As funcións sociais da lingua. Bilingüismo e diglosia. Conflito lingüístico en Galicia.

Page 1

1

AS FUNCIÓNS SOCIAIS DA LINGUA. BILINGÜISMO, CONFLITO E DIGLOSIA. ESTEREOTIPOS E PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS: A SÚA REPERCUSIÓN NOS USOS. As funcións sociais dunha lingua son funcións xerais de relación social realizadas mediante a lingua. Saliéntanse as seguintes: a) Función de identidade. Vehículo do pensamento propio. b) Función familiar. A lingua fálase na casa, de portas para dentro. O galego sobreviviu como lingua familiar durante séculos. c) Función laboral. A mudanza da lingua familiar no ámbito laboral acontece en lugares onde existen varias linguas en contacto. d) Función local. O idioma emprégase con normalidade entre as persoas do contorno. O éxodo do rural ao urbano levou parello unha mudanza lingüística. e) Función institucional. Un idioma utilizado polos cidadáns nas súas relacións coas institucións políticas e administrativas. f) Función cultural. A lingua cumpre esta función cando é empregada non soamente por aquelas persoas que a aprenderon como lingua inicial, senón por outros cidadáns que a prenden voluntariamente como L2. A relevancia que o inglés ten, por exemplo, apréciase na cantidade de individuos de lingua orixinaria non inglesa que se esforzan en aprendelo como 2ª lingua.

O encontro de dúas ou máis linguas nun mesmo espazo xeográfico denomínase contacto lingüístico e ten repercusións tanto nos ámbitos social e cultural como no individual e psicolóxico. O bilingüismo é unha consecuencia directa do contacto de linguas e así falamos de sociedades bilingües e de individuos bilingües. Pero o denominado bilingüismo é un termo moi complexo. Non é o mesmo o bilingüismo social que o bilingüismo individual. Podemos atopar individuos bilingües en sociedades monolingües e sociedades bilingües nas que soamente un grupo reducido dos seus membros acada o bilingüismo. Do bilingüismo social ocúpase a sociolingüística e do individual a psicolingüística.

Bilingüismo individual O bilingüe é a persoa que, ademais da súa primeira lingua, ten unha competencia semellante noutra lingua e que é quen de usar unha e outra en calquera circunstancia con parecida eficacia. Na práctica, para analizar o bilingüismo individual debemos ter en conta: o xeito en que o individuo se fai bilingüe, é dicir, as vías de adquisición lingüística; a competencia ou grao de coñecemento,e o uso efectivo, é dicir, os ámbitos en que son utilizadas cada unha das linguas. Comunmente falamos de distintos axentes de transmisión lingüística: primarios, que son a familia, a comunidade e a escola (comunicación interpersoal), e secundario: os medios de comunicación de masas (comunicación institucionalizada). Por outra banda, a lingua inicial ou materna é aquela na que os nenos e nenas aprenden a falar e que se adquire, polo tanto, de xeito espontáneo, normalmente no seo da familia. Cando un individuo aprende a falar simultaneamente en dúas linguas dicimos que é bilingüe inicial. Pero tamén se pode acadar o bilingüismo de maneira secuencial. Neste caso, distinguimos entre primeira e segunda lingua (L1 e L2). Esta última pode adquirirse mediante aprendizaxe formal, a través do ensino regrado, ou mediante adquisición informal no ámbito familiar, na rúa cos veciños ou amigos (comunidade), a través da televisión (medios de comunicación de masas), etc. O dominio dunha lingua non supón unicamente a competencia lingüística, senón que o falante debe posuír a competencia comunicativa, que inclúe: a competencia lingüística, que é a correcta utilización das regras que conforman o código lingüístico; a competencia discursiva, isto é, o emprego adecuado dos procedementos de cohesión que nos permiten articular os significados de xeito coherente; a competencia sociolingüística, que se corresponde co uso axeitado da lingua nos diferentes contextos, en función do tema, interlocutor, a finalidade, etc., e a competencia estratéxica, que implica estratexias verbais e non verbais para compensar os fallos de comunicación. Na


2 aprendizaxe dunha segunda lingua é especialmente relevante ter en conta a competencia comunicativa no seu conxunto e non só a lingüística. Dentro das destrezas básicas que definen a competencia lingüística (entender, falar, ler e escribir) podemos distinguir entre as destrezas pasivas: entender e ler, e entre as activas: falar e escribir. Dese xeito falaremos de competencia pasiva cando unha persoa ten a capacidade para entender calquera mensaxe expresada nunha lingua, aínda que non teña a competencia necesaria para expresarse nela. Pola contra, a competencia activa refírese á capacidade de construír enunciados intelixibles. De igual maneira, podemos falar de bilingües pasivos, aqueles que son capaces de comprender e ler unha segunda lingua pero que non a falan nin a escriben, e de bilingües activos, que dominan as catro destrezas. Dende a perspectiva do uso, falamos de bilingües equilibrados ou funcionais e de bilingües parciais. O bilingüismo equilibrado ou funcional resulta case imposible, xa que é difícil que un individuo teña a posibilidade de utilizar dúas ou máis linguas nos mesmos contextos e coa mesma frecuencia. O normal é que se dea unha distribución de funcións entre as diferentes linguas. Por exemplo, un individuo pode empregar unha lingua coa súa familia e outra no seu traballo.

ESQUEMA DO BILINGÜISMO INDIVIDUAL

BILINGÜISMO INDIVIDUAL

SEGUNDO A ADQUISICIÓN

SEGUNDO O GRAO DE COMPETENCIA

SEGUNDO O USO

Bilingües iniciais

Adquisición espontánea

Bilingües secuenciais

Adquisición espontánea Aprendizaxe sistemática

Bilingües pasivos Bilingües activos Bilingües equilibrados ou funcionais Bilingües parciais

Bilingüismo social: conflito e diglosia Para describirmos unha situación de bilingüismo social debemos ter en conta tres factores: 

Factores demográficos: - Número de falantes de cada unha das linguas, tanto dende a perspectiva da lingua inicial como da habitual. - A distribución xeográfica dos falantes ao longo do territorio. Hábitat urbano, rural…

Factores de status: - O status político. Refírese á oficialidade das linguas dende un punto de vista lexislativo, e de se é empregada na administración pública. - O status simbólico. Indica se as linguas son consideradas polos seus falantes como símbolos de grupo e son polo tanto elementos identitarios. - O status social. Fai referencia ao lugar que ocupan os distintos grupos de falantes na sociedade. - O status económico. Depende do poder económico dos diferentes grupos lingüísticos.


3 - O prestixio internacional. Vén marcado pola presenza das linguas máis alá das fronteiras da sociedade analizada. 

Factores de apoio institucional: Refírese tanto ao apoio oficial das institucións públicas, como ao apoio informal dos ámbitos da industria, o comercio, a relixión e a cultura.

A análise destes tres factores permite valorar a vitalidade de cada unha das linguas implicadas, de xeito que poidamos distinguir cal delas é a lingua forte ou dominante (lingua alta) e cal a débil ou dominada (lingua baixa), xa que as situacións de bilingüismo social supoñen sempre unha relación de desequilibrio lingüístico máis ou menos estable. A esta situación de desequilibrio aplicóuselle a denominación de diglosia, polo que este termo acabou equiparándose ao de bilingüismo social. Aínda que con moitos matices, a diglosia é un concepto sociolingüístico aplicable a situacións de dualidade lingüística comunitaria en que a convivencia idiomática é conflitiva, producíndose unha superposición entre unha lingua dominante e outra dominada en función dos seus usos sociais, grao de oficialización e normalización, difusión cuantitativa e difusión a través dos diferentes grupos sociais, etc. Dáse en comunidades lingüísticas nas que soamente unha das linguas (a alta ou dominante) se utiliza nas situacións formais, mentres que a outra (a baixa ou dominada) se restrinxe ás situacións informais. A lingua dominada é pouco empregada na escrita e propia da comunicación oral, familiar ou cos iguais, e de actividades de ámbito restrinxido. A situación diglósica é un proceso inestable e transitorio que xera o conflito lingüístico, e que pode evolucionar en dúas direccións opostas: cara á normalización da lingua dominada, recuperando ámbitos de uso e incrementando a súa presenza, ou cara á súa substitución definitiva pola dominante.

DIGLOSIA E SUBSTITUCIÓN LINGÜÍSTICA Dúas linguas en conflito: LINGUA DOMINANTE Allea. Asociada ao Estado. Falada polos sectores sociais máis acomodados. Cidade. Funcións comunicativas prestixiosas e visibles. Lingua fixada e desenvolvida.

LINGUA DOMINADA Orixinaria. Sen apoios institucionais. Falada polos sectores máis desfavorecidos. Mundo rural. Lingua falada nos ámbitos informais. Precariedade lingüística.

Proceso de substitución lingüística debido á perda de galegofalantes. 7

Aproximacións á sociolingüística. Xosé Anxo Seoane Cao. A Coruña, novembro de 2009.


4 Cómpre ver cal é o xeito de estar do galego sobre o territorio de Galicia e en que condicións se produce a convivencia galego/castelán.

LINGUA INICIAL 1,7 outras

0,6

15,8 as dúas

11,4 IGE MSG

28,8 castelán

25,6

53,7 galego

62,4

0

18

10

20

30

40

50

60

70

Aproximacións á sociolingüística. Xosé Anxo Seoane Cao. A Coruña, novembro de 2009.

Gráfico 1: Distribución da lingua inicial ou materna. Datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia (MSG, 1992) e do Instituto Galego de Estatística (IGE, 2003).

Atopamos unha considerable diminución de persoas que aprenderon a falar en galego. Cómpre destacar que malia este descenso evidente nun período relativamente curto (11 anos), o galego segue sendo a lingua inicial de máis da metade da poboación. Observamos unha tendencia ao aumento dos bilingües iniciais, que é a categoría que máis crece.

¿En que lingua aprendeu a falar? 0,8 9,1

0,8 11,5

1,6

2,1

15,1

15,7

13,7

1,7

1,3

20,7

24,2

20,3

39,5

40,2

45,1

36,3

33,9

33,3

de 26 a 35

de 16 a 25

menos de 16

3,5

20,6 26,4 35,5

76,4

máis de 65

67,1

de 56 a 65

outras

20

56,9

46,7

de 46 a 55

as dúas

de 36 a 45

castelán

galego

Aproximacións á sociolingüística. Xosé Anxo Seoane Cao. A Coruña, novembro de 2009.

Gráfico 2: Distribución da lingua inicial por grupos de idade. Comparativa do MSG e dos datos do IGE.

Maioritariamente, a lingua inicial dos galegos é o galego. Non obstante, cando chegamos ás persoas de 26 a 35 anos prodúcese un cambio nesa tendencia, pasando o castelán a ser lingua maioritaria. Tamén se dá un aumento gradual e constante dos bilingües iniciais, salvo no último tramo de idade, onde observamos un recorte pronunciado, en conformidade co aumento dos que teñen o castelán como lingua inicial. O descenso dos falantes iniciais de galego dende os entrevistados de máis de 65 ata os que se atopan entre os 26 e os 35 traza unha liña recta con descensos porcentuais case idénticos entre xeración e xeración, e despois dunha tendencia perfectamente proporcionada observamos unha tendencia á estabilización con retrocesos cada vez máis pequenos. Deste dato podemos concluír que cada vez se perden menos falantes iniciais de galego e que a tendencia vai na dirección de que non se perdan máis.


5

Lingua inicial por hábitat 13,1

menos de 10.000

70 16,9

22

de 10.000 a 50.000

46 31,1 19,9 28,4

máis de 50.000

51,7 0

10

20

as dúas

21

30

40

galego

50

60

70

castelán

Aproximacións á sociolingüística. Xosé Anxo Seoane Cao. A Coruña, novembro de 2009.

Gráfico 3: Lingua inicial por hábitat. (ICE, 2003)

Nesta análise tamén podemos corroborar a relación, en termos xerais, entre lingua inicial e hábitat. Os habitantes das poboacións pequenas aprenden maioritariamente a falar en galego (70%) e os das cidades, en castelán (51,5%). Nos concellos intermedios advertimos que o grupo máis numeroso confórmano os que aprenderon a falar en galego, seguido dos que o fixeron en castelán. A incidencia de bilingües iniciais é tamén maior neste hábitat.

Lingua habitual 100 90 80 70 60 50

38,7

40

29,9

30 20

44,4

18,5

20,8

18,2

MSG ECVF

19

10,6

10 0

1. só castelán

23

2. máis castelán que galego

3. máis galego que castelán

4. só galego

Aproximacións á sociolingüística. Xosé Anxo Seoane Cao. A Coruña, novembro de 2009.

Gráfico 4: Lingua habitual. Comparativa MSG e ECVF

Podemos ver que o grupo que crece proporcionalmente máis é o dos monolingües en castelán, que deixa de ser o grupo minoritario, pasa do 10,6% dos falantes en 1992 ao 18,5% en 2003. Crece tamén o grupo dos monolingües en galego, en menor medida, tanto en termos relativos como absolutos. Os falantes monolingües en galego seguen conformando o grupo máis numeroso e aumenta espectacularmente a distancia cos outros grupos. Porén, débese entender como o dato máis negativo para o galego a forte baixada dos bilingües con predominancia do galego (29,9%-19%), o que xustifica esa perda global de falantes de galego.


6 Lingua habitual por idades

100

90

80

70

60

50

40 33,1 29,9

30

25,5 21,6

20 13

10,4 10

12,2

7,6

25,2

25,9

25

15,5 20,2

15,3

0 máis de 65

de 56 a 65 só castelán

25

de 46 a 55

de 36 a 45

máis castelán que galego

de 26 a 35

máis galego que castelán

de 16 a 25

menos de 16

só galego

Aproximacións á sociolingüística. Xosé Anxo Seoane Cao. A Coruña, novembro de 2009.

Gráfico 5. Lingua habitual por idades. ECVF 2003

Pódese advertir unha diminución de persoas monolingües en galego a medida que diminúe a idade. Por primeira vez, desde que se teñen datos sociolingüísticos, hai unha xeración onde a incidencia do monolingüismo en galego é maior ca na anterior. Pola contra, observamos que en consonancia coa tendencia xeral ao monolingüismo, existe unha aceleración no crecemento do monolingüismo en castelán, que entre os máis novos alcanza o 33,1%. Os usos bilingües con predominancia do galego decrecen dende a xeración que se atopa entre os 46 e os 55. En contraste, os usos bilingües con predominancia do castelán crecen en todos os tramos de idade, agás no último, onde observamos unha caída importante, quizás en relación con esa pequena recuperación dos monolingües en galego.

Competencia lingüística 97,3 97,1

90,1 86,4

85,3

45,9

49,8 27,1

entender

falar

ECVF (2003)

33

ler

escribir

MSG (1992)

Aproximacións á sociolingüística. Xosé Anxo Seoane Cao. A Coruña, novembro de 2009.

Gráfico 6. A Competencia lingüística vén determinada polas destrezas de entender, falar, ler e escribir. Comparativa MSG 1992 e ECVF 2003. As categorías de resposta eran, como no caso dos usos, catro e introducían catro adverbios (moito, pouco, algo, nada) que axudarían ao suxeito a precisar o nivel de competencia que declaraba. Vemos como existe un aumento en todas as destrezas, sobre todo nas que o percorrido é maior. Destaca especialmente o crecemento das competencias lectoescritoras, que nun período relativamente curto coma este non pode explicarse soamente pola incorporación de novos individuos á mostra, escolarizados nun sistema onde a adquisición do galego está regrada, senón tamén polo aumento xeneralizado da competencia en todos os tramos de idade. Os galegos teñen competencia lingüística en galego, aínda que logo non se traslada ao uso. ¿Por qué razóns? Semella que as razóns non as hai que buscar na competencia.


7 Lingua inicial nas sete cidades 59,7 60

54,6

54,2

50,1 50

45,3 39,8

40

39

35,8 30,7

30

33

32,9 28,5

20,9

23,5

20

13,1

24,9

24,5

24,1 19,7

17,4

15,9

10

1,9

3,5

2,1

0,9

1,9

1,6

0,3

0 A CORUÑA

FERROL

SANTIAGO

castelán

52

LUGO

galego

OURENSE

as dúas

PONTEVEDRA

VIGO

outras

Aproximacións á sociolingüística. Xosé Anxo Seoane Cao. A Coruña, novembro de 2009.

Gráfico 7. Lingua inicial nas sete cidades (2003)

Existen importantes diferenzas na distribución da lingua inicial segundo as cidades. Así, mentres os residentes nas cidades do denominado Eixo Atlántico son, na súa maior parte, castelanfalantes iniciais (as porcentaxes máis avultadas amósanas as cidades costeiras), os habitantes de Lugo e Ourense adquiriron maioritariamente, en primeiro lugar, a lingua galega. Ferrol é a cidade coa porcentaxe máis reducida de galegofalantes iniciais (15,9%), mentres que Lugo (39,8%), seguida de preto por Ourense (39%), é a que rexistra a maior proporción. Polo que se refire aos bilingües iniciais, a maior porcentaxe atópase en Ferrol (28,5%) e a menor na Coruña (13,1%).

Lingua habitual 47,7

50 45

40,9

40

36,1 36,6

35

32,1 30

30

29,3 22,8

25

18,2

20 15

19,2

28,9

32,4

30,1

32,9 31,3 27,8

25,1 25,2

24

20,3 20,5 17,4

15,9

15,6 11,8

10,9

8,9

8,2

10 5 0 A CORUÑA

FERROL

só castelán

54

SANTIAGO

LUGO

máis castelán

OURENSE

máis galego

PONTEVEDRA

VIGO

só galego

Aproximacións á sociolingüística. Xosé Anxo Seoane Cao. A Coruña, novembro de 2009.

Gráfico 8 Lingua habitual. Non se pode facer un estudo comparativo xa que o MSG soamente incluía estudo polo miúdo de tres cidades: A Coruña, Santiago e Pontevedra.

Como se pode observar na gráfica, a distribución da lingua habitual experimenta importantes diferenzas no contorno urbano galego. Así, mentres en Vigo a proporción de monolingües en castelán acada case o 50% da poboación e a de monolingües en galego non chega ao 9%, en Lugo a primeira é do 20% e a segunda do 30%.


8

Lingua habitual na Coruña 45

40,9

36,8

40 35 30

30

28,3

24,6 25

18,2

20

15

10,5 10,9

10 5 0

só castelán

máis castelán MSG

55

máis galego

só galego

EVCF

Aproximacións á sociolingüística. Xosé Anxo Seoane Cao. A Coruña, novembro de 2009.

Gráfico 9. Lingua habitual na Coruña. Comparativa do SG 1992 e EVCF 2003. A Coruña incrementa notablemente a proporción de monolingües en castelán (do 28,3 a 38,2). O incremento procedeu tamén do transvasamento de bilingües con predominio dunha e outra lingua.

ALGUNHAS CONCLUSIÓNS: • A lingua inicial de máis da metade dos galegos é a lingua propia e unha persoa de cada seis é bilingüe inicial. • Os novos falantes poden adquirir ambas simultaneamente. • Tres de cada cinco galegos son máis ben galegofalantes. • A inmensa maioría dos galegos declara entender o galego. • Dous terzos aseguran saber falalo fluidamente. • Algo máis da metade declara saber lelo. • Menos dun terzo se declara competente para escribilo. • De todos os xeitos, en xeral, o galego fálase máis no rural, por parte das persoas con profesións menos cualificadas e con menor nivel de estudos. • A partir do tramo (26 a 35 anos) a caída do galego como lingua inicial fréase. • As linguas non son simplemente instrumentos de comunicación, senón recursos para o desenvolvemento integral das persoas, polo tanto teñen a consideración de bens culturais e son conformadores de identidade colectiva. • A recuperación do galego é unha tarefa colectiva. • A cidadanía debe aspirar a un bilingüismo equitativo que permita o desenvolvemento da lingua propia. • En contextos de bilingüismo desigual, o predominio no sistema educativo da lingua ambiental dominante reforza a marxinación da lingua subordinada. • A diglosia continúa vixente e a substitución lingüística, a pesar dos avances, aínda é unha ameaza. • Debemos propugnar o monolingüismo defensivo dos galegofalantes como estratexia para acadar un bilingüismo igualitario. • Podemos hoxe describir a situación sociolingüística de Galicia recorrendo aos conceptos de diglosia e substitución lingüística? • O futuro pasará polo bilingüismo produtivo en galego e en castelán e por unha boa competencia en inglés? • O galego debe establecer contactos estreitos co portugués? • Precisa o galego dunha área territorial, funcional e comunicacional de especial protección na que terá estatus preferente?


9

As linguas non son alleas aos estereotipos, aos prexuízos ou ás valoracións negativas. Todas estas ideas preconcibidas inflúen na percepción e nos usos lingüísticos dos cidadáns, que poden provocar mesmo un complexo de inferioridade con respecto á súa lingua inicial (autoodio). Os prexuízos cumpren unha función defensiva, xa que se utilizan co fin de xustificar e manter a posición dominante de certos grupos sobre outros. Os prexuízos son difíciles de detectar porque a xente intenta ocultalos ou polo menos “disfrazalos”, sexa de xeito consciente ou inconsciente. Entre os prexuízos que existen sobre a lingua galega hai algúns que xa veñen de vello: O galego é lingua de pobres, o galego é lingua de aldeáns, o galego non serve fóra de Galicia, o galego é un idioma imposto, pero hainos tamén modernos, resultado do proceso de estandarización: o galego estándar é un idioma inventado, o galego dos libros non o entendo. Como xa sabemos, o galego concéntrase maioritariamente nas zonas rurais e nas xeracións de máis idade, fronte ao castelán, que funciona como lingua urbana e da xente nova. En consecuencia, atribúense a cada unha das linguas as mesmas características que a estes dous perfís sociais (estereotipos): mentres o castelán é a lingua asociada ao progreso e á modernidade, que as cidades e a mocidade representan, o galego queda reservado no imaxinario colectivo ao mundo tradicional e enxebre, simbolizado polo campo e a xente maior. Dende o inicio do proceso de normalización lingüística, a lingua galega superou en gran parte a marxinación á que se vira sometida desde séculos atrás e foi quen de se introducir en ámbitos ata hai ben pouco exclusivos do castelán. Sen embargo tamén xorde un novo prexuízo cara aos denominados neofalantes, isto é, aqueles que se incorporan ao uso do galego por decisión propia nun momento concreto da súa vida e que non cumpren o estereotipo de galegofalante, pois non pertencen ao mundo rural nin á terceira idade. Acúsanse de falar galego porque está de moda, por necesidades profesionais ou por exhibicionismo ideolóxico. Ademais o galego que empregan é cualificado de artificial. O galego convértese nunha lingua marcada social e ideoloxicamente, xa que o seu emprego funciona como indicador dunha procedencia determinada (aldea), dunha opción ideolóxica e política concreta, e mesmo dunha profesión relacionada coa propia lingua. Hoxe en día concédeselle grande importancia á utilidade. Só se valora o que é útil, é dicir, aquilo que produce un beneficio económico. De novo o galego aparece no imaxinario colectivo como a lingua que nos illa do exterior, fronte ao castelán que xera máis riqueza, e ao inglés que se converteu na lingua franca internacional. Existen ademais outros factores que van determinar o uso lingüístico como o hábito, a competencia lingüística, o contorno e a influencia dos grupos de pertenza. Deste xeito, un rapaz que intente falar galego na cidade vai atopar unha serie de obstáculos, cousa que non ocorre co castelán.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.