Barrios 182

Page 1

A mes e medio das eleccións, os partidos mostran os seus programas

O 5º Car Outlet amosará máis de 400 coches do 14 ao 16 de abril en Expourense

Homenaxe a Genoveva Vázquez Calviño “a partureira do pobo”

[Páx. 6]

“Únete ao reto” para a reciclaxe de envases de bricks, plásticos e latas

O PSOE confirma a Teresa Barge como candidata por Celanova

DEPORTES Páx.12

O Arenteiro a un punto do ascenso á 1ª Federación enfróntase ao Ourense CF

7º Concurso de PinchosSabores de Ourense

Bono Comercio

O Padroado da Fundación Curros Enríquez premia a Buciños co “Celanova, Casa dos Poetas”

Un local ourensán adherido á campaña do Bono Comercio. // Do 21 de abril ao 1 de maio, Concurso de Pinchos de Ourense. // Reunión do Padroado da Fundación Curros Enríquez.
800 190 TEMA Páx.2-3 CELANOVA Páx.7 OURENSE Páx.4 XINZO Páx.6
Número: 182 - Ano: XVI - 11 de abril de 2023 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685
[Páx. 2] [Páx. 4] [Páx. 7]

Os partidos propostas

4 PP, PSOE e DO anunciaron as súas

Redacción

A algo máis de seis semanas das eleccións municipais (28 de maio) e a un mes do inicio da campaña electoral, os partidos político comezan a mostrar as súas cartas de cara a convencer ao electorado de que o seu programa é o mellor para gobernar a cidade durante os próximos catros anos.

Gran acollida do Bono Comercio entre os veciños de Ourense

4 Máis do 60% da poboación solicitouno.

O Concello de Ourense puxo en marcha esta semana a campaña do Bono Comercio co que da 100 euros a todos os censados en Ourense e que deben gastar en calquera dos comercios e locais de hostalaría adheridos a esta iniciativa.

Tal foi o éxito que durante a mañá do primeiro día que se podían solicitar os bonos, producíronse 3.000 solicitudes en 30 se-

gundos o que fixo colapsar o sistema durante un breve espazo de tempo.

60.000 descargas

A demanda seguiu crecendo nas primeiras horas; así, con tan só catro horas de andadura xa se contabilizaban preto de 20.000 bonos (en torno ao 20% da poboación) do concello. E tras dous días, a cifra elevábase ata as 60.000 peticións online, cifra á que hai que sumar aos que se

Os bonos pódense obter en bonosourensecomercio.gal; www. ourense.gal; e solicitando cita previa, no 988 78 29 20, de luns a venres, de 8.30 a 14.30 horas

achegaron ata o concello para pedir o bono (calculase que unhas 2.000 solicitudes tramitáronse directamente desde a Casa Consistorial).

Solicitudes

Os bonos pódense obter a través da páxina web https://www.bonosourensecomercio.gal; desde a propia web do Concello de Ourense www.ourense. gal, a través dun link; ou en formato papel, solicitando cita previa, a través do número de teléfono 988 78 29 20, de luns a venres, de 8.30 a 14.30 horas.

Sen présa

Desde o Goberno municipal mandaron un comunicado lembrando que as persoas interesadas non deben ter présa por realizar o trámite, dado que haberá bonos suficientes para a totalidade das persoas empadroadas no Concello de Ourense o 13 de marzo de 2023. Os bonos poderán gastarse até o día 10 de maio en calquera dos máis de 600 establecementos adheridos á campaña.

gastar todo o diñeiro nun mesmo comercio ou en varios.

Éxito

O alcalde de Ourense, Gonzale Jácome, cataloga de "éxito absoluto" esta iniciativa e agarda que cumpra o seu obxectivo que é, por unha banda "ingresos extras aos ourensáns", e pola outra faise "unha campaña a favor do comercio local que nunca se fixera antes na historia de España". Jácome considera, ademais, que o bono é "versátil e sinxelo de usar" posto que se gasta "onde queiras, sen ter que facer cálculos de nada". Ademais, asegurou que tecnicamente "está moi ben implementada".

Esta mesma semana PP e PSOE coincidiron en presentar os seus proxectos, mentres que DO a subiu ás Redes Sociais o pasado domingo; o BNG vai dando as pinceladas do seu proxecto.

Democracia Ourensana

O actual partido que goberna na cidade, Democracia Ourensana, utilizou ás redes sociais para anunciar as súas medidas de cara aos próximos catros anos. Sobre a mobilidade apostan por un transporte público de alta frecuencia, a gratuidade do autobús urbano,

aluguer de bicicletas e patinetes, aparcadoiros "Low cost" e ramplas e ascensores mecánicos (que xa están en obras), ademais de soterramentos na avenida Otero Pedraio e na praza Concepción Arenal. En canto ao medio ambiente, DO quere plantar 10.000 novas árbores, humanizar dúas ducias de rúas, piscinas en varios barrios e duplicar a partida do novo contrato de mantemento de zonas verdes.

Outras medidas que levarán no seu programa son: a rehabilitación da metade sur do Casco Antigo, manter a campaña de fomento á lectura (bono de 20 euros a menores de 18 anos), incrementar a partida en temas sociais e convenios con entidades.

Ademais, desde DO pretenden baixar un 40% o imposto de vehículos e queren seguir potenciando festas como o Entroido. o Halloween, o Nadal ou o San Martiño (ademais de axudar en festas de barrios) Sobre o PXOM queren "libralo de pelotazos",

DO aposta por un transporte público de alta frecuencia, a gratuidade do autobús urbano, aluguer de bicicletas e patinetes, e aparcadoiros “Low cost”

Ourensáns agardando para solicitar o bono.

Ademais, non hai límite de gasto, é dicir, pódese

2 Barrios 11 de abril 2023 TEMA DA SEMANA
Os bonos poderán gastarse até o día 10 de maio en calquera dos máis de 600 locais adheridos á campaña
Os ourensáns comezaron a usar o bono de 100 euros que concedeu o Concello de Ourense. /RAMSÉS. Manuel Cabezas, presentando a “Aposta polo futuro” do Partido Popular.

partidos presentan as electorais

súas liñas mestras.

recuperar a peonización e axudas á rehabilitación de vivendas do Casco Histórico; mellorar e ampliar os parques de cans e ortos urbanos (medio ambiente); creación de comunidades enerxéticas e alumeado público LED (eficiencia enerxética).

eliminar vivendas fóra de ordenación e aumentar vivendas no perímetro rural.

Para o deporte apostan por manter as axudas ao deporte base, crear unha cidade deportiva (no Couto ou na Finca Deputación) e a creación dunha canle de augas rápidas.

Partido Popular

O PP elexiu esta semana para que Manuel Cabezas presentara o seu proxecto de cidade. O ex alcalce quere facer "a segunda transformación de Ourense", aludindo á "experiencia, capacidade de xestión e diálogo coas administracións". O seu proxecto, denominado "Aposta de futuro", recolle 66 medidas enmarcadas en 14 áreas.

Cabezas colocou, de entre todas as medidas, ao termalismo como obxectivo fundamental e priorita-

rio para Ourense. Por iso, quere reconstruír A Chavasqueira e abrir de novo a piscina termal das Burgas. Ademais, a todo inversor que queira apostar polo termalismo, ofrecerlle seguridade xurídica coa aprobación dun novo PXOM ou unha modificación puntual.

Outra medida que ten que ver coa auga é a construción de dúas pasarelas máis que crucen o Miño (na Chavasqueira e Outariz); ademais proporá unha nova ponte que una o Conservatorio de Música co Peliquín.

Outras medidas destadas son: a aprobación do PXOM e axudas ao aluguer de vivendas para mozos (urbanismo); creación da "Marca Ourense" e rede de miradoiros (turismo); recuperar La Molinera e apoio ao emprendemento local (economía e emprego);

PP e PSOE presentaron o seu programa esta mesma semana; os populares anunciaron a creación de dúas pasarelas e unha ponte sobre o Miño, os socialistas anunciaron desenvolver unha política de vivenda protexida

Cabezas tamén anunciou a súa intención do soterramento da avenida Otero Pedrayo e na Pardo de Cela; seguindo con infraestruturas, o candidato popular pretende humanizar a rúa Progreso e peonalizar a contorna do parque de San Lázaro. Novos complexos deportivos en Oira, Montealegre e Mariñamansa son outras medidas do programa dos populares. E no tocante á cultura, queren recuperar o Museo Municipal, a Banda de Música e a Universidade Popular.

PSOE

O PSOE tamén presentou as súas medidas estrela. Entre elas está a creación dunha empresa municipal de vivenda e a recuperación de zonas degradadas. En canto ao primeiro punto, o candidato socialista, Paco Rodríguez, anunciou desenvolver "unha política de vivenda protexida", co casco histórico, Mariñamansa ou A Ponte con "moitas posibilidades para a súa rexeneración servindo, á vez, para vivendas para a xente moza". So-

bre esta última zona, lembrou que un dos obxectivos é recuperar o acordo de 2011 con Adif para executar, nuns prazos razoables, o proxecto de 800 vivendas que se prevían na contorna da estación.

Entre as iniciativas do programa atópanse algunhas de rápida aplicación -a curto prazo- e outras que abranguen un horizonte máis amplo, como que Ourense chegue a ser Capital Europea da Cultura 2031 co plan “Auria 2031, cultura e auga” e a construción dun padroado para conseguilo. No ámbito cultural inclúese un proxecto de recuperación de espazos degradados -da zona vella e dos demais barrios- a través da arte urbana, apostando polo talento e creatividade local. Outras medidas que a formación plantexa está a creación dun bulevar termal para lograr que os preto de catro quilómetros da marxe dereita do río Miño conten con amplas zonas arboradas para o ocio e desfrute, carril-bici e aparcadoiros.

Paco Rodríguez tamén abordou outros asuntos como a necesidade dunha urxente adxudicación de servizos que están en precario –como a auga ou

transporte urbano- o que supón un coste elevadísimo para as arcas municipais e unha cobertura deficiente das necesidades actuais dos cidadáns. A axenda verde 2030, un plan de mobilidade sostible ou a apertura ao público das prazas de abastos son outras das medidas. Ademais, o ex rexedor emprazou ao PP a un “pacto de claridade e de cidade”.

BNG

O Bloque Nacionalista Galego, pola súa banda, vai deixando pinceladas ata que presente definitivamente o seu programa. O que si fixo foi presentar a lista completa para as eleccións do 28M. Os nomes que restaban por coñecer fixéronse públicos na Asemblea Local celebrada o pasado mércores e onde a militancia, por asentimento, ratificou unha candidatura que o candidato Luís Seara cualifica como “unha lista gañadora, integrada por persoas que representan perfectamente a realidade social de Ourense”. A lista do BNG ao Concello de Ourense conta cunha ampla representación dos diferentes barrios da cidade e zonas do perímetro rural. Formada por persoas con experiencia na xestión tan-

to no ámbito publico como privado e pertencentes a sectores tan diversos como o administrativo, o cultural, o social, o deportivo, o educativo ou o asociativo. Dentro da lista aparece, nas últimas posicións, Martiño Vázquez, o que fora candidato nas anteriores elecións de "Ourense en Común". Ademais, a voceira nacional, Ana Pontón, está metida de cheo na precampaña ourensá e xa visitou a cidade en varias ocasións. Na última, achegouse ao Campus universitario onde destacou que o BNG é a única garantía de que a cidade das Burgas pase páxina ao "desastre dos últimos" e abre un tempo porque "o PP", advertiu, "non dubidará en aliarse co “alcalde letal con tal de manterse no poder". Pontón asegurou que os nacionalistas ofrecen “a única alternativa que garante que vai haber un proxecto que poña en marcha todo o potencial que ten a cidade, que colabore para crear novas sinerxías coa universidade, para construír unha cidade capaz de aproveitar todo o seu potencial. “Entendemos que para o futuro de Ourense e o futuro de Galiza a universidade pública é fundamental”, concluíu.

Ana Pontón

que os nacionalistas “ofrecemos a única alternativa que garante que vai haber un proxecto que poña en marcha todo o potencial que ten a cidade”

3 Barrios 11 de abril 2023 TEMA DA SEMANA
asegurou
O equipo de DO que conforman o equipo de Goberno. Natalia Beneitez e Paco Rodríguez anunciando as medidas estrela do PSOE. O BNG revelou os nomes que faltaban para completar a lista para as eleccións.

EN BREVE

4 Rueiro en feminino

Baixo a premisa de que “o que non se nomea non existe”, a Concellería de Igualdade do Concello de Ourense presentou o libro “O rueiro que queremos: feminino e plural”. Unha proposta para nomear novas rúas e espazos públicos da cidade ao tempo que un acto de xustiza coas mulleres ourensás que transcenden e transcenderon en diferentes campos e disciplinas, pero que non acadaron a merecida visibilidade.

4 Vivendas Xunta

A Xunta acaba de adquirir por un importe total de case 370.000 euros os inmobles emprazados nos números 8 e 16 da rúa Colón, en Ourense. A finalidade é a de proceder á súa rehabilitación e cualificar como de promoción pública as vivendas resultantes, que se adxudicarán en réxime de alugueiro entre as persoas inscritas no Rexistro de demandantes de vivenda de Galicia.

4 Obras

O Concello completa as obras de acondicionamento do firme de tres rúas no perímetro rural: Camiño de Rego, Paseo Lontreira e Rúa de Ousende. Os proxectos supuxeron un investimento total de 100.000 euros.

O Car Outlet amosará máis de 400 coches

4 A quinta edición celébrase do 14 ao 16 de abril en Expourense.

Redacción

Expourense acolle esta fin de semana, entre o 14 e o 16 de abril, o 5º Car Outlet Ourense que ofrecerá as mellores oportunidades do mercado de vehículos de ocasión e segunda man con todas as garantías que brindan os concesionarios oficiais. Reunirá un total de 24 marcas representadas a través de 15 concesionarios asociados e mostrará máis de 400 coches con ofertas moi especiais.

Este salón ofrece numerosos vehículos que representan os catro eixos do mercado de ocasión: os quilómetro cero (novos que se venden así

por obxectivos comerciais que indica o fabricante); vehículos de servizo (demostración ou cortesía) con antigüidade de ata 1 ano e con 15.000 quilómetros de media; seminovos (ata 5 anos de froito de renting empresarial ou operacións financeiras con garantía de recompra); e o de ocasión (que foi empregado por un particular e entregado no concesionario a cambio doutro).

Horario

O horario de apertura do salón será venres 14 de abril de 11.00 a 20.30 h., sábado 15 de 10.00 a 20.30 h. e o domingo 16 de abril de 11.00 a 20.00 h. A entrada terá un custo de 3 euros, sendo gratuí-

ta para os menores de 12 anos. Para facilitar a elección do vehículo, o salón conta con Servizo de Ludoteca Gratuíto que terá o seguinte horario: venres 14 de 17.00 a 20.30 h.; sábado de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 h. e domingo de 12.00 a 14.00 h. e de 16.30 a 20.00 h.

Regresa o Concurso de Pinchos

4 Celébrase do 21 de abril ao 1 de maio.

Redacción

O Concurso de Pinchos regresa a Ourene do 21 de abril ao 1 de maio (ambos inclusive). Serán 50 locais os participantes nesta ocasión. Aínda que na súa maioría están ubicados no Casco Histórico, tamén os hai do Ensanche, na avenida de Bos Aires, no barrio de San Francisco, zona universitaria, A Ponte, zona do Hospital e do Couto. O prezo do pincho non poderán ser inferior a 2,50 euros, nin superar os 3,50.

Premios

Unha comisión avaliadora seleccionará os 8 pinchos finalistas que competirán na final da categoría do Xurado Profesional. Esta celebrarase

o luns, 8 de maio, no Centro Comercial Ponte Vella, cando os finalistas deberán cociñar en directo ante o xurado profesional. Concederanse tres premios do Xurado Profesional e un accésit ao pincho máis creativo, un premio do público e o premio Pincho Celíaco.

Ademais, coma en edicións anteriores, poderase participar na elección do premio do público votando con papeletas seladas por un mínimo catro establecementos participantes. Non hai limite na participación por cliente, e os premios van desde vales de compra a produtos típicos proporcionados polas entidades colaboradoras.

Toda a información en saboresdeourense.turismodeourense.gal/.

4 Barrios 11 de abril 2023 CIDADE
As 24 marcas presentes ofrecerán vehículos quilómetro cero, vehículos de servizo, seminovos e de ocasión
Presentación do Car Outlet Ourense. O Salón de Plenos do Concello de Ourense acolleu a presentación da sétima edición do Concurso de Pinchos.

Galicia vacinará contra o virus respiratorio sincitial

4 A sanidade galega será a primeira do mundo en incorporar a inmunización fronte o VRS.

Redacción

A sanidade galega será a primeira do mundo en incorporar a vacina contra o virus respiratorio sincitial. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, foi quen anunciou esta medida que converte á sanidade galega na primeira do mundo en incorporar ao seu calendario vacinal a inmunización fronte ao virus respiratorio sincitial (VRS).

Estudos clínicos desvelaron que este virus pode infectar ao 90% dos bebés menores de dous anos e causa bronquiolites e pneumonías. Ademais, o mesmo está na orixe de 1.000 hospitalizacións (cunha estadía media de 6 días) e de máis de 10.000 consultas pediátricas cada ano en Galicia.

A revista médica New England Journal of Medicine publicou que este anticorpo monoclonal, fronte ao VRS, evita en torno ao

80% das asistencias médicas relacionadas co virus e das hospitalizacións infantís causadas por bronquiolites ou pneumonías.

O presidente Rueda indiciou que "neste inverno, particularmente complexo, comprobamos o impacto que o VRS pode

ter nos lactantes", unha poboación "na que practicamente se duplicaron as hospitalizacións causadas por este virus”, afirmou.

Adquisición vacinas

Á luz desas cifras, comezouse a traballar -baseándose nas recomen-

dacións dos técnicos da Consellería de Sanidade e do comité asesor de vacinas do Sergas e co aval da Asociación Española de Pediatría- na adquisición desta vacina desde o primeiro momento no que foi aprobada pola Axencia Europea do Medicamento.

A Dirección Xeral de Saúde Pública licitará, nas vindeiras semanas, a adquisición desta nova vacina, que se prevé comezar a dispensar en outono deste mesmo ano, antes da época con maior impacto do virus respiratorio sincitial.

Ampliación da vacina fronte ao rotavirus

Así mesmo, o Consello deu luz verde á ampliación da vacina fronte o rotavirus. Ata agora, no que a lactantes se refire, só se administraba gratui-

tamente a bebés prematuros, para facelo, a partir de agora, a toda a poboación infantil menor de dous anos. Este virus provoca unha gastroenterite que afecta especialmente aos máis pequenos, sendo o 85% dos hospitalizados por esta doenza menores de 2 anos.

Investimento

Incorporar estes dous preparados ao calendario vacinal infantil suporá un investimento anual de 5,1

millóns de euros. Isto fai que a cifra total destinada, por parte da Xunta, a vacinas ascenderá aos 34 millóns de euros anuais.

Grazas a esta medida

“Galicia dá unha nova mostra do seu compromiso coa inmunización e reforza un calendario vacinal infantil que xa é o máis avanzado e completo do mundo”, subliñou o presidente autonómico.

Cómpre lembrar que en 2022 comezou a administrarse de xeito pioneiro en España, a vacina fronte ao meningococo B aos bebés a partir de dous meses de idade, ampliouse a protección fronte ao virus do papiloma humano a todos os nenos varóns de 12 anos e ofreceuse a antigripal tetravalente a todos os menores de 5 anos.

Agárdase

comezar a dispensar a vacina no outono deste mesmo ano,

4 Virus sincitial respiratorio

Estudos clínicos desvelaron que este virus infecta ao 90% dos bebés menores de dous anos e causa bronquiolites e pneumonías.

Este virus está na orixe de 1.000 hospitalizacións (cunha estadía media de 6 días) e de máis de 10.000 consultas pediátricas cada ano en Galicia

Se ben é certo, que o virus sincitial respiratorio aseméllase ao un resfriado común (cunha curación, sen maior complicación, dunha semana), tamén é certo que o aumento destas infeccións fai que moitos dos bebés que o padecen precisen de hospitalización, xa que pode derivar en complicacións que provoquen bronquiolitis ou pneumonía. Tamén o padecen persoas maiores e/ou con outras patoloxías.

Por norma xeral, esta enfermidade viral ten síntomas leves. Porén, poder

ser que se compliquen algúns casos e conleve infeccións pulmonares de certa gravidade.

No tocante aos síntomas, estes tardan en aparecer uns cinco días e entre eles están: febre, conxestión nasal, espirrar moi repetidamente.

Ao ser un virus respiratorio, a súa transmisión pode chegar a través do aire; ao tocar algo e logo levar a man boca, nariz ou ollos; ou ao estar en contacto directo cunha persoa contaxiada. Estas, serán contaxiosas durante, alomenos, unha semana.

5 Barrios 11 de abril 2023 SOCIEDADE
Incorporar estes dous preparados ao calendario vacinal infantil suporá un investimento anual de 5,1 millóns de euros.
antes da época con maior impacto do virus

XINZO DE LIMIA

EN BREVE

4 Bus escolar

O bus escolar dos IES Lagoa de Antela e Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia reducen tempos, grazas a un axuste das rutas e á optimización de chegadas aos centros e das saídas ao remate da xornada lectiva. Das 15 liñas beneficiadas o tempo recurtado estará entre os 4 e os 30 minutos.

4 Videomarcador

O pavillón de deportes de Xinzo conta cun novo marcador electrónico. A pantalla led ten unha dimensión de 3x2 e chega grazas a unha subvención da Xunta.

4 Centro de Día

O Concello de Xinzo executará as obras de reparación (duns 50.000 euros de custo) da cuberta do centro de día, grazas a un acordo coa Xunta de Galicia. Os traballos consistirán en protexer da auga da chuvia as fachadas e cubertas e da súa execución encargarase o Concello de Xinzo.

4 Praza Xoán XXIII

O Concello renova a praza Xoán XXIII instalando novas xardineiras con camelias e petunias brancas, colcando dúas papeleiras e rehabilitándo os bancos.

4 Asociación Mimiños

O Concello de Xinzo cede o uso dunha aula da Casa da Cultura á Asociación Mimiños para levar a cabo actividades de apoio a pais e nais. Lactancia materna, alimentación complementaria, crianza con apego ou disciplina positiva son só algúns dos temas sobre os que se ofrecerá asesoramento nestas instalacións.

4 Río Limia

A CHMS eliminará as verteduras incontroladas (das zonas do antigo matadoiro Rubio, da estrada de Baltar e avenida de Portugal, piscinas municipais, pavillón e resto de instalacións deportivas) ao río Limia canalizándoos cara á EDAR.

O reto da reciclaxe

Xinzo súmase á iniciativa “Únete ao reto” que busca incrementar nun 10% -con respecto ao ano anterior- a reciclaxe de envases de plástico, latas e bricks en contedores amarelos. Para cumprir os obxectivos desta iniciativa, que se leva a cabo en colaboración coa Xunta e Ecoembes, ofreceranse actividades de concienciación nas rúas ata o 30 de xuño. Haberá unha programación especial nas rúas para dar a coñecer a importancia e o beneficioso que para o medio ambiente pode ser a reciclaxe. Así, instalaranse contedores xigantes e realizaranse actividades.

Se se consigue o reto, o concello recibirá como recompensa 1.500 euros, cantidade que deberán destinar á causa social que elixan.

Escola Rural de Saúde

Redacción

A Asociación Escola Rural de Saúde da Limia uniuse aos recoñecementos que recibiu Genoveva Vázquez Calviño “a partureira do pobo”.

O traballo da Escola Rural sobre Genoveva Vázquez Calviño iníciase en xuño de 2021 a partir da realización dun artigo sobre a súa persoa e as “Exposicións Mulleres Símbolo”, tendo continuidade no recoñecemento por parte da Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, en 2022 durante a “Xornada Invisibilizadas para o Medicamento” e a súa inclusión no Museo do Médico Rural de Maceda polo Dr J. Manuel Lage Parente. Durante o ano 2023 continúa coas charlas que por Maceda, Xinzo de Limia, Arnuide,

Sarreaus, Porqueira e Ganade realizáronse coa Programación “Visibilizando a saúde das mulleres” onde se destaca a entrega de Genoveva ás mulleres nunha época con serias dificultades nos partos e a saúde de mulleres e nenos.

Este foi un proxecto realizado co apoio da Secretaría Xeral de Igualdade; a Valedora do Pobo, Dolorez Fernández Galiño; a Deputación Provincial de Ourense; o Dr Lage Parente; o Museo do Médico Rural; o traballo da psicóloga Rosa Trujillo e a coordinación de Lola Rico.

Xinzo de Limia

O Concello de Xinzo tamén homenaxeou, a título póstumo (faleceu en 1971) nestas datas á matrona. Tralo acto institucional celebrado na Casa Consistorial, procedeuse a descubrir unha placa na casa onde viviu, na rúa Serra de Manzaneda.

Medalla do concello para Cristina Margusino

A médica Cristina Margusino recibiu a Medalla do Concello de Xinzo de Limia, nun emotivo acto no que se destacou o seu traballo incansable a prol da humanización da medicina e o seu compromiso polo rural.

Margusino, que traballou 11 anos no centro de saúde da vila, foi arroupada durante o acto por numerosos veciños e veciñas. Cristina Margusino agradeceu o recoñecemento e, facendo gala da súa humildade, asegurou que “non teño máis mérito que exercer a medicina con responsabilidade”.

Plan de Igualdade

Redacción

Xinzo xa conta o 1º

Plan de Igualdade participativo e feminista. Nos últimos meses dirixiuse á poboación unha enquisa para analizar, con impacto de xénero, a situación do concello e para levar a cabo medidas que avancen en favor da igualdade.

O plan conta con catro principios reitores: A transversalidade para ga-

Pleno de abril

O pleno do Concello de Xinzo -por unanimidade- aprobou a cesión temporal da Casa Rectoral de Santa María Mosteiro de Ribeira para uso veciñal e o acondicionamento da súa planta superior (a parte baixa utilízase como tanatorio).

Tamén co acordo de todos os grupos saíu adiante o expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito para facer fronte ao pago de facturas polo incremento do custo da luz e do gas e que ascenden a 180.000 euros. Ademais, incorporarase ao presuposto, con cargo ao 2023, o pago de 29.000 euros en facturas, a maior parte para o bono social de electricidade.

rantir que a igualdade estea presente en tódalas políticas e programas municipais; o deseño de accións positivas para corrixir as fendas de xénero; feminismo como movemento para o avance cara a igualdade real; e liderado institucional e político como elemento esencial para o impulso das medidas e actividades en todos os ámbitos de actuación.

O documento presenta un total de 200 accións específicas en 9 ámbitos de intervención e 62 medidas.

6 Barrios 11 de abril 2023
Presentación do Plan de Igualdade. Contedor amarelo na praza Carlos Casares. A corporación municipal de Xinzo no pleno de abril. Cristina Margusino firmando no libro de honra do Concello de Xinzo de Limia. Lola Rico e Rosa Trujillo, coordinadora e psicóloga do proxecto levado a cabo pola Escola Rúral.

O PSOE confirma a Teresa Barge como candidata

4 Substituirá a Julio Vázquez García, anterior candidato.

Redacción

O PSOE vén de confirmar que Teresa Barge será a candidata socialista á alcaldía de Celanova, e así, converterse na primeira alcaldesa da historia da vila. A actual concelleira de Novas Tecnoloxías, Participación Cidadá, Promoción Empresarial, Mobilidade, Igualdade e Integración Social substituirá a Julio Vázquez, quen se presentara como candidato nos anteriores comicios. Barge destaca que se presenta coa intención de “traballar polo municipio con dilixencia e honestidade, e coa obriga de escoitar e de facer o mellor por Celanova”. Ademais, fai fincapé en que se ten "a forza e a capacidade para dar o impulso definitivo a Celanova, sen crispar a ninguén, mobilizándonos en contra das ameazas e das parcialidades”

“Todas e todos somos conscientes do que pode e debe chegar a ser Celanova e a súa comarca e levamos as ideas claras de apostar polo noso entorno rural, polo apoio a crea-

ción de empresas locais, polo comercio, pola hostalería, polos profesionais de cada sector, pola saúde social de cativos, mozos e maiores, pola igualdade sen etiquetas, polo impulso á inserción, polo respecto aos animais, polo engrandecemento turístico, pola mellora estrutural de cada recuncho da nosa vila e pola loita pola mobilidade”, afirma Teresa Barge. A cabeza de lista do PSdeG-PSOE nos comicios electorais de maio tamén destaca en querer seguir traballando "polo meu concello, seguir coa miña vocación de colaborar, de escoitar, de acompañar e de dar a man, tal e como amosei como concelleira ao longo destes catro anos”.

Buciños, premio Celanova, Casa dos Poetas

4 Pola súa longuísima traxectoria no cumio principal da arte escultórica galega.

Redacción

O xurado do premio “Celanova, Casa dos Poetas”, presidido por Antonio Puga Rodríguez, logo de teren deliberado sobre as propostas internas presentadas e valoradas as súas traxectorias vitais no campo da defensa da cultura galega e de Galicia decidiu, por unanimidade, concederlle o 39º Premio “Celanova, Casa dos Poetas” a Manuel García Vázquez, coñecido artisticamente como “Manuel Buciños”, pola súa "longuísima traxectoria no cumio principal da arte escultórica galega, como transformador que ten sido das formas lisas e apacibles da madeira, o bronce e a pedra, que se mimetizan subliminalmente coas da nosa propia orografía das nosas serras e das que emerxen figuras que transmiten sensibilidade e harmonía dun xeito moi persoal”, ralataba o xurado.

Desde a Fundación Curros Enríquez din ter, ata agora, "unha eiva aberta sen a presencia de Manolo Buciños no cadro

Pleno de Celanova

Redacción

O pleno de Celanova aprobou, por unanimidade, o primeiro plan de obras municipal. Este traerá proxectos de saneamen-

to e a construción dunha senda fluvial na Corga de Sampil. A pesar dos votos a favor, o PP dixo ter o concello outras necesidades, e o BNG acusou ao rexedor de non cumprir acordos durantes estes catro anos. Pola súa banda, Antonio Puga dixo mello-

de honra do seu Padroado" queréndoa saldar definitivamente neste ano "no que se cumpre o centenario da declaración da Capela de San Miguel como Monumento Histórico Nacional, coa incorporación do autor da fermosísima escultura do fundador de Celanova, San Rosendo, a ese prestixioso cadro de honra".

Fundación

O Padroado da Fundación Curros Enríquez presentou os seus datos de 2022 destacando as máis de 13.700 persoas atendidas pola Fundación datos motivado polas actividades e servizos que a entidade desenvolveu en diversos lugares como son a Casa dos Poetas, o Mosteiro de San Rosendo e a Torre de Vilanova dos Infantes e que volven aos resultados de antes da pandemia. Destacando en especial a recepción de case máis de 200 grupos concertados entre escolares, asociacións e axencias de viaxe, entre os que destacaron a presencia de grupos de escolares de primaria e infantil para os cales se adaptou a oferta creando, entre outras ini-

rar, estas actuacións, a calidade de vida dos veciños. Ademais, o pleno aprobou o plan de prevención e defensa contra os incendios e dúas mocións -do BNG- no tocante ao reforzo da atención primaria e a actuacións pola igualdade real de homes e mulleres. Pleno

ciativas, un contacontos con órgano e promovendo o xogo de pistas na casa familiar de Manuel Curros Enríquez. Ademais de retomar o programa escolar “Ven coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio”, a Casa dos Poetas acolleu xa normalmente exposicións, presentacións de libros, conferencias e proxeccións que enriqueceron a proposta cultural da vila ó longo de todo o pasado ano. A mesma liña de actividades vaise manter para o 2023, polo que se prevé manter a liña dos 10.000 visitantes anuais. Ademais, se prevé que se redefina a “Ruta Currosiana” cuxo trazado se vira afectado pola construción da autovía. Tamén se tomará pulo na edición da obra de Manuel Curros Enríquez para a súa divulgación.

Máis de 13.700 persoas atendidas pola

Fundación

Curros Enríquez durante o 2022

EN BREVE

4 Mareas de coñecementos

Celanova volve a participar mo programa universitario de maiores da Universidade de Vigo con tres seminarios para maiores de 50 anos.

O primeiro deles chámase “A Saúde é o que importa” e impartirase os días 19 e 20 de abril. O segundo dos seminarios tratará sobre “Arte e historia” e darase os días 25 e 27 de abril. E rematará esta programación cun terceiro seminario que se celebrará os días 3 e 4 de maio e levará por título “Como entender os impostos”. Máis información no Concello de Celanova, no teléfono 988 43 14 81 ou na web maiores.uvigo.es.

4 Actividade dixital

Os días 14, 15 e 16 de abril realizarase na praza Maior de Celanova (de 10.30 a 14 e de 16 a 19.30 horas) actividades, obradoiros e sesións formativas gratuítas sobre “Competencias dixitais básicas”.

4 VII Trail de Celanova

Este sábado, 15 de abril, Celanova acolle o seu sétimo trail. A saída será ás 16 horas e haberá tres modalidades: o trail longo (22 quilómetros); o trail curto (de 13 km) e unha andaina de 13 quilómetros. A chegada e meta estarán ubicadas na praza Maior.

4 A Bola

A Xunta inicia as obras dun novo treito da senda de aldea de Ferreiro, na OU-300, na que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vai investir preto de 40.000 euros.

7 Barrios 11 de abril 2023 CELANOVA
Barge destaca que se presenta coa intención de “traballar polo municipio con dilixencia e honestidade”
Teresa Barge, candidata do PSOE en Celanova. O xurado do premio, “Celanova, Casa dos Poetas”. do mes de marzo do Concello de Celanova.

Galicia: paraíso das fervenzas

4 Un catálogo recolle unha escolma das máis destacadas da comunidade.

Redacción

A Xunta de Galicia vén de presentar en Fitur o catálogo "Fervenzas de Galicia, Poema Visual", no que se demostra que a nosa comunidade é un destino de excelencia, con experiencias e vivencias únicas. O catálogo das fervenzas galegas é froito do traballos de dous anos nos que se reúnen e clasifican saltos de auga distrubuidos polas catro provincias galegas.

O Goberno galego pretende un turismo de calidade e sostible, o que casa perfectamente co potencial turístico dos numerosos saltos de auga que hai por toda a xeografía galega.

Singularidade

En Galicia a auga non é un ben escaso, pero si é un ben prezado. Un territorio delimitado polo oceáno Atlántico polo seu lado oeste e polo mar Cantábrico na súa vertente norte, é a porta de entrada a frecuentes frontes tormentosas que o regan con abundancia. Na súa orografía crebada, as mainas costas conviven con altas

montañas que, nalgúns casos, superan os 2.000 metros de altitude. Os seus ríos, regatos, torrentes e mananciais atopan no seu percorrido frecuentes dificultades que furan ou salvan creando espectaculares cadoiros de auga.

A distinta dureza dos materiais xeolóxicos, as rupturas abruptas provocadas polas fallas e o efecto dunha paseniña erosión sobre os leitos fluviais

O catálogo das fervenzas galegas é froito do traballos de dous anos nos que se reúnen e clasifican saltos de auga distrubuidos polas catro provincias galegas

conforman atractivas paisaxes dominadas pola presenza da auga. A numerosa existencia de fervenzas en Galicia ponse de manifesto nas ducias de palabras galegas que temos para denominalas: fervenzas, férvedas, fírvedas, freixas, fechas, ficheiras, chorreiras, cadoiros, saltos, cachóns, callóns, cachoeiras, abanqueiros, ruxidas, ruxidoiras, rexedoiras, cenzas, caeiras, pincheiras, seimeiras, ... Resulta difícil determinar o número exacto de pincheiras que agocha o noso patrimonio natural. Arroios, torrentes, regatos e afluentes abrázanse e escorregan por Galicia en

centenares de fervenzas.

Pero non só se trata da potencia visual destes escenarios naturais, senón tamén dos seus sons, os seus xogos de luces e sombras, a humidade permanente e a vexetación que se acubilla nestas contornas. Todo iso converte ás fervenzas en lugares máxicos onde experimentar unha especial conexión coa natureza.

Tipos Nesta guía recóllese unha escolma das que se poden considerar as máis salientables, clasificadas en 13 grupos segundo a característica que mellor as define: a súa altura, o seu abondoso caudal, a formación de pozas, de escorregadoiros...

As páxinas do catálogo convidan a mergullarse nun poema sensorial de extraordinaria beleza, no que alternan uns textos breves e concisos cunhas espectaculares fotografías.

O catálogo pódese visitar na web turismo.gal onde se clasifican as distintas fervenzas en varios tipos segundo as súas características. Estas son algunhas das máis destacadas de cata tipo. Altas e elegantes: ola do cenza e poza da Moura (Vilariños de Conso), a de Codeso (Boqueixón) e a de Santa

Mariña ou de Graba (Silleda); Auga abondo: do Barbantiño (Maside), do Xestosa (Ourol), e a máis coñecida alén das nosas fronteiras a do Ézaro (Dumbría); Cadoiros verticais: da Cidadella (Vilardevós) e Pozo do Inferno (Ortigueira); Cola de cabalo: da Graña (Forcarei) e de Brañas (Toques); A máis galega: neste apartado está a fervenza do muíño da Serra ou do Pereiro, formando esta unha xigante letra X (ubicada en Boqueixón); Entre bosques: de Gosolfre (Mazaricos), das Campaíñas (Cuntis) ou a da Mazoca (A Capela); Entre corgas: da Fecha (Lobios), de Hérvedo (Cuntis) ou do Fondós (Chantada - Carballedo); Augas bailadeiras: Pincheira de Portomao (O Barco de Valdeorras), do Rexedoir (Val do Dubra) ou dos Casariños (Fornelo de Montes); Para os máis afoutos: Poza da Seima (Lobios); da Grada (Folgoso do Courel) oo do Pombar (Quiroga); Pequenas pero xeitosas: Caldeiras do río Castro (Muxía), de castriz (Santa Comba),

ou de Vilariño (Calvos de Randín); Pozas mergulleiras: das Olas (Lobios), da Ferida (Xove - Viveiro) ou Pozo da Onza (O Valadouro); Laxes escorregadeiras: da Misarela (A Pobra do Caramiñal), de Segado (Caldas de Reis) ou a Freira das Laxes (Moraña); e Fontes rebuldeiras: Pozo do Inferno (Crecente), da Cadarnoxo (Boiro) ou a de Ribaiseira (Porto do Son). Agora podes ver o espectácular catágolo con vídeos e fotografías, pero,... por que non vivir por ti mesmo esta experiencia a próxima vez?

As fervenzas están clasificadas en 13 grupos segundo a característica que mellor as define: a súa altura, o seu abondoso caudal, a formación de pozas, de escorregadoiros...

8 Barrios 11 de abril 2023 TURISMO
Fervenza do Rego da Portorosa (Aranga). Fervenza da Graña (Forcarei). Fervenza de Veris ou do Zarzo (Irixoá).
9 Barrios 11 de abril 2023 PUBLICIDADE

EN BREVE

4 Biblioteca A Biblioteca Municipal de Allariz organiza, o venres, 21 de abril ás 17 horas, un obradoido para a cativada de entre 5 e 10 anos para festexar o Día Internacional Do Libro. A inscrición realiazarase entre o día 17 e 20 na Casa da Cultura; no correo cultura@allariz. gal; ou no teléfono 988 440 859.

4 Casa da Cultura

Este venres, 14 de abril, a Casa da Cultura de Allariz acolle a presentación do libro “A saga das curandeiras”, de Marisa Castro Cerceda. Será a partir das 20 horas e a autora estará acompañada do Tenente de Alcalde, Bernardo Varela.

4 Campus Sporty

O Campus Sporty celebra a súa maioría de idade coa edición deste ano que terá lugar do 1 ao 13 de xullo nas instalacións do Seixo. O campus congregará a máis dun centenar de rapazas e rapaces deentre 6 e 15 anos.

4 Fogar dos Maiores

O venres, 21 de abril, ás 11:30 horas, o Fogar dos Maiores de Allariz acollerá unha nova sesión de “Toponimízate”. Máis información no teléfono 988 554 059 ou no mesmo lugar de celebración do evento.

4 Pleno

Este venres, hai pleno extraordinario para aprobar a liquidación do orzamento 2022, ademais de solicitar que se poña a disposición da Xunta de Galicia unha parcela para o novo centro de saúde.

Primavera na mocidade

Redacción

Allariz ten programadas unha serie de actividades, durante a primavera, para a mocidade.

As actividaes comezan este 15 e 16 de abril cunha mirada ao ceo con “Desta vai! voltamos a Trevinca”.

Reunión para ultimar os detalles da Festa do Boi

4 A celebración, que cumpre o seu 40º aniversario, levarase a cabo do 3 ao 11 de xuño.

Redacción

Integrantes da Asociación Cultural Xan de Arzúa, encargados da organización da Festa; Antonio Blanco, representante da Fundación Vicente Risco; acompañados pola alcaldesa, Cristina Cid, reuníronse para ultimar os detalles da Festa do Boi deste ano, que terá lugar do 3 ao 11 de xuño.

Ademais, presentouse a imaxe desta nova edición que foi froito dunha colaboración coa Fundación Vicente Risco. Con motivo do 60 aniversario do falecemento de Vicente Risco, a Fundación cedeu uns debuxos de Vicente Risco nos que aparecen representados gando vacún, feiras ou escenas do rural. Ademais utilizáronse tamén para o pano, as camisetas e para a programación.

Cabe destacar, que este 2023 tamén se cumpren os 40 anos da recupera-

O día 21 de abril haberá un obradoiro de billar e o día 29, un campionato de Risk.

Maio

No mes de maio terá lugar o campionato de Logaliza (do 1 ao 20); unha ruta ata Penamá (día 6); cinema en galego (día 7); un concerto (o día 16); en unha xornada de mecánica báis-

ción da Festa. Corría o ano 1983, cando un grupo de mozos alaricanos decidiron recuperar que un boi percorrera as rúas de Allariz. Polo que a programación será moi especial.

Actividades

Durante os nove días desenvolveranse máis de 50 actividades. Música, teatro, actividades infantís, encontros populares e, por suposto, as saídas do boi -todos os días- centrarán, un ano máis, a programación festiva.

A Asociación Xan de Arzúa aposta polo carácter cultural e histórico da festa potenciando actividades como a procesión medieval na que participan máis de vinte gremios. Arredor de 600 persoas ataviadas cos seus respectivos traxes representan, de xeito divertido, a orixe da Festa do Boi.

Os nenos e nenas terán o seu espazo na Festa coa programación de actividades como as saídas do boi

ca en bicicleta (o día 27).

E para xuño está previsto o día 17 o obradoiro “Creando cultura”, e o día 24 a actividade a realizar será “Penaventura, repetimos!”. Salvo as saídas ao monte, o resto da programación será de balde.

A información e inscricións estarán dispoñibles no correo mocidade@allariz.gal.

Educación sexual Redacción

Remata con éxito un ano máis o ciclo de educación sexual nos centros educativos de Allariz.

Entre o mes de febreiro e principios de marzo, levouse a cabo o ciclo de educación sexual que o Concello de Allariz oferta dende hai varios anos, para os cursos de 6º de Primaria do Colexio Padre Feijoo, e 2º e 4º da ESO do IES de Allariz. Ademais, este ano como novidade realizouse un obradoiro para profesorado de primaria.

nados coa puberdade e a adolescencia. Traballouse en contidos relacionados co feito de ser sexuados e sexuadas, e as implicacións que ten para nós e para as relacións que establecemos para a convivencia. Reflexionouse sobre os cambios nos corpos e nas relacións, e introducíronse ideas que aportaron un maior coñecemento para axudar a un mellor entendemento de cousas que poden pasar, e que inflúen no mozo/a. Ideas como o feito de ser sexuados e diferentes, as ideas de amizade, do gusto polo outro/a, das ideas de parellas, etc.

infantil, o espectáculo de monicreques creado polos centros de ensino de Allariz, o Pistaboi, a merenda infantil ou o espectáculo teatral O estrano caso do dentista da rúa Brasov.

A música, como é habitual, terá unha importante presenza contando con grupos de gaiteiros, charangas e orquestras, e os tradicionais Zés Pereiras, entre outros.

A Festa do Boi conta cun orzamento de arredor de 82.000 euros, sufragado pola achega voluntaria dos veciños e veciñas, comerciantes e hostaleiros de Allariz aos que porta por porta se lles pide contribución, así coma entidades colaboradoras.

Durante os

O ciclo impartiuno a educadora familiar do Concello de Allariz, e tivo como finalidade traballar, a partir de intervencións curtas, contidos da disciplina sexolóxica relacio-

Contidos todos eles traballados dende unha actitude comprensiva, entendendo e valorando a diferencia e cultivando así a convivencia, obxectivo final deste tipo de intervencións por parte do Concello.

FIXA

Redacción

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz ten elexido tema para a edición de 2024. “O xardín é unha obra de arte” será o título da 14ª edición e sobre el deberán xirar as propostas que concursarán no vindeiro ano. Con este lema preténdese extraer os avances e innovacións que as distintas correntes artísticas inocularon na sociedade: o impresionismo, o cubismo, o surrealismo, etc.

Entre todas as propostas recibidas (o prazo de

presentación das novas propostas estará aberto ata o 30 de novembro), un xurado de expertos no que están representadas as organizacións máis importantes do paisaxismo: asociacións, profesionais, deseñadores, artistas e o sector comercial, elixirá 10 proxectos de xardíns que serán executadas e exhibidas como finalistas na edición de 2024. Estes 10 xardíns competirán polo voto dos visitantes, máis de 40.000 persoas.

O concurso está aberto a todas as persoas que desexen participar e as súas bases están dispoñibles en https://www.allariz.gal/ festival/concurso-2024/.

10 Barrios 11 de abril 2023 ALLARIZ
Presentación da Festa do Boi de Allariz. Escolares participando no ciclo de educación sexual. Cartel do FIXA de 2024.
nove días desenvolveranse máis de 50 actividades

Saneamento en Ramirás

4 A CHMS firma un convenio co concello.

Redacción

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), e Isabel Gil, alcaldesa de Ramirás, asinaron un protocolo que ten por obxecto establecer o marco de colaboración futura entre as partes, para o financiamento, posta a disposición dos terreos, execución e entrega das actuacións que se incluirían nun proxecto de conexión das augas residuais dos núcleos da Partida e Margarideiros coa rede municipal do núcleo do Castro. Na actualidade, estes dous núcleos rurais non dispoñen dun adecuado sistema de depuración das súas augas residuais. Por outra banda, o núcleo do Castro dispón de equipo de depuración con capacidade suficiente para tratar as augas residuais doutros núcleos.

Colaboración

Dita colaboración entre ambas as administracións, fará que a Confederación cofinancie as actuacións

necesarias para a execución de novas redes de colectores que enlacen as augas residuais da Partida e Margarideiros coa rede do núcleo do Castro de tal maneira que as súas verteduras se traten na depuradora de augas residuais deste núcleo. Estas actuacións, que supoñen un investimento de 572.000 euros, mellorarán a calidade das augas e dos ecosistemas fluviais afectados polas deficiencias do saneamento actual.

Ribadavia Ademais, en Ribadavia, o CHMS mellorará as áreas recreativas de Francelos, San Cristobo e Ventosela. As obras consistirán en mellorar a drenaxe, pavimento e acceso, dotar de rego por aspersión para a rexeneración e mantemento de zonas verdes, colocación do novo mobiliario, xogos biosaudables e iluminación. O investimento estimado supera os 235.000 euros.

Expourense en Braga

Redacción

A 55ª edición de AGRO, a Feria Internacional de Agricultura, Gando e Alimentación, que se celebrou na localidade portuguesa de Braga, contou coa presenza de Expourense.

O recinto feiral ourensán contou cun stand dende o que promocionaron as súas

vindeiras citas vencelladas ao sector primario e ao turismo e nas que o mercado portugués xoga un importante papel. As dúas entidades levan máis de 20 anos colaborando para garantir a promoción dos seus recursos nos eventos organizados e que están vencellados co termalismo, a gastronomía, o turismo activo ou o viño, potencialidades que comparten as dúas áreas da Eurorrexión.

EN BREVE

4 Vilamartín de Valdeorras

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, anunciou a licitación das obras na igrexa de San Pedro de Correxais, en Vilamartín de Valdeorras. Trátase dun investimento de 127.000 euros e terá un prazo máximo de execución de 5 meses. Trátase da restauración das bóvedas de cruzaría elaboradas en madeira das capelas laterais do cruceiro.

De sanatorio

a centro contra os lumes

4 Xunta e Deputación presentan o Centro integral de loita contra o lume de Toén.

Redacción

A Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense presentan o Centro integral de loita contra o lume de Toén -ubicado no antigo sanatorio-. Neste senso, a Deputación Provincial comprometeuse a arranxar os accesos ao Centro, no mesmo día no que se inauguraron as novas pistas de adestramento para vehículos todoterreo e motobombas do complexo, e que se entregaron 13 motobombas (con capacidade mínima para dúas persoas e 3.500 litros de capacidade útil de auga) ao Servizo de prevención e extinción.

González puxo de relevo o compromiso entre ambas administracións pola súa anticipación aos lumes, na liña de cooperación establecida con outras cuestións como os convenios asinados recentemente entre a Consellería, a Deputación e 13 concellos para a dotación de maquinaria de prevención de incendios forestais.

A visita ao Centro integral de loita contra o lume de Toén serviu para proceder á inauguración das pistas de adestramento para vehículos todoterreo e motobombas, cuxo investimento ascendeu a case 900.000 euros, e que se acompañou de de-

mostracións por parte dos axentes que están a participar nos cursos que se desenvolven no centro.

Pistas

Estas pistas teñen unha lonxitude total de 1.421 metros na que se deseñaron diferentes obstáculos. Así mesmo, acometeuse a execución dunha pequena bancada, unha área para o lavado de vehículos e a iluminación do circuíto. Tamén se procedeu á construción dunha pista de adestramento para o dispositivo contraincendios -cunha lonxitude próxima ao quilómetrona que se alternan unha serie de obstáculos acordes co adestramento deste colectivo.

Formación e investigación

O Centro integral de loita contra o lume de Toén será un centro de referencia para a cooperación, a investigación e a formación continua en materia de incendios forestais, onde se poderán beneficiar bombeiros forestais procedentes de toda Europa e no que se contará cos maiores especialistas no comportamento e análise dos incendios forestais. Así, o investimento previsto para o acondicionamento deste complexo sitúase nos 15 millóns de euros, incluíndo a rehabilitación dos edificios e a ordena-

ción de toda a contorna do centro.

Cabe indicar que a Consellería investiu xa 3,5 millóns de euros neste complexo. Procedeuse á adecuación da contorna do centro, realizando a limpeza, roza e retirada de arborado próximo ás edificacións, o tapado de pozos, arquetas e ocos existentes; así como a construción e mellora de viais de acceso. Tamén se executou o peche en todo o perímetro da parcela orixinal do complexo e procedeuse á plantación de árbores de distintas especies.

O seguinte encargo centrarase na rehabilitación do antigo edificio da lavandería para convertelo nun centro administrativo e de formación de brigadas forestais

Ademais, este centro integral constituirá o eixe central do Plan de formación, centralizando así nun mesmo punto a instrución de todo o Servizo; e instalarase unha aula medioambiental para formar estudantes de toda Galicia.

lonxitude total de 1.421

4 Bande Cinco meses durarán as obras de melloras urbanísticas na praza da Constitución, na zona do mercado e na contorna da biblioteca municipal na localidade de Bande. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello invisten preto de 91.000 euros. O proxecto céntrase en resolver a accesibilidade dos distintos niveis existentes, lonxitudinal e transversalmente. Ademais, a CHMS prolongará a senda do río Badella ao seu paso polo municipio construíndo unha senda de 800 metros e procederase á limpeza do cauce e márxenes. O investimento superará os 380.000 euros, aportando o 80% a confederación e o outro 20% a Deputación de Ourense.

4 Cortegada

A nova vivenda comunitaria municipal de Cortega entrará en funcionamento nestas datas. Esta actuación é froito dun convenio asinado en xullo do ano 2018 entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Concello de Cortegada para o financiamento das obras de adecuación da primeira planta do centro de saúde para darlle uso de vivenda comunitaria municipal. Este novo servizo ten capacidade para 15 usuarios.

4 Arnoia

A Xunta está a executar as obras de reforma da planta baixa e do cambio de cuberta do Centro de Saúde da Arnoia no que se está a investir un total de 107.000 euros.

11 Barrios 11 de abril 2023 PROVINCIA
Panorámica do Centro contra o lume de Toén. /M.REJO. Quiroga e Gil firmando o convenio de colaboración.
As pistas teñen unha
metros nas que se deseñaron diferentes obstáculos

COB

Redacción

O COB rozou a proeza pero non puido vencer a un Palencia que loita, man a man, con Andorra polo ascenso directo a ACB. A pesar da derrota, os ourensáns contan con 10 vitorias o que os sitúa tres por enriba do descenso a falta de seis xornadas.

Este sábado, 15 de abril, a partir das 19 horas, no Paco Paz, os homes de Félix Alonso poden dar o golpe definitivo de cara á salvación. Non o terán fácil, xa que enfronte estará un Alimerka Oviedo necesitado de vitorias para salvar a categoría. Os asturianos contan cunha vitoria menos que os ourensán e están dous por enriba do descenso.

Partido vital para un COB que debe gañar se non quere pasar apuros nas últimas xornadas de competición.

Fútbol sala Redacción

Na Primeira división, o Ourense Envialia recibe esta fin de semana ao Teldeportivo logo de empatar a tres a pasada xornada fronte o Alcantarilla.

Na Segunda o Cidade venceu a domicilio ao 5 Coruña e o filial do Envialia fixo o propio na casa contra o Santidad Banot. Esta xornada as franxiverdes reciben ao Txantrea, mentres que as albinegras visitan a Osasuna.

Sala Ourense

Con catro xornadas por disputar o Sala Ourense está en descenso e a catro puntos da salvación. Este domingo, 12 horas Paco Paz, deben sumar os tres puntos fronte o Unión Arroyo, se queren seguir con opcións de salvar a categoría.

O Arenteiro pode cantar o alirón no Couto

4 Pode ascender esta mesma semana no estadio ourensán diante do Ourense CF.

Redacción

Se o estadio do Couto viviu hai uns meses dúas xornadas copeiras, esta mesma fin de semana pode vivirá outro evento de magnitude: a posibilidade de que o equipo ascenda á Primeira RFEF. Para elo, válelle con empatar ante un Ourense CF moi necesitado de puntos.

O conxunto do Carballiño está a piques de celebrar un ascenso ben merecido, o que falta por saber é cando o certifica. Con cinco xornadas por disputar, os verdes teñen unha vantaxe de 15 puntos con respecto ao segundo clasificado, o Avilés, polo que o empate no Couto ou mesmo a non vitoria dos asturianos daríanlle o ascenso. De todos os xeitos, aínda que non se lograra nesta xornada, quedarían catro máis para sumar un só punto ou que o seu rival polo ascenso non gañe un dos partidos ata o final de tempada; o dito: o ascenso o ten no peto.

Pero en fronte estará un Ourense CF cunha necesidade imperiosa de puntuar se non quere verse descendido a tempada que vén. Os capitalinos

ocupan a décimo terceira posición, unha posición na que dos cinco grupos da categoría os catro peores décimo terceiros xogarían unha eliminatoria pola permanencia. Actualmente, os ourensáns estarían libres de xogala, xa que son o mellor equipo de entre os décimo terceiros clasificados, porén a igualdade é a nota dominante xa que dous deles teñen un só punto menos que os albinegros e outro conta con tres menos.

O estadio do Couto será testemuña directa, este domingo a partir das 16.45 horas, dun dos mellores e máis interesantes derbis ourensáns desde fai anos.

Fóra do deportivo, estase a traballar na seguridade do evento, xa que entre as dúas afeccións serán milleiros os que presencien in situ o encontro. Polo de pronto, o conxunto carballinés solicitou 1.000 entradas que se venderán sen problema.

Terceira

E se na Segunda Federación a emoción é palpable, non o é menos en Terceira.

A Unión Deportiva Ourense ten nas súas mans clasificarse para a promoción de ascenso a 2ª RFEF. Agora ocupa postos de

Ourense Strade Termal

Redacción

promoción (quinta posición) pero hai oito equipos que nas dúas ultimas xornadas teñen posibilidade de meterse na loita polo ascenso.

Vilalbés (cuarto con 42 puntos) e UD Ourense (quinto con 41) son os que ocupan praza de promoción. Por detrás, catro equipos están a tres puntos dos ourensáns e dous a catro, cando restan seis puntos por disputarse.

Esta fin de semana, os unionistas visitan ao Estradense, conxunto que é oitavo pero que en caso de vitoria empataría a puntos cos ourensáns.

Unha vitoria da UD Ourense deixaría medio certificada a participación na fase de ascenso.

Dúas xornadas de infarto na os de Jorge de Dios queren dar unha alegría á súa parroquia vivindo unha nova fase de ascenso.

O partido entre Ourense CF e Arenteiro disputarase o domingo, 16 de abril, no Couto a partir das 16.45 horas

A 6ª edición da “Ourense Strade Termal” que vén organizando o Inorde co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, reunirá a preto de 400 deportistas procedentes de máis de 20 provincias para gozar do “sterrato” nesta proba única na provincia de Ourense que se celebrará este domingo, 16 de abril.

Esta nova edición levará aos cicloturistas apaixonados do “sterrato” a descubrir fermosas paraxes da Baixa Limia, concretamente, pertencentes aos concellos de Lobios, Entrimo, Lobeira, Bande e Muíños. Ademais, como

cada ano, a proba cruzará a fronteira para chegar a Tourem, á Cámara Municipal de Montalegre. A competición, que está dentro do Calendario Nacional da Real Federación Española de Ciclismo, ofrece aos deportistas dous percorridos: o gran fondo de 115 quilómetros e cun desnivel de 1.950 metros, e un mini fondo de 75 quilómetros con 1.200 metros de desnivel acumulado. Dúas distancias que terán como novidade nesta edición que será a que conte con máis “sterratos”, 6 en total que sumarán máis de 12 km de zonas de terra compactada. A saída, será ás 9.30 horas no Balneario Lobios Caldaria situado en Riocaldo (Lobios), onde tamén será o punto de chegada.

Presentación na Deputación de Ourrense da sexta edición da Ourense Strade Termal.

Correndo por Ourense

Redacción

Este mes, concretamento o domingo 23 de abril, dará comezo a 11ª edición do circuíto de carreiras populares

“Correndo por Ourense”. Como vén sendo habitual, a primeira cita terá lugar no barrio do Vinteún e comezará ás 11 horas da maña coa carreira dos Pitufos, conformando un total de catro carreiras que rematarán coa saída da proba absoluta ás 11.30 horas.

Novidades

Este ano, ás seis carreiras que tiveron lugar en todas as edicións an-

teriores, únese un trail que discorrerá entre Oira e o Castro de Santomé (o día 11 de xuño).

As outras probas, coma sempre disputaranse no Couto (27 de maio), centro (25 de xuño), As Lagoas (3 de setembro), a Ponte (24 de setembro) e na Carballeira (22 de outubro).

12 Barrios 11 de abril 2023 DEPORTES
Gradas do campo de Espiñedo durante un partido do Arenteiro./I.OSORIO.
13 Barrios 11 de abril 2023 PUBLICIDADE

14 Barrios 11 de abril 2023

4AXENDA

Teatro

- Do 20 de abril ao 6 e maio - varias localizacións cidade de Ourense

- 28ª MITEU.

- Venres 21 de abril20 h. - No soy tu gitana

- Teatro Principal.

- Sábado 22 de abril20 h. - Los días perdidos

- Teatro Principal.

- Domingo 23 de abril

- 20 h. - Cuspir o coraçao

- Teatro Principal.

Musica

- Xoves 20 de abril

- 21h - Concerto de Andrés Suárez - Auditorio de Ourense.

Cinema

- Sábado 14 de abril -

18 horas - “Unha historia de amor e desexo” - Teatro Principal.

- Luns 17 de abril -

20.30 h - “Lisbon beat”Cineclube Padre Feijoo.

- Martes 18 de abril

- 20.30 h - “Bunch od kunst. A film about sleaford mods” - Cineclube Padre Feijoo.

- Mércores 19 de abril

- 20.30 h - “A symphonie of noise: Mathew Herbert´s recolution” - Cineclube Padre Feijoo.

- Xoves 20 de abril20.30 h - “Queercore: How to punk a revolution” - Cineclube Padre Feijoo.

- Luns 24 de abril20.30 h - “Que Non choredes, preciosas!” - Cineclube Padre Feijoo.

Deportes

- Domingo 16 de abril

- 21h - VI “Ourense Strade Termal” - Balneario de Lobios.

- Domingo 23 de abril

- 11 h - Correndo por Ourense - Barrio do Vinteún.

Exposicións

- Ata o 7 de maio - Oficio e arte - CC Marcos Valcárcel.

Outros

- Venres 14 de abril20h - Conferencia: Cal é o lugar da creación feminina hoxe en día? - Teatro Principal.

- Mércores 19 de abril

- 20 h- presentación do libro: “No día do seu enterro” de Cristina PatoSalón Noble do Liceo de Ourense.

www.periodicobarrios.com

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

Música pop, fusión e blues na ICC Week

4 Esta cita coa cultura e a creatividade celébrase do 17 ao 23 de abril.

Redacción

A novena edición da ICC Week, a Semana das Industrias Culturais e Creativas que do 17 ao 23 de abril organiza a Deputación de Ourense, reunirá na capital ourensá aos representantes da mellor música pop, fusión e blues coa programación de cinco concertos a cargo dos grupos Beira Fauna e The Limboos, os cantantes e compositores Amparo Sánchez e José María Guzman, así como Teo Cardalda e Sole Giménez que tamén estrearán o videoclip rodado en Ourense "Auga son".

O 17 de abril, xornada inaugural da ICC Week 2023, o Centro Cultural Marcos Valcárcel acollerá a partir das 21.30 horas un concerto acústico de José María Guzmán, acompañado por Cánovas Jr. (Juan Carballos). Guzmán é un dos nomes que se escriben en maiúsculas na historia do pop español. Membro de grupos míticos como Soleira ou Canovas, Rodrigo, Adolfo e Guzmán, liderou nos oitentas do pasado século outro conxunto inesque-

cible: Cadillac, que mesmo chegou até Eurovisión en 1986 coa canción Valentino, escrita polo propio Guzmán. O concerto inclúe unha charla sobre a historia do pop español.

Teatro Principal

Ao día seguinte, martes 18, e a partir das 21.30 horas, a música trasládase ao Teatro Principal onde, ademais dun concerto, os músicos Teo Cardalda e Soledad Giménez presentan o videoclip gravado en Ourense, un tema composto polo fundador de Golpes Baixos e Cómplices. Nesta produción percórrense puntos emblemáticos da provincia vinculados á auga e o termalismo, como os ríos Miño, Sil e Avia; As Burgas, a Ponte Romana, a Ribeira Sacra ou as termas de Prexigueiro. O vídeo foi dirixido por Eva Nielsen e a súa produción colabora a Deputación de Ourense no marco do seu Bicentenario.

Máis actividades

Para o sábado 22 está programada unha intensa xornada matinal que terá como escenario os xardíns do Pai Feijoo. Alí daranse cita a partir das 12.00 ho-

Na xornada inaugural, 17 de abril, o Centro Cultural Marcos Valcárcel acollerá a partir das 21.30 horas un concerto acústico de José María Guzmán, acompañado por Cánovas Jr.

ras Beira Fauna, Amparo Sánchez e The Limboos.

Vera Fauna é un grupo pop andaluz nado en 2015 e integrado polos sevillanos Kike Suárez e Juanlu Romeu, o gaditano Jaime de Sobrino e o ceutí Javi Blanco. O conxunto acaba de sacar o seu segundo traballo, Os mellores anos, despois do disco Dúbidas e Flores de 2020. Evitan encasillarse en xéneros, escollendo aquela forma que mellor se adaptan á historia que queren contar.

Amparo Sánchez lidera Amparanoia, unha das bandas pioneiras da música de fusión en España a mediados dos anos 90, aínda que tamén ten unha recoñecida traxectoria como produtora. No seu espectáculo acústico Irmá e cantaora, une os seus anteriores traballos con melodías de guitarra e ritmos que acompañan a súa voz con aires latinos e flamencos.

The Limboos aparece no mundo da música en 2013, converténdose rapidamente na revelación da escena cunha fórmula que foi bautizada como "Exotic Rhythm and Blues". Con tres álbums editados, trala pandemia buscan un son máis xenuíno e persoal que culmina en novembro de 2022 coa publicación de Rede Line, a súa primeira canción en máis de tres anos que confirma a transformación da banda.

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA Trovas do nosso povo O sonho

Podes querer que eu não sonhava

Ter um momento tão belo assim Mas tão depressa eu não esperava Que uma mulher me beijava

E que acreditou em mim

Esses teus doces beijinhos

Dados com tanta ternura

Teus lábios tão vermelhinhos

Com os meus bem coladinhos Com muito amor à mistura

Quando me deito na cama

Quero dormir e não consigo

Com o coração em chama

E ao abrir minha pestana

Estou a sonhar contigo

Posso não ser merecedor De uma mulher tão bela assim Mas vou pedir ao Senhor

E te ofereço uma flor

Para que gostes de mim

Tens um olhar de meiguice

E um rosto encantador

Não penses que é tolice

Gosto de ti já te disse É o que faz o amor

Francisco Oliveira- (natural de Chaves)

4HUMOR Concerto de Rufus T. Firefly nunha edición anterior da ICC Week.

OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 685 969 546. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara, Manuel Blanco

Nº182 - Ano: XVI - 11 de abril de 2023 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.

Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 685 800 190.

Catro países presentes na Miteu deste ano

4 Celébrase do 20 de abril ao 6 de maio.

Redacción

Unha vintena de artistas e compañías de teatro procedentes de toda España, Portugal, Colombia e Guinea Ecuatorial, formarán parte do cartel da 28ª Miteu (Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense) que este ano se celebra do 20 de abril ao 6 de maio.

Toda a acción a programación desenvolverase entre o Teatro Principal, o Café Auriense e as rúas de Ourense a través de varias animacións; tamén haberá unha actuación no patio do colexio Maristas. Por outra

banda, o programa recolle espectáculos doutras disciplinas, como a música, a danza e as artes circenses, así como a realización dun obradoiro sobre as capacidades comunicativas.

Durante a presentación desta nova edición da Mostra, Fernando Dacosta, o seu director explicou que “a idea básica é ofrecer cultura fronte á crispación, entender ao diferente para non ter medo, o cal queda recollido no cartel da mostra”. Neste sentido, Fernando Dacosta avanzou que na programación “trátanse cuestións como o racismo, a identidade

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

[Deixe o seu anuncio no 685 96 95 46 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

INMOBILIARIA

sexual, o feminismo e a xustiza”.

Programación

A Miteu arrincará o xoves, 20 de abril, coa actuación de Rosaura (Aula Universitaria de Ourense) coa obra "En primicia" que terá lugar desde a praza Maior ata os xardíns do Padre Feijoo.

Tras elo, 18 espectáculos máis que rematarán o sábado, 6 de maio, coa clausura. Nesta ocasión, o grupo Maricastaña porá en escena a obra "As cidades agochadas" no Teatro Principal.

Alugo piso no Couto. Amoblado e con calefacción. Teléfono 672 089 349.

Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas).

Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089 349.

Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros.

Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70

Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506

Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos.

Tel.: 988 247 113.

Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos

da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19.

Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO

Ofrécese señora para traballar por horas en Xinzo coidando maiores.

Tel. 641 440 921.

Ofrécese señora para traballar por horas en Xinzo limpando. Tel. 641 440 921.

Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543.

Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513.

Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173

Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes.

Tel.: 606 422 543

Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561

Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e

Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358.

VENDAS

Vendo garrafóns e botellas de cristal. Tel: 672 089 349. Vendo moble de entrada con cristal. Tel: 672 089 349.

Vendo lámparas de bronce. Tel: 672 089 349. Vendo accesorios para cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434. Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434.

Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635

Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897.

15 Barrios 11 de abril 2023
Presentación da 28ª edición da Miteu.
Barrios 11 de abril 2023
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.