Barrios

Page 1

[Páx. 4]

A campaña electoral das municipais do 28M arrinca con polémica

A Unión Deportiva Ourense queda apeada na primeira rolda da fase de ascenso

Verín celebra o Día das Letras Galegas 2023 con varias actividades en varios días

Vilanova dos Infantes festexará a romería Raigame o vindeiro 17 de maio

CULTURA Páx.15

O “Vibra Verín” levará tres días de música (do 19 ao 21 de maio) á vila do Támega

Eleccións municipais

Número: 184 - Ano: XVI - 16 de maio de 2023 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 OURENSE Páx.2 CELANOVA Páx.14 DEPORTES Páx.13 VERÍN Páx.14
Coñecemos
as propostas políticas dos distintos candidatos ás alcaldías de Celanova, Verín e Xinzo de Limia.
Identificados os restos de dous individuos atopados na fosa de Celanova

2 Barrios 16 de maio 2023

Unha campaña electoral salpicada con polémica

Redacción

A campaña electoral que rematará coas eleccións do 28 de maio chegan con polémica: audios gravados a Jácome e un exceso de velocidade, colánse nesta campaña que decidirá ao alcalde ourensán e ao presidente da Deputación para os vindeiros catros anos.

Jácome

Foi o diario La Región o que desvelou unha serie de audios, de momento son seis, os que comprometen ao actual alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, en varios asuntos.

Nun primeiro escoitase como o rexedor quere que dúas persoas asuman a multa que tivo un coche oficial en Vigo. Noutro, o alcalde di ser mellor dar o pao ao grande que non con limosnas en canto a obter cartos de empresas que queren adxudicarse concursos públicos. En dous deles fala de xestionar cartos en B colándoos como donacións, e como unha empresa vai dar cartos en A e en B para financiar a campaña de DO.

Outro audio recolle unha conversa na que o rexedor plantéxase levar na lista do seu partido a Fran "o conseguidor", actual asesor de Democracia Ourensana no Concello de Ourense. E finalmente, noutro audio, fala cunha asesora que lle

Durante a explicación da súa versión, o alcalde condicionou este ataque aos intereses do medio que sacou á luz os audios

cede parte do seu salario.

La Voz de Galicia tamén sacou uns audios nos que o alcalde fala de recolocar asesores en empresas concesionarias.

"É unha manipulación"

Trala polémica, Gonzalo Pérez Jácome fixo unha rolda de prensa ante todos os medios de comunicación e vía Youtube (aínda se pode ver por esa canle ou en Auria TV). Durante a hora e media de comparecencia, o alcalde de Ourense deu o seu punto de vista sobre unhas gravacións que, según él, están manipuladas.

A versión deste ataque ao alcalde, o propio Jácome condicionouno aos propios intereses do medio que sacou á luz os audios (o xornal La Región) e a empresas construtoras como Copasa. Desgranou o que deixan de gañar as dúas empresas estando

Democracia Ourensana ao fronte do Consistorio Municipal.

Ademais, Jácome asegurou que estas eleccións do 28M convertéronse

"nun plebiscito entre DO e a mafia" na que pretenden "derrubar os logros acadados".

O que non puido conseguir o candidato de DO

a estas eleccións é que a xustiza evitara que se publicaran e difundiran os audios trala petición deste ante o xulgado.

Sexa como fora, esta campaña electoral xa está salpicada en polémica. Os audios de Jácome e un exceso de velocidade de Baltar, marcan a pauta desta campaña que non fixo máis que comezar.

Baltar

E é que a outra polémica destos días é que pillaron ao presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, a 215 km/h na autovía A-52. O presidente da Deputación conducía un coche oficial cando se dirixía a Madrid un domingo pola tarde para, según el, ter varias reunións ao día seguinte na capital do Estado. Foi na provincia de Zamora cando a Garda Civil deulle o alto e sancionouno por exceso de velocidade; nun primeiro momento

quedou nunha sanción administrativa (multa e seis puntos menos no carné), pero comprobados os feitos a Benemérita correxiu e denunciouno por un delito penal. O artículo 379.1 do Código Penal, indica que exceder o límite de velocidade fixado nunha estrada ou tramo específico é delito se se excede en máis de 80 km/h o límite fixado en vía interurbana (neste caso a A-52). O coche co que circulaba Baltar foi captado a 215 polo que excede en 95 quilómetros o límite permitido en autovía e os 80 km que marcan a vía sancionadora e penal. Este acto delictivo, se se comproban os feitos poden levar consigo pena de prisión -de 3 a 6 meses-, multa de seis a 12 meses ou traballos en beneficio da comunidade (de 31 a 90 días). Xunto a unha destas sancións este delito leva consigo a retirada do carné de conducir de un a catro anos.

O avogado do presidente da Deputación que xuízo rápido que tiña que ter sido, posponse ata o 31 de maio -xusto despois das eleccións-. Ademais, o letrado está en contra da vía penal alegando que o seu cliente xa abonou a sanción económica e que non se lle pode xulgar dous veces por un mesmo acto.

Nestes casos, a pesar de pagar a multa a vía administrativa parase ata que se resolva a vía xudicial; en caso de ter condea penal, os cartos xa entregados pola multa serán devolvidos ao interesado.

4 Os audios de Jácome e o exceso de velocidade de Baltar, irrumpen nas eleccións.
O avogado de Baltar logrou aprazar o xuízo ata o 31 de maio, tres días despois das eleccións Manuel
Baltar, durante un acto do PP.
TEMA DA SEMANA
Gonzalo Jácome compareceu no salón de plenos para dar a súa versión sobre os audios publicados./R.T.

ANTONIO PUGA, CANDIDATO DE CD PARA CELANOVA

Como definiría a situación actual do Concello?

Antonio Puga: "Como a dun Concello cada vez mais atractivo para veciños, visitantes e potenciais inversores, que ten ante sí un futuro ilusionante e que, día a día, recupera a sensación de pertenza e o sentimento de orgullo que desapareceran nas dúas lexislaturas precedentes".

Cal é o principal problema?

A.P.: "A principal carencia que ten o Concello, é a da falta de saneamento e de abastecemento de auga nalgúns puntos do Concello. Non é de recibo que en 27 anos de maioría absoluta se desatendera de tal xeito a cobertura destas necesidades básicas que precisan de inversións millonarias. Nestos catro anos de goberno, e con unha pandemia de por medio, fixemos obras de mellora por un importe cercano aos 300.000 euros, e xa temos comprometida unha subvención da Confederación Hidrográfica Miño-Sil por un monto superior aos 520.000 euros".

Cales será a medida estrela de Celanova Decide?

A.P.: "Seguiremos traballando na cobertura e atención das necesidades das nosas veciñas e veciños,

e na mellora continuada dos servizos".

Que propostas presentan, sobretodo, en dinamización económica?

A.P.: "Pelexaremos para que as Administracións con competencias na materia asuman tanto a prolongación da autovía AG-31 ata a fronteira con Portugal, como o recoñecemento e fomento do Camiño de San Rosendo como Camiño Xacobeo, sin olvidar, lóxicamente, o necesario acordo co IGVS para que se acometa de xeito inmediato a ampliación do Polígono industrial".

Despois da experiencia do bipartito, estará aberto a pactos?

A.P.: "Celanova Decide preséntase as elecións co obxectivo de gañalas coa maioría suficiente para que as inversións no noso Concello non teñan que seguir dependendo nin dos caprichos de ninguén, nin dos intereses partidistas que moven e condicionan a actuación e os posicionamentos dalgúns candidatos".

ELECCIÓNS 28M

PABLO PÉREZ, CANDIDATO DO PP EN CELANOVA

R.T.

Como definiría a situación actual do Concello?

Pablo Pérez: "Está nunha situación de paralise e deixadez absoluta".

Cal é o principal problema?

P.P.: "O principal non é queoproxecto sexa malo, é que non hai un proxecto de concello. Fanse pequenas actuacións deslabazadas, inconexas sen un rumbo concreto. Levanse gastados 2 millóns de euros (332 millóns de pesetas) dos aforros dos veciños de Celanova e non se ven reflexados en ningunha mellora económica ou devida do pobo. Con franqueza Celanova é moito máis, merece máis, e para ser o referente que todos queremos precisa moito máis. Máis proxecto, dedicación, colaboración, compromiso".

Cal sería a medida estrela do PP para o próximo mandato 2023-2027?

P.P.: "O noso será un “programa Estrela” cuns ambiciosos plans de vivenda, infraestruturas, ocio, deporte, actividades e mocidade, queremos unha Celanova para vivir. Cun proxecto tu-

rístico, cultural e patrimonial que nos situará como referente autonómico e que permitirá dinamizar o noso sector servizos. Un programa xeriatrico - asistencial que ademais de coidar a unha das poboacións máis lonxevas do mundo xerará de postos de traballo conxuntamente coa ampliación do polígono e diversas medidas que imos implantar, seremos un concello para traballar e para investir. Por suposto eu sei do reto de acometelo, pero como candidato, e con total humildade pola miña parte,

ofrézolle aos veciños a miña experiencia en xestión pública destes 8 últimos anos como Deputado no Goberno provincial".

Que propostas presentan, sobretodo, en dinamización económica?

P.P.: "Son moitas e a modo de resumo poderíamos citar as seguintes: un plan urbanístico moi ambicioso e sen intereses no que acometeremos a renovación e actualización da nosa vila e dos núcleos rurais; un Plan Xeriatrico – Asistencial con residencia de ultima Xeración e

apartamentos tutelados, que sexa un creador de postos de traballo (nova residencia e apartamentos tutelados de maiores) que crearán máis de 50 postos de traballo directos; a ampliación do Polígono Industrial con máis de 60.000 m2 mais de terreo; a creación de espazos de emprendemento (espazo coworking – “nidos”); incentivos a mozos emprendedores (cesión de espazos de emprendemento a custo cero durante os primeiros 6 meses – 1 ano). En definitiva, temos claro a Celanova que queremos e as actuacións precisas para situala onde lle corresponde, un referente en Galicia”.

O PP por un pacto a tres bandas quedouse sen gobernar nos últimos catro anos. Cre que podería ocorrer o mesmo nestas eleccións? Chegarían a algún pacto?

P.P.: "Nós estamos traballando para a maioria absoluta, cun proxecto e cun equipo no que se poidan ver reflexados todos os veciños de Celanova, de calquera cor politica. Eso é o importante e para eso traballamos, e as sensacións de cara o día 28 son moi boas".

3 Barrios 16 de maio 2023
"Conformaremos unha
Celanova sen complexos, moderna, vangardista"
“Nós estamos traballando para a maioría absoluta, cun proxecto e cun equipo no que se poidan ver reflexados todos os veciños de Celanova”
Pablo Pérez e o candidato do Partido Popular en Celanova. /RAMSÉS R.T.
"Traballamos na mellora continuada dos servizos"
Antonio Puga.

R.T.

Como definiría a situación actual do Concello?

Leopoldo Rodríguez: "O Concello está secuestrado, en mans de intereses privados, uns queren promover negocios urbanísticos, outras queren ter un salario público. Non hai proxecto nin traballo".

Cal é o principal problema?

L.R.: "Pois a falta de proxecto e a incompetencia na xestión ordinaria. Celanova está parada. Non hai iniciativa, e as poucas decisións que se tomaron, agravaron o declive".

Cal sería a medida estrela do BNG para o próximo mandato 20232027?

L.R.: "Empezaremos por elaborar un Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para ordenar o urbanismo e ter unha base para mellorar e mobilizar á sociedade civil, comercio, hostalaría, mocidade, asociacións, etc. Nós si temos un plan que é o de revitalizar social e economicamente Celanova".

Que propostas presentan, sobretodo, en dinamización económica?

L.R.: "Para dinamizar

ELECCIÓNS 28M

TERESA

Como definirías estes catro anos de gobernanza do bipartito?

economicamente a vila hai que recuperar as feiras e eventos especializados de consumo de proximidade, promover una oferta turística centrada no patrimonio e na historia, mobilizar solo industrial e orientar sobre posibilidades de emprego e cooperativismo, en sectores como o primario e os coidados".

O BNG apoiou a elección de Antonio Puga (Celanova Decide) como alcalde, pero sen entrar no goberno. Cre que ese apoio viuse reflectido nas demandas do seu grupo?

L.R.: "Non cumpriu nin un só dos acordos aos que chegamos para facilitar a súa investidura. Tampouco os acordos que promovemos nos plenos durante estes catro anos. Non é de fiar".

Se chegado momento fixeran pactos, que pactos farían e se repetirían o apoio a algunha das forzas que se presentan?

L.R.: "Falaremos diso despois das eleccións en función de como se repartan as forzas. O que xa sabemos é que polo Goberno local de Celanova pasaron populares, socialistas e oportunistas de todas as cores e a mesma pel. E todos fracasaron".

Teresa Barge (T.B.): "Chegamos novos a un concello cunha situación moi complicada. Houbo apostas e haberá moitas máis aposas e valentía".

Cal é principal problema que pode ter o concello a día de hoxe?

T.B.: "Con respecto a problemas, Celanova precisa dunha aposta de moito traballo e valentía, pero non de soñar; Celanova necesita unha realidade acorde á súa sítuación Celanova merecese o que se merece e iso implica aposta e esforzo e eu creo que é o momento pola conxuntura política de fondos europeos. Pedra Patrimonio, Medio Ambiente precisan unha aposta definitiva".

Fálame da túa lista?

T.B.: "Encabezo unha lista na que ten igual protagonismo cada un

Fosa cemiterio Celanova Redacción

Os restos de dous dos individuos atopados na fosa de Celanova que se exhumou a finais de 2022 corresponden a Marcelino Fernández García e a Abelardo Suárez del Busto, dous mozos asturianos fusilados o 22 de setembro de 1939 no cemiterio de Celanova por unha unidade militar falanxista.

As mostras de ADN contrastadas coas dunha filla, Josefa, no caso de Marcelino, e coas dunha neta, Graciela, no caso de Abelardo, obteñen unha compatibilidade de 99,9%, o que confirma os resultados da análise forense e a hipótese da investigación histórica. A intervención, que se

dos meus compañeiros. Nunca imaxinei ter un grupo de xente coma esta; a eles pregunteilles si querían traballar comigo e dixeron que si. Teño un grupo cohesionado no que somos todos iguais".

Cales serán as túas medidas estrelas?

T.B.: "Non creo en medidas estrela, si en proxectos de traballo. Proxectos

como a educación con docentes que o traballan e que é un pulo fundamental para os nosos mozos e para os que puideran vir de fóra. Agora mesmo hai apostas pola xuventude na Xunta de Galicia pero que aquí non chegan; temos que mirarnos o embigo, somos 13 concelleiros de catro forzas políticas. É responsabilidade de todos que esas políticas non

cheguen aquí. Outro dos proxecto ten que estar vinculado coa mobilidade: no meu pobo, fóra do meu pobo e coa provicia. Temos un entorno privilexiado, cinco bens de interese cultural, polo que demos darlle valor".

Algunha idea para a dinamización económica?

T.B.: "Non podemos pensar que aquí aterren moitísimas empresas. Pero ter un centro intercomarcal de emprendemento e axuda sería primordial, por que ao final Celanova é comercio, autónomo e pequena empresa. Debemos promover e orientar de cara á consecución de novos empregos, que será fundamental para que Celanova teña xente. Ademais, se fora necesario a segunda fase para os polígonos industriais, que se poña".

Estivechedes no Goberno por un pacto con CD e o apoio do BNG. Cres que podería ocorrer o mesmo tralo 28M?

T.B.: "Non saio o 28M a iso. Tralas eleccións o PSOE estará para procurar o mellor para o pobo, iso ten que quedar claro”.

enmarca no Plan de Memoria Democrática 2022, vivirá o seu seguinte fito nas próximas semanas coa cerimonia de entrega dos restos ás familias. Mentres, o grupo de traballo en colaboración co Comi-

té de Memoria Histórica da Comarca de Celanova seguirá na procura das familias dos outros cinco mozos que foron fusilados canda Marcelino e Abelardo aquela mañá de 1939.

Nova cara para os contedores de Celanova Redacción

O Concello de Celanova colocará novos cobrecontedores en tres rúas con imaxes da vila, dentro da terceira fase -as outras dúas realizáronse en 2021 e 2022do Plan de Embelecemento do Casco Urbán actuarán en contedores das rúas: Miguel Ángel Blanco, Castor Elices e Colón.

Subvención

Arqueólogos nas exhumacións realizadas a finais de 2022 na fosa de Celanova.

Esta acción chega grazas á subvención da Axencia de Turismo de Galicia de 29.900 euros para mellorar a imaxe da vila tapando os contedores das rúas centrais de Celanova.

4 Barrios 16 de maio 2023
LEOPOLDO RODRÍGUEZ PUGA, CANDIDATO DO BNG EN CELANOVA
“Non cumpriu -o alcalde- ningún dos acordos aos que chegamos”
BARGE DAPIA, CANDIDATA DO PSOE EN CELANOVA
"Non creo en medidas estrela, si en proxectos de traballo"
Leopoldo Rodríguez, alcaldable do BNG en Celanova. Teresa Barge, candidata do PSOE en Celanova.
5 Barrios 16 de maio 2023 PUBLICIDADE

Redacción

Cómo definiría a situación actual no concello de Xinzo?

Antonio Fernández: "De total parálise durante estes catro anos, con falta de proxectos, ideas, improvisación total e absoluta, con proxectos que nunca saíron á luz".

Cal é o principal problema?

A.F.: "O Concello, se falamos a nivel xestión, o que necesita é emprego, é dicir, a potenciación do parque empresarial. Levamos a cabo unha das iniciativas dentro do noso programa, que é a creación dun centro de formación para emprendedores, e mesmo a creación dun viveiro de empresas. Despois, temos en mente a construción dun auditorio e multiusos tan demandado; e a creación dunha residencia de maiores. O Concello tamén precisa a potenciación do mundo agrario, axudando ao plan de regadío que tan ben xestionou a Xunta, que era a alma mater para que isto sexa unha realidade. Mesmo o PP vaise comprometer a que todas as subvencións que poidan vir de distintas entidades poidan abaratar o custo por hectárea dos propietarios, regantes e agricultores da comarca".

Cal sería a medida estrela do seu partido?

ELECCIÓNS 28M

CANDIDATO DO BNG

R.Torres

Como definiría a situación actual no concello de Xinzo?

Camilo Vila: "Mellor que fai catro, pero peor do que debería. Manter o grupo de goberno foi un traballo titánico das catro forzas; porén non deu todo o pulo a Xinzo que esperabamos, sobre todo porque non se deu traducido en cambios palpables para a xente".

os seus plans de vida no medio rural. Por outra banda, apostamos pola humanización de Xinzo. O noso símbolo é andar en bicicleta. E tamén recuperar algo que se falou hai 20 anos e non chegou a nada, como é a circunvalación na zona sur".

No eido económico?

A.F.: "O fomento e a creación de emprego coa creación dun Centro de Iniciativas Empresariais, e crear tamén un viveiro de empresas. Ademais, temos certos compromisos de importantes empresas multinacionais de Galicia para ter unha filial ubicada neste parque empresarial, que daría cobertura de emprego, entre postos directos e indirectos".

No eido económico?

A.F.: "O parque empresarial é fundamental. O pequeno comercio estaremos apoiándoo, e non asfixiar ao autónomo ou ao pequeno ou mediano comercio, ás pemes que temos; a potenciación dos comerciantes será un piar básico no que queremos traballar".

Estaría disposto a algún pacto?

A.F.: "Hoxe non entendemos de pactos. O noso obxectivo é gañar con maioría absoluta. Cada día que pasa vemos máis claro que Xinzo quere un cambio cun goberno sólido, cun proxecto único e capaz, que non teñamos que pactar con ninguén e que poidamos executa r o noso programa como queremos executalo. Non vemos outra posibilidade que esa e, segundo os resultados, tamén podería darse que goberno a lista máis votada".

Cal é o principal problema de Xinzo?

C.V.: "Un é o déficit económico derivado dunha xestión moi interesada por un sector en concreto afín ao PP, que deixou un concello endebedado e cun plan de axuste que impide que ata dentro de 9 anos non se poida facer ningún tipo de investimento potente nin política transformadora real. E o outro é que nunca houbo capacidade ou vontade de crear unha liña estratéxica. E penso que a potencialidade que temos é tremenda cun sector agrogandeiro punteiro”

Cal sería a medida estrela do seu partido?

C.V.: "O que máis nos preocupa é a despoboación polo que cara o reto demográfico as dúas solucións principais serían a oficina das casas cun servizo de asesoramento para persoas que queren rehabilitar unha casa, e facer que familias que non viven aquí contrúan

C.V.: "A dinamización económica ten que partir do consenso de hostalaría, industria e comercio. Cambiarlle o firme ás avenidas e ampliar as beirarrúas deben vir acompañadas dun plan de dinamización do comercio. Mesmo a praza de Abastos é un recurso económico que agora está desatendido.

Debemos explorar vías relacionadas coa chegada de xente como o xeoturismo. E, por último, a aposta grande ten que estar na pataca. A agricultura é o motor económico da Limia, polo que apostamos pola transformación de produtos, por exemplo, as bolsas reutilizables poderían facerse da fécula da pataca".

Estaría aberto a pactos?

C.V.: "Si, se non non sería coherente. Planificacións estratéxicas, plans plurianuais, ten que ser con toda a xente, incluso coa oposición porque a oposición de hoxe pode ser o goberno de mañá e se este desfai o feito non camiñamos cara ningún lado".

Como definiría a situación de Xinzo?

Elvira Lama: "Penso que é extremadamente boa. A situación é de ilusión, este mandato só foi a toma de contacto para iniciar grandes proxectos. Tivemos que deixar de lado as siglas e por diante aos veciños que foi o que tratamos en todo momento".

Cal é o principal problema de Xinzo?

E.L.: "Temos algunhas eivas con algúns maiores desperdigados por toda a provincia polo que temos solicitada a construción dun xeriátrico para esa xente maior, para que non perda o contacto e o seu entorno e para que a su familia poda disfrutar o maior tempo posible. Temos necesidade dun auditorio con capacidade suficiente e cun esceario que dea cabida a cantidade de manifestacións culturais e musicais que temos no noso concello. Pero o máis importante que temos agora enriba da mesa é esa boa noticia que temos un proxecto para a Avenida de Ourense e de Madrid, o que é a N-525, que se vai a materializar este ano 2023. Ao mesmo tempo temos un investimento importantísimo por parte do goberno de España para esa moderni-

zación dos regadío".

Cal sería a medida estrela do seu partido?

E.L.: "É a modernización dos regadíos porque é o piar fundamental da economía do noso concello. 35 millóns de euros do goberno de España, 4 millóns de euros da Xunta para os 40 pozos que xa están feitos, as achegas que din xa están comprometidas doutras administracións para que lle saia máis económico aos regantes. Outro proxecto estrela será ese paseo polo río. E temos esa N-525, case catro quilometros cunha renovación total e que vai supor a dotación de infraestruturas onde non as hai e a renovación doutras que exiten pero están obsoletas".

E no eido económico?

E.L.: "Necesitamos, coa ampliación do parque empresarial, atraer empresas para que se transforme aquí o que se produce aquí. E crear emprego".

Estaría aberta a pactos con outras formacións?

E.L.: "Eu que estiven á fronte dun goberno progresista cuatripartito teño que destacar sobre todo a xenerosidade, a cooperación e a colaboración de todos os compañeiros con independecia do partido. O grupo de goberno progesista foi sempre un, a pesar das nosas discrepancias".

6 Barrios 16
de maio 2023
Elvira Lama, candidata do PSOE en Xinzo. ANTONIO FERNÁNDEZ, CANDIDATO DO PP EN XINZO DE LIMIA
"Un dos piares é a potenciación do agrario, axudando ao plan de regadío"
Antonio Fernández, candidato do PP en Xinzo.
CAMILO VILA,
"Debemos explorar vías como o xeoturismo"
Camilo Vila, candidato do BNG en Xinzo.
ELVIRA LAMA, ALCALDESA E CANDIDATA DO PSOE EN XINZO DE LIMIA
"A modernización dos regadíos é fundamental para a economía do concello"

ESPECIAL

O proxecto que cambiará Xinzo para sempre

Será a obra de máis envergadura que se recorde en Xinzo de Limia. O proxecto para humanizar os accesos á vila está a piques de converterse en realidade. Trátase da iniciativa estrela da campaña de Elvira Lama, que conseguiu avanzar os tramites pese aos anos de pandemia ata o punto de que o Boletín Oficial do Estado vén de dar luz verde de forma definitiva á actuación. Máis en concreto, o BOE recolleu a aprobación do expediente de información pública e, definitivamente, o proxecto do trazado “Humanización da travesía de Xinzo de Limia en la N-525, PP.KK. 197+060 a 200+000”. O orzamento ascende a case 4 millóns de euros (3.941.139 euros) e o seu financiamento correrá a cargo do programa de mellora de contornas urbanas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), dotado con 105 millóns do fondo NextGenerationEU.

Pasos

Foron moitos os pasos que tivo que dar nos últimos meses Elvira Lama para que o proxecto chegara a este punto. Cómpre lembrar que a memoria desta actuación foi encargada pola alcaldesa de

Xinzo de Limia ao comezo do seu mandato e trasladada ao Goberno de España a través do que entón era o seu delegado en Galicia, José Miñones, en setembro do 2021. En febreiro deste mesmo ano, Elvira Lama mantivo un encontro en Madrid co director

xeral de Estradas, Juan Pedro Fernández Palomino, na que se axilizaron os trámites e na que volveuse a insistir na importancia desta obra para o futuro da vila, xa que cambiará considerablemente a súa imaxe e dará prioridade aos peóns fronte aos vehí-

culos para mellorar a seguridade cidadá.

Melloras

As obras obxecto do proxecto consisten na mellora da urbanización da contorna da N-525 ao seu paso polo núcleo urbano de Xinzo de Limia,

A transformación das avenidas de Ourense e Madrid será un modelo para outras actuacións no resto do país. É unha obra esperada en Xinzo desde fai décadas e que transformará a rúa principal da vila, que quedará integrada tanto no parque do Pombal como na praza Maior, a cuxa altura construiranse plataformas únicas. A inversión:arredor de 4 millóns euros

tratando por unha banda de separar o tráfico rodado da estrada das zonas destinadas ao uso peonil e ao estacionamento de vehículos, así como a dotación de servizos situados nas marxes e que con motivo das obras e dada a súa antigüidade, necesitan ser renovados. Procederase tamén a soterrar a liña de iluminación pública, recuaranse as luminarias e semáforos existentes, adaptándoos á nova aliñación das beirarrúas, que gañarán anchura permitindo o paso cómodo e seguro dos peóns.

A humanización inclúe dúas novas glorietas (na zona dos institutos e na do Gadis), mentres que na zona do Pombal e da Praza Maior proxéctase unha plataforma elevada ao mesmo nivel das beirarrúas, para dar prioridade aos tráficos peonís. Tamén se sobreelevarán dous pasos de peóns, dous pasos ciclistas e dispoñerase un atenuador de velocidade sobreelevado. Proxéctanse zonas axardinadas para separar a zona peonil do tráfico rodado e as circulacións peonís e ciclistas.

7 Barrios 16 de maio 2023
As obras obxecto do proxecto consisten na mellora da urbanización da contorna da N-525 ao seu paso polo núcleo urbano de Xinzo de Limia.

R.T.

Como definirías a situación actual no concello de Xinzo?

Amador Díaz (A.D.): "Non é a máis boiante pois o plan de axuste que ten ata o ano 2032. Pero penso que hai que ser capaces de ir xestionando ben os recursos para que o concello non se paralice".

Cal é o principal problema que detectas actualmente en Xinzo?

A.D.: "Hai varios proxectos que teñen que ser importantes para o próximo mandato. Creo que deberíamos executar ese edificio multiusos que levara consigo un auditorio, algo moi demandado. Tamén o anexo ao pavillón. E por último, a ampliación do polígono industrial para activar a atracción de diversas empresas e xerar postos de traballo. Xa hai en marcha proxectos moi interesantes, como as avenidas de Madrid e Ourense e o mosteiro de Trandeiras, e incluso o proxecto de recuperación do río xunto coa Confederación. Temos que seguir traballando nesta liña".

Cal sería a medida es-

ELECCIÓNS 28M

trela do seu partido?

A.D.: "A execución dese edificio multiusos con auditorio é algo que levo entre cexa e cexa".

Que propostas presentades para a dinamización económica do concello de Xinzo?

A.D.: "Ten que haber un entendemento co comercio e as asociacións de comerciantes para seguir incentivando dende o concello, que o comercio local é moi importante para a economía. Temos en mente poder axudar á xente co aluguer, sobre todo en vivenda rural, creando bonos para evitar o abandono dos pobos no rural. Tamén continuar traballando nese macroproxecto do regadío que será tamén un motor económico moi importante para esta comarca".

Estaría aberto a pactos con outras formacións?

A.D.: "Non o temos en mente inicialmente xa que aspiramos a ser a forza máis votada, e esa será a nosa loita. Despois dos resultados xa miraremos o que sucede pero si que estaríamos dispostos a falar de pactos".

Cómo definirías a situación actual no concello de Xinzo?

Edelmiro Rodríguez: "Todo está moi degradado. É necesario un cambio substancial e real. As rúas e a limpeza deben estar ordenadas. Foron catro anos de políticas ineficientes e ineficaces”.

Cal é o principal problema de Xinzo?

E.R.: "Agora mesmo o problema que vexo está no urbanismo. E outra cousa é que a xente do censo deixa o concello para irse outros sitios polos impostos, xa que aquí pagamos moitos impostos; é dicir, o imposto é moi alto, xa que podes pagar o mesmo por un coche aquí que en Barcelona. O Concello tes que facelo atractivo para que a xente estea aquí".

Cal sería a súa medida estrela?

E.R.: "Baixar impostos e políticas sociais aos maiores e aos nosos mozos a quenes hai que darlles un futuro potenciando un pouco a área de traballo. En canto aos maiores tentaremos negociar coa administración central, ou quen sexa para establecer aquí unha residencia gratuíta de anciáns para eles, ademais de ampliar a cobertura socio sanitaria no fogar".

Que propostas presentades para a dinamización económica do concello de Xinzo?

E.R.: "Pois o turismo, por exemplo a Torre da Pena, o Mosteiro de Trandeiras. Facer un circuito do entroido que xa o temos aí e xa está bastante dinamizado ao igual que o tema da Civitas Limicorum, que tamén funciona,

pero debemos promocionalo no exterior, non só quedar no autonómico e provincial, senón para darlle un pouco de cobertura no exterior. E outro punto importante tamén sería o polígono industrial oa que debemos darlle un pulo, intentar tocar a parte da automoción, etc.".

Estaría aberto a pactos con outras formacións?

E.R.: "Ttratemos de conseguir un concelleiro, que é o importante, e despois miraríamos as opcións. Pero a cuestión é chegar a un acordo entre todos,

que teña un bo funcionamento do Concello para o seu progreso e que a xente estea contenta de que sexa un Xinzo próspero. Aí estaremos para colaborar con todos sempre que sexan políticas amigables coa cidadanía".

8 Barrios 16 de maio 2023
EDELMIRO RODRÍGUEZ, CANDIDATO DE VOX EN XINZO DE LIMIA
"Queremos baixar impostos e políticas sociais para os maiores e mozos"
Edelmiro Rodríguez, candidato de VOX en Xinzo.
AMADOR DÍAZ, TENENTE DE ALCALDE E CANDIDATO DE AXIL EN XINZO DE LIMIA
"Deberiamos executar ese edificio multiusos que levara consigo un auditorio"
Amador Díaz, candidato de AXIL en Xinzo.

R.T.

Como definiría a situación do Concello tras estes últimos catro anos co bipartido PSOE-BNG?

Lara da Silva: "Desde o noso partido o que máis nos preocupa é a situación socioeconómica que temos. Falamos dunha débeda viva de máis de 7 millóns de euros, falamos de que pecharon máis de 60 establecementos o que supón que as empresas non se asentan e a xente marcha. Entón, o máis preocupante e esa situación socioeconómica e como facémonos cargo desto todas as familias que vivimos en Verín".

Entón, ese é o principal problema do Concello?

L.S.: "Si, cremos que o bipartito -desde o meu punto de vista e como cidadá antes de ser candidata do PP- tivo esa forza e ilusión ao principio e puidemos ver un cambio no que a vila na que non tiña árbores e se puxo árbores, non tiña céspede e se colocou céspede. Agora ben, temos unha vila bonita pero non temos xente, por iso para nós ese pode ser o tema máis preocupante".

Cales son as medidas que plantexan para esa dinamización económica?

L.S.: "Pretendemos e cremos convinte, agora mesmo, e esa será a nosa aposta desde o minuto un no que cheguemos ao Concello -sexa dun lado ou doutro- será básicamente centrarnos nos problemas reais da xente, que agora é a industria e o emprego. E tamén dar solucións a certos problemas que sabemos que existen en determinados ámbitos como o deportivo no que as instalacións están nunhas condicións penosas. Ademais, tanto nas escola deportivas como no ámbito que atinxe á cultura, o que é o continente creouno o Partido Popular. Eles, simplemente limitáronse a dar contenido a ese continente creado. Pero certamente non hai unha manutención de todas esas instalacións que cremos é fundamental. Por outra banda, sabemos que existiu un proxecto de creación dunha escola infantil moi necesaria agora mesmo. Hai moitas familias que se empadroan noutros sitios por que non existe esa conciliación familiar de poder levar ao teu fillo a unha gardería porque as que hai teñen unha lista de espera importante".

Podería falarnos doutras medidas estrela que tiñan noutros ámbitos?

L.S.: "Apostamos por un parque logístico no parque empresarial de Tamagos que a día de hoxe non está en funcionamento. Debemos seguir expropiando terreos para seguir ampliando xa que pode ser un tirón importante. Somos a porta de entrada de España a Portugal pero tamén a de saída desde o punto de vista

galego, por iso queremos aproveitar para facer un aparcadoiro para camións xa que a situación do actual aparcadoido non é o

adecuado. E aproveitaríamos para desenvolver un centro loxístico, o Eixo Atlántico que é a proposta que ten a Xunta de Galicia e que pensamos que é moi interesante. Tamén pode ser importante levar a cabo a escola infantil na avenida de Sousas, xa que é unha iniciativa moi demandada por nais e pais. E por suposto, faremos aposta forte polo turismo; é preciso facer unha rehabilitación real do hotel balneario de Caldeliñas, non a que levou a cabo o

Goberno actual; para isto temos un proxecto cun grupo hotelero para crear un grupo balneario. Outras medidas serán a creación dun hotel balneario escola do que vén sendo as instalacións da zona de Cabreiroá. Noutro orde de cousas, Verín merece rehabilitar as rutas de sendeirismo, de lagares rupestres que están nun estado de abandono".

Chegado o 28M e sen ver claro que haxa maioría absoluta, estaría dis-

posta a facer algún pacto?

L.S.: "Saímos a gañar. Cremos no cambio, fixemos renovación dentro do partido. Hai que recoñecer que algúns da lista somos novos en política, algúns teñen negocios en Verín polo que lle interesa que a Verín lle vaia ben. Agardamos ter a confianza dos que foron fieis votantes e recuperar aos que perdemos nos últimos anos. Aceptamos o reto con humildade, forza e ilusión".

9 Barrios 16 de maio 2023 ELECCIÓNS
28M
LARA DA SILVA RODRÍGUEZ, CANDIDATA DO PP EN VERÍN
"A nosa aposta será básicamente centrarnos nos problemas reais da xente, que é a industria e o emprego"
Lara da Silva, do PP.

PROVINCIA / ELECCIÓNS 28M

Certames literarios en Verín

Redacción

Trinta narracións presentáronse á fase final do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e 26 poemas á do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez, organizados polo Concello de Verín e Gadis con motivo do Día das Letras Galegas.

Dos 56 traballos, doce correspóndense ao ensino primario, no que concursa alumnado pertencente ao CEIP Amaro Refojo e ao Colexio María Inmaculada, ambos os dous preseleccionaron tres poemas e tres relatos, o máximo número que pode presentar cada un dos centros.

En ESO son catro os centros participantes (IES Xesús Taboada Chivite, IES Castro de Baronceli, Colexio María Inmaculada e Colexio Apostólico Mercedario), que presentaron un total de corenta e catro creacións preseleccionadas á fase final. No nivel concursal de 1º e 2º de ESO, no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez presentáronse 8 composicións poéticas, porque dous dos catro centros participantes reduciron a súa terna a unha proposta única. Os centros presentan ternas completas de persoas candidatas tanto no nivel de 1º e 2º de ESO (Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez) como no nivel concursal de 3º e 4º de ESO para traballos en verso e en prosa.

Premios

En cada unha das tres categorías (Primaria, 1 º e 2º de ESO, e 3º e 4º de ESO), no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e no Certame de Poesía

Xosé Carlos Caneiro Pérez, entregaranse premios de 90 euros (1º), 60 euros (2º) e 30 euros (3º premio). Ademais, a todas as persoas autoras dos traballos finalistas, reciban ou non dotación económica, entregaráselle un diploma e un lote de libros. Para que se beneficien tamén as persoas que participaron e que non superaron a fase de preselección e, por extensión, todo o alumnado dos centros participantes, as bibliotecas dos centros que colaboraron nestes certames incrementarán os seus fondos librarios en galego. Para incentivar a lectura en galego, en cada un dos niveis nos que presentaron tres traballos preseleccionados, recibirán un bono para adquisición de libros por importe de 60 euros. Unha achega económica para as bibliotecas de centro ou de aula, que supuxo unha innovación nas bases dos certames no 2022, a través da que os centros colaboradores dos certames poden obter financiamento para a adquisición de libros en galego por cantidades que neste ano oscilarán entre os 120 e os 360 euros.

R.T.

Como definiría a situación actual do Concello?

Domingo Otero: "Verín atópase nunha situación de progresivo deterioro e estancamento das súas estruturas sociais e económicas".

Cal é o principal problema?

D.O.: "A ausencia de iniciativas e medidas que poidan mellorar a precaria situación socioeconómica actual. Aos últimos gobernos só lles preocupaba aumentar a presión fiscal e favorecer a inmigración ilegal".

Cal sería a medida estrela de VOX para o próximo mandato 2023-2027?

D.O.: "As dez medidas que propoñemos forman un todo interrelacionado segundo o cal cada unha das medidas inflúe nas demais e só aplicándoas de forma interdisciplinar poden axudarnos a lograr avances no benestar socioeconómico para fixar e aumentar a poboación activa de Verín".

Que propostas presentan, sobretodo, en dinamización económica?

D.O.: "Catro das 10 medidas son referidas á eliminación do gasto político innecesario, reducións radicales de impostos e taxas, apoio decidido ás empresas, autónomos e empresas locais e por infraestruturas de calidade para a xeración de emprego en Verín. Quero destacar

que este último refírese á promoción dos polígonos industriais de Pazos e Tamagos, facéndoos atractivos para a localización de empresas, facilitando a gratuidade de solo industrial, eliminando burocracia innecesaria e axilizar as licenzas de instalación no menor tempo posible, evitando así que se trasladen a outros lugares como

está a suceder ultimamente".

Chegado momento, se fixeran falta os pactos, a que pactos cres que poderías chegar con outras forzas?

D.O.: "VOX sae a gañar, porén, faremos acordos puntuais en todo o que beneficia significativamente aos verinenses,

como a aplicación das 10 medidas que propoñemos. En todo caso, non teríamos pactos de goberno nin co socialcomunismo (PSOE) nin co independentista illacionista (BNG), ambos estannos levando á ruína social, moral e económica de España e no camiño que imos á ruptura da integridade territorio española".

10 Barrios 16 de maio 2023
Domingo Otero, candidato de VOX en Verín.
DOMINGO BENITO OTERO BESTEIRO, CANDIDATO DE VOX EN VERÍN "Non teríamos pactos nin co socialcomunismo nin co independentista illacionista"
Gala das Letras Galegas do ano pasado.
4 56 traballos optaron a premios de relato curto e poesía.
A todos os alumnos participantes en ambos certames, reciban ou non premio económico, entregaráselles un diploma e un lote de libros
11 Barrios 16 de maio 2023 PUBLICIDADE

R.T.

Como definirías a situación do Concello despois destes catro anos (ou oito) co bipartito PSOEBNG?

Diego Lourenzo: “Estes dous últimos mandatos supuxeron un punto de inflexión na historia recente do noso concello. Tiñamos un programa de cambio que foi materializado. Ámbitos como o cultural, a rehumanización, un novo modelo social e urbanístico, tamén nas alternativas de lecer. Darlle á cidadanía que facer sen necesidade de ir a outros sitios e cargar co elemento do orgullo do propio foron símbolos de identidade durante estes dous mandatos. Queda moito por facer, pero creo que o traballo feito avala e permite que nos presentemos a estas eleccións cos deberes feitos”.

Cal pode ser a día de hoxe o principal problema do concello?

D.L.: “Verín ten un de carácter xeral que é a perda de poboación, problema que debemos acometer con todas as administracións porque das posibles saídas é que Verín teña capacidade de creación de postos de traballo para que os mozos poidan quedarse; ben é certo que os concellos non temos competencias en materia de emprego, porén debemos procurar todas as opcións e alternativas, neste caso coa Xunta. Neste eido son importantes estas eleccións pero tamén o son as de 2024; Verín leva dous mandatos con abandono absoluto por parte da Xunta con 0 inversión”.

Cal sería por parte do BNG a medida estrela?

D.L.: “Sempre escapamos de medidas estrelas, cremos nunha política

ELECCIÓNS 28M

achegada á cidadanía e que responde efectivamente aos intereses das persoas, que sexan elas as que participen no entramado político. Cremos nun concello participativo no que recibimos constantemente a veciños aos que nunca se lles nega o acceso ao diálogo cos seus representantes públicos. Penso que as cuestións vinculadas a materia de emprego (cunha nova Xunta que mire a Verín doutra maneira). Tamén creo que debemos responder xa á necesidade de ter unha gardería infantil (Galiña Azul); vemos xente que vive en Verín e que ten que levar aos fillos a outros sitios porque aquí soamente temos unha gardería privada que non da atendido á demanda actual. Desde o BNG levamos moito tempo presentando enmendas aos orzamentos da Xunta e o PP constantemente vota en contra desta medida”.

Algunha proposta para a dinamización económica?

D.L.: “Debemos facer un Verín o máis amable posible, para que a xente veña e se quede. Verín é atractivo a nivel humano, cultural, de alternativas de lecer e somos coñece-

dores de que emprendedoras e emprendedores e xente que trala pandemia veu aquí e traballa para empresas; por todo iso é fundamental un espazo de Coworking. Ademais, debemos esixir a quen ten competencias -neste caso a Xuntapara a continuación do polígono industrial de Tamagos”.

Os últimos oito anos gobernaron en coalición co PSOE, volverían repetir a fórmula? Con outras forzas políticas?

D.L.: “Isto é unha cuestión case de natureza; sempre que dependeu do BNG o PP non gobernou, e con VOX está claro. Chegado o momento e trala noite do 28M poderemos falar de pactos. Porén, nós temos experiencia, a forza, as ideas e o equipo suficiente para liderar o próximo goberno municipal. Somos conscientes de que as maiorías absolutas non se van a dar, pero o obxectivo fundamental échegar, cando menos, ao número de concelleiros do PSOE para ter o mandato dividido, dous anos un partido e os outros dous o outro”.

Como definiría a situación do Concello depois dos catro últimos anos e dos oito co bipartito no Gobeno?

Gerardo Seoane: "O cambio que se produciu en aspectos urbanísticos, de humanización, xeración de zonas verdes e na situación económica pasando dun balance de 33 millóns no ano 2015 a 62 millóns na actualidade dobrando o balance do Concello en oito anos e a débeda soamente aumentou un 10%. Ademais contamos coa propiedade do edificio da familia de Recaredo. Na mobilidade, outros logros foron a reforma de todas as entradas á vila e o novo acceso ao polígono coa construción dunha ponte. Tamén logramos a remunicipalización dos servizos de limpeza, depuración, asistencia no fogar, abastecemento, saneamento. Cambiamos todas as bombillas a LED en Verín e nos núcleos, ademais de poñeremos placas solares nos edificios municipais".

Cales sería a medida estrela?

G.S.: "No tema da auga é no que investimos máis tempo. Para elo fixemos un proxecto Perte -duns oito millóns de euroscun grupo de traballo coa Confederación Hidrográfica, Augas de Galicia e os 10 concellos da conca do río Támega e do Mente para a dixitalización de todos os servizos, ademais da remodelación da depuradora; con isto preténdese que todas as verteduras e captacións se fagan dentro da lei.

Outro proxecto, o Live, será a través da Eurocidade e inclúe todo o que afecta ao río Támega, buscando a limpeza das súas augas e rexenerando

a vida no río, tratando as súas marxes, recuperando e reordenando campos colindantes transformándoos en terreos agrícolas e para a plantación.

Tamén continuaremos coas comunidades enerxéticas onde os pobos terán enerxía eléctrica un 60% máis barata. Con todo isto pretendemos darlles un sistema de produción e de vida atractivos. Mediante un Perte alimanteario diversas empresas que queiran investir na zona terán unha axuda de ata o 40% a fondo perdido (con fondos estatais)”.

Algunha outra medida?

G.S.: "Coa adquisición do edificio Recaredo faremos un museo, e na praza de Abastos quedará outro espazo expositivo que, en principio, será o Museo do Entroido. Por outra banda, quedaría para esta lexislatura a circunvalación Norte, e continuaremos con actuacións que xa deron comezo como pavimentación, soterrado de cables, etc. No tema de zonas verdes está o parque de Fontenova, no que xa temos expropiado ao redor do 80%. E, ademais, está a terceira idade e os cativos. No tocante á terceira idade, fixemos un centro de Día e coa Fundación San Rosendo comézase a execución dun xeriátrico; e para os cati-

vos, importante será facer unha nova gardería na contorna do instituto Princesa de España, onde xa temos no Plan Xeral a ubicación e facer un novo acceso".

Cal pode ser o principal problema de Verín?

G.S.: "O da auga. Falando do Perte citado anteriormente, unha das ideas é traer auga do encoro das Portas. Nós estamos no medio entre a zona que tende a deserto e a que non, e podemos caer para calquera dos dous lados. As captacións de auga que facemos no monte, en verán secan, polo que temos que buscar alternativas de abastecemento. Por iso, nos unimos ao Perte da Unión Europea. Este non é un proxecto soamente de catro anos.

Despois está a reestruturación económica, o Perte Agroalimentario so vai dirixido a empresas que transforman o que mercan aquí para vendelo fóra. Hai que facer unha primeira transformación que xeraría moitos postos de traballo".

Volverían pactar con algunha forza política?

G.S.: "O mandato popular está claro desde fai oito anos, o resultado o porá máis fácil ou máis difícil pero penso que seguirá así. Entre os dous (BNG e PSOE) temos unha maioría clara”.

12 Barrios 16 de maio 2023
DIEGO LOURENZO, TENENTE DE ALCALDE E CANDIDATO DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO EN VERÍN "Cremos nunha política achegada á cidadanía e que responde efectivamente aos intereses das persoas"
Diego Lourenzo, candidato do BNG en Verín. R.T.
GERARDO SEOANE, ALCALDE E CANDIDATO DO PSOE EN VERÍN "Verín mellorou en aspectos urbanísticos, de humanización, zonas verdes e na situación económica"
Gerardo Seoane, candidato do PSOE en Verín.

O COB salva a categoría

4 Remata a liga en casa ante Lleida.

Redacción

O Club Ourense Baloncesto porá o punto e final a esta LEB Ouro este venres, ás 21 horas no Paco Paz. E o fará coa salvación no peto nun curso moi irregular non que por momentos perigou a súa salvación. Unha salvación que certificou hai dúas xornadas ao vencer no campo do Juaristi (76-80).

O último partido antes do derradeiro do venres, levou aos homes de Félix Gómez ata terras andorranas. Alí, os ourensáns foron, sen querelo, os convidados de pedra á festa do ascenso á ACB do equipo pirenáico. O Andorra venceu con contundencia ao COB (95-61) e certificou o ascenso un ano despois de descender.

Lleida

O COB buscará unha vitoria diante da súa afección como guinda ao pastel da salvación. Diante estarán un Lleida que se

Sen ascenso para a Unión Deportiva Ourense

4 O Ourense CF deberá xogar una eliminatorio pola permanencia.

xoga o factor cancha no playoff de ascenso. A importancia desta vitoria pasa por deixar un bo sabor de boca no Pazo antes de que remate o baloncesto en Ourense durante os próximos meses.

Ascensos e descensos Xunto a Moraban Andorra hai unha praza máis de ascenso que a disputarán oito equipos. A falta desta xornada, o Palencia rematará na segunda posición e será o favorito para acompañar aos andorranos na súa viaxe á ACB. Xunto a Palencia disputarán a fase de ascenso: Coruña, Estudiantes, Valladolid, LLeida, Burgos, Gipuzkoa e Alicante. En canto aos descensos, tamén se coñecen os tres equipos que bajan á LEB Prata. Albacete, Juaristi e o clásico en Ouro, Melilla (dirixido por Gonzalo García d Vitoria), xa son historia na LEB Ouro.

Redacción

Rematou a tempada para a Unión Deportiva Ourense despois de caer derrotada na primeira eliminatoria da fase de ascenso ante o Arousa. Despois dunha tempada algo irregular para os de Jorge de Dios, forn quen de lograr disputar a fase de ascenso na última xornada da tempada regular.

Na primeira eliminatoria -para ascender debía de pasar tres eliminatorias- tocoulle un Arousa que estivo na última xornada a piques de lograr o ascenso directo. A pesar de ter o favoritismo os de Pontevedra, os afeccionados ourensáns non quería perder a ocasión de vivir unha fase de ascenso novamente. No partido de ida disputado no Couto o resultado final foi de empate a cero goles cunha UD Ourense que tivo as súas ocasións para levarse un resultado favorable a Vilagarcía, porén

o equipo visitante -dirixido polo ex de CD Ourense, Luisito- logrou rematar o encontro coa súa portería a cero.

E no partido de volta, o Arousa mostrou o seu poderío e dobregou aos unionistas por tres goles a cero. Partido moi controlado polos locais a desesperación dos xogadores e afeccionados visitantes. Con esta derrora a UD Ourense remata a tempada e xa debe

Fútbol sala

Redacción

O Sala Ourense certifico o seu descenso de 2ª B a Terceira división logo dunha campaña para esquecer. Despois de moitos cambios na plantilla o equipo non foi quen de acoplarse como en anos anteriores e certificou un descenso doloroso para o club. Agora toca descansar e volver con forzas na pretempada para loitar por regresar novamente a unha categoría nacional.

Feminino

de pensar na vindeira, na que tería que volver tentar o ascenso.

Ourense CF Malas noticias para o Ourense CF que terá que xogar a eliminatoria dos peores décimo terceiros clasificados para salvar a categoría de 2ª RFEF. Tiñan que gañar para asegurar a categoría, empataron na casa contra o Laredo (1-1).

En canto ás representantes femininas, o Ourense Envialia caeu derrotado esta fin de semana en Zaragoza (5-3). As xogadoras de Mondo marchan na oitava posición, salvadas matematicamente, pero lonxe dos postos nobres da competición.

A falta de dúas xornadas para o remate da liga, o Envialia recibe esta fin de semana ao Leganés; remata a tempada no campo do Alcorcón.

O Cidade das Burgas rematou a liga na Segunda división na quinta posición e sen opcións de ascenso. O Envialia B foi sétimo na mesma categoría.

13 Barrios 16 de maio 2023
DEPORTES
Viti controlando o balón ante Sylla e Corzo. /RAMSÉS.

Barrios 16 de maio 2023

Xinzo aposta por eventos multitudinarios

Redacción

Tralas celebracións da Copa OCRA Galicia o a Liga de Gaitas, Xinzo reafirmouse como un concello con capacidade para xestionar con éxito celebracións masivas, máis aló do Entroido ou o Esquecemento.

Na Copa OCRA Galicia participaron máis de medio milleiro de persoas e mobilizou a preto de 2.000. As rúas enchéronse de veciños, veciñas e visitantes que quixeron gozar da espectacularidade da proba. Cómpre destacar que o 73% dos deportistas que competiron nas carreiras de obstáculos adaptadas a catro categorías procedían de fóra da provincia de Ourense. Coa celebración desta copa, Xinzo de Limia fixo unha aposta polo turismo deportivo, dinamizando a economía local.

Ademais, na fin de semana do 25 e 26 marzo, foron preto de 5.000 as persoas que se achegaron ao concello para gozar da música tradicional da man do Certame Celtibérico de Bandas.

Ao igual que durante a proba deportiva, a ocupación hoteleira rozou o 100% non só na vila, senón en toda a comarca e a alcaldesa. Entre as dúas fins de semana, a vila recibiu a máis de 7.000. Con estos alicientes, Elvira Lama, xa anunciou que Xinzo de Limia se postula para acoller, nalgunha das súas fases, o Certame Celtibérico dun xeito permanente.

OCIO E CULTURA

Verín celebra o Día das Letras Galegas

4 Organiza actividades ata o 19 de maio.

Redacción

Verín festexa o Día das Letras Galegas con actividades que comezaron o 12 de maio (sesión de contacontos e manualidades) e prolongaranse ata o día 19.

O martes, 16 de maio, ás 20:30 horas, terá lugar na praza da Mercé o concerto “Ialma canta a Rosalía”, un espectáculo no que Verónica Codesal, Natalia Codesal, Eva Fernández e Marisol Palomo contan a súa historia, que é a de tantos emigrantes. «O noso proxecto é, coma o de Rosalía, un horizonte de esperanza. Amamos a vida, a música, a poesía, a danza, a xente. Ialma é dignidade, liberdade e alegría de vivir», así definen este espectáculo as integrantes do grupo.

Xa o propio 17 de maio, ás 19:00 horas, terá lugar no Auditorio Municipal de Verín a tradicional gala musico-literaria das Letras Galegas. Na mesma recitaranse os poemas

O venres 19 de maio, 19:30h, na Biblioteca Municipal proxéctase o

Documental

“O Camiño

Mozárabe:

Sangue, suor e Fe”

Vilanova vístese de tradición

4 Celebra a 20ª edición de Raigame.

Redacción

A romaría etnográfica

Raigame volve a Vilanova dos Infantes no Día das Letras Galegas (17 de maio) con todas as súas habituais actividades lúdicas e culturais, dedicando a súa 20ª edición á figura dos oficios dos canteiros -cando se cumpren 100 anos da declaración de monumento nacional da Capela de San Miguele coa entrega do premio "Adolfo Enríquez" ao escultor Xosé Cid.

Viaxe ao pasado

gañadores do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e leranse os traballos que gañaron o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez. O Conservatorio Profesional de Verín será o encargado de poñer o broche musical a este evento, que será presentado pola verinesa Helena Pousada Godás.

Por último, o venres 19 de maio, ás 19:30h, na Biblioteca Municipal de Verín terá lugar a presentación e proxección do Documental "O Camiño Mozárabe: Sangue, suor e Fe", escrito por Vázquez Taín e producido por Amarola Produciones. Este documental é un proxecto de máis de dous anos de investigación no que se pon o foco de atención nun dos roteiros máis relevantes do Camiño de Santiago, que quedou inxustamente relegado nos últimos anos.

Exposición

Ademais, ata o mes de xullo, a Biblioteca do Concello de Verín acollerá a exposición "Camiñando con Ramón Sanfiz, coñecemos a Francisco Fernández del Riego", realizada polo IES Castelao de Vigo e a Secretaría Política Lingüística da Xunta de Galicia. A exposición está composta por 10 carteis e unha unidade didáctica, que percorren as dez paradas máis importantes na vida de D. Paco Fernández del Riego. Devandita mostra complementa, xunto coa conferencia realizada o pasado día 27 de abril, as actividades realizadas pola Biblioteca do Concello de Verín para homenaxear a D. Francisco Fernández del Riego, o escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano.

Dende as 11 ata as 19 horas, Vilanova acollerá, ademais dos tradicionais postos artesanais, actividades de gastronomía, música, baile e teatro de rúa que permitirán viaxar a comezos do século XX, mostrando ademais os oficios da época e mesmo recreando a sociedade do momento a través da vestimenta.

Oficios como teares, fotógrafos, xoieiros, vidreiros, talleres de músi-

ca tradicional, carpinteiros e zapateiros entre moitos outros, ambientarán as rúas da vila na que se darán tamén cita grupos de música, baile e teatro, ademais de celebrar concurso de fotografías, micro videos e, como novidade este ano, un certame de decoración das vivendas de Vilanova dos Infantes.

A organización sinala que as actividades previstas, con demostracións de artesáns, gastronomía, contacontos, monicreques, os danzantes da Virxe do Cristal, a Banda de música de Vilanova e moitas outras iniciativas farán, unha vez máis, que a “Romaría Etnográfica Raigame se converta nunha festa da cultura tradicional galega”.

Revista “Raigame”

Durante a presentación da romaría -na Deputación de Ourense- tamén se presentou o número 49 da revista “Raigame”, adicado a Elixio Rivas, medalla de ouro da provincia de Ourense e falecido en 2022.

A Romaría Raigame terá lugar o martes, 17 de maio, no Día das Letras Galegas.

14
O tenente de alcalde, Diego Lourenzo, presenta as actividades do Día das Letras Galegas.

OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 685 969 546. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara, Manuel Blanco

Nº184 - Ano: XVI - 16 de maio de 2023 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.

Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 685 800 190.

Tres días de música co "Vibra Verín"

4 Terá lugar do 19 ao 21 de maio.

Redacción

O Festival de Percusión

Vibra Verín levará a vila do Támega tres días de música e percusión. Neses días, ademais de actuacións abertas ao público, o alumnado dos CMUS participantes reunirase para actuar, asistir a obradoiros e concertos, e coñecer a outros percusionistas de renome. Devandito evento está organizado polo Conservatorio Profesional de Música do Concello de Verín e a Anpa deste centro formativo.

Segunda edición

A segunda edición do festival, que terá lugar do 19 ao 21 de maio, contará con concertos participativos onde se amosarán as diferentes propostas e estilos que conforman o amplo mundo da percusión. A música galega, africana, brasileira e clásica serán as protagonistas desta nova edición.

A primeira xornada, o venres 19 de maio ás 20:00 horas, actuarán no Auditorio Municipal o alumnado de percusión dos Conservatorios de Verín e Carballiño, así como o alumnado das Escolas de Música de Cangas do Morrazo, Poio, Allariz e Xinzo de Limia. Como convidado especial,

estará o alumnado de percusión da Academia de Artes de Chaves.

O sábado, 20 de maio, será o día grande do festival. Ás 13.30 horas haberá unha mostra/concerto de percusión africana na praza Maior, onde participará todo o alumnado do Obradoiro de Percusión Africana dirixido polo mestre Andrés Rivero. Ás 19.30h haberá unha mostra/concerto de Percusión

Tradicional Galega na praza Maior, onde participará todo o alumnado do Obradoiro de Percusión

Tradicional Galega dirixido por Álvaro Rúa e a Asociación Cultura Nova Era. Ás 20:00 horas actuará o grupo galego Odaiko Percussion Group, quen se encargará de mesturar música, percusión e humor. Ás 21 horas será a quenda da Batucada Percúcar (Carballiño), comezando

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

[Deixe o seu anuncio no 685 96 95 46 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

INMOBILIARIA

na praza Maior para posteriormente percorrer as rúas do centro de Verín. Ás 22.30 horas actuará Banda Bacana, grupo que mestura a música de baile latinoamericana con textos en galego. Ás 00:00 horas chega a actuación da discoteca móbil Disco Mono, cos Dj’s Andrés Mixós e Roberto K, quen pincharán toda a música de baile de actualidade.

O domingo 21 de maio, ás 13:00 horas na praza da Mercé, haberá unha mostra do alumnado do Obradoiro de Batucada, dirixido polo mestre Andrés Rivero.

O sábado día 20, ás 20.00 horas actuará Odaiko

Percussion Group

Alugo piso no Couto. Amoblado e con calefacción. Teléfono 672 089 349.

Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000€. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19.

Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029.

Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19.

Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén refor-

mado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO

Ofrécese señora para traballar por horas en Xinzo coidando maiores. Tel. 641 440 921. Ofrécese señora para traballar por horas en Xinzo limpando. Tel. 641 440 921.

Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543.

Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513.

Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173

Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes.

Tel.: 606 422 543

Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043

561

Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745

611

Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89.

Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358.

VENDAS

Vendo arado de vertedera seminovo, maquinaria agrícola, ferramentas de labranza e utensilios aptos para uso agrícola. Todo en bo estado e a prezo económico. Teléfono: 615 097 515

Vendo garrafóns e botellas de cristal. Tel: 672 089 349. Vendo moble de entrada con cristal. Tel: 672 089 349.

Vendo lámparas de bronce. Tel: 672 089 349. Vendo accesorios para cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434. Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434.

Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522

Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897.

Vendo Televisión marca Samsung 32 polgadas. Seminova. Prezo: 125 euros. Tlf.: 666 303 635 (tamén atendo WhatsApp

15
Barrios 16 de maio 2023
O “Vibra Verín” levará á vila do Támega tres días de música e percusión.
Barrios 16 de maio 2023
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.