1 minute read

Todo listo para a festa do motor da provincia de Ourense

4 A provincia vibrará coa celebración do 56ª Rally de Ourense.

Redacción

Advertisement

Ouense prepárase para acoller a 56ª edición do Rally de Ourense, proba puntuable -única en Galiciapara o Supercampionato de España-. Será o venres 16 e sábado 17 de xuño cando terá lugar unha das probas automobilísticas máis vibrante de España.

En total percorreranse 163,6 quilómetros cronometrados entre os 12 tramos que consta este rally.

Nesta ocasión pasará polos concellos de Amoeiro, O Irixo, Boborás, Barbadás A Merca, Celanova, Cartelle, Toén e a cidade de Ourense que nesta ocasión o tramo urbano da capital contará con dobre pasada a noite do venres 16.

Tramos

Disputaranse seis tramos a dobre pasada cada un deles.

Na xornada do venres, 16 de xuño, tralo shakedown da xornada matinal, o primeiro tramo será o de Amoeiro (15,08 km) ás 16.50h para a continuación disputarse o de Irixo - Boborás de 18,02 km ás 17.35 horas. Repetirase o primeiro tramo ás 20.05h e o segundo ás 20.50 horas. Como postre da primeira xornada do rally chegará o tramo urbano de Ourense (1,82 quilómetros) con dúas pasadas ás 22.30 e 22.37 horas.

Xornada final

Despois de descansar algunhas horas, chegará a ultima e decisiva xornada do Rally de Ourense, que contará con seis tramos para coñecer ao gañador desta 56ª edición.

Pola mañá, o máis madrugador dos tramos será o de Barbadás (de 10,14 quilómetros) con saída do primeiro piloto ás 10.30 horas. Xusto despois, os participantes que aínda estén en competición disputarán o tramo de A MercaCelanova que contará cun percorrido cronometrado de 13,24 quilómetros (a saída deste terá lugar ás 11.10 horas). E rematará a xornada da mañá do sábado co tramo Cartelle - Toén con saída ás 12.10 horas para completar unha distancia de 23,50 quilómetros (sendo o tramo máis longo deste rally).

Pola tarde repetiranse estes tramos. Así, ás 14.50 horas pasarán os compe-

Tramos tidores por Barbadás; ás 15.30 horas dará comezo o tramo A Merca - Celanova; e rematarase coa última pasada de Cartelle - Toén ás 17 horas. Rematados os tramos cronometrados, os coches reagruparanse no parque de San Lázaro da capital onde terá lugar a entrega de premios.

TC01. Amoeiro. 16.50h (viernes 16)

TC02. Irixo - Boborás. 17.35h (viernes 16)

TC03. Amoeiro. 20.05h (viernes 16)

TC04. Irixo - Boborás. 20.50h (viernes 16)

TC05. Concello de Ourense. 22.30h (viernes 16)

TC06. Concello de Ourense. 22.37h (viernes 16)

TC07. Barbadás. 10.30h (sábado 17)

TC08. A Merca - Celanova. 11.10h (sábado 17)

TC09. Cartelle - Toén. 12.10h. (sábado 17)

TC10. Barbadás. 14.50h.(sábado 17)

TC11. A Merca - Celanova. 15.30h. (sábado 17)

TC12. Cartelle - Toén. 17h. (sábado 17)

This article is from: