3 minute read

Liga Galega de Salvamento

4 O Salvour deixa un bo sabor na ultima xornada.

Redacción

Advertisement

A praia de Marín, na provincia de Pontevedra, acolleu a terceira e última xornada da liga galega de salvamento e socorrismo en augas abertas nas categorías de alevín, infantil, cadete, xuvenil, júnior, absoluto e máster onde concorreron os distintos clubs de salvamento e socorrismo de Galicia como os clubs de salvamento Arteixo, Sada, Carballo, Umia, A Estrada, Laracha, Pontevedra, Villagarcía, Santa Comba, Cerdeda e o representante ourensán, o Club Salvour.

O Salvour presentouse con 17 deportistas a esta competición. Na primeira xornada competiron as categorías inferiores (alevín, infantil, cadete e xuvenil) nas probas de slálom costa, carreira con táboa de salvamento e carreira con niper onde Alba Carreño, Teresa Carreño, Paz González, Belén Pascual, Adrián Carcacia, Victor Da Costa, María Carre- ño, Catuxa González, Marcos Pascual, Antón Torres, Álvaro Peiteado e Aitor Da Costa realizaron unha moi boa actuación.

Na xornada do domingo, o club Salvour competiu na categoría absoluta e máster. Na proba de ocean con Alfredo Ferreiro en categoría master, e en categoría absoluta Roi Naranjo, Andrea Marquina, Eva Feijoo e Miguel Viso realizaron un moi bo relevo.

A próxima cita será o campionato de España absoluto en augas abertas que se celebrará do 14 ao 16 de xullo na praia de Orzan na Coruña.

O Salvour acudirá ao Campionato de España absoluto en augas abertas do 14 ao 16 de xullo na Coruña

O Centro Comercial Ponte Vella acolleu a presentación do Circuíto Galicia Central de Xadrez 2023. Este circuito ofrece unha serie de torneos de ritmo rápido valedeiros para Elo FIDE nos que poidan participar todas as idades.

Das nove xornadas que se disputarán entre xuño e setembro, oito celebraranse na provincia de Ourense, sendo seis delas na propia capital. Os torneos disputaranse a seis roldas ou a sete no caso de que houbese máis de 64 xogadores.

A inscrición para cada torneo ten un custe de 5 euros (a abonar en efectivo, antes da primeira rolda de cada torneo) e as categorías participantes serán as de sub8, sub10, sub12, sub14, sub16, absoluto e veterán. Todos os participantes deberán ter licencia en vigor.

Para cada torneo a inscrición (que se pecha o xoves anterior ao día da competición ás 24 horas) farase enviando un correo a: xadrezasburgas@ gmail.com; a páxina do circuito será: www.xadrezasburgas.net. De ser necesario poñer un límite de plazas, respetarase rigurosamente a orde de inscrición.

Datas

O Circuíto Galicia Central 2023 dará comezo este sábado, 10 de xuño, nas Galería Viacambre, para logo marchar ata Lalín a segunda xornada (o día 17); As Galerías Unión-Progreso acollerán a terceira xornada o 24 de xuño.

Para xullo está previsto que día 8, celebrese unha nova xornada na Sociedade Cutural Albor (barrio do Couto).

Xa en setembro as datas finais do circuíto serán: o 2 de setembro, Espazo Academia Galespace (Xinzo de Limia); 9 de setembro, Galerías Viacambre; o día 17 de setembro (Domingo), no Casino do Carballiño; 23 de setembro, Centro Comercial Pontevella; e rematará o día 30 de setembro co Torneo final e entrega dos premios do Circuito no Espazo Xove de Ourense.

O Centro Comercial Ponte Vella acollerá a xornada do circuíto que se celebrará o día 23 de setembro

4 Descenso

A 54ª edición do Descenso Internacional do Miño de Ourense terá lugar este domingo, 11 de xuño. A proba, que patrocina o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, é unha das máis lonxevas do calendario deportivo ourensán. Conta cunha distancia de 16 quilómetros e con saída desde Os Peares, e desde Barra de Miño ás 11.30 horas, e chegada na Batundeira, Velle, ás 12.30h..

4 Gala Judo Galego

A judoka Ana Fernández foi distiguida como ‘Mellor deportista de Jiu Jitsu’ e Diploma ‘Cinturón de Oro’, polos seus méritos no ano 2022 na gala do judo galego que se celebrou en Sanxenxo. Esta é a segunda vez que a ourensá recibe esta distinción.

4 COB

Félix Alonso gañouse a renovación como adestrador do Club Ourense Baloncesto para a tempada 2023-24.

A partir de agora tócalle, xunto á directiva confeccionar un equipo o máis competitivo posible para tentar non pasar os apuros deste curso.

4 Subida RocasO Eirado

Este domingo, 11 de xuño, celébrase a 15ª subida Rocas - O Eirado, proba que ademais é o Campionato de Galicia de Montaña. A proba arrincará ás 11 horas con saída desde Esgos e contará cun percorrido de 13 quilómetros que pasará por San Pedro de Rocas, Arcos e Virxe do Monte, entre outras localizacións. Ademais subirase a 1.163 metros de altitude.

Paralela á carreira terá lugar unha andaina popular que contará cun percorrido de 20 quilómetros.

No acto de presentación do Rally estiveron presentes o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; o vicepresidente de la Diputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome; o presidente da Real Federación Española de Automovilismo, Manuel que a

This article is from: