirixirá o 21º Festival de Cine Internacional de Ourense, que terá lugar do 28 de outubro ao 5 de novembro. Programador en certames coma o FicXixón ou o BAFICI de Bos Aires, Gayo asume o reto de contaxiarlle ao público de Ourense a súa curiosidade polas novas tendencias cinematográficas do concerto internacional, especialmente do ámbito iberoamericano, sobre o que se porá o foco na presente edición do OUFF.
OCIO E CULTURA
Xoel López, Duncan Dhu, Ariel Rot e Auryn, nas Festas de Ourense 4 Os festexos celebraranse entre o 25 de xuño e o 3 de xullo. P. L. Xoel López, Duncan Dhu, Ariel Rot, Auryn… son algúns dos nomes propios que actuarán este ano nas Festas de Ourense, que terán lugar entre o sábado 25 de xuño e o domingo 3 de xullo. Baixo a premisa de ser “unhas festas de todos os ourensáns e de toda a cidade” e cun orzamento “modesto” de arredor de 300.000 euros, apuntaba o alcalde, Jesús Vázquez, xa hai confirmados unha ducia de concertos, que se repartirán entre a praza Maior e o Xardín do Posío. Na praza Maior, con entrada de balde e horario habitual ás 22:30 horas, actuarán Xoel López (día 25), Roi Casal (día 26), María do Ceo (día 27), Ariel Rot (día 29), Ses (día 30), Delafé (1 de xullo), Coque Malla (2 de xullo), e Furious Monkey House (o 3 de xullo, ás 21:30h). Xunto a eles actuarán bandas locais como The Tetas’ Van, Priscila ou MCarballo. O Posío, con entrada a cinco euro, acollerá os concertos de Duncan Dhu, o 30 de xuño, e a boy band Auryn o 1 de xullo, así como o Ourense Dance, no que se pide un donativo en forma de quilos de alimentos. To-
Actividades de verán para os escolares Redacción A Concellería de Educación presentou as Actividades de Verán 2016 para escolares nos meses de xullo e de agosto. “A maior novidade deste ano é que ampliamos o horario nos centros escolares
dos eles ás 23 horas. Ademais, haberá outros concertos de pequeno formato noutras prazas do casco vello, que se irán desvelando máis adiante, xunto a outros detalles do programa. Haberá pregón e fogos de artificio (non concurso) e probablemente de novo mercado medieval; e está por decidir aínda a ubicación das barracas. “Estamos traballando nunha oferta maior, queremos que sexan unhas festas populares e de rúa”, apuntaba o rexedor, que avanza-
ba que Cultura prepara un espectáculo para a xornada inaugural “que chamará a atención de cativos e non cativos”. Concurso para elixir o cartel Unha das novidades deste ano será a elección do cartel por parte dos cidadáns. Un xurado seleccionará as cinco mellores propostas que se presenten, e logo será o voto do público a través da páxina web da Concellería de Cultura o que decida o gañador.
Orquestras de renome, na Valenzá 4 A localidade honra a San Bernabé do 9 ao 12 de xuño. Redacción Como cada ano as festas da Valenzá, na honra de San Bernabé, presentan un completo cartel de actuacións musicais con recoñecidas orquestras. Os festexos botan a andar o xoves 9 de xuño, á medianoite, da man de El Combo Dominicano. O venres 10, ás 23 horas haberá Discomóvil e ás 23:30 terá lugar unha master class para nenos e adultos a cargo do Ximnasio Golfiños. Xa ás 12 da noite será a esperada actuación da orquestra Panorama. O sábado ás 9 da mañá disputarase o III Torneo Alevín de fútbol; ás 11:30 haberá globoflexia, pinta-
caras e xogos para os máis pequenos e ás 18 horas actividades en familia. Ás 19 haberá pasarrúas a cargo da charanga da Escola de Música de Barbadás; ás 23 horas haberá Discomóvil e á medianoite chegará a gran orquestra París de Noia. Xa o domingo 12 de xuño, ás 11:30 terá lugar un taller de maquillaxe e pintura de uñas; ás 12, misa solemne e procesión; de 18 a 20 horas, manualidades; de seguido, concerto da Banda de Música Municipal; e pechará a festa ata o próximo ano o Baile da Pataca (a partir das 20:40) con espectáculo da queimada. Por último, o luns 13 os nenos serán os reis nas atraccións das festas.
Festas de San Xoán en Seixalbo 4 Do 23 ao 26 de xuño. Redacción Batalla de Flores dunha edición anterior./ARQUIVO.
4 Recupérase a Batalla de Flores Logo de dous anos sen celebrarse, regresa a Batalla de Flores ao programa das Festas de Ourense. A cita, co percorrido habitual de Mestre Vide á praza Maior, será o 2 de xullo ás 19 horas. Participarán oito carrozas achegadas polo Concello e outras dúas patrocinadas por entidades colaboradoras. A animación do desfile será de temática variada, contratacións que se están pechando actualmente por parte da Concellería de Cultura, e incluirá tamén xigantes e cabezudos.
unha hora para conciliar as obrigas familiares co lecer dos pequenos”, dixo Belén Iglesias, concelleira de Educación. O prazo para anotarse estará aberto do 1 ao 15 de xuño a través da Concellería de Educación (praza de San Martiño 2, 1º andar ou no teléfono 988 388 136). Así, os centros escolares Amadeo Barroso, O Couto, Mestre Vide e Prácticas abrirán de 8:30 a 14:30 ho-
ras en xullo para acoller a alumnos de Primaria. Pola súa banda, a Aula da Natureza do Río Miño realizará actividades en xullo e agosto, de 10 a 13 e de 17 a 19 horas, para rapaces de ata 12 anos. E as bibliotecas municipais da Carballeira, San Francisco e A Ponte serán escenario en xullo e agosto de propostas educativas para nenos de 4 a 10 anos.
Seixalbo acolle do 23 ao 26 de xuño as súas tradiconais festas na honra de San Xoán e a I Festa do Pemento. O días 23 será a Festa da Xuventude, amenizada pola orquestra Los Player´s e a charanga Europa a partir das 11 da noite. O venres 24, a partir das 10 da mañá haberá
pasarrúas coa banda Os Gaiteiros.; e ás 12, procesión e misa solemne. Ás 20 horas actuarán as orquestras Hiroshima e Nevada. O sábado 25 será o día da I Festa do Pemento, a partir das 20 horas, amenizada pola charanga XL e a orquestra La Fórmula. E o domingo, ás 12 haberá misa solemne; e fin de festa a partir das 20 horas a cargo da orquestra Gran Casino.
PUBLICIDADE
OURENSE POR Barrios Maio de 2016
21
22
OURENSE POR Barrios Maio de 2016
DEPORTES
EN BREVE
O Cidade dobrega ao Envialia
4 Copa Deputación de Natación
4 2-3 foi o resultado. R. Torres O Cidade As Burgas gañou ao Ourense Envialia na penúltima xornada da Liga por dous goles a tres. Despois de ir vencendo por dous goles a cero as de Manolo Codeso lograron darlle a volta ao marcador nos últimos minutos e acadar os tres puntos. Iria, en propia porta, e Sara Moreno puñan en vantaxe ás albinegras; Iria Saeta, en dous ocasións, e Candela, lograban a remontada. Este resultado fai que perigue a Copa para o Envialia. Na última xornada visita ao Futsi, que se está xogando o título ligueiro. Unha vitoria ou un empate
faría que as ourensás se clasificaran para a Copa; se pola contra perden, o Universidad de Alicante, que xoga contra o Móstoles, tería que empatar ou perder para que o Ourense Envialia estea na próxima edición da Copa de España.
Redacción Momento do derbi ourensán. /RAMSÉS.
4 Asinou nova marca galega na modalidade de carabina tendido. O tirador ourensán Jorge Encinas gañou este domingo o campionato de Galicia de carabina match olímpico en Pontevedra, establecendo unha nova marca galega en 592 puntos. Trátase do seu segundo triunfo autonómico en 15 días, xa que o pasado día 17 de maio Jorge Encinas alcanzaba o primeiro posto, tamén en Pontevedra, na modalidade de carabina tres posicións. Jorge
Triana e Navarrete despuntan en Ourense 4 Foron os mellores no Ourense Termal Athletics Meeting.
Jorge Encinas, bicampeón galego de tiro e récord
P. Lodeiro
Mauro Triana entrando primeiro na meta da proba dos 200 metros. /RAMSÉS.
foi o único representante ourensán nestas competicións, nas que participaron tiradores de toda a comunidade galega. Granada Esta semana o deportista ourensán acudirá a Granada para participar na Copa do Rei. Nesta mesma competición o ano pasado conseguiu a medalla de bronce en categoría absoluta na modalida de carabina tendido.
Jorge Encinas na modalidade de carabina match.
O domingo 29 de maio as pistas de atletismo do campus de Ourense acolleron unha nova edición do Ourense Termal Athletics Meeting. Unha proba cada vez máis consolidada no calendario da Real Federación Española de Atletismo, organizada pola Deputación e a Universidade de Vigo. Os mellores atletas deste ano foron Mauro Triana e Esther Navarre-
te, en homes e mulleres, respectivamente. O deportista galego do Playas de Castellón logrou o triunfo grazas aos 10.46 segundos que fixo nos 100 metros (ilegais polo + 2.1 de vento a favor) e nos 200 metros 21.45 segundos. Por parte de Navarrete, a do Celta de Vigo parou o crono na proba dos 3.000 metros en 4:25.16. Os ourensáns Pola banda local, as actuacións máis destacadas
Paderne - UDO, a final da Copa 4 O encontro terá lugar no Couto este sábado a partir das 19 horas. Redacción Xa se sabe que dous equipos xogarán a final da Copa Deputación B de fútbol. O Paderne e a Unión Deportiva Ouense veranse as caras o sábado 4 de xuño no estadio do Couto ás 19 horas. O Paderne chega a esta final despois de desfacerse en semifinais do Viana (1-1 na ida e 2-0 na volta). A UD Ourense logrou un cómodo pase ao lograr a vitoria diante do Cea; 0-
3 e 5-0 foron os resultados nos dous encontros. Para os unionistas pode ser a última oportunidade de gañar este torneo; o ano que vén xogarán a Copa A
foron as vitorias de Alfonso Palomanes no concurso de triplo salto (cun mellor intento de 15,63 metros); Bea Viteri, con 3.65 metros, en salto con pértega; Emma Valencia, 15.33 segundos, no 100 metros valados e Alejandro Fernández nos 3.000 metros cun tempo de oito minutos e 12 segundos.
Catro ourensáns venceron nas súas probas ao xogar en Primeira Autonómica. Copa A Na Copa Deputación A aínda queda por xogar o partido de volta para coñecer aos finalistas. O Bande asaltou Espiñedo e logrou unha mínima vantaxe diante do Arenteiro (0-1) e o Polígono e Monterrei asinaron táboas (1-1). Queda todo pendente para os partidos de volta que se disputarán esta fin de semana.
Partido entre a UDO e o Cea./RAMSÉS.
O pasado sábado 28 de maio celebrouse a terceira xornada da Copa Deputación de natación na piscina Rosario Dueñas. Participaron nadadores dos club Pabellón Ourense e Miraflores. Nesta terceira e última xornada decidíanse aos “nadadores completos” da provincia. Foi o formato optado para esta Copa Deputación; os nadadores disputaban varias probas nas tres xornadas do torneo e o que maior puntuación tivera sería o vencedor. Os campións, por tabla FINA, en categoría absoluta-júnior foron Marcos García con 2257 puntos e Laura Pimentel con 2299 puntos.
4Charlas na Molinera O venres, 3 de xuño, ás 20:00 horas, na Molinera, Marco Rocha, director de comunicación online da Real Federación Española de Fútbol e da selección española impartirá unha charla. Será un encontro no que explicará a metodoloxía e pasos seguidos á fronte da comunicación dun xigante informativo como é a selección española de fútbol a través da súa conta oficial de Twitter @Sefutbol.
4 Atletismo O 28 de maio A Valenzá acolleu a súa primeira edición da carreira popular de atletismo. Os vencedores absolutos foron Luis Iglesias (homes) e Sonia Teijeiro (mulleres).
4 Patinaxe O Club Deportivo Ourela venceu no Campionato Provincial de deporte escolar de patinaxe artístico celebrado en Redondela (Pontevedra). As nove patinadoras ourensás, de entre 8 e 12 anos, conseguiron clasificarse de primeiras na modalidade de grupo.
AXENDA - CLASIFICADOS - INFORMACIÓN DE SERVIZO
OURENSE POR Barrios Maio de 2016
23
Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 15-2015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352 Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Miguel Rejo. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Sertaje, Fernando Valcárcel, Avelino Jácome, Pablo Feijoo Nº 17 - Ano: XV - Maio de 2016 - Difusión: 30.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 352.
4AXENDA Música - Días 3 e 4 de xuño Ourenrock sound - Explanada de Expourense - 9 de xuño - Concerto de Menage a trois - 21:30 h - Praza do San Martiño - 11 de xuño - Concerto de Bull bridgade + Rude Pride + Malheira - a partir das 20 h - Sala Berlín - 12 de xuño - Concerto de Night Demon 21:30 h - Sala Berlín - 16 de xuño - Concerto de Yomelo Montosolo - 21:30 h - Praza do San Martiño - 23 de xuño - Concerto de Menage a trois 21:30 h - Sleepwalker Exposicións - Ata o 3 de xuño - Exposición “Cando as neuronas bailan” de César Prada - Museo Municipal - Ata o 12 de xuño - Exposición “A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración” - Sala de Exposición Afundación Teatro - 9 de xuño - “Os amores de Jacques o fatalista” 21 h - Teatro Principal - 10 de xuño - “Jamming” - 22 h - Teatro Principal - 16 de xuño - “Reina Juana” - 22 h - Teatro Principal Espectáculos - 2 de xuño - Concerto enclave de cámara Cuarteto Lyskam - 20:30 h Teatro Principal - Do 21 ao 23 de xuño - XXVIII xornadas de danza de contos - 20 h Teatro Principal www.periodicobarrios.com
4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
TRABALLO
INMOBILIARIA
Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispoñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Ofrécese señora para traballar de luns a venres media xornada e tarefas do fogar, coidado de maiores, mascotas, recados, etc. ou ben as fins de semana para coidar persoas maiores ou o que necesiten, tel. 645 77 05 10. Clases de apoio a domicilio,. Matemáticas xeraias e outras materias curriculares. Todos os niveis. Ampla experiencia. Económico. Con CAP. Información en clasesadomicilio2014@hotmail.com e 610 38 25 89. Poñémosche a túa máquina de café gratis. Tel. 618 64 69 59 (Claudio). Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 56 46 81 Fanse desbroces en fincas e montes. Tel. 722 216 123. Particular en Ourense imparte clases individuais personalizadas de matemáticas e estatística, todos os niveis, e resto de materias curriculares de Ensinanzas Medias. Con CAP. Ampla Experiencia. Económico. A Domicilio. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail. com e tel. 610 38 25 89 Fanse desbroces con tractor ou a man. Bo prezo. Tel. 630 521 448.
Alugo oficina amoblada de 24 m2. Lista para empezar a traballar. 150 euros/ mes (+4 euros da luz da escaleira). Tel. 627 203 131. Vendo casa para restaurar pola estrada de Santiago. Tel. 637 00 59 10. Alugo apartamento no casco antigo de Ourense. Económico. Tel. 637 00 59 10. Alugo apartamento en Montalvo. 1 e 2 habitacións, preto da praia, equipado (xardín, tumbonas, aparcamento...). Fronte ao mar. Tel. 607 27 19 16. Vendo apartamento en Praia América con dúas habitacións, cociña americana, trasteiro e garaxe. A cinco minutos da praia. Tel. 636 422 497. Vendo piso en Praza España (Vigo). Tres habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Bo estado. Urxe venda. Tel: 639 81 62 09. Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 422 543. Alugo perruquería en Progreso, 250 euros + comunidade. Tel. 637 00 59 10 Necesítase mozo ou señor responsable para compartir piso. Zona Couto. Tel. 637 00 59 10. Vendo finca en Loiro. 3.000 m2. Con luz e auga. Tel. 687 62 86 28.
Alugo praza de garaxe fronte ao centro de saúde da rúa Valle Inclán. 50 euros. Tel. 636 329 524. Alúganse oficinas en Progreso, unha amoblada, todas exteriores. Bo prezo. Tel. 637 00 59 10. Alúgase local de oficina no barrio da Ponte, acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 950 659. Vendo finca edificable con proxecto próxima a Ourense. Prezo de oferta: 13.800 euros. Tel. 606 422 543.
VENDAS Vendo sofá 3+2, caldeira de calefacción de gas cidade, de calefacción de corrente de calor e frío, e porta de alumunio oscuro. Tel. 637 00 59 10. Véndese base terapéutica médica a estrear, marca Biofield, rexistrada polo Ministerio da Saúde, con 9 bandas magnéticas, para cama de 135 cm. Prezo negociable: 400 euros. Tel.988 249 781 Vendo colchas de ganchillo. Tel. 988 23 06 69. Vendo leña de carballo. 220 euros/tractor. Tel. 630 521 448. Vendo Opel Zafira 1.9 CDTI 150CV (7 prazas) acabado COSMO (todos os extras). Máis info e fotos no tel.: 607 20 34 81 (atendo WhatsApp) Vendo máquinas recreativas (varios modelos vellos), máquinas de dardos (PRESAS), máquinas expendedoras de tabaco,
etc. Máis info e fotos no tel.: 607 20 34 81 (atendo WhatsApp) Vendo Peugeot 207 1.4 HDI 70 cv., ano 2012, 80.000km., 5 prazas, AA, regulador velocidade. 7000 euros. Tel. 988 460 576 Vendo Citroen Berlingo 1.6 HDI 90cv., ano 2012, 78.000 km., 5 prazas, con gancho de remolque, AA, porta lateral, peche centralizado. 8000 euros. Tel. 988 460 576 Vendo Renault Clio 1.5 DCI, 70 cv., ano 2012, 70.000 km., AA, regulador velocidade, todos os extras. 7000 euros. Tel. 988 460 576 Vendo Nissan Terrano II 2.7 TD, 125 cv., ano 2005, todos os extras. 4900 euros. Tel. 988 460 576 Vendo Ford Focus 1.8 TD 90 cv., impecable, todos os extras. 3900 euros. Tel. 988 460 576 Vendo Volkswagen Golf IV 1.6 16 v., 105 cv., moi coidado. 2900 euros. Tel. 988 460 576 Traspáse cafetería en galerías parque de San Lázaro. Todo novo, recén reformado. Moi económico. Tlf: 640 378 300. Véndese Citroen Xsara varios extras, impecable, 2.000 euros. Tel. 636 452 147.
CONTACTOS Mozo novo, con grandes apuros económicos, ofrécese para compañía de mulleres de 40 a 63 anos. Prezo anticrise (1 hora / 20 euros). Ademais danse masaxes eróticos a mulleres. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.
4TEL. DE INTERESE Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcoh. Anón. 646 645 119 24h. Alc. Anón. 988 269 540 Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Narcóticos Anóm 671 58 28 38 Asoc.Crohn 630 136 447 Down Ourense 988 370 313 Atención Muller Maltratada 016
4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valenzá en www.anpian.com
OURENSE POR Barrios Maio de 2016