MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE

Page 1

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Hoxe, 8 de marzo de 2021, conmemoramos en Sada o Día Internacional da Muller, día recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e para facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade. É o momento para festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos. É o momento de seguir mellorando as condicións da muller. Aínda que o importante é facelo durante os 365 días do ano. A desigualdade afecta ás mulleres en aspectos como a educación, o mundo profesional e laboral, a política... A igualdade de xénero é un dereito humano fundamental que nos implica a todas e a todos e polo que, independentemente do país no que se viva, se debe loitar. O feminismo é un movemento social, político e filosófico cuxo obxectivo consiste en alcanzar a igualdade de dereitos entre homes e mulleres. Este movemento xurdiu no século XVIII, momento no que as ideas ilustradas acerca da igualdade entre todos os seres humanos callaron nas mentes dalgunhas mulleres, as cales comezaron a reivindicar os seus dereitos. Hai mulleres escritoras, científicas, xornalistas, filósofas… que contribuíron ao progreso da humanidade en todos os campos e que porén foron silenciadas, ocultadas, as súas voces apagadas e os seus nomes borrados. Figuras invisíbeis, esquecidas, mentres que os seus homólogos masculinos ocuparon o espazo da historia, a historia que elas tamén escribiron. Moitas mulleres destacaron no devir da historia na loita pola igualdade de dereitos da muller, sobre todo desde mediados do século XIX,

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


e durante todo o XX, onde o movemento reivindicativo da muller comezou a tomar cada vez máis forza. Na historia de Galicia e na de España o espazo que ocupa a muller era ata hai ben pouco tempo case inexistente. Algunhas aparecen mencionadas e case sempre ocupando un papel secundario. Outras esquecidas da fráxil ou interesada memoria colectiva. A historia necesita recrearse nestas mulleres silenciadas para facerlles xustiza, para darlles voz, para darlles a visibilidade que noutro tempo se lles negou, e así, de paso, tomar nota do seu exemplo e seguir na loita pola igualdade de dereitos da muller. A través da exposición “Mulleres galegas pola igualdade” temos unha magnífica ocasión para coñecer un puñado de mulleres galegas que se significaron e significan na loita feminista. É unha grande satisfacción para min que a concellería de Benestar Social e Igualdade do concello de Sada utilizara este traballo para dar a coñecer a moitas galegas que se significaron na loita pola igualdade de xénero dende diversos campos. Xosé Anxo Seoane Cao

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837 – Padrón, 1885)

Pioneira do feminismo, librepensadora e poeta. Representa o inicio da modernidade galega.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851 – Madrid, 1921)

Defendeu a instrución e os dereitos das mulleres. Foi a primeira Catedrática de Literatura na Universidade Central de Madrid.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Concepción Arenal Ponte (Ferrol, 1820 – Vigo, 1893)

Escritora, periodista e activista pioneira dos movementos feministas pola igualdade de xénero. “A sociedade non pode en xustiza prohibir o exercicio honrado das súas facultades á metade do xénero humano”.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Juana de Vega Martínez (A Coruña, 1805 – 1872)

Un dos referentes femininos do liberalismo progresista español do século XIX

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Carmen Arias Montero “Mimina” (A Coruña, 1921 – Sada, 2013)

Artista e empresaria dun proxecto fundamental na historia de Galicia do século XX. Parella de Isaac Díaz Pardo.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


María Miramontes Matos (Guísamo, 1895 – Bos Aires, 1964)

Membro das Irmandades da Fala, participa activamente na campaña de apoio ao Estatuto de Autonomía do 36. Parella de Ánxel Casal.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


María Barbeito e Cerviño (A Coruña, 1880 – 1970)

Todo un referente no proceso de renovación e innovación educativas e na defensa dos dereitos das mulleres, da xustiza, a liberdade e o progreso social.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Sofía Casanova (A Coruña, 1861 – Poznan, 1958)

Xornalista. Segunda muller en España en ser correspondente de guerra.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Mª Elvira Fernández López (Maruxa Seoane) (A Coruña, 1912 – 2003)

Muller feminista comprometida politicamente. Gran activista cultural e intelectual. Luís Seoane non sería Seoane sen Maruxa.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Luísa Villalta Gómez (A Coruña, 1957 – 2004)

Prolífica e versátil escritora. Intelectual comprometida e consciente de ser muller nunha sociedade onde os homes e as mulleres están marcados de maneira moi diferente polo feito de selo.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


María de los Ángeles Alvariño (Ferrol, 1916- San Diego, 2005)

Científica galega de recoñecemento internacional. Os seus traballos tiveron especial relevancia e aplicación na oceanografía e na bioloxía mariña.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Ernestina Otero Sestelo (Redondela, 1890 – 1956)

Mestra e pedagoga que impulsou a asistencia á escola, os dereitos das mulleres, a renovación do profesorado e conseguiu sementar unha xeración preparada para vivir en liberdade.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Isabel Martínez-Risco (A Coruña, 1975)

A actriz e pedagoga teatral que “non naceu para ser domesticada”.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Encarna Otero Cepeda (Santiago de Compostela, 1950)

Historiadora, política nacionalista e autora de numerosos artigos sobre as mulleres na historia.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


María Xosé Queizán Vilas (Vigo, 1939)

Escritora galeguista e feminista. Muller combativa, directa; unha das mellores representantes do feminismo que sería quen de morrer polas súas conviccións.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Elvira Bao Maceiras (A Coruña, 1890 – 1971)

Mestra republicana militante nacionalista e membro das Irmandades da Fala. Participou activamente na campaña de apoio ao Estatuto de Autonomía do 36.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Ana María Gómez González

(Maruxa Mallo) (Viveiro, 1902 - Madrid, 1995)

Destacada muller da xeración do 27 (unha das chamadas “Sinsombrero”). Pintora que levaba unha vida moderna nada normal entre mulleres da época.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Marcela Gracia Ibeas (Burgos, 1867 – ?)

Elisa Sánchez Loriga (A Coruña, 1862 – ?)

En 1901, Elisa vestiuse de home, inventou un pasado e converteuse en Mario. O 8 de xuño dese mesmo ano, Elisa-Mario e Marcela casaron. Foron perseguidas, excomungadas e fuxiron á Arxentina. No ano 2005 fíxose legal o matrimonio homosexual en España.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Urania Mella Serrano (Vigo, 1899 – Lugo, 1945)

Política e precursora do asociacionismo feminino. Presidenta da sección viguesa da Unión de Mulleres Antifascistas.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Filomena Dato Muruais (Ourense, 1856 – Bergondo, 1926)

A reivindicación feminista e a defensa da muller está presente en toda a súa obra en galego.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Francisca Morlán Ramos “A Mestra Pancha” (Sada, 1901 – 1996)

Non aprobou o exame de ingreso na Escola Normal de Mestres, porén en 1929 abriu a súa propia escola no baixo da súa casa. Continuou a súa tarefa docente ata os 80 anos. Deixou unha profunda pegada en todas as xeracións que pasaron pola súa escola.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


María Araujo Martínez “María a Guerrilleira” (Carril, 1904 - A Habana, 1989)

Loitou contra os armadores que pagaban baixos salarios ás mulleres en Vigo. Cando estalou a Guerra Civil, María colabora co grupo guerrilleiro de Redondela, motivo polo que é detida. Xa en liberdade continuou en Cuba a súa loita en defensa dos dereitos sociais das mulleres.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Placeres Castellanos Pan (Ponte Caldelas, 1896 – Vigo, 1971)

Primeira muller militante da Agrupación Socialista de Vigo. Exiliouse en Francia onde o seu activismo feminista levouna a representar a Marsella no Congreso Internacional de Mulleres que se celebrou en París en novembro de 1945.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Corona González Estévez (A Rúa, ? – Río de Xaneiro, 1963)

Escritora preocupada pola emigración e a educación das mulleres. Afonda, sobre todo, na necesidade de que as mulleres teñan acceso á educación regrada. O emprego habitual nos seus textos de expresións como "homes e mulleres", "fillos e fillas" e "nenos e nenas" reflicte xa unha sensibilidade especial e moi innovadora na época.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Carmen López Cortón (Bergondo, 1866 – Madrid, 1938)

Mestra formada na Institución Libre de Ensinanza que se preocupou pola educación das mulleres.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Rita Amparo López Jean (Vilaboa, 1885 – Francia, 1942)

Foi a primeira muller na Coruña en militar no Partido Galeguista. Dende a Agrupación Republicana Feminina implicouse directamente na potenciación da educación da muller.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


María Paz Parada Pumar (Ourense, 1905 – 2005)

Médica pioneira. Foi a primeira muller inscrita no Colexio Provincial de Médicos, unha muller que rachou tabús exercendo nun espazo que, daquela, correspondía aos homes.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922 – A Coruña, 2020)

Unha das voces máis destacadas da literatura galega da segunda metade do século XX. Membro numerario da Real Academia Galega e directora da revista Nordés. Nuns tempos, os da posguerra, nos que a escrita literaria parecía cousa exclusiva de homes, abriulles camiño ás escritoras máis novas.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


María Vinyals Ferrés “A Marquesa Vermella” (Soutomaior, 1875 – Paris, ?)

Tivo relación con Emilia Pardo Bazán, María Barbeito e Carmen de Burgos. Foi fundadora do Centro Ibero-Americano de Cultura Popular Feminina, institución co obxectivo de ensinar a mozas que non tiñan acceso a outro tipo de educación.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Concepción Sáiz Otero (Santiago de Compostela, 1851 – Pancorbo, Burgos, 1934)

Mestra, pedagoga e feminista que sempre defendeu o dereito da muller a ter unha educación igual á dos homes.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Francisca Álvarez González (O Barco de Valdeorras, 1919 – Cambre, 1975)

Mestra e comerciante de éxito. Sempre axudou aos máis necesitados. Abriu unha escola á que tamén acudían persoas maiores non alfabetizadas.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Mª Josefa Wonenburger Planells (Oleiros, 1927 - A Coruña, 2014)

Matemática e investigadora nos Estados Unidos e o Canadá.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Olimpia Valencia López (Baltar, 1898 – Vigo, 1987)

Foi a primeira médica galega. Tras estudar Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e realizar en Madrid a súa tese de doutoramento, abriu en Vigo a primeira clínica de xinecoloxía dirixida por unha muller.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Antonia Ferrín Moreiras (Ourense, 1914 – Santiago de Compostela, 2009)

Destacou como investigadora sendo a primeira muller en defender unha tese de Astronomía en España.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Isabel Barreto de Castro (Pontevedra, 1567 – Perú, 1622)

Considerada a primeira muller co cargo de Almirante da Mariña Española.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Elisa Patiño Meléndez “Chichana” (Pontevedra, 1890 – 1919)

Foi a primeira muller galega en pilotar un avión.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Manuela Antonia Barreiro Pico (Viveiro, 1877 - Madrid, 1953)

A primeira muller licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela, na que obtén o título de Farmacia, e a primeira muller en ter unha farmacia de seu.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Xela Arias Castaño (Sarria, 1962 – Vigo, 2003)

Poeta, tradutora, editora, activista cultural e profesora. Rupturista, transgresora, valente, ousada, son algúns dos adxectivos utilizados para definir a súa personalidade creativa.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Celia Rivas Casais (Fisterra, 1912 – 1974)

Empresaria de éxito, primeira camioneira de España. personaxe importante no proceso de emancipación da muller galega dentro do ámbito rural e unha figura clave na activación económica de Fisterra tras a dura etapa de posguerra.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


María Castaña (Pobra de Brollón, finais do s. XIV)

Encabezou unha revolta contra o señor feudal, frei Pedro López de Aguiar, bispo en Lugo, a fins do século XIV, por mor dos elevados impostos que cobraba á poboación.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


María Luz Morales Godoy (A Coruña, 1898 – Barcelona, 1980)

Referencia para a incorporación das mulleres ao xornalismo e literatura no século XX en España. Foi a primeira muller na historia de España en dirixir un xornal nacional.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


María Mayor Fernández de Cámara e Pita

(María Pita) (Sigrás, 1560 – 1643)

Heroína na defensa da Coruña contra o ataque da Armada Británica acontecido no ano 1589.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Exeria (Gallaecia, século IV)

Realizou unha viaxe extraordinaria de máis de 5.000 km entre os anos 381-384 que a converteu na primeira gran viaxeira da historia. Contáballe á súa familia a súa aventura a través dun diario que se atopou en 1884.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Irene González Basanta (A Coruña, 1909 – 1929)

Logrou facerse oco entre homes nun espazo reservado para eles. Malia a súa fama e as boas calidades que posuía non eran poucos os que a cualificaban de “marimacho” simplemente pola súa condición de muller nun deporte “de homes”.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Lupe Gómez Arto (Curtis, 1972)

A poeta que fala nos seus versos con total liberdade e de maneira directa do que verdadeiramente significa ser muller e vivir nun corpo feminino.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


María Xosé Agra Romero (Santiago de Compostela, 1956)

Experta en filosofía política e teoría crítica feminista. Membro da comisión de xénero do Consello da Cultura Galega.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Marián López Fernández Cao (Vigo, 1964)

Profesora e investigadora especializada en arte, feminismo e inclusión social. Investigou os desequilibrios de xénero na arte e os museos e é impulsora do proxecto Museos en Feminino.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Enriqueta Otero Blanco (Castroverde, 1910 – Lugo, 1989)

Mestra e guerrilleira antifranquista. Pasou dezanove anos en prisión acusada de rebelión militar e actividades comunistas. Rehabilitada como mestra nacional en 1974 fundou tres anos máis tarde en Castroverde a Casa da Muller co obxectivo de dignificar a situación das mulleres do medio rural.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Carmen Blanco García (Lugo, 1954)

Escritora e feminista autora de poesía, narrativa e ensaio. Profesora da Universidade de Santiago de Compostela. Participou dende os anos setenta no movemento de liberación das mulleres.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Begoña Caamaño Rascado (Vigo, 1964 – Santiago de Compostela, 2014)

Escritora, xornalista e feminista. Impulsora da Asociación de Mulleres Galegas na Comunicación (MUGACOM). Membro de Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG) e da Marcha Mundial das Mulleres.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Pilar García Negro (Lugo, 1953)

Profesora na Universidade da Coruña, escritora, ensaísta e política. Experta en literatura galega e feminismo.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Mariola Lourido López (Cedeira, 1964)

Xornalista especialista en violencia de xénero, igualdade e dereitos sociais.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Purificación Mayobre Rodríguez (A Coruña, 1952)

Profesora, filósofa e militante feminista. Creadora da web profesional “Feminismo, Género e Identidad”.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Helena González Fernández (Pontevedra, 1967)

Profesora titular de literatura galega na Universidade de Barcelona. A súa investigación céntrase na crítica literaria feminista, a cultura popular e a teoría das emocións.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Ana de Matos Carrasco (Lugo, 1963)

Feminista e artista disciplinar cuxo traballo analiza os arquetipos do poder mediante diversidade de técnicas como o gravado, a escultura, a fotografía o vídeo e instalacións.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Tareixa Navaza González (Santiago de Compostela, 1947)

Xornalista, voceira do movemento feminista en Galicia. Participou na fundación da Asociación Galega da Muller e da revista de pensamento feminista Andaina. Tamén encabezou distintas manifestacións polo dereito ao aborto e contra a violencia de xénero.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Montserrat Pena Presas (Sada, 1981)

Profesora da USC e crítica literaria. A súa tese de doutoramento versou sobre “Feminismo, xénero e coeducación na literatura infantil e xuvenil: historia crítica e aplicación didáctica".

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Amada Traba Díaz (Fisterra, 1958)

Profesora, política e socióloga. Participou en numerosas actividades de divulgación, formación, investigación e asesoramento no campo da socioloxía do xénero, especialmente nas que aplican a perspectiva de xénero á educación.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Nanina Santos Castroviejo (Padrenda, 1951)

Destacada feminista comezou a súa actividade na clandestinidade. Foi a primeira representante feminina no MCG e responsábel da estrutura de mulleres desta organización. Participou na creación da Asociación Galega da Muller en 1976. Está especializada en xénero e muller.

8 de marzo de 2021, Día Internacional da Muller. MULLERES GALEGAS POLA IGUALDADE. Xosé Anxo Seoane Cao.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.