Barrios 180

Page 1

Ourense estrea unha aplicación para mellorar a interacción coa cidadanía

A Escola Rural de Saúde da Limia organiza as charlas “Visibilizándoas para a mediciña”

[Páx. 3]

Allariz busca consolidarse como un referente do turismo sostible

DEPORTES

O COB venceu ao Melilla de García de Vitoria, rival directo para a salvación

7]

[Páxs. 2-4]

Ourense, co 8M!

[Páx. 5]

www.periodicobarrios.com
685
190 OURENSE Páx.7 ALLARIZ Páx.10 XINZO Páx.8 CELANOVA Páx.9
O Concello de Ourense conmemora o Día da Muller durante todo o mes de marzo. // A capital conta con 12 parques infantís máis. // Coñecemos a Lebrato & Grandío Hub Clinic.
Número: 180 - Ano: XVI - 14 de marzo de 2023 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de
distribución gratuíta
- Se quere anunciarse consulte no
800
Antonio Mouriño, expulsado do PP pola súa vinculación con Celanova Decide Páx.11
A cidade suma doce novos parques infantís [Páx.
A solución para deixar de fumar, máis preto
Entrevista a Malena de Jesús, directora e psicóloga do CIM de Ourense

2 Barrios

14 de marzo 2023

especial 8M

O 8M esténdese por todo o mes

4 Numerosas actividades realízanse reivindicando o papel da muller na sociedade.

Redacción

A programación do Concello de Ourense para reivindicar o 8 de marzo (8M), Día Internacional das Mulleres, esténdese durante todo o mes para destacar o papel da muller na sociedade. Baixo o lema de 'Sempre!', as actividades traerán contacontos en colexios, obradoiros, música, circo, poesía, cine, entre outras.

Porén, “hai conquistas que damos por feitas, pero están experimentando un retroceso”, segundo alertou a directora do Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM), Malena De Jesús. É por iso que moitas das actividades están orientadas a un público mozo, con cada vez máis

presenza nos servizos de atención do CIMM: “Un 12% das nosas usuarias son menores”, relataba a directora desta institución municipal, “e o 85% do total dos casos que atendemos son por violencias”, dixo. Todas as actividades son de balde, con inscrición previa. Haberá servizo de canguraxe e tradución á lingua de signos baixo demanda (avisando 48 horas antes). Máis información, no teléfono do CIMM 988 393 191 -en horario de mañá- ou no enderezo de correo concelleriamuller@ ourense.es.

Deste xeito, xa tivo lugar o acto institucional coa lectura do manifiesto acaecido o propio 8 de marzo. Tamén houbo contacontos, en centros educativos, a en-

Na Subdelegación leuse un manifesto e alumnos do IES As Lagoas tocaron dúas pezas musicais e escenificaron “Si hubieran hablado”

trega do 17º Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades, e un concerto na praza Maio de The Tetas 'Van e de Broken Peach.

Porgramación

A mesma segue este martes na Casa da Cultura (rúa do Concello 11) coa proxección da película La revolución bailando (20.30 horas). O mércores 15 de marzo, chega ao Teatro Principal (20:00 horas) "Circando - Mulleres e Circo", un espectáculo con Isabel Risco, actriz e presentadora; Sue Moreno, actriz, trapecista, bailarina e acróbata aérea; Lila Star, contorsionista; Marta Sempre Arriba, acróbata aérea e clown; e Fani Triana, maga.

O xoves 16, o CIM (rúa do Ensino 24) organiza o obradoiro "Muller e Corpo" (17:30 horas) impartido por Mar Márquez, bailarina e sexóloga.

Para o luns 20, está pre-

vista a presentación do 4º Plan de Equidade do Concello de Ourense, na que intervirán Telmo Ucha, concelleiro de Igualdade, e Silvia Pérez Freire, socióloga experta en xénero e profesora da Universidade de Vigo.

Mur Marxinal (rúa Manuel Murguía 11) acolle o venres 24 de marzo "Poesía escénica", con Nuria Vil, narradora oral e finalista do Premio Nacional de Poesía Nova Miguel Hernández 2022.

Rematará a programación do 8M este mes de marzo con dous eventos o mércores día 29. Por unha banda, o CIM organiza (ás 17:30 horas) o obradoiro para mulleres: Pensar (Nós) mulleres, impartido por Ana Pérez Cardoso, educadora social do CIMM. E ás 19 horas, a Sala Valente (rúa do Paseo, 20), preséntase o libro e o vídeo "O rueiro que queremos: feminino e plural". Intervirán no acto Malena De Jesús, Rosa Mª Cid Galante e José Antonio López Feijóo.

Praceiras e CEO

A praza de Abastos, como cada ano, reuniu ás praceiras ás portas de entrada do mercado para ler un manifesto rendíndolle homenaxe a todas as traballadoras do lugar. Ademais, repartizon lazos morados a todos os que se achegaron. Durante a lectura do manifesto recordouse que o 60% das persoas que traba-

llan na Praza son mulleres, e o 50% dos negocios do mercado están rexentados por mulleres.

As mulleres da CEO tamén conmemoraron o 8M, sendo o patio da súa sede o escenario reivindicativo desta data. Marisol Novoa, presidenta da entidade, agradeceu a participación e esforzo diario das mulleres para ir avanzando en prol da igualdade. No acto tamén falou a escritora Rosa María Cid, quen explicou a experiencia de escribir ‘Mercedes e Rosa do Campo de la Fuente. Mestras e comprometidas co galeguismo’. Os asistentes ao acto recibiron un exemplar deste libro.

Subdelegación

A Subdelegación do Goberno en Ourense conmemora o Día da muller reivindicando a igualdade de xénero nun mundo “dixital inclusivo” coa finalidade de denunciar as desigualdades sociais e económicas consecuencia da fenda dixital de xénero e as violencias machistas que se dan no mundo dixital. No acto, deuse lectura do manifesto por parte do Subdelegado, a xefa da unidade de Viogen, Alida Iglesias, o secretario xeral da Subdelegación, Manuel Arias, e as traballadoras e traballadores da institu-

ción. Ademais da lectura do manifesto o acto contou coa participación das nenas e nenos do instituto público As Lagoas de Ourense onde o alumnado de 3º da ESO realiza unha escenificación titulada “Si hubieran hablado” que pon en valor a importancia da educación en igualdade. Ademais, a mesmo alumnado realizaron unha interpretación musical da canción Negra Sombra da artista feminina Luz Casal.

Manifestación En Ourense tampouco faltou a manifestación do 8M. A pesar de vivir días convulsos e unha palpable división pola nova lei do “só si é si”, as rúas da cidade enchéronse de mulleres e homes que, fieis á cita, manifestáronse reivindicando a igualdade para as mulleres.

Concentración na praza Maior polo 8M./I.OSORIO. A Subdelegación do Goberno tamén realizou actos conmemorando o Día Internacional da Muller./RAMSÉS. De arriba a abaixo: acto institucional do Concello de Ourense; acto na CEO; e na praza de Abastos
O mércores, 29 de marzo, ás 19 horas, na Sala Valente (rúa do Paseo, 20) preséntase o libro e o vídeo “O rueiro que queremos: feminino e plural”

ENTREVISTA A MARÍA ELENA DE JESÚS RODRÍGUEZ (MALENA), DIRECTORA E PSICÓLOGA DO CIM DE OURENSE

4 O Centro de Información á Muller é un órgano

Con motivo do 8M Día Internacional da Muller, falamos con María Elena de Jesús Rodríguez (Malena), directora e psicóloga do Centro de Información ás Mulleres de Ourense (CIM) da Concellería de Igualdade.

Falabas de que hai un retroceso da mocidade en canto á violencia de xénero. Se estamos nunha sociedade que fai anos educabase nunha cultura machista e os de agora veñen con certos “tics”, que é o que acontece?

Malena: “Non é que estén retrocedendo é que a sociedade está retrocedendo. As xeneracións anteriores traballamos moito esto e se supón que a xuventude tería que estar máis mentalizada, de feitos estos temas se tratan nos colexios, porén a nivel social hai un retroceso moi grande. Só hai que ver a televisión para ver que incluso partidos políticos o levan como bandeira ao non crer na violencia de xénero, por exemplo. Entón, neste campo onde se está falando da igualdade, a xuventude e os maiores estamos naturalizando estas formas de relación: faltar, deslixitimar, insultar,... e se ve normal no seo das parellas. Por que se segue a promover o amor romántico, os celos como sinónimo de amor. Tamén falta

“O tema dos celos séguese vendo como algo moi romántico, como o de que o meu mozo me quere, por iso, non me deixa poñer unha minisaia”

moita educación en valores; que se trate o tema das emocións, a sexualidade; cultivar, por así dicilo a parte humanística”.

E como ves o futuro neste tema?

M.: “Penso que se chega a un punto que non se sostén. Entón isto terá que encarrilarse de novo, polo que se precisa unhas políticas de igualdade, xa que son uns dereitos propios e adquiridos e non os van deixar perder. Que as novas xeracións utilicen a violencia como forma de resolver os conflitos tampouco é bo para ninguén”.

Falanos un pouco do CIM de Ourense?

M.: “Estamos tres persoas no CIM, que é un centro municipal da administración, gratuíto e prestamos atención psicolóxica, xurídica e socio-educativa. Realizamos un labor asistencial (traballando cas mulleres no día a día), e unha labor preventiva que son estas campañas de sensibilización para achegar a igualdade e a diversidade e estos problemas que temos sen resolver. Logo estamos

“Hai mulleres que levan 30 ou máis anos e que aguantaron para que os fillos e as fillas fixeran a carreiras e teñan agora un traballo. E cando deciden separarse as axudas económicas son limitadas no tempo e na cantidade”

coordinados con diversos colectivos. A nivel social está a área da muller de partidos, sindicatos, universidade, asociacións veciñais e feministas, e outras máis. E logo está a comisión de violencia de xénero onde estamos profesionais que intervimos con mulleres -corpos e forzas de seguridade, colexio de avogados, centro penitenciario, servicios sociais e un longo etc.-”.

A cantas mulleres atendedes no CIM? E cal é a porcentaxe de menores que chegan pedindo axuda?

M.: “Sobre 350 ao ano. E iso por que chegamos a onde chegamos, por que como dixen somos tres persoas. A moitas mulleres se lles da cita para dentro de dúas semanas e van ao de Barbadás ou

ao do Pereiro de Aguiar. Penso que habería que duplicar ou triplicar a plantilla. Ademais, levamos temas de persoas LGTBIQ, que está ben, que hai que darlles resposta, pero precísase persoal, dentro da Concellería de Igualdade, que de ese servizo específico. Se duplicamos a plantillas creo que duplicaríamos o número de atencións.

En canto a rapazas vítimas de violencia de xénero menores de idade están ao redor do 12%”.

Cifras enormes para unha cidade como Ourense duns 105.000 habitantes.

M.: “Pois é a punta do iceberg; hai moitas máis. Tamén é certo que hai mulleres que non van ao CIM do seu concello e prefiren vir ao da cidade por que

está máis no anonimato que no CIM que lle correspondería, por que podería vela alguén coñecido. Recordo unha muller, que tiña máis preto outra comunidade autónoma que o CIM de Ourense, e se metía os máis de 100 quilómetros para que non a recoñeceran”.

Supoño que vos chegarán casos terribles.

M.: “Horribles, si. Chegan casos de violencia por parte de parellas, ex parellas e incluso dentro do ámbito familiar. O acoso nocturno dentro da propia pandilla ou do instituto; comézase unha relación máis cercana cunha persoa e que se saltan os límites nun momento dado porque chegan mensaxes que circulan incluso avalados por partidos políticos de que un non é un si, ou depende, e eses mensaxes reforzan o que están facendo. Ves nos medios, por exemplo, o tema da manada, e dis, bueno, casi o levan ao plano da diversión e o ocio e o suben ás redes sociais.

Logo hai mulleres que levan 30 ou máis anos e que aguantaron para que os fillos e as fillas fixeran a carreiras e teñan agora un traballo. E cando deciden separarse as axudas económicas son limitadas no tempo e na cantidade”.

Volvendo ás menores, estamos nun momento no que se recibe moita información.

M.: “Recibiron moita información pero de que tipo. Nos colexios din que xa están saturados, que veñen a dar a charla de violencia moitas ong´s,

institucións, etc. E o mellor sería dar menos, pero de máis calidade. Hai que levar este tema dunha maneira máis rigorosa, o que non quita que leves a algún convidado. Pero que sexamos tantos e non se leve un control de quen fala, como fala e que mensaxes está transmitindo. Logo está o curriculum oculto, percibes moita igualdade, pero paralelamente todas as películas son reiterativas do uso da violencia, o telexornal falan do número de mortas como unha máis. E logo están o que din certas cancións, o acoso nas redes sociais”.

Séguese confundindo o amor coa liberdade?

M.: “O tema dos celos séguese vendo como algo moi romántico, como o de que o meu mozo me quere, por iso, non me deixa poñer unha minisaia; como tamén hai o eu non saio porque ao meu mozo sei que non lle gusta, ou non vou de Erasmus porque prefiro quedarme aquí por el. Non me prohibe vestirme con algunha roupa, pero cada mañá teño que sacar unha foto e mandarlla para que vexa como vou vestida. O control vese como amor; porén non está mal que el saia cos seus colegas”.

Para rematar, desde o CIM axudouse a moitas mulleres.

M.: “Espero que teñamos contribuído a que así sexa. Algunhas veñen despois e teñen unha vida máis normalizada e bonita; cos seus dereitos respectados, son felices coa decisión que tomaron”.

“Algunhas mulleres veñen despois e teñen unha vida máis normalizada e bonita; cos seus dereitos respectados, son felices coa decisión que tomaron”

3 Barrios 14 de marzo 2023 8M especial
Malena, directora do CIM de Ourense. /RAMSÉS.
"Atendemos ao redor de 350 mulleres ao ano no CIM, das cales un 12% son menores de idade"
dependente da Concellería de Igualdade do Concello de Ourense.

especial 8M

Diversas actividades pola provincia conmemoran o Día Internacional da Muller

4 Xinzo emula a revista "Time" con seis veciñas do Concello.

Redacción

Moitos concellos únense ás reivindicacións do Día Internacional da Muller e que durante todo o mes organizan actos enfocados cara a igualdade.

En Celanova, por exemplo, unha charla-obradoiro realizouse baixo o nome de “Mulleres invisibles, traballos invisibles”. Tamén, se iluminou de morado a fachada do Concello, ademais de realizarse unha charlo no centro sociocomunitario impartida por Carmen Armada, profesora adxunta de la Universidad de Vigo e técnica de Igualdade e que tratou sobre as mulleres maiores. Outra das actividades foi a dunha sesión fotográfica á bata tradicional, que levaron e seguen levando, sobretodo, as mulleres do rural.

Allariz

Allariz organiza as 19 Xornadas para a Igualdade que levan por lema “Súmate á igualdade” .

As actividades comezaron o día 8 de marzo coa lectura do manifesto pola igualdade na praza Maior, e contou coa participación

A portada histórica do Time foi emulada por seis veciñas de Xinzo de Limia.

do alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO do IES de Allariz, no que se puxo en valor a igualdade real e efectiva entre home e mulleres. Na mesma xornada reuniuse a mesa de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero. Nesta reunión participaron xunto aos responsables locais, Julián Pardina, fiscal especia-

lista en violencia de xénero na provincia de Ourense; e Maria Alida Iglesias Gil, xefa da unidade de violencia sobre a muller en Ourense. Durante esta sesión abordaronse os aspectos mais importantes sobre os últimos cambios lexislativos en materia de violencia de xénero.

O salón do Fogar dos

Maiores de Allariz, acolleu a charla de Jennifer Novoa “A muller durante a transición a través da fotografía”, dando a coñecer un pouco máis o papel que desenvolveron as muller nesta época sobre todo no rural. Tamén hai unha exposición de fotografías de mulleres de Allariz, que leva por título Matria, a súa localización é no salón do Fogar dos Maiores. Esta exposición será posible grazas a colaboración da veciñanza de Allariz.

O venres, 18 de marzo, haberá unha visita guiada, As mulleres de Nós percorren Allariz. Para asistir a esta actividade deberase inscribir previamente na Oficina de Información ou no correo informacion@ allariz.gal.

E para rematar coas actividades das Xornadas para a igualdade, o domingo, 19 de marzo, ás 11:30h celebrarase a 1ª Carreira-marcha solidaria para a igualdade. A saída realizarase dende a praza Maior e farase unha recollida solidaria de alimentos non perecedeiros e produtos básicos de hixiene. Para participar na carreira poderán inscribirse no teléfo-

no 988 554 059, por WhatsApp no 683 61 46 91 ou no correo igualdade@allariz.gal, ata o 17 de marzo ás 13h. e o día da proba ata ás 11 horas.

A proba consta de dúas rutas, unha de 3 km e outra de 6. As rutas poderanse facer correndo ou camiñando. Ao remate da carreira, sobre as 13h dará comezo, na praza Maior, o concerto de Brassica.

Xinzo

O Concello de Xinzo de Limia estende a súa programación ao longo de todo o mes, na que o propio 8 de marzo tivo lugar unha concentración e a lectura da declaración institucional.

A exposición de Benigno Torres "Pintar en lousa" pódese visitar na Casa da Cultura ata o 23 de marzo.

Outra das actividades realizadas foi a da charla de Ana Peláez, comisionada de Xénero do CERMI e vicepresidenta executiva da Fundación CERMI Mulleres, forma parte do Comité para a Eliminación da Discriminación contra a Muller e é a española que dá voz ás mulleres e nenas con discapacidade da ONU.

Este martes día 14, preséntase o Plan de Igualdade; unha folla de ruta que planificará con medidas, indicadores e sistemas de avaliación a política de igualdade municipal durante os vindeiros catro anos.

Para o sábado día 25 de, organízase unha home-

naxe á matrona Genoveva Vázquez Calviño co descubrimento dunha placa na súa casa. A matrona, asistiu nos partos de moitas mulleres da comarca durante máis de medio século, axudando a nacer a moitos veciños.

Outra das accións máis emotiva foi a realización dunha campaña titulada “As donas de Xinzo. Mulleres que escriben historia” emulando a histórica portada do "Time" (na que se recoñeceu como persoa do ano a cinco mulleres), e asociada á cuarta onda feminista, na que se puxo en valor o movemento #MeToo. Nesta ocasión, son seis mulleres que dan visibilidade á realidade das mulleres de Xinzo de Limia. Teñen diferentes idades e profesións: dúas sanitarias, unha mestra, unha futbolista, unha mestra de autoescola e empresaria e unha saxofonista e directora do Conservatorio de Xinzo. En definitiva, perfís diferentes pero moito que contar e un obxectivo común: seguir avanzando a favor da igualdade.

O día 25 de marzo, organízase unha homenaxe á matrona Genoveva Vázquez Calviño e ó descubrimento dunha placa na súa casa

4 Barrios 14 de marzo 2023

ENTREVISTA A RICARDO DE LA FUENTE CID, DA UNIDADE DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA DE LEBRATO & GRANDÍO HUB CLINIC

"Deixar de fumar é posible"

4 Descubrimos a nova unidade da Lebrato & Grandío Hub Clinic, na que te axudarán a deixar de fumar, sempre e cando a túa motivación sexa alta, en

M.Rejo

Todos sabemos que o tabaco é un vicio moi perigoso para a nosa saúde, pero aínda así moita xente segue fumando. Se eres desas persoas que pensa que chegou o momento de deixalo polo teu ben tes dúas maneras de facelo. Unha é pola túa conta e a outra, acudindo a un especialista que te guiará paso o paso ata que consigas deixar o cigarro para sempre.

Se pensas que podes facelo ti só, perfecto. Pero se non te ves capaz e necesitas axuda, Ricardo de la Fuente é o profesional que necesitas. Licenciado en Farmacia estivo ao cargo de dúas farmacias ao longo de 15 anos. Graduado en Nutrición e Dietética e cun Máster Experto en tabaquismo explicounos como funciona a súa unidade.

Farmacia, nutrición e agora tabaquismos, como foi ese percorrido?

Ricardo de la Fuente (R.F.): "O tabaco é un factor de risco que pode que hoxe esté un pouco infravalorado, non se lle da moita importancia. O tabaco é a primeira causa

de morte previble a nivel nacional e internacional. En Hub Clinic decidimos apostar por esta unidade dun xeito multidisciplinar para aquelas persoas que desexen abandoar o tabaco teñan a nosa opción".

Por que a xente comeza a fumar e por que despois quere deixalo?

R.F.: "A maioría da xente comeza a fumar na adolescencia motivado polas compañías, antes tamén por modas; sentirse maiores e, por último, porque as tabaqueiras manexan moi ben o campo de marketing. Non cabe dúbida que o tabaco, a nicotina, nos xera un pracer temporal, pero a medio e largo prazo a nivel de saúde son numerosos os problemas que te vai xerar e aí é onde nos tentamos abrirche os ollos para que o deixes".

Se por fin dou o paso e veño á túa consulta, qué me atoparía?

R.F.: "Traballamos tres fases. Unha primeira fase que sería de evaluación, preparación do paciente, ver como se atopa a a través de distintas técnicas, test e probas. Cada per-

soa é distinta e persoalizamos os tratamentos. Sobre todo analizamos o grao de dependencia e o de motivación para deixalo. Se vemos que non está preparado para comezar a fase de "cesación" agardamos un pouco máis. A segunda fase comeza cando tanto el coma nós pomos unha data concreta para xa non fumar máis, o que chamamos o "día D". Nesta segunda fase entran en xogo técnicas psicolóxicas, cognitivas e todo elo acompañado dun tratamento farmacolóxico. Hai evidencias científicas de que os farmacos nestas técnicas

“A partires dos seis meses ou un ano podemos falar xa de ex fumador, pero aínda así temos que estar moi atentos para non volver recaer”

conseguimos duplicar ou triplicar o éxito na deshabituación tabáquica. A duración desta etapa depende de cada persoa pero a nivel orientativo soe durar entre seis, oito ou máximo dez sesións, que en tempo ven sendo de dous a catro meses. No caso de que houbera unha recaída, que pode habelas, paramos proceso, analizamos as causas e volvemos a evaluar cando podemos comezar, outra vez, a deixalo e fixar outro "día D".

E a terceira etapa ou fase é a de mantemento da cesación e que perdure no tempo o abandono do tabaquismo. Insistir que a dependencia á nicotina é para toda a vida e que unha vez que o deixas é moi importante non volver a coller un cigarrillo".

Que beneficios opten a persoa que deixa de fumar?

R.F.: "O paciente ao deixar de fumar adquire unha liberdade que antes

non tiña ao estar enganchado á nicotina. Gaña en calidade de vida. Dende a primeira semana xa o nota. A nivel respiratorio aumenta o osíxeno en sangue, respiramos mellor, diminúen as infeccións respiratorias, catarros, gripes.... As mans e unllas xa non están amarelas. Mellora o aspecto físico ao estar mellor hidratados, menos enrugas. O alento é máis agradable. E a longo prazo disminúe o risco de ter varios cancros, de esófago, pancreas, pulmón. Se deixas de fumar, aos 10 ou 15 anos as probabilidades de ter un cancro de pulmón son as mesmas cas dunha persoa que nunca fumou do limpo que xa tes os teus pulmóns. E por último un tema económico. O diñeiro do tabaco podes destinalo a mellorar a túa economía, unha viaxe...".

Cal é o balance ata o de agora da unidade?

R.F.: "Somos pioneiros en Ourense. A nivel privado ningunha clínica dispón deste servizo. Comezamos en febreiro e aínda non temos moitos datos pero as sensacións son positiva, vemos que gusta a nosa forma de traballar. A nivel nacional as unidades que traballan ben, entorno a un 30% dos pacientes ten éxito ao primeiro intento. Nestas unidades tamén temos recaídas e soe ser normal que unha persoa o deixe ao tercer ou cuarto intento. Pero temos que pensar de que de cada recaída temos que aprender o que se fixo mal. Por exemplo, se o paciente vai a unha celebración e colleu un cigarro e recaeu temos que analizar esa conducta co paciente e que non volva pasar".

Cando podemos dicir que alguén deixou de fumar?

R.F.: "A partires dos seis meses ou un ano podemos falar xa de ex fumador pero aínda así temos que estar moi atentos para non volver a recaer. Nós facemos unha cita cada seis meses, xa sexa presencial ou telefónica, para saber do seu estado e se o paciente sente debilidade ou gañas de querer volver fumar. Pode contar co noso apoio e volvemos a citalo para un encontro".

Cal pode ser o custe económico?

R.F.: "O custo é moi asumible. Dependendo do número de sesións podemos estar falando dun custe total de entre 250 ou 400 euros por toda a terapia. Destacar neste senso o aforro económico que supón deixar de fumar, que non é o máis importante, pero fumando un paquete ao día que custa sobre cinco euros, gasta ao ano 1800 euros aproximadamente. Imaxina algúns pacientes que temos que fuman dúas ou tres. Pero máis que o económico destacar o mal que se fai á saúde e ao físico de cada un fumando; á súa liberdade, porque dependes dunha sustancia tóxica".

Lebrato & Grandío Hub Clinic

Avenida da Habana, 73

Teléfono: 988 89 04 44

Citas: lebratoygrandio.com

5 Barrios 14 de marzo 2023 PUBLICIDADE
varias sesións e dun xeito profesional, intentando evitar calquera recaída.
A unidade traballa en tres fases: evaluación e preparación do paciente; deixar de fumar; e mantemento da cesación.
“O paciente ao deixar de fumar adquire unha liberdade que antes non tiña ao estar enganchado á nicotina. Gaña calidade de vida”
A unidade de deshabituación tabáquica Lebrato & Grandío Hub Clinic leva funcionando desde febreiro. /M.REJO.

Novo vehículo

Redacción

A Policía Local dispón dun novo vehículo para vixiar as rúas. O mesmo, está dotado co sistema Appolo, que emprega a intelixencia artificial para peneirar as bases de datos dos diferentes corpos policiais e identificar calquera irregularidade. Ademais, este novo vehículo poderá tramitar as sancións no momento, evitando así o traballo de papeleo posterior. Trátase “dun punto de inflexión na tecnificación da Policía Local”, en palabras do concelleiro de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha, quen asegura que “as aplicacións van moito máis alá do control do tráfico”.

CIDADE

Vehículos subtraídos, condutores co permiso de condución caducado ou sen ter pasada a ITV, dobre fila, carga e descarga, excesos de velocidade, control de acceso ao centro histórico, persoas que esqueceron onde aparcaron o coche -un problema máis común do que se pensa, especialmente entre os turistas que visitan a cidade-, emisións de CO2 son só algúns dos diversos usos que se lle poden dar a este novo vehículo. Ademais, o sistema, conectado ao centro de comunicacións da Policía Local, na comisaría da rúa Victoria Kent, grazas ao software Atenea, irase renovando con cada actualización.

A Xunta elixe o proxecto da súa nova sede en Ourense

4 O investimento previsto na obra acada os 24 millóns de euros e albergará 10 departamentos autonómicos.

Redacción

Sinalización

Redacción

A Concellería de Seguridade Cidadá, en colaboración coa Policía Local de Ourense, continúa levando a cabo a segunda parte da programación de reforzo da sinalización viaria na cidade. Esta actuación inclúe tanto a reposición daquela sinalización que se atopa en estado defectuoso, como daquela outra que require dun reforzo para garantir unha maior seguridade viaria, tanto para o tránsito peonil como o de vehículos.

Así, haberá nova sinalización horizontal dunha

nova glorieta na rúa Xesús Pousa; sinalización de prazas de mobilidade reducida na rúa Dalí e na avenida de Bos Aires; sinalización de prazas de motos, en Salvador Dalí e a avenida de Santiago; ambio de sinalización vertical de perigo, que se atopaba deteriorada, na zona de Pena Trevinca (tamén se cambiou esta sinalización en Emilia

Pardo Bazán e Antón Faílde)- Ademais repintouse pasos de peóns (Río Xares-Río Mao) e zonas de carga e descarga así como paradas de autobús en diversas rúas da cidade.

A Xunta de Galicia resolve o concurso de ideas para a construción do edificio da nova delegación territoria do Goberno galego en Ourense. O xurado considerou que a UTE Díaz y Díaz Arquitectos-Castroferro Arquitectos presentou a mellor proposta que servirá de base ao proxecto técnico, básico e de execución da obra. Así, avanza un proxecto que conta cun investimento de 24 millóns de euros, albergará 10 departamentos autonómicos e acollerá case 900 empregados públicos.

O vicepresidente segundo, Diego Calvo, foi o encargado xunto ao delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, de dar a coñecer esta decisión.

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) comprometeuse a ceder as instalacións da súa sede en Ourense para acoller unha exposición cos proxectos premiados.

Requisitos

Diego Calvo explicou que a proposta gañadora cumpre con todos os requisitos esixidos (funcionalidade e accesibilidade das instalacións, o apro-

veitamento da iluminación natural con zonas diáfanas, a flexibilidade e versatilidade da idea para poder levar a cabo as modificacións futuras debido aos cambios organizativos que poidan xurdir, ademais dun sistema de arquivo eficiente), xa que se trata dunha idea “moi equilibrada, racional e coherente” en todos os aspectos. Así, destacou o protagonismo que se lle dá á contorna do edifico cunha gran porta na planta de acceso ou a boa separación entre os usos públicos e os espazos de traballo do inmoble.

Espazo

Nun espazo de máis de 27.700 m2 formúlase un edificio lonxitudinal que concentrará na fachada áreas máis abertas e na

sur os despachos. Predominará o aproveitamento da luz natural e as oficinas protexeranse da entrada do sol no interior cunhas láminas verticais. O edificio conecta cunha praza e conta con outros servizos complementarios como un auditorio.

O proxecto vencedor tamén aposta -engadiu Diego Calvo- polas enerxías renovables con sistemas de captación xeotérmica, de renovación de aire con recuperación de calor e con instalación fotovoltaica. O aforro enerxético

conseguirase ademais con luces LED, ascensores de baixo consumo con rexeneración de enerxía ou con instalacións sanitarias con sistemas de redución do consumo de auga potable e que permiten reutilizar a auga de pluviais. Canto aos espazos para favorecer a conciliación, a proposta inclúe zonas de lactancia e descanso das persoas usuarias, algunhas delas habilitadas como office, e prevese unha escola infantil dunhas tres aulas cunha sala multiúsos.

O proxecto vencedor tamén aposta polas enerxías renovables con sistemas de captación xeotérmica, de renovación de aire con recuperación de calor e con instalación fotovoltaica

6 Barrios 14 de marzo 2023
Representantes da proposta elexida xunto ao vivepresidente segundo, Diego Calvo, e o delegado da Xunta, Gabriel Alén, na presentación do proxecto da nova sede da Xunta en Ourense./M.REJO. Infografía do que será o novo edificio da nova sede da delegación da Xunta en Ourense Nova glorieta na rúa Xesús Pousa. Presentación do sistema Appolo que dará servizo á Policía Local de Ourense.

Afloran os parques infantís na cidade

4 O Concello inaugura 12 en diferentes barrios.

Redacción

Doce son os novos parques infantís que o Concello de Ourense vén de abrir nestos días e que están esparexidos polos distintos barrios da cidade. Os mesmos supuxeron un investimento total de 580.000 euros.

O alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, fixo a inauguración do que está situado na rúa La Bella Otero, no barrio de Barrocás, onde se levou a cabo unha das actuacións máis destacadas. O parque conta cunha torre elevada, coa forma dun castelo medieval con distintos tobogáns, e con capacidade para máis de 25 nenas e nenos de forma simultánea.

Jácome destacou que estas actuacións son "o

O alcalde subliñou que este proxecto terá continuidade coa inauguración, no prazo dun mes, doutros seis parques máis

maior lote de parques infantís da historia de Ourense, 12 en concreto, repartidos por toda a cidade, e que inclúen o parque infantil de maior envergadura que se fixese nunca”, en alusión ao que visitou en Barrocás e que supuxo un investimento de 115.000 euros.

Máis parques Os outros 11 parques se atopan nas rúas Francisco Añón Paz, Río Mao, Xosé Luís López Cid, San Rosendo, Laza, Xoán de Nóvoa, rúa Álvaro Cunqueiro, Mendinho, Serra de Queixa, Ponte Pelamios, e Virxe de Fátima.

O alcalde subliñou que este proxecto terá continuidade coa inauguración, no prazo dun mes, doutros seis parques máis, cun investimento de máis de 200.000 euros, e que elevarán por riba dos 800.000 euros o orzamento total destinado a novas zonas de xogos.

Ademais, o primeiro edil da cidade avanzou que está en marcha un prego para outros 20 parques máis.

Ourense estrea a mOUbil

Redacción

O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, e os enxeñeiros Edgard Conde e Ignacio Abadín presentaron -xunto ao resto do equipo de informáticos- a nova aplicación mOUbil – Ourense no peto, que o Concello pon á disposición da cidadanía, para dar servizo tanto a veciñanza como aos turistas que visitan a cidade. Trátase, explicou o alcalde, dunha App que ten como finalidade “mellorar a interacción co Concello de Ourense dixitalmente e mellorar todo o que sexa posible a calidade de vida a través da tecnoloxía”. O alcalde destacou que a diferencia é que "outros concellos lle encargan estas aplicacións caras a empresas privadas”, mentres que a creada para o Concello de Ourense foi desenvolvida "polos enxeñeiros do Departamento de Innovación Tecnolóxica e Dinamización Administrativa do Concello".

A App, que forma parte do programa de dixitalización do Concello de Ourense, xa se pode descargar desde App Store e

Google Play, compatible coa versión android 6.0 e dispositivos iPhone (5 en diante).

Funcionalidades

Entre as diversas funcionalidades está a de avisos de información sobre tráfico, cortes de abastecemento, desvíos por obras, etc. e incorpora o servizo de notificacións push. Tamén serve para facilitar o acceso ás novidades e anuncios da sede electrónica, información sobre ordenanzas e procedementos. Outra das características é que conta con listas de Google Maps con información sobre centros de saúde, farmacias e hospitais, ademais de mostrar a farmacia de garda de cada noite.

En canto ás liñas de autobuses conta cunha interface clara e limpa que tenta facilitar a información acerca das paradas, liñas e tempos estimados; permite buscar unha parada e ver os proximos buses que pasarán por ela, seleccionar unha liña e ver todas as súas paradas e tempos aproximados de paso, así como acceder a información sobre o tren turístico, o Moucho bus, a tarxeta milenio ou as tarifas.

Tamén conta con teléfonos de interese; información sobre atención social, cultura, deporte, educación, entre outros; e

EN BREVE

4

Bono 100€

O Concello de Ourense abrirá o 10 de abril o prazo de solicitude do bono de 100 euros para consumir no comercio local. Os establecementos interesados en adherirse á campaña, comercios locais con menos de 50 empregados deberán facelo a partir do 23 de marzo a través da páxina web, a mesma canle que deberán empregar as persoas solicitantes, desde o 10 de abril. Todos os ourensáns que o soliciten terán un mes para trocar este bono de 100 euros no comercio local: do 10 de abril ao 10 de maio de 2023. Para solicitalo, haberá que encher un sinxelo trámite a través da páxina web do Concello de Ourense.

noticias e eventos destacados, con notificacións push para que as persoas usuarias accedan rápidamente á información máis actual.

Ademais das persoas que residen na cidade, os turistas poderán baixarse a aplicación para recompilar información de interese na vúa visita a Ourense, organizando a información en varias categorías para que sexa doada de consultar integrando, ademais, a ferramenta de listas de Google Maps para localizar elementos e acceder a datos actualizados (horarios, prezos, etc).

Como dato, está desenvolvida en tres idiomas: galego, castelán e inglés, e conta con modo escuro.

A aplicación conta, entre outras, con avisos de información sobre tráfico, farmacias de garda, paradas, liñas e tempos estimados dos buses urbanos e noticias e eventos destacados

4 Censo

O Concello de Ourense aumenta notablemente o censo no último ano, alcanzando as 105.703 persoas rexistradas nas oficinas municipais o 31 de xaneiro de 2023, día no que se pecha o censo electoral para as próximas municipais.

4 Concurso de pinchos

O Concello de Ourense organizará esta primavera unha nova edición do Concurso de Pinchos. O mesmo desenvolverase do 21 de abril até o día 1 de maio. Poderán participar os locais de hostalaría da cidade que se inscriban a través do enderezo de correo electrónico concursodepinchosdeourense@gmail.com Deberán ofrecer pinchos a un prezo de entre 2,5 e 3,5 euros.

4 Barrocás

Barrocás estará de festa esta fin de semana cunha programación moi potente. O venres, 17 de marzo, actuará a orquestra Olympus e a discomóbil A Gramola. O sábado día 18, día forte coa presenza da París de Noia, A Gramola e a actuación de Kiko Rivera. Ademais, o domingo 19 celébrase a 2ª Festa dos Callos e o día 20, atracciós de nenos ao 50%.

7 Barrios 14 de marzo 2023 CIDADE
O novo parque infantil da rúa La Bella Otero, no barrio de Barrocás, conta cun castelo medieval. /RAMSÉS.
4 É unha aplicación para móbil que busca mellorar a interacción coa cidadanía.
“mOUbil” xa se pode descargar desde App Store e Google Play
Os informáticos encargados do desenrolo da aplicación xunto ao alcalde./RAMSÉS.

EN BREVE

4 Certame de Bandas

Xinzo de Limia será o epicentro da música tradicional e o folclore a fin de semana do 25 e 26 de marzo con motivo da celebración do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas. Trátase dun evento que volve ao concello vinte anos despois –na vila tivo lugar no ano 2003- e que prevé mobilizar a 5.000 persoas e na que preto dunha trintena de bandas de todo o país demostrarán o seu talento e o Concello de Xinzo e a Banda Municipal de Gaitas e Percusión traballan na súa organización dende hai semanas.

Unha das actividades complementarias deste evento será o Concurso de Gaitas &Percusión da Limia. O evento dividirase en dúas xornadas, os días 25 e 26 de marzo, e obrigará a efectuar restricións de tráfico o domingo na N-525, xa que os músicos levarán o folclore e a tradición ás rúas. Ademais, está previsto que se instale unha carpa na Praza Carlos Casares. Este Certame será a ocasión idónea para que as bandas de todo o país demostren o seu talento e para dar a coñecer o concello e a súa cultura. Serán, en total, 750 participantes.

4 Pataca de Galicia

O director da Axencia

Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, presidiu a constitución do novo pleno do consello regulador da indicación xeográfica protexida (IXP) Pataca de Galicia.

Tras a toma de posesión, os vogais aprobaron que a presidencia do consello regulador a asuma José Manuel Gómez Gómez.

No tocante á vicepresidencia do sector produtor, será asumida por Amador Díaz Penín; mentres que a vicepresidencia do sector industrial será asumida por Diego Conde Ucha, de Patatas Conde SL.

XINZO DE LIMIA

4 Son charlas organizadas pola Escola Rural de Saúde da Limia

Redacción

Na liña de traballo da Asociación Escola Rural de Saúde da Limia desde os seus comezos en 2011, a saúde das mulleres é unha das áreas que veñen abordando, sendo abril de 2014 cando se aborda por primeira vez o enfoque de xénero na xornada "Identidade Sexual, afectividad e pracer".

É relativamente recente o enfoque da saúde da muller con perspectiva de xénero, onde nas enfermidades consideradas femininas veñen detectando erros diagnósticos aceptados por profesionais médicos e da investigación debido a que se tomou como única medida de

análise o masculino.

É preciso reflexionar en cómo o sesgo de xénero influiu negativamente na saúde das mulleres, polo que se debe revisar as actitudes e a comprensión do corpo da muller e implicarse tanto institucións como poboación e prfesionais sanitarios.

Charlas

Todo esto, que se puxera de manifiesto nunha xornada organizada, en Xinzo, pola Valedora do Pobo e o Consello de Cultura Galega, ten a súa continuidade este ano, no que a Escola Rural de Saúde da Limia leva a cabo unha serie de charlas que levan por nome “Visibilizándoas para a mediciña”. Lévanse

Encontro de traballo da Garda Civil Redacción

a concellos do rural para seguir co pulo no proceso do cambio, tanto na investigación científica como na comprensión das mulleres para transformar as propias actitudes e poder tomar decisións con coñecemento e criterio. Tamén se pretende poñer en valor a institucións, profesionais sociais e sanitarios, así como entidades públicas e sociais que traballan de forma efectiva para seguir avanzando na saúde das mulleres.

Máis dunha vintena de oficiais da Garda Civil mantiveron un encontro de traballo en Xinzo de Limia, que presidiu o tenente coronel, Rafael López Pinel. A reunión, que tivo lugar no salón de plenos da Casa Consistorial puxo sobre a mesa datos de interese para coñecer de maneira exhaus-

tiva o territorio e as súas principais necesidades. Trala reunión interna, os axentes tiveron ocasión de realizar unha visita ao Museo do Entroido, na que estiveron acompañados da alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, e os concelleiros Amador Díaz, Ramón Gómez e Rafa Penabad. A rexedora aproveitou a ocasión para reiterar a demanda de que Xinzo se converta en posto principal de mando da Garda Civil. Agora mesmo, depende o posto principal de Celanova.

Curso de lengua de signos

Redacción

O Concello de Xinzo volve a contar cunha nova edición do curso de lengua de signos española e que está organizado por UNED Ourense. Despois do éxito da edición anterior, este ano volve ter cuberta todas as prazas ofertadas.

O curso (que segue avanzando no aprendido na edición anterior) estase a impartir, por Laura Vila Fernández, no Salón

de plenos do Concello de Xinzo e prolongarase durante todo o mes de marzo.

Ao curso acuden persoas tanto da comarca da Limia como doutras limítrofes.

Ao acto inaugural acudiron a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama Fer-

Mosteiro Bon Xesús

Redacción

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica del Miño-Sil (CHMS), e Elvira Lama, alcaldesa de Xinzo de Limia, anunciaron o inicio da primeira fase das obras de consolidación das infraestruturas hidráulicas e a reconstrución do mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras, que conta cun orzamento de 670.000 euros.

nández e o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, quen contou que no curso hai unha persoa que o segue por que, seguramente, irá perdendo audición, polo que se adianta para coñecer a linga de signos.

As obras consisten na

consolidación das infraestruturas hidráulicas e da riqueza arquitectónica do mosteiro que ocupa uns 2000 m2, dotándoo das garantías necesarias para ser visitable. Esta primeira fase incluirá paneis explicativos e rutas que valorizarán esteelemento patrimonial e cultural esquecido no tempo. En palabras do presidente da CHMS, “rescatarase do esquecemento e porase en valor unha infraestrutura que data do século XVI” dotándoo “das garantías necesarias para ser visitable”.

8 Barrios 14 de marzo 2023
Charla celebrada en Arnuide. Mandos da Garda Civil xunto coa alcaldesa e concelleiros de Xinzo de Limia.
“Visibilizándoas para a mediciña”, unha iniciativa para a igualdade
As charlas teñen lugar en concellos do rural
No centro a alcadesa, Elvira Lama, e o presidente da CHMS, José A. Quiroga, xunto aos concelleiros Rafael Penabad e Amador Penín. Presentación do curso de lingua de signos.

Antonio Mouriño, expulsado do PP

Redacción

O que fora home forte do PP en Celanova, Antonio Mouriño Villar -gobernou no concello durante 21 anos-, agora é defenestrado e expulsado das filas populares. A decisión foi tomada, por unanimidade, na xunta xestora do PP de Celanova e consensuada coa dirección do PPdeOU e o PPdeG. Devandita decisión débese -segundo os populares- á "participación activa de Mouriño no apoio e labores de goberno do actual alcalde de Celanova, Antonio Puga (Celanova Decide)".

Desde a xestora aseguran que Mouriño "condiciona a vida política do pobo" coa súa influencia sobre o grupo de goberno, "solicitando o voto para Puga" públicamente e acompañándoo na visita a pobos do rural de Celanova. Pablo Pérez, presidente da mesma, sinala que no actual PP de Celanova "non caben actitudes nin persoas como Antonio Mouriño. Somos un partido con novas actitudes e moito futuro, e hai persoas que non encaixan no noso proxecto”.

Pérez indica que esta dicisión serve para “deixar claro que o PP de Celanova non tolera actitudes de deslealdade” e afirma que “queremos poñer en coñecemento da cidadanía e dos afiliados e simpatizantes do PP de Celanova que

Mouriño participa nas labores de goberno de Antonio Puga, ademais de buscar apoios electorais para Celanova Decide”. Ademais, o candidato do PP á alcaldía, incide en que había que trasladar á veciñanza "o que puidemos comprobar nas municipais de 2019 e nestes últimos catro anos: Celanova Decide e Antonio Mouriño son o mesmo”, zanxaba Pérez.

Antonio Puga

O actual alcalde non quixo apenas valorar as declaracións dos populares. Porén si que dixo "ver desde a distancia as pelexas dun partido ao que eu non pertenzo" e ao que lle pide respecto para a súa formación. Puga cre que esas declaración poden ser porque "algún temor lle teñen a Celanova Decide".

Sobre se se vai presentar á reelección, o actual alcalde dixo que a decisión xa a ten tomada e que a dará a coñecer nos próximos días.

Antonio Puga

O Acouga Hotel Boutique instálase en

Celanova

4 Abre as súas portas no centro da vila.

Redacción

Tivo que ser un 1 de marzo -día de San Rosendo- cando Celanova inauguraba un novo hotel (Acouga Hotel Boutique) que dinamizará o turismo do concello. Devandita inauguración contou con representantes locais -encabezados polo alcalde, Antonio Puga-, ademais de autoridades provinciais -o presidente da Deputación, Manuel Baltar- e mesmo autonómicas -encabezadas polo presidente do Parlamento, Miguel Santalices, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda-. Este último destacou o traballo de recuperación do patrimonio que se levou a cabo coa restauración do edificio histórico no que se construíu o hotel, co que se valoriza un elemento patrimonial e cualificou como unha das “xoias por descubrir”.

O hotel

Luz María Borrajo Saíz é a directora de Acouga Hotel Boutique, que está ubicado no número 6 da rúa Emilia Pardo Bazán. O establecemento conta cunha plantilla de tres persoas que pretenden ampliar no futuro. Luz explica que a idea débese a ela mesma e ao empresario retornado Lino de Prado "de facer algo no seu pobo". Por iso deci-

diron facer "un hotel con encanto" no que se "poida promocionar Celanova".

Acouga Hotel conta con 12 habitacións tipo "Suite Junior" das que "seis dan á rúa Emilia Pardo Bazán e as outras seis á parte posterior onde se pode ver un xardín e a capela de San Miguel”, comentaba unha ilusionada Borrajo.

Sobre as habitacións, a directora aclara que o deseño "é tipo estándar, pero que todas teñen encanto", e aclara que dúas delas realizadas por unhas mozas -de Celavella Artecontan "cun toque máis romántico".

Este proxecto pretende por o seu gran de area para que Celanova sexa un atractivo de cara a ser visitada e que o hotel "sexa un lugar agradable onde estar" por que "a comarca de Celanova ten moito que ofrecer", apunta Luz María.

A pesar de ter a súa inauguración o 1 de marzo, o hotel xa estaba aberto

EN BREVE

4 Peregrinos

A Asociación Amigos do Camiño de San Rosendo e da Rainha Santa, co apoio de MiraXurés e a colaboración dos concellos de Bande, Celanova e Verea e a Fundación Curros Enríquez organizou unha nova edición da Xornada Peregrina no marco da festividade de San Rosendo que se conmemorou o pasado 1 de marzo.

días atrás con visitantes da Coruña, O Ferrol e Portugal que visitaban por primeira vez as terras de San Rosendo e a directora de Acouga desvelaba que moitos deles aseguraron "que voltarán por estas terras".

A pesar de que en verán será a época forte do ano para o hotel, a directora pretende "desestacionalizar" as reservas e que calquer momento sexa ideal para "visitar Celanova e descansar no hotel".

Acouga Hotel -que conta con 12 habitaciónsestá ubicado

Baixo o lema “Camiñando xuntos”, preto de 90 persoas percorreron os 18 quilómetros entre Bande e Celanova, desfrutando da beleza dos vellos camiños e do patrimonio local dende a igrexa de San Pedro e os Carballos da Sementeira de Bande, pasado polo cruceiro da Portela de Verea, as aldeas de Gontán, Cañón e, entrando por San Verísimo, a Celanova.

Tralo xantar, os participantes tiveron a oportunidade de gozar dun pequeno concerto de órgano a cargo de María José Mosquera e posterior visita guiada ao Mosteiro.

4 Stop Eólicos

Stop Eólicos Xurés Celanova lanza unha campaña para recadar 3.000 euros e recorrer á xustiza 10 macroproxectos. A campaña de micromecenado do Fondo para a defensa xurídica das montañas da Limia-Xurés-Celanova arrancou na plataforma ‘migranodearena’.

A recadación estará aberta durante algo máis de dous meses, até o 30 de abril, e marcouse o reto de conseguir 3.000 euros para destinar aos informes, o primeiro dos cales xa está en elaboración.

4 Bombeiros

Un novo camión de bombeiros dará servizo á Mancomunidade Terras de Celanova. Trátase dun camión Bomba Rural Pesada (BPR), cuxo prezo está polos 250.000 euros. Equipado cunha bomba centrífuga de presión e con capacidade para 3.000 litros de agua.

9 Barrios 14 de marzo 2023 CELANOVA
Antonio Mouriño nun pleno de Celanova. /ARQUIVO.
4 A decisión está motivada "pola participación activa" en Celanova Decide.
cre que esas declaracións poden ser porque “algún temor lle teñen a Celanova Decide”
histórico restaurado
nun edificio
no número 6 da rúa Emilia Pardo Bazán
Autoridades xunto a responsables do hotel na inauguración de Acouga. /RAMSÉS. Unha das habitacións do Acouga Hotel. /RAMSÉS.

EN BREVE

4 Denuncia da CIG

A CIG do Concello de Allariz denuncia “o bloqueo” que por parte do Concello se esta a producir na Mesa de Negociación da RPT.

Na actualidade “estase a incumprir por parte desta administración todas as promesas” así como o calendario “acordado” para a súa negociación que a mesma alcaldesa se comprometera”.

4 Viaxe a Bilbao

O club de Lectura da Biblioteca Municipal de Allariz organiza unha excursión a Bilbao do 5 ao 7 de maio. Poderá participar calquera persoa aínda que non sexa socia do club. As prazas limitadas, e os interesados deberán anotarse ata o 17 de marzo na Casa da Cultura, no correo cultura@ allariz.com ou no teléfono 988 44 08 59.

4 Treatro intinerante

A 5x5 Mostra Itinerante de Teatro chega a Allariz con tres funcións na Casa da Cultura. Este venres, 17 de marzo (20.30h.) a Aula de Teatro de Allariz representa a obra “O roce fai rozaduras”; o sábado 18 (20.30h.), a Aula de Teatro de Vedra interpreta “Camiños e carreiros”; e o domingo 19 (19 horas), chega “Serán” da Aula de Teatro de Mazaricos. A entrada é de balde.

4 Novos produtos

Tres empresas locais uníronse para presentar novos queixos e postres lácteos. A granxa do Rexo presentou xunto a Ecoleia os seus novos queixos; e con Petelo para a elaboración dun doce con leite e crema de castaña.

Os queixos, á venda a partir de abril, un é elaborado con leite crúa de vaca de pasto, e o outro cunha mezcla de leite (crúa) das ovellas do Rexo e as vacas de Ecoleia.

O outro produto será un postre feito con crema de castaña, leite de ovella e de vaca; ademais en próximas datas sairá un iogur con leite de vaca de Ecoleia.

Prepárase un plan para captar fondos europeos

4 Allariz quere consolidarse como un referente do turismo sostible.

Redacción

Allariz prepara un plan para captar fondos europeos e consolidarse como un referente do turismo sostible. O plan, en fase de elaboración, será presentado na convocatoria extraordinaria do programa Plans de Sostibilidade Turística en Destinos 2023, financiados na sua totalidade con fondos Next Generation procedentes da Unión Europea e integrados no Plan de Recuperación Transformación e Resilencia deseñado dende o Goberno Central.

Por este motivo, mantivéronse consultas e reunións con axentes turísticos de Allariz para recoller suxestións e concretar as liñas de accións.

Eixos

As propostas deberán encaixar nos diferentes eixos nos que se estrutu-

ra a convocatoria como é a transición verde e sostible, mellora da eficiencia enerxética, transición dixital e competitividade. Cristina Cid, alcaldesa de Allariz, resaltaba durante unha das reunións a importancia que para Allariz sempre tivo os diferentes axentes socias, para acadar ese obxectivo común de todos.

A rexeneración ambiental da contorna do río Arnoia, a renovación de instalacións en equipamentos turísticos locais buscando a eficiencia enerxética ou a instalación de puntos de recarga de vehículos eléctricos son algunhas das propostas contempladas para este plan para Allariz.

No eixo dixitalización

Roteiros temáticos

Redacción

O Concello de Allariz presenta os Roteiros Temáticos que se desenvolverá durante este 2023.

balde ata completar a capacidade.

Equal Rural

Redacción

Equal Rural vén de presentar a súa páxina web equalrural.com/. Trátase un proxecto que se centra nas mulleres do sector agrícola e en promover a súa participación e representación en todos os postos do sector, incluídos os relacionados cos postos de dirección e toma de decisións, beneficiándose mesmo nas mesmas condicións (por

hai varias medidas como un plan de marketing, colocación de sinalización intelixente ou asesorías personalizadas con liñas de axudas para a modernización dos sectores locais de aloxamento, restauración, comercio e artesanía.

Consolidación

Ademais, dentro da competitividade, os obxectivos son consolidar o posicionamento de Allariz como referente turístico do interior de Galicia así como a mellora da oferta local nun mercado cada vez máis orientado cara a calidade, a sostibilidade e a dixitalización.

Dentro da competitividade, búscase consolidar o posicionamento de Allariz como referente turístico do interior de Galicia así como a mellora da oferta local

Roteiros Temáticos Allariz está composto sete historias temáticas (que percorrerá diferentes puntos e temáticas da historia de Allariz), distribuídas en 10 datas.

A quedada será o terceiro sábado de cada mes na oficina de información pola tarde. Para asistir é necesario inscribirse en informacion@allariz.gal e a actividade será de

“Estes roteiros pensáronse para aquelas persoas que sendo coñecedoras ou non de Allariz queren descubrir fermosos recunchos, interesantes curiosidades e anécdotas dende o punto de vista dunha temática en particular”, explicábanos María López, concelleira de Turismo do Concello de Allariz, durante a presentación destes roteiros. Unha proposta dunha coidada selección de roteiros que achegarán -cada mes- Allariz dende agradables paseos para gozar en familia, con amigos e con sorpresas incluídas.

exemplo, igualdade salarial).

Despois de tres meses de posta en marcha conta con catro socios, dous portugueses e dous galegos, Innovterra, Associação

de jovens agricultores de Portugal (AJAP), Asociación Grupo Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia (GDR10) e a Reserva da Biosfera Área de Allariz.

Os roteiros temáticos -un total de sete en 10 datas- terán lugar o terceiro sábado de cada mes.

Festival de Xardíns

Redacción

O Festival de Xardíns de Allariz asina un convenio de colaboración coa Asociación Española de Paisajistas (AEP). Con esta colaborción refórzase a rede que está a traballar por un paisaxismo de calidade. Na firma do convenio estiveron presentes a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid; e o director do FIXA Francisco García

A formalización desta colaboración permitirá que o propio Festival siga incorporando entidades colaboradoras profesionais.

Este convenio formaliza que a AEP elexirá ao gañador técnico do FIXA elixido por a votación de tres membros da AEP. Así mesmo a sinatura deste convenio abre a porta a realización de futuras dinámicas de colaboración, de difusión e de eventos comúns en relación co paisaxismo e co propio Festival.

Presentación da web de Equal Rural.

10 Barrios 14 de marzo 2023
Membros do concello reunido con diferentes axentes locais.
ALLARIZ
Francisco García, director do FIXA; Cristina Cid, alcaldesa de Allariz; e Paz González, vicepresidenta da AEP, na firma do convenio.

Festín e respiro

4 O COB vence a Melilla, rival directo para a salvación.

Redacción

O Club Ourense Baloncesto logrou a vitoria máis placentera no que vai de curso. E o fixo ante un dos rivais directos na loita pola a salvación. O Melilla de Gonzalo García de Vitoria pasou polo Pazo coma quen agarda un milagre para manter a categoría. Porén, os homes dirixidos por Félix Alonso souperon, desde o primeiro momento, a importancia deste envite e lograron sácalo dunha maneira brillante.

Ademais da vitoria, lograron sacar a favor o basketaverage. Logo de perder na primeira volta en Melilla por 18 puntos de diferenza, este pasado sábado foron que de vencer por 20 puntos (74-54). Con esta vitoria, os ourensáns décimo terceiros con sete vitorias, xa con dúas de vantaxe sobre o descenso. Este triunfo pode ser un punto de inflexión

para un equipo que aínda ten o perigo do descenso moi preto. Restan 11 xornadas para coñecer o futuro do COB: si repite na LEB Ouro ou se consuma un descenso nada desexado; pensar nun playoff de ascenso é utópico esta tempada.

Albacete

E se o desta xornada era vital, non o será menos o da vindeira. Este sábado, 18 de marzo, o COB visita a un Albacete que ocupa postos de descenso e está a dúas vitoria dos ourensáns. O conxunto local regresa ao Pazo o sábado 25 de marzo, para recibir a un dos "cocos" da LEB Ouro, o Valladolid.

O Club Ourense

Baloncesto está dúas vitorias por enriba do descenso

6º Torneio de Kungfu de Maia

O pasado sábado 4 de marzo, na localidade portuguesa de Maia, celebrouse o 6º Torneio de Kungfu, cita que reuniu a máis de 150 participantes de Portugal e España, na modalidade de Taolu (formas ou coreografías de movementos). A Federación Galega de Kungfu, a través de seu departamento de Kungfu Moderno, levou a un total de 30 deportistas.

Por parte da ED Artai, Carlos Cid Samamed, logrou dúas medallas de ouro en categoría absoluta de Taichi; Javier Armesto Gálvez, acadou dúas medallas de ouro en categoría cadete masculino; e María Sonsoles Fabián García, fíxose cunha medalla de prata e outra de ouro en categoría absoluta femenina.

Fútbol sala Redacción

Paso firme dun Arenteiro que a cada xornada que pasa parece máis equipo de 1ª Federación. A vitoria desta fin de semana (contra Laredo por 1-0) fai que teña un colchón de 12 puntos co segundo clasificado, o Compostela. Pola súa banda, o Ourense CF está coquetenado perigosamente coa zona de descenso e agora tería que xogar unha eliminatoria pola permanencia. Esta xornada, o líder xoga o no campo do Rayo Cantabria, mentres que o Ourense CF xoga na xornada do sábado (16.45 horas, O Couto) ante o Polvorín.

Terceira

Na 3ª RFEF a UD Ourense caeuse dos postos de promoción tralo empate ante o Vilalbés, mentres que o Barco logra unha vitoria a domicilio que o alonxa do descenso. Esta fin de semana se disputa o derbi ourensán (en Calabagueiros) nun momento da tempada importante para as dúas escuadras. Os valdeorreses buscarán escalar máis posicións na táboa, mentres que os capitalinos quererán regresar a postos de promoción.

Preferente

Axedrez na Sociedade Cultural Albor

A Sociedade Cultural Albor continúa apostando polo xadrez nesta etapa. Depois de celebrar no Nadal un torneo internacional, o pasado mes de febreiro volveu a sacar os taboleiros de xadrez e colocar todas as pezas para a disputa doutro campionato máis.

Foron varias as persoas que non quixeron perder a ocasión de demostrar os seus dotes neste xogo que coloca o seu orixe no continente asiático; entre os presentes atopabase Charly Domínguez, baxista do grupo de Rock ourensán, Los Suaves.

Este é un máis dos torneos que se celebrarán nas instalacións de Albor proximanente.

Os catro conxuntos ourensáns de Preferente lograron un empate no seu último partido. Isto fai que o Barbadás siga líder, pero cun so punto de vantaxe con respecto ao Pontevedra B. Nesta xoranda o Barbadás recibe ao Portonovo; o Verín a Areas e o Arnoia a Moraña; o Antela visita ao Valladares.

11 Barrios 14 de marzo 2023 DEPORTES
Momento do partido entre COB e Melilla. /C.DOMARCO. Sonsoles Fabián con abanico de taichí. Participantes do torneo de xadrez disputado na Sociedade Cultural Albor.

O ENTROIDO en imaxes

Entroido de Xinzo

As Pantallas foron un dos atractivos do Entroido de Xinzo de Limia. O limiao é o entroido máis longo, xa que se prolongou no tempo por case un mes. Entre o Sábado de Petardazo e Domingo de Piñata milleiros de persoas, do concello e de fora del, non se quixeron perder este entroido libre de restricións trala Covid-19. /F.CASANOVA

Entroido de Celanova

Sen dúbida algunha, o día forte do Entroido de Celanova é o Sábado de Piñata. Este ano non ía ser menos e ese día foron numerosas as carrozas e comparsas que participaron no desfile ante a atenta mirada dos numerosos presentes. Ademais, o concello organizou este ano unha festa oitenteira e o tradicional desfile dos colexios. /A.MÍNGUEZ.

Entroido de Ourense

A capital da provincia festexou por todo o alto o entroido. Foron sete días de moita troula na que se combinaron a música dos mellores Dj´s e orquestras con moito ambiente nas rúas. Ademais, o Concello agasallou o Martes de Entroido con 14.000 orellas de carnaval. Para finalizar, o Enterro da Sardiña despediu a edición 2023./RAMSÉS.

Entroido de Amoeiro

O Concello de Amoeiro centrou o seu entroido en Parada. Desde alí partiron as carrozas que percorreron as parroquias do concello (converténdose no primeiro desfile de entroido itinerante); as mesmas estiveron acompañadas, musicalmente, pola charanga Os Bandiños. En canto ao desfile, participaron nel personaxes do máis variopinto, como o Papa Francisco, a selección argentina de fútbol, ou mesmo un séquito da Garda do Palacio de Buckingham. Tampouco faltou a música das orquestras Olympus e París de Noia e unha chocolatada

Entroido de Allariz

Allariz tampouco quixo deixar de celebrar o entroido deste ano. Unha das actividades máis agardadas foi o regreso da cachuchada; pero tamén houbo moitas actividades para os máis pequenos. Moita música, o baile de Entroido e o concurso de comparsas non faltaron no Entroido de Allariz deste 2023. /CEDIDA.

12 Barrios 14 de marzo 2023
13 Barrios 14 de marzo 2023 PUBLICIDADE

Teatro

- Venres 24 de marzo20h - Un desastre de función - Teatro Principal.

- Sábado 25 de marzo

- 20 h. - Unha inimiga do pobo - Teatro Principal.

- Xoves 30 de marzo20 h - Elektra.25 - Teatro Principal.

Musica

- Venres 24 de marzo - 21h - Concerto de Revólver - Auditorio de Ourense.

Cinema - Luns 20 de marzo21 h - A beleza e a dorCineclube Padre Feijoo.

- Mércores 22 de marzo - 18 e 21 h - “R.M.N.”

- Teatro Principal.

- Luns 27 de marzo21 h - “Disturbios” - Cineclube Padre Feijoo.

- Mércores 29 de marzo - 18 e 21 horas - “Historias para non contar”

- Teatro Principal.

Deportes

- Sábado 18 de marzo

- 16.45 h - Fútbol: Ourense CF - Polvorín - O Couto.

- Sábado 18 de marzo15k Nocturna de Ourense - CC Ponte Vella.

- Sábado 18 de marzo

- Freestyle World TourPaco Paz.

- Sábado 18 de marzo

- Campionato nacional fase autonómica ximnasia - Os Remedios.

- Días 25 e 26 de marzo - VI Enduro de Piñor

- Piñor.

- Dominfo 26 de marzo

- XII andaina solidaria de Cenlle - 09.00h - Cenlle.

Exposicións

- Ata o 9 de abrilAbeirados - CC Marcos

Valcárcel.

- Ata o 7 de maio - Oficio e arte - CC Marcos

Valcárcel.

Outros

- Sábado 18 de marzo

- 20h - Circo: ÓrbitaTeatro Principal.

- Mércores 22 de marzo - 19 h - Conferencia de Manuel Chacobo: “O poder das crenzas”Centro Cultural Marcos

Valcárcel.

- Sábado 25 de marzo

- 20 h - Monólogo: O humor da miña vida - Auditorio de Ourense.

www.periodicobarrios.com

O Pórtico do Paraíso trae cinco concertos en maio

Redacción

O 16º Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso ofrecerá, do 5 ao 14 de maio, cinco concertos de conxuntos vocais e instrumentais procedentes de Portugal, Reino Unido e Galicia, coa participación do pianista ourensán Fabio Álvarez e a estrea como escenario do mosteiro de Santa María de Oseira, que acollerá a última das interpretacións programadas.

Concertos

O certame comezará o día 5 de maio cun primeiro concerto no Liceo de Ourense a cargo do conxunto vocal e instru-

mental Americantiga Ensemble (20.30 horas), que repite presenza. Esta vez regresa a Ourense cunha formación diferente e un programa musical para conmemorar o bicentenario da independencia de Brasil.

O segundo concerto será o 7 de maio no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (19.00 horas), a cargo do pianista Fabio Álvarez, músico ourensán de Poboa de Trives que presentará ao público o seu segundo traballo discográfico. Chegados de Lisboa, o Quarteto Alcipe protagonizará a terceira xornada o día 10 na igrexa de Santo Ángel de Ourense (20.30h.). O Liceo acollerá o cuarto concerto, o 12 de maio

(20.30 horas), cun trío inglés de viola, violín e acordeón con obras clásicas no seu repertorio, pero tamén con certa parte de improvisación e de música popular.

O mosteiro de Santa María de Oseira será escenario do último concerto do festival, o domingo 14 de maio (19.00 horas), co cuarteto vocal inglés The Orlando Consort, un dos conxuntos máis importantes de Europa no seu xénero. A súa presenza terá un carácter moi especial, pois logo de 35 anos de carreira o cuarteto vén de anunciar o seu retiro. O concerto de Oseira será o último que ofrezan en Europa.

O cuarteto vocal inglés The Orlando Consort retírase actuando por última vez en Europa no Mosteiro de Oseira (o domingo 14 de maio, 19 horas)

"O corpo

aberto",

arrasa nos Mestre Mateo 2023

4 Celebrados no Auditorio de Ourense.

Redacción

O Auditorio de Ourense acolleu a gala da entrega dos 21º Premios Mestre Mateo.

O audiovisula galego galardonou con 12 premios a película dirixida por Ángeles Huerta "O corpo aberto" e rodada no Xurés, que fala sobre un profesor que chega a un pobo na fronteira de España e Portugal. Esta cinta alzouse, entre outros, co premio á mellor longametraxe, dirección, guión, actores protagonista e de reparto, música orixinal, e así ata 12 galardóns.

Rapa

Tras ela, a serie "Rapa" fíxose con catro premios (mellor serie de TV, mellor montaxe, interpre-

tación femenina -Lucía Veiga- e interpretación de reparto -Berta Ojea-) a pesar de estar nominada en 19 apartados. A serie trata sobre un crime que queren resolver un sarxento da Garda Civil e un profesor de instituto.

Máis premios Por segundo ano consecutivo, a verinesa Esther Estévez Casado foi galardoada como mellor comunicadora, grazas ao seu programa "Dígocho eu". O programa Cinephilia, de Telemiño, logrou o premio ao mellor programa sobre cine. E o mellor documental foi para "María Casares. A muller que viviu mil vidas".

Ademais, o compositor Nani García recibiu o premio de honra pola súa traxectoria.

Equal Rural

Redacción

O Festival Nómada de Cultura Africana Harmatán 2023 realizarase en Ourense do 11 ao 14 de abril.

Así, abrirá o martes 11 de abril coa peza teatral “Odio el teatro”, un monólogo sobre a relación amor-odio co teatro da

actriz Hermine Yollo. O mércores 12 será a quenda do grupo musical senegalés “Defmaa Maadef”, mezclando música electrónica con ritmos tradicionais. A continuación, o xoves 13 está programada a peza de danza “Idjô”, servindo de estra mundial para esta obra da coreógrafa Orokiya Koné. Para rematar, o venres 14 de abril proxectarase

o filme “Una historia de amor y deseo”, da directora Leyla Bouzid; e posteriormente realizarase unha sesión de debate titulada “¿Cuál es el lugar de la creación femenina hoy en día?”, contando coa presenza da recoñecida Odile Sankara e a cantante e actriz española de orixe ecuatoguineana Astrid Jones.

14 Barrios 14 de marzo 2023
AXENDA
4
OCIO E CULTURA
4HUMOR Juan Enrique Miguens, Rosendo Fernandez, Conchi da Silva e Jacobo Sutil, na presentación do Festival Pórtico do Paraíso. /A.PAZ.
4 O festival celebra, como novidade, un concerto en Oseira.
Momento musical nos Mestre Mateo. /RAMSÉS.

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 685 969 546. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara, Manuel Blanco

Nº180 - Ano: XVI - 14 de marzo de 2023 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.

Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 685 800 190.

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

O trío da saúde: allo, limón e mel

Previr e combater diversas enfermidades coa axuda de receitas naturais. Porén, débese ter coidado ao preparar receitas e consumir alimentos. Observa as contraindicacións de cada ingrediente e nunca substitúas o tratamento prescrito polo médico con solucións naturais; só como complemento ou prevención.

O allo é un remedio máxico ao que os científicos lle atribúen e confirman propiedades curativas que conducen a unha forma de ser saudable. Os estudos nutricionais concluíron que a alicina (un composto do allo) pode mellorar o sistema cardiovascular, ten acción antidiabética, reduce o endurecemento das arterias e pode ser unha medida preventiva contra enfermidades como a neumonía. Posúe vitamina B1,2,5, C, potasio, calcio, ferro e fósforo.

O limón posúe varias substancias cuxas propiedades fortalecen o sistema inmunolóxico. Ten potasio, calcio, magnesio, vitamina C e vitamina B1. A súa cortiza pódese usar para raiar e mesmo licuala

en mollos; a limonada suíza utiliza todo o limón e, polo tanto, axuda a equilibrar os niveis de colesterol e glicosa. Utilizado así, convértese nun potente antioxidante.

O mel é un alimento completo e pode achegar grandes beneficios para a saúde. Contén vitamina B1, C e varios minerais como magnesio, manganeso, ferro, potasio, zinc e calcio. Os efectos terapéuticos do mel están determinados polas plantas visitadas. Moi calórico e por tanto debe consumirse con moderación.

Receitas

Receitas con allo. Colesterol: bata tres dentes de allo, un aguacate, 10 cl de acerola e 25 cl de auga e bebida. Aterosclerosis: inclúa tres dentes de allo cru picado nas súas comidas, tres veces á semana durante tres meses.

Receitas con limón: Aterosclerosis: licúa o mollo dun limón, unha cebola e un litro de auga (filtrada) nunha licuadora e bebe dúas cuncas ao día. Fortalecer o corazón: agregue o mollo dun limón a 25 cl de

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

[Deixe o seu anuncio no 685 96 95 46 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

auga e beba dúas veces ao día.

Receitas con mel. Arrefriados e gripe: mesture unha cullerada de mel con dúas de mollo de limón e beba tres veces ao día. Gripe, tose e flema: na licuadora un nabo mediano, un anaco de xenxibre, seis follas de menta, dúas cabezas de allo, un pouco de brandy e un pouco de mel ata que quede unha pasta. Tomar de dúas a tres veces ao día.

Lémbrolles que hai outro trío de saúde: repolo, brócoli e coliflor -consumir regularmente-.

INMOBILIARIA

Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas).

Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia.

Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros.

Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70

Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506

Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916

Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos.

Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029.

Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089 349.

Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19.

Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO

Ofrécese señora para traballar por horas en Xinzo coidando maiores.

Tel. 641 440 921.

Ofrécese señora para traballar por horas en Xinzo limpando. Tel. 641 440 921.

Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543.

Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513.

Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173

Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes.

Tel.: 606 422 543

Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561

Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis.

Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611

Imparto clases particulares de Matemáticas a

domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358.

VENDAS

Vendo accesorios para cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434. Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434.

Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635

Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522

Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522

Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349.

Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897.

Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824.

Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349.

Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349.

15 Barrios 14 de marzo 2023
OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS
O allo é un remedio máxico ao que os científicos lle atribúen e confirman propiedades curativas que conducen a unha forma de ser saudable
Barrios 14 de marzo 2023
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.