4 minute read

Calma tensa en Ourense

4 Os partidos movéronse moi pouco nos primeiros días tralas eleccións municipais.

R.T.

Advertisement

Restan oito días para que os concelleiros elexidos nas eleccións municipais do 28M elixan a quen será o alcalde da cidade para os próximos catro anos. Oito días, nos que, de seguro, as formacións moveranse máis do que o fixeron ata o de agora.

Estas eleccións arroxaron un escenario moi complexo para posibles pactos pero totalmente factible, soamente facía falta escoitar á xente pola rúa os días antes das eleccións, e así non lles pillaría co pé cambiado aos partidos políticos. Ademáis, non lograr a maioría absoluta os populares na Deputación, fai complicar aínda máis o panorama.

Desde o 29 de maio, día seguinte das eleccións, moitas palabras e poucos movementos, algúns houbo, pero quedaron en nada.

PP O Partido Popular, que foi a segunda forza máis votada, deu o primeiro paso, e Manuel Cabezas instou a Paco Rodríguez (PSOE) e Luis Seara (BNG) a unha reunión para falar de posibles pactos de cara á gobernabilidade do Concello de Ourense. Porén, ámbolos dous declinaron a invitación e tal reunión non se produciu.

Paco Rodríguez excusouse dicindo que as negociacións as farán desde

Cabezas, a pesar de que PSOE e BNG non se quixeron reunir con nun primeiro momento, insiste en levar a cabo esa reunión para buscar un posible pacto entre as tres formacións

Santiago, polo que non sería "procedente" acudir a ela. Pola súa banda, Luis Seara dixo non recibir formalmente a proposta dunha reunión e preguntouse "que é o que van facer Rueda e Feijoo co concello e a Deputación?".

Cabezas xa dixera en campaña que a intención era sacar a Jácome do sillón de alcalde, e para elo precisa que tanto PP, coma PSOE e BNG se poñan de acordo. En canto a quen sería o alcalde, o candidato popular non foi categórico, pero sí dixo que eles -PP- foi a forza máis votada.

A pesar do plantón, Cabezas insiste en reunirse coas outras dúas forzas.

"En caso de non lograr maioría, PP, PSOE e BNG falamos en campaña de que teríamos que poñernos dacordo ante a situa-

O PSOE antes das eleccións estaba na liña de desbancar a Jácome da Alcaldía de Ourense, pero tralo 28M, ademais desta posibilidade, ten a oportunidade de afastar a Manuel Baltar da Deputación ción de emerxencia na que estamos", recordaba o líder popular. Ademais incide en que en "circunstancias extraordinarias precisan solucións extraordinarias" e considera que en Ourense "o que poida pasar en Ourense non pode estar condicionado a unha estratexía xeral de pactos -en Galicia-". E precisa que fai falta "sentido común".

PSOE

Rafael Villarino, os primeiros días desmarcouse da súa formación e tentou un achegamento con De- sas pero se unha delas é difícil de cumprir, as dúas antóxanse imposibles.

O tempo esgótase, e deberán elexir se botar a Jácome ou a Baltar; calquera das dúas terá o seu contrapunto xa que, se fan descabalgar a Jácome deixarían proseguir a Baltar no poder (cando levan anos tentándoo sacar) e se deciden quitar a Baltar, deberían deixar a Jácome como alcalde da cidade. Ante esta articulación, cabería a posibilidade de deixar gobernar á lista máis votada tanto en concello como en Deputación. Socialistas de toda a provincia se debaten entre unha acción ou a outra.

BNG mocracia Ourensana para contemplar as posiblidades de sacar a Manuel Baltar da presidencia da Deputación. Pouco durou a tentativa, logo de que desde Santiago o chamaran a filas e lle prohibiran calquera tipo de movemento con DO.

O Bloque Nacionalista Galego, que foi un dos vencedores no 28M ao subir a catro concelleiros -dos dous que tiña- atópase na mesma situación que o PSOE. Teñen a oportunidade de afastar do poder tanto a Jácome como a Deputación, algo que levan promulgando desde fai catro anos no caso do primeiro, e desde fai décadas no caso do segundo.

Os de Jácome están expectantes aos movementos que se poidan dar nas vindeiras horas e días.

Con moi boas "cartas" tocaralles agardar a posibles estratexias das outras formacións e mover ficha a conveniencia. Con 10 concelleiros non teñen a maioría absoluta, pero si son a lista máis votada e, en caso de non chegar a un acordo PP, PSOE e BNG, Jácome repetiría como alcalde. E de poñerse de acordo entre eles, cousa improbable, este podería xogar a baza da Deputación e forzar un pacto con PSOE e BNG para desaloxar a Baltar. Socialistas e nacionalistas non queren pactar con Jácome, pero como xustificarían perder a oportunidade de botar a Baltar diante do seu electorado? e cunhas eleccións xerais á volta da esquina.

Antes das eleccións estaban na liña de desbancar a Jácome da Alcaldía de Ourense, pero tralo 28M, ademais desta posibilidade, teñen a oportunidade de afastar a Manuel Baltar da Deputación. Para os socialistas, ámbalas dúas opcións son moi desexo-

Pero dase a circunstancia no caso dos nacionalistas que desde Santiago xa deixaron claro que a liña vermella da formación nos pactos locais e "non favorecer gobernos do PP", en palabras da ropia Ana Pontón. Tras estas declaracións, Luis Seara ten pouco marxe de maniobra de pactar a tres bandas entre PP, PSOE e BNG no concello xa que a lista máis votada foi o PP e suporíase que Cabezas sería o alcalde, algo que non permitirían desde as filas nacionalistas; e se o PP deixara gobernar a PSOE-BNG no concello, pediría levar o goberno provincial, polo que xa lle estarían facilitando unha gobernabilidade aos populares.

DO

E con estas chegamos á lista máis votada, a de Democracia Ourensana.

Jácome o ten claro, e faría calquera movemento que lle asegure a alcaldía no Concello de Ourense. Colle forza, pois, a teoría de que terán un pacto de non agresión entre DO e PP ao que chegarán sen luz nin taquígrafos, pero que lles servirá para conservar o Concello, a uns e a Deputación, aos outros.

Desde Santiago, os nacionalistas, deixaron claro que a liña vermella da formación nos pactos locais é “non favorecer gobernos do PP”

Jácome teno claro, faría calquera movemento que lle asegure a alcaldía no Concello de Ourense

4 Barrios 9 de xuño 2023

This article is from: