3 minute read

Democracia Ourensana covértese na forza máis votada

4 O BNG tamén triunfa na noite electoral ao dobrar o número de concelleiros.

Redacción

Advertisement

Moitos pensaban que os audios do alcalde de Ourense (agora en funcións), Gonzalo Pérez Jácome, que publicou La Región (sobre supostas mordidas a empresas contratadas polo Concello) farían unha desfeita nos resultados de Democracia Ourensana nas eleccións municipais do 28 de maio. Tamén, moitos pensaban que ao poñer de cabezas de listas, tanto PP coma PSOE, a antigos alcaldes da cidade -Manuel Cabezas por parte dos populares e Paco Rodríguez polos socialistas- mellorarían os resultados das pasadas eleccións. Porén, a realidade na vella Auria foi ben distinta e o pobo falou e o fixo colocando a Democracia Ourensana como a forza máis votada das 10 que concorreron nestos comicios. Das cinco formacións con representación no Concello de Ourense

-PSOE, PP, DO, BNG e C´s- pasouse a catro as que terán representacións nos próximos catro anos (DO, PP, PSO e BNG).

DO

A formación liderada por Gonzalo Pérez Jácome lograba 18.450 votos o que supoñía un aumento de tres concelleiros con respecto a fai catro anos, pasando de sete (con 11.913 votantes) a 10 e unha diferenza de votos de 6.537 máis que en 2019. Uns resultados que fan que DO sexa a lista máis votada no Concello de Ourense. Conforme ía pasando a noite do 28M a ledicia instalábase na sede de Democracia Ourense que con cada novo escrutinio achegabase máis xente a festexar a vitoria de DO. En intención de voto pasaron do 21,54% ao 33,83%.

BNG

A outra forza vitoriosa da noite foi o Bloque Na-

Das cinco formacións con representación no Concello de Ourense (PSOE, PP, DO, BNG e C´s) pasouse a catro as que terán representacións nos próximos catro anos (DO, PP, PSO e BNG) cionalista Galego. A formación liderada na cidade por Luis Seara lograba dobrar o número de concelleiros para os próximos catro anos; os nacionalistas pasaban dos dous que tiñan ata agora aos catro concelleiros.

En intención de voto, se en 2019 confiaban no BNG 3.452 persoas (6,24%) en 2023 o facían 8.576 (15,72%). Unha liña ascendente dunha formación que no período de 2015 a 2019 quedouse sen representación no Consistorio ourensán.

PP e PSOE

Os maiores damnificados do 28M -con permiso de Cidadáns- foron Partido Popular e Partido Socialistas. Ámbalas dúas formacións apostaban todo a dous ex alcaldes da cidade a a cousa non saiu como agardaban.

Os populares, con Manuel Cabezas como líder, incrementaban o número de votantes pasando de 12.482 (22,57%) de 2019 a 13.609 (24,95%); 1.127 votos máis que a pesar de todo non facían incrementar o número de concelleiros que tiñas, polo que se quedaban nos sete dos catro anos ante- riores.

Peor foille aos socialistas, que con Paco Rodríguez á cabeza pasaban dos nove concelleiros de 2019 a seis neste ano. Se fai catro anos contaban con 14.562 votos (26,33%) agora baixaban aos 10.514 (19,28%), o que supuxo unha diminución de 4.048 votos.

C´s

A formación laranxa, en Ourense segue coa tendencia do resto de España e perde considerablemente os apoios que recibira hai catro anos. Daquela, con Pepe Araújo á cabeza, lograba ter dous concelleiros, mentres que agora desaparece da corporación municipal. O estrépito foi tal que dos 4.832 (8,74%) ourensáns que confiaron en Cidadáns anteriormente, pasouse a tan só 171 (0,31%). Difícil futuro para unha formación que xa anunciou que non se presentará ás Xerais de xullo.

Resto de formacións O resto de formacións non foron quen de colarse na corporación ao non sumar os votos necesarios para facelo.

VOX foi a quinta forza máis votada con 1.004 (722 en 2019); a confluencia de esquerdas, que nesta ocasión concorrían co nome de Agora Ourense foron apoiados por 781 ourensáns; Contigo Ourense foi a sétima forza con 283 votos.

Gráfico de como queda a corporación municipal de Ourense para o mandato 2023-2027 e número de votos de cada formación que concurriu na capital.

DO pasa de sete concelleiros a 10; PP mantén os sete concelleiros que tiña; o PSOE baixa dos nove aos seis; e o BNG duplica a súa representación de dous a catro concelleiros. C´s desaparece do consistorio ao perder os dous que tiña

A Coalición de Centro Democrático (CCD) da que formaban parte os díscolos de DO e con María Dibuja como candidata á alcaldía lograba 229 votos. O citado C´s era votado por 171 persoas; e finalmente VOU que na anterior cita electoral sumaba 1.24 votos, nesta ocasión era a forza menos votada con 131 votos.

This article is from: