LECTURAS DA GRAMPA 4 (III Dar de ler coma quen dá de beber)

Page 2

DAR DE LER COMA QUEN DÁ DE BEBER Por terceiro ano consecutivo, Espazo Lectura celebra o Dar de ler coma quen dá de beber. O primeiro ano realizouse na biblioteca municipal; o segundo quixemos dar un paso máis e trasladamos o acto á praza de abastos coa intención de reivindicar novos escenarios para a lectura e o libro; este ano, continuando coa idea de levar os libros aos espazos cotiáns, celebrámolo na taberna. Se cadra, non hai ningún lugar máis axeitado para empatar co noso lema: Dar de ler coma quen dá de beber. A taberna, ese lugar de relación, de amizade, de gozo... «As persoas precisan en primeiro lugar, coma quen bebe auga, beber soños». Da agudeza e do enxeño de Álvaro Cunqueiro tomou Espazo Lectura o nome dunha actividade coa que pretendemos convidar a celebrar o Día do Libro lendo, compartindo soños e historias co mesmo pracer co que bebemos un vaso de auga fresca ou unha cunca de viño. Esta nova publicación, a número 4 da colección Lecturas da Grampa, recolle os títulos dos libros –e os autores e autoras– elixidos polas persoas que len algún fragmento nesta terceira edición do Dar de ler coma quen dá de beber. Son lecturas para ofrecerlles aos demais, para recomendar, para dar a coñecer, para revisitar, e poñémolas nas túas mans co desexo de que tamén constitúan unha pequena guía que permita abrir novos itinerarios lectores. Desde Espazo Lectura desexamos que este 23 de abril, que nos reúne na xamonería Catro Camiños de Gondomar, nos transmita eses soños e brillos da lectura que son, para o ser humano, coma a seiva para as plantas: a bebida imprescindible do coñecemento e da intelixencia. Espazo Lectura 23 de abril de 2010 Día do Libro

—3—


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
LECTURAS DA GRAMPA 4 (III Dar de ler coma quen dá de beber) by Espazo Lectura - Issuu