cantigas medievais

Page 1

Comentario sinxelo dunha cantiga de amor. Quer’eu em maneira de proençal

A

fazer agora um cantar d’amor

B

e querrei muit’i loar mia senhor

B

a que prez nem fremosura nom fal,

A

nem bondade; e mais vos direi ém:

C

tanto a fez Deus comprida de bem

C

que mais que todas las do mundo val.

A

Ca mia senhor quizo Deus fazer tal,

A

quando a faz, que a fez sabedor

B

e todo bem e de mui gram valor,

B

e com tod’est[o] é mui comunal

A

ali u deve; er deu-lhi bom sém,

C

e desi nom lhi fez pouco de bem

C

quando nom quis lh’outra foss’igual

A

Ca mia senhor nunca Deus pôs mal,

A

mais pôs i prez e beldad’e loor

B

e falar mui bem, e riir melhor

B

que outra molher; desi é leal

A

muit’, e por esto nom sei oj’eu quem

C

possa compridamente no seu bem

C

falar, ca nom á, tra-lo seu bem, al.

A

DON DINÍS DE PORTUGAL (CBN 520 bis; CV 123)


Paráfrase: Quero, seguindo a moda provenzal facer agora un cantar de amor e quererei loar moito á miña “senhor” a quen honra e fermosura non lle faltan nin bondade; e direivos máis sobre ela: Deus a fixo tan chea de calidades que é máis que todas as do mundo. Pois Deus quixo facer á miña “senhor” de tal xeito cando a fixo, que a fixo coñecedora de todo ben e de gran valor, e ademais é moi sociable cando debe; tamén lle deu bo sentido, e fíxoa tan ben que non quixo que outra fose igual a ela. Porque na miña “senhor” nunca Deus puxo o mal, e si puxo honra, beleza e mérito e capacidade de falar ben e de rir mellor que calquera outra muller; é tamén leal moito, e por isto non sei quen hoxe poida cabalmente das súas perfeccións, falar, xa que non existe ningunha cousa fóra delas.

1. Contexto, autor, obra. Dentro da lírica medieval galego-portuguesa (finais do século XII a mediados do XIV), a cantiga de amor, un cantar no que un home se dirixe a unha dona, constitúe o grupo con maior número de composicións dentro da lírica profana. A cantiga de amor galega constitúe unha imitación consciente da cançó provenzal. A paixón amorosa do trobador cumpre todas as características do amor cortés, dende a total submisión á dama ata o tópico de morrer de amor. A dama descríbese como un ser case sobrenatural, perfecto na orde moral e física. O trobador, que se consideraba indigno da súa dona, podía ser un simple suspirante (fenhedor), ou ter ascendido na escala do proceso amoroso ás fases de suplicante (precador), namorado (entendedor), ou mesmo ao dificilmente alcanzable estado de amante correspondido (drut). O que padece de amor ha de gardar sobre todo a virtude da mesura: discreción, humildade, fidelidade e servizo permanente á súa “senhor”. Entre os trobadores do período dionisíaco destaca o propio rei don Dinís, o máis fecundo dos nosos trobadores: 76 cantigas de amor, 52 de amigo, 10 de escarnio e maldicir e 3 pastorelas. As súas composicións están recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, tamén chamado Colocci-Brancuti; no Cancioneiro da Vaticana, e tamén no Pergamiño Sharrer, datado a finais do século XIII ou comezos do XIV, que consta de sete cantigas de amor de D. Dinís con música. 2. Temática. O trobador quere facer un canto de amor –a imitación dos provenzais- para loar a súa “senhor”. Descríbea case como un ser sobrenatural, perfecto na orde moral e física. A mesura impídelle pronunciar o nome da señora, polo que o substitúe por un pseudónimo poético ou “senhal”. O poeta débelle submisión e homenaxe á súa amada. A “senhor” aparece descrita coas seguintes calidades e virtudes: fermosura, bondade; coñecedora de todo ben, de gran valor, sociable, honrada, beleza, falar ben, rir mellor, moi leal… En definitiva, vale máis que todas as do mundo, tanto que Deus non quixo que ningunha outra fose igual a ela. Nesta cantiga, non hai máis que a loa da amada. Non se desenvolve o mundo das relacións home/muller, nin sequera vistas dende unha relación imposible, como algo que nunca se poderá realizar e, polo tanto, non se dá o amor como fonte de sufrimento (a coita de amor).


O trobador, indigno da súa amada, é un simple suspirante (fenhedor), e quizais aspira a ser recompensado e ascender na escala do proceso amoroso á seguinte fase, a de suplicante (precador), ou namorado (entendedor), ou o estado inalcanzable de amante correspondido (drut).

3. Forma. Tradicionalmente víñase facendo unha clasificación das cantigas de amor en: a) cantigas de mestría e b) cantigas de refrán, atendendo, loxicamente, á presenza ou ausencia deste último recurso ao longo de cada texto. As diferenzas da cantiga de amor galego-portuguesa coa cançó débense á influenza que exerceu sobre a lírica trobadoresca o lirismo popular autóctono, que se manifesta especialmente no xénero da cantiga de amigo. Neste caso estamos ante unha cantiga de mestría xa que non existe o refrán. Está formada por tres estrofas (cobras) de sete versos cada unha delas (palavras). Os versos son decasílabos. A rima é consoante macho xa que rematan os versos en sílaba aguda. As estrofas manteñen un único esquema de rimas polo que reciben o nome de unisonantes. Aínda que o procedemento máis característico da nosa lírica medieval é o paralelismo, este é un trazo máis característico da cantiga de amigo, que tamén aparece nas cantigas de amor de refrán. Non é este o caso. nesta cantiga os procedementos formais que podemos apreciar son aqueles que consisten na repetición dunha mesma palabra ou grupo de palabras en lugares simétricos dentro da mesma estrofa, o dobre, como en: Ca mia senhor quizo Deus fazer tal, quando a faz, que a fez sabedor e todo bem e de mui gram valor, e com tod’est[o] é mui comunal ali u deve; er deu-lhi bom sém, e desi nom lhi fez pouco de bem quando nom quis lh’outra foss’igual

O mordobre é outro artificio que consiste na reprodución dun mesmo lexema con variación de sufixos; en moitos casos trátase de diferentes formas dun verbo. Quer’eu em maneira de proençal fazer agora um cantar d’amor e querrei muit’i loar mia senhor a que prez nem fremosura nom fal, nem bondade; e mais vos direi ém: tanto a fez Deus comprida de bem que mais que todas las do mundo val.


Ca mia senhor quizo Deus fazer tal, quando a faz, que a fez sabedor e todo bem e de mui gram valor, e com tod’est[o] é mui comunal ali u deve; er deu-lhi bom sém, e desi nom lhi fez pouco de bem quando nom quis lh’outra foss’igual

Ca mia senhor nunca Deus pôs mal, mais pôs i prez e beldad’e loor e falar mui bem, e riir melhor que outra molher; desi é leal muit’, e por esto nom sei oj’eu quem possa compridamente no seu bem falar, ca nom á, tra-lo seu bem, al.

A atá-fiinda é un sistema de concatenación de estrofas polo cal pode ser indispensable para a comprensión dunha estrofa algunha palabra ou verso da estrofa seguinte, tal e como acontece nesta composición, onde se dá un contido progresivo no que na estrofa seguinte é onde se proporciona a razón do dito anteriormente. Algunhas cantigas de amor de mestría teñen un par de versos finais que reciben o nome de fiinda, unha especie de conclusión ou remate, que non aparece neste caso. 4. Conclusión. Nesta cantiga de amor, o trobador loa a dama, a súa “senhor”, e descríbea como un ser perfecto, único. O poeta atópase na escala máis baixa do proceso amoroso, polo que o que máis destaca nel é a discreción, a fidelidade e o servizo permanente á súa señora. Estamos ante a sublimación e idealización do amor. Podemos clasificala dentro das cantigas de amor de mestría, xa que xorde como imitación do lirismo provenzal e non está influenciada polo lirismo autóctono, polo que non presenta refrán e si os artificios de repetición característicos da cançó.


Comentario sinxelo dunha cantiga de amigo. -Digades, filha, mia filha velida: porque tardastes na fontana fría? Os amores hei. -Digades, filha, mia filha louçana: porque tardastes na fría fontana? Os amores hei. -Tardei, mia madre, na fontana fría, cervos do monte a augua volvían. Os amores hei. -Tardei, mia madre, na fría fontana, cervos do monte volvían a augua. Os amores hei. -Mentir, mia filha, mentir por amigo! Nunca vi cervo que volvess'o río. Os amores hei. -Mentir, mia filha, mentir por amado! Nunca vi cervo que volvess'o alto. Os amores hei. PERO MEOGO [B 1192 / V 797] 1. Autor, obra, contexto. Esta composición poética de Pero Meogo é unha das 1680 composicións poéticas profanas que foron escritas entre finais do século XII e mediados do XIV na lingua romance galego-portuguesa e que encadramos polo tanto dentro da denominación xeral de Lírica Medieval Galego-Portuguesa. O nacemento desta literatura produciuse baixo unhas condicións de prosperidade social e económica. Precisamente Galicia atravesa unha etapa histórica de gran desenvolvemento nestes séculos a pesar da progresiva perda de poder político. A literatura galega deste período non se distingue da portuguesa, nace e desenvólvese nos mesmos séculos en que Portugal inicia a súa formación como reino independente, pero é anterior á división lingüística entre galego e portugués. Como acontece en case todas as literaturas, as primeiras manifestacións da literatura galega son de carácter lírico. Aínda que hai sobrados indicios que proban a existencia en Galicia dunha tradición popular oral deste tipo de cancións, o motivo determinante de que naza a literatura galega escrita a finais do século XII é a chegada do lirismo provenzal. Os primeiros trobadores galegos comezan imitando a moda literaria que vén de Provenza, pero inmediatamente incorporan ao seu repertorio cantigas de tipo tradicional galego, a imitación das que cantaba o pobo e que se viñan conservando por tradición oral. Así, dos


tres xéneros principais da lírica galegoportuguesa medieval, cantigas de amigo, cantigas de amor e cantigas de escarnio e maldicir, o primeiro é o tradicional. Se ben Compostela foi impulsor do primeiro lirismo trobadoresco galegoportugués, este axiña se espallou polas cortes de Castela, León e Portugal. A maioría dos poetas son galegos e portugueses, pero tamén os hai doutras procedencias aínda que todos utilizaban o galegoportugués, que se converteu na lingua lírica peninsular durante os séculos XIII e XIV. De Pero Meogo, o autor desta cantiga, poucos datos se teñen. Probablemente fose un clérigo galego, autor de nove cantigas de amigo, que viviu probablemente na segunda metade do século XIII. As nove cantigas deste xograr teñen unha grande unidade temática e recorren a miúdo aos mesmos símbolos eróticos, como son o cervo e a auga. A cantiga obxecto da noso comentario está recollida no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa co número 1192. Este cancioneiro era coñecido polo nome de “Cancioneiro Colocci-Brancuti” desde que foi descuberto en Italia a finais do século XIX, pero na primeira metade do século XX foi adquirido polo goberno portugués. Ten máis de mil seiscentas cantigas dos diferentes xéneros. A colección de cantigas vai precedida dun tratado de poética (Arte de Trovar), que estuda os diversos tipos de composicións e os trazos formais que as caracterizan. No Cancioneiro da Vaticana tamén aparece esta cantiga coa numeración 797. Foi descuberto na Biblioteca Vaticana de Roma e contén máis de mil duascentas cantigas dos diferentes xéneros. É unha copia manuscrita feita na Italia do Renacemento a partir dalgún cancioneiro hoxe perdido. 2. Tema. Unha nai pregúntalle á súa filla o motivo da súa tardanza na fonte. Esta contéstalle que o motivo foi a presenza de cervos que revolvían a auga. A nai non acepta a desculpa e dille que está mentindo, que o verdadeiro motivo da súa tardanza foi porque estivo na fonte co seu amigo. A presenza da palabra “amigo” e o feito de que a voz poética sexa unha muller, lévanos a identificar claramente este texto como unha cantiga de amigo, aínda que neste caso non se dá o tópico do laio da muller pola ausencia do amigo, do amado. É unha cantiga de amigo dialogada, na que interveñen, naturalmente, a nai e a filla. O papel que lle corresponde neste caso á nai é basicamente o de vixilancia da filla, o de control. A filla aparece caracterizada como “velida”, “louçana”. Os elementos da natureza cobran especial importancia e o seu valor como símbolos eróticos son evidentes. O cervo representa o amigo, o amado e convértese en símbolo erótico: a virilidade do macho que revolve a auga, símbolo este de feminidade e que representa a amada. O refrán funciona a nivel temático como un xeito particular de conclusión: teño amores. 3. Forma. A Arte de Trovar distingue as cantigas de amigo pola característica de ser a muller quen fala. Dende o punto de vista da forma, o trazo máis distintivo desta cantiga é o paralelismo. Este é un procedemento repetitivo que enlaza as estrofas de dúas en dúas, facendo que os versos da segunda estrofa sexan unha pequena variante dos versos da primeira:


I

II

-Digades, filha, mia filha velida: porque tardastes na fontana fría? Os amores hei. -Digades, filha, mia filha louçana: porque tardastes na fría fontana? Os amores hei.

A B Refrán A’ B’ Refrán

Nos primeiros versos das dúas primeiras estrofas o paralelismo prodúcese por substitución da última palabra “velida” por outra co mesmo significado “louçana”. Nos segundos versos prodúcese por alternancia: “fontana fría?”, “fría fontana?” III

-Tardei, mia madre, na fontana fría, cervos do monte a augua volvían. Os amores hei.

IV

-Tardei, mia madre, na fría fontana, cervos do monte volvían a augua. Os amores hei.

C D Refrán C’ D’ Refrán

Nos primeiros e segundos versos das estrofas terceira e cuarta o paralelismo prodúcese por alternancia: “fontana fría?”, “fría fontana?”, e “a auga volvían”, “volvían a auga”. V

-Mentir, mia filha, mentir por amigo! Nunca vi cervo que volvess'o río. Os amores hei.

E F Refrán

VI

-Mentir, mia filha, mentir por amado! Nunca vi cervo que volvess'o alto. Os amores hei.

E’ F’ Refrán

Nas estrofas quinta e sexta o paralelismo prodúcese por substitución da última palabra “amigo”, “río” por outra co mesmo significado “amado”, “alto”. Por outra banda, cada unha das estrofas presenta dous versos seguidos dun refrán que se repite ao longo da cantiga: “os amores hei”. Ao ser esta unha cantiga dialogada, non se observa o leixaprén, é dicir, a repetición dos segundos versos dun par de estrofas como primeiros versos do par seguinte, aínda que nos dous primeiros pares de estrofas pódese apreciar o paralelismo en canto a que a resposta da filla constrúese en base á pregunta que a nai lle fai:

I

-Digades, filha, mia filha velida: porque tardastes na fontana fría? Os amores hei.

A B Refrán

II

-Digades, filha, mia filha louçana: porque tardastes na fría fontana? Os amores hei.

A’ B’ Refrán


III

-Tardei, mia madre, na fontana fría, cervos do monte a augua volvían. Os amores hei.

C D Refrán

IV

Tardei, mia madre, na fría fontana, cervos do monte volvían a augua. Os amores hei.

C’ D’ Refrán

Non se produce no seguinte par de estrofas. Tendo en conta que o cómputo silábico métrico na lírica medieval abranguía ata a última sílaba tónica do verso (o mesmo que sucede no francés, a diferenza do sistema de cómputo italiano e castelán, que conta unha sílaba máis a partir da última acentuada) os metros empregados nesta cantiga son o pentasílabo no refrán e o decasílabo no resto dos versos. 4. Conclusión. Estamos ante unha cantiga de amigo, unha breve canción que reproduce o diálogo entre unha nai e unha filla sobre o motivo da tardanza desta en chegar á casa. Presenta características temáticas e formais que a distingue como cantiga de amigo e do resto da produción lírica medieval, e procede dunha tradición autóctona do noso pobo, anterior ao trobadorismo. Nesta, a natureza cobra un papel relevante, e máis alá de constituír un simple escenario, presenta un valor simbólico no que as connotacións eróticas do cervo e a auga están en perfecta comuñón co mundo cultural galego do medievo. A nivel formal a cantiga está construída en base a tres pares de estrofas paralelísticas de dous versos máis refrán, aínda que non aparece o leixaprén ao ser esta unha cantiga de amigo dialogada.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.