Xornal do Ceip Coirón. Novembro

Page 1

OS COGUMELOS DE INFANTIL Neste segundo Xornal Escolar deste curso queremos destacar a maravillosa exposición que elaboraron en Educación Infantil con motivo da chegada do Outono e da aparición dos primeiros cogumelos.

É unha exposición moi interesante xa que nos permite coñecer cáles son os cogumelos que se poden comer, cómo son as súas características e o perigoso que poden chegar a ser algúns deles.

AS NOVIDADES DESTE XORNAL 1º Ciclo Reportaxe de investigación O ano pasado o xornal “La Voz de Galicia” fíxolle unha entrevista ó Rei Melchor. Lede o que dixo no interior e que indagou sobre o novo que está intentemos recuperar tamén nestas datas os Xogos Tracidionais. xoguete protagonizando os patios no 1º Ciclo. A peonza de Kódigo Lioko ou o trompo. Nesta sección do Xornal atoparédesvos coas actividades Que preferides? programadas polo Equipo de Nomalización Lingüística do 2º Ciclo noso cole. Temos que agradecer dende aquí a participación de O alumnado de 4ºA fixo todo o alumnado e das súas familias. Sen a vosa axuda nada disto unha exposición sobre os sería posible. GRAZAS. xoguetes tradicionais xa esquecidos por moitos de nós. Pasade a mirala, é moi interesante. Os xornalistas están á procura de novas relacionadas coa mellora do noso colexio para facerllas chegar ó equipo directivo. Todo o alumnado do colexio pode participar facéndonos chegar as queixas que temos todos con respecto ó funcionamento ou estado do noso colexio.

3º Ciclo A páxina web do colexio e a apertura do servizo de préstamo por parte dos encargados da Biblioteca Escolar son as novas máis destacadas do 3º Ciclo.



Aos nenos de primeiro ciclo preguntamoslle se lle gustaba máis a peonza de Kódigo Lioko ou as normais e dixeron que lle gustaba mais as de Kódigo Lioko. Inda que é un pouco raro porque as peonzas normais son mellores, primeiro, custan menos e as podes adornar como queiras. E as de Kódigo Lioko non se poden pintar nin adornar. Os nenos de primeiro tamén nos dixeron que era solo porque lles gustaba Kódigo Lioko e que estaban os protagonistas na peonza. E a vos que vos gusta mais?. Se elexistasde a peonza normais, perfeto e se elexistes a outra; ben , pero é mellor a de toda a vida. De feito deberedes saber que no colexio celebrouse o terceiro campionato de trompos. Estivo moi ben e con moita participación. Faltou a competición de malabarismos pero, por falla de tempo, non se puido facer. Esperamos que os responsables non se esquezan.

Os nenos de 1ºe 2º foron a o club náutico de Sanxenxo. Dixeronnos que había moitas imaxes e fixeron unha bolsa con caramelos. Gustoulles moito porque habia moitas cousas interesantes para ver e para facer. O tema da excursión estaba relacionada coa inmigración das persoas


OS XOGUETES ESQUECIDOS Os nenos e nenas de 4ºA construiron xoguetes esquecidos. Con eles fixeron despois unha exposición. Na exposición podemos ver os traballos que fixeron: 1. Xoguetes construidos coa axuda das familias. 2. Co Power Point fixeron unha presentación de cómo se xoga con cada xoguete. 3. Debuxos do seu xoguete. 4. Tablas en Word para explicar os pasos para a súa elaboración. 5. Xoguetes feitos con patacas, con corchos e con pedras e con noces e carozos.

A CANCIÓN DO MAGOSTO Outra nova referente ó colexio foi a canción do magosto. Queríamos saber de donde sacou a canción do magosto o profe Rafa. Él díxonos que eran unhas coplas sacadas de internet. A música fixose a partir dunha peza de Pancho Álvarez. Para o profe Rafa a música é a cousa máis bonita que pode chegar a facer o ser humano. De feito él comezou a interesarse pola música dende fai 20 anos.


A WEB DO COLEXIO

http://centros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena/

Estivemos falando con Cristina, a profe de 6 º, sobre a paxina web do colexio e dixonos que había un monton de recursos educativos para todos os cursos. A profe Cristina comentounos que había enlaces para todos os cursos e tamen hai actividades e xogos interesantes para aprender, pero de todas maneiras afirmou que era mellor que todo o alumnado entrara para disfrutar dela. Tamén nos dixo que a Web do colexio é unha ferramenta moi importante para todo o profesorado e alumnado e deberia usalo todo o colexio. Ademáis agora están preparando unha páxina de Recursos Educativos para que poidamos traballar con eles dende o colexio ou dende a casa. Ah! Tamén dixo que remataramos rápido para ir a tomar un café.

A BIBLIOTECA Tamén estivemos cos encargados da biblioteca e comentáronnos que as normas mais importantes da biblioteca son: 1.- E importante coidar os libros. 2.-Os libros prestanse quince días. 3.-Cando se devolven os libros os encargados da biblioteca colocanos no seu sitio. Un dato interesante que nos dixeron foi que os rapaces de terceiro curso son os rapaces que mais libros collen de todo o colexio.


OS XOGUETES DE ANTES A combinación xoguete, xogo e natureza son, sen dúbida, o cerne da creatividade da infancia e xuventude, permitindo o uso e potenciación das facultades físicas e anímicas. Se ternos en conta que a necesidade do neno de ocupa-lo lempo de xogo se cobre con materiais que a sociedade de consumo pon nas súas mans, e xa non ten que facelos ou inventalos; se se perde o uso dos xoguetes tradicionais así como o costume de construílos, e consideramos que, así e todo, o neno ten necesidade de materializalos por el mesmo; a descrición detallada, debuxos, fotografías, e o propio xoguete feito, son un bo xeito de permitir que poidan ser reconstruídos cando así conveña. Moitos deles teñen un alto valor educativo, polo que poden ser integrados no proxecto educativo do centro ou empregados como material curricular. Areas como Tecnoloxía, Educación Musical, Ciencias Naturais, Galego... teñen nos xoguetes e enredos tradicio- nais un campo de traballo de grande interese para dinamiza-la aula; tamén, cómo non, as ludotecas, sociedades culturais e de lempo libre. Non debemos perder de vista aspectos como o constructivo e tecnolóxico, así como as secuencias creativas na vida do neno, ou as variedades de materiais (froitos, cascas, canas, fallas, cunchas...) e a transmisión de saberes técnicos, botánicos e zoolóxicos. Non deixan de ter interese as relacións neno/a/adulto (xeralmente familiar) nas que aquel indaga e pregunta, e na que o adulto se implica: ben axudando a construír ou transmitindo a existencia do xoguete, e animando a realizalo. Xoguetes e sons da natureza de Jaime López Picallo Nunha entrevista feita a un dos Reis Magos o ano pasado na Voz de Galicia, fixádevos o que decía o Rei Melchor:

- Piden de todo... Agora, do que sae pola tele, todo. A Barbie, os seus vestidos, etc... Todos os xoguetes que ven pola televisión. É raro que pidan outra cousa. Toda a propaganda se lles mete polos ollos. Tiñan que volver os tempos dos xoguetes de antes e que pediran o carriño de madeira, etc..


Na exposición de DEFENDE O GALEGO hai moitos muraIs preciosos e aquí tendes algunhas fotos.

En 5º e en 6º os pasillos están cheos de debuxos do samaín que non nos dou tempo a insertar no xornal do mes pasado. E como queremos que todo o colexio vexa aquí reflexado o seu trabllo aquí tendes unhas fotografias.

Todo o alumnado do colexio participoú nunha Tamén temos unha exposición de cogomelos en exposición que se chama Pintar Galicia. infantil que teñen moi boa pinta, pero non todos se poden comer, así que... ollo con eles!


En cada Xornal Escolar que editemos faremos unha proba para que o alumnado do colexio a resolva. O primeiro que o consiga resolver e se dirixa ó coordinador do Xornal Escolar recibirá un pequeno agasallo.

OS LIMÓNS. Antonio e Tamara teñen cada un unha canasta de limóns 1. Os dous xuntos teñen 30 limóns. 2. Si Tamara lle da 3 a Antonio terán os mesmos. Cantos limons levan cada un antes de que Tamara llos entregue a Antonio?

SOLUCIÓN



PÁXINAS WEB PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Páxina web con xogos e actividades para aprender e practicar a linguaxe musical. http://www.aprendomusica.com/

Actividades en JavaClic creadas para traballar a numeración do un ao nove, mediante distintos tipos de exercicios distribuídos en dous bloques con distintos niveis de dificultade. Diríxese a alumnado de catro e cinco anos. Convén ter a pantalla configurada a 256 cores. http://www.edu.xunta.es/contidos/jclic/contagal/

PARA O PRIMEIRO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA Xogo do aforcado co que podemos practicar léxico e ortografía dun xeito divertido.

http://www.edu.xunta.es/contidos/xogos/aforcado/aforcado.html

Xogo divertido para repasar as sumas mentalmente. http://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=dados


PÁXINAS WEB PARA O SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Páxina web para o traballo de tódalos contidos de todas as áreas de coñecementos correspondentes ó segundo ciclo de Educación Primaria. http://www.clarionweb.es/

A editorial Anaya (coa que traballamos no 2º Ciclo) permítenos en esta páxina facer un repaso de tódolos temas que traballamos na aula de xeito ameno e divertido. http://ticblog.wordpress.com/recursos-anaya-primaria/

PARA O TERCEIRO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

A páxina web do noso colexio ofrécenos recursos educativos e actividades de tódalas materias e contidos que se traballan no terceiro ciclo de Educación Primaria. É unha páxina elaborada dende a Comisión de TICS do CEIP Coirón-Dena. http://ticdedena.jimdo.com/primaria/3%C2%BA-ciclo/

SETERRA Moi bo programa gratuito de xeografía con 70 exercicios interactivos diferentes. http://www.wartoft.nu/software/seterra/spanish.aspx


Señora Directora, o mobiliario urbano do colexio está moi deteriorado e sucio. Gustaríanos que o limpases ou, de ser posible, que o cambiasen por algúns máis novos. Como exemplo deixamos esta sucia papeleira.

Hola directora. Cando vamos ó comedor e queremos facer algunhas actividades teños que poñernos nunha mesa que está toda escrita e onde é moi dificil escribir ben. Estaría ben que poñan outra mesa máis axeitada.

Benquerida directora, cando estamos cansos non patio non temos onde descansar xa que só temos este banco e con un non nos chega.

Estimada directora, na sala de educación física temos unha espaldeira rota e pensamos que sería necesario arranxala xa que algún neno pequeno se pode mancar.


Sabías que : España é o segundo páis do mundo que máis turistas recibe.

Sabias que: O crocodrilo pode sobrevivir un ano comendo só un dia .

Sabias que : A ponte máis longa do mundo mide 35,6 km. É a ponte da Baía de Hangzhou, e está sobre as augas do Mar Oriental de China. Sabias que: Só 2 videoxogos utilizaron o sistema “rasca e cheira”: Fifa 2001 e Gran Turismo 2. O primeira cd cheiraba a céspede e o segundo a neumático e estrada.



XA CHEGOU O NADAL Como fai San Nicolás para deixar os agasallos? 1) Colle o que lle fai falla.

2) Carga os agasallaos e... a voar!

3) Métese pola chimenea das casas.

4) Deixa os agasallos ó lado da árbore.

5) Marcha cos seus axudantes

6) Fai disfrutar ós máis cativos.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.