2 minute read

O PSOE logra ser a primeira forza en Xinzo de Limia

4 Axil, que subiu un concelleiro, terá a chave para formar gobeno; tamén subiu o BNG e baixou o PP. Vox, a pesar dun apoio importante, non logrou representación.

Redacción

Advertisement

Por primeira vez Xinzo de Limia elixe ao PSOE como o partido máis votado nunhas eleccións municipais. Dos 13 concelleiros que conta o concello catro son para PSOE; os mesmos que o PP; tres para Axil; e dous para o BNG. Sen maioría absoluta -está nos sete concelleiros- toca reunións para lograr un pacto que dé estabilidade ao concello nos vindeiros catro anos.

PSOE

Con Elvira Lama á cabeza, os socialistas adiantan ao PP como a lista máis votada e pasan dos 906 votos (24,85%) en 2019 aos

1.592 (29,24%) este 28M. Isto permítelles sumar un concelleiro máis que fai catro anos logrando catro.

PP Os mesmos acada o Partido Popular (liderado por Antonio Fernánez), pero estes van en caída libre nas dúas últimas eleccións; en 2015 sumba 2.675 votos e

1.979, en 2019; este ano,

1.517 (27,87%) veciños lle deron o seu apoio. A pesar de contar cos mes- mos concelleiros que os socialistas, os populares baixan ao segundo lugar por unha diferenza de 75 votos.

Axil

Amador Díaz é o líder de Axil e foi tenente de alcalde nos últimos catro anos. A súa formación sube de dous a tres concelleiros grazas a un incremento de 209 votos, pasando dos 875 aos 1.084 (19,91%). Uns resultados que lle permitirán ter unha capacidade negociadora máis grande que fai catro anos.

BNG O Bloque Nacionalista

Galego que foi a única das catro forzas que entran na corporación municipal que mudou sustancialmente a lista, a estratexia saiulle ben. Camilo Vila colleu a batuta nacionalista sendo o candidato. A formación logrou incrementar un concelleiro tengo agora dous por un que tiñan ata o de agora. De 410 votos (6,94%) nas pasadas eleccións case triplican o número e chegan aos 1.027 (18,86%).

Vox

Vox presentabase por primeira vez ás eleccións en Xinzo de Limia. Edelmiro Rodríguez foi o seu candidato e a pesar de non lograr representación, un importante número de veciños confiaron na formación verde. Con 174 votos logrou o 3,19% dos mesmos.

Outras formacións

Estas foron as cinco formacións que se presentaron este 2023, tres menos que en 2019. Daquelas, Vox non estaba presente no proceso electoral pero si concorrían Cidadáns (con Montse Lama á cabeza que finalmente volveu recalar nas filas populares antes de rematar o mandato e agora presentouse nas listas do PP de Vilar de Barrio); Xinzo Adiante (XA) que lideraba Manuel Pérez e que estivo tanteando varias opcións para esta ocasión pero que finalmente non concorriu en ningunha das listas. Ademais de Xuntos por Xinzo e Compromiso por Galicia tamén se presentarán. C´s e XA tiñan representación cun concelleiro cada un, incluso XA formaba parte do Goberno local.

Pactos

Todo fai indicar que a socilalista Elvira Lama continuará co bastón de mando de Xinzo de Limia, pero deberá chegar a acordos antes da investidura prevista para o sábado, 17 de xuño. Claro está que o cuatripartito non se repetirá nesta ocasión pero os pactos serán necesarios igualmente. Pactos diretos con varios partidos no goberno ou indiretos deixando que sexa a lista máis votada a que goberne será o que teñan que aclarar nos vindeiros días.

Neste contexto, Axil ten moito que dicir, xa que é chave para declinar a balanza apoiando a PSOE ou a PP. Amador Díaz podería apoiar a calquera das dúas formación e lograrían maioría absoluta.

O BNG a pesar de incrementar o número de concelleiros non lle da para formar bipartito co PSOE (sumarían seis concelleiros dos sete que é a maioría absoluta), toda vez que non permitirían un goberno do PP, precisarían de Axil para conformar goberno.

Axil, co seu apoio, podería dar a alcaldía a PSOE ou a PP entrando a formar parte do Goberno local

Datos do número de concelleiros que consigue cada partido politico, do número de votos e da porcentaxe.

This article is from: