10 de marzo

Page 1

N5

OUTUBRO NOVEMBRO

SEGUNDA ÉPOCA

10

Sen naval non hai futuro [ O sector naval é un sector estratéxico da nosa economía. Isto é así polo mantemento de emprego industrial, cada vez máis cualificado; polo contido cada vez maior de tecnoloxía e coñecemento, que reforza e dá entrada a outros sectores na nosa economía; polo carácter internacional e exportador da meirande parte da súa produción; pola xeración de riqueza material e intelectual que achega ] Páxinas 4 y 5

Navantia, base do emprego en Ferrol Páxina 3

Formación Páxina 7

A lousa busca unha saída Páxina 8


EDITORIAL As instalacións da antiga Bazán nos anos vinte

A comarca de Ferrol e o seu sector naval [ A forte vinculación da comarca de Ferrol coa construción naval vén de vello. Dende entón, a marcha da súa economía e o seu desenvolvemento social están fortemente condicionadas polos continuos vaivéns desta actividade produtiva] O monocultivo industrial da comarca de Ferrol, baseado no naval e na enerxía, faina fortemente dependente da conxuntura que en cada momento afecte a estas actividades, de xeito que cando os resultados son negativos, as repercusións económicas e sociais son dramáticas, como se vén demostrando dende a primeira reconversión naval no ano 1984. A construción naval conforma unha actividade industrial con características especiais que a converten nun dos principais motores da economía daquelas comarcas onde asenta. Así, a industria naval é especialmente sensible aos cambios de ciclo económico. Nun momento en que o mundo se ve convulsionado por unha serie de acontecementos que inflúen de maneira xeral no conxunto das economías, a caída da demanda de buques e a redución do gasto público dos países atinxidos producen un efecto perverso no sector. Temos que ter en conta que o naval é unha actividade fortemente condicionada polos orzamentos que cada país dedique á defensa, e este non é o mellor momento para incrementalos e nin sequera para mantelos.

A construción naval conforma unha actividade industrial con características especiais que a converten nun dos principais motores da economía daquelas comarcas onde asenta Outra das características fundamentais do sector é a súa alta capacidade exportadora. Durante os anos setenta, o conxunto do naval galego (militar e civil) converteuse no primeir o sector exportador de Galicia. Na actualidade ocupa o sétimo posto por tras da venda de vehículos, a industria téxtil e a da confección, a industria alimentaria, a industria quí-

2

ı

10 DE MARZO

mica, a metalurxia e a fabricación de material e equipamento eléctrico. Aínda así, o 6% do total das exportacións galegas ten a súa orixe neste sector. É fácil de entender que un sector con capacidade de internacionalizarse é un sector moderno, flexible e, sobre todo, competitivo.

Industria de síntese A continua diminución da demanda de buques dende os anos oitenta obriga a reducir a capacidade produtiva do sector co fin de adaptala a aquela. Unha das medidas principais que se toman é a de recortar os custos fixos dos estaleiros, co fin de reducir as súas cargas económicas e incrementar así a súa competitividade no mercado globalizado onde actúa. Isto, unido ao carácter descontinuo da demanda, tradúcese nun considerable aumento da flexibilidade na produción e no emprego dentro dos estaleiros, o que supón un incremento de persoal subcontratado –persoal que pode ir axeitándose ás necesidades da demanda– e dunha gran diminución dos cadros de persoal propios de cada fábrica. A modo de exemplo, podemos apuntar que 10.000 son os empregos directos perdidos nos últimos trinta anos, en ambos os dous estaleiros comarcais. Este proceso desenvólvese ata tal punto que os estaleiros se converten en industrias de síntese, onde máis do 60% do valor engadido dun buque e, practicamente, o 70% da man de obra achégaa a industria auxiliar. Industria esta con capacidade tan grande para xerar emprego que supera, con fartura, os cadros de persoal dos estaleiros. Pero ademais do efecto que, sobre a economía comarcal, ten a existencia desta industria auxiliar como subministradora de numerosos inputs ao naval, temos que ter en conta toda unha serie de servizos que emerxen arredor dos estaleiros: restaurantes, hoteis, comercios, etc. Como podemos ver, o naval necesita de case todas as actividades económicas da comarca, actividades tan variadas como a industria téxtil, a dos produtos químicos, a metalurxia, a fabricación de material, a química, a fabricación de produtos de caucho, a produción e distribución de enerxía, axencias de viaxes, servizos postais, hostalería, mediación finan-

ceira; relaciónase coas máis importantes actividades do tecido industrial e dos servizos da comarca, o que lle confire a capacidade de ser un dos principais motores da súa economía.

A necesidade de atopar novos nichos de mercado parece a mellor opción ou, por mellor dicir, parece a única opción para non provocar maior deterioración industrial e social na comarca da que xa existe

É evidente que esta forte capacidade de arrastre outórgalle, ao mesmo tempo, unha importantísima capacidade xeradora de emprego indirecto, de xeito que na comarca de Ferrol, aos 2.500 empregos directos dos estaleiros de Fene e Ferrol se lle suman, na actualidade, 5.000 máis da industria auxiliar. Isto supón que por cada traballador propio do cadro de persoal, na actualidade o naval necesita dous traballadores da industria auxiliar. Se ademais lle engadimos todo o emprego inducido na comarca, o resultado é que máis de 17.000 persoas viven, en maior ou menor medida, do sector naval. Na actualidade, unha vez entregados os traballos que se están a realizar en Navantia (ao longo do 2012) e á parte do último encargo de Australia de construír cinco bloques para o segundo dos tres destrutores que están en marcha, a carteira de pedidos de Navantia na comarca é practicamente inexistente. A necesidade de atopar novos nichos de mercado parece a mellor opción ou, por mellor dicir, parece a única opción para non provocar maior deterioración industrial e social na comarca da que xa existe. É certo que estamos inmersos nunha profunda crise, pero tamén é certo que as graves deficiencias estruturais que acusan Ferrol e a bisbarra fan que esta lle afecte de maneira máis dura. A taxa de paro do 19%, superior á galega en tres puntos porcentuais, e a inexistencia dunha industria alternativa incapaz de tomar a remuda ao naval póñennos na pista das consecuencias tan dramáticas que, para a economía comarcal, traería consigo a perda do noso sector naval. fi


SECTORES

A Federación de Industria de CCOO quere concienciar a poboación da importancia da empresa para o emprego na comarca

Navantia, base do emprego en Ferrol [ Os traballadores e traballadoras de Navantia Ferrol e Fene, así como das compañías auxiliares, manteñen desde comezos de ano mobilizacións e concentracións A maiores, recentemente, Australia encargounos cinco bloques do segundo destrutor AWD dos tres que se están a construír en Australia. Debería estar iniciado o corte de chapa en setembro, pero existen problemas para reunir materiais. Xa estabamos a facer aquí os bloques de bulbo dos tres barcos, e pódense firmar en pouco tempo os mesmos cinco bloques da terceira unidade. En resumo, temos oito bloques do programa AWD e hai moitas posibilidades de que, por goteo, cheguen máis. Loxicamente, o efecto na deterioración do emprego íase notar xa neste vindeiro trimestre, fundamentalmente na industria auxiliar de aceiros, que é a primeira en sentir os efectos, pero este encargo serve para adiar o problema un pouco máis. Navantia sostén que fai unha acción comercial moi activa pero non se concreta en pedidos. Reforzouse o departamento comercial, mesmo abrindo sedes nalgúns países.

Apúntase o mercado eólico mariño como un nicho apetecible, pero no que ten que ver co Plan Eólico Nacional sitúase non antes do 2015.

semanais para esixir o cumprimento das promesas das Administracións e da empresa, e que haxa máis carga de traballo para o naval na comarca] Calcúlase que, unha vez construído o dique, lle proporcionaría á área de Reparacións a posibilidade de manter todo o ano e de forma estable unha media de seiscentos postos de traballo máis que hoxe.

Que achegaría o dique flotante Como estamos na actualidade A maiores de supoñer carga de traballo inmediata –sen depender dunha adxudicación exter na– para aproximadamente oitocentas persoas durante máis de dous anos, aumentaría a capacidade de contratación da área de Carenas. Co novo dique poderíanse contratar buques de moito maior porte e incluso acceder a un mercado novo para nós, como é o de transformacións de buques. As transformacións requiren de man de obra moi cualificada da que dispoñemos sobradamente na zona de Ferrolterra e ocuparía unha instalación como o dique durante meses.

Tras o enésimo pronunciamento unánime do Parlamento galego a favor do naval en Ferrol e o apoio dos empresarios, a unanimidade dos sindicatos e dos partidos políticos, non pasamos de bonitas palabras. O delegado do Gober no en Galicia anunciou que Navantia achegaría o 50% do custo da infraestrutura se a Xunta puña o resto, pero non se volveu escoitar pronunciamento ningún dende a SEPI ou NAVANTIA para reafirmalo. O conselleiro de Industria contradise coa resolución parlamentaria unánime

que insta o Goberno da Xunta a cofinanciar o dique, dicindo que non teñen por qué achegar cartos a unha empresa pública. O alcalde de Ferrol convocou o conselleiro de Industria e o conselleiro delegado de Navantia a unha xuntanza. Aínda hoxe, o segundo non confirmou a súa asistencia. Os traballadores mantemos dende comezos deste ano as nosas reclamacións e, dende a volta do descanso estival, lévanse a cabo mobilizacións case con periodicidade semanal, encamiñadas a unha gran mobilización comarcal o vindeiro 6 de novembro. O obxectivo é sensibilizar a cidadanía de que 17.000 empregos dependen en maior ou menor medida da actividade de Navantia en Ferrolterra, entre directos, indirectos e inducidos. A partir de aí, cómpre obrigar os ámbitos institucionais a apoiar a empresa de referencia na xeración de emprego na comarca fi

FITOS CONSTRUTIVOS FUTUROS FRAGATA CRISTOBAL COLON ALHD1 "CAMBERRA" ALHD2 "ADELAIDA"

Entrega, xuño 2012 Saída prevista cara a Australia, verán de 2012 Botadura verán 2012 Saída prevista cara a Australia, verán de 2014

10 DE MARZO

ı

3


SECTORES

Os problemas do sector pódense solucionar cunhas políticas axeitadas

O naval na Ría Porén, a construción naval da ría enfróntase dende hai dous anos a unha caída acelerada da actividade, cunha falta de contratación que levou ao desemprego a maior parte dos traballadores.

Os efectos da crise mundial sobre a contratación de barcos

[ O sector naval é, xa de vello, un sector estratéxico da nosa economía, como recolle a Lei 4/2010 aprobada por unanimidade no Parlamento galego o 23 de xuño 2010. Isto é así polo mantemento de emprego industrial, cada vez máis cualificado; polo contido cada vez maior de tecnoloxía e coñecemento, que reforza e dá entrada a outros sectores na nosa economía; polo carácter internacional e exportador da meirande parte da súa produción; pola xeración de riqueza material e intelectual que achega, o forxado que pode soster –sen estar suxeito aos intereses de multinacionais, como acontece noutros sectores– a capacidade e as posibilidades para un necesario cambio do noso modelo produtivo ]

Ata a chegada da crise, o sector naval vivía unha euforia derivada da elevada demanda de construción de buques ligados ao tráfico mundial de mercadorías. O auxe do comercio internacional levou a repetir unha situación que non se daba dende o final dos anos sesenta e o comezo dos setenta, cando a demanda de construción de barcos superaba a oferta que podía ofrecer o sector a escala mundial. O cambio na situación económica mundial causou unha caída inmediata no número de pedidos, aínda que os barcos para algunhas finalidades continúan tendo elevada demanda, como é o caso dos ligados á extracción de petróleo no mar, especialmente rendibles debido ao elevado prezo deste recurso nos últimos anos. As decisións do sector non poden modificar o escenario que provocan os ciclos económicos ou as tendencias mundiais, pero si adaptarse a elas. En particular, dende CCOO entendemos que, ante a caída da contratación mundial, os camiños que se han seguir son dous: a. A especialización: cómpre –como, por outra parte, xa se vén realizando– tomar posición en buques nos que a demanda se mantén ou aumenta, como os xa citados de apoio á actividade de extracción petrolífera. b. A reparación naval: a caída da demanda na construción é independente das necesidades de reparación dos buques en activo. A posición estratéxica da ría e o tecido de empresas auxiliares deben asegurar o éxito desta actividade, que, explotada a grande escala, permitiría o mantemento do emprego e do tecido empresarial.

A competencia dos países emerxentes en custos salariais Aínda que isto xa sucedía, particularmente con Corea, o despegue de China, seguido de Brasil, no sector naval, xera unha competencia cos custos salariais moi in-

O cambio na situación económica mundial causou unha caída inmediata no número de pedidos 4

ı

10 DE MARZO

feriores aos nosos, polo que a posición favorable que temos fronte á media dos custos europeos vese desprazada por esta situación. O fenómeno da competencia por custos non pode resolverse baixando os salarios ao nivel dos países cos que se compite, senón con aquelas medidas que lles permiten competir no sector a países cun custo do factor traballo superior ao noso tanto no sector naval coma noutras industrias. En particular, a innovación e a mellora en capacidade tecnolóxica, a mellora en formación, en cualificación profesional e competencias dos traballadores, e a especialización en barcos de alto valor engadido, diferentes dos buques básicos, son camiños que se deben seguir para manter unha oferta competitiva no mercado internacional. Outra das vías fundamentais para manter a competitividade é a consolidación da área de Vigo como contorno local ou distrito industrial do sector naval, isto é, como unha área xeográfica que concentra o conxunto de empresas e profesionais necesarios para o desenvolvemento da actividade. Neste sentido, a madurez e consolidación dunha potente industria auxiliar é a maior garantía de viabilidade do sector. O diferencial de ter un tecido consolidado converteu a Vigo nun centro naval de referencia para armadores, subministradores de equipamentos, provedores especializados, sociedades de clasificación, oficinas técnicas navais e subministradores de servizos especiais técnicos e loxísticos esenciais para cubrir as demandas de construcións de vangarda tecnolóxica.

As axudas doutros países á súa industria O sector compite internacionalmente con países que teñen mecanismos, ás veces de carácter fiscal, con consecuencias directas sobre o prezo final do buque para o cliente, e que, daquela, inflúen directamente na competencia. Neste momento a Unión Europea pon en cuestión o tratamento fiscal ligado á compra de buques que viña aplicando o Estado español. A paralización da chamada tax lease dificulta a concreción na negociación de pedidos e suscita o receo dos bancos a embarcárense en operacións de estruturación financeira para a construción de buques. Dentro do cumprimento das normas de competencia, é preciso que se resolva o expediente do tax lease o máis axiña posible, e que se creen as condicións para competir realmente en igualdade co naval doutros países, evitando que factores externos á capacidade das empresas beneficien as propostas económicas dos competidores.


SECTORES

de Vigo SÍ ten futuro A innovación e a mellora en capacidade tecnolóxica e a especialización en barcos de alto valor engadido son camiños que se deben seguir para manter unha oferta competitiva no mercado internacional

Os problemas financeiros das empresas O nivel de recursos propios, particularmente dalgúns estaleiros, non se corresponde coa importancia das instalacións e as actividades que realizan. A ausencia de capitalización das compañías por parte dos actuais propietarios carga o conxunto do financiamento sobre os recursos alleos. Unha das características da crise que estamos a vivir é a forte compoñente financeira. As entidades bancarias que tradicionalmente financian a construción de barcos na ría de Vigo están sometidas pola súa vez a restricións de liquidez, tanto pola presión dos mercados como pola situación das súas carteiras de créditos. En consecuencia, as facilidades para obter financiamento bancario son moito máis limitadas que hai poucos anos. A posta en cuestión do modelo de aval público Parte do financiamento obtido polo sector estábao avalando unha sociedade cunha forte participación pública, PYMAR. A aparición de créditos falidos coa crise e a decisión de eliminar a política de avais por parte do Go-

berno do Estado limita máis, se cabe, a viabilidade financeira dos proxectos. Para resolver a situación financeira do sector, e de xeito particular a dos estaleiros, será necesario que a propiedade estea nas mans de persoas ou sociedades con elevada solvencia financeira, capaces de mobilizar recursos propios; e isto tanto polas necesidades de recursos propios coma pola maior dificultade que se vai producir para captar recursos alleos, e particularmente operacións de préstamo e crédito. Por outra banda, é imprescindible reclamar o mantemento da actividade de aval de PYMAR, e mecanismos de aval público galego, que garantan a asunción de risco crediticio das entidades financeiras. Nos procesos de concurso de acredores que están a afectar a algúns estaleiros, a incorporación de industrias auxiliares do naval a participar da propiedade dos estaleiros, de capitalizar débeda dos procesos concursais, ademais do apoio público con créditos participativos de entidades como Xesgalicia, facilitarían a integración do sector e o restablecemento da confianza. No caso particular de Barreras, o mantemento produtivo da superficie anexa á actividade principal, por traspaso a titularidade pública, debe facilitar a capitalización necesaria que facilite a saída do concurso, asegurando o mantemento da actividade industrial e preservando o estaleiro da presión urbanística. Por último, débense ter en conta os erros propios de xestión cometidos nalgúns estaleiros que os levaron a concurso de acredores, arrastrando con eles as empresas auxiliares. Como é evidente, non todos os estaleiros están na mesma situación. Algúns concursos de acredores, que son de dominio público, débense en boa medida a decisións desacertadas dende o punto de vista da xestión. Estes erros arrastran boa parte das industrias auxiliares, ligadas aos estaleiros por relacións de confianza, baseadas na ausencia de formalización de acordos de colaboración a longo prazo. Estas, como puideran ser un consorcio naval, participacións accionariais cruzadas ou empresas conxuntas, non prosperaron alén do plano teórico, polo que a estrutura básica é a simple relación vertical dun provedor, cliente, subcontratista cun estaleiro. Parece preciso, por tanto, que os equipos que asuman a propiedade e xestión dos estaleiros en proceso concursal teñan, amais de solvencia financeira, a con-

fianza e a solvencia profesional ante o sector e ante as entidades financeiras, para facilitar o reinicio da actividade. En definitiva o sector naval enfróntase a un conxunto de factores que cuestionan o seu futuro na ría de Vigo. A non resolución destas dificultades e a desaparición de empresas pode provocar a perda irremediable dunha cultura industrial. As dificultades, e en particular as cinco tratadas anteriormente, teñen solución se o sector e os poderes públicos aplican as medidas necesarias para facer viable o seu futuro. Os poderes públicos, e nomeadamente os Gobernos galego e estatal, ambos con competencias sobre o sector naval, teñen unha función relevante na saída da crise, poder que deben utilizar tanto de forma directa (alternativa ao tax lease, política de avais…) como de forma indirecta, condicionando o apoio a un novo modelo de sector que actúe como contorno local cunha industria integrada entre estaleiros e industrias auxiliares, liderada por empresas e profesionais solventes financeira e profesionalmente. Debe ser o impulso político dende a Xunta de Galicia o que asegure espazos de capitalización, de financiamento, de mantemento no aval público, de posta en valor dun modelo de xestión profesional exixente consigo mesmo e cos demais, e debe acometerse XA!! Dende CCOO seguiremos a mobilizar e situar no conxunto da cidadanía os problemas e as alternativas para o naval, mantendo unha actitude exixente coas administracións pero tamén coas direccións das empresas e os seus consellos de administración, para que deixen de escudarse nos problemas do sector para non abordar nin elaborar estratexias que resolvan os seus problemas particulares; non se pode perder máis tempo, cómpre ter fixados os obxectivos, definidas as liñas de traballo, reorientada e activa a estratexia comercial… Os problemas do sector non son independentes dos problemas dos seus traballadores, como no fondo se cre. Mentres a maioría destes se atopan no desemprego loitando por acadar solucións, a clase empresarial que os representa tende cada día máis a ser a gran parte do noso problema fi

10 DE MARZO

ı

5


FORMACIÓN

Seguimos formando, Un ano máis, a Federación de Industria ofrece en Galicia varios plans de formación para mellorar as condicións laborais e de vida. Estamos a desenvolver un plan ambicioso, con menos recursos que en anos anteriores, pero que permiten cubrir unha porcentaxe ampla das demandas. Coma sempre, estamos en todos os lugares para poder cubrir necesidades que se nos demandan, tanto de especialidades formativas como de grupos.

Somos conscientes do importante que é a formación profesional no estado actual, non só de crise económica, senón de consolidación do I+D+i e na cualificación profesional, que é un gran reto que debemos desenvolver e consolidar. Neste momento, o Plan de Formación Profesional para o Emprego do ano 2011 que estivemos ofrecendo ata agora é o seguinte:

SECTOR METAL Nº ACCION 15 26 29 29 31 31 31 32 38 38 38 40 41 41 41 42 80 128 153 159 163 167 167 173 175 185 229 332 332 332 332 332 333 335 343 343 343 343 348 350 350 350 353 355 360 367 379 381 390 408 411 414 414 415 429 433 523 527 572 574 587 612 619 786 787 788 801 803 804

6

ı

10 DE MARZO

DENOMINACIÓN HOMOLOGACIÓN DE SOLDADURA SOLDADURA AO ARCO PERFECCIONAMENTO SOLDADURA ELÉCTRICA CON ELÉCTRODO REVESTIDO I SOLDADURA ELÉCTRICA CON ELÉCTRODO REVESTIDO I (CON HOMOLOGACIÓN) SOLDADURA I SOLDADURA I SOLDADURA I SOLDADURA II SOLDADURA SEMIAUTOMÁTICA SOLDADURA SEMIAUTOMÁTICA SOLDADURA SEMIAUTOMÁTICA SOLDADURA TIG XERAL SOLDADURA TIG I SOLDADURA TIG I SOLDADURA TIG I SOLDADURA TIG PERFECCIONAMENTO ELECTRICIDADE I INSTALACIÓN DE CLIMATIZACIÓN CONTROL NUMÉRICO DE MÁQUINAS FERRAMENTA. CNC. TORNO ENERXÍA EÓLICA ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA ENERXÍA SOLAR TÉRMICA I ENERXÍA SOLAR TÉRMICA I CERTIFICADO DE DIAMANTES DESEÑO DE XOIERÍA ASISTIDO POR ORDENADOR. NIVEL BÁSICO TAXACIÓN DE XOIERÍA MECÁNICA INDUSTRIAL CUALIFICACIÓN INICIAL ACELERADA PARA A ESPECIALIDADE DE TRANSPORTE DE MERCADORÍAS. PERMISO C CUALIFICACIÓN INICIAL ACELERADA PARA A ESPECIALIDADE DE TRANSPORTE DE MERCADORÍAS. PERMISO C CUALIFICACIÓN INICIAL ACELERADA PARA A ESPECIALIDADE DE TRANSPORTE DE MERCADORÍAS. PERMISO C CUALIFICACIÓN INICIAL ACELERADA PARA A ESPECIALIDADE DE TRANSPORTE DE MERCADORÍAS. PERMISO C CUALIFICACIÓN INICIAL ACELERADA PARA A ESPECIALIDADE DE TRANSPORTE DE MERCADORÍAS. PERMISO C CUALIFICACIÓN INICIAL ACELERADA PARA A ESPECIALIDADE DE TRANSPORTE DE MERCADORÍAS. PERMISO C + E CUALIFICACIÓN INICIAL ACELERADA PARA A ESPECIALIDADE DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS. PERMISOS D CONDUCIÓN DE CARRETILLAS CONDUCIÓN DE CARRETILLAS CONDUCIÓN DE CARRETILLAS CONDUCIÓN DE CARRETILLAS OPERADOR DE CARRETILLAS ELEVADORAS OPERADOR DE GUINDASTRE PONTE (ESTROBADOR) OPERADOR DE GUINDASTRE PONTE OPERADOR DE GUINDASTRE PONTE PLATAFORMAS ELEVADORAS MÓBILES DE PERSOAL INTERPRETACIÓN DE PLANOS I AUDITOR DE SISTEMAS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS FORMACIÓN PARA MANDOS INTERMEDIOS EN PRL PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS. EMPRESAS CON RISCOS. NIVEL BÁSICO (RECURSO PREVENTIVO) PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS. EMPRESAS CON RISCOS. NIVEL BÁSICO PRIMEIROS AUXILIOS PRL 2º CICLO P.E.: ELECTRICIDADE: MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS DE AT E BT PRL 2º CICLO P.E.: INSTALACIÓNS, REPARACIÓNS, MONTAXES, ESTRUTURAS METÁLICAS, FERRAXERÍA E CARPINTERÍA METÁLICA PRL 2º CICLO P.E.: OPERADOR EQUIPOS MANUAIS PRL 2º CICLO P.E.: OPERADOR EQUIPOS MANUAIS PRL NIVEL BÁSICO M/C: ACTIVIDADES DO METAL NA CONSTRUCIÓN TÉCNICO DE IMPLEMENTACIÓN DA NORMA OHSAS 18001 TRANSPORTE DE MERCADORÍAS PERIGOSAS (RENOVACIÓN ADR) DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR 3D II DESEÑO MECÁNICO POR ORDENADOR. AUTODESK INVENTOR I INFORMÁTICA PARA TALLERES MICROSOFT OFFICE I OFIMÁTICA DE USUARIO TÉCNICO/A INTEGRAL DE ALMACÉN INDUSTRIAL SISTEMAS DE XESTIÓN AMBIENTAL ISO 14001/2004 E REGULAMENTO EMAS INGLÉS XERAL. TELEF. MÓDULO I INGLÉS XERAL. TELEF. MÓDULO II INGLÉS XERAL. TELEF. MÓDULO III INGLÉS MÓDULO I INGLÉS MÓDULO III INGLÉS MÓDULO IV

DURACIÓN 30 40 90 90 100 100 100 100 90 90 90 20 90 90 90 40 60 130 32 60 60 40 40 110 40 30 65

MODALIDADE P P P P P P P P P P P P P P P P P P P P P P P M P P P

ALUMNADO 30 11 30 15 17 15 15 15 16 14 14 14 14 15 15 13 9 20 17 12 11 15 12 10 13 12 13

ZONA VIGO VILAGARCÍA VIGO AROUSA A CORUÑA O BARCO DE VAL. CERCEDA MARÍN VIGO VIVEIRO A CORUÑA NOIA A CORUÑA SAN CIBRAO VIGO NOIA VIGO ORDES SANTIAGO SANTIAGO SANTIAGO MARÍN OURENSE SANTIAGO A CORUÑA A CORUÑA VIGO

150

P

4

GALICIA

150

P

5

A CORUÑA

150

P

16

OURENSE

150

P

9

150

P

13

150

P

1

A CORUÑA

150 20 20 20 20 20 20 20 20 20 50 100 20

P P P P P P P P P P P D P

1 112 15 15 30 13 21 20 13 17 14 70 15

VIGO VIGO FERROL SANTIAGO CERCEDA CERVO FERROL OURENSE VIGO VIGO FERROL GALICIA VIGO

50 50 8

P D P

22 133 19

VIGO GALICIA OURENSE

6

P

31

6 6 6 60 150 30 32 60 16 50 100 125 120 100 100 100 40 40 40

P P P P D P P P P P P D D T T T P P P

9 59 77 21 123 2 13 11 12 15 12 56 80 15 6 4 13 4 8

VIGO VILAGARCÍA

LUGO VIGO VALGA PADRÓN VIGO GALICIA LUGO VIVEIRO VIVEIRO LUGO VILAGARCÍA OURENSE GALICIA GALICIA A CORUÑA A CORUÑA A CORUÑA OURENSE VIGO VIGO


FORMACIÓN

seguimos cualificando SECTOR INDUSTRIAS EXTRACTIVAS Nº ACCION DENOMINACIÓN 22 ASPECTOS NORMATIVOS DAS AUDITORÍAS DOS SISTEMAS DE XESTIÓN DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS 31 FORMACIÓN PREVENTIVA OPERADOR DE PLANTAS DE BENEFICIO E TRATAMENTO MINERAIS

DURACIÓN

MODALIDADE

ALUMNADO ZONA

120

D

20

GALICIA

20

P

46

O BARCO DE VAL.

DURACIÓN 100 50

MODALIDADE P M

ALUMNADO ZONA 16 O BARCO DE VAL. 21 PONTEAREAS

DURACIÓN 75

MODALIDADE P

ALUMNADO ZONA 10 TRIVES

DURACIÓN 580

MODALIDADE P

ALUMNADO ZONA 18 AS PONTES

DURACIÓN 21 24 45 45 45 45 45 45 45 45 14 14 7 30 30 25 10 10 30 7

MODALIDADE P P P P P P P P P P P P P P P P P P M P

ALUMNADO 25 75 22 11 25 25 16 22 25 30 25 21 56 25 20 25 25 21 16 49

SECTOR ENERXÍA Nº ACCION DENOMINACIÓN 28 BIOMASA 33 PRL NIVEL BÁSICO

PLAN AUTONÓMICO SECTOR ENERXÍA Nº ACCION DENOMINACIÓN SOLDADURA

PLAN DE FORMACIÓN NAS CUNCAS MINEIRAS (FORMIC) Nº ACCION DENOMINACIÓN XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS E INDUSTRIAIS

PLAN FORMACIÓN SINDICAL Nº ACCION 141 142 145 145 145 145 145 145 145 145 153 159 160 174 174 176 177 177 286 313

DENOMINACIÓN TÉCNICAS DE COMUNICACIÓN I FORMACIÓN DE FORMADORES SINDICAIS CURSO BÁSICO DE FORMACIÓN SINDICAL CURSO BÁSICO DE FORMACIÓN SINDICAL CURSO BÁSICO DE FORMACIÓN SINDICAL CURSO BÁSICO DE FORMACIÓN SINDICAL CURSO BÁSICO DE FORMACIÓN SINDICAL CURSO BÁSICO DE FORMACIÓN SINDICAL CURSO BÁSICO DE FORMACIÓN SINDICAL CURSO BÁSICO DE FORMACIÓN SINDICAL TÉC. DE NEGOCIACIÓN. B CURSO BÁSICO PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAI. B SINDICALISMO EGLOBALIZACIÓN RISCOS QUÍMICOS RISCOS QUÍMICOS PSICOSOCIOLOXÍA RISCOS PARA DELEGADOS DE PREVENCIÓN A PARTICIP. DE TRABALL. NA PROTECC. DO MEDIO A PARTICIP. DE TRABALL. NA PROTECC. DO MEDIO NEGOCIACIÓN COLECTIVA HISTORIA DO MOVEMENTO OBREIRO A (P)

Durante os vindeiros meses seguiremos ofrecendo actividade de Formación para persoas en activo e demandantes de emprego; no plan específico para menores de 30 anos, persoas paradas e de baixa cualificación imos poñela en marcha nas próximas semanas. Á parte desta actividade, propia da Federación, realizamos actividades de formación, asesoramento, etc. na Fundación (FORMEGA) que temos xunto coa MCA-UGT e a patronal do metal, para desta forma desenvolver máis actividade e consolidar en Galicia un instrumento necesario e imprescindible para as persoas que pertencen ao tecido industrial que representamos. A radiografía que se reproduce demóstranos a nosa vontade de seguir progresando no noso labor e, á vez, esiximos:

1. 2. 3. 4.

ZONA GALICIA GALICIA A CORUÑA SANTIAGO A MARIÑA OURENSE FERROL AROUSA O BARCO VIGO VIGO OURENSE GALICIA O BARCO VIGO FERROL GALICIA OURENSE GALICIA GALICIA

Máis fondos, tanto estatais como autonómicos. A consolidación do SNCP e, con isto, os certificados de profesionalidade. Que os PIF sexan unha realidade no seo das empresas. Maior implicación das empresas na formación, para o que reclaman das patronais máis continuidade no desenvolvemento dos plans formativos dentro e fóra dos centros de traballo fi

A afiliación na formación A Secretaría de Formación, conxuntamente co resto da Federación, pon en marcha un plan de afiliación para que as persoas que participan nos cursos que impartimos coñezan mellor a nosa organización e así, de xeito totalmente voluntario, se afilien para poder dispoñer e beneficiarse dos servizos que prestamos ao conxunto da afiliación, en todas as súas variables: 4 ASESORAMENTO LABORAL E SINDICAL 4 PLAN DE PENSIÓNS 4 VIVENDA 4 ASESORAMENTO NON LABORAL 4 DESCONTOS E OFERTAS: • Aluguer de vehículos • Automoción • Animais • Deportes, roupa e calzado • Consumo • Diarios • Ensino • Estética • Flores e plantas • Formación • Fotografía • Fogar e consumo • Música e instrumentos • Ordenadores e informática • Papelería e librería • Restaurantes • Seguros • Saneamentos e pavimentos • Servizos financeiros • Servizos profesionais para empresas • Servizos profesionais para o fogar • Servizos sociais • Tarxetas desconto • Telefonía móbil 4 OCIO, TURISMO E TEMPO LIBRE • Establecementos propios • Axencias de viaxes • Aloxamento • Balnearios e spas • Campamentos terrestres • Deportes • Espectáculos e cultura • Ocio • Vídeos 4 CENTROS DE FORMACIÓN PROPIOS (FOREM, FORMEGA) 4 COOPERATIVA DE VIVENDAS (VITRA) 4 ASESORAMENTO EN PLANS DE IGUALDADE 4 ASESORAMENTO EN PRL (prevención de riscos laborais) 4 CITE (Centro de Información para Traballadores/as Estranxeiros/as) É fundamental construír un sindicato forte, e para iso todas as persoas que traballan no metal, minería, enerxía eléctrica, as persoas desempregadas, etc. deben estar afiliadas, para termos unha Federación de Industria potente e consolidar o instrumento sindical que necesitamos; así, ao ter unha mellor organización e unha implantación forte, daremos resposta ao acoso da Administración e a patronal e avanzaremos nunhas mellores condicións de vida e traballo fi

10 DE MARZO

ı

7


SECTORES

O sector da lousa busca unha saída

Unha canteira de lousa, en Galicia Unha traballadora do sector da lousa

No ano 2007 había un total de 3.105 persoas a traballar no sector; no 2008 baixou a cifra en 776 traballadores/as, e continuou o ano 2009 con outra baixada considerable, pois perdéronse desde o 2007 un total de 1.087 traballadores/as. No período 2009-2010 prodúcese un aumento de 302 traballadores, que continúa ata setembro de 2010, cando hai 2.552 contratos no sector da lousa. Entre o 2007 e 2011 houbo unha perda de 553 traballadores, aproximadamente un 17,8%. Dos contratos en vigor, un 23% son contratación feminina.

Na actualidade, e xa desde xullo, baixan as vendas de lousa. Isto débese principalmente a que Francia sofre nestes momentos un forte descenso na construción. Moitos empresarios das louseiras galegas comentan que, de seguiren así, despois do almacenamento de lousa, cando estean saturados de stock, probablemente se vexan na necesidade de despedir algún traballador. O número de traballadores do sector da lousa en Galicia é de aproximadamente uns 2.500. O número de traballadores por países é o que segue:

Portugal Países latinoamericanos Colombia República Dominicana Arxentina Venezuela Uruguai Cuba Países de Europa do Leste Romanía Bulgaria Outras nacionalidades Marrocos Paquistán Alxeria TOTAIS

303 100 32 18 16 14 12 8 44 28 16 36 16 10 10 483

12,1% 4% 1,28% 0,72% 0,64% 0,56% 0,4% 0,32% 1,76% 1,12% 0,64% 1,44% 0,64% 0,4% 0,4% 19,32%

500 Os datos, extraídos de censos de eleccións sindicais, non teñen valor

400 300

científico, é unha aproximación estatística.

Evolución del empleo do sector

200 100

ANO

2007

2008

2009

2010

2011

HOMES

2484

1817

1554

1786

1965

621

512

464

534

587

3105

2329

2018

2320

2552

MULLERES TOTAL

0

1 PORTUGAL

ARXENTINA

CUBA

BULGARIA Í

Se queres saber máis sobre o sector, accede á reportaxe de Industria TV: CCOO enfrenta los retos del sector de la

pizarra www.industriatv.com

Como xa sabedes a AGP (Asociación Gallega de Pizarristas) e a súa homóloga de Castela e León uníronse para formar a Federación Nacional de la Pizarra. Hai uns meses propuxémoslle á AGP a tarxeta profesional da lousa, baseada principalmente no mesmo articulado que a TPC, pero enfocada á lousa, seguindo os itinerarios formativos (Orde ITC/1316/2008, do 7 de maio, pola que se aproba a instrución técnica complementaria 02.1.02

«Formación preventiva para o desempeño do posto de traballo», do Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira). Están totalmente de acordo, e consideran que é unha peza máis para continuar desenvolvendo a prevención neste sector. Esta tarxeta presentaráselles a posteriori aos empresarios louseiros de Castela e León, e será de aplicación na súa Federación

EDITA: Federación de Industria de CCOO de Galicia. C.María,42-3. 15402 Ferrol. e-mail: fm.ga@industria.ccoo.es. CONSEJO EDITORIAL: Nicolás Pato Pérez/José Sanz García/Isabel Gómez González/Cristóbal M. Álvarez Quirós/José Manuel Abalde Mallo/José Hurtado Amador/José Luís Pousa Prado/Francisco J. Gayoso Rivera/Celso Carnero Ferreiro/José Luís Paz Pena/Carlos Galindo González/José Antonio Vilar González. REDACCIÓN: Isabel Gómez/Nuria Silván/Arantxa Rochet. PRODUCCIÓN: Carmen de Hijes. Depósito legal M-25757-2009. Tirada de este número 12.100 ej.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.