Barrios 186

Page 1

Entrevista á artista Lola Doporto pola súa nova colección de panos de seda

XINZO Páx.4 DEPORTE Páx.12 CELANOVA Páx.5 OURENSE Páx.6

O PSOE logra ser a primeira forza máis votada por primeira vez na historia

Un erro no reconto telemático obriga a CD a presentar un recurso á Xunta Electoral

Cáritas advirte que o emprego xa non é un mecanismo inclusivo suficiente

A provincia está preparada para a celebración do 56º Rally de Ourense

SOCIEDADE Páx.14

O CIFP A Farixa impulsa dous proxectos de innovación e sustentabilidade

Tralos resultados das eleccións municipais do 28M toca o momento de sentarse para chegar a algún pacto. Número: 186 - Ano: XVI - 9 de xuño de 2023 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
[Páx. 7]

Democracia Ourensana covértese na forza máis votada

4 O BNG tamén triunfa na noite electoral ao dobrar o número de concelleiros.

Redacción

Moitos pensaban que os audios do alcalde de Ourense (agora en funcións), Gonzalo Pérez Jácome, que publicou La Región (sobre supostas mordidas a empresas contratadas polo Concello) farían unha desfeita nos resultados de Democracia Ourensana nas eleccións municipais do 28 de maio. Tamén, moitos pensaban que ao poñer de cabezas de listas, tanto PP coma PSOE, a antigos alcaldes da cidade -Manuel Cabezas por parte dos populares e Paco Rodríguez polos socialistas- mellorarían os resultados das pasadas eleccións. Porén, a realidade na vella Auria foi ben distinta e o pobo falou e o fixo colocando a Democracia Ourensana como a forza máis votada das 10 que concorreron nestos comicios. Das cinco formacións con representación no Concello de Ourense

-PSOE, PP, DO, BNG e C´s- pasouse a catro as que terán representacións nos próximos catro anos (DO, PP, PSO e BNG).

DO

A formación liderada por Gonzalo Pérez Jácome lograba 18.450 votos o que supoñía un aumento de tres concelleiros con respecto a fai catro anos, pasando de sete (con 11.913 votantes) a 10 e unha diferenza de votos de 6.537 máis que en 2019. Uns resultados que fan que DO sexa a lista máis votada no Concello de Ourense. Conforme ía pasando a noite do 28M a ledicia instalábase na sede de Democracia Ourense que con cada novo escrutinio achegabase máis xente a festexar a vitoria de DO. En intención de voto pasaron do 21,54% ao 33,83%.

BNG

A outra forza vitoriosa da noite foi o Bloque Na-

Das cinco formacións con representación no Concello de Ourense (PSOE, PP, DO, BNG e C´s) pasouse a catro as que terán representacións nos próximos catro anos (DO, PP, PSO e BNG)

cionalista Galego. A formación liderada na cidade por Luis Seara lograba dobrar o número de concelleiros para os próximos catro anos; os nacionalistas pasaban dos dous que tiñan ata agora aos catro concelleiros.

En intención de voto, se en 2019 confiaban no BNG 3.452 persoas (6,24%) en 2023 o facían 8.576 (15,72%). Unha liña ascendente dunha

formación que no período de 2015 a 2019 quedouse sen representación no Consistorio ourensán.

PP e PSOE

Os maiores damnificados do 28M -con permiso de Cidadáns- foron Partido Popular e Partido Socialistas. Ámbalas dúas formacións apostaban todo a dous ex alcaldes da cidade a a cousa non saiu como agardaban.

Os populares, con Manuel Cabezas como líder, incrementaban o número de votantes pasando de 12.482 (22,57%) de 2019 a 13.609 (24,95%); 1.127 votos máis que a pesar de todo non facían incrementar o número de concelleiros que tiñas, polo que se quedaban nos sete dos catro anos ante-

riores.

Peor foille aos socialistas, que con Paco Rodríguez á cabeza pasaban dos nove concelleiros de 2019 a seis neste ano. Se fai catro anos contaban con 14.562 votos (26,33%) agora baixaban aos 10.514 (19,28%), o que supuxo unha diminución de 4.048 votos.

C´s

A formación laranxa, en Ourense segue coa tendencia do resto de España e perde considerablemente os apoios que recibira hai catro anos. Daquela, con Pepe Araújo á cabeza, lograba ter dous concelleiros, mentres que agora desaparece da corporación municipal. O estrépito foi tal que dos 4.832 (8,74%) ourensáns que confiaron

en Cidadáns anteriormente, pasouse a tan só 171 (0,31%). Difícil futuro para unha formación que xa anunciou que non se presentará ás Xerais de xullo.

Resto de formacións O resto de formacións non foron quen de colarse na corporación ao non sumar os votos necesarios para facelo.

VOX foi a quinta forza máis votada con 1.004 (722 en 2019); a confluencia de esquerdas, que nesta ocasión concorrían co nome de Agora Ourense foron apoiados por 781 ourensáns; Contigo Ourense foi a sétima forza con 283 votos.

Gráfico de como queda a corporación municipal de Ourense para o mandato 2023-2027 e número de votos de cada formación que concurriu na capital.

DO pasa de sete concelleiros a 10; PP mantén os sete concelleiros que tiña; o PSOE baixa dos nove aos seis; e o BNG duplica a súa representación de dous a catro concelleiros. C´s desaparece do consistorio ao perder os dous que tiña

A Coalición de Centro Democrático (CCD) da que formaban parte os díscolos de DO e con María Dibuja como candidata á alcaldía lograba 229 votos. O citado C´s era votado por 171 persoas; e finalmente VOU que na anterior cita electoral sumaba 1.24 votos, nesta ocasión era a forza menos votada con 131 votos.

2 Barrios 9
ELECCIÓNS 28M / OURENSE
de xuño 2023
Democracia Ourensana celebrando a vitoria na noite electoral do 28M. /RAMSÉS.

Calma tensa en Ourense

4 Os partidos movéronse moi pouco nos primeiros días tralas eleccións municipais.

R.T.

Restan oito días para que os concelleiros elexidos nas eleccións municipais do 28M elixan a quen será o alcalde da cidade para os próximos catro anos. Oito días, nos que, de seguro, as formacións moveranse máis do que o fixeron ata o de agora.

Estas eleccións arroxaron un escenario moi complexo para posibles pactos pero totalmente factible, soamente facía falta escoitar á xente pola rúa os días antes das eleccións, e así non lles pillaría co pé cambiado aos partidos políticos. Ademáis, non lograr a maioría absoluta os populares na Deputación, fai complicar aínda máis o panorama.

Desde o 29 de maio, día seguinte das eleccións, moitas palabras e poucos movementos, algúns houbo, pero quedaron en nada.

PP O Partido Popular, que foi a segunda forza máis votada, deu o primeiro paso, e Manuel Cabezas instou a Paco Rodríguez (PSOE) e Luis Seara (BNG) a unha reunión para falar de posibles pactos de cara á gobernabilidade do Concello de Ourense. Porén, ámbolos dous declinaron a invitación e tal reunión non se produciu.

Paco Rodríguez excusouse dicindo que as negociacións as farán desde

Cabezas, a pesar de que PSOE e BNG non se quixeron reunir con nun primeiro momento, insiste en levar a cabo esa reunión para buscar un posible pacto entre as tres formacións

Santiago, polo que non sería "procedente" acudir a ela. Pola súa banda, Luis Seara dixo non recibir formalmente a proposta dunha reunión e preguntouse "que é o que van facer Rueda e Feijoo co concello e a Deputación?".

Cabezas xa dixera en campaña que a intención era sacar a Jácome do sillón de alcalde, e para elo precisa que tanto PP, coma PSOE e BNG se poñan de acordo. En canto a quen sería o alcalde, o candidato popular non foi categórico, pero sí dixo que eles -PP- foi a forza máis votada.

A pesar do plantón, Cabezas insiste en reunirse coas outras dúas forzas.

"En caso de non lograr maioría, PP, PSOE e BNG falamos en campaña de que teríamos que poñernos dacordo ante a situa-

O PSOE antes das eleccións estaba na liña de desbancar a Jácome da Alcaldía de Ourense, pero tralo 28M, ademais desta posibilidade, ten a oportunidade de afastar a Manuel Baltar da Deputación

ción de emerxencia na que estamos", recordaba o líder popular. Ademais incide en que en "circunstancias extraordinarias precisan solucións extraordinarias" e considera que en Ourense "o que poida pasar en Ourense non pode estar condicionado a unha estratexía xeral de pactos -en Galicia-". E precisa que fai falta "sentido común".

PSOE

Rafael Villarino, os primeiros días desmarcouse da súa formación e tentou un achegamento con De-

sas pero se unha delas é difícil de cumprir, as dúas antóxanse imposibles.

O tempo esgótase, e deberán elexir se botar a Jácome ou a Baltar; calquera das dúas terá o seu contrapunto xa que, se fan descabalgar a Jácome deixarían proseguir a Baltar no poder (cando levan anos tentándoo sacar) e se deciden quitar a Baltar, deberían deixar a Jácome como alcalde da cidade. Ante esta articulación, cabería a posibilidade de deixar gobernar á lista máis votada tanto en concello como en Deputación. Socialistas de toda a provincia se debaten entre unha acción ou a outra.

BNG

O Bloque Nacionalista Galego, que foi un dos vencedores no 28M ao subir a catro concelleiros -dos dous que tiña- atópase na mesma situación que o PSOE. Teñen a oportunidade de afastar do poder tanto a Jácome como a Deputación, algo que levan promulgando desde fai catro anos no caso do primeiro, e desde fai décadas no caso do segundo.

Os de Jácome están expectantes aos movementos que se poidan dar nas vindeiras horas e días.

Con moi boas "cartas" tocaralles agardar a posibles estratexias das outras formacións e mover ficha a conveniencia. Con 10 concelleiros non teñen a maioría absoluta, pero si son a lista máis votada e, en caso de non chegar a un acordo PP, PSOE e BNG, Jácome repetiría como alcalde. E de poñerse de acordo entre eles, cousa improbable, este podería xogar a baza da Deputación e forzar un pacto con PSOE e BNG para desaloxar a Baltar. Socialistas e nacionalistas non queren pactar con Jácome, pero como xustificarían perder a oportunidade de botar a Baltar diante do seu electorado? e cunhas eleccións xerais á volta da esquina.

mocracia Ourensana para contemplar as posiblidades de sacar a Manuel Baltar da presidencia da Deputación. Pouco durou a tentativa, logo de que desde Santiago o chamaran a filas e lle prohibiran calquera tipo de movemento con DO.

Antes das eleccións estaban na liña de desbancar a Jácome da Alcaldía de Ourense, pero tralo 28M, ademais desta posibilidade, teñen a oportunidade de afastar a Manuel Baltar da Deputación. Para os socialistas, ámbalas dúas opcións son moi desexo-

Pero dase a circunstancia no caso dos nacionalistas que desde Santiago xa deixaron claro que a liña vermella da formación nos pactos locais e "non favorecer gobernos do PP", en palabras da ropia Ana Pontón. Tras estas declaracións, Luis Seara ten pouco marxe de maniobra de pactar a tres bandas entre PP, PSOE e BNG no concello xa que a lista máis votada foi o PP e suporíase que Cabezas sería o alcalde, algo que non permitirían desde as filas nacionalistas; e se o PP deixara gobernar a PSOE-BNG no concello, pediría levar o goberno provincial, polo que xa lle estarían facilitando unha gobernabilidade aos populares.

DO

E con estas chegamos á lista máis votada, a de Democracia Ourensana.

Jácome o ten claro, e faría calquera movemento que lle asegure a alcaldía no Concello de Ourense. Colle forza, pois, a teoría de que terán un pacto de non agresión entre DO e PP ao que chegarán sen luz nin taquígrafos, pero que lles servirá para conservar o Concello, a uns e a Deputación, aos outros.

Desde Santiago, os nacionalistas, deixaron claro que a liña vermella da formación nos pactos locais é “non favorecer gobernos do PP”

Jácome teno claro, faría calquera movemento que lle asegure a alcaldía no Concello de Ourense

3 Barrios 9 de xuño 2023 ELECCIÓNS 28M / OURENSE
De esquerda a dereite e de arriba a abaixo: Jácome, Cabezas, Paco e Seara. /RAMSÉS.

4 Barrios 9 de xuño 2023

O PSOE logra ser a primeira forza en Xinzo de Limia

4 Axil, que subiu un concelleiro, terá a chave para formar gobeno; tamén subiu o BNG e baixou o PP. Vox, a pesar dun apoio importante, non logrou representación.

Redacción

Por primeira vez Xinzo de Limia elixe ao PSOE como o partido máis votado nunhas eleccións municipais. Dos 13 concelleiros que conta o concello catro son para PSOE; os mesmos que o PP; tres para Axil; e dous para o BNG. Sen maioría absoluta -está nos sete concelleiros- toca reunións para lograr un pacto que dé estabilidade ao concello nos vindeiros catro anos.

PSOE

Con Elvira Lama á cabeza, os socialistas adiantan ao PP como a lista máis votada e pasan dos 906 votos (24,85%) en 2019 aos

1.592 (29,24%) este 28M. Isto permítelles sumar un concelleiro máis que fai catro anos logrando catro.

PP Os mesmos acada o Partido Popular (liderado por Antonio Fernánez), pero estes van en caída libre nas dúas últimas eleccións; en 2015 sumba 2.675 votos e

1.979, en 2019; este ano,

1.517 (27,87%) veciños lle deron o seu apoio. A pesar de contar cos mes-

mos concelleiros que os socialistas, os populares baixan ao segundo lugar por unha diferenza de 75 votos.

Axil

Amador Díaz é o líder de Axil e foi tenente de alcalde nos últimos catro anos. A súa formación sube de dous a tres concelleiros grazas a un incremento de 209 votos, pasando dos 875 aos 1.084 (19,91%). Uns resultados que lle permitirán ter unha capacidade negociadora máis grande que fai catro anos.

BNG O Bloque Nacionalista

Galego que foi a única das catro forzas que entran na corporación municipal que mudou sustancialmente a lista, a estratexia saiulle ben. Camilo Vila colleu a batuta nacionalista sendo o candidato. A formación logrou incrementar un concelleiro tengo agora dous por un que tiñan ata o de agora. De 410 votos (6,94%) nas pasadas eleccións case triplican o número e chegan aos 1.027 (18,86%).

Vox

Vox presentabase por primeira vez ás eleccións en Xinzo de Limia. Edelmiro Rodríguez foi o seu candidato e a pesar de

non lograr representación, un importante número de veciños confiaron na formación verde. Con 174 votos logrou o 3,19% dos mesmos.

Outras formacións

Estas foron as cinco formacións que se presentaron este 2023, tres menos que en 2019. Daquelas, Vox non estaba presente no proceso electoral pero si concorrían Cidadáns (con Montse Lama á cabeza que finalmente volveu recalar nas filas populares antes de rematar o mandato e agora presentouse nas listas do PP de Vilar de Barrio); Xinzo Adiante (XA) que

lideraba Manuel Pérez e que estivo tanteando varias opcións para esta ocasión pero que finalmente non concorriu en ningunha das listas. Ademais de Xuntos por Xinzo e Compromiso por Galicia tamén se presentarán. C´s e XA tiñan representación cun concelleiro cada un, incluso XA formaba parte do Goberno local.

Pactos

Todo fai indicar que a socilalista Elvira Lama continuará co bastón de mando de Xinzo de Limia, pero deberá chegar a acordos antes da investidura prevista para o sábado, 17 de xuño. Claro está

que o cuatripartito non se repetirá nesta ocasión pero os pactos serán necesarios igualmente. Pactos diretos con varios partidos no goberno ou indiretos deixando que sexa a lista máis votada a que goberne será o que teñan que aclarar nos vindeiros días.

Neste contexto, Axil ten moito que dicir, xa que é chave para declinar a balanza apoiando a PSOE ou a PP. Amador Díaz podería apoiar a calquera das dúas formación e lograrían maioría absoluta.

O BNG a pesar de incrementar o número de concelleiros non lle da para formar bipartito co PSOE (sumarían seis concelleiros dos sete que é a maioría absoluta), toda vez que non permitirían un goberno do PP, precisarían de Axil para conformar goberno.

Axil, co seu apoio, podería dar a alcaldía a PSOE ou a PP entrando a formar parte do Goberno local

Datos do número de concelleiros que consigue cada partido politico, do número de votos e da porcentaxe.

ELECCIÓNS 28M / XINZO
Lama (PSOE), Fernández (PP), Díaz (Axil) e Vila (BNG) son os cabezas de lista das catro formacións que contarán con representación no Concello de Xinzo de Limia os vindeiros catro anos.

Un erro na comunicación telemática fai que Celanova Decide presente recurso

4 A Xunta Electoral de Ourense dalle catro concelleiros cando as actas danlle cinco.

Redacción

Terremoto en Celanova. Un erro no reconto telemático do escrutinio fai que Celanova Decide acuda aos tribunais. Antonio Puga, alcalde en funcións do Concello de Celanova advertiu -telefonicamente tanto el mesmo como a secretaria do concello- dese erro a mesma noite electoral. "Aquela noite fíxose saber do erro no cómputo dos votos dunha das mesas, non se correspondían os datos trasladados telematicamente cos recollidos nas certificacións, dando un resultado global erróneo no cómputo de votos e no reparto de concelleiros", explicaba Puga.

Os resultados do 28M deron cinco concelleiros ao PP, os mesmos que CD;

Celanova Decide interpuxo un recurso contenciosoelectoral e a Xunta Electoral remíteo ao Trinunal Superior de Xustiza de Galicia

dous ao PSOE e un ao BNG. Porén, o erro telemático da Xunta Electoral fixo que lle computaran ao PP seis concelleiros e a CD, catro. Para o rexedor en funcións, a sorpresa foi, logo de ter avisado do erro, cando "unha vez realizado o escrutinio na Xunta Electoral de zona de Ourense segue aparecendo os seis concelleiros para o PP e catro para CD facendo a proclamación con esos datos".

Pero as sorpresas non remataron aí, xa que trala reclamación de CD "a resposta foi que esa reclamación está fóra de prazo por que tiña que recoller algún tipo de incidencia no momento do escrutinio e que tería que ter sido no prazo dentro das 24 horas seguintes ao escrutinio". Sendo certo eso, Puga recorda que "a Lei de Procedemento Administrativo prevé que calquera administración pode rectificar de oficio, ou a instancia de parte, un erro material que cometeu a Xunta Electoral".

A pesar deste percance, Antonio Puga valoraba os resultados como moi positivos.

Recurso "Despois disto obríganos a interpoñer un recurso

contencioso electoral que xa está interposto e a Xunta Electoral o remita ao Trinunal Superior de Xustiza de Galicia", lemantábase Puga. O alcalde en funcións o ten claro e asegura que os resultados reais "son os recollidos nas actas de cada mesa, as mesmas están firmadas polos presidentes, vocais e interventores de cada partido".

No recurso pídese a sus-

pensión da constitución da corporación municipal e a elección do alcalde que está prevista para o sábado, 17 de xuño. Celanova Decide tamén presentou un recurso na Xunta Electoral Central.

Cabe recordar, que as actas das mesas electorais deron 1.404 votos ao PP (cinco concelleiros); 1.259 votos a CD (cinco concelleiros); 512 votos ao

PSOE (dous concelleiros); e 285 votos ao BNG (un concelleiro).

Pactos

Con esta circunstancia pasa a un segundo plano os posibles pactos. No que o PP de Pablo Pérez foi a lista máis votada pero non ten asegurada a alcaldía.

O que está claro é que o PSOE de Teresa Barje é chave para o mandado en Celanova de 2023 a 2027. A pesar da rumoroloxía suscitada estos días na vila de San Rosendo, o certo é a líder dos socialistas aínda non tivo un contacto formal nin por parte do Partido Popular nin por parte de Celanova Decide. "Simplemente recibín mensaxes por WhatsApp, pero estou agardando un contacto máis formal para reunirnos", explicaba Barje. A socialista é clara ao asegurar que escoitará ás dúas partes (PP e PSOE), pero advirte que non pensa traballar como nons últimos catro anos, e reclama a quen queira sentarse a negociar "un plan organizado de traballo", en clara alusión á forma de traballar no goberno anterior con Celanova Decide, no que as reunións de traballo brillaban pola súa ausencia e entera-

base de medidas tomadas polo alcalde a través dos medios de comunicación.

Tamén deixa claro que para dar o apoio ao novo goberno porá a Celanova "por enriba de todo" e reclamará que tanto para ela como para o segundo da lista, Jesús Regal, que formen parte do Goberno local, "merecémolo", sentenciaba Barje.

Quen non terá poder de cambiar as cousas será o BNG. Catro anos atrás facilitou a investidura de Puga como alcalde, pero o concelleiro acadado nesta ocasión -igual que en 2019- non da para ser chave do no goberno. Polo tanto, os escenarios que se contemplan son tres: alcaldía do PP con maioría simple; alcaldía do PP co apoio de PSOE, ou alcaldía de CD co apoio do PSOE, ámbalas dúas serían maiorías absolutas.

O reconto telemático daba 6 edís a PP e 4 a CD, cando as actas electorais daban 5 a cada unha das dúas formacións

5 Barrios 9 de xuño 2023 ELECCIÓNS 28M / CELANOVA
Pablo Pérez (PP) e Antonio Puga (CD), loitarán pola alcaldía de Celanova; Teresa Barje (PSOE) terá a última palabra.

Concilia Verán Redacción

O Concello de Ourense organizará actividades de verán para escolares durante os meses de xullo e agosto para axudar á conciliación das familias ourensás.

O prazo de inscrición estará aberto até a medianoite do domingo, 11 de xuño, e farase exclusivamente por Internet a través do espazo web da Concellería de Educación -www.educacionourense.es-.

Quendas

O programa ‘Concilia Verán 2023’ vai dirixido a nenos e nenas censados no Concello de Ourense nados entre os anos 2011 e 2019. As actividades desenvolveranse por quincenas -do 3 ao 14 e do 17 ao 31 de xullo, e do 1 ao 14 e do 16 ao 31 de agosto- en 10 espazos municipais: os CEIP

O Couto, Manuel Luís Acuña, Vistahermosa, Irmáns Villar, Amadeo Rodríguez Barroso, Covadonga, A Ponte, As Mercedes e Mestre Vide, e na Aula da Natureza do río Miño.

Necesidades especiais

Este programa municipal quere ofrecerlles ás familias un espazo de lecer durante os meses de verán con actividades que fomentarán os hábitos de vida saudables, actitudes solidarias e de convivencia e o respecto polo medio ambiente. Ademais, haberá atención para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e reforzo de materias lectivas.

Listaxe

A listaxe provisional de nenos e nenas admitidas nas distintas quendas publicarase o 15 de xuño (xoves), cando se abrirá un novo prazo de cinco días para formalizar as prazas, pagar as taxas correspondentes e achegar toda a documentación requirida.

Toda a información pódese consultar na web do concello: ourense. gal.

Catro anos máis para Marisol Nóvoa

Cáritas advirte: o emprego xa non é un mecanismo inclusivo suficiente

4 A entidade presenta a memoria de 2022.

Redacción

Cáritas Diocesana de Ourense presentou a memoria de actividades do ano 2022. Desde a entidade alertan que a recuperación prevista, trala pandemia, non foi tal debido á guerra de Ucraína e a inflación dos prezo; e, coma sempre, "a crise cébase cos máis vulnerables", polo que a situación "cronifícase entre os usuarios de Cáritas". A directora de Cáritas, María Tabarés, durante a rolda de prensa advertiu que o ano "estivo marcado pola incertidume" xa que o emprego, xa non é un mecanismo inclusivo suficiente. "Hai máis emprego pero a calidade do mesmo deiminuiu", aseguraba Tabarés, quen incidía en que se non hai emprego para todos "debemos ter cobertura por parte das administracións para esas persoas que non chegan a el".

En todo o ano 2022 foron atendidas máis de 8.000 persoas en toda a provincia . Tabarés desvelaba que no primeiro semestre "a cifra de persoas atendidas contíñase", pero que a partir do segundo semestres esta cifra "desbocouse".

Pese ás prestacións ofrecidas polas distintas administracións a exclusión severa segue sen erradicarse; proba delo é que pasouse das 1.085 -en

2021- ás 1.101 -en 2022persoas atendidas que non contan con ningún tipo de ingresos.

Comedor

O comedor social ubicado na rúa Mestre Vide tamén incrementou o número de usuarios e as racións repartidas. As persoas atendidas no comedor ascendeu a 1.056, arredor de 200 máis, e o número de menús servidos foi de 114.631, o que supón 31.341 máis que o ano anterior.

Para Cáritas, o obxectivo deste comedor non é soamente alimentario e atender ás necesidades básicas como a hixiene -cun servizo de ducha e de lavado de roupa-, senon que tamén se pretende que sexa un lugar de encontro que conta, ademais, con perruquería.

Vivenda

120 persoas carecía dun fogar. Sen ter un tipo fixo de persoas sen fogar, moitas delas roldan os 38 anos e son de nacionalidade española. Ultimamente atenden a moitas persoas recén estreada a maioría de idade que sairon do centro de menores.

Para a directora de Cáritas, a vivenda estase a converter nun "ben de luxo", debido ao crecemento do custe de arrendamento subiu un 66%. "En Ourense un aluguer dunha vivenda pasou dos 300 aos 500 euros".

Das vivendas que dispón a entidade, antes deixaban algunha baleira para casos urxentes; porén o ano pasado non foi posible debido ao incremento de demanda das mesmas.

Outros servizos

No ámbito do emprego, a axencia de colocación atendeu a 1.070 persoas das que lograron colocar no mercado laboral a 160.

En canto a mulleres relacionadas coa prostitución atenderon a 459, das cales once eran sometidas a explotación sexual.

O programa Ropeiro facilitou roupa a 1887. Tamén se lle deu cobertura a 119 reclusos con permiso de liberdade.

Os máis pequenos tiveron a súa cobertura co Centro de Día Xurde -20 usuarios-, e a Escola Infantil A Casiña (de 0 a 3 anos) con 62; nin os maiores cuxa cifra foi de 137 atendidos.

En definitiva, durante 2022, Cáritas deu cobertura a 10.800 persoas entre a cidade e o resto da provincia -contan con 28 Cáritas parroquial- o que supón máis de 1.600 persoas máis que con respecto ao ano anterior.

4

Foi

Redacción

reelixida como presidente da CEO. previstos".

A Confederación Empresarial de Ourense celebrou a súa asemblea electoral, da que saíu elixida como presidenta Marisol Nóvoa, repetindo no cargo que xa ocupaba desde 2019. O resultado final da votación arroxou un cómputo de 119 votos, dos que 115 foron a favor da candidatura e 4 en branco.

Marisol Nóvoa fixo referencia, trala súa elección, á traxectoria desenvolvida na CEO nos últimos catro anos e á intención de continuidade para seguir dotando ao tecido empresarial ourensán de representatividade, ferramentas e recursos "para afrontar este ciclo de cambios tan profundos que estamos a vivir".

Lembrou tamén a dificultade de afrontar un período marcado polas crises sanitarias, enerxética e de inflación, pero mostrouse esperanzada por que "a etapa que hoxe comeza estea repleta de proxectos, de boas noticias e de iniciativas que conduzan á mellora da contorna económica e produtiva, e contribúan á transformación das empresas cara á dixitalización e a sustentabilidade". Do mesmo xeito, Nóvoa solicitou a participación activa de todos e todas as integrantes da confederación "pois o traballo en equipo é a mellor ferramenta para alcanzar os obxectivos

Equipo

A presidenta quixo ter tamén unhas palabras de agradecemento para o equipo que a acompaña nesta nova andaina, destacando a procedencia deles de distintos sectores, colectivos e empresas da organización que conforman un grupo variado e representativo do tecido empresarial da provincia e xunto aos que, asegurou, "síntome motivada e ilusionada para empezar a traballar en novos proxectos que redunden en beneficio do tecido empresarial da provincia de Ourense, visibilizando este traballo para que a CEO siga gañando prestixio".

Cuerva

O peche desta asemblea correu a cargo de Gerardo Cuerva, presidente da Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa e vicepresidente de CEOE. O presidente de Cepyme reivindicou os valores empresariais e destacou o papel esencial que xogan as organizacións empresariais na defensa da dignidade empresarial sen complexos, nun momento no que as empresas o necesitan.

Nóvoa:

6 Barrios 9 de xuño 2023 OURENSE
“síntome motivada e ilusionada para empezar a traballar en novos proxectos”
Marisol Nóvoa -de pé- na Asamblea da CEO.
O comedor social repartiu 114.631 menús en 2022
María Tabarés, Ángel Feijóo Mirón y María del Carmen Alonso, de Cáritas. /RAMSÉS.

64 expositores estiveron presentes en Vinis Terrae.

O Vinis Terrae cumpre obxectivos

4 Mantivéronse 720 citas de negocio.

Redacción

Ourense Vinis Terrae pechou as portas da súa décima edición despois de cumprir as expectativas dos 64 expositores que mostraron a súa satisfacción pola cantidade e calidade das citas de negocio mantidas cos 45 compradores e importadores de 23 países que participaban nesta edición. Foron en total 720 reunións de negocio ás que hai que sumar as que xurdiron con algunhas das máis de 800 visitas de profesionais que se achegaron até Expourense, xa que ademais da misión de importadores, participaron na feira profesionais da restauración, hostalaría ou distribución do sector do mercado nacional.

Mercado exterior Conclúe, así, unha edición que sitúa a esta feira como unha ferramenta de saída ao mercado exterior para as adegas e cun formato de feira que funciona e está a dar moi bos resultados, baseado en encontros cara a cara ao redor dunha mesa á que sentan

Esta feira sitúase como unha ferramenta de saída ao mercado exterior para as adegas

ENTREVISTA Á ARTISTA LOLA DOPORTO

por unha banda o adegueiro que produce viños de calidade e, pola outra, ao potencial comprador nacional ou internacional que mostra preferencia polas variedades autóctonas, que valora a forma de producir viños das adegas de carácter familiar e que sabe o que busca e o que necesita para o mercado no que traballa. Este salón puxo en contacto directo ás adegas participantes con importadores procedentes de 23 países (Alemaña, Bélxica, Brasil, Costa Rica, Dinamarca, España, Estados Unidos, Estonia, Filipinas, Finlandia, Guinea Ecuatorial, Irlanda, Italia, Lituania, México, Noruega, Países Baixos, Panamá, Polonia, Portugal, Reino Unido, Suecia e Suíza).

Catas e máis

As citas entre expositores e potenciais compradores foron como sempre o eixo central desta feira na que tamén se celebrou un completo programa de actividades entre os que destacaron as catas comentadas dos viños brancos e tintos e dos licores e augardentes gañadores dos Acios de Ouro ou Potes de Ouro das Catas Oficiais de Galicia 2022 organizadas pola Axencia Galega de Calidade AlimentariaAGACAL.

Lola Doporto saca á luz unha colección de panos de seda, cos seus estampados habituais, con fins solidarios para axudar á Asociación Española Contra o Cancro.

Rodeada dos seus personaxes emblemáticos atopamos a Lola Doporto empeñada en plasmar o seu universo nun material novo para ela: a seda.

A pregunta é inevitable, Por que?

Lola Doporto: "É un vello proxecto que por fin ve a luz. Utilizar un material nobre como é a seda e unilo aos meus personaxes: paxaros, nenas, calvas,.. é moi atrainte e o resultado non deixa de sorprenderme. É un novo soporte para a miña pintura".

A impresión dos seus personaxes tamén inclúe peces e medusas.

L.D.: "Son parte de obra inicial con fondos mariños e peces que se expuxeron na Galería Sargadelos de Ourense e aos que teño un especial agarimo".

Como xorde a iniciativa?

L.D.: "É un proxecto

que sae adiante ao poder realizalo integramente no Barco. Fotografía, deseño e impresión. Teño a sorte de contar cunha empresa como "nós" na que Javier Gómez entendeu desde o principio, o proxecto e consegue resultados espectaculares coa súa profesionalidade e dedicación. O poder realizar todo o proceso no Barco é un orgullo e permíteme manter un certo control sobre todo o proceso".

Por que en seda?

L.D.: "É un material nobre e que se presta perfectamente ao proxecto. Conseguímola en Italia e a composición é 100% seda natural en dúas gramaxes distintos que permiten dúas texturas e dous pesos diferentes do pano".

Teño entendido que

hai distintos tamaños

L.D.: "Si. O motivo é manter a estrutura da obra reproducida e, noutras ocasións, son detalles dun cadro, o que nos permite un tamaño máis reducido ou máis grande segundo interese".

Que acollida espera?

L.D.: "Está tendo unha boa acollida. Unha mostra, reducida pero significativa dos panos ensinouse a distintas persoas e a resposta foi positiva. En todo caso, é un proxecto ilusionante e merece a pena".

Son panos cálidos, coloridos.

L.D.: "A cor é unha constante na miña obra e interésame que a seda reflicta o máis fielmente posible os personaxes. Son panos para lucir, para proporcionar alegría ao vestilos e para gozar".

Como se poden conseguir?

L.D.: "A través de un correo electrónico hola@ loladoporto.com".

Colabora coa AECC.

L.D.: "Desde fai tempo tento colaborar coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na medida das miñas posibilidades. Neste caso, parte do recadado vai destinado á AECC".

7 Barrios 9 de xuño 2023
OURENSE / ENTREVISTA
Lola Doporto, cunha das sedas estampadas. A. Jácome
"A cor é unha constante na miña obra e interésame que a seda reflicta o máis fielmente posible os personaxes"
4 Unha causa solidaria é o motivo deste novo proxecto.
“Unha mostra, reducida pero significativa, dos panos ensinouse a distintas persoas e a resposta foi positiva”
Lola Doporto, con outra creación desta colección.

Regadío da Limia

Redacción

O pasado 2 de xuño, a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, na súa intervención na Comisión 7ª do Parlamento, confirmaba o compromiso da Xunta de Galicia co regadío da Limia e, agardaba que o Goberno central fixera o propio.

No que respecta á Xunta, a directora xeral sinalou que os 40 pozos para a captación de augas subterráneas xa foron entregados ás catro comunidades de montes.

Agora, estase a tramitar un convenio entre a Consellería do Medio Rural e a Comunidade de Regantes Nova Limia para a instalación dos grupos de bombeo nos pozos de regadío. A modernización do seu regadío supón un importante avance que inflúe no desenvolvemento socioeconómico e, en particular, no potencial do sector agrario da zona, segundo dixo.

A Xunta financiará ao completo estas actuacións, apuntou, que contan coa instalación da maquinaria necesaria -como grupos de electrobombas ou válvulas de peche de pozos- para levar a cabo esta modernización.

Plan Extraordinario

Para finalizar, destacou o Plan Extraordinario de reparación de camiños desta comarca. Neste proxecto, reparáronse -segundo sinalou- máis de 64 km repartidos en 12 concellos que integran a rede viaria desta comarca.

Un campus para conciliar

4 Están abertas as inscricións para o Campus de Verán de Xinzo.

Redacción

Xinzo énchese de deportes este verán

4 O deporte base será un dos protagonistas.

Redacción

A programación deportiva de verán de Xinzo de Limia contará con moitas novidades, e unha forte aposta polo deporte base. Así, contémplase a categoría sub-14 ou sub16 en torneos como o de fútbol 7, o de fútbol sala Festas Santa Mariña ou os de tenis e pádel Vila de Xinzo (este último súmase por primeira vez á programación). Tamén será novidade o Torneo de Fútbol 7 Piñeira Seca no campo do Touzal.

O prazo de inscrición para as actividades, dirixidas a toda a poboación para favorecer os hábitos saudables xa está aberto. Os interesados en participar nalgunha das actividades xa poden inscribirse poñéndose en contacto coa concellería de Deportes no número de teléfono 988 461 020.

As propostas deportivas de verán comezaron co Torneo de Natación Concello de Xinzo, o 3 de xuño. Durante este

mes haberá máis propostas como a do 16 de xuño, día que está prevista unha roda de capoeira; e o 18 de xuño co Torneo de Baloncesto Vilas Internacional, no que participarán máis de 30 equipos e 250 xogadores no de minibásket. Tamén no mes de xuño, do 23 ao 27, programouse o Campus de Ximansia, ademais dos Campus de Fútbol e de Baloncesto.

O 20 de xuño arrancará o Xinzo Fit, unha proposta na que se unen deporte e saúde e que se repite un ano máis polo éxito colleitado noutras edicións. Ofreceranse actividades dirixidas como bailoterapia, pilates ou aeróbic, gratuítas e para toda a poboación; desenvolveranse todos os martes e xoves a partir das 20.30 horas.

Ademais, para favorecer a conciliación familiar, o Campamento urbano

Programación verán

arrancará o 3 de xullo en diferentes quendas.

Xullo e agosto

As actividades deportivas continuarán nos meses de xullo e agosto.

Os días 1 e 2, e 8 e 9 disputaranse sendos torneos de fútbol 7. O tenis será protagonista do 10 ao 30 de xullo co Torneo de Tenis Vila de Xinzo. O Torneo de Fútbol Sala Festas de Santa Mariña será os días 15 e 16 de xullo. O pádel fará acto de presenza do 21 ao 23 de xullo co Vila de Xinzo. E o 5 de agosto o un Torneo 3x3 dará protagonismo ao baloncesto.

En canto aos campus, do 29 de xullo ao 6 de agosto chega o Campus Salva Arco, de baloncesto; e do 31 de xullo ao 4 de agosto, o Campus Real Celta de Vigo, de fútbol.

16 de xuño: Roda de capoeira fin de curso

18 de xuño: Torneo de Baloncesto Vilas Internacional

20 de xuño: Inicio do Xinzo FIT

Do 22 ao 27 de xuño: Campus de ximnasia

Do 26 ao 30 de xuño: Campus de fútbol

Do 26 ao 30 de xuño: Campus de baloncesto

1 e 2 de xullo: Torneo de Fútbol 7 Piñeira Seca

3 de xullo: Inicio do Campamento urbano

8 e 9 de xullo: Torneo de Fútbol 7

Do 10 ao 30 de xullo: Torneo de Tenis Vila de Xinzo

15 e 16 de xullo: Torneo de Fútbol Sala Festas de Santa Mariña

Do 21 ao 23 de xullo: Torneo de Pádel Vila de Xinzo

Do 29 de xullo ao 6 de agosto: Campus Salva Arco

Do 31 de xullo ao 4 de agosto: Campus Real Celta de Vigo

5 de agosto: Torneo 3x3 de Baloncesto

Coa chegada das vacacións escolares o Concello de Xinzo de Limia organiza o Campus de Verán de Xinzo de Limia no que se prevé a participación dun cento de nenos e nenas. A iniciativa, que comezará o 3 de xullo, está promovida polo clube Escolas Deportivas coa colaboración do Concello.

As actividades realizaranse durante todo o mes de xullo, en horario de 10 a 13:30 horas, contando con variedade de propostas, entre elas o pádel, a orientación, xogos deportivos e piscina, e outras de tipo lúdico como sesións de cine, manualidades e excursións.

Inscrición

O campamento está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos en cada unha das quendas (a primeira do 3 ao 14 de xullo e a segunda do 19 ao 31), puidendo elixir entre a primeira ou segunda de xullo, ou o mes completo. Opcionalmente, ofrécese un servizo Madruga con entrada ás 9.00 horas (suxeito a un mínimo

de solicitudes recibidas); tamén haberá quendas en agosto se hai un número determinado de peticións. Xa está aberto prazo de inscricións, que durará ata o mércores 21 xuño, puidéndose presentar os formularios no pavillón de deportes, piscina climatizada ou Casa de Cultura.

Prezos

Para a primeira quenda o prezo é de 70 euros para os empadroados en Xinzo e de 80 a cota xeral. Na segunda quenda os empadroados pagarán 60 euros e 70 os que non estean censados. E o que elixa a opción de participar durante todo o mes (nas dúas quendas) o prezo será de 110 ou 130 euros, se se está empadroado ou non.

O campamento está dirixido á rapazada de 4 a 12 anos.

A primeira quenda será do 3 ao 14 de xullo e a segunda, do 19 ao 31

8 Barrios 9 de xuño 2023
XINZO DE LIMIA
Cartel do Campus de Verán.
Para favorecer a conciliación familiar, o Campamento urbano comezará o 3 de xullo en diferentes quendas
Presentación da programación deportiva de verán en Xinzo. Inés Santé.
9 Barrios 9 de xuño 2023 PUBLICIDADE

4 Campaña libros

O Concello de Ourense desenvolverá en setembro unha nova edición, que será a cuarta consecutiva, da campaña de fomento da lectura, coa que agasallará os nenos e as nenas da cidade cun libro, á súa escolla, que poderán adquirir nas librarías de Ourense.

A campaña de fomento da lectura do Concello de Ourense acadou un novo récord de participación na súa edición de 2022, chegando a un total de 9.777 menores de idade residentes en Ourense. Posta en marcha por primeira vez no ano 2020, a campaña chegou a 8.475 menores; na súa segunda edición, en 2021, chegou a 9.411.

4 PSOE

O PSOE provincial aprobou a lista para o Congreso e o Senado para as eleccións xerais do 23 de xullo. Nas mesmas a número un para o Congreso será Marga Martín, Adolfo Pérez como número dous e Uxía Tizón como terceira na lista.

Para o Senado, o comité provincial elexiu a Rafael Villarino, como número un; Alida Iglesias, como número dous; e Luis Gulín, de terceiro.

Agora será Santiago e Madrid quen ratifique estas listas toda vez que, por exemplo, Noela Blanco foi a máis votada entre a militancia para o Congreso.

4 Audios DO

A Fiscalía Provincial de Ourense abre dilixencias polos audios sacados por La Región nos que se investigarán o suposto cobro de donacións ilegais.

Down Ourense

Redacción

A vindeira fin de semana celébrase en Madrid a Liga Española de Debate Universitario (LEDU) entre mozos e mozas con discapacidade intelectual, na que oito membros da asociación Down Ourense participarán.

O tema que se debaterá

Cáese o proxecto eólico de San Martiño, en Baltar

4 O impacto ambiental declarouse desfavorable.

Redacción

Unha exposión mostra imaxes de incendios que asolaron Galicia

4 Membros do colectivo Ollo cederon as súas fotografías.

Redacción

Afundación, a Obra Social de Abanca, en colaboración co Colectivo Ollo, presenta en Ourense o seu novo proxecto expositivo, «Lume. Imaxes dunha Terra que arde». Trátase dunha mostra fotográfica de rúa enmarcada na estratexia de sostibilidade transversal da organización e na programación de actividades do Mes do Medio Ambiente que a entidade celebrará durante todo o mes de xuño. Está conformada por un total de 13 paneis con fotografías realizadas durante os últimos 15 anos en Galicia por profesionais da imaxe co obxectivo de abor-

nesta ocasión centrarase en se é preferible mercar en comercios locais en lugar de en grandes plataformas en liña, unha cuestión de total actualidade e na que atopamos moita diversidade de opinións.

A competición desenvolverase en dos fases: unha de liguiña e a gran final. Na primeira delas, os seis equipos dividiranse en dous grupos. Tres

dar unha das problemáticas máis preocupantes dos ecosistemas galegos: os incendios forestais. A través das imaxes trázase unha narrativa sobre os incendios forestais que apela ao espectador, xerando nel preguntas e respostas, dun xeito sensible pero reflexivo, acerca das causas e das consecuencias desta lacra que cada verán asola Galicia.

A inauguración contou coa presenza do tenente de alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea; os membros do Colectivo Ollo autores e autoras das imaxes, Óscar Corral, Brais Lorenzo, Vanessa Casteleiro e Sara García; o coordinador da exposición, Tono Arias; o director territorial de Abanca

deles estarán a favor do tema proposto e os outros tres defenderán a postura contraria. De cada grupo clasificarase o mellor

en Ourense, Rubén Saavedra; e a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela. A mostra, que tamén conta coa colaboración do Concello de Ourense, poderase ver na rúa Curros Enríquez -na contorna da Subdelegación do Goberno- ata o vindeiro 2 de xullo.

A exposición estará ubicada na rúa Curros Enríquez -na contorna da Subdelegación do Goberno- ata o 2 de xullo

equipo, que pasará á gran final.

Talento

“Eu teño opinión” vai dirixido a mozas con discapacidade intelectual e o seu obxectivo é visibilizar o seu talento para que poidan incluílo nos seus currículos para mellorar a súa inclusión no mercado laboral ordinario.

A Dirección xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático emitiu unha declaración de impacto ambiental (DIA) desfavorábel ao Proxecto Eólico San Martiño, que Iberdrola intentou promover nos montes da Boullosa, lindeiros con Portugal, no concello ourensán de Baltar, entre o Larouco e o Parque Natural do Xurés. E o cuarto proxecto eólico que se para nesta área entre Celanova e A Limia e, neste caso, suporá tamén a paralización da LAT do Larouco, que espertou a contestación social na Limia grazas o labor de denuncia do Club Parapente Baltar que participou decididamente na campaña da plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova contra estes proxectos. En tramitación están os proxectos P.E. Tramontana e P.E. Mistral, denunciados pola plataforma "como unha ampliación fraudulenta" do parque de 49 aeroxeradores que Iberdrola mantén operativo na parte leste da serra. Este mesmo mes comezarán a elaborarse os informes medioambientais e paisaxísticos das áreas de desenvolvemento eólico que afectan a estas comarcas.

Instituto de Estudos do Territorio No caso da DIA desfavorable do P.E. San Mar-

tiño, ademais da protección dos valores naturais, sinaladamente da fauna, que se invoca no documento, aparece desta volta unha oposición rotunda do Instituto de Estudos do Territorio ao proxecto, o que converte á protección da paisaxe no elemento determinante dunha resolución que deberá ser tida en conta para a avaliación do complexo Tramontana-Mistral, situado na mesma zona. “A incidencia visual suporá uns impacto crítico sobre a paisaxe, que alteraría de maneira irreversible os valores das AEIP [áreas de interese paisaxístico] máis afectadas, sen que tales efectos poidan mitigarse con ningún tipo de medida correctora”, sinala no seu intercambio de documentación coa empresa promotora o Instituto.

O Instituto advirte que, de levarse adiante o proxecto, produciranse impactos críticos sobre dúas AEIP, as da Serra da Pena-O Couto Mixto e da Fraga da Rousía, así como sobre as “formas rochosas de interese paisaxístico”. E engade ademais que, desde o punto de vista da paisaxe, produciríanse efectos sinérxicos con outras instalacións eólicas xa operativas ou previstas, que agravarían os impactos.

10 Barrios 9 de xuño 2023
SOCIEDADE
Restos do Castelo de Portela na Serra do Larouco. Inauguración da exposición ás portas da Subdelegación do Goberno en Ourense.
E o cuarto proxecto eólico que se para entre Celanova e A Limia
EN BREVE
Participantes de Down Ourense no debate.

O Galicia Central de Xadrez terá protagonismo ourensán

4 Serán nove probas e oito disputaranse en Ourense, catro delas na cidade.

Redacción

Liga Galega de Salvamento

4 O Salvour deixa un bo sabor na ultima xornada.

Redacción

A praia de Marín, na provincia de Pontevedra, acolleu a terceira e última xornada da liga galega de salvamento e socorrismo en augas abertas nas categorías de alevín, infantil, cadete, xuvenil, júnior, absoluto e máster onde concorreron os distintos clubs de salvamento e socorrismo de Galicia como os clubs de salvamento Arteixo, Sada, Carballo, Umia, A Estrada, Laracha, Pontevedra, Villagarcía, Santa Comba, Cerdeda e o representante ourensán, o Club Salvour.

O Salvour presentouse con 17 deportistas a esta competición. Na primeira xornada competiron as categorías inferiores (alevín, infantil, cadete e xuvenil) nas probas de slálom costa, carreira con táboa de salvamento e carreira con niper onde Alba Carreño, Teresa Carreño, Paz González, Belén Pascual, Adrián Carcacia, Victor Da Costa, María Carre-

ño, Catuxa González, Marcos Pascual, Antón Torres, Álvaro Peiteado e Aitor Da Costa realizaron unha moi boa actuación.

Na xornada do domingo, o club Salvour competiu na categoría absoluta e máster. Na proba de ocean con Alfredo Ferreiro en categoría master, e en categoría absoluta Roi Naranjo, Andrea Marquina, Eva Feijoo e Miguel Viso realizaron un moi bo relevo.

A próxima cita será o campionato de España absoluto en augas abertas que se celebrará do 14 ao 16 de xullo na praia de Orzan na Coruña.

O Salvour acudirá ao Campionato de España absoluto en augas abertas do 14 ao 16 de xullo na Coruña

O Centro Comercial Ponte Vella acolleu a presentación do Circuíto Galicia Central de Xadrez 2023. Este circuito ofrece unha serie de torneos de ritmo rápido valedeiros para Elo FIDE nos que poidan participar todas as idades.

Das nove xornadas que se disputarán entre xuño e setembro, oito celebraranse na provincia de Ourense, sendo seis delas na propia capital. Os torneos disputaranse a seis roldas ou a sete no caso de que houbese máis de 64 xogadores.

A inscrición para cada torneo ten un custe de 5 euros (a abonar en efectivo, antes da primeira rolda de cada torneo) e as categorías participantes serán as de sub8, sub10, sub12, sub14,

sub16, absoluto e veterán. Todos os participantes deberán ter licencia en vigor.

Para cada torneo a inscrición (que se pecha o xoves anterior ao día da competición ás 24 horas) farase enviando un correo a: xadrezasburgas@ gmail.com; a páxina do circuito será: www.xadrezasburgas.net. De ser necesario poñer un límite de plazas, respetarase rigurosamente a orde de inscrición.

Datas

O Circuíto Galicia Central 2023 dará comezo este sábado, 10 de xuño, nas Galería Viacambre, para logo marchar ata Lalín a segunda xornada (o día 17); As Galerías Unión-Progreso acollerán a terceira xornada o 24 de xuño.

Para xullo está previsto que día 8, celebrese unha

nova xornada na Sociedade Cutural Albor (barrio do Couto).

Xa en setembro as datas finais do circuíto serán: o 2 de setembro, Espazo Academia Galespace (Xinzo de Limia); 9 de setembro, Galerías Viacambre; o día 17 de setembro (Domingo), no Casino do Carballiño; 23 de setembro, Centro Comercial Pontevella; e rematará o día 30 de setembro co Torneo final e entrega dos premios do Circuito no Espazo Xove de Ourense.

O Centro Comercial Ponte Vella acollerá a xornada do circuíto que se celebrará o día 23 de setembro

4 Descenso

A 54ª edición do Descenso Internacional do Miño de Ourense terá lugar este domingo, 11 de xuño. A proba, que patrocina o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, é unha das máis lonxevas do calendario deportivo ourensán. Conta cunha distancia de 16 quilómetros e con saída desde Os Peares, e desde Barra de Miño ás 11.30 horas, e chegada na Batundeira, Velle, ás 12.30h..

4 Gala Judo Galego

A judoka Ana Fernández foi distiguida como ‘Mellor deportista de Jiu Jitsu’ e Diploma ‘Cinturón de Oro’, polos seus méritos no ano 2022 na gala do judo galego que se celebrou en Sanxenxo. Esta é a segunda vez que a ourensá recibe esta distinción.

4 COB

Félix Alonso gañouse a renovación como adestrador do Club Ourense Baloncesto para a tempada 2023-24.

A partir de agora tócalle, xunto á directiva confeccionar un equipo o máis competitivo posible para tentar non pasar os apuros deste curso.

4 Subida RocasO Eirado

Este domingo, 11 de xuño, celébrase a 15ª subida Rocas - O Eirado, proba que ademais é o Campionato de Galicia de Montaña. A proba arrincará ás 11 horas con saída desde Esgos e contará cun percorrido de 13 quilómetros que pasará por San Pedro de Rocas, Arcos e Virxe do Monte, entre outras localizacións. Ademais subirase a 1.163 metros de altitude.

Paralela á carreira terá lugar unha andaina popular que contará cun percorrido de 20 quilómetros.

11 Barrios 9 de xuño 2023
DEPORTES
Presentación do Circuíto Galicia Central de Xadrez.
EN BREVE
Deportistas do Club Salvour na última xornada da Liga Galega de Salvamento.

No acto de presentación do Rally estiveron presentes o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; o vicepresidente de la Diputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome; o presidente da Real Federación Española de Automovilismo, Manuel

que

a

Todo listo para a festa do motor da provincia de Ourense

4 A provincia vibrará coa celebración do 56ª Rally de Ourense.

Redacción

Ouense prepárase para acoller a 56ª edición do Rally de Ourense, proba puntuable -única en Galiciapara o Supercampionato de España-. Será o venres 16

e sábado 17 de xuño cando terá lugar unha das probas automobilísticas máis vibrante de España.

En total percorreranse 163,6 quilómetros cronometrados entre os 12 tramos que consta este rally.

Nesta ocasión pasará polos concellos de Amoeiro, O Irixo, Boborás, Barbadás A Merca, Celanova, Cartelle, Toén e a cidade de Ourense que nesta ocasión o tramo urbano da capital contará con dobre pasada a noite do venres 16.

Tramos

Disputaranse seis tramos a dobre pasada cada un deles.

Na xornada do venres, 16 de xuño, tralo shakedown da xornada matinal, o primeiro tramo será o de Amoeiro (15,08 km) ás 16.50h para a continuación disputarse o de Irixo - Boborás de 18,02 km ás 17.35 horas. Repetirase o primeiro tramo ás 20.05h e o segundo ás 20.50 horas. Como postre da primeira

xornada do rally chegará o tramo urbano de Ourense (1,82 quilómetros) con dúas pasadas ás 22.30 e 22.37 horas.

Xornada final

Despois de descansar algunhas horas, chegará a ultima e decisiva xornada do Rally de Ourense, que contará con seis tramos para coñecer ao gañador desta 56ª edición.

Pola mañá, o máis madrugador dos tramos será o de Barbadás (de 10,14 quilómetros) con saída do primeiro piloto ás 10.30 horas. Xusto despois, os participantes que aínda estén en competición disputarán o tramo de A MercaCelanova que contará cun percorrido cronometrado de 13,24 quilómetros (a

saída deste terá lugar ás 11.10 horas). E rematará a xornada da mañá do sábado co tramo Cartelle - Toén con saída ás 12.10 horas para completar unha distancia de 23,50 quilómetros (sendo o tramo máis longo deste rally).

Pola tarde repetiranse estes tramos. Así, ás 14.50 horas pasarán os compe-

Tramos

tidores por Barbadás; ás 15.30 horas dará comezo o tramo A Merca - Celanova; e rematarase coa última pasada de Cartelle - Toén ás 17 horas. Rematados os tramos cronometrados, os coches reagruparanse no parque de San Lázaro da capital onde terá lugar a entrega de premios.

TC01. Amoeiro. 16.50h (viernes 16)

TC02. Irixo - Boborás. 17.35h (viernes 16)

TC03. Amoeiro. 20.05h (viernes 16)

TC04. Irixo - Boborás. 20.50h (viernes 16)

TC05. Concello de Ourense. 22.30h (viernes 16)

TC06. Concello de Ourense. 22.37h (viernes 16)

TC07. Barbadás. 10.30h (sábado 17)

TC08. A Merca - Celanova. 11.10h (sábado 17)

TC09. Cartelle - Toén. 12.10h. (sábado 17)

TC10. Barbadás. 14.50h.(sábado 17)

TC11. A Merca - Celanova. 15.30h. (sábado 17)

TC12. Cartelle - Toén. 17h. (sábado 17)

12 Barrios 9 de xuño 2023
Aviño e o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño, ademais dos alcaldes dos concellos polos pasará proba, patrocinadores, representantes da Policía Local e Garda Civil e os pilotos Javier Pardo e Iván Ares. Lete Lasa na presentación do rally. /RAMSÉS.
DEPORTES

Allariz prepárase para a súa andaina

4 Terá lugar o 18 de xuño.

Redacción

A 24ª edición da Andaina de Allariz foi presentada no Salón de Plenos do Concello de Allariz coa presenza da concelleira de Deportes, Helena Suárez, e os técnicos de Deportes Roberto Naranjo e Javier López.

Co obxectivo de facilitar a participación daquelas persoas que habitualmente traballan os sábados, no 2019 a área de deportes de Allariz tomou a decisión de cambiar a data de celebración e reducir o itinerario para favorecer que o percorrido poda cambiarse e coñecer e gozar doutros espazos da Reserva da Biosfera.

A edición deste ano constará dunha ruta longa de 22 quilñometros e outra curta de 10 km pensada para os máis mozos ou familias con nenos e nenas

A saída da etapa longa serás ás 09:00h da Alameda de Allariz, cunha

O trail Oira - Santomé, nova proba do circuíto "Correndo por Ourense"

dificultade media. O percorrido desta etapa percorrerá diferentes recunchos do noso concello.

A etapa curta sairá ás 11 sendo a dificultade baixa e percorrendo as marxes do río Arnoia nunha ruta circular de Allariz ao Ecoespazo O Rexo.

Inscrición

O prazo de inscrición estará aberto ata o 16 de xuño e cun prezo de 12 euros público adulto e de 8 para nenos e nenas de ata 8 anos. Devandita inscrición poderase realizar na Piscina Municipal de Allariz (piscina@ allariz.gal); no teléfono 988 44 20 83; ou en Deportes Redonet (rúa Ervedelo, 21, Ourense).

Contarase con servizos de avituallamento, comida, masaxistas e duchas para o final da etapa. Toda a información en www.allariz.gal/ andaina.

4 É a novidade deste ano do circuíto de carreiras ourensán.

O Circuíto de Carreira Populares "Correndo por Ourense" suma unha novidosa proba esta edición e que se disputa este domingo, 11 de xuño.

Nesta 11ª edición, o Consello Municipal de Deportes (organizador do evento) decidiu sumar unha nova proba coa celebración do trail OiraSantomé buscando algo distinto como complemento ás carreiras que se disputan polos barrios da cidade, e que se seguen disputando todas elas.

Como todas as carreiras que se disputan en domingo o horario será o mesmo; é dicir, ás 11 serán os pitufos os que comecen a xornada; ás 11.05 horas será o turno dos sub10 e sub12 (cunha distancia de 1100 metros); ás 11:15 horas, tocaralles aos sub14 e sub16 (sobre unha distancia de 2600 metros); e rematará a proba na que participarán o sub18, sub20, sub23, sénior e os máster, dando comezo ás

O trail OiraSantomé dispútase este domingo, 11 de xuño, a partir das 11 horas

11.30 horas percorrendo un total de 7.250 metros.

Percorrido

O trail Oira - Santomé terá a súa saída e meta en Oira, e pasará pola pasarela Oira, pasarela río Lonia, parque Lonia, Ponte da Lonia, senda fluvial, IES de Mende, rúa Verea Vella, San Tomé e volta a Oira polo mesmo itinerario.

Couto

Anteriormente a esta carreira disputouse a celebrada no barrio do Couto. Na categoría absoluta o vencedor masculino foi Enrique Blanco, seguido de Héctor Rodríguez e Adrián López (os dous primeiros repetiron a mesma posición que na carrei-

4 Fútbol

A Copa Deputación chega ás semifinais. O Allariz recibirá ao Sporting Carballiño, mentres que o Nogueira de Ramuín agarda ao Atlético Arnoia.

4 Ximnasia Rítmica

A fase final do Campionato de Galicia Escolar de Conxuntos de Ximnasia Rítmica disputarase este sábado, 10 de xuño, no Pazo dos Deportes Paco Paz.

4 Ourense Patina

ra do Vinteún). En categoría feminina repertiron podio -na mesma posición- as tres primeiras da carreira do Vinteún. Así, Iria Fernández, Cora Saburido e Ana Soutullo, foron primeira, segunda e terceira, respectivamente.

Corpus

Este mes de xuño o "Correndo por Ourense" disputa dúas probas. Ademais do trail deste domingo, para o día 25 está prevista a celebración das carreiras do Corpus, probas que se disputarán polas rúas do centro da cidade. Depois haberá un parón en xullo e agosto, para en setembro regresar coas carreiras da Universidade e da Ponte.

A décima edición do Ourense Patina terá lugar na pista central do pavillón municipal dos Remedios este sábado, 10 de xuño. A apertura de portas terá lugar ás 16.15 horas e a entrada terá un prezo de cinco euros. O Roller Ourense organiza un evento que contará coa participación de 300 patinadoras.

4 Reto solidario

Do 10 ao 11 de xuño a UD Barbadás organiza un reto solidario. O mesmo consta en facer 120 quilómetros en 24 horas. A saída terá lugar no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e a chegada será no Centro Comercial Pontevella de Ourense. Tamén se pode facer unha andaina (5 km) con saída no centro comercial e chegada no CHUO. Os participantes doarán un euro por cada quilómetro que fagan ben sexa correndo ou en bicicleta. Os fondos irán destinados ás asociacións: Bicos Pape, Asanog e Sant Joan de Deu.

13 Barrios 9 de xuño 2023 DEPORTES
Presentación da 24ª andaina de Allariz. R.T. Carreira celebrada no barrio do Couto. /RAMSÉS.
EN BREVE

14 Barrios 9 de xuño 2023

4AXENDA

Teatro

- Xoves 15 de xuño

- 21 horas - “El alma de Valle Inclán - Teatro

Principal.

Musica

- Venres 23 de xuño20 h - Trío Guarneri Praga - Teatro Principal.

Deportes

- Domingo 11 de xuño

- 11 horas - 15ª Subida

Rocas - O Eirado - Esgos.

- Domingo 11 de xuño

- 11 horas - Trail OiraSantomé (circuíto “Correndo por Ourense”)Ourense.

- Domingo 11 de xuño

- 11.30 horas - 54º Descenso do Miño - Ourense.

- Venres 16 e sábado 17 de xuño - 56º Rally de Ourense.

- Domingo 18 de xuño

- 9.00 horas - 24ª edición da Andaina de AllarizAllariz.

Exposicións

- Ata o 25 de xuñoExcoitar cos ollos, arte e loucura - CC Marcos

Valcárcel.

- Ata o 25 de xiño - No interior do abandonoCC Marcos Valcárcel.

Outros

- Venres 9 de xuño - 21 horas - Monólogo Luis

Piedrahita: Es mi palabra contra la mía - Teatro

Principal de Ourense.

- Ata o 11 de xuñoFeira do libro de Ourense - rua do Paseo.

- Martes 13 de xuño20h - Tardes de poesía: Martes de Poesía Fernando Gabelo - CC Marcos

Valcárcel.

- Do 20 ao 22 de xuño

- 20 horas - 33ª Xornadas de Danza “Bailando o século XX” - Teatro Principal de Ourense.

Mércores 21 de xuño

- 19.30 horas - presentación do libro de Rochi

Novoa: “Diagnose poético: os versos que se levan dentro” - CC Marcos

Valcárcel.

- Do 24 de xuño ao 2 de xullo - Festas do Corpus - Ourense.

- Venres 30 de xuño19.30 horas - Conferencias: “A muller romana na Gallaecia” e “Exeria, a primeira escritora hispana” - CC Marcos Valcárcel.

www.periodicobarrios.com

AXENDA / ARTIGOS / SOCIEDADE

4TRIBUNA ABERTA

Destacado compromiso de Galicia no rango español da mobilidade eléctrica

No ano 2022, o mercado de vehículos eléctricos en España experimentou un crecemento significativo, cun total de 84.645 unidades vendidas segundo datos do Instituto de Estudos de Automoción (Ideauto), o que representa un aumento do 19,09% con respecto ao ano anterior. Este incremento reflicte o crecente interese e compromiso da sociedade cara á mobilidade sustentable e o futuro verde. Cun especial enfoque en Galicia, realízase un rango das comunidades autónomas españolas que lideraron na adquisición de vehículos eléctricos durante este período.

Aumentan as matriculacións de vehículos eléctricos en Galicia

A achega de Galicia

O aumento do 14.49% en comparación co ano anterior mostra o crecente interese e a adopción de vehículos eléctricos en Galicia

como a oitava comunidade autónoma no rango de matriculación de vehículos eléctricos en España, segundo datos do Instituto de Estudos de Automoción (Ideauto), destaca a importancia da mobilidade sustentable e o papel fundamental que desempeña na construción dun futuro próximo máis respectuoso co medio ambiente. Durante o pasado ano, matriculáronse un total de 2.090 vehículos eléctricos na comunidade galega, entre vehículos de empresa, autónomos e particulares, o que representa un significativo 2.47% do total nacional.

O aumento do 14.49% en comparación co ano anterior mostra o crecente interese e a adopción de vehículos eléctricos en Galicia. Esta cifra reflicte o compromiso e os esforzos realizados para promover a mobilidade sustentable na rexión, tanto por parte das autoridades como dos cidadáns.

Ademais, este crecemento viuse impulsado polo aumento na dispoñibilidade de opcións de mobilidade sustentable, como o automóbil máis económico e pequeno. A achega de Galicia na matriculación de vehículos eléctricos contribúe de maneira significativa á redución das emisións de

gases de efecto invernadoiro e á mellora da calidade do aire na comunidade. Ademais, impulsa o desenvolvemento dunha infraestrutura de carga máis sólida e fomenta a creación de emprego no sector da mobilidade sustentable.

A mobilidade sustentable é esencial para abordar os desafíos ambientais e climáticos que enfrontamos actualmente. Galicia, ao aumentar a súa participación na matriculación de vehículos eléctricos, demostra o seu compromiso cun futuro máis limpo e sustentable. Ademais, contribúe ao desenvolvemento dunha economía verde e promove a innovación en tecnoloxías e solucións de mobilidade sustentable.

A contribución de Galicia como a oitava comunidade autónoma na matriculación de vehículos eléctricos reflicte a súa importancia na promoción da mobilidade sustentable. A súa participación do 2.47% do total e o aumento do 14.49% en comparación co ano anterior resaltan o seu compromiso cun futuro máis verde e a construción dunha sociedade máis sustentable.

rentingparaempresas.es

4 Son candidatos aos premios de Innovación tecnolóxica e didáctica da Xunta de Galicia.

Redacción

O Centro Integrado de Formación Profesional a Farixa impulsa dous proxectos de innovación que optarán aos premios de innovación tecnolóxica e didáctica da Xunta de Galicia e que implican xa na súa realización a múltiples departamentos do centro, alumnado e tamén departamentos de centros colaboradores empresas do tecido empresarial de Ourense ou institucións como a Universidade de Vigo.

Desde hai uns meses xa forma parte das instalacións do centro un contenedor marítimo que é obxecto do primeiro dos proxectos e que prevé convertirse nunha vivenda piloto autónoma.

Plantéxase como un auténtico laboratorio experimental que permitirá ao alumnado aplicar coñecementos de primeira man a un proxecto en construción que implica un traballo multidisciplinar asociado aos estudios dos departamentos e centros que participan nel: enerxía e auga, obra civil, electricidade e electrónica e imaxe e son, do CIFP A Farixa; fabrica-

ción mecánica, do IES 12 de Outubro; e instalacións e mantemento, do IES Universidade Laboral.

O proxecto ten como obxectivo modificar un contedor marítimo para convertelo nunha aula tecnolóxica didáctica de enerxías renovables. Nunha primeira fase executarase a apertura de ocos e colocación de fiestras e portas, para a continuación empregar solucións construtivas eficientes que diminúan a demanda enerxética do contedor.

Instalaranse sistemas tecnolóxicos que permitirán a máxima autonomía dos espazos didácticos creados na aula, con aproveitamento das seguintes fontes de enerxía primarias renovables: solar térmica, fotovoltaica, aerotermia e xeotermia.

Un vehículo eléctrico realizando unha carga. /RENTINGPARAEMPRESAS.ES.
O CIFP A Farixa impulsa dous proxectos de innovación
O obxectivo é modificar un contedor marítimo para convertelo nunha aula tecnolóxica didáctica de enerxías renovables
Contedor marítimo obxecto dun dos proxectos.

OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 9 de xuño 2023

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 685 969 546. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara, Manuel Blanco

Nº186 - Ano: XVI - 9 de xuño de 2023 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.

Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 685 800 190.

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Alfredo Cabeleira, pintor naturalista

Alfredo Cabeleira naceu en Castelões, no municipio de Chaves. Realizou un curso de debuxo e pintura no Instituto Parramon de Barcelona, é membro da Sociedade Nacional de Belas Artes e pertence á Asociación de Artistas Plásticos do Alto Tâmega e Monterrei. Tivo obradoiro/escola en Montalegre, Boticas, Valpaços, Torre de D. Chama e Macedo de Cavaleiros. Actualmente ten unha escola en Oímbra, Castelo do Val, Galicia, e unha galería/estudo en Castelões-Chaves.

É un artista con varias exposicións en Portugal e no estranxeiro, onde a

As súas obras aparecen con paisaxes naturais, valorando a paz no campo, con e sen presenza humana

admiración polas súas pinturas xa é unha constante, asumindo un carácter regular. Pinta o presente e o pasado, onde a tradición sempre está presente. Ten unha obra vasta, predominando a ruralidad dunha pureza brillante. É aquí onde lembramos a nosa infancia, onde vivimos estas escenas tan superiormente ilustradas, tan cheas de vida cos contrastes cromáticos das paisaxes maduras e luminosas dun ceo cristalino.

As súas obras aparecen con paisaxes naturais, valorando a paz no campo, con e sen presenza huma-

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

[Deixe o seu anuncio no 685 96 95 46 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

na. Adoitan estar relacionados co Naturalismo e en ocasións con outros elementos artísticos. As súas pinturas pretenden facer un retrato fiel do medio rural, a través dunha perspectiva biolóxica, para entregar unha fotografía clara e concreta ao espectador.

Os flavienses contan con outros bos pintores do naturalismo, como Alcino Rodrigues e Mário Liño. Alfredo Cabeleira, sen dúbida seguindo os camiños dos grandes mestres da actualidade.

INMOBILIARIA

Alugo piso no Couto. Amoblado e con calefacción. Teléfono 672 089 349.

Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000€. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel.

TRABALLO

Ofrécese señora cualificada para o coidade de maiores no período de verán (a partir do 15 de xullo) Tel. 663 043 561.

Ofrécese señora para traballar por horas en Xinzo coidando maiores.

620 66 07 62. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358.

Tel. 641 440 921.

Ofrécese señora para traballar por horas en Xinzo limpando. Tel. 641 440 921.

Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543.

Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513.

Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173

Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes.

Tel.: 606 422 543

Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043

561

Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745

611

Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato.

As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico.

VENDAS

Vendo arado de vertedera seminovo, maquinaria agrícola, ferramentas de labranza e utensilios aptos para uso agrícola. Todo en bo estado e a prezo económico. Teléfono: 615 097 515

Vendo garrafóns e botellas de cristal. Tel: 672 089 349.

Vendo moble de entrada con cristal. Tel: 672 089 349.

Vendo lámparas de bronce. Tel: 672 089 349. Vendo accesorios para cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434. Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434. Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635

Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522

Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522

Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897.

Vendo Televisión marca Samsung 32 polgadas. Seminova. Prezo: 125 euros. Tlf.: 666 303 635 (tamén atendo WhatsApp

15
Barrios 9 de xuño 2023
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.