LIÑAS DE ESTUDO DA LITERATURA MEDIEVAL

Page 1

LIÑAS DE ESTUDO DA LITERATURA MEDIEVAL LÍRICA MEDIEVAL (liñas de estudo) ========================================== INTRODUCIÓN: Logo da formación no noroeste peninsular dunha lingua romance diferenciada aparece a literatura galega escrita a finais do século XII. Na baixa idade media non se distingue da portuguesa, aínda que Portugal era un reino independente e en expansión cara ao sur. PRODUCIÓN LITERARIA: Lírica: a cantiga de amigo, a cantiga de amor, a cantiga de escarnio e maldicir, outros tipos... O cancioneiro relixioso: as cantigas de Santa María. Prosa: A Materia de Bretaña, o Ciclo Clásico, Os Miragres de Santiago. Teatro: Non se conservan textos aínda que é evidente a súa existencia. CRONOLOXÍA: Etapa primitiva: Derradeiros anos do s.XII e os comezos do XIII. Esplendor ou idade de ouro: período afonsino (1240 - 1280; Afonso X en Castela e Afonso III en Portugal); período dionisíaco (reinado de Don Dinís de Portugal ata a morte do Conde Barcelos 1354.) Decadencia: Finais do século XIV e o século XV: Escola galego castelá; Escola castelán portuguesa. AUTORES E INTÉRPRETES: Trobador. Xograr. Segrel. Menestrel. Soldadeiras. TEXTOS CONSERVADOS: Cancioneiro da Ajuda (310 cantigas, case todas de amor) Cancioneiro da Vaticana (máis de 1200 cantigas de diferentes xéneros. Ten os nomes dos autores) Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (antigo Colocci-Brancuti. 1647 composicións de todos os tipos. Ten o tratado “A Arte de Trovar”) Cancioneiro de Berkeley ou Cancioneiro dun Grande d’Hespanha (copia do Cancioneiro da Vaticana) Pergamiño Vindel (as sete cantigas de amigo de Martín Códax con notacións musicais) Pergamiño Sharrer (sete cantigas de amor de D. Dinís de Portugal con notacións musicais) Catro Códices que recollen as 427 composicións en honor á Virxe (cancioneiro relixioso, ademais da súa importancia literaria teñen grande valor pictórico e musical). A LINGUA: Situación lingüística normalizada. Lingua de todos os galegos. Non existe unha fronteira lingüística entre Galicia e Portugal. O sistema lingüístico empregado era unha especie de “koiné”, resultado de variantes dialectais ao norte e sur do Miño, á que habería que acrecentar elementos


ocasionais, normalmente no léxico, do castelán, leonés, provenzal, francés antigo... Os rexistros lingüísticos nos xéneros amorosos son máis limitados e artificiosos e resultan dunha menor riqueza lingüística do que no cancioneiro satírico, ou mesmo nas cantigas relixiosas de tipo narrativo.

A CANTIGA DE AMIGO (liñas de estudo) =============================== DEFINICIÓN: As cantigas de amigo son breves cancións postas en boca dunha muller namorada. Proceden dunha tradición autóctona anterior ao trobadorismo. CARACTERÍSTICAS XERAIS: Fala unha muller. O tema máis frecuente é a ausencia do amigo. A palabra “amigo” é característica deste xénero. O paralelismo: procedemento repetitivo que enlaza as estrofas de dúas en dúas, facendo que os versos da segunda estrofa sexan unha pequena variante dos versos da primeira. O leixaprén, que consiste na repetición dos segundos versos dun par de estrofas como primeiros versos do par seguinte. Cada unha das estrofas presenta dous versos seguidos dun refrán. Elementos da natureza e topónimo. Confidentes da namorada que se laia da ausencia do amigo, amado. Escaseza de metáforas e presenza do simbolismo (cervos, noite, aves cantoras, auga, cabelos, vento...) VARIEDADES: Bailadas: as máis ledas, con frecuentes incitacións ao baile. Mariñas ou barcarolas: nas que se atopa a presenza do mar. De romaría: presentan o ambiente da festa a carón da ermida. Albas ou alboradas: teñen como asunto a separación dos amantes ao amencer. XOGRARES E TROBADORES: Martín Códax, Mendiño, Xoán Zorro, Pero Meogo (especialistas de cantiga de amigo). Bernal de Bonaval, Airas Nunes, Xohán Airas, Afonso Eanes do Cotón, Pero da Ponte, Pero Amigo de Sevilla, Paio Gómez Chariño, Fernando Esquío...

A CANTIGA DE AMOR: ================== DEFINICIÓN: Constitúe unha imitación da cançó provenzal. Trátase dunha composición destinada ao canto na que o trobador se dirixía á súa dama para lle expresar o seu amor.


CARACTERÍSTICAS XERAIS: Presenza da palabra “senhor”. A paixón amorosa cumpre todas as leis do amor cortés: submisión total á dama, tópico de morrer de amor. A dama descríbese como un ser case sobrenatural, perfecto na orde moral e física. O namorado debe estar ao servizo permanente da súa señora. O pseudónimo poético ou senhal. TIPOLOXÍA E FORMA: Cantigas de mestría: Normalmente tres cobras ou estrofas de sete palavras ou versos cada unha. Cantigas de refrán: Normalmente cobras de catro palavras; ao final de cada cobra aparece un estribillo ou refrán. Aparecen características formais peculiares das cantigas de amigo, como o paralelismo e o propio refrán. Rima femia, cando os versos acaban en palabra grave. Rima macho, cando acaban en palabra aguda. O verso solto, sen rima recibía o nome de palavra perduda. Cobras unissonans, cando todas as estrofas manteñen un único esquema de rimas. Cando o esquema de rimas varía cada dúas estrofas, cobras doblas. Cando era diferente para cada unha das estrofas, cobras singulars. O dobre é un artificio que consiste na repetición dunha mesma palabra ou grupo de palabras en lugares simétricos dentro da mesma estrofa. O mordobre é outro artificio que consiste na repetición dun mesmo lexema con variación de sufixos. A atá-fiinda é un sistema de concatenación de estrofas polo cal pode ser indispensábel para a comprensión dunha estrofa algunha palabra ou verso da estrofa seguinte. A fiinda é unha especie de conclusión ou remate final que aparece en dous versos ao final da cantiga.

AS CANTIGAS DE ESCARNIO E MALDICIR

====================================

DEFINICIÓN: Este tipo de composicións presentan unha grande importancia sociolóxica, histórica, literaria e lingüística. Proveñen dun xénero da lírica provenzal que recibía o nome de “sirventés”. A Arte de Trovar establece unha distinción entre cantigas de escarnio e cantigas de mal dicir segundo a cal as primeiras empregarían a alusión, os dobres sentidos e os eufemismos, mentres que as segundas utilizarían a sátira directa, chamando as cousas polo seu nome. TEMÁTICA: Sátira moral e relixiosa, sátira política e militar, sátira literaria, sátira social, sátira de costumes e crenzas, sátira de tipos ou persoal.


OUTROS XÉNEROS ================ PASTORELAS: Cantigas que refiren o encontro dun cabaleiro cunha pastora. O cabaleiro solicitaba o favor da moza e remataba a composición coa aceptación ou o rexeitamento por parte dela das demandas amorosas do cabaleiro. A TENZÓN: Debate entre dous autores sobre un tema defendendo diferentes posturas. Mesmo número de cobras e findas por cada un dos autores. O PRANTO: Composición elexíaca en que o poeta canta as virtudes dun personaxe morto.

AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA ================================ Son 427 composicións que constitúen o cancioneiro relixioso promovido por Afonso X. As cantigas poden agruparse en dous grandes tipos: líricas(oracións, loanzas e cantos en honor da Virxe. As de loor intercálanse entre cada noves cantigas e son verdadeiras cantigas de amor nas que a Virxe é a dona a quen ama e canta o rei trobador) e narrativas (cancións nas que se contan milagres atribuídos a calquera advocación da Nosa Señora. Inícianse cun refrán lírico que se vai repetindo ao final de cada estrofa).

A PROSA MEDIEVAL ===================== O latín foi substituído polo castelán. Galicia, dependente primeiro da monarquía astur-leonesa e logo da castelá, non dispuxo dunha corte nin duns monarcas que ordenaran aos seus escribáns a substitución do latín polo romance, contribuíndo á fixación da lingua , como aconteceu en Castela ou en Portugal. As materias máis importantes tratadas neste período foron as relacionadas co Ciclo Bretón (lenda de Artur, lenda de Tristán e Isolda, a lenda do Graal) o Ciclo Clásico (lendas sobre o asedio e destrución de Troia e posteriores aventuras dalgún dos heroes que participaron nela), o Ciclo Carolinxio (Os Miragres de Santiago). Tamén hai que salientar as translacións de textos latinos ou casteláns como: “Crónica Xeral Galega”, Libros de Liñaxes, “A Crónica Galega”, “Crónica de Santa María de Iria” e escritos legais, obras relixiosas e textos didácticos.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.